21 marzo 2012 IES “SAN PAIO” BIBLIOTECA – CLUB DE LECTURA “PEDRA DO ACORDO”
ABD AL-WAHHAB AL-BAYYATI (1926-1999).-
A PRIMAVERA E OS NENOS Como os ollos dos mortos polo camiño de Bagdad, os ollos dos nenos choran, choran. A primavera volveu no noso país, volveu nos camposantos sen flores nin bolboretas. No noso país o viño faise coas bágoas dos nosos mortos, co sangue dos nosos nenos, e crucificase ao sol nas prazas da miña cidade a porta pechada. A miña cidade: Bagdad, sen randeas nin festas. Nela os ollos dos nenos reciben o día. Non digas: -A primavera volveu ao noso país. Volveu aos camposantos para enterrar os nosos mortos sen flores, sen bolboretas, para secar o sangue das frontes dos nosos nenos e para tinguir o ceo da cor dos teus ollos, da cor do lume e do tormento.
Poesía e Primavera
2
21 Marzo 2012
ABD AL-WAHHAB AZZAM (1895-1959).A UNHA FLOR
Oh, delicada flor das beiras do río, coa túa beleza sempre tentadora! Lixeira, a brisa xoga cos teus pétalos;
e ábreos, despregados e fermosos, á vida. A auga ves pasar, atentamente. E desexas mirarte entre as ondas, pero os ventos frustran os teus desexos. Logo, o destino cumpre a súa sentenza:
coa chuvia, os teus pétalos pequenos esparexe polo barro. Onde, ai!, está a xuventude aquela, límpida e tenra?: sobre a cal as súas ás, como un paxaro, estendían os meus soños de loucura... Será como esa flor, branca e suave, que tan pouco durou ante nós? Como esa flor varrida pola chuvia? O como a figura das augas?:
Sempre, ao compás do tempo, perdéndose e perdéndose...
Poesía e Primavera
3
21 Marzo 2012
ALI MAHMUD TAHA (1902-1949).-
O NAMORADO DAS FLORES Oxalá tivese ás como as bolboretas! Voaría ansioso polo aire, camiñaría lentamente cara a Oriente en busca de luz e embriagaríame de claridade. Sorbería as primeiras chuvias e non iría a buscar, sedento, as ribeiras, e bicaría os gromos en flor batendo alegremente as ás ao vento ata que, cando o atardecer me cubrise de sombras, vagaría entre as rosas, insomne, bebendo o seu perfume mentres randean a corola con tenrura por ser primavera, soñando co amencer no xardín onde se mexen as nubes de cores, soñando cos paxariños que entoan as melodías que axitan o corazón da mañá como un eco. Se a flor coñecese o segredo do seu namorado prepararía para min só, co seu amor, o xardín e non me verían os ollos pendente das súas sebes nin do curso dos seus problemas. Entón cantaría nas súas árbores e nel forxaría a vida en melodías. Pero o xardín preferiu a obra dun creador, dun artista de magnífica arte: quixo que fose un poeta e sinalouno e distinguiuno coa súa dureza e desvío. A beleza gardarame as flores do xardín, farame detestable a vida lonxe del. Sen el non sería un paxaro cantor e ignoraría o que é o canto. Poesía e Primavera
4
21 Marzo 2012
FEDERICO GARCÍA LORCA (1898-1936).-
CANCIÓN PRIMAVERAL 28 de Marzo de 1919 (Granada) Salen los niños alegres de la escuela, poniendo en el aire tibio del abril canciones tiernas. ¡Qué alegría tiene el hondo silencio de la calleja! Un silencio hecho pedazos por risas de plata nueva. Voy camino de 1a tarde, entre flores de la huerta, dejando sobre el camino el agua de mi tristeza. En el monte solitario, un cementerio de aldea parece un campo sembrado con granos de calaveras. Y han florecido cipreses como gigantes cabezas que con órbitas vacías y verdosas cabelleras pensativos y dolientes el horizonte contemplan. ¡Abril divino, que vienes cargado de sol y esencias, llena con nidos de oro las floridas calaveras!
Poesía e Primavera
5
21 Marzo 2012
GUILLEM DE CABESTANY (...1212..., provenzal).-
Ar vey qu´em vengut als jorns loncs, que il flors s´arenguo sobr´els troncx, et aug d´auxelhs chans e refrims pels playssatz qu´a tengutz embroncx lo fregz, mas eras pels soms sims, entre las flors e ls brondelhs prims, s´alegra quascus a son for. (...)
Vexo que chegamos aos días longos, cando as flores se aliñan nos troncos e oio cantos e rechouchíos de paxaros polas sebes que tivo á sombra o frío, pero nos altos cumios, entre as flores e delgadas ramas todos eles se alegran ao seu modo.(...)
IBH SAHL DE SEVILLA (+1251).-
A terra viste un manto de verdura e o orballo esparexe alxofre sobre os outeiros, espértanse as flores, parecen alcanfor, e almiscre penetrante o po; as azucenas saúdan as rosas, boca de perlas que bica unha meixela vermella. O río entre os macizos de flores parece unha espada que colga dun verde talabarte, e o céfiro que corre pola súa lámina, unha man que escribe nesta páxina; diríase, se brilla como prata, que a man do sol en amarelo ouro a converte, ou ben que unha meixela, que era branca, vólvese colorada por vergoña. As aves levántanse, oradores que teñen por tribuna a foresta. Poesía e Primavera
6
21 Marzo 2012
MANUEL MARÍA (1929-2004).-
PRIMAVEIRA
Están tódalas carpazas co lilailo da súa flor. ¡No corazón das rapazas nacen cantigas de amor! Hai ledicia verdadeira nas flores e nas espiñas. ¡Xa chegou a Primaveira no bico das anduriñas! MUHAMMAD SABBAG (1927).-
TI ES A PRIMAVERA Chegoume a primavera dende a rama do ceo con cestas de estrelas e acios de aroma, e pratos verdes que sementan no outeiro á lúa pregoando. Oe ás margaridas repetindo o teu nome; o orballo tras de ti, son ondas que rechouchían e unha sombra verde atrae o meu manto cara a ti. E este xardín vela; permaneceu estendido nas túas pálpebras un século ordenando sonos como orballo insomne na imaxinación dunha onda. Chegoume a primavera dende a rama do ceo: lávate con estrelas e sécate con aroma. Ti es a primavera e o teu espello é a Lúa. Poesía e Primavera
7
21 Marzo 2012
NIZAR QABBANI (1923-1998).-
BOTÓNS Aquel puñado de botóns... crecerá sobre os meus muros e toda a miña casa se perfumará. Entrecrúzanse sobre a miña ventá... que ledicia! Mañá os outeiros e os camiños estarán cubertos de rosas. Que son eses estoxos vermellos?... Abriranse pola mañá e resplandecerán de luz. Teño un cuarto que flota nos sendeiros das nubes, nada e se desliza pola corda do orballo construído de pequenas nubes arrancadas. Nel teño dous amigos... o paxariño e o crepúsculo. Diante da miña porta... hai montóns de estrelas de orballo: descansan ao noso lado e logo vanse. Pola mañá cruzan baixo a miña ventá, e preto do meu leito séntase o horizonte. Cantas estrelas libres! Tócoas coa man e só eu podo miralas. Hoxe son un puñado de botóns... sucederanlles outros... e, ano tras ano, cubriranos as follas.
Poesía e Primavera
8
21 Marzo 2012
RAMÓN CABANILLAS (1876-1959).-
A CANCIÓN DA ANDURIÑA (paráfrase dunha canción cantada polos nenos de Rodas coa chegada da primavera)
Vén anduriña de aza lixeira, ollos locentes, peituga albeira. ¡Tráinos bos días de luz e cores! ¿Coidas lle adoitan campos e frores? Mais ben lle apracen bicas torradas, viño dulzaino, queixo en presadas. Veciño ¿vas faguer festa ou non nos darás regalo? Si algo nos dás, ¡boeno, boeno! Si nada dás, ¡malo, malo!
Poesía e Primavera
9
21 Marzo 2012
Á porta da tua casa terémoscha de levar e todo o que gardas nela é a dona do teu fogar. Non nos custará traballo que está ben pouco medrada; a ti non te levaremos porque ti non vales nada. Abride, abride á anduriña, abride a porta, veciños; os que cantan non son vellos, os que cantan son mociños.
Poesía e Primavera
10
21 Marzo 2012
A UNHA ANDURIÑA (paráfrase a Oda XXV de ANACREONTE, VI-V a. X.)
Ledizosa anduriña aventureira que tras longo camiño, escoltando á frolida primaveira vés tecer nos aleiros brando niño, e fuxindo ás cruezas da invernía, finado o vran, retornas da delongada Menfís á campía e ás orelas do Nilo de ágoas mornas, tamén Amor aniña no meu peito empolando amoriños: un inda dorme no casquento leito, outro atulla o niñal de borboriños, éste as azas de lan batendo ensaia, chilan os máis en coros, sin que o chilar e rebulir decaia neste meu cor, turreiro de namoros! Os grandes, con amor de irmáns, axudan ós cativos renovos e axiña como en pruma a lan remudan comenzan o niñal a encher de ovos! Anduriña das ledas canturías e do longo camiño, ¿qué teréi de faguer con tantas crías que no meu corazón fixeron niño?
Poesía e Primavera
11
21 Marzo 2012
A ROSA (paráfrase da Oda CLVI de SAFO, VII-VI a. X.) Si ás arumadas e vistosas frores Xove quixera darlle unha raíña garrida e maxestosa, certo a rosa fora escollida. Baixou á terra dende os outos ceos: groria de canto cría Naturaleza, das ponlas e das follas verdecentes goza a querencia. Honor dos prados, gala dos verxeles, sin par na fermosura e na fragancia, ergue do amor na alma e nos sentidos a labarada. De soaves a súa carne e Céfiro no xoga e
rasos e cruxentes sedas tenra e macia viste; cáliz, neno en berce, sorríe.
GÉRARD DE NERVAL (1808-1855).-
CHANSON GOTHIQUE Belle épousée, J’aime tes pleurs! C’est la rosée Qui sied aux fleurs.
Bela casada Amo o teu choro! É o orballo Que convén ás flores.
Les belles choses N’ont qu’un printemps, Semons de roses Les pas du Temps!
As belas cousas Non teñen máis que unha primavera, Sementemos de rosas O paso do Tempo!
Soit brune ou blonde Faut-il choisir? Le Dieu du monde, C’est le Plaisir.
Sexa morena ou loura Hai que elixir? O Deus do mundo, É o Pracer
Poesía e Primavera
12
21 Marzo 2012
JUANA DE IBARBOUROU (1895-1979).-
COMO LA PRIMAVERA Como una ala negra tendí mis cabellos Sobre tus rodillas. Cerrando los ojos su olor aspiraste Diciéndome luego: —¿Duermes sobre piedras cubiertas de musgos? ¿Con ramas de sauces te atas las trenzas? ¿ Tu almohada es de trébol? ¿Las tienes tan negras Porque acaso en ella exprimiste un zumo Retinto y espeso de moras silvestres? ¡Qué fresca y extraña fragancia te envuelve! Hueles a arroyuelos, a tierra y a selvas. ¿Qué perfume usas? y riendo te dije: —¡Ninguno, ninguno! Te amo y soy joven, huelo a primavera. Este olor que sientes es de carne firme, De mejillas claras y de sangre nueva. ¡Te quiero y soy joven, por eso es que tengo Las mismas fragancias de la primavera!
Poesía e Primavera
13
21 Marzo 2012
ELENA RIVEIRO TOBÍO (1971).-
21 de marzo atroz o cometido do espello a ollada escrutadora teimoso o zoom impertinente espelliño asasino máxico quen non mente? espelliño olláparo asegura que se me abren sucos de versos en ruínas pola cara sinais do seu silencio no fondo da garganta é o día mundial da poesía e eu cos poemas rebentándome as tripas
Poesía e Primavera
14
21 Marzo 2012
RASID SALIM JURI AL-QARAWI (1887-1984).-
A ROSA Oh, rosa do xardín!: por que arrubiaches de vergoña? Se Deus che concedeu a total fermosura. Por sempre na primeira xuventude!... Aproveita esta idade, que rápido o teu fin pode chegarte. Nin envelleciches; nin as túas pupilas, ai!, se murcharon. Por que non corre o tempo nas túas meixelas?...
O XASMIN
Branco xasmín do val!
Oh, prodixio de graza e sopro de pureza!: sobre ti sexa a paz.
Onde está o teu sorriso?
Por que a túa doce boca se queixa de sede? Acaso destruíches o pacto do amor?
Ou o narciso aprazou o día das vosas nupcias? ...pcias?...
Poesía e Primavera
15
21 Marzo 2012
PoesĂa e Primavera
16
21 Marzo 2012
SAID AQL (1911).INVOCACIÓN DA PRIMAVERA E para quen é, Rindala, a noite pura?; as sombras, e as súas dóciles estrelas?; e a xuventude que nos chama, tras as nubes, cara á senda do outeiro? Ven!, a estrela da noite xa está fixa, e espertou o monte dos seus soños. Eu estou sobre o teu peito, aspirando o perfume; gozándome no verso, e coas miñas ansias puras. A miña xuventude reviste aos teus seos fuxidíos, e o núa físgoa que queda entre os dous. Velaquí a primavera, coas súas flores; e o seu xardín murcho, que xa crece. E Ti, mañá, estarás como un cántico na boca dos homes; serás a melodía, e a palabra limpa. Perdinte no vaivén do mediodía, e o moverse do céfiro afastado. Mais encontreite á tarde, no choro, e o rumor da canle. Abraceime a ti no sono e o horizonte ardente, de bordos inflamados . E deixei o teu amor entre a rosa e entre o caravel, para que así os seus cálices me envexen. Para ti é a beleza, oh, Rindala!, para ti é o mundo; e é o verso, e os cumes máis altos.
Poesía e Primavera
17
21 Marzo 2012
Representaci贸n da Primavera nun mosaico da vila romana de La Olmeda (Palencia)
Poes铆a e Primavera
18
21 Marzo 2012
VÍCTOR HUGO (1802-1885).-
PRINTEMPS Tout est lumière, tout est joie. L'araignée au pied diligent Attache aux tulipes de soie Les rondes dentelles d'argent. La frissonnante libellule Mire les globes de ses yeux Dans l'étang splendide où pullule Tout un monde mystérieux. La rose semble, rajeunie, S'accoupler au bouton vermeil L'oiseau chante plein d'harmonie Dans les rameaux pleins de soleil. Sous les bois, où tout bruit s'émousse, Le faon craintif joue en rêvant : Dans les verts écrins de la mousse, Luit le scarabée, or vivant. La lune au jour est tiède et pâle Comme un joyeux convalescent; Tendre, elle ouvre ses yeux d'opale D'où la douceur du ciel descend ! Tout vit et se pose avec grâce, Le rayon sur le seuil ouvert, L'ombre qui fuit sur l'eau qui passe, Le ciel bleu sur le coteau vert ! La plaine brille, heureuse et pure; Le bois jase ; l'herbe fleurit. - Homme ! ne crains rien ! la nature Sait le grand secret, et sourit.
Poesía e Primavera
PRIMAVERA Todo é luz, todo é ledicia. A araña con pé dilixente Cingue aos tulipáns de seda Os redondos encaixes de prata. A trémula libélula Reflicte os globos dos seus ollos No estanque espléndido onde se move • Todo un mundo misterioso. A rosa parece, rexuvenecida, Emparellarse ao botón vermello A ave canta chea de harmonía Nas ramas cheas de sol. Baixo os bosques, onde todo ruído se mitiga, • O cervato con medo xoga soñando: nos verdes xoieiros da escuma, Loce o escaravello, de ouro vivo. A lúa de día é morna e pálida Como un convalecente alegre; Tenra, abre os seus ollos de ópalo De onde a dozura do ceo descende! Todo vive e se coloca con graza, O raio sobre a soleira aberta, A sombra que foxe sobre a auga que pasa, O ceo azul sobre a aba verde! A chaira brilla feliz e pura: O bosque parola: a herba florece, -Home! Non temas nada! A natureza coñece o gran segredo, e sorrí.
19
21 Marzo 2012
BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA.CABANILLAS, Ramón, Obras completas II (ed. e notas de X. Alonso Montero), Akal, Madrid, 1979, 474 pp. (Versos de alleas terras e de tempos idos, 1955) FERNÁNDEZ TEIXEIRO, Manuel María, Terra Chá, La Voz de Galicia, Biblioteca 120 Galega, 2002, 193 pp. MARTÍNEZ MARTÍN, Leonor, Antología de poesía árabe contemporánea, Austral, EspasaCalpe, Madrid, 1972, 235 pp. MARTÍNEZ MONTAVEZ, Pedro, Poesía árabe contemporánea, Escelicer, Madrid, 1958, 288 pp. Locus amoenus. Antología de la lírica medieval de la Península Ibérica (latín, árabe, hebreo, mozárabe, provenzal, galaico-portugués, castellano y catalán), edición bilingüe de Carlos Alvar y Jenaro Talens, Galaxia Gutenberg, Círculo de Lectores, Barna, 2009, 1250 pp. http://usuaris.tinet.cat/picl/libros/glorca/gl002100.htm#00 http://amediavoz.com/ibarbourou.htm#COMO%20LA%20PRIMAVERA http://poesie.webnet.fr/lesgrandsclassiques/poemes/gerard_de_nerval/chanson_gothique. html http://www.hojaderuta.org/imagenes/QabbaniNizarPoemas.pdf http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Po++++++13&id_edicion=Po+++++ +13001&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DPo%2B%2B%2B%2B %2B%2B13%26alias%3DElvira%2BRiveiro%2BTob%25EDo%22+class%3D %22nombreObraPaxina%22%3EPoemas%3C%2Fa%3E&alias=Elvira+Riveiro+Tob %EDo&formato=texto http://pacce1sb.over-blog.com/article-2-poemes-de-victor-hugo-sur-le-printemps47533449.html http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Villa_Romana_de_La_Olmeda_Mosaicos_romano s_006_Spring.jpg
Poesía e Primavera
20
21 Marzo 2012