EROSKI_ABRIL_2024_GALLEGO

Page 1

Coñece as claves para levares unha dieta saudable, variada e na súa xusta medida.

Receitas para poñeres en práctica e moitas ideas máis que non quererás perder

Un bo

www.eroski.es Abril 2024 Nº98
EQUILIBRIO Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda. Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club

04 Neste número

06 Coñecendo EROSKI: queremos ser a túa tenda preferida

10 O máis top do mes

11 En redes

12 Todo na súa xusta medida

16 Berenxenas

18 O segredo mellor gardado dos feixóns

20 É tempada de espárragos

24 Elixe carne de pavo

26 Lascas de pavo para todos

30 Deliciosos ovos campeiros

34 Infoodencers

36 As vantaxes de EROSKI club

38 O último nas nosas tendas

40 Beleza: pés bonitos todo o ano

42 Ser solidario

44 Viaxes: Uzbekistán

47 Vales aforro

50 Novas

3 A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro.
na túa tenda habitua. sumario
Consúltao
www.eroski.es Abril 2024 06 30 44 26 12

Iker Pérez de Arenaza

Responsable de EROSKI club

EBuscamos o EQUILIBRIO

star ben con un mesmo é gozar dun equilibrio emocional e físico. En EROSKI tamén buscamos ese equilibrio en todo o que facemos. Coñécenos mellor e verás que somos unha empresa onde as persoas traballadoras participamos e somos protagonistas. Queremos que goces dos produtos da túa terra, que atopes todo o que buscas sempre a bos prezos e que leves a cabo unha alimentación variada e saudable. Para iso, procuramos asesorarte e inspirarte dende que planificas o teu menú ata que saboreas cada prato.

Neste número falaremos das claves para levares unha dieta saudable comendo de todo na súa xusta medida. Coas porcións apropiadas e unha alimentación na que teñan peso as froitas e hortalizas variadas como a

berenxena, os espárragos ou os feixóns verdes. Contarémosche algúns trucos e receitas fantásticas.

Que che parece preparar un solombo de pavo con tallaríns de cabaciña? Un prato doado e moi saudable cunha carne tenra, lixeira e rica en proteínas. E falando de proteínas, probaches os nosos ovos campeiros? Non perdas o especial que elaboramos con tips para conservar e cociñar o ovo. Abraiante!

E neste equilibrio, que sen dúbida buscamos todas as persoas, non pode faltar o aforro. Por iso, en abril, se aínda non tes a tarxeta Ouro, regalámosche dous meses de cota gratis para gozares dun 4% en todas as compras que realices en EROSKI. Ten en conta que cun gasto semanal de 35 euros xa compensa. Se queres saber máis, queda comigo.

Foto de portada: Momento Estudio

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia).

Tel. +34 946 211 211

Directora: Ainhoa Oyarbide

Redactora xefe: Manuela Díaz

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García.

Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica.

Orense, 85. 28020 Madrid.

Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

4
ADOT S AS RECEITAS DESTE NÚMER O ÍUQA Síguenos
editorial
Y EDICIÓN Factoría Prisa Noticias, S.L.U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
+34
REALIZACIÓN
Tel.
915 386 104

Coñecendo EROSKI

Queremos ser a túa tenda preferida e, para que nos elixas cada día, é importante que nos coñezas máis.

Somos Blanca, Susana, Pedro e outras 27.300 persoas traballadoras e preto de 6,5 millóns de socios clientes. Somos os teus veciños, irmás, compañeiros. Un equipo de persoas ilusionadas e moi motivadas, que coidamos que é posible facer as cousas dun xeito diferente.

Ten chovido moito dende que abrimos a primeira tenda en 1971. Hoxe xa contas con máis de 1.600 tendas, nas que atoparás unha

oferta de calidade, con milleiros de produtos de proximidade e sempre a bos prezos.

E aínda que medramos, seguimos a ser unha gran familia, onde os valores compartidos, a participación, a confianza e o compromiso coa comunidade forman parte do noso día a día. Coñécenos mellor e verás que a todas as xeracións que pasaron por EROSKI nos une a ilusión por sermos a túa tenda de confianza.

6
De esquerda a dereita, Susana Moral, Itxaso Rodríguez, Jon Ander Martín, Blanca Boada, Pedro Nogueira e Eva Vázquez, traballadores do hipermercado Artea, en Biscaia. Fotos: Vicente Paredes

Oferta de calidade

A nosa oferta de produtos é de gran calidade e variedade. Dispós das mellores marcas e da nosa marca EROSKI para elixires o que precisas no teu día a día. Froitas e verduras de tempada, peixes moi diversos, carnes brancas e vermellas en variados cortes, pans de todo tipo e solucións para que, se non tes tempo, ou non queres, non teñas que cociñar. Porque buscamos facilitarche unha alimentación completa e variada sempre a bos prezos.

Ademais, ofrecémosche unha moi ampla gama de produtos de alimentación imprescindibles na túa neveira e despensa que cubran todas as túas necesidades, sexan as que sexan. Sen esquecermos todo o que precisas para o coidado persoal de toda a familia e do fogar. A nosa marca EROSKI segue a medrar. Dende produtos ecolóxicos con EROSKI BIO/ECO ou produtos frescos EROSKI Natur, cos que gozarás do

máximo sabor e que, ademais, se producen de xeito máis responsable.

A isto súmase a nosa marca gourmet EROSKI SELEQTIA, cos mellores ingredientes e receitas testadas por expertos do Basque Culinary Center. Unha gama Sen glute e outra Veggie, unha marca basic de produtos esenciais co máximo aforro e unha gama de cosméticos propia como é belle. Como ves, tes un mundo de opcións boísimas onde elixir.

OS PREFERIDOS EROSKI

SABÍAS QUE...

DENDE O 2021, NINGÚN DOS

PRODUTOS EROSKI

LEVA GRAXA DE PALMA. ADEMAIS, TRABALLAMOS CON CERTIFICADOS DE BENESTAR ANIMAL E CON SELOS QUE GARANTEN A PRESERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE.

7

Bo prezo

Axustamos o prezo en milleiros de produtos para che ofrecermos unha cesta completa, variada e saudable sempre a bos prezos na nosa marca EROSKI e en moitas máis. Sabías que, ademais, sumas máis aforro con moitas das nosas ofertas e promocións e mais coas vantaxes por seres socio de EROSKI club? Contamos con milleiros de produtos sempre a bos prezos nos teus imprescindibles para encheres acotío a túa neveira e despensa.

Experiencia personalizada

Para nós, es o máis importante. O primeiro son as persoas; por iso, levamos 12 anos recibindo o premio ao Mellor Comercio do ano pola nosa atención ao cliente. Intentamos que a nosa experiencia EROSKI estea feita de atención, amabilidade, profesionalidade e confianza, grazas ao cariño

NOS NOSOS MOSTRADORES DE FRESCOS ACONSELLÁMOSTE SOBRE COMO PREPARAR UNHAS ANCHOAS OU SOBRE CAL É O CORTE DA CARNE PERFECTO PARA LEVARES Á BRASA. CONTAMOS CUN SERVIZO DE ENCARGAS PARA QUE CONSIGAS XUSTO O QUE PRECISAS, SEN AGARDAS, SEN SORPRESAS DE ÚLTIMA HORA E ACORDE ÁS TÚAS NECESIDADES.

de todos os que formamos parte deste equipo. Ademais, traballamos sempre para darche as mellores alternativas de aforro por seres de EROSKI club, facendo que recibas ofertas adaptadas ás túas preferencias. Tamén, contamos con caixas de compra rápida e cunha moi completa tenda online.

8

Riqueza local

Apoiar a produción local é protexer os produtos da nosa terra, coidando do noso contorno e da súa xente. E, xa se sabe: se é de aquí, está moito mellor.

Na actualidade, traballamos con máis de 2.000 produtores agroalimentarios e ofrecemos máis de 21.000 produtos locais, dos cales, preto de 3.680 teñen distintivos de

calidade pola súa orixe con selos de DO e IXP.

Mantemos acordos con gobernos autonómicos para potenciarmos o sector agroalimentario e contamos cun programa de acompañamento co que contribuímos a que as pequenas produtoras melloren os seus procesos e iso traia consigo produtos de mellor calidade.

SABÍAS QUE...

CONTAMOS CON MÁIS DE 1.500 VIÑOS CON SELOS DO E IXP, CON MÁIS DE 170 QUEIXOS, CON MÁIS DE 230 CARNES, CON MÁIS DE 20 FROITAS E HORTALIZAS E CUN CENTO DE CONSERVAS VEXETAIS, ACEITES, LEGUMES E ARROCES.

Alimentación saudable

E, por suposto, querémosche facilitar unha alimentación saudable cunha ampla variedade de produtos a bo prezo como os da nosa marca EROSKI. No seu envase verás sempre o NutriScore e o Semáforo nutricional para axudarte a elixir as mellores opcións para ti.

Tamén, o noso programa Alimenta o que pensas, que busca enriquecer o xeito de pensar sobre como nos alimentamos, con contidos de calidade e dando voz a xente nova que traballa para transformar a alimentación. Ademais, contamos coa información da revista Consumer e coa Escola de alimentación, que xa leva formado a máis de 1,5 millóns de escolares en hábitos saudables.

É bo que sexa de aquí

9
Fotos de tenda (excepto carnicería): Vicente Paredes

O máis TOP deste MES

2

GALLETAS EROSKI AS VARIEDADES DE SEMPRE, AGORA sen azucre engadido

Non perdas a nosa nova gama de galletas sen azucre engadido. Elaboradas sen graxa de palma, nin azucres engadidos, con todo o sabor e a bo prezo. Goza das novas galletas María Dourada 0% se o teu son os sabores de sempre; elixe as galletas Digestive 0% ou dáte un capricho coas Cookies se toleas co chocolate.

Chega a moda de PRIMAVERA-VERÁN ACHÉGATE AOS NOSOS HIPERMERCADOS E NON PERDAS TODOS OS LOOKS PARA A NOVA TEMPADA. CREA AS TÚAS PROPIAS COMBINACIÓNS E CONSEGUE OS ESENCIAIS PARA O TEU ARMARIO.

4 3 1

Apetéceche un BOCADILLO?

É A HORA DO RECREO OU DA MERENDA E ESQUECICHES A COMIDA? Na nosa sección de panadería dispós dunha ampla variedade dos tradicionais bocadillos, ideais para o recreo ou para a merenda a prezos que te deixarán abraiado. Dende

o irresistible bocata de xamón curado ao integral de paleta ibérica, para os máis sibaritas. Elaborados no día, preparamos bocadillos recheos de chourizo, lombo, salchichón e xamón, con opcións de pan integral 100% e de ibéricos.

VALE DESCONTO NESTA REVISTA

10
LIMÓN, PRÓBAO!
OLIVAS RECHEAS NOVO SABOR A

...E EN REDES

Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais

O CONCURSO DO AM R ETERNO

En EROSKI declarámoslles amor eterno aos nosos bos prezos. E ti, a quen lle declararías o teu amor para sempre? Seguro que pensaches en alguén. O intre de facelo é AGORA. A través do noso perfil de Instagram, sorteamos unha tarxeta regalo de 150 € cada mes e un premio final dunha viaxe a Roma para dous. Descúbreo e participa ata o 31 de outubro!

Cóidate e prepara un prato completo e saudable con @foodiario

A fórmula saudable e variada para todos os días existe. Abonda con dividir o teu prato en tres grupos de alimentos. Explicámosche como facelo neste número da nosa revista EROSKI club. E unha das nosas colaboradoras habituais, Patrizia Vitelli (@foodiario), tamén che vai ensinar con exemplos prácticos como preparares un prato completo (baseado no prato de Harvard) de xeito sinxelo. Non perdas o directo do showcooking (25 de abril, 19:00).

É amor? É aforro

Desbordando amor e bo humor da man da Sra. Rushmore e un ano despois do gran lanzamento da ‘cesta que namora’, chega o ‘Amor Eterno aos Bos Prezos’. Quérelo sentir connosco?

XA

11
EN LINKEDIN? DESCUBRIRÁS AS NOSAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO, COÑECERÁS AS NOSAS APERTURAS MÁIS RECENTES E COMPARTIREMOS CONTIGO O #TALENTOINTERNO DOS NOSOS EQUIPOS
NOS SEGUES

Comer de todo NA SÚA XUSTA MEDIDA

A clave está no equilibrio

En EROSKI cremos que a tenda é o lugar desde onde podemos impulsar unha boa alimentación. Por iso, queremos compartir contigo diversos xeitos de levar unha dieta saudable, gozando dun dos grandes praceres da vida: a comida.

Consumir produtos frescos e de marca EROSKI con menos sal e azucre e fixarte na información útil, como o Semáforo nutricional ou Nutri-Score, pódete axudar a que a túa elección sexa a máis atinada e saudable. Sigue aquí e coñece o que estamos a facer.

NA VARIEDADE ESTÁ O GUSTO

Comer ben non significa renunciar, senón atopar o equilibrio adecuado. Nas nosas tendas dispós de alimentos para todos os gustos e necesidades para cadanseu chanzo da pirámide

nutricional. Produtos frescos, claves nunha boa alimentación, elaborados na túa zona, para cada necesidade (sen glute, sen lactosa, baixos en azucres, en graxa ou en sal…) e mesmo ese antollo doce que che

gusta tomar de vez en cando. Opta por froitas e verduras frescas, carnes magras, peixes e legumes. Estes alimentos son ricos en nutrientes e fibra e axudarante a te sentires ben por máis tempo.

12
Fotos: Vicente Paredes

EQUILIBRIO NO CONSUMO

CONSUMO OCASIONAL

Embutidos e produtos cárnicos.

Doces, snacks, bolería, manteiga, salsas e bebidas doces.

CONSUMO SEMANAL

Carnes vermellas e xamón: ata 2 veces/semana.

CONSUMO COTIÁN

Peixes, carne branca, ovos, legumes: 1-2 racións/día alternando o seu consumo.

Lácteos: 2-4 racións/día.

Aceite de oliva: 4-6 racións/día.

Froitos secos: unha manchea acotío.

Cereais integrais e patacas: 4-6 racións/día.

Froitas: mínimo 3 racións/día.

Hortalizas: mínimo 2 racións/día.

EQUILIBRIO NA MEDIDA

Solicita o teu informe nutricional baseado nas compras da túa tarxeta EROSKI club e adaptado ao teu fogar. Permitirache orientarte sobre os alimentos, cantidades e frecuencia de consumo que ti e mais a túa familia precisa para manter unha alimentación equilibrada.

ESTÁ NA TÚA MAN

Froitas e hortalizas

Hortalizas

Froitos secos

Queixo curado Peixe, carne vermella ou xamón

O que entre na man aberta, cos dedos xuntos, a modo de cunco.

O que entre xuntando as dúas mans abertas en forma de cunco.

1 manchea.

Unha porción do tamaño e grosor do dedo furabolos e maior xuntos.

A palma da túa man e o grosor do teu dedo maimiño ou mediano.

13
APÚNTATE AQUÍ!

EQUILIBRIO EN PROPORCIÓN

As porcións son clave nunha alimentación saudable e en EROSKI querémoscho poñer ben doado con métodos sinxelos como o Prato de Harvard. Ten en conta tamén o tamaño dos envases á hora de elixires un produto, non só por saúde senón por evitar que acabe estragándose na neveira. Sempre que sexa posible, elixe formato individual, familiar ou a medida xusta nos nosos mostradores ou nas zonas destinadas á venda por xunto.

Observa as etiquetas dos alimentos e as recomendacións de tamaño das porcións. Utiliza pratos máis pequenos para axustares as túas racións e procura comer amodo para que o teu corpo teña tempo de sentirse farto.

Este envase contén 2 racións.

Este envase contén 1 ración.

QUE DEBE INCLUÍR

UN PRATO COMPLETO?

Baseado no Prato de Harvard

2/4 partes de vexetais. Canta maior variedade e cores mellor. Crus ou cociñados.

1/4 parte de gran. Cereais integrais como arroz, pan, pasta, quinoa, cuscús…

1/4 parte de proteína saudable. Peixes, carnes magras, legumes, ovos...

E LEMBRA

• Incluír graxas saudables. Aceites de oliva virxe, froitos secos sen sal crus ou torrados, aguacate, sementes…

• Froita. Como parte do prato ou de sobremesa.

14

A MELLOR ELECCIÓN

Chega con información

Planificar as túas comidas con anticipación é unha excelente maneira de asegurar que comes de maneira saudable. Á hora de elixires os ingredientes dos teus pratos, fíxate na cor que amosa Nutri-Score e na información do Semáforo Nutricional, dúas ferramentas que incluímos nas etiquetas dos nosos produtos EROSKI, que che facilitarán unha toma de decisións máis consciente á hora de faceres a compra.

INFORMACIÓN E FEITOS. Reformulamos os nosos produtos en base ao Nutri-Score. Máis do 70% da nosa gama de marca propia ten unha valoración Nutri-Score A, B ou C, con 186 produtos baixos en graxa, 62 baixos en azucres, 36 baixos en sal e 140 altos en fibra.

TIPS PARA UNHA alimentación consciente

Se non tes fame, non comas. Escoita o teu corpo e distingue entre a fame real, que aparece de maneira gradual -cada 3 ou 4 horas desde a última comida-, e a fame emocional, que é instantánea.

Fóra distraccións. Sen pantallas, céntrate no pracer de comer.

adecuada desde o primeiro bocado ao último. Comer rápido diminúe o pracer e complica a dixestión.

Mastiga ben. Mastigar pouco ou mal sobrecarga a actividade do estómago, do páncreas, do intestino e da vesícula biliar.

A B D E C

A

Dunha simple ollada

Nutri-Score clasifica os alimentos en cinco categorías, de mellor a peor calidade nutricional.

Coñece os novos criterios de puntuación de Nutri-Score www.consumer.es

Destínalle á comida principal un mínimo de 20 minutos. É o tempo que precisa o teu cerebro para detectar a saciedade.

Inxire de maneira sosegada, co mesmo ritmo e proporción

Come porcións moderadas. Controla as porcións para evitar o exceso de consumo calórico. Utiliza pratos máis pequenos se cómpre e repara nos sinais de saciedade.

Goza da comida cos 5 sentidos.

Polo miúdo

Se queres unha información nutricional detallada por ración e nutriente, non perdas o Semáforo Nutricional que incluímos nos nosos produtos EROSKI. Esta ferramenta especifica a cantidade en gramos de graxas, azucres, sal e calorías que inxires por unha ración dese produto e o que supón sobre a cantidade diaria recomendada.

E lembra! Reduce o teu consumo de alimentos e bebidas altas en azucre e sal e busca alternativas máis saudables como herbas e especias para lles dares sabor ás túas comidas. Sabías que en EROSKI traballamos para reducirmos o sal, o azucre e a graxa nos nosos produtos de marca EROSKI seguindo os criterios da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN)?

#alimentaloquepiensas

15
UN PRATO DE APERITIVO CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto KCAL 1% 138 <1% 0,05g SAL 2% 1,6g AZUCRES 7% 1,3g GRAXAS SATURADAS 16% 11g GRAXA
Nutri-Score

1 RACIÓN =1/2 UNIDADE

Berenxenas

Aínda que é orixinaria do sueste asiático e da India, a berenxena converteuse nun ingrediente habitual na cociña mediterránea. Dispoñible todo o ano, atoparala ‘Sempre a bo prezo’. Para aperitivos, como gornición, asada, á prancha, rechea, en cremas... Numerosas variantes para unha hortaliza que é dixestiva e diurética. Destaca polo seu contido en potasio e é baixa en graxas, hidratos de carbono e proteína.

TIPS SAUDABLES

Non a xuntes coas outras verduras, porque o gas etileno que desprenden outras hortalizas estrágaa, énchelle a pel de manchas e déixalle unha textura mol. Sempre cociñadas. A berenxena crúa contén unhas toxinas que desaparecen coa cocción. A berenxena é como unha esponxa vexetal. Por iso, ao fritírmola absorbe o aceite e convértese en hipercalorífica e indixesta.

TRUCO:

Bañala nalgún líquido: leite e xeo, cervexa, gasosa ou auga con gas. Ou ben salgala e deixala repousar con sal durante 30 minutos e despois enxaugala para eliminarmos o exceso de sal e secala con papel absorbente. Amais de facer que absorba menos aceite, eliminarás o seu contido en zumes amargos e reducirás a súa humidade.

#alimentaloquepiensas

LETICIA MANCEBO

Responsable de froitería de Son Moix, Palma de Mallorca, (Illas Baleares)

Como boa insular, son moi fan da berenxena. A súa textura, cor e sabor fana única. Nas nosas tendas de Baleares contamos, ademais, con berenxenas de aquí, que son o ingrediente estrela dun dos nosos pratos típicos: as berenxenas á mallorquina. Cocíñanse recheas de carne picada, enfornadas e cubertas con tomate frito caseiro. Simplemente deliciosas!

SEN ESCUSAS

1. Berenxena negra.

2. Salteado de verduras asadas (con berenxena e cabaciña).

3. Salteado de feixóns verdes, berenxena e cenoria.

16
Sbos Sep pr p ezzos s
1 2 3 A B D E C NUTRI-SCORE A

1,19€

Berenxenas glasadas

• 500 g de berenxenas

• 1 cunca de arroz

• 2 ceboliñas

• 1-2 culleriñas de AOVE

• 1 ¼ cunca de auga

• Coandro, sésamo ou 4 cacahuetes torrados para decorar

Salsa

2 culleriñas de Maizena

2 culleradas de salsa de soia baixa en sal

4 culleriñas de vinagre de arroz doce

1 culleriña de xenxibre relado

1 dente de allo relado

2 culleriñas de AOVE

1 culleriña de tabasco ou caiena

Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo.

Cortar as berenxenas en toros e enfornar 25-30 minutos, virándoas

á metade do tempo. Así que estean mornas, cortar en porcións.

Cociñar o arroz e reservar.

Disolver a Maizena en auga e engadir os outros ingredientes.

Poñer un wok a lume medio e engadir o aceite e dourar a ceboliña en rodas. Engadir a salsa e deixar que espese. Engadir a berenxena e remover.

Servir unha cama de arroz e decorar co verde da ceboliña, o coandro e o sésamo ou os cacahuetes.

Tips s udab es

Se non che gusta a verdura, o glasado farache mudar de opinión.

Come a pel dos vexetais. Contén antocianinas, pigmentos naturais con efectos beneficiosos.

Crear un prato completo cunha porción de proteína saudable.

17 A B D E C NUTRI-SCORE A
445’
POR RACIÓN @virginiamartin_photo
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto KCAL 14% 284 6% 0,38g SAL 8% 7,35g AZUCRES 5% 0,96g GRAXAS SATURADAS 9% 6,18g GRAXA

1 RACIÓN = 6 UNIDADES

O segredo mellor gardado DOS FEIXÓNS

Os feixóns verdes, tamén coñecidos como chichos, fabas ou fabeiras, son un dos alimentos imprescindibles na dieta mediterránea, ben como prato principal ou como acompañante en guisos e ensaladas. Baixos en calorías, ricos en fibra e vitaminas e mais en antioxidantes, son os aliados ideais para aqueles que buscan coidarse sen renunciaren á saciedade e aos nutrientes esenciais. Pero sabías que non son verduras senón un legume? Curiosamente, teñen as mesmas propiedades ca outras hortalizas verdes, pero contan con maior contido en proteína.

SE ES DE QUEN OS PREFIRE PLANOS OU DOS INCONDICIONAIS DOS REDONDOS, EN EROSKI TES PARA ELIXIR. EN BOTE, CONXELADOS, FRESCOS, LISTOS PARA SERVIR E TAMÉN ECOLÓXICOS.

POR CAL TE DECIDES?

Sempre bos prezos S Sep prezezos

VERDURAS VERDES FRONTE Á ASTENIA PRIMAVERAL

Incorporar verduras verdes ao noso prato non só é saudable, económico e ata estético, senón que tamén é un delicioso método para combater a astenia primaveral. Espinacas, acelgas, brócoli ou feixóns verdes son verduras ricas en ferro e folatos, dous nutrientes antianémicos que che axudarán a lle facer fronte ao baixo estado físico e de ánimo tan común durante estes meses. Dispoñibles durante todo o ano, atoparás espinacas, acelgas, brócoli e feixóns verdes nas nosas froiterías ‘Sempre a bo prezo’.

#alimentaloquepiensas

18
A B D E C
A
NUTRI-SCORE

2,12 €

Polo con feixóns crocantes en airfryer

8 60’

• 1 iogur natural

• ½ limón

• 1 dente de allo

• ½ cebola doce

• Ourego

• Pemento doce

• 4 peitugas de polo

Para os feixóns crocantes

• 300 g de feixóns frescos

• Aceite de oliva

• Sal

• Pementa

• ½ culleriña de xenxibre moído

• ½ culleriña de pemento picante

Para acompañar

• 1 limón

• Coandro

Nun bol, mesturar o iogur co zume de limón, o dente de allo relado, a cebola picada e as especias.

Cortar a parte superior das peitugas de polo en forma de rombos, cubrilas coa mestura anterior e deixar mariñar durante polo menos media hora.

Mentres, preparar os feixóns: lavalos ben, quitar os extremos e cortar tiras finas e alongadas. Nun bol, impregnar ben con aceite, sal, pementa, xenxibre moído e pemento.

Colocar as peitugas e mais os feixóns na cesta da airfryer ou nunha bandexa de forno con papel vexetal e cociñar a 200 ºC durante 12-15 minutos en airfryer ou 25-30 no forno.

Empratar todo xunto e servir ao seu carón unhas rodas de limón e coandro para decorar de xeito opcional.

UNHA RACIÓN CONTÉN:

da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto

Qué che cheg ?

O mariñado, pola cantidade de especias, achega vitaminas e minerais como ferro, calcio, vitamina A, E, magnesio e cinc.... Ademais, as especias dan sabor e permiten reducir o sal. Receita ideal para xantares ou ceas pola súa achega de vexetais e proteína de alta calidade.

Busca os ingredientes en EROSKI

19
RACIÓN
POR
Sempre bos prezos S Semp prezezos s
KCAL 19% 383 10% 0,62g SAL 9% 7,89g AZUCRES 30% 5,97g GRAXAS SATURADAS 32% 22,23g GRAXA
B D E C
NUTRI-SCORE A

1 RACIÓN = 6 UNIDADES

É tempada de...

ESPÁRRAGOS

A primavera trae marabillas culinarias e nutricionais como os espárragos. Tanto se prefires o estalo fresco dos espárragos verdes como se che gusta a tenrura dos brancos, esta tempada non deixes de incluír este manxar na túa cesta da compra.

Cuestión DE GUSTOS

Son o mesmo vexetal, pero por que tan distintos?

VERDESBRANCOS

Medran sobre o chan.

Verde intensa, delgados e máis estreitos. Busca talos firmes, rectos e de cor verde vibrante con puntas pechadas.

Cultívanse baixo moreas de terra ou en invernadoiros, protexidos da luz solar.

Marfil. Son máis grosos. Deben a súa cor a estaren privados da luz solar para evitaren a fotosíntese.

Sempre bos prezos S Semp prezezos s

Máis pronunciado e lixeiramente amargo. Textura firme e crocante.

Na airfryer: corta os extremos fibrosos, engade aceite de oliva e sazónaos cinco minutos. Víraos de vez en cando.

Máis suave e delicado, cunha textura máis tenra e menos fibrosa.

Pélaos cun pelaverduras e cóceos ao vapor durante aproximadamente cinco minutos.

BÚSCAOS FRESCOS

Na nosa sección de FROITERÍA

Lembra que os tempos de cocción dos espárragos poden variar segundo a frescura e o grosor. Proba cun garfo que estean tenros e cun lixeiro estalo.

Fóra de tempada Baixo a nosa marca EROSKI atoparás espárragos en distintos tamaños e envases, tamén con selo de orixe IXP Navarra, que garante unha textura suave e carnosa, un sabor doce e delicado e un calibre groso. B D E

Garda os extremos cortados para faceres caldos e cremas e usa os espárragos xa cocidos en ensaladas ou tortillas. Lembra que consumir espárragos é un excelente xeito de incorporar ácido fólico na túa dieta.

#alimentaloquepiensas

20
Cor Sabor Ao dente
Cultivo
C NUTRI-SCORE A

PUDIN DE CENORIA E IOGUR AO MICROONDAS

2 PORCIÓNS / DIFICULTADE 2 / 15 MIN

120 g de cenoria

2 ovos

1,5 iogures naturais

40 g de fariña de avea

3 g de lévedo de repostería

Decoración

½ iogur

Cenoria

1 chisco de cacao puro

Pelar, cortar a cenoria en porcións e triturar nunha picadora ata que quede ben fina.

Engadir os ovos, o iogur natural, a fariña de avea e o lévedo e volver triturar ata ter unha masa homoxénea.

Engraxar un recipiente pequeno apto para o microondas e encher coa masa.

Cociñar no microondas durante 4/5 minutos, retirar con coidado de non se queimar e decorar con formas de cenoria ao gusto.

Tips s udab es

Utiliza fariña integral.

Cociñar en familia é divertido. #alimentaloquepiensas

22
Achegarache
fartará máis.
máis fibra e
Apta para dietas vexetarianas.
A B D E C NUTRI-SCORE B
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto KCAL 14% 271 10% 0,60g SAL 13% 11,76g AZUCRES 21% 4,22g GRAXAS SATURADAS 16% 11,26g GRAXA

FRESCO E LIXEIRO

Na nosa carnicería atoparás diferentes cortes de pavo, como filetes, costeletas ou solombos, ben frescos, adubados ou ao allo, na cantidade e corte que precises para elaborares as túas receitas favoritas. Picado para hamburguesas ou albóndegas, en tacos para un delicioso guiso ou fileteado para tomares á prancha acompañado dunha ensalada.

Se buscas un estilo de vida saudable, a carne de pavo debería ser un dos imprescindibles. Tenra e lixeira, baixa en graxas e colesterol, pero rica en proteínas, ferro e vitaminas. Ademais, é versátil na cociña e ten un sabor inconfundible e delicioso.

Por que elixir pavo EROSKI?

Variedade DE OPCIÓNS

1. Estufado.

2. Peituga adubada ao pemento.

3. Peituga adubada ao allo.

4. Filetes de peituga.

5. Costeleta adubada ao allo.

6. Solombo.

Porque temos en conta a orixe e traballamos con granxas do teu contorno, que favorecen o benestar animal e que apostan por unha alimentación baseada en cereais completamente natural.

Tips saud bles

O pavo contén menos calorías e máis proteínas ca as máis das carnes, o que che axudará a manter unha alimentación equilibrada e saudable.

Combina lascas de pavo magro con vexetais frescos en ensaladas ou wraps para creares comidas lixeiras e nutritivas.

Opta por métodos de cocción máis saudables, como asar, cocer ou cociñar á grella, para manter os beneficios nutricionais do pavo sen agregares graxas innecesarias.

#alimentaloquepiensas

24
5 1 2 6 3
Sempre bos prezos S Sep prezezos Sempre bos prezos S Sep prezezos Sempre bos prezos S Sep prezezos s
A B D E C NUTRI-SCORE B 4
Sempre bos prezos S Sep prezezos Vicente Paredes

Solombo de pavo con mel e mostaza e tallaríns de cabaciña

4 60’

• 650 g de solombo de pavo

• 2 dentes de allo

• 100 g de mel

• 4 culleradas de mostaza Dijon

• 3 culleradas de auga

• Sal e pementa

• Ceboliño

• Aceite

Tallaríns de cabaciña

• 200 g de cabaciña

• 100 g de espinacas

• 1 dente de allo

• 2 culleradas de aceite

Salpementar os solombos. Engadir aceite a unha tixola e, cando estea quente, incorporar a carne e dourala.

Incorporar os allos e cociñar un minuto ata que comecen a tomar cor. Engadir o mel, a mostaza, a auga e mesturar. Salpementar de novo e remexer para integrar ben os ingredientes.

Incorporar a cabaciña e refogar durante uns dous minutos. Retirar da tixola e deixar escorrer sobre un coador.

Engadir as espinacas á tixola e refogar dous ou tres minutos.

Cociñar un par de minutos na tixola e introducir os solombos no forno ata que estean feitos.

Para elaborar os tallaríns, cortar a cabaciña co espirilizador e reservar.

Engadir aceite a unha tixola e refogar o allo ata que comece a dourarse.

Incorporar de novo a cabaciña e integralo coas espinacas.

Servir os solombos xunto aos tallaríns e esparexer co ceboliño picado.

QUE CHE ACHEGA?

Este xeito de presentar certas hortalizas (cabaciña, cenoria), amais de lle dar máis variedade á maneira de comer verdura, facilita o seu consumo en cru ou cun lixeiro cociñado, o que preserva mellor o contido vitamínico.

TIPS SAUDABLES

Podes prescindir do mel, eliminando así os azucres.

Pódese preparar tamén cunha salsa de soia baixa en sal, pesto...

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto KCAL 17% 344 17% 0,99g SAL 24% 21,32g AZUCRES 9% 1,79g GRAXAS SATURADAS 16% 11,16g GRAXA B D E C
A
NUTRI-SCORE
POR RACIÓN

PAVO PARA TODOS

No mostrador atoparás tamén a peituga de pavo EROSKI e EROSKI Maestro ao corte e mais a peituga de pavo afumado EROSKI MAESTRO.

26
1. Peituga de pavo reducida en sal. 2. Friame de pavo Maxi EROSKI basic. 3. Peituga de pavo EROSKI basic. 4. Zanco de pavo braseado EROSKI MAESTRO. 5. Peituga de pavo afumada EROSKI MAESTRO. 6. Peituga de pavo mini. 7. Xamón de pavo mini. 8. Peituga de pavo EROSKI MAESTRO.
2 1 3 1 2 4 Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos A B D E C NUTRI-SCORE B A B D E C NUTRI-SCORE D
@virginiamartin_photo

Reducido en sal, afumado, en lascas extrafinas, sen glute, ao corte ou envasadas. Unha chea de opcións para elixir, cunha achega alta en proteínas e moi poucas calorías.

Sempre bos prezos Sbos Sep prezzos

27
5 7 4 3 8 5 7 6 8
A B D E C NUTRI-SCORE B A B D E C NUTRI-SCORE B A B D E C NUTRI-SCORE D A B D E C NUTRI-SCORE C A B D E C NUTRI-SCORE C 6

As túas lascas favoritas

Na nosa sección de chacinería atoparás as mellores marcas cunha coidada selección das mellores lascas cocidas de pavo e polo. Pódelas atopar en distintos formatos e na cantidade que precisas. Son a opción ideal para preparares un bocado lixeiro, pero irresistible.

El POZO BIENSTAR

• Peituga de pavo e polo +PROTEÍNAS

Dúas opcións que teñen un 95% de carne, son baixas en graxa e non conteñen azucres, lactosa ou glute. Cunha achega de 28 gramos de proteínas por envase.

• Peituga de pavo 100% NATURAL

LA CARLOTEÑA

Con alta porcentaxe de carne e un gran contido en proteínas. É baixa en graxas e azucres e non contén conservantes, colorantes, estabilizantes nin antioxidantes.

• Peituga de pavo

Con todo o sabor e a frescura de formato de corte. Un produto sen alérxenos, nin fécula, azucres ou graxa.

Sempre bos prezos S Semp prez e os

El POZO

• Mortadela

O ingrediente perfecto para os teus sándwichs e pratos, con alto contido en proteínas e libre de glute. Ofrece calidade e sabor para toda a familia.

A peituguiña de polo desta marca destaca por ser un produto sen glute, sen lactosa e cunha porcentaxe cárnica do 99%. Unha opción perfecta para tomares proteína.

NOEL

A peituga de pavo Delizias destaca polo seu corte fresco, como o embutido acabado de cortar, pola súa alta porcentaxe cárnica, pola súa naturalidade e mais polo seu sabor, e ademais cumpre coa certificación de benestar animal.

Tips para elixires a túa mellor opción

Fíxate na etiqueta e elixe a que conteña a maior porcentaxe posible de pavo. Opta polas versións máis baixas en sal e en azucres engadidos.

28

Ovos de galiñas

FELICES

Simple e sublime ao tempo. Versátil na cociña, con proteínas de alto valor e antioxidantes.

Delicioso e un auténtico todoterreo.

Falamos do ovo.

Os avicultores que están preto de ti son os que abastecen a EROSKI de ovos con toda a cor e sabor. Avicultores como Maider e Ekaitz, do casarío Olabarrea, situado na localidade biscaíña de Igorre, ou Julen, dende o casarío Landazurieta, de Murgía, en Araba, son dous dos 38 baserritarras do País Vasco que conforman a cooperativa Euskaber. Unidos co obxectivo de poder vivir de maneira digna do campo, deron un paso máis e coidan e miman as súas galiñas en liberdade nos seus casaríos a cambio de recibir delas o seu mellor agasallo.

Son as caras que lles dan forma aos nosos produtos EROSKI, porque Euskaber subminístranos ovos campeiros EROSKI Natur no País Vasco e mais ovos campeiros.

Os ovos campeiros proceden de galiñas que viven ao aire libre, garantindo o espazo que

necesita cada unha, e que se alimentan dunha dieta variada, que inclúe grans e o pasto do contorno natural. Este réxime tradúcese nun ovo de textura máis cremosa e de sabor máis intenso. Elixilo non só é un acerto no prato, senón unha elección consciente que considera o benestar animal e apoia prácticas agrícolas máis sostibles.

Para identificar un ovo campeiro, repara no primeiro díxito do código, que debe ter o número 1, e na denominación no cartón, onde adoita especificarse “campeiro” ou “de galiñas libres”.

O selo Eusko Label que levan os seus ovos garante o nivel de calidade, orixe e a autenticidade do produto, dende o casarío ata o seu destino final nas tendas.

30
Maider e Ekaitz (granxeiros de Euskaber en Igorre, Biscaia)

QUERES SABER DE QUE CASARÍO PROVÉN O OVO?

En Euskaber ofrécenche a posibilidade de saber de que casarío é o ovo que mercaches en EROSKI. Só tes que introducir na súa web o código que aparece na casca.

Julen Landazurieta, granxeiro de Euskaber en Murgia, Araba

1ES2004913

LEMBRA QUE A COR DA XEMA INDICA A ALIMENTACIÓN QUE LEVOU A GALIÑA. O MILLO E A ALFALFA ACHEGAN UNHA COR AMARELA MÁIS INTENSA. NON SIGNIFICA QUE O OVO SEXA DE MELLOR CALIDADE NUTRICIONAL.

MÁIS CA UN NÚMERO

Fíxate sempre no primeiro número do díxito. Indica a procedencia do ovo.

Indica o tipo de produción

0- Produción ecolóxica (polo menos o 80% da súa alimentación procede de agricultura ecolóxica).

1- Galiñas campeiras (acceso ao aire libre todo o día).

2- Criadas en chan (9 galiñas/m2, libres de gaiolas, están en galiñeiros sen acceso ao aire libre).

3- Criadas en gaiola (16,7 galiñas/m2).

COMPOSICIÓN NUTRICIONAL

A XEMA É A PARTE MÁIS NUTRITIVA. O 50% É AUGA E O RESTO REPÁRTESE EQUITATIVAMENTE ENTRE PROTEÍNAS, CON TODOS OS AMINOÁCIDOS ESENCIAIS, GRAXAS -CUN 65% DE ÁCIDOS GRAXOS INSATURADOS- E ENERXÍA.

A CLARA CONTÉN PRINCIPALMENTE AUGA (88%) E PROTEÍNAS DE GRAN CALIDADE.

31

OS OVOS MÁIS BIO

As galiñas que poñen os nosos ovos EROSKI Natur BIO, amais de andaren ceibas ao seu aire, criáronse baixo os estritos estándares normativos que garanten que se alimentaron de penso procedente de agricultura ecolóxica e a súa produción cumpre os requisitos especialmente esixentes da normativa ecolóxica.

SE VES O MAPA DA TÚA COMUNIDADE SIGNIFICA QUE OS OVOS PROVEÑEN DE GALIÑAS CRIADAS NA TÚA REXIÓN

Tips para conservar e COCIÑAR OVO SEMPRE PRETO DO NOSO

1. Hobea L Suelo (País Vasco). Ovos frescos de galiñas criadas libres en galiñeiro, co sabor de sempre e levados directamente dende granxas do País Vasco á tenda. Comprando Hobea apóiase aos granxeiros de Euskadi.

2. Hobea L Suelo (Navarra). Ovos de Navarra frescos, de galiñas criadas libres en galiñeiro, co sabor de sempre e en exclusiva para EROSKI. A súa compra apoia o produtor navarro.

3. Ovos Demillo (Galicia). Ovo tradicional galego, de galiñas alimentadas con millo. Ten unha cor intensa, máis densidade e delicioso sabor.

4. Granxa San Miguel M Galiñas soltas no galiñeiro (Aragón). Tradición, calidade superior e o sabor auténtico dos ovos de galiñas criadas en liberdade.

Pódelos manter na neveira ou a temperatura ambiente. O importante é que non sufran cambios bruscos de temperatura.

Se os conservas na neveira non os saques do cartón. Este está deseñado para que non absorban olores e para que non entren en contacto con outros alimentos que poidan contaminalos. Non laves o ovo. A súa casca é porosa e, ao lavárelo, pódense introducir os micoorganismos e xermes externos no seu interior. Unha vez cocidos, pásaos por auga fría. Cáscaos no mesado no canto de escachalos no bordo do recipiente no que os vaias manipular. Unha vez cociñados, gárdaos na neveira. Se che sobran, conxélaos. Tanto enteiros como a clara por separado. É importante que se se conxela a clara non haxa ningún trazo de xema.

32
1 2 4 3

3 min

4 min

6 min

10 min

1,49€ POR RACIÓN

POR TEMPOS

Escalfado ou poché (3 minutos). Casca o ovo cru nun recipiente e bótao nunha pota con auga moi quente, pero non fervendo, e cun chorriño de vinagre.

Pasados por auga (4 ou 5 minutos). Para consumilos, retira a parte superior do ovo mediante un golpe co canto dun coitelo.

Molllet (5 ou 6 minutos). A xema ten que estar cremosa. Para ensaladas mornas e pastas.. Duros (10-12 minutos). Para ensaladas ou recheos.

Sakshuka con queixo feta

4 30’

• 4 ovos

• 1 pemento vermello

• 2 cebolas

• 1 dente de allo

• 500 g de tomate en rama

• 200 g de queixo feta

• 1/4 de culleriña de chile en po

• 1/2 culleriña de pemento afumado

• Perexil picado

• Aceite de oliva

Prequentar o forno a 200 ºC. Botar o aceite de oliva na tixola e agregar a cebola picada xunto ao allo.

Refogar ata que a cebola estea transparente. Incorporar o pemento vermello e refogar de novo.

Agregar o chile en po e o pemento e seguir cociñando. Agregar os tomates á tixola e cociñar durante 20 minutos máis.

Incorporar a metade do queixo feta e remover. Engadir os ovos á tixola e enfornar durante 5 minutos aproximadamente.

Servir acompañado do resto de queixo, xunto ao perexil.

Tips saudables

Completa a receita con algo de pasta ou cuscús, con cereais como quinoa ou arroz, con chícharos... ou con calquera outra verdura.

Este prato típico da gastronomía árabe é un guiso de ovos con salsa picante de tomate sen triturar, que achega proteína de calidade e as graxas non prexudiciais que conteñen o ovo e o queixo. Tamén ten boa cantidade de calcio e de licopeno, que é unha substancia antioxidante que contén o tomate.

Apta para dietas ovolactovexetarianas.

33
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestion de Referencia (IR) para un adulto KCAL 15% 303 27% 1,62g SAL 15% 13,70g AZUCRES 48% 9,58g GRAXAS SATURADAS 28% 19,58g GRAXA B D E C NUTRI-SCORE B
Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.

NURIA MORALES E BEATRIZ MAGRO

Cofundadoras de Komvida Organic Kombucha, unha alternativa aos refrescos máis saudable.

Unha maior concienciación sobre a saúde e o benestar lévanos a buscar alternativas ás bebidas azucradas, gasosas e alcohólicas, xa que o seu consumo excesivo se asocia a unha maior probabilidade de desenvolver enfermidades. Polos seus hábitos saudables, Nuria Morales e Beatriz Magro fixeron desta necesidade unha firma que se converteu en referente europeo. Komvida conta cunha comunidade de milleiros de seguidores. Un soño feito realidade.

Por que credes que a kombucha transforma o futuro da alimentación?

[Nuria] Porque temos unha bebida saudable como alternativa a todos os refrescos que senta moi ben cando a tomas. Ademais é un produto vivo, artesanal, é probiótico e regula o tránsito intestinal, polo que é beneficiosa para a saúde.

Como xurdiu e foi fermentando este proxecto?

[Beatriz] No 2016, cunha mochila e todos os meus aforros, emprendín unha volta ao mundo e foi na primeira parada, en California, onde topei coa kombucha. Unha bebida que me fascinou dende que a probei por primeira vez, revolucionaria e moi diferente ao que probaramos na nosa vida. Non entendía como non a tiñamos en España e as opcións que había cando non che apetecía un viño ou unha cervexa non me gustaban.

34

Por que elixistes Fregenal para que Komvida botase raíces?

[Nuria] Porque temos moito que agradecerlle. No noso lugar fomos moi felices e queremos xerar oportunidades para os nosos veciños e en especial para as mulleres que, nunha terra como a nosa, sobre todo, non existen. Arredor do 80% do noso equipo son mulleres.

Cales son os ingredientes para que dúas rapazas novas poidan emprender nunha vila de menos de 5.000 habitantes, na España baleirada?

[Beatriz] Estamos a demostrar que a innovación non só sae de Silicon Valley. Facémolo dende unha vila remota con toda a familia implicada. Todos os checks que nunha escola de negocios che din que non debes facer ao montares unha empresa, tenos Komvida.

Que ten de especial Komvida?

[Nuria] A forma tradicional, que

SABÍAS QUE...

se fai con todo o coidado e o agarimo de catro ingredientes: o té, o azucre, a auga e o Scoby, que está formado por bacterias e fermentos naturais que se encargan da fermentación. Durante ese proceso, a maior parte do azucre consómese na fermentación, para que as bacterias e fermentos produzan compostos beneficiosos. O resultado é un equilibrio entre a acidez, a dozura e a burbulla natural que ten Komvida.

Pode a kombucha substituír as bebidas azucradas e deixarnos con mellor sabor de boca?

[Nuria] No só pode, senón que o damos feito con bacterias beneficiosas que teñen un efecto probiótico e contribúen a unha mellor microbiota, que se posicionan e se enfrontan ás bebidas azucradas que tanto mal fan hoxe en día e que aumentaron o seu consumo máis dun 16% nas últimas décadas.

A kombucha é unha bebida refrescante, baixa en calorías e fermenta té cunha colonia de bacterias e lévedos chamada Scoby (Symbiotic Culture Of Bacteria and Yeast). Froito desa fermentación, ao non estar pasteurizada, como fan en Komvida, conséguense os probióticos. Por iso cómpre conservala en frío.

OS NOSOS INFOODENCERS

María Maceiras

Traballa para amosar as marabillas e os problemas da pesca e o futuro da vida mariña.

Kike Gallardo

Biólogo, chef e cofundador de El herbario comestible, dende onde busca unha alimentación máis sostible.

Beatriz Pablos

Esta gandeira creou un sistema para mellorar o benestar e a alimentación das reses e frear o quecemento global.

Susana Sánchez

Doutora en bioloxía e directora científica de MOA FoodTech, unha startup que converte desperdicios alimentarios en proteínas para o consumo humano.

Toda a información sobre o programa: www.eroski.es/ alimentaloquepiensas/

Preguntas ¡Kombuch march !

Que sabor de kombucha seriades?

[Nuria] Ginger. É o sabor salvaxe do xenxibre, do limón e coa kombucha encántame. Ten un toque máis exótico, atrevido, aventureiro. Que ten Fregenal que non teña California?

[Beatriz] Teno todo. Comezando pola

súa xente e seguindo pola terra. É certo que non temos mar, pero temos uns solpores que non teñen nada que envexar.

Cal é o voso intre ideal para gozardes dunha kombucha?

[Nuria] A media mañá, cando estou un pouco baixa de enerxía tomo unha

kombucha soa ou cuns froitos secos e sigo co ritmo do día a día. Un prato polo que bebades os ventos? [Beatriz] Unhas lentellas con kombucha ou unhas fabas brancas da miña avoa Pepi. Fanme moi feliz e son pratos moi simples, moi da terra e tanto ten que sexa verán ou inverno.

35

4 %

AMOR ETERNO AO AFORRO COA TARXETA OURO MÁIS EN TODAS AS TÚAS COMPRAS

Como funciona?

Que vantaxes ofrece?

Aforra un 4% en todas as túas compras en EROSKI pagando unha cota de 4,99€/mes.

Amosa a túa tarxeta Ouro ao pasares por caixa e automaticamente ingresaráseche o aforro na túa tarxeta EROSKI club.

Cambia o saldo acumulado cando e como queiras.

Anímate a probala e, se non che convence, pódeste dar de baixa automaticamente dende a túa área privada.

Coa túa Tarxeta Ouro aforrarás un 4% máis en todas as túas compras en EROSKI en alimentación, fogar, gasolina, gasolineiras, xoierías, viaxes, na nosa tenda online e ata nas ópticas!

2 meses

Gratis 2 meses de cota (1) Non require permanencia. Acumulable ao resto de vantaxes, ofertas, promocións e aforros.

ofertas

Desconto en todo EROSKI Suma ao resto de promocións e ofertas.

(1) Para todas as altas que se realicen completamente en período de campaña. t O f

Faite OURO e próbaa gratis os dous primeiros meses.

36 Am r eterno a EROSKI club
ORO

Máis de 175.000 fogares gozan das vantaxes da tarxeta

Calcula o teu aforro

Cun cálculo sinxelo, verás que a partir dun gasto semanal de 35€ compensa ter a Tarxeta Ouro. Na nosa web podes calcular o teu aforro.

Introduce

O

“Levo toda a vida mercando en EROSKI; a carniceira xa sabe os meus gustos e déixome aconsellar pola peixeira. Por iso, cando hai anos sacaron a tarxeta Ouro e me falaron do que aforraría, non dubidei en facela. E a verdade é que tiñan toda a razón. Só por ensinala en caixa, en cada compra aforras, e nótase a final de mes”.

Maite Linares

“Hai anos sacamos a tarxeta Ouro e foi un acerto. Ao ano aforramos unha media de 200 euros só coa tarxeta, sen ter en conta os descontos e promocións. Aforro coa compra habitual, cada vez que repoño gasolina e, este mes, o extra de gafas da miña filla. Todo aforro é benvido”.

“Somos cinco na casa e facemos a compra semanal en EROSKI. Hai tempo que pensabamos en pedir a tarxeta Ouro. Un día fixemos o cálculo no simulador e comprobamos que aforrabamos ao ano uns 230 € cunha compra media duns 150 € á semana. Pedina nese mesmo intre”.

Sol Ateca

“Acabamos de ser pais e os gastos multiplícanse. Se ao 4% lle sumas, como no meu caso, os descontos en cueiros e comida para o bebé do Plan Familias 0·12 e mais o feito de mercar produtos en oferta, a verdade é que acabas aforrando máis ca mercando en calquera outro súper”.

37
teu aforro anual é de
DE SIMPLE
132,12€ ASÍ
teu gasto mensual en EROSKI en euros
400
a calculadora na nosa web
o
Calcular
Busca

o último

CAROCHOS FRITIDOS EROSKI

Dálles un toque crocante ás túas ensaladas e cremas

Crocantes e saborosos, os novos carochos fritidos

EROSKI transforman os teus pratos. Achéganlles textura e sabor. O complemento perfecto para acompañar ensaladas, sopas, cremas e gaspachos. Elaborados coa receita tradicional, engaden un extra de sabor a receitas quentes e frías. CIDACOS

Enriquece os teus pratos

Introduce na túa dieta cotiá e na da túa familia ese extra de enerxía que precisan para o día a día.

Aalimentación evoluciona. Novos tempos, novos gustos e novas esixencias: máis proteína, fibra e vitaminas grazas aos beneficios da quinoa, da espelta, da soia ou do edamame. Catro referencias diferentes para gozares da cociña saudable. Listas para as consumires en ensaladas, como acompañamento de carnes, peixes e verduras, en todas as receitas que queiras imaxinar.

38

fala Sal Maldon para

Sal Maldon® presenta novos sales que inspiran a cociñeiros e chefs

A gama de sales do mundo eleva a experiencia culinaria co Sal Rosa do Himalaia e co Sal do deserto de Kalahari. Saborea o mundo con estes sales seleccionados coidadosamente polos mestres artesáns de Sal Maldon.

A gama de sabores amplíase con dous lanzamentos máis: Sal Maldon con allo e Sal Maldon con chili, nunha combinación única de especias de primeira calidade xunto coas escamas® de sal mariño de sempre.

EROSKI 98 CASTELLANO MiSight MEDIA H.ai 1 15/3/24 16:55

PÉS BONITOS TODO O ANO

Unha boa alimentación e unha rutina de coidado cotiá son a base para ter uns pés sans e bonitos todo o ano. Realizar unha pedicura cada mes asegurará que luzan impecables de cara a poñer sandalias. Dámosche algúns consellos e recomendacións dos imprescindibles belle para que facelo coa maior calidade non che supoña demasiado tempo nin cartos.

PEDICURA EN 6 PASOS

1. Retira ben o esmalte de o haber. Utiliza quitaesmalte sen acetona.

2. Limpa. Mergulla os pés en auga morna cun pouco de xabón neutro e unhas pingas de aceite corporal para hidratar e amolecer a pel. Seca ben. Non esquezas o espazo entre os dedos.

3. Hidrata. Aplica unha crema reparadora realizando unha suave masaxe e insistindo en talóns e durezas.

4. Corta as unllas en liña recta, sen chegar aos laterais e suaviza os bordos cunha lima. Retira as cutículas coa axuda dun pau de laranxeira.

5. Aplica unha laca base. Axuda a alongar a duración do esmalte e evita que os tons escuros e vermellos descoloren a unlla.

6. Aplica o teu esmalte favorito para dar cor.

HIDRATACIÓN E HIXIENE

Fórmulas aptas para persoas veganas. Clinicamente testados. 1 E

CREMA PARA PÉS REPARADORA

Hidrata, reduce e prevén a aparición de durezas. Con urea, manteiga de karité e alantoína.

48 horas de hidratación

CREMA PARA PÉS HIDRATANTE

Nutre e suaviza intensamente. Con manteiga de karité e aceite de améndoas. Ideal para o seu uso cotián grazas á súa fresca textura lixeira de rápida absorción.

24 horas de hidratación.

DESODORIZANTE PARA PÉS Neutraliza e prevén o mal olor e diminúe a sensación de humidade.

Dermatoloxicamente testado. Botella 100% reciclable.

VALE DESCONTO NESTA REVISTA 40

OS BÁSICOS, SEMPRE Á MAN

LIMA ACOLCHADA

2 CARAS

CORTAUNLLAS

CON LIMA

CEPILLO DE UNLLAS

Acurta e dálles forma ás unllas.

Indicado para o corte das unllas dos pés.

Limpa suave e de xeito eficaz as unllas.

BRILLO E COIDADO AO MESMO TEMPO

SÉRUM 5 EN 1

3

Protexe, fortalece e nutre e asemade reduce o risco de manchas. Perfecto como base antes da laca de cor porque alisa a superficie da unlla.

DE ORIXE NATURAL: a súa fórmula inclúe aceites de xoxoba e camelia e extracto de uva. Ademais, está enriquecida con vitaminas A e E Pro Vitamina B5.

UN TOQUE DE COR

Xa probaches a nosa gama de lacas de unllas belle&MAKE-UP?

Por que utilizalas?

Tecnoloxía patentada Gloss Seal’R para un brillo extremo de longa duración.

Cor intensa, secado rápido e longa duración. Fórmula # 10 free Pincel plano, de punta redondeada e coa anchura perfecta para se adaptar mellor á forma da unlla e facilitar a aplicación. 100% aptas para veganos.

SON TENDENCIA

• Top Coat efecto xel

• Laca de unllas 11 RUBI

• Laca de unllas 07 PURPLE

• Laca de unllas 03 tender pink

IMPECABLES

LAPIS QUITAESMALTE

SEN ACETONA

Axuda a corrixir defectos da pedicura. Inclúe recambios.

CONSELLOS DE APLICACIÓN

Comezar dende o centro da unlla e cubrir despois os laterais. Finalizar cunha capa de laca Efecto Xel belle&MAKE-UP para un acabado espectacular e duradeiro.

VALE DESCONTO NESTA REVISTA VALE DESCONTO NESTA REVISTA
5 4 2
41

AXUDA A PERSOAS con enfermidades raras e as súas familias

Ser invisible pode ser un superpoder ou un superproblema se o que é invisible é unha enfermidade. E non estamos a falar de que os seus síntomas non se poidan ver, senón da complicación para dar co diagnóstico. Esta situación vívena máis de tres millóns de familias en España. A elas querémoslles dar visibilidade e destinarlles un ano máis as nosas doazóns do programa de Céntimos Solidarios de abril.

Xunto coa túa doazón, que non supera os 0,20 euros, axudaremos a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias. Sabías que o 80% dos afectados por enfermidades raras son nenos e que en máis do 30% dos casos a súa esperanza de vida non supera os cinco anos?

Di si ao pasares por caixa.

Bihotzez Elkartea

Os Céntimos Solidarios destinaranse ao programa ‘Atención integral para persoas con cardiopatía conxénita’ no País Vasco. Inclúe acompañamento no proceso de intervención, hospitalización e escolarización e mais tarefas de sensibilización e visibilización da enfermidade.

Federación Española de enfermedades Raras (FEDER)

Os Céntimos Solidarios deste mes destinaranse ao programa ‘Xuntos Contigo’, que ofrece diagnóstico, apoio xurídico, educativo, acceso ao tratamento e atención psicolóxica aos afectados e ás súas familias.

Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC)

A axuda será para o proxecto ‘Móvete’, que ofrece talleres de ocio, estimulación cognitiva, creatividade e expresión emocional a través do teatro e a música, amais dun taller de apoio e necesidades educativas en Galicia.

Federación Española de Fibrose Quística

O recadado destinarase ao proxecto de ‘Apoio psicosocial para menores e mozos con Fibrose Quística e as súas familias’, que ofrece un servizo especializado en saúde mental e información e asesoramento en recursos sociais.

ás vosas achegas e ás de EROSKI, en marzo doámoslle a esta causa máis de

42 GRAZAS
€ PLA PLAN S NS N OLI OLIDAR AR DAR DA IED E EDDADE ADE AD ER EROSK OSK OSSKI IE PLALAN S NS N OLI OL L DAR DARIDA IDA ID D E DEEROS O ROS R KI K DA DAALE LE AL L SÍ S A favor de: DÁÁLLLE E AO SI
120.000
bihotzez Asociación de niños y jovenes con problemasde corazón y sus familias Bihotzeko arazoak dituzten haur eta gazteen elkartea eta haien familiak
solidariedade

UZBEKISTÁN

Descubre os tesouros da Ruta da Seda

Propoñémosche un plan ao que non te vas poder resistir. Unha viaxe máxica a un dos enclaves máis destacados da milenaria Ruta da Seda: Uzbekistán. Un oasis no medio do deserto no exótico percorrido que atravesaba Asia Central dende Xi ‘an, en China, ata a capital turca de Istambul. Con voo directo dende Madrid con W2FLy e con circuítos de 6 noites, dende Viaxes EROSKI azul mariño goza dunha experiencia única e acumula aforros na túa tarxeta EROSKI Club. Apúntaste?

Cidades e paisaxes inesquecibles. Coñecida como ‘A Perla de Oriente’, Uzbekistán parece sacada do conto d’As mil e unha noites. Un destino único que ofrece unha rica historia, impresionante arquitectura e unha cultura vibrante. As súas fascinantes

cidades cheas de luz e de cúpulas turquesa, como Samarcanda, Bujará, Jiva ou Tashkent, rodeadas de inhóspito deserto e de frías estepas, farán desta viaxe algo inesquecible. O mellor momento para viaxar é de maio a xuño e de setembro a outubro, cando o clima nos permite gozar este destino en todo o seu esplendor.

Samarcanda. É a xoia da Ruta da Seda. Non perdas o Registán, unha impresionante praza rodeada de antigas madrasas decoradas con azulexos de cores brillantes. Visita a maxestosa Mesquita BibiKhanym e a tumba de Tamerlán en Gur-e Amir.

Bujará. Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, conta coa Cidadela de Ark, o complexo de Lyabi-Hauz e a Mesquita Kalon co seu gran minarete.

44
viaxes

Jiva. En pleno deserto de Kyzyl Kum, é unha cidade museo cunha cidadela amurallada e rúas empedradas cheas de historia. Non perdas o Mausoleo Pahlawan Mahmud e o Minarete de Kalta Minor.

Tashkent. A capital de Uzbekistán. Visita o complexo Hazrat Imam, onde está o Corán máis antigo do mundo, e explora o bulicioso Bazar Chorsu para gozar dunha auténtica experiencia de compras.

OS IMPRESCINDIBLES

Noites de música e danza.

Pasear en camelo polo deserto de Kyzyl Kum.

Obradoiro de artesanía: aprende a tecer tapices suzani, a pintar cerámica ou a tallar madeira. Degusta a súa comida tradicional: como o plov, a sopa laghman ou os doces samsas.

Reembolso

5

á túa tarxeta EROSKI club

5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 30 de abril do 2024 nas viaxes seleccionadas.

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

45

FACEMOS EROSKI

10ª EDICIÓN DA XORNADA ‘CÓMPLICES’

A ‘Malanai’ Laura Baena e o psicólogo Alberto Soler falarán sobre a corresponsabilidade este mes en Oñati.

As persoas traballadoras de EROSKI temos unha cita o vindeiro 11 de abril coa igualdade de xénero. Celebramos o décimo aniversario da xornada Cómplices e facémolo reflexionando e debatendo sobre a falta de corresponsabilidade nas tarefas e nos coidados da man da ‘Malanai’ Laura Baena e

do psicólogo Alberto Soler. Estes expertos axudarannos a buscar unha vía, desde a educación e a loita, para equilibrar a carga real e mental nos coidados e na xestión do fogar que, na actualidade, asumen en maior grao as mulleres.

A décima edición de Cómplices, organizada polo

PILAR KALTZADA

Presentadora e escritora, imprímelle ao seu polifacético traballo a súa especial sensibilidade cara á igualdade de xénero. Será a encargada de moderar e dirixir a xornada.

A LOITA

Laura Baena

PRESIDENTA DO CLUB DE MALASNAIS E DA ASOCIACIÓN EU NON RENUNCIO

Activista da corresponsabilidade e da conciliación, comezou a súa andaina quitándolle todo o romanticismo á maternidade. Formou o Club de Malasnais, que hoxe en día son lexión, e desde o que despois se xestou a Asociación Eu non renuncio, cun enfoque que reivindica o dereito á crianza sen que supoña renunciar ao desenvolvemento persoal e profesional.

Grupo EROSKI coa colaboración da Corporación MONDRAGON, Domusa, Lagun Aro, Grupo Fagor, Labora Kutxa e DanobatGroup, botará a andar ás 10:00 e estará conducida pola xornalista Pilar Kaltzada.

Esperamos con iso avanzar na nosa responsabilidade coa sociedade.

A EDUCACIÓN

Alberto Soler

PSICÓLOGO E CORRESPONSABLE

Psicólogo valenciano, defende que “axudar na casa” é unha falacia porque a corresponsabilidade é moito máis ca executar tarefas, tamén consiste en planificar. E, neste eido, a muller absorbe a maior parte do peso. Alberto falará tamén sobre a culpa e os nesgos de xénero que seguen a determinar os roles e as responsabilidades.

50
novas

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.