#05
xullo-agosto’15 1 euro
www.eroski.es
AForra con eroski
Un menú sinxelo, barato e ben fresco BELEZA
Pel lisa e suave cos depilatorios belle
O rei do verán
BONITO DO NORTE
Descubre todas as posibilidades culinarias do bonito do norte EROSKI
Eroski club en INTERNET!! Rexístrate en www.eroski.es e descubre aínda máis vantaxes. Poderás consultar o teu saldo de euros na tarxeta, o teu saldo de puntos Travel Club, todos os teus aforros por ser socio, activar vales de desconto, ver os teus datos, as túas compras e tamén o teu espazo para participar en accións que poñemos en marcha. Agardámoste!
Benvido a Eroski club Eroski club é o novo modo de relacionármonos contigo: xa non es un cliente, es un socio!
SÓ PARA SOCIOS PREZO SOCIO Gozarás de centos de produtos a mellores prezos.
CONSIGUE AS VANTAXES DE TRAVEL CLUB Consigue puntos e trócaos por fantásticas viaxes e agasallos.
Terás acceso a ofertas exclusivas só para ti, e acumularás os cartos na túa tarxeta para descontalos nas seguintes compras.
DESCONTOS PERSONALIZADOS Cos teus vales de desconto seguirás aforrando, aprovéitaos.
* Vantaxes válidas en todos os hipermercados, supermercados e gasolineiras da marca EROSKI que estean adheridos a Eroski club. Consulta a lista de centros adheridos en www.eroski.es/tiendasclub.
Porque a túa saúde nos importa,
devolvémosche ata 300€ co teu seguro de Saúde Sanitas.
Infórmate no 901 200 113 ou escribindo un correo electrónico a:
eroskiclub@sanitas.es
Consulta condicións da promoción en: https://www.eroskiasegura.es/es/eroski-club-sanitas
As vantaxes de ser socio.
xullo-agosto’15
#05
xullo-agosto’15 1 EURO
www.eroski.es
AFORRA CON EROSKI
Un menú sinxelo, barato e ben fresco BELEZA
“Faríanos moi felices que nas vacacións tamén nos deixases estar a canda ti” Arantza Campos — Responsable Eroski club
Pel lisa e suave cos depilatorios belle
O rei do verán
BONITO DO NORTE
Descubre todas as posibilidades culinarias do bonito do norte EROSKI
Inclúe vales de desconto directo Búscaos na páxina 49
Edición #05 xullo-agosto’15
Feliz descanso
S
e non o fixeches xa, seguro que estás a piques de facelo. Achégase un deses momentos doces que ten o ano: darlle ao botón de stop e parar uns días. Parar? Si, para activarse de novo, para “turistear”, para descansar, para non facer nada (ou para facelo todo)… E, como non, faríanos moi felices que nas vacacións tamén nos deixases estar a canda ti. Lévanos á piscina e, mentres decides se te vas dar un baño ou non, le calquera das nosas reportaxes e infórmate dos nosos lanzamentos. Aproveita o cacho na piscina para faceres a lista da compra inspirándote cos nosos vales de desconto.
Reláxate cun petisco ben bo en calquera terraza mentres planeas con que receitas da nosa nova revista vas sorprender a familia; tes case unha ducia de pratos de todos os gustos entre os que elixir. Como ves, somos un bo compañeiro de vacacións. Ímonos?
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel: +34 946 211 211
realización edición
Carrer Parlament, 29 08015 Barcelona Tel: +34 935 216 920 www.loftworks.es Difusión controlada por OJD Publicidade Loft Works/NAT, SL Roger Aguadé Tel. +34 934 263 020 raguade@natcomunicacion.com
Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo Pab 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel: +34 943 344 614 Depósito Legal BI-243-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
Nace Eroski club
Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefires, rexístrate en
www.eroski.es e descubre todas as vantaxes
6
A revista Eroski club – As vantaxes de ser socio non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas ou privadas.
PUB FREIXENET
las ventajas de ser socio
7 www.miawines.com
sumario
xullo-agosto’15
10 para abrir boca
SALIENTAMOS NESTA EDICIÓN
Actualidade e novidades.
12 é tempo de...
Presentámosche o noso bonito do norte, pescado de xeito artesanal e sostible. Fresco, fresco!
18 protagonistas EROSKI Graxas: quen é quen?
Ensaladas EROSKI faccile: frescas e listas para comer.
Os nutricionistas dividiron as graxas durante anos en graxas malas e boas. Pero parece que isto xa pasou á historia. Explicámosche todo sobre as graxas. Páx. 24
20 aforra con eroski
Toma un respiro na cociña: pratos sinxelos, baratos e ben frescos.
24 pola túa saúde
Graxas: non todas son iguais nin a súa presenza na nosa dieta debe ser a mesma. Coñécelas?
12
30 o escaparate
Refréscate cos melóns e mais as sandías Eroski NATUR. Un xeito moi doce de gozar do verán!
34 na tenda contigo
Adeus aos pelos!
Grazas ao programa “Desperdicio Cero” en EROSKI non malgastamos ningún alimento. Explicámoscho.
Coa chegada do verán, a depilación é unha cita ineludible. Renovamos a nosa gama de depilatorios belle para que te esquezas dos pelos. Páx. 45
30 24
Nenos e verdura son unha mestura complicada. Axudámoste a preparar pratos divertidos e nutritivos que non poderán rexeitar.
20
45 beleza
Vales de desconto Eroski club
Fermosos sen pelo! Descubrímosche os nosos novos depilatorios belle.
Agora as túas compras serán moito máis económicas grazas aos vales desconto de Eroski club. Ofertas e promocións exclusivas para os nosos socios. Valas perder? Páx. 49
8
Renovamos por dentro e por fóra a nosa gama de latas de bonito do norte EROSKI. O máis bonito!
40 enerxía para medrar
40
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
38 de aquí e de acolá
49 vales desconto Eroski club
Axudámoste a aforrar cos nosos vales desconto.
52 noticias corporativas 38
O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.
para abrir boca
tempada
O verán sabe a froita Eroski NATUR
tempada
lembra
Contigo pan e cebola doce
Novos herméticos: lévaos á praia
S
e es dos que “pasa” da cebola nas ensaladas porque non che convence de todo o gusto intenso que deixa na boca (mesmo horas despois de comela), a cebola doce Eroski NATUR debe ser a túa nova amiga. A diferenza das outras, esta ten un sabor suave, unha textura moi tenra e case non pica. As máis das veces comerala crúa en ensaladas, pero conta con ela tamén para faceres un guiso ou para asárela. Poderala atopar solta, en bandexa e nun feixe, esta vez como ceboliña.
Cebola doce Eroski NATUR.
10
O
córreseche algo mellor que darlle a benvida ás vacacións cunha dentada á nosa froita Eroski NATUR? Pexegos, nectarinas, albaricoques, paraguaios, cereixas, picotas, melóns, sandía... A oferta é ampla e deliciosa. Un xeito saudable e saboroso de hidratarnos durante o verán. Eroski NATUR só acolle baixo o seu selo a mellor froita de tempada, no seu mellor momento e cunha calidade óptima. Porque as nosas prioridades son a orixe e o sabor. No verán a gran protagonista é a froita con óso: polpa carnosa, doce sabor e incriblemente substanciosa.
“N
on esquezas a toalla cando vaias á praia”, dicía a canción. Toalla, parasol, hamaca e herméticos EROSKI para levares a froita, a ensalada ou o que queiras. Están dispoñibles nos nosos hipermercados e supermercados e coas súas distintas medidas adáptanse a todo tipo de necesidades.
tendencia
Hidratarse si ou si
novidades
Infusiónate con EROSKI!
A A
teima en hidratarnos pode parecer recorrente de máis, sobre todo nos meses de verán. Pero é algo tan importante que xustifica ser reiterativo. Algúns consellos para te hidratares: comeza o día cun vaso de auga e enche un botello de auga. Lévao canda ti e bébeo ao longo do día. Non
esquezas comer acotío dúas pezas de froita, unha porción de verdura cocida -como prato ou gornición- e chantarlle o dente a algo de verdura crúa. Resulta moi útil identificar un intre de descanso con beber un vaso de auga. Elixe bebidas naturais mellor ca as azucradas, e as infusións, mellor ca o café.
lanzamento
Aquí hai tomate: frito e artesán
T
riturado, fritido, en bote, lata, brick... Tiñamos case todos os tipos de salsa de tomate, pero faltábanos algo: o novo tomate EROSKI receita artesá. Está dispoñible en frasco de 300 g. É unha salsa con sabor, elaborada con aceite de oliva e de textura consistente. Perfecta para calquera arroz e prato de pasta e imprescindible como base en calquera pizza de calidade.
especie humana parece dividirse entre os que aman as infusións por riba de calquera cousa e os que non reparan na súa existencia. Se pertences aos primeiros, tes que probar as novas infusións EROSKI. A infusión Liña ten sabugueiro, coñecido polas súas propiedades diuréticas e laxantes; a Relaxante inclúe tila, que axuda a calmar os nervios e a conciliar o sono, e para rematar, a Dixestiva, que leva macela, menta e anís verde e contribúe a unhas mellores dixestións. Seguro que as probas e te volves un amante converso das infusións.
Tomate frito receita artesá EROSKI 300 g.
as vantaxes de ser socio
11
é tempo de...
Bonito do norte Protagonista dunha morea de receitas (tradicionais, vangardistas, frías, quentes, ...), o bonito do norte é todo un emblema da gastronomía mariñeira: a especie dos túnidos máis apreciada polos comensais. 12
Pizza de bonito fresco
4
fácil
50’-1h
INGREDIENTES • 250 g de fariña integral • Un chisco de sal • 10 g de fermento en po • 150 ml de auga • 10 ml de aceite de oliva • 6 0 g de tomate frito
• 200 g de bonito • 100 g de cabaciña • 1 pemento verde • 100 g de queixo fresco • 100 g de queixo mozzarella relado • Ourego
COmo se elabora l Fabricamos a masa de pizza integral. En primeiro lugar, mesturamos a fariña integral co sal, e por outra banda, disolvemos o fermento na auga morna coas dúas culleradas de aceite de oliva virxe. l Deseguido, nun recipiente tipo ensaladeira ou bol grande, engadimos a fariña integral e a auga morna aos pouquiños ata formarmos unha masa consistente e elástica que non se pegue. Así que estea formada a masa, dámoslle forma de bóla e deixámola repousar tapada cun pano húmido ata que duplique o seu tamaño. l Amasamos de novo a bóla e ímola estendendo pouco a pouco dándolle forma de prato grande de 1 centímetro de grosor. Colocámola sobre unha base metálica untada con aceite para que non se pegue, para enfornar lixeiramente durante 10 minutos a 200 °C. Unha vez cociñada lixeiramente a masa de pizza, sacámola do forno.
1,05 € por persoa
toros de pemento verde, todo iso en cru, intercalado co bonito. Logo, agregamos o queixo fresco escorrido.
l Colocamos unha base de tomate frito
sobre a pizza. Engadimos o bonito fresco, limpo de espiñas e pel, partido en láminas. Poñemos os cachos de cabaciña e os
l Decoramos co queixo e mais co
ourego e cociñamos a pizza durante 15 minutos no forno prequentado a 200 °C.
Unha ración contén: calorías
graxa
17%
20%
344 13,9g
graxa saturada AZUCRES
sal
5g
3,2g
1,1g
25%
4%
18%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Bonito do norte: o rei do mar en EROSKI Seguro que xa sabes que o bonito é un exquisito peixe azul. Probablemente, soarache tamén que é rico en ácidos graxos omega 3 e que cando o comes os teus niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue poden diminuír. Pero hai un par de cousas que se cadra non coñeces
deste prezado peixe. O noso bonito do norte péscase de xeito artesanal, sostible e respectuoso con outras especies. A pesca máis habitual coa que capturamos o bonito en EROSKI é con barco parado con cana ou á cacea ou ao corricán, co barco en marcha e con cebo as vantaxes de ser socio
artificial. Ambas as dúas artes de pesca permiten unha pesca un a un, garantindo o mellor trato ao peixe, posto que sofre menos ca con outras artes de pesca, e evítase que o peixe se bata ou esmague por mor da súa acumulación nas redes de arrastre. Fresco, fresco!
13
é tempo de... Bonito encebolado 4
fácil
20-30’
INGREDIENTES • 3 00 g de cebola branca e vermella • 3 dentes de allo • Aceite de oliva • 150 ml de viño branco • 6 00 g de bonito fresco en toros • 250 g de patacas • Unhas follas de perexil • Un chisco de sal
COmo se elabora
l Rascamos as patacas,
l Pelamos as cebolas e dous
cortámolas e fritímolas nunha tixola con aceite de oliva e un chisco de sal.
dentes de allo, cortámolos á xuliana e sofritímolos nunha tixola a lume manso con aceite e cunha copa de viño branco.
l Rustrimos o dente de allo
restante nunha tixola cunhas culleradas de aceite de oliva. Cando comece a dourar, sacámolo do lume e agregamos amodiño o viño branco restante.
l Dispoñemos o bonito nunha
tixola e salteámolo, volta e volta. Logo quitámoslle a pel e mais as espiñas.
l Utilizamos esta mestura
para vertela sobre o bonito coa cebola e as patacas. Presentámolo cun chisco de perexil picado.
l Cando a cebola amoleza,
introducimos o bonito, salgámolo e reservámolo dentro da tixola de xeito que o peixe se vaia cociñando só coa calor que desprende a tixola.
Marmitako de bonito 4
fácil
15-20’
INGREDIENTES •7 5 g de cebola •2 dentes de allo •2 pementos verdes •8 00 g de patacas •2 0 g de pemento chouriceiro (2 unidades) • Auga embotellada • 300 g de bonito • Perexil • 10 ml de aceite de oliva • Un chisco de sal
Como se elabora l Pelamos a cebola e mais os
dentes de allo e picámolos moi finos. Picamos tamén o pemento verde. Dispoñemos os ingredientes nunha pota cun pouco de aceite e refogamos durante uns minutos ata que a verdura estea rustrida. l Cascamos as patacas
e engadímolas á tixola. Deixámolas refogar durante uns minutos e, logo, agregamos a carne do pemento chouriceiro. Botamos a auga ata que cubra o guiso e deixámolo cocer ata que as patacas queden tenras. l Partimos o bonito en cubos,
salgámolo lixeiramente e incorporámolo ás patacas xunto co perexil, tapamos a pota e sacámola do lume. Deixámolo repousar 5 minutos, poñémolo ao punto de sal e servímolo.
2,10 € por persoa
Unha ración contén: calorías
graxa
15%
13%
graxa saturada AZUCRES
sal
293 8,8g 2,2g 3,1g 0,6g 11%
3%
10%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
14
1,50 € por persoa
Unha ración contén: calorías
graxa
14%
7%
graxa saturada AZUCRES
sal
274 4,8g 1,2g 3,9g 0,1g 6%
4%
1%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
as vantaxes de ser socio
15
é tempo de... RECEITA PASO A PASO Arroz con luras e bonito 4
media
1
2
l Limpamos o bonito e quitámoslle a pel
l Poñemos a pota ao lume, con catro
e mais as espiñas. Logo, cortámolo en anacos regulares e reservámolo. Picamos a cebola, o pemento verde e o allo en dadiños moi pequenos (á brunoise).
culleradas de aceite de oliva, e rustrimos as verduras ata que a cebola e o allo se empecen a dourar. Logo, engadimos as luras, limpas e cortadas en tiras.
3
4
l Repartimos o arroz uniformemente
l Dispoñemos o bonito sobre o arroz e
e deixámolo sofritir durante 2 minutos. Mollamos o arroz co caldo de peixe quente. Poñémolo ao punto de sal, botámoslle unhas pingas de limón e deixámolo cociñar 10 minutos.
deixámolo cociñar a lume suave outros 8 minutos. Unha vez cociñado o arroz, sacamos a pota do lume, tapámola cun pano de cociña limpo e deixámolo repousar 5 minutos. Servímolo quente.
40-50’
INGREDIENTES • 75 g de cebola • 1 pemento verde • 3 dentes de allo • 200 g de luras • 250 g de arroz • 600 ml de caldo de peixe • 50 g de limón (media peza) • 40 ml de aceite de oliva virxe • Unhas pingas de limón • Un chisco de sal
Consellos para a compra Normalmente, o bonito atópase enteiro ou en troncos e toros. Pódenselle realizar tres cortes ao bonito: en medallóns —toros de un a tres centímetros—, en bolboreta —separando a espiña dorsal, conservando a cabeza e cola e abrindo o peixe en forma de bolboreta— e en filetes. A peza máis delicada é a ventrecha. Convén ter en conta que canto menos tempo transcorra dende a súa compra ata a súa degustación, máis rico e seguro será o bocado. Se o imos consumir no día ou ao día seguinte, convén gardalo na neveira, e, se non o imos facer decontado, o mellor é conxelalo.
16
1,37 € por persoa
Unha ración contén: calorías
graxa
373
5,1g
19%
7%
graxa saturada AZUCRES
1,2g 2,3g 6%
3%
sal
1,1g 18%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
as vantaxes de ser socio
17
protagonistas EROSKI
O verán sabe a ensalada EROSKI faccile Frescas, listas para comer e coas receitas máis orixinais do mercado. Saborea e sorpréndete coas nosas novas ensaladas EROSKI faccile. 18
Frescas e listas para comer
Q
uen dixo que nas vacacións tiñamos que botar tempo na cociña? Non hai porqué. EROSKI axúdate. Os seus produtos EROSKI faccile son solucións frescas e doadas. Produtos e preparacións listos para comer ou aos que só lles falta un toque no forno, tixola ou microondas. As novas ensaladas EROSKI faccile non precisan nada diso. Son frescas e acompáñanse da súa correspondente salsa, dun garfo e do seu pano para que as poidas tomar á beira do mar, nun improvisado pícnic ou na túa casa (se ese día non hai ganas de cociñar). Cal che apetece máis?
l Ensalada EROSKI faccile Silvestre Cunha
l Ensalada EROSKI faccile Nordic Espinaca
base de brotes tenros, cogomelos, champiñóns, queixos e salsa de Módena, esta ensalada é todo un festival de cor e sabor.
baby, mestura de brotes de leituga vermella e verde, olivas, dados de pan e salmón afumado. Todo iso aliñado cunha deliciosa salsa de soia e sésamo. Moi “nordic” e apetitosa.
Lembra: a túa opinión vale... e moito Gústanos estar canda ti e encántanos escoitarte. Por iso, convidámoste a que nos deas a túa opinión e a que valores os nososlanzamentos. Escanea este código e entrarás directamente na sección de novidades da nosa marca, na nosa web. Alí atoparás información destacada sobre os lanzamentos, terás a posibilidade de adquirilos no noso súper online e tamén poderás valoralos a través dun sinxelo sistema de votación. Proba as novas ensaladas EROSKI faccile e dános a túa opinión! l Ensalada EROSKI faccile Crocant
A intensidade da cebola frita, do xamón e mais do millo a carón dunha mestura de escarolas e a salsa vinagreta vante sorprender. Simplemente boa, boa.
as vantaxes de ser socio
Pódesnos dar a túa opinión sobre as nosas ensaladas aquí
19
aforra con EROSKI
Sinxelo, barato e ben fresco Admitámolo: no verán, a cociña e os fogóns tamén se relaxan. Nestes días, o lecer e o tempo fóra da casa priman. Pero cando a cita é ineludible que mellor plan ca un menú de pratos sinxelos, lixeiros e que nos axuden a aforrar. Coma sempre, lembra consultar as nosas ofertas para que os teus pratos che saian redondos (en todos os sentidos).
20
0,50 € por persoa
1,50 € por persoa
0,73 € por persoa
as vantaxes de ser socio
21
aforra con EROSKI
PRIMEIRO
Segundo
SOBREMESA
TORRADAS DE PAN DE CEREAIS CON TOMATE E XAMÓN DE YORK
PESCADA CON VERDURAS AO MICROONDAS
PARAGUAIOS con melón
4 4
fácil
5-10’
4
15-20’
INGREDIENTES
INGREDIENTES • 125 g de pan de cereais (4 rebandas) • 4 0 ml de aceite de oliva
fácil
•1 tomate • 8 0 g de xamón de York en rebandas • Ceboliño
• 6 00 g de pescada en lombos • 100 g de cenoria • 100 g de brócoli • 100 g de porros
• 4 0 g de ceboliña • 4 0 ml de aceite de oliva • Ceboliño • Un chisco de sal
l Lavamos o tomate, torámolo en rodas
ben finiñas e colocámolas sobre o pan. Cortamos cada rebanda de xamón de York en tiras finas e dispoñémolas sobre as rodas de tomate.
l Limpamos os lombos de pescada, que deixamos con pel pero sen espiñas. l Pelamos as verduras, lavámolas e cortámolas en cachos regulares. Colocamos as verduras nun recipiente apto para o microondas, agregamos un pouco de aceite de oliva e botámoslle un vasiño de auga. Tapamos o recipiente con papel transparente de cociña e cociñamos a potencia máxima durante 8 minutos.
l Agregamos unhas tiriñas de ceboliño l Dispoñemos os lombos de pescada coa pel sobre as verduras cociñadas. Tapamos o recipiente de novo con papel transparente e cociñamos ao 75% da potencia máxima durante 3 minutos. Deixamos repousar tapado 2 minutos antes de abrir o papel filme.
por riba e servimos.
• 8 paraguaios • 2 limas
• 1 kg de melón
COMO se elabora l Gardamos todas as froitas na neveira
COMO se elabora
pan nunha torradora. Posteriormente, aliñámolas cun pouco de aceite de oliva.
10-15’
INGREDIENTES
COMO se elabora
l Torramos lixeiramente as rebandas de
fácil
para que estean ben fresquiñas e ímolas sacando así que as vaiamos precisando. Pelamos os paraguaios, desosámolos e licuámolos coas limas peladas. Reservamos o zume resultante na neveira. l Pelamos o melón, quitámoslle as
pebidas e cortámolo en anacos. Dispoñemos os anacos de melón no batedor e facemos un fino puré. l Colocamos o puré de melón nun
vaso de servizo e vertemos o zume dos paraguaios e da lima aos pouquiños. Acompañámolos, de desexármolo, cuns cachiños de froita fresca e cun pouco de lima relada por riba.
l Poñémolo ao punto de sal. Dispoñemos os lombos de pescada e mais as verduriñas nos pratos de servizo e regamos cos zumes que quedaran no recipiente do cociñado. Esparexemos un pouco de ceboliño por riba do peixe e servímolo..
Unha ración contén: calorías
GRAXA
10%
16%
GRAXA saturada AZUCRES
Unha ración contén: sal
calorías
GRAXA
6%
11%
19%
200 11,1g 2,3g 2,1g 0,4g 11%
2%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
22
221
14g
GRAXA saturada AZUCRES
2g 12%
Unha ración contén: sal
calorías
GRAXA
8%
4%
0%
3,4g 0,5g 4%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
89
0g
GRAXA saturada AZUCRES
sal
0g
18g 0,02g
0%
20%
0%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
La revolución llega a tu cocina con los nuevos Brillante a la Sartén. No hay que saber cocinar, ni manchar, ni tener tiempo. Simplemente separa los dos vasitos, vierte el fondo en una sartén y cuando hierva añade el arroz o los fideos y cocínalos durante 5 minutos.
¿A qué esperas para probar tus recetas preferidas?
0,45€ de descuento para la compra de vasitos “Brillante a la Sartén” ESTIMADO CONSUMIDOR: El importe de este vale le será descontado por la compra de "Brillante a la Sartén", presentándolo en su establecimiento habitual. Sólo se aceptará un vale por producto adquirido. No acumulable con otras ofertas. ADVERTENCIA AL CONSUMIDOR: El establecimiento se reserva el derecho de no aceptar este cupón descuento.
SR. COMERCIANTE: HERBA RICEMILLS S.L., a través de VALASSIS - NCH, le reembolsará 0,45€ más una gratificación por su colaboración, por cada vale que sea redimido en su establecimiento, enviándolos al Apdo. de Correos 101 - 28300 Aranjuez (Madrid), antes del 30/11/2015. Para cualquier información sobre este vale, llame al teléfono: 91 892 94 90. IMPORTANTE: La utilización de este vale en un producto que no sea "Brillante a la Sartén" es fraudulenta, constituye infracción punible y puede ser motivo para la anulación del reembolso. PROMOCIÓN VÁLIDA DEL: 01/07/2015 al 31/08/2015.
CÓDIGO NCH: 051-05005-2
pola túa saúde
Graxas: quen é quen? Nin todas as graxas son iguais nin a súa presenza na nosa dieta debe ser a mesma.
24
Graxas trans: no bando dos “malos”
S
e cadra como legado das películas de vaqueiros, encántanos clasificar o que nos arrodea en dous grupos antagónicos: os bos e os malos. Así é como dividimos os nutricionistas, durante anos, as graxas: graxas boas e graxas malas. Con todo, hoxe por hoxe cómpre preguntármonos se igual que as películas do oeste pasaron de moda, tamén o fixo esta clasificación das graxas.
Graxas saturadas: mirámolas con malos ollos? Os alimentos que máis contribúen ao noso consumo de graxas saturadas son os cárnicos (sobre todo as carnes vermellas e os derivados cárnicos), os lácteos enteiros e a bolería industrial. A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) non establece unha cifra de inxestión para as graxas saturadas, pero si recomenda que as consumamos “o menos posible”. E é que as saturadas son uns “presuntos implicados” na incidencia de enfermidades cardiovasculares. No 2014, un estudo suxeriu que conviría cambiarmos o noso mal concepto sobre estes nutrientes. Non obstante, A Escola de Saúde Pública de Harvard non tardou en responder: indicou que o estudo contiña “importantes erros e omisións” e que as afirmacións dos medios de comunicación foran “gravemente enganosas”. O certo é que, se ben aínda hoxe se debate sobre se as saturadas son ou non son perigosas para a saúde, ninguén discute que convén diminuír a nosa inxestión de alimentos que, sexa ou non por casualidade, son ricos en graxas saturadas: carnes vermellas, derivados cárnicos, lácteos ricos en graxa (como queixos graxos), bolería e alimentos superfluos.
“As graxas trans son un tipo de graxas que o noso corpo non só non precisa en absoluto, senón que poñen en perigo a nosa saúde” Julio Basulto Nutricionista
l
l Graxas insaturadas: as boas da clase Atopamos dous tipos de graxas insaturadas: as monoinsaturadas (típicas do aceite de oliva, pero tamén presentes en olivas, aguacates e noces) e as poliinsaturadas, que abundan nos peixes graxos e mais nos froitos secos ou nos aceites de sementes. Este tipo de graxas poden diminuír os nosos niveis de colesterol e diminuír o risco de padecermos enfermidades cardíacas. Non hai recomendacións de inxestión para as graxas monoinsaturadas, porque o noso corpo pódeas sintetizar, pero si para as polinsaturadas, dado que entre elas atopamos ácidos graxos que non podemos fabricar. A EFSA indicou no 2010 que o 4% das calorías inxeridas deberían provir do ácido linoleico e o 0,5% do ácido alfa-linolénico. Por fortuna, non é preciso realizar complicados cálculos para cubrirmos as devanditas recomendacións: abonda con limitarmos o consumo de carnes vermellas, derivados cárnicos e alimentos superfluos.
as vantaxes de ser socio
As graxas trans son un tipo de graxas que o noso corpo non só non precisa en absoluto, senón que poñen en perigo a nosa saúde. Poden provir de cárnicos ou lácteos, pero sobre todo inxerímolas a través de determinados procesos de hidroxenación xerados pola industria alimentaria. As procedentes da hidroxenación son as máis perigosas: incrementan de xeito notable o noso risco cardiovascular. Sospeitaremos da súa presenza cando leamos na etiqueta dun produto que contén “graxas parcialmente hidroxenadas”. Os produtos que adoitan conter máis graxas trans son: • Bolería industrial, pastelería e xeados. •P recociñados (empanadas, croquetas, pizzas, etc.). • Comida de tipo fast food. • F locos de millo para microondas. •P atacas fritas de bolsa ou outros aperitivos similares. En España a lei non obriga a limitar o contido de graxas trans, o que deixa o consumidor nunha situación de vulnerabilidade. Por fortuna, existen empresas que eliminaron, dende hai anos, as graxas trans dos produtos das súas marcas propias.
25
pola túa saúde
Combustible do bo para o corpo A graxa é unha fonte enerxética para o noso organismo, axúdanos a regular a temperatura do corpo e envolve e protexe órganos como corazón e riles. CREMA FRÍA DE AGUACATE 4
para principiantes
COMO SE ELABORA l Toramos os porros e mais o dente de
30-40’
5-10
INGREDIENTES • 3 00 g de porros (a parte branca) • 1 dente de allo • 2 0 ml de aceite de oliva • 3 00 g de cabaciña
26
allo, dispoñémolos nunha tixola cun pouco de aceite de oliva e sofritímolos lixeiramente.
acadarmos unha crema fina. Poñemos ao lume suave e, ao comezar a fervedura, salpementamos. l Deixamos a crema na neveira para
que arrefríe e servímola ben fría.
l Ao comezaren os porros a amarelaren,
• 1 l de caldo de verduras • 250 g de aguacate • 4 g de sal iodado • Pementa
engadimos a cabaciña, pelada e torada e mais o caldo vexetal e deixámolo cocer ata que a cabaciña amoleza. Deixámolo arrefriar e agregamos o aguacate en cachos. l Pasamos a mestura polo batedor
e, logo, polo coadoiro chinés ata
Unha ración contén: calorías
GRAXA
11%
18%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
212 12,6g 1,8g 11,2g 1,2g 9%
12%
21%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
TORTILLA DE OLIVAS 4
fácil
5-10’
l Batemos os ovos, mesturámolos cos
<5
INGREDIENTES • 150 g de olivas sen óso • 4 ovos
l Dámoslle forma redonda ou ovalada
• 75 ml de aceite de oliva • S al iodado
COMO SE ELABORA l Cortamos as olivas en aros ou en
anacos pequenos.
cachos de olivas e botámolos sobre a tixola antiadherente quente cun chisco de aceite. Remexemos ata que calle a tortilla e engadimos o sal ao final.
á tortilla e sacámola de xeito que quede cremosa no seu interior. Servímola, de querermos, cuns tomatiños.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
16%
44%
312
31g
GRAXA saturada AZUCRES
5,3g 27%
sal
0g 0,75g 0%
13%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
as vantaxes de ser socio
Este tipo de graxas axudan a diminuír os nosos niveis de colesterol e a reducir o risco de padecer enfermidades cardíacas
27
pola túa saúde
Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Co semáforo nutricional descubrirás a cantidade de calorías, azucres, graxa, graxa saturada e sal que contén a porción dun produto. Ademais, para que saibas á primeira vista o que comes está identificado con cores.
MENOS AZUCRE Eliminamos máis de 28 toneladas de azucres dos nosos produtos.
Menos sal Suprimimos máis de 17 toneladas de sal dos produtos da marca EROSKI.
Menos GRAXAS
Vasiños de queixo con noces 4
para principiantes
< 5’
l Botamos sobre elas unha mestura de
<5
iogur grego batido con queixo cremoso baixo en calorías e o azucre. Tapamos os vasiños e, se queremos unha sobremesa ben fresquiña, introducímolos na neveira durante 1 hora como mínimo (se non, servímolos tal cal).
INGREDIENTES l No intre de servir, colocamos unhas
• 4 0 g de noces peladas • 250 g de iogur grego
• 100 g de queixo cremoso baixo en calorías • 10 g de azucre
COMO SE ELABORA l Escachamos as noces e partímolas en anacos e colocámolas no fondo dos vasiños.
A túa saúde para nós é o primeiro
28
noces picadas sobre a crema de queixo e iogur.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
11%
20%
GRAXA saturada AZUCRES
sal
221 13,7g 5,5g 9,9g 0,1g 28%
11%
2%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña a enerxía que precisa, estas non deben superar, dentro da alimentación cotiá, máis dun 35 %. Por iso eliminamos máis de 211 toneladas de graxa das nosas marcas.
SEN GRAXAS TRANS As graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, que achegan graxas trans, son nocivas porque soben o colesterol malo. Por iso suprimimos estas graxas das nosas marcas.
Dende o 2009, ningún produto das nosas marcas propias contén graxas vexetais parcialmente hidroxenadas.
o escaparate
Melóns e sandías Eroski NATUR
Todo dozura
O verán non comeza ata que non probas un delicioso anaco dos nosos melóns ou sandías Eroski NATUR. Refréscate con eles e... que boten a andar as vacacións!
30
As estrelas do verán Para almorzares na terraza, como sobremesa no xantar, como un refrixerio ben fresco logo dunha intensa xornada na praia, como ingrediente exótico nunha rica ensalada... Melóns e sandías son os protagonistas indiscutibles da nosa neveira no verán. Hidrátannos (máis do 80% da súa composición é auga) e son moi baixos en calorías. Se o que buscas é dozura e sabor, non o dubides: o teu é calquera das tres clases de melón Eroski NATUR (Galia, Cantaloup e Amarelo) e a nosa sandía raiada mini Eroski NATUR.
l Melón Cantaloup Eroski NATUR As súas armas de sedución: a súa textura e o seu doce sabor, por mor dos altos niveis de azucre que contén. Cando este melón está maduro, libera un marcado arrecendo floral que destaca mesmo por riba doutras froitas de verán.
l Melón Galia Eroski NATUR
É un cruzamento entre dúas variedades: Cantaloup e Honedew. É un melón pequeno que non adoita superar o quilo. Por fóra, é de cor amarela terrosa con estrías máis claras e de textura rugosa. Por dentro, a súa polpa é dun curioso verde intenso (en especial se o melón está moi maduro) coas pebidas nunha pequena zona do centro. Gustarache... polo seu sabor doce e porque á súa carne se desfai na boca. É a variedade ideal para combinar con xamón xa que pola súa extremada dozura se crea un interesante contraste de sabores.
l Melón Amarelo Eroski NATUR Como é? A súa codia é amarela e a súa polpa, de cor crema, case branca. A súa carne é compacta (case crocante), substanciosa e cunha dozura perfectamente equilibrada.
l Sandía raiada mini Eroski NATUR Adeus, pebidas, adeus: sabor, auga e… sen pebidas! Así é a nosa sandía NATUR. A súa textura é crocante e a súa pel é firme e consistente para protexer o interior desta froita. O seu alto contido en auga (en concreto, a sandía é a froita que máis auga ten: un 93%) e o seu perfecto equilibrio de azucres fan desta froita unha grande axuda para hidratarse.
Moito sabor e alta calidade Os nosos melóns e sandías Eroski NATUR atópanse no seu grao óptimo de sabor. Antes de se poñeren á venda, o noso departamento de Calidade realiza unha valoración físico-química e organoléptica. Se os resultados desta cata non se axustan aos definidos na ficha técnica que se elabora de cada produto, non se dan de alta nas nosas tendas. Con este proceso, asegurámonos de que o sabor sempre sexa o mellor.
as vantaxes de ser socio
31
o escaparate
ESPETO DE SANDÍA, MELÓN E PIÑA
SOPA DE MELÓN CON BÓLIÑAS DE IOGUR
POLOS DE SANDÍA 4
4
fácil
15-20’
4
5-10
fácil
+ 2h
para principiantes
>5
+ 2h
>5
INGREDIENTES INGREDIENTES
INGREDIENTES
• 3 00 g de sandía • 3 00 g de melón • 3 00 g de piña
• 1 limón • 2 0 g de azucre moreno
COMO SE ELABORA
• 125 ml de iogur natural azucrado • 1 kg de melón • 5 ml de aceite de oliva
• 2 0 g de azucre • 2 g de sal • 2 0 g de framboesas
l Lavamos o limón e relamos a súa pel.
COMO SE ELABORA
COMO SE ELABORA
cocendo o azucre na auga durante 5 minutos. Deixámolo arrefriar no cazo onde o elaboramos.
l Introducimos o iogur natural azucrado
l Pelamos a sandía e licuámola xunto
no conxelador e deixámolo alí durante 4 horas.
co limón, tamén pelado. Mesturamos o zume de sandía e de limón co almibre lixeiro, remexémolo e pasámolo todo por un coadoiro chinés.
l Pelamos o melón, eliminamos as
pebidas e licuamos a súa polpa cunha licuadora ou triturámola botando man dun batedor. Pasamos o líquido polo coadoiro chinés, agregámoslle un chorriño de aceite de oliva, un chisco de sal e mais o azucre. Despois remexémolo todo e introducímolo no frigorífico nun recipiente pechado ata o intre de servilo.
Logo espremémolo para sacarlle todo o seu zume. Poñemos o zume do limón, da sandía, do melón e mais da piña xunto coa reladura de limón e dúas culleradas de azucre moreno nun cazo ou nunha tixola vella. Poñemos a ferver estes zumes ata que acaramelen e se forme un caramelo líquido que conservamos morno.
l Realizamos unhas bóliñas de iogur
l Dispoñemos os espetos coas bólas de
coa axuda dun sacabólas ou cunha culleriña.
froitas nos pratos de servizo e no intre de servir botámoslles por riba un chisquiño de caramelo quente.
• 3 00 g de sandía • 1 limón
l Elaboramos un almibre lixeiro
l Eliminamos as pebidas do melón e,
coa axuda dun sacabólas, extraemos unhas bólas da polpa do melón, da sandía e da piña, recollendo o zume que solten as froitas. Elaboramos uns espetos coas bólas de froitas intercaladas. Reservamos os espetos e os zumes no frigorífico.
• 5 0 g de azucre • 100 g de auga
l Colocamos o zume coado nos
recipientes onde vaiamos elaborar os polos e introducímolos durante 1 hora no conxelador. Logo deste tempo, chantámoslles o pau do polo e volvémolos introducir no conxelador durante 4 horas, se son pequenos, ou durante 8 horas, se o tamaño é meirande.
l Dispoñemos a sopa de melón en catro
copas frías e agregamos por riba unhas bóliñas de iogur conxelado. l Decoramos cunhas framboesas e servimos.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
69
0,1g
4%
0,1%
GRAXA saturada AZUCRES
Unha ración contén: sal
calorías
0%
5%
0g 15,8g 0g 0%
18%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
32
102
GRAXA
GRAXA saturada AZUCRES
Unha ración contén: sal
calorías
66
0,1g
4%
3%
0,1%
1,9g 0,6g 18,5g 0,2g 3%
3%
21%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
GRAXA
GRAXA saturada AZUCRES
sal
0g 15,8g 0g 0%
18%
0%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
na tenda contigo
Cadea de solidariedade Grazas ao noso programa “Desperdicio Cero” non malgastamos ningún produto en ningunha tenda. Iso permítenos doalos e axudar a persoas en situacións de vulnerabilidade.
N
os nosos hipermercados e supermercados, amais de che ofrecer centos de produtos, estamos contigo e cos que che arrodean dun xeito moi distinto ao meramente comercial. Estamos con quen vive no teu barrio, na túa cidade... e con quen precisa axuda. Por iso, aínda que este traballo non sexa tan visible nas nosas tendas, non malgastamos nin un só alimento, xa que, coa colaboración de 50 ONG, atendemos O ano pasado a milleiros de persoas en situacións puidemos entregar de vulnerabilidade. Como? Co noso máis de 2.105 programa “Desperdicio Cero”. toneladas de Velaquí cho contamos.
alimentos
FÓRA DOS ESTANTES Deficiencias estéticas nos envases, como unha simple deformación no paquete dos cereais ou unha rotura na embalaxe dos iogures, obrigan a que produtos en perfectas condicións para o seu consumo non estean á venda. Mais, cómpre desbotalos só por iso? En EROSKI coidamos que non. Malia a que eses alimentos non caducaron, non os verás nos estantes das nosas tendas. Pero non os guindamos ao lixo. Tampouco están nos lineais os produtos que se achegan ás datas de caducidade e de consumo preferente. Polo compromiso de calidade e frescura que temos convosco, se non cumpren cos estándares esixidos,
34
retirámolos. Pero non acaban todos no caldeiro do lixo. Por exemplo, si o fará unha laranxa podre dunha malla, pero non as que a acompañaban nela.
DE CAMIÑO A... Todos estes produtos que non se poden vender, pero si comer, doámosllelos a 48 organizacións socialmente responsables de toda España, entre elas os Bancos de Alimentos, Cáritas, Cruz Vermella, Reto, Remar ou asociacións máis locais. Grazas ao programa “Desperdicio Cero” en EROSKI estamos orgullosos de non malgastar nin un gramo de comida
e, á vez, cubrimos as necesidades alimenticias dunha parte da poboación. O ano pasado, por exemplo, puidemos entregar máis de 2.105 toneladas de alimentos, o que equivale a alimentar a 4.500 persoas durante un ano. Pero para que ningún produto se bote a perder, nin este fin solidario tampouco, desenvolvemos un protocolo de actuación que vela escrupulosamente pola seguridade alimentaria de todos eles. E máis no caso dos alimentos frescos, onde é esencial manter en todo momento a cadea de frío. A entidade receptora da doazón e nós garantímola.
A cantidade de produto doado equivale a alimentar a
as vantaxes de ser socio
4.500
persoas durante un ano
35
na tenda contigo
En primeira persoa Irmandade do Refuxio En Zaragoza, a Santa e Real Irmandade da Nosa Señora do Refuxio e Piedade é toda unha institución. Dálles de almorzar, xantar e cear a 57 nenos na súa gardería, entrega bolsas con produtos a 70 familias desfavorecidas, as Fillas da Esta entidade Caridade preparan os xantares e ceas do comedor social para atende as 225 persoas... necesidades Para iso, tres días á semana, alimenticias as 29 tendas de EROSKI da capital aragonesa reciben a de máis de visita dos seus voluntarios na procura deses alimentos que xa non se poden vender. “É unha vantaxe que unha empresa tan importante en Europa estea a persoas carón nosa e, xa que logo, a carón dos máis necesitados. Demostra a gran sensibilidade que ten cara ás persoas, sobre todo nestes anos de crise”, asegura Manuel Marqueta, o irmán maior da Irmandade.
350
Bancos de Alimentos Cruz Vermella “Se non fose por EROSKI, teriamos que pechar o noso comedor social. Son os únicos que se comprometeron con Se non fose este proxecto”, afirma por EROSKI, Pilar Berlanga, delegada especial de Cruz Vermella. teriamos que De luns a venres ás 11.00 pechar o noso horas, Cruz Vermella ten unha cita moi importante comedor co hipermercado de social en EROSKI de Calahorra. A cociñeira do comedor Calahorra acode con algún voluntario da institución ata a nosa tenda, onde elixe entre centos de produtos “de calidade extraordinaria”.
36
EROSKI leva colaborando cos Bancos de Alimentos máis de 20 anos a través de iniciativas como a Operación Quilo ou recollidas puntuais. Pero “Desperdicio Cero” é “máis ilusionante”, confesa Nicolás Levamos máis de Palacios, presidente de Fesbal (Federación Española de Bancos de Alimentos). “É un paso adiante anos colaborando que axuda a que se incrementen as con Banco de cantidades doadas e Alimento, que hoxe así poidamos chegar atende a máis dun a máis persoas. Este programa, amais de millón e medio de paliar a escaseza persoas de alimentos, loita contra o malgasto, dous obxectivos que coinciden coa nosa filosofía,”, apunta.
20
FROITA DE VERĂ N EROSKI NATUR
No seu mellor momento. A froita de tempada saborosa e zumenta, perfecta para apagar a sede. Ademais achega unha importante cantidade de vitaminas. O mellor refresco natural do verĂĄn!
37
de aquĂ e de acolĂĄ
O mĂĄis bonito do norte Renovamos por dentro e por fĂłra a nosa gama de bonito do norte en conserva: novas latas litografadas para un bonito de gran calidade e sabor, producido por especialistas locais.
38
N
on é o mesmo unha ensalada con bonito ca unha ensalada cun bo bonito do norte. A diferenza? A calidade da conserva. Se utilizas a nova gama de latas de bonito do norte de EROSKI, apreciarala. Un bonito con sabor, substancioso, moi tenro e de costeira, ou, o que é o mesmo, capturado de xeito respectuoso e sostible nas augas do Cantábrico (golfo de Biscaia) en plena campaña do bonito e posto en conserva por un especialista conserveiro de Guipúscoa. E, por suposto, cun envase á altura: latas litografadas.
Tipo de pesca: artesanal e sostible se trata de peixe enteiro ou de ventrecha. E é que a proporción de graxa é menor canto meirande é o tamaño do bonito. Deseguido, déixase arrefriar e despois almacénase a temperatura de refrixeración.
l
Seguinte paso: limpeza manual das pezas para eliminar espiñas, aletas, restos de vísceras e zonas escuras ou sangacho.
l
Despois, córtanse os lombos para o seu posterior enlatado.
l
Engádese o aceite ou o escabeche e péchanse de xeito automático as latas.
l
UN COIDADO PROCESO DE PRODUCIÓN Antes de que calquera das nosas latas de bonito do norte cheguen ao teu fogar, pasan por un coidado proceso de produción. Contámoscho paso a paso:
Para rematar, as latas esterilízanse e procédese ao arrefriado final dos envases e posterior estoxado en caixas.
l
O noso bonito do norte en lata procede dunha pesca selectiva, artesanal e respectuosa con outras especies. A pesca máis habitual é con barco parado con cana, anzol e cebo vivo (normalmente anchoa) ou ao corricán, co barco en marcha e cebo artificial. Ambas as dúas artes de pesca permiten unha pesca un a un. Deste xeito garántese o mellor trato ao peixe: sofre menos ca con outras artes de pesca e evítase que se bata ou esmague o peixe como acontece nas redes de arrastre. É o tipo de pesca máis sostible, xa que permite seleccionar a especie e o tamaño mínimo dos bonitos capturados.
Unha vez capturado, o noso bonito non se conxela a bordo, senón que se mantén refrixerado en frío, o que o preserva tenro e saboroso. De feito, o bonito do norte caracterízase por ter un exquisito sabor e unha textura máis suave ca a do resto da súa especie.
l
Na mesma fábrica, procédese ao corte das pezas: cabeza, cola e ventrecha.
l
Despois, cócese. Para iso, utilízase a mestura perfecta de auga con salmoira e calcúlase o tempo que precisa cada peixe; este varía en función do seu tamaño e de se
l
Bonito do norte en aceite de oliva e en escabeche EROSKI e bonito do norte en aceite de oliva baixo en sal EROSKI Sannia.
O noso bonito do norte en conserva elabórase en Guipúscoa e péscase de xeito artesanal e sostible.
Apostamos polo produto de aquí
as vantaxes de ser socio
39
enerxía para medrar
Comer verdura: diversión no prato O consumo de verduras entre os nenos afástase das recomendacións nutricionais, malia que unha axeitada alimentación lles permite alcanzar o seu crecemento e desenvolvemento. A solución? Preparar orixinais receitas... Non hai máis límite ca a propia imaxinación.
A túa saúde para nós é o primeiro
40
A
teoría e mais a práctica non sempre van da man. O consumo de verduras entre os máis cativos da casa é un deses casos. A teoría di que polas súas excelentes propiedades (son unha fonte primordial de vitaminas variadas, sales minerais, fibra e elementos antioxidantes) deben estar moi presentes en calquera dieta infantil. Agora ben,
a realidade discorre por outros camiños: o consumo de verduras, e tamén de froitas, é insuficiente. Fomentar o consumo destes alimentos entre os máis pequenos é indispensable. E aínda que poida parecer unha misión imposible, non é tal. A clave é preparar receitas atractivas, cun pouco de imaxinación, variedade e bo gusto.
73.819 nenos participaron no Programa Educativo da Escola de Alimentación da Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es
FLAN DE VERDURAS E OVO 4
fácil
30-40’
INGREDIENTES • 4 ovos crus • 350 ml de leite • 3 00 ml de caldo • 3 0 g de pan duro • Noz moscada • 3 00 g de verduras (dun guiso anterior ou dunha minestra)
• 2 ovos cocidos • S alsa de tomate frito • 10 g de millo doce en lata • Unhas folliñas de hortelá • S al iodado e pementa
Como se elabora
l Poñemos a mestura en moldes
l Batemos os ovos co leite, o caldo e
individuais de flan e cocemos ao baño María durante 20 minutos.
o pan previamente partido en cachos. Unha vez batidos, engadimos as especias ao gusto e incorporamos as verduras cortadas en anacos medianos, non moi pequenos nin triturados, e os ovos cocidos previamente picados. Prequentamos o forno a 150 °C.
l Para servir, poñemos un pouco de salsa
de tomate no fondo do prato, e sobre esta salsa, colocamos o flan desenmoldado. Esparexémoslle por riba o millo en lata, frito e roto co coitelo, e mais as folliñas de hortelá.
0,38 € por persoa
Unha ración contén: calorías
GRAXA
13%
16%
231
11g
GRAXA saturada AZUCRES
sal
2,8g 8,4g 0,53g 14%
10%
13%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
as vantaxes de ser socio
41
enerxía para medrar
0,58 € por persoa
LASAÑA DE ESPINACAS 4
media
lume e sen tapar durante uns 15 minutos. Pasamos polo pasador de puré e polo coadoiro chinés ata obtermos unha salsa cremosa e fina. l Para elaborarmos o recheo da lasaña,
+1h
Ingredientes • 5 0 g de cebola • 2 dentes de allo • 4 0 ml de aceite de oliva • 4 00 g de tomate maduro fresco • Un chisco de ourego seco • 5 g de azucre • 200 g de espinacas
• 20 ml de nata líquida • 100 g de ceboliña fresca • 4 5 g de liscos de queixo • 100 g de placas de lasaña • Queixo relado • Un chisco de sal
Como se elabora l Para prepararmos a salsa de tomate,
sofritimos a cebola e un dente de allo cortados á xuliana (tiras finas). Engadimos a metade dos tomates abertos en anacos, cun chisco de sal, o ourego seco e unha culleriña de azucre. Cocemos a pouco
42
cocemos as espinacas en auga fervendo con sal durante 10 minutos e despois escorrémolas. Salteamos estas espinacas co dente de allo restante nunha tixola cunhas pingas de aceite de oliva durante un par de minutos, engadimos a nata líquida para que as espinacas queden cremosas, poñemos ao punto de sal e reservamos.
salsa de tomate, as espinacas, o tomate en rodas, a ceboliña salteada, o lisco de queixo e a lámina de lasaña. Repetimos varias capas na mesma orde, acabando con salsa de tomate. Engadimos sobre a última capa un pouco de queixo relado. l Enfornamos a lasaña na posición central
l Por outra banda, limpamos a ceboliña,
cortámola en finas tiras e salteámola nunha tixola cun chisco de aceite de oliva. Cando comece a estar lixeiramente dourada, retirámola da tixola, poñémola ao punto de sal e reservámola sobre un escorredoiro para que non lle achegue nada de aceite á lasaña. l Cortamos os tomates restantes en rodas
e comezamos a montar a lasaña por capas. Nunha fonte de forno de cristal ou de louza, dispoñemos, por orde, a
do forno a 200 °C durante uns 20 minutos, ata que se gratine a súa superficie. Antes de servir, tapamos a lasaña e deixámola repousar durante 10 minutos.
Unha ración contén: calorías
GRAXA
11%
23%
203
16g
GRAXA saturada AZUCRES
sal
5,2g 6,1g 0,11g 26%
7%
3%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
beleza
Especial depilación
Fermosos sen pelo Renovamos toda a nosa gama de depilatorios belle para que te esquezas do pelo durante os meses estivais. as vantaxes de ser socio
C
ando o verán asoma pola esquina, depilarse é unha desas citas ineludibles na axenda de compromisos estéticos. Do mesmo xeito que adoitamos renovar o traxe de baño e a toalla ou facernos co complemento estrela para os máis pequenos (manguitos, caldeiro, angazo e un longo etcétera), os preparativos estivais inclúen tamén dicirlle adeus durante varios meses ao pelo corporal. Este verán, para gozar dunha pel lisa e suave, contas coa gama de depilatorios belle totalmente renovada: novos formatos e solucións cunha importante mellora das súas propiedades cosméticas e da súa eficacia.
45
beleza
UNHA DEPILACIÓN MÁIS DURADEIRA Fría, morna ou quente, a cera é a opción que ofrece un resultado perfecto durante máis tempo.
Visita a nosa web para coñeceres todos os produtos de belle, a nosa marca de beleza, de venda exclusiva en EROSKI: www.belle. eroski.es
PARA O ROSTRO Bandas faciais cera belle. Especialmente deseñadas para eliminaren de raíz o pelo do rostro grazas a unha fórmula extrasuave que inclúe extracto natural de camomila (calmante e suavizante), extracto de vide (hidratante e desconxestivo), aceite de soia e vitamina E, de propiedades antioxidantes. • Óptimos resultados mesmo en pelos pequenos. • 8 bandas dobres e 2 toalliñas posdepilación. • Dermatoloxicamente testadas. Sen parabenos.
PARA INGUAS E AXILAS Bandas bikini cera belle. Concibidas para o pelo de inguas e axilas, xeralmente máis resistente. Fórmula extrasuave enriquecida con aceite de argán e extracto de áloe vera que achegan propiedades calmantes, acondicionadoras e protectoras. • Inclúense dous formatos de bandas para adaptarse perfectamente ás dúas zonas: liña bikini e axilas. • Eficaces mesmo en pelos pequenos. • 8 bandas dobres e 2 toalliñas posdepilación. • Dermatoloxicamente testadas. Sen parabenos.
46
HIDRATA, CALMA E SUAVIZA Bandas corporais cera belle. Fórmula extrasuave enriquecida con aceite natural de rosa de mosqueta, manteiga de karité e extractos naturais de amora, framboesa e amorodo que achegan propiedades hidratantes, calmantes e suavizantes á pel. • Eficaces mesmo en pelos pequenos. •1 0 bandas dobres e 2 toalliñas posdepilación. •D ermatoloxicamente testadas. Sen parabenos.
CON EXTRACTO DE MEL Cera morna tarro belle 250 ml. Cera morna en tarro enriquecida con extracto de mel, de propiedades nutritivas e suavizantes. • Proporciona uns resultados perfectos e de longa duración (ata 4 semanas). • Q uécese no microondas ou ao baño María. • A espátula inclúe un indicador de temperatura que permite saber cando está lista para o seu uso. • A cera retírase con bandas e os posibles restos elimínanse con auga. • Contido: un tarro de 250 ml de cera morna e 10 bandas lavables e reutilizables. • Dermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
cómoda de usar
MOI EFICAZ
Cera morna roll-on belle 120 ml.
Cera en perlas belle 400 g. As perlas de cera fóndense rapidamente. Así diminúe o tempo de quecemento e o risco de posibles queimaduras.
Cómodo formato que permite unha aplicación precisa e limpa. • Fórmula enriquecida con mel. • Resultados de longa duración (ata 4 semanas).
• F órmula enriquecida con cera de abellas, aceite de sementes de xirasol e aceite natural de caléndula que contribúen a calmar e a hidratar a pel.
• O envase inclúe un indicador de temperatura que permite saber cando está lista a cera. • O produto retírase con bandas e os posibles restos elimínanse con auga.
•A súa elástica textura adáptase doadamente a calquera parte do corpo e é eficaz mesmo cos pelos pequenos, conseguindo resultados profesionais de longa duración (ata 4 semanas).
• Contido: un roll-on de 120 ml de cera morna e 10 bandas lavables e reutilizables.
• Reutilizable ata 5 veces.
• Dermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
•D ermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
BANDAS EXTRAS
CON APLICADOR DE PRECISIÓN
Bandas auxiliares cera morna 24 unidades. Bandas auxiliares de recambio para cera morna en roll-on e mais en tarro que favorecen unha depilación sinxela e eficaz.
Cera precisión facial belle 15 ml. Especialmente deseñada para eliminar o pelo das cellas e dos labios superior e inferior. • Con extracto de mel. • Inclúe un tubo con aplicador de precisión. •O frece resultados de longa duración mesmo en pelos pequenos e pódese aplicar en capas moi finas para adaptarse perfectamente á zona facial. •Q uécese somerxendo o tubo en auga quente. Os restos elimínanse con auga. • Dermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
Belle, a túa beleza, o teu benestar sen Parabenos
sEn
parabenos
as vantaxes de ser socio
Dende o 2013, estamos a eliminar os parabenos dos nosos produtos cosméticos.
47
beleza
DEPILACIÓN ULTRARRÁPIDA Se buscas unha solución que elimine o pelo do corpo en poucos minutos, proba as cremas depilatorias.
PARA A DUCHA Crema depilatoria ducha belle 200 ml. Para te depilares mentres te duchas. Proporciona uns resultados perfectos a partir de 3 minutos. A súa fórmula extrasuave inclúe áloe vera, aceite esencial de ylang-ylang e extracto de té verde, que achegan propiedades calmantes, hidratantes e acondicionadoras para coidar ata as peles máis sensibles.
ESPECIAL HOMES
• Fórmula desenvolvida para que o produto sexa resistente á auga; é por iso que leva ingredientes waterproof.
O pelo masculino é máis groso, máis longo e máis duro. Por este motivo é importante que o home use depilatorios específicos.
• Dermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
TEXTURA INNOVADORA Mousse depilatorio masculino men by belle 200 ml. Innovadora textura mousse que resulta máis cómoda e rápida de aplicar ca a crema depilatoria home men by belle.
PARA PELES SENSIBLES Crema depilatoria áloe vera belle 200 ml. Crema depilatoria especialmente formulada para peles sensibles que proporciona uns resultados perfectos en 5 minutos.
•C on manteiga de karité, aceite de ginseng e vitamina E.
• Contén extracto natural de áloe vera e vitamina E, activos con propiedades protectoras e calmantes, e manteiga de karité, coñecida pola súa acción hidratante e acondicionadora, para lucir unha pel sen pelo e coidada. • Dermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
DESCOLORACIÓN Unha solución ideal para as mulleres que teñen pouco pelo e só o queren disimular.
MOI práctica Crema descolorante belle 2x50 ml. Disimula o pelo de rostro e corpo. • Contén extracto natural de áloe vera e vitamina E, activos con propiedades protectoras e calmantes, e manteiga de karité, coñecida pola súa acción hidratante e acondicionadora, para lucir unha pel sen pelo e coidada. • Dermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
48
• Actúa en 5 minutos. •D ermatoloxicamente testada. Sen parabenos.
Resultados profesionais 1
Para unha correcta depilación cómpre que a pel estea seca e limpa, sen restos de cremas ou aceites e sen irritacións ou feridas.
2
Exfoliar a zona antes de depilarse axudará a previr que os pelos se enquisten, xa que elimina as células cutáneas mortas da superficie da pel que tenden a bloquear a saída do pelo.
3
Se te vas depilar con cera, nunca tires da banda cara a arriba, senón en paralelo e tan preto como sexa posible da pel.
4
As nosas bandas pódense utilizar 3 ou 4 veces nunha mesma depilación, e mesmo é posible lavalas para reutilizalas en futuras depilacións.
Resultados económicos
“Contigo”, franquías e EROSKI Club, claves no 2014
A
nosa actividade tivo no 2014 un resultado positivo de 90 millóns de euros. Isto supón unha mellora na ratio sobre vendas de ata o 1,7 %, o que confirma o éxito do novo modelo comercial “Contigo”, do que xa gozan uns 70 establecementos entre hipermercados e supermercados.
O formato de tenda “Contigo” e a creación do programa EROSKI Club tiveron un impacto positivo nas nosas vendas
En colaboración con UNICEF
Queixo DO Idiazabal
Nepal xa recibe a nosa axuda
Premio á colaboración con pemes
E
O
n abril fixémosvos un chamamento para, xuntos, podermos axudar os damnificados polos terremotos que asolaron parte de Nepal. E, coma sempre que apelamos á vosa solidariedade, de novo respondestes con xenerosidade. Grazas á vosa achega e á que realizamos dende EROSKI, en menos de dous meses xuntamos en total preto de 75 000 euros Cos cartos recadados, moitos dos seis millóns de afectados polos sismos -máis da metade nenos- xa están a recibir a nosa doazón a través de UNICEF.
52
Ademais, a facturación acadou os 6106 millóns de euros. Isto débese, por unha banda, á expansión da rede de tendas franquiadas, que aumentaron as súas vendas un 6 %. O lanzamento do programa EROSKI Club no segundo semestre do ano pasado tivo tamén un impacto positivo nas nosas vendas. Con este plan de fidelización, os socios, é dicir, vós, resultades moi beneficiados. E é que o forte dinamismo comercial de EROSKI Club elevou a transferencia de aforro ao consumidor ata os 110 millóns de euros, un 40 % máis ca o exercicio pasado.
ano pasado comezamos a comercializar baixo a marca propia gourmet EROSKI SeleQtia o queixo que elabora artesanalmente a asociación de pastores Artzai Gazta (elaboradores do queixo DO Idiazabal). AECOC, a principal asociación española do sector de gran consumo, recoñeceu este labor conxunto co premio AECOC Shopper Marketing - PEMES. O galardón destaca esta cooperación como unha das mellores prácticas de colaboración entre a distribución e os pequenos produtores para fomentar a diversidade do tecido produtivo do sector agroalimentario e atender de xeito máis eficiente ao consumidor.
Enerxía para medrar
Sorteo de Ouro da Cruz Vermella
O cuarto PEAHS, en marcha
Co sorteo máis solidario
A
cuarta edición do Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS) “Enerxía para medrar” da nosa Escola de Alimentación chegará en setembro cargada de novidades. Durante o vindeiro curso os escolares de entre 6 e 12 anos teñen a oportunidade de recibiren gratuitamente nos seus centros educativos máis contidos, actividades e obradoiros prácticos cos que este plan promove a alimentación e os hábitos de vida saudables. A carón das novas sesións deste ano —”Nutrición no mundo” (en colaboración con UNICEF) e “Como me alimento e coido o meu mundo”(co apoio da organización conservacionista WWF)—, tras o verán vaise desenvolver tamén “Come e coida o teu corazón”, grazas á Fundación Española do Corazón.
A Ademais, na web energiaparacrecer. escueladealimentacion.es/gl van estar dispoñibles en vídeo todas as sesións e mais un novo obradoiro de produtores agroalimentarios en formato audiovisual. Tamén se vai lanzar a segunda edición do concurso Imagine Food, un certame co que crear mediante debuxos receitas moi saudables. Máis información en www.escueladealimentacion.es ou no teléfono 94 6072841.
Boa práctica innovadora
“Desperdicio Cero”, recoñecido na Expo de Milán
A
ta outubro, baixo o lema “Alimentar o planeta, enerxía para a vida,”, celébrase a Expo Universal de Milán 2015. Nós xa a visitamos. Estivemos en xuño recollendo unha distinción que nos outorgou o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente no marco do proxecto “Desafíos sobre boas prácticas innovadoras” en alimentación e sostibilidade. O noso programa
lacante acollerá o vindeiro 23 de xullo o sorteo máis solidario do mundo. Cruz Vermella Española celebrará alí o seu popular Sorteo de Ouro, con premios que superan os seis millóns de euros. Con cada boleto que se merque para participar neste sorteo, amplíase o radio de acción das iniciativas sociais que leva a cabo esta ONG para aumentar a autonomía individual e a integración de persoas con minusvalidez e mobilidade reducida. Por iso, un ano máis dende EROSKI querémonos implicar de cheo co importante labor que desenvolve Cruz Vermella. Xa que logo, nas liñas de caixa de todas as nosas tendas puxemos á disposición de todos vós os boletos do Sorteo de Ouro. Por cinco euriños pódeste facer cun deles e, se tes sorte, levar moito ouro, pero, sobre todo, e o máis importante, axudar a que os proxectos da Cruz Vermella cheguen a máis persoas.
“Desperdicio Cero” foi unha das tres iniciativas gañadoras na categoría do desafío “Redución do desperdicio alimentario”, á que se presentaron 23 proxectos. A través deste plan garantimos que nas tendas non se guinde ningún alimento apto para o consumo, senón que se doe a organizacións sociais do contorno máis próximo (máis información na páxina 34).
as vantaxes de ser socio
53
o vindeiro mes... setembro’15
O semáforo nutricional Que é? O semáforo achéganos información nutricional sinxela e facilmente comprensible sobre as receitas que podes atopar nesta revista. A preocupación por che ofrecer unha alimentación sa e equilibrada levounos a incluír esta información orientativa, que te pode axudar a construír unha dieta máis saudable.
Unha ración contén: É tempo de... patacas Eroski NATUR
calorías
GRAXA
17%
26%
331
18g
GRAXA SATURADA AZUCRES
7g
4,4g
34%
5%
sal
1g
13%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto Sobre que informa o semáforo nutricional? RACIÓN. Enténdese por ración a porción de alimento que inxerimos habitualmente cada vez que o comemos.
Nova pasta italiana artesanal EROSKI SeleQtia
ACHEGA DE NUTRIENTES. Infórmase sobre a cantidade de calorías e nutrientes que achega cada ración de alimento inxerido. CANTIDADE DIARIA ORIENTATIVA (CDO). A comunidade científica recomenda unha cantidade diaria de calorías e de nutrientes (a CDO) que cómpre inxerirmos para mantermos unha dieta sa. Como se calculan estas porcentaxes? Están calculadas para unha muller adulta cunha inxestión diaria de 2.000 kcal (agás nos produtos para nenos, calculados para as súas necesidades). Ademais, as necesidades individuais poden variar en función do sexo, da idade, da actividade física ou doutros factores.
Falemos da etiquetaxe nutricional
QUE SIGNIFICAN AS CORES? A achega nutricional dunha receita depende dos ingredientes elixidos, da cantidade de cada un deles que empreguemos ao preparala, do xeito
no que se cociñan (non é o mesmo fritir, asar, cocer...) e do tamaño da ración que inxerimos. As cores do semáforo nutricional que verás en cada receita facilitan a comprensión da información nutricional dunha ración. Dunha soa ollada poderás saber a importancia que unha ración ten en relación coa Inxestión de Referencia. Así, para as calorías e os nutrientes de cada receita...
...unha ración supón unha achega importante das necesidades diarias ...unha ración supón unha achega algo menor, aínda que segue a ser significativa ...unha ración da receita supón unha menor achega sobre a Inxestión de Referencia. O valor concreto para cada nutriente nunha ración de cada receita vén expresado en valor absoluto e en porcentaxe sobre a Inxestión de Referencia.
¡DISFRUTA DEL VERANO CON TUS DESODORANTES DE CONFIANZA!
®
Promoción válida del 16 al 29 de Julio de 2015. * AXE sólo formatos 200ml y TOTAL Dove y Rexona excepto formatos 35ml.