Revista Pincha 29

Page 10

#apapar

Foto: Iván Barreiro

HAMBURGUESAS DOÑA MARÍA, DON MANOLO E DOÑA ROSALÍA

EN A LAREIRA

A Lareira abriu as súas portas na rúa de San Clemente, en Santiago, o pasado 28 de outubro de 2021. O seu propietario, Arturo Salano, era un coñecido chef en Brasil, onde rexentaba un gran restaurante e era un habitual dos programas de cociña da televisión do país. Mais coa chegada da pandemia, decidiu regresar a Galicia, de onde emigrara seu avó hai máis de medio século. Na páxina web de A Lareira defínense como un negocio familiar, un lugar de reunión e encontro. Por iso na súa carta todos os pratos pódense poñer para compartir.

| 10 | Pincha |

29

A base da súa cociña é a carne. Son especialistas en entrecostos, costeletas e picañas. Ofrecen, ademais, como prato estrela da casa o ‘Tomahawk’ de tenreira, que é un corte de aproximadamente 1,3 quilogramos, único en Santiago. Todas estas propostas van acompañadas de patacas rústicas, ensalada, vinagreta, farofa e pan. Entre os seus pratos atopamos tamén unha gran variedade de croquetas artesás, ensaladas, conservas galegas, verduras á grella, distintas sobremesas... e varios tipos de hamburguesas como as que puido probar @JuanEAT_o na súa visita ao local. Continuade lendo se queredes saber como son e que lle pareceron ao noso ‘comechón’.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.