EROSKI_JULIO_2019_GALLEGO

Page 1

www.eroski.es

#48

xullo-agosto’19 1 EURO

PEIXES CON ETIQUETA MSC E GGN

Verán saudable e sostible É TEMPO DE... Menos plástico nos nosos envases de froita

O ESCAPARATE Produtos Seleqtia para faceres do teu menú algo excepcional

BELEZA Brumas solares belle&SUN: bronceado sen riscos


EROSKI 48 NIVEA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/06/19

13:49


sumario www.eroski.es

xullo-agosto’2019

08 é tempo de.... Presentámosche os nosos peixes e froitas máis sostibles, respectuosos co mar, coa terra e co medio natural.

20 o escaparate Produtos EROSKI Seleqtia para gozar do verán e compartir coa familia ou cos amigos.

28 protagonistas EROSKI Amosámosche as nosas variedades de hummus EROSKI e refrescámosche o verán cos novos xeados que chegan ás nosas tendas.

34 pola túa saúde Alixeiramos as típicas churrascadas do verán con receitas máis saudables.

38 aforra con... O VI Observatorio Nestlé sobre Hábitos nutricionais e estilos de vida das familias pon o foco no desperdicio alimentario.

42 beleza

8

Brumas solares belle&SUN, a solución ideal para lucir un bronceado perfecto e sen risco.

44 bebé Novos cueiros EROSKI con canles superabsorbentes.

46 na tenda contigo Descubrimos todas as vantaxes que ten ser socio de EROSKI club.

49 vales aforro EROSKI club Axudámosche a aforrar cos nosos vales aforro EROSKI club.

30

42

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

52 noticias corporativas O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

3

003 SUMARIO GAL.indd 3

21/6/19 18:17


este mes... xullo-agosto’19

www.eroski.es

#48 xullo-agosto’19 1 EURO

“Apostamos por reducir o impacto ambiental dos nosos produtos e velamos porque todos os procesos sexan o máis responsables posible”

Inclúe vales aforro Búscaos na páxina 49

PEIXES CON ETIQUETA MSC E GGN

Itxaso Cuesta — Responsable EROSKI club

Verán saudable e sostible É TEMPO DE... Menos plástico nos nosos envases de froita

O ESCAPARATE Produtos Seleqtia para faceres do teu menú algo excepcional

BELEZA Brumas solares belle&SUN: bronceado sen riscos

001 PORTADA BONITO GAL.indd 1

Bo verán, saudable e sostible

E

n EROSKI querémosche axudar a comer mellor con alimentos producidos de xeito máis sostible. Coñecendo os produtos de tempada do teu contorno podes mellorar a túa alimentación e tamén coidar do medio natural. Nas nosas tendas resultarache máis doado atopar artigos de proximidade como froitas, legumes e peixes con mellores promocións e prezos. E sempre contarás con asesoramento profesional por parte dos que forman EROSKI. Apostamos por reducir o impacto ambiental dos nosos produtos e velamos porque todos os procesos, dende a orixe da produción ata as operacións, sexan o máis responsables posible. Isto inclúe, por exemplo, a inclusión do selo MSC para as peixerías, que certifica que o noso peixe procede de pesqueiras máis respectuosas co mar, ou a etiqueta GGN, que acredita que a cría de peixes de acuicultura foi sostible e garantida.

Ademais, para o 2025 comprometémonos a reducir polo menos nun 20% os plásticos dun só uso. Iso inclúe a redución de embalaxes nas nosas froitas, substituíndo o plástico polo cartón, utilizando materiais reciclables ou promovendo a venda por xunto. Tamén promovemos o desperdicio cero en favor da solidariedade. Dende 1996 organizamos a Operación Quilo para a recollida de alimentos xunto coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Este ano levouse a cabo a primeira fin de semana de xuño. Con EROSKI, este verán coida de ti e tamén do teu contorno.

21/6/19 18:16

Edición #48 xullo-agosto’19

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel. +34 946 211 211 REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 44 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104 Difusión controlada por OJD Publicidade Antonio García Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel. +34 943 344 614 Depósito Legal BI-222-2015

Mellor servizo de atención ao cliente por sétimo ano consecutivo

Cumprimos 22 anos colaborando con Banco de alimentos

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.

EROSKI club Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefi res, rexístrate en

www.eroski.es e descubre todas as vantaxes

4

004 EDITORIAL GAL.indd 4

24/6/19 15:54


EROSKI 48 SANEX.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/06/19

14:06


para abrir boca

MARMELO CON PANELA

Sabor tradicional en versión lixeira

C

on queixo, pero tamén como perfecto contrapunto doce en ensaladas ou espetos, o marmelo con panela reducido en azucres EROSKI vaite deixar abraiado. Está elaborado con azucre integral de cana que non se somete a ningún proceso de refinado. Contén un 65% menos de azucres ca o tradicional e inclúe fibra vexetal de chicoria –dietética e prebiótica– que aumenta a sensación de saciedade. É máis lixeiro, non contén glute nin graxas e é apto para veganos.

CEBOLIÑA DOCE EROSKI NATUR

O acompañamento ideal para este verán

O TOMATE MINI CHOCO EROSKI NATUR

Un toque de frescura

H

ai moitas clases de tomates pero, entre todos, hai un que destaca pola súa cor e sabor. O tomate Choco EROSKI Natur é máis doce ca os tradicionais, pero ten toques acedos. É perfecto para acompañar pratos salgados e mais doces e pódese combinar con ingredientes suaves ou picantes. Prodúcese dun xeito máis sustentable, minimizando o impacto ambiental e axudando así ao desenvolvemento da contorna.

seu escaso picor e excepcional sabor fan única á ceboliña doce EROSKI Natur. En boca é suave e a súa textura é tenra e crocante. Por iso, é ideal para consumir fresca, en ensaladas, picados, gaspachos, salmorejos, como acompañante de carnes, etc. As ceboliñas EROSKI Natur véndense en feixes e prodúcense dun xeito máis sustentable, minimizando o impacto ambiental e axudando así ao desenvolvemento da contorna. Cultívanas agricultores certificados por GlobalGAP, a norma internacional para a agricultura segura e sustentable.

6

006 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 6

21/6/19 18:21


EROSKI 48 BELLA EASO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/06/19

10:34


é tempo de...

Peixe máis saudable e sustentable A sobrepesca e a pesca ilegal e destrutiva convertéronse nunha ameaza para os mares e as especies que viven neles. Ante isto, cómpre tomar medidas que axuden a reducir o noso impacto na contorna. Elixindo peixes de tempada, capturados de maneira respectuosa, ou de acuicultura, producidos de xeito máis sustentable, axudamos o planeta e mais melloramos a nosa alimentación.

O

mar é unha das fontes de recursos naturais máis importante que temos, pero anos de evolución e de desenvolvemento industrial comportaron un alto custo. Unha situación que era moi común no pasado pero que, grazas ás regulacións dos países e ás certificacións, se deu revertido nos últimos anos. Xa que logo, demostrouse que era posible garantir os alimentos necesarios, pero protexendo a biodiversidade. Mais non é unha tarefa fácil e cómpre traballar xuntos. Se reducimos o desperdicio alimentario, apostamos por prácticas de pesca máis respectuosas e escollemos alimentos con menor impacto ambiental (locais e de tempada) é posible conseguir unha dieta equilibrada que protexa o noso contorno. En EROSKI buscamos o xeito de manter a biodiversidade dos mares. Por iso, a través da nosa política

de pesca comprometémonos cun modelo sustentable que recolle os principios nos que se basea a nosa oferta de peixería: • Apostamos polas confrarías e provedores locais para minimizar o impacto ambiental que o transporte pode carrexar e favorecemos o desenvolvemento económico e social das comunidades pesqueiras. • Informamos e formamos os consumidores no eido da pesca sustentable para sensibilizar e fomentar o consumo máis responsable a través das nosas publicacións, cursos e obradoiros. • Etiquetamos e comunicamos de maneira transparente para que á hora de mercar esteas informado da arte de pesca utilizada e da zona onde foi capturado. • No caso do peixe salvaxe, apostamos por produtos con certifi cación MSC, que garante que proveñen dunha pesca sustentable, que respecta os recursos mariños e

ten en conta as vindeiras xeracións. GGN, pola súa banda, acredita aqueles peixes de acuicultura EROSKI Natur que se criaron en granxas, cun proceso de crianza sustentable, respectando, entre outras cousas, o propio animal e o medio natural.

8

008-011 ES TIEMPO DE PESCADO SOSTENIBLE GAL.indd 8

24/6/19 15:56


Bonito do Norte EROSKI Natur MSC

Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC-C-55670

ta outubro, atoparás nas nosas peixerías bonito do Norte, un peixe exquisito do que se poden aproveitar moitas partes e que se converteu no rei do verán por mor das súas propiedades e das súas moitas posibilidades gastronómicas. Nas nosas tendas podes pedir que o preparen ao teu gusto, xa que os nosos peixeiros límpancho, sérvenche a cantidade que precisas e asesóranche sobre que peza é a máis axeitada en función da receita coa que queiras sorprender os teus comensais. O seu cocote é tenro e de

A

sabor suave, os seus lombos teñen unha carne magra e sen espiñas, os toros son saborosos e doados de preparar case en calquera receita, a cola é a parte menos graxa e ten poucas espiñas e a ventrecha é a peza máis tenra e apreciada. Se na nosa peixería elixes bonito do Norte EROSKI Natur, amais de gozares dun peixe de gran calidade, asegúraste de que se trata dun produto que cumpre con todas as garantías de sustentabilidade. Así o certifi ca o selo azul de MSC. Ademais, o noso bonito do Norte EROSKI Natur cumpre os seguintes requisitos:

• Pescado a cana un a un utilizando cebo vivo. Deste xeito evítase que leve golpes ou que se esmague ao se capturar con redes, o que garante unha carne de maior calidade.

• Procedente do Atlántico Norte. Pertence á familia dos túnidos, pero é unha especie migratoria diferenciada que, de xuño a setembro, se concentra maioritariamente preto das costas no mar Cantábrico.

• Pescado por barcos de portos locais. Ao mercar en pesqueiras da zona impulsamos a economía local e o tecido social.

• Trazabilidade garantida. O bonito do Norte das nosas peixerías foi auditado en todas as etapas: captura, manipulación e venda.

A certificación MSC (Marine Stewardship Council), que asegura que as especies se pescaron de maneira respectuosa co medio ambiente e o mantemento das especies, foi recentemente considerada polo Parlamento británico como a garantía máis rigorosa no sector da pesca. Este órgano comprometeuse a traballar xunto a MSC na sustentabilidade das pesqueiras e animou a outros a faceren o mesmo.

9

008-011 ES TIEMPO DE PESCADO SOSTENIBLE GAL.indd 9

21/6/19 18:48


2012. Comercialización do primeiro peixe con certifi cado de sustentabilidade MSC.

COC 8480010000009

Corvina EROSKI Natur GGN En EROSKI atoparás peixes como dourada, robaliza, rodaballo, salmón e corvina de acuicultura con selo GGN, que acredita que se produciu de maneira respectuosa, tanto no mostrador de peixería como envasados enteiros ou con diferentes cortes. A pesca de acuicultura permítenos gozar destas especies todo o ano, e no verán especialmente da corvina, que está no seu mellor momento. Este peixe branco ten un delicado sabor e unha carne suave e lixeira. É un

peixe tradicional do Mediterráneo, que se recuperou a través da acuicultura para se tornar o aliado perfecto para unha alimentación equilibrada e sustentable por mor das súas propiedades nutricionais e as características da súa crianza. O PROCESO DE CRIANZA A produción da corvina está acreditada por GGN. • Utilizamos crías de corvina propias que aseguran uns peixes de calidade superior. • Prodúcense en granxas mariñas,

en mar aberto, baixo condicións de máximo control e respecto polo medio natural e polo benestar animal. Tamén se mide a calidade da auga. • Contrólase a alimentación e certifícase o consumo adecuado do penso, o que repercute nun maior coidado do fondo mariño e nun mellor aproveitamento. • Pescas cotiás que permiten a chegada ao momento de venda do peixe en 24-48 horas con garantía de frescura. • Todo isto certifícase cunha total trazabilidade e control da cadea de produción, desde a cría ata o empaquetado.

10

008-011 ES TIEMPO DE PESCADO SOSTENIBLE GAL.indd 10

21/6/19 18:48


é tempo de...

Peixe conxelado EROSKI MSC En EROSKI seguimos a traballar para ampliarmos a nosa oferta de peixe con selo azul MSC e queremos alcanzar os dous millóns de quilos no 2020. Porque queremos que, amais do peixe fresco EROSKI Natur, tamén o conxelado proveña dunha pesca respectuosa co mar e co mantemento das especies. Temos unha ampla variedade de peixes con selo azul MSC: lombos e filetes de bacallau e pescada con distintos cortes –filetes con e sen pel e toros–. Todos eles teñen o selo azul de MSC, que amais da súa calidade certifica que seguiron un proceso con todas as garantías: • A pesca destas especies realízase asegurando a súa continuidade, para que as poboacións de peixes sigan a ser produtivas. • A pesca respecta o resto de

008-011 ES TIEMPO DE PESCADO SOSTENIBLE GAL.indd 11

especies e hábitats do ecosistema. • As pesqueiras con certificación MSC deben estudar periodicamente medidas alternativas que poidan servir para reducir a mortalidade de especies non desexadas durante as capturas. • As pesqueiras deben cumprir as normativas e ser quen de se

adaptar ante calquera variación do medio natural. • A orixe dos produtos con selo azul MSC dos nosos supermercados está identificada e as cantidades quedaron debidamente rexistradas. Estes peixes débense identificar facilmente pola súa etiqueta e están separados dos outros.

21/6/19 19:54


é tempo de...

PESCADA CON SALSA PROVENZAL E OLIVAS NEGRAS 4

fácil

20-30’

INGREDIENTES • 600 g de lombos de pescada • 300 g de cebola • 1 pemento verde • 500 g de tomates pera • 2 dentes de allo • 8 g de azucre • 40 ml de aceite de oliva • 50 g de olivas negras • Ceboliño • Sal COMO SE ELABORA ● Picamos a cebola e

o pemento verde en cadradiños e o rustrímolos a lume suave cun pouco de aceite nunha pota baixa. Así que a cebola comece a coller unha cor amarelada, engadimos os allos picados en láminas. Remexemos o conxunto e agregámoslle ao rustrido o tomate picado en cadradiños. Deixámolo cociñar a lume suave ata que a verdura amoleza. ● Poñémolo ao punto de sal

1,82 € por persoa

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

191

6,4g

1g

9g

SAL

1g

10%

9%

5%

10%

16%

e engadimos tamén o azucre. Triturámolo coa axuda dunha escumadeira ata que quede unha salsa grosa e o tomate moi cociñado. No último intre, agregamos un pouco de ceboliño torado e as olivas negras sen óso picadas e reservamos. ● Salgamos os lombos de

pescada e cociñámolos volta e volta nunha tixola antiadherente cunha pinguiña de aceite de oliva. Servímolos acompañados coa salsa.

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

12

012-014 ES TIEMPO DE RECETAS GAL.indd 12

21/6/19 18:23


EROSKI 48 MELONES EL ABUELO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/06/19

10:34


estempo é tiempode... de...

2,93 € por persoa

2,78 €

CARPACCIO DE BONITO EN ESCABECHE DE LIMÓN

por persoa

4

media

50-60’

INGREDIENTES

BONITO ASADO SOBRE VAÍÑAS GUISADAS 4-6

media

30-60’

INGREDIENTES • 800 g de bonito do Norte EROSKI Natur MSC en toros • 200 g de feixóns verdes • 1 dente de allo • 1 tomate • 20 g de ceboliña

• 25 g de pemento verde • 45 g de pemento vermello • 40 ml de aceite de oliva • 20 ml de vinagre • Pemento • Sal

COMO SE ELABORA ● Poñemos ao lume unha pota con

auga e cocemos durante 15 minutos os feixóns verdes previamente pelados. Reservámolos. ● Nunha tixola, poñemos un pouco de

aceite de oliva e sofriximos o allo cortado en láminas. Engadimos o tomate e deixámolo cociñar devagariño.

● Acompañamos o bonito cunha

vinagreta lixeira elaborada con ceboliña, pemento verde e pemento vermello picados, aceite, vinagre e sal. COMENTARIO DIETÉTICO O bonito é un peixe azul e na súa composición nutricional destaca unha elevada cantidade de proteínas de alta calidade e tamén de graxa rica en omega 3, que contribúe a diminuír os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue, exercendo un papel protector ante enfermidades cardiovasculares. É un peixe rico en vitaminas do grupo B e en vitaminas A e D, que só se atopan en alimentos graxos. No tocante aos minerais, é boa fonte de potasio, fósforo, magnesio, ferro e iodo. Hai que ter en conta que os peixes azuis conteñen purinas (ácido úrico), polo que non se aconsellan se se teñen valores elevados en sangue de ácido úrico ou se se padece gota. Outro dato que hai que ter en conta é que o bonito non se ve afectado polo contido en mercurio da auga ao ser de menor tamaño ca o atún.

• 800 g de lombo de bonito do Norte EROSKI Natur MSC • 100 g de cebola • 4 dentes de allo • Pementa negra en gran

• 1 limón • 400 ml de aceite de oliva • Loureiro • Ceboliño ou perexil picado • Sal

COMO SE ELABORA ● Limpamos o bonito e envolvémolo

con filme transparente. Introducímolo no conxelador ata que se endureza. ● Para o escabeche, botamos aceite

nunha tixola, engadimos a cebola en anacos grandes, o loureiro, os allos e a pementa negra. Rustrimos a lume lento o conxunto, ata que colla cor. ● Engadimos o zume de limón e un chisco

de sal. ● Lascamos o bonito con coidado,

procurando facer toros moi finos. ● Empapamos o peixe co zume do

escabeche. ● Rematamos o prato esparexendo por

riba ceboliño ou perexil picado.

● Botamos na tixola o pemento e mais os

feixóns verdes. Deixamos que ferva todo xunto e poñémolo ao punto de sal. ● Cociñamos á prancha o bonito volta e

volta e colocámolo por riba das vaíñas. Poñémolo ao punto de sal, dámoslle un fervor ao conxunto e servímolo.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

297

12g

3g

15%

17%

15%

Unha ración contén: SAL

3,4g 0,5g 4%

8%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

295

13g

3g

15%

19%

16%

SAL

2,4g 0,1g 3%

2%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

14

012-014 ES TIEMPO DE RECETAS GAL.indd 14

21/6/19 18:23


EROSKI 48 SERRATS.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/06/19

15:53


é tempo de...

Equilibrio para ti e para o teu contorno O modelo de consumo actual estalle a xerar un alto custo ao noso medio: consumimos máis do que se pode sustentar e isto pon en risco a preservación dos recursos naturais. Un dos exemplos máis claros e que maior conciencia espertou é o uso excesivo de plásticos dun só uso.

A

preocupación por impulsar solucións sostibles para a compra é un dos compromisos pola saúde e sustentabilidade de EROSKI. Por iso, amais de che ofrecermos alimentos de tempada producidos de xeito máis respectuoso co medio natural, comprometémonos a reducir o impacto das embalaxes de plástico dun só uso. Deste xeito, poderemos conseguir que a nosa dieta non só sexa máis equilibrada senón tamén que protexa o contorno. No 2008, en EROSKI comezamos a incluír criterios ambientais no deseño dos novos envases, tales como a selección de materiais cunha orixe sostible e que favorezan a súa reciclabilidade

ou a redución da cantidade de materias primas usadas para a fabricación e a embalaxe. Agora, propuxémonos reducir, polo menos nun 20%, as toneladas de plásticos dun só uso de aquí ao 2025. Para iso, tamén aumentaremos a venda por xunto de froitas e verduras EROSKI Natur nas nosas tendas e revisaremos os envases de todos os nosos produtos para que sexan 100% reciclables. Outra das accións consistirá en eliminar o sobreenvasado ou reducir o peso do envase todo o posible. Por iso, este verán, amais de che ofrecermos as mellores froitas de carabuña baixo a etiqueta EROSKI Natur, reducimos os seus envases de plástico dispoñéndoas ben por xunto ou en embalaxes con menos plástico.

As froitas de carabuña EROSKI Natur están producidas de xeito máis sostible, minimizando o impacto ambiental e axudando ao desenvolvemento do contorno. Ao igual ca o resto de froitas Natur que vende EROSKI, cultívanas labregos certificados por GlobalGAP, a norma internacional para a agricultura segura e sostible.

16

016-017 ES TIEMPO DE ELIMINAR PLASTICOS GAL.indd 16

24/6/19 15:56


CEREIXAS EROSKI NATUR. Coa súa cor vermella brillante, as cereixas do Xerte EROSKI Natur son a froita estrela do verán. O clima desa zona permite un perfecto repouso invernal das árbores e a boa insolación primaveral facilita a óptima maduración. A etiqueta da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Cereixa do Xerte certifi ca a súa calidade.

FROITAS DE CARABUÑA EROSKI NATUR. No verán, a gran protagonista é a froita de carabuña, que se caracteriza pola súa polpa carnosa, o seu doce sabor e a súa tenrura. Temos á túa disposición paraguaios, nectarinas e pexegos amarelos e vermellos EROSKI Natur. Atoparalos por xunto nos nosos supermercados, xa que eliminamos as bandexas de plástico dos seus envases.

Seguindo o noso compromiso para reducir o uso de plásticos, substituímos as bandexas das cereixas EROSKI Natur por envases de cartón con certificado FSC®, que garante que proceden de bosques xestionados de maneira sostible. O ecodeseño da nova embalaxe vai permitir reducir o consumo de máis de sete toneladas de plástico ao ano.

17

016-017 ES TIEMPO DE ELIMINAR PLASTICOS GAL.indd 17

24/6/19 15:57


é tempo de...

Mulleres que contan Hai mulleres extraordinarias que desenvolven as súas vidas e carreiras abrindo camiño. Son valentes, inspiradoras e están comprometidas coa saúde e coa sustentabilidade. Durante os vindeiros meses, achegarémosche historias coma a de Eva Lafraya, que coñece moi de preto a froita de carabuña. Un mundo que lle serviu para medrar como persoa e para se sentir orgullosa de todo o acadado. Descubre a súa historia completa en www.eroski.es/mujeres-que-cuentan/

Eva Lafraya Labrega e expresidenta da SAT Valle de Rincón A cooperativa Valle de Rincón, na Rioxa -SAT (Sociedade Agraria de Transformación) é froito da unión das dúas cooperativas agrarias da vila que deciden deixar de se faceren a competencia e unirse nun proxecto común. “Comezamos facturando un millón de euros e agora chegamos a oito millóns. Algo fariamos ben”, subliña Eva. A labrega teno claro: para ser cooperativista hai que ter “espírito de

cooperativista”. Iso significa “entender que prevalece o ben común, o da cooperativa, o de todos”. Para Eva isto supón unha vantaxe, xa que ao ser cooperativa poden ofrecer máis variedade de froita, durante máis tempo e a un prezo mellor. Neste sentido, un dos maiores orgullos de Eva é o terreo situado na zona de Ocón, en Santa Lucía. “Levaba cinco anos neste mundo cando EROSKI nos propuxo alongar a tempada das nosas variedades de froita de carabuña ata setembro”, explica. O problema que atoparon foi que a altitude de Rincón de Soto non permitía ampliar a tempada do cultivo. “Tivemos que saír de aquí e buscar terras máis altas; custounos un ano atopar o terreo idóneo para dalo feito”. Pero fixérono. E grazas a iso, lograron que a

tempada de cereixas se alongue, porque no novo terreo, ao ter maior altitude, as cereixas maduran máis tarde, e, polo tanto, pódenas ofrecer no seu momento óptimo durante máis tempo. UN ESFORZO CON RECOMPENSA “Cando comecei tiña medo, pero ao final desapareceu”. A agricultura ten, en palabras de Eva, “anos difíciles”, pero ao final permite facer o que máis che gusta, “cunha satisfacción tremenda”. “Satisfacción e paixón” que se reflicte no resultado do seu traballo e que lle serviu para medrar como persoa. Como explica, o traballo duro, a súa tenacidade e ousadía fixérona gañar o respecto de todos. Cre que cada vez hai máis mulleres emprendedoras. “As cousas están a mudar e na agricultura tamén hai cambio. Cantas mulleres labregas hai nesta zona?, tres? Ben, antes non as había! A súa vida é exemplo dese cambio e séntese “moi orgullosa”, pero ten claro que non sería o que é sen a xente que a arrodea e valora polo que fixo. “Cada quen recolle o que sementa”, conclúe.

18

018 ES TIEMPO DE MUJERES GAL.indd 18

24/6/19 15:57


EROSKI 48 RED BULL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/06/19

10:35


o escaparate

Produtos EROSKI Seleqtia

Transforma os teus pratos Se no verán aproveitamos para gozar un pouco máis do día a día, tamén é un bo momento para deleitarnos nas comidas. Cos ingredientes axeitados podes facer do teu prato algo extraordinario. Porque os detalles importan, animámoste a probar os nosos produtos EROSKI Seleqtia e marcar a diferenza nas túas receitas.

O

verán tamén é momento de gozar con produtos gourmet EROSKI Seleqtia ao mellor prezo e testados por profesionais expertos do BCC (Basque Culinary Center). Aínda que nesta época do ano adoitamos apostar por comidas máis lixeiras, esta non é razón para non lles dar o toque perfecto con ingredientes de calidade como os da nosa gama Seleqtia. Unha ensalada, por exemplo, pódese transformar nunha refrescante opción chea de sabor co aceite de oliva virxe extra DO Siurana. Tamén podemos engadir uns anacos de tomate seco confeitado, salmón afumado, etc. Outro produto ideal que pode marcar a diferenza nunha receita é o queixo. EROSKI Seleqtia ofréceche unha ampla variedade

con Denominación de Orixe Protexida, como a mozzarella di búfala, elaborada con leite de búfalas de Campania (Italia) seguindo o método tradicional. É un queixo ideal para consumir cru, en ensaladas ou gratinado. Tamén atinarás engadíndolles aos teus pratos de pasta, ensaladas ou risottos o noso queixo en escamas ou relado Grana Padano, de sabor delicado e forte aroma. E para picar algo lixeiro pero cun sabor excepcional, nada mellor ca a ventrecha de atún ou os lombiños de salmón, co seu característico aroma afumado. Para finalizar o menú, nada mellor que deleitarnos con sobremesas Seleqtia. Tortas, trenzas de follado, callada, muesli... Poranlle o albaroque a unha comida redonda.

20

020-024 ESCAPARATE SUMMER STYLE GAL.indd 20

21/6/19 18:27


TESTADOS POR EXPERTOS Dende o 2016, as características organolépticas dos produtos EROSKI Seleqtia son testadas por profesionais expertos do BCC. Antes de que un produto Seleqtia chegue aos estantes dos nosos supermercados pasa un proceso de cata no que é testado por expertos que avalían aspectos como textura, sabor, aroma, etc.

2007. Lanzamento da nosa marca gourmet EROSKI Seleqtia.

21

020-024 ESCAPARATE SUMMER STYLE GAL.indd 21

21/6/19 18:27


el escaparate o escaparate

1,19 € por persoa

ENDIVIAS CON BROTES DE SOIA E SALSA ROQUEFORT

COMO SE ELABORA ● Lavamos as endivias e cortámolas en

catro anacos. 4

fácil

15-20’

mesturando o queixo con aceite, vinagre e sal. Batémola ben e deixámola repousar na neveira durante unha hora.

INGREDIENTES • 4 endivias • 50 g de queixo roquefort DOP Seleqtia • 1 mazá • 50 g de brotes de soia • 8 tomates cherry • 100 g de froitos secos

● Elaboramos a salsa roquefort

• 10 ml de aceite de oliva • 10 ml de vinagre • Sal

● Servimos as endivias aliñadas coa salsa

roquefort e acompañadas dos brotes de soia, os tomates cherry, uns cachiños de mazá e os froitos secos. COMENTARIO DIETÉTICO As endivias son ricas en vitaminas, minerais e substancias antioxidantes.

Ademais posúen unha alta cantidade de auga, polo que o seu valor calorífico é moi baixo. Acompáñanse con brotes de soia, mazá e tomate, o que aumenta o contido en vitaminas e minerais. Ao completar o prato cunha combinación de froitos secos conséguese unha achega extra de graxas insaturadas, que diminúen o colesterol. A salsa roquefort aumenta o contido calorífico da receita, aínda que a cantidade de queixo empregada neste caso non é elevada.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

278

20g

5g

9g

SAL

1g

14%

29%

24%

10%

10%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

22

020-024 ESCAPARATE SUMMER STYLE GAL.indd 22

21/6/19 18:27


EROSKI 48 MAYTEA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/06/19

11:00


o escaparate

PIZZA DE SALMÓN AFUMADO, TOMATE E CHAMPIÑÓNS 4

fácil

50-60’

INGREDIENTES • 200 g de fariña • 15 g de lévedo de panadería seco • 40 ml de aceite de oliva • 100 g de salsa de tomate • 100 g de tomate fresco

• 125 g de lombiños de salmón afumado EROSKI Seleqtia • 100 g de champiñóns • 100 g de queixo relado • Sal

1,87 € por persoa

COMO SE ELABORA ● Diluímos o lévedo nun pouco de

auga morna. Sobre unha superficie lisa, formamos un volcán coa fariña e engadimos o lévedo no centro. ● Agregamos tamén un pouco de sal e

aceite de oliva e amasamos devagar ata formar unha bóla que deixaremos repousar unhas dúas horas envolta nun pano para que levede. ● Dámoslle forma de pizza á masa

coa axuda dun rolo. Espallamos por riba a salsa de tomate, os champiñóns fileteados, o salmón afumado e o tomate fresco torado. Finalmente, esparexémoslle queixo relado ao gusto. ● Enfornamos a pizza a 200 ºC durante 30

minutos. Servímola quente.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

402

16g

4g

2,8g

SAL

1g

20%

23%

21%

3%

18%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

24

020-024 ESCAPARATE SUMMER STYLE GAL.indd 24

21/6/19 18:27


EROSKI 48 DON SIMON.indd 1

24/6/19 14:11


o escaparate

Marchamos de pícnic

Todo o que precisas para gozar do verán Co bo tempo, non hai nada que preste máis que preparar un delicioso petisco e compartir unha tarde ao aire libre. Tan só hai que se xuntar coa familia ou amigos, buscar unha leira, río ou parque con sombra e prepararse para botar un bo día gozando da natureza. Facer unha churrascada é unha fantástica opción pero, se non dispós do teu propio espazo nunha terraza ou xardín ou prefires non te complicar á hora de cociñar, unha alternativa ben boa pode ser preparar un pícnic cos produtos frescos listos para consumir que atoparás nas panaderías, froiterías e carnicerías de EROSKI.

F it N Froita. Nas nosas ffroiterías atoparás a mellor variedade de froitas de tempada. Nos meses de xullo e agosto destacan as de carabuña e, xunto a elas, o melón pel de sapo e a sandía negra sen pebidas EROSKI Natur.

Táboas de ibéricos e queixos. Preparamos todo tipo de táboas de queixos e embutidos ao teu gusto. Listas para presentar na mesa sen te preocupares de máis nada. Realiza o teu encargo e atenderémosche ben a gusto.

26

026-027 ESCAPARATE PICNIC GAL.indd 26

21/6/19 18:29


por tu salud

Gaspachos e salmorejos. Elaborados con ingredientes 100% naturais e hortalizas seleccionadas e colleitadas no seu momento óptimo. Ao se tratar de produtos frescos, manteñen todos os benefi cios das verduras da horta: fi bra, vitaminas e minerais.

Empanadas. Enfornadas acotío nas nosas panaderías, temos empanadas de todos os tamaños e recheos.

Ensaladas. Atoparalas na zona de refrixerados. Pódense gozar nun improvisado pícnic, na praia ou mesmo na casa. Inclúen aliño e cuberto.

27

026-027 ESCAPARATE PICNIC GAL.indd 27

21/6/19 18:29


Hummus EROSKI

Moito máis ca garavanzos O hummus é un prato moi popular en todo Oriente Medio que se fixo un oco na nosa gastronomía como aperitivo saudable. Coa chegada do verán, as comidas cos amigos e coa familia son habituais e esta receita mediterránea non só propón un xeito diferente de comer legumes senón que é unha alternativa ideal para compartir e deixar de lado propostas máis calóricas. En EROSKI atoparás opcións para todos os gustos, listas para gozar ao momento. 28

028-029 PROTA HUMMUS GAL.indd 28

21/6/19 18:30


protagonistas EROSKI

HUMMUS ESTILO MARROQUÍ A nosa última incorporación é esta receita que ten unha base de hummus con especias exóticas, que contrastan coas pasas e coa cebola caramelizada, dando como resultado un produto cun toque diferente e mediterráneo. Un snack ideal para dipear e acompañar con pan de pita, panciños ou paus de hortalizas.

HUMMUS ORIXINAL A versión máis clásica, baseada na receita tradicional. Unha crema de garavanzos e tahini concibida para dipear ou acompañar en canapés, sándwichs ou ensaladas. Agora, ademais, atoparala nas nosas tendas nun novo formato XXL de 500 gramos.

HUMMUS CON PEMENTOS VERMELLOS E JALAPEÑOS Unha experiencia para o padal polo seu intenso sabor a pemento asado combinado co toque picante que lle achega o jalapeño. Un singular aperitivo co que podes potenciar o sabor de sándwichs, pinchos, tapas ou carnes.

028-029 PROTA HUMMUS GAL.indd 29

21/6/19 20:14


protagonistas EROSKI

Xeados EROSKI

Refresca o teu verรกn 30

030-031 PROTA HELADOS GAL.indd 30

21/6/19 18:31


Chega a calor e o mellor xeito de afrontala é cun rico e refrescante xeado. De sobremesa ou de merenda, calquera intre do día é bo para tomar un. En EROSKI inauguramos a tempada de xeados cunha chea de posibilidades e cunhas cantas novidades para que elixas a que máis che guste.

TERRINAS Dispoñemos dunha ampla gama de opcións en formato familiar: doce de leite, café latte, menta e chocolate... E este ano presentamos dous sabores innovadores: Black cookies & Cream, con cachiños de galleta e salsa de chocolate; e Cappuccino, con salsa de tiramisú e flocos de sabor a café. CONOS O último en chegar ás nosas tendas é o de sabor limón, con corazón de

salsa de limón. Pero, se te queres dar un capricho máis doce, atrévete cos conos de chocolate e brownie, vainilla e noces de macadamia ou co black & white cookies. MINISÁNDWICHS Un dos clásicos que nunca falla chega en formato mini. Ten un 65% menos de azucre e non contén azucres engadidos. Así non te terás que privar dun fresco capricho este verán.

31

030-031 PROTA HELADOS GAL.indd 31

21/6/19 20:18


EROSKI 48 DOBLE CLUB EROSKI GALLEGO.indd 2

20/06/19 10:53


EROSKI 48 DOBLE CLUB EROSKI GALLEGO.indd 3

20/06/19 10:53


pola túa saúde

Churrascada lixeira Chega a calor e a canda ela as comidas ao aire libre e as churrascadas. A carne é a estrela neste tipo de preparacións culinarias, que tamén admiten outros alimentos como verduras ou peixe. Velaquí catro consellos e tres receitas para que a túa churrascada sexa perfecta e, sobre todo, máis saudable.

PLANIFICA O MENÚ Deseña un menú equilibrado e incorpora ensalada, peixe ou espetos vexetais. CALCULA AS RACIÓNS Se o churrasco é prato único, aconséllase cociñar uns 200 gramos por persoa para petiscar e 250 gramos por persoa da carne máis magra. PACIENCIA COAS BRASAS Agarda a que teñan un punto esbrancuxado. A TEMPERATURA É IMPORTANTE Os alimentos cocíñanse mellor cando están á temperatura ambiente.

PATACAS RECHEAS CON ATÚN E MILLO 4

fácil

40-50’

0,57

INGREDIENTES • 4 patacas • 100 g de atún ao natural • 50 g de millo en conserva • 80 g de maionesa

• 100 g de salsa de tomate • Sal • Alfábega

COMO SE ELABORA ● Cociñamos as patacas enteiras coa tona na grella envoltas en papel de aluminio. Poñémolas ao punto de sal. ● Cortamos a parte superior das patacas e baleirámolas en parte. ● Mesturamos a polpa da pataca coa salsa de tomate e mais a maionesa. ● Enchemos as patacas coa mestura anterior e engadimos por riba o atún en conserva e o millo. ● Decoramos cun pouco de salsa de tomate, maionesa e cun chisco de alfábega que acabamos de picar.

Unha ración contén: KCAL

GRAXA

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

245 9,2g 0,3g 2,9g 0,29g 22%

13%

2%

3%

5%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

34

034-036 POR TU SALUD BARBACOAS GAL.indd 34

21/6/19 18:31


ESPETO DE PAVO E TOMATIÑOS 4

fácil

30-40’

1,26

INGREDIENTES • 500 g de peituga de pavo fresca • 200 g de tomatiños cherry • 1 dente de allo • 20 g de pemento doce e un chisco de picante

• 5 g de sal • 40 ml de aceite de oliva

COMO SE ELABORA ● Picamos as peitugas de pavo en dados

regulares e inserímolas nos espetos xunto cos tomatiños cherry. ● Trituramos co batedor o pemento, o

dente de allo, o sal e o aceite de oliva. Untamos os espetos con este adobo e deixámolos repousar media hora. ● Cociñamos os espetos na grella polos

catro costados ata estaren dourados por fóra. Servímolos quentes. COMENTARIO DIETÉTICO A carne de pavo é branca, ten ácidos graxos e posúe un contido en colesterol moi baixo. Tamén é rica en ferro, calcio, fósforo e vitaminas do grupo B. Prepárase con tomates cherry, ricos en ferro, calcio, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, cinc, cobre, iodo, fibra e antioxidantes e mais en vitaminas A, B, C, E, e K. Destaca tamén a presenza do pemento, un alimento con grandes capacidades antioxidantes, que achega vitamina A (betacaroteno) e ferro.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

426

17g

5g

21%

24%

25%

SAL

4,1g 0,6g 5%

9%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

35

034-036 POR TU SALUD BARBACOAS GAL.indd 35

21/6/19 18:31


pola túa saúde

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Permíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes, está identificado con cores.

MENOS AZUCRE

CORVINA Á GRELLA

Eliminamos máis de 368 toneladas de azucres dos nosos produtos.

patacas asadas na mesma grella aliñadas con salsa alioli.

MENOS SAL 4

media

10-15’

1,93

INGREDIENTES • 800 g de corvina • 40 ml de aceite de oliva virxe • 500 g de patacas

• 2 dentes de allo • Perexil • 6 g de sal • Salsa alioli

COMO SE ELABORA ● Untamos a corvina cunha mestura de

sal, allo e perexil, todo iso machucado.

COMENTARIO DIETÉTICO A corvina é un peixe que vive en auga doce e salgada e é moi apreciada na cociña xa que se adapta a diferentes receitas e tipos de cocción. Achega calcio, iodo, ferro, magnesio, potasio, fósforo, cinc, sodio e vitaminas do grupo B, E, C, D e K. Nesta receita, o peixe prepárase con patacas asadas, que conteñen carbohidratos e nutrientes complexos e posúen un índice glicémico baixo que axuda á sensación de saciedade.

con facilidade a espiña da carne. ● Servimos o peixe a carón dunhas

Saúde e benestar

MENOS GRAXAS Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35 % ao día. Por iso, eliminamos máis de 749 toneladas de graxa das nosas marcas.

SEN GRAXAS TRANS

● Cociñámola na grella e, de vez en cando, pincelámola cun pouco de aceite de oliva. ● Estará feita cando poidamos desprender

Suprimimos máis de 55 toneladas de sal de produtos da marca EROSKI.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

341

10g

1,5g

1,1g

SAL

1g

17%

14%

8%

1%

12%

As graxas vexetais parcialmente hidroxenadas achegan graxas trans e soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

graxas

Desde 2013 xa eliminamos 368 toneladas de azucres, 749 de graxas e 55 de sal.

36

034-036 POR TU SALUD BARBACOAS GAL.indd 36

21/6/19 18:31


EROSKI 48 ISABEL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/06/19

10:58


‘VI Observatorio Nestlé’

Desperdiciamos máis comida do que cremos O VI Observatorio Nestlé sobre hábitos nutricionais e estilos de vida das familias1 pon o foco, nesta edición, no desperdicio alimentario desde un punto de vista nutricional, co obxectivo de promover hábitos saudables e coidar o planeta aproveitando as sobras da comida.

O

VI Observatorio Nestlé confirma unha elevada concienciación dos fogares españois contra o desperdicio alimentario. De feito, en 9 de cada 10 fogares aseguran sentirse mal cando guindan comida e en 6 de cada 10 coidan que é moi beneficioso comprometerse a reducilo. Con todo, os datos revelan que non sempre son conscientes dos

alimentos que desperdician, aínda estando en boas condicións. En moitos casos, o problema é a falta de ideas culinarias, o que fai máis difícil converter os restos en pratos saborosos e equilibrados. Nos fogares españois guíndanse ao lixo máis de 1.240 millóns de quilos de comida ao ano2, pero, segundo o VI Observatorio, case o 90% dos enquisados cre que guinda pouco

ou nada, fronte ao 11% que coida que desperdicia moito ou bastante. Ao se preguntar polos alimentos que foron para o lixo na última semana, o 27% confesa que guindou entre un 5% e máis do 25% da comida cociñada ou crúa. ALIMENTOS QUE SE APROVEITAN O pan, a froita e as verduras son os alimentos que mercamos máis

38

038-040 AHORRA CON GAL.indd 38

21/6/19 18:32


aforra con...

Laura González Responsable de Nutrición, Saúde e Benestar de Nestlé España

a miúdo e, curiosamente, tamén os que máis tiramos. Os españois admiten guindar o 25% do pan e ata o 20% da froita e verdura, o que signifi ca o dobre da cantidade de carne, peixe, legumes ou pasta que se desperdicia. Pola contra, os ovos e lácteos son os alimentos que máis se aproveitan. QUE FACEMOS COAS SOBRAS? O 36 % dos españois guinda as sobras. Destes, o 23% refúgaas directamente e o 13% restante gárdaas coa intención de reaproveitalas e ao final acábaas tirando. 7 de cada 10 españois di saber como aproveitar as sobras e 8 de cada 10 cre que aproveitalas é compatible con comer de maneira equilibrada.

1. Os resultados deste estudo obtivéronse a través de 1.000 entrevistas online a individuos de 16 a 65 anos residentes en España, representativas a nivel nacional por sexo, idade e zona. 2. Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (2017). Informe do consumo de alimentación en España (2016).

É fácil reaproveitar as sobras de maneira saudable? É máis doado do que parece. A clave está en combinar adecuadamente os restos de alimentos con outros novos e xogar cos diferentes métodos de cocción. En Nestlé Cociña (https://www.nestlecocina.es/ cocina-de-aproveitamento) creamos unha colección de receitas de reaproveitamento, que están supervisadas nutricionalmente e coas que se poden cociñar, por exemplo, unhas deliciosas empanadillas ao forno co polo asado que non comemos ou cun hummus de legumes con restos de cocido. Estas e moitas máis receitas, amais de artigos, trucos e ideas para non desperdiciar comida valas poder atopar na nosa web www.nestlecocina.es. Hai algún truco para non guindar tanta comida? Para evitar o desperdicio alimentario é importante organizarnos. Un truco é planificar o menú semanal. Tamén é clave revisar e ordenar os alimentos que temos na neveira e preparar a lista da compra con antelación, así mercaremos só o que precisemos. Unha das causas máis comúns polas que guindamos a comida é que moitos alimentos caducan; para evitalo, recoméndase colocar os alimentos máis vellos diante dos novos e fixarnos na data das etiquetas. Para rematar, se cociñamos de máis, debemos lembrar conxelar o que sobrou. Evitamos desperdiciar comida e, ao tempo, teremos un prato listo para consumir máis.

Algunha idea para reaproveitar as sobras de comida e facer un menú completo? Ter boas ideas é imprescindible. Podiamos facer un primeiro prato con froitas e verduras demasiado maduras, como un gaspacho de sandía, un paté de berenxenas, unha crema gratinada de cabaciña e cenoria… Cos restos de legumes, podemos preparar unha saborosa potaxe de fabas e arroz e tamén dá moito xogo combinar as verduras crúas con restos de pasta ou arroz, legumes ou ovo para crear ensaladas. De segundo, para non caer nas típicas croquetas, poderiamos aproveitar restos de carne, polo ou ovos e facer empanadillas con aguacate e millo. Outros exemplos: unha tortilla de patacas e bacallau ou uns ovos recheos de atún. De sobremesa, podemos cociñar un biscoito de cabaza, unha compota de mazá con queixo ricotta ou iogur, un pudin de pan con leite condensado ou uns espetos de froita con salsa de laranxa ou mesmo cun pouco de chocolate. Estas son tan só algunhas das ideas que se poden atopar na web, pero trátase só de ter un pouco de imaxinación e combinar ingredientes que teñamos na nosa neveira ou despensa dun xeito gracioso e divertido.

39

038-040 AHORRA CON GAL.indd 39

21/6/19 18:32


aforra con...

Algunhas ideas Estas receitas están pensadas para tiraren o máximo partido de todos os alimentos. Son fáciles e creativas e axudarannos a non guindar nada, a ser respectuosos co medio natural e a mellorar a economía do noso fogar.

PIZZA DE VERDURAS E PIÑÓNS 4

fácil

20’

INGREDIENTES • 1 masa para pizza • 100 g de tomate frito estilo caseiro • 200 g de tomates cereixa • 180 g de pemento verde

• 20 g de piñóns • 200 g de cebola tenra • Sal • Aceite de oliva virxe

COMO SE ELABORA

HUMMUS DE LENTELLAS FÁCIL E RÁPIDO 4-6

fácil

5’

INGREDIENTES • 1 lata de lentellas • 10 g de aceite de oliva virxe • 1 dente de allo • 1 g de pemento • 40 g de tahini

• 1 g de comiño en po • 1/2 limón • Pementa negra moída

COMO SE ELABORA

● Engadimos ao gusto o líquido da lata de

lentellas.

● Cortamos as cebolas en toros moi fi nos,

● Introducimos a mestura na neveira

o pemento en tiras e os tomates pola metade.

unhas horas antes de servir para que teña máis consistencia.

● Colocamos a base para a pizza nunha

● Servimos moi frío.

bandexa de forno sobre o papel que a envolve. ● Cubrímola coa salsa de tomate e

repartimos por riba as verduras en toros e os piñóns. Sazonamos co sal e co aceite de oliva virxe. ● Cociñamos a pizza no forno a 240 ºC de

temperatura durante aproximadamente 15 minutos.

● Abrimos a lata de lentellas e reservamos

o líquido. Mesturamos o contido co resto dos ingredientes. ● Trituramos todo con axuda do batedor

ata obtermos unha pasta de textura cremosa.

Descubre en www.nestlecocina.es/coleccion/recetas-de-aprovechamiento toda a colección de receitas de reaproveitamento e mais unha chea de trucos e ideas para non guindar comida.

40

038-040 AHORRA CON GAL.indd 40

21/6/19 18:32


EROSKI 48 DANONE.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/06/19

10:33


Brumas solares belle& SUN

Protección invisible para gozar do sol Para tomar o sol e lucir un bronceado sen risco cómpre protexer a pel. Mais non abonda con botar a crema, hai que saber elixir o protector axeitado e utilizalo a miúdo. As brumas solares invisibles de belle&SUN ofrécenche a solución perfecta.

Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle. Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/

1989. Eliminación nos aerosois dos CFC (clorofl uorocarbonos), prexudiciais para a capa de ozono.

42

042-043 BELLEZA GAL.indd 42

21/6/19 18:33


beleza

O

sol ofrece numerosos benefi cios, pero hai que tomalo na súa xusta medida e, sobre todo, con protección. Para iso, cómpre escoller o produto máis adecuado. Recoméndase a utilización dun protector de amplo espectro, formulado con fi ltros UVA (raios ultravioleta A) e UVB (ultravioleta B) e cun índice de protección 30 como mínimo. As novas brumas solares invisibles, con factor de protección 30 e 50, ofrécenche a solución perfecta para gozar do sol e coidar a túa pel.

indicado para persoas de pel moi branca ou sensible ao sol, mentres que o de 30 recoméndase para peles claras que non se poñen morenas con facilidade. Tan importante como ter en conta o índice de protección é aplicar o produto sobre a pel nunha cantidade

ASÍ PROTEXEN Por mor da súa combinación de fi ltros solares fotoestables e de axentes antioxidantes como a vitamina E, estes produtos ofrecen unha protección resistente e equilibrada aos raios ultravioleta A, causantes do avellentamento prematuro da pel e doutros danos a longo prazo, como engurras e manchas. Tamén preveñen contra os efectos prexudiciais dos raios ultravioleta B, responsables das queimaduras solares. Polo seu factor de protección, o novo spray solar 50 de belle&SUN está especialmente

adecuada e asegurarse de cubrir todas as partes expostas, sen esquecer o peito do pé, os beizos nin o pavillón auricular. Hai que utilizar o fotoprotector uns 20 ou 30 minutos antes de tomar o sol para que se poida absorber ben. Tamén é clave repetir a acción cada dúas horas –ou o que se indique na etiquetaxe– aínda que estea anubrado, despois de nadar, facer exercicio ou secarse coa toalla. As brumas solares belle&SUN son moi boas de botar e resistentes á auga. Ademais, son de rápida absorción, non graxas e pódense aplicar ata sobre a pel mollada.

Amais de protexer, as brumas solares belle& SUN hidratan e nutren a pel deixándoa suave e elástica e con cheiro a coco

Saúde e benestar

SEN

parabenos

Eliminamos os parabenos e o triclosán dos produtos de marca propia en cosmética e coidado persoal

43

042-043 BELLEZA GAL.indd 43

21/6/19 18:34


bebé

Novos cueiros EROSKI

Bebés secos e cómodos sen parar de se mover Ao buscares un cueiro para o teu bebé, hai moitos factores que debes ter en conta: capacidade de absorción, comodidade... Os cueiros EROSKI estrean un núcleo con canles superabsorbentes e laterais elásticas, que son boas de adaptar e manteñen o bebé seco e cómodo.

S

uperabsorbentes, cómodos e deseñados para protexeren a delicada pel do bebé. Os cueiros EROSKI mantéñense secos agora durante máis tempo por mor das súas canles en forma de ‘U’, que favorecen a distribución da humidade ao longo dunha superfi cie máis grande. Ao distribuíren mellor o líquido, o cueiro non queda colgando e o bebé pódese mover ceibo. Ademais, contan con barreiras que preveñen as fugas para unha protección aínda maior. No tocante á comodidade, as orellas superelásticas dos novos

cueiros EROSKI foron deseñadas para lograr unha adaptación perfecta ao corpo do pequeno e a suave capa interior con extractos de aloe vera axuda a previr as irritacións. Os cueiros EROSKI están fabricados con materiais dermatoloxicamente testados para garantir o respecto da pel do bebé e o seu pH. Grazas a estas características, o bebé estará seco e protexido máis tempo. CALIDADE COMPROBADA Os novos cueiros sometéronse a dous tipos de test para comprobar

a súa calidade. Un dos estudos realizouse no laboratorio, onde se mediu a súa capacidade e velocidade de absorción, a sensación de humidade e outras características fundamentais. Tamén se levou a cabo unha proba con 60 pais e nais e os seus bebés, na que se mediron aspectos como a comodidade, a suavidade ou a aparencia e cuestións como as fugas e as irritacións que pode xerar o cueiro. Os bos resultados dos cueiros EROSKI con respecto aos da competencia avalan o seu lanzamento.

44

044 BEBE GAL.indd 44

21/6/19 18:35


EROSKI 48 DODOT.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/06/19

15:51


MÁIS VANTAXES POR SERES SOCIO

Prepárate este verán con EROSKI club Xa levamos repartido máis de 900 premios co gallo do noso 50 aniversario. Dende 5.000 € nunha tarxeta EROSKI club a estadías na Costa Dourada, viaxes ao Caribe, un coche ou unha volta ao mundo! Pero as celebración non rematan. Este verán, con EROSKI club podes conseguir dende 500 € ata viaxes para coñecer novos países.

Xa levamos repartido máis de

900

PREMIOS!

1 Volta ao mundo

50

con Puntos

Con Consegue unha volta ao mundo Con EROSKI club poderás ir a París e logo a Sidney, Xapón, Nova York, O Cairo... ou a onde ti queiras. EROSKI club ingresaralle ao socio gañador 1.000.000 de Puntos Travel Club que poderá trocar por voos a varios destinos do mundo ou por calquera outra viaxe e/ou regalo do Catálogo Travel Club. Queres participar? É ben doado. Só tes que facer unha compra de 20 € ou máis durante o mes de xullo en EROSKI amosando a túa tarxeta EROSKI club ao pasares por caixa e entrarás no sorteo de maneira automática (1) . (1)

premios de 500€

Novo sorteo de 500 € Podes encher a túa despensa, darte arte un caprich capricho, ho, estrear televisión, marchar de escapada con EROSKI Viaxes e ata encher o depósito de combustible. O que prefiras! Só por facer unha compra de 20 € durante o mes de xullo en EROSKI participarás automaticamente no sorteo de 50 premios de 500 € que se ingresarán na túa tarxeta moedeiro (1). Lembra amosar a tarxeta EROSKI club ao pasares por caixa. Ti podes ser un dos seguintes 50 gañadores!

Condicións dos sorteos en www.eroski.es/aniversario-promocion-2/

46

046-047 VENTAJAS CLUB GAL.indd 46

24/6/19 15:59


ESTE MES, POR SERES SOCIO... O... Axudámoste a aforrar un pouco máis á Merques o que merques fóra de EROSKI (1), dende uns zapatos a unhas entradas de cine, lembra que acumulas o 1% de aforro adicional ao pagares coa tarxeta de crédito EROSKI club. A tarxeta de crédito EROSKI club ten múltiples vantaxes. Tamén podes acceder a promocións especiais, fi nanciar as túas compras en EROSKI e, ademais, todos os sábados do mes de xullo poderás sacar cartos en calquera caixeiro automático do mundo con total tranquilidade, xa que en agosto che devolveremos na túa tarxeta o 100% das comisións (2). Poderás cambiar este importe en vindeiras compras en EROSKI. Aínda non a tes? Faina en www.eroski.es ou nunha tenda. É gratis para sempre, sen cota anual de mantemento e sen gasto ningún.

Temos as mellores ofertas nas túas marcas favoritas EROSKI club axúdache a aforrar máis con ofertas exclusivas e vales aforro personalizados. Tamén, a través do espazo ‘Máis promocións’ da web ou na app de EROSKI, poderás conseguir ata un 35% de aforro adicional en máis de 70 tendas das túas marcas favoritas. Ademais, se mercas do 4 ao 17 de xullo, ingresámosche 5 € extra na túa tarxeta EROSKI club (3). Aproveita e aforra mercando! Poderás cambiar os cartos acumulados en vindeiras compras.

Tarxeta emitida por Santander Consumer Finance, S.A.

Ser dixital en EROSKI club pódete levar a Dubái En EROSKI club poñémoscho máis doado, porque che ofrecemos todas as vantaxes e servizos do club na web e na aplicación EROSKI. Este mes de xullo, se entras na web de EROSKI e accedes ás ofertas dos produtos que máis mercas, poderás descubrir todas as vantaxes dixitais que che ofrecemos e entrarás no sorteo dunha viaxe de 6 noites para dúas persoas a Dubái nun hotel de 5 * en réxime de aloxamento e almorzo (4). Non o dubides máis e tira o máximo partido das túas compras con EROSKI e aproveita todas as vantaxes. Aínda non tes unha conta dixital? Entra en www.eroski.es ou descarga a app e rexístrate. É gratis e tamén entrarás no sorteo a Dubái!

(1)

Quedan excluídas as compras en hipermercados e nas súas gasolineiras, nos supermercados e nas súas gasolineiras, en tendas de alimentación, os usos relacionados co xogo ou coas apostas e as extraccións e disposicións de efectivo. Ingresarémosche o importe na tarxeta EROSKI club asociada o 2/08/2019. Poderase trocar en vindeiras compras en EROSKI. Máximo 80 € por conta EROSKI club Mastercard. (3) Os 5 € ingresaranse o 30/07/19. Máximo: 5 € por tarxeta. (4) Consulta condicións en www.eroski.es/sorteo-altas-2/ (2)

47

046-047 VENTAJAS CLUB GAL.indd 47

21/6/19 18:36


Non perdas o novo número de ‘Consumer EROSKI’ Que lle engaden os xeados ou os refrescos á túa dieta? No novo número da revista Consumer EROSKI analizamos 24 referencias de xeados e contámosche canto azucre teñen as bebidas refrescantes máis populares. Ademais, dámosche as pautas para reducires o plástico na túa vida cotiá. Xa no teu quiosco!

• Información útil e práctica para o consumidor • Cun deseño renovado e máis moderno • Con máis e mellores contidos • Co mesmo rigor, veracidade e independencia de sempre

POR SÓ

1€

48

Dende sempre e para sempre

Comprometidos coa saúde e a sostibilidade

048 EN LA TIENDA REVISTA CONSUMER GAL.indd 48

moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/

21/6/19 18:37


EROSKI 48 FINISH.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/06/19

15:49


VIII Xornada da Escola de Alimentación

Coñece os segredos para unha madureza máis saudable

C

o título Paixón pola vida, o segredo para unha madureza plena e saudable, o 20 de setembro celebraremos a VIII Xornada da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI. Será no Pazo de congresos Europa, de Vitoria-Gasteiz (9.30h a 14.30h), e congregará a expertos en nutrición e hábitos saudables. Entre os convidados acudirán Alex Rovira, autor de libros como A boa sorte e O compás interior, con máis de oito millóns de copias vendidas, e

Gabriela Uriarte, dietista e nutricionista, presentadora do programa de cociña A bocados, da ETB. Non haberá que pagar a entrada e o transporte tamén será gratuíto dende Bilbao, Donostia e Iruña. Ademais, entregaráselle un obsequio a cada asistente ao rematar a xornada. As prazas son limitadas e para asistir cómpre ser socio de EROSKI club. Se aínda non o es, pódeste apuntar en: www.eroski.es/eventos. Se queres máis información podes chamar ao teléfono 944 684 632.

xunto a Mikel Larrea, secretario xeral de EROSKI, quen lembrou que un bo xeito de celebrar o 50 aniversario é “cos produtores locais que contribuíron

á nosa historia, mantendo a cultura e os valores sociais”. A feira contou cunha ampla zona de venda e degustación de produtos locais e actividades gratuítas para todos os públicos. Os asistentes gozaron de obradoiros gastronómicos ou de alimentación saudable e de clases maxistrais impartidas por cociñeiros profesionais. Tamén houbo sorteos, actuacións musicais e catas e maridaxes de Txakoli, viños da Rioxa alavesa, sidra, queixo Idiazabal, etc.

Feira gastronómica

Aposta polos produtos locais

B

ilbao foi escenario os pasados 7 e 8 de xuño dunha feira gastronómica organizada por EROSKI, que contou cunha trintena de produtores do País Vasco, co fin de dar a coñecer e poñer en valor os seus produtos e promover o seu consumo. Ao acto inaugural asistiron personalidades de diferentes eidos

52

052 NOTICIAS GAL.indd 52

21/6/19 18:41


EROSKI 48 FAUSTINO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/06/19

14:03


Con Nutri-Score, elixir e comer mellor é así de doado Nutri-Score é o novo sistema de etiquetaxe que verás na parte frontal dos produtos EROSKI e que os clasifica segundo a súa calidade nutricional.

N

utri-Score amosa a calidade nutricional do produto utilizando unha escala de cinco niveis con letras e cores, que vai dende o A verde escuro -a mellor valoración- ata o E laranxa escuro, a peor. A calidade nutricional global calcúlase por 100 gramos de produto compensando os compoñentes benefi ciosos para a saúde que contén (fi bra, proteína, cantidade de froita, verdura, froitos secos e legumes) cos nutrientes dos que se recomenda reducir a inxestión (calorías, graxas saturadas, azucres e sal). Así, de xeito doado e visual, Nutri-Score permitirache saber que produto do mesmo tipo é mellor dende o punto de vista nutricional.

Nutri-Score e Semáforo nutricional Nos produtos EROSKI atoparás Nutri-Score a carón do Semáforo nutricional. Ambos os dous sistemas permiten que poidas coñecer dunha ollada a calidade nutricional dun alimento e mais a cantidade de calorías, graxas, graxas saturadas, azucres e sal que contén e que en exceso poden resultar prexudiciais para a saúde.

Queres saber máis sobre Nutri-Score? 1. Abre a App de EROSKI. 2. Selecciona a opción de Realidade Aumentada. 3. Enfoca o Nutri-Score. Moito máis en www.eroski.es/nutriscore

54

054 NUTRI-SCORE GAL.indd 54

21/6/19 18:42


EROSKI 48 COCA COLA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/06/19

14:08


EROSKI 48 JUVER.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

06/06/19

13:52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.