EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano
DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez
RESPONSABLE DE PROMOCIÓN: Juan Ramón Díaz DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015
EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano
DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez
RESPONSABLE DE PROMOCIÓN: Juan Ramón Díaz DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015
A Casa da Quenlla, SC
Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es
A Cesta da Saúde
Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es
A Despensa do Avó Francisco
R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 042 056 - 653 985 961 info@adespensadoavofrancisco.com
As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es
Consumo Consciente Árbore
R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org
D´Aldea
Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com
Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230
Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com
Ecotenda78
R/ Venezuela, 78 15404 Ferrol (A Coruña) 881 122 675 info@econtenda78.com www.ecotenda78.com
Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es
Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com
Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es
Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es
Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com
La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com
Oibio
R/ Doctor Fléming, 55, baixo 32003 Ourense 988 619 952 www.oibio.es
Puro Bio R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@ purobio.es
Tenda Bio-Casa Xorxeira R/ Waldo Álvarez Insua s/n Praza de Abastos 36670 A Estrada Pontevedra 660 804 298 casaxorxeira@gmail.com
Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com
Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo Pontevedra 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com
Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com
Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com
A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com
Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com
Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es
Restaurante Berso Rúa do Progreso, 12 27460 Sober Lugo 982 257 816 www.berso.es
Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es
Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com
Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com
Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com
Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es
Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 405 portasantiago@mundo-r.com
Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com
O Consello da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) celebrou o 23 de setembro o seu 25.° aniversario nun acto que uniu diversas autoridades e operadores e no que non faltaron a música nin a representación de produtos ecolóxicos galegos. No marco desta cerimonia, foron homenaxeados os cinco primeiros operadores inscritos: Cooperativa Santa María de Loureiro, Alibos Galicia, Verín Biocoop SCG, Jesús Boán Méndez e Miguel Areán e Hijos SL.
A cerimonia do XXV aniversario do Craega, que tivo lugar no complexo rural lucense A Parada das Bestas (Pidre, Palas de Rei), coincidiu coa celebración do Día da Agricultura Eco lóxica da Unión Europea, que se fixou o pasado ano para o 23 de setembro.
O actor galego Luis Iglesia foi o encargado de conducir o evento, que arrancou coas intervencións das autoridades. O presidente do Craega, Francisco López Valladares, estivo
acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José Gonzá lez; polo director da Axencia Galega da Calidade Alimenta ria (Agacal), José Luis Cabarcos; pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; pola conse lleira do Mar, Rosa Quintana; polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, ademais doutras autoridades autonómicas, provin ciais e locais que tamén asistiron como convidados.
subiu de 945 a 1.523, isto é, 578 máis (+61 %); finalmente, tamén lembrou que o volume de negocio mostrou unha evi dente tendencia á alza, xa que hai cinco anos se facturaron preto de 42 millóns de euros, e en xuño deste ano rozaron os 113 millóns, é dicir, o aumento foi de máis de 70 millóns de euros (+170 %). Con estas cifras, considera que deron “a misión por cumprida”.
Tras agradecer a presenza dos tres conselleiros asistentes a este evento, o presidente tamén aproveitou para advertir que aínda queda “moito camiño por percorrer” e que “hai que arrimar o ombro” para cumprir coa axenda da Unión Europea, que esixe para o ano 2030 que o 25 % de superficie agra ria útil (SAU) sexa de produción ecolóxica. López Valladares tamén lles deu as grazas a todos os convidados, aos antigos presidentes, a todas as institucións e ao equipo humano e congratulouse de estar celebrando o seu cuarto de siglo no primeiro Día da Agricultura Ecolóxica da UE.
Abriu a rolda de intervencións López Valladares, quen lem brou o seu propio comezo coma un dos primeiros operado res, hai 23 anos e, a continuación, recordou as palabras do anterior presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que na súa presentación no vixésimo aniversario do Craega lle pedira medrar un 20 % a produción ecolóxica. Apoiándose no cadro de datos comparativos entre os anos 2016 e 2022, o presidente do Consello amosouse moi satisfeito por “ter feito os deberes”, pois o balance nese período arroxou unha dinámica ascendente nos piares fundamentais, pasando de 27.716 hectáreas ecolóxicas ás 45.510, é dicir, a superficie ecolóxica galega incrementouse en 17.794 ha (+64 %); en canto ao número de operadores ecolóxicos, a lista de inscritos
A continuación tomou a palabra o presidente da Deputa ción, José Tomé, quen destacou o Craega coma “un elemento clave para a evolución do sector”, e manifestou a importancia do “valor engadido que significa a produción ecolóxica para o sector primario” e animou a seguir traballando.
A terceira en intervir foi Rosa Quintana, a titular da Conse llería do Mar, quen, tras darlle os parabéns ao equipo de hoxe e do pasado, agradeceu o compromiso adquirido coa terra e co mar, “máis verde e máis azul” grazas ao seu labor destes 25 anos e, como representante da Administración pública, comprometeuse a seguir traballando polo subsector eco do mar: “Galicia seguirá sabendo a mar”, apuntou no final da súa charla.
Tras ela, subiu á palestra Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, quen tamén se sumou aos parabéns e deulle as grazas ao Consello por “facer de Galicia un lugar mellor” e convidouno a continuar neste camiño para “alcanzar a excelencia”.
Pechou a rolda de intervencións José González, o conse lleiro do Medio Rural, quen no seu discurso puxo o foco na importancia do labor da agricultura ecolóxica para impedir os incendios do noso territorio e recordou que, tras acadar as case 46.000 ha de superficie agraria en ecolóxico, o “gran reto é mantelas”. Así mesmo, apuntou dous grandes obxecti vos máis: reverter o abandono da terra e cumprir a normativa que impón Europa de conseguir chegar a producir o 25 % da superficie agraria en ecolóxico.
O Craega rendeulles unha homenaxe aos cinco operadores máis veteranos, pois foron partíci pes do nacemento deste Consello. No transcurso do acto proxectáronse vídeos coas declaracións dos cinco empresarios, que recibiron cadanseu galardón en recoñecemento a todos estes anos de traballo.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, entrégalle o galardón a Xesús Quintá, representante de Alibos Galicia
Pola súa banda, a entidade Alibos Galicia (Monterroso, Lugo) dispón en ecolóxico de castañas conxeladas a granel e en puré. O seu representante, Xesús Quintá García, reme morou o seu inicio: “Para nós foi unha oportunidade, xa que moitos clientes estranxeiros nos demandaban produtos eco lóxicos” e congratulouse de que o seu proxecto continúe a medrar a escala internacional.
A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro (O Irixo, Ourense), con Antonio González Bernárdez á fronte, empezou a certificar quefir, queixo fresco e iogur natural. González Bernárdez fixo fincapé nas inspeccións que fan dende o Consello para outor gar o selo: “Isto fai que se presente un produto de calidade e extraordinario para a saúde”.
O alcalde Palas de Rei, Pablo Taboada, entrégalle o galardón a José Luis Vaz, presidente de Verín Biocoop SCG
Verín Biocoop SCG (Verín, Ourense), dirixida por José Luis Vaz, é outra das primeiras firmas co selo do Craega. Esta coo perativa certifica carne de caprino, ovino, vacún e hamburgue sas de tenreira. “Para min foi unha honra meterme na produción ecolóxica, traballar co Craega e ver que xa temos uns resultados interesantes despois de percorrer este proceso”, sinalou Vaz.
Miguel Areán e Hijos SL (Chantada, Lugo) tamén forma parte da lista máis antiga. Baixo a firma comercial Naiciña, Miguel Areán e o seu fillo Miguel Ángel Areán producen castañas conxe ladas a granel, en caldo de azucre, en puré, en crema, precoci das e en fariña. “Levamos 25 anos traballando co Craega e cada día temos máis vendas, hai máis futuro”, apuntou Miguel Areán.
O quinto homenaxeado foi Jesús Boán, outro produtor de castañas que traballa dende Taboada (Lugo), quen se mostrou moi satisfeito por producir castaña en ecolóxico e declarou que “merece a pena, pero oxalá houbese máis xente e máis interese en promover este tipo de produtos, que son excelen tes e sans”.
Tras os discursos oficiais e a entrega de premios, os convidados gozaron dun día festivo, no que puideron saborear un menú a base de petiscos elaborados con produtos eco in situ por María Varela (A Parada das Bestas), Álvaro Villasante (restaurante Paprica, Lugo), Martín Mantilla (restaurante Berso, Sober, Lugo), Criselda Iglesias (Tapería Lecer, Cangas do Morrazo, Pontevedra), Héctor López (restaurante España, Lugo) e José Manuel Mallón (Espazo Gastronómico Remollo, Ames, A Coruña). Foi un xantar que estivo amenizado polas actuacións de The Sar Swing Quintet, Marcos Váz quez e Mekanika Rolling Band.
Así mesmo, co obxectivo de darlle máis visibilidade a produción ecolóxica galega que conta co selo do Craega, durante todo o acto púidose ver unha mostra significativa de produtos que achegaron algúns dos operadores que se integran na entidade.
O Consello agradécelles a todas as autoridades a súa presenza neste acto conmemorativo, así como aos operadores que se achegaron a celebrar o cuarto de século, posto que sen eles todo isto non sería posible. Tamén lles dan as grazas a todas as persoas que se encargaron da organización da cita na Parada das Bestas e aos músicos que puxeron a banda sonora a esta xornada.
Nesta reportaxe facemos un repaso polas diferentes áreas do Craega para lembrar o seu nacemento e analizar como foi o seu crecemento, algunhas das actividades realizadas ao longo destes anos e cales son os seus principais obxectivos. Botamos unha mirada ao pasado e destacamos algúns dos datos máis relevantes destes 25 anos de historia.
A Unión Europea define a agricultura ecolóxica como un método de produ ción cuxo obxectivo é obter alimen tos utilizando substancias e procesos naturais. Este sistema tende a ter un impacto medioambiental limitado e pro move o uso responsable da enerxía e dos recursos naturais, o mantemento da biodiversidade, a conservación dos equi librios ecolóxicos rexionais, a mellora da fertilidade do solo e o mantemento da calidade da auga.
Este tipo de agricultura atópase regulada legalmente en España desde 1989 e desde 2007 o Regulamento é común a todos os Estados membros da Unión Europea. O seu control e a súa certificación é competencia das distin tas comunidades autónomas e lévase a cabo maioritariamente por autoridades de control públicas, a través de conse llos ou comités de agricultura ecolóxica territoriais, que son organismos depen
dentes das correspondentes conselle rías ou departamentos de agricultura, ou directamente por direccións xerais adscritas a estas.
No caso de Galicia o órgano encar gado do control e da certificación da agricultura ecolóxica é o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. O Consello naceu en 1997 e comezou a súa actividade coa certifica ción de producións vexetais. Nos anos 2000-2001 ampliou a súa certificación á produción animal e xa desde 2010 incluíu a produción acuícola, que cer tifica determinados produtos de pesca, como é o caso do mexillón ou a extrac ción sostible das algas.
Na actualidade, o Craega ampara vexetais e produtos vexetais non pro cesados (incluídas sementes e outro material reprodutivo vexetal); animais e produtos animais non transforma dos; algas e produtos da acuicultura non transformados; produtos agrícolas transformados, incluídos os produtos da acuicultura destinados ao consumo humano; pensos; viño e outros elabora dos como a cera de abella.
O organigrama do Consello está for mado por un pleno de vogais, no que se integran o presidente, as comisións e un vicepresidente. A nivel executivo o equipo confórmano un secretario, un director técnico, un comité de certifica ción e un comité consultivo. En canto ao órgano de control, está estruturado polos departamentos de comunicación, administración e xestión de calidade, ademais dos técnicos.
Cando se fundou o Craega, colleu o mando da entidade Gabino Vázquez. Tras el, tomou as rendas da direc ción José Antonio Fernández, quen estivo durante unha década, e dende o ano 2017 o presidente é Francisco L. Valladares.
A evolución deste sector constátase a través dos informes que o Consello ela bora anualmente. Entre os últimos datos que manexan (2022), podemos salien tar que desde o nacemento do Craega a superficie ecolóxica pasou de menos de 1.000 ha no ano 1997 ata as 45.510
O selo ecolóxico non só certifica os produtos hortícolas senón tamén algúns alimentos derivados, coma o pan, galle tas, tortas… elaborados con materias primas de calidade sen aditivos nin saborizantes ou conservantes artificiais.
A gandería é outro dos piares da pro dución ecolóxica, que inclúe a produ ción avícola e vacún, tanto de carne coma de leite e derivados (iogures, queixo, xeados...), todos procedentes de granxas que cumpren estritamente os requisitos de benestar animal e que garanten a mellor calidade para o con sumo humano.
En diversas zonas de montaña de Galicia varios produtores decidiron apos
tar pola apicultura ecolóxica con gran des resultados. O mel galego atópase en plena expansión e mesmo se pode encontrar nos lineais dalgunhas cadeas de supermercados bío fóra das nosas fronteiras.
O sector da acuicultura, das algas e das conservas de peixe e moluscos, nomeadamente mexillóns, estase a converter nun negocio en auxe cun significativo aumento na demanda dos consumidores. De feito, recentemente inaugurouse unha sede en Vilanova de Arousa, para así evitar os despraza mentos á sede de Monforte que teñen que facer numerosos produtores da zona de Pontevedra, onde se atopa a maior cantidade de bateeiros e conser veiras ecolóxicas.
Tamén é destacable o avance na produción eco de bebidas espiritosas, a partir de froitos coidadosamente selec cionados e certificados polo Craega, como son o viño e a sidra.
O selo eco non só certifica produtos hortícolas senón tamén algúns derivados (pan, marmeladas, tortas...)
que se computan na actualidade. A cifra de operadores tamén é moi elocuente, pois a certificación eco comezou con menos de 100 inscritos e a data de hoxe alcanzamos os 1.523 (2022).
Os produtos agrícolas constitúen a acti vidade orixinaria e unha das principais do sector: froitas e hortalizas frescas e conservadas (tomates, cebolas, berenxe nas, amorodos, allos, kiwis…) cultívanse todo o ano tanto en invernadoiros coma en horta. Os datos da última memoria (2021) reflicten un volume de vendas de 24.685.446 euros e mostran un crece mento constante desde o inicio.
O sector acuícola ecolóxico está en auxe
Ao longo destes 25 anos foron moitos os cursos que se organizaron dende o Consello co obxectivo de preparar aquelas persoas interesadas en pro ducir ecolóxico. Por iso, percorremos Galicia ofrecendo talleres de recolec ción de castaña e mazá e a súa certifi
cación; técnicas de produción ecolóxica animal; comercialización de pequenos froitos; sementes hortícolas e outros temas que resultaron de interese.
Ademais de obradoiros de forma ción, tamén se organizaron outras actividades, como foi o congreso de consumo saudable, que tivo lugar en Santiago de Compostela varios anos. O obxectivo era intercambiar coñece mentos e resultados de investigacións, expoñer e debater as consecuencias dos estudos de consumo de produ tos ecolóxicos e, dalgún xeito, formular políticas a favor da produción ecolóxica
en materia de calidade e seguridade alimentaria. Outra iniciativa foi formar parte do Concurso de Tapas de Lugo, que organiza a Asociación Provincial de Empresarios, Hostelería e Turismo de Lugo, no que se incluíu un apartado para a mellor tapa ecolóxica.
En setembro de 2021, o Craega e Slow Food Compostela puxeron en marcha as chamadas Ecoexperien cias durante catro fins de semana, nas que visitaron diferentes produtores das catro provincias galegas, acompañados de influencers e deportistas de Galicia. A finalidade era poñer en valor o labor que se fai desde o Craega, así como dar a coñecer o traballo dos diferentes produtores para que estes persoeiros os promovesen a través das súas redes sociais e tamén tomasen unha maior conciencia da calidade da produción eco galega.
Desde o nacemento do Craega, un dos seus principais cometidos é facer visibles todos os produtos que contan con este selo; por iso, participan acti vamente nas feiras que se organizan tanto en Galicia ou España como a nivel internacional. Entre elas, pode
mos enumerar o Salón Gourmets (Madrid), Natexpo (Francia), Salimat (Pontevedra), Sial (Francia) ou BioFach (Alemaña), ademais de ter unha impor tante presenza nas diferentes BioCul tura que se organizan ao longo do ano en variados puntos de España.
Formar parte destas citas é un xeito non só de divulgar o propio selo senón que lles brinda a oportunidade aos pro dutores de chegar cos seus produtos a consumidores moi variados. Para o Consello é relevante que todo o mundo poida participar e trata de que, baixo o seu paraugas, poidan asistir ao maior número de eventos. Cabe destacar que en cada acontecemento se constata a grande acollida que ten a produción galega ecolóxica, feito que anima a que cada ano haxa máis entidades intere sadas en asistir ás feiras.
No transcurso deste cuarto de século, o Craega levou, e segue a levar, a cabo moitas actividades, cuxa finali dade fundamental é impulsar a produ ción ecolóxica galega para aumentar o seu consumo e dar a coñecer a súa importancia tanto para a saúde como para o medio ambiente. Así mesmo, preténdese difundir o traballo da enti dade como único órgano de certifica ción do selo eco, que avala a calidade destes produtos.
Entre todas elas, pódense destacar a campaña de promoción dos alimen tos eco na restauración, que consis tiu en potenciar aqueles restaurantes que engadiron nos seus menús produ tos ecolóxicos. Outra foi o Concurso de Eco-Receitas, no que se recolleron propostas doces e salgadas, elabora das unicamente con produtos certifi cados polo Craega.
Así mesmo, co pulo acadado polas redes sociais na última década, puxé ronse en marcha diversas iniciativas para involucrar os consumidores. Por iso, nos últimos anos organizáronse campañas nas diferentes estacións do ano, nas que os consumidores partici pantes recibiron unha morea de aga sallos.
No marco da celebración do 25.º ani versario do Craega, o presidente do Consello, Francisco López Vallada res, aproveitou para adiantar algúns datos correspondentes a 2022. Empezou destacando o crecemento tan notable que tivo a acuicultura, comparando datos do ano 2016 cos últimos, que mostran que se pasou de ter 37 operadores inscritos neste eido a 143 e, ademais, o volume de negocio pasou de 6,8 millóns de euros a 21. “Hoxe en día representa o 20 % da agricultura ecolóxica, polo que é un dato relevante”, puntualizou o presidente.
Así mesmo, apoiándose no cadro de datos comparativos entre os anos 2016 e 2022, fixo fincapé en que o balance nese período arroxou unha dinámica ascendente nos piares fundamentais, pasando de 27.716 hectáreas ecolóxi cas ás 45.510, é dicir, a superficie eco lóxica galega incrementouse en 17.794 ha (+64 %). En canto ao número de operadores ecolóxicos, a lista subiu de 945 a 1.523, isto é, 578 máis (+61 %).
Para concluír, lembrou que o obxec tivo da axenda da Unión Europea é acadar que o 25 % da superficie agra ria útil (SAU) sexa de produción eco
lóxica no ano 2030. “Quédannos debe res por facer. Temos que arrimar entre todos o ombro se queremos chegar a cumprir co que indican. Creo que sabe mos facelo e temos vontade”, indicou, e concluíu afirmando que “todos per seguimos un mesmo obxectivo: que a agricultura ecolóxica medre”.
Nas seguintes páxinas recóllese o balance económico en materia de agri cultura ecolóxica en Galicia correspon dente ao exercicio de 2021 con base en tres variables:
• Superficie ecolóxica certificada
• Operadores
• Vendas certificadas de produto eco
• Nunha década medrou a superfi cie pasando de 14.167 ha no ano 2010 a 32.209 en 2021, un crece mento do 127 %.
• As provincias interiores, Ourense e Lugo, acaparan o 81 % do total da superficie inscrita en agricultura ecolóxica na comunidade.
• Lugo concentra máis da metade da superficie, con 16.606,15 ha (51,6 %).
• Ourense é a provincia que máis medra respecto de 2020, con 222,62 ha máis.
SUPERFICIE CERTIFICADA EN HECTÁREAS. Comparativa 2020-2021 por provincia
Provincias Superficie 2020 Superficie 2021 Variación (ha) % variación
Lugo 16.854,38 16.606,15 –248,23 –1,47 Pontevedra 2.096,38 2.214,44 118,06 5,63 Ourense 9.404,19 9.626,81 222,62 2,37 A Coruña 3.700,82 3.761,59 60,76 1,64 Total 32.055,77 32.208,98 153,21 0,48
SUPERFICIE CERTIFICADA POR PROVINCIA (ha)
16.606
SUPERFICIE INSCRITA POR PROVINCIA Cultivo terras arables (ha)
SUPERFICIE INSCRITA POR PROVINCIA Pastos permanentes (ha)
SUPERFICIE INSCRITA POR PROVINCIA Cultivos permanentes (ha)
• Lugo e A Coruña representan o 86,3 %.
• As plantas recollidas en verde (millo forraxeiro, chícharos, nabos e prade rías) acaparan o 69,3 % dos cultivos arables.
• A hortalizas frescas e amorodos dedícanse 224 ha, cun incremento do 3,83 % respecto de 2020.
• Os cereais ocupan unha exten sión de 225,75 ha e abranguen un 12,80 %, é dicir, un 6,6 % máis que o ano anterior.
• Cun 73 % da superficie rexistrada en Galicia, a de Lugo é a provin cia con máis pastos permanentes, seguida de Ourense; ambas son áreas gandeiras.
• Os pastos crecen 513 ha, pola ins crición de novas ganderías de vacún de carne.
• A maior parte da superficie (67,6 %) localízase en Lugo.
• Algo máis da metade (2.949 ha) dedícase a froitas, bagas e froitos secos.
• Con 2.328 ha, a castaña ten espe cial relevancia, xa que o 37 % da superficie permanente se dedica a este cultivo. Case toda a produción (93 %) se concentra en Lugo.
• Con 405 ha, a mazá para industria, principalmente, acada o 6,4 % do total da superficie. Lugo, con 143 ha e Pontevedra con 123, alcanzan o 66 % desta produción na nosa comunidade.
A Coruña 27.212.370 32.252.118 5.039.748 18,52
Lugo 35.534.295 34.898.433 –635.861 –1,79
Ourense 14.656.435 14.311.576 –344.859 –2,35 Pontevedra 30.963.011 31.519.767 556.755 1,80 Galicia 108.366.111 112.981.893 4.615.783 4,26
70.000.000 € 60.000.000 € 50.000.000 € 40.000.000 € 30.000.000 € 20.000.000 € 10.000.000 € 0 €
Comparativa 2020-2021 por tipo de produción e por
É a variable que máis medra nesta análise e anota un crecemento do 4,26 % en relación a 2020, é dicir, 4,62 millóns de euros máis.
• A produción animal leva o peso do Craega no que ao volume de vendas certificadas se refire. Con 63,61 millóns de euros, supón o 58 % do total.
• A Coruña destaca como a provincia que máis crece en facturación. Des pediu 2021 cunha cifra de 32,3 millóns de euros, un 18,5 % que no exercicio anterior.
• Lugo segue a ser a provincia con máis volume de produto certificado, con 34,9 millóns de €.
Produtos Vendas 2020 Vendas 2021 Diferenza % variación
Aceites 1.755.958 2.221.141 465.183 26,49
Bosque e recolleita silvestre 2.574.220 2.608.724 34.505 1,34
Carnes e derivados 15.285.973 16.614.329 1.328.356 8,69
Cereais 8.120 15.736 7.616 93,79
Conservas de pescado 14.296.225 14.541.070 244.845 1,71
Conservas vexetais 196.339 235.373 39.034 19,88
Froiteiras 2.061.054 2.879.206 818.151 39,70
Hortalizas 2.748.714 2.530.309 –218.404 –7,95
Leite e derivados 38.171.287 39.274.893 1.103.606 2,89
Outros elaborados 5.157.280 7.889.502 2.732.222 52,98
Ovos e derivados 7.786.745 5.959.125 –1.827.620 –23,47
Panificación 1.476.350 1.540.693 64.343 4,36
Pensos e alimentación animal 6.506.241 5.194.193 –1.827.620 –20,17
Produtos apícolas 1.882.286 1.762.808 –119.478 –6,35
Viños, licores, sidra e vinagres 2.016.989 3.218.369 1.201.380 59,56
Tubérculos 184.182 79.247 –104.935 –56,97
Acuicultura e recolleita de algas 6.258.148 6.417.176 159.028 2,54
TOTAIS 108.366.111 112.981.893 4.615.782 4,26
• Piar da liña de produción de orixe animal, o leite (e derivados) é unha vez máis o produto con maior volume de vendas (39,3 millóns de €).
• En 2012, ano no que se estrea este rexistro no Craega, a acuicul tura e a recollida de algas anotaron 104.059 €. Hoxe o seu volume mul tiplicouse ata 60 veces e chega aos 6,42 millóns.
• Recupérase a produción de froitei ras, cun incremento do 39,70 % respecto do ano anterior.
• Á marxe do leite, os ingresos do sector eco galego apoiáronse nas carnes (16,6 millóns de €), nas con servas de peixe (14,5 millóns de €) e nos ovos (7,8 millóns de €) como principais producións por volume.
• Esperta a produción de cereais, cun incremento do 93,79 % con res pecto a 2020 e o mesmo sucede cos viños, licores, sidras e vinagres, que soben nun 59,56.
• En 2021 baixan as producións de tubérculos, cunha caída do 56,97 %, de pensos e alimentación animal (20,17 %) e de hortalizas (-7,95 %).
https://www.cocinademiabuelo.com/
*Recomendamos que todos os ingredientes que se utilicen sexan de produción ecolóxica.
Volven os cociñeiros que forman Indo e Vindo Gastronomía para ofrecernos un menú completo con ingredientes fáciles de atopar en calquera cociña. Abren a proposta cun prato sinxelo
e delicioso que ten como base os ovos, por suposto, ecolóxicos. Seguen cuns tallaríns de cabaciña moi sans e rematan cunha sobremesa saudable e saborosa.
1. Picamos o allo, o tomate e a cebola en anacos pequenos e o pemento cortámolo en tiras.
2. Poñemos unha tixola ao lume cun chisco de aceite de oliva e engadimos o allo e a cebola; cando esta empece a estar transparente, engadimos o pemento vermello e deixamos que se cociñe ben.
3. Logo, incorporamos o tomate e deixamos fritir moi ben.
4. Agregamos o sal, a pementa negra, o comino, a folla de loureiro, pemento doce e o chile ao gusto. Mestura mos todo ben para que as verduras collan o sabor das especias.
5. Rompemos os ovos encima das verduras e tapamos para que se cociñen. É importante que a clara quede coci ñada e a xema tenda a estar aínda líquida.
6. Retiramos do lume e podemos engadir uns brotes de coandro ou perexil picado.
Ingredientes para 2 persoas
• 1 cebola
• 2 dentes de allo
• 1 pemento vermello • 600-700 gramos de tomates maduros • 1 folla de loureiro • 1 c/c de comino
• Pementa negra
• 1-2 chiles
• Pemento doce
• Sal
• Aceite de oliva virxe extra
• 4 ovos
• Perexil picado ou brotes de coandro
• 1 cabaciña grande
• Tomates pequenos
• Xamón
• Queixo afumado
• Pementa negra
• Sal
• Aceite de oliva
1. Cortamos a cabaciña en láminas e logo en tiras moi finas, intentando que nos queden do mesmo grosor.
2. Poñemos unha tixola ao lume cun pouco de aceite de oliva e, cando estea quente, incorporamos os tallaríns de cabaciña. Unha vez estea todo ben fritido, engadi mos o xamón cortado en tiras e os tomates cortados pola metade.
3. Botamos un pouco de sal e pementa ao gusto. Deixamos que se cociñe un par de minutos e poñémolos no prato.
4. Colocamos os tallaríns nun prato e engadimos unhas lascas de queixo afumado e moemos un pouco máis de pementa negra. Xa temos o prato listo para comer!
• 800 gramos de melón
• 1 limón
• 2 culleres de azucre glas • 2 ramas de menta • 12 framboesas ou froita a elixir
• Un puñado de pistachos
• Bebida de coco ou nata
1. Pica o melón: retira a súa cobertura, limpa as sementes, extrae a polpa con coidado e córtaa.
2. Espreme o limón e filtra o zume para que non teña pebidas.
3. Tritura a polpa.
4. Dispón a polpa do melón no vaso da batedeira, agrega o azucre e o zume de limón e tritura todo ata obter unha crema lisa e homoxénea.
5. Incorpora a menta; lava as follas, sécaas e pícaas. Engádellas á crema de melón, remove ben, tapa con filme transparente e deixa macerar no refrixerador ata o momento de servila.
6. Reparte a crema en boles ou pratos sopeiros, decora coa froita, unhas bolas de melón, os pistachos picados, follas de menta e a bebida de coco ou nata montada.
O Consello inaugurou o 30 de setem bro unha nova sede na Pantrigueira (Vilanova de Arousa, Pontevedra). No acto estiveron presentes o pre sidente do Craega, Francisco López Valladares, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida.
Ante o crecemento que ten a acui cultura ecolóxica en Galicia, o Craega apostou por crear este espazo para darlles servizo a todos os agricul
tores e acuicultores da provincia de Pontevedra e así evitar os seus desprazamentos ata a sede cen tral, situada en Monforte de Lemos. Desde o Consello consideran funda mental contar con este local, “posto que a acuicultura está a crecer moito, a produción de mexillóns, algas e conservas están a ter moita importancia nos últimos anos”, indi cou o presidente.
A comezos do mes de outubro, o direc tor da Axencia Galega da Calidade Ali mentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, deu a coñecer na residencia pública de Campolongo (Pontevedra) a primeira edición da campaña denominada “Comedores Responsables” orientada ás residencias de persoas da terceira idade de Galicia, co fin de impulsar o consumo dos produtos agroalimenta rios galegos ecolóxicos, que serán pro porcionados polo Craega, e con indi cativo de calidade nestes espazos.
Esta iniciativa, que promove a Xunta de Galicia e coordina Slow Food Com postela, ofreceralles formación e ase soramento aos responsables de cociña da man de Agacal.
Polo de agora, beneficiaranse uns 600 residentes dos centros Divina Pastora (Vilagarcía de Arousa), a resi dencia Hermanos Prieto (O Carba lliño), a residencia de anciáns de San Marcos (Santiago de Compostela) e a residencia da terceira idade de Cam polongo (Pontevedra).
O 23 de setembro, representantes das institucións europeas e do sector ecolóxico entregaron os primeiros Pre mios Ecolóxicos da Unión Europea (UE), no marco da celebración do Día da Agricultura Ecolóxica da UE. Oito gañadores de sete categorías recibiron o seu premio nunha cerimonia orga nizada pola Comisión Europea e cele brada en Bruxelas.
En xullo de 2022 anunciáronse 24 finalistas preseleccionados para 8 premios en 7 categorías. Foron elixi
dos entre máis de 200 candidaturas procedentes de 26 Estados mem bros. Cabe destacar o único premio que veu para España, na categoría de Mellor Agricultura Ecolóxica Feminina, que foi para Nazaret Mateos Álvarez, quen dirixe un centro de produción ecolóxica de cogomelos no norte da península. Esta emprendedora desen volveu un método de cultivo único que maximiza a calidade do produto, á vez que minimiza os insumos e reduce drasticamente o consumo de auga.
Os alimentos eco tamén estarán nos “Comedores Responsables”
A Asociación para o Desenvolve mento Rural da Produción Ecolóxica de Galicia (Deproeco) e Agronovo Eco loxía, en colaboración coa Caixa Rural Galega, organizan varias xornadas informativas en diferentes concellos da comunidade, en horario de 10:00 a 13:00 h. As temáticas centraranse nas axudas da PAC 2023-2027 e na gandería ecolóxica.
O eixe central destas xornadas é informar aos produtores das novi dades da PAC 2023-2027, especifi cando os requisitos e condicionantes para poder cobrar as axudas neste novo período, así como informar sobre os requirimentos normativos da pro dución gandeira ecolóxica: como pro ducir, situación actual do mercado e o proceso de conversión á produción ecolóxica.
O 27 de setembro o Craega achegouse ata Galicia Fórum Gastronómico, o grande evento gastronómico internacio nal que tivo lugar en Expo Coruña, para presentar a degustación elaborada con produtos ecolóxicos e dar a coñecer o que é a certificación eco ante o público asistente. Para elaborar os pratos, aos fogóns estivo José Manuel Mallón, de Espazo Remollo (Ames, A Coruña). Esta
actividade formou parte do programa da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), da Xunta de Galicia.
Por outra banda, na fin de semana do 8 e 9 de outubro o Craega contou cun stand na mostra agrogandeira Expolugo A Rural, que se desenvolveu no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e que coincidiu coa celebración das festas de San Froilán.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) n.º 179 do 20 de setembro de 2022 publi cou a Orde da Consellería do Medio Rural (12/09/2022) pola que se esta blecen normas en relación coa comer cialización dos produtos ecolóxicos no mercado retallista e, especificamente, fíxanse determinadas exencións en rela ción cos requisitos que, con carácter xeral, deben cumprir as persoas opera doras que realizan esta actividade.
Así, todos os operadores que lles vendan produtos ecolóxicos envasados directamente ás persoas consumidoras
finais quedan exentos da obriga de no tificación da súa actividade ao Craega e de estar en posesión do certificado esixible aos operadores ecolóxicos.
O DOG anuncia os requisitos para que os comercializadores retallistas de produtos eco a granel queden exentos de certificación eco
e o abastecemento de produtos de proximidade.
Slow Food Compostela, organizadora da iniciativa “Come Local” nos centros educativos galegos, fai un repaso polo comezo desta estratexia, polos obxectivos iniciais, por como se traballou nestes anos e por como mudou a maneira de elaborar os menús nos comedores que formaron parte desta campaña
Coa chegada do outono rematan as vacacións e volvemos á rutina. Entre todas as cousas que deixamos atrás, o tempo libre ou a falta de horarios, estaba tamén saltar a nosa dieta cotiá. Mais coa “volta ao cole”, retomamos os nosos patróns habituais e volvemos antepor o correcto por encima da pre guiza ou da gula. Collámoslle agarimo ao colexio e vexamos neste inicio de curso unha oportunidade para apren der e valorar o bo que temos.
Durante estes tres últimos anos, o Craega participou na campaña “Come Local”, promovida desde a Axencia Galega de Calidade Alimen taria (Agacal) e pensada para poten ciar os alimentos con certificado de calidade dentro dos comedores esco lares. Chegou a medio centenar de colexios de toda Galicia, nos que se actuou en tres alicerces: a educación alimentaria dos máis pequenos, a for mación aos responsables de comedor
Este proxecto, xa cun certo perco rrido, tratou de seguir os ditados do Pacto Verde Europeo e, en especial, da estratexia “Da granxa á mesa”, xerando canles curtas de comercializa ción e primando a seguridade alimen taria. Así mesmo, esta estratexia, pen sada para fomentar iniciativas e pro postas lexislativas sobre a agricultura ecolóxica, a etiquetaxe, a nutrición, a sustentabilidade e a redución do des perdicio alimentario, tivo a primeira asimilación pola lexislación española co Real Decreto sobre seguridade ali mentaria e nutrición de setembro de 2022, creado para unha aplicación en centros educativos. O que nos indi can neste decreto é o camiño a unha escola onde o comedor sexa unha aula lectiva como tal e onde os estudan tes teñan acceso a unha alimenta ción equilibrada, nutritiva e saudable, pero sen renunciar a un baixo impacto ambiental na súa contorna.
As premisas desta nova normativa, aínda en fase de alegacións, avogan por unha oferta gastronómica baseada
en alimentos fundamentalmente fres cos, de tempada e proximidade, pri mando as froitas e hortalizas, pero poñendo un especial fincapé no tipo de produción co que se levaron a cabo.
Á hora de abastecerse, os comedo res deberán favorecer as producións que respecten o benestar animal, as normas da produción integrada e os produtos de pesca respectuosos co medio ambiente e, de maneira obriga toria, polo menos un 5 % dos alimen tos ofertados deberán estar certifica dos como ecolóxicos.
Desde a campaña “Come Local” trabállase nesta liña desde hai xa tres anos e os resultados foron moi espe ranzadores. A maioría dos colexios implicados mostraron o seu inte rese por mellorar a oferta alimenta ria, pero como impedimento atoparon dúas trabas: a marxe económica na que se moven e a loxística das pro ducións de proximidade. E é que non nos podemos esquecer de que esta mos a falar de comedores con dous euros diarios por comensal, cos que teñen que ofrecer un primeiro prato, segundo e sobremesa, e todo iso cum prindo un criterio mínimo de calidade e encaixado nunha oferta gastronó mica aprobada por un nutricionista. Esta complicación na xestión fai que moitos opten por un abastecemento unificado a través de intermediarios e non se atrevan a dar o paso a outro tipo de alimentos.
A campaña arrincou derrubando estas reticencias. A través da forma ción dos responsables de comedor, proporciónanse ferramentas, como escandallos que permitan realizar un balance económico da compra. O seguinte paso foi a capacitación para distinguir os alimentos que contan cun certificado de calidade e que implica cións teñen detrás destes. En moitos casos, este é un factor determinante
para fidelizar o consumo deste tipo de produtos e coñecer as diferenzas reais entre un produto certificado e un con vencional.
E é neste punto onde os responsa bles, sabendo xa con que tipo de ali mentos van traballar, dispoñen de ata 5 alimentos diferentes con certificado de calidade, para ser degustados nos menús dos máis pequenos, sendo o produto con certificado ecolóxico un dos máis demandados ano tras ano.
Por parte da comunidade docente, e polas propias familias, hai unha sensi bilidade especial para introducir deter minados alimentos ecolóxicos, dos cales os máis solicitados son o lácteo, a froita e o pito. Ao longo destas campa ñas puidéronse degustar kiwis, iogures, leite, hamburguesas, carne de vacún, pito, verduras e legumes. Os resultados en cifras falan por si mesmos: as res postas de satisfacción e de intención de compra aproxímanse ao 80 %.
En cociña atópanse cun produto de alta calidade, con gran rendemento, e no comedor, cun alimento de textura suave e sabor intenso, que non adoita deixar indiferentes aos máis pequenos. É por iso polo que ao longo destas campañas se conseguiron crear redes de distribución de produto en cen tros que participaron na iniciativa. En moitos casos, unha vez que se proba o alimento xa non hai volta atrás ao de menor calidade.
Cando chega este paso, tense en conta a solución loxística se é preciso, así como o asesoramento en calquera problema co APPCC á hora de mani pular ou conservar o produto. Porén,
24 centros e 3.700 usuarios/as
2021
• Polo ecolóxico: para 10 centros con 1.845 usuarios/as
• Froita ecolóxica de tempada: para 5 centros con 475 usuarios/as
• Leite ecolóxico: para 16 centros con 2.500 usuarios/as
• Iogures ecolóxicos: para 4 centros con 925 usuarios/as
• Carne de tenreira ecolóxica: para 4 centros con 520 usuarios/as
• Verduras ecolóxicas de tempada: para 1 centro con 400 usuarios/as
“Come Local”, estaría incompleta se se acabase aí. O obxectivo orixinal é que o comedor sexa unha aula máis, polo que os nenos e nenas deben aprender, a través das propiedades organolép ticas dos alimentos, a recoñecer eles mesmos que son os alimentos certifi cados e que técnicas hai detrás.
O alumnado ten a oportunidade de aprender a coñecer os certifica dos de calidade e a distinguilos nos seus puntos de compra. En moitos casos, xa viron algún logo ou consu miron algún produto, pero na cam paña aprenden que hai detrás de toda esa terminoloxía. É un momento de reflexión onde descobren as implica cións da produción agroalimentaria no medio ambiente e como as pro ducións certificadas, en especial as ecolóxicas, supoñen unha ferramenta para minimizar, ou mesmo paliar, os efectos de cambio climático. Por iso non debemos esquecer que este tipo
de modelos de abastecemento teñen un impacto moi beneficioso non só na saúde dos máis pequenos senón de todo o noso espazo en xeral.
A creación de redes curtas de comercialización supoñen unha rebaixa no nivel de emisións, axudan á conso lidación do territorio e a manter a bio diversidade local. Os nenos aprenden todo isto, pero, aos poucos, parece que no mundo dos adultos se empeza a poñer o foco neste modelo de xestión.
Coa nova lexislación, o que se expuxo como un factor de mellora vai ter que ser adoptado como obrigatorio. Os colexios deberán ir introducindo nos comedores alimentos en función da súa calidade nutricional e do seu impacto ambiental. O reto está en ver se este sistema é sustentable econo micamente e loxisticamente posible. A experiencia de “Come Local” é un bo exemplo doutro modelo de xestión que pode ser viable.
Entre o 3 e o 6 de novembro o Ifema acolleu a 37.ª edición dunha das citas máis importantes do sector, BioCultura Madrid, a “feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable”, que volveu abrir as súas portas tras tres anos de espera. Desta volta, a feira decana da cul tura ecolóxica contou coa participación duns 400 expositores e cunha com pleta programación na que se levaron a cabo máis de 300 actividades que con gregaron milleiros de visitantes. Todas
Acompáñanos en el camino hacia una transición agroecológica del modelo agroalimentario actual.
Ser parte de SEAE significa apoyar a una organización abierta, próxima y transparente que trabaja con y para el sector de la producción ecológica y el movimiento agroecológico y, por tanto, que contribuye al cambio hacia un mundo mejor, más justo, equitativo y sostenible. Ae, la “Revista Agroecológica de Divulgación” es gratis para soci@s de SEAE.
as persoas asistentes puideron atopar, ademais de alimentación certificada en ecolóxico, moda sostible; ecomateriais, mobles e decoración para as vivendas; enerxías renovables; aforro e reciclaxe; ecoloxía; medio ambiente; turismo rural e casas de repouso; xoguetes; artesa nías; música ou libros e revistas.
Como xa é habitual, o Craega par ticipou neste evento para darlle o seu apoio a unha ducia de operadores: Cele bridade Galega, Euro Andean, Galu riña, Portomuiños, Algas La Patrona, Bubela Artesá, Traloagro, Los sabores del Camino, Sovoral, Capitán Alga, Terra de Baronceli e Bioalacena. Así mesmo, as firmas eco Orballo, The Bio Factory e Algamar asistiron tamén á feira con posto propio. Todos eles mostraron a súa satisfacción por poder presentar as súas novidades neste evento nacional que potencia o sector ecolóxico e todos eles salientaron a grande acollida que tiveron os produtos galegos certificados.
Ademais dos stands galegos insta lados no recinto, Euro Andean Trading SL, coa firma comercial Tata, Alimentos con Historia, levou a cabo un showcoo king baixo o título “Cociñando con Tata”. Judith Jacinto Valderrama foi a encar gada de impartir este obradoiro, no que ofreceu unha merenda saudable.
Esta feira presentou unha nutrida axenda de propostas que deron as claves para levar unha vida máis sa e, deste xeito, contribuír a un mundo máis sostible. Obradoiros coma os showcooking mos traron a maneira de elaborar menús con produtos ecolóxicos e atractivas suxes tións de ecoestética ensinaron como coidar o corpo por dentro e por fóra dun xeito máis natural. O programa comple touse, ademais, con xornadas profesio nais, conferencias, debates, entrevistas en público e charlas científicas.
Consulta todas as actividades neste enlace: https://www.biocultura.org/madrid/ programacion-actividades
Véndese explotación de arando e framboesa en proceso de conversión a ecolóxico. Case no séptimo ano de plantación.
O Mato, Palas de Rei (Lugo) Tels. 628 696 971 / 667558299
Venda de hortaliza e verdura fresca variadas. Pequenos froitos e cogomelos.
Horta Trasalba, Amoeiro (Ourense) Tel. 650 053 980
Vendo 11 xovencas frisoas con certificado ecolóxico: fillas de sementais A2A2, moi bo tamaño, preñeces de 4 a 7 meses, a parir con mínimo 30 meses de idade. Amando Romero Sanjurjo Tel. 620 802 970
Véndense bólas de silo de herba ecolóxica en Baralla, Lugo. Tel. 650 806 373
Venda de carne con certificación ecolóxica de raza autóctona vianesa. Animais criados en liberdade con pastos naturais, castiñeiros e carballos. Xatos alimentados ao 80 % con leite materno. Lotes envasados ao baleiro. Servizo directo do gandeiro á casa.
Ecovianesa SL, Berrande (Ourense) Tel. 676 966 255 - ecovianesa@gmail.com
Ecoagroturismo no corazón da Ribeira Sacra. Casa de labranza do século XIII perfecta para desconectar. Venda de carne ecolóxicas.
Pazo de Sabadelle, Chantada (Lugo) Tel. 650 343 777 - pepedopacio@hotmail.com
Alúgase unha parcela dunha hectárea en agricultura ecolóxica desde o ano 2000.
José Hermida Fernández, Xermade (Lugo) Tel. 982 501 713 - an.geles@hotmail.com
Horta ecolóxica con produtos de tempada.
Carmen Pazos Rabuñal, Rois (A Coruña) Tel. 630 167 138 carmensocastro@hotmail.com
Gallega de Bebidas SA solicita distribuidora para a marca Ecoterra, Vinagres ecolóxicos. Tel. 981 600 069
Venda directa de castaña fresca en tempada, castaña seca e fariña de castaña. Envasada e a granel. José Feijóo Gago | Pecado de Outono Tel. 659 499 570 pecadodeoutono@hotmail.es
Venda de fabas ecolóxicas de Lourenzá a granel. Vicente Piñeiro Leitón Tel. 606 739 015
Venda de froitos frescos (amorodo, framboesa, moras, arandos e grosella vermella e negra) e plantas de froitos silvestres. Fragaira froitos silvestres Tel. 699 761 644www.fragaira.blogspot.comfragaira@gmail.com
Venda de carne de vacún de produción ecolóxica de raza limusin: canal (enteiro ou medio) e despezamentos. Envío a domicilio en transporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Tamén dispoñemos de animais de raza limusin con carta xenealóxica.
Vicente Prieto Ledo Tel. 609 864 738 - info@limusinatouza.com
Venda de esterco de polos ecolóxicos. Raquel Rodríguez Rozas Rodeiro (Pontevedra) Tel. 617 242 881 - quelarr@yahoo.es
Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro.
Carnicería Carballada, Sarria (Lugo) Tel. 982 886 225 info@carniceriacarballada.com
Produción de vacún, porcino raza celta, ovino, cabrún e polos ecolóxicos. Tamén temos ovos, cereais (millo, trigo e centeo) e produtos da horta de tempada. Facemos servizo a domicilio na comarca das Mariñas coruñesas.
Granxas de Lousada SC Tel. 657 103 468 - sboados@gmail.com
Alúgase terreo en produción ecolóxica de 3,5 ha (con posibilidade de ampliar) en Bandeira, Silleda. Tel. 652 850 942 (Paz González)
Venda de mel ecolóxico procedente das montañas de Ourense, de paraxes virxes libres de contaminación. Combinación de néctares de flores e melados, que ofrecen unhas características organolépticas únicas. IXP Mel de Galicia. Tel. 683 424 643 - bicosdemel@bicosdemel.es www.bicosdemel.es
Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López Tel. 982 531 273 - matadero@sarria.es
Véndense rolos de herba seca e silo de produción ecolóxica en Friol (Lugo). Tel. 639 03 79 40
Descontos do 20 % nas tarifas de aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega. Albá, Palas de Rei (Lugo) Tels. 982 380 25 /629 176 030 contacto@arqueixal.com www.arqueixal.com
Vendemos cabritos ecolóxicos de raza autóctona. Cabuxa Natur/Avicava Natur SC Borreiques, Guntín (Lugo) Tel. 620 547 143 avicavanatur@gmail.com
Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea, Rábade (Lugo) Jesús Dapena Tels. 982 390 355 / 607 289 806 susodapenacruz@hotmail.com
Venda de pataca ecolóxica, herba seca deste ano, trigo e chícharos para a elaboración de penso ecolóxico. José Ángel Rodríguez Paz Tel. 689 151 661
Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios, podedes enviar a vosa solicitude a comunicacion@craega.es
Síguenos en:
Impreso en papel 100% reciclado
Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 craega@craega.es https://www.craega.es/
FEADER Europa inviste no rural