EROSKI_JULIO_2023_GALLEGO

Page 1

Beleza

Nova gama

belle de coidado facial

Churrascada

Gran variedade para triunfar na túa grellada

É TEMPADA DE

DO NORTE BONITO

Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club

www.eroski.es #90 Xullo/Agosto’23
Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito a dispoñibilidade en tenda.
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual. sumario 04 Neste número 06 O último nas nosas tendas 10 Bonito do Norte: de volta á casa 12 Conservas de peixe: o teu mellor aliado 16 Churrascada Refréscate este verán 36 Beleza: nova gama de coidado facial belle 40 Solidariedade 44 Viaxes: Cancún e a Riviera Maya 47 Vales aforro 50 Novas 44 Viaxes 18 Refréscate este verán 36 Beleza 12 Conservas de peixe 3 10 Bonito do Norte 16 Churrascada www.eroski.es xullo-agosto’23

neste número

Vive un verán refrescante en EROSKI

Opeixe máis apetecible e versátil do verán xa está nas nosas tendas. É o bonito do Norte. Un dos peixes máis apreciados da nosa gastronomía, que agora podes atopar en EROSKI no seu mellor momento. Con patacas, sofritido con tomate, encebolado, ao forno, en tartar... Hai un cento de maneiras de preparalo e con todas elas vas chuchar os dedos! Por certo, sabías que está exquisito á grella?

Para os que prefi ren a carne, presentámosche distintas opcións para unha churrascada de primeira con produtos de calidade e a prezos que namoran.

E lembra que tamén no verán vas poder encher a túa cesta da compra con máis de 1.000 produtos top do mercado para aforrares tanto que acabes namorado.

Tamén che propoñemos que á intensidade e matices únicos do xamón lles sumes a frescura, dozura e tenrura dos melóns e sandías de tempada. Amosámosche como identifi calos para os combinares en inspiradoras receitas. Á marxe da alimentación, presentámosche a nova gama de hidratación e tratamento facial belle.

Ademais, neste número contámosche como gañar algún dos 100.000 agasallos que repartimos cada semana e como tomar parte no gran sorteo do verán de EROSKI club. Tamén che presentamos o balance do primeiro semestre das nosas iniciativas solidarias e convidámoste a participar no programa Céntimos Solidarios para axudar as persoas con enfermidades neurodexenerativas e con problemas de saúde mental. Goza do verán. E, se non tes plan, que che parece Cancún?

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid

Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

editorial
Iker Pérez de Arenaza Responsable de EROSKI club
4

o último

Queremos que sempre esteas informado para que a elección das túas compras sexa a máis axeitada para ti e para a túa familia. Nesta sección presentámosche os últimos produtos que chegaron ás nosas tendas, para que o saibas todo e esteas sempre á última. Toma nota!

SALSA MOLLO PICÓN EROSKI

Cor e sabor nos teus pratos

Anova salsa mollo picón da nosa marca trasládate a Canarias en cada bocado. O mollo, que se elaborou seguindo a receita tradicional insular, deixarate abraiado polo seu sabor e textura. Nin demasiado picante nin moi suave, vaise converter nun

fala Adegas Zintzo para

dos teus imprescindibles para acompañar todo tipo de pratos, dende patacas a carnes, peixes ou entrantes. A receita é ademais apta para persoas con celiaquía, xa que carece de glute, e o seu envase conta cunha fórmula antigoteo e con precinto de seguridade no propio tapón.

Tradición familiar da Rioxa Arabesa

Oobxectivo de Adegas Zintzo é elaborar un bo viño que garde a pegada do seu solo, do seu clima e das súas variedades. Un viño que sexa quen de te facer gozar e sentir sen complexos. Os viños de Zintzo teñen unha marcada personalidade: afroitados e bos de beber. Porque nestas adegas traballan con paixón e respectan a terra e a paisaxe.

5.Zintzo crianza Equilibrio e enxebreza. Harmonioso. En boca é maduro, longo e suave. De carácter afroitado.

Zintzo araúxo Fresco e saboroso. Intensamente aromático. Ben equilibrado e con corpo.

6

fala Faustino para

Faustino Crianza estrea etiqueta. Con este novo deseño resalta o seu carácter máis moderno a través de dous elementos icónicos, o retrato de Rembrandt e o ‘F’ de Faustino, que fan desta marca unha das grandes de Rioxa e que, un ano máis, volve estar entre as máis admiradas do mundo, segundo a prestixiosa revista Drinks International.

LAGOSTINOS

PICANTES LA O entrante ‘gourmet’ máis sinxelo

Os lagostinos picantes de La Cocina del Norte son un prato saboroso e san; a combinación perfecta do sabor do mar co picante da caiena. Elaborado con ingredientes sinxelos e de primeira calidade, especialmente os lagostinos, que se caracterizan polo seu exquisito sabor e a súa carne fi rme e substanciosa.

Veñen nunha preparación moi práctica,

xa que se poden quentar directamente no microondas durante un minuto a media potencia ou ben na tixola a lume lento durante 3-4 minutos. E xa están listos para gozar!

Son un prato moi versátil, ideal para aqueles días nos que apetece tomar algo lixeiro, pero tamén como entrante ou tapa, acompañando un bo peixe á grella ou engadíndoos a unha receita de pasta.

8 o último
fala La Cocina del Norte para
O acompañante perfecto nos pequenos grandes momentos
res má ic
Nova etiqueta Faustino Crianza!

Bonito do Norte

DE VOLTA Á CASA

Que felices son os reencontros logo dun ano de espera. En EROSKI dámoslle a benvida ao agardado bonito do Norte, que logo dun ano

de viaxe polo Atlántico regresa ás nosas costas.

Consumírelo agora, en tempada, asegúrache o seu mellor momento de calidade e prezo. A súa carne

CALIDADE E SUSTENTABILIDADE

A frescura e as orixes dos seus caladoiros sostibles marcan a diferenza do bonito EROSKI Natur, tanto no sabor como na sustentabilidade, como testemuña o selo MSC. Sabías que se pescan de xeito artesanal, con anzol, un a un?

PREMIOMARES PARASIEMPRE

2023

PESCADERÍAS CERTIFICADASMSC

firme, o punto óptimo de graxa, as poucas espiñas, a súa versatilidade na cociña e a súa achega de omega 3 e de proteínas fan deste peixe o máis agardado do verán.

COMPROMISO TAMÉN EN LATA

Se queres peixe fresco, sostible e sen envasar ven a EROSKI. Este verán atoparás na túa peixería máis próxima bonito con selo MSC. Este distintivo garante que o peixe que levas á mesa se capturou con técnicas sostibles e respectuosas coas especies e coa vida mariña.

Este labor nos peixes que vendemos en mostrador con selo azul foi recoñecido na terceira edición dos premios Mares para Sempre, que organiza a ONG MSC (Marine Stewardship Council ). Nesta convocatoria recibimos o galardón na categoría Peixerías certifi cadas.

En EROSKI estamos comprometidos coa vida mariña e garantirmos a súa biodiversidade é básico. Por iso, todos os nosos provedores de atún en conserva asinaron un acordo para respectaren os principios de sustentabilidade da Fundación Internacional para a Pesca Sostible (ISSF), que velan por evitar a sobrepesca de atún.

10 este mes
E
LOGO EMPRESA
BUSCA EL SELLO AZUL DE MSC

DO BONITO, ATA OS ‘NADARES’

Pídeo enteiro, en toros ou nos seus diversos cortes. Na túa peixería EROSKI aconséllanche o mellor para as túas receitas.

COCOTE

Substancioso e de sabor suave. Marmitako (guisado con patacas).

VENTRECHA

A peza máis tenra e apreciada polo seu sabor e tenrura Á grella ou ao forno cun chisco de sal e allo.

PEDRO NOGUEIRA

PEIXEIRO NO HIPERMERCADO EROSKI ARTEA (BISCAIA)

“Vendemos sobre todo toros de bonito, aínda que o máis exquisito é a ventrecha”

Con 25 anos de experiencia na peixería de EROSKI ARTEA, e afeccionado á pesca submarina, Pedro Nogueira convida os seus clientes a gozaren do peixe estival por excelencia: o bonito. Iso si, que sexa do Norte.

Que torna tan especial este peixe? Ás nosas costas chegan os bonitos máis fortes e mellores. O mar fixo antes unha selección e esa viaxe entre os Azores e a costa do Cantábrico fai que as súas carnes sexan máis tersas e saborosas e cun sabor máis selecto e exquisito. Iso diferénciaos dos demais túnidos.

Como identificar un bo bonito fresco? Como calquera outro peixe. Que estea terso, duro, con ollos brillantes e galadas vermellas.

TORO

Magro e cunha espiña central doada de retirar. Bonito a la plancha, encebollado, cocido en dados para una ensalada, embotado.

COLA

O corte menos graxo. Ten poucas espiñas. Ideal para os nenos! Bonito con tomate ou encebolado.

Mil xeitos de preparar bonito este verán

O bonito do Norte péscase un a un, con anzol. Isto inflúe no seu sabor? Abofé que si. Esta técnica fai que o bonito non sufra nin loite como o faría de se pescar con rede. Nese caso, os peixes baterían uns cos outros, perderían o brillo e á súa carne amolecería.

Bonito ou atún? Bonito. O atún ten un sabor máis forte, a súa cor é máis vermella, con refl exos. O bonito é máis selecto, cun corte máis elegante, a súa carne chama máis a atención e

ten máis utilidade gastronómica. De feito, os restaurantes sempre prefi ren bonito.

Cal é o teu corte predilecto? Vendemos sobre todo toros, aínda que o máis exquisito, sen dúbida ningunha, é a ventrecha.

Sabemos elixir o mellor corte? Á hora de ofrecelo, o primeiro que pregunto é como o van cociñar e así recomendo unha parte ou outra. Sempre solto algunha receita sinxela, se mo piden.

11
S’

este mes

Conservas de peixe O TEU MELLOR ALIADO

As conservas de peixe son unha opción sinxela, rápida e saudable para comer peixe e para preparar deliciosas ceas ou aperitivos sen que haxa que se complicar na cociña. En EROSKI contamos cunha gran selección de marcas e produtos nos seus distintos formatos e tamaños, nas súas variedades de aceites,

escabeches e salsas, para que poidas escoller a que mellor se adapte a cada momento. Botámoslle atún ou mexillóns en conserva a unha fresca ensalada? Preparamos un bocadillo de bonito con pementos do piquillo? Atréveste cunha ensalada de pataca e sardiñas? Hai unha morea de receitas que se poden probar.

EROSKI

Bonito, atún e mexillóns

As nosas conservas son garantía de calidade e de pesca sostible. Dende o bonito EROSKI SELEQTIA con selo MSC ata as distintas variedades de bonito do Norte pescados un a un con cana. Tamén o atún claro, que cumpre os principios internacionais de pesca sostible ISSF. Que che apetece hoxe?

12

ALBO

Xoubiñas en aceite de oliva

Sardiñas de calidade. Envasadas frescas e torradas ao vapor.

Atún claro en aceite de oliva

Elaborado con 100% lombo de atún claro e sen dobres conxelacións. Sabor e saúde van da man.

CALVO

Atún claro en aceite de oliva Grazas ao envase Vuelca Fácil, o atún claro de sempre en aceite de oliva é máis doado de servir e máis cómodo de abrir. Ademais, é un envase máis responsable co medio natural.

Luras na súa tinta Luras de gran calidade preparadas artesanalmente na tinta de seu.

ORTIZ

Bonito do Norte

Pescado con cana un a un e elaborado de xeito totalmente artesanal, como manda a tradición. Ofrece un sabor exquisito e unha textura moi tenra.

Atún claro en aceite de xirasol

Esta variedade de atún, agora tamén con envase Vuelca Fácil. Un novo xeito de consumir atún para preparares as túas receitas máis saborosas.

Mexillóns en escabeche

Rigorosamente seleccionados e elaborados con ingredientes naturais e un escabeche caseiro para gozar do seu exquisito sabor, textura e calidade.

CAMPOS

Atún claro en aceite de xirasol e ao natural

O atún claro nos dous formatos máis exitosos da marca agora conta co certifi cado APR, garante dunha pesca responsable.

13

este mes

Bonito encebolado con pemento verde

• 600 g de lombos de bonito limpo de pel e espiñas

• 3 cebolas

• 3 dentes de allo

• 1 culleriña de polpa de pemento chouriceiro

• 2 pementos verdes

• 1 e ½ culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• Sal e pementa

• Perexil

ELABORACIÓN. Cortar as cebolas e os pementos verdes á xuliana fina e os allos en rodas. Botar os allos nunha tixola cunha cullerada de AOVE e deixalos rustrir, engadir as cebolas e cociñalas tamén. Así que estea todo a medio rustrir engadir o pemento chouriceiro e os pementos verdes e deixar cociñar ata que estea feito.

Salpementar os cachos de bonito e cociñar nunha tixola cun chisco de AOVE uns 30-40 segundos por cada lado.

Botalos na tixola de cebola rustrida e servir. Decorar co perexil.

COMENTARIO DIETÉTICO

Unha receita clásica cunha boa calidade nutricional á que, ao engadir o pemento verde, incrementamos a cantidade de verdura.

Propiedades nutricionais. O bonito é un peixe azul, polo que é máis calorífico ca os brancos, aínda que estas calorías non son un problema porque as achegan as graxas cardiosaudables, é dicir, o omega 3 que contén. Ademais, grazas a este contido graxo, achega vitaminas liposolubles como vitamina D e vitamina E.

Sabías que...? O bonito e mais o atún pertencen á mesma familia: os túnidos. O bonito, que tamén se chama atún branco, é de menor tamaño e, por iso, o seu contido en mercurio adoita ser menor.

2,32 € POR RACIÓN

Racións: 4 DificultadeElaboración

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Receitas que nunca fallan

14
15’ 14% 289 14% 0,82g 9% 8,43g 14% 2,83g 19% 12,97g A B D E C
A
NUTRI-SCORE
KCAL
SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

Chegan días de CHURRASCO

Overán non sería igual sen o churrasco. Amigos, familia, boa comida... Seguro que na sección de carnicería da túa tenda EROSKI atoparás o imprescindible para triunfar coa grella!

POLO

Os máis pequenos da casa aprecian a carne branca e tenra do polo. Anímate coas ás ou cos zancos, que quedan moi crocantes e tenros á grella.

No seu punto: cociñar a 10 cm das brasas. Abonda con 10 minutos por cada lado.

Aínda que as brasas son moi agradecidas con peixes e verduras, a carne é o prato estrela. Lembra atemperala antes de cociñala e procura non picala nin darlle demasiadas voltas. Con catro quilos para 10 persoas abonda.

PORCO

O motivo que torna especial a carne EROSKI NATUR e que eleva a súa calidade, sabor e tenrura responde a unha óptima alimentación, á súa raza e ás condicións de crianza. Unha maneira de facer responsable, avalada pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e a certificación en Benestar Animal Welfair (co símbolo de rexistro) que na actualidade teñen xa as nosas carnes de polo, porco, coello, pavo e ternasco de Aragón.

Descubre en EROSKI as nosas carnes de porco máis selectas. Ao selo de calidade do porco ibérico, nas nosas tendas súmanse as carnes de duroc, cun sabor máis intenso e máis tenrura, grazas a que esta raza ten unha maior infi ltración de graxa e segue unha alimentación baseada nunha alta porcentaxe de cereais. Proba os cortes máis apreciados, como o segredo, a presa ibérica e as versátiles costelas, que atoparás nas nosas carnicerías ao natural, adubadas, con fi nas herbas ou con sabor barbacoa.

No seu punto: os produtos do porco abren a grella. A 10 cm das brasas. Con 10 minutos por cada lado abonda.

este mes
16
s, o P Na cesta que namora

ESPETOS E PINCHOS

Irresistibles e listas para facer á brasa, son imprescindibles nunha grellada. En EROSKI atoparalas de polo e porco adubadas, ao natural ou acompañadas de verduras.

No seu punto: a 10 cm das brasas. Con 10 minutos por cada lado abonda.

EMBUTIDOS E SALCHICHAS

Chourizo, morcilla, touciño entrefebrado, entreteto ou salchichas brancas.

No seu punto: é o primeiro que hai que poñer na grella para comezar a petiscar. A 10-15 cm das brasas. Con 10 minutos por cada lado abonda.

AÑO

Asar año na grella é sempre un éxito. Probaches as nosas costeletiñas de ternasco de Aragón EROSKI Natur? O seu selo IXP garante a súa tenrura e tamén o modelo de pastoreo.

No seu punto: a 5 cm das brasas. Con 5 minutos por cada lado abonda.

HAMBURGUESAS

Se o teu son as hamburguesas, en EROSKI hainas para todos os gustos. De vacún, polo, porco ou coello, con selo de calidade e de km 0. E tamén mixtas, de polo con espinacas, con cenorias ou queixo. Ademais, temos opcións veggies e minihamburguesas.

No seu punto: a 20 cm das brasas durante 2-3 minutos por cada lado para que queden feitas por fóra e substanciosas por dentro.

BECERRO

A carne de vacún é a raíña das grelladas. A costeleta, o entrecosto ou o solombo son os cortes máis apreciados. Nas nosas tendas atoparás selos de calidade garantida como EROSKI Natur, IXP da tenreira navarra, galega, cántabra e do País Vasco e selos de calidade de Baleares, Cataluña e Aragón.

No seu punto: a 5 cm das brasas. Entre 2 e 5 minutos por cada lado estarán ao punto.

, 17
a
Na cesta que namora Na cesta que namora

REFRÉSCATE ESTE VERÁN

Doce ou salgado?

Melón ou sandía? Por que non todo? Goza do saudable sabor do verán coa intensidade e matices do xamón e coa frescura e tenrura dos melóns

SANDÍA

Salvo a sandía Bouquet, de pel verde raiada e carne amarela, as variedades que atoparás en EROSKI caracterízanse pola súa carne avermellada. Amais da negra e da raiada, hai sandías pequenas, como a mini, que é máis doce, ou ovaladas como a meloa, con e sen pebidas. Proba o gaspacho de sandía. Vaiche encantar!

Non só para a sobremesa

Este verán mergúllate entre as receitas da nosa web EROSKI para animares os teus pratos coas nosas propostas de melón á prancha con sopa de piña, ensalada de sandía e feta ou sopa de melón con xamón.

Busca as nosas receitas

e sandías. Sabías que estes últimos están compostos de auga nun 90%, case non teñen calorías e achegan vitaminas e antioxidantes? Lévaos para a praia ou inclúeos nos teus pratos con orixinalidade!

MELÓN

O melón pel de sapo, chamado así polo seu ton verde intenso, é o máis consumido. Distinguiralo pola súa forma ovalada e carne amarelenta, fi rme e substanciosa. Pero hai máis opcións. Está o cantalupo, redondo e de carne alaranxada; ou o Sugar Baby, ovalado, de cor amarela

cremosa, polpa alaranxada e excepcionalmente doce. Tanto como o Matisse, de pel branca con manchas verdes e polpa esbrancuxada. Menos doce é o Galia, cun exterior entre amarelo e verdoso con manchas claras e por dentro branco e verdoso. Gózaos con queixo de cabra ou xamón!

Esquécete de bater cos cotenos. Se queres acertar co punto óptimo de maduración e dozura, aposta polo selo EROSKI Natur. O seu sabor e dozura vante conquistar!

este
18
mes

sandía sen pebidas fala Sandías Bouquet para

#RacionsDeVidaParaOCampo O auténtico sabor para ‘Lovers da vida’ coma ti

SANDÍAS BOUQUET

As sandías Bouquet son as auténticas estrelas da tempada. E é que a un lover da vida coma ti gústalle agardar para gozar do bo cando toca: amante da sandía cultivada por pequenos agricultores, próxima e con todo o sabor dos teus mellores veráns. 100% saborosa e saudable para axudarte a espremer a vida como só ti sabes.

Tes moitas boas razóns para elixires sandías Bouquet.

Variedade

Para comeres só, con amigos, familia, para os cativos, para os máis vellos... Podes adaptar a túa elección a cada momento:

A estrela de referencia, aquí e en Europa, é a sandía vermella de codia raiada, que podes atopar no seu formato estándar ou en tamaño mini.

A sandía mini é ideal para fogares de unha ou dúas persoas, polo seu pequeno tamaño e peso, entre dous e tres quilos.

A gama está tamén dispoñible en cultivo ecolóxico, baixo a marca Bio Bouquet.

Tesouro nutricional

aliadas para sermos todo o creativos que queiramos á hora de consumilas: como sobremesa en porcións, ou na elaboración dunha morea de receitas apetitosas e suxestivas.

E unha razón aínda maior:

Dar Porcións de Vida para o Campo

Teñen todas as calidades para seren as túas preferidas dende xa: refrescantes, antioxidantes, con vitaminas C e A, con textura crocante e moi hidratantes, perfectas na actividade cotiá.

A sandía Bouquet amarela deixa a moitos abraiados pola súa cor e sabor, sen esquecer a pel verde escura-negra e a súa polpa vermella.

Creatividade

Son, sen dúbida ningunha, grandes

Truco: se queres ver como a túa familia non deixa nin un cachiño de sandía, velaquí como facelo: merca unha sandía Bouquet e, ao chegares á casa, antes de poñela a arrefriar, ábrea e córtaa enteira en cachiños pequenos. Gárdaa na neveira nun recipiente tapado. E así estará sempre lista para consumir. DESCARGA

AQUÍ un receitario exclusivo de sandías Bouquet 5 ao día aconsella o consumo diario de 5 porcións entre froitas e verduras

este mes

Otoque extra PONO O XAMÓN

Para un almorzo cunha rebanda de pan e aceite, un refrixerio a calquera hora do día, como aperitivo ou como ingrediente estrela dos teus pratos, o xamón curado é un acerto seguro na mesa. Na chacinería da túa tenda EROSKI atoparás os máis deliciosos xamóns, xa en lascas e listos para gozar.

Oxamón curado foi o primeiro produto español galardoado co recoñecemento internacional ETG, que lle outorga a Unión Europea a aqueles alimentos que se distinguen pola

súa calidade intrínseca e a súa elaboración tradicional. Todos os nosos xamóns curados de marca EROSKI o teñen. Lévaos a calquera parte co seu útil formato de envasado. Aínda tes dúbidas?

to d e e nv bid as?

EROSKI

Xamón curado Gran reserva

urado Gran reserva e chaci ner ía Es te xam ón

A nosa marca de chacinería Maestro é insignia de calidade superior. Este xamón ten unha curación mínima de 24 meses e procede de porcos co 50% de raza duroc, que lle proporcionan á carne a óptima infi ltración de graxa. Un xamón selecto que non podes deixar de tomar.

Xamón curado

A súa cor lixeiramente rosácea, con vetas e un bo nivel de graxa á vista, fan do noso xamón curado un indispensable para un petisco ou para o bocadillo dos teus cativos.

Xamón DOP Teruel

Abrir un envase con xamón con Denominación de Orixe Protexida de Teruel é abrir unha porta ao pracer. A tenrura, textura, conformación e cor da súa carne procede do cruzamento das razas landrace e large-white. Ten 14 meses de curación.

Xamón curado

Calidade e prezo son o sinal de identidade da nosa gama basic, que ademais conta cun envase máis respectuoso co medio natural, porque as bandexas están fabricadas con plástico 70% reciclado.

20

Xamón curado

Delizias ao corte

Destacan polo seu corte fresco, como o embutido acabado de cortar, a súa raza duroc, o seu auténtico sabor e a súa naturalidade, cumprindo coa certificación de benestar animal.

Xamón curado

Delizias Pétalos

O seu corte en delicadas labras colocadas á man, a súa calidade, o seu sabor e o cumprimento coa certifi cación de benestar animal son o seu sinal de identidade. O embutido por excelencia dos nosos mestres chacineiros.

Xamón curado

Un produto da mellor calidade, sometido a un coidadoso proceso de curación, que lle confi re un sabor único. Ideal para tomalo só, en tapas ou en bocadillos.

Xamón curado fi no

As lascas extrafi nas permiten apreciar mellor o buqué tradicional do xamón. O corte ten unha cor uniforme e o xamón un intenso aroma e sabor delicado.

Xamón curado clásico

Nun práctico envase con medias lascas, este xamón está elaborado con tan só dous ingredientes (xamón e sal) e é o aliado perfecto para as túas merendas, para petiscar ou mesmo para almorzar.

Xamón curado

25% menos de sal Mantén todo o sabor e as propiedades nutricionais que ofrece un produto tan característico da nosa gastronomía, cun 25% menos de sal.

Xamón curado de Estremadura

Ten un mínimo de 10 meses de curación e elabórase con materias primas coidadosamente seleccionadas. É un produto de excelente calidade e cun sabor e textura únicos. Premiado como ‘Sabor do ano 2023’ polos consumidores.

Xamón curado adega

Con máis de 10 meses de curación, estas lascas de xamón son un produto tradicional adaptado ao estilo de vida actual. Máximo sabor. Con microfi lme separador de lascas de doada separación.

este mes
NOEL
22 al. Ma e as nut ofrece u caract gast o DUL
ESPUÑA NAVIDUL

Tartar de melón con salmón

• 500 g de melón

• 1 lombo de salmón

Para a vinagreta:

• 30 ml de vinagre de arroz

• 40 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 1 lima

• 10 g de sementes de sésamo

Decoración:

• 100 g de queixo feta

• 150 g de tostas integrais

ELABORACIÓN. Pelar e cortar o melón en tacos de igual tamaño. Reservar na neveira.

Cortar o salmón en tacos tamén iguais e introducir tamén na neveira.

Preparar a vinagreta mesturando nunha cunca todos os ingredientes e batelos ben ata que estean integrados.

Engadir as sementes de sésamo, reservando algunhas para o final.

Poñer nunha cunca o melón, o salmón e a vinagreta e remexer para se maceraren ben todos os ingredientes. Engadir sal se cómpre.

Coa axuda dun molde, poñer a elaboración no centro do prato e encher. Retiralo e engadir unhas sementes de sésamo xunto cun chisco de aceite e sal. Acompañar cunhas tostas integrais e esparexer por riba queixo feta esmiuzado.

COMENTARIO DIETÉTICO

É unha opción moi saudable. Iso si, ao se consumiren todos os ingredientes en cru hai que lles prestar especial atención ás medidas de hixiene e a manter a cadea de frío.

Propiedades nutricionais. É unha receita bastante equilibrada, xa que achega

DificultadeElaboración

30’

A

KCAL

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

proteínas de alta calidade, hidratos integrais, azucres naturalmente presentes, graxas saudables e algo de fibra.

Sabías que...? O melón é unha froita cun alto contido en vitamina C.

POR RACIÓN
1,50 €
este mes
A B D E C
19% 383 24% 1,45g 10% 9,44g 32% 6,41g 32% 22,10g
NUTRI-SCORE 24
Receitas que nunca fallan
Racións: 4

este mes

Gofres de pataca

Para a masa:

• 400 g de patacas

• 1 ceboliña

• 4 ovos

• Aceite de oliva virxe extra (AOVE)

Para o tópping:

• Salsa tzatziki (opcional)

• 1 cogombro

• 150 g de salmón afumado

• 1 limón

• Coandro

ELABORACIÓN. Pelar as verduras e relar a pataca e a ceboliña cun relador.

Reservar nun recipiente de cristal cun chisco de aceite e sal. Tapar con film transparente e cociñar no microondas durante seis minutos.

Bater os ovos cun pouco de sal e incorporalos ás verduras xa cociñadas.

Prequentar unha gofreira e engadir un pouco de aceite. Incorporar a mestura de ovo e verduras, pechar a gofreira e cociñar durante 3 minutos.

Lavar e cortar o cogombro, espremer o limón e esfollar o coandro.

Retirar os gofres da gofreira e engadir o salmón afumado, o cogombro, o coandro e o limón por riba.

Para rematar, e de xeito opcional, engadir un pouco de salsa tzatziki por riba.

1,99

COMENTARIO DIETÉTICO

Amais de económicos, son saudables. E se substituímos o salmón por aguacate, xamón, anchoas...?

Propiedades nutricionais. Achegan unha base de hidratos de carbono á que se lle pode engadir unha porción de verduras e de proteína saudable, como o salmón. Sabías que...? Se cociñamos as patacas con pel achegarannos algo máis de fibra e minerais. Pero iso si, é importante limpalas ben e eliminar as zonas verdes. Apta para dietas ovovexetarianas.

Racións: 4 Difi cultadeElaboración

Receitas que nunca fallan

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

€ POR RACIÓN
A
NUTRI-SCORE 30’ 15% 294 5% 0,32g 3% 2,96g 18% 3,50g 24% 16,79g
26
B D E C
A
KCAL

CALDO ANETO CON SOFRITO Paella mariñeira 100% Natural

Ocaldo para paella mariñeira Aneto 100% natural é a base perfecta para cociñar unha morea de pratos relacionados con produtos do mar. Engadíndolle un sofrito de peixe, marisco e verduras frescas ao clásico caldo de peixe Aneto, obtemos unha receita coidadosamente elaborada para potenciarmos o sabor dos nosos pratos.

Preparar unha paella saborosa, natural e de calidade xa non será un labor exclusivo dos mellores chefs. Só con este caldo e 250 g de arroz abonda para tomarmos unha receita excelente.

Ao igual ca os outros caldos Aneto 100% Natural, este cocíñase só con ingredientes frescos e naturais, sen deshidratados, sen concentrados e sen aromas engadidos, do mesmo xeito que o farías na casa.

Receita de arroz caldoso de marisco

INGREDIENTES (4 personas)

1 l de caldo para paella Aneto

180 g de arroz bomba

½ cebola, ½ pemento verde, ½ pemento vermello e 2 allos, todo finamente picado

ELABORACIÓN

1. Limpar e partir todos os ingredientes.

2. Poñer a quentar un chorro de aceite na paelleira e marcar os lagostinos por ambos os dous lados cun pouco de sal. Sacalos a un prato e reservar.

3. Agregar as ameixas, tapalas e cociñalas ata que abran. Retiralas e reservar o seu líquido.

½ culleriña de pemento doce

4 culleradas de tomate frito

10 lagostinos

500 g de ameixas

150 g de lura cortada en aros

Aceite de oliva virxe e sal

4. Limpar a paelleira, engadir un par de culleradas de aceite e sofritir a cebola uns 5-6 minutos.

5. Botar un pouco de sal e remover.

6. Incorporar os pementos e sofritir uns 7-8 minutos.

7. Engadir o allo picado e cociñar uns minutos.

8. Incorporar a lura e cociñar 5 minutos máis.

9. Engadir a auga reservada das ameixas.

Podes ver o vídeo en YouTube: https://youtu.be/mfeTxl6EgD0

10. Botar o pemento, o tomate frito e remover todo o conxunto.

11. Engadir o arroz e refogar tamén un par de minutos.

12. Agregar o caldo de paella Aneto.

13. Cocer uns 14 minutos a lume forte.

14. Incorporar as ameixas, os lagostinos e cocer durante 4 minutos más.

15. Retirar do lume e servir.

fala Aneto para

0,52 €

POR RACIÓN

Torrada vegana de garavanzos

• 300 g de garavanzos cocidos

• ½ cebola vermella

• 1 culleriña de mostaza en gran

• 1 cullerada de pipas de xirasol e outra de pipas de cabaza

• 30 ml de xarope de agave

• 4 rebandas de pan multicereais

• 40 ml de aceite de oliva virxe extra

(AOVE)

• 20 g de herba dos cóengos ou espinacas

• 20 g de cenoria

• Alfábega

ELABORACIÓN. Escorrer os garavanzos, lavalos ben e colocalos nunha cunca.

Engadir a cebola picada, a mostaza, as pipas e o xarope de agave. Mesturar todo ben e reservar.

Encher as rebandas de pan con aceite e torrar nunha tixola ou torradora. Cubrir a base con herba dos cóengos ou espinacas, colocar por riba a mestura de garavanzos e decorar con láminas de cenoria e con algunha folla de alfábega por riba.

COMENTARIO DIETÉTICO

Un bocadillo, sándwich ou unha torrada poden ser moi útiles para unha merenda ou unha cea rápida, aínda que para iso é importante contar con ingredientes saudables, como neste caso. Tan só cunha ensalada de acompañamento temos un prato completo.

Propiedades saudables. Achega proteína, graxas saudables, hidratos e unha boa cantidade de fibra. É un prato bastante equilibrado a partir de fontes alimentarias saudables.

Truco. Para mellorar máis a calidade nutricional prescinde do xarope, que achega azucres engadidos, e escolle un pan integral.

Apta para dietas veganas.

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

DificultadeElaboración

KCAL

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

17% 342 6% 0,38g 11% 9,93g 11% 2,14g 21% 14,56g

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

este
mes A B D E C NUTRI-SCORE 20’
28
A

Sándwich xeado de froitos vermellos

Para o xeado:

• 575 g de iogur grego

• 150 g de amoras

• 50 g de grosellas

Para a galleta:

• 4 claras de ovo

• 150 g de fariña de avea

• 150 g de iogur grego

• 125 g de cacao en po

• 10 g de lévedo

• 30 ml de mel

ELABORACIÓN. Limpar as amoras e as grosellas. Triturar durante un minuto deixando que haxa cachiños sen triturar. Mesturar co iogur grego e botar nun recipiente rectangular. Meter no conxelador.

Conxelar durante toda a noite, removendo durante as primeiras dúas horas cada 30 minutos.

Convértete nun gran chef con esta receita

GALLETA. Bater as claras de ovo co mel, ata que escumen. Engadir o iogur e seguir batendo.

Engadir a fariña de avea, o lévedo en po e mais o cacao. Mesturar ata obter unha pasta homoxénea. Estirar e cortar 30 círculos.

Enfornar a 180 ºC durante 10 minutos. Deixar arrefriar.

EMPRATADO. Cortar o xeado coa forma das galletas.

Colocar unha base de galleta, o xeado e pechar con outra galleta.

1,27 € POR RACIÓN

DificultadeElaboración

COMENTARIO DIETÉTICO

OMENTARIODIETÉTICO

Chega o bo tempo e con el as ganas de xeados. Non é un alimento para tomar con frecuencia, polo seu contido en azucres, graxas e enerxía, pero, e se puidésemos facer un xeado saudable? Pois é así de doado.

Propiedades nutricionais. Os ingredientes maioritarios, como son o iogur, a clara de ovo, a fariña de avea e o cacao, achegan proteína de alta calidade, algo de graxa e a maior parte da enerxía. Os azucres proveñen da froita, con azucres naturalmente presentes, e do mel.

Apta para dietas ovolactovexetarianas.

Receitas que nunca fallan

este mes A B D E C NUTRI-SCORE 1 h 6% 129 6% 0,33g 5% 4,15g 21% 4,22g 9% 6,28g 30
12 h refrixerado A
KCAL Racións: 4
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

mes

0,54 €

POR RACIÓN

‘Snack’ de iogur xeado

• 570 g de iogur grego

• 4 culleriñas de mel

• 1 cullerada de extracto de vainilla

• 2 mancheas de froitos vermellos (amorodos, framboesas e arandos)

• 30 g de pistachos

• 40 g de chocolate 70-85 % de cacao

ELABORACIÓN. Retirarlle o soro ao iogur e mesturalo co mel e mais o extracto de vainilla.

Estender sobre unha bandexa cuberta con papel sulfurizado, repartir os froitos vermellos pola superficie, os pistachos e o chocolate, fundido ou en anacos.

Levar ao conxelador unhas 2-3 horas.

COMENTARIO DIETÉTICO

Esta é a túa receita se queres gozar dun snack de xeado e asemade manter unha alimentación saudable.

Propiedades nutricionais. A valoración NutriScore C débese á presenza das graxas saturadas do iogur grego, pero ao se tratar dunha graxa láctea non resulta prexudicial. Pódese mellorar a calidade nutricional da receita eliminando o mel. Afaite a sabores menos doces!

Apta para dietas lactovexetarianas.

Receitas que nunca fallan

Racións: 4

DificultadeElaboración

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

32
este
E C NUTRI-SCORE 10’ 15% 292 4% 0,23g 18% 16,46g 56% 11,30g 29% 20,32g
KCAL
A B D
C 2-3 h conxelado

4 PORCIÓNS / DIFICULTADE 1 / 20 MIN

75 g chocolate 70-85% de cacao

1 mango

2 lascas de sandía

Follas de menta

PASO 1

Derreter o chocolate ao baño maría e reservar para que amorne un pouco.

PASO 2

Pelar o mango, facer láminas e, coa axuda dun cortapastas con formas, partir o mango.

COMENTARIO DIETÉTICO

Ás veces, aos cativos cústalles tomar froita, por iso é importante variar e facela divertida. Se deixamos que sexan eles os que fagan as formas e a decoración, a probabilidade de que a coman aumenta moito.

PASO 3

Triángulos KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

A cor das froitas indícanos que é un prato cun alto contido en caroteno, que é o pigmento que lles dá o ton amarelo-laranxa-vermello aos vexetais e que ten beneficios, como a súa acción antioxidante.

Cortar as lascas de sandía en triángulos e decorar cuns fíos de chocolate feitos cunha culler ou cun biberón, 2 figuriñas de mango e unhas folliñas de menta.

este mes
MÁIS
SABER
34 9% 182 0% 0,02g 20% 18,34g 23% 4,65g 12% 8,11g D E C A NUTRI-SCORE B
DE SANDÍA CON CHOCOLATE UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

fala Zespri para

Unha rece

Unha receita deliciosa para os teus ALMORZOS DO VERÁN

Overán está aquí. Levamos semanas de bo tempo, gozando ao aire libre nas terrazas, e apetécennos almorzos máis relaxados nos que darnos máis dun capricho.

Se che preocupa deixar de te sentires ben, pero á vez queres poñer alegría na túa mesa, temos boas novas! Non tes que renunciar nin a unha cousa nin á outra. Un bo almorzo non ten só que ser

ou healthy ou apetecible, pode achegarte vitaminas, minerais e outros nutrientes sendo, ademais, colorido e moi saboroso.

Convencidos diso, preparamos esta incrible receita para cambiar as túas mañás utilizando os deliciosos kiwis Zespri™ Sungold™, a variedade de polpa amarela e irresistiblemente doce que deixa abraiado a quen a proba.

Torrada de hummus con kiwi ZespriTM

SungoldTM , amorodos e améndoa laminada

4 porcións / Dificultade 1 / 15 min

INGREDIENTES

4 torradas (120 g) de pan de avea

150 g de amorodos

2 kiwis ZespriTM

SungoldTM

40 g de améndoa

laminada torrada

Para o hummus

250 g de garavanzos cocidos

1 ou 2 dentes de allo

4 culleradas de zume de limón

2 culleradas (20 g) de taxín (pasta de sésamo, opcional)

2 culleradas (10 g) de aceite de oliva

1/2 culleriña de pemento doce

Decántate por esta proposta ou busca outras moitas na web: www.zespri.com

Nunca imaxinaches as posibilidades dos kiwis máis deliciosos!

ELABORACIÓN

1. Pela os allos e introdúceos no vaso do batedor xunto cos garavanzos escorridos, o zume de limón, o taxín, 1 cullerada de aceite de oliva e sal.

2. Tritura ata obter unha crema lisa e homoxénea e engade unhas culleradas de auga para facelo máis cremoso.

3. Introdúceo nunha cunca, bótalle aceite por riba, engade pemento e reserva.

4. Pela e corta os kiwis Zespri en rodas non moi grosas. Lava e retira o pedúnculo dos amorodos e córtaos en láminas.

5. Unta as tostas co hummus, coloca as rodas de kiwi e os amorodos e remata esparexendo as améndoas laminadas.

KIWIS ZESPRI™ SUNGOLD™
KIWI S

Coñece a nova gama de

COIDADO FACIAL

Todo o que precisas para un rostro radiante

Durante a época estival, a nosa pel está máis exposta ca nunca a agresións externas.

Por iso, amais de non esquecer o protector solar, é esencial o coidado constante e cotián.

Praia, unha volta ao serán ou excursións á montaña. O verán convida a botar tempo ao aire libre, o que pode afectar á saúde e ao aspecto da nosa pel, xa que o rostro queda especialmente exposto.

Presentámosche a gama de hidratación e tratamento facial belle, completamente renovada, con produtos específicos para lles dar solución aos problemas e preocupacións máis presentes no coidado da pel. Adaptámonos ás últimas tendencias en ingredientes ofrecendo formulacións avanzadas e clinicamente testadas.

Ecodeseño nos envases

*Excepto ampolas faciais da gama Procellular

Actualizamos a imaxe e os envases contemplando o seu ecodeseño para favorecer a sustentabilidade. Eliminamos o envoltorio plástico para substituílo por un pequeno precinto antiapertura.

Todos os estoxos están fabricados con cartón 100% procedente de fontes responsables, con certifi cación FSC ® . Os tubos están fabricados cun 50% de plástico reciclado.

36
*
beleza

GAMA HYDRA+ Esenciais para a hidrataciónn

A súa textura lixeira e refrescante, a súa fórmula hipoalerxénica, deseñada para minimizar o risco de alerxias, e a súa combinación de ingredientes volven estas cremas faciais esenciais para coidarmos a pel garantindo o seu nivel de hidratación, tersura e suavidade.

Aptas para peles sensibles

91% de ingredientes de orixe natural

Dermatoloxicamente testadas

GAMA PROFIRM

Reafirmante antiengurras Produtos que axudan a manter a fi rmeza e elasticidade da pel do rostro á vez que a hidratan en profundidade e que a enchen para combater as engurras, axudando a previr o avellentamento prematuro.

CREMA FACIAL ÁCIDO HIALURÓNICO E ESPILANTOL

Reduce a aparición de engurras, potencia a fi rmeza da pel e mellora a hidratación combinando aminoácidos esenciais, ácido hialurónico e extractos de alga fucus, cebada e acmella, rico en espilantol.

XEL- C REMA

HIDRATANTE PEL NORMAL/MIXTA

Ácido hialurónico + camomila + bardana + provitamina B5

XEL-CREMA

HIDRATANTE PEL SECA

Ácido hialurónico + aloe vera + camomila + provitamina B

SÉRUM REAFIRMANTE ÁCIDO HIALURÓNICO

Reafi rma a pel, minimiza os signos de cansazo e reduce engurras e liñas de expresión grazas ao ácido hialurónico de alto e baixo peso molecular e ao activo patentado Dermotenseur ® .

CONTORNO DE OLLOS ANTIFATIGA E REAFIRMANTE Revitaliza, hidrata e repara, combatendo olleiras e engurras para unha ollada rexuvenecida e descansada por mor dos extractos de bidueiro africano e de acmella e o aceite de abisinia. 98% de ingredientes de orixe natural.

37
C d p

beleza

GAMA VITAL+

Luminosidade e acción antimanchas

Achégalle luminosidade e enerxía á pel e asemade actúa e protexe fronte ás manchas e os signos de avellentamento prematuro grazas ás propiedades de ingredientes como a vitamina C, a niacinamida ou o extracto de regalicia.

CREMA FACIAL SPF20 CON VITAMINA C

Con SPF20, ácido hialurónico e vitamina C nunha das súas formas máis estables, combate manchas e o ton desigual e potencia a luminosidade.

RUM CON VITAMINAC

SÉRUM CON VITAMINA C E ÁCIDO HIALURÓNICO

Con vitamina C, ácido hialurónico combinado e extracto de laranxa, minimiza imperfeccións, estimula a produción de coláxeno e mellora a textura da pel. 98% de ingredientes de orixe natural.

AMPOLAS FACIAIS

Fórmula concentrada que combate efi cazmente as manchas, a hiperpigmentación e o ton irregular, potencia a luminosidade e controla a produción de sebo grazas á acción sinérxica da vitamina C, a niacinamida, a betaína, o ácido salicílico e o extracto de regaliz.

89% de ingredientes de orixe natural.

GAMA SENSITIVE

Microbioma e peles sensibles

Dous produtos hipoalerxénicos para coidar as peles fráxiles. Reforzan a estrutura cutánea e axudan a reequilibrar o microbioma, fortalecendo a pel fronte ás agresións externas e axudando a previr roibéns e sequidade.

SÉRUM PREBIÓTICO

Fórmula concentrada que reforza, repara, alivia e equilibra a pel grazas ao complexo prebiótico a base de iogur e inulina, a carnosina, o extracto de orobanche rapum e o ácido hialurónico avanzado de orixe biotecnolóxica.

97% de ingredientes de orixe natural.

CONTORNO DE OLLOS ANTIOXIDANTE ILUMINADOR

Tratamento que combina vitamina C, extracto de regalicia e ácido hialurónico para manter o contorno de ollos hidratado, uniforme e luminoso, axudando a corrixir e previr olleiras e liñas de expresión.

Sen perfume, cun 98% de ingredientes de orixe natural.

CREMA PREBIÓTICA EQUILIBRANTE

Alivia a tensión, a sequidade e as roibéns ocasionais á vez que repara imperfeccións, combinando un complexo prebiótico a base de iogur e inulina, ácido hialurónico, manteiga de karité e extracto de orobanche rapum. 89% de ingredientes de orixe natural.

38
D c e o á r S F e a d a 9 A F c m e l u p a C á d 8 d

GAMA PROCELLULAR

Rexeneradora e rexuvenecedora

Axuda a loitar dun xeito integral contra os efectos do paso do tempo e o fotoavellentamento con produtos que contribúen a potenciar a rexeneración celular e a combater as engurras profundas e as manchas para rexuvenecer o aspecto da pel.

CREMA REXENERADORA FPS15

Con FPS15, células nai de kiwi e Phylderm ® vexetal, activos seleccionados polo seu poder antioxidante, reparador, protector e revitalizante.

SÉRUM REXENERADOR DE NOITE

CREMA REXENERADORA DE NOITE

Repara intensamente a pel achegándolle un aspecto máis saudable e luminoso e suavizando as engurras grazas ás propiedades das células nai de kiwi, o ácido hialurónico, o aceite de xoxoba e a manteiga de karité.

CONTORNO DE OLLOS

INTENSIVO BOLSAS E OLLEIRAS

A combinación de células nai de kiwi con ácido hialurónico e o activo rexenerador patentado Phylderm ® Vexetal contribúe a mellorar o aspecto do contorno de ollos, atenuando bolsas, engurras e olleiras e proporcionando unha pel máis lisa, e luminosa. 91% de ingredientes de orixe natural.

CO I IN A d e e pa co a s a t o l pe 91 or

AMPOLAS FACIAIS

Ofrece unha acción correctora e preventiva fronte aos danos celulares e o avellentamento cutáneo para lograr un rostro rexuvenecido, luminoso, homoxéneo e defi nido grazas á acción sinérxica do retinol co bakuchiol e a chispa asiática.

98% de ingredientes de orixe natural.

a

Fórmula concentrada que traballa no rexuvenecemento integral e na reparación da pel combatendo e previndo fl acidez, engurras, textura irregular e perda de luminosidade grazas á elastina e o coláxeno de orixe mariña, a betaína e a niacinamida.

39

Este verán móllate cos ‘CÉNTIMOS SOLIDARIOS’

Colaboraremos

Este verán toca ser solidario. Por cada compra que fagas en EROSKI poderás doar 10 ou 20 céntimos (en función do gasto que realices), que irán

destinados integramente ás asociacións do teu contorno que participan no programa Céntimos Solidarios. Non é moito para ti, pero sumado á doazón de

EROSKI e a doutros clientes coma ti, axudarás a que as entidades que traballan cos que máis o necesitan dean sacado adiante os seus proxectos. proxec tos Solidariedade

Alzheimer, Parkinson, ELA... Son enfermidades que pasaron a formar parte do noso día a día e que foron en aumento nas últimas décadas. Incurables e que provocan un declive progresivo das neuronas, producen diferentes graos de minusvalidez, perda de autonomía persoal e cargas psicosociais. Por iso, a investigación e a atención sociosanitaria son esenciais. As nosas axudas irán destinadas a asociacións que lles garanten a rehabilitación física e psicosocial aos pacientes e os coidados asistenciais e os programas de apoio aos coidadores. En concreto, coa túa doazón colaborarás coa ONG que traballa na zona na que vives.

40
este
XULLO
mes
coas persoas con enfermidades neurodexenerativas e con problemas de saúde mental.

Por primeira vez o noso país superou a barreira dos 4.000 suicidios nun ano e a depresión en nenos e xente nova vai en aumento. Segundo a Organización Mundial da Saúde, OMS, o 9% dos españois ten algún tipo de problema de saúde mental e un cuarto da poboación terao nalgún momento da súa vida. No caso dos mozos de 10 a 19 anos estímase que un de cada sete padece algún trastorno mental. Por todo iso, en agosto o voso apoio irá destinado a asociacións que traballan para garantiren as necesidades, o acompañamento, unha vida independente e o asesoramento de pacientes con trastornos psicolóxicos e mais das súas familias.

Grazas pola vosa solidariedade!

Pechamos este primeiro semestre do 2023 cun balance moi solidario. Grazas ás vosas achegas e ás de EROSKI, dende xaneiro canalizamos máis de 10,8 millóns de euros a proxectos solidarios.

Doazóns de Céntimos Solidarios ao paso por caixa

4,3 MILLÓNS DE DOAZÓNS

639.119 € RECADADOS

Axuda destinada aos damnificados polos terremotos de Turquía e Siria

305.895 € DOADOS A TRAVÉS DE UNICEF

E ademais....

Xestionamos, xunto a entidades sociais e administracións públicas, a tarxeta solidaria, grazas á cal as persoas en risco de exclusión social poden mercar alimentos e produtos de hixiene.

Renovamos os convenios subscritos coas asociacións de persoas celíacas do País Vasco, A Rioxa, Cataluña, Navarra e Baleares, e coas asociacións de familias

Operación Quilo e Desperdicio Cero Escola de Alimentación da Fundación EROSKI

6 MILLÓNS DE COMIDAS PARA ALIMENTAR A 1.800

FAMILIAS AO ANO

numerosas do País Vasco, Galicia e Cataluña para que os seus socios poidan gozar do 20% de desconto en máis de 200 produtos específicos sen glute.

Ofrecemos información útil para o consumidor a través da revista e da web EROSKI Consumer, o primeiro portal de información ao consumidor en España, con máis de 4 millóns de visualizacións ao mes.

181.786

PARTICIPANTES NO CURSO 2022-2023

MARCA SÍ

Ao pasares por caixa e DOARÁS

0,10€ ou 0,20€ en función de se a túa compra supera ou non os 30 € ASÍ DE SINXELO!

ASÍ DE SOLIDARIO!

41
AGOSTO

Máis vantaxes por

Ser socio de EROSKI club ten premio este verán

Máis de 100.000 AGASALLOS cada semana e gran SORTEO

Xoga connosco

OS

Aínda non sabes que este verán podes acadar moitos agasallos só por seres socio de EROSKI club? Ata o 9 de agosto, repartimos cada día milleiros de premios directos e participacións para un gran sorteo. Participa e déixate namorar por EROSKI club!

+ 100.000 PREMIOS directos á semana

Ata o 9 de agosto, cada vez que merques nas nosas tendas podes recibir un cupón cun dos máis de 100.000 agasallos que repartimos cada semana.

Na nosa app EROSKI poderás sumar máis premios mentres te divirtes xogando. Só tes que ser socio, ter descargada e actualizada a aplicación e dispoñer dalgunha participación por tícket de 30 € en EROSKI.

por tícket de 30 € en ER O no ap de g de te

Se aínda non tes a app EROSKI, descárgaa gratis e descubre o teu premio

Que che pode tocar?

Un vale dun produto EROSKI gratuíto: só tes que o pasar por caixa na túa seguinte compra xunto coa túa tarxeta EROSKI club. Un código para conseguir un agasallo gratis do Catálogo Travel Club: introduce o código na web de Travel Club ou chama ao teléfono 913 874 387.

42

seres socio

E un gran sorteo!

No novo gran sorteo de EROSKI club deste verán poderás gañar

moitos premios. Toma nota!

moitos premios

en subscrición de 24 meses a Bipi

Goza durante dous anos dun coche en renting (1) con seguro a todo risco e servizo de reparación de

danos, substitución de pneumáticos e mantemento preventivo e correctivo. Só te tes que preocupar da repostaxe!

(1)Sorteo dunha subscrición Bipi a un vehículo durante 24 meses. Modelo de vehículo segundo dispoñibilidade. Promoción válida do 15/06/23 ao 09/08/23. Consulta condicións en: eroski.es/sorteo-verano-club/

80 cestas valoradas en 100 EUROS

No gran sorteo optas a gañar 80 cestas de 100€ (2). Se es o gañador, ingresarémosche o importe na túa tarxeta EROSKI club.

Unha viaxe a California con puntos Travel Club

Vive unha experiencia inesquecible participando no sorteo dunha viaxe a California (2) dunha semana para catro persoas. Poderás gozar no parque Disney, facer un tour polos Estudios Universal de Los Ángeles ou visitar o Hard Rock Café de Hollywood.

Así podes participar

Nas nosas tendas conseguirás unha participación por cada tícket de compra igual ou superior a 30 €. Se superas os 60 € obterás dúas participacións e así en adiante.

Na app EROSKI: consegue máis participacións e agasallos.

Na web: consegue unha participación extra.

43
(2)Promoción válida do 15/06/23 ao 09/08/23. Consulta condicións en: eroski.es/sorteo-verano-club/
nia Un
vehículo

viaxes

O paraíso terreal agarda por ti

Buscas un lugar onde te poidas mergullar en augas cristalinas, gozar da natureza e descubrir un legado cultural fascinante? Cancún e a Riviera Maya son o edén irrenunciable do Caribe mexicano. Un recuncho do que levarás lembranzas inesquecibles ao tempo que acumulas aforros na túa tarxeta EROSKI club. Descúbreo a canda nós!

Nesta viaxe ao corazón do Caribe mexicano, a costa de Quintana Roo, de beleza paradisíaca, convidarate a soñar esperto. Dende as súas praias rodeadas de mangleirais e a selva tropical de Costa Mujeres, ao norte de Cancún, ata a Riviera Maya, situada 80 quilómetros ao sur. Son verdadeiros paraísos terreais cun denominador común: a fascinante cor que caracteriza esta zona.

PRAIAS MARABILLOSAS

Cancún é ben coñecido polas súas impresionantes praias de area branca e augas turquesas. Entre elas, a emblemática Praia Delfi nes ou a coñecida Praia Tortugas son o lugar perfecto para te relaxares e gozar do sol e a area e mais para

practicar deportes acuáticos como o kaiak e o esnórquel.

CULTURA MAIA

Xunto ás súas praias, outra das xoias é a Riviera Maya, que desprega toda a súa beleza a través da costa regada polo Caribe ata Tulum. Aquí descubrirás o seu maxestoso depósito arqueolóxico, onde a cultura maia cobra vida.

Imprescindible tamén é explorar as covas subterráneas con augas cristalinas coñecidas como cenotes ou visitar o Parque Xcaret, no que a natureza e a cultura se fonden para te transportaren a un lugar marabilloso.

Tampouco faltan as praias de area branca, como a de Akumal, que ofrece a experiencia única

44
Cancún e a Riviera Maya Cenote Ik Kil, Iucatán

de nadar a carón de tartarugas mariñas. Por iso e máis, a Riviera Maya é un destino ideal para quen busca aventura e cultura nun só lugar.

OCIO A CALQUERA HORA

O Caribe mexicano é tamén popular pola súa animada vida nocturna, cunha ampla variedade de bares e clubs que che permitirán gozar da noite tanto coma do día. Sen esquecer unha oferta gastronómica que conquista

os padais máis esixentes. Proba os auténticos tacos mexicanos, saborea o cebiche fresco e déixate tentar polas sobremesas de orixe maia. A comida é unha fusión de sabores tradicionais e creatividade culinaria que fai que cada bocado constitúa un pracer gustativo único.

E é que Cancún e a Riviera Maya son destinos que ofrecen moito máis ca sol e praia. A súa cultura, gastronomía e natureza son os ingredientes perfectos para crear unha experiencia de viaxe

Reembolso

inesquecible. Se buscas un destino para as túas vacacións, non dubides en considerar este paraíso que sempre te agarda cos brazos abertos.

5 %

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible

45
(1) 5% de desconto para reservas efectuadas do 1 de xullo ao 31 de agosto para viaxar ata o 31 de outubro. Non aplicable a taxas, gastos de xestión nin só voo. Chichén Itzá á túa tarxeta EROSKI club (1)

PREMIO AO NOSO modelo de franquías

Para que os nosos clientes estean satisfeitos, en EROSKI traballamos pola calidade dos nosos produtos e servizos e para ofrecermos unha rede de tendas acolledoras e efi cientes. Este traballo non pasa desapercibido e segue a sumar recoñecementos.

Pechamos o 2022 co premio do Goberno vasco ao mellor Comercio de Euskadi pola nosa tenda sostible de Lakua-Arriaga. E agora vimos de recibir o Premio Nacional ao Mellor Franquiador do ano na categoría de alimentación.

A Asociación Española de Franquiadores (AEF) distinguiu o noso modelo, baseado no apoio e asesoramento aos franquiados, na calidade e na rendibilidade das tendas. A excelente xestión da nosa rede conta ademais cun

sólido plan de márketing para as franquías EROSKI.

A clave do éxito é a nosa arela de mellora dun modelo de franquía altamente competitivo e rendible, apoiado por unha estreita relación colaborativa entre EROSKI e o franquiado. “Somos unha empresa de base cooperativa,

Amaya Ladislao, responsable de Márketing de EROSKI franquías, e Alberto Cañas, director de Franquías EROSKI, recolleron o premio ao Mellor Franquiador de Alimentación.

de traballadores e consumidores, con valores propios. Por iso, entendemos as necesidades dos nosos franquiados. Segundo a enquisa de satisfacción realizada este ano, o 96,14% deles valóranos positivamente”, destaca o noso director de Franquías, Alberto Cañas, encargado de recoller o galardón.

Levamos 45 anos no negocio de franquías e sumamos máis de 600. No 2022 inauguramos 67 máis e xeramos un total de 397 postos de traballo.

Recoñecemento ao programa de prevención en riscos laborais de EROSKI

A Fundación Internacional ORP, que traballa para mellorar a calidade de vida laboral e a innovación das empresas, premiou o noso programa de prevención en riscos laborais. Este galardón supón un recoñecemento ao compromiso de EROSKI

coa seguridade e saúde dos nosos traballadores, aos que ofrecemos formación, asesoramento, actividades e ferramentas de mellora. Coidar dos nosos equipos forma parte dos nosos 10 Compromisos en Saúde e Sustentabilidade.

50
novas

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.