co C de Compromiso coa Lingua, co C de Carvalho e co C de Rosalía de Castro

Page 1


21 de febreiro: Día da Lingua Materna LUCES • • • • • • •

Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo e o 23 entre as 150 linguas europeas. É a segunda lingua europea máis falada entre as non oficiais en ningún estado. Xunto co éuscaro e o catalán o galego e unha das tres únicas linguas europeas non oficiais de estados que poden ser utilizadas nas institucións da Unión Europea. En trinta anos (1980-2010) o número de títulos publicados en galego multiplicouse por 13. O galego encóntrase entre as 30 linguas máis usadas na internet no mundo. No que atinxe á Wikipedia, atendendo á calidade, a Galipedia ocupa o posto número 36 e o 43 (o 33, segundo o número de artigos por número de falantes) segundo o número de artigos. O galego estúdase en máis de corenta universidades. Os galegofalantes temos un acceso doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués, a sexta lingua máis falada no mundo. e SOMBRAS

• •

• •

O galego non ten un uso maioritario no mundo empresarial, nos medios de comunicación privados, no mundo relixioso e no campo xurídico. O uso do galego descendeu moito entre a xente nova e urbana. ◦ os mozos que din falar habitualmente en galego ou "máis en galego que en castelán" xa non chegan ao 40% e a proporción cae por baixo do 30% no caso da infancia de 5 a 14 anos. ◦ Na área de Vigo só unha de cada catro persoas fala galego habitualmente. No caso concreto da cidade olívica a cifra redúcese a pouco máis de 1 de cada 6. ◦ Pouco máis de un de cada cinco galegos entre 5 e 14 anos pronunciou as súas primeiras palabras en galego. Nas redes sociais só usan o galego de xeito maioritario entre o 25% e o 30% dos galegos. Só un cuarto dos habitantes das poboacións con máis de 50.000 habitantes usan o galego é de xeito maioritario.

O GALEGO NO MUNDO DO ENSINO • • •

No ano 2018 só un 13% do alumnado di recibir as clases e responder aos exames maioritariamente en galego. Unha terza parte dos rapaces e rapazas falan cos seus mestres e mestras de forma maioritaria en galego. Só 21% da docencia na USC se imparte en galego.

Fontes: • https://academia.gal/datos-uso • https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/so-21-da-docencia-usc-galego/ 20200207163306090986.html • https://praza.gal/temas/as-cifras-do-galego


UNHA REALIDADE DESACOUGANTE A lingua galega en Vigo está en alerta vermella. (...) apenas o 30% dos vigueses consultados declaran utilizar o galego como a súa lingua habitual ou preferente, porcentaxe que nas persoas maiores de 65 anos aumenta até o 67% e que na mocidade entre quince e vinte anos decrece até o 13%, ou, o que é o mesmo, canto máis novos son os vigueses menos galego falan. Cifras que trasladadas ao ámbito da transmisión interxeracional, demostran que a caída do uso do galego foi espectacular, xa que se nunha mesma familia a xeración dos avós aínda o emprega habitualmente nun 57% dos casos, a dos seus netos faino só no 14%, o que supón que entre dúas xeracións de vigueses perdemos máis da metade dos falantes. Fenómeno aínda máis grave cando se analiza a lingua inicial, xa que un testemuñal 5% dos mozos vigueses consultados declara ter aprendido a falar en galego. Demóstrase, pois, estatisticamente, a hemorraxia case incontrolable que está sufrindo o uso vehicular da lingua galega nos ámbitos urbanos e a creba da súa transmisión no eido familiar, ou, expresado en termos sociolingüísticos, fortalécese a tendencia da substitución do galego polo castelán no conxunto da poboación, e máis intensamente, no caso das xeracións máis novas. (...) [o galego] se valora como lingua de cultura pero se emprega cada vez menos como canle de comunicación habitual. (...) mantendo o ritmo actual, dentro doutras dúas xeracións quedaremos sen falantes habituais do galego, sen persoas que empreguen esta lingua para interpretar o mundo e dar sentido á súas vidas. Cómpre un decidido cambio de rumbo que pare esta hemorraxia que ameaza con situar o galego no ámbito exclusivo da ritualización cultural e política. É imprescindible atopar un modelo de desenvolvemento sostible para o galego, no ámbito da ecoloxía dun novo plurilingüísmo, que permita frear este proceso de substitución lingüística e fortaleza os ámbitos de utilización do galego como lingua vehicular, xa sexa no ensino, nas administracións públicas ou nos medios de comunicación. BRAGADO, Manuel, “Alerta vermella”, Faro de Vigo 11/01/2004 in Vigo, puro milagre, Xerais, Vigo, 2019, pp. 149-151 Hoxe, o futuro do galego non é unha cuestión de número de falantes nin da súa competencia, xa que a maioría da poboación galega, especialmente as dúas ou tres xeracións máis novas -as mellor formadas da nosa historia en todos os ámbitos-, teñen capacidade para comprendelo, lelo, escribilo e falalo con eficacia máis que apreciable. O maior problema do galego reside en vencer os prexuízos que se instalaron ao seu redor -considerada como “unha lingua aldeá inservible no mundo moderno” ou “unha inequívoca marca política nacionalista”...-que impiden que esta maioría de competentes “falantes pasivos” xoves se transformen no futuro en orgullosos “falantes activos” adultos. Considerado así o problema entre a mocidade, o futuro do galego vaise dilucidar, por unha parte, no terreo de fixar os seus usos preferentes -o que dependerá, en boa medida, da política lingüística que desenvolvan as administracións-, e por outra, na necesidade de espilo de connotacións políticas e dotalo de referentes de utilidade comunicativa para o conxunto da cidadanía. Facer fronte a este dobre reto require unha paciente estratexia en positivo que vincule o seu emprego cos eidos máis emocionais e afectivos, asumindo que o seu futuro non está só nas mans dos políticos e dos ensinantes, senón tamén en cada un dos futuros cidadáns deste país de lingua milenaria. BRAGADO, Manuel, “Xa falamos”, Faro de Vigo 04/06/2006 in ibíd., páx. 226


EN GALICIA, EN GALEGO Non vemos a Galiza falando noutra língua que o galego. Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (editora.: Mª Pilar García Negro), Laiovento, 2019 (2ª ed. revisada e acrecentada), pp. 273

O GALEGO, UNHA LINGUA PARA TODO Unha língua non pode perpetuar-se se non se exercita, unha língua non pode realizar-se se non proxecta sobre un mundo real. (...) Se queremos de verdade que o galego viva, temos que facélo viver todas as vivéncias da sociedade actual. Non só as vivéncias estéticas... senón tamén as vivéncias do uso coloquial, do uso comercial, do uso notarial, do uso administrativo, do uso relixioso e do uso político. A língua galega ten que ser a língua normal dos galegos. (...) Moito máis urxente que a consagrazón dunha forma normativa que exclua as formas dialectais... é a normalización do idioma en todas as esferas da vida... de xeito que os habitantes desta terra, como dicia Castelao, saiban usar con igual prestáncia o galego e o castelán, o que lles conferirá un estatuto privilexiado dentro dos falantes de línguas románicas, pois aos trescentos millóns de usuários do castelán hispanoamericano haberá que acrecentar, polo menos, a metade dese número de usuários do galego-portugués: de xeito que os galegos que dominen esas duas línguas están en condicións de entender-se co maior bloco de falantes románicos do mundo. (...) Mais non se concebe que, se hemos ter algunha forma de autogoberno, renunciemos ao uso do idioma próprio, que é o signo sacramental da nosa personalidade, tanto máis canto non se trata dun idioma puramente doméstico, condenado a non asobardar endexamais as fronteiras do país, senón, como temos visto, do segundo romance máis falado, pois non é senón unha modalidade do galego-portugués, extendido pola superfície do globo e cun censo de cento sesenta millóns de falantes que non amostran entre as distintas normas en que se realiza o sistema, variantes máis significativas que as que matizan as diversas modalidades do español xeral, ou hispano-americano. Carvalho Calero, R., “O uso do galego para todo” in ibíd., pp. 187-190

ROMPER OS LÍMITES DO GALEGO Simplesmente, hai que convencer-se de que desmontar a mentalidade do home galego en irelacióm cos límites do seu idioma é de grande dificuldade. Estivemos muitos séculos chamando galego à fala das antigas sete províncias, e este conceito administrativo levou-nos à consideracióm do idioma como estrangeiro ao portugués e como dialectal respeito ao castelán. Ensinar na escola aos nenos a escreber António sem acento en castelám e con acento en galego, parece mui gravoso a certos pais, mesmo galeguistas profesos Carvalho Calero, R., in MARQUES et alii 1997: 3811.

1

MARQUES, M. A. et alii (orgs.) (1997): Correspondência de Rodrigues Lapa. Selecção (1929-1985) (Coimbra: Minerva).


FALAR GALEGO PARA QUE O GALEGO SOBREVIVA Castelao revela que para ele o uso passivo do idioma como simples veículo de comunicaçom, tal como se conservava no depauperado meio campesino, nom é sufciente. O crego – u depois da misa–, o alcalde –depois da sessom–, o mestre –depois das aulas– falam em galego. Mas nom tenhem a menor intençom de melhorar o seu galego, nem de alargar a sua área de difusom, nem de convertê-lo em objecto de docência e discência. Tenhem na boca palavras moribundas que nom pretendem reavivar. Isto é ruralismo. Assi usa o galego o cacique. Ten que usá-lo para impartir as suas ordens, como Cice-rom falava sermo rusticus aos seus servos da villa Tusculana […].O galeguismo supom inconformismo a respeito do galego Carvalho 1989: 113-1142.

EN GALEGO: POR DEREITO E POR DEBER ¿Que sentido pode ter a obrigatoriedade do ensino da nosa língua se non cabe o deber de coñecé-la por parte dos galegos? ¿E que sentido ten que a nosa língua sexa língua oficial en Galiza se non teñen por que coñecé-la os que a teñen por língua oficial? ¿Que significa que o galego é a língua própria de Galiza se non rexe o deber de coñecé-la e, portanto, o de estudá-la? Unha língua oficial que non hai obriga de coñecer nen, portanto, de estudar, ¿como funcionará oficialmente? A língua oficial ¿non é precisamente a que non poden excusar-se de coñecer os suxeitos á correspondente ordenación xurídica? Se eu non teño o deber de coñecé-la, ¿como o meu fillo vai ter o deber de estudá-la? E se ninguén ten o deber de coñecé-la nen de estudá-la, ¿por que se chama língua oficial? ¿Porque podo usá-la, se quero, perante as autoridades autonómicas? ¿A iso se reduz a sua cooficialidade? (...) Segundo tal critério, na práctica o galego sería unha língua para obxectores de conciéncia. O galego sería no seu uso unha obxección de conciéncia... aos secuaces da seita galeguista se lles dispensaría o uso da língua estatal... aos membros desa seita marxinal que se chama galeguismo se lle permitiría o uso oficial da sua língua. E esta sería toda a cooficialidade do galego. Carvalho Calero, R., “O galego, obxección de conciéncia” in op. cit., pp. 225-227

O GALEGO: LINGUA RENDÍBEL ...se promovemos un idioma, temos que facé-lo inspirados no principio de que a nosa conduta está encamiñada à utilidade e benefício dos falantes e escreventes desa forma lingüística. Se a tal é a própria do país, como é o caso do galego na Galiza, salta à vista o carácter económico dese proceder. Coñecer con maior exactitude o idioma que se coñece con descuido ou defeito, non exige un aprendizado semellante en esforzo ao que precisa o aprendizado dunha língua estraña, pois non se trata de adquirir un idioma novo, mas de reconverter, sanear, regenerar ou restaurar un idioma já posuído, limpando-o até onde seja prudente, de aderéncias exógenas. Asi, esta política lingüística resulta económica, porque non pretende inovar, mas corroborar, quer dicer, mellorar, a forma e a eficácia de un instrumento cultural que non temos que mercar, porque fai parte do noso património. 2

CARVALHO CALERO, R. (1989): Escritos sobre Castelao (Barcelona: Sotelo Blanco)


...se a política lingüística se orienta a isolar o galego do portugués aceitando a castelanizazón... e preferindo, entre as muitas formas dialectais que todas as línguas faladas oferecen, aquelas que mais se afastan do portugués común, vai ser mui difícil convencer aos reticentes de que o galego é útil. Se eses patriotas ardentes perante os quais algúns de nós devemos sentir-nos pouco menos que desnaturados, lograsen convencer a nosa mocidade de que o destino do galego é estabelecer un cordón sanitário nos pasos fronteirizos, poucas esperanzas havería de que os residentes pragmáticos se persuadisen de que o galego é útil como o francés, o español e o alemao, e non unha curiosidade sentimental ou erudita como o afrikáner, o mapuche ou o papiamento. ...é infantil pretender que poda ser competitivo un galego que non se modernice en contacto coas suas formas mais progresivas e internacionais. Carvalho Calero, R., “Un galego rendível” in op.cit., pp. 261-264

COMUNICADOS CON CINCOCENTOS MILLÓNS DE FALANTES Do que se trata é da restauraçom da língua do país. Esta seria a língua normal. Nom haveria umha língua alta e umha língua baixa. O galego seria língua alta e baixa, e ademais todos os galegos possuiriam o castelhano como meio de comunicaçom dentro do mundo dos castelhano-falantes, mundo no qual por tantas razons históricas e sociais estám fortemente implicados. Assi os galegos dominariam os dous romanços mais estendidos pola terra, e poderiam comunicar-se sem esforço com quase quinhentos milhons de indivíduos Carbalho Calero, R., 1990: 463. UN DOENTE CHAMADO GALEGO A história da língua galega é, a partir de um determnado momento, umha história clínica. Umha língua que se desenvolve normalmente dentro do quadro dos romances hispánicos, segundo a doutrina de Menéndez Pidal, avançando de norte a sul e colonizando as terras de expressom moçarabe, vê interrompida traumaticamente a continuidade e a comunicaçom entre as suas diversas realizaçons pola arbitrária separaçom política em duas obediências régias do núcleo primitivo em que o galego se formou. A fronteira do Minho... determina com o tempo a deformaçom da realidade lingüística como conseqüência da imposiçom de umha estrutura administrativa que a suplanta. (...) a história do galego desde o século XV é umha história clínica, a história de umha língua enferma e mutilada. O galego persistiu como vocabulário agrícola, mas todo progresso era expressado em língua castelhana. O galego, ancorado, era umha língua a extinguir na medida em que o país se urbanizava e industrializava. Isolado da sua variante autónoma mais viçosa tomava emprestadas ao castelhano todas as vozes que designavam ajustes e novidades dos tempos modernos. Assi, a eliminaçom na fala dos galegos das velhas vozes unidas às antigas formas de vida rural, era questom de tempo. A fala dos galegos desgaleguizava-se à medida que Galiza se modernizava... o galego, congelado, nom podia receber do sol do Minho a comunicaçom que manteria vivo o seu poder de adaptaçom ao correr do tempo. Umha política que queira manter essa situaçom, é umha política letal paro o galego. Este, defendido do contacto com o português por um cordom de disciplinados carebineiros, e enfrentando-se isolado e pobre com o castelhano, mal pode resistir a presom do mais forte... Manter o galego na situaçom de língua subordinada ao castelhano na expressom do que non é arcaica cultura agrícola, é impedir ao doente a possibilidade ade cura, por aberrante amor à enfermidade, que nom é um sentimento higiénico, ou desejar, confessada ou secretamente, a consumaçom de umha realidade cultural que e à que nom se professa carinho. Carvalho Calero, R., “Umha histórica clínica” in op. cit., pp. 213-216 3

CARBALHO CALERO, R., (1990): Do galego e da Galiza, (Barcelona: Sotelo Blanco)


EVITAR O ROBINSONISMO Um dos perigos que espreitam o galego quando se trata da sua normalizaçom, é o perigo do seu isolamento como conseqüência da aceitaçom inconsciente por parte dos normalizadores dumha situaçom histórica anormal: a sua separaçom política das demais pólas do mesmo tronco. Que o galego se desenvolvesse de costas aos demais falares da franja peninsular ocidental, deveu-se à integraçom de Galiza no reino de Castela. As distintas opçons morfológicas, sintácticas ou léxicas que se davam no romance antigo, forom objecto de selecçom distinta ao norte a ao sul da fronteira como conseqüência da falta de contacto entre os falantes. O português escolheu umhas formas e o galego outras porque estavam adscritos a administraçons diferentes (...) os dialectos do galego estam fora de Galiza, e hai que tê-los en conta se nom queremos ser o Robinson lingüístico dos tempos modernos(...) os problemas do galego som, ou forom, em grandíssima medida, os problemas do português (...) O português é galego-português, o mesmo que o galego. Seríamos um Robinson voluntário que renuncia às vantages da comunicaçom social, se nos isolássemos rejeitando o trato dos nossos congéneres(...) É evidente que hoje o galego é distinto do português; mais as vantages dumha inteligência entre os dous co-dialectos que facilite a difusom das nossas letras e permita aproveitar a experiencia da língua literária mais desenvolvida, parecea ser a conduta natural e razoável. Carvalho Calero, R., “Nom estamos sós” in op.cit., pp. 160-162

BILINGÜÍSMO E DIGLOSIA Para calquer individuo, coñecer e poder usar duas línguas supón un enriquecimento sobre o coñecimento e o uso de unha soia língua. E, por suposto, poder coñecer e usar tres línguas é mais satisfactório que poder coñecer e usar duas. Mas unha cousa é o polilingüísmo individual e outra o polilingüísmo nacional. Un individuo ten unha língua própria... e pode posuir ademais várias línguas instrumentais para usos concretos... A sociedade... é monolingüe... Polo que se refere a línguas, só unha, por definición, pode ser a primeira; as demais teñen que ser segundas línguas. (...) O bilingüísmo individual é unha realidade cultural hoje imprescindível. Mas un povo non pode ser logicamentre bilingüe... Un povo non pode usar indiscriminadamente duas línguas. Esa sería unha situación antieconómica e antihigiénica. Representaría unha dicotomía mental e unha volubilidade psíquica que non suporía enriquecemento, senón incongruéncia e desorde. Esa situación non é estável, e esa inestabilidade tería que desembocar na monarquía daquela das duas línguas que posuíse maior potencia social. É o caso da nosa terra. Mentres tanto, o que funciona é unha diglósia, na que existe unha língua alta e unha língua baixa, situación que ten que resolverse coa eliminación da língua menos rendível... Hai indivíduos polilíngües, mas un bilingüísmo a nivel de povo, ou nación, sería patológico. Sería un desdobramento da personalidade, un fenómeno de psicopatologia... que faría imposível a identificación colectiva. (...) o bilingüísmo como permisividade non regulamentada, nen é acrecentamento de aperturas culturais, nen é posibilidade práctica. É unnha bigámia lingüística que arrecada a desorde moral, a liorta doméstica e a degradación, a expulsión ou a conxelación de un dos elementos do binómio. Carvalho Calero, R., “Bilingüísmo e bigámia” in op.cit., pp. 236-239


24 de febreiro: Día de Rosalía “... Rosalía ten un aspecto político. Cando fala dos bravos combatentes que van caindo e de outros que, no baleiro que os morros deixan, virán a proseguir a loita; cando convida os seus paisanos a destruir as guaridas do vampiro odioso se non queren que os guerreiros morran obscuros antes de ver a pátria redimida... De forma que, ainda que non teña sido deputada a Cortes nen secretária política de nengún partido, a sua dimensión cívica é tan evidente que non pode ser negada”4. “Rosalia é umha rosa de cem folhas.” (Carbalho Calero)

MANIFESTO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2020 Ambos errantes polo mundo andamos, dixo a muller. Daquela, as xentes silenciadas, ás que lle roubaran ata as palabras, recuperaron o alento. Fixérono de golpe. Souberon decontado o que eran, o que somos. Transmatria errante nunha humanidade errante. Seres humanos que vagaron e vagan; que pularon e pulan; que morreron e morren na procura do pan e da liberdade. Logo, a muller aquela, desafiando leis masculinas, sentenciou: Toda a terra é dos homes e das mulleres. Toda a terra. Foi evidente entón que ela xa non precisaba apelidos. Sería sempre Rosalía, e había sinalar futuros e denunciar dores e inxustizas. Errantes polo mundo. A súa palabra inzou poderosa, precisa, contundente. Outra vez os vaivéns da fertuna / para lonxe me arrastran, afirmou, así que axiña entendemos que os camiños nos igualan e os tránsitos nos fan humanos. Si, Ambos errantes polo mundo andamos! Elas e nós. Ti e mais eu. Nosoutres. Camiñamos. Marchamos. Fuximos. E, no medio do desamparo, da dor da partida, do mundo deixado e do degoirado, Rosalía amosou o desconsolo de migrar e o afliximento de ficar. Tamén nos aprendeu a ollar, a saber, a ser. Dende entón a nosa voz foi para sempre palabra de muller. No éxodo infinito. A nosa voz errante polo mundo. Velaquí talvez o inaudito. Rosalía, unha daquelas que debían ser silenciadas pola forza, daquelas que pretenderan enmudecer tantos deuses e leis dun heteropatriarcado opresivo, ergueu a palabra libre e entregóunola. Será por iso que habemos ser unha anomalía? Unha transmatria errante con voz de muller. Unha nación errante que nos iguala no camiño coas desposuídes. Ambas errantes polo mundo. Mais que é de Rosalía agora? Vivimos tempos duros, sen dó, nos que rexorden discursos de odio e medo. Decotío, vemos homes que acenan carraxes co seu dedo. Berregan palabras de ferro. As vítimas son sinaladas polos verdugos. No entanto, nesta transmatria nosa conservamos armas lilas contra a desolación. Fabricounas unha muller con versos irredentos. Vacinas contra a xenofobia que han formar parte do noso ADN. Sermos errantes ha impedir que a arañeira do odio medre no corazón. Grazas a Rosalía temos o sangue envelenado coa afouteza das que foxen. Infectado con versos que denuncian e nos fan ser as outres. A miseria está negra en torno deles / ai!, i adiante está o abismo!, dixo. Si, o abismo. Cemiterios no mar. Refuxiadas. asasinadas. O silencio. Cremos por iso en identidades errantes, aquelas que elixamos nós. Ninguén ha decidir o noso 4

Carvalho Calero, R., “De Rosalía a Castelao” in Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (editora.: Mª Pilar García Negro), Laiovento, 2019 (2ª ed. revisada e acrecentada), pp. 258-260


xénero nin os afectos. Ninguén nos ha retirar dereitos nin nos ha facer súbditas. Ninguén nos ha expulsar de ningures, porque Rosalía instalou en nós a insubmisión de ser e un futuro para soñar. El serán os seus versos un andazo? Insubmisión na denuncia da violación e da violencia de xénero: que morden si acariñan, que cando miran queiman/ que dan dores de raiba, que manchan e que afrentan. Insubmisión contra o poder e o capital: Embargaránnos todo, que non teñen/ esas xentes conciencia, nin tén alma. Insubmisión contra quen coloniza, contra quen explota: déronlle fel por bebida/ peniñas por alimento. É difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga. É difícil entendérmonos sen nos saber errantes. Fagamos vivos os seus versos en cada persoa que foxe, en cada ser humano que chimpa un muro, que se bota ao mar, que decide o seu futuro e a súa identidade libremente. Levamos no sangue a valentía de quen camiña e, grazas a Rosalía, sabemos que as errantes tamén somos nós. Contra o medo e a intolerancia. Errantes polo mundo e sempre libres! Daniel Asorey Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) #ErrantesPoloMundo_rdc_20 VERSOS DE ROSALÍA in Follas novas Tan soio Os dous, da terra lonxe andamos e sufrimos, ¡ai de min! Mais ti tan sóio te recordas dela, i eu, dela e máis de ti. Ambos errantes polo mundo andamos i as nosas forzas acabando van. Mais ¡ai!, ti nela atoparás descanso, i eu tan sóio na morte o hei de atopar.

¡Ánimo, compañeiros! Toda a terra é dos homes. Aquel que non veu nunca máis que a propia, a iñorancia o consome. ¡Ánimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda! ¡I anque ora vamos de Galicia lonxe, verés desque tornemos o que medraron os robres! Mañán é o día grande, ¡á mar, amigos! ¡Mañán, Dios nos acoche!" ¡No sembrante a alegría, no corazón o esforzo, i a campana armoniosa da esperanza, lonxe, tocando a morto!


¡Adiós! ¡Adiós!, montes e prados, igrexas e campanas ¡Adiós!, Sar e Sarela, cubertos de enramada, ¡Adiós!, Vidán alegre, moíños e hondanadas, Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas, San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas, Balvis, para min sempre o das fondas lembranzas, Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa, Vidas da miña vida, anacos das entraña. E vós tamén, sombrisas paredes solitarias Que me vicheis chorare soia e desventurada, ¡Adiós!, sombras queridas, ¡adiós!, sombras odiadas, Outra vez os vaivéns da fertuna Pra lonxe me arrastran. Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba; Os mesmos montes negros i as mesmas alboradas, Do Sar e do Sarela, mirándose nas auguas; Os mesmos verdes campos, as mesmas torres pardas Da catredal severa, ollando as lontananzas. Mais os que agora deixo, tal como a fonte mansa Ou no verdor da vida, sin tempestás nin bagoas, ¡Canto, cando eu tornare, vítimas da mudanza, Terán de présa andado, na senda da desgracia! I eu...mais eu ¡nada temo no mundo, Que a morte me tarda!

Cando ninguén os mira, vense rostros nubrados e sombrisos, homes que erran cal sombras voltexantes por veigas e campíos. Un, enriba dun cómaro séntase caviloso e pensativo; outro, ó pe dun carballo queda inmóvil, coa vista levantada hacia o infinito. Algún, cabo da fonte recrinado parés que escoita atento o marmurío da auga que cai, i exhala xordamente tristísimos sospiros. ¡Van a deixala patria...! Forzoso, mais supremo sacrificio. A miseria está negra en torno deles, ¡ai!, ¡i adiante está o abismo...!


Amores cativos Era delor i era cólera, era medo i aversión, era un amor sin medida, ¡era un castigo de Dios! Que hai uns negros amores de índole pezoñenta que privan os espritos, que turban as concencias, que morden si acariñan, que cando miran queiman, que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan. Máis val morrer de friaxen que quentarse á súa fogueira.

¿Por qué? -Escoitá: os algoasiles andan correndo a aldea; mais ¿cómo pagar, cómo, si un non pode inda pagar a renda? Embargaránnos todo, que non teñen esas xentes concencia, nin tén alma. ¡Quedaremos por portas, meus fillos das entrañas! ¡Mala morte vos mate antes de que aquí entredes! Dos probes, ao sentirvos, os corazós, ¡cál baten tristemente! -María, se non fora porque hai un Dios que premia e que castiga, eu matara eses homes como mata un raposo a unha galiña. -¡Silencio! ¡Non brafemes, que éste é un valle de lágrimas...! Mais ¿por qué a algúns lles toca sufrir tanto, i outros a vida antre contentos pasan?

Vivir para ver Marcháchete un día ti, aquel que eu quería, fuxiste da terra que tanta alegría i encantos encerra. Dixeches: «María, máis doce que as meles, máis linda que as frores,


paloma sin feles, non chores, non chores, que ausencia envivece, non mata, n'esquece os doces amores que a dicha axuntou. ¡Eu voume!... mais se ora delor nos ofrece fertuna treidora, jamás te olvidara quen tanto te adora quen tanto te amara. ¡Adios, miña vida! no peito escondida te levo, antre tanto non torno a te ver, ¡ti espera!, pois xuro por Dios sacrosanto, que si non morrer, aquí hei de volver». Morrer, non morreche... i anque eu esperara... ¡que ben que compriche, palabra que diche, amor que tiveche! Que os anos pasaron, as frores mucharon, os negros cabelos en brancos tornaron; e nunca máis, nunca, ¡poder dun querer!, quixeches volver.. Vivir para ver

in En las orillas del Sar Era la última noche I Era la última noche, La noche de las tristes despedidas, Y apenas si una lágrima empañaba Sus serenas pupilas. Como el criado que deja Al amo que le hostiga, Arreglando su hatillo, murmuraba Casi con la emoción de la alegría:


— ¡Llorar! ¿Por qué? Fortuna es que podamos Abandonar nuestras humildes tierras; El duro pan que nos negó la patria, Por más que los extraños nos maltraten, No ha de faltarnos en la patria ajena. Y los hijos contentos se sonríen, Y la esposa, aunque triste, se consuela Con la firme esperanza De que el que parte ha de volver por ella. Pensar que han de partir, ese es el sueño Que da fuerza en su angustia a los que quedan; Cuánto en ti pueden padecer ¡oh patria! ¡Si ya tus hijos sin dolor te dejan! II Como a impulsos de lenta Enfermedad, hoy cien, y cien mañana, De nuestra vida hasta perder la cuenta, Racimo tras racimo se desgrana. Palomas que la zorra y el milano A ahuyentar van, del palomar nativo Parten con el afán del fugitivo, Y parten quizás en vano; Pues al posar el fatigado vuelo Acaso en el confín de otra llanura, Ven agostarse el fruto que madura, Y el águila cerniéndose en el cielo.

¡Volved! I Bien sabe Dios que siempre me arrancan tristes lágrimas aquellos que nos dejan, pero aún más me lastiman y me llenan de luto los que a volver se niegan. ¡Partid, y Dios os guíe!..., pobres desheredados, para quienes no hay sitio en la hostigada tierra; partid llenos de aliento en pos de otro horizonte, pero... volved más tarde al viejo hogar que os llama. Jamás del extranjero el pobre cuerpo inerte, como en la propia tierra en la ajena descansa.


II Volved, que os aseguro que al pie de cada arroyo y cada fuente de linfa trasparente donde se reflejó vuestro semblante, y en cada viejo muro que os prestó sombra cuando niños erais y jugabais inquietos, y que escuchó más tarde los secretos del que ya adolescente o mozo enamorado, en el soto, en el monte y en el prado, dondequiera que un día os guió el pie ligero..., yo os lo digo y os juro que hay genios misteriosos que os llaman tan sentidos y amorosos y con tan hondo y dolorido acento, que hacen más triste el suspirar del viento cuando en las noches del invierno duro de vuestro hogar, que entristeció el ausente, discurren por los ámbitos medrosos, y en las eras sollozan silenciosos, y van del monte al río llenos de luto y siempre murmurando: «¡Partieron...! ¿Hasta cuándo? ¡Qué soledad! ¿No volverán, Dios mío?» .............................. .............................. Tornó la golondrina al viejo nido, y al ver los muros y el hogar desierto, preguntóle a la brisa: —¿Es que se han muerto? Y ella en silencio respondió: —¡Se han ido como el barco perdido que para siempre ha abandonado el puerto!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.