alberto ardid IG: @albertoardid
Autoría colectiva (2019) é unha pintura asinada por todas as persoas que participaron do proceso. Como acontece no cine, onde ata o traballo máis auxiliar ten a súa cota de recoñecemento nos títulos de crédito, nesta peza, os oficios que foron precisos para que o da pintura fose posible, reciben a súa respectiva consideración. Así están presentes os creadores da pintura, dos pinceis, do lenzo... A obra reivindica, deste xeito, unha autoría coral, un traballo en equipo lonxe do ideal romántico (e tan reacionario como atraínte) de artista, que non é un xenio aillado da sociedade. Debemos acabar coa idea individualista da creación. Deus non existe. A obra foi exposta en Maison Ruina en decembro de 2019, na exposición Un martillo, dos martillos comisariada por Tayone. Na fotografía, feita no meu taller, aparece unha cadeira baleira á espera do espectador, parte última do proceso e que sen el, nada tería sentido. Sirva este símbolo como reivindicación.
22