EROSKI_NOVIEMBRE_2024_GALLEGO

Page 1


Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club

Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.

Dálles calor aos fríos días de novembro cunha alimentación reconfortante e consciente. Falamos de ‘comfort food’, a última tendencia no prato

08

10

04 Neste número

06 O máis top do mes

07 ... E en redes

08 Alimentación consciente: saborea a comfort food

10 Descubre a gran variedade de cogomelos das nosas tendas

16 Sabor italiano: pastas e salsas

22

18 Máis culler: pratos quentes

22 Máis verdura: floretes de brócoli e coliflor

24 Máis local: como feito na casa

26 Máis aforro: aproveitamento e bos prezos

32 Infoodencers: queixo Idiazabal local

44 16

34 O último nas nosas tendas

38 Beleza: coidados para o cabelo

40 As vantaxes de EROSKI club

42 Ser solidario

44 Viaxes: mercados de Nadal

47 Vales aforro

50 Novas

NCONFORT no prato

on sei se é pola chegada do frío, pero nas últimas semanas só oio falar de comfort food. E aínda que non che son moito de anglicismos, é oílo e apetecerme esa sopa que preparaba a miña nai durante horas e que, con cada sorbo que tomaba, facía que o meu corpo se relaxase e entrase en calor, amais de esquecer todos os malos momentos do día. Moito ten chovido dende aquela, pero ese prato quente é xusto o que busco cada vez que o frío comeza a instalarse no meu día a día.

Por iso, agora que xa estamos de cheo no outono e que o frío fai acto de presenza, por que non falar de comida reconfortante e consciente? Pratos sinxelos, guisos dos de toda a vida, sopas fumegantes e enfornados que saben a fogar.

Neste número contámosche como seguir unha alimentación que reconforte no físico e no emocional e que nutra de xeito equilibrado.

Opta por utilizar produtos de tempada -como os cogomelos- e por introducir máis pratos de culler, máis verduras, máis produtos locais e, por que non, máis aforro.

Ofrecemos aquí unha morea de consellos sobre iso e moitas receitas doadas, deliciosas e á última.

Ademais, falaremos de queixo local a través de pastores novos, un oficio moi vivo que nos permite gozar deses queixos artesáns elaborados no noso contorno máis próximo.

E pechamos coas últimas novidades, os produtos imprescindibles para coidares o teu cabelo este outono e as moitas vantaxes que tes por seres socio.

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n.

48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa Oyarbide

Redactora xefe: Manuela Díaz

Foto de portada: @virginiamartin_photo

REALIZACIÓN E EDICIÓN

Factoría Prisa Noticias, S. L. U.

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid

Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Síguenos

GOZA DA REVISTA NO SEU FORMATO DIXITAL en calquera intre do día dende o teu móbil

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

OVEMBER BL

BLAC NOVEMBER BLAC

OVEMBER BLA

E moitas máis promocións que non vas querer perder durante todo o mes de novembro BLAC

BLAC

*Se es de EROSKI club, ingresámosche na túa tarxeta EROSKI club o importe equivalente ao IVE da compra realizada dos produtos que participan na promoción. Non hai requisito de compra mínima para acceder ao desconto. Consulta resto de condicións na túa tenda habitual. Tamén no supermercado.eroski.es Regalámosche o en electrónica e electrodomésticos Do de novembro de outubro ao 31 13 14días

O máis TOP deste MES

Gabonak 2024

Sortak eta saskiak

Navidad 2024

Lotes y cestas

LENTELLAS RÁPIDAS

PARA MENÚS DE ÚLTIMA HORA

Un mes de OFERTAS

Sabemos que hai que tomar forzas para o vindeiro mes, así que en EROSKI gozarás dun novembro cheo de ofertas e descontos, con promocións 3x2, a segunda unidade ao 70% en droguería, irresistibles descontos nun Black November moi especial que bota a andar con 14 días nos que che regalamos o IVE en milleiros de produtos de electrónica e electrodomésticos para comezar a preparar o Nadal e conseguir os regalos de moda.

PREPARANDO O NADAL 1

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Comer san e sen complicacións é o máis top este mes. Por iso, tes que probar as novas lentellas rápidas EROSKI. Non cómpre remollalas a noite anterior nin cociñalas moito tempo. Están preparadas para que poidas ter as túas receitas listas e na mesa nun tempo mínimo. Ademais, son de categoría extra e están sempre a bo prezo.

3

TURRÓNS, MAZAPÁNS, POLVORÓNS, PANETTONES… XA ESTÁN AQUÍ PARA QUE OS TOMES SEN PRÉSAS, E COIDANDO OS EXCESOS NON PERDAS O NOVO FOLLETO DE CESTAS DO NADAL

Aínda non o viches? Está cheo de ideas para deixares a túa xente abraiada este Nadal. Cestas para os máis gourmets, para os amantes do bo viño, para os máis larpeiros, para os que tolean cos ibéricos ou para quen prefire produtos de cosmética. Máis dunha trintena de lotes cos que atinarás sempre e a uns prezos estupendos.

...E EN REDES

Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais

A RECEITA máis buscada

Café ‘latte’ de cabaza

A cabaza segue a ser a protagonista do outono, pero esta vez acompañada de café. Probaches a preparar este irresistible café ‘latte’ de cabaza especiada que está a arrasar en redes? Non perdas esta e outras receitas no noso taboleiro de Pinterest.

LABIOS PERFECTOS

A influencer Alba de la Cruz, @albadelacru, presenta os seus labiais favoritos para este outono da nosa marca belle e dános unha serie de consellos para a súa correcta aplicación.

OBRADOIRO DE COCIÑA

NO BCC

Gústache a cociña? Queres coñecer as instalacións do Basque Culinary Center en San Sebastián? Apúntate á última experiencia que organizamos este ano. Un obradoiro de cociña natalicia e local con noite de hotel nesta impresionante cidade da costa vasca. Este mes levarase a cabo o sorteo de oito entradas dobres para a cita que terá lugar o 14 de decembro. Atento ás nosas redes. Non o perdas!

TIPS DE ‘CARRI’ PARA ESTE OUTONO

Coma sempre, ‘Carri’ está á última. Non perdas os seus conselliños para os días fríos que veñen.

Aprende a cociñar novas cremas con @foodiario É tempada de cremas. Xunto a unha das nosas colaboradoras habituais, Patrizia Vitelli, @foodiario, ensinámoste a preparar cremas con verduras de tempada. Prepárate para o directo do showcooking de EROSKI o día 21 de novembro ás 19.00, en @eroskioficial.

Vive o outono cunha alimentación

Coa chegada de días máis frescos e curtos, o corpo pídenos pratos que reconforten, que nos fagan sentir a calor do noso lar. Todos temos un. As fabas que cociñaba durante horas a túa nai, ese consomé fumegante que se converteu nun imprescindible nos días de chuvia, o teu prato de pasta preferido dende a infancia... Receitas cheas de calor, sabor e nutrientes, pero tamén pratos que nos transportan a momentos felices, ás veces familiares, e que activan no noso cerebro a sensación de benestar. Este mes, en EROSKI queremos saborear a comfort food máis saudable, que coide o noso corpo e mais a nosa mente.

demasiado calorífico con brotes de brócoli ou coliflor, elixe xarrete de becerro da túa zona para preparares un nutritivo consomé, opta por legumes por xunto ou proba a nosa nova pasta italiana e, no canto de nata, prepáraa con cogomelos. O truco é adaptares esas receitas que te reconfortan para que sexan o máis saudables posible sen renunciares ao pracer e utilizando produtos de tempada e locais.

Se es un amigo da cociña, achégate á nosa sección de frescos e elixe produtos de tempada. Prepara unha deliciosa crema de cabaza ou de berenxena asada, sempre a bo prezo, faite cunhas castañas para asares na casa, acompaña ese prato

E de non teres tempo ou se o teu non é a cociña, en EROSKI contas con opcións ben boas para seguir a gozar deses momentos. Sabías que a fabada asturiana e a crema de verduras da marca EROSKI levan anos encabezando o ránking calidade-prezo entre alternativas similares? Se non as probaches, recomendámoscho facer. Lembra que o máis importante é manter unha relación sa coa comida. Goza desa sopa ben quentiña ou dese prato especial, pero lembra que o verdadeiro confort vén tamén de coidar o noso corpo de xeito integral.

CONSCIENTE E RECONFOR

TANTE

Aliment rse CON SENTIDIÑO

Aproveita os alimentos de tempada. Inclúe na túa dieta cabaza, brócoli, coliflor, uvas, chirimoia, caqui, fungos e cogomelos. Están no seu mellor momento e ao mellor prezo.

Máis culler: incorpora pratos quentes e reconfortantes ao teu menú. Neste número amosámosche algunhas receitas sinxelas e caseiras con fabas, cremas de verduriñas asadas ou deliciosas sopas.

Merca produtos locais. Amais de gozares dos sabores da túa terra, axudas os pequenos produtores que traballan de xeito artesanal.

Reduce o refugallo de alimentos. Este mes, en EROSKI atoparás froitas e hortalizas chamadas ‘feas’ polo seu aspecto ou polo seu tamaño e, así e todo, ben boas.

Elixe calidade, compara, aproveita ofertas e merca produtos a sempre bos prezos.

Escoita o teu corpo. Controla as porcións e practica a moderación no teu prato.

Fai da alimentación un momento consciente e de gozo.

MÁIS TEMPADA

COGOMELOS

Os cogomelos e os fungos saben a outono. Entrar nunha fraga, coa cesta na man, para apañalos é unha sensación única. Pero coidado, procura coñecer ben cada variedade. Se non queres riscos, nas nosas froiterías atoparás un gran variedade, ideal para preparares pratos caseiros, nutritivos e reconfortantes, xa que, alén do seu interesante sabor umami, teñen un alto contido en vitaminas, minerais e antioxidantes.

PORTOBELLO

CHAMPIÑÓN BRANCO

Suave e tenro de se consumir en cru e máis firme de se cociñar. O seu sabor delicado e lixeiramente terroso ofrece unha gran versatilidade de receitas. Próbao en ensaladas, salteado, recheo, en sopas ou como acompañamento en guisos e pastas.

NO TEU PRATO

Champiñóns recheos con queixo e herbas Retira o talo e enche os champiñóns cunha mestura de queixo crema, allo, perexil e pan relado. Enfórnaos ata douralos.

É unha versión madura do champiñón branco. É máis intenso de sabor e máis carnoso e contén máis fibra e antioxidantes. A súa textura firme faino perfecto para substituír a carne en pratos vexetarianos.

NO TEU PRATO

Estufado de carne e cogomelos con pasta

COGOMELO DE CARDO

Ten un sabor suave e lixeiro a noz e unha textura carnosa e densa.

COGOMELO DE OSTRA

Ten un sabor delicado e lixeiramente doce, cunha textura suave e aveludada.

NO TEU PRATO

Ao allo Doura dous dentes de allo picados nunha tixola e engade os cogomelos. Cociña a lume medio-alto uns 8-10 minutos, sazona e engade un chorriño de viño branco se o desexas. Antes de servilos, esparéxelles perexil picado.

NO TEU PRATO

Curry de cogomelos e verdura

NO TEU PRATO

Crema de shiitakes

SHIITAKE

Moi popular na cociña asiática, gaña adeptos en Europa. De sabor intenso e terroso, cun forte toque umami, é perfecto para preparar ramen, wok, sopas, guisos e salteados.

Toma cogomelos todo o ano con EROSKI SELEQTIA

BOLETUS

Intenso, con notas terrosas e lixeiramente doces e un toque a noz. A súa textura é carnosa e firme. Cociñado achégalle cremosidade ao prato.

NO TEU PRATO

En revolto

ENOKI

De forma longa e delgada e textura crocante. O seu sabor suave e lixeiramente afroitado faino popular en sopas e ensaladas. É un ingrediente tradicional na sopa miso e noutros caldos xaponeses.

NO TEU PRATO

Risotto de cogomelos

A B D E C

NUTRI-SCORE A

Saltea os fungos (400 g) con allo, engade 4 ovos batidos e cocíñaos a lume manso. Sazona con sal, pementa e perexil fresco.

Poñerte a cociñar nunca foi tan doado!

Gañadores da primeira edición de EROSKI Venture Program, unha iniciativa dirixida a startups, emprendedores e proxectos que desenvolven solucións innovadoras no sector da alimentación. Ofrecen unha solución ás túas comidas ou ceas, facilitándoche menús á túa medida con receitas saudables e achegándoche á casa os ingredientes para as poder elaborar.

1. Anótate no teu plan preferido

2. Recibe os teus kits de receitas cada semana con ingredientes frescos de proximidade en cantidades exactas

3. Cociña seguindo os nosos pasos

4. Goza na mesa

por seres cliente de EROSKI 45€ de desconto

Código: EROSKI

Tan fácil

TAN BOS

Se che apetece gozar dun dos manxares do outono, pero tes pouco tempo para cociñar, en EROSKI contas cunha ampla variedade de cogomelos e solucións listas nuns minutos.

COGOMELO SHIMEJI CASTAÑO

Únete á tendencia gastronómica asiática cociñando con este cogomelo de cultivo.

CREMA DE COGOMELOS DO BOSQUE

COGOMELO SHIMEJI BRANCO

Suave e versátil, é perfecto para lles engadir un toque exótico ás túas receitas.

COGOMELO ENOKI

Delicado e crocante. Ideal para ensaladas, sopas e pratos lixeiros con estilo.

CHAMPIÑÓN LAMINADO

CHAMPIÑÓN ENTEIRO MINI

Unha receita elaborada con ingredientes 100% naturais e co sabor de sempre. Esta crema contén tres tipos diferentes de cogomelos, é apta para vexetarianos e non leva conservantes, colorantes, nin glutamato.

nos e ervantes,

Un produto natural, san e nutritivo para os teus guisos, salteados e ensaladas.

Engádeo nas túas receitas e goza da súa inconfundible textura crocante no seu tamaño óptimo.

ROBALIZA CON RISOTTO DE COGOMELOS

Receita tradicional con peixe de primeira calidade, un xeito de consumir peixe san, saboroso e rápido.

Quentar e listo.

SALSA DE BOLETUS

Cremosa e co delicado aroma dos boletus. Ideal para realzar pastas, carnes e receitas gourmet. Apta para celíacos e elaborada sen conservantes, colorantes nin azucres engadidos.

BOLETUS EDULIS

RISOTTO DE COGOMELOS

Un prato completo e nutritivo, elaborado con arroz cremoso no seu punto e deliciosos cogomelos de máxima calidade.

PASTA CON COGOMELOS

Con esta pasta prepararás un prato ben sabedor, san e nutritivo en só 11 minutos. Con 19 gramos de proteína vexetal por ración e sen aditivos, gozarás da textura cremosa e do sabor desta receita.

P C C p sa en 19 ve ad te sa

Goza do sabor auténtico e da calidade en cada bote. Os boletus edulis son os cogomelos silvestres máis apreciados en gastronomía polo seu profundo aroma, sabor intenso e textura suave. Elabóranse en conserva con aceite de oliva virxe extra.

SE TES PRÉSA: SOLUCIÓNS DE MARCA EROSKI

Revolto de cogomelos e gambas, Arroz con segredo ibérico e cogomelos, Tortelloni de cogomelos e Salsa de cogomelos

Auténtico

SABOR ITALIANO

Aínda non probaches a pasta italiana EROSKI? Está elaborada en molde de bronce con trigo italiano 100%, sen ovo e cun 14% de proteína. Ademais, o seu envase está libre de plásticos.

ACOMPAÑA A PASTA

COAS NOVAS SALSAS EROSKI

1. Espaguetes.

2. Fusilli

3. Tortiglioni

4. Strozzapreti con remolacha, cenoria negra e cebola

5. Penne con cabaza, cúrcuma e pementa negra

Pasta con cogomelos salteados picantes

4120’

Para a pasta

• 300 g de fariña

• 3 ovos medianos

• 3 g de sal (optativo)

Para os cogomelos

• 30 ml de AOVE

• 1 chalota

Elabora a pasta

Nunha mesa limpa facer un volcán coa fariña e escachar os ovos dentro.

Amasar, mesturando primeiro coa punta dos dedos e despois con toda a man. Obteremos unha masa lixeiramente dura que se despega das mans. Envolver a masa con filme e deixala repousar unha hora.

Dividir a masa en porcións e facer bólas. Esparexer fariña pola superficie de traballo e estirar cada bóla cun

• 320 g de cogomelos

• 3 g de ourego

• 3 g de caiena

• 25 g de salsa tomate

• 7 g de vinagre balsámico

• 10 g de queixo parmesano

rodete. É importante que quede unha lámina fina e rectangular para que ao cortar obteñamos unhas boas tiras de pasta.

Prepara o salteado

Saltear a chalota con AOVE, engadir os cogomelos ata douralos, agregar allo picado, ourego, caiena, salsa de tomate e vinagre.

Reservar.

Cocer a pasta e botala por riba dos cogomelos. Mesturar co queixo parmesano e servir.

Elaboradas en Sicilia con tomate 100% italiano

0,98€

1. Salsa boloñesa (cun 15% de carne). 2. Salsa napolitana 3. Salsa basílico. 4. Salsa boloñesa de soia 5. Salsa arrabbiata (con tomate, pemento vermello e chile).

POR RACIÓN

Pasta alla puttanesca

• 70 ml. + 1 cullerada de aceite de oliva

• 7 filetes de anchoa

• 1 dente de allo

• 1 kg de tomate natural triturado

• 1 chisco de sal

• 1 culleriña de ourego

• 2 culleradas de alcaparras

• 15 olivas negras

• Parmesano relado

• 450 g de pasta Gigli

Cortamos as anchoas en anacos e picamos o allo.

Poñemos o aceite de oliva nunha tixola a lume lento e engadimos as anchoas. Cociñámolas ata se desfaceren.

Agregamos o allo e cociñamos 12 segundos.

Engadimos o tomate

cun chisco de sal, subimos o lume ata levar a ebulición e logo cociñamos a lume lento 25 minutos.

Agregamos a cullerada de aceite, o ourego, as alcaparras e as olivas partidas.

Cocemos a pasta e mesturámola coa salsa.

Engadimos o queixo parmesano.

Espaguetes ‘nero di sepia’ con ameixas

• 1 paquete de espaguetes al nero di sepia EROSKI SELEQTIA

• 4 dentes de allo

• 1 chile

• Dúas ramiñas de perexil

• 1/2 vaso de viño branco

• AOVE

• Auga e sal para ferver a pasta

• 250 g de ameixas

Cocemos a pasta al dente

Botamos un pouco de aceite nunha tixola duns 22 cm de diámetro, poñémolo a lume alto e sofritimos o allo e o chile picados finos. Engadimos as ameixas e o viño branco e baixamos a lume medio-alto,

Espaguetes con olivas, piñóns e queixo grana padano

• 300 g de espaguetes cocidos al dente en auga con sal

• 16 olivas manzanilla sen carabuña

• 12 olivas de Aragón sen carabuña

• 2 culleradas de piñóns lixeiramente torrados

• 8 tomates secos en aceite de oliva cortados en

anaquiños

• 1 sobre de grana padano relado

• 1/2 vaso de AOVE

• 1 cullerada de herbas secas (ourego,tomiño, xarxa…)

• Albáfega fresca

• Medio limón

Mestura nun bol as olivas, os tomates,

as herbas e o AOVE. Nunha fonte, mestura a pasta coa salsa e remexe ben. Engade os piñóns e volve remover.

Bota dúas culleradas sopeiras de queixo e remove de novo. Sirve con follas de albáfega, un chorriño de limón e moito queixo relado por riba.

ata que as ameixas abran e o líquido practicamente se evaporara. Engadimos o perexil picado e removemos.

Escorremos a pasta e volvémola introducir na pota. Engadimos as ameixas e mesturamos. Servimos decontado.

MÁIS CULLER

RECONFORTA

Coa chegada do frío empezan a apetecer comidas diferentes. Pratos cos que non só queces, senón que che nutren e son como unha aperta cando os tomas. Unha opción que che é ben boa e saudable son as sopas, cremas e potaxes. Podes facer máis cantidade e conxelalas, o que te sacará dun apuro cando non teñas tempo.

Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos Atoparás todos estes produtos en EROSKI Sempre a bos prezos

LEGUMES

3 IMPRESCINDIBLES NA TÚA POTA

Son ricos en proteínas vexetais, fibra, ferro e vitaminas do grupo B. Achegan enerxía e son excelentes para a saciedade. A recomendación é tomar entre 4 e 7 racións á semana.

1,59 € POR RACIÓN

VERDURAS

Fonte de vitaminas, minerais e antioxidantes, son esenciais en calquera prato de culler para mellorar o seu valor nutricional e o seu sabor. Recoméndase tomar cinco verduras ou froitas diarias.

CALDOS

Son a base líquida de moitos pratos de culler, aos que non só lles achegan sabor, senón tamén os minerais e nutrientes esenciais dos alimentos que os integran.

Sabías que a fabada asturiana EROSKI leva anos considerada polos consumidores como a mellor fabada de supermercado pola súa relación calidade-prezo?

Que che acheg ?

Este prato completo e saudable achega hidratos de carbono, proteínas e fibra, vitaminas B1 e B3 e minerais. As graxas insaturadas proveñen principalmente do queixo, que é unha graxa láctea non prexudicial.

Fabas con alfábega, piñóns e parmesano

2 20’

• 30 ml de AOVE

• 30 g de piñóns

• ½ culleriña de cúrcuma

• 2 chalotas

• 2 dentes de allo

• 125 ml de caldo de polo

• 1 bote de fabas

• 40 g de queixo parmesano

• 7 g de alfábega fresca

• 1 limón

• 2 g de sal

• Pementa negra

Poñer un pouco de aceite de oliva a quecer nunha tixola a lume medio. Botar os piñóns e cociñalos durante 5 minutos ata estaren torrados. Retirar do lume e engadir cúrcuma, sal e pementa negra. Cortar as chalotas á xuliana e rustrilas nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva ata estaren tenras. Agregar os dentes de allo picados e cociñalos ata colleren cor.

Agregar as fabas escorridas e cubrir co caldo de polo. Baixar o lume e, tras dez minutos, engadir o queixo parmesano relado. Cociñar ata que o queixo se funda e quede unha salsa cremosa. Fóra do lume, engadir por riba a alfábega fresca picada e mesturar. Servir en prato fondo e aliñar cun chorriño de zume de limón. Finalmente, decorar cos piñóns torrados, un pouco de queixo parmesano relado e unhas follas de alfábega.

BUSCA OS PRODUTOS EN EROSKI

FABADA

Este prato, coa faba vermella como protagonista, é todo un ritual no País Vasco, onde se atopa a única IXP de faba vermella da Península: a faba de Tolosa. A receita orixinal cociña e serve por separado as fabas, o chourizo, a morcilla, o touciño e a costela, chamados tamén sacramentos. Acompáñase de verza cocida e de chiles en vinagre.

Acompáñaas

Convidámoste a coñecer Zubelzu Piparrak, en Ibarra (Guipúscoa), da man de Pedro Zubelzu, quen nos revela os segredos que hai detrás dos chiles EROSKI SELEQTIA. Con máis de 29 anos dedicados a ofrecer a mellor calidade e un sabor excepcional, cremos no seu esforzo, no seu saber facer e en que produtos coma estes son bos para ti e a túa xente.

Sopa picante de tomate e ameixas

• 1 bote de tomate natural triturado (400 ml)

• ½ ceboliña

• 1 dente de allo, 1 piparra

• 2 culleradas de AOVE

• ½ culleriña de caiena moída

• 1 ½ culleriña de comiño en po

• 16 ameixas

• 400 ml de auga

• 120 ml de leite de coco

• 90 g de noodles

• 1 feixe de coandro

• Zume e reladura de 1 lima

• Unhas rodas de piparra

• Sal e pementa

Poñer unha pota a lume medio co aceite, botar a ceboliña picada fina, o allo e mais a piparra e deixalas rustrir. Engadir o tomate, a caiena, o comiño e cociñar 5 minutos.

Poñer unha tixola ao lume con 200 ml de auga e as ameixas e deixar que abran. Reservar. Coar o caldo que ceibaron as ameixas e engadilo á sopa de tomate.

Triturar a preparación anterior e engadir o leite de coco e, se é preciso para acadar a textura que se desexa, o resto da auga.

Salpementar, engadir as ameixas e o zume de lima. Cocer os noodles seguindo as instrucións do paquete, pero deixándoos un minuto menos. Escorrelos e incorporalos á sopa.

Á hora de servir, cubrir con abundante coandro picado, reladura de lima e rodas de piparra.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

B D E C

3,54€

POR RACIÓN

0,88€

POR RACIÓN

Crema de coliflor e roquefort

635-40’

• 800 g de coliflor en ramalletes

• 1 ceboliña

• 2 dentes de allo

• 100 g de pataca

• 2 culleradas de AOVE

• 1.300 ml de auga ou caldo vexetal

• 120 g de queixo roquefort

• Sal e pementa acabada de moer

• Tomiño e sementes variadas

• 3 peras laminadas

Quentar o aceite nunha pota a lume medio. Engadir a ceboliña picada fina e mais o allo machucado e dourar. Agregar a coliflor e a pataca e refogar 2 minutos.

Incorporar o caldo e subir o lume. Desde que ferva, deixar a

Sempre bos prezos S Sep prezos os

pota medio tapada uns 20-25 minutos, ata que as verduras estean tenras.

Triturar todo co batedor ata ter unha crema sen grumos. Se vemos que quedou espesa, engadir un chisco máis de caldo. Se quedou líquida, deixala evaporar a lume medio coa pota destapada.

Quentar a crema a lume medio-baixo e engadir o queixo esmiuzado. Deixar que se vaia desfacendo, engadir pementa e corrixir o punto de sal. Rematar engadindo follas de tomiño limoeiro fresco.

Servir quente, decorada cunhas láminas de pera, follas de tomiño, sementes variadas e unhas pingas de aceite de oliva

Sempre bos prezos S Sepos

Crema de berenxena e cabaciña asadas

450’

• 1 cabaciña

• 1 berenxena

• 1 cebola vermella

• 3 dentes de allo

• 1 pataca pequena pelada

• 2 culleradas de AOVE

• Sal e pementa acabada de moer

• Follas de tomiño fresco

• Caldo vexetal ou auga (de 500 a 1.000 ml)

• Croûtons de pan torrado con allo

• Sementes variadas

Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo. Cortar a cabaciña, a berenxena, a pataca e a cebola en rodas grosas.

Machucar os dentes de allo coa pel.

Espallar as verduras nunha bandexa de forno, regar cunha cullerada de AOVE, salgar e moer pementa por riba e esparexer unhas follas frescas de tomiño.

Enfornar durante uns 30-40 minutos ata que todas as verduras estean tenras

Poñer unha pota ao lume, botar as verduras asadas e mais o caldo ou auga e triturar, deixando algúns anacos pequenos de verdura. Deixar ferver cinco minutos a lume medio.

Servir cuns croûtons de pan torrado e cunhas sementes.

0,39€ POR RACIÓN

1,93€ POR RACIÓN

Crema de cabaza, pataca e porro

445’

• 1 quilo de cabaza

• 300 g de patacas

• 2 allos porros

• 200 g de cogomelos de cardo, champiñóns, shiitake...

• 2 ramiñas de perexil

• 80 g de queixo manchego de ovella curado

• 1 dente de allo

• Aceite de oliva

• Sal e pementa

Pelar a cabaza e as patacas e partilas en rodas. Limpar os porros e toralos. Limpar os cogomelos e partilos. Pelar e picar o allo. Lavar o perexil, secalo e picalo. Cortar o queixo en labras finas utilizando un pelador.

Sempre bos prezos S Sep prezos os

Rustrir o porro durante cinco minutos nunha pota cun chisco de aceite. Engadir a pataca e a cabaza, cubrir con auga, salpementar e ferver durante uns 20 minutos. Triturar, rectificar de sal e pementa se é preciso e reservar quente. Quentar unha tixola cun pouco de aceite, engadir o allo e, así que se empece a dourar, agregar os cogomelos e saltealos cinco minutos. Salpementar e incorporar o perexil.

Repartir a crema en catro pratos sopeiros e rematar o prato colocando os cogomelos no centro xunto coas labras de queixo.

MÁIS

VERDURA

CEAS RÁPIDAS E SAUDABLES

As verduras de tempada convértense en grandes aliadas para preparar ceas nutritivas, saborosas e reconfortantes. Algunhas, como o brócoli e a coliflor, están no seu mellor momento e ofrécenche receitas rápidas e saudables. Os novos floretes EROSKI de brócoli e coliflor permítenche aforrar tempo na preparación e crear pratos deliciosos en poucos minutos.

O seu envase ten un 80% de material reciclado. Abre, lava e listo.

Estas dúas verduras son ricas en fibra, vitaminas C e K e antioxidantes. O brócoli destaca polo seu contido en vitamina

A e calcio, ideal para a saúde ocular e ósea, mentres que a coliflor contén máis compostos sulfurosos, que favorecen a limpeza do organismo.

FLORETES DE BRÓCOLI E COLIFLOR

AO MICROONDAS

Cociña os floretes no microondas cun chisco de aceite de oliva e sal durante 5-6 minutos. Logo, engade queixo relado e un toque de pemento doce e volve quentar un minuto máis.

10 MIN

FLORETES DE COLIFLOR

CON ESPECIAS EN ‘AIRFRYER’

Mestura os floretes de coliflor cunha cullerada de aceite de oliva, sal, pementa, cúrcuma e comiño en po. Remove ben e asa na airfryer a 180 ºC uns 12-15 minutos sen superpoñelos. Remove á metade do tempo para que se douren de xeito uniforme. Así que estean listos, engádelles un chorriño de zume de limón e esparexe por riba perexil fresco picado antes de os servir.

CONFORT EXPRÉS

Unha cea saudable lista en tan só tres minutos. Estas cremas de verduras, sen conservadores e en formato individual, son unha opción saudable e equilibrada para tomar ao final do día. Entre outras vantaxes, o envase é apto para quentar e meter no microondas, a tapa conta cun sistema para abrir e pechar de novo con seguridade e as tres están sempre a bo prezo.

BRÓCOLI CON QUINOA

Escalda os floretes durante dous minutos en auga fervendo con sal. Pásaos a un bol con auga xeada e coce a quinoa durante 15 minutos. Engade pementa, unha manchea de améndoas picadas, hortelá, arandos, queixo parmesano e unha vinagreta co zume dun limón espremido, 6 culleradas de aceite, sal e unha culleriña de mostaza.

MÁIS LOCAL

COMO FEITO NA CASA

A comida que nos reconforta, que nos lembra a cociña da nosa infancia, elévase cando a preparamos con ingredientes frescos, de proximidade, producidos con mimo e respecto polo medio natural. En EROSKI levamos anos confiando no saber facer dos produtores locais, porque pensamos que hai praceres que non teñen prezo, como saborear un queixo de proximidade, gozar duns mexillóns galegos ou descubrir que o caldiño que tanto che lembra ao que che preparaba a avoa está elaborado a escasos quilómetros da túa casa.

Edurne García desvélanos os segredos do caldo e consomé de galiña EROSKI SELEQTIA

SABOR auténtico

Por que probar os caldos EROSKI SELEQTIA?

Por utilizar ingredientes de proximidade, de aproveitamento e sempre frescos. Produtos de hortas de preto e ovos de galiñas campeiras criadas ceibas co selo Euskolabel ou de produción ecolóxica.

Porque responden a unha economía circular, que aproveita as aves que xa puxeron ovos e que normalmente non se comercializan e que achegan moito sabor.

Porque son elaborados a lume lento, desengraxados de maneira natural, como se faría nunha cociña da casa. É así como se acada un caldo claro e baixo en graxa.

E, sobre todo, porque son produtos locais, elaborados por Delicatetxe. Esta pequena cooperativa posta en marcha no 2019 está situada en Elorrio (Biscaia) e combina tradición e modernidade. Foi considerada empresa innovadora en Biscaia, xa que se autoabastece con enerxía solar de paneis situados na súa propia planta.

Faino ti mesmo e conxélao para sacalo cando che apeteza

UN CALDO DISTINTO PARA CADA DÍA

Baixo a marca EROSKI atoparás, ademais, caldos de polo, de peixe, de carne, de cocido, de verduras e hortalizas, BIO e ata baixos en graxa. Tes novas variedades coma estas:

É TENDENCIA

CALDOS DE ÓSOS E GALIÑA

Elixe entre o consomé de carne e galiña campeira ou o de galiña campeira. con escata

A tendencia actual de facer caldos con ósos, coñecida como bone broth, rescata técnicas tradicionais polos seus beneficios para a saúde. Estes caldos prepáranse con ósos de becerro, polo, porco ou peixe, cocidos a lume lento durante varias horas para extraer nutrientes como coláxeno, xelatina, e minerais como calcio e magnesio. Considéranse beneficiosos para mellorar a saúde articular, a pel, os ósos e a dixestión, xa que tamén conteñen aminoácidos que favorecen a rexeneración celular e a saúde intestinal.

Asa os ósos no forno a 200 ºC durante 30 minutos para potenciar o sabor. Logo, coce os ósos e verduras durante varias horas nunha pota con abundante auga. Cando chegue a ebulición, desescuma e baixa o lume para que ferva devagar. Deixa arrefriar para eliminar a capa superior de graxa facilmente. Conxela o que non vaias consumir.

MÁIS AFORRO

APROVEITAMENTO E BOS PREZOS

Son os pequenos xestos os que nos reconfortan ao final do día. E saber que estás a aproveitar todos os teus recursos é un deles. Por iso, en EROSKI sinalizamos todos os nosos produtos con ofertas e descontos para que poidas elixir a mellor calidade sempre a bo prezo. Planificar, conxelar excedentes e reutilizar sobras tamén axuda a garantir que cada compra se aproveita ao máximo.

Sabías que o pasado ano evitamos desperdiciar 473 toneladas de froitas e hortalizas feas nas nosas tendas?

En EROSKI traballamos para reducir o desperdicio con campañas como a que verás este mes na túa froitería para lles dar visibilidade ás froitas e hortalizas ‘feas’. Porque malia ao seu aspecto -a súa forma irregular ou tamaño fóra do estándar-, son deliciosas e ademais están a mellor prezo.

OUTRAS MEDIDAS QUE NON DEBES PERDER

Descontos de ata o 40% en produtos próximos á súa data de caducidade ou consumo preferente. E paquetes sorpresa a través da app ‘Too good to go’. Os produtos do seu interior, valorados nuns 12 euros, están próximos a caducar ou a alcanzar a data de consumo preferente. E só pagas 3,99€.

O teu carro completo por menos de 70 €. Ademais, atoparás máis de 2.000 produtos para todas as túas necesidades sempre a bos prezos.

TODOS OS PRODUTOS DO CARRO AQUÍ

Quiche de verduras

• 1 masa crebada (230 g)

• 1 porro

• ½ cabaciña

• 1 cenoria

• 100 g de espinacas

• 100 g de queixo de rulo de cabra

• 150 ml de leite

• 100 ml de nata líquida

• 3 ovos

• Sal

• Pementa

• Noz moscada

• Aceite

Refogar o porro nunha tixola ata que estea lixeiramente tenro, incorporar

a cabaciña e a cenoria e continuar refogando. Reservar.

Bater os ovos nun bol. Engadimos a nata, o leite, o sal, a pementa e a noz moscada e volvemos bater ata integrar.

Estirar a masa no molde que vaiamos utilizar, picar cun garfo e cubrir con papel de enfornar. Engadir legumes a modo de peso e enfornar durante 10 minutos.

Botar riba da base o porro, as espinacas, e a verdura refogada e incorporar o queixo de rulo de cabra. Cóbrese todo coa mestura de leite e ovo.

Enfornar durante 25 minutos.

Receitas con PRODUTOS DE AQUÍ

ARioxa é un territorio

cunha horta ateigada de produtos frescos, de calidade e gran sabor. Un alimento tan de batalla como a borraxe convértese nun sinxelo pero distinguido prato nesta receita deseñada polo

Basque Culinary Center.

Receitas deseñadas por:

A BORRAXE DE CALAHORRA

Dispoñible nalgunhas das nosas tendas, en outono atópase no seu mellor momento. É moi apreciada pola súa calidade, frescura e mais polos seus talos tenros e firmes, que a fan moi versátil na cociña. Xa no prato, recoñecerala polo seu sabor máis suave e menos amargo ca outras variedades.

Timbal de borraxes con ovo poé

• 600 g de borraxe

• 2 patacas

• 2 dentes de allo

• Sal e pementa

• 15 ml de AOVE

• 4 ovos

• 10 ml de vinagre

• 50 g de xamón

Guiso de borraxes

Cortar as borraxes e limpalas ben cun pano.

Cocer en auga con sal durante 10 minutos. Reservar.

Rascar e cortar a pataca en anacos medianos e cocer en auga durante 20 minutos. Reservar.

Nunha tixola cun pouco de AOVE dourar os dentes de allo, retiralos e botar as patacas no aceite. Cociñar as patacas, ata que queden algo machucadas,

engadir as borraxes e salpementar ao gusto.

Ovo poché

Poñer auga a quecer.

Así que rompa a ferver, botar un chorriño de vinagre.

Escachar un ovo nun bol, facer un turbillón na auga cunha culler e botar o ovo no interior do turbillón.

Agardar 2-3 minutos ata que o ovo estea cociñado. Retirar.

Po de xamón

Colocar as lascas de xamón nunha bandexa de forno. Enfornar no forno prequentado a 180 ºC uns 4-5 minutos.

Deixar arrefriar, triturar e reservar.

0,94€ POR

Que che acheg ?

A borraxe destaca polo contido en ferro e vitaminas A e C, unha boa combinación, xa que a vitamina C axuda a absorber mellor o ferro dos vexetais.

NUTRI-SCORE
RACIÓN

Que che acheg ?

O 65% do contido é froita e o resto é queixo e leite evaporado, todos alimentos saudables.

TIPS SAUDABLES

Se utilizamos froitas maduras, amais de evitarmos guindalas ao lixo, conseguimos que o sabor da preparación sexa máis doce.

Apta para dietas lactovexetarianas.

Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas

PETIT SUISSE CASEIRO

6 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 15 MIN

3 follas de xelatina neutra

300 g de amorodos (poden ser conxelados ou froitos vermellos conxelados)

100 g de plátano

130 g de queixo crema light

60 g de leite evaporado

1. Poñer a xelatina a remollo uns 10 minutos.

2. Triturar os amorodos e mais o plátano xunto co queixo crema.

3. Poñer o leite evaporado a quecer sen que chegue a ferver e engadir a xelatina escorrida. Mesturar ata que se disolva.

4. Engadir a mestura de froita e queixo ao leite e dar voltas ata obter unha mestura homoxénea.

5. Encher os vasiños ou recipientes que máis nos gusten e levar á neveira durante unha hora como mínimo.

Xente

nova que quere

transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.

ITSASO AGIRRE E ASIER SAGASTA

Pastores e produtores de queixo.

Hai persoas que fan do seu oficio un xeito de vida. Itsaso Agirre e Asier Sagasta son dous pastores e queixeiros novos que manteñen vivo o legado da súa terra. Fixérono coa produción de queixo de autor con DO, elaborado en exclusiva co leite que xera o seu rabaño de ovellas latxas, criadas con métodos que respectan o medio natural e o benestar animal. Dedicación, compromiso e aposta polo produto local, Itsaso e Asier demostran como as pequenas iniciativas poden ter un grande impacto na gastronomía.

ASIER

Por que impulsar unha nova xeración de pastores transforma o futuro da alimentación?

O pastoreo é unha das vías que temos para transformarmos en alimento o que nos dan a terra e a natureza. Tomar da terra o que dá e, asemade, devolverlle os nutrientes que precisa mediante o esterco.

Como se aprende a ser pastor? Apréndese acotío, porque todos os días hai cousas novas. Estudei na escola de pastores de Gomiztegi (Guipúscoa) e agora podo comprender cousas que antes facía porque si. Agora non vexo a vida doutro xeito.

Como recuperar o relevo xeracional?

Hai que apostar polo produto local para que o pastoreo poida seguir vivindo e adaptarse ao futuro, que non é só o caxato, o can, as ovellas e o monte.

E que ten o queixo que nos gusta tanto?

É un queixo de autor, elaborado con leite cru, con callos naturais de año. E iso é, ao final, o que lle dá a súa personalidade.

A produción é totalmente local?

É. Móxese aquí, elabórase aquí, vírase á man o queixo todos os días…

PREGUNTAS QUE DELEITAN

Unha comida que te deleite.

ASIER: o queixo.

ITSASO: o queixo, de sobremesa ou de primeiro.

Adoitas contar ovellas cando non dás durmido?

ASIER: eu decote adormezo decontado.

ITSASO: si, sempre. Se non conto as ovellas non dou durmido

#alimentaloquepiensas

ITSASO

Ser pastora é algo que viviches dende cativa? Os meus avós e mais os meus pais foron gandeiros; nacemos no baserri (casarío). É algo que levo no sangue.

Pero tamén te formaches na escola de pastores de Gomiztegi, en Arantzazu (Guipúscoa).

Si, alí tes cursos moi específicos que che ensinan desde como tratar feridas nos pezuños a facer queixo, rapar… De todo.

Disque ser pastor, máis ca un oficio é un estilo de vida.

Éche duro. Hai que botar moitas horas aquí e sempre tes unha morea de imprevistos. Se non o tomas con algo de humor, a cousa non sae.

A que dificultades teñen que se enfrontar os pastores desta nova xeración?

Teño a sensación de que a burocracia é demasiada e os investimentos son moi grandes.

Participaches no programa Gaztenek Berri, que impulsa proxectos no sector primario. Coidas que cómpre ensinarlles todo este mundo ás novas xeracións?

Abofé! Cada vez a xente está máis desconectada da natureza, da orixe dos alimentos. Poder amosar o que facemos é importante para mantermos este oficio e poñérmolo en valor.

‘CRACKERS’ DE IDIAZABAL

• 75 g de fariña de trigo integral

• 70 g de fariña de garavanzos

• 1/4 de culleriña de sal

• 1/2 culleriña de lévedo de repostería

• 85 g de auga morna

• 40 ml de AOVE

• 3 culleradas de sementes de sésamo negro

• 30 g de queixo Idiazabal

Prequentar o forno a 205 ºC, con calor por riba e por baixo.

Relar o queixo e reservar.

Nun bol, mesturar as fariñas, o lévedo, as sementes de sésamo e mais o queixo.

Mesturar á parte a auga morna e o aceite. Facer un cráter na metade dos ingredientes secos para botar a auga e o aceite e mesturar ben.

Enfariñar a mesa lixeiramente e, coa axuda do rolo, estirar a masa o máis fina posible (3-4 mm de grosor).

Botando man dun cortador, cortar as galletiñas e levalas a unha bandexa de forno cuberta con papel de enfornar.

Introducir as galletas no forno durante uns 10-12 minutos. Deberanse inchar lixeiramente e adquirir unha cor dourada. Sacar do forno e deixar arrefriar.

Para conservalas crocantes durante máis tempo, pódelas gardar nunha caixa de lata hermética, ata no frigorífico, xa que permanecen frescas.

RELEVO XERACIONAL EN GOMIZTEGI

A escola de pastores de Gomiztegi, en Guipúscoa, dedícase a preservar e a transmitir as técnicas tradicionais do pastoreo vasco, combinando formación teórica e práctica. Fundada en 1997, formou de xeito integral a máis de 350 alumnos para xestionar rabaños de ovellas latxas e elaborar o queixo Idiazabal, promovendo a sustentabilidade e o respecto pola natureza e contribuíndo a manter vivas as tradicións rurais e o patrimonio natural do País Vasco. Este centro pioneiro está conseguindo revitalizar o pastoreo, adaptándoo ás novas xeracións e ás esixencias actuais do sector.

o último

TORTELLINI DE QUEIXO

Con auténticos queixos italianos

Pecorino Romano DOP, Grana Padano DOP e Ricotta.

PASTA ITALIANA ‘MUNDO MARIÑO’ EROSKI

TORTELLINIS EROSKI

Leva Italia ao teu prato

En tan só 14 minutos podes gozar dun auténtico prato italiano na túa mesa. Os novos tortellini EROSKI recheos de xamón ou de queixo están elaborados con pasta de trigo 100% italiana e con ovos de galiñas criadas en chan.

TORTELLINI DE XAMÓN

Con prosciutto cru italiano

Un mar de diversión no prato para os teus cativos

Se queres que os teus pequechos o pasen ben mentres comen ben, proba coa pasta infantil ‘Mundo mariño’ con vexetais EROSKI, con formas de polbiños, cabaliños de mar, peixes e veleiros. Elaborada en Italia con ingredientes 100% italianos, como trigo, tomates e espinacas, esta pasta tricolor achega o toque de verduras que buscas, e sen ovo! Ademais, ao estar feita con molde de bronce, ten unha textura perfecta que atrapa as salsas, garantindo cada bocado cheo de sabor. Calidade italiana e diversión en cada prato!

Novas cremas naturais Aneto SABOR CASEIRO

Proba as novas cremas naturais Aneto nas súas variedades de cabaza asada, polo asado con verduras e de gamba e peixe sapo.

Unhas cremas elaboradas como as farías na casa, utilizando só ingredientes frescos e naturais e cociñadas con aceite de oliva virxe extra. Sen aromas artificiais, sen lácteos e sen amidóns.

As cremas Aneto destacan polo seu proceso de cocción e os distintos ingredientes ásanse e saltéanse para lograr que as receitas sexan moito máis saborosas. Ademais, están cociñadas con verduras

procedentes de cooperativas sociais e de proximidade e mais con carne de granxas certificadas en Benestar Animal, no caso da variedade de polo.

Amais de saudables e nutritivas, son unha opción perfecta para gozar dun entrante ou dunha cea deliciosa sen se complicar na cociña.

SURTIDO MEXICANO EROSKI

Tortillas, salsas e todo o sabor de México

Lanzamos novidades! Tortas integrais e unha salsa de queixo, que se suman aos xa exitosos nachos, tortillas naturais e salsa que xa están nas nosas tendas. Dipea con todo o sabor de México, a mellor calidade e bos prezos.

Para os que buscan un toque máis saudable sen renunciaren ao sabor, as tortillas integrais EROSKI achéganche ese plus de fibra que precisas, ao tempo que manteñen unha textura suave e deliciosa.

Apetéceche algo para acompañar? A salsa de queixo EROSKI, co toque xusto de picante, é perfecta para dipear e compartir.

Un aperitivo que hai que probar

Os fans das olivas e os amantes dos bocartes en vinagre teñen o aperitivo perfecto para compartir: as novas olivas recheas de bocarte EROSKI aliñadas con vinagre, allo e perexil. Todo o sabor da tradicional tapa nun só bocado, que fonde á perfección a suavidade e carnosidade da oliva co toque salgado e mariño do bocarte. Lembra, antes de servilas, axitar a lata para garantir que o aliño se reparta uniformemente.

OLIVAS CON BOCARTE EROSKI

Ideas para reparar o cabelo

E DEVOLVERLLE A SÚA

Utiliza xampús hidratantes e nutritivos e evita a auga quente, que pode resecar aínda máis o cabelo. Mellor, lávao con auga morna e acaba cunha enxaugadura de auga fría, que che axudará a aumentar o brillo.

Utiliza máscaras hidratantes polo menos unha vez á semana, especialmente aplicadas nas puntas e pelo longo, evitando o coiro cabeludo para non xerar exceso de graxa. Opta por máscaras con ingredientes nutritivos de orixe natural como o aceite de argán ou o aceite de coco.

Un cepillado delicado cun peite de dentes anchos axudará a evitar roturas.

Dálle un respiro ao teu pelo e trata de utilizar o menos posible o secador e mais a prancha. Se non podes prescindir do secado, utiliza preferiblemente aire frío.

Pon en práctica estes consellos coa nosa marca belle, que conta cunha gran variedade de produtos para o coidado capilar clinicamente testados e formulados en base a unha estrita política de controis para che ofrecer a mellor relación calidade-prezo.

VITALIDADE

XAMPÚ E MÁSCARA

KIT DE EMERXENCIA

REPARACIÓN INTENSIVA belle

VALE desconto nesta revista

Coidan o teu cabelo, reestruturándoo e nutríndoo da raíz ás puntas. Formulados cun complexo rico en ceramidas e aceite de argán, axudan a recuperar o teu cabelo. Utilizados conxuntamente, xampú e máscara forman un tratamento intensivo para o coidado dos cabelos danados, o que contribúe a mellorar o seu aspecto.

VALE desconto nesta revista

XAMPÚ E MÁSCARA

OURO MÁXICO BELLE

Nutren o cabelo da raíz ás puntas e achéganlle brillo sen o engraxar nin apachocar. A súa fórmula combina 3 principios activos imprescindibles: aceite de argán, que rexenera e axuda á reestruturación do cabelo, aceite de xoxoba, que hidrata e fortalece, e keratina, con propiedades acondicionadoras e reparadoras. Para un resultado extraordinario, utilízaos xuntos e transforma o cabelo enxoito e apagado nun pelo hidratado e cheo de vitalidade.

XAMPÚ E MÁSCARA COR RADIANTE belle

Están especialmente formulados para o pelo tinguido ou con mechas, que limpan delicadamente, protexéndoo e axudando a que manteña unha cor luminosa e intensa. Con extracto de farelo de trigo e aceite de camelia e trigo, que actúan como protectores da cor, fortalecen e aumentan a resistencia do cabelo deixándoo suave e brillante.

Unha caída da randeeira, unha rascadura cunha pedra nunha excursión en familia... Ter sempre á man un kit de pequenas emerxencias é un básico para levar na mochila e mais para ter na casa. Velaquí tes todo o que precisas para preparares unha botica de primeiros auxilios, que che vai servir para estares preparado ante calquera emerxencia cotiá.

Consegue os imprescindibles da túa botica con produtos EROSKI por menos de 20 euros

Soro fisiolóxico

Antiséptico transparente

Povidona iodada

Stick árnica

Alivio tras os golpes

Roll-on de emulsión calmante post picaduras con aloe vera

Gasas esterilizadas

Apósitos adhesivos Para peles sensibles, transparentes, infantís, con tecido elástico...

Elixe o teu agasallo ... e ademais, sorteo! Do

1 de novembro

Velaquí algunhas das 60 marcas que chegan con PREMIO este outono. EROSKI club quere premiar a túa fidelidade e, só por mercares algunha delas, podes conseguir UN AGASALLO e participar no SORTEO dunhas vacacións para toda a vida.

Como consigo o agasallo?

1 Ser de EROSKI club.

2 Apuntarte á promoción ao pasares por caixa ou aquí.

3 Alcanza un gasto de 50 € en máis de 60 marcas durante novembro e decembro. Combínaas como queiras!

4 Recibirás un código. Introdúceo en: travelclub.es/eroskiregalo/ e elixe o teu agasallo.

b.es/eroskiregalo/ e elixe o teu a

Ademais, participa no SORTEO

Se te apuntaches á promoción, por cada 5€ de compra nas marcas consegues unha participación automática para o SORTEO dunhas VACACIÓNS PARA TODA

A VIDA. Se gañas, conseguirás 3,6 millóns de puntos Travel Club para trocar por viaxes gratis ou polo que queiras do catálogo.

ntre mochilas, botellas calend

Elixe entre mochilas, botellas termo, calendarios, auriculares, entradas de cinema ou tarxetas regalo de 10€.

Am

(1) Promoción válida do 01/11/24 ao 31/12/24. Recibirás o código regalo por e-mail, SMS ou ao pasares por caixa antes do 15/01/25. Agasallo a elixir entre mochila, botella termo, calendario, auriculares ou entradas de cinema. Suxeitos a variación de catálogo Máis información en: eroski.es/sorteo-club/

Que marcas participan?

Goza de Máis Promocións no ‘Black Friday’

Aforrar este mes tamén é posible fóra de EROSKI. No espazo ‘Máis Promocións’ de EROSKI club poderás seguir aforrando en máis de 80 marcas de moda, lecer, electrónica, restauración, etc. Todas elas, con grandes aforros, que se ingresarán na túa tarxeta EROSKI club.

ATÓPAO EN:

Axuda á infancia

VULNERABLE doutros países

Cada ano, máis de tres millóns de nenos e nenas menores de cinco anos morren de desnutrición ou por causas relacionadas con esta. Non mires para outro lado e colabora connosco cos programas ambulatorios de

nutrición infantil que Médicos Sen Fronteiras levan a cabo en países en desenvolvemento. Esta iniciativa ten como obxectivo que os nenos e nenas vulnerables con desnutrición severa reciban un bo tratamento e recuperen o seu peso medio en menos de oito semanas.

A GRAN RECOLLIDA

EROSKI volve participar na Gran Recollida da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Contribuiremos co transporte e coa loxística e faremos unha achega sobre o total da doazón realizada por todos os nosos clientes.

Como participar?

Acude ás nosas tendas entre o 22 e o 24 de novembro. Voluntarios de FESBAL faranche entrega dunha bolsa para introducires os produtos que queiras doar e que poderás entregar ao rematares a compra. Doa o importe que desexes ao pasares por caixa entre o 22 e o 27 de novembro.

Unha doazón de 5 € equivale a:

NO PAÍS VASCO E NAVARRA

Un ano máis, en novembro sumámonos ao reto de EITB Maratoia, que nesta ocasión recada fondos para axudar na investigación para a prevención e tratamento das enfermidades do corazón xunto con BIOEF, a Fundación Vasca de Innovación e Investigación Sanitarias. Se ti tamén queres colaborar, poderalo facer ata o 21 de novembro ao pasares por caixa nas tendas do País Vasco e Navarra.

fala Kaki Bouquet® para

SABOR ESTRELLA DO OUTONO

para ‘kakinfluencers’ coma ti

Acomunidade de persoas influentes coma ti medra cada día. Compradores anónimos que, ao elixiren Bouquet®, protagonizan unha cadea de valor, sinónimo de garantía, calidade e compromiso coa nosa agricultura.

O kaki Bouquet® está sempre listo para comer, xa que se toma como unha mazá·-con ou sen pel- pero aínda máis facilmente, porque non ten pebidas nin carozo. De consistencia firme, cor alaranxada e polpa crocante, cando está duro está maduro e mantén un sabor doce e delicioso

Rica en fibra e fonte de vitaminas C e A, esta froita raíña do outono axúdanos a coidar as nosas defensas nunha época do ano típica de catarreiras.

Ademais, o kaki posúe un alto contido de auga, frutosa e potasio, polo que é un grande aliado na dieta dos deportistas. Por outra banda, o seu elevado poder antioxidante contribúe a facerlle fronte ao estrés oxidativo.

Ao se comer enteiro, é perfecto para levalo na mochila e consumilo en calquera intre: en xantares e merendas, como snack entre horas, para o ximnasio…

Aproveita ao máximo o seu delicado sabor e sorpréndete coa gran variedade de receitas que podes preparar co kaki

Bouquet®: dende smoothies, tostas, iogures, pancakes, mousses ou ensaladas, ata utilizalo como acompañamento en pratos principais elaborados con outras verduras de tempada, como a alcachofa.

Ademais, cada vez que tomas un kaki Bouquet® xeras unha reacción en cadea que causa un efecto positivo. Elixindo a froita estrela desta tempada, dáste·racións de vida para ti e Racións de Vida para o Campo

O KAKI, SEMPRE BOUQUET®.

NADAL

SEIS MERCADOS E UN CRUCEIRO POLO DANUBIO

Vive un Nadal de cinema visitando algún dos mellores e máis antigos mercados do Nadal do centro de Europa. Un ambiente máxico, cheo de luces, espectáculos en vivo, música, carruseis natalicios e postos nos que poderás mercar unha gran variedade de produtos, como decoracións artesanais de Nadal, xoguetes, roupa de inverno, doces típicos e agasallos. Vive a maxia do Nadal a canda nós e acumula aforro na túa tarxeta EROSKI club! Descubre o teu mellor plan: propoñémosche visitar seis mercados ou gozar dun cruceiro polo Danubio.

Mercado de Nadal de Praga.

Mercado de Múnic (Alemaña)

Dende o século XIV, polo Nadal a praza de Marienplatz ínzase de postos nos que podes atopar produtos artesanais, xoguetes de madeira e gozar do glühwein (viño quente) e das galletas de xenxibre. Non perdas o mercado medieval do Nadal do pazo de Nymphenburg.

Mercado de Núremberg (Alemaña)

Situado na praza Hauptmarkt, data do século XVII. É coñecido como o mercado Christkind, en lembranza do anxo que representa o espírito do Nadal e que inaugura oficialmente o mercado cada ano. Proba as súas lebkuchen (galletas de xenxibre) e mais as figuriñas de ameixa seca.

Mercado de Heidelberg (Alemaña)

Co impresionante pano de fondo do castelo de Heidelberg, cómpre salientar os seus enxebres postos de madeira situados en varias prazas da cidade. As súas rúas empedradas e edificios históricos e mais unha pista de patinaxe sobre xeo na praza Karlsplatz tornan única a visita.

Mercado de Estrasburgo (Francia)

Con máis de 400 anos de historia, é coñecida como a Capital do Nadal. O mercado sitúase arredor da Catedral, iluminada por milleiros de luces. Os visitantes poden pasear entre os seus postos mentres gozan de especialidades alsacianas, como o pain d’épices (pan de especias) e o vin chaud (viño quente).

Mercado de Praga (República Checa)

M

Rodeado pola icónica Igrexa de Nosa

Señora de Týn e polo reloxo astronómico, e custodiado por unha impresionante árbore de Nadal, o mercado ofrece unha atmosfera única, na que atoparás produtos artesanais, decoracións e mais delicias locais como o trdelník (pastel doce enrolado), as salchichas á grella ou o svařák (viño quente especiado).

Mercado de Karlovy Vary (República Checa)

Famoso polos seus balnearios, o mercado do Nadal celébrase no corazón da cidade, entre edificios barrocos e neoclásicos. O seu ambiente íntimo e acolledor convérteo nunha xoia. Os postos ofrecen artesanías locais e produtos típicos checos.

CRUCEIRO POLO DANUBIO

O cruceiro de Nadal máis famoso transcorre polo Danubio e permitirache visitar Linz, Ratisbona, Passau e Viena, que nestas datas ofrecen unha estampa inesquecible para o visitante.

Reembolso mbolso

5 %

á túa tarxeta EROSKI club

5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 30 de Novembro 2024, nas viaxes seleccionadas.

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

FACEMOS EROSKI

13 ANOS SENDO LÍDERES no servizo de atención ao cliente

Grazas por seguires confiando en EROSKI e valorando de xeito positivo a nosa atención ao cliente. Por décimo ano consecutivo, fomos elixidos como Mellor Servizo de Atención ao Cliente do ano, na categoría de club de fidelización. Os premios son un recoñecemento ao compromiso de EROSKI coa mellora continua, ás máis de 100 persoas que traballan nos centros de contacto e aos milleiros de persoas das nosas tendas que fan posible unha atención personalizada, respondendo dúbidas, suxestións e atendendo reclamacións de maneira inmediata ou, se requiren dalgunha xestión, nun prazo máximo de 24 horas.

“O noso selo de experiencia converteuse nunha panca diferencial. O cliente identifícao, recoñéceo e valórao dentro do sector”, salientou a directora de Márketing de EROSKI, Eva Ugarte, ao recoller o galardón no acto organizado en Madrid pola consultora Sotto Tempo Advertising, que aglutinou

a máis de vinte sectores distintos de empresas líderes no mercado na excelencia no servizo.

O servizo de atención ao cliente en EROSKI atende en castelán, euskera, catalán e galego a través de teléfono, correo electrónico, da web www. eroski.es e nas nosas redes sociais. Durante o pasado ano, atendemos 465.768 consultas, cun índice de resolución próximo ao 100%.

O Resga

e

Gana das marcas segue a dar premios

Aínda estás a tempo de gañar un dos máis de 35.000 premios que se agochan cada semana no Resga e Gana das marcas. María Estrella Velo Arantón, de Carballo (A Coruña), xa ten o seu: un ano de compra gratis. Poderás participar ata o 13 de novembro. Bule! O próximo premio pode estar na túa compra!

Como podo participar?

NOVOS OBRADOIROS DO BCC PARA ESCOLARES

Fundación EROSKI e Basque Culinary Center (BCC) impartirán este novo curso escolar máis de medio cento de obradoiros presenciais de cociña O chef da clase a escolares do País Vasco e Navarra en tendas EROSKI. O obxectivo é ensinarlles aos nenos e ás nenas a faceren unha compra saudable e responsable e a prepararen receitas de cociña fáciles e divertidas. A iniciativa intégrase no Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS) que leva a cabo a Escola de Alimentación da Fundación EROSKI.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.