EROSKI_JUNIO_2023_GALLEGO

Page 1

Xeados

Goza con toda a variedade

Beleza

Verán ao sol con protección

REFRÉSCATE Coa cesta que v rán no

A cesta que namora NAMORA

Unha

www.eroski.es #89 Xuño’23
Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club
ao mes
Ouro. Suxeito
dispoñibilidade
por Tarxeta
a
en tenda.
novrán A cesta que namora sumario www.eroski.es xuño ’2023 04 Neste número 06 O último nas nosas tendas 10 A cesta que namora no verán 12 Pratos preparados 14 Froitas de carabuña 16 Xeados 24 Produtos locais 34 Beleza 38 Solidariedade 40 As vantaxes de EROSKI club 44 Viaxes: Gran Canaria 47 Vales aforro 50 Novas 44 Viaxes 16 Xeados 34 Beleza 12 Pratos preparados 3 10 A cesta que namora no verán 14 Froitas de carabuña A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

neste número

Namórate do verán

Iker Pérez de Arenaza

Responsable de EROSKI club

Propoñémosche un plan. Saca o mantel, convoca os teus amigos e familiares e prepara un día perfecto ao aire libre. Bo tempo, boa compaña e, con EROSKI, ademais, bos alimentos. Non sexas lacazán, neste número ímoscho poñer ben doado coa Cesta que namora no verán, na que poderás atopar todo o que cómpre para preparares a cita.

Na nosa cesta ofrecemos centos de produtos para organizar un pícnic completo e equilibrado. Dende carnes, peixe e verduras para asar na grella ata os ingredientes para unha refrescante ensalada, pasando

polas bebidas e o aperitivo máis saboroso. E se lle engadimos unha tortilla de pataca ou un gaspacho? En EROSKI atoparalos co corazón do aforro.

Para pechares este inesquecible día, A cesta que namora no verán ofréceche a bo prezo unha selección das mellores froitas de carabuña e dos xeados máis refrescantes. Agora tócache a ti achegarte a EROSKI e poñer data para unha xornada que, sen dúbida ningunha, repetirás ao longo deste verán. Así que bota man das cremas solares. Coa nosa marca belle ganas en calidade a prezos irresistibles. Hai unha para cada tipo de pel e para cada ocasión.

Neste número tamén che propoñemos que te namores do produto local pola súa calidade, bo prezo e os benefi cios que ten cada compra e que reverten na sustentabilidade e na economía do teu contorno máis próximo.

E, para pechar, contámosche como gañar cada vez que mercas en EROSKI. Este verán repartiremos 100.000 premios directos á semana e poderás participar no sorteo dunha viaxe a California, de cestas valoradas en 100 euros ou do alugueiro dun coche durante dous anos con Bipi. Con propostas como estas, a quen non lle apetece que chegue o verán?

EDITOR

EROSKI S. COOP.

Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio

(Bizkaia). Tel. +34 946 211 211

REALIZACIÓN EDICIÓN

Valentín Beato, 44. 28037 Madrid

Tel. +34 915 386 104

Difusión: Controlada por OJD

Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com

Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38

Depósito Legal: BI-222-2015

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.

editorial
4

Dende o comezo, en EROSKI cremos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable.

Hoxe, esta convicción recóllese en 10 compromisos pola saúde e a sustentabilidade que nos marcan o camiño a seguir. Dende sempre e para sempre, avanzamos no que de verdade che importa.

2 5 4

Implicarnos coa seguridade alimentaria

Promover unha alimentación equilibrada

Previr a obesidade infantil

Neste número

Atender as necesidades nutricionais específicas dos clientes

Favorecer o consumo responsable

Ofrecer máis produtos locais

Neste número

Facilitar comer ben a bo prezo

7 10

Actuar con claridade e transparencia

1 3 6 8 9

Coidarnos como traballadores

Impulsar un estilo de vida máis saudable

5

o último

Queremos que sempre esteas informado para que a elección das túas compras sexa a máis axeitada para ti e para a túa familia. Nesta sección presentámosche os últimos produtos que chegaron ás nosas tendas, para que o saibas todo e esteas sempre á última. Toma nota!

VERDURAS CONXELADAS EROSKI

Cor e sabor para os teus pratos máis saudables

Oconxelador vai ser o teu mellor aliado para preparares saborosos pratos. En EROSKI lanzamos novas mesturas saudables de verduras que se converterán en imprescindibles e que che aforrarán tempo sen perderen as propiedades nutricionais.

SALTEADO DE VERDURAS ASADAS

Este novo salteado inclúe berenxena, cebola, cabaciña e pementos vermellos e amarelos, cortados en dados e asados antes da súa conxelación.

MESTURA DE PEMENTOS VERMELLOS E VERDES

Ideal para rustridos e base de numerosas salsas, os pementos vermellos e verdes veñen partidos en pequenos dados para aforrar tempo na cociña. Inclúe un peche totalmente hermético na súa bolsa zip, que evita riscos de derramo ou transferencias.

RECHEO PARA FAJITAS CON BOLSIÑA SAZONADORA

Prepara unhas fajitas superapetecibles co novo recheo de polo e hortalizas asadas que pasará do conxelador ao teu prato en cinco minutos. Inclúe bolsiña sazonadora cunha salsa que o fai irresistible. Máis doado, imposible!

Hortalizas conxeladas: teñen as súas vantaxes

A ultraconxelación evita a proliferación de patóxenos e a súa degradación.

Non teñen aditivos nin conservantes. Son máis cómodas e doadas de preparar. Conservan practicamente todas as vitaminas e minerais grazas ao proceso de ultraconxelación.

6

fala Proasis para

XEADOS ALTOS EN PROTEÍNAS E BAIXOS EN CALORÍAS O dobre de bos

Proasis é a nova alimentación saudable. Ofrece o sabor característico dun xeado e, ademais, atributos positivos para a saúde, grazas á súa dobre achega de proteína e probióticos, que che axudará a manter un nivel muscular óptimo e mais a reforzar a saúde xeral a partir do sistema dixestivo. Pero os produtos Proasis tamén son baixos en azucres, graxas e calorías, non conteñen glute, son fonte de fibra e son os únicos que teñen Nutri-Score A. O obxectivo está claro: gozar coidándote!

fala Calvo para

CALVO FAICHE A VIDA MÁIS DOADA

Co teu alugueiro ou hipoteca GRATIS DURANTE UN ANO*

Participa no gran sorteo fi nal de 12.000 € e consegue cada día 200 € para os teus gastos.

Compra dous produtos atún Calvo Vuelca Fácil, conserva os teus tíckets para participar e XOGA! Saberás no momento se gañaches a axuda de 200 € e a túa participación entrará no gran sorteo fi nal de 12.000 €.

d e 12. 000 €.

Escanea o código, sube o teu tícket e participa www.calvotehacelavidamasfacil.es

7
* Sorteo fi nal entre todos os participantes de 12.000 €. Promoción válida do 1 de xuño ao 30 de setembro. * Sorteofinalentretodososparticipantesde12000€

PAUS DE FROITOS SECOS EROSKI

O ‘SNACK’ CROCANTE QUE SEMPRE VAI CONTIGO

Os aperitivos da nosa categoría de pan torrado EROSKI aumentan. Ás barriñas de cereais, de pipas ou de queixo súmanse agora os paus de froitos secos EROSKI. Con sementes de xirasol, cacahuetes e sésamo, están deliciosos e son ideais para acompañares o teu petisco de maneira cómoda e sa, xa que están elaborados con aceite de xirasol alto oleico. Amais do seu xenuíno sabor e da súa textura crocante, contan con alta achega de fi bras.

fala Campo Rico para

GASPACHO E SALMOREJO

Con sabor á casa

Se buscas opcións deliciosas e saudables para a túa alimentación, Campo Rico -empresa dedicada á alimentación natural- ofrece un

MINITORTIÑAS EROSKI

PEQUENOS BOCADOS

Pequenas, deliciosas e lixeiras. As minitortiñas de millo e arroz EROSKI son ideais para un refrixerio e chegan agora máis saborosas ca nunca con dous novos sabores de xamón e queixo que non te deixarán indiferente.

Elaboradas con millo e arroz inchado, son lixeiras e boas de dixerir. Un snack para levares no bolso e poder gozar dun pequeno aperitivo en calquera lugar.

amplo catálogo de preparados vexetais, como espinacas, pisto, patacas ou brócoli. E agora vén de lanzar dous novos produtos: gaspacho e salmorejo. Elaborados

cos mellores ingredientes naturais, sen aditivos nin conservantes artificiais, son unha opción perfecta para os tomares en calquera momento do día.

8
o último
CON SABOR A XAMÓN OU A QUEIXO
Ñ

CHEGA O VERÁN Á cesta que namora

Facer un pícnic é un plan perfecto para conquistar a familia e amigos. E a nosa cesta que namora inclúe distintas opcións culinarias para que a túa excursión ao campo ou ao parque namore ata no prezo.

Elixe un lugar, bota o mantel e acende a grella. Atoparás todos os produtos con aforro na túa tenda EROSKI máis próxima.

SOBRE O MANTEL

+25 variedades de pan

Tradicional, de molde e carochos para acompañar.

+65 embutidos e queixos

Para abrir o apetito atoparás con aforro xamón curado, fuet ou chourizo, entre outros embutidos

Goza de queixos curados, semicurados ou azuis. Para que o teñas ben doado, a cesta que namora conta con queixos en formato xa cortado, directos para degustar.

novrán A cesta que namora

+40 produtos en conserva

Busca o aforro nos mexillóns, sardiñas, berberechos ou atún de diversas marcas, e mais no salmón afumado ou nos irresistibles bocartes aliñados.

+20 leitugas e tomates

+25

ENSALADAS O PERFECTO ACOMPAÑAMENTO aceites, vinagres e sal

As nosas froiterías ofrécenche ensaladas frescas, listas para servir, e unha gran variedade de tomates. Tamén atoparás os corazóns do aforro en vinagres, aceites e en básicos como o sal fino, iodado e groso.

1010 este mes

SE QUEDACHES CON FAME

+10 opcións diferentes

A cesta que namora no verán inclúe imprescindibles para un día de pícnic como gaspachos, hummus e tortillas de pataca.

PARA TE REFRESCARES

+180 bebidas con corazón

Hidrátate con auga, zumes, batidos e refrescos das túas marcas preferidas.

E SE FACEMOS UNHA GRELLADA?

DE CARNE

+40 produtos cárnicos

O churrasco de carne é o rei da grella. En EROSKI atoparás o aforro nas costelas, solombo e lombo de porco, chourizos e salchichas ou no entrecosto de becerro. Se che apetece unha opción máis lixeira poderás aforrar buscando o corazón en distintos cortes do polo. Proba os nosos espetos de peituga de polo con vexetais!

DE PEIXE

+25 variedades

O peixe é unha excelente alternativa para obteres nutrientes de calidade nas túas grelladas. Ponlles corazón ás túas brasas coas nosas luras, chocos ou douradas, entre outros peixes, que atoparás por pezas ou porcións. E, para conquistares os máis cativos, atrévete a preparar espetos.

VEXETAL +30 hortalizas e verduras

Para alixeirarmos a nosa grella, a cesta que namora no verán conta con pementos, patacas, cebolas, cabaciña, berenxenas, cenorias, champiñóns e tomates.

1111

A MESA POSTA novrán A cesta que namora

Queremos que sigas a gozar dos longos e soleados días estivais. Para iso, propoñémosche unha selección dos mellores pratos preparados para comer ben coas receitas máis saudables e refrescantes do verán e para poder aproveitar ao máximo o teu tempo libre. Chucharás os dedos e triunfarás coa gran variedade de gaspachos, hummus e tortillas que manteñen o sabor da cociña tradicional con prezos que namoran.

+10 pratos que namoran

HUMMUS ORIXINAL

Esta crema de garavanzos e tahini é unha opción exótica e saudable para o aperitivo. Nas nosas tendas atoparás o hummus orixinal, con pemento vermello e jalapeño, ou ao máis puro estilo marroquí con especias, pasas e cebola acaramelada. Un snack ideal para acompañar ou dipear con pan de pita, boliños ou paus de hortalizas que, ademais, che permitirá incluír legumes na túa dieta. Consello: Pon o teu selo cun pouco de aceite de oliva e ourego ou sésamo.

AS NOSAS TORTILLAS DE PATACAS

Por que non tomar unha saborosa tortilla de patacas sen botar demasiado tempo na cociña? Este verán, anímate coa nosa gran variedade de tortillas de patacas elaboradas con aceite de oliva e calladas na tixola. Feitas coma na casa! Atoparalas con ou sen cebola, en formato reducido, con ovos campeiros ou con cabaciña. E para “matar a fame”, propoñémosche o noso pincho de tortilla para unha porción individual.

Truco: Quentar entre 3 e 4 minutos e listas!

12 este mes
Na cesta que namora Na cesta que namora

GAZPACHOS E SALMOREJOS

Son un dos clásicos da nosa dieta mediterránea e o prato estrela do verán. O gaspacho e o salmorejo non poden faltar na túa mesa como a opción máis refrescante e saudable da tempada. Están elaborados a base de hortalizas, son ricos en fibra, vitaminas e minerais e preséntanse en diferentes formatos para que atopes o que máis

Gaspacho

Esta receita de gaspacho é un expoñente de calidade e sabor. Intenso, refrescante e delicioso. Prepárase seleccionando hortalizas frescas de proximidade e da máxima calidade, que se colleitan á man no seu punto óptimo de maduración.

EROSKI

Gaspacho suave sen cogombro Máis lixeiro, suave e saboroso, está elaborado con hortalizas colleitadas no seu momento óptimo de madureza, con aceite de oliva e non contén glute. O seu envase sostible é de cartón certificado FSC.

Salmorejo

Con aceite de oliva virxe extra e todos os beneficios das hortalizas, é ideal para acompañalo con xamón e ovo cocido. Constitúe un primeiro prato de culler nutritivo e moi saboroso. A diferenza do gaspacho, leva pan, que lle achega máis corpo.

Salmorejo

A deliciosa receita de Salmorejo

Alvalle ® é de orixe cordobesa. Consistente e saboroso, é ideal como primeiro prato engadíndolle ao gusto ovo duro e cachos de xamón. Pura tradición e sabor.

Gaspacho con aceite de oliva

Produto gourmet, cun sabor e calidade garantidos polos expertos cociñeiros do Basque Culinary Center. Fresco e sen glute, destaca polo seu punto xusto do aliño e a súa textura suave e cremosa. A súa botella é 100% de material reciclado e reciclable.

13
Na cesta que namora
A B D E C NUTRI-SCORE
ALVALLE
Na cesta que namora
A
EROSKI SELEQTIA

O verán SABE A FROITA!

Variadas, substanciosas e refrescantes, as froitas de carabuña son as protagonistas do verán. Pexegos, albaricoques, nectarinas, paraguaios, ameixas e cereixas comparten non só a tempada, senón tamén o corazón nos seus prezos!

Anosa cesta que namora este verán está pensada para que leves unha alimentación saudable sen descoidares o aforro. E as froitas con carabuña son un dos imprescindibles para o dares feito. Refrescantes, pola súa achega de auga, tamén conteñen vitaminas, minerais e fibra. E agora atoparalas en EROSKI co corazón do aforro. Tómaas en cru, en batidos, ensaladas, gaspachos ou nas túas receitas favoritas durante todo o verán.

Pexegos. O vermello ten un sabor agridoce e o amarelo é máis doce. Ten en conta que, se non maduraron na árbore, non o farán no froiteiro. Inclúeos en ensaladas ou con tacos de polo.

Albaricoques. Substanciosos, frescos e moi doces. Probáchelos con asados sobre crema de iogur ou quefir?

Paraguaios. É unha variedade do pexego, cunha polpa máis carnosa, doce e substanciosa. Próbaos nun batido ou nun espeto de lagostinos.

Nectarinas. De pel suave e cun aroma e sabor máis intensos ca o pexego. Facemos uns polos?

Ameixas. As verdes son delicadas e saborosas; as amarelas, ácidas; as vermellas, máis substanciosas, e as negras, máis carnosas e versátiles na cociña. Próbaas en compota con crema de ricotta ou fai un sándwich de polo á mostaza e ameixa.

Cereixas e picotas. Canto máis grosas, mellor sabor. As picotas son unha variedade tardía de cereixas, aínda que máis doces e sen o rabo. Maríñaas con vinagre, mel, aceite de oliva e especias ao gusto.

este mes 14

A RIQUEZA DO LOCAL

En EROSKI ofrecémosche as froitas desta tempada recollidas polas mans dos labregos da túa zona co auténtico sabor da nosa terra. Algunhas delas contan con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfi ca Protexida, selos que velan por manter a calidade e a orixe de alimentos extraordinarios. O noso compromiso coa froita local de tempada está sinalizado co corazón do aforro.

Goza do pexego vermello e amarelo Reyno Gourmet de Navarra, do pexego vermello e amarelo da Rioxa e de Andalucía e da variedade vermella nas Illas Baleares. A eles súmase o Pexego de Calanda, que conta con DOP.

n DOP p eixa alenNavarra;da

Dispoñemos de ameixa claudia local en Navarra; da vermella, nas Illas Baleares, e da ameixa vermella e amarela de Andalucía.

EROSKI NATUR

Nas nosas froiterías de Navarra, A Rioxa, Illas Baleares e Andalucía atoparás paraguaios de orixe local.

novrán A cesta que namora

Atoparás nectarinas da túa zona nas Illas Baleares e Andalucía, e as amarelas, na Rioxa.

Escolle albaricoques locais nas nosas tendas das Illas Baleares.

Busca nas nosas tendas a cereixa navarra de Etxauri e ‘de aquí Navarra’; a cereixa de Calatayud e Aranda, en Aragón; a cereixa ‘de aquí A Rioxa’, e mais as cereixas con DOP ‘Cereixa do Jerte’, en Cáceres.

A nosa marca propia acolle baixo o seu selo a mellor froita de tempada. Este verán levará á túa tenda froitas con carabuña colleitadas no seu mellor momento, cunha calidade óptima, procedentes da Rioxa, Lleida, Aragón, do val do Jerte ou de Alacante. Todas elas contan coa garantía de que foron cultivadas minimizando o impacto ambiental e ademais non teñen tratamentos poscolleita.

Este verán nas nosas froiterías, amais de froita con polpa carnosa, doce sabor e suculenta, atoparala a prezos irresistibles. Busca o corazón nas etiquetas

15
xusto de aquí
É bo que sexa de aquí +70 froitas para degustares no verán

este mes

AO RICO XEADO!

+20 xeados con corazón novrán A cesta que namora

FERRERO ROCHER

Classic O Ferrero Rocher de sempre, agora en xeado.

HÄAGEN-DAZS

Macaron Double Chocolate

Raffaello

Goza do sorprendente sabor de Raffaello en xeado.

Raf

xe ad a

Macadamia

Nut Brittle

Delicioso e cremoso xeado de vainilla con crocantes noces de macadamia acarameladas.

Vive o verán con EROSKI e coa súa ampla selección de marcas de xeados a prezos que namoran. Atopa un xeado para cada ocasión con sabores que non che deixarán de abraiar e en formatos para todos os gustos: dende conos a polos, pasando por bombóns ou terrinas. Déixate seducir e refréscate! 14
f fae fa llo l en x
Ganache Suave xeado de chocolate con cachiños de macaron de chocolate e unha abraiante salsa de chocolate negro.

NOVIDADES!

FRONERI

FR

Maxibon Mokaccino

M ax

Un xeado único, cun delicioso sabor a café moca, leite e cachiños de chocolate. Con galleta e cobertura ao cacao e con cachiños de abelás acarameladas

Un x sab d e c cob cac ca a

e galleta con café e d

Nuii mini de caramelo con noces

Maxibon choco brownie

Maxibonchocobrow

Unha innovación rupturista pola súa galleta tipo brownie. Cremoso xeado sabor a nata cunha cobertura de cacao e cachiños de brownie no seu interior.

de macadamia australianas e de chocolate negro con arandos nórdicos Variedade para todos os gustos, que busca combinar o pracer do caramelo e as noces de macadamia australianas coa intensidade do chocolate con arandos nórdicos.

Conocookieextrême C

Cono cookie extrême de chocolate e brownies

Crocante cono de cookie con cremoso xeado de chocolate con leite, xarope de chocolate e anacos de galleta con pebidas de chocolate e cachiños de brownies. Irresistible!

Cono cookie extrême de amorodo e nata

Cono con cremoso xeado de amorodo e xeado sabor a nata, con xarope de froitos vermellos e anacos de cookie e chocolate branco. Converterase nun imprescindible no teu fogar.

N Nui im m ini i am end n oad ocon vai va nil n la a

de Xava e Nuii mini de chocolate con leite e abelá italiana

Este pack dáche a escusa perfecta para probares o novo Nuii de abelá torrada xunto ao Nuii máis vendido, o amendoado con vainilla de Xava.

15 17
seu
nie urista do
s s

XEADOS EROSKI

OS FRESCOS DO VERÁN

Chega o verán e a canda el unha das sobremesas máis refrescantes, apetecibles e variadas. Querémoste conquistar coa nosa variada gama de xeados de marca propia, cunha fórmula mellorada e libres de graxa de palma. Hai un para cada momento!

novrán A cesta que namora

DÁTE UN PEQUENO CAPRICHO

Mini bombóns 0% azucres e xeado de caramelo salgado

SORPRENDE CON EROSKI SELEQTIA

Torta de queixo con arandos e xeado de mango con salsa de framboesa

Os nosos xeados artesáns están elaborados con leite e sen graxa de palma e chegan ás nosas tendas para revolucionaren os padais máis esixentes grazas ao seu intenso sabor, a súa cremosidade e a calidade dos seus ingredientes. Sorprenderaste!

Os nosos xeados de marca propia adáptanse ás túas necesidades para que te poidas dar un capricho este verán. Dende minibombóns 0% azucres a xeados con sabor a caramelo salgado, cun toque amargo que marca a diferenza.

PARA AMANTES DO BARQUILLO

Cono grande de chocolate

A TENTACIÓN

DOS LARPEIROS

Leite merengado e xeado Cookie dough

cremoso, o

Co seu crocante barquillo e corazón cremoso, os xeados de cono EROSKI nunca defraudan. Para os que sempre quedan con ganas de máis, agora en EROSKI incorporamos o cono grande de chocolate. Toda unha delicia.

Nada como comezar o verán cun xeado de leite merengado ou de Cookie dough. Un capricho ben larpeiro, cun sabor que che fará voltar a eses veráns de aventura da infancia.

este
mes
14

Sorbete rápido de sandía e framboesas

• 400 g de sandía negra sen pebidas

• 300 g de framboesas conxeladas

• Zume dun limón

• 50 g de azucre

• 200 ml de auga

• 1 culleriña de mel suave ou xarope de agave

• Menta fresca

ELABORACIÓN. Cortar a sandía en cubos e meter no conxelador.

Unha vez conxelada, poñela no vaso dun batedor xunto coas framboesas conxeladas, o zume de limón, a auga, o azucre e o mel ou o xarope de agave. Triturar ata acadar unha crema semiconxelada.

Levar ao conxelador un par de horas para que endureza.

Servir acompañado dunhas follas de menta.

COMENTARIO DIETÉTICO

Este é un exemplo de sorbete caseiro e saudable.

Propiedades nutricionais. Destaca o contido de vitamina C e ácido fólico que achegan, sobre todo, as framboesas. Ao se consumir en cru, aprovéitase totalmente a froita, pois as súas vitaminas destrúense con facilidade coa calor.

Truco. O azucre é prescindible; xa que logo, non afagamos o noso padal a sabores artificialmente doces, o que axudará a que consumamos menos alimentos azucrados. Sabías que...? A sandía é a froita con maior contido en auga. Por iso, é

perfecta na súa tempada, o verán, xa que soben as temperaturas e precisamos máis hidratación.

Apta para: veganos e vexetarianos.

Racións: 4-6

DificultadeElaboración

NUTRI-SCORE

A B D E C A

0,99 € POR RACIÓN

5’ UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto ENERXÍA 6% 115 0% 0,02g SAL 26% 23,71g AZUCRES 0% 0,08g GRAXAS SATURADAS 0% 0,23g GRAXA + 8h de conxelación
19
Receitas que nunca fallan

este mes

Porra antequeirana

• 1/2 quilo de tomates maduros

• 250 g de pan de fogaza

• 1/2 pemento verde

• 1/2 pemento vermello

• 1 dente de allo

• 50 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 2 culleradas sopeiras de vinagre de viño

• 1/2 cullerada de sal

Gornición

• 1 ovo duro

• Xamón curado picado

ELABORACIÓN. Poñer o pan en remollo con auga.

Escorrer ben o pan e botalo no vaso do batedor. Engadir os tomates pelados e cortados en anacos pequenos, o dente de allo pelado e os pementos en anacos medianos. Triturar ata que quede unha crema ben espesa e homoxénea.

Engadir o vinagre e o sal e volver triturar.

A velocidade media-baixa, engadir o aceite pouco a pouco.

Introducir no frigorífico para que repouse un mínimo de 30 minutos, aínda que mellor dúas horas, xa que se toma ben frío.

Á hora de servir, decorar con ovo cocido e xamón curado.

COMENTARIO DIETÉTICO

Esta receita é típica de Antequera, Andalucía. Se non a fixeches nunca,

0,90 €

POR RACIÓN

vaiche lembrar o salmorejo, aínda que aquí propoñémosche engadir pemento e un chorro de vinagre e é máis espesa. Amais de acompañala de ovo cocido e xamón, ao igual ca no caso do salmorejo, é común utilizar tamén atún en conserva.

Propiedades nutricionais. O máis diferencial do tomate é o seu contido en licopeno, un pigmento da familia dos carotenos con actividade antioxidante. No pemento vermello destaca o seu alto contido en vitamina C. Ademais, como na receita se consomen os ingredientes en cru, non se produce perda de vitaminas.

Sabías que...? A vitamina C axuda a que o ferro de orixe vexetal se absorba en maior medida, así que esta receita é un bo acompañamento para legumes, tofu, froitos secos, etc.

20
Receitas
Racións: 4 DificultadeElaboración 10’ UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto KCAL 18% 358 28% 1,67g SAL 8% 7,16g AZUCRES 13% 2,70g GRAXAS SATURADAS 22% 15,13g GRAXA A B D E C NUTRI-SCORE A
que nunca fallan

Receitas que nunca fallan

Tataki de atún con salsa cítrica

• 400 g de lombo de atún

• 15 ml de aceite de oliva virxe extra, AOVE

• 50 g de sementes de sésamo negro

• 50 g de sementes de sésamo branco

Salsa cítrica

• 2 laranxas

• 2 limas

• 200 ml de salsa de soia

• 10 g de xenxibre

• 20 g de azucre moreno

ELABORACIÓN. Espremer o zume das laranxas e das limas. Coar.

Nun cazo, mesturar o zume dos cítricos coa salsa de soia, o xenxibre e o azucre. Quentar ata que se disolva todo.

Poñer a mestura ao lume e deixar que reduza devagar.

Mergullar os lombos de atún na salsa de cítricos durante 20 minutos. Sacar e secar ben.

Mesturar os dous tipos de sésamo e rebozar os lombos.

Quentar unha tixola con aceite. Cando estea moi quente marcar os lombos uns 30 segundos por cada lado. Reservar.

Empratar cortando o tataki de atún en láminas e colocar a salsa nunha beira do prato.

COMENTARIO DIETÉTICO

O tataki é unha técnica culinaria típica da gastronomía xaponesa que consiste en marcar unha peza de peixe ou carne cunha lapa ou nunha tixola un ou dous minutos a lume forte. A peza queda cociñada por fóra e crúa por dentro. Xa que logo, é importante ter especial coidado coa manipulación e as medidas de hixiene alimentaria. Neste caso, ao se tratar dun peixe, este ten que estar conxelado durante polo menos 5 días a -20 ºC ou menos.

Propiedades nutricionais. Hai que ter en conta que se trata só da preparación do peixe, sen acompañamento. Aínda que a achega de graxa parece importante, a maior parte é saudable, procedente

do peixe azul e das sementes, pero o seu contido nutricional non se aproveita completamente, xa que ao as consumir enteiras non as rompemos ao mastigar.

Truco. Para mellorarmos a calidade nutricional do prato, abonda con escollermos verduras como acompañamento. Tamén se pode usar salsa de soia reducida en sal.

Racións: 4

DificultadeElaboración

1h 22% 433 62% 3,70g 8% 7,31g 28% 5,64g 43% 29,91g A B D E C NUTRI-SCORE D
€ POR RACIÓN
2,69
21
KCAL
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
UNHA RACIÓN CONTÉN:

Aguacates recheos de cebiche

• 200 g de peixe branco sen pel

• 150 g de lagostinos

• 3 limas

• ½ cebola morada

• 1 tomate

• ½ rama de apio

• 1 ají

• 2 aguacates

• Coandro

• Aceite de oliva

• Sal

ELABORACIÓN. Abrir os aguacates pola metade e retirar a carabuña.

Cunha culler, baleirar lixeiramente cada aguacate pero deixando bastante carne no seu interior.

Cortar o peixe branco en cubos, reservar as espiñas e os recortes.

Preparar leite de tigre. Para iso, cociñar os lagostinos con pouca auga durante cinco minutos. Retirar e engadir as espiñas e recortes do peixe. Coar e arrefriar.

Medir 150 ml do devandito caldo xa frío e engadir o zume das 3 limas, un cuarto de cebola, un anaco de ají ao gusto e a rama de apio. Triturar a mestura e coar. Nunha cunca mesturar o peixe, os lagostinos cocidos fríos, a cebola picada e o tomate cortado en concassé co leite de tigre. Aliñar con zume de lima, sal e aceite de oliva ao gusto e mesturar de novo.

Deixar mariñar todo xunto durante polo menos 15 minutos.

Encher os aguacates co cebiche e decorar co coandro.

COMENTARIO DIETÉTICO

Unha receita diferente, saborosa e moi vistosa pola súa presentación, e ademais con moi boa calidade nutricional.

1,74 €

POR RACIÓN

Se engadimos máis verdura, un cereal integral, ou ambos os dous, acadamos un prato completo.

Propiedades nutricionais. Destaca a achega de proteínas de alta calidade e de graxas cardiosaudables procedentes do aceite e do aguacate, ambos os dous ricos en ácido oleico.

O aguacate, ademais, é fonte de vitaminas E, B6, C e de ácido fólico, que interveñen no funcionamento normal do sistema inmunitario.

Sabías que...? Consumir froitas e verduras en cru fai que se manteña todo o seu contido de vitaminas e minerais ao non os someter á calor nin quedaren disoltos na auga da cocción.

este mes 22 A D E NUTRI-SCORE B C A 35’ 15% 303 22% 1,30g 8% 7,32g 15% 2,96g 31% 21,88g Receitas que nunca fallan KCAL Racións: 4 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

Pescada ao forno con pementos

• 4 lombos de pescada

• 1 pemento verde, 1 vermello e 1 amarelo

• 1 cabeza de allos

• 40 ml aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• Sal, pementa e perexil fresco

ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 190 ºC.

Lavar os pementos, quitarlles as pebidas e cortalos en porcións grandes. Cortar a cabeza de allos pola metade e colocar todo nunha bandexa apta para forno.

Aliñar con aceite, sal e pementa e enfornar durante 25 minutos.

Baixar a temperatura do forno a 170 ºC e limpar a pescada.

Colocar o peixe sobre a cama de pementos, engadir aceite de oliva, salpementar e enfornar 10 minutos.

Servir a pescada decorada con follas de perexil fresco.

COMENTARIO DIETÉTICO

Un prato sinxelo, dos de toda a vida, pero moi saboroso e saudable. Non é preciso complicarse para comer san e rico.

Propiedades nutricionais. A pescada é un peixe branco, con pouca graxa e ten unha boa cantidade de omega-3. É pouco calorífico, alto en proteínas, bo de dixerir e de sabor suave, o que o fai perfecto para comezar a introducilo na dieta dos nenos.

Sabías que...? Os pementos vermellos conteñen moita vitamina C, pero parte destrúese co cociñado, máis canto máis alta sexa a temperatura e máis tempo se cociñe, podendo chegar a perder ata a metade da vitamina C.

1,99 €

POR RACIÓN

A
E C NUTRI-SCORE 35’ 13% 264 10% 0,57g 5% 4,57g 11% 2,24g 20% 14,17g 23 Receitas que nunca fallan KCAL Racións: 4 DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
A B D

ORGULLOSO DO NOSO

Se te namoras de EROSKI, dos prezos e dos produtos, da nosa calidade e compromiso co produto local, debes saber que te namoras dos máis de 2.000 pequenos produtores que traballan para manter os sabores da nosa terra.

En EROSKI apoiamos o traballo do queixeiro, que elabora coas súas mans uns poucos milleiros de queixos ao ano, e do pequeno agricultor ou do gandeiro que manteñen vivas as áreas rurais. Os seus produtos saben á nosa terra e eles son parte do celme de cada comarca que non debe perderse. De aí o noso compromiso vivo por ampliar a oferta de produtos de proximidade e frescos de tempada, distintivo principal das

nosas tendas. Á fi n e ao cabo, son parte do teu contorno. Hai algo mellor ca iso? Sabemos que é bo que sexa de aquí por moitas razóns. Favorecemos o desenvolvemento da economía nas zonas rurais e fomentamos o mantemento das paisaxes naturais do noso contorno. Ademais, apostar polos produtos de proximidade reduce custos, favorecendo un bo prezo, e evita a contaminación, ao reducir a quilometraxe.

+21.075

A distribución e promoción dos produtos de cada zona favorece o consumo de alimentos de proximidade frescos, sans e de calidade e de produtos procesados con características diferenciais no seu proceso produtivo, materias primas e variedades. Só en EROSKI atoparás máis de 5.700 ofertas ao ano para que poidas volverte moi local.

24 este mes
PRODUTOS
Suma Suma Af rro l cal
LOCAIS

É bo que sexa de aquí

Xusto de aquí

+2.050 EMPRESAS LOCAIS

En EROSKI somos unha gran familia. Traballamos con 3.500 provedores, dos que o 60% son pequenas e medianas empresas agroalimentarias de ámbito moi local e vendemos os seus produtos só na comunidade autónoma na que se sitúan. Garantímoslles un espazo nos nosos lineais.

+3.678 PRODUTOS CON DOP, IXP OU MARCAS DE CALIDADE

Co obxectivo de velar por manter a calidade e a orixe de alimentos extraordinarios, en EROSKI apoiamos máis de medio cento de Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográfi cas Protexidas coa venda de 2.489

produtos. Ademais, ofrecémosche 1.189 alimentos de marcas como Eusko Label, Euskal Baserri, Reyno Gourmet, Galicia Calidade, Artesanía da Rioxa ou Alimentos Artesáns da Rioxa, entre outros.

+

+ 1.500 VIÑOS 100 CONSERVAS VEXETAIS, ACEITES, LEGUMES E ARROCES + 230 CARNES
#l # oc o alissta t 5 0 0 OS S + VI 0 + 20 FROITAS O RTALIZAS E H + 170 QUEIXOS so s n

É bo que sexa de aquí

Dende 1990, a calidade da Denominación de Orixe tamén está na nosa marca propia a prezos irresistibles

O LOCAL na nosa marca EROSKI

MERCA LOCAL E GAÑA EN SUSTENTABILIDADE

Elixir produtos frescos e locais é optar por unha alimentación máis saudable e sostible

Unha compra de proximidade diminúe os desprazamentos e as emisións de CO2e favorece o desenvolvemento da economía local

Consumir produtos

EROSKI é consumir local. Ano a ano, os nosos provedores aumentan e na actualidade contamos con preto de 1.800 produtos locais na nosa marca propia.

No 2022 incorporamos alimentos de marca propia na sección de chacinería, en Aragón e Navarra; na carnicería, en Navarra e Cataluña, e en solucións culinarias, no territorio catalán.

Os mellores alimentos locais dos produtores da túa zona están en EROSKI

+50% DAS CARNES

+50% DOS PRODUTOS DE PANADERÍA

+43% DOS PEIXES

+38% DAS FROITAS E HORTALIZAS

+50% DOS PRODUTOS DE CHACINERÍA

26 este mes
Tan
Tan n T
q
bo que te volverá local
bo o quue te t vol vo v ver veerá á
a

SEGUIMOS INNOVANDO

PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO a produtores locais

En EROSKI contamos cun programa de acompañamento que ten como obxectivo facilitarlles aos produtores locais as ferramentas necesarias coas que avanzar cara a unha produción máis sostible e cara a produtos de mellor calidade. Esta iniciativa pioneira púxose en marcha no 2022 no País Vasco con 85 produtores agroalimentarios locais, axudándoos a identifi car as súas fortalezas e áreas de mellora. Este 2023, o programa estase a desenvolver noutras comunidades.

ACORDOS CO SECTOR AGROALIMENTARIO

Facer grande o local supón para EROSKI traballar da man das institucións, cooperativas ou asociacións de pequenos produtores. Levamos máis dunha década asinando acordos co sector agroalimentario para facilitarmos o desenvolvemento e a distribución dos produtos locais.

EROSKI AZOKA: un ‘marketplace’ local

No 2022 creamos o primeiro marketplace dunha empresa de distribución en España para produtores locais. EROSKI Azoka é unha plataforma online destinada en exclusiva á venda de produtos locais.

Alí poderás mercar cestas de hortalizas de hortas próximas, conservas ou chacinas producidas na túa zona, etc. Polo de agora, xa está en Guipúscoa e en Biscaia e o obxectivo é espallalo a outros lugares.

Dende hai máis dunha década en Galicia colaboramos co proxecto de horta galega de calidade da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA). O seu éxito propiciou trasladar os convenios a outros sectores como a pesca e xunto a ANFACO CECOPESCA e a Consellería do Mar traballamos para reforzar a visibilidade e venda das conservas galegas.

En Euskadi levamos máis de dez anos

traballando co Goberno Vasco para fortalecer a promoción dos selos de calidade, a colaboración no lanzamento de novos produtos e na investigación e desenvolvemento en materias de calidade ou o fomento do emprendemento do sector primario, transformación dixital e unha comercialización máis sostible, entre outras.

En Baleares, no 2019 asinamos seis convenios de colaboración cos consellos reguladores das Denominacións de Orixe (DO) e a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de Baleares. No 2021 comezou a colaboración coa Asociación de Industrias Agroalimentarias de Aragón (AIAA) e co goberno aragonés, co que acordamos aumentar o volume de compras de alimentos locais de calidade.

27

0,99 €

Sardiñas ao forno con allo e perexil

• 500 g de sardiñas limpas

• Sal groso

• 4 g de perexil e 3 dentes de allo

• 50 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• Limón

ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 220 ºC e forrar unha bandexa con papel de enfornar. Espallar unha capa de sal groso, colocar as sardiñas sobre ela e esparexer un pouco máis de sal por riba.

Enfornar durante 15-20 minutos, segundo o tamaño das sardiñas.

No entanto, preparar o aliño de allo e perexil triturando todo con axuda dunha picadora. Engadir aceite de oliva e volver triturar.

Cando saian do forno as sardiñas, comprobar que están feitas se se despega ben a carne das espiñas e empratar.

Acompañar co aliño e co limón cortado pola metade.

COMENTARIO DIETÉTICO

A sardiña é un peixe moi saudable que debemos aproveitar fresco nos meses do verán.

Propiedades nutricionais.

Ao ser un peixe azul, ao alto contido de proteína, magnesio, fósforo, potasio, selenio e vitamina B12 habituais súmanse o omega-3 e as vitaminas liposolubles D e E que derivan da súa achega extra de graxa. Ademais, a anchoa e a sardiña teñen algo que as distingue do resto de peixes, como é a súa achega de calcio ao comer algunhas das súas espiñas máis finas. Esta receita ten Nutri-Score C, xa que inclúe só as sardiñas co sal e mais o aliño. Cun saboroso acompañamento de verdura, de cereal integral ou de legume, como os chícharos, a valoración Nutri-Score mellora.

POR RACIÓN 30’ 14% 278 17% 1,04g 0% 0,05g 25% 4,92g 29% 20,63g A D E NUTRI-SCORE B C C este mes 28 Receitas que nunca fallan KCAL
4
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
Racións:
DificultadeElaboración

Ensalada de coello en escabeche

• 4 zancos de coello

• 100 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)

• 300 g de cenoria

• 1 cabeza de allo

• 500 g de cebola

• 1 rama de tomiño, 1 de romeu e 2 follas de loureiro

• 20 grans de pementa

• 75 ml de vinagre

• 125 ml de viño branco

Ensalada

• 75 g da herba dos cóengos

• 75 g de eiruga

• 100 g de tomates cherry

ELABORACIÓN. Salpementar os zancos de coello.

Nunha pota, cun pouco de aceite, sofrixir o coello a lume medio ata que estea dourado. Retirar do lume.

Pelar e cortar a cebola á xuliana e a cenoria en rodas.

Botar na pota a cebola, a cenoria e os dentes de allo pelados. Refogar durante media hora a lume medio.

DificultadeElaboración

Agregar o tomiño, o romeu, os grans de pementa e o loureiro. Remover.

Engadir o viño branco e o vinagre. Deixar que evapore o alcohol. Engadir o AOVE e cociñar durante unha hora a lume medio.

Separar o coello das verduras. Coar.

Cortar os tomates cherry pola metade.

Colocar a herba dos cóengos e mais a eiruga na base dunha fonte, engadir os tomates e, finalmente, a carne de coello esmiuzada. Aliñar co escabeche.

COMENTARIO DIETÉTICO

O escabeche achégalle moito sabor ao alimento, así que gozaremos dunha receita saudable e moi saborosa.

Propiedades nutricionais. O coello é unha carne branca e, como tal, en xeral resulta baixa en graxas, pero achega unha boa cantidade de proteína completa. É rico en fósforo, selenio, vitamina B3, B6 e B12 e é fonte de potasio e cinc. Aínda que no semáforo nutricional da receita as graxas aparecen en laranxa, cómpre ter en conta que as máis das graxas que achega a receita son insaturadas, procedentes do aceite de oliva e, xa que logo, especialmente saudables.

Sabías que...? O alcohol non se evapora de todo no cociñado. Neste caso pode reterse ata un 20%, así que recoméndase non o utilizar en pratos que vaian comer mulleres embarazadas ou menores.

2,99 € POR RACIÓN

Receitas que nunca fallan

2 h 26% 522 8% 0,48g 20% 18,24g 28% 5,51g 43% 30,10g A B D E C NUTRI-SCORE A 29
KCAL Racións: 4
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

este mes

Bóliñas de tofu con maionesa vegana

de pemento

Para as bóliñas de tofu

• 200 g de tofu

• ½ ceboliña e o seu talo

• 1 cenoria

• 1 cullerada de salsa de soia

• 2 culleradas de fariña

• 50 g pan relado groso

• 50 ml de aceite de oliva

Para a maionesa vegana

• 50 ml de bebida de soia

• 100 ml de aceite de xirasol

½ dente de allo e 1 limón

• 1 culleriña de pemento

• Sal

ELABORACIÓN. Picar o tofu, a ceboliña e a cenoria. Colocar nun bol. Engadir un pouco de salsa de soia ao gusto, fariña e mesturar ata ter unha masa densa.

Formar bóliñas e rebozar cun pouco de pan relado groso. Fritir ou cociñar ao forno ou en frixideira de aire 15 minutos a 200 ºC.

Preparar a maionesa botando no vaso do batedor o allo e a bebida de soia e deseguido bater ata que saia escuma.

Engadir o aceite en forma de fío sen deixar de bater e sen mover o batedor. Así que a salsa comece a emulsionar, engadir o zume de limón, o pemento, o sal e seguir batendo. Neste momento, si se pode mover o batedor.

Acompañar as bóliñas coa maionesa. Servir e decorar co talo da ceboliña.

COMENTARIO DIETÉTICO

Albóndegas, falafel... son preparacións parecidas, pero moi diferentes en ingredientes e achega nutricional.

0,99 € POR RACIÓN

Racións: 4

DificultadeElaboración

A D E

KCAL

SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Propiedades nutricionais. O tofu proporciona moitas proteínas de alta calidade. É, ademais, baixo en ácidos graxos saturados e alto en omega 3. No tocante ao contido en vitaminas e minerais, achega boas cantidades de calcio, ferro, selenio, fósforo, magnesio e cinc. Truco. Se no canto de maionesa se usa tomate ou outra salsa de verduras, o contido graxo e calorífico diminúe. Apta para dietas veganas. 35’ 22% 433 14% 0,82g 3% 2,49g 24% 4,78g 53% 36,84g 30
NUTRI-SCORE B C C
Receitas que nunca fallan

Compota de ameixas con crema de ‘ricotta’

• 8 ameixas variadas (600 g)

• 1 cullerada de auga

• Tomiño limoeiro fresco

• Hortelá ou menta fresca

Para a crema de ricotta

• 100 ml de queixo batido 0% MG

• 100 ml de ricotta

• 1 culleriña e extracto de vainilla

• 1 culleriña de mel suave

Para o topping

• 6 abelás picadas

ELABORACIÓN. Lavar ben as ameixas e partilas pola metade retirándolles a carabuña.

Poñelas nun cazo de base ancha cunha cullerada de auga e as ramiñas de tomiño limoeiro.

Deixar ferver a lume medio durante uns 10 minutos, ata que vexamos que soltan o seu zume e amolecen, pero manteñen a súa forma. Se vemos que algunha delas se cociña antes, retirámola e seguimos a cocción coas outras.

0,67 €

POR RACIÓN

Para a crema de ricotta, mesturar nunha cunca o queixo fresco batido, a ricotta, o extracto de vainilla e o mel suave.

Servir a compota cunha cullerada de crema, esparexer as abelás e engadir o tomiño limoeiro e a hortelá.

Se non imos gozar no momento da compota, deixámola amornar e metémola nun frasco hermético na neveira. Dura varios días en perfecto estado.

COMENTARIO DIETÉTICO

Como sobremesa, almorzo ou entre horas pode axudar a tomar froita, pois en xeral a súa inxestión é baixa e en ocasións o seu consumo resulta aburrido.

Propiedades nutricionais. As froitas proporcionan hidratos de carbono, fibra e vitaminas e minerais. Nas ameixas destacan o potasio e a vitamina C. Ademais, ten outras substancias con acción antioxidante, como as antocianinas -responsables das cores avermellada, azul e morada- e carotenos -responsables dos tons amarelo e alaranxado-. O queixo suma proteína de calidade e calcio.

Sabías que...? As ameixas desaconséllanse en ocasións polo seu contido en azucres,

pero estes non exercen o efecto prexudicial dos azucres libres e o seu contido medio rolda un 11,5% de azucres, cando a media xeral é do 10%. Truco. Aínda que a cantidade de mel é pouca, co sabor da ameixa e o aroma de vainilla pode que non cumpra engadila. Apta para. Lactovexetarianos e ovolactovexetarianos.

Racións: 4

NUTRI-SCORE

A B D E C A

Receitas que nunca fallan

DificultadeElaboración UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto ENERXÍA 6% 121 5% 0,28g SAL 16% 14,21g AZUCRES 9% 1,87g GRAXAS SATURADAS 5% 3,68g GRAXA 15’
31

este mes

‘Wrap’ EN TORRADORA

4 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 30 MIN

1 tomate

1 tortilla de trigo

2 lascas de pavo

braseado ou cocido

1 lasca de queixo edam

5 g de espinacas

PASO 1

Cortar o tomate en rodas. Reservar.

PASO 2

Utilizar unha tortilla wrap de base e colocar no centro en forma alongada as lascas de pavo, as de queixo, as espinacas e unhas rodas de tomate.

Dobrar os extremos da tortilla e pechar, dobrándoa pola metade para que caiba na torradora.

PASO 4

Torrar e servir.

PASO 3 32

COMENTARIO DIETÉTICO

Unha receita doada e na que poden participar os peques, mesmo cociñando eles sós dependendo da idade e da práctica que teñan. Ademais, admite centos de recheos. Bótalle imaxinación!: tomate e atún, verduras con queixo de cabra, guacamole con salmón...

UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

TRUCO Se utilizas tortillas integrais engadiraslle calidade nutricional á receita.

13% 268 36% 2,13g 3% 2,49g 23% 4,58g 14% 9,89g D E CC NUTRI-SCORE A
33 B
KCAL
SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA

A túa pel necesita sol PROTÉXEA!

Atúa pel necesita sol, pero tamén que a coides, a protexas e lle dediques atención. En EROSKI atoparás o protector solar que precises

en cada momento, adaptado ao teu tipo de pel e en todos os formatos. Porque coidamos de ti e ti tamén queres coidar do medio natural. Así, os nosos protectores

BRONCEA O TEU CORPO

Elixe o protector solar que mellor se adapta á túa pel

AUTOBRONCEADOR

Broncea e prolonga o bronceado da pel. A combinación de aceite de borraxe, vitamina E, extracto de té verde e DHA outorgan hidratación, reparación e propiedades antioxidantes que proporcionan o coidado e luminosidade que a túa pel precisa.

CONSELLOS DE USO

Exfolia a pel antes de aplicar a loción de xeito uniforme sobre a pel limpa e seca. Despois, lava coidadosamente as mans. Repite acotío esta operación ata acadar o ton desexado. o e p

solares belle cambian a súa fórmula para eliminar os filtros daniños cos océanos, sen tocar a calidade do produto e mantendo os nosos bos prezos.

PROTECCIÓN

MOI ALTA

Para peles moi sensibles ao sol

Leite solar

Ideal para protexer as peles moi claras e as primeiras exposicións ao sol. A súa fórmula, con vitamina E e aloe vera, non contén perfume nin alcohol e é hipoalerxénica.

34 beleza
E

PROTECCIÓN ALTA

Para

peles claras ou sensibles ao sol

Aerosol transparente

Esta bruma solar invisible, non graxa e de rápida absorción, pódese aplicar mesmo sobre a pel mollada. É resistente á auga e contén vitamina E para hidratar e nutrir a pel deixándoa suave e elástica.

8 razóns para elixires

1Protección: son unha barreira contra os raios UVB + UVA e son resistentes á auga.

2 Texturas: non graxas, de doada aplicación e rápida absorción.

3 Achega de vitamina E: evita a oxidación das células.

&SUN

6 Envases: son cómodos e garanten a estanquidade do produto para que non lle entre area, auga nin aire.

‘Sprays’ transparentes

Se non che gustan as texturas untuosas e graxas e primas a protección, velaquí a túa mellor baza. A súa fórmula, con vitamina E, protexe o ADN celular.

4 Seguridade: están dermatoloxicamente testados.

5 Aptos para peles moi sensibles: as referencias 50+ son hipoalerxénicas e non levan perfume.

AFTERSUN

7 Protexen os océanos: fórmulas que eliminan os filtros daniños cos corais mariños sen minguaren a eficacia da protección solar e garantindo distintas texturas e formatos.

8 Fórmulas veganas: non conteñen ingredientes de orixe animal.

Leite solar

De textura lixeira e rápida absorción, este leite solar ten vitamina E e glicerina de orixe vexetal para a protección do ADN celular. Dispoñible en formato de 250 ml e 400 ml.

PROTECCIÓN BAIXA

Para peles moi bronceadas

Aceite toque seco

De textura suave, lixeira e de rápida absorción, este aceite de tacto seco acelera o bronceado. Grazas

á súa combinación de filtros solares fotoestables e de axentes antioxidantes como a vitamina E, protexe a pel evitando o seu avellentamento prematuro e outros danos a longo prazo.

AFTERSUN

Loción hidratante e calmante Emulsión fluída de textura lixeira, que contén alantoina, glicerina, pantenol, vitamina E e aloe vera concentrado. A combinación dos seus axentes hidratantes e reparadores deixa a túa pel suave e nutrida, aliviando a sensación de ardor e arrubiamento.

L Loc Em co con vit vi i a co hidra r suaave v o or

A A co o ca c a frí o e a rr r exp p os o tan ta

Aloe vera efecto frío

A súa fórmula en xel, con aloe vera natural e camomila, ten un efecto frío que fai diminuír o ardor e arrubiamento da pel tras a exposición ao sol, reparándoa e evitando a súa escamación.

35
P A D a e p p
Na cesta que namora

COIDA O TEU ROSTRO

De protección moi alta, a gama belle & SUN foi formulada para previr a aparición de engurras e manchas. Contén aloe vera e vitamina E, que protexen as células e son oil free.

1. Fluido solar

A crema facial 50+ pertence á liña Sensitive e, polo tanto, é hipoalerxénica e sen perfume. Protección ideal para o día a día.

2. Xel solar transparente rostro e escote

De rápida absorción, deixa na pel unha sensación aveludada.

3. BB Sun

Crema con cor que unifica o ton, esvaece imperfeccións e aumenta a luminosidade, contribuíndo a neutralizar as olleiras e a disimular as roibéns das peles sensibles.

4. Stick solar Recomendado para zonas que requiren unha protección alta, cicatrices, estrías ou lunares. De cor natural, non deixa manchas brancas e é moi doado de aplicar. A súa fórmula evita a sequidade, a aparición de engurras e manchas e unifi ca o ton, disimulando as súas imperfeccións.

5. Protector labial Contén extracto de aloe vera e camomila e é rico en vitamina E.

PEQUENOS

Bruma solar infantil pel sensible Especialmente indicada para a pel sensible, peles moi claras e/ou primeiras exposicións ao sol. As súas fórmulas, con aloe vera e vitamina E, ingredientes coñecidos polas súas propiedades hidratantes e antioxidantes, protexen a pel dos máis pequenos. Con texturas doadas de aplicar, de rápida absorción e resistentes á auga.

36
beleza
FACIAIS
1 3 5 2
PROTEXE OS MÁIS

Spray solar Invisible

Protexe & Refresca

Goza do sol e coida a túa pel

sol e úa pel Goz coi

Spray solar Protexe & Hidrata

Ofrece 48 horas de hidratación. Fórmula 73% biodegradable e dermatoloxicamente probada.

Deixa unha sensación refrescante e agradable na pel.

A súa fórmula lixeira, non graxa e 100% transparente, absórbese ao instante e é resistente á suor e extrarresistente á auga, ao mesmo tempo que non deixa manchas brancas. É bo de aplicar, mesmo boca abaixo. Fórmula 80% biodegradable.

Fluído antimanchas

Luminous 630

A súa fórmula, co ingrediente patentado Luminous 630, prevén e reduce visiblemente as manchas inducidas polo sol, unifica o ton e achega luminosidade. Fluído lixeiro e non graxo, para un efecto refrescante e unha pel suave e hidratada.

Os protectores solares NIVEA SUN proporcionan protección inmediata contra os raios UVA e UVB, as queimaduras solares e o avellentamento prematuro da pel. Son resistentes á auga, respectuosos cos océanos e non conteñen microplásticos.

Leite solar Protexe & Hidrata Proporciona 48 horas de hidratación. Fórmula 82% biodegradable e dermatoloxicamente probada.

Spray solar Protexe & Broncea Proporciona un bronceado natural grazas ao extracto promelanina, que estimula a propia melanina da pel para un bronceado bonito e saudable. Fórmula non graxa, resistente á auga e sen autobronceador. Fórmula 76% biodegradable.

Crema solar antimanchas e antiidade

A súa fórmula con protección ultraespectro protexe a delicada pel do rostro do dano inducido polos raios UVA e UVB e dos efectos da Luz Visible de Alta Enerxía (HEVL), como o avellentamento prematuro. A súa fórmula con Q10 prevén e combate a aparición de liñas, engurras e manchas de pigmentación inducidas polo sol. Ideal para uso cotián.

Kids Ultra Protexe & Coida Altamente eficaz contra as queimaduras solares e danos na pel a longo prazo. A súa fórmula fortalece a barreira protectora da pel e proporciona hidratación duradeira, axudando a reducir o risco de alerxias solares. Fórmula 76% biodegradable.

37
NIVEA SUN
o

COIDAR O NOSO PLANETA

É COUSA DE TODOS

Éresponsabilidade de todos. Coidar do contorno é clave para podermos seguir gozando de praias e montes, dunha boa calidade do aire e da nosa rica fauna e flora. Sobre todo, cando os efectos do cambio climático se fan tan evidentes e poñen en risco o futuro do medio natural.

A ONDE VAN AS NOSAS ACHEGAS DESTE MES?

Por iso, no mes de xuño contribuiremos a que catro asociacións sen ánimo de lucro do teu contorno sigan traballando para coidar do medio natural e mimando os animais abandonados. Á achega de EROSKI ao programa Céntimos Solidarios súmase a túa doazón.

Marca ‘si’ ao pasares por caixa logo de cada compra. Con este simple xesto doarás 10 céntimos se a túa compra oscila entre os 5 e os 30 euros, ou ben, se superas os 30 euros de compra, o donativo será de 20 céntimos. Un gasto mínimo para a gran contribución que reverte no noso planeta.

ANIMAIS ABANDONADOS. En Guipúscoa traballaremos coa Asociación Protectora de Animais e Plantas, que mercará alimentos, medicinas e produtos de hixiene para animais abandonados da rexión, principalmente cans e gatos.

HUMEDAIS E FLORA DA COSTA DA MORTE.

En Galicia centrarémonos nas dunas e Praia do Rostro, en Fisterra, e no complexo húmido de Razo-Baldaio, en Carballo. Alí actúa a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza, que traballa na conservación participada, activa e efectiva de especies e hábitats da zona.

FONDOS MARIÑOS. A Fundación para a conservación de Ibiza e Formentera recibirá a nosa achega para seguir traballando en proxectos ambientais de alta calidade, de protección do territorio e de conservación mariña.

INCENDIOS. Ademais, os nosos céntimos irán destinados á posta en marcha de proxectos do Fondo Mundial para a Natureza WWF para a restauración forestal e mellora da biodiversidade en áreas de alto valor degradadas polos incendios. Das 786.049 hectáreas que arderon en Europa no 2022, case o 40% localizáronse en España. Un lume que arrasou bosques enteiros e que emitiu á atmosfera máis de 28 millóns de toneladas de CO2

GRAZAS

ás vosas achegas e ás de EROSKI, en maio doámoslle máis de 90.000 € a esta causa

38 este mes
Solidariedade

fala Fontaneda para

O segredo das GALLETAS FONTANEDA

Mondelez

Oprograma Harmony traballa con labregos e socios locais para, entre outras motivacións, fomentar a adopción de prácticas agrícolas máis sostibles.

Actualmente, colabora con 1.360 labregos en sete países europeos. Ao longo do 2022, obtivéronse unhas 397.000 toneladas de trigo Harmony en Europa e, delas, unhas 29.000 en España (1), onde o programa comezou no ano 2011.

En España, o programa Harmony está abandeirado por Fontaneda, unha das marcas de galletas de Mondelez Internacional con maior tradición no noso país.

Entre outras motivacións, trata de axudar a protexer a supervivencia de insectos polinizadores, como as abellas e as bolboretas, pois son fundamentais para a diversidade das especies e a conservación dos ecosistemas naturais, mais actualmente o 40% deles están en perigo de extinción (2) por mor, principalmente, da falta de fontes de alimento e da destrución do seu hábitat. Por este motivo, Harmony

axuda a proporcionar fontes de alimento para estes insectos a través da plantación de fl ores melíferas, que xa fai medrar preto dos campos nos que medra o trigo Harmony. Agora, Fontaneda dará un paso máis alá e entre o 2023 e o 2024 vai instalar 20 hoteis de abellas da máxima calidade e elaborados con materiais ecolóxicos para as abellas silvestres nos barbeitos melíferos que están arredor dos seus campos de trigo Harmony en España, para axudar así a fomentar o mantemento destas especies, clave para a biodiversidade e a cadea alimentaria, ofrecéndolles un hábitat.

International creou o programa Harmony no 2008 coa ambición de mudar o xeito no que se cultiva o trigo en Europa, de axudar a limitar o seu impacto no medio natural e de proporcionar trigo de calidade para as súas galletas.
(1) Datos de Harmony 2022. (2) Avaliación de IPBES sobre polinizadores, polinización e produción de alimentos. Es p pañ añ a ( ),o , o n nde o zo o un u n o a oa no n 201 20 1. 1PACK= 1 achega para facer HOTEIS DE ABELLAS

Máis vantaxes por

Este verán déixate namorar por EROSKI club

É tempo de tardes de paseo e de terrazas, de diversión e relax, de estar cos amigos e de facer plans en familia. E tamén de agasallos! En EROSKI sumámonos á ledicia estival e querémoste namorar con centos de milleiros de premios directos que irmos repartir este verán entre os nosos socios.

+ 100.000 premios directos á semana

Este verán, cada vez que pases por algunha das nosas tendas e realices unha compra desexámosche moita sorte! Podes recibir un cupón cun dos máis de 100.000 agasallos que repartimos cada semana.

Produtos gratis da nosa marca EROSKI para gozar dun verán saudable. Dende gaspachos, ensaladas, hummus, tortas de millo e bebidas de iogur, que refrescarán os días calorosos, ata produtos para te coidares e mimares, como cremas corporais ou bálsamos labiais. Hai milleiros de vales gratis que

E un gran sorteo!

están a agardar por ti. Descúbreos!

Agasallos estivais do Catálogo Travel Club como un portaalimentos, barallas, unha cadeira de praia ou uns lentes de sol. No cupón verás un código gratis co que poderás trocar o regalo na web de Travel Club ou chamando ao teléfono 913 874 387.

Amais de optar a centos de milleiros de premios en cada compra, este verán sobe o termómetro co novo gran sorteo do club EROSKI. Toma nota, hai moitos premios que vas poder gañar!

1 VEHÍCULO EN SUBSCRICIÓN DE 24 MESES

A BIPI. Goza durante dous anos dun coche en renting (1) con seguro a todo risco e servizo de reparación de danos, substitución de pneumáticos e mantemento preventivo e correctivo. Só te has de preocupar pola repostaxe! Soa moi ben, non si?

(1) Sorteo dunha subscrición Bipi a un vehículo durante 24 meses. Modelo de vehículo segundo dispoñibilidade. Promoción válida do 15/06/23 ao 09/08/23. Consulta condicións en: eroski.es/sorteo-verano-club/
án 40

seres socio

80 CESTAS que namoran

valoradas en 100 EUROS

Unha

viaxe

UnhaviaxeaCalifornia

a California con puntos Travel Club

Vive unha experiencia inesquecible participando no sorteo dunha incrible viaxe a California(2) dunha semana para catro persoas. Poderás gozar no parque Disney, facer un tour polos Estudios Universal de Los Ángeles

ou visitar o Hard Rock Café de Hollywood. De seres a persoa gañadora ingresarémosche o valor da viaxe en puntos Travel Club para que o poidas cambiar. Ou, de o preferires, troca os puntos por calquera outro agasallo ou experiencia do catálogo Travel Club.

Como conseguir os regalos?

Oúnico requisito para optar aos premios é ser socio EROSKI club e realizar unha compra na túa tenda máis próxima entre o 15 de xuño e o 9 de agosto, ambos os dous inclusive. A caixeira entregarache un cupón. Sorte!

ous inclusive. A caixe x Tó gra intro Trave 913 87

Se o teu cupón é un dos afortunados

cun premio directo:

Tócache un vale gratis de produto EROSKI: só tes que pasalo por caixa na túa vindeira compra xunto coa túa tarxeta EROSKI club.

Tócache un código de regalo gratis do Catalogo Travel Club: introduce o código na web de Travel Club ou chama ao teléfono 913 874 387 e lévao gratis.

No gran sorteo de EROSKI deste verán optas a gañar 80 cestas de 100 € (3) para te namorares aínda máis. De seres o gañador, ingresarémosche o importe na túa tarxeta EROSKI club para que o poidas utilizar nas nosas tendas.

Así participas no sorteo

Nas nosas tendas conseguirás unha participación automaticamente por cada tícket de compra igual ou superior a 30 €. Así de doado! Se superas os 60€ obterás dúas participacións e así en diante. Acumula participacións todas as semanas e aumenta as túas opcións de gañar un premio!

Na web: consegue unha participación extra apuntándote na web. Na app EROSKI: consegue máis participacións e agasallos.

ub
41
(2) Sorteo dunha viaxe a California con puntos Travel Club (3) e 80 cestas de 100€ Promoción válida do 15/06/23 ao 09/08/23. Consulta condicións en: eroski.es/sorteo-verano-club/

vantaxes por seres socio

Máis premios na túa ‘app’ EROSKI

Amais dos centos de milleiros de agasallos que che poden tocar este verán en EROSKI club, na nosa app EROSKI poderás sumar máis premios mentres te divirtes xogando. Só tes que ser socio, ter descargada e actualizada a aplicación e dispoñer dalgunha participación por tícket de 30 € en EROSKI.

e dispoñe t de 30 € en EROSKI.

XOGA CONNOSCO

Accede ao apartado Descubre xogando da nosa app. Poderalo atopar no menú da aplicación, na parte superior da pantalla.

Unha vez dentro, de maneira moi sinxela e divertida, conseguirás premios ao instante. Poderás realizar unha xogada por cada participación conseguida nas túas compras.

Por cada xogada poderás sumar ingresos extras na túa tarxeta moedeiro para utilizar nas túas compras en EROSKI.

Como conseguir os regalos

30€

Por cada 30 € de compra en EROSKI obterás un cupón adicional na túa app EROSKI

galo

Accede ao apartado

Descubre xogando e proba sorte!

Se aínda non tes a app EROSKI, descárgaa ao momento gratis e descubre o teu premio

Máis
42

Esperta os sentidos

Unhas vacacións excelentes en Gran Canaria, unha xoia paisaxística e culinaria, declarada pola Unesco Reserva da Biosfera e Patrimonio Mundial, proporcionaranche un aforro directo do 5% na túa tarxeta moedeiro EROSKI club.

Gran Canaria é o destino ideal para gozar este verán. Unha illa que espertará todos os teus sentidos ao combinar á perfección as súas paradisíacas praias coa beleza salvaxe do seu interior ou a riqueza da súa gastronomía. Un cóctel perfecto que te vai seducir

e que converterá a túa estadía na illa na mellor escapada. Se reservas agora e, só por seres socio de EROSKI club, reembolsarémosche o 5% do total da viaxe na túa tarxeta para vindeiras compras. Goza dunhas vacacións espectaculares mentres acumulas aforro.

Agüimes - Barranco de Guayadeque

Artenara

ENTRE BARRANCOS E PIÑEIRAIS

Recárgate de enerxía positiva neste continente en miniatura. A súa orografía de orixe volcánica e os seus variados microclimas dan como resultado unha natureza cambiante, con ecosistemas únicos no mundo e un patrimonio natural de enorme valor. O impoñente relevo de maxestosos barrancos serpea o territorio de cumio a costa. A illa é un verdadeiro verxel cunha exuberante vexetación, na que conviven palmeiras e plantas tropicais, piñeirais de lonxevas árbores, como as de Tamadaba, e exemplares de laurisilva que poderás contemplar nos Tilos de Moya.

tin ente

44
PIÑ EIR AIS
viaxes

Gastronomía de soles Repsol e estrelas Michelin

Gran Canaria fi xo unha aposta radical polo territorio na súa proposta gastronómica e a súa cociña vive un momento brillante grazas a novos profesionais que axuntan tradición e vangarda. Esta posta en valor do produto de proximidade e o labor dos produtores propiciou que o destino conte con 14 referencias na Guía Michelin e con 35 na Guía Repsol.

Os produtos da terra e do mar están presentes nos fogóns. Os seus irresistibles pratos espállanse por toda a xeografía, e cada un deles resalta o celme e a identidade da illa.

Non podes perder os queixos artesáns, moitos deles premiados en concursos internacionais pola súa calidade e orixinalidade. Tamén hai outros sustentados nunha tradición pastoril milenaria que aínda se conserva, a do gando

transhumante, que é parte da esencia de queixos como o de Flor de Guía.

Na extensa lista de produtos locais tampouco faltan froitas e hortalizas. Deixarante abraiado as deliciosas elaboracións tradicionais que inclúen marmeladas, mojos, gofi o, pans e repostería tradicional, así como o mel, améndoas, sal, olivas ou o exótico café cultivado no Val de Agaete. Todas elas, exquisiteces que se producen de maneira exclusiva en cada comarca.

UNHA ILLA DE CONTRASTES

Gran Canaria non deixa indiferente a ninguén por mor das súas incribles praias e da súa temperatura, ideal todo o ano. Pero alén diso, paga a pena descubrir a outra cara da illa, que agacha un territorio de abraiantes contrastes paisaxísticos. O seu interior, a zona máis verde, húmida e montañosa, é, sen dúbida ningunha, a máis descoñecida. A illa, declarada pola Unesco Reserva da Biosfera e Patrimonio Mundial pola paisaxe cultural de Risco Caído e as Montañas Sagradas, é un tesouro de biodiversidade.

45
(1) Reserva do 1 ao 30 de xuño para viaxar ata o 30 de setembro e devolvémosche un 5% na túa tarxeta moedeiro. Non é aplicable a taxas, gastos de xestión e só voo.
Ingenio 5 % Reembolso á túa tarxeta EROSKI club
En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e flexible
(1)

Gaspacho verde servido en cuncas de minipans

RECEITA

REFRESCANTE, SAN E MOI SABOROSO

E SE LLE DAMOS UN XIRO CO AGUACATE?

Os aguacates están repletos de minerais esenciais, compostos bioactivos e vitaminas C, E, K e do grupo B.

Os aguacates proporcionan máis enerxía por cada quilogramo ca moitas outras froitas e verduras e conteñen grandes cantidades de vitaminas B, B2, B3 e B5, que axudan o organismo a metabolizar e liberar a enerxía dos alimentos.

Ademais, son baixos en azucre, cun índice glicémico (IG) baixo e unha maior cantidade de potasio por gramo ca os plátanos.

As minicuncas de pan son unha suxestión sorprendente e divertida.

Se non, sempre podemos optar por vasos altos, de chupiños ou cuncas.

GASPACHO VERDE SERVIDO EN CUNCAS DE MINIPANS

INGREDIENTES

• 1 aguacate sen óso nin pel

• 1 talo de apio coas súas follas

• 1⁄2 cogombro pelado e cortado en anacos grandes

• 1 dente de allo relado

• Unha manchea de espinacas frescas para lle dar cor

• 2 ramiñas de alfábega fresca

• 2 ramiñas de menta fresca

• 100 ml de aceite de oliva virxe extra

• 500 ml de caldo de verduras frío

• 2 culleradas de vinagre de sushi

• O zume e tona de 1 lima

• 1 chile vermello cortado en dados finos

• 1 culleriña de comiño en po

• 1 ceboliña cortada en rodas

• Sal mariño e pementa

EQUIPO NECESARIO

• Robot de cociña ou batedor

OPCIONAL

• 4 minipaniños de pan negro

• Aderezos: millo doce, sementes de granada, alfábega, follas de menta, pistachos, aceite de oliva virxe extra

Descubre aquí como elaborar esta e outras receitas co superalimento favorito do mundo.

O GAZPACHO É O PRATO POR EXCELENCIA DO VERÁN
fala WAO para

Unha receita para te dares un capricho

SEN DEIXARES DE COIDARTE

Unha receita DEIX

Overán está aquí. Levamos semanas de bo tempo, gozando ao aire libre nas terrazas, e apetécennos almorzos máis relaxados nos que darnos máis dun capricho.

Se che preocupa deixar de te sentires ben, pero á vez queres poñer alegría na túa mesa, temos boas novas! Non tes que renunciar nin a unha cousa nin á outra. Un bo almorzo non ten só que ser

ou healthy ou apetecible, pode achegarte vitaminas, minerais e outros nutrientes sendo, ademais, colorido e moi saboroso.

Convencidos diso, preparamos esta incrible receita para cambiar as túas mañás utilizando os deliciosos kiwis Zespri™ Sungold™, a variedade de polpa amarela e irresistiblemente doce que deixa abraiado a quen a proba.

Decántate por esta proposta ou busca outras moitas na web: www.zespri.com Nunca imaxinaches as posibilidades dos kiwis máis deliciosos!

Gofres de avea con queixo fresco e froita

Para os gofres:

150 ml de leite ou bebida

vexetal

125 g de fariña de avea

20 g de azucre moreno

1 ovo

5 g de lévedo

3 g de sal

10 g de manteiga

Para decorar:

3 kiwis Zespri™ Sungold™

200 g de sandía

150 g de queixo fresco tipo

Burgos

a o

fala Zespri para KIWIS
ZESPRI™ SUNGOLD™

Vegalsa-EROSKI

REMAMOS POR UN MAR LIMPO

Xunto á ONG Amicos e aos estudantes de Nigrán levamos a cabo traballos de retirada de residuos mariños na zona das Rías Baixas.

Estamos comprometidos co noso contorno e con reducir a nosa pegada ecolóxica. Por iso, en Vegalsa-EROSKI mobilizámonos para acabar co lixo mariño no marco do programa RE-MAR. Este proxecto está liderado pola ONG Amicos e ten como obxectivo a redución dos refugallos no espazo mariño protexido do arco atlántico galego. A nosa última acción tivo lugar hai unhas semanas nas Rías Baixas. Alí, traballadores de Vegalsa-EROSKI, xunto a unha trintena de escolares de 1º da ESO do CEIP Arquitecto Palacios de Nigrán e mais a ecobrigada de Amicos, que traballa para a atención e integración de persoas

con minusvalidez intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias, procedemos á retirada, identifi cación, clasifi cación e pesaxe de residuos mariños localizados na praia da Madorra.

Con esta nova acción, en Vegalsa-EROSKI reafi rmamos o noso compromiso de colaboración con Amicos en materia ambiental, adquirido en decembro do ano 2022, polo que doamos preto de 9.000 euros para cofi nanciar o proxecto RE-MAR. Ademais, reforzamos tamén o traballo de sensibilización nas escolas, como acción complementaria. A retirada de lixo da praia da Madorra non é un caso illado. Xuntos, tamén colaboramos na limpeza de varias

O NOSO OBXECTIVO: reducir un 20% as toneladas de envases de plástico

Traballamos para unha mellora progresiva do noso impacto ambiental. Por iso, entre os nosos 10 Compromisos pola Saúde e a Sustentabilidade fi xados no 2018 marcámonos o reto de reforzar as accións de ecodeseño dos nosos envases de marca propia para que sexan 100% reciclables e dar reducido así un 20% as toneladas de envases de plástico convencional que comercializamos.

praias da comarca do Barbanza, retirando delas máis de 100 quilos de refugallos -entre plástico, vidro, metais, téxtil, calzado ou madeira-, aproveitados despois en moitos casos para realizar obradoiros de manualidades.

novas
50

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.