Presentamos as trinta portadas que colgan do acceso ás distintas aulas e dun panel situado na entrada do instituto. A través de tiras cómicas e de novas ao revés aproveitamos para meditar sobre a situación real das mulleres. Este é un traballo colaborativo dos membros do Seminario Permanente “Multialfabetismos, emocións e biblioteca”, integrado dentro do PFPP do noso centro.
SAN PAIO TODAY TUI
8 MARZO 2019
JOHN WOOD A primeira persoa vítima de acoso sexual John Wood traballaba como administrativo na Universidade de Cornell. Era un excelente traballo para este pai (4 fillxs) solteiro afroamericano, que tivo que deixar á súa primeira muller porque era alcohólica e agresiva. A súa xefa directa, unha astrofísica nuclear, comezou a acosalo. Pediu un traslado pero a resposta foi: "Calquera home maduro pode aguantar isto". Tivo que deixar o traballo e loitar polos seus dereitos. A VERDADEIRA PROTAGONISTA É CARMITA WOOD