Revista EROSKI Club Junio 2015 gal

Page 1

#04

Xuño’15 1 EURO

www.eroski.es

AFORRA CON EROSKI

Un menú económico e de tempada SOLARES

belle&SUN, a túa mellor opción

Doces e ben bos

ALBARICOQUES

Anímate a cociñar os albaricoques Eroski NATUR. Están no seu mellor momento!


Eroski club en INTERNET!! Rexístrate en www.eroski.es e descubre aínda máis vantaxes. Poderás consultar o teu saldo de euros na tarxeta, o teu saldo de puntos Travel Club, todos os teus aforros por ser socio, activar vales de desconto, ver os teus datos, as túas compras e tamén o teu espazo para participar en accións que poñemos en marcha. Agardámoste!


Benvido a Eroski club Eroski club é o novo modo de relacionármonos contigo: xa non es un cliente, es un socio!

SÓ PARA SOCIOS PREZO SOCIO Gozarás de centos de produtos a mellores prezos.

CONSIGUE AS VANTAXES DE TRAVEL CLUB Consigue puntos e trócaos por fantásticas viaxes e agasallos.

Terás acceso a ofertas exclusivas só para ti, e acumularás os cartos na túa tarxeta para descontalos nas seguintes compras.

DESCONTOS PERSONALIZADOS Cos teus vales de desconto seguirás aforrando, aprovéitaos.

* Vantaxes válidas en todos os hipermercados, supermercados e gasolineiras da marca EROSKI que estean adheridos a Eroski club. Consulta a lista de centros adheridos en www.eroski.es/tiendasclub.


Tela?

¿La tienes?

Xa tes vacacións!

¡Ya tienes Vacaciones!

Sabes canto diñeiro tes acumulado na túa Tarxeta EROSKI club?

¿Sabes cuanto dinero tienes acumulado en tu Tarjeta EROSKI club?

Ven a Viaxes Eroski, dicímosche o que tes e xa podes cambialo todo, ou o que ti queiras, nas túas vacacións.

Ven a Viajes Eroski, te lo decimos, y ya puedes canjearlo todo, o lo que tu quieras, en tus Vacaciones.



xuño’15

“Pero, por que contigo? Porque es socio do noso club. Un club dunha empresa distinta, dunha cooperativa” Arantza Campos  —  RESPONSABLE Eroski club

Edición #04 xuño’15

Ter algo contigo

D

espois de catro números, tócanos dicir algo ben alto: gústanos ter algo contigo. Xa o sospeitabas, non si? Non fomos nada orixinais, confesámolo. Non é casual que o apelido oficial de EROSKI sexa “contigo”. Pero, por que contigo? Porque es socio do noso club. Un club dunha empresa distinta, dunha cooperativa. Porque se nota que somos de aquí e por iso ao longo destas páxinas atoparás produtos locais e de amplo prestixio pola súa orixe, como o son as picotas con DO do Xerte. Porque nos preocupan a túa saúde e mais o teu benestar, un compromiso impreso en toda a revista. Porque che ofrecemos unha experiencia positiva, ou iso procuramos con cada número: darche presentado cada artigo e reportaxe do xeito máis útil e atraente. Porque con esta revista

aforras: a busca de aforro inunda toda a publicación. Elaboramos máis de dez receitas e escollémolas todas elas pensando sempre no peto dos lectores. Os vales desconto cos que premiamos a vosa fidelidade son exemplo tamén do noso compromiso por vos axudar a aforrar. E, para rematar, estamos contigo porque te escoitamos. Pódesnos contar as túas suxestións, opinións e inquedanzas sobre a nosa revista a través dos teléfonos que aparecen nesta mesma páxina, das redes sociais de EROSKI, do teléfono de atención ao cliente (902 540 340), do formulario dispoñible na web www.eroski.es… Insistimos, gústanos estar contigo.

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel: +34 946 211 211

REALIZACIÓN EDICIÓN

Carrer Parlament, 29 08015 Barcelona Tel: +34 935 216 920 www.loftworks.es Difusión controlada por OJD Publicidade Loft Works/NAT, SL Roger Aguadé Tel. +34 934 263 020 raguade@natcomunicacion.com

Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo Pab 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel: +34 943 344 614 Depósito Legal BI-243-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

Nace Eroski club

Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefires, rexístrate en

www.eroski.es e descubre todas as vantaxes

6

A revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas ou privadas.


sumario

xuño’15

8 para abrir boca

SALIENTAMOS NESTA EDICIÓN

Actualidade e novidades.

10 é tempo de...

Os albaricoques son un alimento todoterreo, moito máis ca unha froita de sobremesa. Descubre todas as súas posibilidades culinarias.

18 protagonistas EROSKI

Inflúe a dieta no estado de ánimo?

Ao rico xeado! O mellor para se refrescar no verán. De todos os sabores, formas e cores, cal prefires ti?

A práctica de exercicio coida do noso cerebro, pero… que acontece coa nosa dieta? Velaquí as últimas investigacións científicas sobre alimentación e saúde mental. Páx. 26

22 aforra con EROSKI

Receitas en oferta e de tempada. Un bo gusto para o padal e para o peto.

26 pola túa saúde

10

Inflúe a dieta no estado de ánimo? Descubrímosche o efecto da alimentación no cerebro.

40

32  o escaparate

Croquetas: un bocado saboroso e apetitoso de bacallau, xamón ibérico ou boletus.

Protectores solares Dámosche uns consellos para que atopes a crema solar que mellor se adapta ao teu tipo de derme. Goza dos raios do sol mais sen estragares a túa pel nin a túa saúde. Páx. 45

32

36 de aquí e de acolá

Cereixas e picotas do Jerte Eroski NATUR. Goza da súa fresca dozura sen practicamente tomar calorías!

40  enerxía para medrar Peixe sen escusas: estes pratos axudaranche a gañar esta pequena batalla na mesa para que os teus fillos acepten este alimento.

26

Vales desconto Eroski club Agora as túas compras van ser moito máis económicas grazas aos vales desconto de Eroski club. Ofertas e promocións exclusivas para os nosos socios. Valo perder? Páx. 49

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

45 beleza

Imos á praia! Presentámosche os nosos protectores solares. Protexe a túa pel do sol!

49  vales desconto Eroski club

Axudámoste a aforrar cos nosos vales desconto.

52 noticias corporativas 22

36 as vantaxes de ser socio

O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

7


para abrir boca

novidades

Con marmelada a vida sabe mellor Marmelada de laranxa de EROSKI Sannia e de figos de Eroski SeleQtia.

Food Revolution Day

8

O

famoso cociñeiro británico Jamie Oliver conseguiu máis de 850 000 sinaturas en todo o mundo para pedir que existan clases de educación alimentaria nas escolas dos países do G20, do que España é país convidado permanente. Saber cociñar é clave para mellorarmos a saúde, e isto inclúe os nenos. Amais dos hábitos domésticos e do que lles ensinan os adultos na casa, a escola é un territorio idóneo para combater a obesidade infantil. Sostéñeno rigorosos estudos, e tamén mediáticos cociñeiros como Jamie Olivier, moi preocupado pola alimentación dos cativos e polas actuais taxas de obesidade infantil.

o dato

Evita gastar sen tino!

A

nosa Escola de Alimentación estima que o 18% da comida se guinda ao lixo. Tres millóns de toneladas de comida malgástanse ao ano en España. Para intentar cambiar esta situación, neste espazo poderás atopar consellos útiles e receitas para frear a dilapidación de alimentos antes, durante e despois da compra. Stop á dilapidación!

© SAM ROBINSON

tendencia

E

stamos de parabéns. En EROSKI, a familia de marmeladas medrou: dúas son as novas incorporacións. A marmelada de figos Eroski SeleQtia (a primeira marmelada desta marca), cun 65% de froita, sen colorantes e cun sabor totalmente innovador. A outra novidade é a marmelada de laranxa de EROSKI Sannia: ten un 85% menos de azucres ca a marmelada de laranxa da marca EROSKI e tampouco ten colorantes. Seguro que almorzas con marmelada, pero… es dos que cociñan con ela? Estes novos sabores bríndanche a oportunidade de experimentares con eles na cociña. Suxerímosche, por exemplo, un cake recheo de marmelada de laranxa de EROSKI Sannia ou un entrante de queixo con marmelada de figo EROSKI SeleQtia.

Podes atopar máis información aquí

ESCOLA DE ALIMENTACIÓN

Stop Dilapidación


tendencia

lanzamento

Os almorzos que están de moda

Novos herméticos EROSKI

A

lmorzar está de moda entre os foodies (afeccionados á comida e á bebida en inglés). Moitos son os que a través dos seus perfís nas redes sociais retratan o que almorzan cada día. E entre todas, hai unha receita que se repite: os almorzos preparados e listos para consumir en bote de cristal. A fórmula é ben sinxela e ben práctica, xa que che permite almorzar fóra da casa e de camiño á oficina. Nun bote de cristal dos que inclúen tapa hermética botas un iogur –un grego de EROSKI, por exemplo–, flocos de avea (ou calquera dos nosos mueslis EROSKI) por riba e, para rematar, anacos de froita e de froitos secos e Muesli EROSKI estilo unha cullerada de mel. suízo 500 g e iogur Anímaste? grego EROSKI 750 g

Q

(6x125 g).

estudo

Os programas de cociña da tele, inflúen no noso peso?

R

esulta curioso que a popularidade dos programas de cociña, que contan con millóns de telespectadores, se produza no momento no que menos cociñamos. O éxito destes programas, en todo caso, pode ter consecuencias positivas, como incentivarnos a cociñar receitas máis

uen ten un bo tupper ten un tesouro. Para gardar as sobras da cea anterior, para as croquetas da sogra, para levar a comida ao traballo... O contido sempre é importante, mais tamén o é o continente. Quen non se viu obrigado a desbotar unhas ricas sobras porque o tupper non pechaba ou se atopaba en mal estado? Os novos herméticos EROSKI non che fallarán. Son de cristal e con peche hermético. Están dispoñibles nos nosos hipermercados e supermercados e coas súas distintas medidas adáptanse a todo tipo de necesidades. O máis grande ten unha capacidade de 5,3 litros (perfecto, por exemplo, para ordenar as verduras e hortalizas no frigorífico ou para conservar todo o necesario para un bo pícnic) e o máis pequeno é de 24 mililitros, ideal para conservar salsas, restos do puré do bebé...

saudables, pero tamén negativas. Un recente estudo, coordinado pola doutora Lizzy Pope, sinalou que os programas televisivos de cociña non se asocian cun maior risco de obesidade en persoas que os ven para entreterse, pero si nos que o fan para aprender habilidades culinarias que aplicarán máis tarde.

as vantaxes de ser socio

9


é tempo de...

Albaricoques, máis ca unha froita de sobremesa O de deixar a froita para a sobremesa neste caso éche un erro: o albaricoque é moito máis ca iso. Verdadeiro ingrediente todoterreo, ben serve como contrapunto doce para un prato de carne ou para protagonizar o punto de cor nunha variada ensalada. Atréveste con estas receitas?

10


ENSALADA DE ALBARICOQUES E SOIA 4

fácil

40-50’

INGREDIENTES • 200 g de soia verde • 1 cebola • 200 g de albaricoques • 200 g de uvas brancas • 10 g de millo doce en conserva EROSKI • 6 0 ml de aceite de oliva • 20 ml de vinagre de sidra • 5 0 g de eiruga • Un chisco de sal

1,03 € por persoa

COMO SE ELABORA l Cocemos a soia verde e mais

unha cebola enteira partida pola metade nunha pota con auga fervendo a lume suave durante 40 minutos ou ata que estea tenra. l Refrescamos a soia e

escorrémola baixo o chorro de auga fría coa axuda dun coadoiro. l Pelamos os albaricoques,

quitámoslles a carabuña e partímolos. Pelamos tamén as uvas brancas e cortámolas en cuartos. l Dispoñemos a soia cocida,

os albaricoques, as uvas e o millo doce nunha cunca e mesturámolo todo con coidado. l Aliñamos a ensalada cunha

vinagreta elaborada co aceite de oliva, o vinagre e o sal. l Servimos a ensalada

cunhas follas de eiruga.

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

20%

35%

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

394 24,3g 3,6g 16,2g 0,4g 18%

18%

7%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Albaricoques Eroski NATUR: no seu mellor momento Comer cinco porcións de froita e verdura é, probablemente, o primeiro mandamento de toda dieta equilibrada. Se ambos os dous alimentos son de tempada, moito mellor. E se ademais elixes para cumprir este propósito froita de

calidade, o tanto puntúa dobre. Por iso, para elaborares estas receitas propoñémosche que utilices o noso albaricoque Eroski NATUR, porque están no seu mellor momento. A súa calidade é superior e proceden da mellor das orixes. Os máis doces

as vantaxes de ser socio

e tenros atópanse entre maio e setembro. Os albaricoques Eroski NATUR son de polpa consistente, aromática e cun sabor cheo de matices. Lembra que a tonalidade rosada que adquire a súa pel indica unha dozura superior desta froita.

11


é tempo de... GASPACHO DE ALBARICOQUES 4

fácil

< 5’

INGREDIENTES • 4 50 g de tomate maduro • 10 g de pemento verde sen pebidas • 10 g de ceboliña fresca • 200 g de albaricoques maduros sen carabuña • 1 dente de allo • 5 0 g de miolo de pan • 4 0 ml de aceite de oliva virxe extra EROSKI • 10 ml de vinagre de Xerez • Un chisco de sal

COMO SE ELABORA

l Trituramos a mestura 5

minutos máis, á máxima potencia, ata quedarmos cunha crema fina. Se ten demasiada consistencia, podémoslle agregar un pouco de auga fría e volvela moer ata que adquira a textura desexada. Poñémola ao punto de sal e arrefriámola na neveira durante 1 hora.

l Lavamos os tomates,

cortámolos en cuartos e triturámolos co cachiño de pemento e mais a ceboliña fresca. Agregamos os albaricoques, pelados e en cachos (reservamos dous para a decoración final), e mais o dente de allo, pelado e sen o talo interior, e seguimos a bater.

l No intre de servir,

remexemos o conxunto, agregamos unhas pingas de aceite de oliva virxe extra e acompañamos cuns albaricoques salteados nunha tixola con aceite de oliva e sal en escamas.

l Pasamos esta mestura polo

coadoiro e engadímoslle ao líquido resultante o miolo de pan, remollado en auga fría, o aceite de oliva, o vinagre e un chisco de sal.

LOMBO DE PORCO ASADO CON PREBE DE ALBARICOQUES 4

fácil

40-50’

INGREDIENTES •4 00 g de albaricoques •5 0 g de azucre •2 ramiñas de romeu picado •6 00 de lombo de porco •1 00 ml de viño branco EROSKI •2 00 ml de caldo de carne •1 50 g de nata líquida •U n chisco de sal e pementa COMO SE ELABORA l Pelamos o albaricoques e

quitámoslles a carabuña. l Preparamos un almibre

co azucre e cun vaso de auga, quentándoo ao lume ata que arranque a fervura. Logo, engadímoslle os albaricoques, retirámolo do lume e deixámolo repousar media hora. Escorremos os albaricoques, colocámolos nunha bandexa de forno con papel especial e enfornámolos a 100 °C durante 2 horas. Despois, deixámolos arrefriar e partímolos. l Toramos o lombo en catro

anacos e facémoslle unha incisión por un dos laterais sen chegar a atravesalo. Mesturamos a metade dos albaricoques con sal, pementa e romeu e enchemos cada toro. Douramos os toros de lombo nunha tixola e despois introducímolos no forno a 180 ºC durante 15 minutos.

0,42 € por persoa

l Retiramos o aceite que teña

a tixola na que douramos o lombo, engadimos o viño para mesturalo cos zumes pegados a ela e, logo, agregamos o resto dos albaricoques, o caldo e mais a nata. Deixámolo 5 minutos a lume suave. Batemos a salsa e pasámola polo coadoiro para que quede fina.

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

9%

15%

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

170 10,2g 1,5g 8,4g 0,5g 7%

9%

8%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

12

l Servimos o lombo co prebe

de albaricoque.


1,75 € por persoa

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

18%

17%

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

357 11,8g 6,2g 14,4g 0,7g 31%

16%

12%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

as vantaxes de ser socio

13


é tempo de... RECEITA PASO A PASO MOUSSE DE ALBARICOQUE 4

fácil

1

2

l Pelamos os albaricoques, partímolos

l Trituramos a polpa dos albaricoques

e cocémolos, xunto coa pel enteira de 1 limón, nun cazo, a lume medio, cun pouco de auga durante 15 minutos. Así que estean cocidos, escorremos a auga de cocción.

xunto con 50 g de azucre ata formarmos unha crema homoxénea. Montamos a nata con 50 g de azucre coas varas eléctricas.

3

4

l Dispoñemos as claras de ovo nun

l Xuntamos a crema de albaricoque

recipiente amplo e limpo de graxa, agregamos un chisco de sal, 50 g de azucre e montámolas coas varas eléctricas ata que estean a punto de neve.

coas claras, aos pouquiños, e ímola remexendo cunha culler de madeira, non coas varas ou co batedor. Así evítase que baixe a esponxosidade. Repartimos a mousse en copas e adornámola con algunha folla de menta.

15-20’

INGREDIENTES • 5 00 g de albaricoques • 150 g de azucre • Casca de 1 limón • 250 ml de nata para montar EROSKI • 2 claras de ovo

Doces e mais delicados Os albaricoques son unha froita moi delicada. Hai que tratalos con tino e precaución. Un rozamento ou unha presión forte cos dedos esmágaos. Están no seu punto cando, ao premer o froito amodiño entre dous dedos, se aprecia unha consistencia mol. Os albaricoques hainos que escoller maduros para que teñan toda a súa finura e aroma. Pódense gardar no frigorífico nunha bolsa de plástico perforada.

14


0,80 € por persoa

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

21%

30%

417

21g

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

14g

51g 0,06g

70%

57%

1%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

as vantaxes de ser socio

15


¿Estás lista para el verano? Cómo viajar cómoda ¿Te encanta viajar pero el trayecto hacia tu destino es largo y se te hace pesado? Aquí, unos trucos para viajar con el máximo confort. 1. Hidratación. Es muy importante hidratarse bien así que lleva siempre una botella de agua y bebe con cierta constancia cuando viajes en coche, tren, bus avión, etc. Te sentirás mucho mejor. 2. Muévete. Si tienes que estar mucho rato sentado la mala circulación de la sangre puede causar dolor. Procura estirarte con frecuencia. Hay algunos ejercicios que podrás hacer sentado (mover el cuello, estirar los brazos, girar los tobillos, etc). También es conveniente levantarte y dar un paseo, estirar bien las piernas para activar el flujo sanguíneo. 3. Ocio. Lleva contigo algún pasatiempo para entretenerte y hacer que el trayecto sea más ameno. Revistas, libros, música, películas o series en tu tablet, juegos o simplemente una guía de viajes de tu destino junto con un bolígrafo y papel para planificar mejor tu viaje. 4. Equipaje. Intenta llevar siempre el mínimo equipaje posible. Hay muchos productos que tienen versión reducida para que ocupen menos. Por ejemplo, productos higiénicos como champú,

Salvaslips en bolsitas individuales o el caso de los tampones hay una versión Compak de Tampax que viene en formato más pequeño y con envoltorio individual. Con gestos como este reducirás notablemente la dimensión y peso de tu equipaje. Recuerda que viajar ligero hará que tengas más libertad de movimiento y los desplazamientos serán más fáciles. 5. Confort. ¡Ponte ropa cómoda! Los tejidos flexibles y transpirables pueden ser tu aliado. Ten en cuenta que a veces la diferencia de temperatura entre el origen y el destino es muy alta, por lo tanto lo ideal es llevar varias capas para poder adaptarte a cada momento. Si eres mujer, y eres muy viajera, no te preocupes en sentirte incómoda cuando tienes que moverte mucho o estar cerca de otras personas en el autobús, tren, avión, barco, prueba Salvaslips para sentirte limpia todo el día, todos los días. Y si justo te coincide el viaje con el período no dejes que esto se convierta en una preocupación. Utilizar tampones puede ser una buena alternativa durante viajes. Elige un producto de calidad como Tampax que gracias a su tecnología Pearl te ayuda a una inserción fácil, higiénico y por tanto a estar más cómoda y protegida.

Viaja con las NOVEDADES de Evax y Tampax Nuevo Evax Salvaslip Flexibles ¡Se ajusta a tus movimientos! Está pensado para que no lo notes

Nuevo Tampax Compak Pearl Nuestro Nº1 en Confort y Protección. No renuncies a ningún plan este verano


Nuevo Tampax. Hasta donde tú quieras llegar.

El Tampax más discreto y fácil de colocar. Tampax Pearl, nuestro Nº1 en confort y protección ahora en formato Compak. CLICK


protagonistas EROSKI

Ao rico xeado! Espéranos un verán xeador. E non polo frío ou polas baixas temperaturas (que esperamos que non fagan acto de presenza), senón pola cantidade de novos xeados EROSKI que imos poder degustar. De todos os gustos e cores, cal vai ser o teu preferido?

18


Descubre todas as nosas novidades EN BLOQUES: DOUS SABORES MÁIS • Bloque de turrón con crocante de améndoa • Bloque de nata e amorodo Tamaño: 1 litro Ideal para: acompañar sobremesas (biscoito, brownies, tortas...), degustar ao corte a carón dos nosos barquillos e tulipas EROSKI ou como un ingrediente máis nun Banana Split ou noutras copas de xeado. Sen glute e sen graxas parcialmente hidroxenadas.

NOVAS TERRINAS CON SALSAS E TOPPINGS • Menta e chocolate con salsa e rizos de chocolate • Nata - amorodo con salsa de pexego e fideos multicolor • Doce de leite con salsa de caramelo e rizos aos dous chocolates • Café - Latte con salsa e dados acaramelados Tamaño: 900 ml Ideal para: un xeado así de rico non precisa máis acompañantes, xa que xa incorpora cachiños e salsa. A combinación é perfecta para o padal.

Máis deliciosos se... • Ao facer a compra, non coller o xeado ata xusto antes de pasar por caixa. Despois, levalo o antes posible ao frigorífico. • Empregar bolsas térmicas para transportar os xeados á casa. • No conxelador, convén conservalos a unha temperatura igual ou inferior a -18 °C. • Coma sempre, fixarémonos nas etiquetas de composición

e ingredientes, nas que figura a data de caducidade, o modo de conservación e os compoñentes cos que está elaborado o xeado. • Antes de servir, un truco: «amornar o xeado», ou o que é o mesmo, sacalo uns minutos antes do conxelador para que chegue á mesa a unha temperatura óptima de consumo e algo máis «brando» para que

as vantaxes de ser socio

a sensación ao padal sexa máis grata. • Sacar a cantidade xusta de xeado: así evitamos que pase moito tempo fóra do frigorífico. • Unha vez separada a porción de xeado, para conxelalo de novo en boas condicións hai que facelo en envases pechados e nun conxelador limpo e sen placas de xeo.

19


protagonistas EROSKI

MINIBOMBÓNS DE DOUS SABORES E DOBRE COBERTURA Minis Choco Amorodo: xeado de amorodo con recubrimento de cacao, intensa capa de framboesa e cobertura de chocolate con leite. Minis Choco Menta: xeado de menta recuberto de cacao cunha intensa capa de menta e unha nova cobertura de chocolate con leite. Tamaño: en cada paquete hai 6 unidades de 40 g. Ideal para: os amantes do xeado que buscan experimentar con novos sabores, texturas e capas.

SABÍAS QUE... os xeados de xeo teñen a vantaxe de refrescar no momento nos días de calor e axudan a que os máis pequenos beban líquidos?

PARA OS MÁIS PEQUES • Flip Flop de limalimón e amorodo • Flip Flop de cola Tamaño: en cada caixa hai 4 unidades.

EXTRA, EXTRA!: XEADOS SEN LACTOSA • Minis amendoados Sen lactosa • Terrina Sabor Vainilla Sen lactosa Ideal para: aínda que non están destinados exclusivamente para persoas con intolerancia á lactosa, con este lanzamento pretendemos axudar as persoas intolerantes. Eliminamos esta proteína, pero o sabor é o de sempre.

20



aforra con EROSKI

Receitas: en oferta e de tempada No seu punto, de tempada e ademais con produtos en oferta. Con esta suculenta carta de presentación invitámoste a cociñar estas receitas. Como sempre, son preparacións coas que te queremos axudar a aforrar. Un gusto para o padal e para o teu peto.

22

0,71 € por persoa


0,95 â‚Ź por persoa

0,82 â‚Ź por persoa

as vantaxes de ser socio

23


aforra con EROSKI

PRIMEIRO

SEGUNDO

SOBREMESA

BRÓCOLI CON TAQUIÑOS DE XAMÓN

PEITUGA DE POLO AO ALLO CON FEIXÓNS

XEADO DE NECTARINA 4

4

fácil

4

30-40’

INGREDIENTES

fácil

15-20’

fácil

+2h

INGREDIENTES

INGREDIENTES

• 5 00 g de pataquiñas • 5 00 g de brócoli • 30 g de ceboliña fresca • 2 dentes de allo

• 80 g de xamón curado en taquiños • 30 ml de aceite de oliva virxe • Un chisco de sal

• 4 00 g de peituga de polo • 1 ovo • 5 0 g de pan relado • 250 g de feixóns verdes

• 2 dentes de allo •4 0 ml de aceite de oliva •U nha ramiña de romeu • Un chisco de sal • Pementa negra

•1 vaíña de vainilla •1 00 ml de auga •5 0 g de azucre •5 0 g de mel •2 50 g de nectarinas

•5 0 ml de zume de limón •2 00 ml de nata líquida

COMO SE ELABORA

COMO SE ELABORA COMO SE ELABORA

l Abrimos a vaíña de vainilla cun coitelo

l Pelamos as pataquiñas e

cocémolas en auga fervendo con sal durante 25 minutos. Deseguido, escorrémolas e reservámolas.

l Limpamos as peitugas de polo,

fileteámolas ben finas e salgámolas lixeiramente. Deseguido, pasámolas polo ovo batido e despois polo pan relado. A continuación cociñámolas coa cantidade xusta de aceite, volta e volta, ata que se doure a superficie e se cociñe o interior.

l Partimos o brócoli en ramalletes

e cocémolos durante 5 minutos en auga salgada. Cando os ramalletes estean ao dente, escorrémolos e reservámolos nun lugar morno. l Cortamos a ceboliña e mais o allo

moi finos e preparamos con eles un rustrido nunha cazola ampla cun chisco de aceite. Engadimos o xamón e deixamos que se doure lixeiramente.

verdes, partímolos e cocémolos nunha pota con auga fervendo con sal durante 15 minutos. Así que estean cocidos, escorrémolos e refrescámolos en auga xeada con xeo para cortar a cocción e fixar a cor verde na superficie.

l Incorporamos o brócoli e mais

l Cortamos o allo en láminas e

as patacas á pota e cociñamos 2 minutos máis a lume suave. Remexemos un pouco a cazola e servimos.

dourámolo nunha tixola cun pouco de aceite de oliva quente. A continuación, agregamos as vaíñas cocidas e mais o romeu. Salpementamos e dámoslles un salteado breve de 1 minuto. Servímolas cos filetes de polo empanados.

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

8%

14%

168

10g

3%

SAL

CALORÍAS

11%

8%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

24

este se disolva. Deixamos arrefriar.

con auga fervendo e logo estonámolas cun coitelo fino. Separamos a polpa das sementes e cortámolas en anacos. l Poñemos os anacos de froita, o zume de

limón, o almibre e a nata nun recipiente e batemos ata que quede unha masa homoxénea. l Vertemos a masa nun recipiente e

conxelámola durante 5-6 horas a -18 ºC. l Remexemos cada 30 minutos para que

non se formen cristais de xeo e obter deste xeito un xeado cremoso.

Unha ración contén:

1,7g 2,7g 0,7g 9%

l Agregamos o mel e remexemos ata que

l Escaldamos as nectarinas nun cazo l Cortamos os fíos laterais dos feixóns

GRAXA SATURADA AZUCRES

afiado e fervémola durante 5 minutos a lume suave, destapada, coa auga e co azucre. Sacamos a vaíña de vainilla, raspamos a polpa e engadímoslla ao almibre.

162

GRAXA

GRAXA SATURADA AZUCRES

Unha ración contén: SAL

CALORÍAS

GRAXA

9%

11%

14%

2,1g 0,6g 1,8g 0,5g 3%

3%

2%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

GRAXA SATURADA AZUCRES

218 10,1g 6,4g 29,1g 32%

32%

SAL

0g 0%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto



Inflúe a dieta no estado de ánimo? A práctica de exercicio coida da nosa saúde mental, pero que acontece coa nosa dieta?

26


pola túa saúde

Alimentación pouco equilibrada e cerebro

A

comunidade científica sabe dende hai moitos anos que o exercicio físico resulta crucial para previr, e mesmo para tratar, os problemas psicolóxicos. E que acontece coa alimentación? A relación que existe entre un bo patrón alimenticio e o estado de ánimo é bastante máis recente. De feito, na última década publicáronse numerosas investigacións que relacionan alimentación e saúde mental. Velaquí algunhas das súas conclusións: É máis importante non facelo mal que facelo ben. En moitos dos aspectos relacionados coa nutrición humana, importa máis evitar o prexudicial que esforzarse en atopar o beneficioso. Consumir alimentos saudables é importante, pero o fundamental é evitar seguir a miúdo unha dieta insá. E é que un patrón de dieta non saudable pode afectar a nosa saúde mental, segundo constataron en marzo do 2012 investigadores da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. l

Moito vexetal, poucos superfluos. A saúde mental depende de moitos factores, e o dietético é soamente un. Sabemos, por exemplo, que a lactación materna pode ser l

“Importa máis evitar o prexudicial que esforzarse en atopar o beneficioso” Julio Basulto nutricionista

determinante en diversos aspectos relacionados coa intelixencia de bebés e nenos. Sexa como for, o certo é que non é difícil seguir unha dieta que contribúa a protexer o noso estado de ánimo, a nosa memoria ou a nosa intelixencia: abonda con converter en algo esporádico o noso consumo de alcohol, de derivados cárnicos e mais de alimentos azucrados, salgados ou graxentos. Existen estimacións que apuntan a que preto do 60% das calorías que consumimos proveñen desta clase de alimentos. Unha e outra vez, as autoridades sanitarias insisten en que debemos priorizar na nosa dieta os alimentos

Unha investigación publicada en outubro do 2014 (American Journal of Public Health) confirma a asociación entre un patrón de alimentación pouco saudable e unha peor saúde mental. Mais a relación non foi tan consistente ao valorar o papel dunha dieta sa. Ao parecer, determinados compostos dos alimentos superfluos exercen efectos negativos na estrutura e na función do cerebro.

de orixe vexetal pouco procesados como froitas frescas, hortalizas, legumes, froitos secos ou cereais integrais, e intentar que a inxestión de bebidas alcohólicas e alimentos superfluos sexa a excepción e non a norma. Algo que, sen dúbida, será bo para a nosa saúde, e iso inclúe a saúde mental. As seguintes receitas son un bo exemplo. Anímaste a cociñalas?

Desde o 2009 ningún produto das nosas marcas propias contén graxas vexetais parcialmente hidroxenadas.

A túa saúde para nós é o primeiro

as vantaxes de ser socio

27


pola túa saúde

Pratos que alimentan (a mente) Seguir unha dieta equilibrada con alta presenza de vexetais, froitas, froitos secos e poucos produtos procesados é clave.

ENSALADA VERDE CON CHAMPIÑÓNS MARIÑADOS, ESPINACAS E TOMATE 4

fácil

20-30’

5-10

INGREDIENTES

l Lavamos as espinacas baixo a auga,

escorrémolas e partímolas. • 2 00 g de champiñóns • 5 0 g de limón (½ unidade) • 1 tomate • 100 g de espinacas

• 250 g de leitugas variadas • 6 0 ml de aceite de oliva • U n chisco de sal iodado

l Montamos a ensalada mesturando as

leitugas cos champiñóns, as espinacas e os cachos de tomate. Vertemos o aliño dos champiñóns e servímola.

COMO SE ELABORA l Lavamos os champiñóns, fileteámolos

e colocámolos nunha cunca xunto co zume de medio limón, o aceite de oliva e mais o sal durante 15 minutos. Lavamos o tomate e partímolo en cachos.

28

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

9%

22%

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

173 15,4g 2,5g 4,3g 0,4g 13%

5%

7%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto


ATÚN Á PRANCHA CON VERDURAS

l Cando as hortalizas estean brandas,

engadimos dúas culleradas de salsa de soia e reservamos. l Untamos os medallóns de atún con

4

fácil

20-30’

10-20

INGREDIENTES • 1 cebola • 1 pemento vermello • 1 cenoria • 6 00 g de atún • 100 g de cogomelos variados • 2 dentes de allo

• 100 g de espárragos verdes • 10 ml de salsa de soia • 4 0 ml de aceite de oliva • U n chisco de sal iodado

COMO SE ELABORA l Pelamos a cebola e limpamos o

pemento vermello e mais a cenoria. Despois, cortamos todas as hortalizas á xuliana (tiras finas) e sofritímolas nunha tixola con catro culleradas de aceite a canda os cogomelos, limpos e cortados, os allos ben picados e as puntas dos espárragos.

aceite, salgamos lixeiramente o seu exterior e dourámolos durante uns 30 segundos por cada lado nunha tixola antiadherente quente. O centro dos medallóns debe quedar un pouco rosado. l Dispoñemos as hortalizas cociñadas

na base do prato e colocamos por riba o medallón de atún asado á prancha. Servímolo decontado.

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

19%

35%

GRAXA SATURADA AZUCRES

Debemos procurar que a inxestión de bebidas alcohólicas e alimentos superfluos sexa a excepción e non a norma

SAL

384 24,7g 5,6g 3,9g 0,7g 28%

4%

12%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

as vantaxes de ser socio

29


pola túa saúde

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Co semáforo nutricional descubrirás a cantidade de calorías, azucres, graxa, graxa saturada e sal que contén a ración dun produto. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes está identificado con cores.

MENOS AZUCRE O consumo excesivo de azucres pode ser prexudicial para a saúde. Por iso eliminamos máis de 28 toneladas de azucres dos nosos produtos.

MENOS SAL Está demostrado que o consumo elevado de sal sobe a tensión arterial. Por iso suprimimos máis de 17 toneladas de sal dos produtos da marca EROSKI.

MENOS GRAXAS

BATIDO DE IOGUR CON FROITA FRESCA E FROITOS SECOS

l Coa axuda do batedor, trituramos as

peras, o plátano e o zume de laranxa e limón. l Unha vez conseguido o batido de

4

fácil

10-15’

5-10

froitas, engadimos os iogures, de un en un, ata acadarmos a textura desexada. Despois poñemos o punto de azucre.

INGREDIENTES l Partimos os froitos secos en anacos

• 1 pera • 1 plátano • 2 laranxas • 1 limón • 4 iogures naturais

• 4 0 g de azucre (ou 20 ml de edulcorante) • 30 g de noces peladas, abelás tostadas e uvas pasas

COMO SE ELABORA l Pelamos a pera e o plátano e

cortámolos en toros. Esprememos as dúas laranxas e o limón.

30

pequenos. l Servimos os batidos en cuncas

individuais ou copas, decorándoos cos cachiños de froitos secos.

Unha ración contén: CALORÍAS

211 11%

GRAXA

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

7,5g 2,7g 26,7g 0,1g 11%

14%

30%

2%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña a enerxía que precisa, estas non deben superar, dentro da alimentación diaria, máis dun 30%. Por iso eliminamos máis de 211 toneladas de graxa das nosas marcas.

SEN GRAXAS TRANS Diversos estudos demostraron que as graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, as que achegan as graxas trans, son nocivas porque soben o colesterol malo. Por iso suprimimos estas graxas das nosas marcas. Ademais, axudámoste coas dietas especiais. Cada vez son máis comúns os casos de alerxias, de celiaquía... Todas estas persoas pódense sentir seguras mercando os nosos produtos.



o escaparate

Benvidas, croquetas EROSKI! De bacallau, boletus ou xam贸n ib茅rico. Suaves por dentro e crocantes por f贸ra... tan boas que voan.

32


Un bocado apetitoso Nin a paella nin o cocido nin tampouco a tortilla. Se hai un clásico da nosa gastronomía, ese é a croqueta. Raíña e señora de entrantes e refrixerios varios e bocado perfecto para ceas ou comidas rápidas e sen complicacións. En EROSKI, rendémoslle tributo á súa maxestade a croqueta coas novas croquetas EROSKI en tres deliciosas variedades: bacallau, boletus edulis e xamón ibérico. A IMPORTANCIA DA MASA A masa dunha croqueta éo todo, ou case. De feito, adoita funcionar como baremo para distinguir as boas daquelas algo menos aceptables. Nas novas croquetas EROSKI, a bechamel coa que se elaboran é moi suave e cremosa. Ademais, a porcentaxe de bacallau, boletus e xamón ibérico que conteñen é a perfecta para garantir un sabor equilibrado.

Croquetas de xamón ibérico EROSKI 7-10 uds. 350 g

Croquetas de bacallau EROSKI 7-10 uds. 350 g

As mellores croquetas

Croquetas de Boletus edulis EROSKI 7-10 uds. 350 g

as vantaxes de ser socio

O éxito dunha boa croqueta depende da masa e mais da fritura. Podes usar unha frixideira ou fritilas nunha tixola con abundante aceite quente a 200 ºC, botándoas xusto no intre en que comece a fumegar o aceite. Así formarase unha tona dura arredor das croquetas para evitar que entre máis aceite da conta. Unha vez fritas e ben douradas, cómpre colocalas sobre un prato con papel de cociña para absorber o resto da fritura. O mellor é non deixar que arrefríen, pois perden parte do seu encanto: unha masa cremosa e quente no interior e unha capa crocante no exterior.

33




de aquí e de acolá

Cereixas e picotas do Jerte Eroski NATUR

Dun vermello refrescante As cereixas e picotas Eroski NATUR xa destacan polo seu inconfundible tamaño e cor nos lineais das nosas froiterías. O verán está cada vez máis preto... Goza da súa fresca dozura sen practicamente tomar calorías!

36


N

as nosas tendas xa tes a posibilidade de lles chantares o dente a estas refrescantes froitas de tempada. Primeiro proba as cereixas, que son máis de cedo, e non esquezas as picotas antes de inaugurar o verán. Atoparalas ambas as dúas no seu punto óptimo de maduración baixo a nosa marca de produtos frescos Eroski NATUR, que garante a súa orixe e sabor. Para certificalo, como todas as referencias Eroski NATUR, o noso equipo de calidade someteu este pequeno produto hortofroitícola a unha valoración fisicoquímica e organoléptica. E agora tan só queda que ti as saborees.

Unha froita moi gustosa e versátil

Amais de frescas, as cereixas resultan moi saborosas en zumes, macedonias, ensaladas, refrescos xeados, gaspachos ou marmeladas, pero tamén en tortas, mousses e sorbetes, ou ben confeitadas ou como recheo de bombóns.

CEREIXAS EROSKI NATUR De tons crema máis pálidos a un vermello escuro, por dentro a polpa destas cereixas é vermella, firme e substanciosa. Proceden de cerdeiras cultivadas nos regadíos da Depresión do Ebro. O rigoroso clima desta zona de España permite un perfecto repouso invernal das árbores e a boa insolación dos meses primaverais facilita unha óptima maduración dos froitos. Ambos os dous factores, clima e solo, fan que as cereixas Eroski NATUR teñan un sabor moi doce e asemade cheo de matices. PICOTAS DO JERTE EROSKI NATUR Ambrunés, Pico Negro, Pico Limón Negro e Pico Colorado son as catro variedades das picotas do Val do Jerte (Cáceres), e as da nosa marca propia. Caracterízanse pola súa polpa tenra e doce e porque na súa recolección o pedúnculo (rabito) se desprende de xeito natural. A Denominación de Orixe Protexida Cereixa do Jerte certifica a calidade superior

Apostamos polo produto de aquí

deste produto, identificándoas cun selo de calidade na etiquetaxe. Só as auténticas cereixas do Jerte contan con esta distinción. Para iso, o percorrido que fan da árbore ás tendas é único: cando teñen a madureza óptima, recóllense á man en cestas de castiñeiro, que

PLVS

VLTRA

as vantaxes de ser socio

conservan toda a súa frescura; na mesa de clasificación a pé da árbore, selecciónanse unha a unha de acordo a un rigoroso control de calidade; só as mellores se identifican co selo da DOP, e un día despois de estaren na árbore, chegan á tenda.

Toda a nosa picota Eroski NATUR ten a DO do Jerte. Auténtica!

37


de aquí e de acolá

Como pouco, unha manchea

6 razóns para consumilas

1

Os talos das cereixas, tomados en infusión ou en po, demostraron un efecto diurético en distintas investigacións.

2

As cereixas conteñen melatonina e mais triptófano e serotonina, compostos todos eles relacionados coa mellora dos ciclos de sono e vixilia e coa sensación de relaxación.

3

Pola súa riqueza en antocianinas antioxidantes, as cereixas propóñense como froitas idóneas para acelerar a recuperación muscular dos atletas logo dunha dura sesión.

4

As cereixas flamexadas cunha salsa de brandy e vertidas sobre un xeado de vainilla forman a coñecida sobremesa chamada Cherries Jubilee.

5

En países como Francia ou Reino Unido, as cereixas úsanse moito en condimentos para acompañar a caza, o porco e as aves.

6

Se se van cocer, hai que retirar as carabuñas cun desosador. Pero, ollo!, se se esmagan demasiado ao desosalas, poden perder moito zume.

38

Das froitas de carabuña típicas do verán, as cereixas son unha excelente opción para consumir froita non só como sobremesa, senón en calquera momento: no almorzo, no lecer dos nenos, para merendar, petiscar... Tomar acotío unha manchea, unhas 10 cereixas (50 gramos), xa abonda para prover o organismo de máis ácido fólico (vital no embarazo e na infancia), máis fibra, minerais como o potasio e o magnesio e múltiples fotoquímicos antioxidantes, que preparan a pel para o sol propio da estación. As cereixas preveñen a anemia e as enfermidades cardiovasculares, son beneficiosas ante problemas urinarios e inflamatorios e son un alimento protector fronte ao cancro. Ademais, contrariamente ao que se cre, estas froitas non posúen case azucres, malia ao seu sabor doce. O seu contido, e polo para apreciar ben o seu sabor, tanto o seu número de hai que comelas ben frescas, pero calorías, non é superior nunca demasiado frías? Así que ao doutras froitas tan comúns como as unha hora antes do seu consumo peras ou as mazás: hai que sacalas do frigorífico para en 100 gramos, non hai que alcancen os 12-14 ºC, a máis ca 10 gramos de temperatura óptima á que se azucres naturais, sobre manifestan todas as súas todo frutosa, que virtudes. se traducen en tan só 58 calorías.

SABÍAS QUE...


¡Reducir tu colesterol nunca fue tan delicioso!

a s e d a d i n u 2

€ 4

Promoción válida del 28 de mayo al 11 de junio de 2015.

¡com b comínalos quie o ras!


enerxía para medrar

Peixe sen escusas Tres veces por semana. Esta é a frecuencia coa que os máis cativos deben comer peixe. Mais a realidade non sempre se achega ás recomendacións. Froita, peixe e verduras forman a tríade temida por moitos nenos. Presentacións orixinais, salsas e gornicións son aliadas moi valiosas para gañar esta pequena batalla na mesa.

“O

peixe é aburrido”. “Non ten gusto” ou “o seu sabor é demasiado intenso”. “Non me farta, ten espiñas e é feo”. Velaquí os argumentos máis utilizados polos cativos para se manteren a salvo do peixe, un manxar que lles resulta pouco atractivo. Se as espiñas son o problema, a solución é ben sinxela: hai que lles ofrecer o peixe en filetes ou en lombos sempre limpos de espiñas, no canto de en toros. Se se resisten a comer o peixe polo seu sabor, maceralo con limón, aceite e herbas aromáticas ou acompañalo de salsas diversas e de gornicións variadas son xeitos sinxelos de cambiar o sabor do alimento. Ademais, cómpre ter en conta que cocido ou á prancha, o sabor e o cheiro do peixe son máis pronunciados. Pola contra, se se lle engade ao peixe unha salsa (bechamel, maionesa, salsa rosa, salsa verde...) ou se cociña doutros xeitos (ao forno, ao papillote, en escabeche, rebozado, empanado...), suavízanse.

A túa saúde para nós é o primeiro

40

66 850 nenos participaron no Programa Educativo da nosa Escola de Alimentación (PEAHS) www.energiaparacrecer.es


PAPILLOTE DE PESCADA E VERDURAS 4

para principiantes

< 5’

INGREDIENTES • 6 00 g de pescada • 2 porros • 1 cenoria • 1 cabaciña

• 4 0 ml de aceite de oliva • Pementa branca • Un chisco de sal

COMO SE ELABORA l Salpementamos os catro lombos de

pescada. Lavamos os porros, a cenoria e a cabaciña e cortámolos á xuliana (en tiras finas). Colocamos cada lombo de pescada nun papel de forno. Repartimos as verduras sobre a pescada xunto cunha cullerada de aceite de oliva por cada lombo de pescada.

l Prequecemos o forno a 200 ºC.

Pechamos os paquetes, deixando un pouco de aire dentro, e asámolos no forno durante 10 minutos ou ata que o papel inche lixeiramente. Retiramos a pescada coas súas verduras do paquete. Empratámola e servímola.

Unha ración contén: CALORÍAS

GRAXA

13%

19%

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

232 13,6g 2,3g 5,5g 0,5g 12%

6%

13%

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

1,24 € por persoa

as vantaxes de ser socio

41


enerxía para medrar

Podes atopar máis receitas de peixe aquí

1,54 € por persoa

ESPETO DE PEIXES VARIADOS E VERDURAS

4

fácil

20-30’

SUXESTIÓN

INGREDIENTES • 200 g de langostinos • 200 g de peixe sapo • 200 g de salmón (2 supremas) • Perexil • Reladura de limón • 1 cebola

• 8 0 g de tomate cereixa (8 pezas) • 1 cabaciña • 6 0 ml de aceite de oliva • Un chisco de sal • 6 0 ml de salsa verde

l Espetamos no asador o peixe, o

marisco e mais as verduras. Cociñamos nunha tixola antiadherente os catro lados do espeto. l Servimos cunhas culleradas de salsa

verde.

Unha ración contén: COMO SE ELABORA l Pelamos os lagostinos. Partimos o

peixe sapo e mais o salmón en dados e mariñámolos con aceite de oliva, cachos de perexil, reladura de limón e sal.

42

CALORÍAS

GRAXA

14%

29%

GRAXA SATURADA AZUCRES

SAL

255 20g 3,3g 2,3g 0,18g 17%

3%

Lembra que podes utilizar peixe conxelado (en xeral, sen pel nin espiñas) e conservas de peixe para incluír este alimento na dieta dos máis cativos.

5%

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

Enerxía para medrar



¿Ya eres socio de EROSKI club?

50€ de Regalo

con tu Seguro de Auto Lagun Aro

Seguro GRATIS para tu pareja

con tu Seguro de Vida Lagun Aro

¡Sólo por ser socio de EROSKI club y en EROSKI asegura!

Infórmate llamando al

902 646 784 / 94 494 78 53 o escribiendo un e-mail a

eroskiclub@seguroslagunaro.com Consulta condiciones de la promoción en https://www.eroskiasegura.es/es/eroski-club


beleza

Protectores solares

Imos á praia

Toca renovar o protector solar. Aínda non tes o teu? Non busques máis: belle&SUN, de venda exclusiva en EROSKI, é a túa mellor opción. as vantaxes de ser socio

C

oa cabeza e na súa xusta medida. Así debemos tomar o sol. O risco de facelo doutro xeito é sufrir queimaduras, eritemas, fotoavellentamento e mesmo cancro de pel. E o que é peor: a nosa pel ten memoria, acumula os estragos sufridos ao longo da vida e os problemas pódense presentar moitos anos despois de deixar de tomar o sol de xeito inapropiado. Por iso é tan importante empregar un protector solar que se axuste ao noso tipo de pel e adquirir certos hábitos á hora de tomar o sol. Deste xeito os raios solares deste verán proporcionarannos un bonito moreno pero sen estragaren a nosa pel nin danaren a nosa saúde.

45


beleza

PRODUTOS AO TEU SERVIZO • Sen parabenos. • Dermatoloxicamente testados. • Os perfumes non teñen alérxenos. Ademais, os protectores 50+ non teñen perfume e están concibidos para as peles máis sensibles. • Con filtros UVA +UVB equilibrados e fotoestables. • Protección de amplo espectro.

De venda exclusiva en EROSKI

• Protección do ADN celular. • Resistentes á auga. • As texturas son ultrafrescas e non graxas. • Os envases garanten a estanquidade do produto para que non entre area, auga ou aire.

PARA OS CABELOS Protector capilar belle&SUN FPS 10. Formulado cunha combinación de filtros químicos e aceites naturais de xoxoba, chispa asiática e té verde, protexe o cabelo e mais o coiro cabeludo das exposicións ao sol, á salitre e ao cloro e prevén a súa deshidratación. A súa fórmula con textura de aceite pero de tacto seco acondiciona o cabelo sen lixalo e facilita o seu cepillado.

PROTECCIÓN BAIXA

BRONCEADO SEN SOL As toalliñas e o xel autobronceador proporciónanlle á pel un luminoso, natural e uniforme ton bronceado que dura varios días, sen tomar o sol, por mor do seu contido en dihidroxiacetona (DHA) e eritrulosa. Os polisacáridos de alto poder captador de auga que contén a súa fórmula evitan a deshidratación e deixan a pel suave e acondicionada. Para un mellor resultado, recoméndase exfoliar a pel antes de utilizar unha loción autobronceadora. Estes produtos débense aplicar uniformemente sobre a pel limpa e seca evitando as cellas e a raíz do cabelo. Hai que lavar coidadosamente as mans así que acabemos de aplicalos.

46

Aceite cenoria belle&SUN FPS 6. Aceite de textura fluída, tacto seco e bo de estender, especialmente indicado para peles bronceadas. Está formulado cunha combinación de filtros físicos e químicos que protexen a pel das radiacións solares. Contén aceite de cenoria, altamente concentrado en caroteno, de gran poder antioxidante e reparador.

PARA PELES XA BRONCEADAS E ESCURAS Spray transparente belle&SUN FPS 15. Formulado cunha combinación seleccionada de filtros físicos e químicos que protexen a pel das radiacións solares UVB e UVA responsables das queimaduras solares e do avellentamento prematuro da pel. A inclusión na fórmula de vitamina E, un potente antioxidante, contribúe a protexer o ADN celular dos danos provocados pola radiación solar.


PROTECCIÓN ALTA Spray transparente belle&SUN FPS 30. Protección indicada para peles claras ou sensibles ao sol. Formulada con vitamina E para a protección do ADN celular. Como novidade, a súa textura transparente nun factor de protección tan alto. Este produto está especialmente indicado para aqueles aos que non lles gustan as texturas untuosas.

Leite solar belle&SUN FPS 30. De textura lixeira, non pegañenta. Especialmente indicado para peles claras ou sensibles ao sol. Con aloe vera xel e vitamina E para a protección do ADN celular. Con bomba dosificadora que garante que o produto non se contamine e que a aplicación do leite solar sexa máis cómoda e limpa.

PROTECCIÓN MOI ALTA Leite solar FPS 50 +. Liña Sensitive para peles moi sensibles ao sol. • Hipoalerxénico • Sen perfume • Sen alcohol

Con bomba dosificadora que evita que o produto se contamine e que a aplicación do leite solar sexa máis cómoda e limpa.

PARA OS MÁIS CATIVOS Spray solar infantil FPS 50 +. Gama especialmente formulada para nenos. Para facilitar a súa aplicación, a crema é de cor, que desaparece ao estendela. • Hipoalerxénica • Sen perfume • Sen alcohol • Resistente á auga e de rápida absorción

Belle, a túa beleza, o teu benestar

SEN

parabenos

as vantaxes de ser socio

Desde o 2013 estamos a eliminar os parabenos dos nosos produtos cosméticos

47


beleza

DECÁLOGO PARA UN BRONCEADO SAUDABLE 1 Aplicar a crema protectora na pel polo menos 30 minutos antes da exposición ao sol. E mellor coa pel ben seca. As doses de crema: entre 4 e 6 culleradas de café cheas cada vez.

2

Evitar as pulverizacións de auga durante as exposicións, xa que as pingas de auga fan un efecto lupa e poden queimar a pel.

3

Para tomar o sol, a pel debe estar libre de maquillaxe, perfumes e colonias alcohólicas que conteñen esencias vexetais fotosensibilizantes.

PARA A CARA Crema facial belle&SUN FPS 30 e 50 +. Especialmente formuladas para a pel do rostro, os seus factores de protección son altos e moi altos (peles claras ou sensibles ao sol). As súas fórmulas preveñen a aparición de engurras e manchas e son produtos oil free. Formuladas con aloe vera xel e vitamina E, que protexen o ADN celular.

4

Usar o fotoprotector indicado para cada pel. En xeral, canto máis clara sexa a pel hai que utilizar un índice de protección maior.

5

Aplicar a crema protectora cada dúas horas e tras cada baño. E por moito que o ceo estea anubrado ou se estea baixo un toldo ou antuca, non hai que esquecer renovar a aplicación.

6

Evitar as exposicións ao sol entre as 12:00 e as 16:00 horas, franxas horarias nas que os raios de sol inciden máis perpendicularmente sobre a Terra.

7

Protexer a cabeza cun sombreiro ou pucha con viseira, os ollos con lentes axeitados e os beizos, con protector labial.

PARA DESPOIS DO SOL Loción aftersun. Emulsión fluída, esténdese con facilidade. Está formulada con polisacáridos de alto poder captador de auga. Xunto co aloe vera, a alantoína e o pantenol aumentan a hidratación, calman e reparan a pel despois das exposicións solares. Ademais evita a escamadura e contribúe a prolongar o bronceado.

8

Permanecer en movemento ou dar paseos. Non é aconsellable deitarse ao sol e ficar inmóbil durante horas.

9 10

Beber auga ou líquidos para evitar a deshidratación.

Certos medicamentos poden, coa exposición solar, provocar reaccións, como manchas, erupcións e irritacións. Se se toma algún medicamento, hai que lle preguntar ao médico sobre os riscos ao tomar o sol.

48

Xel aftersun efecto frío. Proporciona unha rápida e agradable sensación de frescura. A súa fórmula contén betaína, azucre de orixe natural con alto poder captador de auga, e mais aloe vera e pantenol, que aumentan a hidratación da pel logo das exposicións solares. Co seu uso, previmos a escamadura da pel e axudamos a que o moreno dure algo máis de tempo.


PICOTAS EROSKI NATUR

LOS TESOROS DEL JERTE Se recolectan una a una en su punto optimo de maduración. Son una fruta ideal para los niños porque son jugosas, dulces y fáciles de comer.


Supermercados renovados

Cen tendas “Contigo” no 2015

E

n EROSKI estamos plenamente inmersos no proceso de extensión do novo formato de tenda “Contigo”. Antes de que remate este 2015, haberá abertos máis de 100 supermercados transformados baixo esta insignia, que ten estas como principais características: un trato máis

personalizado ao cliente, unha forte aposta polos produtos locais e polos alimentos frescos, a promoción dunha alimentación saudable e a incorporación das últimas innovacións tecnolóxicas para mellorar a súa eficiencia enerxética. Para iso, investiranse preto de 100 millóns de euros.

Máis de 100 supermercados EROSKI gozarán este ano das vantaxes do novo formato de tenda “Contigo”

II Carreira “Hai Saída”

Corre sen violencia de xénero

O

vindeiro domingo 28 de xuño, ás 9:00 horas, partirá do madrileño Paseo de Coches do Retiro (Madrid) a II Carreira “Hai saída. Por unha sociedade libre de violencia de xénero”. Chegar os primeiros non será importante, pero si participar. Por iso estaremos alí e alcanzaremos a meta: amosar o compromiso de EROSKI a prol dunha sociedade libre de calquera tipo de violencia sobre as mulleres e apoiar a aquelas que sofren malos tratos. Para poder percorrer os seis quilómetros desta cita deportiva, organizada pola Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade e mais a revista Mía, coa colaboración de EROSKI, hai que se inscribir e doarlle á causa 8,60 euros. Tes ata o venres 26 ás 14:00 horas en www.carrerahaysalida.es ou en www.ticketsport.es para podelo facer.

52

“Actitude Arriba autoestima”

En cabeza contra a anorexia e a bulimia

T

odos temos a responsabilidade de educar en valores e de non lle dar tanta importancia á imaxe e á aparencia. Xa que logo, fomentamos a sensibilización, a prevención e o acompañamento das persoas afectadas por graves trastornos da conduta alimentaria, como a anorexia ou a bulimia. En EROSKI esta mensaxe calou fondo e demostrámolo apoiando á agrupación que o promove, a Asociación Aragonesa de Familiares de Trastornos da Conduta Alimentaria (Arbada). Hai uns días, Arbada agradecía a nosa colaboración na loita e prevención desta enfermidade, xunto a outras nove entidades públicas e privadas. A todos nos concedía os primeiros distintivos “Actitude Arriba autoestima”, un selo que recoñece as boas prácticas fronte a estas enfermidades.


A

Premios Cidadáns

Compromiso social de galardón

Asociación Premios Ciudadanos considerou que desde a Fundación EROSKI nos comprometemos co noso esfuerzo e dedicación en proxectos de apoio e solidariedade coa cidadanía a nivel nacional e internacional. Dende hai 18 anos a Fundación representa o compromiso da nosa empresa coa sociedade a través de accións –como a publicación EROSKI CONSUMER e a Escola de Alimentación– que proporcionan valor e coñecemento sobre estilos de vida saudables e solidarios. Por iso, vén de nos outorgar o Premio Cidadáns na categoría Saúde e Calidade de Vida. Con este galardón, esta entidade sen ánimo de lucro recoñece o noso compromiso coa investigación, o desenvolvemento e a innovación no que atinxe ao consumerismo, a alimentación, os hábitos de vida saudables, a solidariedade e a promoción asistencial.

Campaña de solidariedade

Todos somos Nepal

N

epal precisa de nós. En menos de 15 días sufriu dous terremotos que deixaron máis de 8000 mortos e 16 000 feridos, amais de seis millóns de afectados, 3,2 millóns deles nenos. Como xa fixemos tras os sismos de Haití ou tras o tifón de Filipinas, de novo apelamos á vosa solidariedade para podermos axudar xuntos o país asiático. En todos os nosos supermercados e hipermercados iniciamos poucos días despois do primeiro tremor, en coordinación

con UNICEF, unha campaña para recadar fondos a prol dos miles de damnificados por esta catástrofe. Os cartos recollidos na liña de caixas das nosas tendas, aos que sumaremos unha achega adicional, servirá para que esta ONG, que está a traballar sobre o terreo, poida dispoñer de medicinas esenciais, kits médicos e cirúrxicos, refuxio seguro, auga potable e protección para os menores afectados e mais as súas familias.

as vantaxes de ser socio

PEAHS

Alimentación saudable en 750 escolas

D

urante este curso, preto de 50 000 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos participaron na terceira edición do Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS) da nosa Escola de Alimentación. En total, máis de 750 centros, un 60% máis ca nos outros dous cursos, incluíron nas súas clases contidos, actividades e obradoiros prácticos que promoven a alimentación e os hábitos de vida saudables. O programa, valorado polos profesores cun 9,2, contou este curso cun novo obradoiro denominado “Os produtos da miña terra”, que se suma ao habitual de facer a compra nun dos nosos supermercados para elaborar un menú saudable. Ademais, incorporáronse tamén dúas sesións: “Nutrición no mundo” (en colaboración con UNICEF) e “Como me alimento e coido o meu mundo” (co apoio da organización conservacionista WWF). As escolas interesadas en tomar parte no PEAHS pódense inscribir a través de www. escueladealimentacion.es ou chamando ao teléfono de atención 946 072 841.

53


o vindeiro mes... xullo’15

O semáforo nutricional Que é? O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.

Unha ración contén: É tempo de... bonito do norte

CALORÍAS

GRAXA

17%

26%

331

18g

GRAXA SATURADA AZUCRES

7g

4,4g

34%

5%

SAL

1g

13%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto Sobre que informa o semáforo nutricional? RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.

Novas ensaladas EROSKI faccile

ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido. CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa. Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.

Melóns e sandías Eroski NATUR

QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito

no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos. As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia. Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...

...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias ...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa ...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia. O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.


Timotei es una marca basada en ingredientes naturales, para toda la familia. Sus productos, elaborados con extractos de plantas y frutas, cuidan tu cabello aportándole una dosis extra de suavidad. Descubre la nueva gama Cuerpo y Brillo, con extracto de Bayas de Goji, con propiedades revitalizantes y antioxidantes. Consigue un cabello abundante, con volumen sublime y brillo radiante. Para más información sobre Timotei, visite www.timotei.com

Y AHORA,COMPRANDO CUALQUIER PRODUCTO TIMOTEI

¡PODRÁS GANAR UN VIAJE * FAMILIAR A LA PROVENZA ! Entra en www.unaventanaalaprovenza.com

participa con tu ticket de compra y consulta las bases legales *Promoción válida del 27/04 al 31/08 de 2015.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.