Revista Pincha 29

Page 30

...máis aló de Compostela OS PENDELLOS, AGOLADA Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia ‘Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia’ celebrarase os días 8, 9 e 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos. O encontro, que chega á súa novena edición, busca configurarse como un gran escaparate de promoción e de posta en valor dos oficios tradicionais galegos.

de Galicia, e que representan diferentes oficios como a olería, a madeira, a pedra, o téxtil, o coiro, os coitelos, a elaboración de zocos e de zapatos, os xoguetes, a cestería, os labores de palla, elaboración de papel artesanal, a redeiras, a xoiería e a ourivería,

as colareiras, a elaboración de instrumentos musicais ou a cerámica. O programa incorpora a iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto que ten por obxectivo de establecer sinerxías entre

artesanía, gastronomía e deseño. Así, xa está confirmada a participación dos chefs Lucía Freitas (A Tafona e Lume, Santiago), Héctor López (Restaurante España, Lugo) e Javier Rodríguez Ponte “Taky” (Catering Boketé, A Coruña).

Durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, showcookings e venda de produtos gastronómicos, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos. Na edición deste ano está prevista a participación como expositores de máis de 35 obradoiros da marca Artesanía

Presentación do Encontro Corazón de Artesanía. AMES Programa Apego O Concello de Ames está a organizar varias actividades dentro do seu programa de Apego. A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o venres 3 de xuño ás 18:00 h ‘Lixo’, un espectáculo para crianzas a partir de 2 anos da compañía O Baúl da Tía Lola. Nel dúas bailadeiras mergulladas nun mar de lixo descubrirannos xogos e mundos extraordinarios nos que se crea cultura a partir da varredura. As inscricións para esta actividade de balde do programa Apego poderán realizarse ata o 2 de xuño enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal O venres 10 de xuño realizarase unha saída pola súa Ruta do Apego, situada nun tramo entre os lugares de Lens e Oca. Na xornada realizarase un percorrido guiado, así como varias actividades ambientais para estimular o coñecemento e o amor polo noso patrimonio ambiental, cultural e lingüístico. Será das 16:30 ás 19:30 horas, con saída en autobús dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. As inscricións para esta actividade de balde poderán realizarse do 2 ao 9 de xuño, enviando un correo a normalizacion@ concellodeames.gal. O sábado 18 de xuño celebrarase a terceira edición da Festa do Apego, unha xornada chea de actividades e recursos para gozar en familia e para favorecer a socialización e a crianza en galego. Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

| 30 | Pincha |

29


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.