www.eroski.es
#43
febreiro’19 - 1 EURO
CÍTRICOS EROSKI NATUR
Naturalmente mellores BELEZA Xeles en escuma belle: baño de sensacións
PROTAGONISTAS É tempada de Skrei, un peixe único na súa especie
NA TENDA CONTIGO Novas bolsas como alternativa ás de plástico
EROSKI 43 CAMPURRIANAS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
13:43
sumario www.eroski.es
febreiro’2019
08 é tempo de... Frescos EROSKI Natur: máis naturais e responsables.
18 protagonistas EROSKI Comeza a tempada de Skrei EROSKI Natur, un peixe único.
22 o escaparate Produtos SELEQTIA para lles dares un toque gourmet aos teus platos: Parmigiano Reggiano e flor de sal de Camargue.
30 na tenda contigo Presentámosche as nosas novas bolsas fabricadas con materiais máis respectuosos co medio natural.
32 pola túa saúde Conservas vexetais: fáciles de utilizar e con todas as propiedades das verduras frescas.
36 aforra con EROSKI Aposta polos legumes, un produto económico, versátil e moi saudable.
08
40 enerxía para medrar Para que os pequenos da casa coman de xeito máis equilibrado, aprende que é e como se utiliza o Nutriprato de Nestlé.
44 beleza Presentámosche os nosos novos xeles de ducha e xampú seco.
49 vales aforro EROSKI club Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro EROSKI club.
30
36
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
52 noticias corporativas O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.
3
003 SUMARIO GAL.indd 3
22/1/19 20:03
este mes... febreiro’19
www.eroski.es
#43
febreiro’19 - 1 EURO
“Seguimos a traballar no que aos clientes vos importa de verdade. Ofrecemos frescos máis sostibles e produtos respectuosos co medio natural”
Inclúe vales aforro Búscaos na páxina 49
CÍTRICOS EROSKI NATUR
Itxaso Cuesta — Responsable EROSKI club
Naturalmente mellores BELEZA Xeles en escuma belle: baño de sensacións
PROTAGONISTAS É tempada de Skrei, un peixe único na súa especie
NA TENDA CONTIGO Novas bolsas como alternativa ás de plástico
001 PORTADA CITRICOS GAL.indd 1
Por un consumo máis responsable
E
n EROSKI coidamos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable. Esta convicción recóllese nos 10 compromisos pola saúde e a sustentabilidade que lanzamos o ano pasado e márcanos o camiño que hai que seguir. Este ano retomamos o traballo e seguimos a avanzar no que aos clientes vos importa de verdade, como ofrecer uns frescos máis sostibles. Para iso, velamos porque todos os procesos -dende a produción ata as operacións na tenda, pasando pola transformación e manipulación- sexan o máis responsables posible. Isto inclúe o fomento de gamas ecolóxicas, a erradicación de tratamentos fitosanitarios, a certificación das nosas peixerías, o control do uso de antibióticos ou a incorporación de prácticas que garantan o benestar animal.
Amais de ofrecer produtos máis respectuosos co medio natural, en EROSKI damos un paso máis no fomento da reutilización e na redución do uso de bolsas de plástico. Somos conscientes do problema ambiental que xeran as bolsas, por iso levamos varios anos a traballar por un uso responsable delas. De agora en diante, amais de facilitarmos o acceso a bolsas reutilizables, poremos á vosa disposición unha nova gama fabricada con materiais alternativos ao plástico convencional e adaptada ás vosas necesidades cotiás como consumidores.
22/1/19 20:02
Edición #43 febreiro‘19
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel. +34 946 211 211 REALIZACIÓN EDICIÓN
Valentín Beato, 44 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104 Difusión controlada por OJD Publicidade Antonio García Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel. +34 943 344 614 Depósito Legal BI-222-2015
Mellor servizo de atención ao cliente por sétimo ano consecutivo
Cumprimos 22 anos colaborando con Banco de alimentos
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.
Eroski club Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefi res, rexístrate en
www.eroski.es e descubre todas as vantaxes
4
004 EDITORIAL GAL.indd 4
22/1/19 20:06
EROSKI 43 DANONE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
13:29
PROBA A NOSA GAMA
Pasta para todos os gustos
A
pasta é un dos alimentos máis versátiles e económicos. Combina ben con todo tipo de salsas e ingredientes, como carne, peixe, marisco ou verdura, o que permite preparar innumerables receitas cheas de sabor e de cor. En EROSKI dispoñemos dunha gran variedade de pasta (macarróns, tiburóns, tallaríns, etc.) elaborada a partir de sémola de trigo duro. Tamén a atoparás con ingredientes engadidos como ovo, verduras e hortalizas (espinacas, cenorias ou tomates) ou enriquecida cunha achega maior de fibra.
E se prefires cociñar lasaña ou canelóns, na nosa gama tamén dispoñemos de placas para preparar estes pratos tan tradicionais da gastronomía italiana. Elabóranse nese país e están xa precocidas,
co que gañarás tempo na cociña. Simplemente terás que enchelas cos teus ingredientes preferidos: dende a tradicional carne con bechamel ata champiñóns, queixo, polo, verduras, atún... Ti decides!
6
006-007 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 6
22/1/19 20:07
para abrir boca
CHOCOLATE CON LEITE EROSKI
Aínda máis cremoso
C
alquera momento do día é bo para tomar unha barra de chocolate. Proba a receita mellorada do noso chocolate con leite EROSKI con améndoas e o irresistible sabor do noso chocolate con leite e abelás. O seu sabor e textura deixarante abraiado.
TÉS E INFUSIÓNS EROSKI
A calquera hora
O
s tés e as infusións están cada vez máis presentes no noso día a día. Para comezar ben a mañá ou relaxarse pola noite, non hai nada mellor ca unha cunca quente dalgunha das nosas variedades de té verde e vermello e infusións relaxante e dixestiva. Agora, estrean un novo estoxo para unha apertura máis doada e cómoda e, ademais, eliminamos o
filme envolvente de cada paquete, reducindo o plástico utilizado e protexendo así o medio natural.
SALSAS KÉTCHUP
O acompañante perfecto
S
ímbolo da cociña americana, o kétchup converteuse nun dos acompañamentos de carnes e
frituras máis populares. En EROSKI dispoñemos de tres variedades de salsas kétchup das marcas Sannia e Basic e picante. Todas están elaboradas con tomates procedentes de Estremadura, colleitados nas veigas do Guadiana por agricultores que achegan a súa experiencia e coñecemento da terra para acadaren un froito de gran calidade cun sabor único.
ARROZ ECOLÓXICO
Coidando de todos
O
arroz é un dos cereais máis consumidos do mundo e conta cunha ampla gama de variedades. En EROSKI dispoñemos de arroces de diferentes tipos e orixes, entre eles un ecolóxico de orixe valenciana cultivado sen empregar fertilizantes nin pesticidas, respectando o máximo equilibrio natural da zona. Trátase dun arroz de gran medio, que cumpre cos máis altos estándares de calidade por mor da súa coidada elaboración e dun proceso produtivo de selección gran a gran. Está recomendado en especial para a elaboración de pratos tradicionais valencianos. Tamén o distinguirás polo selo de agricultura ecolóxica, que certifica que se trata dun arroz cultivado segundo métodos que respectan o medio natural.
7
006-007 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 7
22/1/19 20:07
é tempo de...
Comprometidos coa saúde e a sustentabilidade
Por unha alimentación máis natural Alimentarse de xeito máis natural é mellor para o medio natural e para todos. Por iso, convén elixir alimentos cun uso racional dos tratamentos que afectan negativamente á nosa saúde e á contorna. Por estarmos comprometidos coa saúde e coa sustentabilidade, en EROSKI promovemos a través dos nosos produtos unha alimentación máis natural e responsable.
8
008-009 ES TIEMPO DE PARTE 01 A GAL.indd 8
22/1/19 20:09
O
ano pasado publicamos dez compromisos pola saúde e a sustentabilidade que marcarán o camiño que imos seguir e, entre eles, atópase a promoción dunha alimentación máis responsable coa sociedade e co medio natural. Traballamos acotío para cumprir ese obxectivo velando porque todos os procesos aos que se someten os produtos que vos ofrecemos nas nosas tendas sexan o máis sustentables posible: desde a orixe, apostando por produtos locais que impulsen económica e socialmente as áreas agrícolas e gandeiras, ata as operacións na tenda. Promovemos os produtos ecolóxicos e os procedentes
de procesos de produción máis sustentables. Isto inclúe a erradicación de tratamentos funxicidas e pesticidas poscolleita nos nosos cítricos Natur; a certificación MSC e GGN en peixe salvaxe e de acuicultura Natur, que garanten que se pescaron e criaron dun xeito respectuoso co mar e coas especies que viven nel; o control do uso de antibióticos ou a incorporación de prácticas que garantan o benestar animal nas carnes Natur. MENOS ANTIBIÓTICOS Un dos eixos nos que estamos a traballar é na redución e control do uso de antibióticos en animais, xa que coidamos que é clave para a nosa seguridade. O abuso e o seu uso indebido en animais e humanos está a contribuír ao aumento da resistencia de virus e bacterias e, xa que logo, ao incremento de riscos para a nosa saúde. En EROSKI comprometémonos a reducir o uso de antibióticos e, no caso de que cumpra utilizalos, a facelo de maneira controlada e limitada, e sempre baixo supervisión facultativa, de xeito que garantamos a ausencia de residuos antibióticos nos nosos produtos. De feito, ningún cárnico á venda ten antibióticos. Como marca a lei, no caso de que o animal fose tratado, os antibióticos non poden pasar ao ser humano porque debe transcorrer tempo abondo para ser eliminado antes do seu consumo. Os produtos da nosa marca EROSKI Natur teñen aínda unha maior esixencia ca a establecida pola lei. No ternasco e no porcino Natur temos uns períodos de supresión de antibióticos superiores aos que marca a lei. E no caso do noso polo Natur, seleccionamos só os que se criaron sen antibióticos. SUSTENTABILIDADE EN TODA A CADEA Amais de ofrecermos carnes nas que se reduce o uso de antibióticos,
nas nosas tendas tamén atoparedes cítricos da marca EROSKI Natur que non recibiron ningún tratamento funxicida tras a súa colleita. Dentro do noso obxectivo de ofrecermos produtos frescos cada vez máis responsables co medio natural, amais de eliminarmos os tratamentos funxicidas poscolleita, estamos a avanzar na implantación de procesos de produción integrada en agricultura -un sistema que utiliza prácticas compatibles coa protección e mellora do medio natural, os recursos naturais, a diversidade xenética e a conservación do solo e a paisaxe- e na sinatura de convenios que avalen e certifiquen todos estes compromisos que tomamos en EROSKI para ofrecer produtos máis sustentables. AMPLA OFERTA DE ECOLÓXICOS Para rematar, outro dos eixos deste compromiso son os produtos ecolóxicos. Hoxe en día, temos dispoñibles nas nosas tendas máis de 1.000 produtos ecolóxicos, entre os que destacan as gamas de froitas e hortalizas frescas, os lácteos, aceites e conservas. Ofrecemos así máis opcións e seguimos a traballar co obxectivo de cubrir cunha variedade ecolóxica calquera que sexa a túa necesidade. Estes produtos únense ao noso obxectivo de fomentar unha alimentación máis responsable co medio natural e a sociedade, xa que a produción ecolóxica é un sistema agrícola e de produción de alimentos que combina as mellores prácticas ambientais, a preservación de recursos naturais e a aplicación de normas esixentes sobre benestar animal para obter dese modo produtos a partir de procesos o máis naturais posible. Ao se produciren deste xeito, os produtos ecolóxicos permiten preservar os nosos recursos naturais e tamén a biodiversidade do noso planeta.
9
008-009 ES TIEMPO DE PARTE 01 A GAL.indd 9
22/1/19 20:09
Polo Natur criado sen antibióticos
Responsabilidade co benestar de todos O uso excesivo de antibióticos en animais e humanos está a aumentar a resistencia a eles e, polo tanto, o risco de que algunhas infeccións deixen de ter cura. Ante esta situación, organismos e entidades defenden o control do uso de antibióticos e en EROSKI traballamos nun plan para a súa redución nos produtos Natur, como é o caso do polo, que se cría sen antibióticos. 10
010-011 ES TIEMPO DE PARTE 01 B GAL.indd 10
23/1/19 16:52
é tempo de...
N
os últimos anos, a resistencia aos antibióticos medrou en Europa por mor do seu uso desmedido en humanos e mais nos animais. Isto comporta que moitos tratamentos dispoñibles perderan a súa efi cacia e na actualidade existen moi poucas alternativas prometedoras en fase de investigación. Ante o risco que pode supoñer no futuro, entidades como a OMS (Organización Mundial da Saúde) recomendan a redución e control dos antibióticos en humanos e en animais. En EROSKI ocupámonos diso porque, como empresa distribuidora, entendemos que temos a obriga de lles ofrecer aos nosos clientes produtos responsables co medio natural e co benestar de todos. Puxemos en marcha un plan de eliminación e redución de antibióticos na nosa marca Natur. Exemplo diso é o polo, que non recibiu antibióticos durante o proceso de cría.
Amais de traballar cos nosos provedores para promover un uso responsable dos antibióticos, buscamos o xeito de lles ofrecer o mellor produto aos nosos clientes minimizando o uso destes medicamentos, mellorando razas cara a outras máis rústicas e resistentes ou cambiando a alimentación. Por iso, o noso polo Natur, ademais, está certificado en benestar animal. CARACTERÍSTICAS ÚNICAS Grazas ao sistema de cría diferenciado e a unha maior preocupación polo benestar, o polo Natur destaca por presentar unha carne que mantén todas as propiedades de sabor, textura e cor. É un polo de crecemento lento e, aínda que está criado en interior, comparte espazo cun menor número de aves por metro cadrado para ter máis liberdade de movemento e tamén dispón
Francisco Ascaso Veterinario e técnico de Alimentos do Dpto. de Calidade de EROSKI
“A carne que se comercializa non contén restos de antibióticos” É perigoso o uso de antibióticos en animais? O seu uso no proceso de crianza dos animais non é nocivo para as persoas que logo consomen a súa carne e, ademais, en moitos casos, cómpre utilizalos por razóns sanitarias e de benestar animal. Despois, hai que agardar o tempo suficiente que establece a lexislación antes de sacrificar os animais para que eliminen os residuos do seu organismo. Xa que logo, a carne e os produtos cárnicos que se comercializan non conteñen restos de antibióticos por requisito legal.
de luz natural. A súa alimentación é 100% vexetal, composta por polo menos un 50% de millo e o resto por cereais de gran enteiro. A cor máis amarela da súa carne achégana principalmente o millo e mais outros nutrientes de orixe vexetal. Neste tipo de cría tamén se utilizan elementos ou materiais como pacas de palla que fomentan o comportamento natural das aves. Ademais, todos os nosos pitos certifi cados son criados en granxas familiares, que contribúen á fi xación de poboación e ao emprego rural. As súas características únicas confírenlle unha maior calidade e o sistema de cría garante a responsabilidade coa contorna e co medio rural. Este pito é refl exo do traballo de EROSKI Natur para ser unha marca que potencia o produto local con carnes seleccionadas polo seu sabor e producidas de maneira sustentable, respectando os animais.
Por que decidiu EROSKI reducilo? Preocúpanos este tema porque un uso excesivo de antibióticos na crianza dos animais, especialmente os que se utilizan no tratamento das infeccións que afectan as persoas, pode provocar que no futuro existan máis bacterias resistentes aos antibióticos que hoxe temos para sandar. Polo tanto, pódese dar o caso de que algunhas infeccións que hoxe combatemos facilmente, mañá non as deamos curado. Que medidas van tomar? En EROSKI traballamos na redución do uso de antibióticos na crianza dos animais destinados aos produtos da nosa marca Natur. Esta acción enmárcase nos compromisos de saúde e sustentabilidade que fixemos públicos no 2018, en concreto no que nos comprometemos a favorecer un consumo responsable.
11
010-011 ES TIEMPO DE PARTE 01 B GAL.indd 11
23/1/19 16:52
é tempo de...
Cítricos EROSKI Natur
Naturalmente protexidos As froitas e hortalizas producidas minimizando o uso de tratamentos químicos favorecen a redución do consumo de recursos naturais e a xeración de refugallos. En EROSKI traballamos para ofrecer produtos máis responsables co medio natural e eliminamos os tratamentos químicos con funxicidas poscolleita dos nosos cítricos Natur, que só se recobren con ceras naturais a base de aditivos alimentarios.
E
n EROSKI querémosche garantir que os frescos da marca Natur se atopan nun estado óptimo, pero tamén velamos porque os nosos produtos sexan máis naturais e teñan un menor impacto ambiental. Por iso, nos cítricos EROSKI Natur non utilizamos
tratamentos químicos con funxicidas poscolleita. Ademais, traballamos para seleccionar as mellores variedades que garantan un sabor diferencial. Os cítricos Natur colléitanse no seu punto óptimo de maduración e frescura e esiximos uns valores
mínimos de dozura e mais o tamaño adecuado. Tamén, sempre que é posible, apostamos por produtos e produtores locais ou con Indicación Xeografi ca Protexida IXP, como é o caso das laranxas procedentes da Comunidade Valenciana. Os cítricos Natur están producidos
12
012-017 ES TIEMPO DE PARTE 02 GAL.indd 12
22/1/19 20:10
es tiempo de...
de maneira máis sustentable, minimizando o impacto ambiental e axudando ao desenvolvemento da contorna. Ao igual ca o resto de froitas Natur que vende EROSKI, cultívanos agricultores certifi cados por GLOBALG.A.P., a norma internacional para a agricultura segura e máis respectuosa co medio natural. Para garantir todas estas características diferenciais, amais das certificacións realizamos inspeccións aos provedores por parte de técnicos especialistas. Ademais, ao comezo da tempada de cada produto levamos a cabo catas, que terán que cumprir unha ficha técnica na que se especifican os niveis mínimos de dozura, o tamaño, o aspecto, etc. Tamén se fan catas durante o desenvolvemento da campaña nas recepcións nos almacéns, para comprobar que as froitas seguen cumprindo os requisitos establecidos. SABOR E AROMA NOS TEUS PRATOS Os cítricos EROSKI Natur son unha aposta segura na cociña. Soamente se recobren con ceras naturais a base de aditivos alimentarios, o que permite aproveitar tanto a polpa como a pel. Esta parte da froita achega diferentes posibilidades culinarias. A pel da laranxa relada, por exemplo, utilízase para aromatizar vinagretas e como complemento de sales e herbas. Tamén se pode empregar para lles dar un toque aromático a xelatinas e a todo tipo de sobremesas, como biscoitos, cremas pasteleiras, arroz con leite, etc. Un truco utilizado en repostería consiste en introducir a pel dunha laranxa nun tarro con azucre, co que se lle dá a este un aroma particular para despois elaborar doces ou adozar dun xeito especial as infusións e os cafés. Sen esquecermos que as tonas das laranxas e limóns son moi utilizadas para condimentar ou mesmo para decorar cócteles e bebidas.
José J. Fuster Provedor de laranxas EROSKI Natur
“Se ás árbores se lles dá agarimo, respóndenche cunha froita excelente” Canto tempo leva a cultivar laranxas? Temos unha empresa familiar que puxeron en marcha os meus pais, polo que somos a segunda xeración de produtores; e a terceira xa vén pisando os talóns. Con EROSKI levamos a traballar 35 anos e neste tempo medramos xuntos. É o cultivo da laranxa moito máis ca un oficio para vós? A laranxa é a nosa paixón e a nosa vida. É parte da cultura valenciana e hai un amor especial cara a ela. Diría que o valenciano ama a terra e en especial a laranxa. Cal é o segredo para acadar un produto de calidade? O segredo das laranxas valencianas, por unha banda, reside no microclima da nosa rexión e, por outra, na sabedoría dos agricultores valencianos. A Comunidade Valenciana ten un microclima especial para o cultivo desta froita, porque gozamos duns invernos suaves e duns veráns que non son excesivamente calorosos. Ademais, aprendemos que se ás árbores se lles
dá agarimo, respóndenche cunha froita excelente. Como sabe o cliente que está a consumir laranxas de calidade? A Indicación Xeográfi ca Protexida (IXP) Cítricos Valencianos garante que a orixe da froita é a Comunidade Valenciana. Ademais, cumprimos cun protocolo de calidade moi esixente. Por exemplo, facemos análise do chan e das follas para coñecermos as carencias que teñen as árbores e así darlles os nutrientes necesarios para que dean a mellor froita. Tamén está o selo Natur, garantía de que estas laranxas teñen uns estándares de calidade moi altos. É importante que a produción sexa respectuosa co medio natural? Ten que selo, porque esta terra vana herdar os nosos fi llos. Os cítricos Natur levan o selo GLOBALG.A.P., que é un certifi cado internacional que garante as boas prácticas agrícolas e o respecto polo medio natural.
13
012-017 ES TIEMPO DE PARTE 02 GAL.indd 13
23/1/19 13:07
é tempo de...
POLO CON BERENXENA E CABACIÑA EN PAPILLOTA 4
fácil
● Cortamos catro cadrados
de papel aluminio e untámolos pola parte interior cun pouco de aceite. Cortamos a ceboliña á xuliana fi na e a berenxena e a cabaciña en toros, tamén o máis fi nos posible.
30-60’
INGREDIENTES
● Sobre o papel de aluminio
• 600 g de peituga de polo • 1 ceboliña • 1 berenxena • 1 cabaciña • 2 dentes de allo • 10 ml de aceite de oliva virxe • Sal • Perexil
colocamos unha capa de xuliana de ceboliña e uns toros de berenxena e cabaciña. Por riba poñemos os taquiños de polo e unha nova capa de verduras. ● Nunha tixola, facemos un
COMO SE ELABORA
rustrido de allo cun pouco de aceite de oliva e engadímolo por riba en cada papillota.
● Partimos o polo en taquiños
● Esparexémoslle un chisco
non moi grosos e poñémolo ao punto de sal.
de sal e perexil e pechamos a papillota de papel aluminio
coma se fose un paquetiño, pero con espazo polos seus laterais, para que cando quente infle pola acción dos vapores que se xeran no seu interior. ● Enfornámolos a 180 ºC uns 20 minutos ou ata que infl en as papillotas e uns cinco minutos máis. ● Servimos coas verduras e o zume da papillota.
COMENTARIO DIETÉTICO Xunto ao peixe, os ovos e os legumes, a peituga de polo forma parte do grupo de alimentos que se considera que achegan proteína saudable. O polo é unha carne branca magra, é dicir, achega proteínas de boa
calidade con pouca graxa (arredor do 1,2%), contén cantidades interesantes de vitaminas do grupo B e minerais como ferro, potasio e fósforo. Ademais, entre as carnes brancas, a peituga de polo destaca polo seu baixo contido en purinas (convértense en ácido úrico no organismo). Nesta receita, o polo acompáñase de verduras e prepárase en papillota, o que suma benefi cios ao prato. Por unha banda, as verduras van achegar máis variedade de vitaminas, minerais e fi bra. E cociñar ao forno e aproveitar o zume que desprende a cocción fai que as propiedades dos alimentos se conserven mellor.
1,33 € por persoa
Unha ración contén: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
194 4,4g 1,2g 3,7g 0,5g 10%
6%
6%
4%
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
14
012-017 ES TIEMPO DE PARTE 02 GAL.indd 14
22/1/19 20:10
EROSKI 43 GARDEN GOURMET.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
13:25
é tempo de...
ZANCO DE POLO Á GRELLA CON TACOS DE CABAZA REFOGADA 4
fácil
30-60’
INGREDIENTES
0,91 € por persoa
• 600 g de zancos de polo • 2 dentes de allo • 50 ml de aceite de oliva virxe • Pementa negra • 400 g de cabaza • 100 g de cebola • Sal COMO SE ELABORA ● Abrimos lonxitudinalmente
os zancos e sazonámolos cos allos moi picados, sal e un pouco de pementa. Botamos un pouco de aceite nunha tixola e cociñámolos á prancha, a lume forte ata que se douren. Baixamos a intensidade do lume ata que acaben de se cociñar. ● Picamos a cebola en
brunoise e rustrímola a lume medio nunha tixola. Cando estea amarelenta, engadimos a cabaza picada en cubos. Remexemos ata que comece a se desfacer a cabaza. Agregamos o sal. ● Deixamos cociñar o
conxunto uns 5 minutos e servímolo. COMENTARIO DIETÉTICO
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
257
14g
4g
13%
20%
19%
SAL
2,4g 0,5g 3%
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Unha receita saudable e saborosa, xa que contén carne branca aderezada con pementa e cunha gornición de verdura. O polo vai achegar proteínas de alta calidade, mentres que a cabaza e a cebola completan a receita achegando vitaminas e minerais, aínda que parte destas vitaminas se perderán pola acción do cociñado.
16
012-017 ES TIEMPO DE PARTE 02 GAL.indd 16
22/1/19 20:10
es tiempo de...
0,76 € por persoa
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
211
1,8g
1g
39g
0,1g
SAL
11%
3%
5%
43%
1%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
BATIDO DE LARANXA E PAPAIA
pebidas. Tamén estonamos as laranxas e separamos os cuarteiróns. ● Poñemos a froita no vaso do
4
fácil
-30’
INGREDIENTES • 4 laranxas • Media papaia • 2 iogures naturais enteiros
batedor e mesturámola cos dous iogures ata formarmos unha crema. Gardámola na neveira. ● Á hora de servir, batemos de
COMO SE ELABORA
novo o preparado e servímolo con algún anaco de froita picada na parte superior como adorno.
● Cortamos a papaia ao igual
COMENTARIO DIETÉTICO
que se faría cun melón. Para iso, partímola en anacos e quitámoslle a pel e mais as
Esta bebida contén todos os beneficios da papaia, a
laranxa e o iogur, xa que ao se facer batida non se xera substancia de escoura, é dicir, non se perde fibra, nin os minerais e vitaminas que se atopan xunto a ela. Grazas a isto, os azucres que conteñen as froitas non actúan como azucres libres e, polo tanto, non resultan prexudiciais. Podémola consumir no almorzo, como sobremesa, a media mañá ou na merenda, tanto na casa coma fóra. Convén lembrar que está demostrado que as vitaminas non se perden inmediatamente e que se manteñen como mínimo ata doce horas despois da preparación.
Dende un punto de vista estritamente nutricional, esta receita é fonte de vitamina C e ácido fólico procedentes da papaia e da laranxa e contén o calcio que achega o iogur, así como algo de proteína de boa calidade.
17
012-017 ES TIEMPO DE PARTE 02 GAL.indd 17
22/1/19 20:10
Bacallau Skrei EROSKI Natur
Fresco, do mar á mesa Coñecido como o bacallau nómade, o Skrei é un peixe branco que presenta unha carne firme e tenra por mor das súas especiais características e costumes migratorios. A súa captura regulada e o uso de artes de pesca tradicionais fai que podamos gozar dun produto único. En EROSKI atoparás Skrei Natur co selo MSC.
N
a antiga lingua norueguesa, Skrei significa nómade e define perfectamente a incrible vida deste bacallau salvaxe, que vive nas profundas e xélidas augas do mar de Barents e percorre máis de mil quilómetros antes de ser capturado nas illas Lofoten. Os peixes realizan esta travesía polas axitadas
augas dos Fiordos para desovaren no lugar onde naceron. Pero esa vida en constante movemento non só serve para gañar o alcume de nómade, tamén consegue que a carne deste bacallau sexa única: é a máis branca, firme e tenra de toda a familia de bacallaus. A viaxe que realiza é o que tensa a súa
musculatura e fai que sexa menos graxo, e a súa alimentación a base de marisco achégalle minerais que distinguen o seu sabor. PESCADO DE XEITO SUSTENTABLE A tempada deste peixe nórdico comeza no inverno e pódese gozar ata abril. Entre os meses de xaneiro e
18
018-021 PROTA - BACALAO GAL.indd 18
22/1/19 21:22
protagonistas EROSKI
marzo é cando centos de milleiros de Skrei alcanzaron xa a idade e o peso adecuado e senten a necesidade de abandonaren as augas do mar de Barents para migraren cara a Lofoten, onde iniciarán a desova. É daquela cando son capturados polos mariñeiros baixo un estrito control –imposto de maneira pioneira por Noruega– que serve para garantir unha pesca selectiva do bacallau e o predominio de artes de captura tradicionais. Grazas a iso, aprésase só a cantidade necesaria deste peixe, de xeito que se garante a súa supervivencia e se poderá gozar do Skrei agora e no futuro. Esta supervisión fixo a este peixe merecedor da ecoetiqueta MSC (Marine Stewardship Council), que lles dá aos consumidores a confianza de estar a elixir produtos do mar que se xestionaron do xeito adecuado e cunha procedencia sustentable totalmente garantida. De feito, o Skrei é a primeira especie que EROSKI ofreceu coa ecoetiqueta MSC. FRESCURA GARANTIDA A singularidade do Skrei que atoparás en EROSKI tamén se debe a que sempre se transporta e comercializa fresco. Así o garante o selo que identifica todos os bacallaus que se comercializan nas nosas tendas. O Skrei é un produto moi apreciado na cociña e a súa carne permite múltiples formas de preparación: desde as receitas máis tradicionais ás propostas máis innovadoras. Ademais, nas peixerías de EROSKI preparámolo ao teu gusto para que aproveites cada parte do mellor xeito posible. As cocochas son perfectas para tomalas ao vapor, salteadas ou fritidas. Os lombos son a parte máis nobre deste peixe, o ventre serve para elaborar caldos e podes fritir a pel e utilizala como crocante nalgunha receita. Lembra que, a diferenza doutros bacallaus, ao Skrei hai que lle engadir sal antes de cociñalo, xa que non se conxelou nin salgou previamente.
Jens-Einar B. Johnsen Mariñeiro noruegués Por que son únicas as técnicas de pesca do bacallau Skrei? Péscase utilizando diferentes artes de pesca, tanto modernas como tradicionais, que perfeccionaron xeracións de mariñeiros da costa norte de Noruega. Seguimos a pescar como o facían os nosos pais e avós, con anzol e palangre, e así o seguirán a facer os nosos fillos. Como afecta o método de pesca á calidade do produto? É moi importante. Pescamos o Skrei un por un e colocámolo do mesmo xeito ata o seu desembarque. Pero aínda máis importante ca isto é o coidado que teñen os mariñeiros unha vez o Skrei está a bordo. Sabemos o importante que é ese peixe para a nosa comunidade e para o seu futuro. Estamos moi orgullosos do noso Skrei e por iso poñemos todo o noso esforzo en garantir a máxima calidade posible. Como se garante que o bacallau Skrei cumpre todas esas condicións? Existen regras moi estritas para a pesca e procesamento do Skrei e todas teñen o obxectivo de garantiren a máxima calidade do peixe ata o seu destino final. Tamén existe unha patrulla do Skrei, un organismo de control independente
formado por expertos que visitan todas as rutas de distribución do peixe. Se o proceso non cumpre coa norma establecida, a planta que procesa o bacallau Skrei ou a empresa que o distribúe arríscase a perder a licenza. Amais do seu método de captura e procesado, o Skrei tamén é distinto a outras especies de bacallau en sabor e textura. Que o fai diferente? Nós adoitamos dicir que sabe diferente porque é un ‘peixe namorado’. Durante todo o verán e outono, vive ao extremo norte, no mar de Barents. Cando se achega o Nadal, o Skrei comeza a namorarse e viaxa 1.000 quilómetros ata a costa norueguesa para atopar o seu amor. Esta travesía fai que os músculos se volvan máis fi rmes e a carne máis saborosa. En que nos temos que fixar á hora de mercar bacallau Skrei? O primeiro é localizar o selo de calidade que lle poñemos a cada peixe. O segundo é fixarse no aspecto do Skrei. Debe ter unha carne firme, branca e unha pel brillante e verdosa ou máis ben verde escuro. E, como dicimos nós, ten que saber ao mar de Barents.
19
018-021 PROTA - BACALAO GAL.indd 19
22/1/19 21:22
2,19 € por persoa
SKREI AO VAPOR CON VERDURAS ASADAS 4
fácil
15-20’
INGREDIENTES • 600 g de lombos de bacallau Skrei • 4 ceboliñas • 2 tomates • 2 porros • 10 ml aceite de oliva virxe extra
• Pementa • Sal • Ourego
COMO SE ELABORA ● Lavamos e partimos en anacos
grandes os porros e as ceboliñas.
● Colocamos nunha vaporeira os lombos de bacallau Skrei untados cun pouco de aceite. Poñémolos ao punto de sal e cociñámolos de 3 a 5 minutos. ● Colocamos as ceboliñas e os porros nunha fonte de forno, engadimos un chorro de aceite por riba e salpementámolos. Introducímolos no forno prequentado a 200 ºC. ● Pasados uns minutos, partimos os tomates pola metade, engadimos sal, pementa e ourego e colocámolos na mesma fonte de forno a carón das ceboliñas e dos porros. Asamos as verduras ata que estean tenras, pero teñen que quedar enteiras. ● Presentamos no prato o peixe acompañado coas verduras e regamos
o conxunto cun chorro de aceite de oliva virxe extra. ● De preferírmolo, amais do bacallau Skrei, tamén podemos cociñar as verduras ao vapor.
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
151
3,1g 0,5g 7,4g 0,11g
8%
4%
3%
8%
SAL
2%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
20
018-021 PROTA - BACALAO GAL.indd 20
22/1/19 21:22
protagonistas EROSKI
SKREI CON AMÉNDOAS
COMO SE ELABORA ● Picamos as améndoas e cortamos o
4
fácil
15-20’
lixeiramente o allo, o beicon e as améndoas. Vertemos o salteado sobre o Skrei.
beicon en tiras fi nas. ● Mollamos co viño branco e deixámolo ● Picamos tamén o allo moi fi no.
cociñar no forno dous minutos máis.
● Salpementamos os lombos de
● Podémolo servir acompañado dunha
bacallau Skrei e colocámolos nunha fonte de forno untada cun pouco de aceite de oliva virxe. Introducimos o peixe no forno prequentado a 200 ºC uns 3 a 4 minutos aproximadamente.
ensalada de agróns.
INGREDIENTES • 4 lombos de bacallau Skrei • 2 tiras de beicon • 2 dentes de allo • 25 améndoas • 10 ml aceite de oliva virxe extra • 50 ml viño branco
• Pementa • Sal
● Nunha tixola, engadimos unha
cullerada sopeira de aceite e salteamos
Unha ración contén: KCAL
117 6%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
2,9g 0,5g 4%
3%
SAL
0g
0,1g
0%
2%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
1,88 € por persoa
21
018-021 PROTA - BACALAO GAL.indd 21
22/1/19 21:22
protagonistas EROSKI
produtores decantáronse por terreos con abundancia de auga, próximos ás salinas de Salsomaggiore, en Parma, xa que o sal era necesario para a produción do queixo. Durante eses anos, estableceuse un método artesanal de elaboración que hoxe se mantén grazas á creación dun Consello Regulador que garante os procesos e ingredientes.
Parmigiano Reggiano DOP EROSKI SELEQTIA
Un queixo único e moi versátil Para aderezar pratos de pasta non hai nada mellor ca un bo queixo. E entre os máis coñecidos e apreciados cómpre salientar o Parmigiano Reggiano. En EROSKI atoparalo da nosa marca gourmet SELEQTIA, con Denominación de Orixe Protexida e elaborado de acordo coa tradición.
O
parmesano é un clásico con moita historia. Este famoso queixo italiano de leite de vaca prodúcese exclusivamente nas rexións de Parma, Reggio Emilia, Módena e Bolonia e, co paso dos anos, converteuse nun indispensable na gastronomía italiana e mundial, sobre todo como acompañante de diferentes pratos de pasta. A elaboración deste singular queixo data do século XII e nace nos grandes mosteiros e castelos destas rexións italianas. Para acadar as características óptimas, os
MAIS DOADO DE DIXERIR O queixo Parmigiano Reggiano elabórase con leite de vaca e madúrase arredor de 24 meses. Para obter o selo da DOP (Denominación de Orixe Protexida) ten que ter un mínimo de 12 meses de curación. Estes períodos tan longos de fermentación fan que resulte moito máis doado de dixerir ca a maioría e que o seu sabor e aroma sexan máis intensos. Cunha consistencia dura e granular, este queixo é un imprescindible para aqueles que buscan produtos con carácter. Os cociñeiros atopan nel grandes cantidades do quinto sabor básico, o umami. Como produto SELEQTIA, o Parmigiano Reggiano foi aprobado polos catadores do Basque Culinary Center (BCC) para garantir a súa superioridade sensorial, gustativa, olfactiva e visual. Por mor destas características, o Parmigiano Reggiano SELEQTIA é un acompañante moi versátil na cociña. Como un dos queixos italianos por excelencia é común pensar no parmesano como condimento para pratos de pasta, pero tamén é excelente como acompañamento de ensaladas, carnes ou sobremesas. En labras fi nas fai especial unha ensalada e é un clásico nas receitas de carpaccio. Relado sobre cremas de verdura ou corazóns de alcachofas, achega un toque fi nal inigualable. En anacos é o acompañante perfecto para a froita, amais de ser ideal para maridar con viños tintos e mais brancos.
22
022 PROTA - QUESO PARMESANO GAL.indd 22
22/1/19 20:11
EROSKI 43 ARLA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
13:45
Flor de sal de Camargue SELEQTIA
Cristais cheos de sabor 24
024-025 ESCAPARATE - SAL GAL.indd 24
22/1/19 20:12
o escaparate
O auxe da gastronomía trouxo a canda si a procura de produtos que potencien o sabor e creen novas texturas nos nosos pratos. No caso do sal, deixou de ser un mero condimento para tomar protagonismo na cociña e a variedade coñecida como flor de sal converteuse na máis apreciada. En SELEQTIA presentámosche catro tipos de Flor de Sal de Camargue cos que lles dar ás túas receitas un toque gourmet.
A
fl or de sal é unha capa delgada de cristais que se forma na superfi cie das salinas mariñas e o seu valor gastronómico e organoléptico fan del o sal gourmet por excelencia. A produción deste tipo de sal recuperouse nas últimas décadas do século XX e, desde aquela, converteuse nun produto cunha demanda cada vez máis crecente no mercado. En EROSKI querémosche ofrecer a posibilidade de gozar dun dos condimentos mais apreciados da gastronomía actual. Por iso, presentamos catro tipos de Flor de Sal de Camargue SELEQTIA – natural, herbas provenzais, tomate e alfábega e allo e perexil– cos que conseguirás darlles un toque único ás túas ensaladas, pratos de pasta, carnes e verduras. Os cristais de Flor de Sal SELEQTIA proceden exclusivamente da rexión da Camargue en Francia, un parque natural situado a carón do mar Mediterráneo, entre os dous brazos do río máis grande de Europa occidental, o Ródano. No amplo delta de 86.300 hectáreas é onde están situadas as salinas nas que se colleita, sempre de xeito tradicional e artesanal, a Flor de sal SELEQTIA.
sobre a auga. Ademais, ao se formar na superficie, a recollida débese facer con delicadeza e manualmente para impedir que os cristais se precipiten ao fondo ao tocalos. A flor de sal adóitase colleitar coa axuda dunhas pértegas provistas dunha fina malla coas que se extrae a capa de sal da auga. Despois, deposítase sobre unha superfi cie de madeira, onde seca e se condensa en crocantes e irregulares cristais. Unha vez seco e
tratado, estará listo para lles dar aos nosos pratos un sabor aromático e un toque particular. POTENCIADOR DO SABOR Amais de ser máis decorativo ca o sal refi nado, a Flor de Sal SELEQTIA permite darlle unha textura máis crocante a calquera receita. Doutra banda, este tipo de sal caracterízase polo seu alto contido en cloruro de magnesio e de potasio, que acentúa e intensifi ca o sabor dos alimentos.
UN DELICADO PROCESO É un produto difícil de acadar, xa que se ten que colleitar despois do solpor e, xeralmente, durante os meses de abril a setembro, que é cando o contraste de temperatura entre o día e a noite é amplo abondo para que o sal cristalice
25
024-025 ESCAPARATE - SAL GAL.indd 25
22/1/19 20:12
EROSKI 43 DOBLE VIAJES GALLEGO.indd 2
21/01/19 13:00
EROSKI 43 DOBLE VIAJES GALLEGO.indd 3
21/01/19 13:00
Bolería EROSKI
Agora sen aceite de palma As manteigadas, madalenas, mojicones e sobaos EROSKI xa non teñen aceite de palma. O pasado ano eliminamos esta graxa das nosas pizzas, pans para hamburguesa e hot dog. Agora, damos un paso máis para cumprirmos o compromiso de retirar este aceite e o de coco de todos os nosos produtos de aquí ao 2020.
28
028-029 ESCAPARATE - BOLLERIA GAL.indd 28
23/1/19 13:08
o escaparate
A
igual ca o de coco, o aceite de palma é rico en graxa saturada. Malia a iso, o seu uso xeneralizouse na industria alimentaria (por exemplo, nos produtos de bolería) porque é un ingrediente que proporciona gusto e textura e, ademais, permite unha maior conservación dos alimentos. En EROSKI seguimos a cumprir o noso compromiso para mellorar a composición dos nosos produtos e, por iso, ofrecemos seis variedades de bolería doce sen graxa de palma nin de de coco: as madalenas redondas e cadradas, os sobaos grandes e pequenos, as manteigadas e os mojicones. CO MELLOR SABOR Goza máis dos teus almorzos e merendas con estes produtos de bolería sen aceite de palma. As manteigadas EROSKI caracterízanse pola súa masa branda e esponxosa e por unha faragulla suave. Ademais, teñen o sabor característico que lles confi re a manteiga da súa receita. Os mojicones presentan un aspecto artesanal e elabóranse con aceite de oliva, o que fai que sexan tenriños e moi saborosos. Tamén retiramos a graxa de palma dun dos produtos de repostería máis recoñecidos da gastronomía de Cantabria: o sobao. Recoñeceralo pola súa faragulla de cor amarela intensa e pola súa superfi cie torrada. A coidada receita coa que se elabora confírelle unha textura esponxosa e un sabor doce e un salientable arrecendo a manteiga. ALIMENTACIÓN MÁIS RESPONSABLE A OMS (Organización Mundial da Saúde) recomendou limitar a inxestión de aceite de palma e de coco, pois o seu consumo excesivo pode comportar problemas, xa que o seu perfil en ácidos graxos saturados considérase pouco saudable. Ademais, o seu cultivo intensivo prexudica o medio natural. En EROSKI coidamos que a tenda
é o lugar desde onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable. E a retirada do aceite de palma destes seis produtos de bolería é un paso no noso compromiso de eliminarmos este e mais o de coco de aquí ao 2020. Apostamos tamén pola transparencia informativa para facilitar que os consumidores teñan maior criterio á hora de deseñaren
a súa dieta e que poidan levar a cabo unha alimentación máis saudable, equilibrada e sustentable. Neste sentido, incluirase un pictograma nutricional nos envases dos produtos para que se poidan identifi car dunha simple ollada aqueles produtos susceptibles de levar graxa de palma que non a inclúen na súa composición ou receita.
29
028-029 ESCAPARATE - BOLLERIA GAL.indd 29
22/1/19 20:13
Novas bolsas en EROSKI
Máis respectuosas co medio natural O incremento dos residuos plásticos e a súa incorrecta xestión xeraron graves problemas ambientais. Seguindo o noso compromiso polo consumo responsable, en EROSKI damos un paso máis no fomento da reutilización e da redución do uso de bolsas de plástico ofrecendo tres novos modelos fabricados con materiais alternativos.
A
s moitas posibilidades de uso do plástico convérteno nun material incriblemente versátil. Isto disparou o seu consumo en diferentes eidos da nosa sociedade -a utilización de plásticos hoxe en
día é 20 veces superior á de 1960 e alcanza os 322 millóns de toneladas ao ano- e, en consecuencia, xerou grandes cantidades de refugallos. Se non se separan correctamente e reciclan poden acabar no medio
natural, o que supón un grave impacto ambiental, xa que a súa degradación require moito tempo, e polos microplásticos que xeran. Ante este problema, cómpre reducir o uso de plástico fabricado
30
030-031 EN LA TIENDA - BOLSAS GAL.indd 30
22/1/19 20:15
na tenda contigo
con compostos non renovables promovendo a reutilización e o uso de materiais reciclados alternativos que se biodegraden máis axiña. Para garantir estas solucións, as lexislacións europeas, estatais e autonómicas restrinxen o uso de plásticos, como é o caso do Real Decreto 293/2018, do 18 de maio, sobre a redución do consumo de bolsas de plástico no noso país. Dende o pasado ano, é obrigatorio cobrar as bolsas, agás as moi lixeiras e as que teñan un espesor superior a 50 microns e conteñan máis do 70% de plástico reciclado. No 2020 prohibirase o uso de bolsas de plástico fragmentable e todas as de máis de 50 microns de espesor deberán conter un 50% de plástico reciclado. E, a partir do 2021, prohibirase a entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras, salvo que sexan compostables.
queremos ofrecer outras opcións económicas máis responsables poñendo á vosa disposición unha nova gama de bolsas con materiais alternativos ao plástico convencional e compostables que se adaptan ás vosas necesidades cotiás como consumidores. Podes axudar a evitar que millóns de toneladas de plásticos acaben na natureza substituíndo as bolsas dun só uso polas novas, reutilizables e fabricadas con materiais máis respectuosos.
MÁIS MODELOS PARA ELIXIR
O NOSO COMPROMISO En EROSKI somos conscientes do problema ambiental que xeran as bolsas e da necesidade de promover a súa reutilización. Por iso, levamos varios anos a traballar a prol do seu uso responsable. No 2009 lanzamos unha bolsa reutilizable de rafia fabricada con plástico reciclado e no 2010 comezamos a cobrar a bolsa dun só uso. Esta aposta tivo un impacto inmediato: só entre o 2009 e o 2010 reduciuse o consumo en máis de 293 millóns, un 62% das utilizadas no 2009. No 2013 lanzamos a bolsa solidaria -de tea e reutilizable- que ao noso compromiso polo medio natural suma a solidariedade, xa que os beneficios da súa venda se dedican a causas benéficas. Hoxe en día, estimamos que se evitan arredor de 1.400 millóns de bolsas dun só uso ao ano. Agora, en EROSKI queremos dar un paso máis e facilitarvos o acceso a máis variantes de bolsas reutilizables. Para iso, incorporamos ás nosas caixas novos soportes que as farán máis visibles e accesibles. Ademais,
1. Bolsa compostable É lixeira e 100% compostable, ao estar fabricada con materiais de orixe vexetal. Estas características permiten que se degrade en condicións de compostaxe industrial en 6-8 meses, xerando así fertilizante para cultivar, por exemplo, o millo utilizado para fabricar a bolsa. Pódese reutilizar para lixo orgánico. Prezo: 0,05 euros. Capacidade: 12 litros e 6 quilos.
2. Bolsa de papel con certificación FSC ® 100% reciclable, biodegradable e reutilizable. Leva o selo FSC® mixto, que garante que a fibra que contén procede de bosques xestionados de xeito sostible ou de material reciclado. Favorece a loita contra o cambio climático, xa que a súa produción e reciclaxe supoñen menos emisións de CO2 ca as dunha bolsa de plástico convencional. Prezo: 0,10 euros. Capacidade: 15 litros e 10 quilos.
3. Bolsa reutilizable de plástico 100% reciclable e fabricada con máis dun 55% de material reciclado. Iso permite avanzar cara a un modelo de economía circular, xa que o plástico se emprega de novo para producir máis bolsas e non acaba na natureza, co conseguinte problema ambiental. Prezo: 0,10 euros. Capacidade: 21 litros e 15 quilos.
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
030-031 EN LA TIENDA - BOLSAS GAL.indd 31
moito máis en 31 eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
22/1/19 20:15
Da horta ao prato Colleitadas no intre óptimo, as verduras en conserva manteñen intactas todas as súas propiedades. E ofrecen unha chea de posibilidades na cociña para elaborar receitas saborosas e moi saudables. 32
032-035 POR TU SALUD GAL.indd 32
22/1/19 20:17
pola túa saúde
A
lcachofas, porros, coles, cardo, cenoria... Estas hortalizas están presentes nunha morea de receitas, pero non sempre temos tempo para mercalas frescas e cociñalas. En EROSKI ofrecémosche unha ampla variedade de verduras en conserva de cristal preparadas para consumir. Colleitadas e envasadas no seu mellor momento, poderás gozar durante todo o ano de vexetais que non están en tempada sen perder nin unha miga de sabor e calidade. As hortalizas envasadas presentan un contido nutricional moi similar ao das verduras frescas. Isto débese a que se conservan ao pouco tempo de se obteren, no seu punto óptimo de maduración. Antes, lávanse coidadosamente, pélanse
Saúde e benestar
e pártense, férvense en abundante auga e introdúcense en recipientes estériles. No caso dos botes de cristal, consérvanse con auga e sal. Todo este proceso serve para garantir que os vexetais manteñen intactas as súas propiedades. Convén ter sempre unha boa provisión de botes na despensa coa que elaborar pratos ricos e moi saudables de maneira rápida e sinxela. Dado que xa están cociñadas, só é preciso aliñalas ao gusto e quentalas. Recoméndase preparalas no momento máis próximo á comida e a lume baixo. Pódense cociñar soas ou combinalas con outros ingredientes. Cun pouco de creatividade, acadaremos resultados moi apetecibles.
Fundación EROSKI promove a Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE), un estudo sobre hábitos da poboación
33
032-035 POR TU SALUD GAL.indd 33
22/1/19 20:17
PENCAS DE ACELGA RECHEAS DE XAMÓN YORK E QUEIXO CREMA 4
fácil
15-20’
0,62
INGREDIENTES
ALCACHOFAS RECHEAS DE BECHAMEL E COGOMELOS
deixamos ferver o conxunto un par de minutos. Agardamos a que amorne antes de encher as alcachofas.
• 300 g de pencas de acelgas en conserva • 50 g de xamón de York
• 50 g de queixo crema para untar • 20 g de fariña • 2 ovos • Aceite para fritir
COMO SE ELABORA 4
media
30-40’
1,01
INGREDIENTES • 16 alcachofas en conserva • 30 g de manteiga • 15 ml de aceite de oliva virxe • 35 g de fariña • 60 g de cogomelos
• 350 g de leite semidesnatado • 1 allo • 2 g de pementa branca • Sal
COMO SE ELABORA ● Para elaborar a bechamel, poñemos nun cazo a manteiga xunto cunha cullerada de aceite de oliva virxe a lume lento. Engadimos a fariña e deixamos que se rustra sen que colla cor. Agregamos o leite quente e remexemos de xeito continuo. Poñemos ao punto de sal e reservamos.
● Introducimos a bechamel con
cogomelos no centro das alcachofas e enfornámolas a 200 ºC durante 15 minutos. Servímolas así que as sacamos do forno cubertas cunha bechamel máis lixeira e coloreada cun pouco de salsa de tomate ou con pementos asados triturados con bechamel lixeira.
cortámolas pola metade. No seu interior, colocamos un pouco de xamón de York e unha cullerada de queixo. Tapámolas coa outra metade da penca. Rebozámolas e fritímolas en aceite quente. Pódense comer tal cal ou acompañalas con salsa de tomate ou ensalada.
COMENTARIO DIETÉTICO COMENTARIO DIETÉTICO A alcachofa contén gran cantidade e variedade de nutrientes. É fonte de magnesio, potasio e esterois; e ademais é rica en fibra e vitaminas A, B e C. Actúa regulando a secreción biliar no organismo, o que está indicado en caso de problemas de fígado, e é tamén un potente depurativo. Prepárase con cogomelos, que suman importantes oligoelementos e minerais, son fonte de vitaminas, baixas en graxa, en hidratos de carbono e pouco caloríficas. Así e todo, a salsa bechamel engade graxa saturada e calorías finais.
A acelga é un dos vexetais máis consumidos en Europa. É fonte de innumerables nutrientes esenciais para o organismo. Achega grandes cantidades de vitamina A e é unha das verduras con máis cantidades de vitamina K. Tamén é moi rica en fibra soluble, o que prevén o estrinximento. É moi pouco calorífica e apta para unha gran número de consumidores.
Unha ración contén:
● Nunha tixola cun par de culleradas de
aceite de oliva salteamos o allo cortado en brunoise. Así que se comece a dourar, engadimos os cogomelos cortados moi finos, sofrixímolos e sazonámolos con sal e pementa. Agregamos a bechamel e
● Escorremos as pencas da conserva e
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
237
12g
5g
12%
17%
24%
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
KCAL
GRAXA
17g
0,5g
135
8g
3g
19%
8%
7%
11%
16%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
SAL
2,9g 0,5g 3%
8%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
34
032-035 POR TU SALUD GAL.indd 34
23/1/19 13:09
pola túa saúde
Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL
MINESTRA DE VERDURAS REBOZADAS 4
media
+60’
0,59
● Agregamos o pemento e un vaso
de caldo da cocción. Pasamos por fariña e ovo batido as alcachofas e a coliflor e fritímolas con aceite de oliva. Reservamos. ● Agregámoslle á minestra as tiras
INGREDIENTES • 2 alcachofas • 200 g de feixóns en conserva • 300 g de coliflor • 100 g de coles de Bruxelas en conserva • 100 g de chícharos en conserva • 2 cenorias
• 1 ceboliña • 50 g de paleta ibérica • 2 ovos • Fariña • Aceite de oliva • 1 dente de allo • 4 g de pemento doce • Sal
COMO SE ELABORA ● Cocemos as verduras frescas en auga
con sal. Cando estean al dente (agás as alcachofas e a coliflor, que teñen que estar totalmente cocidas), somerxémolas en auga con xeo. Escorrémolas. ● Nunha tixola, sofritimos a ceboliña e
o allo. Engadimos as verduras (agás a coliflor e a alcachofa) e sofritímolas.
Saúde e benestar
de paleta, as alcachofas e a coliflor rebozadas. Poñémola ao punto de sal. Dámoslle un fervor coa pota tapada e reservamos 5 minutos antes de servir. COMENTARIO DIETÉTICO Preparación a base de diferentes verduras con grandes propiedades. Destacan as alcachofas polo seu alto contido en fibra. Son ricas en calcio, ferro, proteínas, potasio, iodo, magnesio, sodio e vitaminas. Os feixóns verdes posúen unha gran capacidade antioxidante e son ricos en vitaminas e minerais. A coliflor ten alto contido en fibra e baixa achega calorífica. Nesta receita, prepáranse algunhas verduras rebozadas que lle poden engadir calorías e graxa saturada ao prato.
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
173
5,7g 1,6g
9%
8%
8%
SAL
9g
1g
10%
12%
Permíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes, está identificado con cores.
MENOS AZUCRE Eliminamos máis de 368 toneladas de azucres dos nosos produtos.
MENOS SAL Suprimimos máis de 55 toneladas de sal de produtos da marca EROSKI.
MENOS GRAXAS Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35 % ao día. Por iso, eliminamos máis de 749 toneladas de graxa das nosas marcas.
SEN GRAXAS TRANS As graxas vexetais parcialmente hidroxenadas achegan graxas trans e soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
graxas
Desde 2013 xa eliminamos 368 toneladas de azucres, 749 de graxas e 55 de sal.
35
032-035 POR TU SALUD GAL.indd 35
22/1/19 20:17
Legumes EROSKI
Un luxo ben barato Os legumes son baratos, saudables e moi doados de incorporar na alimentación cotiá. En EROSKI atoparás variedades de todo tipo, de legumes secos e mais cocidos, que non só se adaptan ben ás túas preferencias gastronómicas senón tamén ao teu ritmo de vida e á túa economía familiar.
O
s legumes son unha fonte excepcional de nutrientes. Teñen un elevado contido en proteínas e, ademais, son ricos en fi bra, achegan vitaminas do grupo B e minerais como
calcio, magnesio, potasio, cinc, fósforo e ferro. Por todo iso, son un alimento moi recomendable no marco dunha dieta saudable e equilibrada. Os nutricionistas recomendan consumir entre dúas
e catro porcións por semana. Ademais, son moi económicos e permiten un gran número de elaboracións na cociña, xa que combinan ben con todo tipo de ingredientes. Pódeselles pedir máis?
36
036-038 AHORRA CON GAL.indd 36
22/1/19 20:18
aforra con EROSKI
ENSALADA DE GARAVANZOS E AGUACATE
esta base da ensalada durante aproximadamente 30 minutos. ● Cocemos o ovo en auga fervendo
4
fácil
+40’
0,56
INGREDIENTES • 300 g de garavanzos cocidos • 2 tomates maduros de ensalada medianos • 200 g de aguacate • 1 dente de allo
• 50 g de ceboliña fresca • 1 ovo • 60 ml de aceite de oliva virxe extra • 20 ml de vinagre balsámico • 40 g de maionesa lixeira • Sal
cun pouco de sal durante 10 minutos. Deixámolo arrefriar, pelámolo e relámolo. ● Pelamos e picamos o dente de allo e mesturámolo co aguacate, pelado e partido, e cunha cullerada de aceite de oliva. ● Mesturamos nun bol a base de tomate
macerado cos garavanzos cocidos e escorridos, aliñamos con aceite de oliva e un chisco de sal. Rematamos a ensalada cuns cachiños de aguacate, un pouco de maionesa lixeira e o ovo relado.
carbono, fi bra dietética, proteínas e graxas e teñen un destacado contido en vitaminas B6, C, E e K, calcio, fósforo, potasio, cinc, magnesio, ferro e sodio. Os garavanzos axudan a reducir os niveis de colesterol e a diminuír a presión arterial e os triglicéridos. Polo tanto, son un alimento cardioprotector. O legume prepárase con aguacate, un alimento cunha composición nutricional case perfecta. É cardiosaudable, grazas á achega de ácidos graxos omega 3. Tamén é fonte de fi bra e presenta grandes cantidades de vitamina E, C e A, o que lle confi re o seu gran poder antioxidante. Contén cinc, ferro, selenio, sodio e fósforo.
COMENTARIO DIETÉTICO COMO SE ELABORA ● Lavamos e picamos os tomates
en cadradiños regulares xunto coa ceboliña fresca. Agregamos a metade do aceite de oliva, o vinagre balsámico, un chisco de sal e deixamos macerar
Unha gran receita, moi benefi ciosa para o organismo. Esta ensalada é fresca e saudable e ten como base garavanzos, un alimento moi equilibrado con innumerables benefi cios para o organismo. Son fonte de hidratos de
Unha ración contén: KCAL
GRAXA
545 28g 27%
40%
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
3g 16%
SAL
8,5g 0,5g 9%
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
37
036-038 AHORRA CON GAL.indd 37
22/1/19 20:18
aforra con EROSKI
FABAS Á NAVARRA 4
media
30-60’
0,43
INGREDIENTES • 300 g de fabas • 150 g de entreteto • 1 tomate • 1 pemento verde • 1 cebola
LENTELLAS CON CORAZÓNS DE ALCACHOFAS 4
media
60-120’
0,4
engadímosllo ao rustrido, mesturámolo ben e botámolo nas lentellas. ● Dámoslle un fervor ao conxunto, poñémolo ao punto de sal e servímolo.
COMENTARIO DIETÉTICO INGREDIENTES • 250 g de lentellas • 100 g de cenoria • 50 g de pemento verde • 100 g de cebola • 1 dente de allo
• 250 g de corazóns de alcachofa • Pemento doce • 10 ml de aceite de oliva virxe • Sal
COMO SE ELABORA ● Poñemos as lentellas xunto co pemento verde e a cenoria cortados en brunoise nunha pota e cubrímolas de auga a lume vivo. Cando comece a saír escuma, quitámola cunha escumadeira. Ao romper a ferver, baixamos o lume ao mínimo e deixámolas cocer durante unha hora e media. ● Nunha tixola poñemos o aceite coa cebola e o allo picado a lume medio. Cando estea transparente a cebola, engadimos as alcachofas, o pemento e refogamos. Reservamos. ● Cando estean cocidas as lentellas, collemos un pouco de caldo da pota e
Trátase dun prato de legume moi orixinal, que se acompaña dunha verdura en lugar doutros ingredientes menos recomendables, como produtos cárnicos ou embutidos. Dise dos legumes que son fonte de saúde e é que o seu perfi l nutricional é moi interesante. Conteñen proteínas en proporción semellante ás carnes, hidratos de carbono complexos, fi bra e unha gran variedade de vitaminas e minerais, entre os que paga a pena destacar o ácido fólico, ferro, potasio, magnesio e fósforo. Para que este ferro de orixe vexetal se absorba e asimile mellor e en maior medida é necesaria a vitamina C, así que unha froita rica nesta (laranxa, amorodos, kiwi, papaia) é a sobremesa perfecta coa que pechar un menú que inclúa esta receita.
COMO SE ELABORA ● Para reducir o tempo de elaboración
do prato, podemos utilizar fabas cocidas en conserva. Deste xeito, só precisamos refogar as hortalizas cortadas en brunoise (tomate, pemento, cebola e allo) e o entreteto, engadir o pemento doce e as fabas e refogar. Cocelo todo xunto durante 15 minutos e poñer o guiso ao punto de sal. COMENTARIO DIETÉTICO As fabas son fonte de hidratos de carbono complexos, fibra e proteínas e achegan folatos, potasio e ferro. As verduras da receita, amais de daren cor e sabor, enriquécena dende o punto de vista nutricional grazas ao contido en vitaminas, minerais e substancias de acción antioxidante. Ademais, o entreteto achega graxa e proteínas de orixe animal. É un prato completo, polo que se aconsella tomalo cunha ensalada de primeiro. No caso de persoas que queiran reducir peso, abonda con eliminar o entreteto.
Unha ración contén: KCAL
267 13%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
Unha ración contén: SAL
1,6g 0,3g 8,2g 0,5g 2%
1%
9%
• 1 dente de allo • Pemento • 50 ml de aceite de oliva • Sal
8%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
443
17g
5g
5,3g
SAL
1g
22%
24%
25%
6%
12%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
38
036-038 AHORRA CON GAL.indd 38
22/1/19 20:18
EROSKI 43 HOBEA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
13:19
enerxía para medrar
25% Carnes, peixes, ovos, legumes e froitos secos
50% Verduras e hortalizas
25% Cereais integrais e tubérculos
Que é Nutriprato? O método Nutriprato é un programa de educación nutricional dirixido a familias e profesionais da saúde, que pretende fomentar unha alimentación saudable para os máis pequenos da casa. Está composto por un prato de tamaño real, de 26x26 cm, que amosa as proporcións adecuadas dos grupos de alimentos que deben formar parte das dúas comidas principais: o xantar e a cea. Acompáñase dunha guía con información, consellos e receitas e conta cunha web, www.nutriplatonestle.es, deseñada para axudar no proceso de educación nutricional. 40
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 40
22/1/19 20:44
N
utriprato está pensado para nenos de máis de 3 e ata 12 anos de idade e é o método ideal para lograr que os teus fillos sigan unha dieta saudable e equilibrada. Está dividido en tres partes que, de xeito moi visual e divertido, indican as proporcións adecuadas de cada grupo de alimentos e serve de axuda á hora de preparar unha comida equilibrada para os pequenos. É útil para os pais e de fácil comprensión para os fillos, que se familiarizarán axiña cos alimentos máis saudables e coas cantidades que se deben comer. Na guía amósase, de maneira fácil e atractiva, como usar o prato e seguir o método de xeito óptimo. Ademais, atoparás información polo miúdo sobre as cantidades e funcións de cada grupo de alimentos. Respectar as proporcións que indica o prato é requisito fundamental para seguir unha dieta variada e equilibrada.
Verduras e hortalizas: ocupan, polo menos, a metade do prato das comidas principais. Débense consumir preferentemente frescas, de tempada e de proximidade. Achegan moi pouca enerxía, pero proporcionan moitas vitaminas, minerais e fibra, nutrientes indispensables para manter a saúde e regular as funcións do organismo. Carnes, peixes, ovos, legumes e froitos secos: ocupan un cuarto do prato. Proporcionan as proteínas necesarias para construír e reparar
as células do corpo, favorecendo o crecemento correcto dos ósos e dos músculos. Este grupo inclúe as carnes magras, os peixes, os ovos, os legumes (garavanzos, fabas, chícharos, fabas, etc.) e tamén os froitos secos Cereais integrais e tubérculos: ocupan tamén un cuarto do prato. Son os encargados de proporcionar enerxía saudable para o organismo. Este grupo inclúe pan, pasta, arroz, millo, cuscús ou quinoa, preferiblemente integrais, e tubérculos como a pataca.
Nutriprato ® está dispoñible a través da páxina web www.nutriplatonestle.es Todas as familias con fillos de máis de 3 e ata os 12 anos pódense subscribir e solicitar gratuitamente o pack, que inclúe o prato didáctico e a guía chea de receitas, consellos de estilo de vida saudable e recomendacións nutricionais.
TAMAÑO ORIENTATIVO DAS RACIÓNS POR GRUPOS DE ALIMENTOS* As racións ilústranse de diferentes maneiras para que as familias utilicen a opción que lles sexa máis fácil e práctica no momento de prepararen as comidas: o tamaño da man, gramos e medidas caseiras. Para as medidas do tamaño da man, aconséllase tomar como referencia a medida da man do neno.
Verduras e hortalizas
Carnes, peixes, ovos e legumes
Cereais integrais, tubérculos e legumes
Dúas mans
De 60 a 90 g de carne branca
1 unidade mediana (de 150 a 200 g aprox.)
*O tamaño das racións recolleuse nos documentos Consenso sobre a alimentación nos centros educativos, AECOSAN (2010-2011), e A alimentación saudable na etapa escolar da Axencia de Saúde Pública de Cataluña.
A saúde Tutúa salud para éo para nós nosotros primeiro es lo primero
73.819 niños han participado 460.401 nenos e 3.192 centros en el Programa Educativo educativos participaron no de la Escuela de Alimentación Programa Educativo da Escola de de la Fundación Alimentación da Eroski Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es
41
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 41
23/1/19 13:10
enerxía para medrar
Laura González
materia pendente é achegar as recomendacións dos expertos á realidade cotiá e ao contexto social das familias. Neste sentido, é fundamental achegar consellos e ferramentas útiles para que resulte sinxelo aplicar os consellos nutricionais e incorporar á rutina cotiá os hábitos de comida saudables. Canto teñen que comer os nenos é unha dúbida frecuente entre as familias. De feito, só o 44% delas adapta as racións de comida á idade dos seus fi llos e ata o 24% recoñece que lles dá a mesma cantidade ca a un adulto, mentres que o recomendable é adaptar as racións á idade do neno.
Responsable de Nutrición, Saúde e Benestar de Nestlé España Por que decidiu Nestlé desenvolver esta iniciativa? Sabemos que a saúde dos máis pequenos da casa é o máis importante e, para iso, unha boa alimentación é fundamental. O feito de que os nenos adquiran hábitos de vida saudables desde idades temperás, como unha alimentación variada e equilibrada, é unha garantía para o seu benestar no presente e no futuro. Neste contexto nace Nutriprato, unha iniciativa que xorde para mellorar os hábitos de alimentación infantil que se establecen durante a nenez e que os acompañarán toda a vida. Este método, pioneiro en Europa, nace da man do Hospital de Sant Joan de Déu de Barcelona e Nestlé. Logo de máis de ano e medio de traballo dun equipo multidisciplinar de 20 expertos, creouse un método integral baseado na dieta mediterránea e enfocado especialmente para os nenos, inspirado no ‘Prato de Harvard’. Só un 10% das familias españolas come de maneira saudable, segundo apunta o V Observatorio Nestlé sobre hábitos nutricionais e estilo de vida das familias. Como estamos a alimentar os nosos fillos e como podemos mellorar? A realidade é que nos últimos anos a poboación española afastouse da dieta mediterránea e adoptou hábitos máis sedentarios, provocando trastornos como o sobrepeso e a obesidade tanto en adultos como en nenos. Os resultados do estudo V Observatorio Nestlé sobre hábitos nutricionais e estilos de vida das familias pon de manifesto que estes problemas na infancia veñen, en moitos casos, determinados por uns malos hábitos e pola falta de información e de concienciación dos pais.
Se nos fi xamos nos hábitos alimentarios dos máis pequenos, sabemos que comen menos froitas e verduras das que precisan. Só o 17% dos pais lles dá aos fi llos as tres pezas de froita recomendadas e só o 54% lles dá a cantidade de verduras ou de hortalizas recomendada. Ademais, o estudo amosa que sobran alimentos ricos en hidratos de carbono nos pratos dos máis pequenos mais faltan verduras e hortalizas. As proporcións dos principais grupos de alimentos están invertidas. Mentres que os expertos recomendan que un 50% da comida principal sexan verduras ou hortalizas e un 25% de alimentos ricos en hidratos de carbono, a realidade é a contraria; estámoslles a dar aos nenos case un 60% do prato principal de hidratos de carbono e tan só un 25% de verduras ou hortalizas. Neste sentido, Nutriprato pode ser de grande axuda para as familias á hora de planificar os menús dos pequenos en canto a que deben comer e en que cantidades. Que dúbidas ou inquedanzas teñen os pais? Os pais teñen cada vez máis información dispoñible sobre os temas relacionados coa nutrición, pero o que aínda é unha
Daquela, cal é a ración adecuada para os máis pequenos da casa? Os nenos requiren unha maior achega de enerxía por quilo de peso e alimentos máis nutritivos ca un adulto, xa que realizan unha intensa actividade física e tamén por mor do crecemento característico da etapa infantil, que é lento pero continuado. Por iso é polo que as racións teñen que se adaptar á idade do neno. É dicir, nunha familia con dous nenos, un de 4 anos e outro de 8 anos, a ración debe ser a adecuada para cada idade. No caso das carnes e peixes é aconsellable tomar como referencia o tamaño da man do neno. Así, un neno de 5 anos debería consumir un anaco de pescada equivalente ao que ocupa a palma da súa man e de non máis dun centímetro e medio de grosor. Sabemos que as medidas caseiras ou gramos poden ser pouco prácticas para medir as racións coas présas do día a día, pero ao utilizar a palma da man do neno, os pais saberán facilmente canta verdura, carne, froita ou tubérculos debe tomar o cativo no xantar ou na cea. Este tipo de consellos son os que precisan as familias e os que están incluídos no método Nutriprato que desenvolvemos xunto co Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona.
42
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 42
22/1/19 20:44
Receitas Nutriprato para preparar xantares e ceas As receitas recollidas na guía facilitan o uso do Nutriprato dun xeito moi visual. Inclúense receitas tradicionais e outras máis novas e son exemplos de como organizar as comidas principais seguindo este método. Están calculadas para cubrir os requirimentos nutricionais medios dos nenos, tendo en conta que cada comida debe levar ao carón unha peza de froita e auga.
PASTA MEDITERRÁNEA Á ● Nunha pota, poñemos a quentar
dúas culleradas de aceite de oliva virxe e sofriximos primeiro o porro cun pouco de sal por riba para rustrilo ben.
COMO SE ELABORA
cociñamos uns 20 ou 25 minutos, ata que comprobamos que as verduras están tenras.
● Fervemos a pasta cun chisco de sal. Escorrémola e reservámola.
● Pasamos todo a un vaso de batedor
30’
e triturámolo o mellor posible ata acadarmos unha crema homoxénea. ● Poñémolo ao punto de sal e pementa
INGREDIENTES
e servímolo quente. Para a crema: • 500 g cabaza • 2 cenorias • 250 g de patacas • 1 porro • 4 culleradas de aceite de oliva • Sal • Pementa
• A cantidade necesaria de auga
● Acompañamos esta crema con
Acompañamentos: • 2 rebandas (40 g) de pan • 2 o 3 filetes de sardiña
● Decoramos con olivas ou pemento
COMO SE ELABORA
INGREDIENTES
● Baixamos daquela a lume medio e
● Botamos máis auga na pota ata
fácil
15’
cubrirmos as verduras e poñémola a lume forte ata que comece a ferver.
botamos na pota os anacos de pataca, cenoria e a cabaza. Refogamos o conxunto durante un par de minutos remexendo ben.
1
principiantes
• 70 g de pasta integral seca en forma de lazos • 150 g de espinaca baby • 4 follas de alfábega • 40 g de queixo feta
● Cando o porro estea rustrido,
CREMA DE CABAZA E CENORIA CON PINCHO DE SARDIÑAS
1
dous petiscos de sardiñas. Para iso, poñemos 2 rebandas de pan e os fi letiños de sardiñas enriba.
morrón (opcional).
• 4 tomates cherry • 20 g de noces • 1 cullerada de aceite de oliva • 1 cullerada de vinagre balsámico • Sal • Pementa
● Lavamos as follas de espinaca e os tomates. Partimos estes pola metade. ● Lavamos as follas de alfábega e picámolas xunto coas noces e cortamos o queixo en dados pequenos. ● Mesturamos as espinacas, a alfábega, os tomates, o queixo e as noces coa pasta cocida. ● Facemos unha vinagreta con aceite, vinagre, sal e pementa. Engadímola á pasta e servímola axiña.
En casos de celiaquía ou intolerancia
En casos de celiaquía ou intolerancia
ao glute utilizaremos pan sen glute
ao glute podemos preparar a receita
para o acompañamento.
con pasta sen glute, arroz ou quinoa.
Receita incluída na guía do Nutriprato de Nestlé. Ración indicada para nenos de 7 a 12 anos.
Receita incluída na guía do Nutriprato de Nestlé. Ración indicada para nenos de 7 a 12 anos.
● Cortamos o porro en anacos medianos
e pelamos e cortamos a cabaza, a cenoria e a pataca en dados grandes.
43
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 43
23/1/19 13:10
belleza
Novos xeles en escuma de belle
Un baño cheo de sensacións
Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle. Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/
Converte a túa ducha diaria nun ritual de beleza único e cheo de sensacións cos dous novos xeles en escuma Spa Secrets e Oriental Secrets de belle. Con pH neutro, respectan o equilibrio da túa pel e asemade límpana e perfúmana delicadamente.
T
odos queremos gozar dun momento pracenteiro á hora do baño ou da ducha. A luz tenue e un pouco de música de fondo pódennos axudar a relaxarnos e a recuperarnos da tensión do día a día. E, se amais de hixiene, buscas un auténtico baño de sensacións e benestar, nada mellor que probar os novos xeles en escuma que acaba de lanzar belle e que, grazas á súa textura, non só achegan suavidade, senón tamén un agradable e intenso perfume. Con
aceite de améndoa e pH neutro, amais de limparen a túa pel coidan do seu equilibrio. O novo xel de baño Oriental Secrets transportarache a Oriente grazas á súa textura envolvente e á fragrancia do aceite de argán. Ademais, o aceite esencial de cimbro proporcionarache nutrición e elasticidade. Tras o baño de pracer, gozarás dunha pel sedosa e lixeiramente perfumada. A túa pel e tamén os teus sentidos agradecerán un baño co xel Spa Secrets que, grazas á
súa fragrancia fresca, co toque cítrico que lle achega o aceite esencial de bergamota, e á pureza da auga volcánica que contén, axudarache a te evadires un intre coma se estiveses a gozar dun tratamento reparador.
44
044-046 BELLEZA GAL.indd 44
22/1/19 20:45
beleza
Xampú en seco de belle
Pelo limpo e brillante en só uns minutos Hai varios anos, os xampús en seco chegaron ao noso mercado para lucir un cabelo limpo e brillante sen necesidade de auga. Agora, belle lanza de novo o seu xampú en seco cunha fórmula e unha imaxe mellorada. Lévao sempre a canda ti vaias a onde vaias.
O
xampú en seco creouse nos anos 70 para facilitar a limpeza do cabelo en situacións nas que non era posible lavalo. Posteriormente, esta idea orixinal evolucionou cara a un produto de beleza que permite que o pelo se vexa máis limpo e brillante en cuestión de minutos e sen necesidade de auga. O xampú en seco de belle é un produto imprescindible para ter no neceser en calquera época do ano. É unha solución de emerxencia para lucir un pelo solto, lixeiro e sen residuos en menos de dous minutos. E tamén che permitirá darlle máis textura ao cabelo ou lucir un fl oco perfecto sen ter que lavalo. Ademais, o seu efecto antigraxa axudarache a manter o teu pelo solto e brillante por máis tempo.
Saúde e benestar
SEN
parabenos
Eliminamos os parabenos e o triclosán dos produtos de marca propia en cosmética e coidado persoal
45
044-046 BELLEZA GAL.indd 45
23/1/19 13:11
beleza
Nova fórmula de lacas belle&MAKE-UP
Dálles cor ás túas uñas Queda pouco para que acabe o inverno e, coa primavera ao virar a esquina, presentámosche a gama de lacas de uñas belle&MAKE-UP que podes atopar en EROSKI. Estrea unha nova fórmula, que ofrece unha manicura máis respectuosa coa saúde das túas uñas e tamén coa contorna.
O
s esmaltes de uñas convertéronse nun básico do noso ritual de beleza. Non hai look que non mellore cun toque de cor nas túas mans. En belle&MAKE-UP contamos cunha completa gama de lacas onde poderás atopar cores que van desde os discretos nude ata o negro, pasando por varios tons de vermello. A partir de marzo, ademais, poderás gozar da súa nova fórmula, que inclúe diferentes melloras. Agora contan con tecnoloxía patentada Gloss Seal’R®, que achega un brillo extremo de longa duración. Tamén, a súa cor é máis intensa e o tempo de secado menor. Doutra banda, pasamos dunha fórmula 5 free a unha 10 free. É dicir, as lacas belle&MAKE-UP xa non conteñen dez ingredientes químicos habituais nos esmaltes de uñas, e legais, pero que polo seu perfi l toxicolóxico resultan máis controvertidos e prexudiciais: formaldehído, tolueno, ftalato de dibutilo (DBP), parabenos, resinas de formaldehído, alcanfor, trifenil fosfato, DPHP, éter de Glicol, etc. Tampouco conteñen perfumes e trátase dunha fórmula vegana. Grazas a todas estas melloras poderás gozar dunha manicura de maior duración e que coida máis as túas uñas, sen resecalas e deixándoas respirar. Como última novidade, tamén se mellorou o pincel: máis plano, máis ancho e con bordos redondeados, o que facilita moito a aplicación, xa que se adapta mellor á forma da uña.
ACABADO INSUPERABLE Lembra que para lucir unha manicura profesional cómpre utilizar previamente un produto de tratamento que achegue protección extra e que facilite a eliminación posterior do esmalte. Deseguido, aplica a túa cor
preferida: estende o esmalte comezando desde o centro da uña e enchendo despois os laterais. Para obteres un acabado espectacular e alongares a duración da túa manicura, reforza a cor cunha capa de laca xel brillo belle&MAKE-UP.
46
044-046 BELLEZA GAL.indd 46
22/1/19 20:46
EROSKI 43 COLGATE.indd 1
24/01/19 11:44
Non perdas o novo número de ‘Consumer EROSKI’ Queres saber como funcionan e coidan o teu corpo os microorganismos que habitan nos fermentados que tomamos? Contámoscho no novo número da revista Consumer EROSKI. Tamén atoparás información sobre o perigo de abusar dos analxésicos e normas e recomendacións para utilizar o patinete eléctrico.
Consumer con outra imaxe e máis contidos A túa ‘Eroski Consumer’ de toda a vida renóvase,
FEBREIRO 2019
A REVISTA DOS CONSU MIDORE S RESPON SABLES
Estas bacterias non che farán dano
POR SÓ
1€
FERMENTADOS QUE TOMAMOS. MILLÓNS DE MICROORGANISMOS HABITAN NOS EN LUGAR DE CAUSARLLE PROBLEMAS. CONTÁMOSCHE POR QUE COIDAN O TEU CORPO
• Cun deseño renovado e máis moderno • Con máis e mellores contidos
RECU NCHO INFAN TIL
CANDO O MALTRATADOR É MENOR DE IDADE E VIVE NA TÚA CASA
IBUPR OFEN O E PARAC ETAMO L: O PERIG O DE ABUSA R DOS ANALX ÉSICO S
• Información útil e práctica para o consumidor
• Co mesmo rigor, veracidade e independencia de sempre
Caldos en brik
UN RECURSO RÁPIDO E SEGURO PARA TODO O ANO
06 Sostibilidade
PISTAS PARA USAR O PATINETE ELÉCTRICO
POR SÓ
1€
COMO PILOTAR CON GARANTÍAS O WIDGET DE MODA NA CIDADE
9/1/19 13:53 01_GAL_portada-7.indd 01
48
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
048 EN LA TIENDA REVISTA CONSUMER GAL.indd 48
moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
22/1/19 20:57
EROSKI 43 GULLON.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
17:12
En diferentes iniciativas
Doamos máis de 6.450 toneladas de alimentos
D
urante o 2018, EROSKI e mais os seus clientes doaron máis de 6.450 toneladas de alimentos destinados aos colectivos máis desfavorecidos. A cifra equivale ao consumo de alimentos de 2.590 familias ao longo dun ano. Desta cifra, máis de 4.928 toneladas doounas EROSKI dentro do programa Desperdicio Cero, que garante que non se desbote ningún
Apertura en Vitoria-Gasteiz
Novo supermercado xestionado por persoas con discapacidade
G
UREAK e EROSKI consolidan o proxecto para a integración social e laboral de persoas con discapacidade desenvolvido conxuntamente coa inauguración dun novo supermercado en Vitoria-Gasteiz xestionado integramente por persoas con discapacidade. O establecemento franquiado EROSKI/City está situado no número 3 da rúa Juana Jugan da capital aravesa e dálle emprego a 14
alimento apto para o consumo, senón que se lles doa a organizacións sociais do contorno próximo de cada tenda. A esa cantidade súmanse as 1.523 toneladas recadadas a través das distintas campañas, como a Operación quilo ou A gran recollida. Esta última celebrouse o pasado decembro e participaron case 1.400 establecementos EROSKI, Vegalsa e Caprabo.
persoas. É o terceiro supermercado destas características que abre as súas portas. O primeiro inaugurouse en Azpeitia en outubro do 2015. O director de Franquías de EROSKI, Enrique Martínez, salientou que hai tres anos botaron a andar unha “iniciativa pioneira de innovación social” coa “ilusión” de podela espallar. “Esperamos que neste ano se poidan materializar outros proxectos con outras empresas líderes da integración laboral de persoas con algún tipo de discapacidade, como é o caso de Ampans, en Cataluña. Isto ratifi ca o compromiso fi rme de EROSKI neste tipo de proxectos”, engadiu Martínez.
52
052-053 NOTICIAS GAL.indd 52
22/1/19 21:00
Oriol Casals, do restaurante Teòric
Máis de 63.000 euros de recadación
O VII premio BCC EROSKI Saria xa ten gañador
A Estrela solidaria de EROSKI brilla máis
O
riol Casals, do restaurante Teòric de Barcelona, foi galardoado co premio BCC EROSKI Saria coa súa receita denominada Cabaza. O xurado, tendo en conta os condicionantes de innovación con produto local, a sustentabilidade e a saúde da proposta, fallou a prol do cociñeiro catalán, que obtivo un premio de 6.000 euros e un diploma. O Premio BCC-EROSKI Saria busca elaboracións saudables, sostibles e innovadoras e sitúa no centro os alimentos producidos no contorno máis próximo dos participantes. O galardón visibiliza deste xeito o dobre compromiso dos fi nalistas. Por unha
De esquerda a dereita: Agustín Markaide, presidente de EROSKI; Iñaki Murua, do restaurante Ikaro (Logroño); Oriol Casals, do restaurante Teòric (Barcelona); Xabier Blanco, do restaurante Summum (As Palmas de Gran Canaria) e Joxe Mari Aizega, director xeral do Basque Culinary Center.
banda, a aposta polos produtos tradicionais e os seus produtores e a preservación da biodiversidade de especies, variedades e sabores. Por outra, a súa implicación coa alimentación saudable e equilibrada a partir de produtos locais como clave para mellorar a saúde.
Conseguiu 22.500 euros
A campaña de EROSKI e WWF, un éxito
A
iniciativa solidaria para a conservación das fragas e para a recuperación dos ecosistemas degradados, na que colaboraron conxuntamente EROSKI e WWF, recadou 22.500 euros. Esta campaña, que se inclúe dentro do convenio renovado hai uns meses entre ambas as dúas entidades, comezou en agosto e rematou o pasado novembro. EROSKI destinará os beneficios da venda da súa bolsa solidaria a esta organización de conservación da natureza, que continuará co traballo realizado para preservar as fragas. Entre os seus obxectivos está
recuperar as funcións das fragas para que volvan ofrecer recursos, auga e aire de calidade, protección fronte a inundacións e regular o clima na terra; crear fragas autóctonas, de diferentes especies e idades, apostando pola biodiversidade e pola variedade de hábitats; potenciar a diversidade nos usos dos bosques como base da actividade económica en zonas rurais e xerar unha paisaxe diversa e rendible para resistir aos impactos futuros.
A
cuarta edición da iniciativa da Estrela solidaria, que EROSKI desenvolveu en colaboración co Comité Español de Unicef (a axencia das Nacións Unidas para a Infancia), logrou recadar máis de 63.000 euros dende a súa posta en marcha a fi nais de outubro. Os nosos clientes adquiriron este adorno de Nadal ao prezo simbólico de dous euros nas liñas de caixa de toda a nosa rede de supermercados e hipermercados e tamén no supermercado online. O Comité Español de Unicef destinará a recadación recibida ao seu fondo de emerxencias, centrado nas crises silandeiras que carecen de cobertura mediática e teñen, polo tanto, menores recursos. Este fondo serve para apoiar aquelas intervencións que precisan de maior financiamento e para actuar axiña en calquera parte do mundo dende o primeiro momento, axudando a garantir o acceso á auga e saneamento, nutrición, saúde, educación e protección a millóns de nenos que seguen a sufrir as consecuencias das guerras, secas, fames e desastres naturais.
53
052-053 NOTICIAS GAL.indd 53
22/1/19 21:00
EROSKI comprométese 1
2
3
4
Desde sempre e para sempre comprometidos coa seguridade alimentaria
Promovemos unha alimentación equilibrada
Previmos a obesidade infantil
Atendemos as necesidades nutricionais específicas
5
66
7
8
Favorecemos un consumo responsable e respectuoso co medio natural
Ofrecemos máis produtos locais
Facilitamos comer ben a bo prezo
Actuamos dende a escoita, con claridade e transparencia
9
10
Coidámonos como traballadores
Impulsamos un estilo de vida máis saudable
Actuamos de xeito claro e transparente, contando sempre coa participación de socios, traballadores e clientes na toma de decisións da empresa. Tamén queremos máxima claridade e transparencia na información dos nosos envases. Por iso, introducimos o semáforo nutricional no 2007 e agora somos pioneiros en España en adoptar Nutri-Score.
o vindeiro mes... marzo’19
É Tempo de...
Na tenda contigo
Protagonistas
Nutri-Score
50 aniversario de EROSKI
Cocochas de bacallau EROSKI Natur
54
054 PROXIMO MES GAL.indd 54
22/1/19 21:01
EROSKI 43 VIPOO.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
22/01/19
12:01
EROSKI 43 DANACOL.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
21/01/19
13:39