BOLETÍN DO EQUIPO DA BIBLIOTECA I.E.S. “San Paio” – Tui
Número 0 – 4º Trimestre 2006
Ola!, acabamos de nacer e, aproveitando o inicio de curso, presentámonos co desexo de contribuír a facer da biblioteca do noso instituto un lugar de aprendizaxe, soños e ilusións e non só un almacén de libros máis ou menos aburridos ou interesantes. Iso poderá ser unha realidade coa vosa colaboración. Invitámosvos a que nos visitedes, participedes nas distintas actividades que se programen ao longo do ano e nos fagades chegar as vosas suxestións e inquedanzas para que poidamos mellorar e prestarvos un mellor servizo. Da mesma maneira solicitamos as vosas aportacións para publicar neste boletín: reseñas de libros que vos teñan impactado; frases, citas, escenas que vos resultaran suxestivas; breves traballos de creación literaria ou investigación ... A nosa existencia e crecemento depende dos folgos que nos deades. Contamos con vos e dámosvos as grazas de antemán. BIBLIOTECA I. E. S. “SAN PAIO”
XA REMATEI DE LER TODOS ESTES LIBROS
POLO FORRO, NON SÍ?
HOME … E LOGO, QUE PENSABAS?
(segundo unha idea orixinal de Quesada)
Biblioxornal
nº 0 - 4º trimestre 2006
VISITAS A BIBLIOTECA Coma nós un numeroso grupo de alumnas e alumnos, a maioría de 1º da ESO, sodes recen chegados ao Instituto, para vós a nosa máis agarimosa benvida e para que coñezades de primeira man a biblioteca do centro onde agora estudades programaremos, en datas próximas, visitas por grupos e co acompañamento dos vosos titores e titoras. Aproveitaremos para explicarvos como están clasificados os libros, como se poden atopar, as condicións de préstamo ... Tamén visitaremos a Biblioteca Pública Municipal. AXÚDANOS A MELLORAR E COMPLETAR OS FONDOS DA BIBLIOTECA Nos próximos días todos os grupos do instituto seredes consultados polos vosos titores para que nos digades que publicacións (libros, cómics, revistas, CDs...) botades en falta na biblioteca e conectan mellor cos vosos gustos e apetencias. Por favor poñede sempre o autor ou autores e o título do libro, da revista ou do CD, DVD. Tentaremos, na medida en que o permita o orzamento, satisfacer as vosas peticións. O NOSO HORARIO No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tendes que facer algunha consulta urxente. Como vedes están cubertas todas as horas lectivas de segunda a quinta inclusive (9.35 – 13.35) e todos os recreos; quedan sen servizo a cuarta hora dos xoves (11.35-12.25) e a terceira dos venres (10.45-11.35). LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9.35-10.25
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
1º RECREO
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
10.45-11.35
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
11.35-12.25
Aberta
Aberta
Aberta
2º RECREO
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
12.45-13.35
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Aberta
Para préstamos, renovacións e entrega de libros están reservados todos os recreos.
2
Biblioxornal
nº 0 - 4º trimestre 2006
LEMBRA ESTES CONSELLOS: •
Un lugar para cada cousa: a Biblioteca non é lugar
axeitado para comer ou beber. •
Respecta o traballo dos teus compañeiros:
evita as aglomeracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traballo dos usuarios. Mantén o máximo silencio na Biblioteca. •
Cumpre os prazos:
os préstamos de libros teñen unha
duración de 15 días, pasado ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo. •
Coida o material: os fondos da Biblioteca son de todos, usa
deles e axuda a conservalos en bo estado para que os que veñan no futuro poidan seguir gozando deles como ti o fas. •
Aforra tempo:
non esquezas o teu número de lector ou
lectora.
Coa túa colaboración melloraremos o servizo da Biblioteca!. CONMEMORACIÓNS: Como xa é habitual desde 1.999 o cuarto luns do mes de outubro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Este ano a conmemoración terá lugar o día 23. O obxectivo desta xornada é salientar a importancia das bibliotecas escolares na educación dos nosos nenos e mozos. Un alumno, unha alumna acada mellores resultados no seu traballo cando ten acceso a unha biblioteca ben dotada de información nos soportes tradicionais e nas novas 3
Biblioxornal
nº 0 - 4º trimestre 2006
tecnoloxías e fontes de coñecemento. Unha boa biblioteca fai bos lectores. O lema deste ano “Ler. Coñecer. Facer” destaca a relación entre a lectura, o coñecemento e a acción, piares básicos de calquera proceso de ensinoaprendizaxe. Sempre é un bo momento para baixar cos alumnos e converter a biblioteca nun espazo de lectura, investigación, traballo en pequenos grupos ... estades invitados en todo momento e, como non! o próximo 23 de outubro: 2006 International School Library Day: Reading. Knowing. Doing. No centenario do seu nacemento, María Mariño será a homenaxeada do Día das Letras Galegas 2007. Noiesa de nacemento, poetisa marcada pola súa condición de muller e a súa pertenza á clase humilde, inspírase na tradición popular (pegadas de Rosalía) e enriquécese coa intimidade profunda dunha muller madura. Reflicte un mundo lírico cheo de elementos persoais e desexos existenciais. Uxío Novoneyra, de quen tamén ten influencias, promove a publicación do seu primeiro libro Palabra no Tempo (1963) prologado por Otero Pedrayo. Meses antes de morrer en Folgoso do Courel (1967) compón os poemas de Verba que comenza, volume publicado postumamente en 1990. A escrita de María Mariño non obedece ás normas, a súa poética tensa e racha a lingua a procura da voz que exprese o “raro e valiosísimo mundo escuro” (Méndez Ferrín) que constitúe a súa obra.
No ano 2007 cúmprese o oi oitavo centenario da redacción do Poema de Mío Cid, copiado por un tal Per Abbat en 1207 e obra clave da épica hispánica. Entre as actuacións previstas cómpre salientar a promoción e dinamización do chamado Camiño do Cid que atravesa territorios das comunidades autónomas de CastelaCastela-León, CastelaCastela-A Mancha, Aragón e Valencia. 4