TANTAS IMAXES #04 - O OBRADOIRO (I)

Page 6

De onde ven a arte?

IG: @elenabangueses

Elena Bangueses Historiadora da arte, xestora cultural e comisaria

«Work to code» (traballa seguindo o código) é a primeira das dez regras do estudio de Tom Sachs. O artista e deseñador norteamericano esixe que todos os seus empregados, antes de comezar a traballar no seu taller, vexan a súa película 10 Bullets (10 balas) que comeza coa frase «creativity is the enemy» (creatividade é o inimigo) e sigan as súas regras. O ton humorístico da película esfórzase pouco en encubrir a súa verdadeira natureza, e para os familiarizados coa produción de arte a gran escala, non ofrece sorpresas. Podemos imaxinar facilmente que un aprendiz ateniense debería cumprir regras semellantes no taller de Fidias no século V. Xa entón, como sucede agora, só o artista principal asinaba e recibía crédito pola obra de arte. Os artistas que dirixen tales estudios teñen unha imaxe de marca que protexer, e un aprendiz excesivamente creativo é o que menos precisan. Sería enganoso pensar que nada mudou en dous milenios e medio, a noción de obra de arte é completamente diferente na cultura contemporánea, pero, que acontece co lugar onde se realiza a obra? A relación entre o artista ou mestre dun estudio e as persoas que traballan nel, obviamente mudou, aínda que non necesariamente dun xeito positivo. Traballar no obradoiro dun mestre foi, ata hai relativamente pouco, o xeito de formarse como artista, como o foi para calquera outra profesión técnica. Hoxe, gran parte dos artistas están formados en academias e universidades, e non é difícil atopar montóns de currículos de novos artistas con títulos de grado e mestrado no mostrador dun gran estudio que ofreza prácticas non remuneradas. Cando se trata de grandes talleres de artistas, os seus sistemas de

Sachs, T., Ten Bullets Zine, 4a ed., 2009 acc: store.tomsachs.org 04/06/20

6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.