TEMPUS DAS LETRAS-Nº14
6
PREMIOS #PASCHEuropaChallenge O Goethe Institut, dentro da iniciativa Pasch, organizou o concurso Europa Challenge para todos os alumnos dos centros Pasch de toda Europa. Os participantes do noso centro foron os alumnos tanto de 1º coma de 2º de Bacharelato que cursan alemán. O departamento de alemán e toda a comunicade educativa celebra ter tres alumnas gañadoras entre todos os participantes: 6º premio para Ana Bruzos González de 1º de BAC G, 8º premio para Sabela Saavedra de 1º BAC E e Alba López Bruzos de 2º BAC F. Parabéns!. Ana Bruzos González (1º BAC)
No primeiro trimestre deste curso 2020-2021 varios alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participamos dende a materia de alemán nun concurso organizado dentro da rede de centros PASCH, centros colaboradores co Goethe Institut que buscan fomentar a aprendizaxe do alemán. O challenge baseábase en expresar nun vídeo o que para nós é a Unión Europea, que significa formar parte dela e os valores que nos transmite, que vantaxes atopamos nela e que desexamos para o seu futuro a curto e longo prazo. Isto levounos a facernos preguntas, a un período de investigación e reflexión sobre algo que antes non pensaramos; está claro que estamos tan acostumados a formar parte da UE que o pensar sobre o que nos aporta ou sobre a identidade que nos dá como cidadáns pode chegar a resultarnos unha perda de tempo. Para os mellores vídeos había unha serie de premios e o primeiro era realmente espectacular, unha viaxe a Berlín e a Bruxelas!.