Receitas, ideas, novidades e sempre bos prezos para preparares un delicioso almorzo saudable e botares a andar o día con vitalidade e enerxía
Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.
sumario
20 13
04 Neste número
06 O máis top do mes
07 ...E en redes
08 Almorzos saudables para comezar ben o día
10 Os nosos pans
13 Aceite: unha gran variedade para elixir
16 Ideas de almorzo
08 24
17 Froitas e verduras para o almorzo
18 Incluír proteína na túa torrada da mañá
19 Queixo e lácteos para botar a andar pola mañá
20 Ovos: unha grande elección
24 Cereais
28 Ceas rápidas en airfryer
32 Infoodencers
34 O último nas nosas tendas
38 Ser solidario
40 Beleza: coida a túa pel e cabelo tras as vacacións
42 As vantaxes de EROSKI club
44 Viaxes: Marrocos
47 Vales aforro
50 Novas
Iker Pérez de Arenaza Responsable de EROSKI club
SBENVIDO SETEMBRO!
etembro é un mes de ‘volta a empezar’. Escolas, traballo, horarios e esa rutina que tras as vacacións soa a orde, a tranquilidade e a fogar. Así que deámoslle a benvida a setembro cuns bos días! Non pensas que se enceta o día mellor con estas palabras? E se a iso lle sumas un bo almorzo, todo parece posible.
Dende EROSKI club dámosche as claves para que esta comida, á que ás veces non lle damos importancia abonda, pase a ter o espazo que merece. Para iso, suxerímosche ideas sinxelas, rápidas e variadas coas que preparares unha deliciosa torrada saudable e coa achega de enerxía precisa para botar a andar ben o día. Ademais, quedarás abraiado cunha chea de receitas, como a da
elaboración dun exquisito pan sen amasado ou as de pratos rápidos para faceres na airfryer. E encantarache a nosa proposta de ritual de posta a punto de pel e cabelo tras as vacacións.
Tamén falaremos de aforro, que en setembro nos vén moi ben. En EROSKI seguimos sempre con bos prezos e moitos xeitos de aforrar. E, como estamos de celebración, porque EROSKI club cumpre 10 anos, queremos premiar a túa fidelidade con centos de agasallos. Dende mediados deste mes, por cada compra superior a 40 euros recibirás un ‘resga’ e obtén outro máis por cada 15 euros en produtos sinalizados, cos que podes gañar descontos, cupóns, carros completos e ata un coche. Valo perder?
GOZA DA REVISTA NO SEU FORMATO DIXITAL en calquera
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n.
48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Redactora xefe: Manuela Díaz
Foto de portada: @virginiamartin_photo
REALIZACIÓN E EDICIÓN
Factoría Prisa Noticias, S. L. U.
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
O
máis TOP deste MES
O BROCHE DE OURO AOS TEUS ALMORZOS
Cunha manchea de froitos secos farás nutritivos e diferentes os teus almorzos e comidas. Ten sempre á man o novo mix de froitos secos crus EROSKI para acompañares un iogur, como toque final a unha torrada ou nunha granola caseira.
CEPILLO MASAXEADOR
MASAXEA E COIDA A TÚA MELENA
É 4 en 1. Limpa en profundidade, desobstrúe os poros, estimula a circulación capilar e masaxea ao mesmo tempo. As suaves e cónicas pugas de silicona do novo cepillo masaxeador exfoliante capilar belle fano realidade. E chega para converterse nun imprescindible no teu neceser.
ALTAS EN VITAMINAS E FONTE DE CALCIO
3 1 4 5 2
PREMIADAS POLO SEU BO PREZO, POR SEREN ALTAS EN VITAMINAS, POLO SEU NUTRI-SCORE B E POLO SEU DIVERTIDO DESEÑO.
Volta ao cole
Goza de promocións e ofertas tamén este mes de setembro. Non perdas os nosos bos prezos en material escolar, dispoñible só en hipermercados.
Viches esta nova etiqueta?
Porque somos moi fans do cacao, melloramos o sabor da cobertura da nosa bolería*. Sen graxa de palma, cunha exquisita selección de grans e cunha fermentación e secado moi controlados. Ademais, con cada bocado colaboras, a través de Cacao Trace, con pequenos produtores de África, Asia e América, axudando á construción e mantemento de escolas, centros de saúde e puntos de abastecemento de auga.
*Só nos obradoiros de EROSKI que dispoñen de chocolateiro.
...E EN REDES
Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais
A receita do mes de EROSKI club
Cóctel de lagostinos con espárragos de Navarra
TOP VIEWS
As novidades marca EROSKI pisan forte
Toma nota da proposta de Ramón Blanco, gañador da última edición do noso concurso ‘A receita do mes’. Un prato refrescante e moi local, con espárragos DO Navarra EROSKI, lagostino branco EROSKI Natur e ovos campeiros EROSKI Natur de orixe local. Se queres ser como Ramón e levar unha tarxeta regalo de 100 euros, comparte a foto da túa receita máis saudable elaborada con produtos EROSKI, menciónanos e inclúe o hashtag #AlimentaLoQuePiensas.
TIK TOK sae á rúa
SEGUIRNOS EN TIK TOK
TEN PREMIO. POR ISO, LANZÁMONOS Á RÚA CARGADOS DE AGASALLOS PARA QUE NOS COÑEZAS. XA ESTIVEMOS A VISITAR VARIAS TENDAS, NA PRAIA DE GETXO... A ONDE IREMOS ESTE MES? SÍGUENOS DE PRETO.
Os segredos do consomé EROSKI SELEQTIA
Golazo ao aforro
O ‘match’ 2x1 das olimpíadas
Superamos os 80.000 SEGUIDORES EN INSTAGRAM
Celebrámolo sorteando unha Samsung Galaxy Tab A9+ entre os nosos seguidores. Súmate ás nosas redes e descubre cada semana receitas, sorteos e promocións que non quererás perder.
Saudables
días
Unha bebida quente, unha torrada con aceite e aguacate ou con tomate e xamón, se cadra unha peza de froita, un iogur con granola... As posibilidades son infinitas, deliciosas e vante axudar a comezar o día con vitalidade.
Almorzamos?
Ao longo da revista darémosche as claves para preparares almorzos saudables e intentar evitar o exceso de azucre e mais o clásico “almorzo o primeiro que teña á man se me apetece algo” ou ese café rápido cando es adulto. Porque teñas a idade que teñas, e sexas da cultura que sexas, o almorzo ten que ser unha das comidas máis importantes do día. Xa o di a sabedoría popular: “almorzar coma un rei, comer coma un príncipe e cear coma un mendigo”.
Novo taboleiro de almorzos e brunch de EROSKI en Pinterest
nun almorzo equilibrado IMPRESCINDIBLES
[1]Carbohidratos complexos: pan integral, avea ou froitas frescas son excelentes fontes de enerxía sostida.
[2]Proteínas: iogur, ovos, noces ou legumes axúdannos a mantérmonos fartos máis tempo e apoian a reparación muscular.
[3]Graxas saudables: aguacate, aceite de oliva, sementes de chía ou froitos secos son bos para a saúde do cerebro e do corazón.
[4]Fibra: imprescindible para unha boa dixestión, a fibra pódese atopar en froitas, verduras e cereais integrais.
[5]Vitaminas e minerais: froitas e verduras.
MOITO MIOLO PANS CON
De haber un alimento amigo en todas as culturas, velaí tes o pan. Versátil e nutritivo, está presente nas nosas mesas dende a antigüidade, aínda que foi demonizado nos últimos anos, como o foi hai tempo o ovo.
Reivindicamos o seu papel e propoñemos un almorzo completo no que os hidratos de carbono os poña o pan. Hidratos e fibra, vitaminas do complexo B, potasio,
fósforo, magnesio, selenio e cero graxas.
Nas panaderías EROSKI ofrecémosche pans da túa contorna, elaborados con masa nai, moletes, bolos e barras, integrais, de distintos cereais, ricos en proteínas, baixos en sal e sempre a bos prezos.
Como ves, unha variedade ben grande para elixires ao teu gusto e segundo sexa a túa necesidade.
PIDE POR ESA BOQUIÑA
Boliños, moletes e barras frescas nas tendas que contan con forno.
Servizo de enfornado ao momento de non atopares o pan que buscas (en función da dispoñibilidade en tendas).
Máquinas para rebandar o pan doadas de usar.
Opción de encargar os pans que precisas para evitar agardas ou de quereres cantidades especiais.
Bocadillos acabados de facer recheos de chourizo, lombo e salchichón con opcións de pan integral 100% e de ibéricos.
SABÍAS QUE...?
O 95% dos provedores que elaboran o noso pan son nacionais e que a produción se realiza en España.
#alimentaloquepiensas
EROSKI NATUR
Elaborado coa mellor selección de materias primas e con fariñas de trigo sostible, garantidas por provedores de proximidade, e coa certificación que avalan entidades externas, que verifican que as fariñas se obteñen dunhas prácticas agrícolas máis respectuosas cos cultivos do cereal.
Sabor e aroma do pan de sempre. Codia fina, dourada e crocante.
DE MASA NAI
Miolo lixeiro, con buratos, cun aroma intenso, notas afroitadas e ese típico sabor acedo do pan de sempre. Dispoñemos de variedades de millo, centeo e mais o molete de cereais e sementes.
O fermento favorece a dixestibilidade sen a adición de aditivos.
Consérvanse máis tempo frescos.
100% INTEGRAIS
SEN GLUTE
Dispós de baguettes, barras, moletes e boliños 3 cereais.
Elaborados con grans de fariña integral ou gran enteiro. Inclúen as tres partes que compoñen o gran, co que gañan en nutrientes, fibra, minerais e vitaminas, o que mellora o tránsito intestinal. Opción en barra, molete, boliños e baguettina de
A baguettina con sementes ten un 38% de redución de sal. e s.
Podes solicitar pans sen glute nas nosas panaderías. Véndense conxelados para que os poidas ir utilizando na túa casa pouco a pouco. Contan con selo de FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España).
REDUCIDO EN SAL
Bola de pan sen amasado
8
• 400 g de fariña de trigo
• 100 g de fariña integral de trigo
• 315-325 g de auga
• 6 g de fermento fresco ou 2 g de fermento seco de panadería
• 10 g de sal (se o queres reducir, baixa o sal a 8 ou 6 g)
Nun bol grande, mesturar as fariñas, o sal e o fermento seco, se usamos esta opción. Se é fresco, disolverémolo na auga.
Botar a auga (xunto co fermento, de ser o caso) e mesturar ata ter unha masa homoxénea. Dentro do bol, facer 5 dobras na masa. En cada unha, coller un anaco de masa do bordo e dobrala sobre o centro, xirando o bol para facer a seguinte dobra. Deixar repousar 15 minutos e repetir as dobras.
Cubrir con filme e levar ao frigorífico entre 12 e 24 horas. Sacar a masa e deixala amornar unha hora.
Enfariñar a mesa e as mans e botar a masa. Dobrar un lado da masa cara ao centro e logo o outro. Xirar a masa 90 graos e repetir as dobras.
Virar a masa, de xeito que o peche das dobras quede embaixo e metela cara a dentro dándolle forma de bola. Cubrir co propio bol mentres repousa. Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo. Introducir unha cazola apta para o forno coa súa tapa durante 15 minutos.
Sacar a cazola e poñer a bola de masa no seu interior. Tapar e levar a cazola ao forno durante 30 minutos. Retirar a tapa e deixar enfornar outros 15 minutos.
Sacar do forno e deixar arrefriar totalmente sobre unha reixa antes de abrir.
Con só 5 ingredientes
0,05€
POR RACIÓN
Con aceite, moito mellor
Pecha os ollos e pensa nun almorzo delicioso. Seguramente coincidiremos imaxinando unha exquisita torrada con aceite de oliva virxe extra (AOVE). Sabor e saúde a partes iguais ao emparellarmos dous dos alimentos clave da dieta mediterránea. Coincidir non é algo aleatorio. Apostar polo AOVE nos almorzos é parte da nosa tradición. Ademais, contén vitaminas, antioxidantes, numerosos nutrientes e ata un 85% de graxa insaturada, a máis saudable. É bo para o corazón, para a pel, para o colesterol... As nosas avoas sabían o que facían! Engadir unha culleriña de aceite de oliva virxe extra en cru na túa torrada é gañar saúde. Este aceite é o de maior calidade -despois figuran o oliva virxe, o aceite de oliva, o aceite de bagazo e os aceites de sementes- e o máis saudable,
xa que na súa elaboración case non existe manipulación. Extráese do prensado das olivas e a súa acidez non supera o 0,8º. Xa que logo, conserva máis nutrientes beneficiosos ca outros aceites.
En EROSKI atoparás as denominacións de orixe máis prestixiosas e aceites de calidade extra baixo a nosa marca propia.
Primeiro o aceite ou o tomate?
AOVE EROSKI BIO
Aceite de montaña elaborado exclusivamente con oliva picual. Ten Denominación de Orixe Sierra de Segura (Xaén). É oloroso, de sabor equilibrado e corpo robusto. Con notas froiteiras e unha lixeira picantez. Producido baixo estritos controis que garanten a súa calidade e o respecto ao medio natural.
Non sendo nalgunhas provincias de Andalucía, ao pan engádeselle primeiro o tomate e logo o aceite.
AOVE EROSKI
Procede das almazaras de La Roda (Sevilla) e de Jabalquinto (Xaén). De intenso sabor afroitado e unha cor lixeiramente verdosa. O Nutri-Score do AOVE pasou de C a B.
ALMORZO PARA TRES
AOVE EROSKI
+ Tomate relado EROSKI
+ Barra campesiña
= Torrada con aceite e tomate
AOVE
EROSKI SELEQTIA
Elaborado exclusivamente con oliva arbequina con garantía de orixe. Ten DO Siurana (Tarragona). É oloroso, con corpo e sensacións de gusto persistentes. Ten un equilibrio entre amargo, doce e picante.
NUTRI-SCORE
Sabor extra
Máis doce, con máis corpo, cun intenso aroma a améndoas ou a froitas... Sexa cal sexa a túa preferencia, nas nosas tendas dispós dunha ampla variedade de marcas cos mellores aceites de oliva virxe extra do mercado.
VARIEDADES E USOS
En España hai máis de 260 variedades de olivas. Velaquí as máis destacadas nas nosas tendas.
PICUAL
Xaén, Córdoba e Granada Moi resistente ás altas temperaturas. Ideal para conservas e fritos. Sabías que o aceite de oliva resiste máis as frituras ca os de xirasol sen perder as súas calidades beneficiosas?
HOJIBLANCA
Córdoba, Málaga e Sevilla
No punto medio entre os aceites picantes e amargos e os máis doces, o que a torna unha variedade moi versátil. Ideal para facer
#alimentaloquepiensas
vinagretas, darlles sabor a cremas frías ou quentes ou utilizar en pastas ou salteados. Tamén para facer maionesa cun sabor potente.
COUPAGES
Mestura de diferentes variedades de olivas que nos permiten alcanzar matices moi variados.
ARBEQUINA
Cataluña
Doce. Ideal para o gaspacho ou para o salmorejo
ACEITE DE OLIVA
VIRXE EXTRA
Un aceite cheo de matices, que destacan polo seu equilibrio e harmonía e tornan único cada prato.
ACEITE DE OLIVA
VIRXE EXTRA: ODA Á ALCACHOFA
Afroitado, potente e con moita personalidade. Unha oda ao sabor singular da alcachofa.
ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA
Froito dunha rigorosa selección das mellores olivas. Os teus pratos fríos, ensaladas e tostas combinarán á perfección.
ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA DA SERRA DE SEGURA, XAÉN Procedente dun singular oliveiral picual de montaña con orixe cooperativa e calidade garantida: aceite de máxima calidade con carácter propio.
Tipos de aceites de oliva
Aceite virxe
Conséguese triturando as olivas ata obter unha pasta que se centrifuga para extraer o aceite. En función da cantidade de ácidos graxos libres e das características do froito, a súa calidade e suavidade será maior ou menor.
ACEITE OLIVA VIRXE EXTRA
Cunha selección das mellores variedades de olivas e un aroma intenso, este aceite daralles o toque perfecto aos teus pratos.
Virxe extra
Sabor e aroma afroitados e suaves. A súa acidez non debe superar o 1% de ácidos graxos libres.
Aceite de oliva
Mestura de aceite de oliva virxe e aceite de oliva refinado.
ACEITE DE OLIVA
VIRXE EXTRA GRAN SELECCIÓN
750 ml E 250 ml
Un aceite virxe extra de calidade, froito da combinación de variedades de olivas, que dan lugar a un aceite único de sabor harmónico e equilibrado.
ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA HOJIBLANCA
Un aceite cun fino toque de amargor e picante moderado e un sabor doce e afroitado, que destaca pola súa gran calidade e versatilidade.
Aceite de bagazo de oliva
Obtense a partir do bagazo ou refugallo que queda tras o centrifugado da masa das olivas e que contén aínda entre un 10% e un 20% de aceite aproveitable.
Unha
vez elixido un bo pan, hai unha morea de posibilidades para gozar dunha torrada saudable ben boa. Velaquí 5 claves para un éxito seguro.
PROTEÍNAS (para te manteres saciado máis tempo).
Aguacate e ovo poché, á prancha ou escalfado. O aguacate achega graxas saudables, e o ovo, proteínas de alta calidade.
Requeixo ou queixo ricotta como base. Combina ben con salmón, froitas do bosque, raviños e brotes verdes ou con cítricos e avea.
Unta humus e engade rodas de cogombro e de pemento vermello. Xamón ibérico cunhas puntas de espárragos verdes lixeiramente dourados na tixola.
Queixo: non perdas o queixo azul con láminas de pera e sementes. Bonito en aceite con pemento do piquillo ou unha deliciosa crema de pementos.
Friame de pavo con tortilla francesa.
Anímate e prepara ti mesmo a peituga de pavo.
VEXETAIS FRESCOS
(para incluíres vitaminas, minerais e fibra).
Tomate e alfábega fresca cun toque de aceite. Espinacas e champiñóns salteados.
Pementos e cebola asados para dar un sabor doce e afumado.
PORCIÓNS EQUILIBRADAS
Unha torrada é abonda. Distribúe os ingredientes de xeito uniforme e en cantidade moderada.
SABOR EXTRA (para levares a torrada a outro nivel).
Especias e herbas: esparexerlle pementa negra, pemento doce, ourego ou alfábega fresca. Froitas e froitos secos: engade rodas de froita, como amorodos ou mazás, e esparéxelle améndoas laminadas ou noces picadas para un toque crocante.
Aceites saudables: un chorriño de aceite de oliva virxe extra achega sabor e beneficios nutricionais adicionais.
DOCES E SAUDABLES
Crema de cacahuete con mazá e tópping de froitos secos. Crema de chocolate negro caseiro con plátano e avea.
OLLOS
Os novos ollos EROSKI son de orixe nacional e cultívanse sempre ao aire libre, fóra dos invernadoiros e pódelos gozar nas nosas tendas durante todo o ano.
Ademais, o seu envase conta co 80% de material reciclado.
Prepárao ti mesmo
FROITAS E VERDURAS
Incorporar froitas e verduras no almorzo, xa sexa en torradas, iogures ou simplemente enteiras, achega vitaminas e fibra e pode ser un excelente xeito de comezar o día. Propoñémosche algunhas ideas irresistibles que estarás a desexar probar.
Sabías que as froitas do bosque e as uvas, que están no seu mellor momento, non só son deliciosas, senón que son ricas en antioxidantes e vitaminas?
ESTE MES ESTÁN DE TEMPADA As froitas do bosque como arandos, framboesas e amorodos.
ENTRE XUÑO E NOVEMBRO, OS AMORODOS SEGOVIANOS TOMAN O RELEVO DOS DE HUELVA. EL PINAR É O MAIOR PRODUTOR DE AMORODO DE VERÁN EN ESPAÑA. AÍNDA NON OS PROBACHES? MMMMM... DEIXARANTE ABRAIADO!
AGUACATE
Ao peso ou en bandexas de cartón, goza de distintas variedades deste delicioso froito. Para madurar, mellor a temperatura ambiente. Colocalo ao carón de plátanos ou mazás acelera o proceso de maduración grazas ao etileno que liberan estas froitas. Así que estea no seu punto, convén gardalo na neveira para frear o proceso.
E, por suposto, as uvas de orixe nacional, que atoparás sempre a bos prezos por xunto e sen semente en ecoenvases de medio quilo.
CON/SEN SEMENTES
Sempre bos prezos S Semp prezezos
Sempre bos prezos S Semp prezezos
Propoñémosche distintas alternativas para incluíres proteína no teu almorzo.
Friame moi ‘veggie’ Prepara un sándwich ou unha deliciosa torrada con cebola acaramelada, maionesa de curry, cogombros novos, herba dos cóengos e mais o noso friame vegano, sempre a bos prezos.
Se buscas o sabor auténtico
Os ibéricos destacan pola finura do seu sabor, pola súa textura e pola chea de matices da súa carne. Para gozalos no seu punto, cómpre sacalos da neveira 20 minutos antes e abrir o envase para que amornen. Pregunta na túa tenda pola opción de que che corten o xamón a coitelo ou que cho preparen envasado ao baleiro.
Peituga de pavo normal e braseada Cunha alta achega en proteínas e moi poucas calorías, o pavo éche unha opción ben boa para o almorzo.
Para os fans do mar ntico
Atún, bonito e salmón son algunhas das propostas que lle poden dar o punto de sabor e nutrición a unha torrada. Aconsellámosche elixir bonito do Norte EROSKI, envasado con bonito enteiro pescado exclusivamente a cana. Ademais, EROSKI SELEQTIA ofréceche a mellor selección de conservas testadas polo Basque Culinary Center. Aínda non probaches o salmón afumado sen veta EROSKI? Vaiche encantar.
Sempre bos prezos S Sep prezezos
O TEU QUEIXO
O queixo é un dos imprescindibles no almorzo e ten graxa de boa calidade. O mellor é optar por queixos frescos e naturais, baixos en graxa, controlar as porcións e acompañalo con alimentos ricos en fibra como froitas e verduras. Velaquí as nosas combinacións preferidas.
Tomates cherry
Queixo Cottage Pistachos
Queixo de Burgos
Amorodos
Tomate rosa Mozzarella
Salmón
Queixo crema Cogombro
Contén 26 gramos de proteína por porción.
Con menos sal VARIEDADES PARA TODOS Co
Coa marmelada de amorodos EROSKI SELEQTIA podes comer amorodiños de Huelva seleccionados durante todo o ano
Avalado por
OS VERSÁTILES LÁCTEOS
Os lácteos poden estar presentes na túa mesa matutina de moitos xeitos: nun vaso de leite con cereais integrais ou nun iogur con froitas e granola. Son unha fonte rica de proteínas de alta calidade, achegan vitaminas D e B12 e calcio, un mineral vital para a saúde ósea e dental, necesario en todas as etapas da vida.
Sen lactosa
OV S
Son unha fonte completa de proteínas, axudan a manter os niveis de enerxía estables ao longo da mañá e xeran unha sensación de fartura por máis tempo. Unha grande elección para o teu almorzo.
TOP 5 ALMORZOS
OVOS PASADOS POR AUGA
Coce os ovos durante 4 minutos para unha xema moi líquida ou 6 minutos se a prefires máis firme. Pasado ese tempo, introdúceos en auga fría.
TORTILLA
Engade un chorriño de leite ou de nata para que quede máis cremosa.
Os nosos ovos frescos EROSKI Natur campeiros e os BIO proceden de galiñas que andan ceibas por currais e prados. Se ves o mapa da túa comunidade no envase significa que proveñen de galiñas criadas na túa rexión. É bo que sexa de aquí!
OVOS POCHÉ
Nunha pota, bota un chisco de sal e unha culleriña de vinagre branco.
Cando estea a piques de ferver, crea un remuíño cunha culler e desliza o ovo previamente escachado.
Cocíñao durante 3-4 minutos, ata que a clara estea cocida pero a xema aínda estea líquida.
OVOS BENEDICTINOS
Torra pan e coloca unha lasca de xamón por riba. Prepara un ovo poché e colócao sobre o xamón.
Bota salsa holandesa sobre os ovos.
COMO PREPARAR
A SALSA HOLANDESA
Bate amodo pero seguido dúas xemas de ovo e mais unha cullerada de zume de limón nunha cunca ao baño maría ata que a mestura espese e aumente o seu volume.
OVOS REVOLTOS
Utiliza manteiga en vez de aceite, cociña a lume baixo e procura que non se fagan en exceso.
Engade moi devagar media cunca de manteiga sen sal derretida (250 g) para que a salsa emulsione correctamente e non se corte. Logo, engádelle sal ao gusto. Se a salsa é demasiado espesa, podes agregar unha pequena cantidade de auga morna.
Que che acheg ?
Trátase dunha receita na que predomina a verdura. O ovo e mais o queixo achegan proteína de boa calidade, amais de graxas, vitamina D e calcio.
TIPS SAUDABLES
Fainos máis tenros engadíndolles, ao servírelos, un pouco de salsa de tomate ou un chorro de aceite de oliva en cru.
Engade máis colorido con espaguetes de cenoria. Apta para dietas ovolactovexetarianas.
Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas
NIÑOS DE CABACIÑA E OVO
4 RACIÓNS / DIFICULTADE 2 / 30 MIN
2 cabaciñas
Sal e pementa branca
Ourego seco
20 ml de aceite de oliva
4 ovos
15 g de queixo parmesano
1. Cortar as cabaciñas en forma de fideos cun espiralizador. Mesturar nun bol co sal, a pementa, o ourego e un chorriño de aceite de oliva.
2. Facer catro niños cos fideos de cabaciña e colocalos nunha bandexa para forno cuberta con papel. Enfornar durante 10 minutos a 180 ºC.
3. Sacar do forno, facer un oco no centro de cada niño de cabaciña e escachar un ovo. Engadir un chisco de sal e levar de novo ao forno 10 minutos máis.
4. Servir e esparexer por riba dos niños un pouco de queixo parmesano.
O COMBUSTIBLE QUE PRECISAN OS TEUS CATIVOS para comezaren o día con enerxía ALMORZO
Remataron as vacacións e todos volvemos á nosa rutina. Comezar o día cun almorzo saudable e equilibrado é moi importante para toda a familia, pero no caso dos nenos é fundamental, xa que se atopan en plena etapa de desenvolvemento e crecemento.
Unha alimentación saudable é básica para que o seu organismo funcione de xeito correcto, teñan unha boa capacidade de aprendizaxe e un axeitado desenvolvemento psicomotor. Ademais, xoga un papel esencial na prevención de futuras enfermidades.
Moitos estudos demostraron que existe unha relación entre o almorzo e o rendemento académico. Sábese que non almorzar afecta negativamente á memoria, á capacidade cognitiva e á concentración. E cómpre non esquecermos que na infancia é cando se establecen os hábitos alimentarios que nos acompañarán ao longo da nosa vida.
Aínda que xa coñezamos a teoría, as présas de primeira hora fan que decote descoidemos esta comida e acabemos optando por non almorzar ou por comer calquera cousa. Pero acougade!
Existen opcións doadas, saudables e nutritivas que se poden preparar en ben pouco tempo.
ALMORZOS SAUDABLES PARA O COLE
Un bocadillo de pan integral con humus ou queixo fresco.
Un vaso de leite con cereais de almorzo integrais.
Unha manchea de froitos secos crus ou torrados.
Unha torta de avea e plátano.
Unha torrada de pan integral con aceite de oliva ou aguacate.
Unha peza de froita.
Ten en conta que as cantidades variarán segundo a idade do pequeno.
INCLÚE TODOS OS GRUPOS DE ALIMENTOS
Froita: deberiamos incorporar, polo menos, unha peza de froita no almorzo. Preferiblemente, esta ten que ser enteira, fresca, madura e de tempada. Ademais, é unha opción moi práctica para levar na mochila.
Hidratos de carbono: opta por unhas torradas de pan integral ou por uns cereais de almorzo integrais.
Proteínas: o leite é unha boa opción, xa que proporciona calcio e outros minerais e vitaminas. O iogur natural e mais o queixo baixo en graxa tamén son alternativas válidas. Se optamos por unha bebida vexetal como substituta do leite, é preferible escoller unha de soia enriquecida en calcio e vitamina D.
Os ovos tamén son unha boa idea para engadirmos proteínas nos almorzos. Pódese preparar un ovo revolto ou cocido, sempre tendo presente que ata os 12 anos non é recomendable consumir máis de tres ou catro unidades semanais.
COMO DEBEN SER OS ALMORZOS DE NOSOS PEQUES?
O almorzo debe achegar polo menos o 20% da enerxía que precisan para toda a súa xornada.
O almorzo debe incluír unha ración de froita ou verdura, alimentos proteicos e cereais ou derivados, preferiblemente integrais. Ademais, convén sumar graxas saudables, fibra, vitaminas e minerais.
Para coñeceres as proporcións axeitadas de cada grupo de alimentos no xantar ou na cea, pódeste axudar do método Nutriprato
Apúntate
O punto máis do almorzo
Ricos en hidratos de carbono complexos, os cereais son un básico nos almorzos e o punto máis crocante para botar a andar a mañá. Flocos integrais, almofadiñas de avea, muesli de froitas, bóliñas de cereais con chocolate, barriña de cereais e froitos secos... Coñeces todo o que a nosa marca EROSKI che ofrece? Lembra que hai opcións mellores ca outras. Amosámosche algunhas.
Para as persoas con celiaquía
O noso selo ‘sen glute’ está avalado pola Federación de Asociacións de Celíacos de España.
Se se che pegan as sabas
Barriñas listas para levar, ricas en fibra e nutrientes.
Se es eco e lle dás ao bio
Coa garantía de que proceden dunha agricultura ecolóxica.
Para os máis clásicos
Os flocos de millo son os cereais máis espallados por todo o mundo. É así por mor do seu sabor, do seu punto crocante e mais polo seu baixo índice glicémico, que prevén picos nos niveis de azucre en sangue. Os nosos flocos non teñen graxa de palma e achegan 8 vitaminas e ferro.
Para os padais
más esixentes
Testados polo Basque Culinary Center, que garante un sabor sublime.
10% de froitos secos (améndoa, abelá e noces)
cun toque a caramelo.
15% de pebidas de chocolate negro. A
Se che preocupa a fibra
Os cereais integrais ou de avea non só teñen unha maior achega de fibra, ademais, aumentan a sensación de saciedade e melloran o tránsito intestinal.
23% de froitas deshidratadas (pasas sultás, chips de plátano, chips de coco, piña e mazá).
Para os chocolateiros
Cereais recheos, bólas, pétalos e arroz inflado son os seus favoritos.
Se o teu son as mesturas
Sabías que o muesli foi creado polo médico suízo Maximilian Bircher-Brenner, a comezos do século XX, como parte dunha dieta saudable para os seus pacientes? A receita é sinxela: mestura de varios cereais -con predominio de avea-, froitas secas, sementes e, a miúdo, froitos secos.
Tips s ud bles
Elixe cereais integrais. Son ricos en fibra e en nutrientes esenciais.
Os cereais adozados naturalmente, como os que conteñen froitas secas, son unha mellor opción.
Se queres máis proteínas completa os teus cereais con iogur grego, leite ou froitos secos.
Mellora o valor nutricional dos teus cereais engadíndolles froitas frescas.
Os froitos secos e as sementes tamén achegan graxas saudables e proteínas. Coidado coas porcións. Unha porción típica de cereal adoita ser duns 30-45 gramos.
Acompaña os teus cereais con leite ou bebidas vexetais.
Elixe cereais sen graxa de palma como os da marca EROSKI.
Ten en conta a valoración do Nutri-Score e consume con moderación.
#alimentaloquepiensas
NUTRI-SCORE
NUTRI-SCORE
Elixe
VARIEDADE
Descubre as marcas favoritas de cereais, os máis saudables e os últimos en chegar para elixires os que máis se axusten ás túas necesidades e gustos.
CHEERIOS AVEA
Crocantes cereais en forma de aro cun 92% de avea integral e menos azucres ca a media de cereais de almorzo semellantes no mercado.
CEREAIS FITNESS CHOCOLATE
NEGRO
CHOCAPIC
Crocantes pétalos cun intenso sabor a chocolate e cereais integrais! Ademais, conteñen vitaminas e minerais. A combinación perfecta para comezares ben o día.
Elaborados con cereais integrais como ingrediente número 1, sen aceite de palma, nin colorantes, nin aromas artificiais e cuns deliciosos flocos recubertos de chocolate negro.
CEREAIS DE TRIGO
Un delicioso almorzo elaborado con cereais 100% integrais e fortificado con vitaminas.
CRUNCHY AVEA E MEL
Sen colorantes, sen conservantes e sen aromas artificiais, as barriñas Nature Valley crunchy Avea & Mel están elaboradas con avea 100% integral e con auténtico mel. Son o snack perfecto esteas onde esteas. Sempre listas cando máis as precisas.
CEREAIS KIT KAT
Racha coa rutina da mañá cos novos cereais Kit Kat e goza do delicioso sabor a chocolate e a galleta, agora no almorzo!
1. CROCANTES DE AVEA
Cereais cun 72% de avea integral. Ricos en fibra e veganos. Sen aromas nin colorantes engadidos.
2. CROCANTES DE AVEA CHOCOLATE
Cereais cun 65% de avea integral e chocolate. Son ricos en fibra e non teñen aromas nin colorantes engadidos.
CORN FLAKES
CLASSIC
FAINO TI MESMO
Prepara unha deliciosa granola de chocolate con iogur e froita
Teñen unha textura extracrocante, coa vantaxe de seren sen glute, 0% azucres engadidos, aptos para dietas veganas e sen lactosa. Trátase dun produto único dunha empresa especializada en intolerancias alimentarias.
1. FLOCOS FINOS DE AVEA INTEGRAL ECO
Os flocos de avea integral ecolóxica son a opción máis completa e nutritiva para os teus almorzos saudables.
2. FLOCOS 4 CEREAIS INTEGRAIS ECO
Descubre esta mestura 100% integral de avea, cebada, centeo e trigo. Saciante, enerxética e saudable.
3. BÓLIÑAS DE CEREAIS ECO CON CHOCOLATE
Sen edulcorantes nin aceite de palma, pero igual de saborosos ca as opcións convencionais de cereais chocolatados.
4. TRIGO INFLADO ECO CON MEL
Crocantes, lixeiros e con sabor a mel, ricos en fibra e sen edulcorantes, xaropes nin aceites engadidos.
É TENDENCIA
Prepara nuns minutos un ‘porridge’ con pera e canela Quenta nunha cazola a lume medio dúas cuncas de leite (tamén pode ser auga ou bebida vexetal). Ao comezar a ferver, engade unha cunca de avea. Remove durante 5 minutos ata que se absorba a maior parte do líquido. Engádelle láminas de pera á avea nos últimos 2 minutos de cocción ou ao final para unha textura máis crocante. Tras retirar as papas do lume engádelles a canela en po. Remove. Serve nunha cunca con froitos secos, pasas, etc.
Sempre bos prezos S Semp prezezos
Tíralle partido á TÚA AIRFRYER
Con présas e sen ideas para ceares esta noite? Prequenta a túa frixideira de aire e prepara unha cea rápida e completa en apenas uns minutos.
POLO CROCANTE
LIBRIÑOS DE LOMBO
Prequentar 5 minutos a 180 ºC. Enfornar os libriños de lombo entre 3 e 5 minutos cunhas pingas de aceite a 160 ºC-180 ºC.
CON ENSALADA DE TOMATES
Prequentar a 200 ºC e enfornar 9 minutos cun pouco de aceite.
Prequentar a 205 ºC e enfornar durante 5 minutos cunhas pingas de aceite.
CON BONIATO
Cortar en tiras o boniato e enzoufalo cun chisco de aceite e especias ao gusto. Enfornar en frixideira de aire uns 10 minutos a 180 ºC.
CROQUETAS
Prequentar 5 minutos a 180 ºC. Enfornar as croquetas entre 5 e 8 minutos cunhas pingas de aceite a 160 ºC-180 ºC.
CON VERDURAS ASADAS
Prequenta 5 minutos a 180 ºC. Enforna as verduras conxeladas previamente regadas cunhas pingas de aceite 15 minutos a 200 ºC. Pasados 10 minutos remove e, de estaren xa feitas abondo, reduce o tempo a 12 minutos.
‘BURGER’ VEGANA
Sempre bos prezos S Sep prezezos
CON PATACAS
Enfornar as patacas cortadas en tiras ben finas, previamente impregnadas de aceite, uns 20 minutos.
Prequentar 5 minutos a 180 ºC. Enfornar a hamburguesa vexetal entre 3 e 5 minutos cunhas pingas de aceite a 160 ºC -180 ºC.
1,34€
POR RACIÓN
SALMÓN FRESCO
DE ENTRE 1 E 3 KG EN MOSTRADOR
SEMPRE A BOS PREZOS
PIZZA ZZA
Prequentar uns 5 minutos a 180 ºC. Enfornar a pizza (partila se cómpre e introducir a porción que entre na cesta da frixideira de aire) entre uns 5 minutos a 120 ºC-170 ºC. De se querer máis crocante, deixar un minuto máis e revisar.
Salmón con salsa teriyaki e verduras
4 30’
• 1 lombo de salmón
• 1 culleriña de pementa branca
• 1 cullerada de aceite de oliva
• 3 g de sementes de sésamo
Salsa teriyaki:
• 60 ml de salsa de soia baixa en sal
• 30 ml de vinagre de arroz
• 2 culleradas de azucre moreno
• 1 culleriña de xenxibre en po
• 1 cullerada de amidón de millo
• 30 ml de auga
Para as verduras:
• 100 g de brócoli
• 100 g de cabaciña
• ½ pemento vermello
• 1 pemento amarelo
• 1 cullerada de aceite de oliva
• Alfábega
Pincelar con aceite de oliva e pementa o lombo de salmón
e colocar na cesta da airfryer coa pel cara a arriba sobre un anaco de papel de forno. Cociñar a 200 ºC durante 7 minutos.
Mentres, preparar a salsa teriyaki mesturando nun cazo os ingredientes. Quentar e remover ata que espese. Virar os lombos de salmón así que a pel estea crocante e pincelalos coa salsa teriyaki.
Cubrir con sementes de sésamo e cociñar de novo durante 2 ou 3 minutos máis. Picar as verduras en anacos do mesmo tamaño e aliñalas nunha cunca con aceite de oliva e sal. Cociñar na airfryer durante 15 minutos a 200 ºC. Engadir alfábega fresca e servir a carón do lombo do salmón.
Costelas con salsa barbacoa caseira
4 20’
• 800 g de costelar de porco
• Sal, pementa e tomiño
Para a salsa barbacoa:
• 1 cullerada de aceite de oliva
• 1 dente de allo
• 150 g de tomate triturado
• 30 ml de salsa de soia baixa en sal
• 1 culleriña de mostaza
• 2 culleradas de vinagre de sidra
Sazonar con sal, pementa e tomiño o costelar. Envolvelo en papel de forno de xeito que quede un paquete selado. Enfornar a 170 ºC durante 2 horas. Nun cazo, dourar o dente de allo picado. Engadir o tomate triturado, a salsa de soia, a mostaza, o vinagre, o mel, a cebola e medio chile. Deixar cociñar durante 5 minutos, retirar do lume e triturar.
• 1 cullerada de mel
• 1 culleriña de cebola en po
• ½ chile
Para a ensalada
• 1 leituga enteira
• ¼ de ceboliña
• 1 mazá royal gala
• 5 noces
• Sal e vinagre de sidra
• 40 ml de aceite de oliva
Sacar o costelar do envoltorio e pincelar por ambos os dous lados coa salsa barbacoa. Levar ao forno con grill e cociñar 5 minutos por cada lado. Antes de servir, volver pincelar coa salsa.
Preparar a ensalada colocando unha cama de leituga nunha fonte, tiras de ceboliña, cachiños de mazá, noces e aliñar con sal, aceite e vinagre.
1,86€
POR RACIÓN AIRFRYER A
1,23€
POR RACIÓN
Flocos de polo con salsa mango-limón
4 25’
• 400 g de peituga de polo
• 60 g de queixo crema 0%
• Allo en po
• 1 ovo L
• 50 g de flocos de millo sen azucre
• Sal e pementa Salsa de mango e limón
• 1 mango e 1 limón
• 20 ml de AOVE
• Sal e pementa
Cortar as peitugas en anacos medianos. Triturar xunto co queixo crema, o sal e as especias. Darlles forma aos flocos.
Bater o ovo e triturar os flocos de millo. Bañar o polo no ovo batido e rebozar nos flocos de millo.
Poñer o polo rebozado na airfryer e cociñar 15 minutos a 180 ºC. Tamén se poden facer no forno prequentado.
Para la salsa
Pelar e partir o mango.
Poñer no vaso do batedor e triturar xunto co zume de limón, AOVE, sal e pementa.
Botar a salsa nun bol e servir xunto cos flocos de polo.
Receitas deseñadas por GALICIA
Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ
Os produtos da nosa terra enchen de sabor os nosos pratos. Para esta receita de ensalada, elaborada polo Basque Culinary Center, eliximos un produto de tempada, como é o pemento Padrón. Combínao con vinagre de viño de Galicia e un delicioso queixo de vaca da terra.
PEMENTOS DE PADRÓN
PEMENTOSDEPADRÓN
Pequenos, verdes... E coa emoción que achega saber que uns pican e outros non. En EROSKI podes gozar dos pementos de Padrón galegos e dos Pementos de Herbón, co selo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
Sabías que, amais dos Pementos de Herbón, Galicia conta con outras 19 Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas que velan por manter a calidade e a orixe dos seus produtos?
QUEIXO GALEGO
Nas nosas tendas podes atopar os queixos de catro denominacións de orixe que protexen catro tipos de queixo ben diferentes: Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla e San Simón da Costa. Elabóranse en máis dunha quincena de queixerías.
Ensalada morna
• 12 pementos de Padrón
• 100 g de cebola morada
• 120 g de tomates cherry
• 300 g de pemento vermello morrón
• 80 g de queixo de cabra
• 45 ml de AOVE
• 15 g de vinagre de viño galego
• Sal
Limpar os pementos e tomates cherry e colocalos nunha bandexa de forno. Salpementar ao gusto.
Enfornar a 180 ºC durante 15-20 minutos.
Pelar os pementos vermellos e cortalos en tiras. Reservar.
Cortar a cebola morada á xuliana.
Engadir o queixo.
Emulsionar o AOVE co vinagre e o sal.
Colocar as verduras nun prato. Aliñar.
de pementos de Padrón
1,63€
POR RACIÓN
Tips s ud bles
Proba a combinar esta ensalada con legumes, acelgas, espinacas... Deste xeito, aumentarás a absorción do ferro dispoñible grazas á vitamina C que achegan os pementos.
Apta para dietas lacteovexetarianas.
#alimentaloquepiensas
Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.
ALBERTO JIMÉNEZ
COFUNDADOR DE SMILEAT
Unha alimentación saudable fai que o neno se desenvolva forte e san. Baixo esta premisa, no 2015 nace Smileat da man de dous mozos emprendedores, Alberto Jiménez e mais o seu socio Javi Quintana. A primeira empresa ‘B Corp’’ en alimentación infantil ecolóxica de España. Unha alternativa 100% ecolóxica, sen engadidos nin aditivos e elaborada priorizando froitas e verduras de tempada.
Por que os vosos produtos de alimentación infantil transforman o futuro da alimentación?
Amais de seren ecolóxicos, estamos convencidos de que os máis pequenos non teñen que tomar azucre. Teñen que se afacer aos sabores naturais, sen aromas nin espesantes.
Como destes á luz os vosos tarriños ecolóxicos?
Nace dunha necesidade real. Na miña familia comezou a haber casos de enfermidades. Empecei a ler, a informarme e a comprender que a alimentación é clave para
Descubre toda a entrevista completa aquí que non pase iso no futuro. Ao nacer o meu primeiro sobriño, un día púxenme a ler os ingredientes que levaba un dos seus tarriños de comida. Daquela díxenme: non se poderá facer o mesmo, tal e como o fan un pai ou unha nai na casa? Por que alimentar os teus fillos con Smile pode sacarlles un sorriso? O neno ten que tomar un snack que teña millo e aceite de oliva virxe extra. Máis nada, nin saborizantes, nin aromas, nin sal. Cando chegan os aniversarios comeza o drama das larpeiradas, do azucre engadido. No noso caso, case non contan con azucre, o único é os tres gramos da propia fariña e as nosas larpeiradas son só froita enfornada. Como de importante é levar unha alimentación sa na idade infantil? É importantísimo. Cada familia ten unha circunstancia distinta, que non se pode xulgar, pero hai que evitar que cada día sexa unha bomba de azucre continua. Por iso, dámoslle unha alternativa ao mercado evitando azucres, para que non teñas por que dar a volta para ver os ingredientes nunha táboa nutricional. Ademais, as familias comezan polos bebés a comprar ecolóxico e produtos máis saudables e logo, despois, extrapólano á cesta da compra. Estamos a poñer o noso gran de area.
Comeza o teu día coa suavidade e frescura da bebida vexetal de avea 0% azucres de Ecocesta. Perfecta para acompañar o teu almorzo ou para a tomares soa, esta bebida vexetal é lixeira e está chea de sabor.
Os flocos finos de avea integral sen glute de Ecocesta son ideais para un almorzo nutritivo e saboroso. Coa súa textura crocante e o seu sabor natural, son perfectos para engadir a iogures, batidos ou simplemente para tomalos con leite ou cunha bebida vexetal. Aproveita os beneficios da avea integral na súa modalidade más versátil e saudable, sen te preocupares polo glute
Comeza o teu día do xeito máis delicioso coas cremas de cacahuete Whole Earth! Cheas de proteínas, fibra e sen azucre engadido, son a opción máis saudable para as túas mañás. Feito con 100% cacahuetes, o serve fácil sorprende polo seu sabor único e pola súa textura suave, perfecto para lles dar un toque diferente e saudable aos teus pratos.
XADISPOÑIBLES
Descubre o pracer crocante coas tortas de Ecocesta! Feitas con ingredientes 100% ecolóxicos, son perfectas para calquera momento do día. Dálle un toque ecofriendly á túa despensa.
Goza dun snack saudable con Ecocesta! Elaborados con ingredientes de calidade, son a opción ideal para satisfacer os teus antollos de xeito saboroso.
En Cupper cren que cada cunca de té conta. Cada sorbo que tomas permítelle á marca seguir a contribuír coa sociedade e o medio natural. Natural, xusto e delicioso non é o seu lema, é a súa filosofía de vida.
Mergúllate na calma e no benestar que che brinda cada cunca, perfecta para calquera momento do día
o último
ENSALADA RUSA EROSKI
Lista para a consumires onde e cando queiras!
Como prato único, para acompañar carnes e peixes, para lle engadir a unha ensalada ou a sándwichs ou montadiños. As novas ensaladas rusas EROSKI converteranse nun imprescindible na túa neveira, que che permitirán preparar un delicioso menú, facer unha cea rápida e nutritiva ou levar a unha festa ou pícnic para compartir.
A nova ensalada rusa chega en formato de 450 gramos, coa receita tradicional que tanto nos gusta, con pataca, cenoria, chícharos, ovo, atún, maionesa e olivas. Goza do seu sabor e aforra, porque é un dos nosos centos de produtos sinalizados como “Sempre a bo prezo”. En formato máis pequeno atoparás a ensalada de cangrexo, que incorpora surimi, piña e cangrexo.
O SAN COMEZAAQUÍ
Sempre bos prezos S Sep prezzos fala Weetabix para
As proteínas contribúen a un aumento da masa muscular. Asegúrese de consumir o produto como parte dunha dieta equilibrada e variada.
URZANTE obtén dúas medallas de ouro no concurso internacional London IOOC co AOVE D. Arróniz
AOVE D. Arróniz de ‘Los Sibaritas del Trujal’ foi premiado con dúas medallas de ouro nas categorías de Quality e Packaging no concurso London IOOC.
Urzante leva máis de 50 anos cultivando as olivas nos seus propios terreos navarros, e móeas e envásaas nas súas instalacións de Tudela.
Arróniz, variedade navarra, destaca polo seu picante medio, aromático afroitado e equilibrado.
A gama ‘Los Sibaritas del Trujal’ foi premiada anteriormente nos concursos de Ámsterdam IOOC e en Los Ángeles International.
Descubre máis en www.trujaldetudela.com
fala Cooper Vision para fala Urzante para
NOVAS LENTES DE CONTACTO DIARIAS MiSight® 1 day
A Actúúa c ceeddo o e frreea a miiooppíía doos s teuus fillloos*! !
Confía nos expertos de EROSKI para realizar a revisión visual dos teus fillos!
Acompaña os teus fillos cunha solución para mellorar a súa visión. Aínda estades a tempo para controlar a progresión da súa miopía coas lentes de contacto desbotables diarias MiSight® 1 day: unha opción segura e cómoda para lograr unha visión nítida.
Pide unha cita na túa óptica EROSKI!
MiSight® 1 day reduce o aumento da miopía ao 50% de media* e axuda os teus fillos a comezaren o curso con todo o seu potencial.
*Chamberlain et al Long-term effect of Dual-focus Contact Lenses
Este produto cumpre a normativa Máis información en: www.CooperVision.es/misight
solidariedade
COLABORA
PARA QUE NINGÚN VELLO
SUFRA SOIDADE NON DESEXADA
A Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala a soidade como unha das principais causas de deterioración da saúde nas persoas maiores. A través do programa de Céntimos Solidarios, en EROSKI colaboramos con distintas asociacións para que poidan axudar as persoas maiores vulnerables con iniciativas que promovan unha vida independente no fogar.
ASOCIACIÓN MALLORCA SENSE FAM
Os nosos Céntimos Solidarios irán destinados, nas Illas Baleares, ao programa ‘Axuda Solidaria en Alimentos a domicilio’, que se desenvolve grazas a un equipo de voluntarios que fai entrega de alimentos e de artigos de hixiene persoal e de limpeza do fogar.
FUNDACIÓN AMIGOS DOS MAIORES
Coa túa axuda, e a través do proxecto ‘Acompañamento emocional a persoas maiores que sofren soidade’, axudaremos a paliar a soidade non desexada e o illamento social das persoas maiores mediante o acompañamento por parte de voluntarios.
FUNDACIÓN LARES - ACOLLE
En Galicia, coa nosa campaña contribuiremos a reforzar o Club de lectura fácil, que non só fomenta a lectura senón a socialización e está adaptado a necesidades específicas. Esta actividade ten en conta as posibles limitacións cognitivas, visuais ou de atención que poidan ter as persoas maiores.
CRUZ VERMELLA
Coas doazóns que recibe esta ONG a través dos nosos Céntimos Solidarios, cooperaremos para promover un avellentamento activo e para combater a soidade no marco do proxecto ‘Persoas en proceso de avellentamento’.
Grazas pola vosa solidariedade!
Pechamos o primeiro semestre do 2023 cun balance moi solidario. Grazas ás vosas achegas e ás do Grupo EROSKI canalizamos máis de 8,5 millóns de euros a proxectos solidarios.
Doazóns de Céntimos Solidarios ao paso por caixa
4,3 MILLÓNS DE DOAZÓNS
638.057 € RECADADOS
Doazóns de alimentos a través das recollidas e do programa Desperdicio Cero
6,5 MILLÓNS DE COMIDAS PARA ALIMENTAR A
1.800 FAMILIAS AO ANO
Tarxeta de compra para fins sociais
7 MILLÓNS DE COMIDAS PARA ALIMENTAR A 12.470 BENEFICIARIOS DE 146 ENTIDADES
COIDA A TÚA PEL E CABELO tras as vacacións
Presentámosche os esenciais para coidares pel e cabelo tras o verán e recuperar a súa beleza. Son produtos que reducen os residuos xerados, a través de envases con material reciclado ou con fórmulas de cosmética natural certificada, e que seguen a che ofrecer os mellores resultados. Comeza cun ritual de posta a punto.
1. RECUPERA A TÚA PEL
MÁSCARA FACIAL REPARADORA belle NATURAL
Axuda a rexenerar, nutrir e protexer a pel. Con aloe vera, aceites de arroz e albaricoque e extracto de macela.
MÁSCARA FACIAL PURIFICANTE belle NATURAL
Absorbe o exceso de sebo, minimiza brillos e purifica poros.
Con arxila caolín, aceite de xoxoba e extractos de chispa asiática e limón.
ACEITE LIMPADOR FACIAL belle
Elimina impurezas e maquillaxe (incluído waterproof) sen sensación graxa, grazas á súa textura oil-to-milk Fórmula cun 87% de ingredientes de orixe natural.
SERUM FACIAL VITAMINA C belle NATURAL
O aliado perfecto para protexer a pel dos radicais libres e favorecer a luminosidade, elasticidade e firmeza da pel.
CREMA HIDRATANTE FACIAL belle NATURAL
Ideal para a pel deshidratada tras o verán. Contén ácido hialurónico, manteiga de karité e extracto de chispa asiática.
Envases con máis dun 40% de material reciclado e estoxos 100% procedentes de fontes responsables, con certificado FSC.
XEL DE DUCHA
DERMONUTRITIVO belle
Con activos hidratantes, como proteína de leite, e pH neutro.
Dermatoloxicamente testado.
Botella reenchible de plástico 100% reciclable e cun 25% de material reciclado.
2. LIMPA E NUTRE / PÁSATE AO SÓLIDO CO CABELO
3. BÁSICOS PARA UN CABELO SUAVE
XABÓN DE MANS KARITÉ belle
Con manteiga de karité, nutre e coida a túa pel deixándoa suave e sedosa. O pack de recarga permite diminuír un 72% a produción de plástico en comparación coa botella estándar.
a a
AROMAS INSPIRADOS POLA NATUREZA
E MENTA belle
FRESCA E AROMÁTICA LUMINOSA E
XAMPÚS DE LARANXA E PAPAIA E DE ALOE VERA
PAAPAIA E
Limpan e hidratan o teu cabelo en profundidade, dun xeito máis saudable e respectuoso. O primeiro está indicado para todo tipo de cabelo, e o segundo, para pelo graxo.
CEPILLO PNEUMÁTICO
E PEITE
DESENREDANTE BELLE
Fabricados con material a base de fibras naturais.
Con pugas redondeadas, peitean con suavidade.
Envase de cartón kraft, unha opción 100% reciclable.
Descubre Propositum de belle: dúas fragrancias unisex máis sostibles.
O envase
Alcohol 100% vexetal. Ten un mínimo de 85% de ingredientes de orixe natural.
*Cosméticos clinicamente testados. A esencia Perfume ecodeseñado Green MotionTM by Mane.
Estoxo, etiquetas e tapón a base de materiais sostibles, con certificación de orixe responsable (FSC® ou PEFC®). Elementos separables para o seu mellor reciclado.
SE ES DE EROSKI CLUB
A mellor colección, a un prezo exclusivo
EROSKI club lévate a través do mundo da maxia con Harry Potter. Leva a colección dende só 299 puntos Travel Club ou a un prezo especial. Achégate á túa tenda e descúbrea!
3 chaveiros
699 puntos ou 4,99 €/ud
7 figuras en miniatura 699 puntos ou 5,99 €/ud
2 cadernos 699 puntos ou 4,99 €/ud
2 coxíns 999 puntos ou 9,99 €/ud
4 bolígrafos
299 puntos ou 1,99 €/ud
5 tazas 699 puntos ou 4,99 €/ud
5 puzles 999 puntos ou 9,99 €/ud
Puzles 3D 999 puntos ou 9,99 €/ud
viaxes
MARROCOS A maxia dun país fascinante
Tan preto, tan diverso e tan máxico. Marrocos ofrece unha experiencia de viaxe única para todos. Historia, aventura, glamour, cor, alpinismo, surf, gastronomía, misterio... Emocións que quedarán para sempre a canda ti ao percorreres as dunas do Sahara, as montañas do Atlas, as buliciosas medinas, as tranquilas praias do Atlántico e do Mediterráneo e ao te deixares levar pola hospitalidade marroquí. Vive esta experiencia única e acumula aforro na túa tarxeta EROSKI club! Vés?
Marrakech
Intérnate na ‘Cidade Vermella’ e percorre a súa medina, chea de zocos, pazos ou mesquitas, a praza Yamaa el Fna e os xardíns Majorelle.
Fez
Non deixes de visitar a medina máis grande do mundo, Patrimonio da Humanidade pola Unesco, ou a Universidade de Al Quaraouiyine.
Casablanca
Aínda que é máis coñecida como o centro económico de Marrocos, alberga a impresionante Mesquita Hassan II, unha das meirandes do mundo.
Rabat
A capital de Marrocos combina a modernidade coa historia en lugares como a Torre Hassan, o Mausoleo de Mohamed V e a Kasbah de los Oudayas.
Deserto do Sahara
Unha visita ao Sahara é imprescindible. Pasea a camelo ou bota unha noite baixo as estrelas nas dunas de Erg Chebbi, preto de Merzouga.
Gorxa do Todra
Este impresionante canón, nas montañas do Alto Atlas, é un paraíso para os escaladores e un lugar marabilloso para explorares a pé.
Montañas do Atlas O Monte Tubqal, o cume máis alto do norte de África, é todo un desafío para os excursionistas. Poderás practicar sendeirismo ou esquí mentres paseas polas tradicionais aldeas bérberes.
Costa Atlántica e Mediterránea
Cidades como Esauira e Asilah ofrecen fermosas praias, deportes acuáticos e unha atmosfera relaxada.
Reembolso mbolso
á túa tarxeta EROSKI club 5 %
5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 30 de setembro 2024 nas viaxes seleccionadas.
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible
FACEMOS EROSKI
A
campaña ‘Infoodencers’ gaña dous premios á creatividade publicitaria
Ainiciativa ‘Infoodencers’ de EROSKI, que cada mes che amosamos na revista, vén de recibir no marco de Publifestival, o Festival Internacional de referencia na publicidade e comunicación social, o ouro nas categorías de ‘Mellor uso da mensaxe en serie publicitaria social’ e ‘Mellor eficacia en branded content’.
Ainhoa Oyarbide, directora de Marca e Comunicación de EROSKI, recollía os galardóns e destacaba que en EROSKI “cremos no gran poder transformador da alimentación, non só na nosa saúde, senón tamén polo impacto que xera no
XUNTOS NA
SEMANA CONTRA O DESPERDICIO
ALIMENTARIO DE AECOC
contorno máis próximo, e, xa que logo, no mundo”.
O programa lanzouse hai menos dun ano xunto coa axencia creativa Shernan Creative Collective. “Queriamos buscar ás e aos verdadeiros influencers. A esta xente nova chamámola infoodencers, porque dedican os seus esforzos, as súas ideas e a súa paixón a desenvolver modelos de alimentación que teñen un impacto positivo na sociedade”, sinalaba Oyarbide no seu discurso de agradecemento. Así, mes a mes, démoslles voz a mariñeiras, biólogas, cociñeiros... Novos talentos que queren transformar o mundo a través da alimentación.
Riqueza local
O PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO a provedores locais chega a Navarra
As novas normativas en materia ambiental e social, os papelames para as certificacións e estar á última para ofrecer o mellor produto pódense tornar nunha carreira de obstáculos para os pequenos produtores locais. Para axudalos, hai anos puxemos en marcha, no País Vasco e en Galicia, un programa de acompañamento aos provedores locais. Tras o seu éxito, agora súmase Navarra.
A iniciativa, coordinada nesta comunidade polo Clúster Agroalimentario de Navarra (NAGRIFOOD), inicia a súa primeira fase de diagnóstico con máis de 120 produtores locais navarros.
Un ano máis, en EROSKI sumámonos á Semana contra o Desperdicio Alimentario de AECOC para sensibilizar sobre a importancia de aproveitarmos os alimentos e reducirmos os máis de 7 millóns de toneladas de comida que se producen ao ano. Permanece atento ás nosas comunicacións.