Número 35
8 MARZO 2014
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Especial Día Internacional da Muller 2014
Cine en feminino E AGORA ONDE IMOS? (Et maintenant, on va où?, Nadine Labaki, 2011) Un grupo de mulleres vestidas de loito diríxense ao cemiterio, baixo un sol abrasador, apertando contra o seu corpo fotos dos seus esposos, pais ou fillos. Todas comparten a mesma dor, consecuencia dunha guerra funesta e inútil. Ao chegar á entrada do cemiterio, o grupo divídese en dous: un musulmán e outro cristián. Nun país roto pola guerra, estas mulleres mostran a inquebrantable determinación de protexer ás súas familias de toda clase de ameaza exterior. Con enxeño, inventando estrataxemas esperpénticas, intentarán distraer a atención dos homes para que esquezan o rancor. AGOSTO (August: Osage County, John Wells, 2013) Os Weston viven nunha gran mansión nos arredores de Pawhuska, en Oklahoma. A desaparición do pai en estrañas circunstancias fai que a familia se xunte e que todas as súas miserias saian á luz. Adaptación ao cine da obra de teatro do mesmo título, ganadora do Premio Pulitzer en 2008.
BLUE JASMINE (Woody Allen, 2013) Jasmine, unha muller rica e glamourosa da alta sociedade neoiorquina, atópase de súpeto sen cartos e sen casa. Decide entón mudarse a San Francisco para vivir coa súa irmá Ginger, unha muller de clase traballadora que vive co seu noivo nun pequeno apartamento. Jasmine, que atravesa o momento máis crítico da súa vida, toma antidepresivos e lembra a súa antiga vida en Manhattan.
P á x i n a
2
N ú m e r o
3 5 –
8
m ar z o
2 0 1 4
A FONTE DAS MULLERES (La source des femmes, Radu Mihaileanu, 2011) Nun pequeno pobo de Oriente Medio, a tradición esixe que as mulleres vaian buscar auga, baixo un sol ardente, á fonte que nace no alto dunha montaña. Leila, unha recente casada, propón ás demais mulleres unha folga de sexo: non manterán relacións sexuais ata que os homes colaboren con elas no transporte de auga ata a aldea.
AS IRMÁS DA MAGDALENA (The Magdalene Sisters, Peter Mullan, 2002) Os conventos da Magdalena en Irlanda eran xestionados polas irmás da Misericordia en nome da Igrexa católica. Acollían a mozas, enviadas polas súas familias ou polos orfanatos, que alí quedaban encerradas e ás que se obrigaba a traballar nas lavanderías para expiar os seus pecados. Estes pecados eran de distinta natureza: desde ser nai solteira a ser demasiado bela ou demasiado fea, ou demasiado simple ou demasiado intelixente, ou vítima dunha violación, e por tales pecados traballaban sen percibir ningunha retribución, todo o ano, e pasaban fame, eran sometidas a castigos corporais, humillacións, violencia fisica e moral, e separadas dos seus fillos. As penas que tiñan que cumprir eran ilimitadas. Miles de mulleres vivían e morrían alí. O último convento da Magdalena en Irlanda pechou as súas portas en 1996.
A LADROA DE LIBROS (The Book Thief, Brian Percival, 2013) Historia dunha animosa e valerosa rapaza chamada Liesel, que transforma as vidas de todas as persoas da súa contorna cando a envían a vivir cunha familia de acollida na Alemania da II Guerra Mundial. Para Liesel, o poder das palabras e da imaxinación convértese nunha forma de escapar dos tumultuosos eventos que a rodean, tanto a ela como a toda a xente que coñece e quere.
N ú m e r o
3 5 –
8
m ar z o
2 0 1 4
P á x i n a
3
AS MULLERES DE VERDADE TEÑEN CURVAS (Real Women Have Curves, Patricia Cardoso, 2002) Ana, unha adolescente méxico-americana, está a piques de converterse en muller. Vive na comunidade hispana do Leste de Los Ángeles, e acabado o instituto o seu profesor anímaa a que solicite unha beca para estudar na Universidade de Columbia. Pero os seus tradicionais pais pensan que non é tempo para estudar, senón para axudar á súa familia. Dividida entre as súas ambicións persoais e a súa tradición cultural, accede a traballar coa súa nai na fábrica de costura da súa irmá, no centro de Los Ángeles.
PHILOMENA (Stephen Frears, 2013) Baseada na historia real de Philomena Le, unha muller irlandesa que, tras quedarse embarazada cando era unha adolescente, viuse obrigada a entregar ao seu fillo en adopción. Despois dedicouse a buscalo durante cincuenta anos.
QUE NOS QUEDA? (Was bleibt, HansChristian Schmid, 2012) Marko, duns trinta anos, acaba de publicar o seu primeiro libro. A vida que leva en Berlín desde os seus días na Universidade está moi lonxe do estilo de vida burgués dos seus pais. A súa relación con eles limítase a visitalos unha ou dúas veces ao ano, principalmente para darlles a oportunidade de pasar uns días co seu neto. A súa esperanza de pasar un tranquilo fin de semana coa súa familia desfaise cando a súa nai, que sofre un trastorno bipolar e é maniacodepresiva, comunícalles que decidiu deixar de tomar a medicación. Visita os seguintes enderezos: http://bibliosanpaio.blogspot.com.es/2014/03/muller-e-cine.html http://pedradoacordo.blogspot.com.es/2014/03/videos-para-o-8-de-marzo.html onde atoparás vídeos sobre a historia e a loita polos dereitos da muller, algún documental e tráilers doutros con exemplos concretos de mulleres loitadoras.
P á x i n a
4
N ú m e r o
3 5 –
8
m ar z o
2 0 1 4
A SEGUNDA ESPOSA (Kuma, Umut Dag, 2012) Cando Ayse celebra a súa voda no pobo no que vive, todos creen que casou con Hasan, un mozo pouco maior que ela. Pero, en realidade, Ayse abandona Turquía para converterse na segunda esposa de Mustafá, o pai de Hasan. Ao chegar ao seu novo fogar en Viena algúns dos fillos maiores danlle as costas; en cambio Fatma, a primeira esposa de Mustafá acóllea con afecto porque ve nela á súa sucesora, a muller que coidará á familia cando ela xa non estea. Entre as dúas mulleres xorde unha amizade moi especial baseada nunha confianza total. Pero esta relación verase cuestionada cando a familia teña que enfrontarse a un duro golpe do destino.
DOCUMENTAIS MULLERES DE LEI (Sisters in Law, Kim Longinotto, Florence Ayisi, 2005) O xulgado de Kumba (Camerún) encargado dos asuntos de divorcios, violacións e abusos leva anos sen ditar condenas por abusos sexuais pero agora conta con dúas mulleres entre os maxistrados. Por alí pasan a diario homes estrañados de ser xulgados por maltratar ás seus cónxuxes. Dúas mulleres, a pesar das presións que reciben das súas familias para silencialo, deciden denunciar os seus maridos por maltratos físicos e psíquicos … Este documental é unha denuncia das bases sociais da violencia doméstica mostrando as estratexias despregadas por estas mulleres da lei nos intersticios abandonados por tradicións, crenzas e leis estatais ou relixiosas.
RAFEA E O SOL (Jehane Noujaim, Mona Eldaief, 2012) Rafea é unha muller beduína que vive coas súas catro fillas nun dos pobos máis pobres do deserto de Xordania, na fronteira con Iraq. A Rafea ofréceselle a oportunidade de viaxar á India para asistir ao programa do Barefoot College, onde mulleres analfabetas de todo o mundo se forman durante 6 meses para ser enxeñeiras solares. Se o consegue, poderá electrificar o seu pobo, formar outros enxeñeiros e manter as súas fillas. Será unha viaxe difícil para Rafea, pero o seu maior reto consistirá en romper coa mentalidade tradicional beduína, que mantén que o lugar dunha muller está na casa para servir ao seu marido. O documental mostra o poder da educación enfrontado á forza da tradición.