EROSKI_OCTUBRE_2024_GALLEGO

Page 1


PATACA

Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club

Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.

Este outono, mergúllate no reino vexetal e quedarás abraiado coa versatilidade da pataca. Receitas, novidades e produtos sempre a bos prezos

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

sumario

04 Neste número

06 O máis top do mes

07 ...E en redes

08 Pataca: variedade, receitas e trucos para tirar o máximo partido do vexetal máis versátil

14 Redescubre os tubérculos e inclúeos no teu receitario

18 Peras e mazás: sempre no teu froiteiro

22 Queixos e viños da nosa terra

30 Ideas saudables para celebrar o Samaín

32 Infoodencers: @datesandavocados

34 O último nas nosas tendas

38 Beleza: tendencias para vestir as túas unllas no outono

40 As vantaxes de EROSKI club

42 Ser solidario

44 Viaxes: Gran Canaria

47 Vales aforro

50 Novas

EUN OUTONO DE HORTA

ste mes convidámoste a saboreares connosco o outono, un sabor que evoca a terra e a tradición. E de haber un trono nese reino, está presidido sen dúbida ningunha pola pataca. Neste número coñecerás curiosidades e receitas que fan grande este tubérculo que, aínda que humilde e sempre a bos prezos, dá realzado calquera prato. E é agora cando está no seu mellor momento.

A horta tamén nos regala este mes de outubro dúas das froitas máis consumidas durante todo o ano, que están agora en plena colleita. Peras e mazás vístense de gala e lémbrannos que a súa frescura e tenrura son o verdadeiro luxo da tempada. Amosarémosche a súa gran variedade, a súa versatilidade na cociña, o seu sempre bo prezo e a posibilidade de

atopar as mellores pezas grazas á nosa marca EROSKI Natur.

Neste número tamén falaremos de dous dos produtos que mellor definen cada territorio: o queixo e o viño. Son parte dos preto de 24.000 alimentos de produtores locais que poderás atopar en EROSKI e que manteñen o celme e a autenticidade do teu contorno.

Ademais, poderás continuar a xogar ao Resga e Gana das marcas para acadares descontos, cupóns, carros completos e ata un coche. Valo perder?

Tampouco perdas as nosas novidades, os produtos máis top en beleza, os vales desconto ou a oportunidade de coñecer o proxecto ao que van dirixidos os nosos Céntimos solidarios, que este mes de outubro ten como causa loitar contra o cancro.

DA REVISTA NO SEU FORMATO DIXITAL

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n.

48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa Oyarbide

Redactora xefe: Manuela Díaz

Foto de portada: @virginiamartin_photo

REALIZACIÓN E EDICIÓN

Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid

Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

Máis de 2.000 produtos,

SEMPRE A BO PREZO

Máis da metade son de marca EROSKI

Máis de 300 frescos, con gran variedade de froitas, hortalizas, pans, carnes e peixes

Máis de 400 produtos para o teu coidado persoal ou o do teu fogar

Sempre bos prezos Sbos Sep prezos

AM R ETERNO

AOS BOS PREZOS

O máis TOP deste MES

A MELLOR CERVEXA

Sempre bos prezos S Sep prezos os

POR MENOS DE 2 EUROS

Descubre os máis de 1.000 produtos a 2 euros ou menos. Por exemplo, a crema de verdura EROSKI, perfecta para o outono.

¡FRESQUÍSIMOS!

Sempre prezos S Sep prezos os

En EROSKI contamos con máis de 2.000 produtos sempre a bo prezo, como a cervexa Aurum, elixida un ano máis como a mellor cervexa que se vende nos supermercados polo seu bo sabor e a mellor calidade-prezo. BAIXADA de prezos 4 5 2 prezos S Sep prezos os

Seguimos con cifras porque máis de 300 produtos frescos están sempre a bo prezo, entre eles, 167 froitas e hortalizas, 62 produtos de peixería, 68 produtos de carnicería, 11 referencias de pan ou ovos. Preparamos uns deliciosos filetes de peituga polo EROSKI Natur con verduriñas para cear?

Con marca propia

Máis da metade dos produtos sempre a bo prezo son de marca EROSKI de alimentación, coidado persoal e fogar, como o deterxente líquido Marsella EROSKI, un dos máis vendidos nas nosas tendas.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

ESTE 2024 BAIXÁMOSLLES O PREZO A MÁIS DE 5.700 PRODUTOS E SUPUXO UN AFORRO NOS NOSOS CLIENTES DE MÁIS DE 33 MILLÓNS DE EUROS.

...E EN REDES

Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais

A receita do mes de EROSKI club

Hamburguesa vegana

CARRI RESPONDE

Carri non ten papas na boca e respóndelles dende o seu perfil @eroski.oficial aos influencers que falan del.

Jaione Mariezcurrena Lopez (@marijatun_rz) deixounos abraiados con esta deliciosa receita de hamburguesa vegana elaborada co mellor da nosa horta: remolacha, noces, fabas, millo doce, allo e tomate. Se queres ser como Jaione e levar unha tarxeta regalo de 100 euros, comparte a foto da túa receita máis saudable elaborada con produtos EROSKI mencionándonos, e inclúe o hashtag #AlimentaLoQuePiensas.

HUCHI NO ‘TOP VIEWS’

WOOOOOW!

HUCHI SEGUE A MEDRAR E A NAMORAR OS FOLLOWERS. A SÚA VOLTA AO COLE ESTÁ ENTRE AS MÁIS VISTAS DO MES PASADO NAS NOSAS REDES.

Se @Rauloterocc fose caixeiro dende logo que nos tería informados de todo e saberiamos do boom que Carri está a ter en redes.

@okgirl999 namorou a Carri coa súa ensalada carrimpeira. Tenche moi boa pinta, pero a Carri o que máis lle gustou foi o nome.

Por aí non, @Paulademi04! A Carri non o vas atopar nun súper EROSKI, senón no TikTok de EROSKI, que é “pura fantasía”.

Última chamada AO VOO DESTINO ROMA

O concurso do ‘Amor Eterno de EROSKI’ chega á súa fin. Tes de prazo ata o 31 de outubro para te declarares a unha persoa, mascota ou produto pola que sintas un amor insuperable. Faino con orixinalidade, porque está en xogo unha viaxe a Roma. Valo perder? Síguenos en Instagram e envíanos un vídeo por MD coa declaración de amor gravada nunha tenda EROSKI. O amor está no aire!

Di PATACA

A RAÍÑA DA HORTA ESTÁ NO SEU MELLOR MOMENTO

Na tortilla, asada, rechea, en puré, en guisos ou ñoquis... Probablemente, non hai outro alimento máis versátil, resolutivo, económico e coñecido nas cociñas de todo o mundo ca a pataca. E aínda que está dispoñible todo o ano, coa chegada do outono este humilde tubérculo tórnase o rei da horta. O seu aspecto modesto e sen pretensións agacha unha textura suave, reconfortante e unha capacidade milagreira de absorber, realzar os sabores e transformar ingredientes en deliciosos pratos. Está de tempada, no seu mellor momento e en EROSKI, ademais, sempre a bos prezos.

EXÓTICA

A pataca éche un produto moi de aquí, pero ti sabías que non chegou a Europa ata o século XV procedente de América? Daquela coidábase que era indixesta e destinouse a alimento para o gando. A súa chegada ao receitario, tres séculos despois, debémoslla a Antoine Augustin Parmentier. Este agrónomo e farmacéutico francés viu os seus usos culinarios, a súa facilidade para o cultivo e o seu alto rendemento na horta e emprendeu unha campaña para fomentar o seu uso. Cultivou patacas nas hortas do pazo de Luís XVI, que se deixaban sen vixilancia, alentando o roubo nocturno. A esta xenial idea sumouse a difusión informativa do seu cultivo e cociñado e o baixo prezo co que chegou aos mercados.

ECONÓMICA

Con dúas patacas, que supoñen menos de cinco céntimos por unidade, podes elaborar unha chea de pratos saudables que che proporcionarán enerxía. Este tubérculo é fonte de carbohidratos, fibra, vitaminas e de minerais como o potasio e o magnesio.

Variedade sempre a bo prezo

En EROSKI tes máis de 2.000 produtos sempre a bo prezo, dos que máis de 300 son frescos, como a pataca común ou a versión baby, lista para quentar no microondas.

VERSÁTIL

Aproveita as patacas cocidas para preparares ensaladas. Elabora unha refrescante ensalada rusa ou colócaas como base sobre a que engadir leituga, bonito, tomate... Hai unha chea de posibilidades!

Usa os restos de patacas cociñadas para engordar un caldo.

Prepara un gofre saudable e delicioso.

Fai decontado un puré cremoso. Toma nota: para 200 g de pataca, quenta nun cazo 50 ml de leite, 25 g de manteiga, un vaso de auga e unha manchea de queixo relado. Engade a pataca machucada, salpementa e remexe ata integrares todo.

Aproveita ata a tona.

A tona da pataca contén boa parte do contido nutricional do tubérculo. Non a guindes. Límpaa moi ben antes de asala, fervela ou fritila. Proporcionaralle unha textura crocante e sabor a campo ás túas preparacións.

Usa a tona das patacas para facer chips, enfornadas cun chisco de aceite de oliva, sal e especias.

ASADA

45-60 minutos

Pataca mediana enteira.

Fainos ti mesmo

POR TEMPOS

COCIDA 10-25 minutos

Pataca mediana enteira.

AO VAPOR 15-20 minutos

Pataca partida en anacos.

Este selo indica que a pataca conta coa certificación GlobalG.A.P., que avala unha agricultura sostible e respectuosa co medio ambiente. Estas patacas foron seleccionadas no seu mellor momento e clasificadas segundo as súas características.

Altas en amidón, crocantes por fóra, suaves por dentro. Ideais para frituras.

Baixas en amidón, manteñen a súa forma e absorben sabores. Perfectas para coccións longas e pratos caldosos.

Tips s ud bles

Así que as cociñas, se as deixas arrefriar, actúan como prebiótico. Non as conxeles, xa que manteñen a súa calidade nutricional, pero non a súa textura.

Gárdaas nun lugar fresco, escuro e ben ventilado e lonxe das cebolas, que aceleran a súa deterioración. Elixe patacas firmes, sen brotes nin manchas verdes.

É TEMPO DE GOZAR DO NOSO

Éoutubro e atopámonos en plena campaña da pataca de Araba. Este territorio é moi propicio para a produción deste tubérculo por mor da súa altitude, das características do solo e da humidade ambiental. Isto e mais o feito de que é un cultivo moi arraigado, fixo que hoxe en día a pataca arabesa sexa recoñecida como un produto de altísima calidade.

A cooperativa Udapa, situada en Vitoria-Gasteiz, é a principal produtora e envasadora da pataca de Araba cos selos Eusko Label e Euskal Baserri, moi útiles para elixir a mellor pataca ao facermos a compra.

O primeiro identifica e garante a orixe e a calidade das patacas producidas e envasadas no territorio e o segundo certifica que o produto provén do País Vasco.

A pataca arabesa é un produto

A pataca Princesa Amandine, tamén cultivada baixo os estándares de GlobalG.A.P., é unha variedade prémium que se distingue pola súa forma alongada e pel dourada. É unha pataca versátil, apreciada pola súa textura suave, a súa cremosidade e o seu bo sabor a manteiga fresca e é ideal para asar ou preparar en ensaladas,

de tempada, polo que só estará nas nosas tendas dende setembro ata marzo ou abril. Despois, Udapa seguirá a envasar patacas doutras orixes e da mesma calidade.

Udapa sempre ten moi presente o coidado do produto e do contorno e así o certifica o selo GGN (GlobalG.A.P.), un selo que garante que as patacas cumpren cos máis altos estándares de seguridade alimentaria e boas prácticas agrícolas. O cultivo e a colleita realízanse con métodos tradicionais e a súa selección lévase a cabo respectando o medio natural.

Por todo isto, Udapa leva máis de tres décadas sendo provedor da marca EROSKI.

purés ou gornicións. Cultivada tamén en terras arabesas, comparte coas patacas de Udapa o coidado na súa produción e selección, o que garante un sabor refinado que a torna unha das opcións máis valoradas polos amantes da cociña gourmet. É a única marca que ofrece a mesma variedade todo o ano, o que garante a mesma calidade e sabor.

Patacas asadas recheas de cogomelos, mazá e lombarda

• 4 patacas medianas

• ½ lombarda pequena

• 30 ml de AOVE

• 15 ml de vinagre

• Sal e pementa negra

• 250 g de cogomelos

• 1 mazá reineta pequena

• 120 g de dados de peituga de polo ou pavo

• 6 noces picadas

• 1 cullerada de AOVE

• ½ ceboliña

• 2 cdas. de queixo cottage

• Perexil picado moi fino

Lavar ben e secar as patacas. Mentres están húmidas, salpementar e pintar con AOVE.

Asar as patacas enteiras no forno prequentado a

200 ºC, con calor por riba e por baixo, uns 50 minutos, ou ata que ao introducires a punta dun coitelo non ofrezan resistencia.

Cortar a lombarda en tiras e mariñala con aceite, vinagre, sal e pementa

durante unha hora. Engadir as noces picadas e reservar.

Nunha tixola, cunha cullerada de AOVE, rustrir a ceboliña, engadir os cogomelos, salpementar e dourar. Retirar e reservar.

Na mesma tixola saltear a mazá cortada en cuñas ou dados ata que se doure e amoleza, salpementar e reservar. Engadir os dados de peituga de polo ou pavo, dourar e salpementar. Agregar os cogomelos e a mazá e deixar uns minutos máis. Sacar as patacas do forno e deixar repousar 10 minutos. Abrilas pola metade, sen chegalas a separar en dúas. Engadir unha cullerada de recheo, unha culleriña de queixo cottage e unha cullerada de lombarda con noces, e esparexer perexil e mais as noces sobrantes.

Tips s ud bles

Non quites a tona. Limpa as patacas ben cun cepillo. Podes engadir granada, que tamén está de tempada. Combinar pataca con vexetais aumenta o contido de fibra, que retarda a absorción dos hidratos de carbono da pataca e, ademais, ten outros moitos beneficios.

A ensalada de lombarda achega vitamina C e mais antocianinas, que lle dan esa cor morada ao vexetal e que teñen acción antioxidante.

#alimentaloquepiensas

POR RACIÓN

Patacas saudables 2 salsas

• 2 patacas para fritir

• AOVE

• Sal e pementa

Para a gremolata:

• 2 culleradas de perexil picado ben fino

• 1 dente de allo relado

• Reladura de 1 limón

2,99€

POR RACIÓN

• AOVE

• Sal e pementa

Para a salsa de iogur:

• 375 ml de iogur 0%

• Herbas aromáticas

• 1/4 de culleriña de pemento doce

• Sal e pementa

• AOVE

Cortar as patacas en cuñas coa súa pel, introducir no microondas e cocer. Pasar por unha prancha cun chorriño de AOVE e salpementar. Para elaborar as salsas mesturar os ingredientes e servir nunha cunca pequena.

0,90€ POR RACIÓN

Patacas enmascaradas

450’

• 4 patacas (700-800 g)

• 200 g de botifarra negra ou morcilla

• 4 lascas de beicon

• 2 dentes de allo

• 100 g de cogomelos

• 1 cullerada de AOVE

• Sal

• Pementa

• Perexil

Cocer as patacas con pel ata que estean tenras. Deixar amornar, pelar e cortar en anacos grandes. Cociñar as lascas de beicon no microondas entre dous papeis de forno ata que estean crocantes. Reservar.

Quitarlle a pel á morcilla ou botifarra negra e picar os cogomelos en anacos pequenos. Nunha tixola, dourar o allo co aceite de oliva, engadir os cogomelos e saltear. Agregar a morcilla esmiuzada, as patacas en cachos e sofritir ata rompelas mesturando ben todos os ingredientes. Probar e corrixir se é preciso o sal e a pementa. Esparexer perexil picado por riba. Empratar cun aro e decorar co beicon e algúns anacos de cogomelos.

Patacas Hasselback con salsa de iogur

41h 30’

• 4 patacas medianas

• 4 culleradas de AOVE

• 4 dentes de allo

• 1 manchea de alfábega fresca e outra de perexil fresco

• 1 culleriña de ourego

• Un chisco de caiena moída

• Sal e pementa acabada de moer

• 2 cdas. de zume de limón

Salsa de iogur:

• 1 iogur natural

• ½ cogombro

• 1 dente de allo

• Sal e pementa

• 1 culleriña de AOVE

• Folliñas de caiena

Lavar e cortar as patacas en láminas finas ao ancho, sen chegar ata o final. Nun procesador de alimentos, triturar os allos, as herbas, o sal, a pementa e a caiena ata obter unha pasta. Engadir o AOVE e mesturar ben.

Cubrir as patacas coa salsa. Enfornar ata que estean douradas no forno prequentado a 200 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 30-35 minutos.

Servir acompañadas da salsa de iogur.

Faina veggie: Substitúe o iogur por un vexetal.

0,93€

POR RACIÓN

0,53€

POR RACIÓN

Patacas á rioxana

430’ a 1h

• 1 kg de patacas

• 200 g de chourizo rioxano

• 3 dentes de allo

• 1 cebola

• 3 g de pemento

• 2 follas de loureiro

• 25 ml de AOVE

• Sal

• 1 l de auga

Laminar os allos, cortar a cebola en brunoise e o chourizo en rodas. Pelar, lavar e cascar as patacas. Nunha pota con AOVE, sofritir os allos e rustrir a cebola cun chisco de sal.

Así que a cebola estea transparente, engadir o chourizo e refogar a lume suave. Agregar tamén as patacas e refogar uns dous minutos.

Engadir o pemento e o loureiro, cubrir con auga as patacas e subir o lume ata que rompa a ferver. Botar o sal e cocer a lume suave durante 30 minutos.

Deixar repousar uns 10 minutos, desengraxar, esmagar algunha pataca para engordar o caldo, rectificar de sal e servir quente.

Se o queres máis lixeiro, coce á parte o chourizo en auga e férveo uns 10 minutos. #alimentaloquepiensas Tips s ud bles

Volta á

RAIZ

Os tubérculos son apreciados dende sempre na gastronomía. Libres de graxa e colesterol, ricos en antioxidantes e minerais e, en moitos casos, excelente fonte de fibra, aproveitalos ao máximo axúdache a reducir o desperdicio de alimentos e permitirache gozar do seu valor nutricional e versatilidade na cociña.

COMPRA E ALMACENAMENTO

• Elixe tubérculos firmes, sen manchas nin partes brandas.

• Gárdaos nun lugar fresco, escuro e ben ventilado. As patacas e os boniatos, fóra do frigorífico.

PRESERVACIÓN

• Deshidratación: proba a facer chips saudables de cenorias, batatas e remolachas.

• Fermentación e envinagrado: o kimchi de ravo ou as conservas de cenoria en vinagre son opcións deliciosas.

• Conxelación: corta en rodas e conxela o boniato para que non se che estrague na neveira.

APROVEITAR OS REFUGALLOS

• Caldo: usa os recortes e as tonas para faceres un caldo de vexetais caseiro.

• Quiches ou pancakes: prepara incribles receitas vexetais cos sobrantes de verduras e tubérculos, engadindo un pouco de queixo e especias.

RECEITAS CREATIVAS

• Pans e sobremesas: o pan de cenoria ou o pastel de boniato son deliciosos.

• Prepara ensaladas e pratos fríos ou pratos principais como patacas recheas ou gratín.

• Tonas: lava ben e frega o exterior antes de cociñar.

• As follas e talos de cenoria ou remolacha pódense usar en ensaladas, sopas ou como gornición.

USAR TODAS AS PARTES

Gratín de tubérculos

A B D E C

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para

0,49 €

POR RACIÓN

• 2 patacas

• 1 boniato

• 2 remolachas

4 1h 15’

• 10 g de manteiga

• 2 dentes de allo

• 250 ml de leite desnatado

• 120 ml de leite evaporado

• ½ culleriña de noz moscada

• ½ culleriña de pementa branca

• Sal

• 15 g de queixo gruyere relado

• Tomiño

• Pementa negra

Pelar e cortar en rodas finas a pataca, o boniato e mais a remolacha.

Cubrir o fondo dunha fonte para forno con manteiga fundida. Repartir os allos picados na base. Colocar as rodas de pataca, boniato e remolacha formando filas das diferentes cores.

Mesturar os dous leites e engadir noz moscada, pementa branca e sal. Botar esta mestura sobre os tubérculos. Cubrir con queixo gruyere relado e tapar a fonte cun anaco de papel de aluminio. Enfornar durante 40 minutos e retirar o papel de aluminio. Enfornar 15 minutos máis ou ata que os tubérculos amolezan e o queixo estea gratinado.

Sacar e decorar con tomiño fresco e pementa negra.

Apto para dietas lactovexetarianas.

Busca os ingredientes en EROSKI Máis de 300 produtos frescos sempre a bos prezos

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Unha gran familia de

TUBÉRCULOS

O outono é un dos mellores momentos para gozar destes produtos. Dende as suaves e doces patacas ata o vibrante xenxibre, os tubérculos nútrennos e conéctannos coa terra, convidándonos a gozar da cociña de tempada no seu xeito máis auténtico e reconfortante.

CENORIA

Rica en betacaroteno, que o corpo converte en vitamina A, é esencial para a saúde ocular e para manter a pel sa. Nas nosas tendas atoparás cenorias frescas, en tiras para ensaladas, zumes, cocidas e conxeladas xunto con outras verduras, purés e ata biscoitos, da nosa marca propia e mais doutras.

Atoparalas a granel e en bolsas de 500 g e 1 kg.

Sempre bos prezos S Semp prez e os

PREPÁRAAS

glasadas con mel e tomiño Cociñar as cenorias en auga ata que estean tenras. Glasar con mel, manteiga e tomiño nunha tixola. Sazonar e servir.

BONIATO

Tamén coñecido como batata, é alto en vitamina A, beneficiosa para a visión e o sistema inmunolóxico. Aínda que existen variedades de boniato branco e morado, en EROSKI atoparás o laranxa, de sabor doce e ideal para asar e facer purés.

PROBA A FACER TORRADAS

Cortar o boniato en rodas grosas e torrar. Cubrir con aguacate triturado, ovo poché e salpementar.

XENXIBRE

Usado como medicina natural durante milleiros de anos no sueste asiático, estase a converter nun imprescindible da nosa cociña polo seu sabor e polas súas propiedades antiinflamatorias e dixestivas.

Truco: engádelles unha roda de xenxibre ás túas infusións e sopas preferidas.

De sabor doce e terroso, é rica en fibra, vitamina C e ácido fólico. Enriquece sopas e guisos.

ALLO CHAROUVÍA

Este básico da cociña ten propiedades antibacterianas, antioxidantes e antiinflamatorias.

Sabor forte e picante.

Sempre bos prezos S Sep prezezos

Fermentado, con sabor doce e umami.

Máis suave e menos picante, ideal para consumir cru.

CONFÍTAO TI MESMO

Cociña o allo a lume lento en aceite de oliva con herbas ata que estea suave e dourado. Úsao como untable ou nas túas receitas.

CEBOLA

De sabor suave, tenras, substanciosas e de escaso picor, as cebolas EROSKI Natur seleccionáronse polo seu sabor e frescura e cultiváronse minimizando o impacto ambiental. Úsaa en ensaladas e próbaa tamén ao forno.

REMOLACHA RAVO

41h 30’

Cun toque agre e picante. Son baixos en calorías e ricos en vitamina C, conteñen antioxidantes, que axudan a combater a inflamación e a reducir o risco de enfermidades. Anímate a utilizalos en sopas e guisos. Cociñas como a coreana emprégano moito.

• 200 g de fabas brancas

• 2 patacas

• 2 tomates

• 2 cenorias

• 50 g de apio

• 50 g de cebola

• 2 dentes de allo

• 2 cabaciñas

allos, logo a cenoria, a pataca, o apio e finalmente a cabaciña. Refogar.

Quitar a tona dos tomates (con coitelo ou escaldados), cortar en cuartos e engadir ás verduras.

• 50 g de pasta

• 100 g de chícharos

• 100 g de entreteto

• AOVE

• Sal e pementa

Choramos ao picarmos cebola porque libera un composto sulfúrico que irrita os ollos. Se non queres ceibar nin unha bágoa, métea no frigorífico 15-30 minutos antes de cortala ou proba a nosa cebola cortada EROSKI, lista para botar na tixola.

CARAMELÍZAA!

Cociña as cebolas, partidas en rodas, a lume lento en manteiga con azucre e sal ata que estean douradas. Úsaas en hamburguesas, sándwichs ou ensaladas.

Aproveita as súas follas, son comestibles e ricas en nutrientes. Ten antioxidantes e fibra, mellora o rendemento deportivo e reduce a presión arterial.

Sempre bos prezos S Sep prez ezzos

Próbaa asada en ensalada con eiruga, queixo de cabra, noces e aliñada cunha vinagreta.

Poñer as fabas en remollo a noite anterior. Pelar a cebola, os allos, a cenoria, a cabaciña, as patacas e mais o apio. Cortar todo en dados de 1x1 cm. Nunha pota con aceite de oliva engadir primeiro a cebola e os

Cubrir con auga e incorporar as fabas remolladas e o entreteto así que rompa a ferver. Ao pasaren 10 minutos engadir a pasta e cociñar durante outros 20 minutos. Nos últimos 5 minutos engadir os chícharos. Servir nun prato fondo. De se querer pódese engadir un pouco de queixo parmesano relado por riba.

0,87

De sabor terroso e lixeiramente picante. Pódese comer cru ou cocido, é baixo en calorías e rico en fibra. Perfecto para cremas e sopas.

APIORRAVO

Sempre no teu froiteiro PERAS E MAZÁS

Froita tenra ou crocante? Doce ou ácida? Pera ou mazá? Á marxe do sabor e da textura, estas dúas froitas tan nosas aseméllanse máis do que pensas. Ambas as dúas teñen un baixo contido calorífico e unha alta achega de fibra e vitamina C. Ademais, son dúas das froitas que mellor se conservan, especialmente en condicións frescas e secas, e permiten elaborar interesantes receitas doces e salgadas. Opta por comelas en cru e lembra a recomendación de tomar cinco pezas de froita e verdura ao día.

Nas nosas froiterías atoparás unha gran variedade de peras e mazás, con opcións locais, sempre bos prezos, selos de calidade IXP e DOP e a nosa marca EROSKI Natur.

EROSKI NATUR

Elixir o selo EROSKI Natur é optar por froitas no seu punto óptimo de maduración. Ademais, contan coa etiqueta GGN, que garante que no seu cultivo se empregaron as mellores prácticas agrícolas dispoñibles, sendo responsables ambiental e socialmente.

De gran tamaño e sabor, a orixe das nosas mazás Golden Natur sitúase no corazón dos Alpes italianos.

As peras Natur son da variedade Conferencia. Cultívanse na Rioxa, na contorna única de Rincón de Soto, e son seleccionadas polo seu gran tamaño.

Receita de bloc de pato caramelizado con mazá

Pera

Con propiedades farturentas, antioxidantes e antiinflamatorias, a pera non só é moi hidratante senón que axuda os sistemas inmunolóxico, cardíaco e dixestivo, favorece o crecemento dos ósos e reduce o colesterol, a retención de líquidos, o ácido úrico e o risco de diabete. Unha chea de razóns para a incluíres na cesta da compra.

En EROSKI atoparás peras todo o ano, pero en outubro destacan sobre todo a variedade Conferencia, a pera QTee, de pel bicolor, cultivada nos campos de Lleida, e xa comezan a chegar a Angélys, Blanquilla e a Rocha.

Casa á perfección co viño tinto, co chocolate, coas noces e co queixo azul. Utilízaa en ensaladas, como complemento nunha táboa de queixos, en sobremesas e tortas ou cocidas en salsas.

Receita de peixe sapo con muselina de allo e pera

Mazá

Consumir unha mazá ao día achégalle vitaminas e nutrientes ao teu organismo e favorece o traballo de riles e fígado. Esta froita ten un baixo contido en calorías, axuda na redución do colesterol, é farturenta e conta cun alto nivel de taninos, o que favorece a dixestión.

Variedades como Golden, Reineta, Granny Smith, Fuji, Royal Gala, Vermella, Pink Lady, Kanzi e Cosmic Crisp achéganlle toda a cor e sabor ás froiterías EROSKI. E aínda que o abano oscila entre a docísima Golden EROSKI Natur e a ácida Granny Smith, todas teñen en común a súa textura crocante e a súa versatilidade culinaria.

O sabor da súa polpa reálzase mellor con especias como a canela ou con froitos secos como as améndoas. Amais de sobremesas, ou para engadir a iogures ou porridge, é perfecta para acompañar a carne de porco ou de polo, en ensaladas e en salsas.

Así lle podes tirar todo o zume

Pélaa e conxélaa en anacos para preparares compotas, salsas ou sobremesas.

Aproveita as tonas e carozos para faceres caldos, infusións ou vinagres caseiros.

Prepara marmeladas para gozares destas froitas durante todo o ano.

Boas substitutas en repostería. A pera pode substituír o plátano para engadir humidade e dozura e a mazá, o azucre.

Batidos: combínaas con iogur, espinacas e outros froitos para unha bebida saudable.

#alimentaloquepiensas

Falamos con...

EZTIZEN VERA DÍAZ

FROITEIRA DO SUPERMERCADO 41 DE AMURRIO (ARABA)

Algúns din que son algo clásica, pero se hai dúas froitas polas que toleo, esas son as peras e as mazás. No outono coróanse como as raíñas indiscutibles da horta. Están no seu mellor momento e os labregos locais atópanse en plena colleita, o que supón que non só podemos gozar da súa calidade e do seu sabor auténtico, senón da súa variedade e sempre bos prezos. As cores que durante o verán estiveron marcadas polas froitas de carabuña, agora proporciónanas as mazás e as peras coa súa gran diversidade de sabores e texturas. As mazás, con variedades como a Golden, Fuji e Reineta, ofrecen dende sabores doces e suaves ata os máis ácidos e crocantes. Pola súa banda, as peras, especialmente a Conferencia, destacan pola súa tenrura e dozura, que fan delas un bocado irresistible.

A miña receita favorita CLAFOUTI DE PERA

Clafouti de pera

• 3 peras conferencia

• 50 g de manteiga (algo máis para o molde)

• 3 ovos

• 100 g de azucre branco e 25 g de azucre moreno

• 100 g de fariña

• 200 ml de leite

Prequentar o forno a 150 ºC. Untar con manteiga o molde. Reservar.

Lavar e cortar as peras en láminas. Fundir a manteiga e deixar amornar.

Botar nunha cunca os ovos e mais o azucre e bater. Engadir aos poucos a manteiga e remover sen parar.

Incorporar a fariña e mesturar ata obter unha masa uniforme. Agregar o

leite e remexer. Encher o molde coa masa e coas peras por riba.

Enfornar durante 55 minutos. Servir morno.

Tips s ud bles

Acompáñao de froitos secos.

Faino máis saudable eliminando a manteiga, usando fariña integral e reducindo a cantidade de azucre á metade.

Elimina o azucre usando extracto de vainilla.

#alimentaloquepiensas

0,26€

POR RACIÓN

Queixo e VIÑO

A parella que mellor marida coa nosa terra

Se hai dous produtos que definen as nosas raíces e o sabor da nosa terra, velaí tes o viño e o queixo. Cada rexión achega esa particularidade, saber facer artesanal e matices que os fan únicos. E se por separado son deliciosos, propoñémosche combinacións incribles que potencian e complementan os seus sabores creando unha harmonía rica e complexa no padal.

PAÍS VASCO

IDIAZABAL DO BASKARAN

Intenso e lixeiramente afumado, con notas de froitos secos e un toque salgado.

LATXA URDINA UDABE

Forte aroma e potencia de sabores, cun toque picante e textura cremosa.

IDIAZABAL EROSKI SELEQTIA AFUMADO

Afumado. De perfil máis robusto polo seu sabor lixeiramente torrado e persistente.

TINTO DOC RIOJA CRIANZA EGUREN UGARTE

As súas notas de froitas maduras e toques especiados e torrados combinan coa intensidade do queixo, equilibrando a súa salinidade e achegándolle redondez ao sabor.

TINTO DOC RIOJA CRIANZA SOLAGÜEN

Con notas de froitas maduras, especias e vainilla, que contrarrestan a potencia do queixo azul, suavizan o seu sabor e completan a súa cremosidade con taninos suaves.

BLANCO BIZKAIKO TXAKOLINA ARETXAGA Fresco, lixeiro e cunha acidez pronunciada. Esa frescura contrasta co sabor afumado do Idiazabal, limpando o padal e deixando unha sensación refrescante.

NAVARRA

INURRIETA CUATROCIENTOS

TINTO DO NAVARRA CRIANZA

RONCAL DO LARRA

Sempre bos prezos S Sep prezezos queix

Sabor pronunciado a leite evolucionado, persistente, manteigoso ao padal con toque lixeiro a animal e bosque.

M A R I D A X E

IDIAZABAL AFUMADO UDABE

Sabor afumado suave e un equilibrio entre o cremoso e o firme.

As notas de froitas vermellas e negras, vainilla, cacao e especias equilibran a intensidade do Roncal, engadíndolles suavidade e equilibrio aos sabores complexos do queixo.

DO NAVARRA CRIANZA PRÍNCIPE DE VIANA

Os seus aromas torrados e de froita madura, con taninos suaves e un final redondo, resaltan o gusto afumado do queixo sen superalos.

CANTABRIA BALEARES

NATA LA PASIEGA

Suave, cremoso e manteigoso, cun sabor delicado.

MARIDAXE MARIDAXE

BRANCO MÁXIMO BOLADO

Fresco e afroitado, achégalle un contraste perfecto e refrescante á textura cremosa do queixo, engadindo acidez para limpar o padal.

MAHÓN DO TORRALBA

As súas notas lácteas, combinadas cun leve sabor a froitos secos e un toque picante, tórnano un queixo saboroso e aromático.

TINTO CRIANZA JOSÉ LUIS FERRER

DO BINISSALEM

De excelente estrutura, con notas de froitas maduras, especias suaves e matices de madeira que complementan a acidez e o toque salgado do queixo.

GALICIA

TETILLA RUTA XACOBEA

Cremoso, suave. Sabor lixeiramente acedo e manteigoso e cheiro a leite fresco acabado de muxir.

ARZÚA ULLOA

DO HOXE DEZA

Moi cremoso e suave, cun sabor lácteo e lixeiramente doce.

BRANCO DO RIBEIRO VIÑA COSTEIRA

Elaborado con uva treixadura. De notas froiteiras e cítricas, equilibra perfectamente a suavidade do queixo de Tetilla, completando a súa acidez natural e proporcionando frescura.

TINTO MENCÍA RIBEIRA SACRA VÍA ROMANA

Con notas de froitas vermellas frescas e toques florais e minerais, achega frescura e acidez, perfeccionando a textura suave e os sabores lácteos do queixo Arzúa.

A RIOXA ARAGÓN

DE CABRA CAMERANO

DO EL ESTANQUE

Textura firme, lixeiramente granulada. Sabor fresco e ácido, con matices herbais e un toque salino.

BRANCO CHARDONNAY BENITO ESCUDERO

Semidoce, con notas afroitadas e florais. Este viño suaviza a acidez do queixo de cabra, equilibrando a súa frescura co toque doce e afroitado do Chardonnay.

CURADO DE LEITE

CRU HONTANAR

Sabor profundo e intenso, con notas de froitos secos e unha textura firme.

TINTO DO CARIÑENA CHEN DE PASSION

O seu bo corpo e notas a froitas maduras e especias complementa a intensidade do queixo, proporcionando unha maridaxe robusta e con carácter.

Receitas deseñadas por CANTABRIA

Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ

Os produtos da nosa terra enchen de sabor os nosos pratos. E non pola súa sinxeleza deixan de ser gourmet. Para elaborarmos este prato, deseñado polo Basque Culinary Center, eliximos un produto de tempada da horta cántabra. Ao suave sabor da cabaciña incorporamos unha deliciosa e potente salsa de queixo Picón Bejes-Tresviso.

Roliños de

QUEIXOS CÁNTABROS

As tres DOP de queixos cántabros ofrecen un amplo abano de sabores para todos os gustos: o cremoso queixo nata, o intenso queixo azul Picón Bejes-Tresviso e os suaves quesucos de Liébana. Por cal comezamos?

baciña con queixo cántabro

1,99€

• 500 g de cabaciña

• Sal e pementa

Salsa de queixo

• 80 g de queixo Picón Bejes-Tresviso

• 60 ml de leite desnatado

Cortar os extremos da cabaciña e facer láminas ao longo cunha mandolina.

Preparar a salsa poñendo o queixo a lume lento co leite desnatado ata acadar unha crema. Salpementar e deixar arrefriar.

Engadir unha fina capa de salsa a unha parte da cabaciña e enrolar as tiras.

Repetir con toda a cabaciña.

Engadir sal e pementa.

Que che acheg ?

A cabaciña achega ácido fólico e vitamina C, vitaminas hidrosolubles que non se perderán ao consumila crúa. Limpa ben a cabaciña, xa que se vai comer con pel e sen cociñar. O leite e o queixo azul, amais de sabor, achegan calcio.

Tips saudables

Acada distintas texturas xogando co grosor da cabaciña. Canto máis grosa, máis crocante.

Varía o sabor e a forza da salsa utilizando diferentes tipos de queixo.

Apta para dietas lactovexetarianas.

#alimentaloquepiensas

COÑECES NUTRIPLATO®?

Este método de educación nutricional desenvolvido por Nestlé e o Hospital Sant Joan de Déu está inspirado no Prato de Harvard, adaptado á dieta mediterránea e pensado para a poboación infantil. Trátase dun prato de tamaño real, de cores e con divertidos debuxos, que marca visualmente as proporcións axeitadas dos grupos de alimentos que deberan estar presentes nas dúas comidas principais do día: o xantar e mais a cea.

UN MÉTODO EFICAZ

Un estudo científico levado a cabo polo Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona cunha mostra de 1.000 nenos -de 3 a 12 anos- demostrou a eficacia de NUTRIPLATO®. O estudo baséase nun programa de intervención nutricional usando esta ferramenta. Os resultados demostran a súa eficacia.

O estudo demostrou que NUTRIPLATO® é útil para:

Aumentar a adherencia á dieta mediterránea. Mellorar os hábitos alimentarios de nenos de entre 3 e 12 anos, aumentando o consumo de verduras, froitos secos, legumes, cereais integrais, peixe e aceite de oliva virxe. Ao principio do programa, só o 32% dos participantes comía verdura de xeito regular dúas veces ao día. Ao finalizalo, máis da metade dos nenos (53%)

adquiriron ou consolidaron este bo hábito.

Mellorar o seu peso: o 44% dos que iniciaron o programa con sobrepeso ou obesidade melloraron o seu peso en relación coa altura ao finalizar o estudo, segundo os datos do índice de masa corporal (IMC). En concreto, o 25% dos menores con sobrepeso remataron as sesións cun peso normal. Pola súa banda, dos que comezaron o programa con obesidade, o 15% pasou a sobrepeso e o 3% deu finalizado o seguimento co peso axeitado ao seu talle e idade (normo peso). Ademais, os nenos con sobrepeso ou obesidade que melloraron o seu peso ao final do programa tamén melloraron a súa composición corporal, diminuíndo o índice de masa graxa e aumentando o índice de masa musculoesquelética. Manter o axeitado crecemento e desenvolvemento muscular de nenos con exceso de peso.

A importancia de comezar a unha idade temperá

Finalmente, os datos amosaron que a adherencia á dieta mediterránea entre os nenos maiores de 9 anos foi inferior á dos de menor de idade.

“Fomentar e adquirir uns bos hábitos alimentarios en idades temperás é clave. Neste sentido, é unha satisfacción o traballo que fixemos con NUTRIPLATO®, xa que axuda a sentar as bases dunha alimentación saudable dende os primeiros anos de vida”, comentou a responsable de Nutrición de Nestlé España, Laura González.

Programa de intervención

mejorar los hábitos alimentarios de la población infantil.

SEN IDEAS PARA OS MENÚS DE OUTONO DOS TEUS PEQUECHOS?

Se tes cativos de entre 3 e 12 anos, pódeste anotar totalmente GRATIS ao programa NUTRIPLATO® e poderás descargar un RECEITARIO con ideas de pratos de outono-inverno sabedores e saudables. Ademais, recibirás gratis consellos de estilo de vida saudable e recomendacións nutricionais para a alimentación dos máis pequenos da casa.

RECEITAS DE TEMPADA: OUTOÑOINVERNO

Época de pratos quentiños: estufados, sopas e potaxes. Descubre todo o que podes saborear cando vai máis frío.

Adaptado a la dieta mediterránea y a la alimentación de la población infantil (3-12 años).

CONSÉGUEO GRATIS AQUÍ!

Se tamén queres ter na casa o teu prato físico NUTRIPLATO®*, poderalo solicitar na sección “Consegue o teu Nutriprato” da páxina web: www.nutriplatonestle.es.

Inclúe o prato didáctico e a guía dixital con receitas.

* Só colaborarás cos gastos de envío cun pagamento de 2 € por prato.

Un bocado TERRORÍFICO

Decora as fiestras con arañeiras e morcegos, enche a casa de cabazas e candeas e prepara uns saudables aperitivos para faceres da noite do Samaín un divertido serán cos cativos da casa.

TORRADA DE CABAZA:

humus

Composto na súa maior parte por legumes e cunha gran porcentaxe de tahini, o hummus tradicional EROSKI é fonte de fibra e proteínas. E é apto para veganos.

ABRIMOS BOCA CUNHA

MERENDA ARREPIANTE?

Axúdate de conservas en vinagre, queixo e froitas para lles dares un toque terrorífico a petiscos saudables.

TORRADA DE MOMIA:

Queixo Havarti

TORRADA DE FRANKENSTEIN: guacamole

O noso guacamole ten un 95% de aguacate da variedade Hass, a máis apreciada polo seu sabor e textura. É rico en graxas saudables e fibra. gr

Larpeiradas con moderación

Probaches as novas lambetadas

EROSKI? Sen graxa de palma nin colorantes artificiais. Máis dunha decena de novidades, a metade sen glute e aptas para celíacos.

Este queixo conta con selo de calidade IXP e destaca pola súa cremosidade e facilidade para se derreter. É de orixe danesa.

Tips s ud bles

Prepara alternativas como flocos de millo sen manteiga, chips vexetais, petiscos terroríficos con ovo duro, sándwichs, minipizzas, pancakes de cabaza... Todo vale se é saudable e divertido. Bótalle imaxinación!

Crea figuras arrepiantes con froitas, como plátanos decorados como pantasmas ou mandarinas como cabazas. Incorpora xogos activos como a busca do tesouro.

Limita a cantidade de doces. Prohibilos totalmente podería provocar que os desexen máis.

Asegúrate de que beban auga abonda.

#alimentaloquepiensas

Como facer p sta de dátil

Quitarlles a carabuña aos dátiles e poñelos a remollo en auga quente (se están moi secos, mesmo durante unha hora). Transcorrido ese tempo, reservar a auga do remollo, escorrer os dátiles e trituralos ata obter unha pasta suave. Se é moi espesa, agregar un pouco de auga do remollo. Metelos nun frasco ou recipiente hermético e gardalos na neveira. A pasta de dátiles manterase fresca durante unhas dúas semanas.

Os dátiles medjoul son ideais pola súa dozura e carnosidade

SABÍAS QUE...? A panacota é unha sobremesa tradicional italiana orixinaria da rexión do Piemonte. Semella un flan, pero elabórase sen lácteos nin azucre.

PANACOTA DE CABAZA

DIFICULTADE: 2 / PORCIÓNS: 6

TEMPO: 40 MIN +2H ARREFRIADO

5 follas de xelatina en po

½ cabaza

375 ml de leite semidesnatado

2 culleradas de pasta de dátil

300 g de iogur natural

1 culleriña de canela moída

1 culleriña de extracto de vainilla

PARA DECORAR:

60 g de chocolate negro

30 g de noces pecanas

1. Pelar a cabaza, retirar as sementes e cociñar ao vapor ata que estea tenra. Triturala ata obter un puré fino.

2. Hidratar a xelatina en auga fría.

3. Nun cazo, quentar o leite xunto á pasta de dátil. Engadir o puré de cabaza e as follas de xelatina. Mesturar ata que a xelatina se disolva e ferver durante 5 minutos.

4. Fóra do lume, agregarlle o iogur á mestura xunto á canela e o extracto de vainilla. Encher os vasiños ou moldes e levar á neveira durante un par de horas como mínimo.

5. Para a decoración, encher unha manga pasteleira con chocolate negro derretido e, sobre unha folla de papel de forno, debuxar unha arañeira. Deixar que o chocolate solidifique e decorar a panacota coa arañeira e unhas noces.

Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.

LORENA SALAS

Coñecida en redes como @datesandavocados é unha das reposteiras máis influentes que basea o seu éxito en receitas doces e saudables.

Areposteira Lorena Salas adózanos a vida con sobremesas bonitas por dentro e por fóra. Esta enxeñeira de Camiños cambiou o compás pola manga pasteleira para facernos gozar de doces sen culpa con receitas sen ingredientes refinados e elaboradas con produtos orgánicos que namoraron os seus máis de 142.000 seguidores en Instagram. Dirixe unha escola de repostería e publicou un libro.

Poden transformar os doces o futuro da alimentación?

Fago pastelería realmente saudable e, aínda que non é o habitual, debería estar ao mesmo nivel de

todo o menú, ao utilizar ingredientes directamente da horta ao prato que fan que te sintas ben. Ingredientes sen refinar, orgánicos e frescos. Que distingue as túas sobremesas das tradicionais?

O máis salientable é que eu emprego ingredientes naturais que non foron procesados, edulcorantes non refinados, como leite caseiro e froitos secos. Así todo é moito máis natural, e polo tanto é saudable e senta ben. Que as fai máis beneficiosas?

Amais de que non teñen ingredientes refinados, tampouco teñen glute nin lácteos. Ao partires de ingredientes naturais sen procesar e orgánicos, o resultado é unha pastelería que lle senta mellor ao corpo. Comemos cos ollos?

Si, pero a miúdo son produtos procesados, que non teñen nutriente

ningún e si azucres e graxas saturadas. Por exemplo, a moda das sobremesas azuis ou rosas… bonitas, si, pero refinadas.

E como fas para que os teus pratos sexan tan bonitos por fóra coma por dentro?

Sempre me gustou moito a arte e as sobremesas sérvenme para expresar o meu lado máis creativo. Ademais, utilizo flores comestibles de tempada que corto directamente da horta dunha amiga. Por dentro, a clave é utilizar sempre ingredientes moi frescos e de tempada. Trátase de manter ese equilibrio.

Que consello lle dás a alguén que quere gozar do doce sen pensar moito?

Esquécete do procesado, faino na casa, merca ingredientes ou atopa un lugar no que che fagan ese tipo de pastelería.

Preguntas sen engadidos

Unha sobremesa que te transporte á infancia.

O tiramisú. Que bo! Unha receita que poña a guinda.

A ricotta de améndoas caseira.

Se a vida fose unha caixa de bombóns, que sabor escollerías?

Un de abelá.

#alimentaloquepiensas

Bocados de ‘brownie’ crudivegano

de dátil e aguacate

@datesandavocados

Para o brownie

• 150 g de noces de torradas

• 150 g de noces pecanas torradas

• 30 g de cacao en po

• 30 g de cacao nibs

• 1,5 g de sal rosa

• 300 g de dátiles pelados e picados

• 15 g de tahini

• 10 g de aceite de coco virxe extra derretido

• 5 g de extracto puro de vainilla

Para a crema de aguacate e cacao, tritura todos os ingredientes. Garda nun recipiente de cristal e refrixera durante un mínimo de 3 horas.

Para o brownie, pon os dátiles a remollo con auga quente durante 10 minutos. No entanto, tritura os froitos secos ata obteres unha consistencia granulada fina.

Traslada a unha cunca grande, engade o cacao en po, os nibs e mais o sal e mestura cunha espátula.

Así que os dátiles estean xa moles, retíralles a tona e a semente e tritúraos xunto co tahini, o extracto de vainilla e o aceite de coco ata formares un caramelo espeso e sen grumos.

Bota o caramelo de dátiles sobre a cunca cos froitos secos e mestura cunha espátula.

Crema de aguacate

e cacao

• 200 g de aguacate

• 70 g de xarope de pradairo

• 50 g de cacao puro

• 40 g de leite de améndoas

Unha receita de Lorena Salas

• 30 g de azucre de coco

• 10 g de aceite de coco virxe extra derretido

• 2 g de extracto puro de vainilla

• 0,5 g de sal rosa do Himalaia

Amasa ata que todo estea ben mesturado e poidas formar unha bóla. Coloca a masa sobre un molde cadrado, de 16-18 cm, previamente forrado con papel vexetal e esmágaa ben coas xemas dos dedos, repartíndoa uniformemente. Bota man dunha espátula pequena para aplanala. Cubre o molde e gárdao no conxelador durante polo menos 1 hora.

Decoración

Desenmolda o brownie e córtao nunhas 16 porcións.

Elixe unha boquilla de estrela, colócaa nunha manga pasteleira e énchea coa crema de aguacate e cacao.

Decora cada porción de brownie coa crema, un chisco de escamas de sal e froitos vermellos.

o último

NACHOS DE MILLO

Sinte o sabor de México

Viaxa cos teus cinco sentidos a México cos novos e deliciosos nachos EROSKI BIO extracrocantes e cun sabor puro a millo. A diferenza doutros snacks, están elaborados a partir de gran enteiro, garantindo o seu cultivo ecolóxico e seguindo o proceso natural e tradicional de moído do gran. E non conteñen saborizantes artificiais. Perfectos para calquera momento. Gózaos con queixo, guacamole ou carnes; a temperatura ambiente ou enfornados, sen perder o seu característico ruidiño.

CRACKERS EROSKI

Crocantes e irresistibles

Os novos crackers EROSKI son a opción perfecta para lles dares o toque máis crocante e irresistible ás túas comidas, ás túas táboas de queixos, patés e embutidos, snacks ou merendas. Teñen o tamaño perfecto e están elaborados con fariña de trigo e fermento. Ademais, dispós dunha opción integral, que lle achegará maior contido en fibra á túa dieta.

A
NUTRI-SCORE

o último

‘SNACK’ PARA CANS E GATOS EROSKI

As túas mascotas

queren un premio

Son un máis na familia e, aínda que dan amor incondicional sen esperar nada en troques, por que non os premiar de vez en cando cun snack saudable e delicioso? Descubre os novos bocadiños EROSKI para gatos e as mini burguers EROSKI para cans, sen cereais nin azucres engadidos. Un snack do máis natural, con formato doypack con peche zip, que permite racionar o consumo sen perder a súa frescura e propiedades.

Bocadiños EROSKI para gatos.

LAVALOUZAS TRICÁMARA EROSKI

Máxima limpeza mesmo en ciclos de lavado curtos

Eleva o teu nivel de limpeza coa nova lavalouzas a máquina tricámara EROSKI de 25 cápsulas e formato doypack. A nosa fórmula potente encárgase do lixo máis persistente, asegurando que os teus pratos e utensilios queden impecables, e asemade protexe e coida a túa cristalería e cubertos e mantén o brillo lavado tras lavado. As cápsulas, altamente solubles, disólvense axiña e manteñen un aroma limpo e fresco na túa lavalouza, amais de realizaren unha limpeza moi eficaz en ciclos curtos.

Mini burguers EROSKI para cans.

Novas cremas naturais Aneto SABOR CASEIRO

Proba as novas cremas naturais Aneto nas súas variedades de cabaza asada, polo asado con verduras e de gamba e peixe sapo.

Unhas cremas elaboradas como as farías na casa, utilizando só ingredientes frescos e naturais e cociñadas con aceite de oliva virxe extra. Sen aromas artificiais, sen lácteos e sen amidóns.

As cremas Aneto destacan polo seu proceso de cocción e os distintos ingredientes ásanse e saltéanse para lograr que as receitas sexan moito máis saborosas. Ademais, están cociñadas con verduras

procedentes de cooperativas sociais e de proximidade e mais con carne de granxas certificadas en Benestar Animal, no caso da variedade de polo.

Amais de saudables e nutritivas, son unha opción perfecta para gozar dun entrante ou dunha cea deliciosa sen se complicar na cociña.

TENDENCIAS PARA VESTIRES AS TÚAS

UNLLAS ESTE OUTONO

Os tons vermellos, do máis vivo ao granate profundo, e o retorno da manicura francesa actualizada preséntanse como os favoritos para esta tempada.

AOS NUDES SI

Como tirar o máximo proveito do estilo máis naif

Unllas ben puídas, non moi longas e limadas cun acabado ovalado.

Cutículas perfectamente hidratadas e retiradas para amosar un aspecto saudable e coidado.

Volve a manicura francesa, esta vez coa liña branca moi fina. Só precisas un esmalte branco e algunha variación de nude ou rosa empoada que se achegue á cor natural das unllas para acadar un efecto chic desenfadado.

Lacas de unllas belle&MAKE-UP

01 Blanc, 03 Tender Pink, 04 Nude

Xa sexa na súa versión clean nails, glass, xaponesa ou baby boomer, amosar a beleza natural das unllas é tendencia.

Minimalismo, elegancia sen esforzo e unllas depuradas. Hai tonalidades clásicas que encaixan perfectamente coas manicuras que arrasan: os vermellos e os tons nude.

Descúbreas coa nosa selección, sempre a bos prezos.

Sabías que...? Toda a gama de lacas de unllas belle&MAKE-UP conta cunha fórmula #10 free, é dicir, exclúe 10 ingredientes comúns e legais na formulación de esmaltes, pero cun perfil toxicolóxico máis controvertido no tocante ao coidado das unllas. Ademais, están dermatoloxicamente testadas.

EDICIÓN LIMITADA

TODO AO VERMELLO

Xunto cos tons máis atrevidos, como os castaños e verdes, esta tempada arrasa un clásico que asegura o éxito de calquera look: o vermello. Descubre a colección The Reds, de edición limitada, con sete novos tons que non vas querer perder.

Rematado efecto xel.

Pincel plano de punta redondeada.

Dermatoloxicamente testados.

Fórmula vegana.

01 EMORED

A versión máis cándida do vermello. Un clásico vermello mazá que evoca o primeiro amor.

02 PASSION

04 POWER

O ton borgoña é a mestura perfecta entre a elegancia do vermello e a intensidade do negro.

06 LOVE

Un vermello sensual e aveludado de subtón rosado.

03 SEDUCTION

O ton cereixa é tendencia. Unha versión profunda e intensa do vermello, que achega un toque sedutor e misterioso.

O icónico e cálido vermello sangue. v moda

05 HAPPINESS

‘Top trendy’ Coas unllas curtas, rectas ou lixeiramente amendoadas, para unhas mans elegantes á última.

Para as máis atrevidas, un vermello alegre e intenso, cun sutil acabado metalizado plenamente de moda.

07 ENERGY

Un vermello chispeante de acabado brillante.

IMPRESCINDIBLES PARA UNHAS UNLLAS PERFECTAS

Sérum 5 en 1 belle&MAKE-UP

Mantén as unllas fortes e evita as manchas.

Para usar só ou como base antes da laca.

Achega brillo e neutraliza a cor amarelada das unllas.

Con aloe vera, aceite de xoxoba e extracto de uva e enriquecido con Vitaminas C, A e E e Pro Vitamina B5.

Crema de mans reparadora belle

Repara as mans castigadas e protéxeas das agresións externas

Axuda a fortificar as unllas. Enriquecida con activos nutritivos e hidratantes como o aceite de xoxoba, a glicerina vexetal e a alantoína.

Lima puidora 4 pasos belle

Ideal para dar forma, igualar, puír as irregularidades, alisar

a suave con 4 texturas.

Máis de 35.000 PREMIOS CADA SEMANA no Resga e Gana das marcas

En EROSKI club cumprimos unha década contigo e querémolo celebrar. Propoñémosche un xogo no que poderás gañar dende un coche ou un carro completo ata premios de entre 1 e 3 euros. Anímaste a xogar ao Resga e Gana das marcas? Ten á man unha moeda e resga milleiros de premios cada semana.

Máis de 329.000 premios de 1 €, 2 € e 3 € de desconto (2)

9 carros completos á semana durante un ano valorados en 65 € cada un (1)

990 carros completos valorados en 65 € cada un carros mpletos ados en ada un (2)

Como conseguir os Resgas?

A partir de 40 € de compra

E se ademais tes a app EROSKI

1 coche Seat Arona FR Limited Edition (1)

1 RESGA

1 RESGA DIXITAL EXTRA

A partir de 15 € de compra nas referencias participantes

É imprescindible presentar a tarxeta EROSKI club para conseguir os Resgas e trocar os premios. (1) Premio incluído nos Resgas en papel. (2) Premio incluído nos Resgas en papel e na app

1 RESGA EXTRA

E ademais... As túas compras en outubro en EROSKI pódenche saír GRATIS*

Só por usares a túa tarxeta de pagamento

EROSKI club

Aínda non a tes?

Faina e leva

10€** A bro

*Sorteo de 5 compras por día. Participan no sorteo todas as compras en EROSKI pagadas coa tarxeta de pagamento EROSKI club, durante o mes de outubro. Importe máximo a recuperar de 150 € por compra. Bases legais en www.notariado.org e www.eroski.es/sorteo-mastercard.

**Promoción 10 € de Benvida nun vale aforro. Condicións en eros.ki/bienvenida-tarjeta-eroski. Tarxeta emitida por Santander Consumer Finance S.A.

Cupóns sorpresa na ‘app’ todos os mércores deste mes

Non o perdas. Os socios EROSKI club teñen dispoñible exclusivamente na app un vale aforro sorpresa* de diferentes marcas.

Actívao

*Vales dispoñibles os mércores do mes de outubro. Cada vale estará dispoñible 1 día para activalo e 3 días para trocalo. Cómpre ser socio EROSKI Club e ter descargada a app EROSKI.

Axuda ás persoas

con

CANCRO

Este mes, dálle ao “si” ao pasares por caixa e axudarás en proxectos que loitan para buscar unha cura contra o cancro, paliar os efectos da enfermidade e os seus tratamentos e mellorar a calidade de vida das persoas que a sofren, sexan adultos ou menores de idade. Non esquezamos que o cancro é a segunda causa de morte no mundo e que, grazas á investigación, á prevención e á detección precoz, a mortalidade nesta enfermidade diminuíu significativamente nos últimos anos. As túas doazóns irán destinadas a catro proxectos.

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA

CONTRA O CANCRO (AECC)

A recadación destinarase a novos ensaios clínicos para mellorar o tratamento e supervivencia dos pacientes con cancro de mama metastásico, que presenta resistencia a certos inhibidores e ten mal prognóstico.

ASOCIACIÓN AMARA

CANTABRIA

O Servizo de apoio psicolóxico realiza obradoiros e terapias individuais e grupais en Cantabria que ofrecen apoio emocional a nenos, adolescentes e familias en situacións de enfermidade, tratamento e dó, promovendo o seu benestar e adaptación.

ASANOG

En Galicia, o proxecto Xogoterapia promove a estimulación cognitiva, o desenvolvemento e aprendizaxe a través da pedagoxía, a psicoloxía e a musicoterapia.

FEDERACIÓN ESPAÑOLA

DE PAIS DE NENOS CON CANCRO

A COR DA VIDA

Vístete de rosa o vindeiro 19 de outubro, Día internacional da loita contra o cancro de mama. Faite coa nosa camiseta solidaria por só 12 euros*. Ao mercala colaboras coa Asociación Española contra o Cancro.

O Programa de apoio psicosocial, educativo e económico a menores con cancro e as súas familias proporciona unha atención integral a persoas menores con cancro e ás súas familias, dende o diagnóstico da enfermidade e durante as diferentes fases do proceso.

*Consulta no teu hipermercado máis próximo. solidariedade

viaxes

GRAN CAN

Da praia ao cume

nun só día

Unha das illas máis variada e chea de contrastes do arquipélago canario é, sen dúbida ningunha, Gran Canaria. O seu clima privilexiado, a súa diversidade paisaxística, a súa rica cultura, a súa gastronomía vibrante e a súa oferta de lecer convértena nun dos destinos turísticos máis demandados.

Vive unha experiencia inesquecible e acumula aforro na túa tarxeta EROSKI club! Agora moito máis preto, con voos directos dende Bilbao e Madrid. Vés?

Autenticidade

A tradición e historia canaria percórrese a través das vilas. Agaete, co seu porto, as súas piscinas naturais e a impoñente paisaxe dos vales de Agaete e Los Berrazales; Tejeda, chantada na paisaxe do Risco Caído e as Montañas Sagradas de Gran Canaria, Patrimonio ,

ARIA

Mundial da Unesco; Arucas, coa súa impresionante igrexa neogótica e unha das destilerías de ron máis antigas de pequena Venecia

Inmensidade

Os extensos areais e augas cristalinas que rodean a illa e os seus máis de 60 quilómetros de praias e calas fan máxico

Europa, e Mogán, que é coñecida como a este destino. Poderás gozar de praias virxes de paseos marítimos cheos de vida, de faros

Sabor

morea de deportes acuáticos, como o surf, o

ás que só tes acceso a pé ou en barco, de salvaxes dunas para percorrer en camelo, de marítimos cheos de vida, de faro históricos e praias totalmente equipadas nas que practicar os teus hobbies e unha morea de acuáticos, como o surf, o windsurf e o kitesurf.

Tradición

Gran Canaria tamén é rica en cultura e historia, e ofrece numerosos lugares de interese que reflicten a súa herdanza prehispánica e colonial. O casco antigo das Palmas de Gran Canaria é unha icona da arquitectura colonial, e alí poderás atopar a Casa de Colón ou a Catedral Basílica de Santa Ana.

Vida

Sabías que Gran Canaria é coñecida como o continente en miniatura debido á variedade das súas paisaxes? Descubre as súas montañas, bosques, barrancos e praias. O parque rural do Nublo, co seu impresionante monolito volcánico Roque Nublo, ou o barranco de Guayadeque, son perfectos para practicar sendeirismo, descubrir a flora e fauna autóctona e probar unha comida típica canaria nun contorno único.

A gastronomía canaria baséase en produtos frescos locais. Goza de pratos típicos como o sancocho canario, un guiso de peixe salgado, ou o gofio, unha fariña de cereais torrados que se utiliza en sopas, potaxes e ata en sobremesas. E non deixes de probar os seus doces, como o frangollo, o biscoito de Moya ou o queixo flor de Guía, un queixo de ovella cunha textura e sabor únicos que se elabora utilizando a flor do cardo como callo, que ten DO e foi recoñecido con premios internacionais.

Goce

Amais da chea de mercados, onde mercar produtos locais e artesanías, como o mercado de Vegueta, un dos máis antigos e emblemáticos, Gran Canaria ofrece unha vibrante e diversa vida para todos os gustos para gozar tanto de día como de noite. E, a comezos de ano, achégate a vivir a experiencia do máxico Carnaval das Palmas de Gran Canaria.

5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 31 de outubro 2024, nas viaxes seleccionadas.

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

á túa tarxeta EROSKI club
Reembolso mbolso

FACEMOS EROSKI

ARANTZA URREXOLA ATXA

Primeira VENDEDORA

da

Cooperativa de Consumo San José, precursora de EROSKI

No 2025 fanse 70 anos da creación da Cooperativa de Consumo San José, un fito na historia do cooperativismo en Mondragón (Guipúscoa). Fundada en 1955 por José Mara Arizmendiarrieta, precursor do movemento cooperativo de Mondragón, a tenda xurdiu para lles dar servizo aos traballadores que chegaban á zona, ofrecendo produtos esenciais a prezos xustos. Foi o xermolo do que é hoxe EROSKI.

Arantza Urrexola asumiu o reto de ser a primeira vendedora da cooperativa. Durante os seis anos que ocupou o posto, atendeu con dedicación e agarimo aos traballadores que chegaban a Mondragón e que se foron instalando no barrio novo de Santa Marina, onde se emprazou a tenda nun pequeno soto. Non só ofrecía produtos esenciais, senón que tamén se converteu nun punto de encontro para quen comezaba unha nova vida. “Vendíanse desde legumes por xunto ou froita a viño do pipote, que se tomaba alí mesmo porque daquela non había bares preto”, lembra. Tiña daquela 23 anos. Ao primeiro estiveron soas ela e Mari Sol González, na administración, pero ao pouco uniuse a elas Arantza Galdós. “Era un traballo duro e non parabamos nin un intre. Daquela non había frigoríficos e facíase a compra acotío”, afirma

aos seus 92 anos desde a súa casa de Vitoria. Arantza lembra como se vendía por unidade, como aquela vez que unha muller lle pediu un ovo. “Moitos non tiñan para moito máis. Era xente traballadora e humilde, pero con ben de entusiasmo e alegría”. Abríase de 9:00 a 12:30 e de 16:30 a 20.00 h. e o soldo era unha porcentaxe das vendas. “Eramos as dependentas mellor pagadas de Mondragón”, asegura que lles dicían.

UNHA GRAN FAMILIA

Para Arantza Urrexola as novas tecnoloxías facilitaron moito o traballo, desde os códigos de barras para rexistrar automaticamente os produtos, que tiñan que facer manualmente, ata os envasados que favorecen a conservación. Urrexola lembra aqueles anos cun cariño especial: “sabía o nome de todos os veciños, porque eramos como unha gran familia e encantábame o meu traballo. Foi un tempo moi especial”, asegura.

RENOVAMOS O CONVENIO

CO BASQUE CULINARY CENTER

EROSKI e Basque Culinary Center, BCC, seguimos a medrar xuntos e renovamos o noso acordo de colaboración por outros catro anos. Con esta alianza continuamos promovendo a innovación, a formación e a divulgación da gastronomía no noso compromiso de educar e informar as persoas consumidoras sobre a importancia de adoptar hábitos de vida saudables. Asinaron o acordo o director xeral de BCC, Joxe Mari Aizega, e o secretario xeral de EROSKI, Mikel Larrea.

Durante os 12 anos de colaboración leváronse a cabo programas de sensibilización como o Chef da clase ou as colonias gastronómicas de verán para mozos. Ademais, desenvólvense proxectos como o programa de obradoiros e cursos para entusiastas da gastronomía ou o EROSKI-BCC Onenak, que recoñece a emprendedores.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.