Revista Pincha 29

Page 20

de bares con Jessi

As burbullas máis canallas! Espindo a champaña rosada de La Sociedad

E

spimos unha botella. Fai calor… Reloce ese rosa pálido e soa un pop! De repente: Brota un chorro de burbullas axitadas, mollando mesa, cadeira, un móbil e a roupa. Rimos a gargalladas! Berro de emoción. Enchemos as copas… E a festa está servida. A compañía é magnífica, o momento inmellorable! Iso é La Sociedad. Momentos excepcionais, sublimados con champaña rosada! Nada estaba preparado. Eran as 12 da mañá. Ninguén chegou en poni, non vestíamos veludo... Non había lámpadas chispeando. Nin garabatas. Catro canallas, moi canallas. Chancletas, unha mochila, unha gravadora... Dous bolis sen tinta. O rebelde e as atrevidas. Desas persoas que se arrancan coa champaña un xoves!

Pódovos contar que a champaña rosada La Société ten un 94 % da variedade chardonnay e un 6% pinot noir. Podo confirmar que é delicioso o líquido vertido nesa botella transparente, engalanada cun lazo negro, vestida cun prego de papel atado, no que rezan frases célebres de escritores, artistas ou pensadores! Poido escribir que procede dunha rexión francesa del Côte des Blancs. María pode detallar que é un cuvée especial que teñen en exclusiva en La Sociedad, que “destaca a súa cor provenzal, cun puntiño de froita vermella. Un rosado serio. Un millesimé de 2016. Vertical, con moito nervio, moi fresco e vibrante. Combina a elegancia da champaña coa sofisticación do rosado, sen esa extroversión que pode resultar doce de máis. É pura delicadeza! Sen engadidos, brut natur, completamente seco”.

Sabela e María, fundadoras de La Sociedad. Foto: Iván Barreiro

| 20 | Pincha |

29


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.