Queixos Tradición, orixe e calidade Viños
27 caldos para beber España ANCHOA EROSKI
Queixos Tradición, orixe e calidade Viños
27 caldos para beber España ANCHOA EROSKI
Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club
Estamos comprometidos co máis grande que temos: os nosos mares. En EROSKI impulsamos as artes de pesca máis sostibles e, por iso, nas nosas tendas atoparás o selo MSC nunha ampla gama de conservas, conxelados e produtos frescos.
Xa que logo, animámoste a que, ao mercares produtos do mar, optes por aqueles que se capturaron con métodos tradicionais, se pescaron en tempada e que proceden da nosa contorna.
Ao mercares, elixe pesca sostible como o selo azul moi mariño MSC. En marzo, unha das mellores opcións é a nosa anchoa do Cantábrico EROSKI Natur, a única certifi cada en España por MSC. Ao levárela á túa mesa non só tes asegurada a calidade, senón tamén a garantía de que foi capturada no mar Cantábrico. Porque o local é sinal de excelencia.
Dende as nosas costas viaxamos ao interior para che amosarmos a ampla gama de queixos e viños locais con Denominación de Orixe que atoparás nas nosas tendas. En EROSKI apoiamos as pequenas producións vinícolas e as queixerías do noso contorno para que sigan a ofrecer o mellor da nosa terra. Marchamos de ruta?
Tamén aproveitamos para che contarmos que este mes, só por seres socio de EROSKI club, podes acadar regalos e tamén achegar o teu gran de area á iniciativa Céntimos Solidarios para axudar a mulleres e menores vítimas de violencia de xénero.
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
REALIZACIÓN EDICIÓN
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913
antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
Dende o comezo, en EROSKI cremos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable.
Hoxe, esta convicción recóllese en 10 compromisos pola saúde e a sustentabilidade que nos marcan o camiño a seguir. Dende sempre e para sempre, avanzamos no que de verdade che importa.
2
1 3
Implicarnos coa seguridade alimentaria Promover unha alimentación equilibrada
Previr a obesidade infantil
5 4 Neste número Neste número
Atender as necesidades nutricionais específicas dos clientes
Favorecer o consumo responsable
7 10
Facilitar comer ben a bo prezo
6 8 9
Coidarnos como traballadores
Actuar con claridade e transparencia
Ofrecer máis produtos locais
Impulsar un estilo de vida máis saudable
Queremos que sempre esteas informado para que a elección das túas compras sexa a máis axeitada para ti e mais para a túa familia. Nesta sección presentámosche os últimos produtos que chegaron ás nosas tendas para non perderes nada e estares sempre á última. Toma nota!
Lava o teu cabelo en profundidade coa nova xeración de xampús sólidos belle. É a opción máis sostible para teres o teu pelo limpo e coidado e ademais sumar aforro. Unha soa pastilla equivale a unha botella de xampú de 400 ml. Utilizándoo, colaboras na preservación do medio natural, xa que empregamos unha menor cantidade de auga durante a súa elaboración e carece de envase de plástico.
A nosa nova gama belle de xampús sólidos bota a andar coa pastilla para pelo graxo con aloe vera e menta. Un xampú refrescante, deseñado para o coidado dos cabelos graxos,
que inclúe aloe vera e aceite de menta piperita e que deixa o teu cabelo limpo e fresco. Tamén está dispoñible nalgunhas tendas a variedade hidratante de laranxa e papaia para todo tipo de cabelo. Estes produtos son veganos e non conteñen ingredientes de orixe animal.
TÓNICA EROSKI
Con ese sabor amargo tan singular, a tónica é o refresco orixinal carbonatado por excelencia. Agora, a tónica EROSKI renova a súa imaxe para que a recoñezas a simple vista coa cor que sempre a caracterizou. Atoparala nas nosas tendas en latas de 33 centilitros.
NOVOS PRODUTOS EROSKI SEN GLUTE
Anosa gama sen glute segue a medrar con cinco novos produtos: un biscoito con pebidas de chocolate, un mix de fariña panifi cable, paus de pan de pipas e pans de bocadillo e burger. Deste xeito, seguimos adaptando a nosa variedade ás necesidades das persoas celíacas.
Amais de garantirmos a seguridade alimentaria destes produtos, en EROSKI dispoñemos da certifi cación de FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España), o que lle dá dobre garantía a este tipo de alternativas.
LAGOSTINOS JUMBO EROSKI
Áprancha, cocidos ou como produto estrela de arroces ou pastas, os lagostinos son garantía de éxito na mesa. Agora chegan ás nosas tendas no seu formato jumbo cru procedentes de acuicultura e con selo BIO.
Estes lagostinos están integramente suxeitos aos estándares ofi ciais da agricultura biolóxica, o que ofrece como resultado un produto de excepción, coa garantía de que para a súa crianza se empregaron métodos naturais que respectan o medio natural.
TRUCO
Para lograr unha receita de ‘dez’, hai que cocer os lagostinos en abundante auga con dúas culleradas sopeiras de sal gordo por cada litro. Tamén se poden engadir unhas folliñas de loureiro seco. Cando a auga comece a ferver, manter durante cinco minutos. Unha vez cocidos, recoméndase mergullalos en auga con xeo. Así a carne desprenderase da pel e serán máis doados de pelar.
Elaborada a partir de carnes de porco con DOP (Denominación de Orixe Protexida) Teruel, a longaínza de Aragón EROSKI SELEQTIA incorpórase á gama gourmet da nosa chacinería. Con aroma e sabor a viño de Xerez, contén especias naturais e é un dos grandes éxitos do embutido español. Amais de ser unha fonte de proteínas, non ten glute, polo que é apta para persoas celíacas.
Oseu gran contido en proteínas e unha proporción relativamente baixa de calorías fan da crema de cacahuete unha merenda do máis suxestiva. A nova crema de cacahuete EROSKI é unha opción natural, xa que é 100% de cacahuete, sen engadidos
de sal, azucre ou outras graxas. Cun torrado medio, que lle achega unha cor suave, goza dunha textura intermedia entre o crunchy e unha ligazón máis líquida.
A diferenza doutras cremas de cacahuete do mercado, a nosa receita elabórase sen fritir o froito seco, o que evita que
se incorporen as graxas procedentes da fritura. Ademais, a nosa crema faise só con cacahuetes naturais, torrados e sen pel. Comprometidos co medio natural, o envase é 100% reciclable. Non hai escusas para non a probar. Iso si, consúmea con moderación!
En EROSKI temos o compromiso de te coidarmos e de che ofrecermos variedade de opcións á hora de faceres a compra sexan cales sexan as túas necesidades e os teus gustos. Por iso, lanzamos unha nova gama de produtos que incorporan unha achega extra de proteínas e que ademais carecen de glute e son idóneos para o consumo de persoas celíacas.
A gama + PROTEÍNA bota a andar do xeito máis doce, cun pudin de vainilla. Carece de glute e cada envase contén 20 gramos de proteínas. Ademais, ao ser baixo en graxas e non conter tampouco azucres engadidos, conta con Nutri-Score A.
Nalgúns dos nosos hipermercados poderás atopar tamén a opción de pudin de chocolate.
Lembra que a clave dunha boa alimentación é que sexa equilibrada.
Elixir o selo azul convértete en parte activa do movemento de pesca sustentable no mundo. En EROSKI impulsamos as artes de pesca máis sustentables e, por iso, nas nosas tendas atoparás o selo MSC nunha ampla gama de conservas, conxelados e frescos. Así contribuímos ao futuro da pesca e a coidarmos os nosos mares.
A acreditación MSC audita o caladoiro e mais as empresas implicadas en todo o proceso de manipulación do peixe. A nosa sección de conxelados garante un espazo cada día maior para este selo.
entorosEROSKI a s d
Divinas do mar
Bacallau afumado
Martiko
Mar tiko
Tartar de atún afumado
Martiko
Auténticas de Aguinaga EROSKI
Ano a ano, ampliamos a gama de produtos MSC. Nas nosas tendas poderás atopar bacallau afumado con selo azul, diversas variedades de surimi ou auténticas de Aguinaga, entre outros. Un pracer para o padal que ademais coida o planeta.
No último exercicio alcanzamos un total de 4.759 toneladas de conservas de atún capturado con artes de pesca responsables, que supoñen o 82% do volume de atún capturado para as conservas EROSKI, incluíndo aquelas con selo MSC de pesca sustentable e o selo APR (Atún de Pesca Responsable certificado por AENOR).
Bonito do norte en aceite de oliva Serrats
Bonito do norte en aceite de oliva Arroyabe
Atún en aceite de oliva Alakrana
Bonito do norte en aceite de oliva Campos en lata ou tarro de cristal
Bonito do norte en aceite de oliva EROSKI SELEQTIA
OCantábrico vólvese máis prata en marzo. Unha cor que inunda ese mes as peixerías de EROSKI coa chegada da campaña da anchoa. Apostamos por levarche ata o prato a calidade e o produto local do Cantábrico para gozares das nosas anchoas EROSKI Natur de moitas maneiras: fritas,
rebozadas, mariñadas... Recoñeceralas polo seu sabor e frescura, pero sobre todo por algo esencial para o seu consumo: a sustentabilidade. En EROSKI estamos comprometidos co medio natural e, por iso, a anchoa do Cantábrico EROSKI Natur ten o selo azul MSC, que avala a protección das especies mariñas e o futuro dos océanos.
As frías augas do Cantábrico danlles ese sabor e fi rmeza ás nosas anchoas. Estiveron a medrar a máis de 100 metros de profundidade e agora achéganse á costa para se alimentaren e desovaren. A súa chegada coincide cun momento no que a súa carne, o seu sabor e o seu contido en graxa omega-3 están nun punto óptimo. Bota a andar así a tempada da anchoa, que se alonga ata o 30 de xuño. Durante estes meses
convértense no produto estrela das nosas peixerías e da túa dieta, xa que son unha opción saudable para toda a familia pola súa proteína de alta calidade, graxas benefi ciosas, vitaminas e minerais.
As anchoas EROSKI Natur viaxan ata as plataformas de distribución en camións refrixerados. A rapidez na entrega permite que cheguen tan frescas ás nosas peixerías e que manteñan intactas as súas calidades.
EROSKI converteuse no 2018 na primeira e única empresa de distribución polo miúdo en España en superar a auditoría internacional para as súas peixerías. Este certificado indica que se respecta toda a cadea de custodia do peixe fresco procedente de caladoiros sostibles e que se utilizan técnicas de pesca cun impacto mínimo noutras especies e nos fondos mariños. Un ano despois pasamos a ser a primeira compañía de distribución de España e
O tamaño das anchoas está sometido a controis e inspección en cada poxa e compra que se leva a cabo nas lonxas. Establecer esta criba garante a supervivencia da especie. Dependendo da orixe, o tamaño varía: a máis pequena provén de Italia e a máis grande, do Cantábrico. No caso da anchoa EROSKI Natur esiximos un tamaño mínimo aínda maior.
segunda en Europa en superar a auditoría de cadea de custodia de acuicultura certificada GLOBALG.A.P., que acredita que as especies de venda nas nosas peixerías procedentes deste tipo de cría medraron de xeito seguro e sostible.
Hoxe en día, o selo azul MSC está dispoñible en 461 mostradores das nosas peixerías e mais en oito plataformas certificadas na cadea de custodia para a venda por xunto de peixe MSC e de crianza GGN.
Chef e propietario do restaurante
Culler de Pau (O Grove), 3 estrelas Michelin
Subiu ao barco dos que loitan por unha pesca sostible, por que?
Xa estamos todos no barco. Nos tempos nos que nos toca vivir hai un reto para a sociedade e tamén para os cociñeiros. Temos que estar, xa non como un deber, senón como unha obriga.
O selo azul MSC está presente na súa neveira e na súa despensa?
EROSKI Natur: 14 cm*
Cantábrico: 12 cm*
É parte do noso faro, en Culler de Pau e na miña vida. Todo o que promove o selo é unha dinámica que na miña casa temos de maneira natural. España é un dos países que máis peixe consume en Europa. Somos conscientes os consumidores da nosa responsabilidade?
Mediterráneo: 10 cm*
Italia: 9 cm* *Tamaños mínimos
Eu coido que aínda non. Necesitamos que nos quiten a venda dos ollos para asumirmos máis esta responsabilidade individual á hora de mercar. É clave mirar a orixe do que mercamos e esixir claridade na información da etiquetaxe. Temos que pasar canto antes á acción.
•1 kg de anchoas
Para o recheo:
• 100 g de requeixo ou queixo ricotta
• 1 ovo mediano
• 30 g de pan do día anterior
• 200 g de espinacas
• 3 dentes de allo
• ½ ceboliña
• 60 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• Sal
• Pementa negra fresca
• Perexil
ELABORACIÓN. Triturar e torrar o pan do día anterior.
Preparar o recheo picando os allos moi finos e a ceboliña en brunoise. Poñer media cullerada de AOVE ao lume, rustrir a cebola e os allos e engadir as espinacas.
Retirar do lume, agregar o pan relado, o perexil picado fino, o requeixo e mais o ovo. Salpementar.
Prequentar o forno a 180 ºC, con calor por riba e por baixo.
Poñer en cada anchoa cadansúa culleriña de recheo e facer un ruliño. Colocar todas as anchoas nunha fonte de forno cuberta cunha fina capa de AOVE e enfornar uns 10-12 minutos. Receitas
1,95 € POR RACIÓN
1,49 €
Para fritir as anchoas
• 70 ml de aceite de oliva
• 30 g de fariña
Para o escabeche
• 700 g de anchoas
• 2 cenorias
• 1 cebola mediana
• 1 bulbo de fiúncho
• 4 dentes de allo
• 280 ml de aceite de oliva
• 100 ml de vinagre de mazá
• 100 ml de viño branco seco
• Pementa
• Cravo
• 2 follas de loureiro
• Tomiño e romeu
• Sal
ELABORACIÓN. Limpar as anchoas, pasalas por fariña e fritilas en abundante aceite de oliva. Reservar.
Escabeche:
Pelar e cortar as cenorias en toros, a cebola e o fiúncho en tiras e os allos pola metade.
Cubrir o fondo da tixola con tres culleradas de aceite de oliva e refogar as hortalizas ata que comecen a tomar cor. Engadir o vinagre, o resto do aceite, o viño e as especias e deixar ferver durante uns sete minutos.
Colocar as anchoas nun tarro e cubrir co escabeche. Deixar arrefriar e servir.
Nota: este escabeche pódese facer con moitos outros peixes.
O escabechado xurdiu como unha técnica de conservación de alimentos e agora usámolo tamén como técnica culinaria.
Receitas que nunca fallan
Racións: 4
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Propiedades nutricionais. O contido en graxa é importante, pero hai que ter en conta que a maior parte son graxas insaturadas cardiosaudables procedentes do aceite de oliva e das anchoas.
Trucos. Podemos facer máis saudable esta receita asando as anchoas no forno, no canto de fritilas. Tamén podemos facer o escabeche tan suave como queiramos reducindo a cantidade de vinagre.
este mes
Oseu aspecto, a súa textura, o seu sabor e o seu arrecendo fanos únicos. Os queixos son un dos grandes estandartes da gastronomía, as perlas dos nosos prados e un deses produtos que máis defi nen a identidade de cada terra. A súa autenticidade pasa por se elaboraren en pequenas queixerías que apostan polo traballo
Cabrales Cueva del Molín. Se es amante das emocións fortes, o queixo que se elabora na contorna da vila asturiana de Cabrales converterase nun dos teus favoritos con só probárelo. Tense constancia da elaboración deste produto dende hai catro séculos, cando os pastores, que permanecían meses nos montes co gando, gardaban os queixos para a súa maduración en covas. Alí permanece entre dous e catro meses para alcanzar a cremosidade
artesanal e polos sabores de sempre. En EROSKI somos defensores da tradición, dos queixos elaborados con mimo e coas mellores materias primas de proximidade. Por iso, apoiamos as queixerías con Denominacións de Orixe Protexidas do contorno das nosas tendas que traballan acotío para manteren a nosa historia gastronómica.
D.O.P.
6 QUEIXERÍAS
e sabor que o fai tan característico. Como curiosidade, o Cabrales é un dos poucos queixos azuis ao que non se lle fan buratos para permitir que entre osíxeno e favorecer a aparición de mofo. Cueva del Molín, fundada en 1913 polo mestre queixeiro Francisco Álvarez, seguiu con esta tradición. O queixo séguese a elaborar manualmente con leite cru de vaca procedente de gandeiros da contorna.
Viaxamos ata o litoral máis occidental da Península para saborearmos os queixos galegos. Perlas como as de Arzúa-Ulloa ou Tetilla.
Arzúa-Ulloa Ruta Xacobea. Dise que o queixo Arzúa-Ulloa sae directamente do corazón de Galicia. Ao cortalo evoca o campo e os pastos desta terra. Os seus aromas son puramente lácteos, con arrecendo a leite fresco e manteiga, con notas doces. En boca é un queixo moi cremoso e húmido, moi saboroso pero equilibrado, con notas de iogur, vainilla e froitos secos.
Ruta Xacobea marca a esencia da súa situación aos pés do Camiño de Santiago, entre os pastos nos que permanecen as vacas que dan o leite que se usa para a súa elaboración.
D.O.P.
Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Queixo Tetilla e San Simón da Costa 17 QUEIXERÍAS
A queixería segue a conservar as tradicións na elaboración, tal e como facían os nosos avós. Seguimos mantendo o pano, que envolve o queixo durante o seu proceso de prensado, o que permite que a codia sexa suave e cunha forma perfecta.
Brais Pérez, responsable da queixería Ruta Xacobea
este mes
5 QUEIXERÍAS
As tres DOP de Cantabria ofrecen un rico abano de sabores que van do suave queixo Nata ao forte gusto do Picón Bejes-Tresviso.
Picón Bejes-Tresviso Río Corvera.
“Con moito tesón e traballo, esforzámonos acotío para ofrecervos un queixo elaborado co método máis tradicional”. Os queixeiros Marta Roiz e Jaime Gutiérrez resumen con esta frase a súa aposta por erguer unha empresa familiar e continuar coa tradición da elaboración do queixo Picón-Bejes-Tresviso en plenos Picos de Europa.
É un queixo de consistencia untuosa, vetas azul-verdosas e lixeiramente picante, que estes artesáns elaboran na queixería Río Corvera, cun éxito que radica en manter o bo facer que durante xeracións desenvolveron os seus familiares, cunha maduración do produto en covas naturais de pedra calcaria, que predominan nesta zona de montaña.
Queixo Nata La Pasiega de Peña Pelada. Teriámonos que remontar a 1917 para falarmos do Queixo Nata de Cantabria elaborado pola Pasiega de Peña Pelada. Foi daquela cando Brígida Ruiz baixou das ladeiras de Pena Pelada a Rubalcaba (Liérganes) para vender os queixos que ela mesma elaboraba e sacar así adiante os seus fi llos. Hoxe, os seus bisnetos continúan o labor, mantendo as mesmas receitas e axuntando tradición e innovación. “Nunca perdemos de vista as nosas raíces e se mantemos a nosa calidade en boa medida é por seguir confi ando nos pequenos gandeiros da nosa contorna”, explica César Ruiz Solaina, o mestre queixeiro.
A aparente cremosidade deste produto agacha un sabor intenso que xeración tras xeración souberon reproducir os queixeiros cántabros. Elaborado con leite pasteurizado de vaca de raza frisoa, o queixo nata de Cantabria DOP caracterízase pola súa tona natural levemente amarela e lisa e a súa pasta, mol e cremosa. É ideal para cociñar, por exemplo, para incluír en pratos como o risotto.
O apoio de EROSKI aos produtores locais foi clave para que puidésemos tomar o testemuño e non deixar morrer a queixería.
Marta Roiz, queixeira de Río Corvera
D.O.P. Idiazabal
A historia gastronómica do País Vasco non se entende sen o seu Idiazabal. Un queixo ligado aos montes, ao pastoreo e ás ovellas latxa e carranzana, as únicas que se deron adaptado á dura climatoloxía da contorna.
Idiazabal Baga. A cooperativa Oihan Txiki naceu hai tres décadas para lles dar resposta aos retos que afrontaba a vila de Orexa: crear traballo para os mozos e manter a contorna rural. O queixo Baga é un exemplo de como con ovellas criadas e coidadas nese ámbito se pode facer un produto de calidade cun sabor galardoado con distintos premios a nivel mundial. Cando unha persoa leva este queixo para a casa leva tamén a canda ela un cachiño de Orexa.
En EROSKI levamos anos traballando para contribuírmos á mellora do queixo Idiazabal. O noso plan local garante, entre outros aspectos, un prezo acorde á subida de gastos nas materias primas
e ofrece acompañamento en sustentabilidade para se adaptar ás normativas. Grazas a este plan, no último ano incorporáronse cinco pequenos provedores que abastecen as tendas das
Idiazabal Baskaran. A súa textura, consistencia e sabor levaron este queixo de tona natural ao máis alto da clasifi cación mundial da súa clase. No seu gusto apréciase a potencia do leite de primavera e o pouso que deixa a elaboración artesanal. Un queixo que desde hai décadas elabora a familia Baskaran –Patxi e os seus fi llos Bidane e Arkaitz– no caserío de Santamañe, en Markina.
comarcas nas que se elaboran. Nas nosas tendas atoparás tamén queixos Idiazabal naturais e afumados da nosa marca EROSKI SELEQTIA. Son artesáns e están elaborados polos mestres queixeiros de Idiazabal.
NAVARRA
Navarra ten queixos con personalidade. Idiazabal e Roncal manteñen unha tradición milenaria unida á natureza do Pirineo.
6
QUEIXERÍAS
Roncal Larra. En 1985, os irmáns Heli e Mikel Aznárez Lus, vendo que escaseaba o queixo Roncal de pastor, inician a construción dunha granxa onde produciren leite de ovella para posteriormente elaboraren o devandito queixo artesán. Bota así a andar a historia de Queixos Larra, que axunta historia e tradición.
Idiazabal Udabe. Comprometida coa súa terra, a empresa Dorrea mantén no seu Idiazabal o sabor dos pastos de altura da ovella latxa e da carranzana. Seguiron executando a técnica ancestral á hora de elaboraren os seus queixos Udabe e manteñen o seu compromiso co contorno rural.
“Nesta rexión os pastores pintamos con ovellas os verdes outeiros. Orgullosos tomamos a responsabilidade de mantermos a chama viva”, aseguran. Miman así, desde a orixe, todo o desenvolvemento dos seus produtos.
Idiazabal Larrezabal. Cun sabor intenso de elaboración longa, que lembra o dos queixos de outrora. Así é o Idiazabal Ecolóxico Larrezabal de Patxi Amillano, que lle achega á DOP o apelido ECO para que os consumidores teñan garantidas todas as opcións de compra. Amillano é outro namorado do pastoreo, da produción artesanal ligada á terra e ás súas raíces.
ILLAS BALEARES
D.O.P.
Mahón-Menorca 1
QUEIXERÍA
D.O.P.
Queixo Camerano
Camerano Celia y Los Cameros. En EROSKI atoparás os queixos das dúas queixerías que traballan a DOP Queixo Camerano. De sabor moi intenso e lixeiramente láctico, o queixo curado e semicurado de Lácteos Martínez distínguese a primeira vista polas marcas exteriores, xeradas pola cilla, un molde de vimbio trenzado para a formación do queixo. Pola súa banda, Queixos Celia ofrece a variedade de queixo fresco elaborado con leite pasteurizado de cabra acabado de muxir.
De non ser polo empeño de mestres queixeiros como a familia Martínez ou o matrimonio formado por Antonio Abad e Celia Blanco, o queixo Camerano, con máis de sete séculos de antigüidade, desaparecería hai máis de seis décadas. As súas ganas de recuperar os sabores de sempre levounos ata a receita que séculos atrás elaboraban monxes e ordes relixiosas. Hoxe, esa delicia dos deuses creada con leite de cabra da serra rioxana de Cameros é a única Denominación de Orixe Protexida de queixo da Rioxa.
Mahón-Menorca Torralba. Viaxamos ata as Illas Baleares para degustarmos o queixo Mahón. Un manxar de sabor intenso, curado polo aire da Tramontana, con aroma a pastos e con toda a esencia do Mediterráneo.
O queixo de Mahón é parte das nosas vidas e acompañounos nos momentos máis especiais. Nicolau Cardona, mestre queixeiro de Torralba
A queixería Torralba, rexentada pola cuarta xeración de mestres queixeiros, elabórao con leite
cru e o queixo madura de maneira tradicional. Cada peza úntase con aceite e pemento vermello e vírase manualmente cada tres días. Souberon tomar o testemuño de Josep Cardona, que en plena posguerra soubo ver a importancia de manter o celme deste queixo, gardando os mellores durante os trocos que realizaba comerciando aldea a aldea.
1,40 €
• 400 g de cardo cocido
• 2 cebolas moradas
• 1 ceboliña fresca
• 1 dente de allo
• 8 ovos
• 250 ml de nata líquida
• 200 g de queixo de rulo
• 4 culleradas de aceite de oliva
• Sal
• Pementa negra
ELABORACIÓN. Prequentar o forno en modo grill.
Cortar as cebolas en rodas e picar o dente de allo. Escorrer o cardo. Reservar.
Nunha tixola apta para o forno, poñer o aceite de oliva e refogar as cebolas e mais o allo ata que comecen a se dourar. Engadir o cardo e refogar durante cinco minutos máis.
Mentres tanto, nunha cunca, bater os ovos, engadir a nata líquida, un chisco de sal e a pementa.
Botar a mestura de ovos na tixola, mesturar coas verduras, e cociñar durante cinco minutos aproximadamente. Engadir o queixo de rulo esmiuzado, distribuíndoo de xeito uniforme.
Receitas que nunca fallan
Racións:
B D E C NUTRI-SCORE B
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
KCAL SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
Introducir a tixola no forno na zona media-baixa e deixar que acabe de callar durante cinco minutos ou ata que a fritatta estea lixeiramente dourada.
Retiramos a tixola do forno e acompañámola dun pouco de ceboliña fresca cortada en rodas. Esparexémoslle perexil por riba e servimos.
este mes
1 ceboliña
1 cenoria
½ pemento vermello
30 ml de aceite de oliva
2 ovos
200 g de salchichas de pavo EROSKI
200 g de arroz basmati cocido
Sésamo Sal
PASO 1
Cortar as salchichas en pequenas porcións e torrar a lume alto nun wok cun pouco de aceite, remexendo para esmiuzar a carne. Reservar.
PASO 2
PASO 3
PASO 4
Laminar o talo de ceboliña, relar a cenoria e picar finamente o pemento vermello. Saltear as verduras no mesmo wok cun pouco máis de aceite ata que se douren por fóra. Engadir os ovos cun pouco de sal e cociñalos sen parar de remexer para conseguir ovos revoltos. Volver agregar as salchichas cociñadas e o arroz cocido e saltear todo xunto durante un par de minutos máis. Sazonar e servir cun pouco de sésamo por riba.
4 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 30 MINPara a base
• 75 g de galletas María
• 75 g de noces peladas
• 70 g de manteiga derretida
Para o recheo
• 500 g de queixo crema
• 200 ml de nata líquida
• 70 g de azucre glas
• 10 g de xelatina en po
• 125 ml de leite
• 200 g de queixo relado
• 60 g de mel
• Noces
ELABORACIÓN. Trituramos as galletas e as noces da base coa axuda dun robot de cociña. Colocamos as faragullas nunha cunca, engadimos a manteiga e mesturamos ata acadarmos unha masa uniforme.
Distribuímos a masa sobre o molde e prememos firmemente coa axuda dunha culler. Introducimos no frigorífico.
Hidratamos a xelatina en catro culleradas de auga fría durante cinco minutos. Poñemos nun cazo o leite xunto ao queixo relado e quentamos ata que este se funda. Engadimos a xelatina hidratada e mesturamos ata que se disolva. Deixamos que amorne.
Batemos nun bol o queixo crema, o azucre glas e a mestura de leite e queixo con xelatina.
Montamos a nata e incorporámola á mestura anterior con movementos envolventes.
Botamos sobre a base de galletas, alisamos e introducimos no frigorífico ata que calle, preferiblemente toda a noite.
Servir acompañada de noces e mel.
Trátase dunha preparación alta en calorías, polo que recomendamos tomala ocasionalmente e que a porción sexa moderada. A achega de graxas saturadas débese en parte aos queixos e en parte ás noces, que son, no caso das noces, graxas cardiosaudables.
1,97 € POR RACIÓN
Racións: 12
+ 12 h de repouso
Receitas que nunca fallan
ANÍMATE A ELABORAR ESTA RECEITA CON ALGÚN DOS NOSOS QUEIXOS CON D.O.P.
este mes
• 2 lombos de bacallau desalgado (250 g)
• 1 remolacha cocida
• 1 cebola vermella
• Brotes de leitugas variadas
Vinagreta:
• 3 culleradas de vinagre de viño branco
• 3 culleradas de aceite de sésamo
• 3 culleradas de aceite de oliva virxe extra
• 1 cullerada de sobremesa de mel suave
• Unha manchea de froitos secos
• Sal e pementa acabada de moer
ELABORACIÓN. Preparamos a vinagreta mesturando todos os ingredientes e cortamos en láminas a cebola vermella e mais a remolacha.
Poñemos os lombos de bacallau nun recipiente apto para microondas cubertos cunha cullerada de auga e programamos uns 2-3 minutos a temperatura máxima. O xusto para que as lascas de bacallau se separen.
Para montar o prato, colócanse unhas lascas de bacallau, báñanse coa vinagreta de froitos secos e cóbrense coa cebola, a remolacha e as leitugas variadas. Sérvese decontado.
Unha combinación de nutrientes moi variada de fontes saudables como peixe (branco neste caso), verduras, froitos secos e aceites. Destaca a achega de proteínas e de graxas cardiosaudables. Truco. Esta receita pódese elaborar tamén con pescada ou mesmo con peixes afumados como bacallau ou salmón.
Receitas que nunca fallan
Racións: 4
DificultadeElaboración 10’
A D E NUTRI-SCORE A B C
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto 9% 0,5g SAL 6% 5,6g AZUCRES 12% 2,3g GRAXAS SATURADAS 26% 18g GRAXA
• 250 g de seitán
• Aceite de oliva
• 80 g de espinacas
• 100 g de tomate seco
• 300 g espaguetes integrais
• Ourego seco
Para a bechamel vegana:
• 30 ml de aceite de oliva
• 30 g de fariña
• 400 ml de bebida de avea
• Sal
• Pementa
• Noz moscada
ELABORACIÓN. Quentar nun cazo o aceite coa fariña e dourala lixeiramente. Así que estea dourada, engadir un chisco da bebida de avea e remexer axiña cunhas varas para evitar que saian grumos.
Repetir o proceso ata incorporar toda a bebida vexetal, salpementar, engadir noz moscada e reservar.
Cocer a pasta nunha pota con abundante auga fervendo e sal dous minutos menos do tempo indicado no envase, escorrer e reservar un pouco da auga da cocción.
Mentres, torrar nunha tixola á parte o seitán cortado en dados cun pouco de aceite de oliva. Cando estea torrado, engadir as espinacas, o tomate seco e saltear un par de minutos máis.
Incorporar a pasta, a bechamel e un pouco da auga da cocción reservada.
Cocer durante dous minutos máis remexendo constantemente e servir cun pouco de ourego seco por riba.
Receitas que nunca fallan
Racións: 4
UNHA RACIÓN CONTÉN:
Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
O espírito da nosa terra está ligado a grandes caldos. En EROSKI levamos anos traballando para che ofrecermos os mellores viños con Denominación de Orixe que se elaboran preto de ti. Adegas pequenas que velan por manteren a calidade, a esencia e a autenticidade da nosa terra.
D.O. Cariñena
MONTE DUCAY
Tinto Crianza
Unha boa opción para pratos de caza e carnes vermellas.
D.O. Campo de Borja
BORSAO Tinto Novo
Para tomar con pasta, tenreira e carne de aves.
D.O. Cariñena
D.O. Calatayud VIÑAS DE MIEDES Tinto Doado de maridar con queixos, embutidos e carnes brancas.
D.O. Campo de Borja ADEGAS ARAGONESAS AZZULO Branco semidoce Acompañante ideal de mariscos e paellas.
LONGARES CHEN de Passion
Tinto Novo
Perfecto para todo tipo de carnes vermellas e sobremesas con chocolate negro.
VASCO
D.O.Ca. Rioja
MILFLORES Tinto Novo
Ideal para queixos suaves, pastas, arroces, ensaladas e peixe azul.
D.O.Ca. Rioja Alavesa
COTA 585
Tempranillo Novo
Combina coas carnes de caza de pluma máis graxas, queixos curados e semicurados.
SOLAR VIEJO
Tempranillo Novo
Ideal con arroces e todo tipo de tapas ou pinchos.
EGUREN UGARTE Rosado
Marida con ensaladas, arroces, pastas, verduras, peixes e carnes brancas. Bo aliado de cociñas de moda, como o sushi xaponés ou a comida tailandesa.
EGUREN UGARTE Branco
Combina con peixe branco, marisco, aperitivos e refrixerios.
ZINTZO Tinto Novo
Casa moi ben con peixes azuis, carnes brancas e todo tipo de chacina.
D.O.Ca. Rioja
SOLAGÜEN Crianza
Combina con año e carnes vermellas, guisos, estufados, chourizo, queixos duros e azuis.
este mes
D.O.Ca. Rioja
MOCETE
Tinto Novo
Ideal para acompañar aperitivos e pratos lixeiros, carnes e peixes.
D M T Id I a a p c
D.O. Navarra
MARCO REAL Tinto Syrah
Harmoniza moi ben con queixos fortes, carnes vermellas e de caza, pastas con salsas intensas e verduras ao forno.
D.O. Navarra
OTAZU Chardonnay
Casa con mariscos, peixes, carnes brancas, pastas non moi condimentadas, ensaladas, arroces, foies e queixos frescos de ovella.
D.O. Navarra
D.O.Ca. Rioja CIENCUEVAS
Tempranillo 6
Moi adecuado para acompañar hortalizas e carnes ou peixes á brasa ou á prancha.
D C Te M a ca o
PAGOS DE ARAIZ Rosado
Marida con peixes, arroces, carnes e verduras, mesmo con alcachofas ou espárragos.
OCHOA Moscatel Vendima Tardía
Vai moi ben con foie e con queixos fortes, ata cos de tipo azul.
D.O.Ca. Rioja CIENCUEVAS
Tinto Crianza
Ideal con asados, carnes vermellas, caza, táboas de embutidos, queixos e patés.
D D. C Tin Id ca tá qu
D.O. Navarra
O.N N ava rra
SEÑORÍO DE SARRÍA Garnacha
Vai moi ben con foie e con queixos fortes, ata cos de tipo azul.
D.O. Binisalem MAR BLAVA Branco Ideal para acompañar verduras, arroces e peixes.
Vinos de la Tierra de la Isla de Menorca BINIFADET Branco
Chardonnay
Combina ben con marisco, pasta, queixos brandos, arroces e peixes.
D.O. Binisalem Adegas J.L. FERRER Tinto Crianza Perfecto para acompañar queixos semicurados e curados, embutidos, carnes brancas e vermellas.
D.O. Valdeorras VIÑA COSTEIRA Tinto Recomendado para acompañar polbo á feira, entremeses de queixos, patés ou chacina e perfecto para guisos e carnes vermellas.
D.O. Pla i LLevant de Mallorca PERE SEDA Novell Branco Marida con peixes, pratos con base de verduras, ensaladas de afumados e cremas frías.
Terra de Ibiza CAN MAYMÓ
Tinto Tradición Perfecto para embutidos típicos, carnes e queixos.
v
D.O. Ribeiro
VIÑA COSTEIRA Branco
Acompañante ideal de toda clase de peixes, mariscos e crustáceos e dos queixos tradicionais galegos.
Coas sorpresas sempre se acerta. E, se ademais te coidan, o éxito está garantido. Propoñémosche algunhas ideas para abraiar e mimar a túa parella e pai este 19 de marzo. Teña barba, bigote ou sexa de afeitado diario, nas nosas tendas atoparás todo o que precisa para lucir unha pel saudable e coidada.
AFEITADO
A nova gama de máquina de afeitar Gillette Labs combina tecnoloxía e deseño para unha experiencia de afeitado superior e inesquecible. Para completar a rutina cotiá, engádelle ao teu regalo un dos novos preparados, que suavizan, amolecen o pelo e favorecen o apurado e asemade arrefrían e coidan a pel protexéndoa da irritación por mor do seu contido en vitamina B3 e extracto de algas mariñas.
Xel de afeitar con escuma rápida
Gillette Labs
Refresca para calmar a pel, protexéndoa durante o afeitado. Está elaborado sen alcohol nin colorantes e ten unha fragrancia lixeira e refrescante. O seu envase está fabricado con material que permite reciclarse infi nitamente.
Máquina de afeitar
Gillette Labs
A primeira máquina con tecnoloxía exfoliante integrada no mango. A barra elimina o lixo e as impurezas antes de pasaren as follas. Está deseñada para un afeitado rápido, respectuoso e sinxelo e inclúe un cómodo soporte magnético.
Escuma de afeitar de rápido aclarado
Gillette Labs
Con fórmula ultralixeira e refrescante, que facilita a súa enxaugadura. Non contén alcohol nin colorantes e o seu envase está fabricado con aluminio reciclable ao 100%.
Máquina de afeitar
King C Gillette de dobre fío Inspirado na emblemática máquina orixinal lanzada polo King Camp Gillette en 1901, este modelo conta cun mango especialmente optimizado e con follas de dobre fío para acadar un afeitado suave e cómodo nas zonas arredor da túa barba e bigote.
Se adoras a súa barba, anota estes tres produtos esenciais para acadar un resultado profesional e impecable.
Bálsamo suave
En palabras de Jean Paul Guerlain, “o perfume é a forma máis intensa da lembranza”. Por iso, as fragrancias resultan sempre un agasallo idóneo, útil e atinado nun día tan especial.
Eau de toilette nº 8
Victorio & Lucchino
Xel limpador de barba e rostro King C Gillette
Contén aceite de argán nutritivo e aceite de coco refrescante xunto con mentol, limpadores suaves e acondicionadores optimizados en especial para o pelo da cara. Elimina a sucidade, as células mortas da pel e o exceso de aceite da barba e nutre a pel seca.
dor rostro e Conté n aceite coc con mentol, lim acon di c i o nad esp ecial para a sucidad e, as p el e o exce so nut re a pe l sec
King C Gillette
A súa fórmula nutritiva, con aceite de argán e manteiga de cacao, permite utilizalo como acondicionador sen aclarado ou como máscara. Deixa a barba e a pel incriblemente suaves e ben coidadas.
O seu corazón de especias (cardamomo e pementa negra) proporciona carácter e personalidade. As notas orientais e o sándalo potencian a sedución e a duración. Contén máis do 94% de ingredientes de orixe natural.
aromática da alfábega combínase con notas cítricas, que se potencian grazas a especias como a noz moscada e o cardamomo. Con máis do 94% de ingredientes de orixe natural.
Manter a pel sa é esencial, xa que actúa como barreira fronte ás agresións externas. A pel do rostro é a máis exposta e, ademais, é máis fina e sensible, polo que tratala con produtos específicos é moi importante para minimizar os efectos da polución, do clima extremo e do paso do tempo. Un bo coidado manteraa saudable e nova. Os produtos faciais MEN by belle son o aliado ideal para logralo. Un agasallo perfecto para o Día do Pai!
AFTERSHAVE
HIDRATANTE PEL SENSIBLE
Bálsamo 2 en 1 MEN by belle
De textura non graxa, alivia e hidrata a pel tras o afeitado evitando a sensación de irritación e tensión. O aloe vera e a niacinamida axudan a rexenerar e a alantoína e a betaína están especialmente indicadas para calmar as peles sensibles. A fórmula poténciase con proteína de soia para unha acción revitalizante que suaviza os signos de fatiga.
Xel exfoliante facial MEN by belle
Elimina as impurezas e axuda a activar a rexeneración celular grazas á súa especial formulación, que combina un complexo enzimático a partir de derivados da papaia e da piña e de partículas exfoliantes non plásticas de celulosa. A súa textura refrescante non deixa residuos e prepara a pel para o afeitado ou para tratamentos posteriores.
Crema universal MEN by belle Especialmente formulada para a pel masculina. Con vitamina E e extracto de alga vermella, ingredientes que melloran a capacidade de retención de auga da pel e que achegan propiedades antioxidantes fortalecendo a súa función barreira. Mantén a pel do rostro, corpo e mans hidratada e protexida.
SUAVE, REFRESCANTE E DE USO COTIÁN
Xel limpador facial MEN by belle Favorece unha limpeza profunda á vez que respecta a pel do rostro. Axuda a regular o exceso de graxa sen resecar grazas a activos hidratantes e acondicionadores como o aloe vera e a auga termal de volcán. A vitamina B3, tamén coñecida como niacinamida, axuda a mellorar a función barreira e a previr a irritación durante a limpeza, deixando a pel suave, fresca e coidada.
Crema antiidade MEN by belle
Fluído facial de textura lixeira e de absorción instantánea que achega unha potente acción rexeneradora e unha hidratación intensiva. Combate os signos da idade, como as liñas de expresión e a perda de fi rmeza, grazas á súa fórmula con coláxeno, extracto de moringa e niacinamida, que achegan propiedades tensoras, revitalizantes e antioxidantes. Contén vitamina E e un activo patentado que neutraliza os efectos da polución proporcionándolle un escudo protector á pel. O extracto de salvia e a manteiga de karité actúan como fontes vexetais de hidratación inmediata e a alantoína axuda a reparar a pel.
Desodorizantes bodyspray MEN by belle
Goza dunha protección eficaz contra o mal cheiro e a suor sen manchas na túa roupa. Cun novo envase e un perfume único cheo de carácter.
Oceanic Sense
Fresca fragrancia mariña de refrescantes notas cítricas e intenso fondo amadeirado.
Os produtos da gama
MEN by belle están dermatoloxicamente testados e na súa maioría son hipoalerxénicos (formulados para minimizar o risco de alerxia)
Gold Sensation
Irresistible fragrancia de notas cálidas e un sensual fondo de ámbar e almiscre.
Black Lava Fragrancia enigmática de notas especiadas e un cálido fondo de coiro e madeiras.
Jungle Spirit Fragrancia de espírito aventureiro cunha orixinal combinación de notas herbais, cítricas e especiadas.
Once mulleres asasinadas en decembro do 2022 e outras seis en xaneiro deste ano. Nos últimos meses, en España produciuse un goteo constante de homicidios e de agresións machistas. Datos que elevan a alarma por violencia de xénero na sociedade e que deixan ao descuberto a desprotección de moitas mulleres e a necesidade de actuar máis lixeiros ante esta lacra.
Chegar alí onde están as vítimas para lles ofrecer unha atención integral é clave. E asociacións como Cruz Vermella, Fundación Ana Bella, Mulleres Unidas contra o Maltrato (MUM), Cáritas Diocesana
Grazas ao programa
Céntimos Solidarios podemos axudar a que mulleres que foron vítimas de violencia de xénero poidan lograr a súa independencia económica e evitar a exclusión social.
Antonio Sierra, director de Treball Solidaride Lugo e Treball Solidari son esa man amiga que traballa para lles dar ás superviventes unha nova oportunidade de viviren libres de violencia. Ofrecen unha atención integral, dando cobertura material, xurídica, psicolóxica, asistencial e laboral. Tamén apoian e acompañan ás outras vítimas dos feminicidios, os fillos e as fillas, a miúdo invisibilizados e esquecidos.
Por iso, en EROSKI queremos colaborar con estas entidades para que xuntos poidamos axudar o maior número posible de mulleres e menores vítimas, achegándolles todo o apoio que precisan. Queremos achegar o noso
Cada doazón de Céntimos Solidarios de EROSKI é unha mensaxe de apoio que lles di que non están soas e que van lograr unha vida mellor para elas e mais para os seus fillos e fillas. Ana Bella, presidenta da Fundación Ana Bella
gran de area para recortar eses desacougantes datos que deixaron no 2022 en España un total de 49 mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas e de dous menores falecidos en casos de violencia de xénero contra a súa nai. Ademais, 38 nenos e nenas quedaron orfos por esta razón.
As doazóns recibidas no programa Céntimos Solidarios canalizaranse directamente a estas cinco entidades para que poidan desenvolver diversos programas de axuda a mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero. Cada doazón irá dirixida ás asociacións que traballan no contorno de cada tenda EROSKI.
No caso de Cáritas Diocesana de Lugo, os clientes de Galicia que realicen o seu donativo axudarán no programa Muller Saúde, que propón un acompañamento
personalizado para promover a saúde integral de mulleres en situación de vulnerabilidade na comunidade galega. Pola súa banda, grazas a Treball Solidari e ao proxecto Confía impulsaremos a inserción sociolaboral de mulleres vítimas da violencia de xénero nas Baleares.
Asociacións como a Fundación Ana Bella ou Mulleres Unidas contra o Maltrato (MUM) actúan a nivel local en varias comunidades. Ambas as dúas naceron de dúas superviventes que se centraron en lles ofrecer unha atención integral a vítimas coma elas. As vosas doazóns do mes de marzo irán destinadas a dous dos seus proxectos: Programa Amiga e Sementes de igualdade.
Ademais, a través da Cruz Vermella e da súa iniciativa Empoderamento e autocoidado atenderemos as necesidades básicas e sociais, que favorecen o vínculo familiar entre nais, fillos e fillas.
Vimos a necesidade de crear un proxecto específico para o coidado e promoción da saúde integral da muller, xa que só a través do goce pleno da súa saúde, a muller poderá avanzar no seu crecemento persoal.
Cristina Reguera Pérez, coordinadora do Programa ‘Muller Saúde’ de Cáritas Lugo
O máis gratificante é vermos a evolución dalgunhas mulleres que sobreviviron despois dunha situación de violencia, acompañalas e ver como se recuperan e se fan aínda máis fortes, mesmo apoiando a outras coma elas.
Lara Gavilán, encargada do programa ‘Mulleres en dificultade social’ da Cruz Vermella
Logo de 11 anos de maltratos continuados saín da miña casa cunha man diante e outra detrás, porque o vas perdendo todo pouco a pouco, mesmo os amigos e a familia; non tiña nada. En MUM ofrecemos os recursos necesarios para que as mulleres saian adiante e traballamos a prevención para que non se normalice ningún tipo de agresión.
Carmen Benito, presidenta de MUM GRAZAS por colaborares en febreiro co programa solidario a prol das persoas con enfermidades raras e mais coa campaña de emerxencia para axudar ás persoas damnificadas polos terremotos de Turquía e Siria.
G R A
febre a pr enfe coa pa da de
Achégase a primavera. En EROSKI club aproveitamos este momento para lles ofrecermos un maior aforro aos nosos socios. E facémolo cunha gran campaña de agasallos e ideas para que goces do teu tempo
pqg p
de ocio ao aire libre, en familia ou con amigos. Só por seres socio de EROSKI club podes levar un destes agasallos. Abonda con apuntarte na nosa web ou na túa tenda habitual e realizar un gasto de 200 € en marzo. Así de doado!
Ademais, só por te apuntares, participas tamén no gran sorteo de 4 viaxes de fi n de semana a Palma de Mallorca.
Canto máis merques en EROSKI, máis oportunidades terás de gañar. (1)
4 viaxes de fi n de semana a Palma de Mallorca
Pódelo facer na nosa web ou no teu centro EROSKI máis próximo. Pregunta ao pasares por caixa. Se aínda non es socio EROSKI club, faite agora gratis e súmate á promoción.
Apúntate aquí ou ao pasares por caixa na túa tenda EROSKI máis próxima
Se cumpriches os requisitos, chegarache un código de desconto de Puntos Travel Club para trocares o teu agasallo.
1 2 4 3
Alcanza un gasto de 200 € en EROSKI nas compras que realices durante todo o mes de marzo. Lembra amosar a túa tarxeta EROSKI club ao rematares a túa compra.
Con ese código poderás trocar totalmente gratis un dos agasallos en travelcub.es ou chamando ao teléfono 913 874 387.
LEMBRA!
Ten todos os teus datos de contacto actualizados para poderes obter o código de regalo e, sobre todo, para que te poidamos chamar no caso de seres un dos catro gañadores da viaxe a Palma de Mallorca.
Só por seres do club, todos os mércores deste mes poderás descubrir un vale aforro sorpresa na app. Non o deixes escapar! Descarga a app gratis e goza das túas ofertas ao instante. Lembra que só tes un día para activares o vale sorpresa e tres días para o trocares..(1)
Ademais, accede a todas as vantaxes da app
Activa os teus vales na app EROSKI Se aínda non a tes, descárgaa aquí
PLAN FAMILIAS 0·12
Compartimos a ledicia dos gañadores do sorteo a Laponia, un lugar máxico no que no que puideron contemplar incribles auroras boreais, gozar dun paseo en zorra e coñecer a casa de Papá Noel.
Se non queres perder máis sorteos, vantaxes e aforro, apúntate ao Plan Familias 0·12 e prepárate para a próxima aventura!
Pódeste anotar gratis en: eroski.es/familias012/
Como pais, estamos moi ledos por todo o que vivimos e moi emocionados por gozarmos cos nosos fi llos dunha experiencia tan abraiante, algo que nós economicamente non nos podemos permitir. A miña fi lla fi xo a comuñón este ano e prometémoslle ir de vacacións. Non o puidemos facer daquela... e ir agora a Laponia é algo máxico. A sorte que tivemos!
José Luis García Fabo
Bo tempo, praias de postal, montañas verdes e moito lecer e cultura. A República Dominicana é un destino impresionante. Reserva agora e, só por seres socio de EROSKI club, reembolsaremos o 5% do total da viaxe na túa tarxeta para vindeiras compras. Anímaste a aforrar e a gozar deste destino ideal?
ARepública Dominicana ofrécelles aos viaxeiros unha variedade de paisaxes e de experiencias únicas. É o lugar perfecto para aqueles que buscan relaxarse e mais para os que apostan por pasalo ben ou non queren perder nada da beleza natural do trópico caribeño.
UN NOVO XEITO DE VIAXAR.
O mellor xeito de coñecer esta illa do Caribe é facelo xunto a Newblue, a marca de viaxes especializada no Caribe. Ofrece as mellores ofertas para gozar dunhas vacacións en destinos como Punta Cana, Santo Domingo ou Bayahibe, con propostas adaptadas aos gustos e necesidades de cada persoa.
Na República Dominicana non hai lugar para o aburrimento. Poderás descubrir lugares de impresionante beleza, como o parque natural dos Haitises, un privilexiado ecosistema onde conviven unha morea de especies que foi escenario de películas como Parque xurásico.
O encanto da cidade de Santo Domingo tampouco pasa desapercibido para os visitantes. A cidade, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco,
ofrece unha gran variedade de opcións para o viaxeiro. Poderás percorrer a súa zona colonial e contemplar a Catedral Primada e a Fortaleza Ozama, as primeiras que se ergueron en América. Dous impresionantes edificios que son exemplo da fermosa arquitectura da cidade.
Deixando atrás as súas rúas, o Acuario Nacional é o lugar perfecto para gozar da diversidade mariña e o Parque Nacional Os Tres Ollos, situado a poucos minutos do
centro, é natureza en estado puro. Illa Saona é outro dos enclaves que non debes perder na túa viaxe a República Dominicana. Cunha gran variedade de flora e fauna, é un paraíso para os amantes do aire libre. Podes explorar as súas praias virxes ou as súas selvas tropicais e recrearte no mar.
E MOITO MÁIS. Na República Dominicana está a agardar por ti a autenticidade do Caribe. Ofrece unha gastronomía que che deixará abraiado, con pratos típicos de carne de porco e plátano frito, e mais con peixes e mariscos frescos que acaban de saír do mar. Todo iso, acompañado de bebidas tropicais, como a piña coada ou o mojito.
Un paraíso tropical pensado para todo tipo de viaxeiros e con moito que ofrecer. Anímate a mergullarte na súa cultura, a gozar da súa grande oferta de ocio e a gozar das súas augas azuis e cristalinas, que farán que as túas vacacións sexan as dos teus mellores soños. Un destino, en definitiva, no que poderás gozar dunha experiencia irrepetible.
5 % Reembolso á
Mangú, un prato tradicionaltúa tarxeta EROSKI club (1) En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible
En EROSKI estamos comprometidos coa sustentabilidade e o consumo responsable e sumámonos á plataforma Too Good To Go. Trátase dunha aplicación na que restaurantes, hoteis, supermercados e outros establecementos de alimentación venden o excedente de comida ao final do día. Son produtos sempre aptos para o consumo e o obxectivo é ofrecer comida de calidade a bo prezo.
Con esta iniciativa dámoslle unha segunda oportunidade ao excedente e ofrecemos packs de comida ao mellor prezo cunha ampla variedade de alimentos sempre dentro da súa data de consumo preferente. O contido de cada paquete dependerá do excedente diario, pero sempre serán produtos de calidade, frescos e elaborados no mesmo día. O prezo de cada paquete será de 3,99 euros, aínda que o seu contido está valorado arredor dos 12 euros, o que supón un aforro de case o 70%.
Para conseguir un destes packs só tes que descargar a app de Too Good To Go no móbil, reservar e pagar un dos nosos paquetes dende a propia aplicación e achegarte despois a recollelo ao establecemento á hora indicada. Nestes momentos tes á túa disposición 311 supermercados e hipermercados da nosa rede comercial de Navarra, País Vasco e A Rioxa, e iremos a máis.
A nosa colaboración con Too Good To Go botou a andar en xuño do 2022 cunha experiencia piloto que nos permitiu salvar máis de 57.000 packs de comida, o equivalente a máis de 57 toneladas de alimentos que non se desperdiciaron. Deste xeito evitamos a emisión de máis de 142.000 quilos de CO2, o mesmo que se produce ao cargar a batería de 25 millóns de teléfonos móbiles. Os resultados positivos desta experiencia servirannos para ampliarmos o número de supermercados adheridos no 2023.
En EROSKI levamos máis de dúas décadas minimizando os residuos derivados da nosa actividade con campañas como o Desperdicio Cero ou a doazón de alimentos con fi ns solidarios. Só co programa Desperdicio Cero, evitamos no último exercicio a perda de 60 millóns de comidas e cada ano doamos máis de 5.000 toneladas de alimentos a persoas vulnerables. Dende hai anos comercializamos froitas e hortalizas ‘feas’, desbotadas pola súa estética, e ofrecemos descontos en produtos próximos á súa data de caducidade ou consumo preferente. Tamén doamos alimentos non aptos para o consumo humano a refuxios e zoolóxicos ou para producir pensos para animais.
A aplicación móbil está dispoñible gratuitamente en iOS e en Android
a nós contra o desperdicio de alimentos e salva comida!