TANTAS IMAXES #04 - O OBRADOIRO (I)

Page 46

antón patiño IG: @anton.patino

Espazo experimental Taller como lugar ingrávido onde todo pode acontecer. O taller do artista é o lugar onde convocar o xogo. Alí todo está aberto (inzado de posibilidais). Tamén é certo (como dicía Gilles Deleuze) que todo o noso mundo está ateigado de sedimentos iconográficos previos. Un denso palimpsesto (a xeito de horror vacui) gravita sobre as nosas mentes. Sobre ese mesto depósito colectivo é onde hai que escarvar deica atopar zonas liberadas (espazos de seu). Cómpre acadar territorios de silencio. Ocos onde sedimentar as emocións. A imaxe vai nacer aí: nesa zona liberada. Escoitamos o aroma da materia, sentimos a cor na mente, vibramos co recendo dunhas combinacións insospeitadas. Hai unha xeira de sinestesias Experimentos, rotacións, mesturas e fusións. A importancia dos procesos vai estar sempre presente. Temos que atopar vectores que alén da angustia das influencias poidan establecer unhas liñas de acción, reparando nos sobresaltos, facendo esculcas no asombro.

46


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.