![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/82623e30f3c94b3cdd31565fefe07ebe.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
1 minute read
ultramarinos | Pincha celebra o seu quinto aniversario
from Revista Pincha 29
Celebramos o noso quinto aniversario cun gran sorteo
Advertisement
Ese é o nome da campaña coa que festexamos o quinto aniversario de Pincha!
Chegar ata aquí non foi doado. Fixémolo grazas ao traballo de moitas persoas (redactoras, deseñador, fotógrafo, colaboradoras e colaboradores…), ao apoio de diferentes entidades e empresas anunciantes e ao cariño dos lectores e lectoras que nos seguen desde maio do 2017.
Para celebralo, preparamos un gran sorteo de agasallos gastronómicos e culturais que levamos a cabo a través da nosa conta de Instagram. Os regalos que repartimos foron: dous mandís de Bría Concept, empresa que conta coa marca de Artesanía de Galicia; a novela ‘No día do seu enterro’, de Cristina Pato, editada por Editorial Galaxia; o novo disco de A banda da Loba, ‘Xabón Lagarta’; un lote de produtos de Galicia Calidade e unha cea para dúas persoas no ArteSana Gastrobar.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/256366a7c172efa2390d7a06206f079f.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/830151aed9daf8ccf9ee514deed09320.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/bb2a599e3409974ba7cf11f764a5cc53.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/a6ff7ccc3b25d2105236614602faadf5.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/169fd9553afd103b26bb3497f7af557c.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/e07e3433e531bc33ff9262e8fd0f35dc.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/e10f3d0c5f4c9b5b9328f57d22ef50f0.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Moitas grazas a todas e todos os que participastes! #somospincha
O LIBRO DE LILA DE LILITH
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/5d099da71e86ebe1e58db6f7ddff8253.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Non penses nun elefante rosa
Obra de Antía Yáñez (Xerais, 2022) que aborda a saúde mental en primeirísima persoa, os coidados, as expectativas, as redes de veciñanza, os amores, todo desde unha honestidade, lucidez e humor que nos atrapan desde o inicio.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/220601102512-04444e228b2e6f77d01f046acd121be5/v1/c6b99167a59e0af1db356db34bbea254.jpeg?width=720&quality=85%2C50)