EROSKI_JULIO_2024_GALLEGO

Page 1


HIDRÁTATE

Alimentos con máis achega de auga, receitas, trucos e ideas para organizares un pícnic perfecto no que non falten produtos sempre a bos prezos, e mais as últimas novidades

Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club

Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.

sumario

04 Neste número

06 O máis top do mes

07 En redes

08 A importancia da hidratación

10 Tomate a tódalas horas

14 Froitas para hidratarse: melón e sandía

16 Tempada de Bonito do Norte

18 Hidratación alén da auga

20 Imos de pícnic?

22 Todo o que precisas para unha comida ao aire libre perfecta

24 Churrascada de 10

26 Xeados: unha gran variedade

30 Infoodencers

32 O último nas nosas tendas

36 Beleza: ritual de coidados para o verán

38 Ser solidario

42 As vantaxes de EROSKI club

44 Viaxes: Cabo Verde

47 Vales aforro

50 Novas www.eroski.es

VUn verán para SE REFRESCAR

erán... Frescor... Soa contraditorio. Ou seica non? Neste número, propuxémonos refrescarte con receitas saudables, alimentos cunha alta porcentaxe de auga, outros xeitos de hidratarse e moitos consellos para recuperares todo o líquido que vas perdendo ao longo do día e que, no verán, coas altas temperaturas, aumenta.

Os expertos recomendan beber entre dous e tres litros ao día para estar correctamente hidratado. Pero, e se no canto de ir contando vasos de auga, optas por tomar unha infusión fría do novo té verde con mel, limón e xinsén EROSKI SELEQTIA ou por preparar un delicioso gaspacho con tomates locais, deses que saben a tomate de verdade? Son opcións con máis cor e con máis nutrientes para seguir achegando auga ao teu corpo, que che desvelamos ao longo deste número.

A froita é outra excelente alternativa para te manteres hidratado. De tempada, como o melón ou a sandía,

que é practicamente auga, e que non poden faltar se vas á praia ou á montaña e son perfectas para un día ao aire libre . Por certo, imos de pícnic? Este mes contámosche todo o que precisas para preparares a cita perfecta no campo, cos produtos que sempre gustan, as últimas novidades e tendencias ou as carnes máis gorentosas na grella.

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n.

48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa Oyarbide

Redactora xefe: Manuela Díaz

Foto de portada: @virginiamartin_photo

Produtos sempre a bos prezos que che permitirán seguir aforrando e que se suman á nosa oferta do 2x1 en produtazos do verán e aos vales desconto, tanto os personalizados que recibes na túa app como os que se inclúen nesta revista. Non deixes de probar a promoción máis gourmet, cun 30% de desconto na segunda unidade de todos os nosos produtos EROSKI SELEQTIA. Con este aforro, sen dúbida, sobe a temperatura. Rebaixémola preparando unha auga saborizada como a que levamos á portada deste mes. Ah, e non esquezas botar protector solar! Cóidate e feliz verán!

REALIZACIÓN E EDICIÓN

Factoría Prisa Noticias, S. L. U.

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

O máis TOP deste MES

2

TRUCO

Enforna á máxima potencia posible do forno (220 ºC-250 ºC) e sen aire, coa función “arriba e abaixo”, entre 7 e 10 minutos.

Descubre por que sete dos nosos produtos de marca propia foron galardoados na última edición dos premios internacionais

‘Salute to Excellence Awards’. Goza deles!

Empánate

COA PIZZA

CALZONE

Énchea de xamón cocido, polpa de tomate e queixos mozzarella, cheddar e gouda. Unha auténtica pizza napolitana, con masa estirada á man, fermentada devagar durante 48 horas e cocida en forno de pedra. Supercrocante!

1 4

PREMIADOS Hidrátate

3

Este verán ten sempre á man unha botella de auga mineral natural EROSKI. Bebe auga con gas para facilitar a túa dixestión e a sensación de saciedade. Ou refréscate coa auga mineral natural cun toque de limón ou mazá, sen azucres EROSKI. Distintas opcións para te manteres hidratado.

EROSKI SELEQTIA EN OFERTA

En agosto, en todos os nosos produtos EROSKI SELEQTIA, terás a 2º unidade ao 30%. Combínaos como queiras! (1)

(1) Devolvémosche o 50% do de menor importe na túa tarxeta. 15% de desconto nos produtos ao peso ou por xunto dende a 1ª unidade. Válido entre o 1 e o 28 de agosto.

E EN REDES

Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais

A receita do mes de EROSKI club

A nutricionista

Ovos recheos de Bonito do Norte Parabéns, Javier (@javierchefcreativo)! Foi o gañador do noso concurso ‘A receita do mes’ coa súa proposta de Ovos recheos de Bonito do Norte en cama de tomates confeitados A combinación dos frescos ovos campeiros de EROSKI Natur, o delicioso Bonito do Norte e os tomates secos de EROSKI SELEQTIA parécenos refrescante e deliciosa.

Leva unha tarxeta regalo de 100 € como Javier. Para iso, comparte unha foto da túa receita máis saudable elaborada con produtos EROSKI, menciónanos e inclúe o hashtag #AlimentaLoQuePiensas. Toda a info, en Instagram.

UN VERÁN DE SORTEOS

Sara Hermana, @shnutricion, resolve todas as túas dúbidas dos produtos libres de glute no noso TikTok. Sabías que en EROSKI temos unha liña de noso de produtos sen glute? Entre eles, algúns premiados, como o pan de bocadillo. Ademais, se

pertences a algunha das asociacións de celíacos do País Vasco, Navarra, A Rioxa, Cataluña ou Baleares tes un 20% de desconto en máis de 200 produtos. As nosas redes están cheas de contido inspirador e didáctico. Non o perdas!

Novos taboleiros de HAMBURGUESAS E XEADOS

c 2 sor

Pó xa q

Pod p

Mentres sumas aforro nas túas compras con ducias de produtos 2x1, divírtete participando no noso sorteo de Instagram ‘Atopa a Huchi’. Pódelo facer durante todo o verán, xa que hai edicións en xullo e agosto. Poderás gañar gadgets electrónicos como smartwaches, televisións ou cascos sen fíos, para veres e practicares o teu deporte favorito, como a nosa Huchi!

Se toleas polas hamburguesas e os xeados, este verán mergúllate nos novos taboleiros de EROSKI en Pinterest para cociñar deliciosas, sinxelas, orixinais e saudables receitas. Bon appétit!

APTO PARA CELÍACOS

Somos AGUA

Émáxico. Algo tan sinxelo como a auga. Sen forma, sen cor, sen aroma. E así e todo, é pura vida. E éo dende que nacemos; porque somos auga. Medramos en líquido amniótico -composto principalmente por auga- e nacemos co 75% de auga no noso corpo, cantidade que diminúe ao 60% na idade adulta. Abraiante, non si?

Un xesto tan básico como bebermos un vaso de auga recarga o noso sistema e axuda a que todos os nosos órganos funcionen correctamente. Hidrátanos, regula a nosa temperatura, axuda a transportar nutrientes e elimina toxinas. E no verán, éche evidente a súa necesidade. A calor e as altas temperaturas fan que perdamos arredor de tres litros de auga ao día. E esa perda cómpre repoñérmola inxerindo máis auga.

Se ben non hai nada máis refrescante ca un vaso de auga, existe unha gran variedade de produtos frescos e de tempada que son practicamente auga e que nos axudan a manternos hidratados e ben alimentados. Froitas como sandías e melóns, ou verduras

como os cogombros e os tomates, que atoparás nas nosas tendas no seu mellor momento e sempre a bos prezos, hidrátannos e proporciónannos vitaminas e minerais vitais para enfrontarmos a calor.

OS NOSOS MANANCIAIS

A auga mineral natural EROSKI provén de mananciais naturais preto da túa zona e contén minerais como calcio, magnesio e potasio, entre outros. Hidrátate e cóidate e é de mineralización débil. Ademais, contas con tapón ‘sport’ nas botellas de menor formato, con boquilla para beber comodamente mentres practicas deporte.

Ademais, unha chea destes alimentos medran na túa contorna ou contan con selos de calidade como EROSKI Natur ou GGN, que garanten que as froitas e verduras se cultivaron baixo prácticas responsables, que optimizan o uso da auga na rega e minimizan o impacto ambiental con técnicas agrícolas sostibles. Consumirmos produtos con estes selos é garantir o futuro agrícola e unha dispoñibilidade constante dos alimentos.

Somos auga e o noso planeta azul tamén o é. E se queremos seguilo sendo, temos que coidar os nosos océanos e as súas especies salvagardando a calidade da auga e realizando unha pesca responsable que regule as capturas e protexa os hábitats mariños, como garanten o selo MSC ou EROSKI Natur. Peixe como o bonito do Norte, que bota a andar a súa tempada de captura, teñen este aval.

MANANCIAL FONTECELTA (Lugo)

MANANCIAL LA MAJUELA (Cariñena, Zaragoza)

Para dietas baixas en sodio

BALEARES

MANANCIAL FONT SORDA-SON COCÓ (Mallorca)

ARAGÓN
GALICIA

TOMA tomate

Son practicamente auga. Ata o 95%. Iso si, unha auga deliciosa e cunha morea de beneficios para o noso corpo. Falamos dos tomates. A hortaliza estrela do verán. E éo porque nos hidrata como poucas outras e porque está de tempada, no seu mellor momento para tomalo en infinidade de receitas. Ben en gaspachos ou salmorejos,

en ensaladas, en zumes ou guisos. Nas nosas froiterías atoparás unha gran variedade de opcións. Dende sempre a bos prezos, desde o tomate autóctono da túa zona, pasando polo perfecto para usar en ensaladas ou para untar. Fresco, substancioso, versátil, rico en antioxidantes, potasio, poliferois e vitaminas A, C e E. Tómao a tódalas horas!

Tómao a tódalas horas en...

1

Ensaladas

Hai unha chea de maneiras de preparar refrescantes ensaladas, pero unha das nosas top é a ensalada da portada de xuño. Elaborada con distintas variedades de tomate, froitas de carabuña, burrata, brotes verdes e olivas negras, aliñada con pesto de eiruga e pistachos.

Top hidratación

Cogombro: 96% de auga. Baixo en calorías e rico en vitamina K, antioxidantes e fibra. Axuda a manter a pel saudable e a mellorar a dixestión.

Leituga: 95-96% de auga. Baixa en calorías e rica en fibra.

Apio: 95% de auga. Rico en vitamina K, potasio, antioxidantes e fibra que axuda na dixestión.

Tomate: 94-95% de auga. Rico en licopeno, vitamina C, potasio e antioxidantes. Axuda a protexer a pel contra o dano solar.

Pemento: 92% de auga. Alto contido de vitaminas A e C, que contribúen á saúde do sistema inmunolóxico e a unha boa visión.

#alimentaloquepiensas

‘Snacks’

Os tomates cherry son un snack saudable que podes levar a canda ti. Son perfectos para comer sós ou acompañados dun pouco de queixo ou hummus. Elixe cherry sempre a bos prezos ou goza do sabor exclusivo de EROSKI NATUR. Tamén temos cherrys EROSKI Natur BIO, procedentes de agricultura ecolóxica e cun tamaño, sabor e calidade garantida.

Sempre bos prezos S Sep prezezos 2 3 4

Sopas frías

O gaspacho e o salmorejo son dous pratos estrelas do verán. Esta receita da porra antequerana foi a máis vista no 2023. Sinxela de facer e ben boa. Non se pode pedir máis.

saudables

Zumes

Apetéceche un Bloody Mary?

Mestura nunha cocteleira ou xerra

200 ml de zume de tomate, 15 ml de zume de limón, unha culleriña de salsa Perrin’s Worcestershire, 2-3 pingas de salsa Tabasco e salpementa ao gusto. Remove e bota nun vaso alto e frío con xeos. Decora cunha póliña de apio, cunha roda de limón ou de cogombro e cunha banderilla de olivas e saborea unha das bebidas máis refrescantes e saudables do verán.

1,08€

POR RACIÓN

Tumbet

4 60’

• 400 ml de tomate triturado

• 1 dente de allo

• 300 g de berenxena

• 300 g de cabaciña

• 300 g de pataca

• 300 g de pemento vermello

• 300 g de tomate de pera

• 100 ml de AOVE

• Sal e vinagre

Nun cazo, cun chisco de aceite, dourar os allos previamente laminados. Engadir o tomate triturado e cociñar a lume lento durante 15-20 minutos ata que mingüe a metade aproximadamente. Sazonar ao gusto.

Cortar as verduras en rodas finas e colocalas nunha bandexa de forno cun pouco de aceite e sal. Enfornar a 180 ºC durante 20-30 minutos.

Reservar o zume que soltaron os tomates, engadir vinagre e emulsionar.

Colocar un pouco de salsa de tomate na base do prato e logo as verduras en capas.

Aliñar coa vinagreta de tomates.

NUTRI-SCORE A

A B D E C

UNHA RACIÓN

SABOR A TOMATE

Recuperar o sabor de sempre. Nos últimos anos, os agricultores locais están a facer un grande esforzo por recuperar, mellorar e poñer en valor ducias de variedades autóctonas que, pola súa baixa produtividade, pola esixencia do seu cultivo ou pola súa fraxilidade, se estaban a perder. Tomates con sabor, intensidade, carnosidade e un bo equilibrio entre acidez e dozura, que podes atopar nas nosas froiterías agora no seu mellor momento. Cultivados no teu contorno máis próximo, están dispoñibles por xunto e en distintos formatos. Coñece o tomate que máis te define.

PAÍS VASCO

TOMATES DO PAÍS VASCO

Empresas familiares, como a cooperativa Aitzeta (Aizarnazabal, Guipúscoa) ou a cooperativa Barrenetxe, en Markina, traballan para a mellora ou recuperación de tomates autóctonos como a variedade Loidi de Getaria. As marcas de calidade Eusko Label e Euskalbaserri garanten a orixe e a calidade. Ademais, podes gozar dos tomates do País Vasco prémium, con maior calibre e un elevado punto de maduración. Baixo esta variedade atoparás a nosa marca EROSKI Natur, que leva tamén o selo Eusko Label.

Coñecido pola súa cor escura e mais o seu sabor doce. Outras variedades: Tomate da Mariña e o rosado Riquiño. TOMATE NEGRO DE SANTIAGO

GALICIA

ARAGÓN

RESPONSABLE DE TERREOS DE BARBASTRO DO GRUPO CORREAS

TOMATE ROSA DE BARBASTRO

Hai sabores que nos fan viaxar á nosa infancia. Por iso, cando Lorenzo Correas, fundador de MercaCorreas, decidiu botar a andar a produción de tomate tivo claro que se centraría no tomate autóctono da súa terra: o rosa de Barbastro.

Que ten de especial esta variedade? O seu sabor, sen dúbida ningunha. Está adaptada ao noso clima e ten intenso aroma e sabor. Aínda que é menos produtivo ca outros tomates -de cada 10 quilos desbotamos 3 e medio- e ata se pode dicir que é feo, ten ese sabor de toda a vida que o fai inconfundible e que está a ter moita aceptación entre os consumidores. Sabe ao tomate de

TOMATE FEO DE ARTAJONA NAVARRA

Comercialízase baixo a marca Reyno Gourmet. Moi carnoso, de pel fina, de gran calibre (ata máis dun quilo) e sabor que nos lembra o tomate da horta.

Outras variedades: tomate rosa navarro e tomate feo de Tudela, este último da variedade ‘marmande’, que se cultiva, sobre todo, na zona da Ribeira de Navarra. Achatado e con imperfeccións, ten unha pel firme, pero fina, unha intensa cor vermella, unha carne substanciosa e tenra e un inconfundible sabor.

antes, é doce e moi carnoso, case sen sementes, de pel fina, pouco ácido e ten un tamaño grande.

Encargádesvos de todo o proceso, ata da produción de sementes?

Dende hai cinco anos dedicamos unha parte dos nosos campos de Barbastro á produción de tomate para sementes. Seleccionáronse para mellorar a variedade e seren resistentes ás pragas.

Como tirarlle o máximo partido no prato?

En ensalada, onde podemos apreciar todo o seu sabor. Só precisa un chisco de sal e aceite. Todo un manxar.

TOMATE DE RAMALLET BALEARES

Variedade tradicional de Mallorca, coñecida pola súa capacidade de conservación. Apreciada polo seu sabor e calidade. Unha variedade moi semellante ao tomate Ferro de Menorca.

ble, ca ixe de osos n n

Sabías que en EROSKI NATUR traballamos, sempre que é posible, con selos de Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe Protexida? Isto garante a calidade do tomate. Ademais, todos os nosos tomates EROSKI Natur contan con certificacións Global G.A.P. e/ou Produción Integrada, que avalan unha agricultura sostible.

A parella máis refrescante ESTÁ NA TÚA FROITERÍA

Con máis dun 90% de auga, o melón e a sandía atópanse entre as mellores froitas que podes elixir para te manteres hidratada este verán. Deliciosas e ben boas, achegan vitaminas e minerais esenciais. Enche o teu táper con cachiños destas froitas para gozares delas ao aire libre ou anímate a incluílas en ensaladas, á prancha, como acompañante de carnes ou en sopas frías. Abraiarante!

Es de melón ou de sandía?

COMBINACIÓN PERFECTA

Melón + xamón + mozzarella = RECEITA

COMBINACIÓN PERFECTA

Sandía + feta = RECEITA ENSALADA E FETA

COÑECE AS SÚAS VARIEDADES

Melóns Galia e Cantaloup Melón pel de sapo

Melón EROSKI Natur

Falamos con... SHEILA CARBALLO

Froiteira de EROSKI-CASTRO (Castro Urdiales, Cantabria)

Os clientes pídenme que lles escolla unha boa peza de sandía ou melón. Cóntoche os meus trucos.

MELÓN: que ceibe un arrecendo doce. O melón pel de sapo, ao tacto debe ser duro. O cantalupo ou o galia, lixeiramente brando.

SANDÍA: se soa oca, está madura e tenra. Fíxate na zona que estivo en contacto coa terra mentres maduraba. Escolle a que teña unha cor amarelada. Se elixes EROSKI Natur acertarás seguro, porque é garantía de punto óptimo en maduración e dozura.

Poñémoscho DOADO

Sandía ecolóxica

Sandía EROSKI Natur

Sandía raiada

Con máis dunha ducia de bandexas de froita cortada e envasada. O petisco perfecto!

Que che acheg ?

A vitamina C do melón e a graxa saudable do cacao.

TIPS SAUDABLES

Anímate a facer outras variantes desta receita con froitas como sandía ou pexego e proba con distintos froitos secos como noces, abelás, améndoas...

Apto para dietas veganas.

Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas

POPS DE MELÓN

4 PORCIÓNS / DIFICULTADE 1 / 30 MIN

1/2 melón (12 bólas)

190 g de chocolate negro (85%)

50 g de pistachos

½ culleriña de sal en escamas

10 paus de piruleta

1. Retirar as pebidas do melón e facer bólas con axuda dun sacabólas.

2. Inserir cadanseu pau de piruleta nas bólas e gardar en frío.

3. Picar uns pistachos e reservar.

4. Derreter o chocolate no microondas, en intervalos de 30 segundos, removendo. Deixar amornar un chisco para que non estea demasiado quente.

5. Sacar as bóliñas da neveira, bañalas no chocolate ata cubrilas perfectamente e pasalas axiña polos pistachos para se pegaren ao chocolate antes de endureceren.

O 60-70%

DO BONITO É AUGA

Á auga BONITO!

Éfonte de vida. A auga ocupa tres cuartas partes da superficie terrestre, concentra a maior parte da biodiversidade do noso planeta e mais achega a metade do osíxeno que respiramos e regula o clima. Por iso, en EROSKI tomamos ben en serio garantir a saúde mariña. E facémolo co fomento dunha pesca sostible e de tempada, con campañas como a do bonito do Norte con Selo Azul MSC. Ademais, apostamos pola redución de plásticos nos nosos envases, aumentamos a venda por xunto e en mostrador e incluímos filtros respectuosos cos océanos nas cremas solares.

En realidade, todos podemos contribuír a coidar o noso planeta elixindo peixe capturado un a un, con cana, con técnicas respectuosas coa especie e cos océanos e que, ademais, estea de tempada, como vén sendo o noso sabedor bonito do Norte, que se atopa no seu mellor momento de sabor e de composición nutricional. Cada bocado de bonito achéganos ácidos graxos omega 3, vitaminas do grupo B, proteínas e minerais como o potasio e o sodio, que axudan a previr a deshidratación e a regular o balance de líquidos no corpo. E tamén é baixo en calorías!

Moitos parabéns a todo o equipo de peixería EROSKI polo traballo de máis de cinco anos mantendo a cadea de custodia, o apoio á frota e a comunicación no punto de venda. Fostes os primeiros en introducirdes o bonito MSC no mostrador de fresco e hoxe sodes o distribuidor

con maior volume de atún certificado distribuído no noso país, grazas á aposta polo Bonito do Norte no mostrador de fresco. Ao seu carón, EROSKI ofrece tamén bonito en conserva MSC. Lembra que elixir atún ou bonito MSC significa ter a garantía de que se capturou

E PORTUGAL

con técnicas sostibles e respectuosas coas especies e coa vida mariña. Un ano máis, EROSKI únese á iniciativa sostible Semana Mares Para Sempre de MSC. Grazas polo voso apoio continuo á sustentabilidade do mar e das especies mariñas”.

Elixir Bonito do Norte EROSKI Natur é garantía de calidade. Péscase a cana no golfo de Biscaia e nas súas augas lindeiras de Cantabria e Asturias, entre xullo e outubro, cando se atopan no seu mellor momento. Conta co Selo Azul MSC e, menos de 24 horas despois de chegar a porto, telo fresco na túa peixería.

Nin todos os cortes serven para todos os pratos nin todas as partes do bonito son iguais. Nas nosas peixerías aconsellámoste sobre a mellor opción para a túa receita. Ventrecha para a grella, cocote para o marmitako ou cola para o bonito con tomate ou encebolado. Déixate guiar; querémoste axudar!

A miña receita favorita

2,29€

Tacos de bonito

• 300 g de bonito

• 16 tomates cherry

• ½ cebola vermella

• 100 g de brotes de ensalada

• 2 limóns

• 8 tortillas de trigo para tacos

Salsa tzatziki

• 1 cogombro

• 250 g de iogur grego

• ½ dente de allo

• 2 culleradas de vinagre e 2 de aceite de oliva

• 1 cullerada de hortelá picada, sal e pementa

Pelar e relar o cogombro. Colocar sobre un pano e espremer ata liberar todo o zume. Relar o allo.

Mesturar os ingredientes da salsa nunha cunca.

Cortar a cebola e o tomate en dados. Enfornar as tortillas de tacos a 175 ºC durante 5 minutos.

Salpementar o bonito e cociñar á prancha ata que estea dourado. Retirar a pel exterior e torar.

Colocar sobre as tortillas os brotes de ensalada, a cebola, o tomate e o bonito. Botarlle a salsa aos tacos, engadir limón e servir.

BEBE saudable

Para conseguires os 2 ou 2,5 litros de auga ao día que a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) recomenda inxerir para manter unha correcta hidratación hai un amplo abano de alternativas á auga. Elixe bebidas saudables, deliciosas e sen azucre para tomares a calquera hora do día.

As infusións tamén

SON PARA O VERÁN

Opta por arrefrialas con xeo para te refrescares ou directamente bébeas quentes. Proba as novas infusións EROSKI de fiúncho, rooibos con vainilla e té verde con hortelá. E dáte un capricho coas nosas propostas EROSKI SELEQTIA, testadas polo Basque Culinary Center. As súas bolsas doypack piramidais e de papel conservan mellor o aroma e o sabor das herbas.

1. Infusión de fiúncho: sabor doce e anisado. Favorece a dixestión e alivia os gases.

2. Infusión de rooibos con vainilla: sabor doce e suave. Sen cafeína. Para calquera intre do día.

3. Té verde con hortelá: sabor fresco e lixeiramente amargo.

Augas con MOITO SABOR

Desde as clásicas auga con limón, con limón e cogombro ou con mazá e canela ata versións máis top, como a que levamos á nosa portada, con sandía, limón, cogombro e froitas do bosque. As augas saborizadas son tendencia este verán.

4. Té negro con vainilla e caramelo: a mellor selección de té negro aromatizado. Sabor doce e arredondado.

5. Té verde con mel, limón e xinsén: a variedade camellia sinensis non se oxida durante o seu proceso. É coñecido polo seu contido en antioxidantes e sabor lixeiramente amargo que, xunto co toque enerxizante do xinsén, a frescura do limón e o aroma doce do mel, logran o equilibrio perfecto.

#alimentaloquepiensas

E proba a nosa

KOMBUCHA

Aínda non a probaches? A kombucha EROSKI elabórase baseándose na receita tradicional. É BIO, apta para veganos, sen aditivos, sen pasteurizar, elaborada con ingredientes naturais… E tela en dous sabores: limón con xenxibre e froitos vermellos. Deliciosas!

Imos de pícnic?

O mellor plan para este verán é gozar dun xantar ao aire libre. Velaquí todo o que precisas para non che faltar de nada. Toma nota e lembra que no exterior a túa hidratación debe aumentar.

3 tips para unha CITA PERFECTA

1.ELIXE UN LUGAR CON SOMBRA E PLANO para evitar que os alimentos estean inestables. Opta por mesas de pícnic portátiles ou por unha manta.

2. ESCOLLE ALIMENTOS BOS DE TRANSPORTAR E COMER. Evita alimentos que se derretan e non saques da neveira portátil aqueles que precisen frío, como tortillas, gaspachos ou bebidas.

3. LEVA VASOS, PRATOS E CUBERTOS reutilizables para reducires refugallos. Non esquezas a táboa de cortar, un coitelo para a froita ou queixos, panos de mesa e unha bolsa de lixo para manteres a área limpa.

#alimentaloquepiensas

Para ABRIRES BOCA

GASPACHOS E ‘SALMOREJOS’

Fresco e san. Para abrirmos o apetito, nada mellor que tomarmos un saudable gaspacho ou un salmorejo. Dispós dunha morea de receitas para todos os gustos e en todos os formatos. Todas son 100% naturais, sen aditivos e sen glute e, ademais, contan cun alto contido en vexetais para que acadares a achega de fibra e mais as cinco verduras e froitas recomendadas sexa ben doado.

Sabías que os briks de gaspachos que usamos non levan aluminio, dispoñen de tapóns unidos aos envases e teñen fácil apertura e pregado?

E MOITO MÁIS...

TORTILLAS

Con ou sen cebola, a nova minitortilla con cebola caramelizada e ovos campeiros, as mini de cabaciña e a campesiña –ambas as dúas con ovos campeiros–, e ata unha vegana sen ovo, sen lactosa e sen leite. Todas sen glute e listas en tan só 3 minutos. Aínda estás a dubidar se as incluíres na cesta do pícnic?

HUMMUS

A tendencia para untar que triúnfa. Un dipeo san e vegano, composto na súa maior parte por legumes e que, a diferenza doutras marcas, conta cunha gran porcentaxe de tahini. Polo seu alto contido en fibras, proteínas, vitaminas e minerais, amais de baixo en graxas, é ideal como aperitivo, merenda saudable ou como aliño de hortalizas e vexetais. Atento, porque virán novidades!

0,62 €

POR RACIÓN

A B D E C

B

UNHA RACIÓN CONTÉN:

Cabaciñas

asadas

con queixo de cabra e pico de galo

4 40’

• 2 cabaciñas

• 10 ml de aceite de oliva

• Allo en po

• Sal

Para o pico de galo:

• 1 tomate

• ½ ceboliña

• 1 dente de allo

• Coandro fresco

• Sal • 2 limas

• 10 ml de aceite de oliva

• 100 g de queixo de cabra

Para a vinagreta:

• 1/2 cullerada de mostaza

• 1/2 cullerada de mel

• 60 ml de aceite de oliva

• 30 ml de vinagre de Xerez e sal

Cortar as cabaciñas pola metade e realizar cortes en cruz ao longo de toda a cabaciña. Engadir sal e allo en po. Colocalas coa carne cara a abaixo nunha tixola quente cun chorriño de aceite de oliva e marcar. Introducir a tixola no forno (ou ben pasar as cabaciñas a unha fonte) e enfornar a 200 ºC durante 20 minutos ou ata as cabaciñas estaren tenras.

Picar o tomate, a ceboliña e mais o dente de allo ben fino. Mesturar co coandro fresco picado, un chisco de sal, o zume de dúas limas e aceite de oliva.

Colocar as cabaciñas quentes nun prato e cubrir co queixo de cabra esmiuzado e mais o pico de galo. Mesturar os ingredientes da vinagreta e aliñar.

Busca os ingredientes en EROSKI

Tips s ud bles

A base da receita é a cabaciña, verdura que achega fibra e mucilaxes que facilitan a dixestión. O pico de galo é un extra de vexetais. Apta para dietas lactovexetarianas.

#alimentaloquepiensas

Á grella SABE MELLOR

Acarne de vacún é a raíña indiscutible da grella. Se queres ser un perfecto anfitrión, elixe os mellores cortes. Nas nosas carnicerías dispós de vacún do teu contorno de calidade, coa garantía da súa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) no País Vasco, Cantabria, Aragón, Cataluña, Galicia e Navarra, baixo a nosa marca EROSKI Natur. Ademais, atoparás as mellores carnes de orixe Europea, como a gama Angus e costeleta e entrecosto con maduracións especiais.

O TEU CARNICEIRO DE CONFIANZA

VAITE AXUDAR A ELIXIRES A CARNE QUE BUSCAS PARA CADA MOMENTO. UTILIZA O SERVIZO DE ENCARGAS PARA QUE NON HAXA SORPRESAS DE ÚLTIMA HORA. TI ELIXES O CORTE E A CANTIDADE E NÓS PREPARÁMOSCHO

PERFECTAS PARA A GRELLA

Costelar, churrasco, costeleta, entrecosto, solombo, picaña e vacío ou abarcas.

AO PUNTO

Sitúa a grella a 5 centímetros das brasas. Estará marcada por fóra e pouco feita por dentro entre 2 e 5 minutos por cada lado.

#alimentaloquepiensas

MARIDA CON ESTES DOUS VIÑOS DE MARCA PROPIA, QUE FORON GALARDOADOS NOS PREMIOS INTERNACIONAIS ‘SALUTE TO EXCELLENCE’ 2024 DE PLMA

MAR BLAVA

Viño Branco D.O. Binissalem Mallorca 2022 gañou o premio ‘Mellor Calidade’ na categoría Brancos Ibéricos.

CHEN DE PASSION

Viño Tinto D.O. Cariñena 2022 gañou o premio ‘Best Value’ na categoría Tintos Ibéricos.

Doce VERÁN

Máis de 40 tipos de xeado, con diferentes formatos e sabores, todos eles sen graxa de palma, sen colorantes nin conservantes artificiais. Ademais, contas cunha ampla variedade de opcións sen glute e sempre a bos prezos. Velaquí a nosa selección máis top.

DEGÚSTAOS

Sácaos do conxelador 10 minutos antes de os consumir, agás os xeados de xeo, para os que abonda con cinco minutos.

Consume con moderación. Personaliza os teus xeados de terrina cos teus toppings favoritos.

#alimentaloquepiensas

OS CLÁSICOS

O MÁIS TOP

TRENDING TOPIC VERSIÓNS MINI

Elaborados por Casa Eceiza con leite de vaca e de cabra.

Testados por 10 chefs do Basque Culinary Center e con valoración que supera os 70 puntos sobre 100 en textura, sabor e tamaño dos toppings.

Un produto gourmet a un prezo irresistible.

1,29€ POR RACIÓN

Só os atoparás en EROSKI.

PREPARA TI MESMO A SÚA VERSIÓN SAUDABLE

Xeado Cookie Dough

4 40’

Xeado:

• 4 plátanos

• 100 ml de bebida de améndoas sen azucre

• 2 ml de esencia de vainilla

Masa de galletas:

• 50 g de fariña de avea

• 50 g de fariña de améndoas

• 50 g de crema de cacahuete

• 2 dátiles Medjoul

• 50 ml de auga

• 2 ml de esencia de vainilla

• 50 ml de bebida de améndoas sen azucre

• 40 g de chocolate 85%

Desosar os dátiles e poñer a remollo 30 minutos en 50 ml de auga. Triturar coa auga. Picar o chocolate en anaquiños pequenos.

Nunha cunca, mesturar a crema de cacahuete, a pasta de dátil e mais a vainilla. Agregar a fariña de améndoas e a de avea e mesturar ben. Incorporar despois os anacos de chocolate e integralo todo. Coller porcións da masa, facer bóliñas e colocar nun prato forrado con papel de forno. Refrixerar 20-30 minutos.

Preparar o xeado: Pelar, cortar e conxelar os plátanos un mínimo de 2 horas. Triturar os plátanos, a bebida de améndoas e mais a vainilla ata obter unha mestura suave. Servir o xeado en vasiños e agregar as bólas de masa de galletas.

UNHA GRAN FAMILIA

Na nosa sección de conxelados atoparás toda a variedade das mellores marcas de xeados.

STRAWBERRY CHEESECAKE

Delicioso xeado de torta de queixo con remuíños de salsa de amorodo e cachiños crocantes de galleta.

MACADAMIA NUT BRITTLE

Xeado de vainilla con crocantes noces de macadamia acarameladas.

PIRULO FRUITY MIX

O mellor mix do verán. Combinación de Pirulo sandía, Fruit Joy e Kaktus. Non o perdas!

FRUITYMIX M CE

DOCE DE LEITE

Delicioso xeado de doce de leite con remuíños de salsa de doce de leite.

BELGIAN CHOCOLATE

Puro chocolate belga con delicadas láminas de chocolate belga negro.

MAXIBON JUNGLY BRANCO

Abraiante xeado de chocolate branco con auténticos cachiños de Jungly e a inimitable galleta Maxibon. Vas quedar en branco!

BOMBÓN XEADO CHOCOLATE CON LEITE LOTUS BISCOFF

Delicioso bombón de xeado recuberto de crema de untar Lotus Biscoff e bañado con suave chocolate con leite con cachiños de galleta Lotus Biscoff.

EXTRÊME LEMON CHEESECAKE

Unha das tortas de moda feita xeado. Combinación de cheesecake con limón, cun extra de salsa na punta do cono.

XEADO DE VAINILLA E PISTACHO

Unha experiencia multisensorial única grazas á crema de vainilla e ao pistacho de Sicilia.

EUPHORIA

Xeado de limón, sorbete de framboesa e caramelos chispeantes para espertar os teus sentidos.

XEADO DE ANACARDIO CON CREMA DE ABELÁ

Cremoso xeado italiano vexetal enriquecido coa deliciosa crema de untar de abelás e cacao da marca.

MINI CLÁSICO, AMENDOADO E BRANCO

Clásico xeado de vainilla tamaño mini

recuberto de chocolate, chocolate branco e chocolate con améndoas.

SPECTACU-LOVE

Xeado de crema de nata con cachiños de galleta acaramelada con canela e remuíños de salsa de galleta acaramelada con canela.

DOCE DE LEITE

Cremoso xeado con caramelo e salsa de doce de leite.

HELADINO AMORODO PLÁTANO

Danonino Heladino contén -40% de azucres totais en comparación coa media de xeados infantís do mercado. (Novembro 2023)

Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.

JAVIER RIVERO E GORKA RICO

Cociñeiros revelación de ‘Madrid Fusión 2023’, traballan no seu Restaurante Ama, en Tolosa (Guipúscoa), para transformar a alimentación, desenvolvendo formatos e propostas novidosas vencelladas ao pasado, á cultura e á identidade, mais ollando para o futuro.

Rescatar receitas do pasado creando a gastronomía do futuro. Diriades que é economía circular? É o xeito de que haxa un equilibrio. Ao se propor un proxecto coma o noso, no que defendemos o pequeno produtor, intentamos que os resultados reboten no primeiro sector.

E como se cociña iso? Cos ingredientes que todos coñecemos, pero dun xeito que ninguén os comera nunca. No seu día, a pescada en salsa verde foi algo innovador, agora tócanos a nós darlle outra volta. Innovamos con ingredientes como o feo, un alimento para o gando, pero que nós usamos como un ingrediente. Noutros países xa o fan e xeran riqueza no contorno.

Ollar para os casaríos inspíravos?

Todo o noso relato está construído arredor do casarío e dos seus produtos. Aínda que moitos eran considerados como sobras, o xeito de traelos á mesa

permítenos que a xente comece a saber ou a entender que hai cousas que non coñece na súa propia terra.

Cociña de aproveitamento?

Si, pero levada a un formato gastronómico. Amosámoslles aos produtores que o seu produto ten potencial para que crean no seu traballo e sigan ofrecendo ese produto tan especial.

En que nos beneficia reavivar o lume da cociña tradicional? Fainos sentirnos parte de algo. E nun tempo no que o mundo avanza tan rápido e temos tantas identidades convivindo nunha mesma zona, sentirnos como na casa é importante.

Descubre toda a entrevista completa aquí

o último

MARMELADA EXTRA DE FIGO NEGRO

Unha delicia para untar

Osabor doce do figo negro untado sobre unha torrada é unha delicia que che aleda a mañá. Aproveita agora o máximo aforro que che ofrece EROSKI basic e a mellor calidade desta marmelada, que contén un 50% de froita e non ten colorantes. E é que o principal parámetro, aínda que non o único,

para medir a calidade dunha marmelada é a cantidade de froita que inclúe. No noso territorio, para ser considerada marmelada, debe ter un mínimo do 30% de froita. Un 50% considérase calidade extra.

Anímate a probala para maridar con queixos e xamóns e, por suposto, nunha torrada.

Fala Princesa Amandine® para ala Princesa Amandine p

Come saudable

e

gaña unha airfryer

Princesa Amandine® asóciase con Philips para fomentar a cociña saudable co sorteo de 5 airfryers cada semana durante 3 meses.

Dende o vindeiro 1 de xullo e ata o 31 de agosto, Princesa Amandine® sorteará un total de 65 airfryers de Philips, que virán acompañadas dun libro con 30 receitas sinxelas e deliciosas a base de patacas.

Para participar na promoción, o consumidor deberá mercar un dos dous formatos de pataca Princesa Amandine® presentes en EROSKI: a malla de 1,5 kg ou a pataca envasada ao baleiro e precociñada ao vapor con herbas provenzais.

PRINCESA AMANDINE®

fala Nuii para

Que comece A AVENTURA!

NOLIVA RECHEA DE BOCARTE

A hora do aperitivo

Novo recheo para os amantes dos bocartes en vinagre. Unha receita clásica levada á categoría de olivas. O recheo de bocarte, xunto ao seu aliño especial de allo e perexil, fará gozar a todos os públicos.

te, al r a

uii busca orixes por todo o mundo para facer sentir o que se vive ao se internar no máis profundo da selva de Xava ou descubrir koalas, canguros e paisaxes abraiantes en Australia.

Dous dos sabores máis icónicos da marca, agora en formato promocional: Nuii Amendoado, con vainilla de Xava, e Nuii Caramelo, con noces de macadamia australianas.

Estás preparado para a túa próxima aventura?

fala El Faro para

RITUAL DE BELEZA PARA O VERÁN

O noso ritual de beleza precisa un toque especial para protexer e manter a nosa pel e cabelo radiantes ante o sol e o aire libre. Descubre seis xestos esenciais cos imprescindibles e coas novidades máis incribles da nosa perfumería. Luce beleza, éche ben doado!

REFORZA

12

A LIMPEZA

HIDRATACIÓN

S.O.S.

Elixe fórmulas con pH neutro para manteres unha pel libre de imperfeccións, sa e equilibrada. Os nosos top belle, ademais, son hipoalerxénicos e proporcionan unha limpeza suave e respectuosa.

XEL DE BAÑO PEL SECA

E SENSIBLE belle

Cun 10% de glicerina e aceite de améndoas

Botella 50% reciclada e 100% reciclable.

CREMA PANTHENOL COMFORT MIXA

Formulada para a hidratación das peles sensibles e moi secas. Alivia a comechón, sequidade, rugosidade e arrubiamento. Sen perfume.

Recupera a humidade perdida polas altas temperaturas, utilizando fórmulas con antioxidantes e moi emolientes, cremas ou aceites nutritivos.

LOCIÓN UREA CICA

REPAIR+ MIXA

XEL LIMPADOR

FACIAL belle

Non contén xabón.

Con aloe vera, extracto de cogombro e 95% ingredientes de orixe natural.

Botella 100% reciclable.

Con vitamina C, ácido hialurónico de alto e baixo peso molecular e un complexo formado por extractos de seis tipos de té.

Loción corporal cun 5% de urea e pantenol, para unha pel intensamente hidratada, reforzada, suave e protexida.

CREMA E SÉRUM FACIAL VITAMINA C belle NATURAL

Combina vitamina C pura con aceite de xoxoba e extractos naturais ricos en antioxidantes e vitaminas. Tapa 33% de bioplástico.

3

ESCUDO FRONTE AO SOL

O factor de protección solar evita queimaduras e favorece un bronceado máis bonito e duradeiro.

CREMA FACIAL HIDRATANTE FPS 30 belle NATURAL

Textura lixeira.

Con aloe vera, aceites de aguacate e xoxoba e extractos de regalicia e xenxibre.

COIDADOS INTENSIVOS MÁSCARAS

BASE DE MAQUILLAXE NATURAL RADIANCE belle

FPS 15. Sen perfume. Cobertura natural e lixeira.

Con vitamina E. Fórmula non comedoxénica e oil-free.

Fórmulas máis concentradas para reparar e recuperar o nivel de hidratación.

MASCARILLA FACIAL HIDRATANTE ILUMINADORA belle

Con niacinamida, ácido hialurónico e extracto de lavanda. 94% ingredientes de orixe natural.

Déixaa actuar toda a noite

6 45

CREMA DEFINIDORA

RIZOS&ONDAS belle

Con proteínas de seda, lévedo de cervexa e manteiga de karité.

Revive e define a onda natural. Sen siliconas. Sen sulfatos.

Lévaa sen aclarar á praia.

ENCRESPAMENTO A RAIA

Desenreda e define o teu cabelo.

MOUSSE ACTIVADORA

RIZOS&ONDAS belle

Fixa sen prensar. Con vitamina B5 e filtro solar UV. Sen efecto mollado.

CABELO LIMPO E HIDRATADO

Escolle produtos con pH neutro, que limpen suavemente e con ingredientes nutritivos.

XAMPÚ E MÁSCARA OURO belle

Con aceite de argán, aceite de xoxoba e keratina, de propiedades reparadoras, fortalecedoras e suavizantes.

PH neutro e aptos para uso frecuente.

AUGA DE PEITEADO belle

Facilita e define o teu peiteado cun acabado natural e duradeiro.

Con vitamina B5 e glicerina vexetal. Non deixa residuos.

CEPILLO DESENREDANTE FIBRAS NATURAIS belle

Desenreda suavemente e dá volume.

Os seus filamentos flexibles evitan tiróns e as súas pugas masaxean o coiro cabeludo.

Estrutura ventilada para acelerar o secado.

Ideal para cabelo longo e fino.

solidariedade

FALAMOS DE SOLIDARIEDADE?

Velaquí estamos de novo! Queremos construír a canda ti o noso Plan de Solidariedade para o 2025. Entra e participa na elección das causas. Graciñas!

Escoitámoste

Con que causas che gustaría colaborar no 2025?

Abonda con cubrires unha breve enquisa na que poderás elixir as túas preferencias solidarias. Éche ben doado! Con todas as achegas recibidas construiremos o programa de colaboración de EROSKI do vindeiro ano.

Se es unha ONG

Preséntasnos o teu proxecto?

Tamén as ONG e asociacións podedes presentar os vosos proxectos solidarios ou de medio ambiente e ser candidatas para recibirdes as achegas do 2025. Presenta a túa candidatura a través do QR adxunto.

PRAZOS. O prazo de participación na enquisa para clientes remata o 31 de xullo. As ONG poden presentar a súa candidatura ata o 10 de xullo. De teres calquera dúbida, pódesnos escribir a sostenibilidad@eroski.es ou entrar en www.eroski.es/bases-solidaridad/ e en www.eroski.es/solidaridad-faq/

Alimentación da infancia en situación vulnerable

Apobreza infantil vai en aumento nos últimos anos. En España, estímase que o 28,9% dos menores de 18 anos vive en situación de pobreza (un punto e medio máis ca o ano pasado) e, deles, case o 15% presenta pobreza severa. Isto acentúase entre o colectivo migrante en situación de exclusión social.

En xullo, a campaña Céntimos Solidarios daralles o “Si” a tres ONG que traballan pola alimentación na infancia nos ámbitos vulnerables. Contribuiremos a levar a cabo programas socioeducativos sobre alimentación saudable dirixidos á infancia migrante coa ONG Mestura; garantiremos unha comida saudable ao día a través da Fundación Educación e Cooperación (Educo) e o seu programa de bolsas para comedores escolares; e con Save The Children proporcionaremos Merendas Solidarias para familias vulnerables.

Atención ás persoas con alzhéimer e as súas familias

Os últimos datos da Sociedade Española de Neuroloxía cifran en arredor de 800.000 as persoas diagnosticadas en España de alzhéimer. Esta enfermidade neurodexenerativa convértese na patoloxía que maior minusvalidez xera entre os maiores. Aínda que non ten cura, existen tratamentos que melloran os síntomas e a calidade de vida dos pacientes.

Os teus Céntimos Solidarios destinaranse ao proxecto Escola de nutrición e demencia, que organiza a Confederación Española de Alzhéimer e outras Demencias (CEAFA), para incidir na necesidade dunha alimentación sa e equilibrada e a súa repercusión positiva na prevención do alzhéimer e na mellora da calidade de vida do paciente.

No caso de Galicia, axudaremos a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) a seguir a traballar en actividades que atrasan o avance da enfermidade, melloran a calidade de vida dos pacientes e apoian as familias.

Este verán, MILLEIROS DE AGASALLOS DIRECTOS

Ata o 31 de xullo, por seres socio EROSKI club, ao pasares por caixa pódeche tocar un dos milleiros de agasallos GRATIS da nosa campaña de verán. Hai milleiros de vales con produtos da nosa marca EROSKI -ensaladas, zumes, xeados...- para gozares do verán ou irresistibles agasallos do Catálogo Travel Club, como altofalantes, experiencias, entradas de cinema, etc.

AGASALLOS DIRECTOS

Consegue regalos e participacións para o sorteo coas túas compras

1. Participación nos premios. Por cada compra recibirás un cupón que te pode levar a ser un dos afortunados cun premio directo: produtos EROSKI ou agasallo gratis do Catálogo Travel Club.

2. Participación automática no sorteo por cada 30 € de compra. Se superas os 60 € obterás dúas participacións, e así en adiante.

(1) Promoción válida do 13/06/24 ao 31/07/24. Máis información en eros.ki/sorteo-verano/

3. Participación extra por cada partida xogada na app de EROSKI club.

Máis información

E ademais,

participa no gran sorteo DO VERÁN

MÁIS PROMOCIÓNS para gozar este verán!

1 ANO de coche gratis con

XOGA connosco

Sempre bos prezos S Sepos

100 CARROS EROSKI completos de 70 €

Accede ao apartado Descubre xogando da nosa app. Atópao no menú, na parte superior da pantalla.

Comeza o xogo e proba sorte! Por cada 30 € de compras en EROSKI obterás un cupón adicional na túa app EROSKI.

Por cada xogada suma premios e ingresos extras na túa tarxeta moedeiro para utilizares nas túas compras en EROSKI.

Aforra nos teus plans deste verán! Parques de atraccións, viaxes, aloxamentos e moito máis. No espazo Máis promocións da app EROSKI ou en eroski.es atoparás máis de 80 marcas con máis aforro.

viaxes

CABO VERDE Un tesouro no Atlántico

Cabo Verde é un dos destinos top deste ano. As súas praias de area dourada, a súa natureza salvaxe, a súa música e gastronomía, a súa cultura colonial e mais o seu folclore e, sobre todo, a hospitalidade e calidez das súas xentes, converten este país nunha escapada única e emocionante, agora moito máis preto de ti con voos directos dende Bilbao e Madrid. E, se ademais contas coa tarxeta EROSKI club, aforrarás ao tempo que fas a túa viaxe soñada. Non o penses máis e reserva a viaxe que mereces este verán!

Praias e calas paradisíacas

O Atlántico baña as numerosas illas deste paraíso insular. Dende a famosa praia de Santa María, na illa de Sal, bañada por augas cristalinas e infinitas extensións de area branca, á illa de Boa Vista, de tranquilas calas agochadas entre paisaxes de dunas impresionantes.

Cultura colonial e modernidade

A súa capital, Praia, combina a arquitectura colonial portuguesa coa vibrante vida urbana dunha cidade moderna. Edificios coloniais, coloridos mercados, festivais tradicionais e moita vida.

Volcán Pico do Fogo

A illa de Fogo é o fogar do impoñente volcán Pico do Fogo. Ofrece espectaculares vistas panorámicas e vilas pintorescas como São Filipe, cunha deliciosa gastronomía local.

Cultura e tradicións

Música, arte e historia respíranse en cada recanto de Cabo Verde. Se es amante da historia, visita os museos da Diáspora Africana, na illa de São Vicente, ou o Etnográfico de Praia, na illa de Santiago, que ofrecen unha visión fascinante da historia e da cultura do arquipélago ao longo dos séculos.

Compras e artesanía local

Os mercados locais permitiranche descubrir unha artesanía única, con tecidos tradicionais, cerámica e xoiería feita á man. Se buscas algo diferente, mergúllate no mercado de peixe de Mindelo, na illa de São Vicente, cunha chea de mariscos frescos que poderás gozar nos restaurantes locais.

Delicias gastronómicas

Diversidade e fusión de sabores e técnicas culinarias son o seu sinal de identidade. Proba o seu prato nacional, o cachupa, un guiso feito con millo, fabas e carne. E goza de receitas de mariscos e peixes como o caldo de peixe, unha sopa de peixe aromática, ou o polbo guisado, polbo cocido devagariño nunha saborosa salsa de tomate.

Reembolso

55% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 31 de xullo 2024, nas viaxes seleccionadas. á túa tarxeta EROSKI club

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

FACEMOS EROSKI

Polo seu labor directivo en EROSKI

Rosa Carabel, DOBREMENTE PREMIADA

Seguimos a recoller premios. Desta volta, da man da nosa CEO, Rosa Carabel, que o pasado mes de xuño recibiu dous galardóns empresariais. Parabéns, Rosa!

Foi galardoada como a mellor directiva do sector da alimentación nos Premios Vega-Estrellas del Retail 2024, máximo recoñecemento ao liderado feminino no comercio español. O premio foi entregado pola Asociación Española do Retail (AER) e Infocap, para impulsar o liderado e a excelencia profesional de mulleres

que brillan con luz propia no comercio estatal.

Tamén foi nomeada mellor directiva do ano en experiencia de cliente de España pola Asociación para o desenvolvemento da Experiencia de cliente (DEC). A entidade valorou o impulso levado a cabo na experiencia de cliente, os resultados e mais a traxectoria de mellora nos últimos anos.

A NOSA ESCOLA DE ALIMENTACIÓN SUPERA OS DOUS MILLÓNS DE ESCOLARES

Botamos a andar un novo curso da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI superando a barreira dos dous millóns de alumnos. Xogos, contos, obradoiros, visitas a tendas, aulas de cociña, etc., para lles facermos fronte ás altas taxas de obesidade infantil e para divulgar hábitos saudables de nutrición entre os escolares de toda España de entre 3 e 12 anos. Se a túa escola quere participar, pódese inscribir en www.escueladealimentacion.es.

É gratis!

ESTREAMOS

COLECTORES PARA RECICLAR CÁPSULAS DE CAFÉ

EROSKI e Circularcaps asinan un acordo de colaboración para minimizar o impacto ambiental con novos colectores amarelos Circularcaps, que se instalarán en máis de 700 tendas. Os colectores recuperan cápsulas de aluminio ou plástico para a súa posterior reciclaxe, dándolles unha segunda vida aos materiais e producindo fertilizante a partir dos restos orgánicos do café.

CALCULAMOS A PEGADA

ambiental dos nosos produtos

No marco do proxecto de innovación ‘Ingurulabel’, financiado pola convocatoria

PEME Circular de Ihobe e liderado polo Basque Food Cluster, calculamos a pegada ambiental de sete produtos EROSKI para levarmos a cabo novas accións na mellora ambiental na súa produción. Trátase do pan

relado EROSKI basic, as tellascigarros EROSKI SELEQTIA, o txakolí Bayarri DO Araba, a pataca para fritir EROSKI Natur, a sidra DO Sagardoa EROSKI SELEQTIA, o iogur con arandos do País Vasco EROSKI e a hamburguesa de tenreira do País Vasco EROSKI SELEQTIA.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.