Unha
Namórate do noso club
Gozar dunha alimentación sa e sostible, aínda que é un dereito, non sempre está garantido. E aínda que ás veces todo parece poñerse costa arriba, en EROSKI comprometémonos a te facilitarmos comer ben a bo prezo. Por iso, hai mes e medio presentámosche unha cesta con máis de 1.000 produtos para encheres a túa despensa e a túa neveira a prezos que namoran. Pero a nosa proposta de aforro vai alén diso.
Cada mes iremos desvelando como sumar aforro para manter latente o amor a EROSKI e seguir
neste número
sorprendéndote, para que aforres tanto que acabes namorado da nosa calidade, variedade e bo prezo. Nesta ocasión presentámosche o Club que namora. Sabes verdadeiramente todo o que che benefi cia seres socio? Nestas páxinas contámoscho. Descubrirémosche o que aforras cos nosos vales e días especiais, os atractivos sorteos que realizamos e moitas máis vantaxes.
Amais de te animarmos a poñer o mandil con novas e saborosas receitas, amosámosche a nosa ampla gama de produtos sen glute. En EROSKI, as familias que pertencen ás asociacións de celíacos do País Vasco, Navarra, A Rioxa, Cataluña e Baleares contan cun 20% de desconto na compra de produtos específi cos sen glute.
Propoñémosche tamén probar as nosas sobremesas lácteas máis locais, polo seu sabor e calidade. Falaremos de leitugas, do coidado da túa pel e do teu cabelo de cara ao verán e de como os nosos pequenos xestos solidarios poden cambiar o mundo. Cambiámolo xuntos?
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio
(Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
REALIZACIÓN EDICIÓN
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
o último
Queremos que sempre esteas informado para que a elección das túas compras sexa a máis adecuada para ti e para a túa familia. Nesta sección presentámosche os últimos produtos que chegaron ás nosas tendas, para que non se che pase nada e esteas sempre á última. Toma nota!
Un ‘snack’ saudable e
saciante
Aínda que non se trata dun froito seco, senón dun legume, o cacahuete é unha saudable opción para gozar dun taco ou merendiña, a condición de que se consuma con moderación. En EROSKI ofrecémosche unha alternativa aínda máis saudable, como é o cacahuete sen sal, repelado e torrado, ideal para quen se quere coidar un pouco máis. Ao non utilizar nin aceite nin sal, sentirás o pracer de consumir puro cacahuete. Unha manchea deste legume posúe cantidades importantes de magnesio, fósforo, níquel e unha grande achega de ferro.
ÉNCHETE DE ENERXÍA CON DELICIOSOS BOCADOS
Farturentas e apetecibles. As galletas de avea EROSKI BIO con froitos secos e sementes son unha deliciosa opción para tomar durante o almorzo, na merenda ou como taco.
Ricas en fibras e sen graxa de palma, teñen como cereal principal
a avea e a base de cacahuete. Poderalas tomar nas súas dúas variedades, xa que están dispoñibles con sementes ou con froitos secos.
Todos os ingredientes destas galletas obtivéronse con métodos tradicionais que respectan o medio natural.
fala Tulipán para
TULIPÁN PLANTEQUILLA
O cambio é irresistible
Para todos os amantes do sabor chega Tulipán Plantequilla. Úntase, cocíñase e enfórnase como a c oc íñ ase e en fó rnase como a m an te i ga, os seus i ngre di en tes so n 100% naturais e vexetais e ten un d e li c i oso sa b or a man te i ga
A súa elaboración supón un 73% menos de impacto climático
* Baseado na Ferramenta de Análise de ciclo de vida (desenvolvida por Quantis), que compara Tulipán e a mesma cantidade de manteiga de orixe animal en España (2022). Ver máis en: www.tulipan.es/
O acompañante perfecto nos pequenos grandes momentos
Faustino Crianza estrea etiqueta. Con este novo deseño resalta o seu carácter máis moderno a través de dous elementos icónicos, o retrato de Rembrandt e o ‘F’ de Faustino, que fan desta marca unha das grandes de Rioxa e que, un ano máis, volve estar entre as máis admiradas do mundo, segundo a prestixiosa revista Drinks International.
fala Colnatur para
fala ColCOLNATUR BEAUTY
Premio Vitoria da Beleza 2023
Colnatur Beauty, o complemento alimenticio a base de coláxeno Verisol ® con ácido hialurónico e antioxidantes de Laboratorios Ordesa, foi galardoado co Premio Vitoria da Beleza 2023.
Ogalardón é o único selo de calidade en España do sector da beleza, cosmética e coidado persoal. Está baseado exclusivamente nas valoracións de efi cacia e satisfacción global dos produtos, que son probados e premiados polos consumidores.
Colnatur ® Beauty contribúe a mellorar a elasticidade da pel,
DESODORIZANTES EN ‘SPRAY’ BELLE E MEN BY BELLE
Máxima protección nas fragrancias de sempre
Anosa gama de desodorizantes belle e MEN by belle en spray estréase con novas fórmulas e envases nos que melloramos a pulverización do produto. Se eras fi el aos perfumes das nosas marcas, non te preocupes, xa que mantemos as fragrancias da gama anterior.
Ademais, todos os desodorizantes antitranspirantes incorporan a tecnoloxía odour control para maximizar a efi cacia, ofrecendo 48 horas de protección. Descubre as nove variedades e escolle a que mellor se adapte a ti.
diminuír as engurras e reducir a celulite, amais de coidar das uñas e o cabelo. Preséntase nun estoxo con 30 sobres de sabor a froitos do bosque e ten un formato ideal para levalo a calquera parte.
Lembra que os complementos alimenticios non se deben utilizar como substitutos dunha dieta variada e equilibrada e dun estilo de vida saudable.
fala Esgir para paa
Naturalmente bo
Esgir é un dos principais fabricantes españois de produtos sen glute. Elabóranos na súa planta de Valencia, na que se realiza o proceso completo de cociñado, laminado, secado, torrado, acaramelado e envasado, evitando ao 100% a contaminación cruzada.
Sen glute
Aptos para dietas veganas
Sen azucre Con Nutriscore A
fala La Cocina del Norte para
ENSALADA DE XAMÓN E PORRO
Agora xa podes gozar na casa dun xeito rápido e cómodo dun dos pinchos máis populares e exitosos nas barras dos bares do País Vasco. A Ensalada de xamón e porro La Cocina del Norte está lista para comer en calquera parte e
sorprenderate polo seu suave sabor, cun toque fresco e lixeiramente ácido, e mais pola súa textura cremosa, na que destacan o crocante do porro e do xamón cocido. Esta ensalada pódese utilizar como unha ensalada rusa en aperitivos, entrantes ou tapas, sobre unha rebanda de pan en forma de pincho e mesmo para facer sándwichs ou bocadillos.
A B D E C
NUTRI-SCORE A
Un pincho clásico para gozar na casa
La Cocina Del Norte
Déixate namorar polo club EROSKI
En EROSKI, o amor está no aire. Está nos nosos máis de 1.000 produtos a prezos que namoran e tamén no noso club. Ti xa formas parte del, pero de verdade sabes
todo o que podes aforrar sendo socio? Namórate do aforro que conseguirás cos nosos vales personalizados, das nosas promocións e ofertas exclusivas, dos nosos sorteos e tarxetas.
Porque queremos que o noso amor siga latexando con forza, contámosche todas as vantaxes que tes por formares parte do club EROSKI. Toma nota! Aforrarás tanto que acabarás namorado!
Quéresme? Gústoche?
Ás veces un vale, é o que máis vale
20 VALES AO MES PERSONALIZADOS para acabares namorado
Un xesto tan sinxelo como amosares a túa tarxeta EROSKI club ao realizares as túas compras, só comporta vantaxes. Cada mes agardan por ti 20 vales aforro personalizados en función das túas preferencias e compras habituais. Con eles poderás aforrar o 5% do que gastas de media, como xa fan máis de 1,2 millóns de socios de EROSKI club.
Utilizar os vales é un xeito fácil de aforrar en cada compra. Os vales están pensados para ti. Ofrecen descontos en produtos que mercas decote para os usares e aforrares máis.
Activa os teus vales e namórate de todas as vantaxes da app
Os teus vales de aforro e ofertas
Os teus folletos
Os teus tíckets de compra
O teu escáner de produto
O teu aforro mensual
A túa tarxeta dixital
A túa lista da compra
E moito máis!
Podes dispoñer deles como ti prefiras:
1. Es dixital e tes a app EROSKI? Entra no teu espazo ‘vales aforro’ e actívaos.
2. Recibes o noso mail? Fai clic no espazo de ‘vales aforro’ e activaralos axiña na web eroski.es.
3. E, de preferires o papel, chegaranche por correo postal ou sairanche ao pasares por caixa nos nosos supermercados. Neste caso, teraste que lembrar de os levares á túa tenda EROSKI habitual ao realizares a seguinte compra.
Suma Aforro SENDO SOCIO Vantaxes
Goza de descontos e de ofertas exclusivas, como os 2×1, os días nos que che devolvemos o IVE en todas as compras, vales gasolina, etc.
SERGIO BLASCO MONTERO (Cáceres)
Socio desde que no 2014 naceu a tarxeta EROSKI club, o pacense asegura que é un “grande incentivo para seguir mercando”.
-Por que te fixeches socio? Era unha evolución da Travel Club, un aforro extra á compra cotiá que non quería perder. -Pasaron case dez anos. Que che mantén namorado? Sobre todo a calidade dos produtos EROSKI e o seu prezo, que acaba sendo inferior se lle sumas os puntos extra e os reembolsos
na túa tarxeta. Ademais, son fan dos días sen IVE. Eses días adoito aproveitar para ir a Madrid a facer unha gran compra. Nalgúns artigos, como os electrodomésticos, chegas a aforrar o 21%, e iso son moitos cartos. Ademais, en cada compra, ao ter tamén a tarxeta Ouro, devólvenme o 4% do que gastei.
Tíralle o máximo proveito Á TÚA TARXETA DE PAGAMENTO
O vermello é a cor do amor. E tamén a da nosa tarxeta de pagamento EROSKI club. Se aínda non a tes, estamos seguros de que será amor a primeira vista. Razóns non faltan: non ten cotas de emisión nin de mantemento, permíteche sacar
cartos en efectivo nas nosas caixas e devólveche o 1% nas compras que fagas noutros establecementos fóra de EROSKI (1). E iso só é o comezo dunha interesante lista de vantaxes. Aínda o estás a pensar? Faite con ela!
Válida en todo o mundo
Financiamento en EROSKI
Seguro de accidentes incluído
Tarxetas adicionais
Servizo non máis papel
Pagamentos fáciles
Cartos inmediatos
‘Contactless’ e ‘PIN’
Información detallada
DEVÓLVECHE O 1% DAS TÚAS COMPRAS
FÓRA DE EROSKI (1) E É GRATIS PARA SEMPRE
Non ten cota e devólveche o 1% das túas compras en restaurantes, cinema, moda, etc.
CARTOS EN EFECTIVO
NAS NOSAS CAIXAS
Podes solicitar cartos en efectivo nas caixas de hipermercados e supermercados EROSKI sen comisión.
Pagamento móbil
(1) Consulta condicións en: www.eroski.es/tarjeta-de-credito-eroski/ahorros-y-ventajas/ Tarxeta emitida por Santander ConsumerFinance, S.A.
“Son fan dos días sen IVE”
Se tes fillos xa tes UN PLAN PARA QUE O AMOR FLÚA
Un plan para aforrar
O Plan Familias 0·12 está dirixido a socios de EROSKI club con fillos de ata 12 anos e combina descontos exclusivos con consellos sobre nutrición, hixiene, etc., cos que facer máis doado o teu día a día e o da túa familia. Darse de alta é gratis. Só hai que cubrir o formulario en: eroski.es/familias012.
Se es do Plan Familias 0·12 (1) , aforras o 2% en todas as túas compras en alimentación, carburante, moda, tecnoloxía e máis en EROSKI a partir de 150€ de gasto mensual. Os cartos ingresaranse na túa tarxeta EROSKI club aproximadamente o día 10 do mes seguinte ao que se produzan as compras para que os poidas utilizar nas seguintes.
Un plan para saberes máis
Na web do Plan Familias 0·12 atoparás contidos do teu interese sobre coidado, alimentación e educación emocional adaptados a cada etapa do neno.
de compra mensual
4 VALES AFORRO AO MES adaptados
ata os 3 anos do teu bebé
Asesor nutricional gratuíto O noso equipo de nutricionistas estudará de maneira personalizada e gratuíta todas as túas consultas. Tamén atoparás divertidas Pekereceitas e a posibilidade de participar nos obradoiros prácticos da Escola de Alimentación EROSKI, nos que poderás aprender máis sobre alimentación saudable e sostible.
Consultorio de matrona gratis Envía as túas preguntas sobre o preparto, parto ou posparto e unha matrona profesional estudará de maneira personalizada a túa consulta e responderache gratis. Tamén poderás visualizar vídeos e guías sobre exercicios de pre e posparto. Ademais, entre outras cousas, contámosche como facer masaxes e exercicios co teu bebé.
A que agardas para coñeceres máis? Dáte
ESTA TARXETA É OURO
Terás o 4% de aforro garantido
Que vantaxes ofrece?
Quen quere un PEDROLO
tendo a
TARXETA OURO
Coa túa Tarxeta Ouro aforrarás un 4% en TODAS as túas compras en EROSKI (1). En alimentación, fogar, gasolina, ao faceres unha viaxe, ata nas lentes!
Gratis un mes Sen compromiso de permanencia
Acumulable ao resto de ofertas e promocións
4 %
en todas as túas compras en EROSKI
pagando unha cota de 4,99€/mes
Amosa a túa tarxeta Ouro ao pasares por caixa e automaticamente ingresaráseche o aforro na túa tarxeta EROSKI club.
Amosa a túa t ingresarásech
Troca o saldo acumulado cando queiras.
Troca o saldo
Anímate a pro
Anímate a probala e, se non che convence, pódeste dar de baixa automaticamente desde a túa área privada.
Faite Ouro e próbaa GRATIS o primeiro mes
MARÍA DIESTE (Pontevedra)
O paso á tarxeta Ouro foi un proceso natural para María Dieste. Unha das 160.000 socias Ouro de EROSKI.
-Que che empurrou a dar ese paso? Adoito mercar decote en EROSKI e imos á súa gasolineira, así que fixen cálculos no simulador da web e comprobei que coa tarxeta Ouro saes gañando.
-Canto aforras ao mes coa tarxeta? Tranquilamente 100 euros, depende do mes.
-Recomendaríala? Abofé que si. Unha das miñas irmás xa se sumou. Entre a gasolina e os vales desconto que che chegan cos produtos que máis consumes, o aforro está garantido.
-Tamén formas partes do Plan Familias 0·12. Agradécense os descontos en cueiros, toalliñas e comida para os cativos.
A partir de 150€ de compra mensual
“Aforro tranquilamente uns 100 euros ao mes”
Namórate de MÁIS PROMOCIÓNS
Aforrar tamén é posible fóra de EROSKI. No noso espazo ‘Máis Promocións’ de EROSKI club poderás seguir aforrando en máis de 80 marcas de moda, lecer, electrónica, restauración, etc.
Todas elas, con grandes aforros de ata o 15%, que se sumarán ás vantaxes da túa tarxeta EROSKI club.
WEB EROSKI
eros.ki/mas-promociones
Suma puntos Travel Club
Mercando centos de produtos sinalizados e trocando os puntos por agasallos, viaxes e moito máis.
El club que enamora
Y MÁS
Consulta o catálogo Travel Club e namórate de todos os agasallos!
‘APP’ EROSKI
No apartado de vales e ofertas
Atópao en:
SORTEOS QUE NAMORAN
En EROSKI premiamos a túa fidelidade con numerosos sorteos ao ano. Sorteos como 100 cestas aforro, 200 smartwatches, viaxes no Nadal ou no verán a Eurodisney, Finlandia, o Caribe, Laponia e ata unha volta ao mundo e premios de ata 70.000 euros na app EROSKI. Porque queremos premiar a túa fidelidade e en datas especiais como o verán distribuímos ata un millón e medio de agasallos entre os socios, valorados en máis de 400.000 €.
ta unha a 70.000 eremos atas ímos ata entre os 0.000
SORTEAMOS cestas con produtos que
Leva unha destas 40
cestas de 90 €
Para participares, entra na nosa app ou en eroski.es e activa calquera vale aforro
s, entra en a orro
ño do 2023. Particip arán nesta p romoció n os/as titulares de Eroski club que ou app d dixital. Consulta p -carros/
Sorteo vixente do 11 de maio ao 14 de xuño do 2023. Participarán nesta promoción os/as titulares de Eroski club que entren nalgunha destas aplicacións, web ou de EROSKI, e activen calquera cupón de desconto dixital. Consulta o resto de condicións en: eroski.es/sorteo-carros/
Pai de dous fillos de 2 e 9 anos, José Luis García Fobo goza das vantaxes do Plan Familias 0·12 e foi un dos gañadores dos sorteos de EROSKI.
-A viaxe a Laponia foi un soño cumprido? Foi unha sorte incrible. Foi ben curioso. Entramos na tenda EROSKI de Peralta, onde facemos as compras decote, e a miña filla díxome que sorteaban unha viaxe a Disney e a Laponia. A miña muller contestou axiña que nunca tocan e, mira ti!, chamáronme 15 días despois dicíndome que era o gañador dunha delas. A viaxe foi fantástica, un soño para toda a miña familia. Aínda non o creo.
-Era o primeiro sorteo no que participabas? Non, apúntome a todos os concursos e ás cestas de 100 euros. Agora, con máis ilusión ca antes. -Que te namora do noso club? A verdade é que se sumas todos os descontos, vales e puntos son uns cartiños. Ademais, como familia con menores de 12 anos temos o plus de formar parte do Plan Familias, con ofertas moi interesantes para este momento de crianza no que estamos.
JOSÉ LUIS GARCÍA FOBO (Navarra)
“A viaxe foi fantástica, un soño para toda a miña familia”
este mes
Tortas coreanas de verduras
• 100 g de cabaciña
• 100 g de cenoria
• 80 g de ceboliña
• 100 g de cogomelos shiitake
• 100 g de fariña de garavanzos
• 100 g de fariña de trigo
• 25 g de maicena
• 100 ml de auga
• Sal
Para a salsa:
• 80 ml de salsa de soia
• 40 ml de vinagre de arroz
• 40 ml de aceite de sésamo
• 4 g de sementes de sésamo
• Flocos de chile (opcional)
ELABORACIÓN. Lavar e cortar as verduras en tiras finas con axuda dunha mandolina ou dun coitelo.
Introducir as verduras nun bol e incorporar as fariñas e o sal. Mesturar ben.
Engadir a auga e mesturar ata que todas as verduras queden totalmente recubertas por unha masa espesa.
Botar nunha prancha ou nunha tixola antiadherente varias culleradas da mestura e formar tortas. Cociñar a lume mediobaixo. Así que callaran totalmente por un dos lados, virar e cociñalas polo outro lado.
Servir coa salsa feita coa soia, o vinagre de arroz, o aceite e as sementes de sésamo e cos flocos de chile de che gustar o picante.
COMENTARIO DIETÉTICO
Na nosa gastronomía, o equivalente a estas tortas poderían ser as tortas de camaróns típicas de Cádiz, aínda que neste caso fanse con verduras.
Propiedades nutricionais. A receita achega hidratos de carbono, proteína –sobre todo da fariña de garavanzos–e graxas de boa calidade do aceite de sésamo. O máis recomendable é aumentar un pouco a cantidade de verdura para chegar a unha ración. Se ademais engadimos unha fonte saudable de proteína poderiamos ter un prato completo. Apta para dietas veganas.
Racións: 4
DificultadeElaboración
0,99 € POR RACIÓN
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
Receitas que nunca fallan
SEN GLUTE E AO TOLO
Ás veces, comer sen glute é unha película.
Con EROSKI Sen Glute, acaba ben.
Odiagnóstico de celiaquía a miúdo cae coma unha xerra de auga fría no fogar. Cambiar o xeito de cociñar, a lista da compra, dúbidas, medos... Por iso che queremos facilitar unha compra que non acabe en drama. En EROSKI contamos con máis de medio milleiro de produtos de marca propia para facermos a túa alimentación
O PAN SÉNTAME MAL, mar ar m ca c pro pia a pa p ra r facacerm m os s a t a úa a ali a menentac c t ión ió ó com om m pleta ta mái s s ss inxela e eco ec nóm n ica ca
SÉ É S N NTAM M E MAL, , SO S N CELÍACO?
+550 produtos EROSKI SEN GLUTE
GOZA DUN
20%
DE DESCONTO CON EROSKI CLUB
Grazas aos convenios de colaboración entre EROSKI e as asociacións de celíacos do País Vasco, Navarra, A Rioxa, Cataluña e Baleares, nas nosas tendas ofrecen un 20% de desconto aos seus asociados en máis de 200 produtos específi cos sen glute, tanto nos de marca
propia como nos doutros fabricantes. O desconto materialízase mediante un ingreso na tarxeta moedeiro de EROSKI club.
Máis de 3.000 socios gozan xa desta vantaxe. Para seres o seguinte só precisas ter a tarxeta EROSKI club -é gratuíta- e pertencer á Asociación de Celíacos de Euskadi (EZE), á Asociación Celíaca da Rioxa (ACERI), á Asociación Celíacos de Navarra (ACN), á Asociación de Celíacos das Illas Baleares (ACIB) ou á Associació Celíacs de Catalunya.
Atender as necesidades nutricionais de cada cliente é a nosa prioridade. Por iso, colaboramos coa Federación de Asociacións de Celíacos de España (FACE) no lanzamento progresivo dunha gama de produtos EROSKI aptos para celíacos con seguridade garantida. Hoxe en día, contamos xa con máis de 550. Son produtos nos que substituímos a fariña de trigo por fariña de arroz e millo, non sendo no caso de todas as galletas, que están elaboradas con avea libre de glute. E facémolo a prezos moi competitivos para lles facilitarmos o acceso a eles ás persoas celíacas e ás que non queren incorporar o glute na súa dieta.
NUTRIFREE
PAN DE MOLDE
O PanBauletto ten un sabor único. Feito con fermento, é ideal para os sándwichs.
PROCELI
CIABATTA RÚSTICA
O boliño ideal para preparares os teus bocadillos ou para acompañares o teu prato favorito. Clásica chapata rústica de miolo tenro e crocante. Rica en fi bra e baixa en azucres. Sen glute, sen lactosa e sen aceite de palma.
Máis de 2.300 produtos sen glute PARA ELIXIR
En EROSKI queremos que non renuncies a nada, que botes a andar a mañá cuns corn fl akes ou cunhas madalenas de che apetecer, que non relegues a ocasións especiais un delicioso prato de pasta, que prepares
para os teus fi llos un bocadillo para merendar ou que degustes unha saudable hamburguesa feita na casa. Para iso, contamos con máis de 2.300 produtos sen glute das nosas marcas EROSKI e dos principais provedores do mercado.
GULLÓN
GALLETA MARÍA
Elaboradas con aceite de xirasol alto oleico. Fonte de fi bra, sen lactosa, sen froitos secos, sen ovo e veganas. A dentadas, molladas na túa bebida vexetal favorita ou como tóppings nunha sobremesa. Gózaas como prefi ras!
SCHÄR
MAXI CHOCO
As clásicas galletas sándwich recheas de chocolate. Ideais para calquera momento do día.
PAUSA CIOK
Biscoitiños recheos de crema de leite e cubertos de chocolate. Os favoritos dos nenos!
MASA DE FOLLADO
Perfecta para facer tortas, empanadas ou canapés. Sen glute e sen lactosa.
MEDIAS NOITES
Estes boliños doces son tenros e esponxosos. Unha tentación irresistible!
CRÁCKERS
Crocantes cráckers sen glute cun sabor delicioso. Levaralos sempre a canda ti!
BOLIÑOS ROSETTE
Boliños conxelados crocantes sen glute. Ideais para bocadillos ou para acompañar comidas.
GRAN CONO
BULÉ
PA P CL C
PAN DE MOLDE CLÁSICO
PASTA PENNE RIGATE
Elaborado con fermento, paínzo e quinoa, é alto en fi bra e máis tenro e esponxoso ca nunca.
Ela E fer f qu q b es e
Bombón de abelá cuberto de chocolate e barquillo sen glute. Perfecto para un capricho doce.
Macarróns sen glute cun 20% de paínzo. Sempre quedan no punto perfecto.
LASAÑA
O sabor da auténtica lasaña boloñesa. Tan doado como abrir, quentar e comer. Tela que probar!
PANZEROTTINI
Deliciosas empanadillas típicas italianas recheas de xamón e queixo. Boísimas!
Crocante cono de barquillo sen glute culminado por unha suave crema de nata e chocolate.
CHICKEN FINGERS
Deliciosas e tenras tiras de polo rebozadas sen glute. Perfectas para as ceas improvisadas!
PIZZA 4 QUEIXOS
A pizza sen glute que conquista os padais máis esixentes. Próbaa!
este mes
Bocadillo‘veggie’ sen glute
• 4 baguettes sen glute
• 200 g de tempeh macerado
• 125 g de champiñóns
• 2 tomates
• 4 mancheas da herba dos cóengos
• 1 ½ cullerada de aceite de oliva virxe extra, AOVE
• Sal e pementa negra acabada de moer
• Ourego Para a salsa
• 125 ml de iogur
• ½ culleradiña de curry
ELABORACIÓN. Asamos os tomates no forno cun fío de AOVE, sal e un pouco de ourego.
Salteamos os champiñóns partidos con media cullerada de AOVE, sal e pementa. Reservamos.
2,43 €
POR RACIÓN
Pasamos o tempeh pola prancha cun fío de AOVE, sal e pementa.
Torramos o pan na mesma tixola que cociñamos o tempeh.
Facemos a salsa de iogur e curry.
Montamos o bocadillo cunha culleradiña de salsa de iogur e curry sobre o pan, unha base de herba dos cóengos, unha cullerada de champiñóns salteados, unhas láminas de tempeh e o tomate asado. Engadimos un pouco máis de salsa de curry.
COMENTARIO DIETÉTICO
Un bocadillo coma este é unha proposta cunha boa calidade nutricional.
Propiedades nutricionais. Contén proteínas de gran calidade procedentes da soia que, ao igual ca a proteína animal, contén todos os aminoácidos esenciais. A maior parte das graxas son insaturadas. Ademais, inclúe unha ración de verduras.
Sabías que…? O tempeh obtense pola fermentación dos grans de soia e conserva parte das súas propiedades nutricionais. Apta para dietas veganas.
Racións: 4
DificultadeElaboración
GRAXAS SATURADAS
SAL AZUCRES
Receitas que nunca fallan
2,39 €
Hamburguesa sen glute
• 4 pans de hamburguesa sen glute
• 4 hamburguesas grosas de vacún sen glute
• 4 culleradiñas de guacamole
• 4 follas de leituga
• 4 rodas de tomate
• 1 berenxena mediana en láminas á prancha
• 1 cebola vermella
• 1 cogombro en conserva
• ½ cullerada de aceite de oliva virxe extra, AOVE
ELABORACIÓN. Laminamos a berenxena e facémola á prancha.
Cociñamos as hamburguesas tamén á prancha.
Torramos os pans para, deseguido, montarmos a hamburguesa engadindo unha culleradiña de guacamole, a leituga, a carne, unha lámina de berenxena á prancha, dúas láminas de cogombro en conserva, unha roda de tomate, os aros de cebola vermella e un pouco máis de guacamole.
COMENTARIO DIETÉTICO
Aínda que a hamburguesa se asocia cunha receita non saudable, pódeo ser
Racións: 4
DificultadeElaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
SAL AZUCRES GRAXAS SATURADAS GRAXA
Receitas que nunca fallan
dependendo da calidade das materias primas, ingredientes e acompañamento elixidos. A mellor recomendación é acompañalas dunha ensalada, dunhas conservas en vinagre ou duns chips de verduras ao forno.
Propiedades nutricionais. Achega sobre todo proteínas de boa calidade e graxas, as máis delas insaturadas. A maior parte destas últimas proceden da carne e mais do pan, que contén aceite na súa composición.
Truco. A receita pódese variar incluíndo unha hamburguesa de legumes, peixe ou polo e utilizar pan integral, co que melloraremos a calidade nutricional.
Listas para gozar
Co bo tempo, a ensalada tórnase nun dos pratos estrela da nosa mesa. A súa frescura, seren farturentas, a gran variedade de follas coa súa particular gama de cores, formas, sabores e texturas e a súa boa combinación con outros ingredientes gastronómicos contribúen a que gañe con creces ese posto. En EROSKI ofrecémosche máis de 10 variedades de leitugas frescas e máis de 30 preparadas en bolsas listas para servir.
En EROSKI atoparás unha gran variedade de ensaladas envasadas e xa listas para o consumo. Catro estacións, César, mix de brotes, eiruga, herba dos cóengos, leituga romana, escarola, ensalada tentación, etc. A gama que ofrecemos nas nosas tendas é tan ampla que non vas cansar de probar novas combinacións.
Co obxectivo de conservar e manter todas as propiedades óptimas, estas ensaladas envásanse en atmosfera modifi cada para inhibir o crecemento dos xermes.
Poderás elixir a bolsa coa variedade e cantidade que precisas. A indicación no envase de ‘lavada’ ou ‘lista para consumo’ é garantía de que só terás que abrir, aliñar e gozar.
cémosche e
MENOS PLÁSTICO
As bolsas de ensalada EROSKI ecodeseñáronse e están fabricadas cun 15% menos de plástico. É froito do noso compromiso coa sustentabilidade.
–15 %
-15% PLÁSTICO*
LEITUGAS: todas as variedades
‘GOURMET’ Escarola
Ten un lixeiro sabor amargo e proporciona sabor e corpo. Combina ben con aliños suaves e con ingredientes que lle dan un toque doce, como froitas -en especial a granada-, queixo de cabra ou froitos secos.
CLÁSICA
Romana
Os corazóns de leituga EROSKI Natur cultívanse en zonas de clima suave e terreos soltos, o que lles proporciona o seu sabor e tamén unha textura suave e levemente crocante. Ademais, non teñen tratamentos poscolleita.
TENRA Manteigosa
COLORIDA
Folla de carballo
É doce, tenra e crocante e distinguirala polo seu ton, que vai do verde ao castaño. Achégalle un toque de cor ao prato.
A intensidade do sabor e da cor, unida ás súas suaves formas e carnosidade, fan da leituga manteigosa un acerto no prato. É a mellor alternativa aos brotes tenros ou á herba dos cóengos.
CANTÁBRICA
UNHA OPCIÓN MOI VERSÁTIL
Endivia
Alongada e con follas tersas e de cor esbrancuxada, ten un sabor amargo que combina perfectamente con iogur, queixo ou anchoas. En países como Francia adóitase consumir cociñada.
EN PEQUENO FORMATO Corazóns de ollo
Frescos e co ollo ben formado, os corazóns de ollo
EROSKI Natur son leitugas de talo pequeno tenras e de sabor intenso.
Batavia
É a máis consumida na cornixa cantábrica e tamén unha das máis saborosas e suaves. De follas abertas e onduladas e de cor verde intensa. No País Vasco atoparás a súa versión Eusko Label.
Para facer unha boa vinagreta aconséllase mesturar tres medidas de aceite cunha de vinagre e un chisco de sal. O truco consiste en bater os ingredientes previamente mesturados nunha cunca ou vaso, de xeito que se forme unha crema uniforme.
Vinagreta, un aliño clásico con moitas posibilidades
Busca o corazón nas etiquetas
Ensalada tropical
• 1 aguacate (200 g)
• 1 mango (300 g)
• 250 g de tomates cherry
• 50 g de noces
• 175 g de ensalada gourmet EROSKI
Para o aliño tropical
• ½ mango (150 g)
• 1 limón
• 100 ml de aceite de oliva
• 2 g de sal
• 30 ml de auga
ELABORACIÓN. Pelar e cortar o aguacate e o mango en dados. Cortar pola metade os tomates cherry e picar as noces. Mesturar nunha ensaladeira os ingredientes anteriores coa ensalada gourmet.
Cortar en dados o mango e botalo no vaso da batedora. Agregar o zume de limón, sal, aceite e auga. Bater ata acadar unha salsa homoxénea.
Servir a ensalada e aliñar ao gusto.
COMENTARIO DIETÉTICO
A ensalada é sinónimo de hortalizas en cru e, xa que logo, aproveitamos todo o contido nutricional sen que haxa perda polo cociñado.
Propiedades nutricionais. O mango é o ingrediente principal e contén algo máis de hidratos de carbono ca a media das froitas, por iso é de sabor máis doce. Achega fibra, ácido fólico e vitamina C e contén gran cantidade de betacaroteno, responsable da súa cor, que exerce acción antioxidante e o corpo pode converter en vitamina
A. A graxa é cardiosaudable, xa que procede do aceite de oliva e do aguacate e contén algo de omega 3 das noces.
Apta para veganos.
‘Pancakes’ DÍA DA NAI
4 PORCIÓNS / DIFICULTADE 1 / 30 MIN
75 g de fariña de trigo
75 g de fariña integral de centeo
2 culleriñas de lévedo
15 g de mel
100 g de iogur
150 ml de leite
1 ovo
Sal Aceite de oliva
PASO 1
Bater nun recipiente todos os ingredientes dos pancakes menos o aceite. Colocar a mestura nun biberón ou manga pasteleira sen boquilla.
PASO 2
Espallar un chisco de aceite nunha tixola antiadherente e quentar a lume medio. Debuxar coa masa corazóns e a palabra mamá.
PASO 3
Así que comecen a burbullar, virar e cociñar polo outro lado.
PARA A CREMA DE AMORODO E PLÁTANO
50 g de amorodos
50 g de plátano
100 g de queixo batido
PASO 4
Repetir o proceso ata acabar a masa.
PASO 5
Para facer a crema de froitas, triturar a metade do queixo batido cos amorodos e a outra metade cos plátanos.
PASO 6
Servir os pancakes nunha fonte formando a palabra mamá, con corazóns arredor. Poñer as cremas de froitas en dúas cuncas como acompañamento.
E C B
TRUCO
Se utilizamos máis fariña integral melloramos a calidade nutricional. Ademais, nestas receitas é importante elixir un tópping saudable e facer que sexa unha parte importante da preparación.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha presentación orixinal e diferente coma esta pode facer o prato moito máis apetecible. Ademais, podemos deixar que sexan os peques os que fagan as súas formas preferidas. A receita achega hidratos, proteína de boa calidade e graxas saudables.
Un último bocado LOCAL E SOSTIBLE
Calladas, cremas de ovo, xeados, un cremoso iogur… En EROSKI ese último bocado facémolo irresistible a través das mans expertas dos nosos produtores locais, que manteñen vivo o sabor de sempre. Como a familia Goenaga, que leva décadas elaborando con agarimo esas sobremesas con sabor á nosa terra no seu casarío donostiarra de Pokopandegi. Producen distintos iogures coas mellores materias primas da súa
contorna, mantendo as receitas tradicionais e creando novas variedades para lle dar forma a un produto próximo, natural e de confianza. Coma eles, unha trintena de produtores lácteos locais achegan as súas elaboracións aos supermercados EROSKI para che deixaren un bo sabor de boca. Queres coñecer que sobremesas se elaboran na túa comunidade? Velaquí tan só uns exemplos. Achégate ás nosas tendas e saborea o resto.
ILLAS BALEARES
2 +10
CANTABRIA
2 +25
Bien aparecida
Quefi r e iogur con arandos
arand os
Can Caus
Quefi r de cabra e iogur de cabra natural
C Q e n
La ermita Arroz con leite e iogur natural
PAÍS VASCO ARAGÓN
8 +40
Goenaga Iogur natural
3 +15
Mahala Iogur con bifi dus natural
EROSKI
Iogur con arandos, cereixas e amorodos
A RIOXA 1 +10
Celia
Pastores Queixo fresco de ovella
ASTURIAS 2
Nayem Arroz con leite
A rroz co n
Villa Villera Iogur natural +10 +
Queixo fresco e requeixo Q
Queixo fresco e r cab ra de
Central Lechera
Asturiana
Iogur natural cremoso e con anacos de cereixa
SOBREMESAS LÁCTEAS
Ecolóxicas, de km 0, e ademais inclusivas
Aliámonos con Aspace Biointegra para comercializarmos nas nosas tendas produtos elaborados por persoas con discapacidade.
Hai proxectos que nacen para romperen barreiras. Aspace Biointegra é un deles. Esta queixería navarra pode presumir de saber conxugar calidade e solidariedade. As súas sobremesas lácteas elabóranas persoas con discapacidade con leite procedente de animais da contorna rural de Orreaga-Roncesvalles. Seguen receitas tradicionais e saben a pastos e a produción ecolóxica, pero tamén a emprego local e a integración. E para sumar
aínda máis envásanse en cristais retornables e utilizan menos do 1% de plástico nos seus produtos.
En EROSKI valoramos este xeito de coidar do planeta e dos colectivos vulnerables e abrimos as nosas tendas aos seus produtos. Esta combinación entre sustentabilidade e responsabilidade social é clave na nosa liña de traballo. Por iso, en EROSKI asinamos un acordo con Aspace Navarra e coa sociedade pública INTIA para a comercialización dos lácteos
Comprometidos co local
En EROSKI levamos anos traballando de xeito conxunto con pequenos produtores para que os alimentos das nosas tendas sexan cada vez máis locais.
Impulsamos a innovación a través de novas variedades,
envases e ata con diferentes formas de elaboración, mantendo intactas a tradicións e valores que fan únicos eses produtos.
Garantimos un prezo acorde á subida das materias primas.
elaborados coa mellor materia prima local por persoas con discapacidade de Aspace Navarra que viven na comunidade foral.
O obxectivo é crear riqueza na nosa contorna e avanzar na diversifi cación do emprego social e coidamos que a comercialización destes produtos no case un cento de supermercados EROSKI de Navarra é a mellor garantía para que este proxecto continúe.
Esta iniciativa, que conta con fondos europeos, comezou hai máis dunha década coa produción de queixos, pero foi incorporando outros produtos como manteiga, leite, iogures e quefi r, todos con certifi cación ecolóxica da zona. Os encargados da súa produción son sete persoas con discapacidade das proximidades da fábrica, co que se fomenta a súa inclusión no mundo laboral.
Nós xa probamos estes lácteos e encántannos. E a ti?
É bo que sexa de aquí
xusto de aquí
Ofrecemos un acompañamento para adaptarse ás normativas de sustentabilidade.
Aumentamos cada ano a variedade de produtos de proximidade para que os alimentos das nosas tendas sexan cada vez máis locais.
este mes
Albóndegas en salsa
• 400 g de carne picada de becerro
• 200 g de carne picada de porco
• 1 ovo
• 1 ceboliña grande
• 1 allo e un pouco de perexil
• 1 rebanda de pan de molde sen codia
• Sal, pementa negra e fariña
• Aceite de oliva virxe extra, AOVE
Para a salsa
• 2 cebolas, 1 dente de allo e 1 cenoria
• 1 tomate pequeno
• 1 anaco de pan duro
• 1 cullerada rasa de maicena ou fariña
• 1 l de caldo de carne e verduras ou auga
• 1 cullerada de aceite de oliva
• Sal, pementa negra e perexil
ELABORACIÓN. Partimos ben finas as cebolas e a cenoria e rustrímolas nunha pota co aceite. Engadimos o allo e o perexil moi picadiños, o pan triturado e a fariña ou maicena. Integramos e sofriximos. Engadimos o tomate ben picado e mesturamos deixando que se sofrixa.
Engadimos o caldo e levamos a ebulición. Baixamos o lume e deixamos cociñar devagar unha hora. Rectificamos de sal e engadimos pementa. Trituramos a salsa, preferiblemente polo pasador de puré. Reservamos.
Para preparar as albóndegas rustrimos a ceboliña e o allo ben picados ata que estean transparentes e moles.
Nunha cunca engadimos a carne, a cebola e o allo rustridos e xa mornos, o ovo, o miolo do pan de molde remollado en leite e escorrido e mais o perexil e mesturamos ben. Salpementamos.
Formamos bóliñas de carne e pasámolas lixeiramente por fariña para as frixir en aceite quente por quendas. Deben quedar practicamente feitas por dentro e douradas por fóra, pero sen torrar.
Levamos as albóndegas a unha pota. Cubrímolas coa salsa e deixamos a lume baixo que se impregnen os sabores durante uns 15-20 minutos.
COMENTARIO DIETÉTICO
A preparación das albóndegas admite múltiples variacións: peixe, polo, e mesmo garavanzos ou verduras.
Propiedades nutricionais. Recoméndase un consumo moderado, ao seren carnes vermellas, xa que contan cun contido elevado de graxas saturadas.
Truco. Ao mercarmos carnes picadas é recomendable mirar a etiquetaxe, xa que algunhas poden conter outros ingredientes amais da propia carne. Tamén se pode pedir no mostrador que nos piquen a carne no momento.
Racións: 4
1,99 € POR
A B D E C
NUTRI-SCORE C
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Receitas que nunca fallan
1,39 € POR RACIÓN Receitas que nunca fallan
Pavo con salsa de cogomelos e puré de pataca
• 400 g de peituga de pavo
• 500 g de champiñóns
• 250 ml de caldo de polo
• 1 cebola e 2 dentes de allo
• 200 g de patacas
• 150 ml de leite enteiro
• Sal e pementa
• Aceite de oliva
ELABORACIÓN. Cocer as patacas enteiras nunha pota con abundante auga con sal. Pelar e pasar polo pasador de purés. Salpementar e mesturar co leite ata acadar unha textura suave.
Cortar a peituga de pavo en cubos e os champiñóns en anacos grandes.
Nunha tixola, engadir un chorro de aceite de oliva e marcar a lume forte a peituga. Retirar e reservar.
Na mesma tixola, engadir a cebola e os allos picados e refogar.
Así que comecen a coller cor, engadir os champiñóns e cociñar ben ata perderen a auga toda.
Incorporar o pavo e regar co caldo de polo. Cociñar 10 minutos ata que o caldo se reduza e adquira consistencia de salsa.
Servir o puré de patacas no fondo do prato, facer un buraco no centro e colocar o pavo.
COMENTARIO DIETÉTICO
Un prato que resulta moi sinxelo e rápido de preparar e á vez moi saboroso.
Propiedades nutricionais. Achega proteínas de boa calidade da carne, hidratos de carbono da pataca e verduras e pouquiña graxa moi saudable, xa que a máis dela provén do aceite de oliva. A
Racións: 4
DificultadeElaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
peituga de pavo é unha carne e un corte que achega pouca graxa, vitaminas B3, B6 e B12, potasio, fósforo, selenio e zinc.
Sabías que…? Tal e como acontece nesta preparación recoméndase consumir a pataca xunto a algunha hortaliza para que aumente o contido en fibra, o que axudará a facer unha absorción máis lenta dos hidratos da pataca.
Limpeza suave
Auga micelar con vitamina C Garnier SkinActive
O xeito máis doado de desmaquillar, limpar e achegarlle luminosidade á túa pel nun só xesto, sen aclarado e con cero residuos. Esta auga micelar perfumada e enriquecida con vitamina C contén micelas que actúan como imáns para capturar a sucidade, a maquillaxe e a polución.
Dermatolóxica e oftalmoloxicamente testada. Botella fabricada con plástico 100% reciclado.
Pon a túa pel e cabelo a punto PARA O VERÁN
Omes de maio é a antesala do verán. A nosa pel e cabelo dinlle adeus ao frío e vense máis expostos ao sol e ao aire libre. Requiren, xa que logo, dun coidado extra. Dámosche as claves para realzares a túa beleza natural e para
lucires radiante nestas solleiras tardes primaverais. Consellos que van dende a utilización de fotoprotectores ata produtos que axudan a nutrir e a reparar o cabelo e mais a pel, pasando por unha limpeza suave e respectuosa para garantir que se manteñen bonitos.
Mousse limpadora belle
Limpa suavemente eliminando a maquillaxe e todo tipo de impurezas. A súa textura en escuma e a súa fórmula sen xabón proporcionan unha agradable sensación de benestar sen resecar.
Contén un 96% de ingredientes de orixe natural, é apta para a pel sensible, hipoalerxénica e está dermatolóxica e oftalmoloxicamente testada. Fórmula vegana, sen ingredientes de orixe animal. Botella 100% reciclable.
Exfoliante de noz e cedro xaponés
belle
Purifica os poros e restaura a textura da pel para lograr unha cute renovada, máis homoxénea e luminosa, grazas á acción rexeneradora e antioxidante do extracto de brotes de cedro xaponés e do po de casca de noz. Recoméndase o seu uso unha vez por semana.
Contén un 95% de ingredientes de orixe natural. Tubo fabricado con plástico 50% reciclado. Dermatoloxicamente testado. Fórmula vegana.
CHEGA O BO TEMPO: POSTA A PUNTO EN 4 PASOS
Exfoliación. Exfolia a túa pel un par de veces por semana para eliminares as células mortas acumuladas durante o inverno e lograr unha pel brillante, fresca e preparada para un bronceado uniforme. Usa fórmulas suaves para o rostro e masaxea o teu corpo cunha luva uns días antes da exfoliación.
Tónico xasmín, niacinamida e ácido hialurónico belle
O tónico actúa como un regulador natural do sebo, refresca a pel e achega nutrientes para restablecer o seu equilibrio. Este de belle está formulado con ácido hialurónico e niacinamida para hidratar, suavizar, iluminar e calmar o rostro tras a limpeza nun só xesto.
Sen alcohol. Contén un 95% de ingredientes de orixe natural. Apto para a pel sensible, hipoalerxénico e dermatoloxicamente testado. Fórmula vegana e botella 100% reciclable.
Xel de ducha Natural Prebiotic Sanex
Xel revitalizante cunha delicada fragrancia refrescante, que axuda a coidar a pel para mantela forte, sa e resistente. Está formulado cun avanzado complexo prebiótico a partir de agave bio e de provitamina B5 para manter hidratada a pel durante 12 horas e favorecer o seu equilibrio natural, á vez que crea unha barreira protectora contra as agresións externas.
Fórmula vegana. Contén un 92% de ingredientes de orixe natural.
2 Sérum. Se tes a pel sensible e propensa a sufrir alerxias primaverais, utiliza un sérum tras a limpeza facial e antes da túa crema de tratamento. O sérum achega unha capa extra para defender a pel contra o vento ou a polución. A súa textura é lixeira e non engade peso nin sensación graxa.
3
Protección solar. Utiliza protector solar específico acotío en rostro e pescozo para previr o avellentamento prematuro e algúns tipos de cancro. Tamén existen cremas hidratantes ou bases de maquillaxe que inclúen factor de protección para facilitar incorporalo na túa rutina.
4
Hidratación. Aínda que a sensación de sequidade na pel sexa menor por mor do maior grao de humidade ou suoración, é esencial seguir utilizando produtos que eviten a súa deshidratación. Escolle texturas máis lixeiras como xeles ou brumas.
BB Cream matificante
Garnier SkinActive
Formulada con ácido hialurónico e aloe vera, trata e combate os brillos, corrixe as imperfeccións e proporciona unha hidratación intensa para restaurar a luminosidade e o aspecto saudable e radiante da pel do rostro.
Textura lixeira e fl uída. Con FPS 25 para protexer a pel fronte aos raios UV. Dermatoloxicamente testado.
Pel protexida e radiante
Fluído solar rostro e escote FPS 50 + belle & SUN Formulado para protexer do sol a pel do rostro e do escote, ten un factor de protección moi alto e fi ltros equilibrados UVA e UVB. Prevén a aparición de manchas e engurras e hidrata e nutre sen engraxar. Ideal para peles sensibles e moi claras. A súa fórmula é agora máis respectuosa cos océanos, xa que non contén fi ltros solares prexudiciais para o medio acuático.
Dermatoloxicamente testado. Hipoalerxénico. Fórmula vegana, sen ingredientes de orixe animal.
Sérum facial con vitamina C Vital + belle
Reduce a aparencia de imperfeccións, estimula a produción de coláxeno e elastina e aumenta a fi rmeza da pel grazas á acción combinada da vitamina C, o ácido combinado de alto e baixo peso molecular e o extracto de laranxa, que contribúen a reducir os signos de avellentamento, como engurras ou liñas de expresión, a incrementar a luminosidade e a unifi car o ton.
Contén un 98% de ingredientes de orixe natural. Dermatoloxicamente testado. Fórmula vegana. Estoxo 100% cartón procedente de fontes responsables, con certificación FSC.
Bruma protectora invisible FPS 50+ Garnier delial Protexe a pel dos danos solares causados polos raios UVB e UVA. Enriquecida con aloe vera e vitamina E, refresca a pel cunha fórmula de tacto seco e secado rápido.
Non contén alcohol. Formulado para protexer todos os tons de pel.
Cabelo forte e nutrido
Xampú fortificante Nutri-plex Pantene
Especialmente formulado para o cabelo danado. Axuda a fortalecer e a nutrir o pelo longo e a media melena e déixao visiblemente máis san. Enriquecido con niacinamida e vitamina E. Prevén as puntas abertas e achégalle suavidade e un brillo saudable ao cabelo.
Botella 100% de plástico reciclado.
Ritual capilar Ouro Máxico belle
O xampú e a máscara Ouro Máxico de belle nutren intensamente o cabelo da raíz ás puntas, achegándolle brillo, sen engraxalo nin amazacotalo. A súa fórmula combina tres principios activos imprescindibles para lograr un pelo cheo de vida. Inclúe aceite de argán, que rexenera e axuda á reestruturación do cabelo; aceite de xoxoba, que hidrata e fortalece; e keratina, con propiedades acondicionadoras, suavizantes e reparadoras.
Dermatoloxicamente testados.
Reforza a túa rutina
Consolida o teu plan de exercicio e alimentación saudable con produtos cosméticos que axuden a reafirmar, reparar e redefi nir a pel.
Máis de 100 corazóns para o teu coidado persoal
Crema de peiteado Instant Frizz Control Pantene Combina o poder da ciencia Pro V coa biotina, o extracto de fl or de cacto e o aceite de argán para protexer o cabelo fronte á humidade e evitar o encrespamento, logrando un pelo disciplinado e suave nun intre.
Xel-crema anticelulítico reafi rmante intensivo belle
De textura fresca, sedosa e non graxa proporciona un poderoso efecto reafi rmante e anticelulítico grazas á acción combinada da cafeína, a manteiga de karité e o complexo vexetal Pronalen Reafi rmanteTM. Redefi ne a silueta, redensifi ca a pel, repara e prevén as estrías e reduce o volume das coxas en oito días*.
* Confi rmado con test clínico biométrico no 75% das voluntarias. Apto para pel sensible. Dermatoloxicamente testado e hipoalerxénico. Fórmula vegana.
Unha pequena axuda
PARA FACER GRANDES AOS MÁIS PEQUENOS
Este mes os nosos Céntimos Solidarios irán destinados a sete asociacións que traballan para garantir a alimentación e o benestar dos menores máis vulnerables que viven no teu contorno máis próximo.
Ocancro levouse hai unha década a pequena June Sánchez Tolaretxipi cando tiña apenas dous anos. A súa breve historia, así e todo, deixou un gran pouso e converteuse en algo grande. A asociación que leva o seu nome, Juneren Hegoak, creada pola súa familia tras o falecemento da pequena, traballa dende aquela para axudar a outras familias guipuscoanas en situación de vulnerabilidade que estean a afrontar o dó ou a enfermidade dun menor.
Juneren Hegoak é unha das sete asociacións centradas en axudar os pequenos e as súas familias en situación precaria e en risco de exclusión social ás que van ir destinadas as nosas doazóns no mes de maio dentro do programa Céntimos Solidarios. Son entidades que centran o seu traballo en pequenos círculos de actuación, como é o teu barrio, a túa cidade e o teu contorno máis próximo.
Precisamente, o lema de Juneren Hegoak ben podería representar calquera destes colectivos que traballan a prol dos nenos e nenas que máis o precisan: “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas... pode cambiar o mundo. Cambiámolo xuntos?”. Nós, a través do noso programa solidario. Vós, cun pequeno xesto que se converte en algo grande, como é marcar o ‘si’ ao pagardes a vosa compra con tarxeta ou móbil nas nosas caixas.
GRAZAS
Solidariedade
Persoas con discapacidade
Solidaridad
Personas con discapacidad
A favor de:
ás vosas achegas e ás de EROSKI, en abril doámoslle máis de 110.000 € a esta causa Más
Proxectos que recibirán a axuda
Galicia
FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR
O proxecto Merendas saudables contribúe a que os menores merenden de luns a venres e tamén durante as vacacións escolares.
Navarra e Galicia ACCIÓN CONTRA A FAME
A iniciativa Axuda para unha alimentación saudable permitiralles a familias necesitadas mercar alimentos de primeira necesidade.
Biscaia
CÁRITAS DIOCESANA DE BILBAO Bríndanlles apoio escolar, tempo libre e ocio a menores de familias que se atopan en situación de vulnerabilidade.
Guipuscoa JUNEREN HEGOAK
Contribúe a pagar as terapias, o acompañamento hospitalario, os gastos de transporte e a manutención de menores con enfermidades e minusvalías.
Aragón FUNDACIÓN AMASOL
O proxecto Ninguén atrás axúdalles a cubrir as necesidades básicas a familias monoparentais.
Baleares CÁRITAS DIOCESANA DE MENORCA
Ofrécenlles autonomía a familias con bebés ou menores para adquiriren os produtos necesarios para a crianza.
Todas as comunidades agás Aragón, Navarra e Galicia SAVE THE CHILDREN
O programa Impulsa axuda a que menores vulnerables teñan unha axeitada nutrición durante todo o curso escolar.
En EROSKI sumámonos a unha nova edición da Operación Quilo, que lanza a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) en maio. Á marxe de contribuírmos desinteresadamente co transporte e a loxística, en EROSKI achegamos un 7% sobre o total da doazón realizada polos clientes. O reto é superar o millón de comidas -máis de 300 toneladas de alimentos- recadados o pasado
ano. E se o logramos daquela, por que non repetilo? Un millón de comidas supón un millón de sorrisos. Súmate ao reto!
COMO PARTICIPAR?
Voluntarios de FESBAL faranche entrega dunha bolsa ao entrares nas nosas tendas. Elixe os produtos que queiras doar, introdúceos nela e entrégaa ao concluíres a compra. Doa o importe que desexes ao pasares polas nosas caixas.
CANDO?
Do 8 ao 14 de maio, en todas as nosas tendas, salvo en Galicia.
En marzo, a campaña ‘Zampaquilos Solidario’, realizada en Galicia, recadou máis de 90 toneladas de alimentos e 15.289,32 euros, que serviron para alimentar a 28.750 familias.
Unha doazón de 5€ equivale a:
‘OPERACIÓN QUILO’
Sumámonos ao reto para lograr UN MILLÓN DE COMIDAS
O azul do Mediterráneo, o intenso verde das paisaxes montañosas e a ampla oferta de lecer fan da Costa Daurada o destino ideal para gozar dunhas vacacións en familia. Reserva agora e, só por seres socio de EROSKI club, reembolsarémosche o 5% do total da viaxe na túa tarxeta para vindeiras compras. Goza dunhas vacacións espectaculares mentres acumulas aforro.
COSTA DAURADA
O destino familiar máis completo do Mediterráneo
Acosta Daurada ofréceche a oportunidade de gozar de enclaves como Salou, Cambrils, Vila-seca ou La Pineda, distinguidos co selo de ‘Destino de Turismo Familiar’, polo que son o lugar ideal para gozar dunhas vacacións con nenos. A poucos quilómetros de PortAventura World e con excelentes comunicacións para visitar Cataluña, esta zona ofrece moitas posibilidades de lecer. Ademais, a súa longa tradición vacacional é garantía de hospitalidade, diversión, servizo e calidade.
SALOU:
ABERTA AO MEDITERRÁNEO
A ruta dos Miradoiros de Salou une 23 espectaculares atalaias nun
agradable percorrido pola Costa Daurada. Este sendeiro discorre entre o intenso azul mediterráneo e a montaña, rodeado de masa forestal e da típica vexetación autóctona. Unha ruta ideal para os amantes da natureza e do deporte ao aire libre, na que poderás coñecer a biodiversidade e as particularidades da Costa Daurada co mar Mediterráneo como anfi trión.
CAMBRILS:
SOBRESAÍNTE EN GASTRONOMÍA
A vila mariñeira de Cambrils ten moitos motivos que a converten no centro culinario por excelencia de Cataluña. O mellor da terra e do mar atópase nas receitas que os seus chefs elaboran
coidadosamente, sempre da man dos produtos de tempada. Unha capital gastronómica na que presente e futuro se dan a man. As novas xeracións de cociñeiros seguen con paixón o legado familiar achegando vangarda, recoñecementos e premios como os Soles da Guía Repsol ou as estrelas Michelin que concentran os restaurantes da vila.
VILA-SECA E LA PINEDA PLATJA:
ARTE, MAR E PAISAXE
Vila-seca e La Pineda Platja son eses lugares aos que sempre queres volver. Alí poderás gozar do mar en calma, dese azul mediterráneo que canta Joan Manuel Serrat, de praias de area fi na e dourada, de cultura, parques con historia e espazos verdes. Unha das visitas obrigadas é o Celler de Vila-seca, situado no corazón da cidade. Recentemente restaurado únese ao Castell de Vila-seca como un espazo multifuncional e
museístico, sede de numerosas mostras de arte contemporánea. Non perdas tampouco a zona de humedais da Sèquia Major ou o Parque da Torre d’en Dolça, un importante pulmón verde.
RUTA POLO INTERIOR
A carón dos múltiples encantos que che ofrece a costa, as vilas do interior son outro dos grandes atractivos da zona. Son ideais
para facer rutas en bicicleta BTT, gozar do turismo urbano e rural ou para coñecer os numerosos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade. A escasos quilómetros da Costa Daurada atópanse tamén os Parques Naturais da Serra de Montsant e das Terres de l’Ebre, declarado Reserva da Biosfera, que che permitirán mergullarte na natureza en estado puro.
5 %
15%
Callada de leite de ovella EROSKI SELEQTIA, 140 g Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
15%
Pan relado sen glute EROSKI, 200 g Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
15%
Serum Vital+ Vitamina C belle, 30 ml Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
15%
Tortellini 4 queixos EROSKI, 250 g Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
15% Iogur Bifidus con muesli EROSKI, pack-4 unidades Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
15% Exfoliante facial belle, 100 ml Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
15%
Crema facial FPS 50+ belle&SUN, 50 ml Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
15% Salmón afumado EROSKI SELEQTIA, 90 g Aplicable a 4 unidades máximo.
Hipermercados e supermercados
Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
* Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
* Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
* Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
* Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
Válido ata o 7 de xuño do 2023
VALE AFORRO
Válido para unha única compra e amosando a túa tarxeta EROSKI club. Non acumulable máis dun vale desta mesma promoción no mesmo tícket. Persoal e Intransferible. Non se devolverán cartos nin se poderá usar parcialmente.
* Consulta dispoñibilidade no teu supermercado.
Vegalsa-EROSKI
Os escolares aprenden
NOS NOSOS SUPERMERCADOS
Máis de 4.200 escolares de Castela e León e Galicia participaron no programa ‘Mates no teu súper’, que dende hai oito anos organiza VegalsaEROSKI nas súas tendas.
Contribuír a mellorar o noso contorno é tamén tenderlles a man ás nosas escolas. Por iso, en Vegalsa-EROSKI levamos oito anos traballando no programa educativo Mates no teu súper, co que escolares de Galicia e de Castela e León poden aplicar os seus coñecementos en matemáticas nun espazo real como son os nosos supermercados. Deste xeito, aprenden mates dun xeito lúdico e práctico.
Para Eva Capelete, a nosa coordinadora do programa en Vegalsa-EROSKI, esta iniciativa busca tamén “sensibilizar os escolares sobre a importancia de levaren unha alimentación
equilibrada e uns hábitos de vida saudables, especialmente ante o preocupante crecemento da taxa de obesidade infantil”. Nestes últimos oito anos organizamos máis de 175 obradoiros prácticos con máis de 4.200 escolares de Galicia e León.
Ademais, xunto aos obradoiros, poñemos á disposición dos centros escolares material didáctico gratuíto elaborado por distintos expertos seguindo as directrices do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. “Os alumnos dan posto en práctica as habilidades aprendidas, dándolles sentido aos contidos matemáticos, coñecendo a súa aplicación e funcionalidade, á vez que entenden o mundo a través das mates ”, comenta Capelete. Amais de matemáticas trabállanse materias como comunicación, saúde, nutrición e autonomía.
A ESCOLA DE ALIMENTACIÓN CUMPRE UNHA DÉCADA
Neste mesmo eido da educación, na Fundación EROSKI puxemos en marcha hai xa unha década o Programa Educativo en Alimentación e Hábitos de Vida
35 alumnos de 5º de Primaria de diferentes centros educativos da localidade galega de Mos toman parte nun dos últimos obradoiros, realizado o Día Internacional das Matemáticas.
Saudables. Neste tempo, máis de millón e medio de menores de 12 anos pasaron por esta escola, na que ofrecemos actividades experimentais e sensoriais, xogos interactivos, vídeos, contos e recursos dixitais para realizar nas aulas e na casa.
Ademais, os alumnos poden participar en concursos como Imagine Food, no que os menores debuxan pratos creativos e saudables que logo materializa o chef Peio Gartzia –ao que chaman o chef da clase–, e no que teñen a oportunidade de elaborar un menú saudable xunto a cociñeiros do Basque Culinary Center.
Participar é gratis. Apúntate en: