Ponte a punto cunha alimentación saudable e aforra para as agardadas vacacións. Sempre con bos prezos, receitas e vales desconto irresistibles
MAIO FRESCO E VITAL
04 Neste número
06 O máis top do mes
07 En redes
08 Elixe saúde, elixe color: 6 alimentos para unha posta a punto
10 Grellada vexetal
14 Cereixas: todo ao vermello
22 Iogur: bo e natural
30 Noces: saúde caída da árbore
32 Infoodencers: KofradiaItsas-Etxea
34 As vantaxes de EROSKI club
O último nas nosas tendas
Beleza: novidades refrescantes para coidares o teu rostro
40 Ser solidario
44 Viaxes: Costa Daurada
47 Vales aforro
50 Novas
MSEMPRE
A PUNTO
aio é un mes de variedade. Un mes cheo de verduras e froitas que lle dan cor á nosa alimentación e que nos permiten manter uns bos hábitos na mesa. En EROSKI contas coa variedade necesaria para estares sempre a punto, no teu prato e mais no teu peto.
Aforra enchendo unha cesta con produtos frescos e de tempada, sempre a bos prezos. Froita, verdura, peixe, carne, produtos locais elaborados no teu contorno máis próximo e os básicos que non poden faltar, como o leite, o pan, os legumes ou os ovos. Tes milleiros de produtos e, se aproveitas os vales, por seres EROSKI club, sumas máis aforro. Este mes, ademais, terás máis vales na túa app. Non os perdas!
EDITOR
EROSKI S. COOP.
E se nos marcamos desafíos cotiáns? Experimenta con novas receitas, desempoa a grella e atrévete a asar verduras de tempada, proba alimentos locais ou incorpora máis opcións integrais, froitos secos e sementes na dieta. E sae camiñar acotío! Lembra que os bos hábitos pasan por unha comida real, facer exercicio e durmir ben. E se te coidas por dentro, faino tamén por fóra. Non perdas a sección de beleza cos produtos máis refrescantes para o teu rostro. Notaralo!
Mantén vivo o teu lado máis solidario participando en causas como a Operación Quilo e, ante todo, pásao ben. Dedícalle tempo á túa familia e amigos!
Barrio San Agustín s/n.
48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Redactora xefe: Manuela Díaz
Foto de portada: @virginiamartin_photo
REALIZACIÓN Y EDICIÓN
Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 85. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reproducción total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
O máis
TOP deste MES
2
UNHA OFERTA EXTRA PARA UN COIDADO EXTRA
Beleza
En toda a perfumería* COMBINA
*Consulta a dispoñibilidade
promoción
COÍDATE E AFORRA!
Entre o 3 o 14 de maio, non perdas a promoción 3x2 na nosa sección de perfumería.Fai a túa propia combinación con produtos de cosmética, fragrancias, hixiene e coidado corporal, coidado de cabelo, hixiene bucal e protección solar.
1 ben out na t un n listo pre unh a e ene
A+B É TENDENCIA
A B D E C
NUTRI-SCORE A
A aposta por unha alimentación saudable segue en alza nas nosas tendas. Desde hai catro anos, os nosos clientes decántanse cada vez máis polas letras ‘boas’ (A e B) do Nutri-Score, que seguen medrando á conta das de peor calidade nutricional.
3
REFRÉSCATE no serán
RÉNDETE AO REFRESCANTE
SABOR DA SANGRÍA E DO TINTO DE VERÁN CON LIMÓN
SEN ALCOHOL, DOUS NOVOS
PRODUTOS DA MARCA CASTILLO DE ARESO. SON AS BEBIDAS
ESTRELA DAS TARDES ESTIVAIS. SÍRVEAS BEN FRÍAS E GOZA EN BOA COMPAÑA.
4
UNHA CEA SAUDABLE
Os mexillóns son ricos en potasio, omega 3, proteínas e ferro e, ademais, estanche ben bos. Cómpreche algunha outra razón para os incluíres na túa dieta? Pois velaquí a tes: un novo formato conxelado, listo para quentar e servir. Só precisas uns minutos e terás unha cea perfecta.
...E EN REDES
Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais
Receita do mes EROSKI club
Polbo en rustrido con cebola confitada Felicidades, @moncho_br, gañador do concurso ‘A receita do mes’ da nosa revista EROSKI club! O seu delicioso prato, polbo en rustrido con cebola confeitada, elaborado con produtos de EROSKI de orixe local, encantounos. Ti tamén es un namorado da cociña? Sube unha foto dunha das túas elaboracións máis saudables e etiquétanos nas redes co hashtag #alimentaloquepiensas. Podes levar unha tarxeta regalo de 100€ para gastares nas nosas tendas.
Verdade ou mentira?
Sábelo todo sobre alimentación saudable?
Non perdas o noso novo concurso de maio en redes. Un quiz que poñerá a proba os teus coñecementos e que terá premio. Valo perder? Porque nada ten un impacto máis directo na túa vida ca o que comes, e nada inflúe máis no que comes ca o que pensas.
ABRIMOS Ti
ABRIMOS TikTok!
Unímonos á plataforma que está a conquistar o mundo co seu enfoque único e contido creativo. Síguenos en @eroski.oficial e non perdas as últimas tendencias e novas, os trends máis virais, os mellores consellos para o teu día a día e moito máis.
COCIÑANDO XUNTOS
Encántanos o batchcooking e Laura, de @shootthecook ensinounos a tirar proveito do polo, con táperes saudables e variados para levares á oficina ou á universidade.
E o punto máis doce chegounos da man de @ainaralo, que elaborou unha irresistible e saudable mousse de chocolate e aguacate. Se o perdiches, búscao en @eroskioficial. Sublime!
Elixe SAÚDE,
Este mes propoñémosche seis alimentos imprescindibles para ti, porque te axudan a coidarte, apoian os produtores da túa contorna e sempre teñen bos prezos, o que che permitirá aforrar sen te decatares. Non está mal, verdade? Somos uns firmes defensores de comer segundo as estacións. Opta polas verduras de tempada sempre a bo prezo. É tempo de berenxenas, cabaciñas, espárragos, pementos, remolachas, cenorias, tomates, leitugas… Todas elas están estupendas á brasa.
A cor chega tamén ás nosas froiterías coas primeiras cereixas recentemente traídas do val do Xerte. E seguimos co peixe. É tempo de anchoas, atún, salmón ou lirio, e tamén de pescada, que atoparás nas nosas peixerías sempre a bo prezo. Non dubides en acompañalo con verduras ou arroz. E se a isto lle sumas unhas noces ou sementes, o menú saudable xa está feito. E que dicirmos do iogur? Todo é beneficio para a nosa saúde dixestiva. Opta por iogur natural sen azucres engadidos para obteres os maiores beneficios.
elixe COLOR
Tempo de GRELLADAS
O bo tempo inaugura a tempada de grelladas e desde aquí arrincamos coa proposta máis saudable: unha grella de verduras. As brasas danlles ese sabor que as torna irresistibles. Nas nosas tendas atoparás todo o que precisas para a preparares: cenoria, remolacha, boniato, cabaciña, berenxena, cabaza, pemento, tomate, cebola, pataca, champiñóns, cogomelos de ostra, coliflor, pakchoi, espárragos e moito máis.
TIPS PARA
UNHA GRELLA
SAUDABLE
Cociña as verduras a lume medio-alto. Estarán listas nuns 8-12 minutos, aínda que o tempo variará segundo o tipo e o tamaño.
Vira as verduras a miúdo.
Nos espetos, mesmo grosor e anacos grandes e grosos. Os mariñados simples, como o aceite de oliva, o allo, as herbas frescas e o mollo de limón, realzan o seu sabor.
O broche de ouro poñerao unha deliciosa salsa de iogur.
#alimentaloquepiensas
Sempre bos prezos S Sep prezezos
Deixa espazo para os tubérculos
Non poden faltar
Toradas, enteiras, en metades... Ásaas uns cinco minutos por cada lado.
Asa enteiras a remolacha e mais a cenoria. E as patacas, mellor envoltas en papel de aluminio. Os máis delicados
Sempre bos prezos S Sep prezezos
Anímate coa verdura de folla verde
Asa corazóns de leituga romana, endivias ou a col chinesa pakchoi, que é tendencia. Párteos pola metade ao longo e cocíñaos a lume medio dous minutos por cada lado.
Vixía os tomates, pementos ou cogomelos na grella, xa que requiren de menor cociñado e pódense queimar.
S Semp prez ezzos
1,99€
POR RACIÓNA B D E C
A
UNHA RACIÓN CONTÉN:
Salteado de pak choi e champiñóns con arroz
4 15-20’
• 2 pak choi (500 g cada un)
• 12 champiñóns, 2 ceboliñas, 2 cenorias e 3 dentes de allo
• 1 caiena
• 3 culleradas de vinagre de arroz
• 4 culleradas de salsa de soia baixa en sal
• 4 culleradas de auga
• 1 cullerada de maizena
• 1 cullerada de sriracha
• 3 culleradas de AOVE
• 5 g de sésamo branco
• 200 g de arroz basmati
Cocer o arroz segundo as indicacións do fabricante. Reservar.
Lavar, secar e cortar o pak choi ao longo. Picar as ceboliñas en aros e o talo en diagonal para decorar. Cortar os champiñóns en cuartos ou láminas, as cenorias en tiras e laminar os allos.
Preparar a salsa mesturando o vinagre, a auga, a maizena, a sriracha e 2 culleradas de AOVE. Reservar.
Nunha tixola, poñer media cullerada de AOVE a lume medio e saltear o pak choi, a ceboliña, os champiñóns, a cenoria, os allos e mais a caiena. Así que estean ao dente, engadir a salsa e deixala espesar.
Servir o salteado co arroz, esparexerlle sésamo por riba e engadir o verde da ceboliña.
Tips s udab es
O pak choi é unha variedade de col moi versátil e boa de combinar. Pódese substituír por acelga, kale, col e ata por espárragos trigueiros.
Cociñado tórnase máis suave e doce, pero pódese consumir cru. Próbao en ensaladas. Destaca polo seu contido en calcio.
Engade algunha fonte de proteínas saudables para creares un prato completo.
Apto para dietas veganas.
#alimentaloquepiensas
SÁNDWICH CON PAN VEXETAL
2 PORCIÓNS / DIFICULTADE 2 / 20 MIN
Para o pan vexetal
1 pataca
2 cenorias
50 g de espinacas
1 ovo
2 culleradas de fariña de avea
5 ml de aceite
Para o recheo
60 g de lacón
2 lascas de queixo tenro
Sementes de sésamo para decorar (opcional)
1. Triturar a pataca e mais a cenoria crúas. Escorrer ben cun pano limpo para sacar toda a auga posible. Mesturar nun bol coas espinacas picadas, o ovo e a fariña de avea.
2. Nunha sandwicheira botar un chisco de aceite e colocar a masa de verduras formando unha capa. Poñer por riba unha lasca de queixo e outra de lacón. Cubrir todo coa masa de verduras e esparexerlle por riba unhas sementes de sésamo.
3. Cociñar 5-10 minutos ata que a masa calle. Servir en triángulos.
Que che acheg ?
É un prato completo. Achega proteína de boa calidade, hidratos dos vexetais e graxas saudables do aceite, o ovo e o queixo. Destaca o contido en calcio.
O lacón, ao ser pa cocida, normalmente conta cunha maior porcentaxe de carne.
Cociñar en familia é divertido #alimentaloquepiensas
Todo ao
VERMELLO
De textura firme e suave e con esa cor vermella inconfundible tan viva. As cereixas e picotas son as raíñas de corazóns dos meses de maio e xuño. Gústannos pola súa dozura, polas súas escasas calorías e mais pola morea de beneficiosas propiedades. Cando chegue o seu momento de maduración, poderás gozar de cereixas de orixe local no País Vasco, Aragón, A Rioxa, Navarra e Andalucía, ás que se
Fonte de vitamina C e con alto poder antioxidante, a cereixa é rica en minerais como ferro, potasio e calcio.
Lembra que unha ración equilibrada é unha manchea de 10 unidades.
Os talos das cereixas, tomados en infusión ou en po, teñen un efecto diurético.
Cereixas e picotas son a mesma especie, pero distintas variedades, con e sen rabo. A picota, que non ten rabo, é máis crocante e doce.
#alimentaloquepiensas
engade a nosa cereixa EROSKI Natur, coa que tes garantida a dozura e o tamaño perfecto. E en EROSKI contas con variedade de formatos de medio quilo, quilo e por xunto para levares xusto o que precisas e non guindar nada. Ademais, sabías que o noso principal provedor é a Agrupación de Cooperativas Valle del Jerte (Cáceres)? Proporciónannos cereixas e todas as picotas que atoparás en EROSKI.
Así é a Denominación de Orixe
Cereza del Jerte
Artesanal. As cereixas colléitanse á man, evitando as horas de calor, para que manteñan a súa firmeza.
Punto óptimo. Só se colleitan cando están maduras. Así que se desprenden da árbore, non poden madurar máis.
Sabor único. O clima e a tradición dos seus agricultores fana única e unha das mellores cereixas do mundo.
A P p S C
Contorno. Elixíndoas axudas á conservación dun sistema tradicional e sostible.
EROSKI Natur garante o sabor e o tamaño de cada peza
Distintos formatos
Sempre bos prezos S Sep prezos os
FALAMOS CON…
MÓNICA TIERNO
directora xeral da Agrupación de Cooperativas Valle del Jerte
Falar de cereixas é facelo do Xerte. A Agrupación de Cooperativas Valle del Jerte está formada por 15 cooperativas situadas no val do Xerte e en La Vera. Máis de 3.000 socios que cultivan de maneira tradicional cereixas e picotas. Ese saber facer e o contorno único tórnaas especiais. Para Mónica Tierno, son o equilibrio perfecto entre natureza, tradición e innovación.
Como identificalas do resto?
As nosas picotas están amparadas pola D. O. Cereza del Jerte. Son das poucas froitas que contan con este recoñecemento e isto é unha garantía de calidade para os consumidores. As nosas picotas son de menor tamaño, sen rabo e de textura crocante e doce. Adoitan estar dispoñibles só seis semanas, desde mediados de xuño a finais de xullo. As nosas cereixas, con todo, empezan a estar dispoñibles desde comezos de maio, e permítennos gozalas durante tres meses.
Como se leva a cabo o cultivo e a colleita deste froito?
Na nosa zona, o cultivo de cereixas faise na montaña, en socalcos
feitos á man, pedra a pedra. Esta paisaxe singular é recoñecida ambientalmente por axudar a evitar a erosión. Son os nosos agricultores os que, os máis deles, realizan todos os labores de sementeira, fertilizado, poda e coidado da árbore. Na colleita, colleitan á man cada cereixa, asegurándose de que alcanzou o punto óptimo de madurez e sabor.
Que medidas se están a tomar para preservar o cultivo?
A nosa aposta pola comercialización conxunta, a través do cooperativismo, permítenos apoiar os nosos agricultores facendo do cultivo de cereixas o seu proxecto de vida. Os máis deles son produtores pequenos e a nosa unión convértenos no maior comercializador de cereixas de España, sen perdermos a nosa esencia tradicional e familiar.
Cales son os principais retos aos que vos enfrontades?
A cereixa é unha froita deliciosa, pero tamén extremadamente delicada: a choiva, a saraiba ou o exceso de calor minguan as colleitas. Por sorte, ao contarmos con plantacións diversas en variedades e altitudes, diversificamos os riscos.
Que consellos lles darías aos consumidores para gozaren ao máximo das cereixas do Xerte?
As picotas, sen rabo e de menor tamaño, pero doces e crocantes, son o mellor snack saudable para acompañar calquera experiencia estival. Sempre unha delicia.
Gaspacho de cereixas
Lassi de cereixas
4 5’ 4 15’
• 750 g de tomates
• Media cebola pequena
• Media pemento verde
• Un cuarto de allo
• 400 g de cereixas
• 4 culleradas de aceite de (AOVE)
Desosar as cereixas.
• 2 culleradas de vinagre de Xerez
• Sal
• 200 ml de auga
• 40 g de queixo rulo de cabra
• Tomiño fresco
Cortar os tomates, a cebola, o pemento e o allo.
Engadir todo ao vaso do batedor e triturar.
Incorporar á mestura as cereixas e volver bater.
Engadir o vinagre, o aceite, a auga e o sal e triturar ata obter unha crema fina.
Deixar arrefriar no frigorífico ata o momento de servir.
Servir frío, acompañado dun chisco de queixo rulo de cabra e tomiño fresco.
1,57€
POR RACIÓN
• 250 ml de iogur natural
• 1 cunca de cubiños de xeo (de se querer menos frío, auga xeada)
• 125 ml de leite ou bebida vexetal
• 300 g de cereixas
• Canela en po
• Cardamomo
• Un chisco de sal
Batemos iogur, leite ou bebida vexetal, froita partida e xeo. Trituramos ata acadarmos unha mestura homoxénea e lisa. Esparexemos as especias e o sal e trituramos uns segundos. Servimos frío decontado.
Proba outras versións substituíndo as cereixas por 300 g de amorodos, 3 nectarinas ou 1/2 mango.
0,49€ POR RACIÓN
Pescada ao teu alcance
Ésen dúbida ningunha un dos peixes máis consumidos. A súa carne branca e suave, o seu sabor delicado e textura firme e mais o feito de case non ter espiñas nin graxa, pero si un alto contido de proteínas e omega 3, converten a pescada nun dos nosos
favoritos. Aínda que a podemos atopar nas nosas peixerías durante todo o ano, nestas datas é cando máis se pesca e está no seu mellor momento. Tómaa á prancha, ao forno, rebozada, empanada, guisada, á grella, en caldeirada... Hai opcións para todos os gustos.
PEDRO NOBEIRA
Responsable de Peixería no supermercado de Artea (Biscaia)
Sempre bos prezos S Sep prezos os
ATOPARÁS O DISTINTIVO DE SEMPRE BO PREZO TANTO NA PESCADA ENTEIRA COMO NA COLA DE PESCADA* E goza do vale de desconto en pescada fresca.
TAMÉN EN CONXELADO
A pescada conxélase en alta mar, nos mesmos barcos nos que se captura, polo que se preserva a súa frescura e calidade todo o ano.
A nosa pescada EROSKI procede de Galicia e do País Vasco. Trátase dun peixe salvaxe habitual na cornixa cantábrica, que se captura practicamente durante todo o ano. Por iso, atoparás pescada fresca nas nosas tendas en calquera momento e sempre a bos prezos. Achégate aos nosos mostradores e prepararémola ao teu gusto. Fileteada, en toros ou enteira. E, se o prefires, envasada e xa limpa.
Elixas
o que elixas, COME PEIXE DE TEMPADA
graxos
Pescada, escarapote, mero, lirio ou mexete, peixe sapo e raia
Anchoa, xarda ou cabala, congro, xurelo ou chicharro, peixe espada, rodaballo, atún, castañeta, salmón e troita
A B D E C
UNHA RACIÓN CONTÉN:
1,87 €
POR RACIÓN
Fish and chips en airfryer
• 4 lombos de pescada
Rebozado
• 80 g de fariña integral
• 1 ovo
• 100 g de pan relado
• Sal e pementa
Chips vexetais
• 2 cenorias,
1 pataca e 1 boniato
• Sal, pementa, allo
4 60’ en n Sempre bos prezos S Sep prezos os
en po e pemento
• 60 ml de aceite de oliva
Salsa tártara
• 200 ml de iogur natural
• 1 culleriña de mostaza
• ¼ de cebola
• 4 cogombros novos
• 3 ramas de perexil
• Sal
Colocar os lombos de pescada nun bol, salpementar e mesturar con fariña. Retirar do recipiente e pasar por ovo batido e despois por pan relado. Colocar na cesta da airfryer e cociñar 10 minutos a 180 ºC.
Pelar e cortar as verduras en bastóns. Colocar nun bol e botarlles aceite, sal, pementa, allo en po e pemento. Mesturar ben. Colocar na cesta da airfryer e cociñar a 200 ºC durante 15 minutos.
Para elaborar a salsa, picar a cebola, o cogombro novo e o perexil e mesturar nun bol co iogur, a mostaza e o sal.
Servir o peixe coas chips de verduras e coa salsa á parte para dipear.
Tips s ud bles
Rela o pan do día anterior para aproveitares as sobras. De ser integral, moito mellor.
Faino máis saudable e, no canto do rebozado tradicional, mestura un iogur natural e 100 g de pan relado ou de fariña de améndoas. Deixarate abraiado!
#alimentaloquepiensas
AO GRAN
O arroz é un alimento básico en moitas culturas de todo o mundo. Excelente fonte de carbohidratos, proporciona enerxía e é a base para unha diversidade de pratos saudables e deliciosos. Ademais, sexa cal sexa a súa variedade, non contén glute, polo que é unha excelente fonte de hidratos de carbono para as persoas celíacas. Se elixes opcións como o arroz integral aproveitarás ao máximo os beneficios nutricionais deste versátil gran, beneficiándote así dun mellor benestar a longo prazo.
En EROSKI atoparás un arroz para cada intre
D. O. VALENCIA
RISOTTO
15-18’ 18’
Para preparares unha auténtica paella valenciana precisas arroz, caldo, AOVE, sal, tomate, azafrán, pemento doce, polo, coello, feixóns verdes planos e garrofón ou feixón branco valenciano. Podes engadir romeu.
A variedade italiana carnaroli proporciona unha textura moi cremosa. O truco está en agregar aos poucos o caldo. Para risottos e sushi.
NO SEU PUNTO
Substitúe a auga por caldo de verduras, carne ou peixe.
Unha vez que rompa a ferver, baixa ao mínimo, mantendo o chupchup e non removas.
ARROZ SECO: dobre de caldo ca de arroz.
ARROZ MELOSO: tres partes de caldo e unha de arroz.
ARROZ CALDOSO: catro partes de líquido por unha de arroz.
O noso arroz bomba EROSKI SELEQTIA foi testado polo Basque Culinary Center. Perfecto para paellas, arroces melosos e caldosos.
BOMBA REDONDO BASMATI LONGO
De textura ao dente, non se pega e, unha vez cocido, mantén a súa forma. Para ensaladas e gornicións.
É o máis aromático. Convén lavalo e deixalo en remollo polo menos unha hora antes de cociñalo. Para gornicións, ensaladas e receitas exóticas.
Sempre bos prezos S Sepos Sempre bos prezos S Sep prezos os
VAPORIZADO
ARROZ INTEGRAL
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Que o fai especial?
Absorbe os sabores dos alimentos que o acompañan. É un todoterreo.
Sempre bos prezos S Sepos
Quitóuselle o farelo nunha lixeira cocción sen perder os seus micronutrientes. Para arroces caldosos, gornicións e ensaladas.
SE NON TES TEMPO, poñémoscho ben doado
Sempre bos prezos S Sempos
Achega un extra de fibra. Ao gran quítaselle a tona dura exterior non comestible, conservando o farelo (que contén a maior parte da fibra do gran), o xerme (que ten a graxa saudable) e o endospermo (que é o carbohidrato).
Para que quede perfecto...
Tempo de cocción: 40-45’. Precisa máis caldo ca as outras variedades. Proba cunha parte de arroz por tres de auga.
Perfecto para todo tipo de receitas, gornicións e ensaladas.
Ao ser máis duro e elástico, dificilmente se nos pasará.
#alimentaloquepiensas
BO E NATURAL
Máis rico en calcio e proteínas ca o leite, o iogur é imprescindible nunha dieta equilibrada e o seu consumo cotián é unha das recomendacións establecidas na pirámide nutricional. Versátil na cociña e unha sobremesa que lle gusta a todo o mundo, nas nosas tendas atoparás unha ampla variedade de opcións sempre a bo prezo, tanto da marca EROSKI como dos fabricantes líderes do mercado.
58 receitas con iogur que te inspirarán
NAS TÚAS RECEITAS
O IOGUR É UN DOS PRODUTOS
HABITUAIS NA NEVEIRA. SABES TODO O QUE SE PODE FACER CON EL?
ALMORZOS SAUDABLES
‘Smoothie’ de froitas e iogur
Mestura iogur natural con plátano, amorodos e un chisco de mel. Esta cremosa receita é un xeito delicioso de comezares o día e, ademais, sempre a bos prezos.
‘Parfait’ de iogur e granola
Alterna capas de iogur natural con granola caseira e rodas de froita. Este almorzo é rápido e unha combinación perfecta de sabores e texturas.
PRATOS PRINCIPAIS
Sempre bos prezos S Semp prezezos
Berenxena asada con bulgur e iogur
Asa as berenxenas e engádelle á carne o bulgur cocido con AOVE, zume de limón, froitos secos, ceboliñas e olivas.
Agrega por riba un pouco de iogur natural e de menta fresca e coandro picados. De non teres bulgur, substitúeo por arroz integral ou por quinoa.
Polo mariñado en iogur
Mestura iogur natural con comiño, coandro, cúrcuma e allo picado e mariña as peitugas de polo nesta mestura polo menos unha hora. Cocíñaas á grella ou no forno.
Sempre bos prezos
S Sempre Se p prez ez e os
S Sep prez ezzos
GRANOLA OU MUESLI?
A granola é máis crocante e doce por mor do seu proceso de enfornado e da adición de aceite e adozantes, mentres que o muesli é máis solto e menos doce, xa que non se enforna e xeralmente non se adoza tanto.
Sempre bos prezos S Sep prezezos
Curry de garavanzos e iogur
Rustre cebola, allo e xenxibre nunha tixola con aceite. Engade cúrcuma, comiño e garammasala. Agrega garavanzos cocidos, tomates picados e iogur natural e cociña a lume manso ata que espese. Sirve este curry con arroz basmati e naan (pan plano) quente.
SOBREMESAS IRRESISTIBLES
Biscoito de iogur
1 iogur, 1 medida de iogur de aceite, 2 medidas de azucre, 3 medidas de fariña, 3 ovos, 1 sobre de lévedo, reladura de limón e un pouco do seu zume. Enforna a 180 ºC durante 35 minutos.
Snack de iogur xeado
Quita o soro do iogur e mestúrao con mel e extracto de vainilla. Engade froitos vermellos, pistachos e chocolate fundido ou en anacos. Conxela unhas 2-3 horas.
Variedade, calidade e prezo
para TODOS OS GUSTOS
Tes tantas opcións que nunca cansarás de tomar iogur. Fómonos adaptando aos teus gustos e preferencias e na actualidade contas cunha ampla variedade de iogures da marca EROSKI, elaborados con leite de calidade, para te coidares e gozares de todo o sabor con máis de 45 variedades sempre a bos prezos.
AO NATURAL
O ano pasado reformulamos a receita para facermos os nosos iogures basic máis cremosos e suaves. Atoparalos sempre a bo prezo.
CON MÁIS SABOR
A partir deste mes, chegarán ás nosas tendas os iogures de sabores EROSKI basic, cunha nova receita máis cremosa e cunha cor e sabor mellorados.
SEN GRAXA NINGUNHA
Coas mesmas propiedades ca os iogures normais, pero sen graxa ningunha.
VERSIÓN LÍQUIDA
Para levar e tomar en calquera sitio.
Con todo o sabor, pero sen lactosa ningunha.
UNHA AXUDA EXTRA
UN PLUS DE PROTEÍNAS
Dispós dun amplo abano de produtos lácteos con proteína adicional para o mantemento e desenvolvemento da túa masa muscular. Sen glute, sen azucres engadidos e, no caso dos ‘pudding’ +proteína, ademais son baixos en graxa. Non perdas os novos sabores de amorodo e sabor tropical.
QUEFIR
FORMATO XL
As opcións de L. Casei e bífidus contribúen ao bo funcionamento do sistema inmunitario e axudan a rexenerar a flora intestinal. A gama probiótico-colesterol, con esterois vexetais engadidos, axudarate a reducires o colesterol sanguíneo.
GREGOS
Goza do novo formato de seis unidades. Natural, azucrado e de sabores tan variados como limón, noces... Cremosísimos!
Sempre bos prezos
Sempre S Se p prezezos
Quefir significa literalmente sentirse ben. Esta bebida turca obtense por medio da fermentación de diferentes bacterias e é alta en proteínas. Tómao no formato que queiras e non deixes de probar o quefir de cabra EROSKI BIO, con leite enteiro procedente de agricultura ecolóxica. Para gozares ao grande. Proba o novo iogur grego lixeiro, cun 2% de materia graxa. Reducido en calorías, contén ata un 80% menos de graxa ca o grego natural.
ESPECIAIS
Sempre prezos S Sep prezezos
Os nosos iogures máis gourmet son EROSKI SELEQTIA. Elaborados con leite fresco de ovella e de cabra e testados polo Basque Culinary Center. Goza tamén do iogur natural BIO, con leite de cabra procedente de agricultura ecolóxica.
SABOR LOCAL
Gústanos que sexa de aquí. É bo para nós, para o noso contorno e para os máis de 2.000 produtores locais que ofrecen nas nosas tendas máis de 21.000 produtos de proximidade. Só en iogures traballamos con máis de 30 produtores de lácteos locais, que achegan ese sabor de sempre que tanto nos gusta. Estes son só algúns deles. Coñece o resto na túa tenda máis próxima.
GALICIA
ARAGÓN
Casa Grande de Xanceda
O quefir contén 14 fermentos, millóns de bacterias moi boas para ti e ten un sabor suave e delicioso.
O iogur está elaborado con leite fresco ecolóxico, fermentos lácticos e máis nada!
CANTABRIA
Bien aparecida Quefir.
La ermita Iogur natural.
NAVARRA
Lactubifi natural Só leite fresco, fermentos e bífidus. O segredo está no leite certificado en produción Integrada.
Lactuyogur natural Só leite fresco de produción integrada e fermentos. Axita e bebe.
Lactuyogur de limón
Elaborado con leite fresco de produción integrada, fermentos, aroma natural e azucre. Máis nada.
Villa Villera Iogur natural.
LOCAIS E SOLIDARIOS
AspaceBiointegra e EROSKI traballan xuntos para comercializarmos nas nosas tendas produtos elaborados por persoas con discapacidade, e fano con leite procedente de animais do contorno rural de Orreaga-Roncesvalles, en Navarra. Seguen receitas tradicionais e utilizan menos do 1% de plástico nos seus envases.
FALAMOS CON…
PAÍS VASCO
Doncel Iogur de leite de ovella con cereixas.
EROSKI CON SABOR LOCAL Iogur con arandos, cereixas e amorodos.
Mahala
Iogur de limón.
Javier Olmos
Conselleiro delegado e responsable comercial de Vascolac e Doncel
Sinalizados cun mapa do País Vasco atoparás iogures elaborados con leite fresco enteiro pasteurizado de vaca procedente desta rexión, que garante o desenvolvemento do contorno. Fabricados sen colorantes, sen nata e sen leite en po engadido. Son aptos para celíacos e contan cun envase ECO un 24% máis lixeiro, ao eliminar o cartón exterior.
Levan case medio século elaborando lácteos.
A empresa que xestiona Javier Olmos –baixo as marcas Vascolac e Doncel– dispón dunha ampla gama de iogures que podes atopar en EROSKI. Ademais, elaboran os nosos iogures con leite 100% local nas súas variedades de arandos, cereixas e amorodos.
Que lle achega unha empresa familiar como a vosa aos iogures?
Partindo da calidade da materia prima, elaboramos os iogures de xeito tradicional, achegando modernidade e desenvolvendo un produto máis cremoso e con froita. Agarimamos os nosos produtos para que sexan naturais e manteñan todo o seu sabor. Exemplo diso son os iogures de EROSKI, que levan confeitura de froita de alta calidade, o que lles dá un sabor natural moi agradable.
Ese sabor local que tanto nos gusta?
Como produtores locais, o noso leite tamén o é. Esa materia prima, que por sorte temos en Euskadi, permítenos elaborar un produto de gran calidade e cremosidade, que repercute no consumidor. Gozar dun produto coma este axuda os nosos veciños e coida o medio ambiente, xa que case non utilizamos transportes nin para levarmos o leite á planta nin desde esta ás tendas.
A tradición vai da man da innovación?
Abofé que si. Innovamos na elaboración das texturas e traballando en proxectos de desenvolvemento de novos produtos.
EN EROSKI PODES ELIXIR
A nosa oferta de iogures é de gran calidade e variedade e conta con máis de 70 produtos. E sempre a bos prezos. Así poderás elixir entre as mellores marcas o que precisas acotío. Porque se che gusta unha marca, en EROSKI atópala seguro.
É posible gozar dunha alimentación vexetal, coidando da túa saúde e do planeta, sen ter que renunciar ao sabor. Alpro é 100% vexetal e estache ben bo. Ademais, ten unha ampla gama de alternativas sen azucre. Porque un sabor así non precisa nada doce!
Quefir
Grazas a unha fermentación máis lenta, obtense un quefir menos amargo, astrinxente e ácido.
Iogur artesán grego
Leite fresco de vacas que pacen en liberdade, fermentado devagar, con nata e cun delicado toque doce.
Iogur natural
Elaborado a conciencia e devagar, con leite fresco de vacas que pacen en liberdade.
Iogur con pexego
Toque doce do pexego de viña, unido ás notas ácidas e exóticas do maracuxá. Irresistible.
Iogur con framboesa
Un iogur artesán cremoso, co toque intenso e fresco que achegan as framboesas silvestres.
A microbiota intestinal ten un papel importante en moitas funcións do noso organismo e a alimentación axuda ao seu equilibrio. Activia contén unha maior diversidade de probióticos ca o iogur tradicional, polo que incluílo na dieta é unha boa opción.
Estes iogures conteñen proteína de alta calidade, que conta cos nove aminoácidos esenciais. E preséntanse en diferentes formatos, sabores e gramaxes de proteína: desde o iogur de culler, con 15 g de proteína, ata os iogures líquidos, con 25 g. Todos son 0% azucres engadidos e 0% baixos en graxa.
SSALSEANDO
NA COCIÑA
As salsas con iogur son versátiles e deliciosas e engádenlle un toque de frescura e cremosidade a unha morea de pratos. Toma nota das nosas preferidas.
Salsa de iogur e cogombro (tzatziki). Con iogur grego, cogombro, allo, zume de limón, aceite de oliva, sal e aneto. Unha variedade desta salsa grega é a cacik turca, con limón e menta no canto do aneto. Ideal con ensaladas verdes, carne á grella, kebabs e falafel ou como dip para verduras.
Salsa de iogur e allo ou alioli de iogur. Feita con iogur natural, allo picado moi fino, aceite de oliva virxe extra, sal e, ás veces, un pouco de zume de limón. Serve para mariscos, pescados á grella, verduras asadas e patacas.
Salsa de iogur e herbas frescas. Iogur con perexil, coandro, menta e ceboliño sazonado con allo picado, sal, pementa e aceite de oliva. Para carne á grella, ensaladas, falafel e verduras asadas.
Salsa de curry e iogur. Iogur natural con pasta de curry vermello, zume de limón, mel e coandro picado. Sirve esta salsa sobre arroz basmati con vexetais salteados ou como acompañamento para samosas.
Raita. Orixinaria da India. Mestura iogur con cogombro relado, menta fresca picada, comiño en po e sal. Sírvea con pratos picantes como o curry.
Labneh. Coa o iogur para eliminar o soro. Bótalle sal, aceite de oliva e herbas frescas. No Medio Oriente sérvese no almorzo.
Chutney de iogur. Salsa india que combina iogur con comiño, coandro moído, xenxibre e chiles verdes. Como acompañamento para pratos picantes e frituras.
#alimentaloquepiensas
SAÚDE caída da árbore
As noces son unha excelente fonte de graxas saudables, proteínas, fibra, vitaminas e minerais. Goza destas deliciosas pílulas de saúde como snack entre comidas –cunha manchea abonda- en ensaladas, iogures ou batidos ou utilízaas como ingrediente nas túas receitas.
En EROSKI atoparás unha gran variedade de noces, tanto con só o miolo como con casca, en distintos formatos e, ademais, sempre a bos prezos.
As noces comúns teñen un sabor lixeiramente amargo e unha textura crocante. Son ricas en ácidos graxos omega 3.
Da fraga ao prato
Sempre S p os
Sempre bos prezos
Consume por xunto e aforrarás, porque están sempre a bo prezo.
A noz pecana procede de América do Norte e ten un sabor máis doce e manteigoso.
A noz de macadamia é orixinaria de Australia. É suave, cremosa e lixeiramente doce. Ten un alto contido de ácidos graxos monoinsaturados.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Propiedades nutricionais das sementes www.consumer.es
Dende Galicia ata Cataluña, as noces integráronse na cociña rexional de maneiras creativas e deliciosas. A intxaursalsa vasca, a torta de noces galega, os pementos recheos de noces e queixo rioxanos, a sopa de améndoas e noces balear, a salsa de noces cántabra ou a ensalada aragonesa de noces e uvas son só algúns exemplos.
Tira partido das noces co noso receitario e prepara deliciosos pratos como esta granola, un almorzo que é tendencia.
Queres saber como preparala?
Xente nova que quere transformar o futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.
KOFRADIA
ITSAS-ETXEA
A casa dos mariñeiros vascos
O amor polo mar e as ganas de traballar polo cambio fixo grande a Kofradia
Itsas-Etxea. Un espazo no que, desde o mariñeiro que sae faenar acotío na costa ata o cociñeiro que acaba preparando o peixe, traballan co único fin de concienciar sobre a importancia do mar e dos seus alimentos. Unidos propóñennos unha viaxe ás marabillas da costa vasca, que parte do porto de
Preguntas estribor
Un peixe que sexa o sal do mar?
[Borja] O peixe de tempada; agora mesmo, a xarda. Torada e frita. Os rapaces do grupo, non vexas como a comen. Cousas que non poden faltar en alta mar.
[Inaxio] Traballo, colaboración e futuro, sobre todo futuro; non nos pode faltar o mar.
Donosti, onde están situados. Alí dispoñen de obradoiros, restaurante e tenda e ofrecen experiencias tan suxestivas como aprender a pescar a bordo dun barco de baixura, saber facer uso das artes tradicionais, coñecer as especies mariñas que nos arrodean ou degustar todas as xoias que nos ofrece o mar.
Sopa de peixe, marmitako ou cocochas ao pil pil. Cal che fai perder o norte?
[Leyend] As cocochas, que o teñen todo, son moi suaves e xelatinosas. Na vida, es máis de botar a áncora ou de soltar amarras e deixarte levar?
[Inaxio] Soltar amarras, pero preto do porto para te poderes acubillar cando chega o temporal.
INAXIO VALVERDE
Xefe de cocina da Kofradia
Itsas-Etxea
Por que coidas que a Kofradia
Itsas-Etxea está a transformar o futuro da alimentación?
Polo feito de traballar como se fósemos unha rede. Pequenos axentes que traballamos en conxunto para podermos levar a bo porto todo o proxecto.
A que dirías que sabe o mar?
A saúde. Estamos a falar de peixe azul, vitaminas e omega 3. E centrados na pesca de baixura, sabe a futuro. Tentamos manter e recuperar a substitución xeracional e outros pequenos sabores como a cultura ou a tradición.
Coñecer a orixe do que comemos aliméntanos máis e mellor?
Sen dúbida ningunha, facilita ter unha relación máis directa co sector. E a maior coñecemento, maior riqueza. Garaian garaiko, que se di en euskera, é dicir, na época do ano, o que toca. O mar témolo aquí e dános unha xoias que temos que tentar aproveitar. O consumo de peixe fresco reduciuse un 35% nesta última década. Por que esa baixada? Xa non botamos tempo na cociña. Comer, ir correndo a traballar, a recoller os nenos á escola… Non temos tempo para preparar unha sopa de peixe, que leva unha elaboración, facer puddings, etc. Como poderiamos revitalizar este consumo?
Incorporando o peixe, sobre todo de baixura, nas dietas cotiás para non perdermos ese costume que temos de comer peixe; polo ben de todos.
ION ENZO
Mariñeiro
Que fai a Kofradia Itsas-Etxea polo futuro da pesca?
É un proxecto que nace da man de todos os arrantzales (mariñeiros) de Euskadi, que traballamos para poñer en valor a nosa pesca de baixura e artesanal, ao mesmo tempo que achegamos a xente nova á rede. É unha aposta polo peixe de baixura?
Sen dúbida ningunha. E, ademais, un xeito de potenciarmos os produtos de preto e de km 0. En Kofradia Itsas-Etxea explicamos a través do coñecemento e amosámoslle á xente cal é o peixe de aquí, o de baixura, e todas as marabillas que se poden facer con el. E que é a pesca de baixura?
Son os barcos que nos dedicamos fundamentalmente a estar moi preto da costa. Pesca do día e con artes sostibles.
BORJA ISTURIZ
Mariñeiro
A Kofradia
achéganos a especies non tan coñecidas?
Abofé! Queremos amosar especies que ata o de agora tiñan pouco valor económico e non se vían na peixería. Revalorizar produtos pouco coñecidos como a croqueta de xarda ou a hamburguesa de bonito que comiamos os arrantzales.
Produtos moi de aquí?
Temos que aprender a consumir peixe de tempada. Agora estamos coa campaña da xarda, que ata hai poucos anos non se consumía nos fogares. Pódese facer ao forno, frita ou en croquetas.
Introducilos na dieta será complicado?
Toca traballar niso. Ensinarlle á xente que existen máis especies ca a pescada, o peixe sapo ou as meigas.
LEYEND VELILLA
Responsable de comunicación da
Kofradia
Itsas-Etxea
Que torna único o voso proxecto?
O feito de ter en conta toda a cadea de valor do sector da pesca artesanal de Euskadi. Desde o mariñeiro, as redeiras, as confrarías, chefs, a Administración… Nós somos a unión. Que papel xoga a comunicación no futuro do sector?
Para que non se esqueza, ten que permanecer vivo. Por iso, a divulgación é o celme principal da Kofradia e deste proxecto. As novas xeracións teñen que saber que a pesca é unha opción laboral. O que non se conta non existe, e iso está nas nosas mans.
De aí a vosa aposta pola educación?
Si, facemos que os nenos suban ao barco a través de programas coas escolas. Ofrecemos diferentes actividades, segundo a idade, desde manualidades ata aprender a pescar. Tamén temos obradoiros de fins de semana e vacacións para rapaces de 6 a 17 anos. É un colectivo que, precisamente, non se decanta polo peixe?
Hai que darlle unha volta para consumir peixe dunha maneira divertida e diferente, adaptándonos aos gustos e aos novos perfís que hoxe en día atopamos nos consumidores, incluíndo os máis novos.
#alimentaloquepiensas
Descárgaa aquí
Se aínda non tes a app, báixaa e leva 10 € pola primeira descarga nun vale aforro para trocar nunha compra a partir de 50 € (1)
(1) Promoción válida para os 50.000 primeiros socios EROSKI club que descarguen a app e se identifiquen por primeira vez antes do 30/06/2024. O vale de 10 € aparecerá na aplicación nun prazo máximo de 7 días a partir da data de descarga. Unha vez activado, cambiarase automaticamente ao realizares unha compra superior a 50 €.
6 MOTIVOS POLOS QUE SI CHE VALEN
Máis vales
Cada semana agardan por ti máis vales aforro ca os que recibes en papel.
Pensados para ti
Vales personalizados en función das túas preferencias e dos produtos que mercas decote, para os usares cando queiras e aforrares máis.
De uso ben doado
Activa os teus vales na app e poderalos utilizar de xeito sinxelo e moi visual e intuitivo, agrupados nun mesmo espazo.
Non os esqueces na casa
Sempre tes á man os vales no teu móbil e poderás decidir cando che vén ben activalos.
Coidarás o planeta
Reduces o consumo de papel. Poderás consultar e activar todos os teus vales nun só clic.
E, por todo, aforrarás máis.
Descarga a app para teres sempre á man:
Vales de aforro e ofertas
Tíckets de compra
Saldo acumulado
Tarxeta dixital
Xogos e sorteos cada mes
Aforro mensual
Folletos
E moito máis!
AFORRA NOS TEUS PLANS DESTE VERÁN!
Prepárate para o verán aforrando coa túa tarxeta EROSKI club. Parques de atraccións, viaxes, aloxamento, carburante e moito máis. No espazo Máis Promocións da app EROSKI ou en www.eroski.es atoparás máis de 80 marcas con máis aforro.
MÁIS PROMOCIÓNS
para gozar este verán
Tíralle o máximo proveito Á TÚA TARXETA DE PAGAMENTO
O vermello é a cor do amor. E tamén a da nosa tarxeta de pagamento EROSKI club. Se aínda non a tes, estamos seguros de que será amor a primeira vista. Razóns non faltan: non ten cotas de emisión nin de mantemento, permíteche sacar
DEVÓLVECHE O 1% DAS TÚAS COMPRAS
FÓRA DE EROSKI (1) E É GRATIS PARA SEMPRE
Non ten cota e devólveche o 1% das túas compras en restaurantes, cinema, moda, etc.
cartos en efectivo nas nosas caixas e devólveche o 1% nas compras que fagas noutros establecementos fóra de EROSKI (1). E iso só é o comezo dunha interesante lista de vantaxes. Aínda o estás a pensar? Faite con ela!
CARTOS EN EFECTIVO
NAS NOSAS CAIXAS
Podes solicitar cartos en efectivo nas caixas de hipermercados e supermercados EROSKI sen comisión.
Válida en todo o mundo
Financiamento en EROSKI
Tarxetas adicionais
Seguro de accidentes incluído Servizo non máis papel
Pagamentos fáciles
Cartos inmediatos
‘Contactless’ e ‘PIN’
Información detallada
Pagamento móbil
(1) Consulta condicións en: www.eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/ahorros-y-ventajas/ Tarxeta emitida por Santander ConsumerFinance, S.A.
o último
CEPILLOS E PEITE BELLE
Desenguedella o teu cabelo
SEN ESFORZO
Farta de tiróns? Elimina nós con suavidade cos novos cepillos e peite belle. Fabricados con fibras naturais e con faixa de cartón kraft, perfectos para desenredar todo tipo de cabelos grazas ás súas pugas arredondadas e aos seus filamentos flexibles. Pódense usar tanto húmido e mais en seco.
1. CEPILLO DESENREDANTE. Desenreda e dá volume. Ideal para cabelo longo e fino. A súa estrutura ventilada permite que o cabelo seque máis rápido.
2. CEPILLO PNEUMÁTICO. Ideal para pelo longo e ondulado e para o peiteado cotián dos cabelos lisos.
3. PEITE ESCARPIADOR. Desenreda, peitea e dálle volume ao cabelo curto ou longo. As súas pugas arredondadas peitean con suavidade respectando o coiro cabeludo.
fala El Faro para
COGOMBROS NOVOS ESTILO ALEMÁN
PERFECTOS COMO GORNICIÓN OU APERITIVO
Un cogombro novo ao máis puro estilo alemán, cun punto de agridoce e mostaza. Un sabor diferente que fará as delicias do padal nos teus aperitivos e receitas. e
Agora xa podes gozar na casa dun xeito rápido e cómodo dun dos pinchos máis populares e exitosos nas barras dos bares do País Vasco. A Ensalada de xamón e porro La Cocina del Norte está lista para comer en calquera
ENSALADA DE XAMÓN E PORRO Elaboración tradicional
La Cocina Del Norte fala La Cocina del Norte para
Un pincho clásico para gozar na casa
parte e sorprenderate polo seu suave sabor, cun toque fresco e lixeiramente ácido, e mais pola súa textura cremosa, na que destacan o crocante do porro e do xamón cocido. Esta ensalada pódese utilizar como unha ensalada rusa en aperitivos, entrantes ou tapas, sobre unha rebanda de pan en forma de pincho e mesmo para facer sándwichs ou bocadillos.
KOIPE ALIÑOS
OS
Koipe Aliños é un aceite de sementes, cun toque de tomate e alfábega, ideal para o consumo en frío. Próbao nas túas ensaladas, pastas, tostas, carnes e peixes. Ademais, é fonte de omega 3, o que axuda a controlar os niveis de colesterol. Descubre un sabor que non te deixará indiferente!
fala Ko
DÁLLES UN TOQUE DIFERENTE ás túas receitas
A BELEZA MÁIS FRESCA
DESCUBRE AS NOVIDADES MÁIS REFRESCANTES
PARA COIDARES O TEU ROSTRO
Co verán ao cabo da rúa, veñen decote días máis soleados e con temperaturas máis altas. Pero, como afecta iso á nosa pel? A perda de auga que provoca a calor tradúcese en sensación de pel tirante, seca e ata irritada. Amais de seguirmos unha dieta rica en froitas e verduras e de beber máis auga e infusións, é esencial utilizar cosméticos que reforcen e protexan a barreira natural da pel.
RUTINA DE DÍA
Son tendencia as brumas faciais de auga termal con activos cosméticos.
Lévaa sempre a canda ti!
3 2 1
Xel limpador facial belle
Limpa suavemente o rostro e deixa a pel hidratada, fresca e calmada grazas ao aloe vera e ao extracto de cogombro. Non contén xabón e é respectuoso co pH.
95% de ingredientes de orixe natural. Apto para pel sensible. Hipoalerxénico. Dermatolóxica e oftalmoloxicamente testado. Botella 100% reciclable.
Fluído antimanchas SPF50
Glow Garnier Skin Active Deseñado para combater as manchas escuras e deixar a pel unificada e iluminada. Pódese utilizar como hidratante ou aplicar tras a crema de día e antes da maquillaxe.
Dermatoloxicamente testado. Tubo cun 32% de material reciclado.
Bruma facial hidratante belle
Con auga termal, ácido hialurónico, niacinamida e extracto de flores brancas, que axudan a hidratar, suavizar, revitalizar e refrescar a pel en calquera momento do día.
94% de ingredientes de orixe natural. Apta para peles sensibles. Hipoalerxénica e oftalmoloxicamente testada. Botella 100% reciclable.
RUTINA DE NOITE
Aceite limpador facial belle
Fórmula oil-to-milk que, ao contacto coa auga, transfórmase nunha emulsión lixeira e fundente. Con aceites de rosa mosqueta e améndoas doces.
Dermatolóxica e oftalmoloxicamente testado. Hipoalerxénico. Botella 100% reciclable.
EXPLOSIÓN DE COR
COMBATE O AVELLENTAMENTO
Sérum noite Vitamina C
Garnier Skin Active
A vitamina C é un imprescindible no coidado do rostro. Combate os signos de avellentamento e o cansazo.
Sérum antimanchas cun 10% de vitamina C pura, que reduce as manchas e as liñas finas e ilumina a pel, e con ácido hialurónico, que hidrata en profundidade deixando a pel máis suave, flexible e revitalizada. Clinicamente testado. Frasco cun 40% de vidro reciclado.
Dálle un toque de cor e frescura á túa maquillaxe esta tempada coa nova colección de edición limitada de belle ‘A praia’, con alegres tonalidades que evocan os cócteles máis refrescantes á beira do mar.
Contorno de ollos Vitamina C
Garnier Skin Active
Reduce cinco signos de fatiga: olleiras, liñas finas, ton apagado, falta de firmeza e suavidade, mellorando a aparencia xeral da pel. Clinicamente testado. Sen perfume. Tubo cun 25% de material reciclado.
BRILLO DE LABIOS OIL-INFUSED
COR INTENSA, HIDRATACIÓN E BRILLO
Tres labiais infusionados con aceites e extractos naturais e ácido hialurónico. Fórmula vegana. Dermatoloxicamente testados.
LACA DE UNLLAS LONGA DURACIÓN, COR INTENSA E ALTO BRILLO
Fórmula vegana. #10 free Dermatoloxicamente testadas.
Axudamos a xente nova en situación de vulnerabilidade
A ENTRAR NO MERCADO LABORAL
Medrar nun contorno vulnerable limita as posibilidades de moitos mozos para acceder a un emprego. Por iso, este mes pulsa “si” nas nosas tendas para que os teus céntimos solidarios se destinen a proxectos de inserción laboral en contornos vulnerables, que desenvolven, entre outros, a Asociación Navarra para a Investigación, Prevención e Tratamento de Adiccións (ANTOX), Fundación Integra, a Fundación Acción contra a Fame, Igaxes e Cruz Vermella. Xuntos axudaremos a máis de 12.000 mozos con dificultades de inserción a desenvolver habilidades e atopar un traballo. Coñece os proxectos aos que se van destinar os teus céntimos.
CRUZ VERMELLAA través do proxecto Emprego Novo Somos go lévanse a cabo accións de orientación e formación personalizadas, ofrecendo bolsas de estudos e equipos tecnolóxicos en empréstito para reducir brechas dixitais.
Asociación Navarra para a Investigación, Prevención e Tratamento de Adiccións (Navarra)
Apoiaremos o proxecto que ofrece orientación e formación para mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan na fase final do tratamento e así lograr a súa inserción social.
desemprego. O proxecto ofrece concursos, actividades colaborativas, formación dixital e en habilidades para que dean creado os seus propios negocios cun impacto social e ambiental positivo.
IGAXES (Galicia)
Co programa Escola de vida trabállase xunto cos centros educativos para previr situacións de risco ou de exclusión social e para aumentar o éxito escolar que mellore as súas condicións laborais de futuro.
FUNDACIÓN INTEGRA (Baleares)
FUNDACIÓN ACCIÓN
CONTRA A FAME
Itinerario de emprendemento social xuvenil - Vives Emprende é un programa de formación e asesoramento a mozos en situación precaria ou de
O proxecto Contigo: inserción laboral de mulleres novas vulnerables está dirixido a mulleres de entre 18 e 35 anos en exclusión social severa. Recibirán itinerarios personalizados de integración, preparándoas para o emprego e intermediando con empresas para que participen en procesos de selección.
OPERACIÓN QUILO
Súmate ao reto e xuntos conseguiremos un millón de comidas
Este mes, súmate á Operación Quilo da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Xuntos axudaremos a que milleiros de familias vulnerables teñan garantido un prato de comida ao día. En EROSKI colaboramos de xeito desinteresado con esta causa a través do transporte e a loxística, e coa achega do 7% sobre o total da doazón realizada polos clientes.
O reto é superar o millón de comidas -máis de 300 toneladas
de alimentos- recadado o pasado ano. E se o logramos, daquela, por que non o repetir?
¿CÓMO PARTICIPAR?
O 24 e 25 de maio, voluntarios de FESBAL faranche entrega dunha bolsa ao entrares nalgunhas das nosas tendas. Elixe os produtos que queiras doar. Introdúceos nela e entrégaa ao concluíres a compra.
Entre o 20 e o 25 de maio, en todas as nosas tendas poderás doar o importe que desexes ao pasares polas nosas caixas.
En marzo, Vegalsa-EROSKI e os seus clientes recadaron nos seus VIII Zampakilos Solidario máis de 105.000 quilos de produtos e 28.742 euros a prol da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), destinados aos bancos de alimentos da súa zona. “Queremos agradecer a implicación de todas as persoas que fan posible, ano tras ano, esta campaña. Unha iniciativa na que se respira ambiente de solidariedade e cooperación entre os nosos clientes, voluntarios e equipos de tenda e que nos permitirá un ano máis seguir a axudar as familias que máis o necesitan”, explica a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-EROSKI, Gabriela González.
IMAXINA TODO O QUE PODES FACER CON
1. Sardiñas en aceite
2. Feixóns verdes
3. Arroz
4. Garavanzos
5. Leite calcio semidesnatado
viaxes
COSTA DAURADA
Un destino para todos os gustos
Praias tranquilas, calas turquesas arrodeadas de natureza, clima soleado, excelentes comunicacións, establecementos de calidade con longa tradición turística e unha axenda con actividades para todo tipo de público. Así é a Costa Daurada. Un destino para aprender, descubrir, abraiar, gozar e aforrar coa túa tarxeta EROSKI club.
PARA TODOS
Na Costa Daurada atoparás todo tipo de opcións para gozares sexan cales sexan as túas preferencias. Hai máis de 100 hoteis para elixir, os máis deles de catro estrelas,
unha ampla oferta de cámpings -sete deles premiados como os mellores de Europa- e apartamentos turísticos pensados para albergar a toda a familia.
PRAIAS TRANQUILAS E MOI FAMILIARES
Goza da area fina e dourada das praias de Salou, Cambrils e La Pineda en Vilaseca e das súas augas cálidas. Praias nas que poderás atopar espazos lúdicos con monitores que organizan todo tipo de actividades, plataformas flotantes, espazos para practicares vóley praia, fútbol, windsurf, paddle surf ou para dares unha volta en moto acuática ou kaiak.
MÓVETE
Pasea
Pasea en bicicleta polo carril bici que une os tres municipios da Costa Daurada, intérnate nos sendeiros de Ronda ou Salou en plena natureza e achégate ao xardín botánico e ao zoolóxico Parc Samà, en Cambrils.
DIVERSIÓN ASEGURADA
Non esquezas PortAventura World, cos seus incribles espectáculos e atraccións. Queima toda a adrenalina en Ferrari Land ou vive as atraccións acuáticas en Caribe Aquatic Park ou no Aquopole de
Vila-seca (La Pineda). Ademais, contas cunha chea de festas patronais e cunha programación cultural interesante, que inclúe concertos, maxia ou pallasos.
E DÉIXATE LEVAR
Na Costa Daurada todo é posible! Déixate levar pola maxia histórica dos municipios de interior, pérdete nas súas cidades e monumentos Patrimonio da Humanidade ou intérnate nos Parques Naturais da Serra de Montsant e das Terres de l’Ebre, declarado Reserva da Biosfera pola Unesco.
Reembolso bolso
5 %
á túa tarxeta EROSKI club
5% de reembolso á túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 31 de maio 2024, nas viaxes seleccionadas.
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible
FACEMOS EROSKI
«Se en algo evolucionamos en EROSKI é en proximidade»
María Jesús Gamiz, socia de maior idade en activo da cooperativa
Aos seus 66 anos, María Jesús Gamiz é a socia traballadora en activo de maior idade de EROSKI. Ela foi unha das protagonistas do acto organizado por Konfekoop e Kooperatiben Kontseilua co gallo do Día Internacional da Muller, que lles rendeu unha merecida homenaxe ás primeiras mulleres socias das cooperativas do País Vasco, salientando o seu papel como pioneiras no camiño cara á igualdade. Gamiz, que se vai xubilar o vindeiro mes logo de 35 anos, acudiu ao acto arroupada pola nosa CEO, Rosa Carabel, e mais polo responsable de Relacións Institucionais, Josean Yela, en representación de todas as mulleres de EROSKI.
María Jesús comezou a súa andaina na tenda de
Zorroza e pouco despois pasou ao EROSKI City de Sestao, onde traballa na actualidade. Viviu a chegada da tecnoloxía, que alixeirou a tarefa das tendas, e asegura que un dos maiores avances foi «a proximidade». A que sente co seu equipo, que define «como unha piña», sobre todo dende a pandemia, cando se negou a coller a baixa que se lle ofrecía por idade. «Traballar durante o confinamento deume a vida», rememora. Tamén asegura que a relación co cliente mellorou. «Sempre axudamos, pero esa atención foi a moito máis cos anos. Fixámonos nas súas necesidades, asesorámolos, axudámolos no embolsado», explica. Todos a imos botar de menos!
Vegalsa-EROSKI
Alumnos do CEIP Coutada Beade, de Vigo
PLANTAN UN BOSQUE LITERARIO
Vegalsa-EROSKI sementa conciencia ambiental e árbores na oitava edición do certame Unha árbore, unha historia. Unha iniciativa que busca concienciar os mozos en sustentabilidade a través da cultura, cun obradoiro de relatos e mais coa plantación dun bosque nos arredores dun centro escolar.
Esta edición tivo lugar no CEIP Coutada Beade, de Vigo, onde a escritora galega de literatura xuvenil
Andrea Barreira Freije impartiu o obradoiro. O proxecto é parte do compromiso que Vegalsa-EROSKI mantén co coidado do contorno das comunidades nas que está presente.
‘Egun Handia’ - Día grande de EROSKI
O humorista Ángel Martín actuará na celebración de Bilbao
EROSKI vístese de gala para celebrar o Día grande das persoas socias (domingo, 26 de maio, 19:00 horas) na Sociedade
Socias y socios, llega el
Filharmónica de Bilbao. A convocatoria, aberta aos sociosclientes no País
EGUN
HANDIA
GRANDE
Vasco, Navarra, A Rioxa e Cantabria, estará animada polo presentador e cómico Ángel Martín, e mais pola xornalista e animadora cultural, Pilar Kaltzada.