neste número
Suma Nadal
Igual ca a ti, en EROSKI club gústanos o Nadal. Sabemos que queres pasar estes días compartindo coa túa xente e por iso preparamos un número especialmente dedicado a estas festas.
Queremos compartir contigo o Nadal para que todo che sexa máis doado e para que poidas gozar ao máximo cos teus. Por iso, en EROSKI poñemos un empeño especial nestas datas para que atopes na túa tenda todo o que precisas e ao mellor prezo. Sumando aforro para sumar máis Nadal.
Para que estas festas non falte de nada na túa mesa ou baixo a árbore contamos con alternativas para todos os gustos e petos, como os produtos gourmet EROSKI SELEQTIA e os produtos ao mellor prezo.
Ademais, querémoscho poñer ben doado para deseñar os menús máis exquisitos e elaboralos da maneira máis sinxela e cómoda cun resultado espectacular. Nisto axudaranche a experiencia e o asesoramento dos nosos profesionais, a variedade do supermercado online e a comodidade do servizo de encargas e produtos listos para levar.
Tampouco esquecemos que o Nadal é un bo momento para axudar e compartir cos demais e, por iso, este mes continuaremos coa campaña solidaria a prol dos Bancos de Alimentos asociados a Fesbal e de entidades como Cáritas, Cruz Vermella, Cociña Económica da Coruña ou o Instituto Benéfico Social Padre Rubinos.
Coa ilusión de sempre e co mesmo compromiso do primeiro día, animámoste a inspirarte con este número da revista e a facer deste Nadal algo especial. Boas festas!
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
REALIZACIÓN EDICIÓN
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
o último
Queremos que os nosos produtos faciliten o teu día a día e que te axuden a aforrar tamén no Nadal. Velaquí algunhas novidades das marcas EROSKI para que goces estas festas en familia e poidas dedicar o teu tempo ao importante: a ti e aos teus.
Sorprende estas festas
ONadal é época de tradicións, pero en EROSKI querémosche traer cada ano algo novo para gozar das celebración dun xeito algo diferente.
ABETOS DE CHOCOLATE
As galletas mais orixinais destas datas xa están nas nosas tendas. Concédete un capricho doce cos abetos EROSKI en dúas variedades: de chocolate con leite e mix de dous sabores. Están elaboradas con manteiga e sen graxa de palma.
‘PANETTONE’
Esta sobremesa tradicional do Nadal provén de Milán, pero aos poucos foise facendo un oco nas nosas mesas.
Este Nadal atoparás nas nosas tendas un novo panettone EROSKI SELEQTIA, testado polo Basque Culinary Center (BCC). Está elaborado con cítricos, pasas,
vainilla e manteiga e ten unha masa branda e delicada, obtida despois de máis de dous días de lento levedado natural.
PAUS DE TURRÓN
Descubre un novo xeito de comer o turrón sen renunciares aos sabores de sempre, pero nun formato máis práctico e sorprendente.
O teu mellor Nadal
Olañeta é unha empresa familiar que, dende 1921, elabora patxarán e licor de herbas segundo os métodos tradicionais de maduración lenta, de aí que a súa produción
sexa limitada. Ademais, tamén che ofrece as súas premiadas cervexas, fabricadas en Euskadi mediante o sistema tradicional de segunda fermentación en botella.
frec e
SALMÓN ENVASADO AO NATURAL
Auténtico salmón sen pel nin espiñas, listo para o seu consumo, alto en omega-3 e moi rico en proteínas. O noso salmón sométese a un proceso de cocción no que se conservan as propiedades nutricionais do produto e se mantén todo o seu sabor.
Pódese tomar como aperitivo ou en ensaladas e é ideal para incluír en receitas de pasta, tostas, empanadas, ovos recheos ou lasañas. Ademais, combina á perfección con aguacate, queixos, verduras e cítricos.
Aquí sempre hai tomate
Creacións
Este Nadal descubre Orlando Creacións, a novidosa gama de tomate culinario, enriquecida con ingredientes previamente elaborados e aceite de oliva virxe extra, cociñados a lume lento durante máis de 2 horas en Alfaro, A Rioxa, para que poidas preparar os teus pratos en menos de 25 minutos.
RECEITA SUAVE RECEITA DOCE RECEITA INTENSA
Con pemento asado, cebola e aceite de oliva virxe extra Equilibrada, sofisticada e delicada. Combina á perfección con todo tipo de elaboracións veggies.
Con cebola caramelizada, chalotas e aceite de oliva virxe extra Doce, alegre e refinada.
O toque diferencial para pastas, arroces, peixes e aves.
Con allo asado, herbas mediterráneas e aceite de oliva virxe extra Mediterránea, pasional e con carácter. A compañía perfecta para pizzas, tostas e paninis e carnes.
Sorprende a túa familia e amigos con esta e máis receitas en orlando.es/recetas
Salmón asado con sésamo e ensalada de tomates cherry
Ingredientes
Para o salmón: • 4 pezas de 125 gramos de salmón
• ½ culleriña de sésamo
• 1 bote de Orlando Creacións Doce (500 gramos)
Paso a paso
Para a ensalada:
200 g de tomates cherry variados
cebola morada
Zume de dúas limas
pemento vermello italiano
culleradas de aceite de oliva
chisco de sal
chisco de pementa negra moída
4 racións 25 minutos 142 kcal / 100 g 17,30 €
1. Prequentamos o forno a 200 graos. Por outro lado, untamos o salmón coa salsa Orlando Creacións Doce e botámoslles un chisco de sésamo aos lombos por riba. Deixamos repousar o salmón na salsa mentres preparamos a seguinte elaboración.
2. Cortamos pola metade os tomates cherry. Cortamos en tiras finas a cebola morada e o pemento. Collemos todos estes ingredientes cortados, mesturámolos nunha cunca e incorporámoslles o sal, o aceite de oliva, a pementa moída e o zume de lima. Reservamos.
3. Sacamos o salmón da cunca con tomate Orlando Creacións Doce, poñémolo nunha bandexa de forno e metémolo ao forno durante 10 minutos a 200 graos. Unha vez cociñados, sacamos os lombos de salmón do forno.
4. Collemos unha bandexa grande, colocamos no fondo da bandexa a ensalada que preparamos anteriormente e enriba dela os lombos de salmón.
Lagostinos crus
Suma Aforro rro Suma Nadal
do MonteSe algo aprendemos destes últimos tempos é que, aínda que o mundo pare, as persoas sempre atopamos o xeito de seguir sumando. Podemos con todo e non hai crise que nos arrede das ganas de celebrar o Nadal. Por iso, en EROSKI querémoscho poñer algo máis doado para seguires sumando.
Suma pratos na mesa do Nadal. E suma tempo con todos xuntiños arredor dela. Suma, coma sempre, os mellores produtos. Suma un brinde cun bo viño. E, por suposto, suma o turrón e as sobremesas máis doces.
S sum dela prod viño sob
e de AlacanteEste ano nada nos vai restar as ganas de sumar felicidade. Segue sumando aforro co Suma Aforro nos produtos ao mellor prezo, as ofertas, as vantaxes por seres socio e moito máis
MÁIS DOADO CO NOSO SERVIZO DE ENCARGAS
Á hora de preparares as celebracións do Nadal queres que todo saia á perfección.
Un produto de calidade e a confianza e experiencia que che ofrecen os nosos especialistas de carnicería, peixería e chacinería asegúranche o éxito. Ademais, co servizo de encargas, podes adiantar as compras, evitar colas e gozar de máis tempo coa túa xente. O servizo de encargas está dispoñible nas nosas tendas durante todo o ano, pero no Nadal cobra especial importancia, xa que así aseguras ter o produto que precisas con total comodidade.
Atenderémoste por teléfono e mais na túa tenda habitual e poderás encargar as pezas que queiras e o tamaño desexado. Lembra que, en ambos os dous casos, podes facer os teus pedidos ata con 48 horas de antelación e fixar o día e a hora para recollelos.
Nadad 2022
Ao teu gusto, sen colas, na túa tenda habitual, elixe día e hora de recollida
Polbo á grella dúas salsas
• 2 patas de polbo cocido • 1 culleriña de aceite de oliva virxe extra (AOVE) • Pemento Para a salsa romesco • 6 tomates maduros • 1 cabeza de allos e 2 ñoras • 10 améndoas e 10 abelás • 50 ml de vinagre de viño • 250 ml de AOVE • 1 rebanda de pan torrado • 1 culleriña de pemento doce e un chisco de picante • Sal
Para a maionesa de curry • 1 ovo • 200 ml de aceite de oliva suave • 10 g de zume de limón • ½ culleriña de curry en po • 3 g de sal
ELABORACIÓN. Remollar as ñoras, sacarlles a carne e reservar. Asar os tomates e o allo no forno cun chorriño de AOVE a 200 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 20 minutos. Pelar os tomates e os allos, unha vez asados e fríos.
Torrar as abelás e as améndoas nunha tixola e trituralas. Reservar.
Triturar os tomates, o allo, as ñoras, o pan e mais os froitos secos. Engadir o pemento doce, o pemento picante, o sal e o vinagre e triturar ata integrar. Co batedor en marcha, engadir o aceite aos poucos na cantidade que precise. Rectificar de sal, vinagre, pemento, ou mesmo de pan torrado, para espesar, segundo os gustos.
Preparar a maionesa de curry depositando no vaso do batedor o ovo, o sal, o curry e a metade do aceite. Colocar o batedor pegado ao fondo do vaso e bater a velocidade baixa ata que comece a emulsionar. Engadir en fío o resto do aceite e ir erguendo o batedor ata acadar
a consistencia desexada. Engadir o zume de limón.
Marcar as patas de polbo xa cocidas nunha prancha cunha culleriña de AOVE ata que estean douradas.
Servir as patas de polbo coas salsas e esparexer pemento por riba.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha saborosa receita para gozar como entrante ou como petisco. A calidade nutricional do prato depende de con que se acompañe o polbo e non deste en si mesmo. Nesta proposta acompáñase dunha maionesa e de salsa romesco, que podemos preparar con antelación.
Propiedades nutricionais: o polbo é rico en proteínas de boa calidade, non achega hidratos de carbono e o seu contido calorífico é baixo. Achega tamén ferro, fósforo, iodo, potasio, selenio, cinc, vitamina E, B3, B6 e B12.
Robaliza con salsa de cítricos
• 2 robalizas duns 600 g
• 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• Sal e pementa fresca
• 3 laranxas, 1 limón, 3 limas e 1 mandarina
• 1 culleriña de mel
• Reladura de laranxa e lima
• Un chisco de caiena
• Coandro ou perexil picado
ELABORACIÓN. Limpar as robalizas e secalas ben. Salpementar o interior e o exterior, encher cuns cuarteiróns de laranxa e lima e poñer nunha bandexa de forno cunha cullerada de AOVE e cunhas rodas de laranxa e lima. Enfornar no forno prequentado a 190 ºC, con calor por riba e por baixo, ata que estean cociñadas.
Preparar a salsa de cítricos co zume de dúas laranxas, un limón, a mandarina e dúas ou tres limas, o mel, sal e pementa, reladura de laranxa e lima e unhas folliñas de caiena moída. Cociñar ata que a salsa espese lixeiramente.
Á hora de servir, presentar as robalizas nunha fonte coa salsa e coas rodas de cítricos
enfornados e esparexerlle por riba o coandro ou perexil picado e mais a reladura de lima e laranxa.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha receita para un segundo prato de sabor potente e fresco. Completa o menú cunha porción de verduras, un cereal integral (arroz) ou un legume (chícharos ou quinoa).
Propiedades nutricionais: a robaliza é un peixe semigraxo. Normalmente, o seu contido graxo está entre un 3% e un 6%. Os peixes graxos (azuis) e semigraxos teñen beneficios nutricionais, xa que amais dos ácidos omega 3 conteñen tamén vitaminas liposolubles, como a vitamina D e a E. Os cítricos destacan polo contido en vitamina C, pero hai que ter en conta que parte dela se perde ao cociñar.
POR RACIÓNTradicións doces
Para lle poñer o ramo ao noso menú ao mellor prezo, elixe en EROSKI entre unha gran variedade de turróns. Dende os clásicos de Xixona e Alacante, elaborados coas mellores materias primas e seguindo a receita tradicional, ata outras propostas máis innovadoras. Serán o complemento perfecto para gozar en familia do doce máis tradicional do Nadal. Bo proveito!
O toque perfecto para o Nadal
Nestas datas hai moitas ocasións especiais para xuntarse. Con EROSKI SELEQTIA conseguirás que os xantares e ceas do Nadal se tornen momentos inesquecibles nos que as receitas gourmet se fusionan coas mellores lembranzas.
EROSKI SELEQTIA
ofréceche unha gran variedade de produtos e receitas gourmet para celebrares o Nadal co mellor do mellor. Aperitivos, pratos principais ou sobremesas, cunha coidada selección de ingredientes, pensados para levares o mellor da gastronomía á túa mesa.
Con EROSKI SELEQTIA poderás facer das reunións familiares algo extraordinario. A calidade dos seus ingredientes permitirache mellorar as elaboracións e acadar un toque gourmet en todas as túas receitas, deleitando os teus convidados cun menú ao nivel dos mellores restaurantes.
fala ASICI para
Claves para elixir un bo Xamón Ibérico no Nadal
O Xamón Ibérico é un acompañante imprescindible nas mesas do Nadal de todo o mundo.
Un produto deste calibre ofrece un amplo abano de posibilidades culinarias para deixar este Nadal abraiados a familiares e amigos. Velaquí uns sinxelos consellos para que o teu Xamón Ibérico sexa o prato máis apetecible e agardado destas festas.
CÓMPRE REPARAR NO PRECINTO, ben sexa este da Norma de Calidade do Ibérico (co logotipo da Interprofesional do Porco Ibérico, ASICI) ou o dalgunha das catro Denominacións de Orixe Protexidas que existen en España (co logotipo de cadansúa DOP), e mais na súa cor, para coñecer que categoría de Xamón Ibérico estás a mercar.
OBSERVAR A SÚA APARIENCIA EXTERIOR
Comprobar que a peza sexa estilizada e teña unha cana moi fina.
A graxa debe ter unha tonalidade amarelenta e afundirse facilmente ao tacto.
As lascas emerxen cunha cor vermella intensa excepcional, en perfecto contraste co veteado propio da raza ibérica, que achega ese sabor, textura e aroma inconfundible.
GUÍA PARA UN ADECUADO CONSUMO
1Convén servilo a 24 ºC para intensificar o seu aroma e favorecer apreciar o seu sabor tan característico.
2As lascas deben ser homoxéneas e finas e servirse sobre un prato liso e branco, que permita que o Xamón Ibérico sexa o centro de atención.
3Ao rematar, cómpre conservar a peza nun lugar fresco e seco, afastado da luz solar, e protexelo cun pano de algodón.
ESCOLLER CON GARANTÍA
O sector Ibérico, a través de ASICI, apostou pola dixitalización para gañar fiabilidade, eficiencia e transparencia ante un consumidor cada vez máis esixente e informado. Froito deste esforzo é a app Ibérico, que permite consultar a trazabilidade das pezas e verificar que cumpren coa normativa. Abonda con enfocar o código de barras único e individual que figura no precinto de Norma de Calidade para acceder á información. Antes de mercar, non esquezas comprobar que leva un dos precintos que garanten que se trata dun produto Ibérico: negro, vermello, verde ou branco.
Xa podes descargar a app IBÉRICO. É gratuíta e está dispoñible para IOS e Android.
*A aplicación Ibérico non é válida para ler os precintos dos Xamóns Ibéricos amparados polas Denominacións de Orixe, xa que a trazabilidade e identificación desas pezas xestiónaas cadanseu Consello Regulador.Sempre con este logotipo! Precinto APP IBÉRICO*
Tartar de salmón afumado e pexego de Calanda con
crema de espárragos
45’ | Dificultade: media | 4 racións
Para o tartar
• 150 g de lombo de salmón afumado
• ½ pexego (en conserva) de Calanda
• Zume dunha lima
• 10 g de salsa Perrins
• 10 g de mostaza en pasta
• Sal e aceite
Para a crema de xemas de espárragos
• 150 g de xemas de espárragos
• 10 ml de viño branco
• 60 ml de nata
• Sal, noz moscada e aceite Para a maionesa de pementos
• 40 g de pementos do Piquillo cristal
• 1 ovo
• 120 ml de aceite de xirasol
• Sal
Acabado e presentación
• Brotes
ELABORACIÓN. Partir os lombos de salmón en cubos de 1 x 1 cm. Cortar o pexego de Calanda en cubos de ½ x ½ cm.
Nunha cunca, mesturar o zume de lima, a salsa Perrins, a mostaza e mais o aceite. Agregar o salmón e o pexego. Rectificar de sal e de aceite.
Nunha pota, quentar aceite e marcar as xemas de espárrago ben escorridas. Agregar o viño branco e deixar que evapore. Cociñar cinco minutos. Agregar a nata e relar a noz moscada ao gusto. Cociñar 10 minutos a lume medio. Triturar todo ata que quede unha crema ben fina e emulsionar cunha pequena cantidade de aceite.
Nun vaso de batedor triturar o ovo co sal e os pementos do Piquillo cristal. Incorporar o aceite de xirasol en fío fino ata que a maionesa quede ben emulsionada.
Rectificar de sal e reservar.
No centro do prato, colocar un aro metálico grande e outro máis pequeno dentro deste. Encher o espazo entre ambos os dous aros cunha fina capa de tartar de salmón. Retirar os aros e dispoñer os brotes aliñados. Botar a crema de espárrago no centro rodeada polo salmón.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha receita moi fresca e variada, que pode servir de entrante ou prato principal.
Propiedades nutricionais: malia a súa valoración NutriScore, posúe boas propiedades, como as do salmón (peixe azul) ou os espárragos. O que empeora a súa calidade nutricional é a graxa saturada e, sobre todo, o sal que contén o salmón afumado.
Truco: podemos escoller salmón afumado reducido ou baixo en sal e substituír a nata por leite evaporado para a crema de espárragos.
Redondo de tenreira recheo de olivas de Aragón, queixo de cabra e noces con emulsión de ‘foie’
4 h | Dificultade: alta | 4 porcións
Para o redondo de tenreira
• 400 g de carne picada de tenreira
• 2 ovos
• 60 g de olivas de Aragón
• 60 g de queixo de cabra semicurado
• 60 g de noces
• Sal, pementa e 5 g de comiño
• 5 g de tomiño seco e 5 g de romeu seco
Para a emulsión de foie
• 40 g de foie
• 75 g de nata para montar
• Sal e pementa
Para a salsa de galiña
• 250 g de galiña con óso
• ½ cebola, ½ cenoria e ¼ de porro
• 15 g de manteiga
Para a presentación
• Brotes
ELABORACIÓN. Mesturar a carne co ovo, as especias, o sal e a pementa. Picar o queixo en cubos de medio centímetro, picar as noces e cortar as olivas en rodas.
Dispoñer a carne entre dous papeis vexetais e estirala en forma de rectángulo ata un centímetro de grosor. Distribuír o queixo, as noces e as olivas sobre a carne e enrolar formando un cilindro. Retirar o papel vexetal e enfornar 20 minutos a 180 ºC.
Nun vaso de batedor, triturar o foie coa nata incorporando aire. Se se pretende manter a burbulla no empratado, cómpre facer a emulsión xusto antes de empratar.
Nunha pota, marcar a galiña ata que a pel quede ben dourada. Reservala e botar nesa mesma pota a cebola, a cenoria e o porro cortados en mirepoix (anacos de 2 cm irregulares). Refogar as verduras e incorporar a galiña. Cubrir con auga e deixar cocer tres horas coa pota destapada. Coar o caldo e reducir ata que estea espeso. Ligar o caldo engadindo cubos fríos de manteiga.
Servir un ou dous medallóns do redondo coa emulsión de foie arredor e unha cullerada xenerosa da salsa de galiña sobre a carne. Decorar cuns brotes aliñados.
COMENTARIO DIETÉTICO
Un prato ideal para unha comida ocasional. Aínda que require bastante elaboración, pódese preparar a salsa de galiña con algún día de antelación. Ademais, podemos facer nosa a receita enchendo o redondo de tenreira con outros queixos, froitos secos ou olivas.
Propiedades nutricionais: resulta unha preparación algo enerxética. Máis da metade das graxas proceden de alimentos con graxas saudables como o ovo, as olivas, o queixo ou as noces.
Sabías que? A oliva de Aragón é maioritariamente da variedade Empeltre. Cultívase no Val do Ebro e madura entre novembro e decembro, ata alcanzar a súa cor negra-púrpura.
Para o semifreddo de mandarina
• 50 g de marmelada de mandarina e cardamomo EROSKI SELEQTIA
• 15 g de azucre
• 2 ovos
• 50 g de nata para montar
• 15 g de galletas bretoas
• 10 g de manteiga
Para o xeado de iogur de cabra
• 125 g de iogur de leite de cabra
• 150 g de nata para montar
• 45 g de azucre
Para a escuma de ron
• 25 g de ron
• 100 g de nata para montar
• 10 g de azucre
• 3 grans de café
ELABORACIÓN. Triturar as galletas ata obter po. Fundir a manteiga e mesturala coas galletas.
Espallar a masa na base dun molde engraxado. Pódese facer nun molde grande ou en varios individuais. Reservar na neveira.
Separar as xemas das claras. Bater as xemas co azucre ata que dobren o volume. Incorporar a marmelada de mandarina con movementos envolventes.
Montar a nata e as claras por separado. Integrar a nata na crema de xemas e mandarina con movementos envolventes. Repetir a operación anterior coas claras. Dispoñer a masa sobre a base de galleta e conxelar.
Montar a nata a punto de neve. Mesturar o iogur co azucre. Incorporar a nata ao iogur con movementos envolventes.
Introducir no conxelador e ir removendo cada 30 minutos para que non cristalice o xeado.
Torrar os grans de café e engadir a nata. Levar a ebulición, incorporar o azucre e retirar do lume. Deixar infusionar media hora. Engadir o ron. Coar a mestura e introducir nun sifón. Cargar o sifón con dúas cargas de nitróxeno e reservar na neveira ata o intre de servir.
Dispoñer nun prato plano unha porción do semifreddo. Colocar ao seu carón unha cullerada de galleta
bretoa e dispoñer o xeado sobre esta. Dosificar un pouco de escuma de ron a carón do semifreddo.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha preparación chea de contrastes de sabor e textura e coa que poderemos experimentar diferentes técnicas culinarias. É unha receita de consumo ocasional, xa que é elevada en azucres, graxas, ácidos graxos saturados e, xa que logo, tamén en enerxía.
Apta para: dietas ovolactovexetarianas. Aínda que non é moita cantidade, contén alcohol, así que non será apta para pequenos nin para mulleres embarazadas ou en período de lactación.
‘Semifreddo’ de mandarina con base de galleta bretoa, xeado de iogur de cabra e escuma de ron1 h + conxelado | Dificultade: media | 4 racións
Samosas vexetais con hummus de lentellas
1 h |
Dificultade: media | 4 racións
Para a farsa vexetal
• 100 g de cebola
• 60 g de cenoria
• 40 g de espárragos verdes
• 5 g de garam masala
• 5 g de curry moído
• 5 g de comiño moído
• 5 g de xenxibre moído
• 200 ml de caldo de verduras
• Sal
• Aceite de oliva virxe extra (AOVE)
Para a masa fío
• 5 follas de masa fío
• AOVE
Para o hummus
• 200 g de lentellas pardinas en conserva EROSKI SELEQTIA
• Medio allo
• 20 g de sementes de sésamo
• 25 g de zume de limón
• 3 g de comiño moído
• 30 g de AOVE
• 10 g de auga
• Coandro fresco
• Sal
E ELLABORACIÓN. Limpamos e cortamos todas as verduras finamente. Mentres, nun cazo quentamos un pouco de aceite. Botamos as v veerduras no cazo seguindo esta orde: cenoria, c ceebola e espárragos. Engadimos as especias e s soofritímolas xunto coas verduras. Despois duns 1 10 0 minutos, engadimos o caldo e deixamos reeducir. Reservamos.
Espallar a masa fío nunha superficie plana. C Cor tar a masa en catro tiras e encher coa faar sa de xeito que quede pechada con forma tr iangular. Axudar cun pouco de aceite para p peechar os bordos. Reservar.
Lavar as lentellas cocidas e reservar. Torrar as sementes de sésamo lixeiramente sen que cheguen a queimarse. Introducir todos os in n ingredientes no vaso do batedor e tr iturar ata que quede unha pasta homoxénea e cunha t te e extura que nos permita untar.
D Dispoñer as samosas en bandexas de forno e c cociñalas a 200 ºC ata que estean douradas. P Presentar o hummus nunha cunca cun pouco d de AOVE, sementes de sésamo e coandro.
COMENTARIO DIETÉTICO
Esta preparación utilízase normalmente como aperitivo ou nunha cea a base de diversos pratos para petiscar. Admite unha morea de variantes, tanto para o recheo como para o acompañamento.
Propiedades nutricionais: neste caso, o recheo de verduras e o acompañamento de hummus de lentellas dan como resultado unha receita con boa calidade nutricional e moi completa, que se redondea co cociñado no forno no canto de con fritura. Achega proteína, graxas cardiosaudables, hidratos de carbono e fibra, e tamén calcio e ferro, aínda que non conteña nin lácteos nin carne.
Sabías que? As samosas son unha especie de empanadillas triangulares, aínda que pode variar a forma en función do país onde se preparen. Adóitanse acompañar dalgún tipo de untable.
Apta para: dietas veganas.
Ñoquis de pataca con salsa de tomate e alfábega con ‘carpaccio’ de cogomelos
30’ | Dificultade: doado | 4 porcións
• 500 g de ñoquis veganos
• 200 g de tomate natural en conserva
• 30 g de alfábega fresca
• 2 dentes de allo
• Sal e aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• 200 g de cogomelos de tempada
ELABORACIÓN. Ferver os ñoquis o tempo indicado no envase con abundante auga e sal. Escorrer e reservar.
Cociñar o tomate a lume lento nun cazo cun pouco de aceite e mais o allo. Así que estea feito, engadir a alfábega en anacos irregulares. Sazonar ao gusto. Limpar os cogomelos de restos de terra cun papel húmido. Laminar finamente cun coitelo ou cunha mandolina. Reservar.
Mesturar os ñoquis de pataca coa salsa. Empratar nun prato fondo.
Colocar o carpaccio cubrindo a elaboración e acabar cun chisco de sal e aceite de oliva.
COMENTARIO DIETÉTICO
Un primeiro prato cun bo perfil nutricional e un xeito orixinal de incluír patacas e cogomelos. Propiedades nutricionais: a pataca, aínda que se inclúe cos cereais á hora de establecer recomendacións, contén máis cantidade de auga e, polo tanto, unha menor concentración de nutrientes. Pero os nutrientes que achega si son semellantes aos dos cereais, aínda que en menor cantidade: hidratos de carbono e un pouco de proteína e fibra. Truco: podemos enriquecer o prato facendo unha boloñesa vegana ou engadindo tomate seco. Apta para: dietas veganas.
Arroz con leite e ‘crumble veggie’
Para o arroz con leite • 500 ml de bebida de arroz • 50 g de arroz bomba • 30 g de azucre • Reladura de limón e de laranxa • Anís estrelado • Canela Para o crocante • 25 g de fariña • 25 g de margarina vegana
25 g de azucre moreno
ELABORACIÓN. Nunha pota poñer a bebida de arroz, o arroz, o azucre e aromáticos ao gusto. Cociñar a lume suave uns 45 minutos aproximadamente, ata que o arroz estea feito, pero non pasado. Retirar os aromáticos e reservar.
Nunha cunca, mesturar os ingredientes para o crocante ata acadar unha masa homoxénea. Nunha bandexa de forno forrada con papel de forno, estirar a masa nun grosor de medio centímetro. Enfornar a 180 ºC ata que se torre e adquira unha cor dourada caramelo.
Dispoñer nunha cunca o arroz e decoralo cun pouco de crocante.
COMENTARIO DIETÉTICO
Trátase dunha versión vegana do clásico arroz con leite. Neste caso, unha sobremesa para gozar de xeito ocasional.
Propiedades nutricionais: achegará sobre todo hidratos de carbono e azucres, as mesmas propiedades ca o arroz, máis o azucre que se engade. As graxas proveñen case na súa totalidade da margarina vegana, que contén unha alta proporción de aceite de coco.
Truco: se se prescinde do crocante e se acompaña de froitos vermellos ou arandos, a calidade nutricional mellora substancialmente.
este mes
‘Pancakes’ salgados de coliflor CON QUEIXO
8 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 1 HORAPARA OS ‘PANCAKES’
1 dente de allo e ½ ceboliña 200 g de coliflor 100 g de queixo crema 150 ml de leite 1 ovo 150 g de fariña integral 6 g de lévedo 15 ml de aceite de oliva
PARA A CREMA DE QUEIXOS
20 g de queixo a elixir, 20 g de queixo feta e 20 g de queixo de cabra 50 ml de leite
PARA DECORAR
Chícharos, olivas e cenorias
PASO 1
Picar o allo, a ceboliña e a coliflor e reservar. Bater o queixo crema, o leite, o ovo, a fariña e o lévedo co batedor ata acadar unha masa lisa e homoxénea. Mesturar coas verduras picadas utilizando unha lingua para repartilas ben por toda a masa.
PASO 2
Engadir un pouco de aceite nunha tixola, espallar cun pincel e quentar a lume medio. Botar masa ata obter dous tamaños de pancakes: un que será o corpo do boneco e outro para a cabeza.
PASO 3
Cociñar ata que saian burbullas, virar e deixar que se faga polo outro lado. Repetir o proceso ata rematar a masa.
PASO 4
r.
PASO 5
Preparar a crema batendo os tres queixos co leite ata obter unha crema homoxénea e reservar. Formar o boneco de neve cos Estender a crema de queixo por riba. Engadir tres chícharos a xeito de botóns, olivas como ollos e boca e un cachiño de cenoria como nariz.
eve cos pancakes. eixo to de botóns, achiño
COMENTARIO DIETÉTICO
Estes pancakes a base de verdura son unha boa opción para que os peques participen na cociña. Seguro que, coa súa imaxinación, se lles ocorren multitude de posibles variantes. Os ingredientes cos que se preparan fan que a súa calidade nutricional sexa boa. A graxa saturada provén dos queixos e non ten os efectos prexudiciais doutros ácidos graxos saturados.
5 XESTOS PARA Brillar este Nadal
Os días previos ás celebración adoitan estar cargados de compromisos: ceas, reencontros con familiares e amigos, compras, etc. Se a isto engadimos que os máis de nós continuamos a traballar ao ritmo habitual, atopámonos con que non sempre é doado chegar a todo.
A nosa pel nótao e reséntese: preséntase máis apagada, sen brillo e máis seca. Ademais, nestas datas durmimos menos e permitímonos máis excesos, hábitos que poden ter consecuencias negativas para a pel.
Por iso, é importante non descoidarmos a nosa rutina de beleza e coidado e é imprescindible un plan de choque que minimice os efectos do estrés e que axude a pel a se recuperar.
Propoñémosche cinco sinxelos xestos de beleza para encarar estas datas lucindo unha pel resplandecente sen inverter moito tempo nin cartos.
Acompáñasnos?
1Limpeza en profundidade
É o primeiro paso para acadar unha pel bonita, luminosa e saudable e para favorecer a acción dos cosméticos que aplicamos despois.
MÁSCARA ARXILA E TÉ VERDE
Combina a acción de ingredientes de orixe natural (arxila caolín, té verde e carbón activo), para conseguir un rostro limpo, radiante, de aspecto liso e libre de impurezas.
Nova gama facial ecodeseñada, máis respectuosa co medio natural: tubos fabricados con plástico 50% reciclado e estoxos con cartón 100% procedente de fontes responsables, con certifi cación FSC
EXFOLIANTE FACIAL DE NOZ E CEDRO XAPONÉS
Purifi ca os poros e restaura a textura da pel para lograr unha cute renovada, máis homoxénea e luminosa.
Conta atrás para o Nadal: está a túa pel preparada para gozar e marabillar nestas festas?beleza
Tratamento intensivo
Para contrarrestar os efectos no rostro dos excesos do Nadal, nada como utilizar produtos concentrados en activos de acción reparadora.
2AMPOLAS FACIAIS
PRO CELLULAR Fórmula concentrada apta para todo tipo de peles, que traballa no rexuvenecemento e na reparación da pel. Pódese utilizar acotío como alternativa ao sérum ou como tratamento de choque intensivo.
A P F c p p n e d u a o d
Hidratar e iluminar
Complementar a rutina diaria con máscaras é un remedio rápido e eficaz cando a pel se amosa seca, tirante e apagada. Son ideais para contrarrestar os signos do cansazo.
MÁSCARA NIACINAMIDA E LAVANDA
Combina as propiedades da niacinamida, o ácido hialurónico e o extracto de lavanda para conseguir un rostro hidratado, luminoso, suave e fi rme. Podes deixala actuar 15 minutos e retirar o exceso con auga morna ou mantela durante toda a noite.
Mima a
túa olladaa
M tú
O contorno dos ollosé a zona máis delicada do rostro e a súa fi na pel require de produtos específicos.
CONTORNO DE OLLOS PROFIRM
CONTOR NO D PRO FIR
O c zon rostr r prod OLLO
De textura sedosa e absorción ultrarrápida, achega tres benefi cios: revitaliza, hidrata e repara en profundidade combatendo bolsas, olleiras e engurras para unha ollada rexuvenecida e descansada. Oftalmoloxicamente testado.
Produtos dermatoloxicamente testados para garantir a boa compatibilidade cutánea
Non esquezas o corpo
Xeralmente esquecido durante o inverno, para manter a pel cun aspecto saudable e bonito é imprescindible ser constante e non esquecer a hidratación cotiá.
ACEITE REPARADOR
Combina seis aceites preciosos con extracto de chispa asiática nunha textura ultralixeira e non graxa. Hidrata, nutre, ilumina, rexenera, suaviza e combate estrías e cicatrices. Apto para corpo e rostro.
Este Nadal REGALA ILUSIÓN E SORRISOS
Se buscas algo diferente e orixinal para regalar este Nadal, non dubides en preguntar na nosa sección de perfumería, onde te axudaremos a atopar colonias, packs, maquillaxes, etc. Acertarás, seguro! packs, maq uillaxes, etc. Ace
FRAGRANCIAS
Perfumes para regalar e regalarte. Dende as fragrancias máis frescas e cítricas a outras doces e amadeiradas. Na nosa sección de perfumería atoparás as últimas novidades de todas as marcas.
COLONIA DON ALGODÓN
Unha colonia con aroma xuvenil e desenfadado. Perfecta para utilizar tras o baño.
THE MOST SEXY PARTY PACHÁ IBIZA
Unha fragrancia sedutora, sen límites, cun fresco aroma fl oral e afroitado, nun estoxo que contén eau de toilette en spray e loción corporal.
AUGAS Nº 3
VICTORIO & LUCCHINO
As augas de Victorio & Lucchino son unha colección auténtica que escolle a auga como elemento esencial xunto con aromas de calidade, dando como resultado unha explosión de vida moi especial.
TITANIO HOMME ÁLVAREZ GÓMEZ
MAQUILLAXE
Temos unha gran gama de maquillaxes para estes días especiais. Na nosa perfumería atoparás unha selección de tons acordes coas tendencias da tempada.
COLONIA VIRALBLUE NIKE
Unha fragrancia con forza e personalidade. O estoxo contén colonia, xel de baño e after shave.
CO NI U n for co aftMALETA PIN UP MAGIC STUDIO
Un maletín que contén todo o necesario: sombras, labiais, esmaltes, coloretes, brochas, etc. Para levalo sempre contigo onde o precises.
Fragrancia de cabaleiro con notas mariñas e cítricas que fan un perfume sensual e distinguido.
‘PACKS’
Os teus produtos favoritos nos packs que nunca fallan! Elixe a túa marca e, xunto cunha selección de artigos de beleza e hixiene, terás un neceser de regalo para levárelos sempre contigo.
NECESER RUTINA ANTIIDADE GARNIER BIO
Contén unha crema de día reafi rmante con aceite de lavanda ecolóxico e ácido hialurónico e un aceite de rostro reafi rmante.
NECESER COIDADO COMPLETO NIVEA
Neceser de coidado completo para unha pel hidratada e suave. Inclúe loción corporal, crema de mans, desodorizante, bálsamo labial e crema hidratante Nivea Soft Valo perder? Coida a túa pel con Nivea!
NECESER BRILLOS DOVE
Comeza o día cunha pel máis saudable, máis protexida e revitalizada con estes produtos especialmente pensados para o seu coidado. Inclúe: dous xeles de ducha, dous desodorizantes, loción corporal e pastilla de xabón.
NECESER DARK TEMPTATION AXE
Neste set de baño atoparás as mellores fragrancias para estares sempre listo para a acción, sen importar cal sexa a ocasión. Inclúe: bodyspray, xel de ducha e aftershave.
NECESER MEN GYM NIVEA MEN
Neceser masculino perfecto para o ximnasio. Inclúe xel de ducha, xampú, desodorizante e crema hidratante Nivea Men Creme. A enerxía que precisas!
CARTEIRA PEQUENA SAFARI
MAGIC STUDIO
Contén 21 sombras de ollos en tons neutros e coloridos con acabado brillo e mate, cinco pos compactos e tres labiais.
SET DE MAQUILLAXE
COLORFUL METAL MAGIC STUDIO Práctico set de maquillaxe que contén 16 sombras, unha barra de labios e un esmalte de unllas en tons vermellos.
SET DE MAQUILLAXE
ROSE GOLD
MAGIC STUDIO
Inclúe unha máscara de pestanas, eyeliner, brillo labial e esmalte de unllas en tons rosáceos.
BELEZA PARA REGALAR
Atopa toda unha experiencia sensorial en cada un destes packs e cestas: cremas de mans, produtos de coidado corporal, xeles de baño, etc.
BAÑEIRA SCENTED BRONZE
IDC
INSTITUTE
Contén un xel de baño, unha loción corporal, unha crema de mans e unha bomba de baño con aroma a laranxa e madeira de cedro. Todo iso, nunha orixinal bañeira.
BEAUTY GARDEN
IDC INSTITUTE
Leva este bonito neceser fl oral a todas as túas viaxes. Contén un xel de ducha, unha loción corporal e un xampú.
SCENTED GOLD GAIOLA
IDC INSTITUTE
Set de baño con aroma a mandarina e pomelo composto polos produtos esenciais para gozar dun día de spa na casa: xel de baño, crema corporal, exfoliante corporal, escuma de baño e esponxa.
SET DE BAÑO GOURMANDS
IDC INSTITUTE
Ideal para os amantes dos doces. Contén un xel de baño con aroma a galletas, unha loción corporal con aroma a pastel de queixo, un exfoliante corporal con aroma a macaron e escuma de baño con aroma a pastel.
CESTA PURE VEGAN
IDC INSTITUTE
Caixa de vimbio reutilizable da liña Pure Vegan. Inclúe un xel de baño, unha loción corporal, un xabón sólido, confeti e dúas bombas de baño e unha toalla.
SET DE BAÑO ALOE VERA
IDC INSTITUTE
Caixa de madeira con cinco produtos corporais con aroma a aloe vera: xel de baño, loción corporal, spray hidratante, xabón de mans e esponxa.
Asolidariedade cómpre cultivala durante todo o ano. Pero o Nadal bríndanos unha excelente ocasión para axudar e para pór un sorriso no rostro daqueles que peor o están a pasar. Nestas datas, os Bancos de Alimentos asociados a Fesbal e entidades como Cáritas, Cruz Vermella, Cociña Económica da Coruña ou o Instituto Benéfi co Social Padre Rubinos convértense no sustento de moitas familias e o seu traballo para recoller e distribuír comidas e produtos básicos é máis necesario ca
nunca. Por iso, nestes momentos tan especiais, nos que a ilusión brilla con luz propia e na tenda buscamos todo o necesario para gozar en familia, non podemos esquecer compartir cos que máis o necesitan.
entos si ó n e n d a o p ara mos emáis
Non fai falta moito. Un simple xesto, como doar uns céntimos ao paso por caixa, pode marcar a diferenza e axudar ás organizacións benéfi cas do teu contorno máis próximo para que sigan a repartir eses produtos de primeira necesidade entre as familias máis vulnerables.
UN PEQUENO XESTO que vale un sorriso 3.000.000
1.100 FAMILIAS de comidas para
Coma sempre, dende EROSKI complementamos as doazóns dos nosos clientes cunha achega adicional, que se suma aos máis de 7.500.000 euros cos que contribuímos anualmente a distintas causas de solidariedade e acción social.
Porque moitos pequenos xestos poden supoñer grandes cambios!
Dálle na caixa SI
fala Remington para
BOTANICALS REMINGTONUnha colección que se inspira na botánica
A nova colección Botanicals Remington namorará aos fans dos produtos orgánicos e naturais, xa que a súa cerámica conta con microacondicionadores enriquecidos con aloe vera, xoxoba e rosa.
Acolección Botanicals de Remington é dunha preciosa cor verde pastel, con debuxos de follas de inspiración natural. A súa cerámica avanzada está enriquecida con aloe vera, xoxoba e extracto de rosa, que lle proporcionan un acabado saudable e brillante ao cabelo. Ademais, ofrece o axuste BotaniCare, que axuda a protexer o pelo grazas a unha temperatura máis baixa. Para sermos exactos, de 185 ºC, que é a idónea para o modelado do cabelo.
O secador ten un potente motor (AC 2300 W) cun refacho de aire de 130 km/h, con tres temperaturas
e dúas velocidades, e engade acondicionamento iónico para acadar resultados brillantes e sen encrespamento. Ademais, o seu refacho de aire frío permite fixar os peiteados e conta con concentrador e difusor.
A prancha ten placas flotantes e extralongas cun deseño curvo, que permiten alisar e tamén facer ondas. Por mor do seu control de temperatura dixital pode alisar o pelo nun dos nove axustes (150-230 ºC).
Para unha total seguridade, apágase automaticamente logo de 60 minutos.
O rizador de forma cónica (de 13 a 25 mm) axuda a crear rizos defi nidos e sen esforzo grazas aos s eus nove axustes de temperatura (130 a 210 ºC) e a un quecemento ultrarrápido en 30 segundos. E non só iso, ten punta fría de seguridade e unha luva e unha funda para gardar a ferramenta, co que se ofrece unha experiencia de peiteado única.
Descubre máis en: www.remington.es
Este Nadal, EROSKI club reparte milleiros de agasallos entre os seus socios. Só cómpre que te achegues a un centro que teñas preto, realizar unha compra e, ao pasares por caixa, poderache tocar un vale con produtos de EROSKI ou con produtos Travel Club gratis. Ademais, poderás obter participacións para un gran sorteo no que as túas compras do 2023 che poden saír gratis (1) .
Queres saber que che pode tocar?
Produtos gratis da nosa marca EROSKI para non che faltar de nada na mesa este Nadal. Todos perfectos para degustar neste época do ano!
Magníficos regalos do Catálogo Travel Club, como unha balanza personalizada da marca Kukuxumuxu, un práctico cargador de parede con USB ou un enchufe-cubo. Hai milleiros de vales gratis que están a agardar por ti.
Este Nadal temos milleiros de agasallos Gran sorteo
As túas compras do 2023, gratis
GRAN SORTEO
As túas compras do 2023
gratis
(1) Promoción válida do 01/12/2022 ao 06/01/2023. Consulta máis información en eros.ki/navidad-club
Temos un gran sorteo do club no que vas querer participar seguro, xa que poderás obter gratis as túas compras do 2023. Só por mercares en EROSKI este Nadal obterás participacións para o sorteo automaticamente. Saberalo porque che daremos un vale ao pasares por caixa no
que te informaremos de que entraches no sorteo.
Ademais, a partir do 19 do decembro, se entras no apartado “descubre xogando” da nosa app poderás obter máis participacións e ingresos directos na túa tarxeta moedeiro. Poderás participar por cada 30€ de compra en EROSKI.
Sorteo de encargas de Nadal
Fai a túa encarga este Nadal nas nosas tendas e participarás nun sorteo de 50 premios valorados en 100€. Ao teu gusto, sen colas e na túa tenda habitual. Elixe día e hora de recollida.
(1) Consulta as condicións da promoción en: https://www.eroski.es/sorteo-encargos/
Queremos que goces este Nadal como mereces e que as túas compras coa tarxeta de pagamento EROSKI club sexan o máis cómodas e doadas posible.
Ofrecémosche varias posibilidades de financiamento (2) para as túas compras en EROSKI, dende 90€. Solicítao ao pasares por caixa, porque é rápido, sinxelo e sen papelames.
Tamén dispós de cotas de ata 48 meses para as túas compras en electrodomésticos, bazar, téxtil e nas nosas oficinas de Viaxes EROSKI.
Consulta todas as opcións na web ou co noso persoal. Estaremos encantados de te atender.
Máis vantaxes por seres socio
Levámoste a Disneyland París
Para rematar ben o ano, EROSKI club sortea unha viaxe para toda a familia. Se es do Plan Familias 0·12, apúntate ao sorteo e goza dunha experiencia máxica en Disneyland París (1)
O sorteo inclúe: A viaxe a París durante catro días. Estadía no hotel Disney Newport Bay Club. Catro días de entrada a Eurodisney. Unha experiencia única e inesquecible.
Consegue un aforro adicional en xoguetes e outros agasallos
Por seres do Plan Familias 0·12, entre o 4 de novembro e o 6 de xaneiro tes un 5% de aforro en xoguetes en hipermercados EROSKI (1). Ademais, podes
5% de aforro en xoguetes
aforrar en máis de 80 marcas de tecnoloxía, moda, regalos, fogar e lecer, que atoparás no apartado Máis promocións en: eros.ki/mas-promociones.
Máis promocións
Para un Nadal con máis ilusión e aforro
Descubre un destino fascinante
E acumula cartos na túa tarxeta EROSKI club!
Exipto, o destino soñado por calquera viaxeiro inquedo. Un lugar cheo de enigmas, historia e lendas. Prepárate para unha viaxe no tempo, que se converterá en moito máis ca unhas vacacións se reservas con Viaxes EROSKI e aproveitas as vantaxes que che ofrecemos.
LUXOR
É a cidade na que se concentra o maior número de monumentos de Exipto. Entre os máis salientables atópanse o Templo de Luxor, o Templo de Karnak, o Val dos Reis e o das Raíñas e os Colosos de Memnón.
'Tips' para
O CAIRO
A capital e cidade máis importante do país é o punto de partida dunha viaxe pola historia. O tempo necesario para coñecer O Cairo son tres días, nos que poderás visitar lugares imprescindibles, como as pirámides de Guiza, os seus museos, a Cidadela ou o Barrio Copto.
viaxeiros
Non se debe beber auga que non sexa embotellada e convén levar unha pequena botica de primeiros auxilios.
Regatea o que poidas e deixa o trato claro antes de facer unha compra ou usar calquera servizo (un traxecto en taxi ou carruaxe, por exemplo).
En Exipto é costume pedir propinas, polo que, se non a queres dar, non aceptes ningún detalle ou xesto.
Non é precisa vacina ningunha para entrar no país.
Non necesitas ningún adaptador para o enchufe, polo que sempre nos poderás enviar as túas fotos para a nosa comunidade viaxeira co hashtag #viajeroskis ou mención @viajeseroski.
ASUÁN
súa presa e mais por ser o lugar de partida para visitar o Templo de Abu Simbel.
MAR VERMELLO
CRUCEIRO POLO NILO
Unha viaxe a Exipto non podería estar completa sen realizar un cruceiro polo Nilo, unha experiencia que nunca se esquece. As motonaves, como se coñecen estes barcos, navegan dende Luxor ata Asuán e realizan paradas nas beiras do Nilo que permiten visitar os templos máis importantes do país. Trátase de cruceiros fluviais, moi distintos en tamaño e en equipación aos grandes buques dos cruceiros marítimos. Unha experiencia única e imprescindible en calquera viaxe a Exipto.
Localizado no Océano Índico, entre África e Asia, o mar Vermello é un auténtico agasallo da natureza, un paraíso de augas claras e cálidas bañadas polo sol, que cada ano elixen numerosos turistas para convertelo no seu destino de vacacións.
Por mor da escasa variación térmica das súas augas ao longo do ano, e de que se trata do mar máis cálido do mundo, é o fogar de numerosas especies animais e vexetais que non se poden atopar en ningún outro sitio, polo que é un destino top para a práctica do mergullo.
noticias
Impulsamos a venda de ovos ecolóxicos Mater en Baleares
Asinamos un acordo coa organización Mater no que nos comprometemos a aumentar as vendas dos ovos frescos ecolóxicos que produce no agro de Can Boqueta (Inca, Mallorca). Esta entidade sen ánimo de lucro traballa nas Illas Baleares dende 1964 e dedícase á atención integral de persoas con diversidade funcional.
A fi nalidade desta colaboración é contribuír ao gran labor que Mater leva a cabo para facilitar a inserción social e laboral e mais o desenvolvemento do día a día das persoas con diversidade funcional e as súas familias. Neste sentido, o convenio abre a porta a establecer novas vías de
colaboración alén da propia venda dos ovos, que reafi rmen o compromiso de ambas as dúas partes co produto local, a sustentabilidade e a inclusión social deste colectivo vulnerable.
Grazas a este acordo, a venda dunha boa parte dos ovos ecolóxicos producidos na granxa de Mater está garantida, e lógrase así un dobre benefi cio: facilitar a obtención de recursos económicos para os fi ns sociais da organización mallorquina e mais facerlles chegar aos clientes de EROSKI nas Illas Baleares un produto ecolóxico de gran calidade, obtido baixo os parámetros do respecto polo medio natural e polo benestar animal.
Premio EROSKI á traxectoria do provedor zaragozano Gil & Pallares
Os pequenos produtores que enchen as tendas cos seus produtos traballan acotío como o fixeron xeracións anteriores para nos achegaren o mellor da terra. Os seus produtos son cada vez máis saudables e sostibles e en EROSKI querémolos apoiar e recoñecer o seu traballo e esforzo cotián para nos ofreceren o mellor.
Por iso, outorgámoslle o premio de recoñecemento e traxectoria ao produtor aragonés Gil & Pallares. O acto de entrega tivo lugar en Zaragoza, durante a Feira de Produto Local, organizada xunto cunha vintena de provedores rexionais de Aragón para dar a coñecer e poñer en valor as características do produto local e promover o seu consumo.
A colaboración de EROSKI con Gil & Pallares iniciouse hai 20 anos. Dedicado ao sector hortícola, a súa produción conta coa certificación en sustentabilidade GLOBAL G.A.P.