Revista Pincha 29

Page 35

Celebramos o noso quinto aniversario cun gran sorteo

‘5 anos, 5 agasallos’ Ese é o nome da campaña coa que festexamos o quinto aniversario de Pincha!

C

hegar ata aquí non foi doado. Fixémolo grazas ao traballo de moitas persoas (redactoras, deseñador, fotógrafo, colaboradoras e colaboradores…), ao apoio de diferentes entidades e empresas anunciantes e ao cariño dos lectores e lectoras que nos seguen desde maio do 2017. Para celebralo, preparamos un gran sorteo de agasallos gastronómicos e culturais que levamos a cabo a través da nosa conta de Instagram. Os regalos que repartimos foron: dous mandís de Bría Concept, empresa que conta coa marca de Artesanía de Galicia; a novela ‘No día do seu enterro’, de Cristina Pato, editada por Editorial Galaxia; o novo disco de A banda da Loba, ‘Xabón Lagarta’; un lote de produtos de Galicia Calidade e unha cea para dúas persoas no ArteSana Gastrobar.

Moitas grazas a todas e todos os que participastes!

#somospincha

O LIBRO DE LILA DE LILITH Non penses nun elefante rosa Obra de Antía Yáñez (Xerais, 2022) que aborda a saúde mental en primeirísima persoa, os coidados, as expectativas, as redes de veciñanza, os amores, todo desde unha honestidade, lucidez e humor que nos atrapan desde o inicio.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.