EROSKI_FEBRERO_2023_GALLEGO

Page 1

Alimentación ecolóxica

Natural, sustentable e ao alcance

Aforro É tempada de col, coliflor e brócoli

Solidariedade

Calendario de proxectos para o 2023

Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.

www.eroski.es #85 Febreiro’23
Una al mes por Tarjeta Oro. Sujeto a disponibilidad en tienda.

10 É tempada de crucíferas

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

28 Cliente dixital

febreiro’2023

44 Viaxes

34 Solidariedade 30 Mundo bebé

04 Neste número.

06 O último nas nosas tendas.

10 Aforra con EROSKI:

é tempada de crucíferas.

16 A familia EROSKI BIO medra.

28 Sendo cliente dixital aforras 100€ máis.

30 Mundo bebé:

todo o que precisas para a hixiene e o coidado dos máis pequenos.

34 Solidariedade.

40 Plan familias 0·12.

42 As vantaxes de EROSKI club.

44 Viaxes.

47 Vales aforro.

50 Novas.

3
sumario
ww wwww.erososkiki.e.es 16 A familia EROSKI BIO medra

Ser sostible ao mellor prezo

Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club

Febreiro vén do latín februo, que quere dicir limparse ou purifi carse. E, pensándoo ben, se cadra é iso o que precisamos neste intre. Coidarnos e coidar o noso planeta.

En EROSKI levamos anos a traballar para termos a capacidade de levar unha vida saudable, sustentable e ao noso alcance. Por iso, a nosa gama ecolóxica, con marcas como EROSKI BIO e EROSKI ECO, medra día a día e conta xa con 2.400 produtos. Entre as novidades, a familia de pasta integral BIO ou un

neste número

cepillo dental de bambú co que te convidamos a reducir o uso cotián de plásticos. Neste sentido, en EROSKI seguimos dando pasos. Cada ano reciclamos 3.000 toneladas de plástico e traballamos en proxectos pioneiros de envasado.

Pero ser sostible tamén pasa polo consumo de produtos de proximidade. Este mes ofrecémosche ao mellor prezo colifl ores e brócolis locais, con Indicación Xeográfi ca Protexida (IXP), BIO e de cores e suxerímosche receitas que non superan o euro por porción para cociñalas.

E para demostrarche que gastar menos é posible na aventura de ser pais e nais, adiantámosche como aforrar 110 euros anuais co Plan Familias 0·12. Queres saber máis vantaxes por seres socio? E por seres socio dixital? Contámoscho.

Tamén nos achegamos á vida de June Arroitajauregi e do seu fi llo Inar, un dos tres millóns de persoas cunha enfermidade rara en España. A elas irá destinado o ‘Céntimo Solidario’ de febreiro, que abre o calendario das nosas doce causas. Brindámoslles o noso apoio. Anímaste a colaborar?

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid

Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

4 editorial

Dende o comezo, en EROSKI cremos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable.

Hoxe, esta convicción recóllese en 10 compromisos pola saúde e a sustentabilidade que nos marcan o camiño a seguir. Dende sempre e para sempre, avanzamos no que de verdade che importa.

2

Implicarnos coa seguridade alimentaria

Neste número

Promover unha alimentación equilibrada

5 4

Atender as necesidades nutricionais específicas dos clientes

Previr a obesidade infantil

1 3

Neste número Neste número

Favorecer o consumo responsable

Ofrecer máis produtos locais

Neste número

Facilitar comer ben a bo prezo

7 10

Actuar con claridade e transparencia

Neste número

6 8 9

Coidarnos como traballadores

Impulsar un estilo de vida máis saudable

5

o último

Queremos que sempre esteas informado para que a elección das túas compras sexa a máis axeitada para ti e para a túa familia. Nesta sección presentámosche os últimos produtos que chegaron ás nosas tendas, para que non se che escape nada e esteas sempre á última. Toma nota!

Wrap signifi ca envolver, rodear, abrigar. E iso é precisamente o que che propoñemos: que te enroles coas nosas tortas de trigo EROSKI para preparar un bocado ben apetecible.

Orixinarias de México, estas tortas admiten todo tipo de

recheos. Pódelas combinar con vexetais, carnes ou salsas e encher de leituga, espinacas, cogomelos laminados, cebola, puré de legumes, guacamole, tomate, ovo duro, queixo, polo, tenreira, atún e ata de crema de cacao. Ou do que a imaxinación e o padal che suxira!

Na nosa web eroski.es propoñémosche ideas prácticas para preparar enrolados doados, sans e moi saborosos como os Wraps de salmón afumado e queixo.

IOGUR GREGO

CON TODA A CREMOSIDADE, E AGORA CON PIÑA

A familia de iogures gregos EROSKI medra cunha nova variedade de piña, que se suma aos xa tradicionais: natural, natural azucrado, amorodo, stracciatella, limón, noces, vainilla ou café. Este último foi recoñecido o ano pasado co premio Salute to Excellence da

PLMA pola innovación e calidade do produto. Amais de achegar calcio e de ser unha opción perfecta para un petisco saudable, este iogur é un alimento farturento polo seu alto contido en proteínas. Con suaves cachiños de piña e toda a cremosidade. Ben que che vai gustar!

6
‘WRAPS’ Enrólate coas novas tortiñas

fala Bifrutas para BIFRUTAS 100% NATURAL

Proba a receita mellorada!

Elaborado a base de leite desnatado e de zume de froitas, con ingredientes de orixe 100% natural e vitamina C. Por que é 100% natural? Porque o facemos con métodos que coñeces, como cortar, espremer ou concentrar. SEN engadir azucres, SEN edulcorantes e SEN aditivos. Ademais, presentámolo nun cómodo envase de 240 ml para que o leves sempre contigo.

Galletas para toda a familia

Os amantes das galletas están de parabéns. Co novo ano chegan a EROSKI novidades para toda a familia. Estreamos unhas minicookies con pebidas de chocolate e dúas novas

variedades de barquillo sen azucre: 0% azucres engadidos e barquillo de abelá e cacao, con 11% de abelás. E para tomar as galletas a culleradas no almorzo, nada mellor ca as novas variedades mini con cacao e multicereais.

7

o último HAMBURGUESAS DE POLO ‘CRISPY’

Sen glute e ao estilo de Nova Orleans

Co máis puro estilo de Nova Orleans, chegan ás nosas tendas as novas hamburguesas de polo Crispy EROSKI. Elaboradas con carne de polo e recubertas con cereais, son crocantes, tenras e substanciosas á vez. Teñen Nutriscore B e, aínda que levan empanado, non conteñen glute, polo que son unha opción perfecta para as persoas con celiaquía.

Poderalas cociñar na frixideira ou na tixola. Se as queres elaborar de xeito máis saudable, introduce as hamburguesas no forno uns 10 minutos, prequentado a 220 ºC. Sairán no seu punto!

Suxestión: torra o pan da hamburguesa e monta o bocado coa carne, engadindo cogombro novo, leituga, tomate natural en láminas e maionesa ao gusto.

QUEIXO DE OVELLA

O SABOR DE SEMPRE NUN FORMATO MÁIS CÓMODO

Gozar do mellor queixo tradicional de ovella é máis doado co novo formato de cuña cortado que che ofrece EROSKI. O sabor intenso e

equilibrado e o aroma e a textura de sempre, nun queixo agora xa listo para incluírelo sen complicacións nas túas táboas ou como aperitivo.

NOVA VARIEDADE

Ideal para que os nenos e bebés dende os seis meses consuman facilmente froita dentro e fóra da casa. Velaquí a nosa nova bolsa de puré de froita de mazá, plátano e mango. 100% froita, sen azucres engadidos e con vitamina C.

8

comida de verdade

Edgard & Cooper son dous cans. Os seus donos non deron atopado unha comida abondo nutritiva e saudable para eles, así que decidiron crear a súa propia con ingredientes de verdade. Nada de comida lixo. E así naceu a nosa marca!

De que falamos ao falarmos de “comida de verdade”?

A diferenza das máis das marcas de alimentación para mascotas, nós utilizamos carne fresca cociñada a baixa temperatura no canto de fariñas de carne. Todos os antioxidantes e nutrientes das nosas receitas son de orixe natural.

Grazas a isto, conseguimos conservar todo o sabor e facilitar a dixestión dos nosos amigos de catro patas.

Coidamos que un

Traballamos acotío para nos achegarmos á nosa meta: converternos na marca de alimentación para mascotas máis sostible do mundo no 2025.

CERO EMISIÓNS DE CARBONO

ENVASES 100% SOSTIBLES

SUBMINISTRACIÓN 100% ÉTICA

Receitas para todos!

En Edgard & Cooper non nos esquecemos de ninguén: dende os cans máis lambereteiros ata os gatos máis esixentes, pasando polos cachorros ata chegar aos nosos queridos seniors. Creamos receitas para todos os gustos. Penso, comida húmida (latas e patés), snacks e sticks dentais. Para que non poidan deixar de sorrir. E este ano lanzamos a nosa nova gama de gato, que cumpre con tooodas as súas expectativas. Miau!

odas

Ademais, o 1% das nosas vendas vai destinado á Fundación Edgard & Cooper para apoiar proxectos en beneficio de cans e gatos arredor do mundo

Descubre o noso mundo en edgardcooper.com/es

é posible as
fala Edgard Cooper para

Un estilo de vida saudable inclúe o consumo de polo menos cinco pezas de froitas e verduras diarias. En EROSKI querémosche facilitar unha alimentación saudable para ti e para a túa familia.

COLES SEN ESCUSAS

Nas nosas tendas atoparás un amplo mosaico de verduras de tempada, recollidas no seu punto óptimo de maduración, cultivadas no

contorno máis próximo e ao mellor prezo. Anímaste coas crucíferas? É tempo de brócoli, lombarda, col... Polo seu alto contido en fi bra, vitaminas e minerais son as raíñas

LOCAL E AO MELLOR PREZO

En EROSKI tes onde elixir. Achegámosche as mellores coles, colifl ores e brócolis locais, recollidas no seu punto óptimo e ao mellor prezo. Se o teu é o BIO ou as orixes máis selectas, tamén tes un espazo para ti nas nosas tendas.

Romanesco

da saúde. E están no seu mellor momento! Ademais, coidarán da túa economía, porque os produtos de tempada adoitan ter un prezo menor.

tem en or enor.

10
este mes
Col rizada Brócoli IXP Coliflor de Calahorra (A Rioxa) Lombarda Reyno Gourmet Brócoli EROSKI NATUR BIO Grelo de Galicia o

UN PRATO SAUDABLE

entre 0,22 € e 0,62 € porción

Comer san e a bo prezo é posible. Nas nosas tendas tes á túa disposición unha ampla gama de produtos cos que incorporar á túa dieta as tan necesarias verduras. Por apenas 0,22 € poderás contar no teu prato cunha porción de repolo rizado local. Se prefires a lombarda, con 0,32 € poderás gozar do teu prato preferido. E se te animas co romanesco ou co brócoli, a porción sairache por uns 0,58 €. Non hai escusas para non comeres san!

COLIFLOR Para gustos, cores

O mes de febreiro é o mes da cor na horta de EROSKI. Poñemos á túa disposición todo o abano cromático de colifl ores que animarán os teus pratos por menos de 0,50 € a porción.

7

AOS PEQUENOS VAILLES ENCANTAR

Coliflor branca

É a variedade máis común. É branca porque o horticultor tapa a masa dos raios do sol para que non produza clorofi la, o pigmento natural que lle proporciona a cor verde aos vexetais.

Coliflor verde Aquí a masa si que goza do sol. É a variedade máis aromática e a que concentra máis vitamina C.

Coliflor laranxa

Ao igual ca cabazas ou cenorias, a cor dáa o betacaroteno, que ademais lle outorga un sabor máis doce e un 25% máis de vitamina A.

Sabemos o que custa animar os máis pequenos da casa a consumir verduras. A divertida forma das crucíferas, o seu colorido, a súa esponxosa textura e a súa achega de vitaminas e minerais convértenas nunha interesante elección para o menú infantil. Por certo, sabías que estas hortalizas eran utilizadas na antigüidade como plantas medicinais? Son ricas en vitamina C, folatos e vitamina B6. Tamén conteñen outras vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, calcio, ferro e magnesio. E ademais son baixas en calorías!

PLAN Hortaliza local

Coliflor morada

A súa cor provén dunha mutación natural. Para que se manteña no prato hai que consumila crúa ou cunha cocción corta. De se alongar este proceso, a cor tórnase amarela verdosa.

A nosa aposta polo consumo saudable, sustentable e ao mellor prezo é fi rme. En EROSKI puxemos en marcha no 2022 o ‘Plan Hortaliza local’. Con el ampliamos a presenza de verduras cultivadas no contorno máis próximo de cada unha das nosas tendas e recuperamos variedades das que xa se perdera a produción.

11
Facilitar comer ben a bo prezo

Un receitario moi variado

Poderás preparar as crucíferas de xeitos moi diversos, como alimento principal ou para acompañar carnes, peixes ou pastas. Incluílas nos teus pratos equilibrará a túa dieta para facela máis saudable. Velaquí algunhas ideas para degustalas.

EN CRU. É a opción máis sa, xa que se conservan mellor os nutrientes. Pódense preparar en ensaladas, como crudités acompañadas doutras verduras e salsas.

COCIÑADAS. En estufado, en papillota ou en salteados xunto con outras verduras.

COCIDAS. Canto menor sexa o tempo de cocción, menor será a perda de vitaminas. Abondarán uns minutos na ola exprés ou dez minutos na pota.

FERMENTADOS. O xucrute é un fermento de col cheo de probióticos que axudan a manter o equilibrio na nosa microbiota e que achegan moitos benefi cios para a saúde. Ten ata dez veces máis de vitamina C respecto á col fresca! Nas nosas tendas poderalo atopar envasado e directo para servir.

Se te animas a preparalo ti mesmo na casa, a nosa web www.eroski.es suxíreche receitas coma esta: Como elaborar xucrute caseiro

Para aforrar tempo e cartos

Se queres seguir consumindo crucíferas en calquera época do ano, en EROSKI poñémoscho doado.

Dispoñemos dunha ampla gama de verduras conxeladas, salteadas ou en conserva, practicamente listas para consumir, que se converterán na túa mellor opción se non dispós de moito tempo para cociñar. Estas hortalizas recóllense no seu mellor momento e contan con todo o seu valor nutritivo.

12 este mes

Sopa de brócoli con arroz integral

• 70 ml de aceite de oliva

• 2 cebolas medianas

• 700 g de brócoli

• 1 l de caldo de polo

• 75 g de nata líquida

• 120 g de arroz integral

• Sal

• Perexil

ELABORACIÓN. Comezar cocendo o arroz. Para iso, poñer nunha pota abundante auga e sal, engadir o arroz e deixalo cociñar segundo as instrucións do paquete. Transcorrido o tempo, escorrer o arroz e reservar.

Cortar as cebolas en dados. Separar en ramalletes o brócoli e reservar.

Quentar o aceite nunha pota e refogar as cebolas ata comezaren a coller unha lixeira cor dourada.

Agregar o brócoli e o caldo de polo e sazonar. Levar a ebulición e deixar cocer a lume medio durante uns 35 minutos aproximadamente ou ata que o brócoli estea tenro.

Triturar ata acadar unha crema de textura lisa e sedosa. Engadir a nata líquida e

remexer ata incorporala. Rectificar de sal se é preciso e deixar cociñar durante uns cinco minutos máis a lume lento.

Á hora de servir, distribuír a crema nos pratos, engadir unha culleriña de nata líquida e outra de aceite de oliva. Acompañar co arroz integral e esparexer un chisco de perexil.

COMENTARIO DIETÉTICO

Engadíndolle unha porción de proteína a esta sopa teremos un prato completo. Propiedades nutricionais. Moitas veces fálase do brócoli como un superalimento, pero estes non existen. O brócoli é rico en fibra, vitamina C, vitamina A, e potasio. Truco. A cantidade de sal pódese reducir facilmente optando por caldo reducido ou baixo en sal ou por unha mestura que inclúa metade auga e metade caldo.

0,89€ POR RACIÓN

A D E

NUTRI-SCORE B C A

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

13
Receitas que nunca fallan Racións: 4
19% 386 39% 2,37g 10% 8,83g 26% 5,19g 32% 22,37g
DificultadeElaboración 1 h 15’
KCAL

Dourada ao sal

• 2 douradas (uns 700 g entre as dúas)

• 2 kg de sal gordo

• Auga

• Herbas aromáticas

• 2 culleradas e media de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 1 pemento verde, un vermello e un amarelo

• ½ limón

• Sal e pementa fresca

• As follas de ½ feixe de perexil picado fino

ELABORACIÓN. Mesturar o sal e as herbas aromáticas elixidas e humedecer o sal con auga.

Poñer unha cama de sal e por riba dela as douradas. Cubrilas con sal e levar ao forno prequentado a 200 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 30-40 minutos.

Noutra bandexa, aproveitando a calor do forno, asar os pementos salpementados e untados cun pouco de AOVE, ao mesmo tempo ca a dourada, durante uns 25-30 minutos, virándoos de lado un par de veces durante este tempo.

Mesturar dúas culleradas de AOVE, o zume de medio limón, a súa reladura, perexil picado fino, sal e pementa e reservar.

UNHA

Racións: 4 KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

2,65 € POR RACIÓN

14
este mes
DificultadeElaboración 30’ 12% 250 2% 0,10g 4% 3,75g 15% 3,07g 23% 15,85g A D E NUTRI-SCORE B C A
Sacar do forno e deixar repousar un par de minutos. Escachar a tona de sal e separar os lombos das douradas. Empratar a carón dos pementos asados e coa salsa de limón e perexil. RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Receitas que nunca fallan

fala Sunions para

Doce sen bágoas

AÍNDA NON PROBACHES SUNIONS ®?

PROBA A PRIMEIRA CEBOLA QUE NON CHE FARÁ CHORAR

Nunca cortar cebolas foi tan doce e divertido. Sunions ® chegou para alegrar todas as cociñas. Son moitas as maneiras nas que a cebola forma parte das grandes receitas. Ata agora, cortar cebola non era tarefa doada, e menos sen chorar. Con Sunions deixarás de chorar ao preparares delicias na túa cociña.

A calidade e dozura de Sunions asegura pratos deliciosos e dun sabor único. Son moitas as posibilidades que ofrece Sunions na túa cociña, xa que podes consumila en múltiples pratos en cru ou cociñada: Sunions crúa en ensalada, nun sándwich.

Sunions acaramelada para acompañar calquera receita.

Sunions salteada con outras verduras.

Sunions en tortillas.

Sunions non pode faltar na túa cesta da compra: achégalles grandes beneficios ás túas receitas e ao consumidor.

SEN BÁGOAS. Sunions é a única cebola que non che fai chorar e non irrita os teus ollos. É unha grande innovación, que che permitirá seguir gozando de cociñar sen ter que buscar trucos para non chorar cortando cebola.

MÁIS DOCE CADA DÍA. O sabor é moi importante para elaborar ricas receitas. Con Sunions terás o mellor sabor, suave e doce á vez, que enriquecerá os teus pratos.

CROCANTE. Próbaas crúas nunha ensalada, nun sándwich (igual se che saltan as bágoas de emoción!) e tamén elaboradas en calquera dos teus guisos.

Andrés, 46 anos Sunions revolucionou o meu xeito de cociñar. Onde estaban todo este tempo? .

CHORAR É NATURAL, SUNIONS TAMÉN. As cebolas Sunions son o resultado de tres décadas de traballo agronómico tradicional para conseguir unhas cebolas saborosas, doces, suaves e sen bágoas! Sunions son 100% naturais e 100% produción dos nosos eidos en España. Non o pensedes máis, Sunions é a cebola doce sen bágoas. Sumádesvos á súa revolución?

Tamara, 35 anos Sunions é a cebola perfecta para consumir en cru. Pola súa textura e dozura, é a verdadeira revolución

Isabel, 26 anos Sunions é perfecta para unha ensalada, unha pizza ou un cebiche de robaliza e lagostinos .

#CHORAPORQUEQUERES Cando se fai por gusto, chorar é un pracer. Nas nosas redes sociais podes atopar ideas, receitas e historias para chorar de risa, de emoción e de pracer.

este mes

A familia EROSKI medra

As

Mái

Máis natural, sustentable e ao

alcance

Os produtos BIO gañan espazo nas nosas tendas como parte do compromiso EROSKI pola saúde e a sustentabilidade.

LÁCTEOS

QUEIXO FETA

seguen a medrar para lograr que a túa alimentación e a túa forma de vida sexan cada vez máis naturais, baratas e respectuosas co medio natural.

Podes atopar produtos EROSKI BIO entre as nosas froitas e hortalizas frescas -colleitadas no seu momento óptimo de maduración para manter intactas as súas propiedades-, lácteos, aceites, legumes ou conservas, entre outros, e sumarte ao ECO nas seccións de hixiene e limpeza. Falar de BIO é falar de produtos obtidos por métodos tradicionais que respectan o medio natural. Faite BIO!

Á nosa gama de iogures, queixos, quefir e ovos EROSKI BIO súmase unha nova variedade de queixo feta en tacos, que se elabora con leite de vaca e ovella pasteurizado procedente de Grecia. É ideal para incorporar proteína nas túas ensaladas e facelas máis farturentas e nutritivas.

BEBIDAS

DE AVEA E AMÉNDOA

Sen azucres engadidos, nin edulcorantes, e elaboradas con materias primas procedentes do noso contorno, as bebidas de avea e améndoas son unha boa opción para comezar ben a mañá. Agora, ademais, contan cun cartón máis ergonómico, o que facilita o seu almacenamento e manexo. Dispón dun tapón de apertura nun só movemento, máis doado de abrir e pechar.

MARMELADAS

DE ALBARICOQUE, FRAMBOESA, AMORODO E PEXEGO

Aos sabores tradicionais de pexego, amorodo e framboesa súmase agora a marmelada de albaricoque. Sabías que a súa produción está en total equilibrio coa natureza? Isto débese a que os labregos intercalan nas plantacións outras especies vexetais diferentes para escorrentar as pragas de xeito natural.

16
Os prod do co n osa s m arc as ERO SKI BI O e ER OS KI EC O

FROITOS SECOS E DESHIDRATADOS

Os froitos secos, na súa xusta medida e sen sal, son unha opción moi práctica e saudable para un refrixerio. EROSKI BIO ofréceche améndoas, abelás, noces, mix de froitos secos crus, pistachos e, agora, tamén anacardios crus.

CUSCÚS

Un produto que gaña adeptos nas cociñas pola súa doada elaboración -apenas cinco minutos de cocción- e as súas propiedades saudables. O cuscús obtense a partir da sémola que non chegou a converterse en fariña logo de moer a parte dura do trigo.

DROGUERÍA

CEPILLO DENTAL DE BAMBÚ

Amais de alimentación, a nosa gama máis sostible conta con produtos de droguería e perfumería. A última incorporación é este cepillo dental de bambú EROSKI ECO. Os seus fi lamentos de orixe vexetal están fabricados sen colorantes, a partir de aceite de rícino.

5

Favorecer o consumo responsable

ESPAGUETES E PLUMAS INTEGRAIS Á pasta clásica BIO súmanse agora dúas variedades integrais, elaboradas con métodos de cultivos sostibles. Sabías que a pasta integral é máis saudable ca a convencional? Ten máis fi bra, minerais e xera unha maior sensación de fartura.

Elaborada con trigos de orixe nacional a través de métodos de cultivos sostibles, procesos artesáns e con selo ecolóxico.

Como recoñecer un produto ecolóxico?

EUROFOLLA

Este logotipo garante que os produtos que o levan se produciron seguindo os criterios europeos de agricultura ecolóxica.

90% FUENTES - 80 % PÁSTICO

ECOENVASE

co o mpo m po sic ic s ión ó ón

Unha excelente opción para coidar do planeta, xa que só en España cada ano desbótanse 188 millóns de cepillos dentais fabricados con plásticos. Un número incrible tendo en conta que requiren entre 500 e 1000 anos para a súa completa descomposición.

Garante que os materiais do brik e da caixa son de orixe renovable e o seu tapón, 100% bioplástico.

17
O x u sa s E a m p a e
FARIÑA E Á a e c p c fi s PASTA

este mes

Receitas con produtos ecolóxicos EROSKI

Muhammara de piquillos e noces

• 250 g de pementos asados EROSKI BIO

• 2 dentes de allo EROSKI Natur BIO

• 2 culleradas de melaza de granada

• 75 g de noces

• 1 cullerada de pemento doce

• ½ cullerada de pemento picante

• 1 culleriña de comiño moído

• 50 ml de aceite de oliva

• Sal e pementa

ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 200 ºC Torrar as noces no forno uns 7 minutos. Retirar e deixar arrefriar.

Engadir todos os ingredientes ao bote dun batedor (salvo o aceite de oliva) e triturar ata obter unha crema con textura.

Incorporar o aceite de oliva mentres seguimos a bater.

Servir acompañado de boliños de pan.

1,08€ POR RACIÓN

A vitamina C e o ácido fólico dos pementos destrúense doadamente coa calor.

Recoméndase consumilos en cru ou cociñados ao dente.

18 A D E NUTRI-SCORE B C B 19% 264 14% 0,8g 9% 8,2g 14% 2,8g 33% 22,7g
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
RACIÓNS
DIFICULTADE

Hamburguesa de quinoa con brócoli e cenoria

• 375 g de quinoa EROSKI BIO

• 2 culleradas de fariña EROSKI BIO

• ½ cebola picada EROSKI Natur BIO

• ½ cenoria picada EROSKI Natur BIO

• 25 g de brócoli EROSKI NATUR BIO

• 2 ovos EROSKI Natur BIO

• 1 cullerada de queixo parmesano relado

ELABORACIÓN. Bater os ovos e engadir nunha cunca xunta á quinoa cocida, o brócoli cocido e mais a cenoria e a cebola ben picada.

Mesturar ata obter unha masa uniforme. Deixar repousar no frigorífico durante unha hora.

Formar as hamburguesas, premendo ben para que non se desfagan e engadindo un pouco de fariña.

Botar unha culler de aceite nunha tixola e cociñalas ata que estean ben douradiñas.

Acompañalas con boliños de pan, parmesano, cebola, tomate, leituga e a túa salsa preferida.

As hamburguesas vexetais son moi doadas de elaborar. De verduras, legumes ou coma esta de quinoa, que contén proteínas de calidade, hidratos de carbono, vitaminas, minerais e un 9% de fibra.

DIFICULTADE + 1 HORA DE REPOUSO RACIÓNS
19 A D E NUTRI-SCORE B C A 23% 467 17% 0,9g 8% 6,9g 15% 3,08g 20% 13,8g 2,30 € POR RACIÓN
RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
UNHA
KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

este mes

Ao elixires unha alimentación respectuosa co contorno é importante que poidas ter a opción de encher o teu carro con produtos ecolóxicos. Nas tendas EROSKI pódelo facer.

Contamos con máis de 2.400 produtos ECO e BIO.

Todos os produtos ecolóxicos AO TEU ALCANCE

HARIMSA

FARIÑA DE TRIGO SARRACENO ECOLÓXICO

BORGES

VINAGRE BALSÁMICO DE MÓDENA

cados de a BO A U d s n p la

ACEITES DE OLIVA VIRXE EXTRA ECOLÓXICOS

Unha gama de aceites de excelente calidade. A súa coidada produción ecolóxica garante o respecto ao medio natural. Están certifi cados polo Consell Català de la Producció Agrària Ecològica (CCPAE).

ORO DE GÉNAVE

ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA ECOLÓXICO

Froito dun proceso natural de elaboración, é un produto de primeira calidade. Este vinagre elabórase en Italia e non ten azucres engadidos. Conta co certifi cado do Consell Català de la Producció Agrària

Català de la Producció col ò gica (CCPAE).

Fariña sen glute, fonte de proteínas e fi bra. Ideal para lles dar ás túas receitas unha textura e sabor únicos.

De cor verde dourada, ten un recendo con notas de tomateira e mazá, toques de herba fresca acabada de cortar e améndoas verdes. O seu sabor é fresco, cun elegante e equilibrado amargor e picor, propio dos seus antioxidantes naturais.

FINCA DUERNAS

S AC EXT E Unh Un e súa eco es nat po a P Eco E

ACEITE DE OLIVA VIRXE

e s aúde aos teus pratos.

20
V D Fr e d v n C C E EXT Engáde lle
sabor
e ll a e r e eu s u rai r s.
u

ECOCESTA

CREMA DE CACAHUETE

WHOLE EARTH

Só cacahuetes torrados de cultivo ecolóxico. Máis nada. Sen sal, sen azucre engadido e sen glute. Almorzos e merendas sustentables e saudables da man de Whole Earth.

A s sen zos e mere sau

BEBIDAS VEXETAIS DE COCO E AMÉNDOA

XETAIS AM ÉNDOA de bebidas 100% n s, leite ou lactosa.

5

Favorecer o consumo responsable

BEBIDA VEXETAL MINI DE AMÉNDOA E CHOCOLATE

INFUSIÓN DE MACELA

Utilizada para tratar pequenos trastornos gástricos e moi coñecida polos seus efectos calmantes e o seu doce sabor.

coñ e seu s cal mante do

Esta gama de bebidas 100% vexetais non contén azucres engadidos, leite ou lactosa. Ademais, ofrece opcións sen glute, pero con moito sabor e con ingredientes sostibles de cultivo ecolóxico.

ARTEMIS BIO

TÉ VERDE

o con moito sabor e diente s s ostibles de col óxi co.

Para familias que se preocupan pola súa saúde, a dos seus e a do planeta. Esta bebida é 100% vexetal e non contén leite nin lactosa. Con ingredientes de cultivo ecolóxico e en formato para levar.

ec leva

SOL NATURAL

GALLETAS MARÍA DE ESPELTA

Rico en antioxidantes, é un dos tés máis consumidos. Pódese tomar a calquera hora do día en quente ou en frío.

ntes , ese a

CANELA CEYLÁN

Especia moi utilizada para aromatizar e adozar receitas de repostería, conservas, xeados e pratos de carne.

INFUSIÓN

MENTA POEXO

Coñecida polo seu agradable e fresco sabor, é tamén dixestiva, desconxestionante, estimulante e antiséptica.

21
Galletas ecolóxicas de espelta, un cereal máis dixestivo e nutritivo ca o trigo común. Veganas, sen aceite de palma e adozadas son xarope de agave. E

este mes

LIMPEZA ECOLÓXICA Coida de ti e do planeta

En EROSKI atoparás unha gran gama de produtos para a limpeza do fogar formulados con ingredientes naturais e respectuosos co medio natural que proporcionarán unha limpeza efectiva do fogar e da túa roupa e asemade coidan de ti e do contorno.

BOTANICAL

DETERXENTES CÍTRICO E AROMA DE XASMÍN

Son tan efectivos como os deterxentes convencionais. Con ingredientes de orixe natural, eliminan as manchas máis difíciles mesmo en auga fría, deixando a roupa limpa e cunha intensa fragrancia. Non utilizan substancias químicas que poidan causar reaccións adversas e non conteñen colorantes nin abrillantadores artifi ciais.

DETERXENTE LÍQUIDO

Especial para peles sensibles. Coa súa fórmula hipoalerxénica é adecuado para toda a familia, mesmo para bebés e persoas coa pel especialmente fráxil.

LIMPACRISTAIS

SUAVIZANTE CÍTRICO

Con ingredientes de orixe natural, proporciona unha gran suavidade e outorga unha frescura na túa roupa que dura semanas. Fragrancia duradeira con aceites esenciais e aroma a fl or de laranxeira e follas cítricas.

TAI S a do to e 22

Está deseñado para o mantemento habitual de fi estras e superfi cies acristaladas. Non deixa rastros e ademais é hipoalerxénico. ORIGIN L’ARBRE VERT Eco e funciona RT
especialmente fráxil. pel

este mes

3,74 € POR RACIÓN

‘Poke bowl’ mediterráneo

• 12 lagostinos

• 4 ovos

• 75 g de arroz

• 50 g de chícharos

• 8 pementos do piquillo

• 150 g de queixo feta

• 250 g de brócoli

Vinagreta

•3 culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 1 cullerada de vinagre de mazá

• 1 culleriña de mel

• Sal e pementa fresca

Decoración

• Ceboliño picado

• Sésamo negro e branco

Receitas que nunca fallan

ELABORACIÓN. Cocer os lagostinos, o arroz e os ovos en auga fervendo e o brócoli ao vapor. Reservar.

Mesturar os ingredientes da vinagreta ben integrados. Reservar.

Mesturar o arroz cos chícharos, os pementos, o queixo feta en dados e as flores de brócoli.

Montar o bowl mediterráneo cos lagostinos, o ovo e o arroz. Botar a vinagreta e engadir o ceboliño picado e mais o sésamo por riba.

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

24 Racións: 4 DificultadeElaboración 30’ 22% 433 52% 3,14g 12% 10,78g 44% 8,77g 34% 23,59g A D E NUTRI-SCORE B C B
KCAL

‘Fritatta’ de inverno

• 8 ovos de tamaño L

• 125 ml de leite semidesnatado

• 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 1 ceboliña grande

• 400 g de coliflor

• 300 g de espinacas

• Sal e pementa fresca

• 75 g de queixo feta

• Un chisco de perexil para esparexer

ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 180 ºC, con calor por riba e por baixo.

Picar a ceboliña en brunoise. Engadir media cullerada de AOVE, rustrir a ceboliña e salpementar.

0,96 € POR RACIÓN

Triturar as flores de coliflor nun procesador de alimentos e reservar.

Bater os ovos xunto co leite, engadir a coliflor triturada, as espinacas ben picadas e salpementar. Poñer unha tixola ao lume coa outra media cullerada de AOVE e, así que estea quente, engadir a mestura de ovos, leite e verduras.

Incorporar o queixo feta esmiuzado.

Picar o perexil e reservar. Cando estea a medio facer, levar ao forno uns cinco minutos (ata que vexamos que a superficie está ben callada). Esparexer o perexil picado por riba e servir.

Racións: 4

A D E

NUTRI-SCORE B C A

Receitas que nunca fallan

25 30’ 16% 313 31% 1,86g 8% 7,20g 35% 6,96g 28% 19,71g
KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Orellas DE ENTROIDO

16 UNIDADES / DIFICULTADE 1 / 30 MIN +1 H DE REPOUSO

50 ml de auga quente

½ culleriña de sementes de anís

25 g de manteiga

Reladura de limón

15 g de azucre

1 chisco de sal

PASO 1

Xuntar as sementes de anís coa auga quente e deixar repousar uns 10 minutos para que estas solten o aroma e a auga arrefríe un pouco. Pasado ese tempo, retiralas.

PASO 2

Engadir a manteiga cortada en dados e a punto de pomada. Agregar tamén a reladura de limón, o azucre, o sal e o ovo. Bater todo ata integrar.

1 ovo pequeno

180 g de fariña de trigo

Aceite de oliva virxe extra (AOVE)

Froitas de tempada: mandarina, amorodo, plátano e arandos

2 g de azucre glas

PASO 3

Engadir pouco a pouco a fariña e mentres mesturar cunha vara para evitar os grumos. Cando academos máis densidade, acabar amasando coa man para que quede unha textura lisa. Deixar repousar a masa tapada polo menos unha hora a temperatura ambiente.

PASO 4

Pasado ese tempo, dividir a masa en bóliñas de 2015 g e estirar finamente cun rolo nunha superficie engraxada. Dar forma de orella e untar con aceite por ambos os dous lados.

PASO 5

Cociñar en frixideira de aire (se non a temos, en tixola) a 200 ºC uns 5-6 minutos aproximadamente. Servilas cun chisco de azucre glas esparexido acompañadas de froitas de tempada.

este
mes
26
27 11% 213 7% 0,40g 11% 9,88g 12% 2,35g 13% 8,97g D E C A NUTRI-SCORE B KCAL UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

este mes

Descarga gratis a App EROSKI en Google Play ou na App Store e terás numerosas vantaxes a un só clic.

Sendo dixital

afrras 100máis

De xeito sinxelo e cómodo, EROSKI club segue a che facilitar o camiño para sumar aforro en cada compra. A aplicación móbil EROSKI está pensada para iso. Aproveita todas as ofertas, promocións e descontos personalizados que che ofrece esta App: sendo dixital podes aforrar 100 € máis ao ano ca se non o es.

TODO O DETALLE SOBRE OS TEUS AFORROS

Querémoscho poñer doado para que saibas en todo momento canto e como aforras mes a mes. Podes consultar o teu aforro mensual acumulado cando queiras na nosa App, no teu correo electrónico ou no tícket aforro que che entregarán ao pasares por caixa.

COMO TE CONVERTES EN SOCIO DIXITAL?

Crea a túa conta dixital na web eroski.es dende o teu ordenador, tablet ou teléfono móbil.

Instala a App EROSKI gratis dende Google Play ou App Store e rexístrate. Amais do aforro poderás gozar de centos de sorteos e xogos con premios.

AS TÚAS OFERTAS PERSONALIZADAS

Sendo cliente dixital poderás descubrir de xeito inmediato dende a App cales dos teus produtos favoritos están en oferta. Non perdas ningún desconto!

OS TEUS VALES AFORRO

Descubre os vales aforro personalizados que preparamos para ti. Activa e cambia os que máis che interesen e goza deles.

ESCÁNER DE PRODUTOS

Utiliza o noso escáner de produtos na tenda e mais no teu fogar. Escaneando o código de barras de cada produto poderás coñecer os seus ingredientes, a súa información nutricional, as valoracións doutros clientes. E moito máis!

8

NOVIDADE!

A TÚA LISTA DA COMPRA

Organiza a túa compra de xeito doado e cómodo. Agora, poderás crear listas da compra en dous sinxelos pasos.

1. Engadir produto. En cada unha das listas poderás engadir produtos rapidamente seleccionando os teus artigos habituais ou incorporando novos produtos a través da túa voz, do WhatsApp ou escaneando o código de barras do artigo.

2. Merca ou comparte a lista. Unha vez confeccionada a lista poderala compartir con quen queiras ou enviarlla ao teu supermercado online para realizares o pedido da túa compra fácil e rapidamente.

DESCUBRE XOGANDO

Mercar en EROSKI ten premio! Entra na sección Descubre xogando da App e participa en diversos xogos con sorteos ou recompensas ao instante. Hai un xogo diferente cada mes e moitos premios por conseguir.

Faite dixital e consegue

OS TEUS FOLLETOS

Xa podes consultar o folleto da túa tenda en calquera momento dende a nosa

Descubre cales dos teus produtos preferidos están en oferta e non perdas ningunha novidade. Doado e cómodo!

O LLETOS n sultar o a momento a App. l es d u tos tá n o n u nha o ado

A TÚA TARXETA DIXITAL

Identifícate en calquera das nosas tendas coa versión dixital da túa tarxeta EROSKI club sen necesidade de a levares contigo.

OS TEUS TÍCKETS DE COMPRA

Activando o tícket dixital poderás consultar e descargar os tíckets de compra sen necesidade de gardalos en papel.

5€ NA TÚA TARXETA MOEDEIRO

Do 16 de febreiro ao 1 de marzo, só por te faceres socio recibirás 5 € na súa tarxeta moedeiro. O vale aforro de 5€ estará dispoñible no prazo aproximado dunha semana. Para o poderes usar cómpre que o actives previamente na App ou na web e trocalo

posteriormente nunha compra mínima de 40€

Este vale aplicarase a socios titulares EROSKI club que por primeira vez se identifi quen ou creen unha conta dixital na App EROSKI nas datas sinaladas. Está limitado aos 100.000 primeiros socios.

29
A d
5 D o 1 f a m d e no du P a c ó pr o u
5 €

mundo bebé

Cueiros

Os cueiros EROSKI adáptanse ao movemento do bebé en cada etapa do seu desenvolvemento e mantéñeno seco e cómodo.

MEU BEBÉ Eu mimo o

Todo o que precisas para a hixiene e o coidado dos máis pequenos da casa.

Coidar o teu bebé é unha prioridade para a túa familia e para EROSKI. O noso obxectivo é garantir o seu benestar e que medre san, protexido e limpo. Para iso, ofrecémosche os mellores produtos en cada etapa do seu crecemento, sempre

traballando e innovando nas nosas marcas. E como o aforro nos importa, contarás tamén co mellor prezo, porque queremos que o desembolso na compra de cueiros, toalliñas, potiños e unha morea de produtos tan necesarios para o coidado dos máis pequenos da casa, non sexa un problema.

ENVASES ECODESEÑADOS

51% RECICLADO

BEBÉ SECO ATA 12 HORAS

Superabsorbentes. Os nosos cueiros mantéñense agora secos durante máis tempo grazas ás súas canles en forma de ‘U’ que distribúen mellor a humidade. Contan cunha capa extrasequidade e con barreiras que preveñen as fugas. Cómodos. O deseño especial e superelástico das orellas do cueiro adáptase de xeito perfecto ao corpo do pequeno. A suave capa interior con extractos de aloe vera axuda a previr as irritacións.

30
As bolsas de cueiros ecodeseñáronse e están fabricadas cun 51% de plástico reciclado. É froito do compromiso de EROSKI coa sustentabilidade. 90% FUENTES RESPONSABLES mellor prez o

PANTS: PARA GAÑAREN AUTONOMÍA

Cando o teu bebé é un chisco máis independente é o momento de probar os pants. O seu deseño permite facer o cambio de cueiro axiña e máis comodamente cando o bebé comeza a se mover moito. E axudan no proceso de deixar o cueiro.

Antifugas. Teñen a tecnoloxía de canles superabsorbentes e a nova capa extrasequidade. Ao igual ca os cueiros, contan con suaves barreiras antifuga con dobre elástico para unha maior protección, o que garante unha gran capacidade de absorción e retención.

Poñer nun abrir e cerrar de ollos. Contan cun sistema de axuste mellorado con elásticos na cintura para garantiren a liberdade de movementos. Soben e baixan como a roupa interior e desbótanse por mor dos seus laterais rasgables e dunha fita adhesiva na parte posterior.

CUEIROS BAÑADOR:

Protexen o bebé sen risco de escapes.

Non se inchan. Están fabricados con materiais suaves e transpirables. O seu núcleo non se incha na auga e, por mor da súa cintura axustable, adáptanse perfectamente ao corpo do bebé. Ademais, contan con laterais que se poden esgazar para desbotar facilmente o cueiro tras o uso.

DERMATOLOXICAMENTE TESTADOS

Todos os cueiros EROSKI están fabricados con materiais dermatoloxicamente testados para garantir o respecto da pel do bebé e o seu pH. Grazas a estas características, os pequenos e pequenas estarán secos e protexidos máis tempo.

Os cueiros especiais para a noite están tamén adaptados á idade dos máis pequenos. Foron deseñados para ofrecer seguridade e protección e manteñen secos os pequenos toda a noite, garantindo o seu descanso. Discretos. Fabricados con materiais suaves e silenciosos, non notarán que os levan

postos. Os seus laterais superelásticos garanten un axuste perfecto e liberdade de movementos. Ademais, para que o neno se sinta seguro, os seus deseños aseméllanse á roupa interior.

Protección superior. Proporcionan unha óptima absorción e protección superior grazas ás barreiras antifugas.

31
NO MAR E NA PISCINA
NIGHT PANTS: DESCANSO SECO E FELIZ

Toalliñas

Cando hai menores na casa, non poden faltar as toalliñas. Cambio de cueiros, alimentos que acaban esparexidos pola cara e pola roupa ou tardes de xogo no parque, nas que acaban cubertos de lama e lixo. Velaquí tan só un exemplo do día a día cun pequeno na casa. Por iso, as toalliñas son indispensables, útiles e cómodas!

Hipoalerxénicas. Están deseñadas en exclusiva para o coidado e a hixiene da delicada pel do bebé e testadas baixo control pediátrico e dermatolóxico. E son hipoalerxénicas, é dicir, foron formuladas para minimizaren riscos de alerxias. Coidan a súa pel. Manteñen a delicada pel do teu bebé suave, coidada e protexida. Non conteñen parabenos, fenoxietanol, ftalatos nin alcohol -produtos que poden irritar a pel do bebé e causar reaccións alérxicase o seu pH neutro respecta a pel.

NOVAS TOALLIÑAS AQUA

Porque o benestar e o coidado do teu bebé e dos teus nos importa, en EROSKI seguimos innovando. As novas toalliñas Aqua son proba diso, ao seren máis respectuosas coa pel dos máis pequenos e tamén co medio natural.

EROSKI BASIC

Limpan a delicada pel do bebé e axudan a protexela contra irritacións.

CREMA ALOE VERA

A mellor opción para ti e mais o teu bebé grazas ao seu contido en extracto de aloe vera e camomila, que potencia o coidado, a protección e suavidade da pel.

PARA PELES CON TENDENCIA ATÓPICA

A súa fórmula sen perfume e sen alcohol respecta o pH natural da pel.

SEN PERFUME

Están formuladas especialmente para bebés con pel sensible ou con baixa tolerancia aos perfumes.

CARA E MANS

Ideais para levar no bolso e facilitar a limpeza de cara e mans en calquera momento do día. Proporcionan unha limpeza suave e efi caz respectando a delicada pel dos nenos.

0% de perfume e alcohol.

100% algodón orgánico.

99% de auga. A nova fórmula da loción que a impregna contén un 99% de auga.

0% de plástico. Están fabricadas con tecido natural de fi bras vexetais.

32
mundo bebé mellor prez o

Alimentación

O coidado do bebé pasa por unha boa alimentación. En EROSKI contamos coas opcións máis ricas e saudables para o teu bebé coas nosas marcas e ao mellor prezo.

TARRIÑOS EROSKI BIO

Contan con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica coidadosamente seleccionados dende a súa orixe e controlados ata a produción. Utilízanse froitas, verduras e carne sen conservantes nin aditivos.

Apetecibles. Cun sabor e textura natural, as súas receitas están coidadosamente elaboradas para garantiren as necesidades nutricionais do bebé. Teñen un sabor suave e equilibrado que lles vai encantar.

Eco. Están avalados polas certifi cacións de produción ecolóxica e contan cun alto valor nutricional para introducir progresivamente na dieta do bebé a partir do sexto mes.

PURÉS DE HORTALIZAS E CARNE

Amais de hortalizas, arroz e proteína animal, inclúen aceite de oliva virxe extra. Poderalos atopar de hortalizas con polo e arroz e de hortalizas con tenreira. Son moi baixos en sal e non conteñen glute.

PURÉS 100% FROITA

A froita é para os pequenos unha rica fonte de nutrientes. Achégalles vitaminas, minerais, azucres e fi bra, que favorecerán o seu óptimo desenvolvemento físico e mental. Os purés de froitas BIO están dispoñibles na variedade máis clásica, con mazá, pera e plátano e multifroitas. Non teñen azucres engadidos, glute nin leite.

BOLSIÑAS DE FROITAS:

SAUDABLES, SEGURAS E PRÁCTICAS

A gama de sabores das nosas bolsiñas de froitas segue medrando. Ás variedades de plátano e amorodo, mazá e plátano e multifroitas súmanse agora as de mazá, plátano e mango. Todas conteñen 100% froita, sen azucres engadidos, sen glute nin leite.

Esta coidada receita, unida ao seu bo prezo, convértenas nas bolsiñas de froitas máis recomendables. Ademais, son cómodas, boas de levar a calquera parte e non precisan frío.

33
mellor prez o

Un plan 12 CAUSAS SOLIDARIAS

En EROSKI a solidariedade e o apoio mutuo son desde os nosos comezos parte do noso celme. Non entendemos o noso traballo sen o noso compromiso coa contorna. Somos parte da sociedade e, por iso, canalizamos máis de 17 millóns de euros anuais a actividades sociais, entre eles o programa ‘Céntimos Solidarios’, un plan que conta con doce causas e co que, xunto a ti, tendemos a man a numerosas entidades sen ánimo de lucro.

Desde que este programa comezou no 2020 a dar os seus primeiros pasos destes o voso “si” ao pasardes por caixa en máis de 30 millóns de ocasións. Este sinxelo xesto reportoulles máis de 4 millóns de euros aos que máis o

precisan. Só no 2022, medio cento de entidades sen ánimo de lucro recibiron 1,7 millóns de euros grazas a estas doazóns.

E desde aquí animámosvos a que este ano sigades a permitir que o voso tícket sexa solidario. O primeiro paso está dado. Grazas á vosa participación démoslle forma ao novo calendario do ‘Céntimo solidario 2023’. Un total de 3.773 persoas colaborastes coas vosas respostas e achegas a través da nosa web para elixirdes as 12 causas deste ano.

Axudar é sinxelo. Como clientes de EROSKI podedes facer a doazón en caixa ao pagardes a vosa compra con tarxeta ou móbil. O sistema permítevos facer un donativo –sempre voluntario e confi dencial– dunha cantidade

527 proxectos solidarios presentados 330 entidades accederon ao programa deste ano

fi xa, que cambia segundo o importe do tícket: 10 céntimos para as compras de entre 5 e 30 € e 20 céntimos para as compras superiores a 30 €. Grazas por colaborar!

34 este mes
Os pequenos xestos deste ano que nos permitirán facer grandes cousas xuntos.

Apoio a persoas con enfermidades raras

Calcúlase que hai preto de 7.000 enfermidades raras no mundo. Só en España, contabilízanse tres millóns de persoas con algunha. O seu difícil diagnóstico e tratamento, unido a que o 65% dos casos son catalogados como graves e

invalidantes, polo que afectan á calidade e esperanza de vida, fai que sufrir unha enfermidade rara ou pouco frecuente se torne nun duro golpe para quen a padece e para a súa familia.

Co obxectivo de axudármolos a afrontaren os gastos que

supón unha correcta atención directa e terapéutica, en febreiro tendémoslles unha man nas nosas tendas. Dándolle “si” ao pasares por caixa serás solidario con estas persoas a través da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER), a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), a asociación de nenos con cardiopatía conxénita (Bihotzez), Nexe Fundació e a Fundació Internacional Miquel Valls contra a ELA.

UN DE CADA 50.000

Oespírito de loita é o día a día de moitas familias que conviven cunha enfermidade rara ou pouco frecuente. É o caso da biscaíña

June Arroitajauregi e o seu fillo Inar, afectado pola Síndrome de Wolf-Hirschhorn, son membros da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER).

June Arroitajauregi e do seu fi llo Inar, afectado pola Síndrome de Wolf-Hirschhorn (WHS), enfermidade que padecen apenas 50 persoas en toda España. Cando naceu, June era consciente de que algo lle pasaba ao seu bebé, pero non foi ata o seu terceiro ano cando lle puxeron nome. Unha minúscula alteración no cromosoma 4 trastornara o desenvolvemento do feto provocando un atraso no crecemento pre e posnatal, discapacidade intelectual, atraso grave no desenvolvemento psicomotor, convulsións e hipotonía. Un duro golpe que cambiou os

plans que construíra para o seu bebé. Hoxe, Inar ten 13 anos e en lugar de vivir os altibaixos da adolescencia, como os outros nenos da súa idade, apenas aparenta seis, desprázase nun carriño para nenos e ten os máximos baremos de discapacidade.

“Non dorme, ten crises epilépticas, hai que lle dar de comer, telo hidratado, ir ás súas citas médicas, fi sioterapeutas… É extenuante, física, psicolóxica e mais economicamente”, admite. De aí a importancia de que asociacións como a Federación Española de Enfermidades

Raras (FEDER), á que axudaremos xunto a outras entidades en febreiro, unan esforzos para lles facer a vida máis fácil a familias como a de Inar.

35
febreiro

mes

Os números abafan e son só a punta do iceberg. Segundo Nacións Unidas, unha de cada tres mulleres vese afectada por algún tipo de violencia de xénero e cada once minutos unha muller ou nena morre asasinada por un familiar. En España, nas dúas últimas décadas, 1.174 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas e 361

nenos e nenas quedaron orfos. Asociacións como Cruz Vermella, Mulleres Unidas contra os Malos tratos (MUM), Fundación Ana Bela, Cáritas ou Médicos do Mundo son esa man amiga que traballa para lles dar ás vítimas unha nova oportunidade de viviren libres de violencia. Ofrecen cobertura material, xurídica e psicolóxica esencial para poñer fin á violencia.

abril marzo

Respaldo ás persoas con discapacidade

En España hai máis de 4,3 millóns de persoas con algún tipo de discapacidade e representan o 9,1% da poboación. Para as persoas con mobilidade reducida, diversidade funcional intelectual, discapacidade auditiva ou visual ou con trastornos do espectro autista, a miúdo, o día a día convértese nunha carreira de fondo repleta de barreiras.

En abril propuxémonos axudalos a través de asociacións como a Federación Coordinadora de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica de Biscaia (Fekoor), a asociación DIA de vítimas de accidentes, a Asociación Navarra en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (ANFAS), Fundaciò Ictus ou Fundaciò Junts Autisme. Xuntos achegaremos as nosas doazóns para que continúen a traballar en programas de atención terapéutica, integración e autonomía.

36
este
Atención a mulleres e infancia vítimas de violencia de xénero

Auxilio á infancia en situación vulnerable

Odato que fi xo público o Instituto Nacional de Estatística (INE) hai medio ano é abafante. Hoxe en España, un de cada tres nenos e nenas está en risco de pobreza ou exclusión. Estes menores viven con carencias materiais e sociais, que lles impiden unha correcta alimentación, ir de vacacións polo menos unha semana ao ano ou acender a calefacción a pesar do frío.

Protección do medio natural e dos animais

AONG WWF leva medio século traballando para protexer a natureza e o medio natural. En EROSKI sumámonos á súa loita porque nos preocupa a actual crise climática. Xa que logo, os ‘Céntimos solidarios’ de xuño irán destinados a proxectos de restauración forestal en áreas degradadas por incendios e en espazos especialmente comprometidos, como a Costa da Morte, en Galicia, as Illas Baleares ou as terras do Ebro.

Ademais, apoiaremos a asociacións como a Protectora de Animais Apasos Vitoria, que impulsa o benestar animal. As vosas doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades veterinarias e de alimentación dos máis de 500 animais que acollen cada ano.

xuño xullo

O noso obxectivo do mes é contribuír a reducir os niveis de pobreza infantil que sitúan a España á cabeza da UE, só por detrás de Romanía. Queremos axudar os pequenos e as súas familias para que teñan acceso a produtos de primeira necesidade, alimentos de calidade e hixiene con programas como ‘Merendas solidarias’ ou o apoio aos gastos de medicación, cueiros, viaxes a hospitais ou pagamento de terapias. Por iso, colaboraremos con Save the Children, a Fundación Amasol ou Acción contra a fame.

Apoio a persoas con enfermidades neurodexenerativas

Alzheimer, Parkinson, ELA… Son enfermidades que pasaron a formar parte do noso día a día e que foron en aumento nas últimas décadas. Incurables e que provocan un declive progresivo das neuronas, causan afectacións físicas e mais fi siolóxicas nos seus pacientes. Por iso, a investigación e a atención sociosanitaria son esenciais.

Xunto á Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (ASEM), que aglutina a 29 entidades, ou ás fundacións de esclerose múltiple Eugenia Epalza Fundazioa ou Nemo, axudaremos a estes pacientes e mais ás súas familias. As vosas doazóns irán destinadas á rehabilitación física e psicosocial, aos coidados asistenciais e aos programas de apoio aos coidadores.

37
maio

Apandemia foi un revulsivo para se visibilizaren os problemas de saúde mental. E os datos son, sen dúbida, rechamantes. Por primeira vez superouse a barreira dos 4.000 suicidios nun ano e a depresión en nenos e mozos vai en aumento. Segundo a Organización Mundial da Saúde, OMS, o 9% dos españois ten algún tipo de problema de saúde mental e un cuarto da poboación terao nalgún momento da súa vida.

En agosto o voso apoio irá destinado a garantir as necesidades e o asesoramento de pacientes con trastornos psicolóxicos e as súas familias. Colaboraremos coa Confederación de Saúde Mental de España, ASAFES ou a Federación de Saúde Mental de Cataluña.

Respaldo aos maiores en situación de vulnerabilidade

Unha boa parte dos nosos maiores sofre de soidade non desexada. Segundo a OMS, esta situación xera depresión, perda de mobilidade, deterioración cognitiva, enfermidades cardiovasculares e mesmo mortalidade temperá. É máis, o 30 % das persoas maiores que necesitan axudas non reciben ningún tipo de asistencia para os seus coidados. Recoñéceo o propio Ministerio de Dereitos Sociais a través dun estudo da Plataforma de Organizacións de Pacientes (POP).

De aí a importancia de que asociacións como Cruz Vermella, Cáritas, Matia Fundazioa, Grandes Amigos en Acción ou Médicos do Mundo traballen para acompañaren, protexeren e asistiren aos nosos maiores. En setembro seremos nós e mais vós quen os apoiaremos economicamente con doazóns para contribuírmos a non se sentiren abandonados.

setembro outubro

Apoio a persoas con cancro

Descubrir que se ten cancro é un duro golpe. É ademais o sinal de saída nunha carreira de fondo na que o paciente e a súa familia deben facer fronte ao diagnóstico, aos seus tratamentos e á lousa de ser unha das principais causas de morte en España.

Durante este mes sumarémonos á súa loita da man da Asociación Española contra o Cancro, a Fundación Andrea ou a Federación

Española de Pais con Nenos con Cancro ou Make-A-Wish, entre outras entidades. Queremos contribuír cos vosos donativos a seguir investigando para lograr unha cura ou para mellorar a calidade de vida dos pacientes. Co voso apoio tamén lles daremos soporte ás familias para faceren fronte aos gastos do tratamento, medicación, aloxamento e alimentación.

38
Asistencia a persoas con problemas de saúde mental
agosto
este mes

Colaboración na alimentación e hixiene de persoas vulnerables

Axuda á infancia vulnerable doutros países

Non podemos ollar cara a outro lado. A fame aguda no mundo afecta a 222 millóns de persoas, a cifra máis alta desde que hai rexistros. As máis delas, uns 59 millóns, son menores. E estas cifras van a máis. A guerra de Ucraína e outros confl itos, o impacto da pandemia da COVID-19 e o cambio climático incrementaron os casos de menores con desnutrición e a mortalidade infantil.

As doazóns deste mes irán destinadas a varios proxectos que tratan de previr e paliar esta dramática situación. En Bolivia e Guatemala traballaremos coa Fundació Resilis e con Enraíza Dereitos para reducir a desnutrición infantil. As vosas achegas viaxarán coa Fundación Vicente Ferrer ata o hospital de Kalyandurtg, na India, para a unidade de coidados intensivos neonatais. E faredes fronte á malnutrición en África a través de UNICEF ou ACNUR.

novembro decembro xaneiro 2024

Ataxa de pobreza medra día a día en España. Segundo o informe anual sobre o estado da pobreza publicado por AROPE, máis de trece millóns de persoas no noso país atópanse en risco de exclusión social e non teñen cubertas necesidades básicas como a alimentación ou a hixiene. Por iso, sumámonos ao traballo que durante todo o ano levan a cabo entidades como a Federación Española de Bancos de Alimentos, FESBAL, (aglutina a 54 bancos de alimentos), Cáritas, Ecos do Sur, a Fundación Gizakia Herritar ou Asociación Cívica La Nau. Xuntos contribuiremos a que as persoas da nosa contorna non pasen fame e teñan acceso a produtos de primeira necesidade como roupa e hixiene.

39
os ón

Plan familias 0·12

Contigo cando máis o precisas

Aforrar sempre nos parece algo complicado cando a familia medra e moitas veces non sabemos por onde empezar. EROSKI club poncho fácil co Plan familias 0·12.

Querémosche botar unha man e, por iso, co Plan Familias 0·12 acompañámosche dende o embarazo ata os 12 anos do teu fi llo ou fi lla achegándoche solucións axeitadas a cada momento, tanto na compra diaria como ofrecéndoche consellos útiles que mellorarán o teu día a

día e o da túa familia. Gozarás de descontos, vales aforro personalizados e moito máis. A que agardas? Apuntarse é gratis!

af rra

Apúntate xa!

Regalámosche

(1)

5 € mosche

40
este mes
110 €/ano
(1) Agasallo de benvida de 5 € persoal e intransferible, válido para as 10.000 primeiras familias con nenos de ata 12 anos que realicen a súa primeira alta no Plan familias 0·12 entre o 02/02/2023 e o 28/02/2023 e que realizaran algunha compra en EROSKI durante os meses de decembro do 2022 a febreiro do 2023. Ingresaranse na tarxeta EROSKI club a comezos de marzo do 2023.

Un plan para saber máis

Na web do Plan Familias 0·12 atoparás contidos do teu interese sobre coidado, alimentación e educación emocional adaptados a cada etapa do neno. A que agardas para coñecer máis?

Asesor nutricional gratuíto. O noso equipo de nutricionistas estudará de maneira personalizada e gratuíta todas as túas consultas. Tamén atoparás divertidas Peke receitas e a posibilidade de participar nos obradoiros prácticos da Escola de Alimentación EROSKI, nos que poderás aprender máis sobre alimentación saudable e sostible.

Consultorio de matrona gratis. Envía as túas preguntas sobre o preparto, parto ou posparto e unha matrona profesional estudará personalizadamente a túa consulta e responderache gratis. Tamén poderás visualizar vídeos e guías sobre exercicios de pre e posparto. Ademais, entre outras cousas, contámosche como facer masaxes e exercicios co teu bebé.

Un plan para aforrar

OPlan Familias 0·12 está dirixido a socios de EROSKI club con fi llos de ata 12 anos e combina descontos exclusivos con consellos sobre nutrición, hixiene, etc., cos que facer mais doado o teu día a día e o da túa familia. Darse de alta é gratis. Só hai que encher o formulario en: eroski.es/familias012.

Se es do Plan Familias 0·12, aforras o 2% en todas as túas compras en alimentación, carburante, moda, tecnoloxía... en EROSKI a partir de 150 € de gasto mensual. Os cartos ingresaranse na túa tarxeta EROSKI club aproximadamente o día 10 do mes seguinte a que se produzan as compras para os poderes utilizar nas seguintes.

4 VALES AFORRO AO MES

Adaptados ás necesidades da túa familia

de todas as túas compras en EROSKI

2% A partir de 150€ de compra mensual

5 % Ata os 3 anos do teu bebé de aforro en cueiros e toalliñas

41
Nun prazo máximo de 72 horas recibirás por correo electrónico as respostas personalizadas elaboradas polos nosos expertos
At te A á d Aforra (2) (2) Consulta condicións en eroski.es/familias012/ é anos

Máis vantaxes por

Coñeces todo o que che ofrece a tarxeta de pagamento EROSKI club?

A tarxeta de pagamento EROSKI club ofréceche vantaxes e aforros. É gratis para sempre. Non ten cota de emisión nin de mantemento e devólveche o 1% das túas compras fóra de EROSKI (1) . Ademais, tes a opción de dispoñer de cartos en efectivo nas caixas dos nosos hipermercados e supermercados, onde podes solicitar ata 300 € diarios contra o teu límite dispoñible, sen comisión e na túa forma de pagamento habitual.

Ti elixes como pagar as túas compras en EROSKI

Financiamento a 10 meses en todos nosos establecementos

Fracciona en cómodas cotas (crédito en cotas de ata 48 meses) para as túas compras de electrónica, bazar, téxtil e viaxes EROSKI

Aínda non a tes?

Necesitas efectivo para as túas compras?

Solicita cartos inmediatos para traspasar o límite da túa tarxeta á túa conta

E utiliza a extracción en caixeiros automáticos para dispoñeres de cartos en efectivo

Faina e leva 10 € nun vale aforro

Podes solicitar a tarxeta comodamente dende a túa casa en calquera momento en eroski.es ou na túa tenda máis próxima. Xunto á túa nova tarxeta recibirás un vale aforro de 10 € de benvida (2). Lembra que é gratis para sempre, sen cota de emisión nin de mantemento. Ademais, cunha única tarxeta poderás pagar e benefi ciarte de todas as vantaxes do club. Todo nun!

Apraza o pagamento das túas compras xa realizadas

Accede ao espazo online de consultas e xestións da túa tarxeta e elixe o prazo que prefi res

Podes fraccionar as túas compras dende 100 € pagadas coa túa tarxeta en EROSKI e en calquera outro establecemento

Para descubrires todas as súas vantaxes entra en: s

eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/

(1) Consulta condicións en www.eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/ahorros-y-ventajas/ (2) 10€ nun vale aforro para cambiar nos dous meses seguintes á recepción nunha compra mínima de 10 € en establecementos EROSKI. Tarxeta emitida por Santander Consumer Finance S.A.

42

seres socio

Goza de moitas máis vantaxes

En EROSKI club temos un aforro para cada tipo de socio. Entre as vantaxes contarás con ofertas exclusivas, vales aforro personalizados, aforros adicionais na sección Máis Promocións e centos de Puntos Travel Club. Ademais, acada ata un 4% de aforro coa tarxeta EROSKI club Ouro e un 1% de aforro coa tarxeta de pagamento EROSKI club.

Só para socios 2x1 nos produtos sinalizados

Devolvémoscho á túa tarxeta!

Ofertas exclusivas e vales personalizados

Permítenche acumular euros na túa tarxeta para cambiar cando e onde queiras.

Plataforma de descontos e promocións

Aforra en máis de 80 marcas de moda, lecer, tecnoloxía, etc., entrando no apartado de Máis Promocións da web ou da app.

4%

Aforro extra se te dás de alta como socio Ouro Co 4% de aforro en todas as compras que realices en EROSKI. Próbaa gratis.

o 1%

Nas túas compras fóra de EROSKI

Un 1% de aforro en todas as compras que aboes coa tarxeta EROSKI club (1)

Máis puntos Travel Club coas túas compras

Suma puntos mercando en EROSKI e noutros establecementos e cámbiaos por agasallos e viaxes.

Descubre todo o que che ofrecemos en exclusiva por seres socio os

echeofrecem o

43
Aforra
Aforra o
i ra o ra o
(1) Tarxeta de pagamento EROSKI club emitida por Santander Consumer Finance S.A. Detalle de condicións en www.eroski.es/tarjeta-de -credito-eroski

MALLORCA Vacacións en familia con aforro

Poñer un pé en Mallorca é espertar os teus sentidos todos: a suave brisa do serán, o aroma do mar, as vistas da Serra, o balbordo da xente nas rúas e o sabor dunha cociña tradicional chea de innovación. Anímaste a aforrar e a percorrer esta illa máxica? Poderás gozar dela coa gran vantaxe de reembolsares na túa tarxeta club o 5% do custo da viaxe.

A Serra de Tramontana:

a columna vertebral de Mallorca

Entre as alternativas para descubrir esta paraxe destaca a de percorrer algunhas das rutas a pé ou en bici para gozar das paisaxes de Sóller, ata chegar ao miradoiro de Sa Foradada logo de visitar a vila encantada de Deià. Tamén podes buscar as mellores calas para botar un día perfecto entre os barrancos, as augas turquesas e as areas brancas como a de Cala d’Egos ou a de Banyalbufar. Ou admirar as espectaculares vistas dende o Faro de Formentor.

44
viaxes
Baía de Cala Figuera Deià

Descubre os tesouros que garda a illa

Botar un día nun barco coa túa familia é sinónimo de gozar dunha xornada nas paradisíacas calas da illa cun baño tranquilo. Facer snórkel para observar o fondo mariño é unha actividade moi recomendable para os maiores e mais para os máis cativos. E é obrigatorio realizar un alto no camiño para degustar a comida típica nun dos seus quioscos de praia.

Aprender o valor da historia

Non deixes de visitar a impresionante catedral de Palma, aos pés do Mediterráneo, que marabilla co seu xogo de luces cando o sol se coa a través das súas vidreiras. Outro bo plan é pasear polas estreitas rúas da zona vella da cidade e degustar un delicioso arroz caldoso. E son moi recomendables as visitas ao castelo de Bellver e á igrexa de San Bartolomé.

Conquistar as augas será un reto

Aventurarvos a sucar as cristalinas augas mallorquinas en veleiro ou sobre unha táboa de pádel surf para explorar covas mariñas dunha beleza inigualable. O

barranquismo é a maneira máis completa de coñecer a beleza natural do interior da illa: sendeirismo, natación, descenso, escalada, utilización de cordas, rápel e saltos. Un plan máis tranquilo? Visitar o Aquárium de Palma e coñecer a fauna mariña.

O espectacular paraíso subterráneo

Esas augas subterráneas nas que, coma un espello, se refl icten as milenarias estalactitas que custodian as Covas dels Hams deixaranvos atrapados. O mesmo ca a fermosísima Cova Azul e a súa iluminación máxica, a Boca do Inferno ou O soño do Anxo. Outra experiencia singular é escoitar o concerto que se lles ofrece aos visitantes fronte ao lago Martel, nas covas do Drach, para, despois, atravesalo en barca.

5 % Reembolso

á túa tarxeta

EROSKI club (1)

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

45
(1) Reserva do 1 ao 28 de febreiro para viaxar ata o 31 de maio e devolvémosche un 5% na túa tarxeta moedeiro. Se queres ir de vacacións a Mallorca axudámoste a planificar a túa viaxe! Catedral de Palma Arco natural de Sa Foradada Aquarium de Palma

O NOSO CLÁSICO DE SEMPRE CUN TOQUE DE XAMÓN

DESCUBRE O SEU INTENSO SABOR

fala Aneto para

fala Parmigiano Reggiano para

PARMIGIANO REGGIANO

Rei dos queixos, rei da mesa

A versatilidade do Parmigiano Reggiano é case infinita. Podémolo consumir nunha táboa de queixos, como aperitivo, en lascas para lle dar un toque intenso a unha ensalada, nun prato de pasta, como aderezo de receitas de carne ou peixe ou mesmo en sobremesas.

OParmigiano Reggiano é un queixo con Denominación de Orixe Protexida que se elabora de maneira artesanal e do mesmo modo dende a Idade Media, con tan só tres ingredientes: leite, callo e sal.

Amais de non conter aditivos nin conservantes, é un produto de fácil dixestión. É un queixo rico en calcio e unha gran fonte de minerais. E tamén é apto para as persoas intolerantes á lactosa, da que se atopa naturalmente exento

dende as 48 horas posteriores á súa elaboración.

Por todas estas características, o chamado ‘rei dos queixos’ é un produto que lles encanta a todos, a cativos e a maiores, a amantes do bo xantar e tamén aos deportistas, que ven neste lácteo unha achega de enerxía natural.

Se che apetece degustar pratos frescos e diferentes, proba esta receita, coa que comprobarás que o Parmigiano Reggiano se converterá no rei da túa mesa.

Bocadiños de Parmigiano Reggiano, pemento asado e touciño entrefebrado

8 persoas / 25 minutos + 18-20 minutos de forno

INGREDIENTES: 100 g de Parmigiano Reggiano

· 8 espárragos cortados pola metade · 500 g de follado

· Fariña · 200 g de pementos vermellos asados · 1 ovo

· 1 cabaciña pequena cortada en rodas fi nas

· 80 g de dados de touciño entrefebrado afumado ELABORACIÓN

1. Prequentar o forno a 190 °C e engraxar lixeiramente dúas bandexas para enfornar.

2. Relar o Parmigiano Reggiano e reservar. Escaldar os espárragos en auga fervendo lixeiramente salgada uns 3

minutos, escorrelos e arrefrialos. Mentres, espallar o follado sobre unha superficie enfariñada e cortar en oito rectángulos iguais.

3. Esparexer o Parmigiano Reggiano sobre cada rectángulo, cubrir cos pementos, a cabaciña, os espárragos e o touciño entrefebrado. Humedecer dúas esquinas opostas da masa e dobrar cara ao centro. Colocar nas bandexas de forno e pincelar con ovo batido. Enfornar uns 18-20 minutos.

4. Arrefriar nunha reixa e comer quentes ou fríos.

Estilista de alimentos e redactora: Sue Ashworth Fotografía: Steve Lee Studios

Á vangarda do CONSUMO RESPONSABLE

POR QUE ENVASAMOS FROITAS E VERDURAS FRESCAS?

A BALANZA

Menos envases poden levar a máis desperdicio de alimentos

EnvasesDesperdicio de alimentos

5

A produción de alimentos (incluído o uso da terra) ten unha pegada de CO2 (eq. emisións/kg) máis alta ca o envasado

*Emisións medias de CO2 eq./kg de alimentos: 80% de produción (incluído o uso da terra), 15% do transporte e 5% da embalaxe

O TIPO DE EMBALAXE IMPORTA

O envasado axeitado protexe e retén a frescura, prolongando a vida útil e reducindo o refugallo de alimentos

Envases duros Protexe os produtos de mazaduras e danos durante o transporte e a venda polo miúdo

Bandexas envoltas con plásticos brandos Protexe os produtos dos microbios e do desecamento

En EROSKI traballamos para estar na vangarda e promover unha alimentación e hábitos de vida saudables e sostibles e somos a primeira cadea de supermercados de España en formar parte do Instituto Europeo de Innovación Tecnolóxica no eido alimentario (EIT Food), a comunidade máis grande e dinámica do mundo que busca que o sistema alimentario sexa máis sostible, saudable e de confianza. Neste momento, estamos centrados en dous proxectos: a elaboración dunha salsa de tomate de alto valor nutricional e a produción de envases máis sostibles.

co ecodeseño dos nosos envases de marca propia. E cada ano reciclamos 3.000 toneladas de plástico e evitamos a xeración de máis de 1.100 toneladas. Agora, xunto coa Universidade Aarhus de Dinamarca, a enxeñería Bioazul, e varias empresas, centros tecnolóxicos e universidades colaboramos no proxecto InformPack para elaborar envases de alimentos máis sostibles. Organizamos oito obradoiros con empresas, provedores e consumidores para analizar a infl uencia do envasado ao elixir o produto no momento de compra e a súa posterior eliminación.

É o mesmo para todas as froitas e verduras?

As froitas e verduras cunha capa protectora natural son máis resistentes e poden requirir menos empaquetado

Capa protectora

Máis resistente

Sen capa protectora

Menos resistente

ENVASES SOSTIBLES Como nos preocupa a pegada que deixamos no noso planeta, levamos anos traballando para reducir, polo menos, o 20% das toneladas de plásticos dun só uso dos envases antes do 2025. En EROSKI fomos precursores en introducir as biobolsas procedentes de amidón de orixe vexetal como alternativa ás de plástico. Só no 2019, reducimos máis de 50 toneladas de plástico

SALSA CON VALOR

Por outra banda, xunto coa empresa vasca Jakion, estamos a preparar unha nova salsa de tomate boloñesa sen azucres engadidos nin espesantes, cun contido reducido de graxa e un mínimo de sal. Unha salsa que contribuirá á mellora do estado nutricional e de saúde do consumidor e que sairá á venda a través da rede comercial de EROSKI no País Vasco, Cantabria e Navarra.

50 novas
AU
Favorecer o consumo responsable

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.