16 minute read

666rpm | Los Miserables

LOS MISERABLES LOS MISERABLES Como coñecín á miña banda de Rock & Roll favorita

Corría o ano 1992 en Santiago de Compostela. Eu tiña 18 anos e vivía no barrio que me viu nacer, San Lázaro. Por aquel entón, eu tocaba o baixo nunha banda que logo chegaría a chamarse ‘Túzaros’. Había que bautizarse dalgunha maneira e a min ocorréuseme ‘Os Miserables’. Pero resulta que unha tarde de sábado, acababa de sintonizar o Diario Pop de Jesús Ordovás en Radio 3 e estaba soando unha banda, que me estaba flipando, pero, aínda non sabía quen eran. Cando rematou o tema, Ordovás presentounos como ‘Los Miserables’ de Santiago de Compostela. Quedei coa boquiña aberta!

Advertisement

Los Miserables Non tiña constancia da existencia de tal grupo e a verdade é que se notaba que non acababan de empezar nisto da música, xa que a calidade de composición do tema que acababa de soar ‘Televisión’ era sublime. Comenteillo a Mario, Chata e Xaime, que por aquel entón tocaban comigo en ‘Os Miserables’ e non mo crían, ata que a seguinte semana Ordovás volveunos programar e puiden gravalo nunha casete e amosarllo. Máis tarde pasarían a chamarse ‘Túzaros’, pero eu xa non formaba parte da banda.

Daquela eu xa facía radio, en Radio Medellín 88.2 F.M. - Santiago, e quería localizar a ‘Los Miserables’, pero claro! Non había internet como agora! As bandas gravaban as súas maquetas en casete e enviábanas por correo ordinario ás radios. Polo que lle remitín unha carta a Jesús Ordovás a Radio 3, preguntándolle por ‘Los Miserables’ e respondeume. Envieille unhas casetes TDK virxes, e mandoumas de volta, gravadas co material que tiña de ‘Los Miserables’. Ordovás flipara con que non os coñecera, sendo de Santiago, pero así era. Ao ano seguinte, 1993, volvéronlle enviar unha nova maqueta, con novo material exquisito para os meus oídos e volvín a poñerme en contacto con el. Pregunteille se tiña un teléfono ou un enderezo de correo, para poñerme en contacto con eles, e rebuscando nun sobre, no que lle enviaran unha maqueta, no ano 1988, atopou un enderezo da Pobra do Caramiñal e mandoumo. Así que collín a guía telefónica e empecei a chamar a tódolos teléfonos da Pobra, que coincidían co apelido do remitente, ata que despois de varias chamadas, localicei a un deles, pero xa non vivía alí. Era a casa dos seus pais e súa nai moi amablemente, facilitoume o teléfono de contacto do seu fillo, que vivía en Santiago. Cando lle chamei, o tipo quedou flipao!

Por

plástico plasticoelastico.cat elástico

Cartel de ‘O Concerto dos Mil Anos’ celebrado na Coruña en 1993.

Ese mesmo ano, 1993, tivo lugar en A Coruña, un dos acontecementos máis importantes do século, ‘O Concerto dos Mil Anos’, que se celebrou no Estadio de Riazor, e por aquel escenario foron rulando durante 3 días, grandes clásicos coma Neil Young, John Mayall, Bob Dylan, Eric Burdon, Jerry Lee Lewis, Chuck Berry etc. Ordovás chamoume e díxome que ía emitir o Diario Pop desde Radio Nacional de España en A Coruña, con motivo do festival e preguntoume se me apetecía pasarme, para falar en directo do panorama actual de bandas, fanzines etc. en Galicia. Por aquel entón, as bandas compostelás que programaba Jesús Ordovás no Diario Pop, máis frecuentemente, eran ‘Los Miserables’ e ‘The Tombstones’. Así que pregunteille se quería que me puxese en contacto con elas e se achegasen comigo ese día, para poder promocionar os seus traballos mediante unha entrevista en directo. Díxome que si e alá fomos. Eu daquela non tiña coche e recolleume en San Lázaro Miguel Curra (cantante dos Tombstones) e ‘Los Miserables’ quedaron de chegar a Coruña. Fixemos entrevista con Ordovás e logo fomos desfrutar do Concerto dos Mil Anos. E aí comezou a miña relación con ‘Los Miserables’. Pouco despois, pecharíanse de novo nos seus Estudios Miserables e gravarían o que sería a sintonía do meu programa de radio, que por aquel entón chamábase ‘A Parte de Atrásh’ e a versión galega que logo realicei do Diario Pop de Radio 3 en Galicia.

No meu libro ‘30 Anos Traficando Cultura Subterránea’ (Historia do Rock Compostelán), que se está facendo de rogar, desgrano a historia completa desta banda que, sen dúbida, é a miña banda compostelá favorita de tódolos tempos. Isto é simplemente un avance… Agora, estaredes desexando escoitalos. Si! Teñen moito material gravado en K7, do que dei boa conta nos meus programas radiofónicos, nos anos 90 e que volverei recuperar na nova temporada de Plástico Elástico, que proximamente regresará ás ondas hertzianas. Permanecede atentos! Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

César Varela prepara o regreso do programa Plástico Elástico.

Pincha

NOITES ALTERNAS

XOVES E VENRES DE OUTUBRO E NOVEMBRO | PREZO: GRATUÍTO

Iniciativa de lecer nocturno alternativo organizada polo Concello de Santiago e a asociación cultural e xuvenil Itaca. ‘Noites Alternas’ destínase á mocidade e ten como obxectivos establecer relacións persoais saudables e construtivas, apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas e xerar dinámicas críticas, participativas e creativas que poidan reverter en benefi cios da xuventude e da sociedade en xeral. O programa inclúe unha gran variedade de actividades espalladas pola cidade que podes consultar en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

NOITINHAS 22 HOTEL NH COLLECTION 5 DE OUTUBRO ÁS 19:30 H | PREZO: DE BALDE

Última actuación do ciclo NoitNHas 2022 na azotea do Hotel NH Collection de Santiago, con Peter Dj e o concerto de Parquesrv. Como chef convidado terán a Anselmo Rodríguez, do restaurante Manolo Mañanita (Cangas). XIX CURTOCIRCUÍTO

ATA O 9 DE OUTUBRO | PREZO PROXECCIÓNS: 3€

O 19º festival internacional de cine Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Deputación da Coruña, AGADIC e o ICAA, exhibirá pezas de cineastas imprescindibles, así como doutros que despuntan co seu traballo máis actual. As seccións competitivas reúnirán un total de 57 títulos, sendo grande parte deles estreas a nivel estatal e galego. Podes consultar o programa completo, que inclúe tamén concertos e performances, na nosa web revistapincha.gal

INVENTIO AUDITORIO DE GALICIA 7, 8 E 9 DE OUTUBRO | PREZO: 15€

Ilusionismo, levitacións, equilibrios, malabares, números aéreos, animación audiovisual, composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos… Todo isto e moito máis é Inventio, un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago. 7 OUT / 20:00 h 8 OUT / 17:00 h e 20:30 h 9 OUT / 12:00 h e 17:00 h FESTIVAL ‘GALICREQUES’

DO 8 AO 16 DE OUTUBRO |

A Asociación Cultural Barriga Verde organiza o XXVII Festival Internacional Galicreques. Titiriteiros de varios países amosarán as súas singulares producións. Espectáculos infantís, representacións ao aire libre e pases en horario nocturno. E tamén mesas redondas, exposicións e obradoiros… todo un mundo arredor dos monicreques.

SALA NASA 1992-2022

ZONA C DO 13 DE OUTUBRO AO 13 DE NOVEMBRO |

Mostra sobre a traxectoria da compañía teatral Chévere. Catro pequenas cápsulas de tempo no 30 aniversario da apertura da Sala Nasa.

GALICIA ILUSIONA

AUDITORIO DE GALICIA 15 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 12€

Gran Gala Internacional ‘Galicia Ilusiona’. Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta. CONCERTO DE WARD HAYDEN & THE OUTLIERS

SALA RIQUELA 15 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 10€

Ward Hayden & The Outliers (antes coñecidos como Girls Guns & Glory) comezan coma unha vía de escape á música enlatada da radio actual. Hayden, formado na música country e o rock n’ roll a través das cintas de cassette da súa nai, atopou en Greg Hall (baixo), Josh Kiggans (batería) e Cody Nilsen (guitarra) os seus compañeiros perfectos de viaxe.

FESTIVAL DE POESÍA ‘LUZ POÉTICA’

DO 17 AO 22 DE OUTUBRO | PREZO: GRATUÍTO ATA COMPLETAR AFORO

Luz Poética é o primeiro festival de poesía nova de Compostela, inspirado na fi gura da poeta compostelá Luz Fandiño, quen representa unha grande inspiración para a mocidade galega. O encontro, que terá lugar en diversos espazos emblemáticos da capital de Galicia, como a Igrexa da USC, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga e o Teatro Principal, así como en entidades locais vencelladas ao mundo da cultura, como pubs e librarías do Casco Histórico, dará voz ao auxe poético da cidade dos últimos anos. Durante o festival tamén terá lugar a Gran Final de Poetry Slam estatal. Unha oportunidade única para conectar poetas de diversas latitudes coa nosa poesía.

O FÚTBOL ENTRA NO SALÓN TEATRO

O Centro Dramático Galego e Ainé representan ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ ata o 23 de outubro nunha proposta escénica que protagoniza Xosé A. Touriñán

Aunidade teatral da Xunta de Galicia e Ainé Producións amosan este mes no Salón Teatro 'Recortes, caneos e outras formas de driblar'. Teatro, música, coreografía e xornalismo únense neste espectáculo diririxido por Tito Asorey, que xorde dun libro aínda inédito de Nacho Carretero e coa dramaturxia de José L. Prieto. O actor, monologuista e cómico Xosé A. Touriñán encabeza un elenco que completan Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta para librar un partido de fútbol moi especial que se desenvolve sobre as táboas. Nel, xogadores, adestradores, xornalistas, árbitros, directivos e seareiros quedan retratados nunha peza que propón un traxecto lúdico, crítico e musical polo complexo mundo que arrodea ao deporte rei.

O espectáculo promete percorrer o fútbol dereito e polo envés, para achegar unha visión en conxunto da dimensión pública e de todo aquilo que está lonxe dos focos: o que lles acontece nos vestiarios, o que se negocia nos despachos, o que se comenta nos palcos. Tamén, incluso, o que lle pasa pola cabeza aos protagonistas. O equipo artístico complétase con Vadim Yukhnevich a cargo das composicións musicais, José Faro 'Coti' asinando a escenografía, Laura Iturralde como responsable da iluminación e mais dos audiovisuais, Laura Baena á fronte do vestiario e Sara Rey na axudantía da dirección. Con toda esta aliñación de primeira, 'Recortes, caneos e outras formas de driblar' preséntase como un choque entre a razón e a emoción, como un partido entre o cómico e o dramático... en defi nitiva, como un xogo entre os intérpretes e o público. Quen gañará?

ONDE? No Salón Teatro (rúa Nova, 34)

CANDO? De mércores a domingo, ata o 23 de outubro

ENTRADAS

Na plataforma ataquilla.com Na web recortes.gal No despacho de billetes do Salón Teatro, só nos días das funcións

MÁIS INFO www.centrodramatico.gal

DIRECTO DE BALA + GRIMA SALA CAPITOL

21 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 15€

O dúo galego Bala combina sons que recordan ao rock intenso dos noventa, con infl uencias que van desde o grunge ao stoner, pasando polo hardcore ou o punk e coa contundencia de dúas voces moi diferentes. En maio de 2021 publicaron o seu novo traballo ‘Maleza’ (Century Media).

CONCERTO DE LÁGRIMAS DE SANGRE

SALA CAPITOL 22 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 16,50€

Lágrimas de Sangre arranca o 2022 cunha nova xira e o seu novo disco ‘Armónico desorden’ debaixo do brazo. Un concerto que repasará todos os clásicos da banda asi como algunhas das novas cancións deste disco. MATINAIS MUSICAIS

CIDADE DA CULTURA 23 DE OUTUBRO E 27 DE NOVEMBRO ÁS 12:00 H | PREZO: 5€

O ciclo Matinais Musicais achega ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música .

25 SET | «Aruku - Camiñar». Ryōko Aoki, David Durán e Haruna Takebe 23 OUT | «Calma e algo mái». Lucía Martinez Cuarteto 27 NOV | «Sobre a noite». Arxis Ensemble.

Toleamos por (é)Tapas! SANTIAGO(é)TAPAS

XIV CONCURSO DE TAPAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA santiagoetapas.gal

27 OUT - 13 NOV 2022

PROMOVE: ORGANIZA PATROCINA COLABORAN

CONCURSOS XIV SANTIAGO(É)TAPAS III SANTIAGO(É)CÓCTEL

DO 27 DE OUTUBRO AO 13 DE NOVEMBRO |

‘Toleamos por (é)tapas’ é o lema do XIV Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas da cidade que promove Turismo de Santiago e organiza a Asociación Hostalaría Compostela. O público poderá percorrer as diferentes rutas ou (é)tapas, selando no tapasporte as tapas consumindo e optando a diferentes agasallos. Entre todos os petiscos participantes outorgaranse varios premios, elixidos polo público e por un xurado profesional. Nas mesmas datas desenvolverase o III Santiago(é) Cóctel, concurso de cócteles que organiza a Asociación Hostalaría Compostela. FESTIVAL AMAL 2022

TEATRO PRINCIPAL DO 24 AO 29 DE OUTUBRO |

A semana de cine euroárabe Amal, que organiza a Fundación Araguaney, celebrará este ano o seu 20 aniversario, con numerosas actividades que poderás consultar proximamente na nosa web revistapincha.gal

ACTUACIÓN DE SOFÍA ELLAR

SALA CAPITOL 28 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H | PREZO: 27,50€

Sofía Ellar presenta en Santiago de os temas do seu novo álbum ‘Libre’ na xira española que leva o mesmo nome. A cantautora nada en Londres repasará os seus grandes éxitos interpretando un repertorio que abarca desde clásicos como ‘Amor de anticuario’ ata o recente ‘Y 23’ ou ‘Canción de radio’. CONCERTO DE FAMILIA CAAMAGNO E AMIGXS

SALA CAPITOL 29 DE OUTUBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 12€

Familia Caamagno presenta o seu último traballo discográfi co, ‘O mundo está derrotado’, nun concerto único onde estarán rodeados de amigxs e onde haberá unha chea de colaboracións inesquecibles.

COMPOSTELA ILUSTRADA 2022

COMPOSTELA DO 3 AO 6 DE NOVEMBRO

O Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man de El Patito Editorial e a dirección de Miguelanxo Prado, como un salón de inverno na cidade de Santiago, aberto a cadernistas de todo o mundo. O obxectivo que persegue este evento é traer aos mellores profesionais desta arte para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo cos participantes.Consulta o programa de actividades proximamente en revistapincha.gal

. DESEMBARCO CHÉVERE

AUDITORIO DE GALICIA 4, 5, 11, 12 E 13 DE NOVEMBRO | PREZO: DESDE 12€

A compañía teatral Chévere cumpre 35 anos de actividade neste 2022 e celebran que o grupo segue en boa forma e traballando arreo cunha programación especial durante todo o outono. Dentro desta programación, ofrecen dúas funcións en Compostela de ‘Curva España’ os días 4 e 5 de novembro e tres funcións de ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E’ os días 11, 12 e 13.

36ª EDICIÓN DO FESTIVAL CINEUROPA

DO 4 AO 20 DE NOVEMBRO |

Desde o ano 1988 Compostela vive a súa peculiar cita cinéfi la con ‘Cineuropa’. No mes de novembro pásase revista ao mellor cine da tempada, desde os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o pequeno cine alternativo, reunindo aos grandes nomes, aos novos realizadores, ao xénero documental e á proxección de copias especialmente restauradas para este festiva.

Consulta o programa completo proximamente na nosa web revistapincha.gal CONCERTO DE DULZARO SALA SÓNAR

5 DE NOVEMBRO ÁS 22:00 H | PREZO: DESDE 10€

Unir vangarda e tradición é o obxectivo de Dulzaro, un proxecto que reivindica a fi gura de Federico García Lorca combinando a súa poesía con sons modernos como samples, loops e sintetizadores electrónicos. Unha proposta xurdida en Castela e León, nutrida das súas raíces e o seu folclore, ao xustapoñer a tradición castelá e os seus instrumentos con sons experimentais da electrónica.

CONCERTO DE JESPER LINDELL

SALA RIQUELA 16 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 H | PREZO: DESDE 10€

Con 13 anos, Jesper Lindell era un tímido mozo convertido na gran promesa do fútbol da súa cidade natal, Ludvika, un pobo de clase traballadora a un par de horas ao noroeste de Estocolmo. Pero nun lance do xogo, rompeu unha perna e viuse repentinamente confi nado na súa habitación e sentado nunha cadeira de rodas. Cando se recuperou, decidiu deixar o fútbol pola música e formou a súa primeira banda. A lección estaba aprendida; é posible converter a adversidade en algo bo. FIN DE XIRA DE ZAHARA

AUDITORIO DE GALICIA 25 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 18€

Zahara pecha a súa xira ‘Gracias, puta’ con catro concertos en Compostela, Madrid, Barcelona e un por anunciar. Segundo explica a propia cantautora, poderedes gozar da súa versión máis rockeira, máis salvaxe... “pero tamén haberá espazo para unha parte que botei moito de menos estes meses: a máis íntima e acústica. E por suposto, non faltará o fi nal ravero para despedirnos ao grande”.

‘SUSPENSIÓN’, DE NUEVEUNO

TEATRO PRINCIPAL 25 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€

Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúrranse e celebran xuntos. Homes que se cuestionan constantemente, pero se deleitan na súa propia identidade… son, á fi n e ao cabo, cinco homes. ‘SOPLA!’, DE TRUCA CIRCUS

AUDITORIO DE GALICIA 26 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 H | PREZO: 3€

Un reencontro con momentos inquietantes, divertidos, aburridos e desconcertantes. Sopra! é un estado, é unha atmosfera, é un líquido rosa, é confeti.

‘FUEGO SALVAJE’, CON PIENSA EN WILBUR TEATRO PRINCIPAL

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 H | PREZO: 10€

Espectáculo para todos os públicos que combina maxistralmente o humor coa performance acrobática. Wilbur ábrenos o seu corazón para presentarnos unha historia real e arrebatadora. Unha viaxe iniciática sobre a reconquista do ser e do propio corpo.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

This article is from: