Con moito AMOR
Sempre bos prezos en milleiros de produtos, receitas, vales desconto e moitas ideas para aforrares na casa e no súper
AOS BOS PREZOS AM R ETERNO
AÉ AMOR? É AFORRO
primavera sempre é benvida, pero este ano máis ca nunca. Esta nova estación, que nos convida a adoptar unha mentalidade fresca e renovada, é perfecta para reflectir este cambio na nosa vida cotiá, enfocándonos no benestar e, por suposto, sen deixarmos de aforrar.
Nós tamén dedicamos un tempo para botarmos a primavera a andar renovados. Este 2024 vai ser un ano de amor eterno. Irémoscho contando mes a mes, amosándoche como aforrares na túa cesta da compra mantendo unha alimentación saudable e con moita variedade de opcións locais. Porque comer é unha cousa e alimentarse ben, outra distinta.
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Comezamos con milleiros de produtos sempre a bos prezos que sinalizaremos cunha etiqueta especial. Produtos que che permitirán levar unha alimentación completa, saudable e cargada de alimentos de tempada e proximidade, como as espinacas, os champiñóns, o plátano, a pera, as anchoas, o polo, a pasta... Produtos sempre con bos prezos para elaborares os teus menús e preparares as receitas deliciosas que che suxerimos neste número.
co e a prezos os cunha os che unha alimentación able e mo as o plátano, a pera, olo,
Falamos tamén do máis top deste mes e de que é o que se está a cocer nas nosas redes sociais. Ademais, contámosche algunhas ideas para celebrares o Día do pai, as vantaxes por seres socio que non podes perder e moito máis.
É amor? É aforro.
Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Subdirectora: Lucia Goicoechea
Redactora xefe: Manuela Díaz
1
BOTA A ANDAR A TEMPADA DE AMORODOS
UNHA FROITA INCONFUNDIBLE POLO SEU AROMA E DOZURA
En moitos formatos: para que elixas o teu favorito.
VALE
Se es fan dos ingredientes naturais, non podes deixar de probalos. Cada pastilla dos novos xeles de ducha sólidos belle equivale a 600 ml de xel. A súa fórmula vegana conta cun 96% de ingredientes naturais e está dermatoloxicamente testada. E é máis sostible, xa que emprega menos auga na súa elaboración e porque o seu envase de cartón é 100% procedente de fontes responsables e ten certificado FSC.
NUTRI-SCORE
PROBA A FABADA EROSKI, ELIXIDA COMPRA MESTRA POLA OCU
EROSKI SELEQTIA EN OFERTA
Do 21 de marzo ao 3 de abril, se es socio, terás a 2ª unidade ao 30% en todos os produtos EROSKI SELEQTIA.Combínaos como queiras! (1)
(1) Devolvémosche o 30% do de menor importe na túa tarxeta. 15% de desconto nos produtos ao peso ou por xunto dende a 1ª unidade. Válido ata o 31 de marzo.
...E EN REDES
Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais
Fame DE SORTEOS
Permanece atento ás nosas canles, porque o amor está nas redes con sorteos cos que vas ficar abraiado. En febreiro, sorteamos unha airfryer e un batedor. Que nos terá preparado este mes?
QUERES VER A TÚA RECEITA PUBLICADA?
Cociña, comparte e gaña 100 €
Comparte connosco as túas receitas saudables e leva unha tarxeta regalo de 100 € para gastares nas nosas tendas. Para participar, abonda con subir a foto do prato, etiquetarnos nas redes co hashtag #alimentaloquepiensas e mencionarnos. Cada mes, elixiremos unha receita gañadora que, ademais, sairá publicada nesta sección da nosa revista.
Máis información
Tira proveito do amorodo xunto a @foodiario É tempada de amorodos. Xunto a unha das nosas colaboradoras habituais, Patrizia Vitelli (@foodiario) ensinámosche como tirar proveito do amorodo na cociña. O 21 de marzo, ás 19.00, non perdas o directo do showcooking de EROSKI, no que prepararemos receitas moi saudables con amorodos: unha ensalada, unha vinagreta, algunha sobremesa e unha sorpresa.
CELEBRA O DÍA DO PAI EN PINTEREST
Estreamos, no noso perfil social de Pinterest, un novo taboleiro de receitas para os días máis especiais. Que che parece se pos o mandil e sorprendes o teu pai cunha deliciosa receita?
AMOR ETERNO aos bos prezos
Alapa do amor segue acesa en EROSKI. Sentíchela? Notaches as faíscas no estómago ao mercares o teu produto preferido? É amor? É aforro. En EROSKI pasamos do namoramento ao amor eterno aos bos prezos con milleiros de produtos que che permitirán encher a túa neveira e despensa e levar unha alimentación completa e saudable, tamén con produtos de proximidade. Alimentos frescos nas seccións de froitería, peixería ou
carnicería, produtos locais elaborados no teu contorno máis próximo e básicos que non poden faltar, como o leite, o pan, os legumes ou os ovos.
E, ademais, un carro co imprescindible para o día a día por só 70 €. Porque te queremos axudar a aforrar, busca os produtos sinalizados coa etiqueta Sempre Bos Prezos (*) na túa tenda habitual.
Ademais, sigue a sumar aforro coas nosas ofertas, como a da segunda unidade ao 70% -da que te poderás beneficiar
todo o mes-, descontos en produtos locais e todas as vantaxes por seres socio, como vales personalizados nos teus produtos favoritos, promocións noutras marcas, etc. Sabías que se es socio ouro tes un 4% de desconto máis en todo o que mercas en EROSKI?
O 2024 vai ser un ano de amor eterno. Irémoscho contando mes a mes. Iso si, con moito amor, agarimo e humor. Porque comer é unha cousa, e alimentarse ben, outra ben distinta.
Sempre bos prezos en produtos para todas as túas necesidades
CARRO COMPLETO POR MENOS DE 70€
Aforra o a
Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos
Froitas
Verduras
Peixes e mariscos Carnes
Produtos locais frescos e de alimentación
Legumes
Aceites
Produtos de chacinería
Pans e bolería
Conxelados
Produtos lácteos
Variedades de pasta Conservas vexetais, cárnicas e de peixe
Produtos de hixiene para ti, o teu bebé e a túa casa
E moitos máis...
E
4%
4% MÁIS POR SERES OURO
En todas as túas compras por só 4,99 euros ao mes.
VALES DESCONTO
Activa os teus vales e goza de ofertas personalizadas nos teus produtos favoritos.
2ª unidade de desconto -70%
DESCONTOS E OFERTAS Este mes, goza da 2ª unidade ao 70% e de moitas ofertas máis.
PLAN
2%
DTO.
FAMILIAS 0·12 Devolvémosche o 2% en todo o que merques. Anímate, é gratis!
AFORRA CON PRODUTOS LOCAIS
sexa de aquí Éboque
Vantaxes
Descubre as máis de 5.700 ofertas en produtos locais. É bo que sexa de aquí!
VANTAXES
Aforra con Máis promocións en máis de 80 marcas de moda, electrónica, ocio...
SEMPRE A BOS PREZOS
SEMPRE HORTALIZAS
En marzo multiplícanse as posibilidades para levar unha alimentación saudable. Dispós de máis de 65 hortalizas ricas en nutrientes esenciais, vitaminas e minerais, que atoparás co distintivo ‘Sempre Bos Prezos’, para aforrares mentres mantés un estilo de vida que che senta ben.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Suma proteína cos CHAMPIÑÓNS
É o fungo máis humilde, un básico da compra e sempre a bo prezo. Ademais, é unha excelente fonte de proteínas, fibra, vitaminas do grupo B e antioxidantes, que achegan beneficios para a saúde cardiovascular, fortalecen o sistema inmunolóxico e favorecen a dixestión. Durante todo o ano mantén a súa frescura e calidade, xa que o seu cultivo se realiza en condicións controladas en ambientes pechados. É moi versátil na cociña: dende o acompañamento dunha pasta ata unha deliciosa crema. Probáchelos en cru en ensaladas?
Coa variedade ACERTAS SEGURO
Goza da ampla variedade de hortalizas sempre a bos prezos. Esenciais para elaborar calquera receita: dende nutritivas cremas aos imprescindibles rustridos ou pratos con máis corpo, como unha berenxena rechea ou uns roliños de primavera saudables. Para que coidarse e gozar da comida se dean a man!
Sempre bos prezos S Sep prezos os
#alimentaloquepiensas
Como limpalos
Retira a terra e a parte inferior do talo coa axuda dun coitelo. Logo, lávaos baixo un chorro de auga fría, sen mergullalos.
Brócoli, cenorias, feixóns verdes, pementos tricolor, allos e cebolas
0,79€ POR RACIÓN
Roliños crocantes de verduras con maionesa de alfábega
440’
Para 8 roliños (2 por persoa)
•100 g de champiñóns
• ½ cebola grande
• ¼ de verza
• 2 cenorias
• ½ remolacha cocida
• 8 obleas de papel de arroz
• Sal e pementa acabada de moer
• 1 e ½ culleradas de AOVE
Para a maionesa de alfábega
• 2 ovos
• 30 ml de AOVE
• ½ culleriña de sal
• Zume de ½ limón
• 2 culleradas de alfábega picada
• 1 cullerada de mostaza
Preparar a maionesa cocendo os ovos. Así que estean fríos, pelalos e introducilos no vaso do batedor co zume de limón, o aceite, o sal, a alfábega e a mostaza. Emulsionar. Se a maionesa queda moi densa, engadir dúas culleradas de auga. Introducir na neveira.
Limpar os champiñóns, partilos pola metade e laminar. Saltealos cunha cullerada de AOVE, a lume medioalto. Engadir a cebola e a verza cortadas á xuliana, a cenoria relada e salpementar. Cociñar ben, engadir a remolacha relada e reservar.
Hidratar as obleas de arroz (de 22 cm de diámetro) unha a unha, o tempo que indique o fabricante. Encher cada unha co rustrido. Enrolar.
Poñer unha tixola antiadherente pincelada con AOVE, a lume medio. Así que estea quente cociñar os roliños sen se tocaren, uns dous minutos por cada lado, ata quedaren dourados.
Servir os roliños quentes coa maionesa.
ES PI NA CAS
Este mes regresa unha das nosas verduras máis saborosa, fresca e económica: as espinacas. Ricas en nutrientes, son unha fonte significativa de vitaminas A, C e K, ferro e calcio, que proporcionan beneficios para a nosa saúde e fortalecen o sistema inmunolóxico. Ademais, son baixas en calorías e ricas en fibra.
1. Espinacas frescas
2. Espinacas conxeladas
3. Espinacas para microondas
4. Espinacas en conserva Outros xeitos de incorporalas
NA TÚA DIETA
5. Hamburguesa de polo e espinacas
6. Tortelloni con queixo ricota e espinacas
7. Hamburguesa de tofu e espinacas
ESTA SEMANA SANTA PREPARA
O PRATO MÁIS ESPERADO
Ricas en FERRO PERO NON TANTO
As espinacas que tomaba Popeye antes de ‘bourar’ en Brutus non teñen máis ferro ca outras verduras de folla verde. Contan con 2,7 mg por cada 100 g, o que equivale ao 15% do valor diario recomendado. Non obstante, non se cría iso cando, nos anos trinta, o debuxante Max Fleischer creou a Popeye. O motivo está detrás dunha errata nun estudo sobre este vexetal realizado en 1870, no que, por erro, se colocou mal a coma dos decimais, multiplicando por 10 o contido de ferro nas espinacas.
Cales son os alimentos máis ricos en ferro e que achegan á túa dieta?
0,58€
POR RACIÓNPastel de verdura en airfryer
6 30’
• 200 g de boniato
• 100 g de cenoria
• 3 allos tenros
• 100 g de espinacas
• 4 ovos
• Sal e pementa
• 1 iogur natural
• ½ bóla de queixo mozzarella EROSKI
• 2 culleradas de AOVE
• Salmón afumado
Pelar e relar o boniato e a cenoria. Eliminar o exceso de auga. Laminar os allos e cortar as espinacas.
Mesturalos nunha cunca cos ovos, o iogur, sal e pementa ao gusto e o AOVE.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Colocar a mestura sobre un papel ou nun molde e repartir o queixo por riba.
Cociñar na frixideira a 180 ºC durante 10-15 minutos ou no forno 30 minutos.
Colocar por riba unhas tiras de salmón, unhas rodas de allos tenros e pementa e servir.
Tips saudables
Achega proteína de boa calidade e graxas cardiosaudables.
Ideal para evitar o refugallo. Dependendo dos ingredientes, é un prato económico e completo.
Engade máis verdura na quiche ou no acompañamento.
A B D E C
NUTRI-SCORE B
Incorpora queixo na masa e elixe salmón afumado reducido en sal para evitar condimentar máis o prato.
+ DE 30 FROITAS SEMPRE A BOS PREZOS
Macedonia de aforro
Marzo é un mes para gozaren os amantes das froitas. Un mes de tránsito no que podes atopar deliciosas froitas de inverno, como laranxas, peras ou mazás, e os novos sabores primaverais dos amorodos. Leva a túa favorita para a casa e aforra coas máis de 30 variedades sempre a bos prezos.
ENERXÍA NATURAL
O plátano é unha fonte rápida de enerxía, por mor dos seus carbohidratos naturais, o que o converte nunha excelente opción para un refrixerio saudable. Por algo os comen os deportistas, non si?
FIBRA E SAÚDE
Coa súa irresistible combinación de dozura e auga, a pera é rica en fibra, vitaminas C e K, e mais en antioxidantes, que contribúen á saúde dixestiva, reforzan o sistema inmunolóxico e promoven a saúde ósea.
Lávaa ben e cómea coa pel para obteres todos os seus beneficios nutricionais. Está deliciosa en ensaladas con espinacas e noces, en pizza, combinada con queixo de cabra, como acompañamento nun guiso de carne ou asada ao forno cun toque de canela e mel para unha sobremesa doada e deliciosa. Abraiarate!
DEFENSAS FORTES
Estes pequenos e deliciosos bocados de vitamina C son moi delicados. Por iso, merca só o que vaias consumir e, se ves que se van estragar, conxélaos. Engádelles amorodos a ensaladas e iogures, fai unha salsa con vinagre balsámico e mel ou unha deliciosa marmelada caseira; iso si, controlando a cantidade de azucre engadindo outros ingredientes como a vainilla ou a mazá.
Marmelada caseira Coce durante unha hora a lume medio unha mazá mediana, sen pel nin pebidas, medio quilo de amorodos, unha cullerada de chía e 10 ml de limón espremido. Remove ata conseguir a textura desexada e envasa ao baño maría.
APROVEITA
OS RESTOS DO FROITEIRO
Conxela os plátanos demasiado maduros para facer un xeado instantáneo. Mestura dous plátanos conxelados con 20 ml de manteiga de cacahuete. Acompaña o xeado con froita de tempada.
Salsas e chutneys caseiros. Froitas como os amorodos, mangos ou piñas pódense transformar en deliciosas salsas para acompañar carnes á grella ou peixes. Agrega herbas e especias para potenciar os sabores.
Fai pancakes coas mazás. Goza dun almorzo saudable, delicioso e sostible aproveitando as mazás que están a piques de se estragaren no froiteiro. Para iso, mestura nun bol un ovo, 50 g de avea, un iogur, unha culleriña de fermento ou bicarbonato e canela. Quítalle o carozo á mazá, tóraa, introdúcea na mestura e pona nunha tixola ben quente.
Acumuláronseche demasiadas mandarinas na neveira? Anímate a preparar unha ensalada de polo con
mandarina. Unha receita sinxela que tan só leva uns anacos de peituga de polo á grella, cuarteiróns de mandarina, espinacas frescas e noces torradas. Quedarache ideal se a aderezas co zume dunhas mandarinas, aceite de oliva, vinagre balsámico e un chisco de sal.
Froitas desecadas. Seca os toros de froitas no forno a temperatura baixa e úsaos para lles dar un toque exótico e especial a pizzas, ensaladas, cremas de verduras ou pratos de pasta. Se fixeches demasiada, pódela conxelar sen problema para usala máis tarde. Proba con piña e mazá ou con tomate e pemento, xa que tamén son froitas.
Pan de plátano e muffins saudables. A dozura natural dos plátanos elimina a necesidade de agregar moito azucre. Utiliza os que estean ben maduros para faceres biscoitos.
Torta callada de amorodos
8 30’ + repouso
Para a base:
• 90 g de fariña de avea integral
• 60 g de fariña de améndoas
• 100 g de dátiles sen óso
• 1 chisco de sal
• 45 g de manteiga derretida para compactar as migas
Para o recheo:
• 500 ml de leite
• 1 sobre de callada
• 175 g de amorodos para triturar
• 35 g de xarope de agave
Para o topping:
• Amorodos para decorar
• Menta fresca
0,49€
Prequentar o forno a 170 ºC con calor por riba e por baixo. Forrar con papel de forno a base dun molde de 20 cm desmontable.
Mesturar e triturar os ingredientes da base na orde en que aparecen na lista ata obter migas. Compactar coa manteiga derretida e cubrir con esta mestura a base e os laterais do molde.
Enfornar durante 12 a 15 minutos a base de galleta. Sacar do forno e deixar arrefriar.
Triturar 175 g de amorodos co xarope de agave ata obter un puré fino. Reservar.
Diluír o sobre de callada en 250 ml de leite.
Poñer un cazo ao lume e quentar o resto do leite ata que ferva. Cando o faga, engadir o leite co preparado de callada e levalo de novo a ebulición remexendo constantemente.
Retirar do lume, engadir os amorodos triturados e, unha vez morno, botar no
interior do molde. Levar ao frigorífico ata que calle.
Á hora de servir, lavar ben o resto dos amorodos para cortalos e decorar con eles toda a superficie.
Que che achega?
Os ingredientes fan desta sobremesa unha receita de boa calidade nutricional: fariña integral e de legumes, dátiles no canto de azucre e froita como un dos ingredientes principais.
Tips saudables
O xarope úsase para dar un chisco de dozura. Canto máis maduros estean os amorodos, máis dozura, polo que poderemos reducir o xarope. De substituírmos o leite de vaca por unha bebida vexetal sen azucres e a manteiga por aceite de oliva, sería apta tamén para veganos.
Chega a anchoa DO CANTÁBRICO
Bota a andar unha das tempadas máis agardadas para os amantes do peixe: a da anchoa. O seu sabor intenso, textura tenra e as súas innegables calidades nutricionais converten este pequeno peixe no auténtico rei da primavera nas nosas peixerías.
Frescas, substanciosas e con ese característico toque salgado que as converte en irresistibles, as anchoas están agora no seu mellor momento e tamén ao mellor prezo. Ademais, teñen ese carácter local do Cantábrico que as fai tan nosas. Ao mercalas, estás a apoiar a mariñeiros locais e contribuíndo ao sustento da pesca do teu contorno.
Pero non todas son iguais. Por iso, busca na túa peixería de confianza as nosas
anchoas EROSKI NATUR do Cantábrico. Recoñeceralas polo seu sabor e frescura, pero, sobre todo, por algo esencial para o seu consumo: a sustentabilidade. En EROSKI comprometémonos co medio natural e estas anchoas teñen o selo azul MSC, que avala a protección das outras especies e o futuro do mar. A súa pesca realízase con cerco de baixura, respectando a cota de anchoa permitida por campaña.
1,09€
POR RACIÓN
Anchoas ao forno con chermoula
420’
Limpar as anchoas e retirar a espiña central para abrilas en forma de libro. Metelas no forno prequentado a 200 ºC, engadindo unha culleriña de salsa chermoula por riba de cada anchoa. Enfornar uns 10-15 minutos.
Para a salsa chermoula Mesturar estes ingredientes no morteiro ata acadar unha pasta:
• ½ limón curtido (só se usa a codia)
• Zume de 1 limón
• 2 dentes de allo machucados
• 1 manchea grande de coandro picado
• ½ manchea de perexil picado
• 1 cullerada de pemento doce
• ¼ de culleriña de caiena moída ou unha culleriña de pemento picante
• Sal e 1 culleriña de pementa negra moída
• 1 cullerada de comiño moído
• 4 culleradas de AOVE (60 ml aprox.)
UN PEIXE MOI NOSO
As frías augas do Cantábrico danlle ese sabor e firmeza á nosa anchoa. A súa chegada aos portos de Pasajes, Getaria, Ondarroa, Santoña, San Vicente de la Barquera, Avilés ou Xixón coincide co mellor momento deste peixe azul. A súa carne, o seu sabor e o seu contido en graxa
omega 3 están nun punto óptimo. Bota a andar así a tempada da anchoa, que se alonga ata o 30 de xuño, ofrecendo unha opción saudable para toda a familia pola súa proteína de alta calidade, graxas beneficiosas e unha boa combinación de vitaminas e minerais.
#alimentaloquepiensas
SEGUE AFORRANDO NAS NOSAS PEIXERÍAS ATOPARÁS MÁIS OPCIÓNS SEMPRE
A BOS PREZOS
BACALLAU Sempre de tempada
Se hai un alimento estrela e saudable da nosa gastronomía que está sempre de tempada é, sen dúbida ningunha, o bacallau. Fresco, salgado ou desalgado, con ou sen pel, en lombos, cocochas, esmiuzado... Son tantas as opcións que abofé que presume de ser un dos peixes máis versátiles na cociña. Achégate ás nosas peixerías e axudarémoste a elixir o que máis se adapte á receita que queiras preparar.
TOP 10 gastronómico
Bacallau ao pil-pil
Bacallau con tomate
Bacallau con allada arrieira
Potaxe de vixilia con garavanzos e espinacas
Tortilla de bacallau
Chulas de bacallau
Porrusalda ou patacas con bacallau
Bacallau frito con pementos
Carpaccio de bacallau
Receitas locais: bacallau en caldeirada, á biscaíña, á rioxana...
Nas nosas tendas atoparás bacallau ao peso e tamén prácticas bandexas de bacallau cunha gran variedade de cortes, salgado e mais desalgado, de marca EROSKI e de moitas máis.
M. Mercedes Nieto
Xefa de Peixería de EROSKI Berango (Biscaia)
TODO SON VIRTUDES
O bacallau é un peixe branco de baixo contido en graxa. Achega proteínas, calcio, omega 3, iodo e sales minerais na cantidade recomendada para unha dieta saudable. E sobre todo, está boísimo! #alimentaloquepiensas
Nestas datas adóitanme preguntar como desalgar o bacallau. O truco é cortar toros moi parecidos, cubrir con auga fría e coa pel cara a arriba. Logo, gardalo na neveira durante tres días e mudar a auga polo menos unha vez ao día. Iso si, sempre usando auga fría. Así e todo, cada vez máis clientes optan polo bacallau desalgado, que segue estritos controis de calidade e tecnoloxía punteira para lograr un peixe no seu punto óptimo de sabor. Tamén hai quen prefire o bacallau fresco ou o noso bacallau Skrei EROSKI Natur, con selo MSC de pesca sostible, e que está dispoñible de xaneiro a abril.
0,33€ POR RACIÓN
Boliños integrais con ensalada
8 (50 g c/u) 6 h
Para o prefermento
• 50 g de fariña de trigo integral
• 30 g de auga
• 1/2 gramo de lévedo seco de panadería ou 1,5 g de lévedo fresco
Para a masa final
• O prefermento
• 107 g de auga
• 200 g de fariña de trigo integral
• 1,75 g de lévedo seco de panadería ou 6 g de lévedo fresco
• 5 g de sal e sésamo
Para o recheo
• Leituga, tomate e 1 aguacate
• Sal e pementa
PREFERMENTO. Mestura a fariña, o lévedo e a auga ata obteres unha masa homoxénea. Cubre e deixa repousar tres horas a temperatura ambiente ou unha noite na neveira.
MASA. Saca o prefermento da neveira unha hora antes.
Deposita nun bol o resto da fariña e o lévedo e mestura. Fai un oco no centro e engade a metade da auga e a metade do prefermento en cachiños. Mestura e engade o resto da auga e do prefermento.
Mestura e incorpora o sal. Amasa ata teres unha masa lisa e elástica.
Leva a un bol aceitado, cubre e deixa repousar de hora e media a dúas horas a temperatura ambiente.
Desgasifica a masa, divide en oito anacos e dálle forma de bastóns.
Tapa e deixa repousar entre 25 e 45 minutos. Esparéxelle sésamo (ou sal groso se o que queres é darlle un toque alemán).
Enforna uns 10 a 12 minutos no forno prequentado a 225 ºC, con calor por riba e por baixo.
Enche con leituga, tomate e aguacate. Engade sal e pementa.
PAIXÓN POLA PASTA
Unha alimentación variada e equilibrada pasa por lles reservar un espazo no prato aos hidratos de carbono. A pasta, consumida con moderación, é unha opción interesante que che permitirá unha morea de posibilidades nas túas receitas. Se buscas variedade e aforro, en EROSKI atoparás máis de 50 pastas de marca propia e dos mellores fabricantes sempre a bo prezo.
PARA OS BÁSICOS
• Espaguetes EROSKI basic
PARA OS SOPEIROS
PARA OSQUE ADORAN AS CAPAS
•
•
• Macarróns EROSKI basic
Sbos Sep prezzos
PARA OS FANS DAS ENSALADAS
PARA OS ECO
• Pluma integral EROSKI BIO
• Espaguetes integrais EROSKI BIO
PARA OS CELÍACOS
• Espaguetes sen glute
PARA OS GOURMET
• Maccheroni 3 cereali EROSKI SELEQTIA
• Fettuccine All’uovo EROSKI SELEQTIA
• Spaghetti Al nero di seppia EROSKI SELEQTIA
PARA OSQUEESTÁN Á ÚLTIMA
• Tiburón 100% espelta integral EROSKI
Tips s udab es
1. Elixe pastas integrais
Conteñen máis fibra e vitaminas e teñen un menor índice glicémico, o que pode axudar a controlar os niveis de azucre no sangue.
2. Controla as porcións
A clave está na moderación.
3.Acompaña con vexetais
Podes preparar salsas con tomates, espinacas, champiñóns ou con outras verduras para aumentares a inxestión de fibra, vitaminas e minerais.
4. Inclúe proteínas
Incorpora na receita algo de polo, peixe, legumes ou tofu. Isto non só mellora o perfil nutricional da comida, senón que tamén te axuda a te sentires farto máis tempo.
5. Limita as salsas altas en graxas
Opta por salsas a base de tomate, herbas frescas, allo e aceite de oliva.
6. Variedade na preparación
Proba a pasta de trigo integral, de legumes ou de espinacas para diversificares a túa inxestión de nutrientes.
7. Hidrátate ben Acompaña a túa pasta con auga abonda.
#alimentaloquepiensas
Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos
SEMPRE BOS PREZOS EN EN DELICIOSAS PASTAS GAROFALO
Dende Italia CON AMOR
En EROSKI atoparás as mellores marcas de pasta. Este mes, destacamos a calidade e mestría de Garofalo. Unha marca que utiliza cereais de calidade, dispón de certificado IXP, fusiona técnicas innovadoras con receitas tradicionais e conta con numerosos formatos para elixir.
SPAGHETTI
O gran clásico da pasta longa, creado á antiga usanza segundo os canons da escola de Gragnano, con especial atención á porosidade e consistencia que ofrece esta marca.
ORZO
Un dos cortes da gama ‘Pastina Garofalo’. Un formato versátil, ideal para caldos e sopas.
SALSA Á PARMIGIANA
Receita cun dos produtos máis representativos de ltalia, o Parmigiano Reggiano DOP.
SALSA PESTO ALLA GENOVESE
Con materias primas exquisitas, como a alfábega xenovesa DOP e o Parmigiano Reggiano DOP.
Unha colección de formatos icónicos e atemporais. Grazas á súa excelente capacidade para absorber a salsa e á súa impecable resistencia na cocción, esta pasta está considerada como sinónimo de alta cociña en calquera parte.
f a c a e s e
• RIGATONI
• RADIATORI
• ELICOIDALI
• PENNE ZITI RIGATE
• MAFALDA CURTA
A PASTA, NO SEU PUNTO
• Usa unha pota grande e alta.
• Non mestures formatos ou marcas de pasta.
• Utiliza abundante auga, preferiblemente mineral ou de sabor neutro.
• Bota sal de mesa común.
• Para remover, utiliza sempre culler de madeira.
• Non botes a pasta na auga ata que estea a ferver.
• O tempo de cocción é o que indica o fabricante no envase.
• Así que estea cocida, escorre ben a pasta para evitar que se pase.
• Garda un pouco de auga da cocción para mesturala coa salsa.
Pasta á puttanesca
4 50’
• 85 ml de aceite de oliva
• 7 filetes de anchoa
• 1 dente de allo
• 750 g de tomate natural triturado
• 1 culleriña de ourego
• 2 culleradas de alcaparras (16 g)
• 15 olivas negras
• 60 g de queixo parmesano relado
• 300 g de pasta Gigli
• Sal
Cortar as anchoas en anacos pequenos e picar o dente de allo.
Poñer o aceite (agás unha cullerada) nunha tixola a lume lento e engadir as anchoas. Esmiuzalas coa axuda dunha culler de madeira e cociñar.
Agregar o allo picado e cociñalo durante 12 segundos aproximadamente. Cómpre vixialo ben, xa que se o allo se torra de máis amarga e pode estragar o sabor da salsa.
Engadir o tomate cun chisco de sal, subir o lume ata levalo a ebulición e, tras un par de segundos, baixalo e cociñar a lume lento durante uns 25 minutos aproximadamente ou ata que os tomates reduzan.
Así que reduza a salsa, agregar unha cullerada de aceite de oliva, o ourego, as alcaparras e as olivas negras partidas.
Minutos antes de acabar a salsa, cocer a pasta nunha pota grande con abundante auga e sal. Cando a auga rompa a ferver, engadir a pasta e deixala cocer o tempo que indique o fabricante.
Pasado este tempo, escoámola e mesturámola coa salsa. Esparexémoslle o queixo parmesano.
TIPS SAUDABLES:
Escolle conservas baixas en sal. Lava as conservas en vinagre para reducires a cantidade de sal. Acompaña este prato cunha ensalada ou cun prato de verduras asadas.
NUTRI-SCORE
UNHA RACIÓN CONTÉN:
1,38€
POR RACIÓNUnha carne en equilibrio POLO
Cun baixo contido en graxa e alto valor proteico, o polo destaca como unha opción saudable e económica. Sabías que en EROSKI contas con máis dunha vintena de opcións coa etiqueta ‘Sempre bo prezo’? Baixo a nosa marca EROSKI atoparás unha ampla variedade de cortes e tipos de carne en función da súa crianza. Así, poderás elixir segundo as túas preferencias e cociñar receitas dende 1 €/ración. Asado, á prancha, con tomate ou para lle botar a paellas, guisos e ensaladas. Sabedor, saudable e sempre a bo prezo.
Cría en interior. Ofrece unha carne magra e substanciosa. Aliméntase a base de soia e cereais como o trigo en gran.
Ás de polo EROSKI
Filete extrafino de peituga EROSKI
Sempre bos prezos S Semp prezos os
Criado en interior durante un mínimo de 56 días, con maior espazo, luz e ventilación natural. Carne cun sabor máis robusto e firme.
Zancos de polo EROSKI Natur
Filete de peituga EROSKI Natur
Que teñen de especial os nosos polos EROSKI Natur rústicos? O seu crecemento é lento e a súa alimentación 100% vexetal, complementada con vitaminas e minerais. Ademais, cumpren cos requisitos do European Chicken Commitment, que promove o benestar do polo.
Cría en granxa un mínimo de 56 días con acceso ao exterior.
Menos número de polos por metro cadrado. Sabor máis intenso e unha textura excepcional.
Polo campeiro enteiro
EROSKI Natur
Filete de peituga
EROSKI Natur
Que distingue un polo EROSKI Natur rústico dun campeiro?
A alimentación dos polos EROSKI NATUR campeiros é totalmente vexetal. Ademais, o rústico come un 70% de cereais e, entre eles, o 50% é millo. Tamén se alimenta de soia e compleméntase con vitaminas e minerais que repercuten no noso benestar. Cumpre cos criterios do European Chicken Commitment.
Con selo de benestar animal
O 100% da carne de polo que ofrecemos en EROSKI conta con certificado de benestar animal, que garante unha produción ética e avalía aspectos como a alimentación, o aloxamento, a saúde e o comportamento do animal.
SE NON TES TEMPO
Aínda non probaches os nosos polos asados EROSKI? Listos en tan só uns minutos.
Outros produtos EROSKI con polo:
1. Polo asado EROSKI
2. Hamburguesas de polo
3. Croquetas de polo
4. Espeto de zanco de polo
TIPS SAUDABLES
A maneira de cociñar o polo afecta o seu valor nutricional, polo que optar por métodos de cocción saudables, como asar ou cocer, favorece os seus beneficios nutricionais. É rico en proteínas de alta calidade, baixo en graxas, e con abundancia en vitaminas e minerais como cinc, ferro e fósforo.
#allimentaloquepiensas
EROSKI está adherido ao Compromiso Europeo do Polo (ECC, European Chicken Commitment) para os seus produtos de marca propia.
1,79€
POR RACIÓNPolo con pera, pasta e ensalada de espinacas
• 2 zancos de polo
4 30’
• 4 peras conferencia
• 240 g de macarróns
• 500 g de brócoli e 1 cebola
• 60 g de iogur
• 300 g de espinacas
• 4 noces
• 3 culleradas de AOVE
Partir as peras en cuartos, retirando as sementes, e saltear a metade cun fío de AOVE ata dourar. Reservar á calor.
Cocer a pasta en auga con sal. Escorrer. Lavar o brócoli, facer flores pequenas e cocer ao vapor. Reservar.
• 1 cullerada de vinagre de sidra
• Sal e pementa negra acabada de moer
Partir o polo en anacos e salpementar, mollar cun fío de AOVE e introducir nunha bandexa no forno prequentado a 195 ºC, con calor por riba e por baixo, 30 minutos.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Nunha tixola, cunha culleriña de AOVE, rustrir a cebola picada en brunoise coa outra metade das peras, cortadas en cubos pequenos. Engadir a pasta, o brócoli e o iogur. Mesturar, saltear un par de minutos a lume medio-baixo e salpementar.
Preparar a vinagreta con dúas culleradas de AOVE, vinagre, sal e pementa.
Preparar unha cama de espinacas e aderezar coa vinagreta e coas noces picadas. Cubrir co polo, as peras e a pasta.
Que che achega?
O segredo para que a pasta non resulte un prato moi calorífico é acompañala de verduras. As espinacas, o brócoli e a cebola enriquéceno en fibra, vitaminas e minerais.
OVOS RECHEOS
6 PORCIÓNS / DIFICULTADE 2 / 45 MIN
Para os ovos recheos:
6 ovos
1 pataca
80 g de bonito en conserva 3 culleradas de iogur natural
Para decorar en forma de moucho:
Espinaca baby, olivas negras e cenoria
Para decorar en forma de gato:
Olivas negras, pemento vermello, cenoria e ceboliño
Para decorar en forma de pitiño:
Olivas negras, cenoria, aneto ou talo de cenoria
Cocer os ovos. Arrefriar, pelar, cortar pola metade e reservar as xemas nun bol.
Pelar e cortar a pataca en dados pequenos. Cocer en auga con sal durante 15-20 minutos. Engadila ao bol das xemas.
Escorrer o bonito, xuntalo coas xemas e a pataca e esmiuzar ata crear unha pasta. Engadir un pouco de iogur ao gusto e reservar nunha manga pasteleira.
Encher os ovos coa mestura.
Moucho: cortar as espinacas pola metade para as ás, rodas de oliva para os ollos e triángulos de cenoria para o peteiro.
Gato: partir círculos de oliva para os ollos, triángulos de pemento vermello a xeito de nariz, triángulos de cenoria para as orellas e o ceboliño será o bigote.
Pitiño: cortar círculos de oliva para os ollos, triángulos de cenoria para o peteiro e o aneto ou o talo de cenoria para a crista.
Que che cheg ?
A proteína de maior calidade é a do ovo e, se ben contén ácidos graxos saturados, estes non aumentan o risco cardiovascular.
Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas
Leite 100% local
Dende hai anos, o noso leite EROSKI respecta o benestar das vacas e a natureza favorecendo a gandeiros e produtores do teu contorno máis próximo. Calidade e sustentabilidade dende o campo á botella.
Rico en calcio, en proteínas e vitaminas (A, D, E e do grupo B), o leite é un deses alimentos que sempre está en calquera neveira. Non obstante, o simple xesto de beber un vaso de leite ou de elaborar algunha das numerosas receitas que levan este alimento, é moito máis ca nutrirse e reforzar o sistema inmune.
Porque coidamos que é bo que sexa de aquí, o noso leite EROSKI UHT é 100% local en Galicia, Navarra,
País Vasco e Cataluña. Leite recollido e envasado preto de ti, procedente de máis de 300 ganderías locais, que traballan para que goces da mellor calidade e sabor, respectando o benestar animal e a sustentabilidade do contorno máis próximo.
Ese respecto á natureza continúa alén da granxa con envases cada vez máis sostibles.
O noso obxectivo é ecodeseñar os nosos envases para seren 100% reciclables no 2025.
Sempre bos prezos Sbos Sep prezos
Beber leite local é unha aposta polo presente e polo futuro, xa que apoia a estabilidade e a sustentabilidade do sector lácteo e o relevo xeracional nas ganderías. Para beberes leite de aquí hoxe e mañá.
#alimentaloquepiensas
E tamén sempre A BOS PREZOS
Amais de leite local, en EROSKI dispoñemos de máis opcións -incluíndo leite sen lactosa ou enriquecido en calcio- en leite enteiro, semidesnatado e mais desnatado. E se buscas a etiqueta de ‘Sempre Bo Prezo’, aforrarás con máis de 50 referencias de EROSKI e das mellores marcas do mercado.
Leite desnatado calcio EROSKI
Leite enteiro en botella EROSKI
Leite sen lactosa semidesnatado EROSKI
Chulas con froita
• 4 rebandas de pan integral
• 2 ovos
• 200 ml de leite
• 5 ml de extracto de vainilla
• 10 g de canela
• 1 cullerada de azucre de cana
• 100 g de amorodos
• 80 g de arandos
Nunha cunca, mesturar os ovos, o leite, o extracto de vainilla, a canela e o azucre de cana.
Colocar a mestura nunha bandexa, agregar as 4 rebandas de pan e deixalas en remollo dous minutos por cada lado.
410’
Colocar nunha bandexa de forno sobre papel vexetal e enfornar 180 ºC 5 minutos por cada lado.
Servir con froitas de tempada.
Tips saudables
Se non te privas de comer unha torrada esta Semana Santa, faina saudable seguindo estas recomendacións:
Enfórnaa no canto de fritir.
Usa pan integral.
Acompáñaa de froita.
É apta para dietas ovolactovexetarianas.
Prepáraa en familia
esta Semana Santa
Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.
SUSANA SÁNCHEZ
Directora científica de MOA FoodTech, a startup que converte residuos alimentarios en proteína.
Doutora en bioloxía e apaixonada da microbioloxía, Susana Sánchez traballa para cambiar a alimentación do futuro no seu laboratorio da empresa navarra Moa FoodTech, que fundou tras a pandemia xunto aos seus socios Bosco Emparanza e José María Elorza.
Danlle saída a ese 30% da comida que se desperdicia na industria agroalimentaria -peles e outros restos-, transformándoos de novo, e dun xeito sostible, en opcións alimentarias. No 2021 recibiu o Premio Emprendedora Navarra, que outorga a Asociación de Mulleres Empresarias e Directivas da devandita comunidade.
Por que os refugallos? Porque son fonte de nutrientes; así que, por que non llelos ofrecer como comida a microorganismos, lévedos ou bacterias e transformalos nun novo alimento saudable e sostible?
De onde proveñen eses refugos? Da industria alimentaria. Peles de pataca ou de froita, cascas de sementes...
Como é o proceso que permite transformar unha pel de pataca no ingrediente dunha lasaña? Collemos a pel da pataca ou outros tipos de cascarillas e refugallos agroalimentarios, que ou ben se guindan ou se utilizan para lles dar de comer aos animais, e preparámolos para convertelos en alimento para os microorganismos, como son as bacterias, os lévedos ou os fungos.
E empezan a fermentar? Iso é. Facemos que medren ata uns niveis que nos permiten extraer biomasa. Logo secámola e obtemos un po.
Iso é o que comemos? Si, iso xa se pode comer. Ten un sabor como umami e serviría para aderezar sopas, ensaladas ou desenvolver análogos cárnicos como hamburguesas vexetais.
Canto tempo dura este proceso? Depende dos microorganismos, pero pode durar menos dunha semana. Daquela xa podes ter toneladas dese produto. Ante a necesidade que hai de novos alimentos por mor do incremento da poboación, son unha alternativa con moitas posibilidades.
O certo é que se trata de alimentos de alto valor nutricional. Conteñen unha alta concentración de proteínas, fibra, ácidos graxos, omega 3 e 6, e non teñen carbohidratos. Ademais, teñen betaglucanos, que son compoñentes que serven para reforzar o sistema inmune. Son, polo tanto, ingredientes nutricionalmente bos e o seu impacto sobre a saúde é moi positivo.
Podería ser unha alternativa para evitar ingredientes alérxicos ou dirixidos a persoas con necesidades específicas?
Abofé que si, por iso nós intentamos eliminar os alérxenos de soia ou proteínas de orixe animal. Traballamos en substituír o ovo e, o que é moi interesante, é unha opción para a nutrición especial dirixida a anciáns.
Pregunt s por un tubo
Un instrumento de laboratorio que teñas ata na sopa. O microscopio.
De seres un microorganismo, serías...? Unha eucariótica, que son os lévedos cos que traballamos.
Por que? Porque ten moitísimas cousas positivas e dá revalorizado
subprodutos para obter ingredientes de alto valor.
Es máis de cociñar en laboratorio? Esas receitas lévoas mellor ca as comidas.
A receita coa que cortas o bacallau? Non son moi cociñeira, pero a tortilla de pataca sáecheme ben boa.
UNHA APOSTA DE FUTURO
Estes ingredientes
alimentan un mundo mellor?
Si. Amais de seren nutritivos e saudables, teñen un menor impacto ambiental, contribúen á redución de residuos e utilizan menos auga e espazo. Ademais, utilizamos fermentadores como, por exemplo, os que se usan para a cervexa. Así emitimos menos CO2 en comparación con outras proteínas ou ingredientes.
O gran reto é conquistar o consumidor. Son alimentos naturais e nutritivos, pero cómpre que o consumidor estea aberto a probalos.
Hai moito descoñecemento?
Si, pero están no noso día a día: nos iogures, na carne, no pan.
Que comeremos dentro de 30 anos? Coido que nos diriximos a unha alimentación cada vez máis sostible e nutritiva. Carne cultivada, insectos, novas formas vexetais, unha gran variedade de opcións que irán a máis.
Toda a información sobre o programa: www.eroski.es/ alimentaloquepiensas/
Ideas para deixar abraiado ao MELLOR PAI DO MUNDO
O mellor agasallo para un pai é un “quéroche”. Dedica un tempo a preparar ese día tan especial con detalles que sabes que lle van encantar. Enmarca unha foto na que saiades xuntos, prepara un delicioso aperitivo, bota o día na súa compaña, fai unha manualidade cos pequenos da casa... E, sobre todo, demóstralle que o queres. Sexa como sexa o teu pai, velaquí tes algunhas ideas.
AS MÁIS REFRESCANTES
AS MÁIS LARPEIRAS
Dálle o toque máis doce á sobremesa coas tortas e sobremesas EROSKI SELEQTIA, como a deliciosa torta Sacher de chocolate rechea de marmelada de albaricoque ou calquera das nosas trenzas.
India Pale Ale, Punk IPA, Pilsner, Pale, torrada, filtrada, con limón, negra, lager, sen e con alcohol. Sabes cal é a súa preferida? En EROSKI temos máis de 300 cervexas para sorprendermos os amantes do lúpulo. Sabías que a nosa marca Aurum conta con varios premios? Sen dúbida, deixarano abraiado.
Cervexa 100% malta Aurum
Cervexa torrada Aurum
Cervexa IPA Aurum
Cervexa Craft IPA Aurum
Cervexa Craft Session Aurum
Se consomes alcohol, faino con moderación
AS MÁIS
IRRESISTIBLES
Poucos pais se poden resistir a un bo xamón ibérico. Opta pola calidade para que todo saia a pedir de boca.
MATORRAL
Xamón de cebo e pa de cebo ibéricos 50% raza ibérica. Ibéricos de confianza dende 1986. Con notas intensas e equilibradas, son perfectos para calquera ocasión. Arte feita sabor!
SÁNCHEZ ALCARAZ
Xamón de cebo e pa de cebo ibéricos 50% raza ibérica. Tradición, calidade e sabor sublime en cada lasca. Goza do pracer culinario con estes ibéricos.
EROSKI
Sabías que os ibéricos EROSKI proceden de porcos de raza ibérica criados ceibos nas devesas de Estremadura e Andalucía? Testados por expertos do Basque Culinary Center, a nosa gama EROSKI SELEQTIA é éxito seguro. Unha auténtica delicia!
Variedade de ibérico EROSKI
Xamón de cebo de campo ibérico 50% raza ibérica EROSKI
Pa de cebo de campo ibérica 50% raza ibérica EROSKI
Xamón de landra 100% ibérico
EROSKI SELEQTIA
Pa de landra 100% ibérica
EROSKI SELEQTIA
Combínao con...
SEÑORÍO DE LOS
LLANOS TEMPRANILLO
CRIANZA
Viño aveludado e versátil, cunha elegante complexidade, aromas de carballo e fondo de froita negra.
OTOÑAL CRIANZA RIOJA
RECIENTE CRIANZA RIOJA
Son dúas das referencias más antigas de Adegas Olarra e á súa vez significan unha revisión contemporánea e recente dos viños de Rioxa. Partidas seleccionadas de uva e unha coidada elaboración en adega, para dous clásicos renovados.
AS MÁIS ATRACTIVAS
Regala unha experiencia de afeitado sublime co bálsamo e co xel de afeitar aptos para as peles máis sensibles, grazas á súa fórmula hipoalerxénica, e mais a brocha de pelo natural MEN by belle.
ADIDAS PURE GAME
Fragrancia amadeirada e aromática pensada para xogadores e afeccionados ao fútbol, que demostra que o imposible non é nada cando se trata do traballo en equipo.
ADIDAS ICE DIVE
De fragrancia aromática e cítrica, captura as sensacións dos deportes extremos, engádelle emoción ao día, permite explorar novos territorios e compartir emocións intensas.
1. BROCHA DE AFEITAR
Con pelo natural, mango de madeira e estoxo 100% de orixe renovable.
2. XEL DE AFEITAR
A súa fórmula con aloe vera e alantoína favorece un apurado máximo e o deslizamento suave da coitela, minimizando a fricción.
3. BÁLSAMO AFTERSHAVE
Sen alcohol. Con aloe vera, extracto de macela e provitamina B5.
COLONIA BRUMMEL
Unha fragrancia que resume á perfección as regras do cabaleiro impecable.
NIKE ULTRA BLUE
Un perfume cativador que inspira e seduce as emocións máis profundas.
PCada mércores, un vale sorpresa na ‘app’
or seres do club, todos os mércores do mes de marzo poderás descubrir un vale aforro sorpresa na app. Terás un día para activalo e poderás acceder a grandes descontos. Non o deixes escapar!
Descarga a app gratis e goza das túas ofertas ao momento. Lembra que só tes un día para activares o vale sorpresa e tres días para o trocares. (1)
Aforra esta Semana Santa con Máis Promocións
Aínda non tes plans para Semana Santa? En ‘Máis Promocións’ atoparás ideas e máis aforro para tirar o máximo partido destas vacacións. Parques de atraccións, aloxamento, descontos en carburante... Descubre todo o que podes aforrar! Accede a través da web ou a app EROSKI.
(1) Vale dispoñible todos os mércores de marzo do 2024. Cada vale estará dispoñible un día para activar e tres días para cambiar. É necesario ser socio EROSKI club e ter descargada a app EROSKI.
da vale estará necesario ser
O A o Non das ra s o
os
Actívao na app
SEMANA SANTA
OS IMPRESCINDIBLES DO TEU NECESER
As vacacións soñadas de Semana Santa están á volta da esquina. E con cada escapada xorden sempre os suspiros para dar metido todo dentro do neceser. Velaquí algúns consellos para unha organización sinxela e eficaz sen renunciar a coidado ningún para a túa pel e cabelo.
1PLANIFICA
Fai unha lista dos teus imprescindibles. Descarta os “por se acaso” e adáptate ao teu destino.
BÁLSAMO LABIAL
Cun 100% de ingredientes de orixe natural, como manteiga de cacao e aceites de macadamia e améndoas doces. Certificado COSMOS Natural por Ecocert.
DESODORIZANTE ANTITRANSPIRANTE COIDADO&EFICACIA 24 horas de protección. Perfume con tecnoloxía odour control, que neutraliza o mal cheiro maximizando a súa eficacia.
CEPILLO DE DENTES
Un cepillado eficaz e natural á vez. O seu mango é de bambú fsc® 100% e os seus filamentos son de orixe vexetal. Libre de plásticos.
CONTORNO DE OLLOS
ANTIOXIDANTE ILUMINADOR VITAL+ Con vitamina C, extracto de regalicia e ácido hialurónico. Sen perfume e cun 98% de ingredientes de orixe natural. Oftalmoloxicamente testado. Tubo con 50% de plástico reciclado.
NECESER MALETA
Tamaño ideal para incluír todos os teus imprescindibles.
SIMPLIFICA
Escolle produtos que teñan unha dobre utilidade.
DENTÍFRICO DE MENTA
Proporciona unha hixiene bucal completa, e deixa unha sensación de frescor. Testado baixo control odontolóxico.
CREMA FACIAL HIDRATANTE
Hidrata e protexe da radiación solar. Cun 98,86% de ingredientes de orixe natural, que manteñen a pel nutrida, suave e luminosa, e envase 41% reciclado.
XAMPÚ COIDADO CLÁSICO 2 EN 1
Con pantenol, que hidrata, fortalece e dá brillo, e extracto de sementes de cassia, que axuda a acondicionar o cabelo.
CREMA DE MANS CONCENTRADA
Repara e nutre a pel moi seca e agretada. Con alantoína, aloe vera, manteiga de karité e cun 30% de glicerina.
MÁQUINA DEPILACIÓN
5 FOLLAS MINI
Deseño compacto para que poidas gozar dunha depilación suave, rápida, eficaz e segura en calquera parte. Con funda.
DISCOS QUITAESMALTE
Impregnados con quitaesmalte sen acetona e enriquecidos con vitamina E. Perfectos para evitar derramamentos.
Con extractos de laranxa e papaia e un delicioso perfume. Apto para todo tipo de cabelo.
XAMPÚ SÓLIDO
BÁLSAMO REPARADOR UNIVERSAL
Nutre, rexenera e suaviza a pel de rostro e corpo. Con manteiga de karité e aceite de améndoas doces. Ideal para toda a familia e hipoalerxénico.
ADAPTA
Elixe produtos que, polo seu formato ou presentación, resultan idóneos para viaxar.
PEL SECA E SENSIBLE
TOALLIÑAS DESMAQUILLANTES
Con extracto de algodón e aceite de améndoas doces. Limpan, tonifican, hidratan e son hipoalerxénicas.
AXUDA AS MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO
En España, unha de cada dúas mulleres de máis de 16 anos sufriu violencia ao longo da súa vida. Non deixa de medrar e cada vez detéctase entre xente máis nova. En EROSKI sumámonos a esta loita destinando as doazóns do programa Céntimos Solidarios de marzo á Fundación Ana Bella, Ecos do Sur e Fundación Gizakia para proxectos de axuda psicolóxica e asesoramento legal para as persoas expostas á violencia de xénero.
FUNDACIÓN GIZAKIA
(só no País Vasco)
A través do programa de intervención en violencia de xénero e relacións tóxicas ou situacións incipientes de violencia machista con mozos de 12 a 23 anos e as súas familias, trabállase en procesos que permitan mudar a dinámica relacional, empoderar as mozas, rachar estereotipos e contribuír a que as familias actúen como axentes de prevención e protección ante relacións tóxicas e violentas contra as mulleres.
PLAN SOLIDARIEDADE EROSKI
FUNDACIÓN ANA BELLA
(Todas as provincias con tendas EROSKI, agás Galicia e Cataluña) Esta Rede de Mulleres Superviventes destinará os Céntimos Solidarios ao ‘Programa Amiga’ para lles dar ás mulleres asesoramento especializado, acompañamento emocional, axudas económicas, laborais e terapéuticas.
ECOS DO SUR (só
en Galicia)
A través do proxecto ‘Salvia’, acompáñase as superviventes de violencia no seu proceso de recuperación, ofrecendo un espazo seguro onde reconstruíren as súas vidas, axudando na busca dun emprego que favoreza a súa independencia, fortalecendo a súa autonomía, confianza, autoestima e a toma de decisións.
ZANZÍBAR
UNHA VIAXE DE FANTASÍA AO PARAÍSO TURQUESA
Coñecido polas súas praias de area branca, augas cristalinas e mais pola súa rica historia cultural, Zanzíbar é un destino único que cómpre visitar, polo menos, unha vez na vida. Goza dunha viaxe irrepetible de nove días para todos os gustos e petos e acumula aforros na túa tarxeta EROSKI club.
Se buscas algo diferente para celebrares unha ocasión especial, cunha boa relación calidade-prezo, Zanzíbar é o teu destino. Moitas cadeas hoteleiras españolas, como RIU, SBH ou Meliá xa se estableceron neste paraíso, que ten un compromiso crecente coa sustentabilidade e coa preservación do contorno para gozares dunha escapada inesquecible que te conquistará.
Historia e cultura
Persas, árabes, indios e europeos deixaron a súa pegada nesta incrible illa que, durante séculos, foi un importante centro comercial, como se aprecia en Stone Town, a zona antiga da súa capital. As súas rúas estreitas, edificios históricos, bazares e mesquitas non te deixarán indiferente. Tamén poderás visitar mercados locais, a Casa das Marabillas, o pazo de Maruhubi, as ruínas de Kizimkazi e a Mesquita Malindi.
Praias paradisíacas
Hai opcións para todos os gustos. En Nungwi poderás gozar de deportes acuáticos e dunha animada vida nocturna. Paje atrae os amantes do kitesurf, mentres que Jambiani ofrece unha experiencia máis tranquila para se perder nas brancas praias de Zanzíbar.
Biodiversidade mariña
Os coloridos arrecifes de coral de Zanzíbar albergan unha abraiante diversidade de vida mariña. No atol Mnemba avístanse arroaces e sapoconchos. É un paraíso para os amantes do mergullo e do snórkel xa que, amais da vida mariña, permite explorar naufraxios mergullándose.
Cociña exquisita
As especias, as froitas frescas e mais o peixe son a base da cociña zanzibareña. Unha gastronomía de gran mestizaxe con pratos de arroz condimentado como o pilau, ou o urojo, unha sopa de peixe con especias. Tamén poderás degustar receitas populares de influencia india como o biryani, o mandazi, as samosas ou o chapati.
Preservación ambiental
Zanzíbar está comprometido coa preservación do medio natural e coa sustentabilidade do turismo. Conta con medidas para protexer os seus arrecifes de coral, concienciar sobre a conservación mariña e promover prácticas turísticas responsables. Hai unha morea de ecoresorts e os operadores turísticos esfórzanse por minimizaren o seu impacto.
5 % Reembolso
5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 31 de marzo do 2024 nas viaxes seleccionadas
En Viaxes EROSKI
reserva de xeito seguro e flexible
o último
EROSKI SELEQTIA
CHOURIZO IBÉRICO DE LANDRA
Da devesa á túa mesa
Agama de ibéricos de landra EROSKI SELEQTIA é un agasallo para o padal. Se probaches o noso xamón, pa, lombo e salchichón de landra ibéricos, non podes perder o novo chourizo EROSKI SELEQTIA. Un sabor único que chega á túa mesa dende as devesas de Estremadura e Andalucía, e que foi testado polo Basque Culinary Center.
Goza do sabor inconfundible dos nosos ibéricos. Son o bocado perfecto
PATÉS DE PARRULO EROSKI
Unha experiencia única de sabor ao alcance de todos
Afusión perfecta de sabores e a textura sedosa converten os patés de parrulo EROSKI en todo un deleite para os sentidos ao alcance de todos os petos. A suavidade inigualable do paté de parrulo escorrega delicadamente polo padal e fai que cada intre sexa unha celebración. A nova gama inclúe tres variedades de paté de parrulo para combinar e degustar aqueles sabores máis apreciados: paté á pementa verde, paté con cebola
acaramelada e mais o clásico paté. Ningún deles contén glute.
Consellos de uso
Conservar entre 3 ºC e 5 ºC. Abrir o envase 10 minutos antes do seu consumo.
Unha vez aberto, conservar en frío e consumir en cinco días.
para te dares unha homenaxe coidando o teu peto, cun sabor auténtico, xa que na súa elaboración non se utilizan máis condimentos ca pemento, allo e ourego.
A súa calidade vén avalada polo seu equilibrio en graxas, proteínas, hidratos de carbono e pola súa relación ente coláxeno e proteínas. Búscao nas nosas tendas, ben envasado en lascas, ben ao corte nos nosos mostradores de chacinería.
Sal Maldon® presenta novos sales que inspiran a cociñeiros e chefs
A gama de sales do mundo eleva a experiencia culinaria co Sal Rosa do Himalaia e co Sal do deserto de Kalahari. Saborea o mundo con estes sales seleccionados coidadosamente polos mestres artesáns de Sal Maldon.
NOVAS TORTAS E SOBREMESAS EROSKI
Un doce capricho sen graxa de palma
Xa están nas nosas tendas as novas tortas e brazos EROSKI. Ideais para todos os que teñen algo que celebrar ou, simplemente, para se dar un capricho de cando en vez. Receitas irresistibles, con produtos de gran calidade, nas que, seguindo o noso compromiso, eliminamos a graxa de palma.
Goza da calidade e do bo prezo das tres variedades de torta, como son a popular San Marcos, a torta de trufa e nata, elaborada con nata 100%, ou a torta de queixo enfornada cunha receita exclusiva que te deixará abraiado. Ademais, dispós dos brazos de trufa e de xema con nata, con biscoito enrolado manualmente e con nata 100%.
fala Sal Maldon para
A gama de sabores amplíase
con dous lanzamentos máis: Sal Maldon con allo e Sal Maldon con chili, nunha combinación única de especias de primeira calidade xunto coas escamas® de sal mariño de sempre.
· Biscoito de xema
· Biscoito de trufa
· Torta San Marcos
· Torta de queixo enfornada
· Torta de trufa
novas
AMPLIAMOS O PROGRAMA DE DESCONTOS A familias numerosas en Castela e León
Máis de 25.000 familias numerosas beneficiáronse no 2022 dun aforro de 1,5 millóns de euros nas nosas tendas EROSKI e VEGALSA.
En EROSKI reforzamos o noso apoio ás familias numerosas. Por iso, estendemos o programa de descontos para este colectivo a tendas de Burgos, Soria e León.
Os seus usuarios poderanse beneficiar dun desconto do 2,5% en todas as compras só con presentaren o DNI e a acreditación oficial de familia numerosa expedida pola Junta de Castela e León. Así o fixeron máis de 25.000 familias numerosas nas nosas tendas no 2022, beneficiándose dun aforro
EROSKI INNOVA
de 1,5 millóns de euros. Súmaste ao noso plan?
A través desta iniciativa, dende EROSKI queremos aliviar a carga económica das familias numerosas. Xa levamos máis de 19 anos a traballar neste plan a través de asociacións como Hirukide, Agafan, Fanoc e Familia XL, entre outras.
Estrea o primeiro robot de almacenamento e xestión de pedidos
En EROSKI seguimos a traballar para mellorarmos os nosos servizos e a túa experiencia nas nosas tendas.
A finais de ano abriremos en Baleares o primeiro sistema robótico de almacenamento e xestión de pedidos de EROSKI. Buscamos así optimizar os nosos procesos, utilizar de xeito eficiente os espazos, mellorar a precisión dos pedidos e unha maior eficiencia nas entregas aos supermercados, que mellore a túa experiencia nas nosas tendas.
Este novo sistema probarase no centro loxístico EROSKI de Son Morro, Mallorca. Porémolo en
marcha xunto ao grupo Smartlog, empresa de referencia en solucións de automatización loxística. Con esta alianza, Smartlog introduce o primeiro sistema robótico AutoStore no sector da alimentación, que permite recoller os produtos de xeito automatizado, maximizando a eficiencia na distribución.
Ademais, mellorarase o seguimento en tempo real do inventario e a xestión por data de caducidade e consumo preferente dos artigos.