EROSKI_JUNIO_2024_GALLEGO

Page 1

A TODA COR

Receitas simples e saudables para encheres os teus pratos coas cores do verán. Froitas e verduras de tempada, sempre bos prezos, novidades e moito máis

www.eroski.es Xuño 2024 Nº100
Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.

sumario

14

04 Neste número

06 O máis top do mes

07 En redes

08 Explosión de cor e sabor nos teus pratos

10 Chegan as froitas de carabuña

14 Ensaladas: ideas para levalas á túa mesa

18 Peixe con selo Azul MSC

25 Vive os mellores momentos deportivos con EROSKI SELEQTIA

26 Nutri-Score A+B: unha grande elección

30 Infoodencers: Rodrigo García e Sofía Pérez, creadores de Wovo

32 O último nas nosas tendas

36 Beleza: belle&SUN coida a túa pel antes e despois do sol

38 Limpeza: a túa casa, impecable

40 Ser solidario

42 As vantaxes de EROSKI club

44 Viaxes: praias de Albania

47 Vales aforro

50 Novas

3
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitua.
www.eroski.es
44
Xuño 2024
08 18
10

HComida a TODA COR

ai uns meses lin un artigo no que falaban de que, á hora de elixirmos un produto, o 85% da decisión tomámola pola cor. A verde asóciase ao saudable, a laranxa estimula os sentidos, a vermella incrementa o apetito... E por que non facer deste estímulo visual un prato do máis saudable que nos achegue todos os nutrientes? Velaquí o noso obxectivo neste número: unha explosión de cor na túa alimentación.

En plena tempada de pexegos, falaremos da cor de moda este ano, o Peach Fuzz. Unha froita que chega á túa tenda dende os eidos de Aragón, A Rioxa, Navarra e Andalucía, no seu mellor momento de maduración.

Convidámoste a encheres o teu prato do verde intenso das leitugas. Serache doado porque... a quen non lle apetece unha refrescante e nutritiva ensalada coa chegada do bo tempo? Convérteo nun nutritivo prato completo engadíndolle proteínas e hidratos de carbono. Contámosche como facelo e mais

algunhas suxestivas ideas de ensaladas e aliños que estarás a desexar probar.

Ademais, coincidindo coa Semana Mares para Sempre, que organiza a ONG MSC, en xuño propoñémosche que os teus pratos sexan máis azuis ca nunca. Opta polo Selo Azul MSC nas nosas peixerías e elixirás unha pesca sostible e respectuosa cos océanos. E se falamos de cores, o noso Nutri-Score poncho ben doado clasificando os produtos en cinco cores para que, dunha soa ollada, distingas a súa calidade nutricional e elixas de xeito consciente.

Unha chea de receitas e consellos sobre alimentación, os nosos top vendas en solares belle&SUN e os produtos máis axeitados para a limpeza do teu fogar. Ademais, propoñémosche coñecer Albania, unha terra por descubrir, e manter vivo o teu lado máis solidario dándolle ao “Si” ao pasares por caixa para axudar as distintas ONG que coidan o noso planeta.

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n.

48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa Oyarbide

Redactora xefe: Manuela Díaz

Foto de portada: @virginiamartin_photo

REALIZACIÓN E EDICIÓN

Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

4
ADOT S AS RECEITAS DESTE NÚMER O ÍUQA Síguenos editorial

O máis TOP deste MES

2

1

Belleza

AO RICO XELADO!

AM R ETERNO AO AFORRO

NAMORA

dun verán de aforro

Se no canto de atopar a túa media laranxa, este verán prefires a malla enteira e unha segunda de regalo, en EROSKI este mes temos máis de 100 produtazos en 2×1 (*) . Combínaos como queiras e suma aforro na túa tarxeta EROSKI club.

COME A DOLCE VITA

Elaboración en molde de bronce

Sempre é bo momento para te deleitares cun prato de pasta. Agora, a nosa pasta italiana EROSKI, elaborada con molde de bronce, trigo italiano 100%, sen ovo e cun 14% de proteína, estrea envase libre de plásticos. Por unha dolce vita para todos!

4

deliciosos, son un pracer para os sentidos e as súas receitas están testadas polo Basque Culinary Center. Irresistibles!

3

De torta de queixo con arandos, de mango con salsa de framboesa, de chocolate con cookies e de cheesecake con salsa de amorodo. Aínda non os probaches? Os nosos xeados EROSKI SELEQTIA, tan cremosos e deliciosos, son un pracer para os (*)

KOMBUCHA EROSKI

BIO, SEN ADITIVOS E CON PROBIÓTICOS NATURAIS, A NOVA KOMBUCHA EROSKI SERÁ O TEU REFRESCO FAVORITO. ELIXE ENTRE OS SABORES A FROITOS VERMELLOS E A LIMÓN E XENXIBRE DA BEBIDA DE MODA. APTA PARA VEGANOS.

6
Consulta condicións na túa tenda, web ou app.
VALE DESCONTO NESTA REVISTA
A B D E C NUTRI-SCORE A
VALE DESCONTO NESTA REVISTA A B D E C NUTRI-SCORE C

... E EN REDES

Coñece

todo o que se coce nas nosas redes sociais

A receita do mes de EROSKI club

Lasaña de berenxenas

Parabéns, Leire (@bocaditosdegnomo)!

A gañadora de abril do concurso A receita do mes da nosa revista presentounos a versión saudable e deliciosa dun clásico italiano: lasaña de berenxenas. As súas capas de tenras berenxenas, ricotta, salsa de tomate e queixo cativáronnos. Se, ao igual ca Leire, queres ver a túa foto publicada na revista e levar unha tarxeta agasallo de 100€ comparte unha foto do teu prato máis saudable e etiquétanos en redes co hashtag #alimentaloquepiensas.

Este verán divírtete e gaña fantásticos premios xogando co noso peto do aforro. Únete á diversión nas nosas redes sociais mentres buscas o noso petiño agachado practicando o seu deporte favorito. Serás o máis rápido en atopalo?

Atento aos trucos de Carri PARA AFORRAR ESTE

VERÁN

En xuño, inauguramos o verán en TikTok con todo o que precisas para estares a punto. Dende os produtos de beleza máis virais ata os imprescindibles para unhas vacacións top. E un spoiler: Carri chega cunha chea de trucos e de conselliños de aforro para estirares as túas vacacións sen esforzo.

APRENDE A ELABORAR OS MELLORES PINTXOS CO BASQUE CULINARY CENTER

Se queres ser un dos elixidos para asistir en vivo ao curso de pintxos no Basque Culinary Center (BCC) e gozar dunha noite de hotel en

San Sebastián, permanece atento ao noso perfil de Instagram, porque sorteamos seis prazas para dúas persoas. Participa e non quedes sen a túa entrada!

7
Busca e gaña co noso ‘petiño’ máis estival

Explosión DE COR

Na natureza e mais nos alimentos nada é por azar. As cores son un indicador dos nutrientes e antioxidantes esenciais fundamentais para a nosa saúde e benestar.

Se queres levar unha alimentación saudable e equilibrada dun xeito sinxelo e intuitivo, prepara cada un

dos teus pratos como unha explosión de cor. Porque canta máis cor, máis nutrientes.

Elixe froitas e verduras de tempada para enriqueceres as túas receitas e enchérelas de sabor. Nas nosas tendas atoparás toda esta explosión de cor sempre a bos prezos.

Non a perdas!

Que significan AS CORES nas froitas e verduras?

VERMELLO

TOMATES, CEREIXAS, SANDÍAS

Conteñen vitaminas A e C, potasio e antioxidantes. A vitamina C é fundamental para fortalecer o noso sistema inmunolóxico e favorecer a absorción do ferro.

VERDE LEITUGAS, BRÓCOLI, KIWI

Teñen altos niveis de potasio, magnesio e vitamina K e protexen o corazón. Sabías que canto máis escura sexa a verdura de folla verde,

máis concentración ten de antioxidantes e fibra?

BRANCO

CHAMPIÑÓNS, PLÁTANO, PERA

Conteñen alicina, coñecida polas súas propiedades antibacterianas e antifúnxicas. Ademais, son ricos en potasio e bos para a saúde cardiovascular e a función muscular.

AZUL OU MORADO

ARANDOS, UVAS, BERENXENAS

Deben a súa cor ás antocianinas, poderosos

antioxidantes que poden axudar a protexer contra o avellentamento celular e que melloran a saúde do corazón.

AMARELO OU LARANXA

CENORIAS, PEXEGOS, ALBARICOQUES, NECTARINAS

Son unha excelente fonte de betacaroteno, que o noso corpo converte en vitamina A. Esta é crucial para a visión, o sistema inmunolóxico e o crecemento celular. Ademais, conteñen vitamina C e potasio.

8 @virginiamartin_photo
9

A cor do ano PEXEGO

Bota a andar a tempada das froitas de carabuña.

Tips s ud bles

A maduración (dozura e carnosidade) acádase na árbore, non no froiteiro.

Así que evita pezas verdes sen madurar. Son froitas moi sensibles á calor e pódense estragar axiña á temperatura ambiente. Consérvaas na neveira.

As ameixas son as froitas de carabuña con máis fibra. Tanto fibra soluble como insoluble, o que as converte nunha excelente opción para promover a saúde dixestiva e regular o tránsito intestinal.

#alimentaloquepiensas

As froitas da marca EROSKI Natur colléitanse no seu mellor momento de dozura e tamaño. Procedentes da Rioxa, Lleida, Aragón, o val do Xerte ou Alacante, contan coa certificación ambiental internacional GGN -Global G.A.P.-.

As súas cores laranxa ou amarela intensa son reflexo do seu alto contido en auga e antioxidantes, que nutren e protexen a pel. E que mellor xeito de comezar o verán que coidándote e nutríndote! Pexegos, paraguaios, nectarinas, albaricoques, ameixas, cereixas, picotas...

En EROSKI atoparás unha gran variedade de froitas de carabuña, tamén procedentes do teu contorno máis próximo, e sempre a bos prezos. En formatos XL para familias numerosas ou para apaixonados das froitas, por xunto, cortadas e xa listas para tomar, con DO ou da nosa marca EROSKI NATUR.

SABÍAS QUE PANTONE

CADA ANO DESTACA

UNHA COR E ESTE 2024 É O PEACH?

10

NON

SÓ PARA A SOBREMESA

En ensalada como esta delicia da nosa portada, con distintas variedades de tomate, olivas negras, brotes verdes, amorodos, cereixas, albaricoques, nectarinas, bóliñas de melón e burrata. Aliña cun pesto de eiruga e pistachos.

Asadas con crema de iogur.

En espetos, acompañadas de lagostinos ou polo.

En asados de carne vermella e branca. Dálles un punto gourmet con ameixas frescas de tempada.

Na túa airfryer: asa dous pexegos maduros cortados pola metade, unta manteiga derretida polo lado cortado do pexego e colócao por ese lado na cesta da frixideira e ásao durante seis minutos a 180 ºC. Víraos e unta de novo o lado cortado cunha mestura dunha cullerada de manteiga, unha cullerada de mel ou xarope, unha cullerada de azucre de pradairo e canela moída. Cociña durante outros 6-8 minutos para que acaramelen.

DE AQUÍ SABE MELLOR

ARAGÓN

É bo que sexa de aquí

O Pexego DOP Calanda é recoñecido polo seu excelente sabor e dozura. A etiqueta negra de Calanda chegará ás túas tendas a mediados de agosto, cando comeza a súa colleita e no seu mellor momento. Este mes, atoparás cereixas de Aragón.

A RIOXA

O clima desta rexión produce deliciosos pexegos vermellos e amarelos, nectarinas, cereixas e paraguaios.

NAVARRA

Xunto coa cereixa, o primeiro en chegar á túa froitería; comezan a verse os primeiros pexegos vermellos e amarelos, ameixa Claudia e paraguaios.

BALEARES

Os primeiros albaricoques maduran a finais de maio e comezos de xuño cos ventos da tramontana. Listos para empezar a preparar as típicas cocas mallorquinas. Na illa tamén medran deliciosas ameixas vermellas.

ANDALUCÍA

A calor adoza os pexegos vermellos e amarelos, nectarinas, paraguaios e ameixas vermellas e amarelas que produce esta terra.

11
@virginiamartin_photo

Receitas deseñadas por NAVARRA

Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ

Os produtos da nosa terra enchen de sabor os nosos pratos. Para esta receita de filete de pavo con cereixas confeitadas e ensalada de endivias, elaborada polo Basque Culinary Center, eliximos dous produtos de tempada: as cereixas do val de Etxauri e as endivias de Valtierra.

ENDIVIAS DE VALTIERRA

Valtierra (Navarra) é o maior produtor desta hortaliza, que medra cun cultivo hidropónico. Este método permite cultivar plantas sen terra e con solucións ricas en nutrientes.

CEREIXAS DE ETXAURI

O clima outórgalles a estas cereixas da Alta Navarra un brillo e sabor especial. Son fonte de vitamina C e contan cun alto poder antioxidante, amais de seren ricas en minerais como o ferro, o potasio e o calcio.

F

ete de pavo con cereixas confeitadas e ensalada de endivias

4 45’

Filete de pavo

• 360 g de filete de pavo

• 2 g de sal

• 2 g de pementa

• AOVE

Cereixas confeitadas

• 200 g de cereixas

Ensalada de endivias

• 120 g de endivias

• 5 ml de AOVE

• 2 g de sal

• 1 limón

Filete de pavo

Salpementar os filetes de pavo. Nunha tixola cun chisco de aceite cociñar os filetes de pavo 3-4 minutos por cada lado.

Reservar.

Cereixas confeitadas

Quitarlles as carabuñas ás cereixas.

Cociñar a lume baixo durante 30 minutos, ata que amolezan.

Endibias

Cortar as endivias á xuliana.

Sazonar con AOVE, sal e zume de limón.

Empratado

Colocar en cada prato cadanseu filete e acompañar coas cereixas confeitadas. Servir cun pouco de ensalada de endivias.

RACIÓN CONTÉN:

da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto

1,09€ POR RACIÓN

Que che acheg ?

O pavo é unha carne branca que achega pouca graxa e proteínas de gran calidade. O acompañamento baséase en vexetais como a endivia, que contén ácido fólico. Ademais, as cereixas teñen antocianinas, substancias responsables da súa cor e con función antioxidante.

Tips s ud bles

Non engadas azucre.Ao se cociñar unha cereixa, esta perde auga e comeza a amolecer. Entón desprende azucre e aromas, e aprovéitanse así os azucres propios da froita.

#alimentaloquepiensas

12
UNHA
KCAL 9% 171 18% 1,11g SAL 10% 8,62g AZUCRES 5% 0,90g GRAXAS SATURADAS 8% 5,76g GRAXA A B D E C NUTRI-SCORE A
OVON AT B OLEIRODERECEITASLOCAISEN P I TSERETN

fala Sandías Bouquet para

As sandías Bouquet saben que alimentan.

Saben que agora é o momento.

Saben que cada cousa ao seu tempo.

“Cada cousa ao seu tempo”

Unha mensaxe á medida das sandías sen pebidas Bouquet, de cultivo 100% nacional.

Sandías que agardan polo intre perfecto para chegar co bo tempo á súa tempada de consumo.

Gózalas no seu punto de calidade óptimo e acompáñante nos mellores momentos desta época do ano: perfectas para compartires na casa, en escapadas, en pícnics, na piscina, na praia ou na montaña.

Tempo de variedade

Podes adaptar a túa elección de sandías a cada momento:

A “estrela” de referencia aquí e en Europa é a sandía vermella de codia raiada, que podes atopar en formato estándar ou mini.

DESCARGA AQUÍ

A sandía Bouquet amarela sorprende pola súa cor e sabor. Sen esquecer a de pel verde escura-negra e polpa vermella. A sandía mini é ideal para fogares de unha ou dúas persoas. Tamén dispoñibles en cultivo ecolóxico baixo a marca Bio Bouquet.

Tempo de nutrirse ben

Con vitaminas C e A, antioxidantes, moi refrescantes e hidratantes e cunha textura crocante que che vai encantar... Son a túa froita aliada para a actividade cotiá destes días.

Tempo de creatividade

Como sobremesa en porcións e como protagonistas nunha morea de receitas apetitosas, variadas e suxestivas.

Cada cousa ao seu tempo para dar Racións de Vida para o Campo.

A túa familia non deixará nin un cachiño de sandía Merca unha sandía Bouquet, ábrea e córtaa en cachiños pequenos. Gárdaos na neveira dentro dun recipiente tapado. Así, estará sempre lista para consumir.

5 ao día aconsella o consumo diario de 5 porcións de froitas e verduras
DE SANDÍAS BOUQUET
UN RECEITARIO EXCLUSIVO

VERDE á vista

3 IDEAS DE ENSALADAS SABEDORAS E SAUDABLES

Coa chegada do bo tempo, as ensaladas ocupan un lugar privilexiado na nosa mesa. En EROSKI contas cunha gran variedade de leitugas, brotes e ensaladas listas para consumir e sempre a bo prezo para gozares en calquera momento dun prato saudable, lixeiro, completo e refrescante. Sabías que, amais de achegaren antioxidantes, son ricas en vitamina K, fibra, magnesio e ácido fólico?

Abrir e listo

Nas nosas froiterías atoparás variedades sempre a bos prezos. Ensaladas completas como a César, a gourmet e a de pasta integral con aliño, para gozares en calquera intre. Ademais, aforrarás coas mesturas de leitugas, como a catro estacións ou a variada, tamén en formato maxi.

Sempre bos prezos S Sep prez ezzos

3 ALIÑOS

QUE NON FALLAN

Vinagre de mel e mostaza 1 culleriña de mostaza, 2 culleradas de mel, zume dun limón, media cunca de AOVE, 2 culleradas de vinagre, medio allo, sal e pementa. Triturar e listo.

Vinagreta de froitos secos 60 g de noces, améndoas e/ou abelás torradas, media cunca de AOVE, 3 culleradas de vinagre de mazá, 1 culleriña rasa de mel, sal e pementa. Picar os froitos secos, axitar e listo.

Vinagreta de aguacate

Medio aguacate, media cunca de AOVE, unha manchea de follas de coandro, zume dunha lima, 1 allo, sal e pementa. Triturar e listo.

14

FAINA AO TEU GUSTO

ELIXINDO PRODUTOS SEMPRE A BO PREZO

PARA PREPARARES A TÚA ENSALADA Tips s ud bles

Utiliza variedade de verduras frescas: leituga, espinacas, eiruga, tomates, cogombros, cenorias, pementos, lombarda...

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Agrega proteínas: peituga de pavo, conservas de peixe, legumes, ovos, queixo de cabra...

Inclúe graxas saudables: aguacate, noces, sementes ou olivas.

Engade grans integrais como quinoa, arroz integral, bulgur ou cuscús para aumentares o contido de fibra.

Aliño saudable sempre con aceite de oliva virxe extra.

Controla o tamaño das porcións: enche a metade do teu prato con verduras, un cuarto con proteínas e outro cuarto con grans integrais.

Experimenta con sabores e texturas: agrega froitas frescas, como as de carabuña, froitos secos, herbas frescas, como menta ou alfábega, ou mesmo dálle un toque de dozura cun chisco de mel ou de dátiles picados.

#alimentaloquepiensas

15

Tosta de friame de pavo

Para o friame de pavo:

Nun bol mesturar as especias co aceite de oliva e impregnar a peituga por todos os lados. Cubrir con papel vexetal coma se fose papillote e enfornar a 180º C durante 40 minutos.

• 1 culleriña de tomiño seco

• 1 culleriña de ourego seco

• 1 culleriña de romeu seco

• 1 culleriña de pemento doce

• 1 culleriña de sal

• ½ culleriña de pementa negra

• 30 ml de aceite de oliva

• Media peituga de pavo

Para a torrada:

• Fogaza integral de cereais e sementes

• Aceite de oliva

• 2 aguacates

• 24 g de queixo tenro 860’

Arrefriar por completo o pavo e, cun coitelo afiado, cortar en láminas finas.

Cortar o pan da fogaza en rebandas, botar aceite de oliva por ambos os dous lados e torrar na tixola ou na torradora.

Cubrir con aguacate triturado, unhas lascas ou triángulos de queixo e láminas de friame de pavo.

Rematar cun toque de pementa acabada de moer e, opcionalmente, cun chisco de aceite picante elaborado con pemento picante ou chile e aceite.

Que che acheg ?

Proporciona hidratos de carbono e fibra do pan integral, graxas saudables do aceite de oliva e o aguacate e, para rematar, proteína de alta calidade do pavo que, ao se tratar de carne branca, ten pouca graxa.

Tips s ud bles

Ideal para o almorzo, un petisco ou unha cea. Para aumentar a sensación de fartura e a achega nutricional de vitaminas e minerais, acompaña a tosta dunha peza enteira de froita.

#alimentaloquepiensas

NUTRI-SCORE B

A B D E C

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un

0,68€

POR RACIÓN

KCAL 16% 324 15% 0,88g SAL 2% 1,60g AZUCRES 14% 2,83g GRAXAS SATURADAS 23% 15,88g GRAXA
adulto

A pesca sostible SIGNIFICA MÁIS AZUL

Neste mes de xuño somos máis azuis ca nunca e celebramos a carón da ONG Marine Stewardship Council (MSC) a súa Semana Mares Para Sempre. Apoiamos unha pesca sostible, porque implica máis peixes, máis traballo, máis opcións, máis saúde e tamén máis cor. Lémbrate do Selo Azul MSC, que acredita unha pesca sostible.

Por que elixir conservas co Selo Azul?

Elaboradas con bonito e anchoas do Cantábrico, as conservas de EROSKI con selo MSC proceden de peixes capturados mediante artes de pesca tradicionais e sostibles. O noso bonito do Norte EROSKI SELEQTIA elabórase en Mutriku (Gipuzkoa) a base de bonito enteiro capturado pola costeira do Cantábrico un a un con cana e ten certificación MSC. Verás que tamén conta co selo Eusko Label, que indica que o pescou un barco pertencente á confraría vasca e que se descargou

nun porto e lonxa do País

Vasco. Automaticamente trasládase á nosa planta de Mutriku, onde se coce e embota nas seguintes horas, mantendo toda a súa tenrura de xeito totalmente artesanal e auténtico. As anchoas do Cantábrico EROSKI SELEQTIA pescáronas barcos do cerco artesanais e elaboráronse seguindo a tradición, tal e como se facía séculos atrás, con sal, aceite e respectando o tempo de maduración. Nada máis natural ca isto.

SUBSTANCIOSO

ARTESÁN

PESCADO CON CANA

SABOROSA DELICADA

ELABORACIÓN ARTESANAL S

TAMÉN EN CONXELADOS

Elixe Selo Azul en filetes e toros de pescada EROSKI, capturada e conxelada en alto mar para manter o seu sabor, textura e calidades nutricionais.

18
A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE D

OS NOSOS FRESCOS MÁIS AZUIS

A pesca con certificado de sustentabilidade está garantida nas nosas peixerías. Dende que no 2016 nos convertemos na primeira cadea de distribución polo miúdo en España que superou a auditoría de MSC para comercializar peixe fresco de caladoiros sostibles, nas nosas peixerías contas co Selo Azul en bacallau, bonito e anchoa do Cantábrico. Tamén no peixe fresco envasado, no surimi, no bacallau esmiuzado e nas Auténticas de Aguinaga, elaboradas con peixe sostible certificado.

Tips s ud bles

As conservas de peixe son prácticas e saudables, ricas en omega 3 e en graxas boas.

Canto máis se pareza ao peixe orixinal, mellor. As sardiñas e o paté de sardiñas non son o mesmo.

Na conserva, ten en conta a calidade do aceite: se é de oliva, mellor. Se o prefires opta por conservas ao natural e engádelles ti mesmo o aceite que queiras.

Utiliza o aceite sobrante -mellor se é AOVEpara faceres unha maionesa caseira, aliñar pasta e ensalada.

Aproveita o escabeche para llelo engadir a unhas patacas fritas ou para lle dar un toque a unha maionesa.

#alimentaloquepiensas

FALAMOS CON...

Joaquín Felipe

Embaixador Azul de MSC, chef e empresario no restaurante Atocha 107

A educación non só se transmite a través da palabra, está presente en todas as nosas accións, sentimentos e actitudes. Para Joaquín Felipe, a cociña é un medio máis, e por iso os cociñeiros teñen unha responsabilidade coa pesca sostible. “Respectar o noso traballo e gozar da cociña é coidar os nosos mares, o noso contorno e a materia prima”.

Somos conscientes do que suporá non levar unha vida máis sostible e cunha pesca que favoreza a conservación dos océanos?

Esquécesenos que temos a obriga de coidar o planeta en todos os seus aspectos, para que as xeracións que veñen o poidan gozar.

Que che impulsou para ser embaixador Azul de MSC?

Os seus valores, a súa proposta do Selo Azul e a mensaxe de Mares Para Sempre. Unha pesca sostible significa máis peixes, máis opcións e a garantía de que os seus peixes e mariscos se capturaron de xeito responsable. Ese respecto pola natureza é parte do meu xeito de traballar coa materia prima. Son dos que se achegan ás hortas, ao campo, ao mar, ás lonxas, para ampliar os meus coñecementos e descubrir novas elaboracións e texturas e sentar a base da miña cociña, que sinto como honesta.

Que podemos facer na nosa cociña para contribuírmos na conservación dos mares?

Ao elixirmos produtos con Selo Azul apoiamos a provedores e produtos do mar de pesca sostible. É así como garantimos que a biomasa pescable non sufra unha posible extinción dalgunha especie e que a poidan gozar xeracións futuras.

Algún truco para facer un prato máis Azul?

Unha receita con Selo Azul non só debe contar con peixes e mariscos con este Selo, os outros ingredientes deben cumprir coas mesmas pautas.

19
LOGO EMPRESA 2023PREMIOMARES PARASIEMPRE PESCADERÍAS CERTIFICADASMSC BUSCA EL SELLO AZUL DE MSC

Conservas MOI NOSAS

Dende EROSKI estamos comprometidos coa industria conserveira tradicional e coas empresas locais que a manteñen viva.

Bonito do Norte

Ventrecha de bonito do Norte É a parte máis suave e delicada. Sorprenderanche a súa textura e o seu sabor. Un manxar exquisito. a d a d in tú

Pescado a cana un a un e elaborado de xeito totalmente artesanal. Sen dúbida, o mellor ingrediente para as túas receitas.

Ventrecha de bonito

Inconfundible textura laminada, unha das pezas máis cobizadas do Bonito do Norte.

Tronco de bonito

Bonito do Norte do Cantábrico, elegancia artesanal en lata.

Bonito do Norte Elaborado de xeito artesanal en Bermeo (Biscaia) con lombos de calidade extraordinaria.

Bonito do Norte Lombos elaborados exclusivamente con peixe fresco da costeira do Mar Cantábrico.

Ventrecha

Tenros filetes de ventrecha de bonito do Norte elaborados con materia prima fresca do Mar Cantábrico.

PAÍS VASCO

Goza dunha ampla variedade de conservas de bonito do Norte elaboradas por conserveiras vascas dos principais portos. O bonito do Norte (Thunnus Alalunga) é unha especie migratoria que nos meses de verán se achega á costa vasca, onde alcanza o seu máximo esplendor. É aí onde o sector pesqueiro obtén as mellores pezas para trasladar ao mercado de fresco e mais ao da conserva.

EROSKI

O noso bonito do Norte EROSKI foi elaborado con bonito enteiro pescado exclusivamente a cana. Despois, na planta de Bermeo, cócese e embótase de xeito totalmente artesanal.

Vimos de lanzar o noso novo Bonito do Norte ao natural. Sen achega de graxa e alto en proteína. Pescado a cana e producido en Bermeo.

20
A
B
B D E C NUTRI-SCORE

CONSERVAS ARROYABE

Bitor Agirre

Responsable de Márketing

Fundada hai máis de cen anos, Arroyabe é un referente conserveiro que se mantivo fiel ao Cantábrico, á calidade e á tradición. Amais do seu completo catálogo de conservas, elabora boa parte das conservas de peixe EROSKI.

Como se selecciona o peixe?

Sempre confiamos no que nos ofrece o noso mar Cantábrico. Acudimos ás confrarías de mariñeiros de portos como Ondarroa, Hondarribia, Getaria ou Bermeo, onde temos as nosas instalacións. Nas confrarías é onde a frota de baixura do Cantábrico descarga o Bonito do Norte e onde facemos a selección dos peixes. Estar tan preto dos portos permítenos contar cun peixe da maior frescura e calidade, que inflúe no sabor das nosas conservas.

Afincados en Bermeo, a localidade con maior concentración do mundo de conserveiras que traballan de xeito tradicional. Que supón o apelido artesanal?

Supón mantérmonos fieis ás nosas raíces. Elaboramos as conservas como se fixo toda a vida nos fogares da costa vasca. É un proceso totalmente manual, que esixe unha técnica e unha gran delicadeza.

A que sabe o bonito Arroyabe?

O noso Bonito do Norte sabe ás conservas de sempre, ás que facían as nosas avoas na casa. Esta é unha das cousas que nos comentan as persoas da zona que visitan a nosa fábrica: que perciben o mesmo arrecendo que cando os seus pais ou avós elaboraban conservas na casa. Ademais, a conserva de Bonito do Norte é un produto totalmente natural, sen conservantes nin colorantes, polo que o seu sabor é moi auténtico.

Comprometidos co local, pero tamén co medio natural...

Temos dous obxectivos claros: que as técnicas de pesca respecten o fondo mariño e a política de residuo cero. Contamos cunha depuradora propia, que limpa as augas de cocción ao máximo e cumprimos cos parámetros establecidos polo consorcio de augas. O feito de estarmos situados en plena reserva da Biosfera de Urdaibai fai que os controis sexan moito máis estritos, pero entre todos temos que manter estes espazos. Por outra banda, os restos de peixe e outros refugallos orgánicos convertémolos en fariña de peixe e os nosos envases son de vidro ou de folla de lata, materiais

100% reciclables infinitas veces, polo que minimizamos o uso de plástico.

Sodes das marcas que contades co Selo MSC. Que achega a etiqueta Azul? Asegura que o peixe procede de pesqueiras sostibles certificadas. Isto fai que os métodos de pesca empregados sexan ecolóxicos, cun alto grao de selectividade, porque non implican capturas accidentais doutras especies nin estragan o fondo mariño. Ademais, permiten discriminar por tamaño, evitando a captura de pezas pequenas, e asegurar así a continuidade da especie.

21
FALAMOS CON...

GALICIA

Xoubas en aceite de oliva

Coidada selección de materia prima e esmerada fabricación.

Bonito en aceite de oliva

Dende 1873 elaborando o máis apreciado dos túnidos: bonito do Norte.

RECEITAS EXPRÉS

Zamburiñas e mexillón

Zam e m

Auté mar pur p o

Do m d

Auténtico sabor mariño ao máis puro estilo galego. Do mar á lata en só dúas horas.

Ensalada: mestura a túa conserva preferida con aguacate, leituga, tomate e a túa salsa favorita.

Sushi: engádelle á túa conserva arroz de sushi, aguacate, cogombro e alga nori.

Untable e recheo de ovos cocidos: tritura atún en AOVE, cogombros novos e maionesa ou iogur grego ou queixo en crema...

Arroz: mestura o peixe enlatado con arroz ou quinoa cocidos. Proba un arroz negro rápido con chocos na súa tinta e arroz fervido.

#alimentaloquepiensas

NUTRI-SCORE D

A B D E C

A B D E C

C

En EROSKI traballamos exclusivamente con mexillón 100% galego, que garante un sabor e calidade superior. Os mexillóns en conserva EROSKI proveñen de bateas das rías galegas, onde alcanzan o seu mellor momento nutricional.

Os filetes de anchoa en aceite de oliva EROSKI SELEQTIA elaboráronse e embotáronse en Santoña, mantendo a ampla tradición conserveira. Testáronos expertos do Basque Culinary Center e contan co Selo Azul MSC.

CANTABRIA

Anchoas en aceite de oliva Elaboradas seguindo a auténtica tradición artesanal, que a marca domina dende hai máis de 60 anos.

Filetes de anchoa Elaboradas artesanalmente. Teñen alto contido en ácidos graxos omega 3. Produto natural, sen conservantes artificiais.

22
NUTRI-SCORE

Ensalada de bonito en escabeche e faba branca

• 300 g de faba branca cocida

• 260 g de bonito en escabeche

• 225 g de pementos do piquillo asados

• 150 g de cebola vermella

• 8 chiles verdes

Vinagreta

• 45 ml de AOVE

• 30 ml de vinagre

• 6 g de mostaza de Dijon

• Sal

• Pementa acabada de moer

• Herbas aromáticas

Cortar en tiras os pementos do piquillo e en láminas finas a cebola.

Picar os chiles verdes. Mesturar coas fabas e o bonito e reservar. Preparar a vinagreta mesturando ben todos os ingredientes e botala na ensalada. Adornar coas herbas aromáticas.

4 20’ 4 40’

NUTRI-SCORE

1,39€

POR RACIÓN

UNHA RACIÓN CONTÉN:

Inxestion de Referencia (IR) para un adulto

1,69€

POR RACIÓN

Minestra morna de verduras con lombos de bonito

• 1 tarro de lombos de bonito do norte en aceite (400 g)

• 1 cebola

• 1 pemento vermello

• 1 pemento verde

• 1 berenxena

• 1 cabaciña

• 1 presada de alfábega

• 40 ml de aceite de oliva

• Sal e pementa

Retirar o bonito do aceite e deixar escorrer ben. Dispoñer a cebola nunha bandexa de forno e cociñar a 190 °C durante uns 15 minutos. Engadir os pementos e mais a berenxena e enfornar outros 15 minutos. Deixar arrefriar, pelar e cortar en tiras.

Torar a cabaciña e cociñala despois nunha prancha ben quente. Reservar. Picar as follas de albáfega e mesturalas con aceite, sal e pementa. Reservar.

Poñer as verduras escalivadas na base dun prato, incorporar a cabaciña e regar co aceite con albáfega. Agregar os lombos de bonito e servir.

23
KCAL 14% 274 31% 1,86g SAL 7% 6,29g AZUCRES 16% 3,14g GRAXAS SATURADAS 22% 15,60g GRAXA B D E C
da
A
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto KCAL 13% 262 18% 1,05g SAL 10% 8,57g AZUCRES 15% 2,99g GRAXAS SATURADAS 26% 17,86g GRAXA A B D E C NUTRI-SCORE A

0,95€

POR RACIÓN

ONIGIRAZU,

Sándwich de onigiri

4 50’

• 4 láminas de alga nori

• 350 g de arroz para sushi

• Auga

• 2 cenorias

• 1 cogombro

• 4 follas de leituga

• 1 aguacate

• 1/2 remolacha relada

• 1 culleriña de maionesa picante

• 1/4 de culleriña de sal

• Sésamo negro para decorar

Cocer o arroz a lume medio segundo as indicacións do envase, tras lavalo ata que a auga saia clara. Así que rompa a ferver, cubrir, baixar o lume a baixo e cocer outros 10-12 minutos. Deixar repousar 15 minutos.

Pelar e laminar as cenorias, cortar en rodas o cogombro, o aguacate en láminas finas e relar a remolacha.

Para montar o onigirazu, poñer un papel filme na base e sobre el a folla de alga nori coa parte brillante cara a abaixo e en forma de rombo. Estender uns 80 g de arroz no centro en forma de cadrado.

Engadir un pouco de maionesa picante, poñer por riba a cenoria, o aguacate, a remolacha, o cogombro e a leituga.

Cubrir con outros 80 g de arroz. Dobrar as puntas da alga cara ao interior pechando o paquete e, axudados do papel filme, premer lixeiramente.

Deixar repousar uns 15 minutos e cortar pola metade. Esparexer por riba sésamo negro.

Que che acheg ?

Proporciona unha ración de hidratos de carbono complexos do cereal (arroz) e de vexetais. Complétaa con legume, tofu ou ovo para que siga a ser apta para dietas ovovexetarianas.

Sabías que? Ao tomares as verduras crúas, sen as someteres a calor, lógrase unha menor perda dalgunhas vitaminas. #alimentaloquepiensas

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto KCAL 22% 436 7% 0,44g SAL 6% 5,30g AZUCRES 5% 0,99g GRAXAS SATURADAS 10% 7,01g GRAXA A B D E C NUTRI-SCORE A
@virginiamartin_photo
24

A mellor selección VISTE DE NEGRO

En xuño bota a andar un verán cheo de citas deportivas nas que non pode faltar un petisco do máis especial. Pon a punto a túa mesa coa nosa mellor selección de produtos

EROSKI SELEQTIA, testados polo Basque Culinary Center (BCC) e prepárate para gozar en boa compaña.

Patacas fritas en tixola

O MAILLOT MÁIS

CROCANTE

Cultivadas en León

Cortadas en finas láminas

Fritas ao estilo tradicional, devagar a temperatura suave

Crocantes

O TERCEIRO TEMPO

Saborosos

Artesáns

Coa mellor orixe

Ventrecha e bonito do Norte

FINAL EN PORCIÓNS

Elaboradas en Italia

Masa fermentada de forma natural durante 24 horas e estirada a man

Enfornadas en forno de leña

Pizza de boletus e salame e Grana Padano

Fresco

Sen glute

No seu punto xusto de aliño

Textura suave e cremosa

Mexillóns fritos en aceite de oliva

O MELLOR VEHÍCULO PARA UNTAR

Finas e crocantes

Sen graxa de palma

Fornacina clásica e de sésamo

OS CUARTOS DE FINAL

Coas orixes olivareiras máis selectas

Categoría extra

1. Negra de Aragón seca 2. Oliva manzanilla de sabor a anchoa 3. Oliva gorda rechea de pemento con chile e allo 4. Oliva manzanilla
A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE D A B D E C NUTRI-SCORE D A B D E C NUTRI-SCORE B
PERSOAL CON ALTURA A B D E C NUTRI-SCORE A 3 4 2 1 Gaspacho

DO VERDE AO VERMELLO

A nosa etiquetaxe destila cor. Dende o 2018, Nutri-Score forma parte dos envases de marca propia EROSKI para que, dunha soa ollada, distingas a calidade nutricional dos produtos e tomes unha decisión máis consciente á hora de faceres a compra.

QUE SIGNIFICAN AS CORES?

A PALETA CROMÁTICA DE NUTRI-SCORE UTILIZA

AS CORES DO SEMÁFORO -VERMELLO, AMARELO

E VERDE-, E ENGADE O LARANXA E O VERDE

CLARO E AS PRIMEIRAS CINCO LETRAS DO ABECEDARIO, NAS QUE O A É A NOTA MÁIS

SAUDABLE E O E, A MENOS

NUTRI-SCORE

A B D E C

Melloras no Nutri-Score

ANTES

AGORA

O cambio na etiquetaxe estará na túa tenda proximamente

QUE MELLORA A LETRA QUE EMPEORA A LETRA

Proteínas

Fibras

Porcentaxe de froitas, verduras, legumes e froitos secos

Calorías

Azucres simples

Ácidos graxos saturados

Sal

SABÍAS

O algoritmo do Nutri-Score modificouse. Valóranse mellor o pan integral e algúns queixos e aceites e penalízanse os produtos con alto contido de azucre ou sal.

Os snacks doces e salgados adóitanse situar nas letras D e E. Así e todo, hai patacas fritas que pola súa composición son C e snacks de legumes que poden ser B.

A única bebida marcada cun A é a auga. Leites e iogures bebibles naturais son B ou C en función do seu contido en graxa e azucre.

Os cereais de almorzo, canto menos azucre e máis fibra, mellor calidade nutricional. Tamén inflúe a cantidade de proteína e de sal.

O Nutri-Score non se pode utilizar para produtos de alimentación deportiva, de alimentación infantil como leite de fórmula ou similares, para produtos alimenticios con fins médicos concretos ou para comidas substitutivas.

#alimentaloquepiensas

26
A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE B P F P
QUE….?

anos

fala Philadelphia para

Cumprimos deproduciónlocal! 50

Philadelphia fabrícase en España...

Dende hai 50 anos !

Philadelphia, a icónica marca de queixo crema pertencente ao grupo Mondelēz International, aterrou en España en 1974, e dende aquela fíxose un oco en neveiras de millóns de fogares españois. Ofrece unha ampla gama de variedades para satisfacer os gustos e necesidades dos seus consumidores, dende o clásico Philadelphia Orixinal, a opcións máis lixeiras como Philadelphia Light ou o seu último lanzamento,Philadelphia Vexetal, un produto 100% vegano.

Este 2024 a marca cumpre 50 anos de produción local en España, en concreto na súa fábrica de Hospital de Órbigo (León). Dende as instalacións desta planta, que conta con décadas de compromiso coa excelencia e a innovación, prodúcense con agarimo e

coidado aproximadamente 32.000 toneladas de Philadelphia ao ano.

Para celebrar este fito tan especial, Philadelphia levará a cabo distintas accións ao longo do ano, como promocións ao consumidor, un redeseño do seu pack ou a emisión dun novo anuncio en televisión, entre outras. Ademais, contará tamén con dous embaixadores de primeira: o presentador e humorista leonés Dani Martínez e o reputado grupo de repostería Álex Cordobés.

Con estas iniciativas, Philadelphia brinda polo seu medio século de produción local e lanza unha mensaxe de agradecemento a todos os consumidores que acompañaron a marca durante estes anos, facendo posible que Philadelphia leve 50 anos atopando amigos en España.

DÓNUTS DE MAZÁ,

IOGUR E FROITAS

2 RACIÓNS / DIFICULTADE 2 / 20 MIN

Dónuts

3 mazás fuji

½ limón

300 g de iogur natural 4 amorodos

30 g de arandos

Topping

2 amorodos

½ kiwi

10 arandos

25 g de muesli

1. Sacar o carozo das mazás e cortalas en rodas, en forma de dónuts. Pintar cun chisco de zume de limón para evitar que se oxiden.

2. Triturar a metade do iogur cos amorodos e a outra metade cos arandos.

3. Estender os iogures de diferentes sabores en cada roda de mazá e decorar con cachiños de froita e con muesli por riba. Combinar o iogur natural co kiwi, o de sabor a amorodo con cachiños desta froita e o de sabor arando con arandos enteiros.

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto

Que che acheg ?

As cores verde, azul e vermella das froitas indican que é un prato alto en clorofila, antocianinas e carotenos. Estes pigmentos son os responsables de lles dar cor a estas froitas e, ademais, achegan antioxidantes e vitamina C.

Apta para dietas lactovexetarianas.

Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas

28
KCAL 8% 154 3% 0,16g SAL 24% 21,68g AZUCRES 6% 1,25g GRAXAS SATURADAS 4% 2,97g GRAXA A
NUTRI-SCORE A
B D E C
Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.

RODRIGO GARCÍA E SOFÍA PÉREZ

Wovo é a primeira alternativa aos lácteos elaborada con clara de ovo, sen graxas, de alto contido en proteínas. Apta para intolerantes á lactosa.

Para Rodrigo García e Sofía Pérez, o primeiro foi o ovo. Soubéronse adaptar ás novas necesidades e transformar unha materia prima básica coma esta para crear unha liña de bebidas e cremosos feitos a base de clara de ovo e calcio que, ao estaren fabricados sen leite, supoñen a alternativa perfecta para os intolerantes á lactosa. Así se alzaron co primeiro posto á innovación nos 11º Premios Salón Gourmets.

Por que estas alternativas aptas para intolerantes transforman o futuro da alimentación?

[Sofía] Ata hoxe, ninguén podería imaxinar que a partir do ovo se puidese ter unha bebida para

mesturar co café. É un cambio que está a transformar a alimentación. E é que unha cousa tan simple como un ovo serve para poder crear unha nova opción para un público moi amplo. Estamos a falar de elaborar produtos a base de clara de ovo, que, ao non teren lactosa nin glute, son aptos para intolerantes. Unha alternativa para persoas con intolerancia, que hoxe en día son máis da metade da poboación no noso país, e para aquelas que requiren dunha redución do consumo de azucres, graxas ou hidratos de carbono. O ovo pasa a converterse nun mundo totalmente diferente.

Como xurdiu e se foi incubando este proxecto?

[Rodrigo] É algo que vén de familia. O meu bisavó comezou con tan só

30

200 galiñas xusto a 10 quilómetros de Palas de Rei (Lugo), onde nos atopamos na actualidade. Hoxe xa traballamos a terceira e a cuarta xeración. E o máis importante é que sempre estivemos convencidos de que o ovo é un produto realmente potente que estaba por explorar e que, ao igual que o leite tivo unha transformación nos anos oitenta, o ovo tamén a tería. Por iso, non paramos de traballar para innovar. No 2018 lanzamos o ovo a baixa temperatura, que está cociñado dentro da propia casca e que, logo de escachalo, proporciona un ovo parecido ao poché. Isto fíxonos crer que detrás dun ovo tiña que haber algo máis.

E ese algo máis é Wovo... Como é o proceso dende que collen o ovo ata convertelo en Wovo?

[Sofía] Primeiro, temos un control da materia prima. Separamos a xema da clara, porque os nosos produtos están feitos con clara de ovo, a través dun proceso tecnolóxico que se chama hidrólise. Non é un proceso raro, xa que se usa nos leites sen lactosa ou nas bebidas de avea. Consiste en incorporar unha encima que cataliza unha reacción coa auga, que rompe en fragmentos pequenos a proteína e fai que a clara se comporte dun xeito completamente diferente. Con esa clara, que xa ten a proteína rota, dámos chegado á temperatura

Preguntas En menos do que canta un g lo!

axeitada para podermos facer bebidas e mesmo fermentala para elaborar cremosos.

Que nos achega a clara de ovo?

[Sofía] A clara de ovo é unha proteína de alto valor nutricional, unha proteína completa que ten os nove aminoácidos esenciais e, de feito, serve ata na construción dos nosos músculos. Adicionalmente, os nosos produtos non conteñen hidratos de carbono nin azucres simples, e tampouco engadimos azucre na nosa formulación. Esta é unha das grandes diferenzas en relación a outras alternativas que hai no mercado. De xeito natural dános ese punch de enerxía!

A que tipo de persoas vai dirixido?

[Sofía] Temos un público moi heteroxéneo: persoas que buscan un avellentamento saudable, que queren reducir o seu consumo de graxas e azucres, con intolerancias á lactosa ou ao glute e alérxicos aos froitos secos que buscan alternativas que poidan incorporar na súa vida cotiá, como volver ao café con leite que tiveron que deixar porque lles senta mal. Ao non ter lactosa nin glute, é un alimento máis inclusivo.

Como imaxinas a alimentación do futuro?

[Sofía] Temos que facer unha reflexión de volta aos básicos, é

Es máis de galiña turuleca ou de galiña caponata?

[Rodrigo] Galiña caponata. Que cres que foi primeiro, o ovo ou a galiña?

[Sofía] e [Rodrigo] Ti que pensas? O ovo.

dicir, poder aproveitar mellor as materias primas para ter novas propostas saudables no mercado. Traballamos para crear novos produtos en alimentación e ter alternativas saudables como é Wovo, que en definitiva é un produto cun contido calorífico baixísimo, un leite sen leite. Sen dúbida ningunha, o ovo vai ser un dos piares da alimentación do futuro e temos que seguir innovando. E nisto Wovo é unha innovación disruptiva real, feita dende aquí.

É difícil sacar a innovación do niño e dala a coñecer?

[Rodrigo] No sector primario e no medio rural é difícil a innovación. Para logralo é clave conseguir traer talento e o medio rural non resulta demasiado atractivo para todos.

Un 30% das fake news de Internet son sobre alimentación. Esta desinformación fai que nos estea a custar de máis levar unha boa alimentación?

[Rodrigo] Hai escasos anos non podías tomar máis de dous ovos á semana porque te poñías amarelo e tiñas o colesterol alto e demostrouse que non é así. De feito, grandes deportistas son consumidores dun alto volume de ovo, porque é a mellor proteína, cos aminoácidos básicos e é pura vida de seu.

Sodes máis ave de curral ou estades máis cómodos voando ceibos?

[Sofía] Teño un mix, pero encántame ser ave de curral porque engaiólame estar co meu equipo.

[Rodrigo] Voando ceibo, sen dúbida ningunha.

#alimentaloquepiensas

Coñece máis sobre o mundo dos ovos

31

o último

CREMA DE POLO CON VERDURAS

Un prato para ter sempre á man

Atentos, amantes da culler, porque chega unha novidade que non podes perder nin sequera no verán: a nova crema de polo con verduras EROSKI. De sabor extrasuave, equilibrado e textura cremosa, a nosa crema combina polo de alta calidade con hortalizas frescas como cenorias, patacas e cebola, e mais o toque inconfundible do aceite de oliva virxe extra.

Sen glute, conservantes ou colorantes, preserva todas as súas propiedades e sabor como o primeiro día da súa elaboración, grazas ao tratamento térmico UHT que recibe. É perfecta para ter na túa despensa e tomar, sempre que che apeteza, un prato ben quentiño e nutritivo. Ademais, conta cun envase fabricado co 75% de cartón procedente de fontes responsables con certificación FSC.

PAN RELADO

O toque crocante para as túas receitas

Non deixes de probar o novo pan relado crocante con flocos de millo EROSKI, ideal para empanar polo e para preparar os teus mellores nuggets. E proba o pan relado xaponés panko, feito unicamente con miolo de pan (panko, en xaponés, significa miolo de pan), perfecto para empanar gambas, peixes, verduras, carnes e croquetas. Cun efecto extracrocante e lixeiro e Nutri-Score A. Estas dúas novidades enriquecen a oferta marca EROSKI, que conta con opcións para todos os gustos e petos, como o pan relado básico, o crocante ou o pan relado con allo e perexil. Ti elixes!

O EMPANADO PERFECTO

PASO A PASO:

Pasa o alimento por fariña e sacude para quitar o exceso.

Mergulla en ovo batido.

Volta e volta no pan relado.

Frixe en aceite. Tamén podes optar por unha opción máis saudable botando un chisco de aceite sobre o alimento e cociñándoo na airfryer.

ENRIQUECE:

Engádelle ao pan relado allo en po, queixo parmesano ben relado e perexil fresco picado. As peitugas de polo quedan ideais se as deixas unha hora antes mergulladas en ovo, allo, perexil e un bo chorro de limón.

#alimentaloquepiensas

32
A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE A

Aperitivos para saboreares a calquera hora

PATACAS

Goza das novas patacas onduladas con sabor a xamón e da receita campesiña EROSKI. A súa textura crocante e o seu inigualable gusto convértenas nun petisco ideal para as tardes de verán.

Es fan dos snacks de queixo? Proba os Quesinis EROSKI, con ese sabor que tanto nos gusta e sen saborizantes artificiais. Crocantes e deliciosos, son perfectos para calquera momento.

o último
A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE C QUESINIS EROSKI 100 CASTELLANO MISIGHT MEDIA H.ai 1 17/5/24 16:06

Nº 1 EN PROTECCIÓN SOLAR E

COIDADO DA PEL

NIVEA, con máis de 130 anos de experiencia no coidado da pel, conta cun amplo porfolio de protectores solares especificamente desenvolvidos para cada tipo de necesidade. Xa sexa porque te queres protexer dos raios ultravioleta, por teres a pel sensible ou porque tentas potenciar o teu bronceado estival, teñen xusto o que precisas.

PROTECCIÓN SOLAR FACIAL

A pel do rostro é máis fina, tende a avellentar prematuramente e está máis exposta á luz solar. Por iso, NIVEA desenvolveu protectores solares de uso cotián con beneficios engadidos como a protección antimanchas ou o acabado invisible

PROTEXE & HIDRATA

A icónica gama de protectores solares de NIVEA protexe a pel desde o exterior e o interior e hidrata durante 48 horas. Ofrece protección fronte aos raios UVA/UVB, as queimaduras e o avellentamento prematuro da pel e inclúe Vitamina E, un poderoso antioxidante.

PARA OS PEQUENOS DA CASA

Especificamente deseñados para os nenos e a súa delicada pel, fortalecen a barreira protectora da propia pel e axudan a reducir o risco de alerxias solares. Extrarresistentes á auga, están aprobadas por pediatras.

PROTEXE & BRONCEA

A gama de protección solar para lucires un bronceado bonito e saudable. Co seu dobre efecto, a túa pel estará protexida do efecto do sol mais asemade o activador de melanina patentado axuda a lograr un bronceado natural (*)

*Fonte: Nielsen, Vendas en Valor de Bronceadores+Aftersun, Total España a YTD 2023 / TAM 2023
fala NIVEA para

PEL BRONCEADA sen preocupacións con

Coa chegada do bo tempo toca extremar as precaucións para que a pel se adapte ao aumento da radiación solar. belle&SUN é a túa marca aliada para protexeres e coidares a túa pel antes e despois do sol, con todas as garantías e, ademais, a bo prezo.

Protección PARA A PEL

Leite solar Dispoñible en formato de 250 ml e 400 ml (familiar). De textura lixeira e rápida absorción. Para peles claras ou sensibles

Aceite toque seco Acelera o bronceado. Cunha textura suave, lixeira e de rápida absorción.

Para peles moi bronceadas

Sprays transparentes

Texturas transparentes en factores de protección altos. Para peles claras ou sensibles

Leite solar Hipoalerxénico, sen perfume e sen alcohol. Para peles moi sensibles

Bruma solar transparente Non graxa e de rápida absorción, pódese aplicar ata sobre a pel mollada. Para peles claras ou sensibles

Cando?

Mínimo, media hora antes da exposición ao sol. Espallar a crema de xeito uniforme sobre a pel e non esquecer as mans, beizos, pálpebras, pés, orellas...

Canto? En adultos, a cantidade é de seis culleriñas de café.

Cada canto? Cada dúas horas e logo de cada baño ou de realizar actividade física.

36 VALE DESCONTO NESTA REVISTA
Como aplicar a crema?
&SUN
TOP VENDAS

Protección FACIAL

Con factores de protección moi altos para peles claras ou sensibles ao sol. As súas fórmulas preveñen a aparición de engurras e manchas e ademais son oil free.

Fluído solar Hipoalerxénico e sen perfume.

Xel transparente De rápida absorción.

BB Sun

Crema con cor especialmente indicada para peles claras sensibles ao sol.

AUTOBRONCEADORES AFTERSUN

Tips para o seu uso axeitado: Exfoliar a pel antes do uso. Aplicar uniformemente sobre a pel limpa e secar evitando as cellas e mais a raíz do cabelo. Lavar as mans tras a aplicación.

Aplicar acotío ata acadar o ton desexado.

Protección INFANTIL

Especialmente indicados para a pel sensible dos máis pequenos, peles moi claras e para as primeiras exposicións ao sol.

‘Stick’ solar Para protexer o rostro, zonas moi sensibles, cicatrices e manchas pigmentarias ou do embarazo. Para peles moi sensibles

Refresca, calma e hidrata

Protección LABIAL

Loción aftersun Hidratante e calmante

1Protección: teñen filtros UVB e UVA equilibrados e resistentes á auga..

2

9 RAZÓNS PARA ELIXIR &SUN

Texturas: non graxas, de doada aplicación e rápida absorción, que deixan na pel un agradable perfume.

3

Con vitamina E: axuda contra o avellentamento prematuro da pel.

4

Gama hipoalerxénica: especificamente concibida para as peles moi sensibles.

5

Envases: cómodos e ergonómicos.

6

Sustentabilidade: filtros respectuosos cos fondos mariños.

7

Fórmulas veganas: sen ingredientes de orixe animal.

8

Seguridade: fórmulas dermatoloxicamente testadas para garantir a boa compatibilidade cutánea e factor de protección avalado por ensaios clínicos, seguindo estándares internacionais e a lexislación vixente a nivel europeo para produtos cosméticos.

9

Controis extra: antes do envasado, reavaliamos a seguridade das fórmulas para confirmarmos o factor de protección solar, entre outros parámetros.

Pel
Bruma solar infantil
sensible
Pel
Leite solar infantil
sensible Protector labial
37
Loción autobronceadora Xel aftersun aloe vera efecto frío VALE DESCONTO NESTA REVISTA TOP VENDAS TOP VENDAS

Limpa o teu fogar a fondo EN 7 PASOS

Propoñémosche as claves e os produtos imprescindibles para deixares todo impecable.

1

PLANIFICA, ORGANIZA E DESPEXA

ANTES DE COMEZAR, FAI UN PLAN. ESTABLECE TAREFAS E UNHA ORDE PARA FACELAS. E DESPEXA A DESORDE RECOLLENDO TODO O QUE ESTEA FÓRA DE LUGAR.

KH-7

Quitagraxas

3

2

FÓRA PO

LIMPA AS SUPERFICIES CON MOVEMENTOS SUAVES E LONGOS PARA EVITAR LEVANTAR MÁIS PO.

EROSKI

Sempre prezos S Sep prezezos

Pronto

Coidado experto madeira

Protexe os teus mobles para mantelos novos por máis tempo! Limpa, nutre e coida as túas superficies de madeira.

Toalliñas de limpeza multiúsos

Eliminan facilmente o lixo deixando unha limpeza total e profunda en calquera superficie e un aroma limpo e agradable.

Elimina a graxa e a sucidade máis incrustada de todas as superficies.

LIMPEZA DE SUPERFICIES

EN SUPERFICIES

DURAS E POROSAS, USA UN MULTIUSOS. EN MADEIRA E ACEIRO INOXIDABLE, OPTA POR UN ESPECÍFICO

E SECA BEN PARA EVITAR MANCHAS.

CIF

4

FAI UN ALTO NA COCIÑA

COMEZA LIMPANDO OS ELECTRODOMÉSTICOS E LOGO PASA ÁS SUPERFICIES. APROVEITA PARA ORDENAR UTENSILIOS E ALIMENTOS EN ARMARIOS E DESPENSA.

EROSKI

Desatascador líquido

Sempre bos prezos S Semp prez ezzos

Sanicentro

Limpador multisuperficies

Crema Limpador cremoso con micropartículas, que ofrece unha máxima limpeza cun mínimo esforzo. s t

Elimina os atoamentos e evita a súa formación, hixienizando e protexendo as tubaxes. Indicado tamén para tubaxes de baño e ducha.

Desinfectante sen lixivia para calquera superficie: cociñas, baños, neveiras, microondas, xoguetes... Elimina o mal cheiro e deixa un agradable aroma.

38

BAÑEIRA E BAÑOS RELUCENTES

PON ATENCIÓN NAS ÁREAS ONDE SE ACUMULA O CAL E A SUCIDADE.

BOTA MAN DUN CEPILLO PARA CHEGARES ÁS ZONAS DIFÍCILES.

KH-7

Antical

É eficaz para eliminar o cal máis incrustado e evitar a súa formación ao repeler a auga.

EROSKI

Xel WC con lixivia

Para unha limpeza a fondo. Deixa un grande aroma en todo o baño e ten unha eficacia de abrancamento mellorada, o que fai que o WC sexa máis branco e brillante, e asemade prevén a formación de cal.

BREF

Limpiador WC limón O teu WC sempre limpo e fresco! Acada unha limpeza profunda, un perfume duradeiro e protección contra o lixo, antical e brillo radiante ata a última descarga.

REMATE FINAL 5 7 6

PATO

Discos WC lima

Fórmula a base de xel, que se adhire á cubeta do inodoro para que os xermes non sexan algo do que se preocupar. Os discos activos ofrecen unha eficacia 360º.

EROSKI

Limpador xabonoso

CHANS IMPECABLES

VARRE OU ASPIRA PARA ELIMINAR O LIXO E LOGO LIMPA CO PRODUTO AXEITADO PARA O TEU TIPO DE CHAN.

Limpa, coida e nutre os chans dándolles brillo e protección a todas as superficies de madeira do teu fogar. Cálido perfume.

TENN

Multisuperficies

Para todas as superficies e chans da túa casa. Por mor da súa exclusiva fórmula con bioalcohol, acada un resultado e limpeza perfecta e brillo. O algodón non engana!

EROSKI basic

Fregachans piñeiro

Multisuperficies sen lixivia para desinfectar e limpar. Elimina o mal cheiro e deixa un agradable aroma.

LUMINIA

Limpacristales

Con tecnoloxía microtech: micropartículas especiais que ultralimpan e tratan o cristal creando unha película protectora que repele auga, po, insectos...

EROSKI ECO Multisuperficies

Elimina a graxa e o lixo. Formulado cun 96% de ingredientes de orixe natural. Botella fabricada con plástico 45% reciclado e 100% reciclable. Apto para veganos.

LIMPA VENTÁS, ALFOMBRAS, MOQUETAS E TAPICERÍAS E LAVA AS FUNDAS DE SOFÁS E SILLÓNS.

VANISH

Quitamanchas

Elimina tres veces máis lixo en superficies como alfombras, sofás, asentos de tea...

39
Sempre bos prezos S Sep prezezos Sempre bos prezos S Sep prezezos Sempre prezos S Sep prezezos

solidariedade

COIDEMOS A NOSA CASA COMÚN

Colabora para axudar a coidar o noso planeta e todas as formas de vida que o habitan. Velaquí os proxectos das ONG ás que van ir destinados os teus céntimos solidarios.

PROTEXE AQUILO QUE AMAS

Menorca Preservation (Baleares)

Conservar e rexenerar o contorno natural da Reserva da Biosfera de Menorca, centrándose en catro alicerces fundamentais: terra, mar, enerxía e Menorca sen plástico.

ALIMENTACIÓN CLIMÁTICA

Fundación United Way España (todas as provincias con tendas EROSKI, agás Baleares e País Vasco)

Proxecto formativo para escolares de secundaria en todo o territorio nacional para traballar nas aulas a alimentación, o cambio climático, a emerxencia climática, a alimentación ecolóxica, a

agroecoloxía, a pegada de carbono, a pegada hídrica e moitos máis temas.

REDUCIR O DESPERDICIO

ALIMENTARIO PARA TRANSFORMAR

O NOSO MUNDO

Enraíza Derechos (País Vasco)

Sensibilizar na redución do desperdicio alimentario a través de distintas canles.

POLINIZADORES EN FOLGA

Sociedade de Ciencias Aranzadi (País Vasco)

Sensibilización cidadá sobre os insectos polinizadores. Levaranse a cabo retos en redes sociais (#polenbila) e haberá un concurso

fotográfico sobre polinizadores, que culminará cunha charla, exposición de fotos, paseo por un parque e un obradoiro de ilustración.

AXUDA OS ANIMAIS

COA TÚA CESTA DA COMPRA

Fundación para o Asesoramento e Acción en Defensa dos Animais (País Vasco, Baleares e Cataluña)

Axudar a protectoras e refuxios financiando parte da comida e atención veterinaria que precisan para atender e cubrir as necesidades dos animais acollidos que están agardando por unha adopción.

PLAN SOLIDARIEDADE EROSKI

40
DÁLLE AO SI DALE AL SÍ A favor de:

Este verán, MILLEIROS DE PREMIOS directos...

Só por seres socio EROSKI club e mercar nas nosas tendas, poderás gañar un dos nosos milleiros de vales con produtos gratis da nosa marca EROSKI -ensaladas, zumes, xeados...- para gozares do verán ou irresistibles agasallos do Catálogo Travel Club como altofalantes, experiencias, entradas de cinema...

AGASALLOS DIRECTOS

Como participar?

1. Participa facendo unha compra na túa tenda EROSKI e descubre o teu premio.

2. Ademais, por cada compra de 30€, consegue unha participación automática no gran sorteo.

3. E xoga na app para levares máis agasallos.

(1) Promoción válida do 13/06/24 ao 31/07/24. Máis información en eros.ki/sorteo-verano/

42 Am r eterno a EROSKI club

E ademais, un gran sorteo

100 carros EROSKI completos de 70 €

No gran sorteo de EROSKI deste verán optas a gañar 100 carros completos valorados en 70 € (1). Ingresarémosche o importe na túa tarxeta EROSKI club para que o poidas utilizar nas nosas tendas.

Como conseguir os agasallos?

OSe o teu cupón é un dos afortunados cun premio directo:

Tócache un vale gratis de produto EROSKI: só tes que pasalo por caixa na túa vindeira compra xunto coa túa tarxeta EROSKI club.

Tócache un código de agasallo gratis do Catalogo Travel Club: introduce o código na web de Travel Club (travelclub.es/verano) ou chama ao teléfono 913 874 387 e lévao gratis.

1 ano de coche gratis

seg e uro

seguro a todo risco incluído

Ademais, sorteamos tamén 15 bonos de dous días de coche gratis con OK Mobility.

Adema bon coche g

Viaxe ao Caribe

Unha viaxe ao Caribe (1) de ata seis noites a destinos como República Dominicana, Cuba ou Porto Rico para dúas persoas. Ingresarémosche o valor da viaxe en puntos Travel Club para que o poidas trocar ou cambiar por calquera outro agasallo ou experiencia do catálogo Travel Club.

Así participas no sorteo

único requisito para optares aos premios é seres socio EROSKI club e realizar unha compra na túa tenda máis próxima entre o 13 de xuño e 31 de xullo, ambos os dous incluídos. A caixeira entregarache un cupón. Sorte!

De d d t

Nas nosas tendas conseguirás unha participación automaticamente por cada billete de compra igual ou superior a 30 €. Así de doado! De superares os 60 € obterás dúas participacións e así en diante. Acumula participacións todas as semanas e aumenta as túas opcións de gañar un premio!

Na app EROSKI: consegue máis participacións e agasallos.

43
V
C prezos Sbos Sep prezoos

PRAIAS DE ALBANIA

O segredo mellor gardado

Aínda quedan en Europa lugares por descubrir. Praias inmensas de area dourada e sen explotar, calas recónditas con augas cristalinas e paisaxes impresionantes no corazón do Mediterráneo oriental. Falamos de Albania, o segredo mellor gardado do Adriático, a tan só un par de horas de aquí.

Ademais, só por seres socio de EROSKI club, reembolsarémosche o 5% do total da viaxe na túa tarxeta para vindeiras compras. Namórate dun marabilloso país por descubrir e aforra.

KSAMIL

Unha xoia oculta na costa xónica

A súa area suave e augas cristalinas de cor turquesa son o seu maior reclamo.

44
viaxes

Esta impresionante localidade, veciña da fronteira con Grecia, conta con tres pequenas illas fronte á súa costa, accesibles en barco, nas que poderás practicar esnórquel e mergullo entre coloridos arrecifes de coral e unha variedade de vida mariña.

cristalinas e praias de seixos, as súas casas de pedra tradicionais e os seus acolledores cafés e restaurantes fan deste lugar un destino especial. As súas praias, entre elas a de Drymades e a de Gjipe, ofrecen un escenario espectacular para relaxarse baixo o sol, nadar e practicar kaiak e pádel surf.

JALË

Paraíso de area dourada

A súa praia é un edén para as familias e os amantes da area e do mar. De augas tranquilas e pouco profundas, é ideal para nadar e practicar esnórquel e tamén windsurf. Dispón dunha gran variedade de restaurantes e aloxamentos, que van desde acolledores bungalós a carón do mar ata luxosos resorts fronte á praia.

Non perdas o Parque Nacional de Butrinto, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Conta con ruínas gregas, romanas e bizantinas e mais cunha impresionante diversidade de flora e fauna.

DHËRMI

Fermosa praia na ribeira albanesa

Os seus impresionantes cantís, augas

HIMARË

Unha perla na costa Praias como as de Livadhi e Potami ofrecen unha contorna espectacular e tranquila con impresionantes solpores sobre o mar. A súa zona vella, coas súas estreitas rúas empedradas, antigas igrexas e acolledores cafés, deixarante abraiado.

Reembolso mbolso bolso

á túa tarxeta EROSKI club 5 %

5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 30 de xuño nas viaxes seleccionadas.

En Viaxes EROSKI reserva de maneira segura e flexible

45

FACEMOS EROSKI

Presentamos o noso Plan Estratéxico

Calidade, aforro para as familias e experiencia de compra cada vez máis personalizada

De esq. a dta., Javier Amezaga, Bittor Oroz, Rosa Carabel, Jordi Hereu (ministro de Industria e Turismo), Beatriz Santos, Marisol Garmendia, José Vicente Reyes e Jordi Carbonell.

En palabras de Rosa Carabel, o Plan Estratéxico nace co propósito de “crear e medrar” nun e por un futuro próspero e sostible. Un proxecto que combine a xeración de resultados empresariais coa creación de riqueza na contorna, asegurando a satisfacción plena das persoas consumidoras e fomentando unha alimentación saudable.

E farémolo a través da mellora da competitividade de prezos, dunha aposta polo produto fresco de calidade e de preto, e mais dun importante investimento en tecnoloxía, que promete transformar tanto a experiencia das persoas consumidoras como a eficiencia operativa, entre outras actuacións.

A nosa CEO, Rosa Carabel, e a directora Comercial de EROSKI,

Beatriz Santos, presentaron o pasado mes en Bilbao o noso novo Plan Estratéxico perante máis de 400 persoas, entre elas 300 provedores da industria alimentaria, representantes do sector financeiro e directivos de Mondragon e de asociacións sectoriais como AECOC (fabricantes e distribuidores).

Para Rosa Carabel, os alicerces que deben soster o noso crecemento son “a calidade, o aforro para as familias e a experiencia de compra cada vez máis personalizada”. Pola súa banda, Beatriz Santos salientou o compromiso co ‘Sempre Bo Prezo’ e a aposta por unha oferta enfocada en cubrir as necesidades das persoas consumidoras, con gran presenza de produtos e marcas e onde os produtos locais teñen un lugar preferente.

Avanzar en transformación TECNOLÓXICA

O novo Plan Estratéxico inclúe o investimento de máis de 100 millóns de euros nun ambicioso programa de transformación tecnolóxica, que conta coa implementación da intelixencia artificial e a robotización para mellorar a eficacia e eficiencia dos procesos e decisións comerciais. Seguimos a innovar!

Máis de 150 novas tendas

Nos vindeiros tres anos, en EROSKI incorporaremos máis de 150 novas tendas, tanto propias como franquiadas. Seguimos a medrar!

50
novas

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.