4 minute read
máis aló de Compostela
from Revista Pincha 31
Smoke on the water
Advertisement
Ibuprofeno Teatro presenta esta obra, escrita e dirixida por Santi ago Cortegoso, que inclúe sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prosti tución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. Protagonizada por Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio.
Sinopse: Ritchie vive ancorado no Rock and roll dos 70, ten un tenda de discos e vinilos de colección. Janis xa non canta desde hai anos, estuda fi losofí a na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial. Pero todo cambia coa aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, á vez que establece unha profunda amizade con Ritchie.
CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
as alumnas
ANABELL GAGO MÓNICA CAMAÑO
Dirixido por FINA CALLEJA Texto de PAULA CARBALLEIRA
As Alumnas
As Alumnas trata sobre a fi gura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o Franquismo signifi cou un enorme retroceso na educación do estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. Os dous personaxes femininos representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. Elvira Fontao e Rosa Lires, anti gas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o comité de depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o desti no de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.
CULTURACTIVA PRODUCIÓNS
As Alumnas
DIRECCIÓN: FINA CALLEJA ELENCO: ANABELL GAGO MÓNICA CAMAÑO
ADULTO ESTILO: TEATRO DURACIÓN: 70’
Un espectáculo sobre xustiza social, memoria histórica, igualdade e resiliencia. Un fermoso artefacto escénico creado por Paula Carballeira e dirixido por Fina Calleja. Mónica Camaño e Anabell Gago atopanse no pasamento da súa mestra, María Barbeito, e conducénnos por unha senda emocional que arrinca desde que se coñecen na escola antes da Guerra Civil ata os anos 70.
Japan Weekend A Coruña 2022
Cando? 22 e 23 de outubro Onde? Expocoruña PREZO: DESDE 10 EUROS
O Japan Weekend é o evento de pop culture máis grande de España, un festi val que reúne o mellor do manga, o anime e toda a cultura xaponesa. Haberá concursos, conferencias, concertos etc.
Concerto de Melendi Cando?
'Likes y cicatrices', o últi mo álbum de Melendi, xa se converteu en todo un supervendas e acadou o núm. 1 dende a súa data de saída. Un disco redondo, cheo de colaboracións e novas melodías onde Melendi resume as experiencias e vivencias destes últi mos anos.
XVIII Concurso de tapas Picadillo Cando?
Do 3 ao 13 de novembro
Nesta nova edición do concurso de tapas da Coruña, os establecementos parti cipantes concursarán en dúas modalidades principais: Tapa Creati va e Tapa Recetario Picadillo. Estes galardóns serán elixidos por un xurado de expertos. Tamén haberá unha categoría de maridaxe con cervexa 1906 e un premio Cidade da Coruña que serán outorgados por voto popular.
Concerto de Dani Martín Cando?
Dani Martí n é un dos arti stas máis importantes dos últi mos 15 anos en España. As súas cancións marcaron a unha xeración durante toda unha década (2000-2010) á fronte do exitoso grupo El Canto Del Loco. En 2010 lánzase en solitario co seu primeiro disco de estudio ‘Pequeño’, que se certi fi ca como triplo disco de plati no e se mantén no número un de vendas 4 semanas consecuti vas. Dende entón son innumerables os éxitos que acadou. Chega á Coruña coa súa xira ‘Qué caro es el ti empo’.