TEMPUS DAS LETRAS-Nº14
5
25-N:Póster premiado As mulleres non somos un xoguete, non poden xogar con nós. E non todas temos un pelo loiro e longo. Na Idade Media todas as mulleres ían en vestido ou saia e por iso agora todos estamos acostumados a debuxar a unha muller con vestido ou saia, pero iso ten que cambiar. Todo o mundo asocia a cor rosa coas nenas, pero se ti lle preguntas á metade das nenas vanche dicir outra cor. Mais o importante non é o de fóra, senón o de dentro. AUTORA: Sabela Rojo Medina (1º de ESO)