2 minute read
oído, artesanía! | Mailen Arranz, de Branqueta Studio
from Revista Pincha 31
Maialen Arranz, de Branqueta Studio: “A estética é vital, pero o noso fundamento é a utilidade das pezas que creamos”
Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Advertisement
Branqueta Studio é unha marca de cerámica cen por cento artesanal, centrada na creación de pezas que seguen técnicas tradicionais, aínda que cunha forte presenza dixital e unha imaxe contemporánea. Detrás deste proxecto está a súa creadora, Maialen Arranz. Ela é quen elabora estas pezas únicas dende o seu taller na Coruña, de onde parten cara ao mundo.
Como foron os comezos de Branqueta?
O que comezou como unha afección, como unha maneira de gozar da calma e dos procesos laboriosos e lentos da cerámica, acabou sendo unha necesidade de xerar unha marca respectando ese carácter tan manual e ancestral, levado a un contexto e a unha imaxe plenamente actuais.
Que tipo de pezas atopamos baixo esta marca?
Dende o inicio houbo unha intención clara de que as pezas tiveran un carácter puramente funcional. Aínda que a estética sexa vital, a idea de que as creacións teñan unha utilidade, ou mesmo distintos usos á vez, parécenos fundamental. Temos vaixelas, vasos, candelabros, sets de sushi ou xogos de cuncas, e imos ampliando a variedade de produtos e eliminando os antigos co obxectivo de que sexan pezas limitadas e cada artigo de Branqueta sexa aínda máis único.
Silvia Castiñeiras
Por
Cal é a túa relación co mundo da restauración?
Parte do noso día a día é facer pezas personalizadas tanto para particulares como para restaurantes, hoteis e outros negocios. Temos creacións no restaurante Faragulla na Coruña, A Maceta en Santiago de Compostela, Cokoon Cafe en Bilbao ou o Hotel Arbaso en San Sebastián, entre outros.
Que vantaxes supón contar coa marca Artesanía de Galicia?
Artesanía de Galicia foi un piar fundamental na evolución e o desenvolvemento de Branqueta, xa que supón un apoio esencial á hora de dar visibilidade á artesanía e promocionar marcas como é a nosa. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Onde se poden mercar as vosas pezas?
Poden adquirirse a través da nosa tenda online www.branqueta.com e tamén vía Instagram no noso perfil @branqueta_studio. Ademais, tamén atendemos con cita previa no taller/showroom da Coruña. As nosas pezas están presentes nalgunhas tendas seleccionadas como Boles Artesanía en Santiago, Les Eines en Barcelona e PEZ ou Wow Concept en Madrid.