10 minute read
reportaxe | Santiago, de película
from Revista Pincha 31
Rodaxe en Santiago. Foto: Cedida pola Santiago de Compostela Film Commission
Silvia Castiñeiras
Advertisement
Por
SANTIAGO, DE PELÍCULA
A cidade ten servido de escenario de multitude de rodaxes, acolle importantes festivais como Cineuropa, Curtocircuíto ou Amal; ademais de ser berce de grandes intérpretes e outros profesionais do sector audiovisual
Nacer en Compostela xa ben podería ser un título dunha película, porque algo ten este nome que xa te engancha e hai algo especial no sentir dos que nacemos aquí, incluso nas persoas que se establecen aquí chegados doutra parte ou simplemente están de visita. Algo se che activa na pel nesta cidade que aínda non sei ben o que é. Pasear por calquera recuncho dela é case como vivir dentro dun decorado, percibindo ás veces que pasas por lugares que non parecen nin de verdade. Que mellor escenario que Santiago para deixar voar a imaxinación e, ademais da súa historia, inventar as propias. Esta Compostela histórica, moderna, verde, coas súas formas únicas e centro de cultura, a Compostela dos Cine Capitol, da Sala Yago, e das novas propostas, converteuse nos últimos anos nun gran estudio de gravación de producións audiovisuais e berce de importantes xeracións de intérpretes, directores e directoras, persoal técnico etc. Imaxino unha rapaza correndo polas súas rúas misteriosas buscando un tesouro, un momento máxico ou o punto exacto onde poder interpretar a mellor das trasnadas. Ou a unha adolescente mergullándose en vivencias chegadas de moi diversas partes do mundo e alimentando as súas ocorrencias grazas a festivais cinematográficos tan consolidados e coidados como son Cineuropa, Curtocircuíto ou Amal. En Santiago non se estende a alfombra vermella, nin se exhiben ante os fotógrafos vestimentas de gala, pero cada outono na capital galega sucede algo marabilloso que non precisa de grandes focos senón de pequenas e atentas miradas. Poñamos por caso que esa nena é Sabela Arán, unha auténtica picheleira que xa dende pequena quería ser “cantabailaactriz”, así que non é difícil visualizala como a protagonista da historia de como se nace e se fai unha profesional da interpretación.
De Santiago á pantalla
Cóntame Sabela nun dos seus sitios favoritos de Santiago, o Carrilana, que a culpa de que soubera dende ben pequena a que se quería dedicar “é de Whitney Houston e a peli El Guardaespaldas, que sempre me marcou moitísimo. E tamén por culpa dos Goonies (filme de Steven Spierlberg de 1985) porque as aventuras desa panda de cativos parecíanme tan divertidas que eu quería vivir todo iso. Dicíalle a meus pais: que teño que facer para ir buscar un barco pirata? E contestaban: tes que ser actriz”. E vaia se lles tomou a palabra. “Eu estaba aquí en Santiago e non tiña nin idea de cales eran os pasos a seguir para ser actriz. Fun estudar un máster a Madrid de interpretación cinematográfica e televisión nunha escola para a que conseguín unha bolsa. Completei estudos alí con cursos de dobraxe e interpretación con diferentes profesores e seguín moito os consellos do meu profesor Antonio Mourelos, que agora é un súper amigo”. Iso si, aclara como compostelá de pro, que antes deses seis anos en Madrid xa estudara na súa terra unha carreira relacionada con ese mundo, Comunicación Audiovisual. Estando aínda en terras madrileñas presentóuselle a oportunidade de facer unha proba
como protagonista para Vilamor (2011, Ignacio Vilar-Vía Láctea Films). “Era a primeira proba potente que facía, non tiña ningún tipo de esperanza e despois de 4 horas déronme o papel, empezando aí o camiño que levo dende os 23 anos”.
Un camiño de volta á súa terra
nova edición de ‘Curtocircuíto’, certame organizado polo Concello de Santiago coa colaboración doutras entidades, que este ano conta coa exhibición de 57 títulos, sendo gran parte deles estreas a nivel estatal e galego. Non é a única cita cinematográfica para o outono. A finais de outubro tamén ten lugar a ‘Semana do Cine Euroárabe AMAL’, que xa estendeu a proposta a outras cidades e organizou un ciclo de Ese camiño acabou por traela de cinema documental como preámbulo. volta á súa cidade porque, di, “como Ademais, dende 1988 celébrase na en Santiago en ningún lado”. E é capital galega ‹Cineuropa›, toda unha que, apunta Sabela, “é curioso o programación que ocupa o mes de que nos pasa un pouco a todos, que marchamos fóra novembro co mellor cine da tempada, dende os para especializarnos e pensando que o futuro está por premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, aí e estamos todos de volta. Queremos quedar aquí ata o cine máis alternativo. Poucos certames teñen tal sempre, ou polo menos no meu entorno retorna todo duración e afondan tanto en novos realizadores ou no o mundo. A calidade de vida, neste caso en Santiago, xénero documental. para min é moito mellor que en calquera outro sitio”. Toda unha delicia para os espectadores, mesmo para “Co paso do tempo -continúa- daste de conta de que o os máis implicados neste ámbito como Sabela Arán. importante non son os premios ou recoñecementos, “De toda a vida fun asidua a estes festivais”, confirma senón estar tranquila e vivir ben, refírome ao rotunda. “De Amal xa nos falaban os profesores necesario non aos grandes luxos, e poder dedicarte na época da facultade. Xunto con Curtocircuíto e profesionalmente ao que che fai feliz. Cando consegues Cineuropa tes a oportunidade de que se acheguen iso creo que é a felicidade plena, e aínda que non aquí películas que doutras formas non poderías ver, podo dicir que a teña totalmente, considérome unha aportando a Santiago unha gran variedade de autores privilexiada porque sempre mantiven certo ritmo”. e autoras, xéneros... Para iso tamén axuda, por Este verán estreou en Netflix a miniserie La noche más exemplo, a sala Numax”. larga, traballo do que se sente moi orgullosa. Ademais, Entre risas comenta esta actriz tan picheleira que “de en setembro tamén saíu en pantalla a serie Santo, unha Cineuropa son un pouco frikie das de verdade, de coprodución con Brasil con Raúl Arévalo e un “elenco coller a libreta, coa miña nai coa que vou, e facer un bastante potente”. E é que as plataformas abriron un calendario, ver as pelis, elaborar un ranking das que mundo laboral moi amplo, tal e como recoñece Sabela, nos interesan, pillar bonos... e fixen en varias ocasións que tamén recorda que “na TVG facíanse moitas series, a opción do maratón. Paréceme unha forma diferente sobre todo antes, e aí os que estabamos na casa e entretida de ver o cine”. tiñamos máis oportunidades, agora non é tan así e hai que traballar onde chamen”. Rodando. Santiago de Compostela
Film Comission
O ano pasado rodáronse 35 producións audiovisuais en Santiago a nivel nacional e internacional
Os outonos cinematográficos en Compostela
Coincidindo coa saída á rúa deste número de Pincha tamén se celebra (dende o 1 ao 9 de outubro) unha The Way (de Emilio Estévez), La piel que habito (de Almodóvar), La sombra de la ley (de Dani de la Torre) ou Melancolía (de Alfonso Zarauza) son só algunhas das películas con máis sona que elixiron Santiago para rodar
A actriz compostelá Sabela Arán cos seus cans Goonie, pola película Los Goonies, e Ziggy, polo alter ego de David Bowie, na terraza de A Carrilana. Foto: Iván Barreiro
Sabela Arán: “Unha fantasía sería gravar unha peli de terror ou tipo Tarantino, chea de despropósitos, dentro da Catedral"
as súas escenas máis recentemente. A elas hai en prime time e teñen un impacto que sumarlle outra filmografía anterior como emocional moi grande”. as diferentes versións de La Casa de la Troya Os rexistros da Film Comission revelan (1924, 1936, 1959), Orgullo y Pasión (USA 1956) que “as localizacións máis solicitadas ou Trece Campanadas (2002). son os sitios emblemáticos como o “Eu creo que Santiago como escenario Obradoiro, a Quintana, e en xeral toda de rodaxes ten un potencial enorme con a zona monumental”. Aínda así, “cada escenarios naturais fabulosos para contar todo vez máis interesan outros enclaves, tipo de historias. Ademais, a luz en Santiago é incluso espazos interiores privados que fantástica e é unha cidade que ten un encanto implican unha tramitación de permisos moi particular. En cada pedra hai historia e nos que tamén axudamos dende a aproveitar iso supoño que é moi suculento para entidade. Ata se está rodando bastante moitas producións”, reflexiona Sabela Arán. nos arredores da cidade e tamén na O certo é que, segundo os datos da Santiago zona do Ensanche compostelán. Como de Compostela Film Comission, o ano pasado curiosidade podemos dicir que hai rodáronse 35 producións audiovisuais películas nas que as escenas rodadas en Santiago a nivel nacional e en Santiago fixeron de París, Madrid internacional. O responsable desta ou outras cidades”. entidade, Dimas González, Curiosamente, con respecto afirma que “sempre falamos ás rodaxes na súa cidade, das longametraxes, que Sabela Arán fai memoria e teñen como máis glamour, conclúe que “non gravei e pode haber cada ano demasiado en Santiago. de 3 a 5 rodaxes deste Rodei na Alameda a tipo, pero hai moitísimas película do Códice (Ficción producións audiovisuais, Producciones) con Tamar de moitos tipos, que elixen Novas... e lémbrome da Santiago como escenario. miña primeira experiencia Series, documentais, programas cinematográfica como figurante de televisión con temáticas moi en 18 comidas (Jorge Coira) nun variadas…”. bar na praza de Mazarelos. Eu estaba A Film Comission traballa co obxectivo de dar ilusionadísima porque era a primeira vez a coñecer a cidade fóra de Galicia e España promocionando que me metía nun set de verdade. Total... que non se as rodaxes. “A nosa clave é mostrarnos como un lugar me ve en toda a película! Pero foi unha experiencia chula onde se facilitan as cousas, ofrecemos toda unha guía de que me serviu para confirmar que si, que eu quería estar produción con información para rodaxes e localizacións, aquí pero xa con texto e con plano”. Risas de Sabela, que intentamos solucionar todo tipo de trámites tendo en tamén se atreve cunha proposta de escenario. “Isto sería conta a complexidade que supón rodar nunha cidade que é unha fantasía, algo utópico, pero encantaríame facer unha Patrimonio da Humanidade. Procuramos axilizar permisos peli de terror ou así estilo Tarantino de sangue, tiros e e dar unha resposta fácil e áxil. As produtoras saben que despropósitos, na Catedral. Tamén imaxinarme a Sofía aquí se lles atende ben”, explica Dimas dende a Oficina de Coppola ou Sorrentino aproveitando a Cidade da Cultura Turismo de Santiago. para algunha das súas producións sería interesante”. E parece que a cousa funciona se temos en conta que O dito, esta si que é unha verdadeira cidade de película en “veñen gravarse programas de Xapón que se emiten todas as vertentes. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Outono é a estación na que Compostela acolle prestixiosos festivais como Cineuropa, Curtocircuíto ou Amal
Hai pouco máis dun ano o Concello de Santiago presentou ‘Compostela Filmada’, unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer a intensa vinculación da cidade co mundo do cinema. O proxecto, coordinado por Óscar Senra, artéllase arredor da web compostelafilmada.gal. Nela podes atopar moita documentación sobre a historia das salas de proxección compostelás; carteis, trailers e vídeos onde Santiago aparece como escenario da rodaxe; ou unha selección de biografías de persoas relacionadas tanto co mundo do cinema como coa nosa cidade. Recompilamos aquí algunhas das súas curiosidades.
... en 1900 exhíbese por primeira vez o cinematógrafo en Compostela? Catro anos despois que na Coruña, o 7 de xaneiro de 1900, exhíbese por primeira vez o cinematógrafo Lumiere en Santiago. Foi no Pazo de Amarante, na Algalia de Abaixo, nunha sesión científica para os membros do Ateneo León XIII organizada polo boticario e profesor Demetrio Casares Teixeiro.
... a primeira filmación en Santiago foi no ano 1910? A primeira filmación na nosa cidade, que non se conserva, é de 1910, e a segunda, presente na web, de 1920. Así, as primeiras imaxes en movemento conservadas sobre Compostela son do documental mudo de 15 minutos Santiago, la Atenas de Occidente (de José Gil). No ámbito da ficción, debemos esperar até 1924 para encontrarmos La Casa de la Troya (de Manuel Noriega e Pérez Lugín).
... a cidade foi escenario de case un centenar de rodaxes de películas? Máis de 90 filmes e outros tantos documentais, curtametraxes e series teñen escollido Compostela como un dos seus escenarios de rodaxe. Por aquí pasaron directores e directoras recoñecidos internacionalmente, como Luís Buñuel, Stanley Kramer ou Pedro Almodóvar; e actores e actrices míticos como Cary Grant ou Ornella Muti.