Revista albares 2013

Page 1

ALBARES

REVISTA ESCOLAR

XUテ前 2013

Nツコ 2

ARES CPI 2013

CONDE DE

LBARES

FENOSA


REVISTA ESCOLAR XUÑO 2013 Nº 2

ALBARES EDITORIAL

REVISTA ESCOLAR NESTE NÚMERO ATOPARÁS:

Querido lector/a:

 Editorial

Hoxe tes ante os teus ollos un novo exemplar de ALBARES e, do mesmo xeito que o aroma do pan recén feito invitábame a entrar na panadería da miña avoa a devorar a anaquiños unha barra de pan, invítovos, desde esta páxina, a que saboreedes unha nova edición da nosa Revista Escolar. Se eu fose alumno/a, pai ou nai, avó ou avóa e a revista caese nas miñas mans, non dubidaría en rescatar todos eses bos momentos que ocorreron ao longo deste ano. Non é a revista na que aparecen os famosos e celebridades que ocupan os medios de comunicación actualmente, pero nela aparecen as persoas máis importantes para nós e, preguntarédesvos por que son importantes. A resposta é sinxela: porque son as que dan vida ao noso Colexio e como ocorre no corpo, si falta algún dos seus membros, este reséntese.

 Javier Cristobo acércanos á Antártida  Proxectos solidarios no noso centro  Sempre...Rosalía  Antonio Seijas: “A arte da ilustración”  Proxectos do noso Centro  O tempo na escola: “Proxecto meteoescolas”  Creamos poesía  Unha alimentación sa  Como nos gustan os xogos!  A que sabe a lúa?  Bombyx Mori en 1º ciclo  A plástica en inglés  Actividades 5º Primaria  Ata sempre...Elena

Dicía William Wordsworth que “O neno é o pai do home” e esta Revista está chea de reflexións de nenos e nenas, pero tamén de homes e mulleres que aprenden día a día dos seus nenos, e que, por mor das súas preguntas, se senten obrigados a esforzarse na procura de respostas que están na esencia mesma da vida, nunha indagación permanente por responder aos interrogantes dos seus alumnos, e que lles fai crecer cada día máis como persoas. Este exemplar de ALBARES que hoxe levamos á nosa casa, queremos que sexa un recordo deste curso 2012-2013 que se nos vai e unha esperanza de futuro, para que o próximo curso veñamos todos/as con moita gana de estudar e de facer do noso Colexio unha casa onde caiban todas as nosas ilusións e esperanzas. E aínda que, outra vez, o próximo ano chega estigmatizado polos peores augurios: máis crise, recesión, paro, tensión social…desde ALBARES somos máis optimistas e DESEXÁMOSVOS O MELLOR, cunha frase que tomei dun gran filósofo porque é a que mellor se adapta ao noso desexo de avanzar adaptándose a calquera circunstancia ,“A vida só pódese entender mirando cara atrás, pero só pódese vivir mirando cara a adiante ”. Para tod@s, gozade destas merecidas vacacións e voltade coas pilas cargadas. Aínda que vivamos tempos difíciles, que non nos quiten o noso sorriso nin a gana de poder cambiar as cousas. Yolanda Castro. Coordinadora do EDL.

1

 O Rap da despedida  Ose nen@s de 2º EP achéganse á “Op Art”  Decorando as paredes con murais  Mil cousas poden pasar  Visita as Brañas de Valga  O arco da vella dos nen@s de 4 anos  Homenaxe a Antón Cortizas  Modelando Ares  Educación, cultura e comunidade  Contos no Día da Paz  Concursos no cole  Saída a Vila de Arousa  Quelques souvenirs et beaucoup de projets avant le depart…  Letras Galegas 2013  O recuncho da lectura  O cine no ensino  Ata sempre Conde de Fenosa  Horoscopo Chinés  As nosas poesías  Pasatempos  Os nosos blogs


ALBARES

JAVIER CRISTOBO ACÉRCANOS Á ANTÁRTIDA Este curso tivemos, outra vez, a oportunidade de conectarnos vía Skype coa base española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción, na Antártida. Entre os científicos que traballan nesta estación atópase Xavier Cristobo, un aresán que á parte de mergullarse nas xélidas augas polares, leva anos inmerso no mundo da investigación biolóxica, sendo na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Xixón. Veciño e amigo aceptou, outro ano máis, a nosa petición para transportar a nosa lingua alén dos mares, e con grande simpatía e coñecemento, contestou cada unha das preguntas formuladas polos rapaces e rapazas do noso centro. Xavier Cristobo recibiu os parabéns de todos os asistentes a esta videoconferencia, e esperemos que esta colaboración siga sendo duradeira. No blogue “tesmoitalingua” deixamos pendurado o vídeo da videoconferencia e un dossier con máis datos sobre este interesante proxecto da Antártida e os fermosos debuxos do caderno de bitácora de Xavier Cristobo, que tanto evocan o diario do afamado Charles Darwin na súa travesía a bordo do Beagle.

2


ALBARES

PROXECTOS SOLIDARIOS NO NOSO CENTRO Xuntos por un obxectivo común: que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. Este é o lema co que o alumnado de secundaria do CPI Conde de Fenosa de Ares afrontou a II Maratón Solidaria que se realizou no noso centro. Cada rapaz e rapaza abonou 1 € por inscribirse na carreira. Tamén buscaron patrocinadores entre os seus familiares e os comercios e empresas do Concello. A recadación que ascendeu a 479 euros foi a parar a través da ONG “Save the Children” aos nenos e nenas da rexión do Sahel (zona entre o deserto do Sahara no norte e a sabana sudanesa no sur). Os rapaces estiveron apoiados pola atleta aresana Paula Mayobre que, como na anterior edición, acompañou aos rapaces/as neste evento.

Grazas a todos e todas por apoiar todos os Proxectos Solidarios realizados no noso centro.

Por outra banda o centro realizou por cuarto ano consecutivo a “Operación Quilo de Nadal” na que se recolleron 500 quilos de alimentos que foron levados a dúas institucións benéfico sociais, Cociña Económica de Ferrol e Cáritas de Ares.

Alumnado do centro nunha visita ao local de Caritas de Ares 3


ALBARES SEMPRE...ROSALÍA O 24 de febreiro (data de nacemento de Rosalía) está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro. Desde o século XIX Rosalía foi homenaxeada polas galegas e os galegos como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente co pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. Dado que este ano o Día de Rosalía de Castro ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta, a Asociación de Escritores en Lingua Galega propuxo que os colexios participasen da iniciativa consistente en facer gravacións en vídeo de lecturas, por parte do alumnado, de poemas de Cantares Gallegos. No noso centro os alumnos e alumnas da clase de 2ºA, dirixidos pola súa profe de lingua galega Luísa Corredoira e a colaboración do EDL do centro, participaron nesta proposta. Aquí tedes ao alumnado de 2º ESO recitando o poema “Un repoludo gaiteiro” do poemario “Cantares Gallegos”. Tamén os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria quixeron homenaxear a figura de Rosalía neste aniversario da súa obra e fixeron un mural con versos da poetisa copiados e ilustrados por eles mesmos.

Así mesmo os pequerrechos de infantil 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma espléndida os poemas da nosa poetísa. Realizouse un vídeo que foi presentado ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais. Aquí vos deixamos un código QR para acceder aos videos.

4


ALBARES

ANTONIO SEIJAS: “A ARTE DA ILUSTRACIÓN” Este curso tivemos o pracer de contar no noso centro co ilustrador gráfico Antonio Seijas. Toni ademais de ser de Ares, é un dos ilustradores con máis proxección en Galicia. O pasado novembro presentou no salón de actos da Alianza Aresana a novela gráfica “Cartas de Inverno”, adaptación da novela do mesmo nome de Agustín Fernández Paz. Pero…non sei se sabedes que a orixe de Cartas de Inverno está aquí, en Ares. Segundo Fernández Paz: “cando traballaba en Mugardos de profesor, eu paseaba moito por estes camiños. Un día sentado diante da igrexa de Lubre saíume a idea de que dos anuncios por palabras podían saír historias. De aí naceron os meus Contos por palabras. Máis a veta non estaba esgotada. Anos despois cando xa vivía en Vigo, nas páxinas de anuncios breves lin un que me impactou: “Vendo casa embrujada. Absténganse curiosos y bromistas”. Rescateino, sabía que alí había unha historia, a que logo sería Cartas de inverno”. E depois disto... quen nos ía a dicir que as Cartas de inverno voarían as súas orixes ,en Ares, da man do aresán Antonio Seijas. Coa súa adaptación de “Cartas de inverno”, Toni ven de gañar o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012. Cando estivo este curso no noso cole explicounos como “dou a luz” á novela, como puxo rostro aos personaxes, falounos da importancia da lectura, clave fundamental para relacionar a imaxe e o texto, e dunha morea de cousas máis. Amosounos tamén parte da súa obra e desglosou de forma didáctica o seu impresionante e rico proceso creativo que vai desde traballos para revistas, cubertas de libros para literatura infantil e xuvenil ou portadas musicais para grupos de éxito internacional como a banda de rock “Marillion” ou a noruega “Gazpacho”. Tamén mencionou que algunhas das súas obras serven de decorado na serie de TV “Aquí no hay quien viva”, así como as súas aportacións á Fundación Benéfica do cineasta americano David Lynch. Destacar uns dos consellos que nos deixou : “traballar con paixón e poñer toda a túa alma e o teu corazón no que fas, de xeito que chegue aos demais”. E iso mesmo é o que fai Antonio, repartir emocións a través da imaxe e facernos soñar máis aló do noso maxín. Como xa lle dixemos no seu día, grazas Antonio pola visita ao noso centro que é o teu, polas túas palabras e consellos, por engaiolarnos coa túa creación e por ser un orgullo para todos os aresáns.

Yolanda Castro. 5


ALBARES

6


ALBARES

PROXECTOS DO NOSO CENTRO Desde o pasado curso escolar ata agora estanse levando a cabo numerosos proxectos no CPI dos que imos facer un breve resumo. Nomear en principio tres proxectos que teñen como obxectivo principal o adecentamento do entorno do noso cole: PROXECTO “XARDÍN”

O pasado curso escolar un grupo de profesoras lideradas por Elisa (mestra de inglés de primaria) e Maika (mestra de infantil), realizaron o embelecemento do xardín da entrada do cole coa colaboración do Concello e dos principais protagonistas, os nosos nenos e nenas.

Seguen a traballar co obxectivo de acadar a implicación de todo o profesorado e alumnado e poder así, realizar unha ficha identificativa das plantas e flores que hai no xardín. PROXECTO “HORTA”

No pasado curso escolar púxose en práctica A HORTA, iniciativa de 2 profesores do ámbito Científico do Programa de Diversificación Curricular (Jorge Gutierrez e Mª Jesús Mourazos) para animar ao seu alumnado a realizar tarefas de campo: cortar céspede, preparar os cultivos, plantar froiteiros... e valorar tanto o traballo cómo o seu resultado. A verdade é, que ademais de supoñer a limpeza e preparación dunha zona do noso centro que estaba inutilizada, creouse unha horta que serve de exemplo do que é a vida laboral dun campesiño: identifican plantas, herbas aromáticas, arbores froiteiras .... coñecen as épocas de cultivos de cada especie, o mantemento... valorando o traballo. ROXECTO “TUNEANDO A ENTRADA DO COLE”

Tamén no pasado curso escolar tivo lugar outra iniciativa dun grupo de profesoras para darlle un toque de cor a entrada de Primaria. As profesoras do 1º ciclo Chicha e Meli (que son unhas artistas) e a encargada da Biblioteca, Conchi, así como outra profesora de Infantil Ana ,son as artífices deste proxecto. Todas elas traballaron arreo e ensinaron ao alumnado a práctica da pintura de brocha gorda. Como vedes nas imaxes o pasaron xenial tuneando o cole.

7


ALBARES Son de destacar, tamén, os proxectos que forman parte dunha educación global e colaborativa e que inflúen nunha integral educación do noso alumnado, como: PROXECTO MELLORA DA BIBLIOTECA DO CENTRO

O grupo de Dinamización da Biblioteca Escolar do noso centro coordinado por Conchi Cambeiro, realizou un excelente traballo participando no PLAMBE: Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, polo que estiveron organizando, decorando e informatizando a Biblioteca, facendo que sexa un espazo onde o alumnado poda gozar coa lectura. Dentro deste Plan de mellora está habilitándose unha aula lectora na ESO.

Tamén creouse un Grupo de Traballo: “Uso das ferramentas TIC na animación á lectura e escritura desde a biblioteca escolar”. Os Obxectivos que busca este grupo de traballo coordinado por Pacucha (mestra de inglés en infantil e primaria) son: 

Crear comunidades de aprendizaxe.

Mellorar a formación do profesorado nas TIC.

Coñecer diferentes programas e aplicacións que permitan gravar imaxe e son para traballar a competencia lingüística e o tratamento da información e competencia dixital.

Coñecer programas e técnicas que permitan compartir en rede as nosas produccións e as do noso alumnado.

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES

Unha vez realizada a experiencia das sección bilingües postas en marcha no presente curso, dúas en 5º EP e dúas en 1º ESO, establecéronse reunións e enquisas ás familias e aos alumn@s, podendo confirmar que foi unha experiencia moi positiva onde o alumnado mellorou a súa competencia en inglés. Consideramos e apostamos por seguir levando adiante este proxecto para que o noso alumnado forme parte da educación plurilingüe e dos procesos de globalización e integración no marco europeo, podendo levar a cabo intercambio de proxectos a través das tecnoloxías da comunicación con outros centros da comunidade europea.

8


ALBARES PLAN PROXECTA : “METEOESCOLAS”

No curso escolar 2011-2012 o profesor de Física e Química, Jorge Gutierrez, comezou por introducir o Proxecto Globe, programa europeo para desenvolver nos centros educativos unha aproximación á meteroloxía da zona, establecéndose un control por parte do alumnado de 4º ESO, D.C. a través dun programa informático conectado á estación metereolóxica implantada no centro.Tamén coordinouse co profesor de Ciencias Naturais Xacobo de Toro para iniciar ao alumnado de 2º ESO. No presente curso académico, implantáronse os PLANS PROXECTA da Consellería e decidimos participar no PLAN PROXECTA METEOESCOLAS, coordinado por Jorge e participando todos os niveis educativos do centro: Infantil, Primaria e Secundaria. PLAN CONSUMO DE FROITAS FRESCAS

Subvencionada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), Consellerías de Sanidade e Cultura, e Educación e Ordenación Universitaria. Consiste en repartir nos recreos cada día unha froita a todo o alumnado. Realizouse na semana do 5 ao 9 de novembro e, debido a boa aceptación e á nosa solicitude, subvencionáronnos con outra semana que se levou á cabo do 27 ao 31 de maio. OUTROS PROXECTOS

Tanto desde a Biblioteca como desde o Equipo de Dinamización Lingüística, coordinado por Yolanda, así como a iniciativa persoal de algún profesor, estanse a realizar os seguintes: PROXECTO “Elaboración na ESO dunha guía visual bilin-

güe do medio intermareal e fluvial con aplicación para dispositivos móbiles: tablets e smartphones" (Jorge Gutierrez Maroto, Luisa Corredoira Gómez e Pilar Molina); que resultou seleccionado por EducaBarrié na convocatoria de proxectos educativos 2012-2013. O obxectivo deste proxecto é promover a investigación directa da natureza que nos rodea e o emprego de novas tecnoloxías no alumnado da ESO desde as áreas de física e química, ciencias da natureza e lingua galega e lingua inglesa, para así elaborar unha guía visual, impresa en papel, que recollerá a información do medio ambiente da contorna do noso centro, podéndose trasladar toda a información a través de dispositivos móbiles (smartphones, tablets e portátiles..) grazas ás aplicacións de lectores QR.. 9


ALBARES DEBATE DO PARLAMENTO XOVE 2013.

Iniciativa levada a cabo polo profesor de lingua galega da ESO Xoan Barrio na que, alumnos de 4º e 3º da ESO, debatiron no Pazo de Mariñán en Bergondo baixo a temática “O consumo responsable na xuventude”. Os debates preliminares xiraron en torno á seguinte pregunta: “Está a servir a crise económica global para que a xuventude tome conciencia dun consumo responsable?. A partir desta iniciativa, programáronse debates na hora de titoría para implicar ao alumnado de 3º e 4º ESO xa que se considerou un proxecto importante desde o punto de vista educativo ao traballarse todas as competencias: lingüisticas (comprensión e expresión escrita e oral) , a competencia de aprender a aprender , as novas tecnoloxías.... OBRADOIRO DE CANTO E BAILE PARA PRIMARIA E CANTOS DE CEGO PARA 4º ESO POR PARTE DE EMILIO MESÍAS .

O EDL organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías. Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo, ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos. Tamén en 4º ESO realizouse un obradoiro sobre “Os cantos de cego”. Damos as grazas a Emilio pola súa labor desinteresada na realización destes obradoiros. AGRADECEMENTO

Desde a Dirección, queremos agradecer:  

 

A Colaboración do profesorado. Grazas ao seu traballo está dinamizando o noso centro realizando iniciativas, proxectos,... ,que redundan no beneficio do proceso educativo do noso alumnado. A participación do alumnado. Eles son a razón de que todos estes proxectos, concursos e iniciativas se podan levar a cabo grazas a súa motivación. Sempre con gañas de traballar, son a orixe e o fin en si mesmo. Ás familias e á ANPA. Sempre dispostas a colaborar coas actividades realizadas no centro e que son a fonte do noso benquerido alumnado. Ao Concello que, na medida do posible, son receptivos ante calquera solicitude que se lles remita, de mantemento do Centro ou de carácter socio-cultural .

Grazas a todos eles podemos levar adiante estes Proxectos que fan deste centro un centro activo, dinámico, solidario, co único fin , que o alumnado reciba unha educación integral e se convirta en verdadeiro cidadán, completamente competente, así como acadar unha mellora do centro, tanto física como educativa. Esperamos poder seguir contando con esta colaboración no vindeiro curso escolar para contribuir na mellora educativa do noso alumnado. Eles o merecen. Blanca Cortizas. Directora 10


ALBARES

O TEMPO NA ESCOLA: PROXECTO METEOESCOLAS Desde o ano pasado no CPI Conde de Fenosa estamos nos programas “Globe” e “Meteoescolas”. Nestes programas colaboramos medindo distintas variables meteorolóxicas e posteriormente cargando os datos recollidos cos nosos equipos nas webs dos programas. O programa MeteoEscolas, que organiza MeteoGalicia, é un programa que se desenvolve en Galicia, e onde 27 Colexios e Institutos colaboran coa rede de MeteoGalicia recollendo datos de temperatura (máxima e mínima), precipitacións e outras variables. É polo tanto un programa local, onde se ven as variacións tan importantes que hai no país, dende a costa ao interior, dende o Cantábrico ao Atlántico, dende o norte ao sur. No programa Globe, onde participamos 8 centros de Galicia e uns 60 de España, introducimos os mesmos datos, pero estes pasan a unha rede mundial, onde podes ter acceso a datos de colexios de todo o mundo que miden, nalgúns casos, moitas máis variables: solos, augas, etc. No cole este ano participamos todas as etapas: desde Infantil ata Secundaria, pasando por suposto por Primaria, e o traballo realizado foi excepcional. Podedes visualizalo na páxina web do cole. Como resumo vos contaremos que os nenos de Infantil apuntan qué tempo fai todos os días, debuxan ou colorean un pictograma segundo o tempo (soleado, anubrado, chovendo) e ao final do mes fan reconto de cántos días de cada tipo houbo. E isto dende os 3 anos!!.

Os de Primaria miden a temperatura actual, máxima e mínima, elaboran as táboas e as gráficas correspondentes, miran a cobertura do ceo, fan documentos semanais e mensuais, traballan cos refráns do tempo, etc . Todo distribuído nos distintos ciclos.

Como exemplo, aquí tedes unhas gráficas feitas polos alumnos de 6º cos datos tomados polos de 1º.

11


ALBARES Ademais os maiores de terceiro ciclo reúnense cos pequenos, os de primeiro ciclo, para ver as gráficas que fixeron cos seus datos.

Nós, os de Secundaria, recollemos os datos da estación meteorolóxica coa que conta o cole, á que podedes todos acceder dende a web do centro.

Alí miramos os datos necesarios para cubrir o documento que elaboramos, ademais de cargar os datos nas páxinas web dos programas. Neste informe poñemos a temperatura actual, a máxima e a mínima do día anterior, a precipitación recollida, a cobertura de nubes e o tipo. Tamén engadimos unha previsión do tempo dos próximos días, tomada de MeteoGalicia. Facemos un documento de texto onde poñemos toda esta información, e logo enviámola ao Concello onde a imprimen e a colocan nas portas do Concello, da Biblioteca e da Casa da Xuventude e se comparte con outra xente que quere lela. Se ti tamén queres recibila todos os días de clase, escríbenos a aresmeteo@gmail.com. Este ano traballamos sobre todo os nen@s de Diversificación, pero o noso plan é que tamén nos axuden os nen@s do primeiro ciclo da ESO aos que ensinaremos a medir. É moi doado e ademais así aprendemos a medir correctamente, e a facer ciencia desde o principio.

Samuel Allegue 4º PDC Andrea Díaz 4º PDC Jorge Gutiérrez profesor 4º PDC 12


ALBARES

CREAMOS POESÍA Os alumnos e alumnas de 2º A fixemos poesías o longo do 2º trimestre. A nosa profe Meli explicounos que hai que seguir uns pasos.

*Primeiro pensamos moito. *Despois escribimos buscando as rimas. *E por último ilustramos con debuxos.

Ao final, a profe Conchi gravounos lendo os poemas e colgounos no blog da biblioteca, a ver que vos parece!. O mellor de todo e que con todas elas fixemos un libro, O noso libro de poesía!.

UNHA ALIMENTACIÓN SA Os alumnos de 2º de Educación Primaria tiveron un primeiro achegamento ao concepto da nutrición e ao coñecemento dos grupos de alimentos que nos permiten elixir aqueles que necesitamos e así crear unha dieta equilibrada e sa. Os rapaces de 2ºA, para coñecer os principais grupos de alimentos e comprender que nutrientes nos achega cada un deles, fixeron un mural coa clasificación dos alimentos en proteínas, hidratos de carbono, graxas e vitaminas. Os nenos de 2ºB, para saber os alimentos que deben constituír a base da nosa alimentación e cales deben tomarse de forma ocasional, elaboraron a Pirámide Alimenticia. Nela, estaban representados todos os alimentos: os que só se deben tomar de vez en cando;os que hai que comer varias veces á semana; e os alimentos que deben tomarse varias veces ao día. Os traballos permaneceron expostos no corredor do primeiro ciclo de E.P.

13


ALBARES COMO NOS GUSTAN OS XOGOS! Os alumnos e alumnas do 1º ciclo de EP fixemos unha saída ao cole d´ A Capela para coñecer algúns xogos tradicionais cos que xa se divertían os nosos pais e avós. Os xogos que máis nos gustaron foron a zorregada co cinto, a chapa e a mariola. Pola contra, o peón e os zancos fixéronsenos moi difíciles. Con todo iso, todos tiñamos que facer o percorrido de xogos completo. A verdade é que pasámolo moi ben!.

O curso pasado fixemos un obradoiro de xogos tradicionais que estiveron nos recreos á disposición de todo o alumnado de Primaria.

A QUE SABE A LÚA? Iso mesmo lle preguntaron os alumnos/as de 3º e 4º da ESO aos pequenos de infantil cando representaron para eles a adaptación do conto A que sabe a lúa?. Neste conto un grupo de animais intentan chegar á lúa e arrincar un chisquiño dela para saber a qué sabe. Despois de trepar uns enriba dos outros, o ratiño consegue acadar un anaco e darlle un trociño a cada un dos seus amigos e, sabedes a que lles soubo?. Pois sóubolles a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles. A verdade é que os pequerrechos de infantil xa tiñan moi claro a que lles sabía a lúa, por unanimidade a lúa, para eles, sabe a queixo!!!.

14


ALBARES

BOMBYX MORI EN 1º CICLO Esta primavera os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de primaria seguimos criando as eirugas da seda. As deste ano xa son as netas das primeiras que coidamos no curso 2010- 2011 e fillas das do pasado curso. Esta experiencia, criar eirugas, permítenos observar a súa apaixonante metamorfose: ovo, larva, crisálida e bolboreta, ademais do tempo en que se desenvolve cada fase, as mudas da eiruga, a súa alimentación e outras moitas curiosidades…Así aprendemos unha morea de cousas sobre elas. No noso blog, http:// parairempezando.blogspot.com.es/, podedes atopar diversas entradas sobre as eirugas e o seu coidado durante os tres últimos cursos.

A PLÁSTICA EN INGLÉS Ola son Icía, alumna de 5º A e este ano estou a cursar a materia de plástica en inglés. A verdade é que paréceme unha boa forma de coñecer máis esta lingua, aprender vocabulario sinxelo coma pegar, cortar, debuxar, as cores… Tamén aprendemos a poñer mellor a data, as estacións, as festas do ano. Seguindo os pasos da nosa mestra aprendemos a facer moitas manualidades divertidas e creativas e así creamos broches, unha das manualidades que máis me gustou. Tamén fixemos froitas, debuxando círculos co compás, cómics utilizando a nosa imaxinación; mezclas de cores utilizando as cores primarias para obter outras; descubrimos novo vocabulario que descoñecíamos . E pensando e pensando…tivemos unha idea, a de facer un mercadiño coas nosas manualidades e así xuntar cartos para a excursión de fin de curso. Grazas !, á nosa titora Marina por prestarnos unha hora, e a mestra de plástica Fifí, por regalarnos a súa hora libre.

Icía Bermúdez Fornos (5º A) 15


ALBARES OS DE 5º VIAXAMOS Á CORUÑA: CONCERTO, DOMUS E PLANETARIO Os alumnos de 5º fixemos este curso unha viaxe á Coruña na que ademais de pasalo moi ben, vimos e aprendemos moitas cousas. Primeiro asistimos a un concerto da Banda Municipal. Era sobre o noso folclore e instrumentos; por certo vimos varios que non coñecíamos. Logo fomos a Domus, xantamos todos xuntos e despois xogamos e experimentamos con moitas cousas: xogo da oca eletrónico, medimos a presión arterial, a forza e outras moitas cousas máis. Pola tarde estivemos na Casa das Ciencias e no Planetario, onde aprendemos o nome de moitas estrelas e constelacións. Pasámolo moi ben.

Laura Domínguez Bujones e Uxía Amorín Gómez (5º A)

VISITAMOS O MUSEO DO HUMOR E O PARQUE VIARIO Neste mes de maio fixemos unha visita ao Parque Viario e ao Museo do Humor. No parque déronnos unha charla sobre educación vial, onde nos explicaron os sinais de tráfico e as normas de circulación para non infrinxir a lei. Ensináronnos tamén a manexar os cars (eléctricos e a pedais) e a cumprir as normas. Logo estivemos no Museo do Humor. Gustounos moito todo o que vimos. Pasámolo moi ben na zona dos espellos e na sala escura. Para rematar fixemos uns cómics e regaláronnos uns lapis. Esta viaxe foi financiada pola ANPA. Dámoslle as grazas polo ben que o pasamos, e tamén aos monitores que nos axudaron.

¡¡GRACIÑAS!!

16


ALBARES

ATA SEMPRE...ELENA

Entrevista realizada polos alumnos/as de 6º B

Este mes de abril a nosa mestra Elena sorprendeunos coa Tes algún recordo especial ou algunha anécdota que noticia da súa xubilación, polo que quixemos facerlle queiras compartir con nós? unha pequena homenaxe con esta entrevista e que nos Anécdotas varias, pero contareivos unha que me contara algunhas cousas dos seus anos na ensinanza. pasou en Moeche. Era o Entroido e cando cheguei a En primeiro lugar queriamos saber cando decidiches que dar clase en oitavo da antiga EXB, vin enriba da cadeira unha tarántula desas que hai para meter querías ser mestra e por que. Desde moi pequena sempre dixen que quería ser mestra, de medo e o único que se me ocorreu foi collela na man e feito xogaba cos meus irmáns ás escolas e sempre era eu a preguntar a quen lle quedara alí. Todos se quedaron de pedra pois pensaban que me ía poñer histérica. mestra. Que sentiches cando tomaches a decisión de xubilarEstiveches en moitos coles antes de vir para Ares? Estiven en tres colexios: no colexio de Pontecarreira en te? Frades, no colexio de Fiñana en Almería, e no colexio de Foi algo imprevisto, sen pensalo; por iso non tiven tempo todavía de facerme á idea. Moeche. Fáiseche raro levantarte e non ter que vir ao cole? E cando chegaches ao noso cole, como te atopaches? Cando cheguei a Ares custoume un pouco adaptarme por- De momento penso que estou de vacacións; non me que eu viña de dar todos os anos anteriores a asignatura imaxino que non vou volver. de matemáticas e aquí tocoume unha titoría de 3º curso. Que é o que máis botas de menos? Pero precisamente esa titoría de rapaces e rapazas foi a Bótovos de menos a vós, o traballo na aula, o bullique me fixo ver a ensinanza doutro xeito e disfrutei dela. cio, os compañeiros..., e ata boto de menos o preparar Esa primeira promoción que tiven en Ares e todas as de- as clases na casa. mais estarán sempre nos meus recordos como a época máis E por último, a que dedicas agora o tempo? De momento teño que asimilar o novo rumbo da mifeliz. Pensas que cambiaron moito as cousas desde que empeza- ña vida e máis adiante penso dedicarme a aprender cousas que me quedaron sen facer por falta de tempo ches? As cousas evidentemente cambiaron moito, cambiaron os ( aprender inglés, restaurar mobles...). Agora mesmo plans de ensinanza, apareceron as novas tecnoloxías...; dedico moitas horas á lectura, que me relaxa e fai que pero o esencial, que sodes vós, os rapaces, non cambiastes. me evada da realidade. Permitídeme que dende aquí vos mande unha aperta Eu sempre digo que os nenos sempre seredes nenos. Que che resultaba máis difícil e tamén máis gratificante e un bico, non só para vós, que fustes os últimos alumnos/as que tiven, tamén para todas as promona túa profesión? Difícil na ensinanza hai moitas cousas. Difícil ás veces é cións de alumnas e alumnos que tiven en Ares. o trato con algúns pais que non aceptan que o seu fillo ou E nós queremos darche as grazas en nome de todos filla teña algún problema de aprendizaxe. Gratificante no pola túa dedicación e por todo o que nos ensinaches. GRAZAS ELENA, E ATA SEMPRE! ensino tamén hai moitas cousas: gratificante é ver como os teus alumnos aprenden con alegría, velos felices nas clases, investigando, falando... Pois todos os que estivestes comigo sabedes que me gustaban as clases movidas e participativas. Tamén me enche o corazón ir pola rúa e ver un rapaz/a achegarse a min con un “ ola profe!” E que materias son as que máis che gustaba impartir?Ao principio a miña asignatura preferida sen dúbida eran as matemáticas. Dende que estiven en Primaria disfrutei moito coas clases de lingua, plástica,coñe… 17


ALBARES O RAP DA DESPEDIDA Como pasa o tempo!!. Os alumnos e alumnas de 6º B despídense de Primaria con este “Rap”. Esperamos que sigan rapeando asi de ben na nova etapa que comezan na ESO.

18


ALBARES

OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA ACHEGANSE Á “OP ART” Neste curso, en segundo de primaria, estivemos aprendendo moitas cousiñas de arte e de artistas. Por exemplo, coñecemos unha pintora moi especial “Bridged Riley”, unha das impulsoras da Op-Art (arte óptico). Foi estupendo xogar e investigar!. Aprendemos que co uso das cores contrastadas e das formas xeométricas se poden lograr efectos ópticos moi chulos. Os cadros parecen moverse. Mirade algúns dos exemplos que creamos na clase simulando a Op Art.

DECORANDO AS PAREDES CON MURAIS No 1º ciclo de primaria somos moi afeccionados aos murais. Con eles podemos decorar o noso escuro corredor e a pouco atractiva entrada do colexio. Ademais é un traballo en equipo dos catro cursos, planificamos e realizamos os murais asumindo distintas funcións e colaborando para acadar un fin satisfactorio. A realización dos murais permítenos coñecer diferentes códigos artísticos, utilizar técnicas e recursos variados, axudános tamén á percibir e a comprender o mundo que nos rodea así como a ampliar as posibilidades de expresión e comunicación. Facemos murais de todos para todos.

19


ALBARES MIL COUSAS PODEN PASAR Este curso tivemos a oportunidade de ler o libro de Jacobo Fernández “Mil cousas poden pasar”. A verdade é que nos gustou moito porque era de aventuras. Entre os personaxes fíxonos moita graza o cocho Isaías. Cando veu Jacobo, o seu autor, ao noso colexio, fíxonos dous fantásticos e preciosos debuxos que nos encantaron. Un deles era Hedión e o río Inrique. Hedión, o personaxe malvado, fíxonos moita graza porque estaba enfadado. Dedicounos estes debuxos aos de 5º e 6º de primaria. A charla de Jacobo estivo xenial. O seu traballo como escritor e ilustrador parécenos moi difícil. Aínda non limos a segunda parte do libro pero cremos que nos gustará tanto como a primeira.

Estes son algúns dos debuxos do libro “Mil cousas poden pasar”.

Alba e Rocio, alumnas de 6º, fixeron un cómic dun dos capítulos que máis lles gustou do libro de Xacobo. A que lles quedou precioso!!! 20


ALBARES

VISITA AS BRAÑAS DE VALGA As Brañas de Valga están situadas no concello de Mesía(A Coruña). Neste parque hai bosques de carballos e salgueiros. Tamén hai árbores como:ameneiros, sabugueiros,acivros... e animais como: escaravellos acuáticos ,ratas de auga, ras vermellas, limpafontes, lontras, lavancos, xabaríns e garzas. Este espazo era antigamente unha barreira, e fai cinco anos o concello recuperouno para formar un museo e unha aula da natureza. Hoxe en día hai tamén unha barreira na proximidade onde cada día dúas empresas que fabrican tellas e ladrillos extraen o barro suficiente para a súa fabricación. Na entrada hai un local social. No seu salón de actos a monitora mostrounos unha presentación da flora e fauna que íamos a ver a continuación. Despois baixamos ao museo onde, nunha planta subterránea, fomos a ver unha exposición sobre os traballos e utensilios para a elaboración do barro. Na superficie do museo fomos a unha sala desde onde vimos a antiga barreira. Despois fomos a ver unha exposición de figuras e obxectos de barro de toda Galicia, que fabricaban as empresas antigamente. Fixemos tamén unha visita guiada arredor da pequena lagoa (que é a antiga barreira cuberta de auga ) para ver a fauna e a flora que alí había, facendo un circuíto onde, cada vez que atopabamos uns ladrillos, a monitora dábanos unha explicación. Por último fomos ao laboratorio a xogar e modelar figuras con barro. Logo comemos, xogamos no parque e levámonos as figuriñas que creamos para á casa. Xa de volta, pola tarde, fomos a Santiago a ver a Catedral e o Museo do Pobo Galego. Sofía Mª Pena Martínez. 6ºA.

O ARCO DA VELLA DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS Os nenos e nenas de 4 anos A fixemos un Arco da Vella, mesturamos cores e pintamos con pincel. Dedicámoslle unha poesía: ARCO DA VELLA NON FUXAS DE AQUÍ QUE AS NENAS E OS NENOS DE ARES TE QUEREN AQUÍ.

21


ALBARES HOMENAXE A ANTÓN CORTIZAS Este curso, desde a biblioteca e coa colaboración do departamento de Dinamización Lingüística pensamos en facerlle a nosa particular homenaxe a un escritor e mestre de Ferrol que leva moitos anos dedicándose aos nenos: Antón Cortizas. Foron moitas as actividades propostas o longo do curso para realizarmos esta homenaxe. Lemos algúns dos seus libros: Rosalía e os equinodermos , Historias e algún percance todas ditas en romance , Vaia tropa!, O lapis de Rosalía , Sopla en este agujerito. Cada libro leuse nun ciclo dende E.I. ata o 3º ciclo de E.P. Os alumnos/as de 1º ciclo cantaron unha das suas panxoliñas con Lara, a mestra de música, no festival que realizamos todos os anos por nadal. Coincidindo co Día Mundial da Poesía o 21 de Marzo, editamos un video que colgamos posteriormente no blog, no que os alumnos de 5º curso de E.P. realizaban unha lectura compartida do Romance do Misterio da sopa, pertencente ao seu libro Historias e algún percance todas ditas en romance. Elaboramos, tamén, unha adaptación en power point do libro O lápis de Rosalía con música do cuarteto de corda The Bass Gang, interpretando Swing K-1000 de Simón García, para que os alumnos e alumnas de 5º curso llelo representen ao resto do alumnado. Os nenos e as nenas realizaron un pequeno traballo de “investigación”, indagaron na biografía do autor e, a partir disto, crearon debuxos e caricaturas de Antón Cortizas e dalgún dos seus libros, realizaron resumes das súas obras... Todo o material creado polos pequenos e pequenas colocouse nun mural na entrada do centro. O día 29 de maio, esperamos a súa visita e aínda que trae pouco tempo intentará repartilo entre todo o alumnado de primaria. Gracias Antón polo teu tempo e dedicación

Conchi Cambeiro. Coordinadora da biblioteca Carabela

22


ALBARES

MODELANDO ARES

23


ALBARES EDUCACIÓN, CULTURA E COMUNIDADE

Por Carmen Canedo. Profesora de infantil

Cada novo curso retomo a idea de analizar o papel da Educación no contexto actual. Cal é a súa función máis relevante, máis necesaria. E sempre chego á mesma conclusión: a convivencia. Nun entorno cada vez máis individualista, onde hai menos criaturas nas familias -unha boa parte non teñen irmáns, pero cada vez hai máis que tampouco teñen curmáns- faise imprescindible un espazo para a convivencia entre iguais, para medrar en comunidade. Non debe ser un lugar de encontro só para as nenas e os nenos senón tamén para as súas familias. Cada día, cando levan os seus fillos ou netos ao cole, teñen ocasión de falar, de compartir experiencias, dúbidas, problemas. As celebracións dos aniversarios, as actividades escolares nas que poidan participar, as reunións das ANPAS dos centros, son momentos de encontro e comunicación con un tema sempre presente: a crianza e a educación dos nosos pequenos, os de todos. Certo é que hai outros obxectivos que debemos ter en conta. Pero convivir nun entorno no que cada un ten o seu espazo, onde todos podemos aportar, todos somos necesarios, todos somos apreciados e respectados, é a mellor aprendizaxe para a vida. Aprender xuntos a facer, a pensar, a entender e compartir as nosas emocións. É moi importante ofrecerlles un entorno no que se sintan seguros, protexidos. Pero tamén que lles propoña retos, que lles permita tomar iniciativas, equivocarse e probar de novo, desenvolver as súas habilidades motrices, cognitivas, afectivas. Aprender que entre todos, todo é máis fácil; que o que é de todos, hai que coidalo aínda máis que o que nos pertence a cada un; respectar os materiais, os espazos; respectar sobre todo as persoas. Convivir. E convivindo aprendemos, medramos en todos os aspectos. Somos comunidade e compartimos unha cultura, unhas tradicións, uns costumes. Todo isto ten que estar presente na escola, ser motivo de análise, de estudo. O noso, o máis próximo, é o que nos axuda a formar a nosa identidade, a saber quen somos e de onde. E desde aí poderemos proxectarnos ata onde cada un de nós desexe.

Cada vez vivimos nun mundo máis globalizado e faise máis necesario asentar ben as nosas raíces. Neste contexto a lingua é un elemento fundamental. Nunca entenderei por que tantos galegos renuncian á nosa lingua, perciben o seu estudo como algo obrigado e inútil, algo imposto. Cando é o patrimonio cultural máis importante que temos, soporte da nosa literatura, das nosas músicas; elemento vivo de unión e comunicación. A escola pública, a de todos, debe ser quen de ofrecer un lugar de encontro, de reflexión, de oportunidades, de descubrimentos. Un lugar onde se alimenta a curiosidade por todo o que nos rodea. Debe ser integradora e fomentar a colaboración. Neste momento desde o goberno están a presentarnos un proxecto de lei, a LOMCE, que presume de buscar a excelencia esquecendo principios fundamentais como a formación integral, a atención individualizada, a formación do espírito crítico, a participación e colaboración en grupo. Unha lei feita exclusivamente para acadar mellores resultados nuns informes elaborados desde fóra, que nada teñen que ver connosco, que non respectan as bases de calquera avaliación, non teñen en conta a realidade dos centros, as características dos grupos, dos individuos. E que, se non o remediamos, serán os que determinen a actividade das aulas. Traballaremos para acadar mellores resultados neses informes, non para formar mellores persoas, mellores cidadáns. O mundo ao revés. Así as cousas, o papel da escola como lugar de encontro e convivencia, de afirmación da identidade individual e como membro dunha comunidade-, de achegamento á nosa cultura, de reflexión sobre o noso entorno, faise máis necesario. O desenvolvemento de habilidades sociais para relacionarse desde a franqueza e o respecto, a curiosidade polo outro, a sensibilidade diante dos problemas da comunidade e a participación activa para contribuir a resolvelos, deben ser obxectivos presentes. A capacidade de aprender e a curiosidade natural das nenas e dos nenos por todo o que os rodea son o mellor recurso co que contamos. Ofrezámoslles un espazo axeitado para que se desenvolvan. 24


ALBARES

CONTOS NO DÍA DA PAZ Antano hai xa moito tempo nos días en que non existían os dragóns... Así comeza “O nacemento do dragón”, como esas historias que dan calor. Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia. A historia baséase nos animais sagrados que protexían aos habitantes da China, e que provocaban as guerras entres eles, pero entón, os seres máis intelixentes á vez que inocentes do planeta, os nenos e as nenas, crearon o dragón, unha unión entre todos os outros animais e que xerou que todo o mundo estivese de acordo por unha vez e reinase a paz entre eles. Por iso o DRAGÓN simboliza en China a paz. Aos pequerrechos gustoulles moito e gozaron coa representación dos maiores, que estivo adornada pola estupenda recreación dos animais que foron feitos no taller de plástica polos alumnos de 4º e a súa profe Marisa. Para rematar a representación, os alumnos e alumnas de 4º de música, dirixidos pola súa profesora Teresa, interpretaron “O inverno”, unha peza de Vivaldi.

25


ALBARES Aquí tedes a crónica de Marina , alumna de 4º ESO, sobre este evento.

O NACEMENTO DO DRAGÓN Cando a nosa profesora de E.P.V, Marisa Areal, nos propuxo participar nun conto musical para amosalo no día da paz, non estabamos moi convencidos, pero a medida que foi avanzando o proxecto tomou forma. O noso papel era crear unhas figuras de animais para ambientar a historia, e que os nenos e as nenas de infantil tiveran unha experiencia máis enriquecedora, e tiñamos que amosalos a medida que ían sendo nomeados no conto. O primeiro que fixemos foi decidir a técnica que iamos empregar; barallamos varias posibilidades: un collage, unha simple silueta, marionetas de trapo, móviles... Ao final, mesturamos a técnica do collage e a da silueta. Repartimos o traballo coas distintas figuras, un peixe, un paxaro, unha serpe, un búfalo, un cabalo, os cabaleiros, e o máis importante, o dragón. Recortamos as siluetas e mais as cartolinas, aplicamos a pintura negra, fixemos o collage con papel de cores transparente, cubrímolo todo con verniz, e quedou estupendo. Despois diso, comenzaron os ensaios coa clase de música de 2º. Alí faciamos as aparicións coas siluetas ao ritmo da música, mentres os compañeiros lían por separado un parágrafo do conto. Por outra parte, os alumnos de cuarto tamén participamos no ámbito musical, interpretando o Inverno de Vivaldi coas flautas.

O ensaio xeral foi un pouco complicado, porque aínda estaba todo moi verde, e algúns dos alumnos que participaban encontrábanse mal, pero, por fin, o día da verdade, o éxito foi inmenso. Os alumnos quedaron encantados e a interpretación, aínda que quedaran algúns matices, estivo francamente ben. Con todo isto, estase a preparar unha segunda interpretación do conto para os alumnos de primaria debido ao traballo impecable que fixeron todos os alumnos e o departamento de Dinamización Lingüística. Marina García Canedo. 4º ESO 26


ALBARES

CONCURSOS NO COLE O PREGUNTÓN O Preguntón é un concurso que facemos no noso colexio. Nel hai que contestar a catro cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo... Saen os martes e temos ata o luns seguinte para entregalas. Para concursar facemos grupos de dúas persoas e cada grupo poñémonos un nome. É entretido porque xúntaste co teu grupo para buscar as solución e pasas un rato divertido. Cando xa as tes buscadas, escribes nun papel o nome do grupo e as respostas de cada unha das preguntas semanais. Para entregalo temos que ir á biblioteca do colexio e metelas nun sobre laranxa que pon: “O Preguntón”; logo para saber as puntuacións temos unhas cartolinas amárelas nas que están os nomes dos grupos participantes e alí póñense as puntuacións. Por último temos unha mascota que é un OVNI (obxecto voador non identificado). A verdade é que “O preguntón” é moi divertido .

Sara. 5º Primaria

ANA E RAQUEL, GAÑADORAS NOS CONCURSOS DE RELATO CURTO Ana Martínez (1º ESO) e Raquel Rivera (2º ESO) recibiron os premios de relato curto “Concello de Ares” e “Concurso Coca-Cola de novos talentos”, respectivamente. En hora boa as dúas polos premios acadados!!

27


ALBARES GAÑADORES AUTONÓMICOS DO 29 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE Por segundo ano consecutivo un grupo de alumn@s do noso cole quedan gañadores do Concurso Escolar Once. Este ano baixo o lema “A cápsula do tempo: a aventura de construir o futuro”, Judith Rouco, Laura Pita e Sara Martínez, alumnas de 3º ESO, baixo o nome de “As cambiaconciencias”, imaxinaron como sería a sociedade do mañá en relación á discapacidade e á igualdade de oportunidades. E a verdade é que o deberon de facer moi ben xa que foron elixidas para representar a Galicia, na súa categoría, e competir co resto das comunidades autónomas. Tamén participaron no concurso o grupo “Aresáns solidarios”, formado por Antonio Lemos, Felipe Crespo, Ainhoa Somorrostro e Lucía Buyo que, aínda que non gañaron, fixeron un estupendo traballo. En hora boa a todos e cada un deles. A través de este Código QR podedes acceder ao vídeo gañador.

SAÍDA A VILA DE AROUSA O día 26 de Abril, os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos ao II encontro de alumnos de música. A saída foi as 9:30 unha viaxe de hora e media. Pode que algúns estiveramos nerviosos (o polo menos eu). Non sabíamos co que nos iamos atopar cando chegáramos as 11:00 a VilaGarcía de Arousa. No Auditorio municipal atopámonos con diversos centros, quince se mal non recordo. A presentadora procurou que o ambiente fose o máis relaxado posible. Lembro que algúns centros fixeron un bó traballo, por exemplo: un dos centros fixo un rap, outros cantaron e tamén expuxeron de fondo algunhas fotografías, igual ca nós que levamos de fondo unha presentación de imaxes de Ares. Cando chegou o noso turno estábamos nerviosos, e volvo a repetir “polo menos eu”. Tocamos a melodía do Esplendor e tiñamos preparado tamén parte do himno galego. A algúns ata nos custou recordar de novo a letra. Despois de nós, seguiron actuando outros institutos e ao remate a presentadora fixo que todo o mundo se levantase e… todo aquilo converteuse nuha festa: rapaces bailando, cantando, outros observando, mesmo houbo algúns que subiron ao escenario. A continuación, fomos a Illa de Arousa a xantar. Hai que dicir que a Illa é moi fermosa. Aproveitando o tempo que tiñamos antes de regresar, algúns sacaron fotos cos seus amigos, outros aproveitaron para ir a comprar, etc. A volta resultounos un pouco cansa pero iso si, parece que a presentadora contaxiou a súa tolería porque regresamos rindo, cantando, e charlando animadamente cos compañeiros. Todo foi moi divertido. Laura González. 4ºPDC 28


ALBARES

Quelques souvenirs et beaucoup de projets avant le départ …

Les élèves de français des classes de seconde A et B se souviennent de leur arrivée au collège en septembre 2009 et nous font part également de leurs projets. Quand je suis arrivé au collège, j’avais peur parce que mes amis m’avaient raconté que c’était difficile de réussir avec certains professeurs... Maintenant, je suis plus tranquille, je pense que je vais réussir tous mes examens et que je vais aller au lycée à Mugardos où je serai avec d’autres personnes de Franza (Martin).

Quand je suis arrivé au collège, j’ai commencé la cinquième avec beaucoup d’illusion, avec l’une des meilleures générations de professeurs mais j’avais peur parce que j’étais le plus petit… Quand j’irai au lycée à Mugardos, je me sentirai content et heureux parce que certains professeurs me fatiguent un peu déjà, j’échapperai à ma sœur, je connaîtrai d’autres personnes et je commencerai le « bachillerato » (Marcelo).

Quand je suis arrivée au collège en septembre 2009, je pensais que j’étais grande parce que je rentrais en cinquième. Je ne connaissais pas mes copains et j’étais très nerveuse mais finalement j’ai passé une bonne année. Tout le monde était grand et j’étais petite, mais, maintenant, je suis plus grande et, en même temps, je suis plus mûre (Marta, Fátima D., Marina, Silvia, Fátima B. et Lorena).

29


ALBARES

Quand je suis arrivée au collège, j’avais un peu peur à cause des nouveaux professeurs et des nouvelles matières. Mais, maintenant, je suis heureuse de terminer cette étape de ma vie (Yaiza). Quand je suis rentrée en cinquième, je ne savais pas comment tout allait se passer. Quand j’étais en primaire, je voyais toujours le bâtiment de secondaire comme quelque chose de bizarre, plein de grandes personnes et nous étions si petits… Et maintenant que nous y sommes, je pense que certains professeurs vont me manquer, mais être mûr, c’est dire au revoir à certaines choses de la vie pour en recevoir d’autres qui peuvent être meilleures (Laura).

À Silvia, Lorena, Yaiza, Laura, Martín, Miguel, Sergio, Rita, Fatima B., Marcelo, Verónica, Fátima D., Tomás, Iván, Marta et Marina , merci de partager ces impressions avec nous. Merci aussi de votre patience et je vous souhaite à tous beaucoup de réussite, de succès et de bonheur (Eva). 30


ALBARES

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO Como xa sabedes tod@s este ano Roberto Vidal Bolaño foi o autor elixido pola Real Academia Galega para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas. No noso cole tamén quixemos lembrar a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización

dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores e escritoras galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras. Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con todas as creacións decoramos as portas das nosas aulas. Tamén realizamos murais e contos ilustrados. Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio. Aquí tedes algúns dos magníficos traballos!!!

31


ALBARES Tomás e Iván de 4º da ESO, fan un repaso á vida e obra de Vidal Bolaño.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO A VIDA é TEATRO Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, abandonando a cartela de afeccionado que tiña o teatro. En Roberto Vidal Bolaño, a relación entre o teatro e o cinema e a concepción rupturista do espazo teatral e do decorado estarán presentes en cada un dos seus textos, en cada unha das súas montaxes, en cada dramaturxia. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non desmellorou en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego. Adaptación da entrada da BVG.UDC. Tomás e Iván. 4º ESO

32


ALBARES

O RECUNCHO DA LECTURA Ola son Laura alumna de 4º PDC e nesta sección, vouvos mostrar as miñas recomendacións dalgúns libros moi interesantes que podedes ler. ¡Buenos días, princesa! Raúl está farto de relacións curtas; Valeria non é capaz de confesarse ao rapaz que a volve tola; Elisabet intenta roubarlle o rapaz a Valeria; Bruno ten que soportar unha amizade indesexada; Ester ten un escuro segredo tras a coraza de amabilidade e Meri ten un segredo moito máis escuro que Ester. Estes seis rapaces fundaron o Club dos Incomprendidos xa fai dous anos, e se enfrontan a un enimigo moi perigoso que os esta separando … a distancia. Este libro o lin recomendado por unha compañeira de clase, primeiro lin o resumo e como o vin interesante pedinllo prestado, pero según fun lendo a historia dinme de conta de que me sentía indentificada con algùns dos personaxes. No sonrias que me enamoro É a continuación de “¡Buenos días, pricesa!”. Raúl e Valeria xa levan case ano e medio xuntos, e Raul esta conseguindo o seu soño ser director de cine; Bruno e Ester volveronse inseparables, pero a situación vólvese incomoda por momentos; Meri atopou a alguén coa que pode ser ela mesma; Elisabeth desapareceu da Terra e logo está Alba unha rapaza que só busca o seu lugar no mundo. Esta continuación a lin pola miña conta, enganchoume moitísimo, máis ca primeira parte. Porque hai traizón, amor, odio, amizade e, sobretodo, perdón.

O CINE NO ENSINO: UNHA EXCUSA PARA PENSAR Imos a falar dentro dá sección Cine no Ensino dá película “Doentes”, baseada na obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. “Doentes” conta a historia de perdedores e noites de melancolía, de dous homes nos anos 50 en Galicia e, en concreto, en Santiago de Compostela. Valeriano e Cañete, dous personaxes que se complementan nun escenario único, a Compostela da post-guerra. O desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo, enche as rúas de Santiago de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Ocorre que a noite é negra, como o futuro, como o corazón dos homes, como o país, e vólvese longa, moi longa. Así, unha desas noites de apracible vagabundeo, convértese nunha tola carreira pola supervivencia de dous estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá. Doentes é unha película "cento por cento" galega, o que non é habitual no cine. Gravada en escenarios tan fermosos como Santiago de Compostela, Pontedeume, Lugo ou o Mosterio de Sta. María de Ferreira de Pallarés. Desde esta sección recomendámosvola. Non deixedes de vela. 33


ALBARES ATA SEMPRE CONDE DE FENOSA Neste ano 2013, os alumnos de 4º da ESO finalizamos unha longa etapa no CPI Conde de Fenosa, a nosa casa durante tanto tempo. A partir de agora comezaremos unha nova singradura na que teremos máis responsabilidades e máis obstáculos, pero non quero deprimir a xente e intentarei que este artigo de despedida sexa animado. Lémbrome cando comezamos. Eramos uns nenos pequenos que entraban por primeira vez neste centro. Seguro que ao principio algúns estarían contentos por comezar o cole, outros enfadados por pasar de estar todo o día na casa a ter que ir á escola e, mesmo tamén, algúns terían medo xa que non sabíamos que iamos facer nese lugar. Infantil… ¡Que boa vida! Xogabas todo o tempo, aprendías o básico e, o máis divertido para min, os contacontos!. Visto desde a perspectiva actual, que axiña pasou o tempo ata chegar a primaria!. Buah!, xa comezamos a subir de nivel o que implicaba ter deberes e máis tarefas. Estabamos seis horas sentados nunhas cadeiras atendendo ao profesor, un recreo que nos deixaba vinte minutos para poder respirar aire fresco e exercitar un pouco o corpo. E a aparición dos exames que ata o de agora non existían para nós. Despois do paso por Primaria chega a Secundaria. Que coñazo! Toda a mañá sentados nas aulas e dúas horas pola tarde os luns. Encontrámonos con máis profesores ca en Primaria, máis exercicios, máis exames, dous recreos de dez minutos que, perdoando a expresión, non che daban tempo nin para ir ao “retrete”. Volvendo aos profesores, teño que dicir que as veces rachabamos contra eles polo que nos facían traballar ou os exames que nos poñían, pero aínda que a moitos non llelo pareza, preocúpabanse por nós e intentaban que aprenderamos para saír o mellor preparados posible cara ao futuro. Pero en todos estes anos teño que recoñecer que non todo foi estudo. Realizamos saídas , excursións, festivais, convivimos… Despois deste longo percorrido e, grazas ao noso esforzo e motivación, así como á dos profesores que nos axudaron a que chegaramos ata aquí, seguimos o noso camiño na vida. Seguro que moitos xa terán pensado o que facer: bacharelato, ciclos formativos… Pola miña parte espero que consigades todo o que vos propoñades, superar os obstáculos e cumprir os vosos soños. Aproveitade o verán, pasádeo o mellor que poidades e… SEDE FELICES!!! Laura González. Alumna de 4º PDC

34


ALBARES

PROMOCIÓN 2013 Desde o CPI Conde de Fenosa, desexámosvos que teñades un futuro maravilloso cheo de felicidade, éxitos, entusiasmo e...bos recordos deste voso cole. Con todo o cariño dos vosos profesores/as e compañei@s.

Moita sorte!!!.

35


ALBARES

36


ALBARES

37


ALBARES

38


ALBARES

AS NOSAS POESÍAS Un home moi gordo que vive por Miño, percorre tranquilo calquera camiño, máis como é tan gordo, se atranca no medio, e a xente que o atopa non ten máis remedio, que saltar por riba do gordo do Miño.

Aquel futbolista, o nome non digo, custoulle un pastón ao Celta de Vigo. Tan caro custou que, entre partidos, o teñen pechado aló en Balaídos, nunha gran vitrina gardado ao abrigo.

As estrelas están ao carón do sol, xogan ao fútbol cos astros e sempre meten gol!!, e están no espazo exterior.

As estrelas preto do sol queiman un montón e fan constelacións.

e ras do hom u t n e v a s A ado oi afortun m a r e e u q O home ado. oi desanim m a b a t s e logo pla dunha ram u e a c o g o L mpa. nunha tra u e a c o g e lo a unha parr u o r t n o c n . Logo e a guitarra o d n a c o t arra e unha cig o u un pilot o r t n o c n e Logo terremoto. n u d u o lv que o sa 39


ALBARES PASATEMPOS ADIVIÑA OS XEROGLÍFICOS

ATOPA AS OITO DIFERENCIAS

40


OS NOSOS BLOGS

ALBARES: Revista Escolar Edita: EDLG do CPI “Conde de Fenosa” Ares, Xuño 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.