EOI Ferrol Número 17 ANO 2019
www.eoiferrol.org
Unha revista senlleira é a que temos nas mans, Diálogo, que, neste ano 2019, presenta o número dezasete. Como en todas as anteriores, os alumnos somos os autores dos diferentes apartados dos que consta a publicación, e os ánimos e as ganas de partillar datos, temas, coñecementos etc. aumentan cada curso. Participar nesta obra cos diversos traballos, é un magnífico xeito de divulgar, de forma amena, as diferentes variedades culturais dos países representados polos idiomas que estudiamos, e, tamén, de aprender polo miúdo a través das informacións e as creacións de cada un de nós. O obxectivo non é só mostrar a nosa aprendizaxe dun idioma concreto, senón acrecentar o coñecemento de todos os que amosan os restantes compañeiros, xa que, cada ano, o número de achegas é considerable e de temática moi interesante. A revista, ademais, é proveitosa para animar os posibles creadores que levamos dentro a continuar presentando ideas a través da escrita. Todas as felicitacións e apoios, que recibimos por parte do alumnado, profesorado e demais participantes na elaboración de “Diálogo”, son un pulo importantísimo para continuarmos nesta actividade creativa tan pracenteira. Para todos, con afecto, vai o noso recoñecemento. » Graciñas aos creadores » Obrigadíssimos aos criadores » Thanks to creators » Danke den erschaffern » Merci aux créateurs » Grazie a le creatore Aurora V.
Diálogo
Limiar