EROSKI_MAYO_2021_GALLEGO

Page 6

o último En EROSKI temos un compromiso coa saúde e coa sustentabilidade e os produtos das nosas marcas son unha demostración diso. Seguimos a incluír novas referencias pensadas para coidarmos de ti e dos teus.

Unha solución rápida e cómoda para toda a familia

O

polo asado EROSKI é un produto ideal para ter sempre na neveira. Se lle engades unha gornición, pode servir como prato único, ou como segundo, e solucionar calquera xantar ou cea. Unha opción magnífi ca para gozar en familia sen investir tempo na cociña, xa que

ola,

son novo son marca EROSKI

se quenta comodamente no forno (20-30 minutos) ou no microondas (8-10 minutos). A carne de polo é branca e ten menos graxas saturadas ca a vermella. Ademais, é rica en proteínas e de doada dixestión, polo que este prato é adecuado para a alimentación de toda a familia.

Se queres reducir a graxa, retira a pel e sírveo con verduras ou patacas asadas no canto de con patacas fritas.

KÉFIR A CULLERADAS Á nosa familia de iogures e sobremesas lácteas incorpórase un novo formato de kéfir para comer con culler. Ten unha textura menos líquida e conserva todas as propiedades deste lácteo, que se obtén por

medio da fermentación de diferentes lévedos e bacterias. O kéfir EROSKI elabórase seguindo a receita tradicional e non contén azucres nin edulcorantes engadidos.

Receita máis lixeira

P

ara decorar, acompañar ou como ingrediente das túas receitas de repostería, a nova nata montada en spray EROSKI, amais de ter un tapón dosificador máis cómodo, está elaborada cun 30% menos de graxa.

6

06-08 Lo ultimo_V4_GAL.indd 6

19/4/21 16:47


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.