Número 46
1º TRIMESTRE 2017
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
GUERRA e PAZ de CINE BO NADAL (Joyeux Noël, Christian Carion, 2005) Na véspera do Nadal de 1914, no transcurso da Primeira Guerra Mundial, numerosas seccións da Fronte Occidental, decretaron un cesamento de hostilidades informal e sen autorización, para poder gozar a Noiteboa en paz. Por unha noite soldados de diversas nacionalidades coñecéronse e compartiron en paz. A película expón unha importante reflexión en torno aos prexuízos que se teñen do inimigo e ao fácil que é convivir co mesmo unha vez superados os citados prexuízos. UN BERRO DENDE O SAHARA (Unai Aranzadi, 2008) Un documental que explica a loita do pobo saharauí pola súa liberdade. Atrapado entre a violenta ocupación marroquí e a indiferenza da comunidade internacional, o pobo saharauí loita pacificamente por recuperar o seu territorio e a súa soberanía. Unha ONG investiga e denuncia as dramáticas consecuencias que este esquecido conflito ten para a poboación civil ao tempo que reflicte a decisiva contribución da muller saharauí para a liberdade. OS CABALEIROS BRANCOS (Les chevaliers blancs, Joachim Lafosse, 2015) Jacques Arnault, presidente dunha ONG planena sacar do Chad a 300 orfos, vítimas da guerra civil, e entregalos a parellas francesas que tramitaron solicitudes de adopción. A xornalista Françoise Dubois acompáñaos para cubrir a información. Inmersos na brutal realidade dun país en guerra, os membros da ONG empezan a desmoralizarse e a preguntarse cales son os límites dunha intervención humanitaria. EN DEFENSA PROPIA (The Keeping Room, Daniel Barber, 2014) A piques de rematar a Guerra Civil Americana, dúas irmáns adolescentes e a súa escrava quedan soas para coidar a granxa familiar. Con todos os homes ausentes da casa por mor da guerra e agora, presuntamente desaparecidos ou mortos, as tres mulleres temen un futuro en soidade. Pero o que non saben é que o perigo está máis preto do que pensan. Cando unha delas enferma, Augusta (unha das irmáns)vai ao pobo próximo a buscar medicamentos e alí é atacada por dous exploradores ianquis que acaban perseguíndoa ata a propia granxa. As tres mulleres teñen que unirse e pechar a granxa para evitar aos seus agresores e salvar así as súas vidas.
P á x i n a
2
N ú m e r o
4 6 –
1 º
t ri m e s tr e
2 0 1 7
DEFENSORA (Aitor de Miguel, 2011) Cando parece que o pobo colombiano, despois de soportar o conflito social e bélico máis antigo de América Latina, respira aires de paz, non sobra ver este documental que lembra a Berenice Celeyta, unha muller colombiana defensora dos dereitos humanos que recibiu numerosas ameazas de morte pero que, con todo, non perdeu a esperanza, esa mesma esperanza que hoxe anima a toda Colombia.
O ELIXIDO (Antonio Chavarrías, 2016) España, 1937. Un mozo oficial republicano chamado Ramón Mercader é recrutado polo servizo de espionaxe soviética para participar nunha misión de alto segredo ordenada polo propio Stalin: asasinar a León Trotsky, a quen considera un traidor. Tras prepararse en Rusia, Ramón viaxa a París baixo a identidade dun belga rico. Coñece a Sylvia á que volve atopar , en 1940 en México, país no que Trotsky vive exiliado. Ramón di que escapa da guerra que arrasa Europa e Sylvia traballa como secretaria de Trotsky. Allea aos plans do seu namorado, Sylvia ábrelle as portas da súa vida e introdúceo no círculo íntimo de Trotsky, o seu obxectivo.
FRANTZ (François Ozon, 2016) Nunha pequena cidade alemá, pouco tempo despois da I Guerra Mundial. Anna vai todos os días a visitar a tumba do seu prometido Frantz, asasinado en Francia. Un día, Adrien, un misterioso mozo francés, tamén deixa flores na tumba. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nun mundo marcado pola derrota de Alemaña…
OS HOMES LIBRES DE JONES (Free State of Jones, Gary Ross, 2016) Historia real dun granxeiro sureño, durante a Guerra de Secesión americana (18611865). Farto de defender os intereses dos grandes propietarios dor Sur, decidiu desertar, aliouse con outros pequenos granxeiros e, coa axuda dos escravos locais, liderou un levantamento cuxo resultado foi a transformación do Condado de Jones nun Estado Libre. O seu matrimonio cunha antiga escrava, e a creación dunha comunidade multirracial, converteron este granxeiro nunha figura moi controvertida. AS INOCENTES (Les innocentes (Agnus Dei), Anne Fontaine , 2016) Historia real dunhas monxas polacas embarazadas tras ser violadas polas tropas rusas ao rematar a II Guerra Mundial. Un mosteiro preto de Varsovia alberga un segredo. Mathilde Beaulieu é unha médico enviada pola Cruz Vermella co fin de garantir a repatriación dos prisioneiros franceses feridos na fronteira entre Alemaña e Polonia. Pero a sorpresa chega cando descobre que unha gran parte das irmás do convento están embarazadas por soldados do Exército Vermello. Aínda que Mathilde é inexperta, deberá aprender a xestionar esta inesperada situación e axudar ás monxas.
Escoita, ve e cala se queres vivir en paz. (Séneca)
N ú m e r o
4 6 –
1 º
t ri m e s tr e
2 0 1 7
P á x i n a
3
ITHACA (Meg Ryan, 2015) Filme inspirado na novela gañadora do premio Pulitzer en 1943. Homer Macauley, de 14 anos, está decidido a ser o mensaxeiro de telegramas máis rápido sobre unha bicicleta endexamais visto. O seu irmán maior está na guerra polo que Homer coida da súa nai viúva e dos seus irmáns. Durante o verán de 1942 o mozo Homer reparte mensaxes de amor, esperanza e morte aos veciños de Ithaca, pero tamén telegramas do departamento de guerra que comezan con "Sinto comunicarlle que..." MUNICH (Steven Spielberg, 2005) A historia, baseada en sucesos reais, sitúase nos meses posteriores ao masacre dos Xogos Olímpicos de Munich 1972, cando un comando do Mossad é encargado de atopar e asasinar aos palestinos, algúns deles membros da organización terrorista Setembro Negro, responsable da morte dos once membros do equipo olímpico israelí. Para iso, o xefe deste comando terá que abandonar á súa muller embarazada, cambiar a súa identidade e xunto a outros axentes como Steve, un xudeu de orixe surafricana, Carl, Hans, experto falsificador alemán ou Robert, un fabricante belga de xoguetes convertido en fabricante de explosivos, lograr o obxectivo marcado. NADO EN GAZA (Hernán Zin, 2014) Documental rodado durante o ataque israelí contra a franxa de Gaza entre xullo e agosto de 2014. A película segue a dez nenos que contan como é a súa vida diaria entre as bombas e como loitan para superar o horror da guerra e darlle un toque de normalidade ás súas vidas. Eles son os portavoces dos máis de cincocentos nenos mortos e os máis de tres mil feridos que deixou a ofensiva israelí. NADO EN SIRIA (Hernán Zin, 2016) Máis da metade dos sirios exiliados como consecuencia da guerra civil son nenos. Este documental narra o periplo dos refuxiados sirios desde o punto de vista infantil: os abusos das mafias, as inclemencias do mar, a incerteza sobre un futuro ao que a gran maioría enfróntase apenas co posto, e descubriremos que chegar ao seu destino é só o comezo dunha nova odisea: a da integración nunha terra nova e, en moitos casos, hostil. O maior éxodo de refuxiados desde a Segunda Guerra Mundial a través de sete historias de guerra, sufrimento e desesperación mais tamén de superación, inocencia, valor e esperanza. PARADISE NOW (Hany Abu-Assad, 2005) Os rapaces palestinos Khaled e Said, amigos desde a infancia, son recrutados para levar a cabo un atentado suicida en Tel Aviv. Despois dunha última noite coas súas familias, das que non lles está permitido despedirse, parten cara á fronteira con explosivos pegados ao corpo. Mais nada sae como estaba previsto e unha serie de inconvenientes provoca a súa separación. Entón é tempo de reformularse a súa vida e conviccións.
Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: A paz (Albert Einstein )
P á x i n a
4
N ú m e r o
4 6 –
1 º
t ri m e s tr e
2 0 1 7
AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN (Lakposhtha hâm parvaz mikonand (Turtles Can Fly), Bahman Ghobadi, 2004) Os residentes nun campo de refuxiados do Kurdistán iraquí buscan desesperadamente unha antena parabólica para poder estar informados do inminente ataque americano contra Iraq. Os nenos do campamento, liderados por un mozo ao que chaman "Satélite", dedícanse á recollida e venda de minas antipersoais. Chegan novos refuxiados: un mozo mutilado, a súa irmá e un neno pequeno, e “Satélite” namórase da moza. A TUMBA DOS VAGALUMES (Isao Takahata, 1988) Filme nipón clásico de animación. Na época da II Guerra Mundial, Seita e Setsuko, fillos dun oficial da mariña xaponesa que viven en Kobe, durante un bombardeo, non conseguen chegar a tempo ao búnker onde a súa nai está a agardalos. Cando despois buscan á súa nai, atópana malferida na escola, que foi convertida nun hospital de guerra. ATA O ÚLTIMO HOME (Hacksaw Ridge, Mel Gibson, 2016) A historia do médico militar Desmond Doss que participou na batalla de Okinawa, no Pacífico durante a II Guerra Mundial, e converteuse no primeiro obxector de conciencia na historia estadounidense en recibir a Medalla de Honra do Congreso. 1898. OS ÚLTIMOS DE FILIPINAS (Salvador Calvo, 2016) A finais do século XIX, en Filipinas, un destacamento español foi cercado no pobo de Baler, na illa filipina de Luzón, por revolucionarios filipinos, durante 337 días. En decembro de 1898, coa firma do Tratado de París entre España e Estados Unidos, poñíase fin formalmente á guerra entre ambos os países e España cedía Filipinas a Estados Unidos. Debido a isto, os asediados en Baler son chamados "os últimos de Filipinas" VALS CON BASHIR (Waltz with Bashir, Ari Folman, 2008) Documental animado sobre a matanza de refuxiados palestinos en Sabra e Chatila (Líbano) en 1982. Unha noite, nun bar, un vello amigo cóntalle a Folman un pesadelo recorrente no que lle perseguen sempre 26 cans. Os dous homes chegan á conclusión de que o pesadelo ten que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra co Líbano a principios dos anos oitenta. A Folman sorpréndelle o feito de non lembrar nada dese período da súa vida. Intrigado, decide falar con vellos amigos e antigos compañeiros espallados polo mundo enteiro. Necesita saber a verdade acerca desa etapa e de si mesmo. .. E os recordos van reaparecen baixo a forma de imaxes surrealistas. A VIDA SEN GRACE (Grace Is Gone, James C. Strouse, 2007) Stanley Philipps acaba de saber que a súa muller, soldado na guerra de Iraq, morreu no campo de batalla. O mundo derrúbase ao seu ao redor, pero Stanley debe manter o ánimo porque ten dúas nenas ás que non sabe como dar a noticia. Ao final, decide levalas de viaxe a un Parque de Atraccións, esperando que o ambiente festivo mitigue a dor das nenas ao saber que a súa nai morreu. Pero o momento de comunicar a triste nova non chega. XOGO DE ARMAS (War Dogs, Todd Phillips, 2016) Dous ambiciosos mozos comercian con armas e gañan moitos cartos. Durante a guerra de Iraq, poxan por contratos co exército de Estados Unidos. Así chegan a vivir luxosamente en Miami Beach. No inverno de 2007, logran un contrato armamentístico de 300 millóns de dólares cando o Pentágono lles encarga a tarefa de fornecer armas aos aliados norteamericanos do exército afgán. Desta forma, aterran nun mundo perigoso e sombrío. Pronto chegan as complicacións para eles e, os dous amigos quedan atrapados nunha zona de alto risco sen posibilidade de volver a casa.