Versos femininos

Page 1

con ilustraci贸ns de Lu铆s Seoane


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Índice de poemas Verbas a miña nai..................................................................................................................................3 Poema á muller galega..........................................................................................................................5 Canción pra lle decir a Saleta.............................................................................................................10 Oda a unha rapaza do noso tempo......................................................................................................12 Oda ás raíñas de beleza.......................................................................................................................14 Balada para María Balteira.................................................................................................................16 Poema da rapaza virtuosa...................................................................................................................17 Soneto a Xosefa Baamonde García....................................................................................................19 Á dona esculpida en Santa Baia de Bóveda.......................................................................................20 Balada das donas que se recolleron no mosteiro de Pantón...............................................................22 A nai era a vontade e a enteireza........................................................................................................23

Biblioteca IES “San Paio”

2

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Verbas a miña nai Dígoche agora, nai, estas razós porque quero voltarche aquelas verbas doces como a mel que deprendín dos teus beizos cando neno. ¡Non teño, nai, a túa tenrura! Eu, que ando empeñado en ser poeta, non teño verbas doces, sinxelas, craras, amorosas, como as verbas con que ti me arrolache, miña nai. Cecais sexa loucura este tentar apreixar verbas amantes pra che facer con elas un cantar. Cecais a vida probe que vivín me secou a fonte da tenrura e por eso estas verbas son secas como seixos. Xa ves: non teño verbas pero teño un salouco que me enche todo o peito1. 1 MANUEL MARÍA, Mar Maior (1963) in Antoloxía poética (ed. De Camilo Gómez Torres, A Nosa Terra, Vigo, 1997, páx. 55

Biblioteca IES “San Paio”

3

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Luís Seoane, Mater Gallaecia (1961)2 2

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=392&ida=5568

Biblioteca IES “San Paio”

4

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Poema á muller galega ...viudas de vivos e mortos que ninguén consolará... ROSALÍA DE CASTRO

1 É criminal, no tempo que corremos, comparar a muller e máis a flor cando as mulleres de Galiza teñen que emigrar para Francia, Suíza e Alemaña como antes emigraban para Cuba, Arxentina e Venezuela. As mulleres galegas non teñen luceiros en vez de ollos senón unha tristura arrepiante de ollar a un mundo inxusto que está ao seu redor. Voltáronse vermellos os seus ollos de chorar polo home que se foi, polo fillo que non volta, polo pai que hai anos non escribe. Os seus ollos na lonxanía están chantados porque a barca na que saíu o compañeiro non ten traza ningunha de voltar. As mulleres galegas teñen dediante da súa ollada eidos sen labrar, ermos incultos e son elas as que empuñan a rabela como quen ergue unha bandeira para lle obrigar á terra, ao escuro terrón endurecido, a parir o pan de cada día. A muller galega non ten -testemuña son, podo xuraloen vez de dentes pérolas, Biblioteca IES “San Paio”

5

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

nin risas musicais e cristalinas: os seus dentes roen broa de millo, pan centeo, a realidade dura como un seixo; e estas cousa que non teñen chiste algún, tóllenlles os desexos de sorrir. A muller galega -tomade boa nota, a ver se o deprendedes dunha veznon ten a pel de lirio ou azucena, senón unha pel queimada polo sol, petada polos ventos, lavada polas choivas, enfeitizada polas neves, pola xeada endurecida, arrecendendo a mar, a campía e a carqueixa. Tampouco ten corpo de vimbio, senón un corpo duro, resistente, cangado polo traballo, dobregado pola pobreza, vencido polo labourar arreo, sen trégolas nin desacanso. A muller galega non é a dona -tirádeo da cachola- nin a ama, nin a raíña do fogar, senón a compañeira fiel, valente e amorosa igual ao home na loita contra a vida. Non ten beizos de fresa ou de coral; os seus beizos están pechos, apretados pola dor e a carraxe. As súas orellas certamente non son caracolas de nacre ou pétalos de rosas: están feitas de terra e escoitan, con toda claridade, Biblioteca IES “San Paio”

6

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

a voz dos fillos pedindo pan a berros. Tampouco a súa sorrisa é un raio de sol na primavera: é unha luz morta, cincenta como unha tarde pecha do inverno, un suco acedo aberto á tristura. As mulleres galegas -labregas, mariñeiras, artesás, obreiras, pasado, pobo, presente, alma e futuro de Galizanon foron cantadas polos poetas cultos e premiados, pechados nas súas torres de almasí: eles, tan sensibles, non podían dedicarlles rondós e madrigais, sonetos perfectísimos a donas que falan en galego, que son a forza do pobo, porque non teñen xeitos requintados, deprendidos en colexios elegantes, nin vestidos fermosos, nin frases retorneadas - nunca foron á escola, nin alternaron tampouco en sociedade e as súas maos non se semellan ás azas dos paxaros, nin teñen suavidades de veludo: están encalecidas polo traballo, son duras como as pedras, só tenras para o agarimo, con suavidades de mel para perdoar e comprender, para sementar tenrura e máis amor, para arrincar odios. Biblioteca IES “San Paio”

7

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

2 ...E un lembra a Etheria, a peleriña; a María Balteira, a xograresca; a doce, fonda, tristeira e verdadeira nai de Galiza, Rosalía; a Pardo Bazán, tan segura de si e tan sabida; a valente María Pita; a Concepción Arenal, escoando amor, nacendo e revertendo amor dun xeito inesgotábel... Galiza é unha muller. Galiza, néboa imprecisa, río ao que nunca se lle ve o fondo, dor que nos manca, casa de cantería tan velliña, ten nome feminino, un nome moi fermoso de muller. Galiza, nosa nai, nosa dona, nosa irmá, nosa amiga. Galiza noso desacougo e nosa vida. Todas as nosas mulleres son Galiza: voz que nos chama e nos arrola, luz que nos aluma, amor que nos alcende; tenrura que anceiamos e nos cómpre. ¡Esperanza ergueita cara un futuro limpo, noso, que agardamos!3

3 MANUEL MARÍA, Remol (1970) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, pp.401-404

Biblioteca IES “San Paio”

8

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

O poeta coa súa dona, Saleta Goi4

4

https://biosbardia.wordpress.com/2015/07/07/manuel-maria-os-poetas-novos-falan-menos-de-literatura/

Biblioteca IES “San Paio”

9

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Canción pra lle decir a Saleta ¡Ouh amiga e compañeira cotidián; sinxela, doce costume habitual: ti éresme necesaria como o pan, como o aire, como o lume, como o sal! Ti eres o meu pasado, o meu porvir, a muller de verdá, sangue do pobo. Ti décheslle claridade ó meu vivir: un camiño sinxelo, puro e novo. ¡Ouh compaña fiel, maina sorrisa; estrela centilante, arrolo e canto! Ti eres o furacán, i eres a brisa que limpa, no meu ceo, tanto espanto. Ti eres o que eu soño: luz e rosa recendo vida, florecendo a eito. ¡Eres a realidade máis fermosa que levo latexando no meu peito! Ti trócasme en ledicia cada coita e daslle ó meu esprito rumbo certo. ¡Eres o esteo preciso pra esta loita de sementar de flores o deserto!5

5

MANUEL MARÍA, Canciós do lusco ó fusco in Antoloxía poética (ed. de Camilo Gómez Torres, A Nosa Terra, Vigo, 1997, páx. 96

Biblioteca IES “San Paio”

10

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Luís Seoane, Emigrante (1967)6

6

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=392&ida=5568

Biblioteca IES “San Paio”

11

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Oda a unha rapaza do noso tempo Contigo, rapaza intelixente, muller libre, sen prexuízos, ceibe como o vento que tirache no caixón da porcallada as ideas anticuadas da nai, da aboa, da tataravoa, serei feliz. Soio contigo. Ti non tés complexos ataduras, frustraciós: eres como a auga sen contaminar, como o bo trigo, clara como o sol, pura como o espacio sideral. Soio ti me podes comprender e amar de verdade. Soio ti podes parir aos homes integrais do futuro. Soio ti7.

7 MANUEL MARÍA, Odes nun tempo de paz e de alegría (1972) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 462

Biblioteca IES “San Paio”

12

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Luís Seoane, Muller violeta con fondo ocre (1959)8 8

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=392&ida=5568

Biblioteca IES “San Paio”

13

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Oda ás raíñas de beleza As raíñas de beleza, ademais do que se lles pode ollar por fóra, acostuman a ser cultísimas, nada sofisticadas, moi intelixentes -na maior parte dos casos son superdotadas,moi sociábeis, odian o personalismo e a publicidade, queren pasar inadvertidas, son políglotas pois falan case todas as linguas coñecidas, as súas respostas son acertadísimas -nunca houbo unha que dixera parvadas-, saben moi ben o que desexan, teñen unha consciencia moi aguda, detestan, con toda a forza da súa alma, a muller -obxecto sexual. Con todo, a súa calidade maior é a humildade9.

9

MANUEL MARÍA, Odes nun tempo de paz e de alegría (1972) in ibíd., páx. 470

Biblioteca IES “San Paio”

14

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Luís Seoane, Muller con rodete (1959)10 10 http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=392&ida=5568

Biblioteca IES “San Paio”

15

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Balada para María Balteira María Balteira, dona das sorrisas que reinache sobre versos de amor, ouh miña señor corpo delgado: amores hei baixo as abelairas. No teu corazón de mel gardache saloucos namorados feitos dun vermello, doce e queimante lume abrasador: quen fía e tece ben lle parece. María Balteira, dona do orballo, flor galega e románica que abriche o teu recendo de gracia e de beleza coa mesma naturalidade coa que abre os seus ollos a alba namorada, miña señor do corpo ben tallado como a cerva que vai á auga fría: quen fía e tece ben lle parece. María Balteira, dona da primavera, orballo que non mata a nosa sede, trigo que non acala a nosa fame, cunca de viño de todas as pousadas árbore que dá sombra ao camiñante, ouh miña señor corpo belido, leda e lixeira como as ondas do mar: quen fía e tece ben lle parece.

Biblioteca IES “San Paio”

16

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

María Balteira, dona das estrelas, río que nunca deixa de correr, chío de cotovía, voz de reiseñor, fonte gustosa e benfeitora, ronsel de resplandores e de lúas, ouh miña señor corpo doado e cimbreante como un vimbio: quen fía e tece ben lle parece. María Balteira, dona das mapoulas, dos maios doces cando están as rosas en sazón, sorpresa sempre renovada, camiño endexamais andado, muller e pomba ventureira, xograresa, ouh miña señor corpo fermoso con recendor a terra e a misterio: quen fía e tece ben lle parece. María Balteira, dona do segredo, da pregunta nunca respostada. María das cantigas de escarño: quen fía e tece ben lle parece11.

VI Poema da rapaza virtuosa ¡¡¡ NNN OOO NNNNN!!!!!!12

11

MANUEL MARÍA, O libro das baladas (1978) in ibíd., pp. 631-2 12 MANUEL MARÍA, Escolma de poetas de Outeiro de Rei (1982) in Obra poética completa II (1981-2000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 91

Biblioteca IES “San Paio”

17

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Luís Seoane, Muller (1979)13

13 http://paulampazo.blogspot.com.es/2015/08/luis-seoane-tradicion-e-modernidade.html

Biblioteca IES “San Paio”

18

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Soneto a Xosefa Baamonde García Pepa Baamonde, mestra valerosa, semente escolmada, espello fiel, recolleita de luz, fondo ronsel, labarada incontíbel e poderosa. Bandeira estremecida, fala nosa feita de terra, orballo, lume e mel, música, saúde, pobreza e carabel, recendente e perfecta como a rosa. Ti defende sempre a nosa herencia: este idioma negado e perseguido por séculos de odio e impotencia. Pese ao medo, á agresión, á violencia: ¡ningún colonizador, ningún vendido nos borrarán a lingua e a conciencia!14

14 GÓMEZ TORRES, C., O tempo vital de Manuel María, A Nosa Terra, Vigo, 2005, pp. 196-97 Soneto, datado en 1981, en honra desta mestra represaliada por impartir aulas en galego.

Biblioteca IES “San Paio”

19

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Á dona esculpida en Santa Baia de Bóveda Miña dona xentil do ventre fecundado, redondo e pechado como o mundo, a lúa, o sol e a rosa; fonte da vida, limpa e pura, luz virxe, lustral e cantareira: o arco triunfal, que te nimba e coroa de suprema beleza, é o marabilloso don da primavera nacendo, afirmándose, permanecendo dun xeito incontíbel e poderoso. Auga, terra, paixón, lume e amor que se senten agromar do corazón. Nese arco teu, perfecto e prodixioso, ouh miña dona das sorrisas puras, están todas as flores inmarcesíbeis que nacen, medran e recenden na conciencia do mundo dende sempre15.

15 MANUEL MARÍA, A luz resucitada (1984) in Obra poética completa II (1981-2000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 149

Biblioteca IES “San Paio”

20

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Luís Seoane, Nada as perturba (1963)16

16 http://paulampazo.blogspot.com.es/2015/05/luis-seoane-tradicion-e-modernidade.html

Biblioteca IES “San Paio”

21

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Balada das donas que se recolleron no mosteiro de Pantón Donas que viñestes ao mosteiro bernardo de Pantón escoitar o mínimo murmurio do río Ferreira como quen oi unha lembranza ou un máxico reiseñor enfebrecido, ¿qué melancolía cobre como unha néboa o voso corazón...? -Eu desfollando unha flor. O silencio grave e claro do convento cando o fume das chaminés das vosas estancias semellaba pequenas, vagamundas nubes: ¿levaría o recendo dos vosos ensoñares, cinzas de amores esquecidos ou saloucos perdidos no misterio da noite? -Eu desfollando unha flor. Cando, nas ledas alboradas do florido maio, cantaba, maina, a brisa na abelaira: ¿qué canción impedía os vosos rezos? ¿Cómo ruborecía o voso rostro branco poñendo nas vosas meixelas de mazá reinetas unha rosa tépeda acendida?. -Eu desfollando unha flor. ¿Qué foi das olladas como lóstregos, da linguaxe dos panos finamente bordados, das fitas de seda que prendían corazós de cabaleiros, fidalgos e trobeiros? Esa andoriña que fuxe apresurada, ¿non será, cecais, unha cantiga...? -Eu desfollando unha flor mentres lembro ao meu amor17. 17

MANUEL MARÍA, Cantigas e cantos de Pantón (1994) in ibíd., páx. 551

Biblioteca IES “San Paio”

22

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

A nai era a vontade e a enteireza, a voz dos devanceiros e da terra, a loita, a teimosía, a xorda guerra contra a preguiza, a fame e a pobreza. E aínda a súa palabra clama e berra axotando soidades e incerteza. Logrou vencer desgracias e tristeza. E sabía que o xusto, ás veces, erra. Era a casa de pe: segura, ergueita. A tradición firme, a liña dereita como o cedro da horta ou a nogueira. ¡A nosa nai foi grao, flor e colleita! ¡Que existencia exemplar e verdadeira! ¡Que tarefa cumplida!¡E que ben feita!18

18

MANUEL MARÍA, Sonetos á casa de Hortas (1997) in ibíd., páx. 629

Biblioteca IES “San Paio”

23

8 marzo 2016


Manuel María

Versos femininos (Escolma)

Día Internacional da Muller 2016 Biblioteca IES “San Paio”

24

8 marzo 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.