Eroski 09 2017 gallego

Page 1

www.eroski.es

#28

setembro’17 - 1 EURO

PATACAS

Básicas na túa despensa O ESCAPARATE Nova auga EROSKI en botella reciclada

NA TENDA CONTIGO Máis comprometidos ca nunca co produto local

BELEZA Descubre a gama belle para lle dar volume ao teu pelo


EROSKI 27 Melones el abuelo.indd 1

3/7/17 20:16


sumario www.eroski.es

setembro’2017

10 é tempo de... Patacas Eroski NATUR: imprescindibles na cociña.

16 protagonistas EROSKI A familia de conservas vexetais e lácteos de EROSKI estrea setembro con novidades.

20 o escaparate Novos envases de auga EROSKI fabricados con plástico reciclado e 100% reciclables.

22 na tenda contigo Seguimos a apostar polos produtos locais e presentámosche as novidades da nosa Estrela Solidaria.

26 aforra con eroski Menú económico e equilibrado sen renunciar á calidade e ao sabor.

10

32 pola túa saúde Consume marisco de calidade en calquera momento do ano.

38 enerxía para medrar Proteínas para volver ao cole coas pilas cargadas.

43 beleza Unha dose de volume extra para o teu pelo coa gama Volume e Densidade de belle.

49 vales aforro Eroski club Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro Eroski club.

22

43

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

as vantaxes de ser socio

003 SUMARIO GAL.indd 3

52 noticias corporativas O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

3

3/8/17 19:36


EROSKI 28 SEGUROS doble gallego.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

1/8/17

15:33


EROSKI 28 SEGUROS doble gallego.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

2

1/8/17

15:33


este mes... setembro’17

www.eroski.es

#28 setembro’17 - 1 EURO

“O teu voto é importante para coñecermos a causa que recibirá os beneficios da venda da Estrela Solidaria”

Inclúe vales aforro Búscaos na páxina 49

PATACAS

Itxaso Cuesta — RESPONSABLE Eroski club

Básicas na túa despensa O ESCAPARATE Nova auga EROSKI en botella reciclada

NA TENDA CONTIGO Máis comprometidos ca nunca co produto local

BELEZA Descubre a gama belle para lle dar volume ao teu pelo

001 PORTADA GAL.indd 1

Edición #28 setembro’17

Volvemos con ganas

V

olver ao cotián tras as vacacións do verán pódese converter nunha tarefa difícil. Dende a revista EROSKI club querémosche dar argumentos para que regreses con ganas e para te axudarmos a superares esta proba con sobresaínte en todos os sentidos. Por iso, dedicámoslle a nosa portada á pataca, un alimento de prezo insuperable e cunhas posibilidades gastronómicas excepcionais. Non perdas as nosas receitas, coas que triunfarás seguro na cociña. Neste número tamén che lembramos que o teu voto é importante para coñecermos cal vai ser a causa que, unida ao apoio ás persoas maiores, vai recibir os benefi cios da venda da Estrela Solidaria nas nosas tendas. Co teu apoio, podemos axudar a quen máis o precisa.

3/8/17 19:35

Ademais, convidámoste a coñeceres de preto a aposta e o compromiso de EROSKI coa produción local. Porque, ao elixires produtos de proximidade non só alimentas os teus, tamén coidas o futuro, axudando a conservar o teu contorno, tradicións e cultura. E se queres poñer o teu gran de area a prol do medio natural, non deixes de mercar as nosas novas botellas de auga fabricadas con plástico reciclado. Somos o primeiro distribuidor de España que as introduce no mercado coa súa marca propia.

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel. +34 946 211 211 REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 44 28037 Madrid Tel. +34 915386104 Difusión controlada por OJD Publicidade Antonio García Tel. +34 607973913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel. +34 943 344 614 Depósito Legal BI-222-2015

Mellor servizo de atención ao cliente por quinto ano consecutivo

Dende o 2003, a SA8000 certifica que EROSKI é unha empresa socialmente responsable

Cumprimos 20 anos colaborando con Banco de alimentos

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. La revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.

Eroski club Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefi res, rexístrate en

www.eroski.es e descubre todas as vantaxes

6

006 EDITORIAL GAL.indd 6

3/8/17 19:38


EROSKI 28 NESTLE AZERA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

31/7/17

20:55


para abrir boca

lanzamento

Reinventamos os nosos pratos preparados

F

alta de tempo para cociñar, comodidade... Tanto teñen os motivos que te leven a mercar un prato preparado, o principal é elixir ben. En EROSKI reinventamos a nosa familia de comida preparada con dúas novas propostas: Arroz á mariñeira e Ensalada con paus de mar. E melloramos a receita das nosas Alcachofas con xamón, eliminando os conservantes, con máis cantidade de verdura e xamón de maior calidade. Abrir, quentar e comer... Como se o acabaras de facer!

recomendación

novidade

Melón: agora está no seu momento óptimo

Hamburguesas máis saudables

M

D

oi refrescante pola súa riqueza en auga e cunha baixa achega de calorías, o melón está en plena tempada. Se elixes a variedade Pel de Sapo de Eroski NATUR, levarás á casa un produto prémium de sabor e calidade inigualable. Distinguiralo porque a súa pel é verde escura con manchas e ten unha carne fi rme, doce e aromática. Próbao como sobremesa ou innova na cociña introducíndoo en ensaladas, macedonias, xeados, cremas ou sorbetes.

ille adeus aos sabores tradicionais. Presentámosche a nova hamburguesa de polo e cenoria que chegou ás nosas tendas. Unha receita diferente, que se suma á orixinal hamburguesa de queixo e espinacas, e que te sorprenderá polo seu suave sabor. A base de carne de polo e un 19% de cenoria, converterase nun dos teus mellores aliados para que os máis cativos se afeccionen á verdura. Cun alto contido en proteínas, é ideal para preparar unha cea rápida e saudable.

8

008 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 8

3/8/17 19:39


EROSKI 28 Buitoni.indd 1

31/7/17 19:59


é tempo de...

Patacas: petiscarás e petiscarás Cocida, asada, guisada, fritida... a pataca é un dos alimentos máis populares da nosa gastronomía. Protagonista en pratos humildes e tamén en receitas gourmet, como principal ou acompañante, sempre está á altura.

A

pataca é un produto ben sinxelo, e mais saudable, nutritivo e apetitoso. Constitúe a base da alimentación en millóns de fogares de todo o mundo e está ao alcance para todo tipo de economías. A nivel nutricional, posúe unha gran riqueza en hidratos de carbono, polo que proporciona enerxía para mellorar o rendemento diario. Componse sobre todo de auga (75%), hidratos de carbono, amidón e potasio. O xeito de cociñala será

o que faga variar o seu contido calorífico: as 80 calorías por 100 gramos que achega unha pataca asada ou cocida pódense triplicar de se consumir fritida ou guisada. A HISTORIA Este tubérculo é orixinario de Perú e en Europa introducírono os conquistadores españois a mediados do século XVI, aínda que se rexeitaba como alimento, xa que se pensaba que os seus froitos eran velenosos e utilizábase

como planta decorativa. No século XVIII derrubáronse os falsos mitos, por mor sobre todo das grandes fames, e Irlanda foi o primeiro país en incorporala á dieta. O seu uso espallouse en España un pouco máis tarde e foi a mediados do século XIX cando se popularizou a nosa famosa tortilla. Hoxe en día, a pataca é un dos alimentos máis consumidos no mundo. As razóns: é barata, cultívase en abundancia, é nutritiva e ten moitas posibilidades na cociña.

10

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 10

3/8/17 19:40


PATACAS AO POBRE GRATINADAS 4

fácil

30-40’

INGREDIENTES • 4 patacas Eroski NATUR • 100 g de paíños de cangrexo • 1 ceboliña • 1 pemento verde • 1 tomate • 50 g de pan relado • 40 ml de aceite de oliva • Sal

COMO SE ELABORA ● Rascamos as patacas,

cortámolas en toros grosos e cocémolas en auga fervendo cun chisco de sal. ● Cando están case cocidas,

sacámolas e reservamos ata que amornen.

● Picamos moi fi na a ceboliña e o pemento verde e salteámolos nunha tixola con aceite de oliva. ● Así que amoleza a verdura, engadimos o tomate e mais os paíños de cangrexo en cachos e refogámolos e poñémolos ao punto de sal.

● Nunha bandexa de forno,

colocamos os toros de pataca e, encol deles, o salteado de verdura e cangrexo. Esparexémoslle o pan relado e gratinamos ata que se doure lixeiramente a superficie. ● Servimos quente.

0,34 € por persoa

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

255

8g

13%

12%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

1,4g 4,2g 0,5g 7%

5%

8%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Pataca Eroski NATUR: sabor e calidade Baixo a marca Eroski NATUR dispós de variedades de pataca nova para fritir e de gornición. Estas caracterízanse pola súa pel dourada e fina. O seu tamaño adoita ser algo máis pequeno ca o das patacas vellas, a súa carne máis acuosa e presenta unha cor branca ou lixeiramente amarelada e un sabor neutro. Lembra que a nosa marca de

produtos frescos de calidade superior supera os controis máis esixentes, o que garante as súas orixes. As nosas patacas foron coidadosamente seleccionadas, polo que non presentan cheiros nin manchas, tampouco zonas verdosas ou deformacións, o que avala a súa frescura e sabor. Presentes no mercado todo o ano,

as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 11

existen moitísimas variedades de patacas, aínda que só se dedican ao consumo un cento delas, que se clasifican segundo a cor da pel e as características da súa carne, forma e tamaño. Cada tipo ten unhas propiedades específicas para a súa utilización na cociña e elixir a máis axeitada para cada uso é a clave do éxito de calquera prato.

11

3/8/17 19:41


é tempo de...

PATACAS CON PEMENTOS SECOS E TOMATE 4

fácil

+1h

INGREDIENTES • 800 g de patacas Eroski NATUR • 75 g de cebola • 1 pemento verde • 2 dentes de allo • 2 pementos chouriceiros • 40 g de tomate frito • Perexil • 10 ml de aceite de oliva • Sal

COMO SE ELABORA

anacos, e a polpa do pemento chouriceiro. Refogamos o conxunto.

● Remollamos durante 1 hora

os pementos chouriceiros en auga morna. Unha vez rehidratados, raspamos cun coitelo o interior e sacamos a polpa, que posteriormente utilizaremos, e desbotamos a pel.

● Cubrimos con auga o guiso. Nese intre incorporamos o tomate frito e deixámolo cocer ata que as patacas estean tenras. ● Deixamos repousar 5

● Cortamos moi fi na a

minutos fóra do lume. Poñemos ao punto de sal, engadimos un pouco de perexil e servimos.

cebola, o pemento verde e o allo e refogámolo todo con aceite de oliva. ● Ao se rustrir a verdura,

engadimos as patacas, peladas e cortadas en

PATACAS RECHEAS DE MEXILLÓNS 4

media

40-50’

INGREDIENTES • 8 patacas Eroski NATUR • 500 g de carne de mexillóns • 1 cebola • 1 tomate • 100 ml de viño branco • Perexil • 500 ml de caldo de peixe • 10 g de fariña • 2 ovos • 250 ml de aceite de oliva • Sal COMO SE ELABORA ● Nunha tixola sofritimos media

cebola picada fina. Cando estea branda, engadimos a carne dos mexillóns picada e un pouco de sal.

0,42 €

● Noutra pota, elaboramos a

salsa sofritindo a outra metade da cebola e agregando o perexil e o tomate en anacos.

por persoa

● Deixamos que se cociñe un

pouco e ligamos a salsa con 2 culleradas de fariña. Agregamos despois o caldo de peixe, o viño branco e poñemos ao punto de sal. ● Cocemos a salsa a lume

lento durante quince minutos e posteriormente pasámola polo pasador de puré e polo coador para que quede máis fina. ● Por outro lado, pelamos as

patacas e cocémolas en auga con sal. Unha vez cocidas, perforamos o seu interior e enchémolas co preparado de marisco. ● Rebozamos as patacas

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

196 2,9g 0,5g 3,3g 0,1g 10%

4%

2%

4%

1%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

con fariña e ovo, fritímolas e incorporámolas á pota coa salsa. ● Deixamos cocer a lume lento

durante un minuto e servimos decontado.

12

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 12

3/8/17 19:41


es tiempo de...

0,90 € por persoa

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

379 6,4g 1,5g 19%

9%

7%

SAL

5,1g

1g

6%

17%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 13

13

3/8/17 19:41


é tempo de...

PATACAS CONFEITADAS CON PORROS E VINAGRETA DE XAMÓN E KIWI 4

fácil

RECEITA PASO A PASO

1

2

● Pelamos as patacas e cortámolas en

● Lavamos o porro e cortámolo en tiras.

láminas fi nas. Poñémolas ao punto de sal e reservámolas.

Engadímoslle sal. Botamos un pouco de aceite de oliva nunha tixola e agregamos as patacas e mais o porro.

3

4

● Tapamos a tixola e cociñamos a lume

● Mesturamos un pouco de zume do

manso a mestura de porros e patacas ata que se confeiten. Escorremos os zumes do confeitado e deixamos amornar.

confeitado cos cachos de xamón, o kiwi, o vinagre e o sal. Presentamos o prato coa axuda dun aro de montaxe e aliñamos coa vinagreta de xamón e kiwi.

30-40’

INGREDIENTES • 300 g de patacas Eroski NATUR • 300 g de porro • 50 g de xamón ibérico • 50 ml de aceite de oliva • 20 ml de vinagre de sidra • 1 kiwi • Sal

Na cociña A pataca está moi presente na nosa gastronomía, como prato principal ou acompañante. A tortilla de pataca, os cachelos en Galicia, as patacas á rioxana ou as papas engurradas de Canarias forman parte do noso rico e variado receitario. Con patacas pódese elaborar todo tipo de receitas: pasteis, guisos, doces, purés... E existen moitas fórmulas para cociñalas: fritilas, enchelas, cocelas, enfornalas... Pero o refraneiro popular lémbranos que “a pataca cocida alonga a vida”. E é que cociñadas deste xeito é como mellor conservan todo o sabor e valor nutritivo. Ademais, teñen menos calorías que se as consumimos fritidas ou guisadas.

14

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 14

3/8/17 19:41


es tiempo de...

0,94 € por persoa

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

CALORÍAS

GRAXA

212

12g

2g

11%

17%

11%

SAL

6,4g 0,5g 7%

9%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

as vantaxes de ser socio

010-015 ES TIEMPO DE GAL.indd 15

15

3/8/17 19:41


Novos ‘mix’ de verduras EROSKI

Uns minutos e listo! 16

016-017 PROTA CONSERVAS VEGETALES GAL.indd 16

3/8/17 19:42


protagonistas EROSKI

Abrir o bote, quentar e servir. Así de sinxelo é preparar un prato saudable e sabedor cos novos mix de verduras EROSKI. Lanzamos tres variedades: feixóns con patacas e tomate natural, acelgas con patacas e tomate natural e kale con boniato e quinoa. Próbaos todos!

O

s novos mix de verduras EROSKI chegan á nosa mesa directamente da horta navarra. Tres receitas listas para se converteren nun imprescindible na despensa, coas que solucionar un primeiro prato sen complicacións e aforrar tempo na cociña. Cos novos botes de Feixóns con patacas e tomate natural, Acelgas con patacas e tomate natural e Kale con boniato e quinoa, EROSKI vai máis alá das clásicas minestras ou macedonias. Están aderezados cun pouco de aceite de oliva virxe extra, polo que non cómpre engadir máis nada. Tan só quentar e servir.

cea rápida ou levar no táper á ofi cina, atoparás un grande aliado nas novas referencias que vén de lanzar EROSKI. DA HORTA Á TÚA MESA Estas tres mesturas de verduras e hortalizas preséntanse en bote de cristal de 400 gramos. En EROSKI estamos firmemente comprometidos coa produción local e de proximidade, polo que estas conservas se elaboran en Navarra, con vexetais seleccionados de xeito rigoroso e coidadosamente procesados para preservar todo o seu sabor e textura.

NO MENÚ Pódelas utilizar tal cal, tamén para elaborar un rico puré, como gornición nos teus pratos de carne ou combinalas con arroz ou outros cereais ou legumes. Se lles queres dar un toque máis creativo aos teus pratos, propoñémosche enriquecer os nosos novos mix de verduras, por exemplo, cun sofrito de allo e xamón, cuns anacos de bonito e ovo duro, millo, froitos secos, cun salteado de carne picada e cebola… Cun pouco de imaxinación, podes acadar un prato moi colorido e vistoso co que abraiar aos comensais máis esixentes.

ACOTÍO NA DIETA Polos benefi cios que proporcionan, os vexetais deben ocupar un lugar importante nunha dieta sa e equilibrada. Son baixos en calorías e fonte de vitaminas, minerais e fi bra. De aí a recomendación da OMS de comer mínimo de tres a cinco racións ao día. Non tes tempo de mercar acotío verduras frescas? Aposta polas conservas. Manteñen as propiedades das hortalizas crúas, polo que, se buscas unha solución nutritiva, saborosa e lixeira coa que preparar un primeiro prato, unha

Saúde e benestar

semáforo nutricional

as vantaxes de ser socio

016-017 PROTA CONSERVAS VEGETALES GAL.indd 17

2.075 produtos de marca propia con semáforo

17

4/8/17 12:50


Novos Bon Yourt EROSKI

Contraste de sabores 18

018-019 PROTA YOGURES GAL.indd 18

3/8/17 19:43


protagonistas EROSKI

Tanto se es fan do doce chocolate coma se prefires o fresco e vibrante ácido do limón, en EROSKI atoparás un sabor á túa medida. Lanzamos unha nova variedade de iogur bebible con stracciatella e outra de lima-limón. Vaste resistir a probalos?

N

o almorzo, a media mañá, para a merenda... calquera hora do día é boa para gozar unha bebida de leite. Rica en proteínas de alto valor biolóxico, calcio de fácil asimilación e vitaminas, é perfecta para cumprir coa recomendación de tomar de 2 a 4 porcións de lácteos ao día. En EROSKI non deixamos de aumentar a nosa familia de iogures. Agora chegan dúas novas variedades de Bon Yourt para beber, un formato moi práctico que che permitirá gozalo en calquera momento e lugar. Tamén

podes probar a introducilo no teu receitario, por exemplo, como base para elaborar un refrescante refresco xeado. Os amantes do chocolate están de sorte, porque nos nosos lineais xa poden atopar o novo Bon Yourt de stracciatella, con deliciosas labras que se desfán na boca. Aqueles que busquen alixeirar a dieta, poden optar polo novo Bon Yourt de lima-limón, cun sabor auténtico e refrescante e só 68 quilocalorías por cada 200 ml. Seguro que a partir de agora non faltan nunca na túa neveira.

as vantaxes de ser socio

018-019 PROTA YOGURES GAL.indd 19

BON YOURT ‘STRACCIATELLA’ Preséntase nun práctico pack de 4 botellas individuais de 160 ml cada unha. Aínda que inclúe labras de chocolate, o seu contido en graxa é baixo. Non contén glute e é fonte de proteínas. BON YOURT LIMA-LIMÓN Caracterízase por conter o 0% de materia graxa e o 0% de azucres engadidos. A súa textura é cremosa e o seu sabor en boca moi agradable. Ao igual ca os de stracciatella, é ideal para compartir, xa que se comercializa nun formato de 750 ml.

19

3/8/17 19:43


Nova auga EROSKI en botella reciclada

Hidrรกtate e coida o medio natural 20

020-021 ESCAPARATE AGUA GAL.indd 20

3/8/17 19:44


o escaparate

En EROSKI preocúpanos o teu benestar e tamén o do planeta. Por iso, atoparás a nosa auga de 1,5 e 5 litros en envases fabricados cun 50% de plástico reciclado que, ademais, son tamén 100% reciclables. Con esta iniciativa, somos o primeiro distribuidor en lanzar este tipo de botellas na súa marca propia.

A

o escolleres a nosa auga EROSKI, amais de te hidratares, protexes o medio natural. Conscientes do problema que xera o exceso de plásticos nas nosas vidas, substituímos os envases de auga de 1,5 e 5 litros por unhas novas botellas máis amigables co contorno, fabricadas cun 50% de plástico reciclado e materiais 100% reciclables.

EN VERMELLO Os novos envases, doadamente identificables pola súa cor vermella, garanten todos os estándares de calidade e organolépticos e pódense atopar en toda a nosa rede de supermercados e hipermercados. En colaboración co Basque Ecodesign Center (entidade constituída nun marco de colaboración entre empresas do sector privado e o Goberno

as vantaxes de ser socio

020-021 ESCAPARATE AGUA GAL.indd 21

Vasco, que ten como obxectivo a conceptualización e execución de proxectos innovadores de ecodeseño, e da que EROSKI é socio), estase a elaborar a declaración ambiental da botella e mais da garrafa, que permitirá cuantificar a mellora ambiental do produto en todo o seu ciclo de vida ao comparala co deseño anterior. As primeiras estimacións realizadas por EROSKI apuntan a unha redución de polo menos 400 toneladas de emisións equivalentes de CO2 en 3 anos. Dende hai nove anos, EROSKI traballa na mellora do comportamento ambiental dos seus envases a través do ecodeseño. Entre as medidas de mellora postas en marcha destacan a selección de materiais que favorecen a reciclabilidade do envase e a redución de materias primas usadas para a súa fabricación.

21

3/8/17 19:44


Comprometidos co produto local

Alimenta o que mรกis queres 22

022-023 EN LA TIENDA CONTIGO PRODUCTO LOCAL.indd 22

3/8/17 19:46


na tenda contigo

Sabemos que lle dás moita importancia á orixe do que consumes, que che gustan os produtos da nosa terra, alimentos de calidade, frescos e no seu momento óptimo de consumo. En EROSKI estamos comprometidos co local. Porque ao elixires produtos de proximidade, non só alimentas os teus, tamén o futuro do que te arrodea.

D

etrás de cada produto local hai unha historia de tradición, de mimo e coidado das materias primas, de persoas e de xeitos únicos de traballar. Os alimentos máis de preto son tamén os de mellor calidade, os que presentan un maior grao de frescura, son máis sostibles, porque non percorren centos de quilómetros ata chegaren ao punto de venda, e conservan o sabor máis auténtico. En EROSKI poñemos en marcha unha campaña nos nosos establecementos do País Vasco, Navarra, Baleares, Galicia, Aragón e Cataluña para poñermos en valor os produtos locais comercializados baixo a nosa marca propia: leite, ovos, carne... Ao elixilos para a túa compra cotiá, non só alimentas aos teus, senón que protexes o que máis queres, axudando a conservar o teu contorno máis próximo, tradicións, cultura... á vez que apoias os produtores da zona e a economía local. En EROSKI estamos firmemente comprometidos cos alimentos de proximidade. A colaboración cos

Produto Local

produtores do contorno das nosas tendas é un dos eixes que diferencia a nosa política comercial da doutros distribuidores. Sempre apostamos por potenciar ao máximo as economías locais e crear así riqueza, contribuíndo ao desenvolvemento agroalimentario, económico e social. CIFRAS QUE O DIN TODO E así o demostran os nosos números. Contamos cun total de 9.317 provedores, dos que 4.603 son provedores comerciais. De todos eles, máis do 50% son pequenos produtores locais con quen traballamos unha política de compras e aprovisionamento adaptada á súa dimensión e ás particularidades do seu produto. Só o ano pasado incorporamos 2.727 produtos locais á gama de alimentos producidos no contorno dos nosos establecementos, ata un total de 23.791 referencias únicas. E temos xa 2.784 acordos con pemes e cooperativas para o desenvolvemento de produtos agroalimentarios locais.

provedores

locais

as vantaxes de ser socio

022-023 EN LA TIENDA CONTIGO PRODUCTO LOCAL.indd 23

APOIAMOS UN SECTOR LÁCTEO SOSTIBLE

O ano pasado culminamos un proxecto iniciado anos atrás co obxectivo de lles ofrecermos aos consumidores leite orixinario da súa rexión. Esta iniciativa apoia o Acordo para a estabilidade e sostibilidade da cadea de valor do sector lácteo, que EROSKI asinou e que está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. EROSKI comercializa leite de produción local de marca propia en Galicia, Baleares, Cataluña, País Vasco e Navarra e garante a sostibilidade do sector e o relevo xeracional, co compromiso de pagar un prezo xusto polo produto. Por iso, o noso leite conta co selo PLS de Produto Lácteo Sostible, que certifica a orixe e a súa trazabilidade ata o consumidor. A campaña actual inclúe máis de 30 ganderías do País Vasco, máis de 10 en Navarra, máis de 70 en Baleares e máis de 60 en Cataluña.

2.784 acordos con pemes e cooperativas para o desenvolvemento de alimentos agroalimentarios locais

23

3/8/17 19:46


Campaña de Nadal

Vota por unha causa solidaria Un ano máis sodes vós, os socios de EROSKI club, os que ides decidir cos vosos votos as causas ás que EROSKI destinará os cartos recadados coa campaña da Estrela Solidaria do Nadal. Participa e axúdanos a axudar! 24

024-025 EN LA TIENDA CONTIGO ESTRELLA GAL.indd 24

3/8/17 19:47


na tenda contigo

A

campaña solidaria de Nadal de EROSKI xa está en marcha. E unha vez máis pedimos a colaboración dos nosos socios para elixirmos a causa á que se van destinar os cartos recadados coa compra das estrelas solidarias que, como é tradición cada ano, van chegar axiña aos nosos supermercados e hipermercados. Na campaña do 2015, os refuxiados recibiron a través de ACNUR (a Axencia da ONU para os Refuxiados) os 142.000 euros de beneficios obtidos grazas á venda da Estrela Solidaria. O ano pasado, os cartos recadados serviron para asistir de novo os refuxiados sirios, pero tamén para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e atender a nenos que dependen da axuda humanitaria no noso país. Este Nadal do 2017 tamén queremos facer que se cumpran os soños de centos de persoas. Por iso, seguiremos apoiando coa venda deste adorno de Nadal a programas que traballan na mellora da calidade de vida e a alimentación de persoas da terceira idade.

A TÚA OPINIÓN CONTA A través do noso programa Opinión, pedimos o teu voto para sabermos a que outra causa queres que se destinen os benefi cios da venda da Estrela Solidaria este ano. Entre as seis posibilidades que che propoñemos, dúas delas xa foron

Transformación social

benefi ciarias do noso programa en edicións anteriores: a infancia e os refuxiados, ambos os dous colectivos moi vulnerables. E engadimos outras catro propostas á nosa lista de iniciativas: a inserción laboral de persoas en risco de exclusión social, o apoio ás vítimas da violencia de xénero, a axuda ás familias afectadas pola crise e mais o coidado do medio natural. Participa e axúdanos a axudar. Co teu voto e a túa

AS CAUSAS DO 2017 A solidariedade é un dos piares nos que EROSKI traballa para desenvolver os seus compromisos de responsabilidade social. Velaquí as causas que podes votar este ano e ás que se destinarán os beneficios da venda da Estrela Solidaria. Infancia. Os nenos son especialmente vulnerables á pobreza e á exclusión social. Inserción laboral. A precariedade económica e a baixa cualificación profesional son algunhas das razóns

que dificultan a volta ao traballo de colectivos en risco de exclusión social. Refuxiados. Tiveron que abandonar o seu fogar a causa da guerra e precisan recursos materiais e apoio psicolóxico. Violencia de xénero. As vítimas da violencia de xénero sofren a dificultade de se reinseriren na sociedade por mor das graves secuelas xeradas. Afectados pola crise. Milleiros de familias foron golpeadas pola crise ata se converteren nun dos colectivos

solidariedade

as vantaxes de ser socio

024-025 EN LA TIENDA CONTIGO ESTRELLA GAL.indd 25

xenerosidade ao mercares a Estrela Solidaria, podes poñer un sorriso no rostro dos que máis o precisan. Lembra que esta campaña se inspira na tradición dunha traballadora de EROSKI de escribir sobre as decoracións do Nadal as mellores experiencias vividas durante o ano que remata. Merca a túa estrela e escribe os teus desexos para o vindeiro ano. Con ese sinxelo xesto poderás facer realidade os soños de moitas persoas.

máis afectados economicamente. Coidado do medio natural. O coidado do contorno e dos espazos naturais, a preservación da biodiversidade e a prevención do cambio climático son unha prioridade para o presente e para o futuro. Persoas maiores. EROSKI destinará unha parte da recadación aos anciáns, un colectivo moi afectado polo actual ciclo económico que, en moitas ocasións, se converte en único sustento familiar.

Doamos máis de 9.000 toneladas de alimentos, equivalente ao consumo anual alimentario de 13.595 persoas.

25

3/8/17 19:47


aforra con EROSKI

Aforro e equilibrio 0,74 € por persoa

Comer de xeito equilibrado non ten que supor un maior desembolso á hora de enchermos a cesta da compra. É posible deseñar un menú saudable para toda a familia sen que cumpra gastar demasiado. Planificar as comidas semanais, aproveitar as ofertas e apostar polos produtos de tempada, co mellor sabor e no seu xusto prezo, son algunhas das claves para conseguilo. 26

026-028 AHORRA CON GAL.indd 26

3/8/17 19:47


ahorra con EROSKI

1,22 € por persoa

0,97 € por persoa

as lasvantaxes ventajas de ser socio

026-028 AHORRA CON GAL.indd 27

27

3/8/17 19:48


aforra con EROSKI

PRIMEIRO

SEGUNDO

SOBREMESA

ENSALADA DE POLBO CON ESPINACAS E ALIÑO DE OLIVAS

ESCALOPIÑOS DE PAVO EMPANADOS CON CEBOLA

PEXEGO CON MELÓN 4

4

fácil

4

15-20’

INGREDIENTES

fácil

• 60 ml de aceite de oliva • 20 ml de zume de limón • Sal

10-15’

INGREDIENTES

15-20’

• 8 pexegos amarelos

INGREDIENTES

• 300 g de polbo • 50 g de espinacas • 10 tomates cherry • 14 olivas negras • 2 dentes de allo • Perexil

fácil

• 600 g de peituga de pavo • 100 g de pan relado • 1 dente de allo

• 300 g de cebola vermella • 60 ml de aceite de oliva • Sal

• 2 limas • 1 kg de melón

COMO SE ELABORA ● Para elaborar a sobremesa, é

COMO SE ELABORA

conveniente que toda a froita veña da neveira. Reservamos algúns anacos para decorar.

COMO SE ELABORA ● Limpamos a peituga, fi leteámola

● Estonamos, desosamos e licuamos os

● Cocemos o polbo e partímolo.

e reservámola.

pexegos e mais as limas e reservamos o zume.

● Cocemos as espinacas en auga

● Picamos o dente de allo moi fi no

fervendo durante uns 30 segundos. Refrescámolas baixo a billa e escorrémolas.

e mesturámolo co pan relado. Salgamos lixeiramente os escalopiños e empanámolos coa mestura de pan aromatizado con allo.

● Como base da ensalada, colocamos

ao melón e, coa axuda do batedor, facemos un puré fino. ● Montamos unha base do puré de

as espinacas e, sobre elas, dispoñemos o polbo e mais os tomates cherry partidos pola metade.

● Cortamos á xuliana a cebola e

● Elaboramos un aliño co allo picado

● Cociñamos os fi letes á grella e

miúdo e mais as olivas cortadas en cuartos, o aceite de oliva, o perexil picado, o zume de limón e o sal. Con esta salsiña aliñamos a ensalada no intre de servila.

servímolos no prato xunto coa cebola refogada.

melón e vertemos o zume de pexego e lima, aos pouquiños. Acompañamos cuns cachiños de froita fresca.

cociñámola nun cazo cun pouco de aceite de oliva ata que amoleza.

● Podemos esparexer pementa

acabada de moer por riba.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

● Pelamos e sacámoslle as pebidas

Unha ración contén:

CALORÍAS

GRAXA

SAL

197

18g

3g

1,1g

1g

10%

25%

15%

1%

14%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

CALORÍAS

GRAXA

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

244 3,3g 0,9g 2,7g 12%

5%

5%

3%

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

CALORÍAS

GRAXA

1g

192

0,1g

0g

41g

0g

13%

10%

0%

0%

46%

1%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

SAL

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

28

026-028 AHORRA CON GAL.indd 28

3/8/17 19:48


EROSKI 28 BODEGAS MONJARDIN.indd 1

1/8/17 15:05


EROSKI 38 EROSKI VIAJES PAR GAL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

03/08/17

15:46


EROSKI 38 EROSKI VIAJES IMPAR GAL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

03/08/17

15:42


por tu salud

Goza do marisco todo o ano Calquera momento do ano é bo para gozar dun delicioso prato a base de marisco. En EROSKI dispoñemos de produto da mellor calidade, tanto fresco como cocido. Dáte o gusto!

G

ambas, lagostinos, cigalas, nécoras... Gústache o marisco? Pois non agardes ás datas destacadas do calendario para o incorporares aos teus menús. Existe unha tradición que di que os meses que conteñen ‘R’ son os mellores para gozalo fresco e o seu momento óptimo. Así pois, entramos en tempada de marisco.

En EROSKI poderás atopar marisco todo o ano, tanto nos nosos mostradores de frescos como cocido. Trátase dun produto con orixe garantida, xa que traballamos con provedores que aseguran a trazabilidade e a máxima calidade do xénero que chega ata a túa mesa. E tamén sostible, porque fomos o primeiro distribuidor español en

unirse á Iniciativa de Pesca Sostible, impulsada por WWF co obxectivo de conseguir que as nosas fontes de peixe e marisco fosen sostibles e respectuosos co medio natural. Ao igual ca o resto dos nosos produtos da marca prémium Eroski NATUR, o marisco sométese aos máis estritos controis para garantirmos a súa seguridade e calidade. E chega

32

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 32

4/8/17 12:49


pola túa saúde

acotío dende lonxas e viveiros de recoñecido prestixio aos nosos supermercados e hipermercados. A ameixa, o boi de mar, a centola e a nécora proceden do viveiro San Antón, de Getaria (Guipúscoa), con máis de 35 anos de experiencia no sector. Un establecemento avalado por cociñeiros da categoría de Karlos Arguiñano, quen leva explicado publicamente en numerosas ocasións que confía nesta empresa como un dos seus principais provedores. Se optas polo marisco cocido, nas tendas EROSKI atoparás lagostinos acabados de cocer, con toda a garantía de sabor e calidade. Lembra que, á hora de realizares o teu pedido, contamos cun sistema de encargos co que te aseguras que podes contar co produto que desexas. Outra das vantaxes de mercares o teu marisco en EROSKI é que nos nosos puntos de venda contamos con profesionais que te poden asesorar sobre o produto que buscas e sobre o seu tratamento á hora de cociñalo. Estes profesionais formáronse na Escola de Pesca EROSKI, e estarán encantados de te atenderen e recolleren o teu pedido. E están cualifi cados para prepararen as pezas ao teu gusto. Se o prefi res, tamén podes facer o teu encargo por teléfono, chamando ao teu centro máis próximo. Máis cómodo, imposible. Ademais, se non atopas o marisco que desexas, comprometémonos a buscalo e a entregarcho nun prazo que non superará as 72 horas, se é

Saúde e benestar

que o produto non está na gama habitual do teu centro máis próximo. CONSERVACIÓN Tan importante como a frescura do marisco é conservalo correctamente. Se compraches marisco vivo terás que mantelo refrixerado moderadamente (con xeo, por exemplo) ata o momento do seu consumo. Se está fresco ou cocido, a conservación débese facer sempre na neveira. A COCIÑAR! A mellor técnica para preparar o marisco é aquela que conserva o seu sabor real. Un método rápido para abrir ameixas, ostras e mexillóns é introducilos, coas cunchas lavadas e limpas, no microondas uns 3 ou 4 minutos á potencia máxima. Acábanse de abrir cun coitelo pequeno.

VALOR NUTRICIONAL A auga é o compoñente principal deste alimento tan apreciado dende o punto de vista gastronómico. A súa carne é rica en proteínas e achega entre 18 e 20 gramos por cada 100 gramos de porción comestible. Contén pouca graxa, como máximo un 5%, o que supón entre 70 e 90 calorías por cada 100 gramos. É rico en vitaminas hidrosolubles do grupo B e, en menor proporción, das liposolubles A e D. Achega minerais, como fósforo, potasio, calcio (ameixas, berberechos...), magnesio, ferro (ameixas, chirlas e berberechos, ostras e mexillóns...), iodo e cloro.

Fundación EROSKI promove a Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE), un estudo sobre hábitos da poboación

as vantaxes de ser socio

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 33

A prancha é o método máis utilizado para cociñar os crustáceos con cola (cigalas, gambas...) e combinan ben con limón ou vinagre.

33

3/8/17 19:49


por tutúa pola salud saúde

Menú con sabor a mar A nosa proposta de menú saudable inclúe dúas receitas co marisco como protagonista e unha sobremesa con froita de tempada. ENSALADA DE GULAS CON POLBO E ESPINACAS

a ceboliña e un dente de allo. Refogámolos nunha tixola cun chisco de aceite e engadimos as espinacas.

o polbo picado e as gulas. Aliñamos coa vinagreta. ● Quitamos o aro e decoramos o prato

● Cubrimos cun pouco de auga,

4

fácil

15-20’

10-20

cunhas pingas de vinagreta e perexil.

sazonamos e deixamos cociñar ata que se consuma o líquido.

INGREDIENTES ● Picamos moi fi no o outro dente de allo

• 400 g de polbo cocido • 100 g de gulas • 200 g de espinacas • 1 ceboliña • 2 dentes de allo

• Un chile vermello • 20 ml de vinagre balsámico • 60 ml de aceite de oliva • Sal • Perexil

e refogamos as gulas noutra tixola cun pouco de aceite quente. Engadimos tamén o chile. ● Para elaborarmos a vinagreta,

mesturamos o aceite, o vinagre e o sal.

Unha ración contén: ● Picamos o polbo e quentámolo un

COMO SE ELABORA

pouco ata deixalo morno.

● Cortamos as espinacas e

● Nun molde con forma de aro

reservámolas. Picamos moi fi namente

colocamos, por esta orde, as espinacas,

CALORÍAS

84 4%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

1,3g 0,3g 2%

1%

SAL

2g

1g

2%

12%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

34

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 34

3/8/17 19:49


por tu salud

● Limpamos os mexillóns e abrímolos ao

ARROZ MARIÑEIRO CON MEXILLÓNS

vapor nunha pota á parte, sen cociñalos de todo. Separamos a carne da cuncha. ● Unha vez feita a verdura, engadimos o

4

fácil

30-40’

5-10

INGREDIENTES • 300 g de arroz • 600 g de mexillóns • 1 cebola • 250 ml de caldo dos mexillóns

• 4 dentes de allo • 100 ml de aceite de oliva • Sal

arroz, refogamos e cubrimos con auga e co caldo dos mexillóns. Lembra agregar o dobre de líquido ca de arroz. ● Agardamos a que ferva, poñemos ao

punto de sal e deixamos cocer a lume suave durante 18 minutos.

O marisco é rico en proteínas e achega vitaminas e minerais. O seu compoñente principal é a auga e contén pouca graxa

● Engadimos os mexillóns cinco minutos

Unha ración contén:

antes de rematar de cocer o arroz. COMO SE ELABORA ● Retiramos a pota do lume, tapamos cun ● Picamos moi fi nos os allos e a cebola e

poñémolos a sofritir nunha pota baixa cun pouco de aceite.

pano de cociña, deixamos repousar 5 minutos e servimos.

GRAXA

326

2g

16%

3%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

0,4g 1,3g 0,6g 2%

2%

9%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

as lasvantaxes ventajas de ser socio

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 35

CALORÍAS

35

3/8/17 19:49


por tutúa pola salud saúde

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Permíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes, está identificado con cores.

MENOS AZUCRE Eliminamos máis de 368 toneladas de azucres dos nosos produtos.

MENOS SAL Suprimimos máis de 55 toneladas de sal de produtos da marca EROSKI.

IOGUR CON CACHOS DE PEXEGO

● En vasiños individuais, intercalamos

cachiños de pexego con iogur.

Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35 % ao día. Por iso, eliminamos máis de 749 toneladas de graxa das nosas marcas.

● Servimos frío, ao momento.

4

fácil

5-10’

<5

INGREDIENTES • 4 iogures naturais • 40 g de azucre

• 2 pexegos

SEN GRAXAS TRANS Unha ración contén:

COMO SE ELABORA ● Mesturamos o azucre cos iogures,

batendo ata formar unha crema. ● Pelamos e partimos os pexegos.

Saúde e benestar

MENOS GRAXAS

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

CALORÍAS

GRAXA

147

3,4g

2g

23g

0,1g

SAL

7%

5%

10%

26%

2%

As graxas vexetais parcialmente hidroxenadas achegan graxas trans e soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

graxas

Desde 2013 xa eliminamos 368 toneladas de azucres, 749 de graxas e 55 de sal.

36

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 36

3/8/17 19:49


publirreportaje

Cathedral City

El queso favorito de los británicos En un picoteo, como relleno de bocadillo, gratinado o rallado… Por su cremosidad y sabor intenso, este queso cheddar es el ingrediente perfecto.

D

esde su origen a su versatilidad y, por supuesto, su calidad, son muchas las cualidades que hacen que Cathedral City sea ese alimento tan especial que no debe faltar en ninguna despensa. ORIGEN: El queso Cathedral City se produce en Cornwall, la región más al sur de Inglaterra. La combinación de un clima soleado y lluvioso se traduce en vacas saludables que disfrutan de unos frondosos pastos prácticamente durante todo el año, lo que ayuda a producir una leche de una calidad excepcional para sus quesos. CALIDAD: El uso exclusivo de leche procedente de granjas locales concertadas, así como el empleo de técnicas tradicionales en su fabricación, garantizan que Cathedral City mantenga su consistencia y sabor único e inigualable. Además, en su elaboración se cumplen rigurosamente los altos estándares establecidos por el Afinador Jefe Mark Pitts Tucker. Él y su equipo catan cada lote varias veces durante el proceso de maduración para garantizar que solamente se envasan los lotes que ofrecen la mejor calidad. CONVENIENCIA: El queso cheddar Cathedral City se encuentra disponible en tacos y en lonchas, en formato autocierre. De esta manera, una vez abierto, el queso se mantiene fresco y se puede disfrutar una y otra vez, permaneciendo intactas sus propiedades organolépticas. PREMIOS: En la edición número 119 de los premios International Cheese Awards celebrada en Nantwich (Inglaterra), recibió, entre otros, el primer premio en la categoría de quesos extracurados.

las ventajas de ser socio

EROSKI 28 PUBLIREPORTAJE CHEDDAR.indd 37

37

31/7/17 21:01


energía para crecer

Ao cole coas pilas cargadas Os alimentos ricos en proteínas son de vital importancia en períodos de crecemento e desenvolvemento. É imprescindible incluílos na dieta infantil, pero cómpre facelo nunha proporción axeitada.

T

ras a relaxación e o descanso estival, os máis pequenos precisan un estímulo para chegaren ao cole coas pilas ben cargadas. E non só no

A saúde Tutúa salud para éo para nós nosotros primeiro es lo primero

terreo anímico, senón tamén na alimentación. Os nenos están en constante desenvolvemento de ósos, dentes, músculos... E as proteínas

son os nutrientes por excelencia que serven ao crecemento, ao desenvolvemento e á reparación de tecidos e órganos, polo que é moi importante incluílas sempre na dieta infantil na proporción axeitada. Os pequenos deben tomar acotío alimentos que conteñan proteínas, pero a inxestión necesaria diminúe progresivamente cos anos. A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que, no primeiro semestre de vida, o bebé precisa uns 2,2 g/kg de peso ao día, cantidade que diminúe a 1,2 g/kg durante os tres primeiros anos. Esta etapa, xunto coa adolescencia, son os dous momentos da vida nos que as necesidades proteicas son superiores ás dos adultos: 0,8 g/kg ao día. Os alimentos que conteñen máis proteínas son a carne, o peixe, os ovos, os lácteos, os froitos secos, os cereais e os legumes. Pero, son mellores as de orixe animal ou vexetal? Segundo os nutricionistas, a orixe non é determinante se a combinación é acertada. As proteínas animais son as máis completas e as de maior valor biolóxico, pero as de orixe vexetal resultan equivalentes en calidade de se combinaren de maneira axeitada legumes e froitos secos con cereais. Para tirar o maior partido das proteínas vexetais, recoméndase mesturar os cereais (pasta, arroz) con froitos secos (améndoas, noces) ou con legumes. Tamén é preferible primar o consumo de peixe por riba do de carne e as carnes brancas por diante das vermellas.

73.819 niños han participado 398.685 nenos e 2.821 centros en el Programa Educativo educativos participaron no de la Escuela de Alimentación Programa Educativo da Escola de de la Fundación Alimentación da Eroski Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es

38

038-040 ENERGIA PARA GAL.indd 38

3/8/17 19:56


enerxía para medrar

TORTAS DE MILLO CON SALTEADO DE TENREIRA 4

COMO SE ELABORA

● Agardamos a que amornen e

● Cortamos en cachiños regulares as

servímolas. Podémolas acompañar cun pouco de ensalada de leituga.

verduras. Engadimos o sal e salteámolas nunha tixola con aceite de oliva. fácil

30-40’ ● Engadimos a carne e deixámola

INGREDIENTES • 4 tortas de millo • 150 g de carne de tenreira picada • 2 pementos vermellos • 150 g de champiñóns

• 1 cebola • 100 ml de tomate frito • 60 ml de aceite de oliva • Sal

cociñar a lume lento durante 5 minutos. Agregamos despois o tomate frito e cociñamos a lume lento outros 10 minutos máis, ata obtermos unha salsa espesa. Poñemos ao punto de sal. ● Enchemos as tortas de millo coa mestura

de carne e verduras, enrolámolas e enfornamos durante 5 minutos a 200 ºC.

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

463 23g 23%

34%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

6g

3,9g

1g

28%

4%

12%

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

0,71 € por persoa

as lasvantaxes ventajas de ser socio

038-040 ENERGIA PARA GAL.indd 39

39

3/8/17 19:56


energía para medrar enerxía crecer

1,62 € por persoa

ESTUFADO DE TENREIRA CON PATACAS

COMO SE ELABORA ● Picamos moi fi na a cebola, os

pementos, o allo e o tomate e refogámolo todo nunha pota con aceite quente. 4

media

• 600 g de carne de tenreira para guisar • 50 g de cebola • 100 g de cenoria • 50 g de tomate • 1 dente de allo • 50 g de pemento verde • 40 g de pemento vermello • 200 g de patacas

• 20 ml de aceite de oliva • 50 g de champiñóns frescos • 10 g de fariña • 1 folla de loureiro • Sal

● Cocemos outros 10 minutos máis e

● Así que as verduras amolezan

poñemos ao punto de sal. Deixamos repousar o estufado 15 minutos fóra do lume.

engadimos a carne, previamente sazonada e enfariñada.

● Cortamos as patacas en cubos,

+2h

INGREDIENTES

Engadímolos ao guiso cando a carne estea branda.

● Agregamos a cenoria pelada e torada

e deixamos que coza o conxunto uns minutos. Incorporamos auga ata cubrir a carne e a verdura. Engadimos tamén a folla de loureiro.

sazonámolas e fritímolas nunha tixola con aceite quente. Escorrémolas e botámolas á pota no último minuto, antes de servir.

Unha ración contén: ● Deixamos cocer durante 2 horas a lume

suave. Se utilizamos a pota a presión, con 30 minutos abondaría. ● Partimos os champiñóns e salteámolos

nunha tixola cun chisco de aceite.

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

CALORÍAS

GRAXA

309

13

4

16%

19%

21%

SAL

4,1g 0,5g 5%

9%

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

40

038-040 ENERGIA PARA GAL.indd 40

3/8/17 19:56


EROSKI 28 Bifrutas.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

31/7/17

19:57


EROSKI 28 PREMIOS.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

4

31/7/17

19:13


belleza beleza

Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle. Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/

Gama Volume e Densidade belle

Presume de melena! Sentes que o teu pelo non ten o volume desexado e nótalo apegañado? O teu cabelo é fino, laso ou dá sensación de escaseza? Descubre toda a gama de produtos que belle creou para aumentar o volume do teu cabelo. E luce un bo pelo!

Saúde e benestar

SEN

parabenos

as vantaxes de ser socio

043-047 BELLEZA GAL.indd 43

Eliminamos os parabenos e o triclosán dos produtos de marca propia en cosmética e coidado persoal

43

3/8/17 19:57


beleza

T

er o cabelo fino e sen volume supón unha gran preocupación para moitas mulleres. Cres que a túa melena é lasa e aburrida? Queres conseguir que o teu pelo pareza máis abundante e con máis corpo? Apúntate ao noso novo ritual de beleza Volume e Densidade belle e lograrás lucir sempre unha melena cun extra de volume. Está composto por tres novos produtos: xampú, acondicionador e maximizador de volume, formulados con Styleze, un activo que engrosa a fibra capilar sen achegar peso; Capauxein, que impulsa a rexeneración do cabelo; e extracto de bidueiro, con propiedades astrinxentes. Próbaos! Abraiarache o resultado. XAMPÚ Fará que a túa melena pareza visiblemente máis densa, brillante e solta. O envase contén 400 ml. ACONDICIONADOR Acada un pelo suave, brillante e doado de desenredar. Achega un volume adicional logrando que o cabelo sexa máis lixeiro, sen aumentar o seu peso nin apelicalo. MAXIMIZADOR Para completar o efecto, utiliza este spray capilar sen aclarado, que proporciona un volume adicional dende a raíz sen deixar residuos. Desenreda e acondiciona e asemade engade brillo e deixa o cabelo suave e lixeiramente perfumado.

44

043-047 BELLEZA GAL.indd 44

3/8/17 19:57


EFECTO FIXACIÓN Para acadar un efecto voluminizador integral, completa o ritual Volume e Densidade cos nosos produtos específicos belle de fixación. LACA A súa tecnoloxía de última xeración, con polímeros flexibles, axuda a acadar un acabado natural e con volume. Diferénciase doutras lacas porque non apelica o cabelo, senón que permite moldear o peiteado antes de secar por completo. Conta con filtro UV para protexer o teu pelo. ‘MOUSSE’ De textura lixeira, achégalle corpo e densidade ao teu pelo da raíz ás puntas, sen apelicalo, deixándoo natural. Serve como acondicionador sen necesidade de aclarado, xa que deixa o cabelo moi suave e doado de peitear. Con filtro UV.

45

043-047 BELLEZA GAL.indd 45

3/8/17 19:58


belleza

O ritual Volume e Densidade belle, paso a paso

1

Lava o cabelo co xampú Volume e Densidade e masaxea o coiro cabeludo para eliminares a graxa.

2

Aplica o acondicionador Volume e Densidade cunha suave masaxe. Evita o contacto co coiro cabeludo.

3

Maximizador ou ‘mousse’: ambos os dous produtos aplícanse co cabelo húmido, non precisan aclarado e, amais de

achegaren volume e densidade, teñen propiedades suavizantes. Pódense utilizar sós, ou de xeito complementario para dar un extra de volume. Se eliximos esta opción, aplicaremos o maximizador na raíz e a mousse no resto do pelo.

4

Para realzar e manter o peiteado, aplica a laca Volume e Densidade nas raíces. Seca e peitea o cabelo. Para que o peiteado se manteña máis tempo, aplica máis laca no resto.

46

043-047 BELLEZA GAL.indd 46

3/8/17 19:58


beleza

Consegue que o teu cabelo teña máis corpo

1

Logo de lavar e desenredar o teu cabelo, envólveo boca abaixo na toalla turbante belle para lle quitar parte da humidade.

2 3

Acadarás máis volume se secas o pelo co secador boca abaixo.

Para dar volume dende a raíz, utiliza o cepillo redondo belle e seca o cabelo erguendo as raíces e aplicando un pouco de Laca

Volume e Densidade belle para fi xares o peiteado.

4

Para fi nalizar, axúdate cos dedos para separar os rizos ou darlle unha forma máis natural ao teu cabelo se este é liso.

5

Como último toque, aplica a Laca Volume e Densidade belle sobre toda a túa melena. Así, o peiteado durará máis tempo.

Consellos para un pelo con volume extra O CORTE É BÁSICO As medias melenas e os cabelos curtos cun capeado invisible son o máis aconsellable para dar volume. Procura non levar un corte moi recto, xa que se tes pouca cantidade de pelo tenderás a perder volume e non conseguirás que adquira movemento. Cun lixeiro esfiachado acadarás unha melena con máis corpo e personalidade.

CARDADO INVISIBLE Cardar a raíz é o mais efectivo para manter o volume a raia. Por seccións, elévanse guechos e cárdanse aplicando despois a laca Volume e Densidade belle na raíz. É infalible! CAMBIA A RAIA Lúcea uns días a un lado e outros días no medio. Conseguirás que

as vantaxes de ser socio

043-047 BELLEZA GAL.indd 47

adquira máis corpo e que o cabelo non se afaga caer sempre do mesmo xeito. SE NON LAVAS O PELO ACOTÍO... Utiliza o xampú seco de belle. Os estilistas puxeron de moda este tipo de xampú ao usáreno no backstage para lle dar corpo e achegar volume ao peiteado.

47

3/8/17 19:58


EROSKI 28 Captacion.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

4

31/7/17

20:13


EROSKI 28 AGUA MINERAL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

4

31/7/17

18:40


Peixe sostible

Máis bonito, anchoa e skrei con selo azul

A

ta abril gozaches nas nosas tendas do bacallau skrei, un dos peixes noruegueses máis prezados. Esta primavera aumentamos un 4% as compras de anchoa do Cantábrico, ata as 347 toneladas. E agora, en plena campaña do bonito, seguimos a achegar o sabor do norte á túa mesa. Estes tres peixes estaban nos nosos mostradores baixo a marca propia de orixe e sabor Eroski NATUR, pero tamén co selo azul de pesca sostible MSC. Esta ecoetiqueta internacional certifica que o produto procede de pesqueiras sostibles con trazabilidade garantida, é dicir, que foi capturado de xeito respectuoso co mar. E é que para EROSKI é fundamental apoiar con esta comercialización as frotas

que traballan mantendo o futuro das especies mariñas. De feito, a comezos deste ano, convertémonos na primeira cadea de distribución polo miúdo en España en superar a auditoría da organización internacional Marine Stewardship Council (MSC) para a certificación na cadea de custodia das peixerías.

Alimentación saudable

Novos cooperativistas

Menos azucre, sal e graxa nas marcas propias

Xa somos 8.046 socios traballadores

C

ada ano imos sumando novo retos no noso compromiso cunha alimentación saudable. O ano pasado, como se recolle na Memoria 2016, sentímonos orgullosos por varias razóns, como demostran as cifras. Por unha banda, os produtos de marca propia EROSKI avanzan no seu Programa de Mellora Nutricional. De feito, no 2016 eliminamos 347 toneladas de azucres, sal e graxas. Ademais, ofrecemos 523 produtos sen glute, 25 produtos sen lactosa, 239 baixos en sal, 271 baixos en graxa, 43 baixos en azucres e 451 ricos en fibra. Ademais, contamos cun total de 2.006 produtos con semáforo nutricional, a etiquetaxe máis transparente sobre a calidade nutricional dos alimentos. E a gama de froitas e verduras ecolóxicas de EROSKI alcanza xa as 150 variedades, cun incremento de vendas do 20% no 2016.

N

o 2015 uníronse a EROSKI 166 traballadores como socios cooperativistas. E o ano pasado decidiron formar parte desta gran familia outras 311 persoas, o que eleva a cifra total de socios traballadores a 8.046. O 79% das incorporacións son mulleres. Case o 93% destes socios desenvolven a súa actividade nos hipermercados e supermercados EROSKI; o resto corresponde a Viaxes EROSKI, plataforma loxística e estrutura central. O 95% traballa en puntos de venda, os máis deles nas seccións de frescos. Antes de dar o paso, os novos socios completaron o programa Singular, que informa sobre o modelo empresarial cooperativo e os seus valores, e mais sobre os dereitos e obrigas.

52

052-053 NOTICIAS GAL.indd 52

3/8/17 20:02


‘Enerxía para medrar’

Observatorio para a Igualdade

Co BCC serás ‘O chef da clase’

‘Cómplices, cada persoa conta’

M

áis de 189.900 escolares pertencentes a 1.691 centros de Educación Primaria de toda España participaron o pasado curso na quinta edición do Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS) que, dende o 2013, desenvolve a Escola de Alimentación da Fundación EROSKI. O proxecto, coñecido tamén como Enerxía para medrar, conta con dez sesións didácticas na aula, nas que colaboran Unicef, WWF e a Fundación Española do Corazón. Estas clases complétanse con tres obradoiros prácticos, nos que aprenden a realizar unha compra saudable nunha tenda EROSKI, visitan as instalacións dun

produtor agroalimentario local e, dende este ano, elaboran un menú equilibrado axudados por cociñeiros do Basque Culinary Center (BCC). As escolas interesadas en participar no seguinte curso pódense inscribir a través de www. escueladealimentacion.es ou no teléfono 946 072 841. Na mesma web hai máis recursos, vídeos e xogos educativos, como O chef da clase, para aprender a planifi car e a preparar menús en familia, que axuden a aforrar tempo e cartos.

EROSKI club-Mastercard

A nova tarxeta supera todas as previsións

S

er socio de EROSKI club ten unha chea de vantaxes. As últimas veñen coa tarxeta de crédito EROSKI club-Mastercard, que xa supera os 100.000 titulares. Os socios que a teñen benefícianse de aforros, servizos e facilidades de pagamento. A tarxeta serve para acumular o 1% do importe das compras pagadas fóra de EROSKI ingresando eses cartos na tarxeta EROSKI club como saldo para pagar en calquera supermercado, hipermercado, gasolineira, óptica, axencia de viaxe ou tenda online da cooperativa. Outra das iniciativas máis valoradas é a que permite dispoñer de ata

300 euros en efectivo cada día en calquera tenda EROSKI sen comisión. Tamén Lufthansa se sumou á nova tarxeta. Ata o 30 de novembro, pagar con ela calquera voo operado por esta compañía aérea xerará un aforro do 5% do importe da viaxe sobre a base da tarifa neta, excluíndo taxas. Ingresarase na tarxeta EROSKI club para trocalo en vindeiras compras na rede de hipermercados e supermercados EROSKI.

as vantaxes de ser socio

052-053 NOTICIAS GAL.indd 53

E

ROSKI somos unha cooperativa formada por socios, onde cada persoa representa un voto á marxe das diferenzas de raza, relixión, sexo, ocupación profesional ou do capital que teña. Rexémonos polo principio de non discriminación xa considerado nos estatutos fundacionais. De aí que traballar pola igualdade sexa coherente coa nosa natureza. E precisamente o noso programa interno, que trata de integrar e incorporar as cuestións de igualdade de xénero no traballo cotián, denomínase CómplicesCada persoa conta. Naceu dentro do Observatorio para a Igualdade, creado no 2005 para abordar seis grandes áreas de traballo: o uso da linguaxe, a eliminación de barreiras físicas e de saúde, a eliminación de barreiras sociais, o desenvolvemento persoal e profesional, a conciliación da vida persoal e profesional e a comunicación do recoñecemento.

53

3/8/17 20:02


o vindeiro mes... outubro’17

O semáforo nutricional Que é? O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.

Unha ración contén: É tempo de... Mazás Eroski NATUR

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

CALORÍAS

GRAXA

331

18g

7g

4,4g

1g

17%

26%

34%

5%

13%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto Sobre que informa o semáforo nutricional? RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.

Pola túa saúde Pirámide nutricional: que hai de novo?

ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido. CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa. Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.

Aforra con EROSKI Receitas económicas e de tempada

QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito

no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos. As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia. Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...

...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias ...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa ...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia. O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.

54

054 PROXIMO MES GAL.indd 54

3/8/17 20:02


EROSKI 28 HOBEA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

31/7/17

20:45


EROSKI 28 ISABEL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

31/7/17

20:51


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.