www.eroski.es
#41
novembro’18
1 EURO
COA CALIDADE E O AFORRO DE SEMPRE
EROSKI Basic estrea imaxe PROTAGONISTAS ‘Baguette’ EROSKI Natur: sempre tenra e fresca
NA TENDA CONTIGO Por segundo ano consecutivo, somos o mellor súper ‘online’
BELEZA belle NATURAL: respecta a túa pel e o teu contorno
EROSKI 41 ATREVETE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
25/10/18
13:46
sumario www.eroski.es
novembro’2018
08 é tempo de... EROSKI Basic renova a súa imaxe. Produtos de calidade ao prezo máis axustado.
14 protagonistas EROSKI Presentámosche o último de EROSKI Natur: unha ‘baguette’ máis duradeira e a mazá Royal Gala.
20 o escaparate Medra a gama de iogures desnatados Biactive.
22 na tenda contigo A Estrela Solidaria chega un ano máis aos nosos supermercados.
32 pola túa saúde
08
Os caquis están en plena tempada. Descubre todo o que ofrece esta froita.
38 enerxía para medrar Aposta polos legumes para as comidas infantís.
42 beleza A nova gama de cosmética belle NATURAL xa está nas nosas tendas.
49 vales aforro EROSKI club Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro EROSKI club.
22
42
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
52 noticias corporativas O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.
3
003 SUMARIO GAL.indd 3
25/10/18 17:38
este mes... novembro’18
“EROSKI Basic cambia, pero mantén a promesa coa que naceu: converter produtos de uso cotián nunha compra intelixente” Itxaso Cuesta — Responsable EROSKI club
Renovarnos para ofrecermos o mellor
E
n EROSKI sabemos que o paso do tempo esixe cambios. Cómpre que nos renovemos para podermos responder ás vosas necesidades, pero sen esquecer cal é o noso obxectivo: ofrecer produtos a bo prezo que vos permitan levar unha alimentación equilibrada e responsable, sen renunciar á calidade. Por iso, EROSKI Basic cambia por fóra, pero mantén a promesa coa que naceu: converter alimentos de uso cotián nunha compra intelixente, grazas ao seu prezo axustado e á seguridade que garanten os nosos controis de calidade. Pero a nova imaxe de EROSKI Basic non é a única novidade este mes. En outubro anunciamos a nosa primeira gama de cosmética natural certificada de belle e en novembro lanzámola. Son 16 produtos que cobren distintas necesidades básicas da rutina cotiá de hixiene e beleza. Cun
alto contido de activos de orixe natural, coidan e respectan a saúde da túa pel e mais o contorno. Ademais, nesta revista atoparás toda a información para que, grazas ao espazo que vimos de estrear, ‘Máis Promocións’, saibas como aforrar nas tendas online das marcas máis coñecidas. E, coma sempre, traémosche o último sobre os nosos produtos. Con novembro chegan as mazás Royal Gala EROSKI Natur, os caquis EROSKI Natur e lanzamos a nova baguette EROSKI Natur. Calidade e sustentabilidade ao mellor prezo son os piares deste número. Goza da lectura!
Edición #41 novembro‘18
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel. +34 946 211 211 REALIZACIÓN EDICIÓN
Valentín Beato, 44 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104 Difusión controlada por OJD Publicidade Antonio García Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel. +34 943 344 614 Depósito Legal BI-222-2015
Mellor servizo de atención ao cliente por sexto ano consecutivo
Cumprimos 20 anos colaborando con Banco de alimentos
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.
EROSKI club Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefi res, rexístrate en
www.eroski.es e descubre todas as vantaxes
4
004 EDITORIAL GAL.indd 4
25/10/18 17:39
EROSKI 41 LINDOR.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
23/10/18
11:55
para abrir boca
TOMA NOTA
Dúas opcións perfectas para untar
P
ara quen busca un queixo cremoso e suave ou para quen prefire unha opción light, en EROSKI temos os queixos de untar natural EROSKI e light de Sannia. Ideais para o aperitivo, a merenda ou para acompañar os teus pratos preferidos.
SEN ACEITE DE PALMA
Pans de hamburguesas e 'hot dogs', máis saudables
P
reparar hamburguesas e hot dogs é unha opción perfecta para organizar merendas e ceas sinxelas e rápidas e tomar auténticas receitas americanas. En EROSKI seguimos a retirar o aceite de palma e de coco de todos os nosos produtos de aquí ao 2020. Por iso, en liña co compromiso de EROSKI, nos nosos pans de hamburguesa e hot dog indicamos que non conteñen graxa de palma.
SUXESTIÓN
Fuet EROSKI Seleqtia: de categoría!
O
ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA SELEQTIA
Para non perdermos nin unha pinga
O
s aceites de oliva virxe extra EROSKI Seleqtia Arbequina e Hojiblanca son de categoría superior. Obtidos directamente de olivas seleccionadas só mediante procedementos mecánicos, teñen Denominación de Orixe e están testados polo Basque Culinary Center (BCC). Dúas excelentes variedades de sabor suave e agradable, que agora chegan ás nosas tendas cun
novo tapón vertedor, o que che permitirá controlar mellor a cantidade que engades nos teus pratos, sen que pingue nin se derrame. Para non perder nin unha pinga e potenciar o sabor de todos os teus pratos.
fuet é un embutido que gañou popularidade nos últimos anos e que se fixo co seu lugar nas casas e nos restaurantes de alta cociña. En EROSKI atoparás o fuet Seleqtia, unha peza gourmet de categoría extra -a de maior calidade- producida na comarca catalá de La Garrotxa, coñecida pola súa tradición na elaboración de embutidos. O fuet Seleqtia ten, amais dun sabor e calidade superior, un alto contido en proteínas e non contén glute.
6
006 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 6
25/10/18 17:40
EROSKI 41 GREFUSA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
23/10/18
12:05
é tempo de...
Nova imaxe para EROSKI Basic
A calidade é un básico EROSKI Basic renóvase por fóra, pero mantendo a promesa coa que naceu: ofrecer produtos de calidade, con todas as garantías e ao mellor prezo. Porque sabemos que, para ti, darlles o mellor aos teus é o máis importante, realizamos máis de 11.000 análises anuais dos nosos produtos e testámolos en catas a cegas cos nosos clientes.
U
n prezo axustado non debe ser impedimento para ter o mellor produto. Coma ti, coidamos que a calidade é un básico ao que non se pode renunciar e, por iso, EROSKI Basic ofrece unha gama con máis de 300 referencias para cubrir as necesidades cotiás con todas as garantías e menos gasto. Basic naceu no 2010 coa idea de converter produtos de uso cotián nunha compra intelixente por mor do seu prezo máis baixo e da seguridade que garanten os controis de calidade que realizamos, internos e mais externos. Unha promesa que segue vixente e que se reforzou cunha renovada imaxe. Agora, poderás identifi car a gama de produtos EROSKI Basic grazas a un novo deseño baseado en cores vivas e ilustracións. Calidade ao mellor prezo, con todas as garantías de EROSKI. É unha fórmula que probou ser todo un éxito e que converteu Basic nunha gama fixa no teu carro da compra. Produtos como o batido de chocolate, o beicon afumado, o fuet extra ou os paus de surimi, entre outros, son os teus preferidos pola súa calidade diferencial. Todos eles, ao igual ca o resto da gama de EROSKI Basic, cumpren coas túas esixencias para a alimentación cotiá.
DE TOTAL CONFIANZA A calidade e mais o aforro son os eixes principais da nosa gama Basic e tamén a razón pola que os clientes e mais os traballadores confían plenamente nestes produtos.
Jaime Castillo, por exemplo, é o encargado de mercar a comida para a súa familia e sempre busca o mellor. Por iso, cando prepara lentellas para a súa neta, sempre aposta polas lentellas pardinas
8
008-013 ES TIEMPO DE GAL.indd 8
25/10/18 17:42
EROSKI Basic, unha variedade extra, alta en fi bra e proteínas e baixa en graxas: “Coas lentellas da miña neta non xogo”, explica. Outro exemplo é o tomate frito EROSKI Basic, elaborado con ingredientes de calidade e aceite de xirasol, e sen glute. Trátase dunha salsa suave, que ten o punto xusto de sal. Como explica Isabel Osorio, traballadora de EROSKI, na súa casa é un básico que, combinado con outros alimentos, serve para conseguir que o seu fi llo se afaga a probar pratos que lle gustan menos, como o peixe, as verduras ou os legumes. “A súa primeira pasta con tomate foi Basic e encantoulle”. Estes son só dous exemplos polos que os produtos Basic son os teus preferidos á hora de faceres a compra. Desde sempre, en EROSKI traballamos para que teñas os mellores prezos nos produtos necesarios para levar unha alimentación equilibrada e responsable. Con esta gama aforrarás con todas as garantías de calidade.
A saúde, o outro alicerce que sostén os nosos produtos
A saúde é unha prioridade para EROSKI e, loxicamente, isto reflíctese en todas as nosas marcas. Desde hai anos, traballamos para reducirmos o azucre, a graxa e o sal da marca propia. De feito, eliminamos xa 467 toneladas de azucre, 93 toneladas de sal e 998 toneladas
de graxa dos nosos produtos e mais eliminamos as graxas vexetais parcialmente hidroxenadas, que aumentan o colesterol malo. E os nosos envases incorporan o semáforo nutricional. Este sistema permítelles aos consumidores coñecer dunha simple ollada (a través das cores verde, amarela e laranxa) a cantidade de calorías, azucres, graxa, graxas saturadas e sal que achega unha ración de consumo dun produto e mais as súas porcentaxes sobre a inxestión diaria. Ademais, o semáforo acompáñase doutros símbolos de información nutricional que, dunha maneira sinxela, indican os nutrientes que achegan determinados produtos, a súa orixe e mais os ingredientes que poden xerar intolerancias.
9
008-013 ES TIEMPO DE GAL.indd 9
25/10/18 17:42
é tempo de...
MAURO RIVAS, RESPONSABLE DE CALIDADE DE EROSKI
“EROSKI Basic é exemplo de que ter un bo prezo non implica renunciar á calidade”
C
Os produtos EROSKI Basic cumpren con todas as garantías? Si, aínda que en ocasións identificamos desvíos que desencadean as accións correctoras correspondentes con cada provedor.
omo responsable de calidade, Mauro Rivas coñece de preto o proceso de selección e control dos produtos EROSKI Basic. O seu departamento é o encargado de velar para que todos cumpran os estándares máis altos e conseguiu que esta marca se convertese nunha aposta fi xa en moitos fogares. Hai algúns produtos estrela, como o tomate frito, os corn flakes e as galletas integrais, que conseguiron unha grande aceptación. Son un exemplo de que EROSKI Basic ofrece máis ca aforro? Os produtos EROSKI Basic son apreciados polos nosos clientes e así o evidencian as súas vendas. Son un exemplo de que o feito de ter un bo prezo non implica renunciar á calidade. Os nosos clientes sábeno e, por iso, son fieis a estes produtos e dinnos que son os seus favoritos. Son produtos básicos dunha boa calidade a un prezo moi bo. A calidade é o parámetro máis importante, xa que é reflexo do que somos.
Amais da calidade, a saúde é o outro eixe central dos produtos marca EROSKI. A saúde é unha prioridade para EROSKI e, loxicamente, isto refl íctese en todas as nosas marcas. Traballamos desde hai moitos anos para reducir o azucre, a graxa e o sal da marca propia, eliminamos as graxas vexetais parcialmente hidroxenadas de todos os nosos produtos, e os nosos envases –e isto inclúe tamén a EROSKI Basic– incorporan o semáforo nutricional. Un xeito simple e moi gráfi co de axudar a entender a información nutricional dos produtos. de control específi co para a gama EROSKI Basic no que se verifi ca o cumprimento da lexislación e das especifi cacións da fi cha técnica.
Que vantaxes ofrecen comparados con outras marcas? A igualdade de prezo, as marcas EROSKI son mellores. Ou, dito doutro xeito, a igual calidade, o seu prezo é máis barato.
Por que son importantes os controis? Todos os programas de control dispoñibles no sistema preveñen de calquera erro ou incumprimento en materia de seguridade alimentaria e aseguran que os nosos provedores cumpren coas características pactadas dos produtos.
A que controis de calidade se someten os produtos EROSKI Basic? Dispoñemos dun sistema de xestión de calidade que monitoriza o 100% dos provedores de marcas propias, realizando auditorías e controis analíticos dos nosos produtos. Tamén contamos cun programa
Tamén se fan catas con clientes. En que consisten? Os clientes proban e valoran os nosos produtos e a súa opinión serve para coñecer a aceptación que ten cada un deles e decidir se se pode lanzar ao mercado ou non. Neste sentido, a última palabra sempre a ten o cliente.
Como se traballa para responder ás inquietudes dos consumidores? Realizamos estudos de todas as nosas marcas e análises nas diferentes categorías de produto para saber cales son as demandas e necesidades dos nosos clientes. Pero, sobre todo, o noso obxectivo é que sexan eles mesmos, os clientes, os nosos socios, os que participen connosco para facermos unha marca propia mellor. Queremos escoitalos e que nos acheguen as súas propostas, melloras, opinións… Pódeno facer nas nosas tendas e por teléfono, no número de atención ao cliente que incluímos en todos os nosos envases. Tamén a través da nosa páxina web e, por suposto, nas nosas redes sociais.
10
008-013 ES TIEMPO DE GAL.indd 10
25/10/18 17:42
SOPA DE LENTELLAS LARANXA E CEBADA PROTEÍNAS DE CALIDADE A combinación de legumes e cereais fai que a calidade das proteínas achegadas sexa similar á da carne.
4
media
+ 60’
INGREDIENTES • 100 g de lentellas • 50 g de cebada perlada • 1 cebola • 3 dentes de allo • 1 pemento verde • Pemento doce • 10 ml de aceite de oliva • 500 ml de auga (ou caldo vexetal) • 1 laranxa • Sal COMO SE ELABORA ● Poñemos en auga a cebada
tres horas antes de comezarmos a elaborar o prato. Picamos a cebola, o allo e o pemento verde en brunoise. ● Quentamos o aceite
nunha tixola e, a lume lento, friximos as verduras. Pasados 10 minutos, engadimos o pemento e sofrixímolo durante un minuto. ● Poñemos a auga e o zume de
laranxa nunha pota e, así que ferva, incorporamos a cebada xunto co rustrido de verdura e mais o sal. Cocemos 15 minutos a lume lento, engadimos as lentellas e cociñamos outros 30 minutos (a metade de tempo se o facemos na pota rápida). Pódese servir tal cal ou triturala.
0,42 € por persoa
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha ración contén: KCAL
129 6%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
0,7g 0,1g 3,9g 0,1g 1%
1%
4%
2%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
Os legumes son enerxéticos e teñen escasa achega de graxa. As lentellas son unha fonte excelente de hidratos de carbono complexos, proteínas vexetais, fi bra, vitaminas e minerais. Entre estes últimos destaca a achega de ferro, do que aumenta a absorción se incluímos na receita alimentos ricos en vitamina C, como os pementos ou a laranxa desta sopa.
11
008-013 ES TIEMPO DE GAL.indd 11
25/10/18 17:42
es tiempo de...
1,50 € por persoa
COIDA A TÚA DIETA A pescada é un peixe branco baixo en graxa e os espárragos son diuréticos e teñen fi bra, dous bos aliados para o control do peso.
Unha ración contén: KCAL
123 6%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
3,5g 0,6g 0,5g 0,5g 5%
3%
1%
8%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
PESCADA ASADA CON SALSA DE TRIGUEIROS, COGOMELOS E AMEIXAS 4
media
20-25’
COMO SE ELABORA ● Lavamos e toramos os
espárragos en bastóns. Cocémolos nun cazo cun pouco de auga durante tres minutos. Escorrémolos e reservamos a auga por un lado e os espárragos por outro. ● Abrimos as ameixas
INGREDIENTES • 600 g de lombos de pescada • 100 g de talos de espárragos trigueiros • 50 g de cogomelos • 100 g de ameixas • 2 dentes de allo • 40 ml de aceite de oliva virxe extra • 5 g de ágar-ágar • 5 g de perexil fresco picado • Sal
ao vapor cun pouco de auga. Coamos o caldo e reservámolo. Picamos os allos moi finos e sofrixímolos cun pouco de aceite. Agregamos os espárragos e os cogomelos, limpos e en cachos. Antes de se douraren, retiramos os espárragos e os cogomelos e poñémolos xunto ás ameixas. ● Mantemos os allos na pota
e mollámolos cun chisco
de caldo das ameixas e cun chisco da auga dos espárragos. Ligamos a salsa con ágar-ágar e engadimos o perexil picado. ● Salgamos a pescada e asámola volta e volta, de xeito que se cociñe por fóra, pero por dentro quede aínda sen facer. Introducímola na salsa verde xunto coas ameixas, os cogomelos e os espárragos. ● Dámoslle un fervor ao conxunto durante dous minutos e poñémolo ao punto de sal. Sacamos do lume a pota para que repouse uns cinco minutos antes de servir. De vez en cando, movemos a pota para que ligue a salsa cos zumes e a xelatina da pescada.
COMENTARIO DIETÉTICO Esta receita está chea de nutrientes e é baixa en calorías e graxa. A pescada destaca pola achega de ferro, potasio, iodo, magnesio, fósforo, sodio e vitaminas. Os espárragos suman fibra e minerais. Prepárase con ameixas, un dos mariscos máis deliciosos, e cogomelos, que teñen poucas calorías e proporcionan importantes cantidades de vitamina B5 e outros minerais.
12
008-013 ES TIEMPO DE GAL.indd 12
25/10/18 17:42
é tempo de...
ESPAGUETES CON GAMBAS E AMEIXAS
• 30 ml de aceite de oliva virxe extra • Sal
dourar, engadimos a caiena e as ameixas, que imos sacando a un prato así que vaian abrindo.
COMO SE ELABORA 4
media
20’ ● Cocemos a pasta en auga
INGREDIENTES
fervendo con sal durante 5 minutos. Escorrémola e refrescámola baixo o chorro de auga fría. Engadimos un chorro de aceite de oliva e reservamos os espaguetes.
• 300 g de espaguetes • 100 g de gambas peladas • 100 g de ameixas frescas • 2 dentes de allo • 50 g de ceboliña fresca • Perexil • Un toriño de caiena picante
● Picamos o allo e a ceboliña
moi fi nos e rustrímolos a lume suave. Así que comecen a se
● Agregámoslle ao salteado as gambas peladas e o perexil ben picado. Refogamos uns segundos, xusto para que a superfi cie das gambas cambie de cor. Poñemos ao punto de sal. ● Mesturamos o salteado de gambas, as ameixas e os seus zumes cos espaguetes. Remexemos e servimos.
COMENTARIO DIETÉTICO Os espaguetes son ricos en carbohidratos e fonte de ferro, proteínas, calcio, fibra, potasio, iodo, cinc, magnesio, sodio, fósforo e vitaminas. Prepáranse con gambas e ameixas. As primeiras achegan iodo en gran cantidade e destaca a presenza de vitaminas B3, B9, B12 e E en ambas as dúas. Non obstante, son fonte de purinas e colesterol, polo que cómpre moderar o seu consumo en persoas con colesterol ou ácido úrico.
0,64 € por persoa
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
358
7g
1g
18%
11%
5%
SAL
2,6g 0,4g 3%
7%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
13
008-013 ES TIEMPO DE GAL.indd 13
25/10/18 17:42
‘Baguette’ EROSKI Natur
Un sabor que perdura
14
014-015 PROTA PAN GAL.indd 14
26/10/18 12:58
protagonistas EROSKI
O pan, nas súas moitas variedades, é un produto presente en todos os fogares. Pero non todos os pans son iguais: diferéncianse polas materias primas e polos métodos cos que se elaboraron. En EROSKI ofrecémosche a nosa baguette Natur, producida a partir de fariñas certificadas de gran calidade e seguindo un método de elaboración que lle proporciona maior durabilidade.
S
abemos que para moitos de vós non hai comida sen pan e que o arrecendo que desprende ao se acabar de facer é un dos aromas máis agradables que podemos percibir ao sentarmos á mesa. Ao ser un alimento insubstituíble en moitos fogares, en EROSKI coidamos que, sobre todo, deben primar a calidade e a durabilidade do pan. Por iso, presentamos a baguette Natur que, grazas aos seus ingredientes e elaboración, manterá as súas excelentes calidades por máis tempo. Está fabricada exclusivamente con fariña, auga, masa nai, fermento e sal e non contén aditivo ningún. É, ademais, fonte de fibra e de proteínas. Como destaca Javier Beitia, responsable de panadería de EROSKI, “esta peza distínguese polo seu delicado sabor, pola súa codia fina e crocante e por ter un miolo alveolado e esponxoso que lle dá unha textura única”. O seu método de elaboración baséase en longas fermentacións que lle proporcionan unha durabilidade maior, permitíndonos consumila en perfectas condicións durante todo o día. FARIÑAS CERTIFICADAS A fariña é o ingrediente fundamental de calquera pan. A súa calidade
e orixe marcan a diferenza no seu sabor e textura final. Na nosa baguette utilizamos fariñas de trigo certificadas de altas calidades, específicas para elaborar pan. Amais das súas características de calidade, todas as fariñas utilizadas neste pan levan o selo Label Rouge, que garante que se obteñen dunhas prácticas agrícolas máis respectuosas co cultivo do cereal. Como explica Javier Beitia, é “responsabilidade de EROSKI elaborar pan con fariñas obtidas seguindo prácticas agrícolas máis respectuosas co medio natural, como son a rotación de cultivos e a redución no uso de produtos químicos para a produción do trigo”. MÁIS CA UN ACOMPAÑAMENTO Aposta por levar á túa casa acotío a baguette EROSKI Natur, xa sexa para acompañar as comidas ou para preparar exquisitos bocadillos. Este pan tamén é ideal para formar parte de distintas elaboracións na cociña, como ingrediente principal ou como elemento engadido para lles dar textura e sabor a algunhas receitas. Agora, coa chegada do frío, é perfecto, por exemplo, para preparar pratos tan coñecidos e tradicionais da nosa gastronomía como poden ser as torrijas ou as sopas de allo e pan.
15
014-015 PROTA PAN GAL.indd 15
26/10/18 12:58
protagonistas EROSKI
Mazá Royal Gala EROSKI Natur
A raíña do froiteiro Xa está nas nosas tendas unha das variedades de mazá máis apreciadas: a Royal Gala EROSKI Natur. Trátase dunha froita substanciosa e pouco ácida, que ten un sabor doce, aínda que non en exceso. É doada de comer, sabedora e refrescante e está producida de xeito sostible. Non lle podes pedir máis! organoléptica realizada polo noso equipo de calidade. Ao ser a Royal Gala unha mazá tan substanciosa e de sabor doce, a mellor opción é comela en cru: de sobremesa, entre horas, para o almorzo ou acompañando pratos fríos como ensaladas. Tamén é unha variedade recomendada como ingrediente para elaborar tortas ou para asar ao forno. Outra opción típica é utilizala para facer compotas ou salsas de acompañamento de pratos principais.
D
oces, acedas, vermellas, verdes, crocantes, fariñentas... Hai unha chea de variedades de mazás con diferentes características e usos. Hoxe en día podemos atopar opcións para todos os gustos. Pero a raíña de todas elas e unha das máis apreciadas é, sen dúbida, a Royal Gala. Nos nosos supermercados atoparala co selo EROSKI Natur. É unha mazá de gran calidade, cunha polpa firme e crocante. Pódela identificar pola súa pel fina e de cor vermella. O seu sabor é doce, pero non en exceso, e ten un equilibrado aroma e baixa acidez. Ademais, o logo EROSKI Natur non só garante o seu sabor senón que certifica que a froita se produciu dun
xeito respectuoso. As mazás Royal Gala EROSKI Natur están producidas de xeito máis sostible, minimizando o impacto ambiental e axudando ao desenvolvemento do contorno. Ao igual ca o resto de froitas EROSKI Natur son cultivadas por agricultores certificados por GLOBALG.A.P., a norma internacional para a agricultura segura e sostible, e non se someten a ningún tipo de tratamento poscolleita. NO SEU MELLOR MOMENTO Estas mazás son coidadosamente seleccionadas e están no seu punto óptimo de maduración, que garante todo o seu sabor. Coma todas as variedades Natur, antes de chegaren ás nosas tendas sométense a unha valoración fisicoquímica e
APOSTA POLO VERMELLO A mazá é unha froita moi completa dende o punto de vista nutricional. A súa gran porcentaxe de auga -arredor dun 85%-, a fibra que contén e a súa acción antioxidante tórnana un alimento imprescindible en calquera dieta saudable. De aí a coñecida frase británica que di: “unha mazá ao día mantén lonxe o médico”. Pero entre tantas variedades de mazá, cal elixir? A que máis vos guste, xa que todas son igual de saudables e cada unha ten características diferentes. A Royal Gala, por exemplo, ao ser unha mazá vermella, destaca por ter máis cantidade de antioxidantes na súa pel. Por iso é importante comela sen pelar. A mazá, ao ser unha froita, ofrece propiedades benefi ciosas que se deben, en boa medida, aos elementos fitoquímicos que contén, entre os que destacan os fl avonoides e a quercetina, con acción antioxidante.
16
016-018 PROTA MANZANA ROYAL GALA GAL.indd 16
26/10/18 12:51
EROSKI 41 NESTLE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
09/10/18
15:33
protagonistas EROSKI
0,67 € por persoa
CHULAS DE MAZÁ 4
media
10-15’
COMO SE ELABORA
● Sacámolas a un prato con papel
● Mesturamos nun recipiente fondo o ovo,
absorbente. Aínda mornas, rebozámolas con azucre glas e canela.
o azucre, o sal, a tona do limón relada e a manteiga líquida cun pouco de aceite de oliva.
INGREDIENTES ● Noutra cunca, mesturamos o lévedo e
• 2 mazás Royal Gala • 100 g de fariña • 50 g de azucre • 1 ovo grande • 10 g de manteiga • 7 g de lévedo • 45 ml de viño branco • 510 ml de aceite de oliva • 1 limón
• Azucre glas • Canela en po • Sal
a fariña e engadímoslle o viño branco. Unimos a mestura de ovo e azucre coa de lévedo e fariña ata formarmos unha masa.
COMENTARIO DIETÉTICO As chulas son unha receita contundente. Aínda que sexan de elaboración caseira e o recheo sexa de mazá, trátase dun produto moi enerxético, que cómpre consumir en pequenas cantidades e esporadicamente.
● Cortamos as mazás en toros fi nos ou
en pequenos cachiños e engadímolos á crema anterior.
Unha ración contén: ● Quentamos aceite nunha tixola fonda e
imos botando culleradas de masa (se son pequenas, conseguiremos que as chulas queden máis redondeadas). Fritimos ata que estean douradas.
KCAL
GRAXA
246 6,5g 12%
9%
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
2g
19g
0,2g
10%
21%
4%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
18
016-018 PROTA MANZANA ROYAL GALA GAL.indd 18
26/10/18 12:51
EROSKI 41 GUILLON.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
24/10/18
15:18
Aumentan as opcións para coidarse A familia de iogures desnatados Biactive amplíase con catro novos sabores: pera, amorodo, sementes de avea e quinoa e arandos e liño. En total, nove variedades para elixir, baixos en graxas e con todos os beneficios para a flora intestinal que ofrecen os iogures con bífidus.
S
e es dos que goza tomando iogur e buscas unha opción máis lixeira, a túa alternativa está nos desnatados, moi nutritivos, con poucas calorías e sen graxa. En EROSKI queremos coidar da
túa saúde. Por iso, imos un paso máis alá e ofrecémosche unha ampla variedade de produtos light, como os iogures Biactive que, amais de seren desnatados, conteñen bífidus activos. Unha
gama saudable, que quere seguir conquistando o teu padal con novos sabores. A familia de iogures Biactive complétase coas variedades de amorodo, pera, avea e quinoa, e
20
020-021 ESCAPARATE - YOGURES GAL.indd 20
25/10/18 17:54
o escaparate
arandos e liño. Con 0% de azucres e 0% de graxa, en todos os casos agás no de arandos e liño. Este último contén a materia graxa propia da semente do liño, pero é baixo en graxas. Ademais, os novos Biactive de sabores tampouco conteñen glute (salvo o de avea e quinoa). BENEFICIOS PARA O ORGANISMO A nosa flora intestinal é variable e susceptible a cambios producidos por mor do estrés, a dieta, infeccións, os medicamentos e a idade. Así que imos avellentando, a flora varía e a carga de bifidobacterias diminúe. O consumo de alimentos fermentados, como os iogures Biactive, pode axudar a equilibrar ese balance, mellorando a saúde do intestino e estimulando, ademais, a función inmunitaria. É dicir, achégannos os beneficios dun lácteo e asemade manteñen o equilibrio na flora intestinal.
020-021 ESCAPARATE - YOGURES GAL.indd 21
25/10/18 17:54
Volve a Estrela Solidaria
Mudar as cousas está nas nosas mans A Estrela Solidaria de EROSKI, coa que lembras os bos momentos vividos durante o ano e colaboras en proxectos solidarios, regresa ás nosas tendas. Este ano, os cartos recadados coa súa venda destinaranse á Fundación EROSKI e a UNICEF, que continuarán co seu labor para mellorar a vida de milleiros de nenos e nenas en situacións de emerxencia.
22
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
022-023 EN LA TIENDA - ESTRELLA GAL.indd 22
moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
25/10/18 17:55
na tenda contigo
V
ós, os socios, elixistes a infancia como a causa coa que queredes colaborar. Os cartos recadados este ano coa venda da Estrela Solidaria destinaranse á Fundación EROSKI e a UNICEF para que, a través dos seus proxectos, poidan axudar a que milleiros de nenos e nenas teñan unha infancia mellor. Mercar este adorno de Nadal (por só dous euros) é un pequeno xesto que dá máis do que custa. Ademais, a Estrela Solidaria volverá encher a nosa casa de bos desexos, xa que poderemos seguir escribindo nela a mellor lembranza do ano e, á vez, facer que o próximo sexa mellor para os que máis o necesitan. DÚAS MELLOR CA UNHA Cando adquirades a Estrela Solidaria nas nosas tendas, veredes que hai dúas. Ambas as dúas son idénticas, cun deseño típico do Nadal e unhas liñas onde podemos escribir o ano e lembrar os mellores momentos vividos nel. Nunha das estrelas podemos escribir ese momento que foi tan especial: un novo traballo, o reencontro cun ser querido ao que había tempo que non vías, ese momento inesquecible que vivistes... Na outra, anota unha lembranza compartida con alguén –unha viaxe, unha celebración, un xesto...– e regálalla a esa persoa para poñer en marcha unha cadea de solidariedade. AS NOSAS CAUSAS A solidariedade é un dos eixes dos dez compromisos que EROSKI ratifi cou recentemente e que responden ás vosas necesidades e intereses. Como empresa diferente, cunha identidade e ética propia, máis sensible co contorno e, por suposto, máis solidaria, apoiámonos no acadado estes anos para seguir a traballar e a avanzar en promover e reforzar os nosos valores.
Nos catro anos que pasaron dende que puxemos en marcha a iniciativa da Estrela Solidaria, colaboramos con causas relacionadas coa infancia, cos refuxiados e coas persoas maiores, e logramos que os cartos recadados servisen para impulsar o traballo de organizacións como ACNUR, UNICEF ou a Federación Amigos dos Maiores. Grazas á vosa axuda, o ano pasado recadamos 70.000 euros que lles doamos a UNICEF e ACNUR e que se destinaron a diferentes proxectos. Este ano, o noso obxectivo é superar esa cifra, e por iso é tan importante a vosa colaboración. ACNUR dedicou os 35.000 euros recibidos a accións para financiar as súas operacións no contexto da emerxencia de refuxiados en Siria, un conflito que dura xa varios anos. Pola súa banda, UNICEF utilizouno para reforzar o seu Fondo de Emerxencias, que lle permite actuar en calquera parte do mundo, axudando a millóns de nenos ante a falta de acceso á auga, saneamento, nutrición, saúde, educación... Con eses cartos poden, por exemplo, mercar 26 tendas de campaña, abrir escolas temporais ou vacinar a 103.000 nenos contra o cólera. A INSPIRACIÓN DUNHA GRANDE IDEA A Estrela Solidaria, que percorreu un longo camiño nestes catro anos, naceu dunha tradición dunha traballadora de EROSKI, que perdeu todos os seus adornos de Nadal e decidiu escribir nunha estrela de papel as súas mellores lembranzas do ano. Dese xeito, a súa árbore converteuse nun resumo dos mellores momentos da vida da súa familia. Esa inspiración de manter esta bonita tradición impulsou o lanzamento da Estrela Solidaria, un adorno que, amais de celebrar os mellores momentos do ano, posibilítalles unha vida mellor a aqueles que máis o precisan.
23
022-023 EN LA TIENDA - ESTRELLA GAL.indd 23
25/10/18 17:55
EROSKI 41 DOBLE CLUB GALLEGO.indd 2
23/10/18 12:12
EROSKI 41 DOBLE CLUB GALLEGO.indd 3
23/10/18 12:12
na tenda contigo
Premio mellor ‘webshop’ do ano
Un ano máis, temos a mellor tenda ‘online’ Por segundo ano consecutivo, os nosos clientes volveron elixir a EROSKI como o mellor supermercado online. O galardón recoñece a aposta pola innovación e a mellora constante da experiencia de compra.
O
nacemento do comercio electrónico (e- commerce) en EROSKI foi unha aposta
pola innovación. No ano 2000, ao se lanzar a tenda online, non sabiamos o que nos ía deparar e,
Supermercados
26
así e todo, decidimos participar e sumarnos ás novas tecnoloxías posibilitándolles aos nosos clientes un novo xeito de faceren a compra. Grazas a este traballo, realizado polo equipo responsable da nosa tenda online, por segundo ano consecutivo fomos elixidos como a mellor webshop. Recollemos o galardón en Barcelona, durante a cerimonia de entrega dos Premios Comercio do Ano 2018-2019, o maior certame de consumidores do noso país, que tamén inclúe un dos máis amplos estudos de mercado. A distinción que recibiu EROSKI outorgárona os consumidores a través dunha votación online na que se valora o grao de satisfacción e o funcionamento global do supermercado. Téñense en conta variables como a relación calidade-prezo, a amplitude da oferta, o servizo ao cliente, a entrega de pedidos, as promocións e ofertas, as modalidades de pagamento ou a experiencia do usuario, entre outras. O supermercado online de EROSKI é o servizo que leva ás nosas casas a tenda física durante as 24 horas do día. Ademais, permite incorporar as opinións dos clientes, indicacións para a preparación do pedido e ata para o persoal de reparto.
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
026-028 EN LA TIENDA - WEBSHOP GAL.indd 26
moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
25/10/18 18:08
EROSKI 41 KELLOGGS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/18
13:16
na tenda contigo
Jokin Jauregi Responsable da tenda ‘online’
“O galardón afiánzanos como referentes e reforza a aposta de EROSKI por esta canle” Unha das caras visibles do noso supermercado online é Jokin Jauregi. Como responsable da webshop, dirixe a un grande equipo, encargado de que os vosos pedidos cheguen no menor tempo posible e cos maiores estándares de calidade.
M
elloras na navegación, a aposta polos facilitadores de compra e a integración cos nosos supermercados físicos son algúns dos logros máis salientables do traballo realizado por Jokin Jauregi no tempo que leva connosco.
É o segundo ano consecutivo que EROSKI gaña este premio. Como valorades o acadado? Estamos moi contentos polo recoñecemento. Por unha banda, porque está baseado nas valoracións dos clientes. Por outro, recibilo por segunda vez afianza o supermercado online como referente no sector e reforza a aposta respecto a esta canle. Nunha época, na que as compras online están en auxe, que importancia ten este galardón? É o colofón ao traballo de todo o equipo. Demostra que imos polo bo camiño e collendo distancia respecto aos competidores directos. Indica que algo estamos a facer ben e, sobre todo, mellor ca os nosos competidores. O cambio, iniciado a todos os niveis hai tres anos, vese referendado con este premio. Que é o que distingue o supermercado online de EROSKI? Temos unha páxina web que os clientes valoran como moi intuitiva, áxil… O tempo de compra é cada vez máis
Jokin Jauregi (cuarto pola esqda.) a carón de parte do equipo
reducido e, ademais, poñemos ao alcance dos clientes a extensa gama de produtos que ofrece EROSKI. Coa nosa tenda online non hai sorpresas: o cliente recibe o solicitado a tempo. A que lle dan máis valor os clientes? Á calidade dos produtos e ao servizo prestado. Están a valorar a xestión de toda a cadea de subministración – desde a páxina web, á preparación, selección e entrega– e das persoas involucradas. Temos unha presenza de frescos por riba da media e, precisamente, nun produto tan delicado, a valoración por parte do cliente é moi boa. Quen está detrás deste servizo? Estamos todos os que xestionamos a páxina web, desde a gama ata as promocións e ofertas. O noso equipo de pedidos en tenda –que selecciona o produto segundo as indicacións dos clientes asegurando a calidade–, o persoal de repartición e tamén os clientes, que nos dan feedback e achegan ideas de mellora. Cal é o compromiso co cliente? A máxima calidade, pase o que pase e por máis complexo que sexa. Que melloras se introduciron nos últimos anos? Deuse un salto cualitativo moi significativo no últimos tres anos. Por unha banda, poñemos á disposición dos clientes facilitadores
de compra como os seus últimos pedidos, os produtos mercados en EROSKI, a posibilidade de xerar listas de compra, etc. Por outra, o supermercado ten unha integración absoluta con EROSKI club: cupóns, segmentacións por perfil, ofertas... Todo iso facilita e asegura axilidade na navegación, e todos os servizos de entrega e recollida ofrecidos, como Drive, Collect, Express e domicilio, pechan o círculo. Haberá novos servizos en breve? Seguimos a traballar para mellorar a experiencia do cliente, o rendemento da web e para cumprir co que nos demandan. Temos previsto melloras no buscador, darlles máis voz aos clientes –coa posibilidade de valorar os nosos produtos–, e mais abrir novas canles de axuda e soporte e afianzar a transparencia respecto ao que pediron e reciben. Estamos en constante adaptación. Somos EROSKI na rede e é unha gran responsabilidade. Cales son os retos e metas do supermercado online de EROSKI para seguir a ser un referente? Apoiarnos nas aprendizaxes e áreas de mellora identificadas xunto cos nosos clientes. Xa non abonda ser coma os demais, hai que ser mellores. E para iso, o foco é claro: os nosos clientes.
28
026-028 EN LA TIENDA - WEBSHOP GAL.indd 28
25/10/18 18:09
EROSKI 41 CAPRICE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
24/10/18
11:57
na tenda contigo
‘Máis Promocións’
Unha nova maneira de aforrar Descarga a ‘app’ de EROSKI ou visita a nosa páxina web e descubre o novo espazo ‘Máis Promocións’. Atoparás promocións das túas marcas favoritas de moda, calzado, beleza, fogar, deporte, etc. Tamén hai descontos en to ou tecnoloxía. restauración, entretemento
O
Nadal está ao virar a esquina e en EROSKI querémoscho poñer máis fácil. Co novo espazo Máis Promocións ofrecémosche a oportunidade de atopares os agasallos perfectos para a túa familia e asemade sumares máis aforro na tarxeta EROSKI club. Desde unhas entradas para asistir a un concerto ata uns zapatos, pasando polo dispositivo tecnolóxico máis punteiro ou ese colar de perlas tan especial, nesta plataforma –dispoñible para todos os socios– poderás atopar promocións nas túas marcas favoritas en máis de 60 tendas online de moda, calzado, restauración, entretemento, tecnoloxía, deporte, beleza, fogar… como Nike, Zalando, Ebay ou JustEat, entre outras. O proceso para te beneficiares destes descontos é moi sinxelo. Só te tes que identificar cos teus datos de socio, elixir a tenda online na que queres mercar e acceder aos produtos desexados. A adquisición identificarase co teu número de socio e o aforro obtido ingresarase na túa tarxeta EROSKI club. Dependendo do gasto que realices poderás acumular máis de 20 euros ao mes na túa tarxeta. Acceder ao espazo Máis promocións é ben doado. Faino a través da web www.eroski.es/ eroski-club/mais-promocións/ ou coa aplicación EROSKI (no botón As miñas promocións).
30
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
030 EN LA TIENDA - DESCUENTO ONLINE GAL.indd 30
moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
25/10/18 18:10
EROSKI 41 ARLA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
09/10/18
11:10
por tu salud
Caqui EROSKI Natur
O gran descoñecido O caqui, cada vez máis recoñecido e valorado, é unha froita aínda pouco habitual nas nosas mesas. Ten sabor doce, un delicioso aroma e ofrece unha gran versatilidade na cociña. Nos nosos supermercados atoparás caquis EROSKI Natur con Denominación de Orixe Protexida da Ribeira del Xúquer, que garanten a súa orixe e calidade.
O
caqui (ou kaki) é unha froita tropical que comezou a se cultivar en China e que, no século XX, comezaron a plantar na zona da Ribeira do Xúquer (Valencia) creando unha nova especie autóctona: o caqui DOP Ribera del Xúquer, que en EROSKI atoparás co selo Natur. Trátase da variedade coñecida como
vermello brillante, que se distingue das máis polo seu gran calibre, forma oblonga e cor alaranxada. É unha froita doce, cun atractivo arrecendo e sabor. É boa de pelar e de cortar e a súa polpa carnosa faina moi apetecible. Se a isto lle sumamos as súas propiedades nutritivas, esta froita resulta moi recomendable para toda a familia.
Comercializada baixo a marca Persimon, que identifi ca os que teñen certifi cación da DOP Ribera del Xúquer, o caqui EROSKI Natur posúe unhas características especiais e diferenciais. A Denominación de Orixe encárgase de ofrecer as máximas garantías de calidade do produto e mais de avalar aos produtores,
32
032-036 POR TU SALUD GAL.indd 32
25/10/18 18:11
pola túa saúde
comprometidos coa terra, o que axuda a manter a riqueza natural das áreas agrícolas e a protexer o territorio, contribuíndo á preservación das contornas rurais e da súa poboación. Ás garantías ofrecidas pola DOP hai que engadir que este caqui está producido de xeito máis sustentable, minimizando o impacto ambiental. Ao igual ca as outras froitas EROSKI Natur, os caquis cultívanos agricultores certificados por GLOBAL G.A. P., a norma internacional para a agricultura segura e sustentable. Ademais, non se someten a tratamentos poscolleita, e presentan unha cor brillante e natural, sen adición de ningún tipo de ceras.
saudable e nutritiva como útil para elaborar todo tipo de pratos. Esta froita é adecuada para tomala ao natural, en cru. En principio, a pel non se adoita comer, aínda que, se está ben lavada e limpa, nada o impide. A súa versatilidade fai posible a elaboración de pratos tradicionais aos que poderemos dotar de novos sabores e texturas, como os que che propoñemos deseguido nas receitas. Os caquis, tanto enteiros como en crema, son un excelente acompañante ou poden tornarse o ingrediente principal dalgúns pratos. Combinan moi ben co requeixo, o iogur, a nata ou o fl an. E os caquis maduros poden servir para elaborar purés e complementar pratos de carne.
Tamén poden ser o ingrediente de confeituras, sorbetes, fl ans, tortas, pudins, biscoitos, compotas, xelatinas, etc. Pola súa cor e textura resultan, ademais, moi decorativos en calquera tipo de pratos.
DOCE E VITAMINADO A tempada do caqui iníciase entre outubro e novembro e pódese gozar aproximadamente ata os meses de decembro e xaneiro. O caqui presenta un elevado contido de auga, achega unha cantidade importante de hidratos de carbono (frutosa e glicosa) e escasa de graxas e proteínas. Por iso, o seu valor calórico é bastante elevado con respecto a outro tipo de froitas. Desde o punto de vista nutricional, é rico en vitamina C, contén altos niveis de provitamina A, pectinas e fibra. VERSÁTIL NA COCIÑA Poida que o caqui sexa aínda un froito descoñecido para moitos, pero debemos convertelo nun habitual das nosas casas porque agacha dentro unha polpa tan
Saúde e benestar
Fundación EROSKI promove a Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE), un estudo sobre hábitos da poboación
33
032-036 POR TU SALUD GAL.indd 33
25/10/18 18:11
pola túa saúde
ESPETO DE POLO E CAQUI AO CURRY 4
fácil
20’
0,97
INGREDIENTES
SALMÓN EN PAPILLOTA CON CAQUI
minutos. Levaralle máis ou menos tempo dependendo do grosor do salmón.
• 500 gramos de peituga de polo • 1 caqui (125 g) • 2 culleradas de curry
• Sal • 1 allo • 2 culleradas de aceite de oliva virxe
COMO SE ELABORA COMENTARIO DIETÉTICO
4
fácil
30’
1,5
INGREDIENTES • 500 gramos de salmón • 2 caquis (250 g) • 2 culleradas de aceite de oliva virxe
• 1 ceboliña • Sal • Herbas aromáticas (allo, loureiro, ourego...) ao gusto
COMO SE ELABORA ● Limpamos o salmón e dividímolo en
dúas ou catro partes. ● Nunha tixola, rustrimos a ceboliña ben
picada ata que estea transparente. ● Cortamos o caqui en toros fi nos e
facemos os paquetes de papel de aluminio para a papillota.
● Picamos o allo en brunoise e cortamos a
Unha receita orixinal, xa que utilizamos o caqui, unha froita do outono que non temos moi incorporada á nosa alimentación cotiá e que pode ser moi proveitosa. Ten unha textura moi substanciosa e carnosa (pódese comer con culler) e un sabor especialmente doce. Neste caso, úsase como acompañamento do salmón, dando lugar a un contraste de sabores moi especial. En conxunto, trátase dun prato cunhas propiedades benefi ciosas indubidables. Por un lado, o salmón é un peixe azul que vai achegar proteínas de calidade e graxas cardiosaudables. O caqui contén azucres naturalmente presentes (arredor do 15%), fi bra e minerais e vitaminas, entre as que destaca a vitamina A. A técnica culinaria permite unha boa conservación de nutrientes, xa que non se produce líquido de refugallo e os zumes aprovéitanse para a propia cocción.
peituga en anacos non moi grandes. ● Poñemos nun bol o polo mesturado
co curry e o allo picado e deixámolo macerar uns minutos. ● Pelamos e cortamos en dados o caqui.
Montamos os espetos alternando anacos de polo e caqui, salgamos e asamos na tixola cun pouco de aceite. COMENTARIO DIETÉTICO Unha presentación orixinal e divertida. Ademais na súa elaboración poden participar facilmente os máis pequenos da casa. A receita ten perfectamente cabida nunha alimentación saudable, posto que conta cunha carne branca e cunha froita de tempada. Se o acompañamos dun prato ou gornición de verduras e/ou legumes redondeamos un menú moi equilibrado.
● En cada paquete poñemos uns toros
de caqui, un pouco de cebola e por riba o anaco de salmón cun pouco de sal, as herbas aromáticas e unha cullerada de aceite. ● Pechamos os paquetes e introducímolos
no forno prequentado, a 200 ºC, uns 10
Unha ración contén: KCAL
242 12%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
Unha ración contén: SAL
15g 2,5g 9,5g 0,13g 21%
13%
11%
2%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
205 8,6g 1,7g 4,4g 0,15g 10%
12%
9%
5%
3%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
34
032-036 POR TU SALUD GAL.indd 34
25/10/18 18:11
EROSKI 41 KNORR.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
09/10/18
11:42
por tutúa pola salud saúde
Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Permíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes, está identificado con cores.
MENOS AZUCRE
TORTA DE MAZÁ CON CREMA DE CAQUI 8
fácil
60’
0,39
riba do follado. Pelamos as mazás e cortámolas en láminas finas, que engadimos sobre o caqui. Pincelamos a torta coa xelatina de cobertura e esparexémoslle por riba a canela e os froitos secos picados ou machucados. ● Prequentamos o forno a 180 ºC e
INGREDIENTES
introducimos a torta durante 40 minutos. • 1 placa de follado (230 g) • 2 caquis (250 g) • 2 mazás • Canela en po
• 50 g de froitos secos • Xelatina de cobertura
COMO SE ELABORA
COMENTARIO DIETÉTICO Con esta receita acadamos unha variante máis saudable da torta de mazá tradicional. Os caquis maduros, xunto á canela, achegan sabor e dozura sen termos que engadir azucre.
● Estendemos a masa de follado sobre un
Unha ración contén: batedor, engadimos un chisco de canela e volvemos mesturar. ● Repartimos a polpa de caqui por
Saúde e benestar
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
185
10g 3,6g 7,6g 0,11g
9%
14%
18%
8%
MENOS SAL Suprimimos máis de 93 toneladas de sal de produtos da marca EROSKI.
MENOS GRAXAS Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35% ao día. Por iso, eliminamos máis de 998 toneladas de graxa das nosas marcas.
SEN GRAXAS VEXETAIS PARCIALMENTE HIDROXENADAS
papel de forno. ● Pelamos os caquis, triturámolos co
Eliminamos máis de 467 toneladas de azucres dos nosos produtos.
SAL
2%
Estas graxas soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
graxas
Desde 2013 xa eliminamos 467 toneladas de azucres, 998 de graxas e 93 de sal.
36
032-036 POR TU SALUD GAL.indd 36
25/10/18 18:11
EROSKI 41 DANONE ACTIMEL.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/18
13:13
energía para crecer
Cociña con legumes e déixaos coa boca aberta Os legumes son fundamentais nunha dieta equilibrada e constitúen unha parte importante do receitario tradicional. Os adultos adoitamos atopalos nutritivos e sabedores mais os cativos son normalmente máis remisos a probalos. Por iso, dámosche algunhas ideas para que a xente miúda tamén goce destes pratos.
O
s legumes deben formar parte da nosa dieta e recoméndase comelos, polo menos, tres veces por semana. Son alimentos ricos en hidratos de carbono e case non conteñen graxa. Así e todo, o acompañamento pode alterar a súa achega nutricional. Preparalos con chourizo, touciño ou morcilla achégalles un contido graxo moi alto.
Por iso, recomendámosche substituír eses acompañantes por verduras, arroz ou patacas. Así acadas un prato saboroso e nutritivo á vez. Para lograr que os legumes se convertan nuns dos alimentos preferidos entre os máis pequenos da casa, é moi importante que as receitas sexan o máis apetecibles posible -non só ao padal, senón
tamén á vista- e que non teñan que comelos por obriga. Unha das claves para conseguilo é pensar en diferentes formas de elaboración dependendo da época do ano na que nos atopemos. No outono están en plena tempada, xa que co frío apetecen máis pratos quentes de culler. Outubro e novembro son meses ideais para os
38
038-040 ENERGIA PARA GAL.indd 38
25/10/18 18:12
enerxía para medrar
legumes, sexan do tipo que sexan: garavanzos, fabas, lentellas... Os nenos agradecerán un puré ou un cocido que, ademais, lles dará a enerxía que precisan para afrontaren o día. Isto non quere dicir que en épocas menos frías debamos descartalos. Só hai que buscar receitas para que os pequenos os tomen tamén. Unha boa opción é utilizalos en ensaladas, como a que che propoñemos nas nosas receitas. Outra proposta sinxela e moi apetecible é o hummus. Esta pasta de garavanzo cada vez é máis popular e ofrece unha alta achega nutricional. Serve para o almorzo, a merenda e mais como acompañamento. É un produto pensado para untar, o que permite entre outras cousas utilizar, amais de pan, crudités de verduras, que lle darán un toque de cor. A preparación do hummus é moi sinxela pero, se queres, pódelo adquirir xa feito.
ingredientes que permitan engadir cor: por exemplo, acelgas ou cenorias no caso dos guisos. En pratos fríos, este traballo será máis sinxelo, xa que as ensaladas admiten infinidade de ingredientes que lles dan un toque de cor, como as olivas, o tomate ou o millo. Ademais, os pequenos poden participar na súa elaboración, xa sexa engadindo ingredientes ou creando formas divertidas. Isto servirá para que asocien a comida cun momento agradable. PARA OS MÁIS PEQUENOS Cando teñen menos de cinco anos, hai que ter en conta a súa capacidade de mastigar e dixerir alimentos como os legumes. O máis recomendable é machucalos cun
garfo. Tamén se pode facer un puré. Para iso, é mellor utilizar o batedor ca o pasapuré, xa que así conservarán toda a fibra. Con todo, pode que os pequenos non queiran comer legumes. Neses casos, non convén obrigar. O máis importante é que nos vexan comelos aos adultos. Dar exemplo é a mellor opción á hora de introducir un alimento na dieta infantil. E animaranse a probalos se, ademais, nos axudaron a preparar o prato. A hora da comida non debe tornarse un momento estresante. Utilizando a imaxinación e evitando imposicións, podemos conseguir que alimentos tan importantes para a dieta como os legumes vaian, aos pouquiños, facéndose un oco no seu menú.
CORES E FORMAS Os legumes, ao igual ca moitas hortalizas, non adoitan ser alimentos moi atractivos aos ollos dos nenos. Por iso, é moi importante presentar pratos coloridos e ingredientes dispostos de forma orixinal. Hai tres aspectos que cómpre ter en conta á hora de preparar unha receita atraente: o número de alimentos diferentes, a mestura de sabores e a posición do produto principal. Antes de elaborar o prato, pensa cal sería o mellor xeito de conseguir que a proposta tamén sexa visual. Os nenos interésanse máis polos pratos novos. Intenta innovar tanto como poidas. As cores son clave, cantas máis mellor, polo que para acompañar os legumes debes elixir
A saúde Tutúa salud para éo para nós nosotros primeiro es lo primero
73.819 niños han participado 460.401 nenos e 3.192 centros en el Programa Educativo educativos participaron no de la Escuela de Alimentación Programa Educativo da Escola de de la Fundación Alimentación da Eroski Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es
39
038-040 ENERGIA PARA GAL.indd 39
25/10/18 18:12
enerxía para medrar
0,29 € por persoa
0,54 € por persoa
ENSALADA DE GARAVANZOS E ESPINACAS
4
fácil
10-15’
INGREDIENTES • 250 g de garavanzos cocidos • 1 tomate • 50 g de ceboliña • 150 g de espinacas • 1 dente de allo
CREMA DE FABAS BRANCAS CON VERDURAS 4
fácil
30-60’
INGREDIENTES • 650 g de fabas brancas cocidas • 150 g de cabaza • 100 g de tomate • 100 g de cebola
• Perexil • 1 dente de allo • Pemento doce • 10 ml de aceite de oliva • Sal
COMENTARIO DIETÉTICO COMO SE ELABORA Os purés de legumes con verduras son un prato moi nutritivo, xa que ás excelentes propiedades dos primeiros se suman as vitaminas, minerais e fibra das segundas. Deste xeito, tamén se suaviza a receita e pode ser ben aceptada polos estómagos máis delicados. Para se alimentar ben, recoméndase incluír legumes polo menos tres veces á semana como prato principal e facer os purés con batedor para que non se desperdicie a fibra nin os nutrientes que conteñen.
pouco de auga a cebola e o tomate enteiros, a cabaza partida en anacos, o allo, o perexil e o pemento.
● Preparamos unha vinagreta batendo o
aceite de oliva, o zume de lima, o vinagre e mais o sal. Aliñamos a ensalada e decorámola co ovo cocido e o ceboliño.
Unha ración contén:
● Así que estean feitos, retiramos a pota KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
Unha ración contén: SAL
256 3,5g 0,4g 3,8g 0,5g 13%
e sal. Servimos quente.
cadradiños xunto coa ceboliña. Nunha pota, engadimos auga e sal e cocemos as espinacas 5 minutos. Escorremos os garavanzos e aliñámolos co allo. Agregamos a ceboliña, o tomate e as espinacas.
Os garavanzos son un grande alimento con innumerables beneficios para o organismo. Son fonte de hidratos de carbono, fibra, proteínas e graxas e teñen un destacado contido en vitaminas, calcio, fósforo, potasio, cinc, magnesio, ferro e sodio.
● Nunha pota, poñemos a cocer cun
● Trituramos co batedor engadindo aceite
● Partimos o tomate e cortámolo en
COMENTARIO DIETÉTICO
COMO SE ELABORA
do lume e engadimos as fabas brancas cocidas. Deixamos repousar dez minutos a mestura.
• 40 ml de aceite de oliva virxe extra • 10 ml de vinagre • Zume de lima • 1 ovo cocido • Sal • Ceboliño
5%
2%
4%
8%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
347
13g
1,4g 4,3g
0,4
17%
19%
7%
5%
7%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
40
038-040 ENERGIA PARA GAL.indd 40
25/10/18 18:12
EROSKI 41 PASCUAL YOGIKIDS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
09/10/18
11:49
belleza
Gama de cosmética belle NATURAL
O mellor da natureza agora está ao teu alcance 42
042-046 BELLEZA GAL.indd 42
25/10/18 18:13
beleza
Xa está aquí a gama belle NATURAL, produtos para a hixiene e beleza cun alto contido en activos de orixe natural. Está certificada como cosmética natural e, grazas ás súas fórmulas, con polo menos un 98% de ingredientes naturais, amais de manter as esixencias de eficacia, ofrece unha experiencia sensorial única e máis respectuosa coa túa pel e co medio.
E
lixir cosmética natural certificada é unha opción cada vez máis popular e responde a un interese maior pola saúde e a unha actitude máis responsable co contorno. O problema está en que non todo o que se anuncia como natural o é e non existe unha norma ou un mínimo de ingredientes á hora de denominar un produto como natural. En EROSKI comprometémonos a che ofrecer a máxima claridade e transparencia e, por iso, esta gama foi certificada por Ecocert (organismo privado recoñecido a nivel mundial e con presenza en máis de 80 países), seguindo os estándares da certificación COSMOS Natural, o modelo admitido polos principais organismos certificadores europeos. Para que un produto sexa certificado, os seus ingredientes deben estar dentro da listaxe de materias primas autorizadas por COSMOS e deben ser case na súa totalidade de orixe natural. No caso da gama belle NATURAL, todos teñen máis dun 98% de ingredientes naturais ou de orixe natural. Tamén se controla que a embalaxe se reduza ao mínimo, asegúrase o carácter biodegradable ou reciclable dos envases e compróbase que os fabricantes conten cun plan de xestión ambiental e de reciclaxe de residuos en todas as súas plantas. Para a gama belle NATURAL,
Cosmética natural certificada
engadimos a estes requisitos estoxos de cartón coa certificación FSC, que garante que o material provén de bosques xestionados de forma ambiental, económica e socialmente responsable. E aínda que a certificación COSMOS Natural non o esixe, todos os nosos novos produtos contan, ademais, cun mínimo do 5% de ingredientes certificados como ecolóxicos. RESTAR PARA SUMAR A gama belle NATURAL garante fórmulas cosméticas máis reducidas que prescinden, entre outros, de colorantes e perfumes sintéticos, aceites minerais derivados do petróleo, parabenos ou siliconas. Isto non supón menos efectividade, xa que, ao descartar determinados compoñentes e limitar ao mínimo os ingredientes químicos sintéticos e os orientados unicamente a aspectos sensoriais -como, por exemplo, dar textura-, os produtos de cosmética natural teñen, polo xeral, unha maior porcentaxe de principios activos. Por este motivo, con menos cantidade de produto acadamos mellores resultados. Con ingredientes como a manteiga de karité, extractos de algas, aceite de noz de macadamia ou extractos de flores e froitas, como o xasmín ou a goiaba, os produtos belle NATURAL cubrirán todas as
SEN
perfumes sintéticos, colorantes sintéticos, parabenos, fenoxietanol, isotiazolinonas, aceite mineral, siliconas, SLS/ SLES, TEA/ DEA
túas necesidades cotiás de hixiene e beleza da maneira máis natural. Todo isto ofréceche unha alternativa máis respectuosa coa saúde da pel porque, ao apostar por produtos naturais certificados, evitas ingredientes químicos agresivos coa derme e de maior potencial alerxénico, como os colorantes sintéticos ou determinados conservantes e sulfatos. Aínda que a súa tolerancia cutánea é, polo xeral, mellor ca en cosméticos tradicionais, lembra que natural non é equivalente a inocuo para a pel ou hipoalerxénico (formulado para minimizar o risco de alerxias), e cada persoa debe experimentar cos produtos para ver cal lle funciona mellor. PENSADA PARA TI A gama de lanzamento de belle NATURAL está composta por 16 produtos, que cobren todas as necesidades cosméticas e continuará a medrar e a mellorar. Ao eliminar determinados ingredientes químicos, como perfumes e colorantes sintéticos, parabenos e fenoxietanol, aceites minerais, siliconas ou certos sulfatos, ofrecemos produtos máis respectuosos coa saúde da túa pel. Avalada polo estándar COSMOS Natural, convertémonos en pioneiros en lanzar unha gama cosmética de marca propia que cumpre con estas altísimas esixencias.
Respecta a túa pel e a natureza. Produtos de cosmética e hixiene elaborados con, polo menos, un 98% de ingredientes naturais
43
042-046 BELLEZA GAL.indd 43
25/10/18 18:13
COIDADO FACIAL • CREMA PARA PELES NORMAIS A MIXTAS: combina as propiedades calmantes e antioxidantes do extracto de arroz coa acción nutritiva e protectora do extracto de algodón e a vitamina E. Engádelle á súa fórmula o hidrolizado de tara, que captura e retén a auga, e raíz da planta konjac, que suaviza e rexenera a pel. • CREMA PARA PELES NORMAIS A SECAS: contén tamén raíz de konjac e vitamina E. Destaca polo seu contido en extracto de té
branco -de acción protectora e antioxidante- e mais polo extracto de figo -de acción rexeneradora e hidratante-. A iso engádese a manteiga de karité, un excelente rexenerador celular. • CONTORNO DE OLLOS ANTIFATIGA: actúa contra o avellentamento prematuro por mor do extracto de algas. É rico en proteínas, minerais e oligoelementos e ten propiedades desconxestionantes. Combinado co efecto antioxidante e revitalizante do escualeno, o aceite de améndoas doces e o poder nutritivo
da manteiga de karité, axuda a combater os signos da fatiga. • CREMA FACIAL DE NOITE REAFIRMANTE: composta por diferentes extractos vexetais, como a xara, un remedio intensivo e eficaz contra o avellentamento da pel. Tamén contén extracto de xiaogulan, que reforza a estrutura cutánea achegando firmeza e hidratación, e extracto de bambú, que lle proporciona luminosidade e suavidade á pel. • CREMA DE DÍA ANTIIDADE: prevén o avellentamento cutáneo ao combinar a intensa acción antiengurras e acondicionadora do extracto de argán co efecto protector e antioxidante da rosa alpina e a vitamina E e as propiedades rexeneradoras da manteiga de karité. • SÉRUM FACIAL ANTIIDADE: contén extracto de algas, de acción protectora contra o avellentamento prematuro e propiedades nutritivas e hidratantes que melloran a elasticidade, evitando a flacidez. Ademais combina ácido hialurónico e escualeno, excelentes aliados para hidratar a pel e favorecer a produción de coláxeno, reducindo a aparición de engurras. • CONTORNO DE OLLOS ANTIIDADE: súmalle ás propiedades do extracto de algas e o escualeno, a acción antioxidante e protectora do aceite de améndoas doces e o efecto rexenerador e acondicionador da manteiga de karité.
XELES E XABÓNS • XEL DE DUCHA REVITALIZANTE: formulado con extracto de fl or de xasmín e de limón, de propiedades tonifi cantes e refrescantes. • XEL DE DUCHA NUTRITIVO: con extractos de argán e goiaba, que axudan a acondicionar e a nutrir a pel e mais achegan unha acción rexeneradora e antioxidante. Ambos os dous xeles conteñen aloe vera, que ten un efecto
protector e refrescante sobre a pel e asemade axudan a manter o seu nivel de hidratación. • XABÓN CON EXTRACTOS DE PAPOULA E TÉ BRANCO: para manter as mans sempre limpas e coidadas. Combina as propiedades suavizantes e antioxidantes destes dous ingredientes naturais coa acción protectora e hidratante do aloe vera.
44
042-046 BELLEZA GAL.indd 44
25/10/18 18:14
beleza
PRODUTOS ESPECÍFICOS PARA O CORPO • CREMA DE MANS: formulada con aceite de xirasol, extracto de limón e ácido láctico. O aceite de xirasol é un elemento rico en ácidos graxos insaturados que axuda a suavizar e fortalecer a pel. O extracto de limón, pola súa banda, ten propiedades antioxidantes que potencian a barreira natural da pel. E, para rematar, o ácido láctico, que ofrece unha acción acondicionadora. • BÁLSAMO LABIAL: achega protección e unha hidratación duradeira grazas ao aceite de noz de macadamia e á manteiga de karité. Ademais, contén extracto de granada, que é recoñecido polas súas propiedades antioxidantes e rexeneradoras, e aceite de améndoas doces, rico en ácidos graxos esenciais e vitamina E, que protexen e suavizan a pel. • DESODORIZANTE: contén extracto de rosa damascena, de coñecidas propiedades antisépticas e antibacterianas, ácido láctico, aceite de sementes de xirasol e vitamina E. E, ademais, non ten sales de aluminio.
COIDADO CAPILAR • XAMPÚ SUAVE E NUTRITIVO: pensado para achegar brillo e fortalecer grazas á súa fórmula composta por extracto de ylang-ylang, mel -con propiedades astrinxentes e antioxidantes que protexen o pelo da sequidade, achegándolle brillo e nutrición-, aloe vera -de efecto acondicionador e hidratante-, e proteínas de trigo -con acción reparadora e protectora da fi bra capilar-. • XAMPÚ DETOX: ao igual ca o resto de produtos da nosa nova gama belle NATURAL, non contén siliconas e combina as
propiedades das proteínas de trigo e o aloe vera coa acción revitalizante, refrescante e purifi cante que ofrece o extracto de herba luísa. • ACONDICIONADOR CAPILAR: aconsellado para un coidado capilar completo. Está formulado con aceite de sacha inchi e é rico en ácidos graxos e vitaminas, que axudan a previr a deshidratación do cabelo, nutríndoo dende a raíz ata as puntas. Contén aceite de améndoas doces, que achega brillo, hidratación e ten propiedades antioxidantes.
45
042-046 BELLEZA GAL.indd 45
25/10/18 18:14
beleza
Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle. Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/
Bálsamo reparador universal belle
Unha crema para todo e para todos Con só unha crema podo protexer, reparar e hidratar a miña pel? Proba o novo bálsamo universal de belle e descubrirás que é posible. Serve para o corpo, as mans e mais o rostro e, por mor da súa composición hipoalerxénica, é adecuado para toda a familia.
O
concepto de crema de uso ‘universal’ ou ‘todo uso’ non é novo. Falamos dun produto pensado para protexer, hidratar e recuperar o benestar da pel. Co reparador universal, belle incorpora á súa gama unha solución que pretende converterse na crema de cabeceira para toda a familia. Este reparador universal é apto para o corpo, as mans e mais o rostro e ten unha composición multifunción, o que lle permite nutrir intensamente a pel, á vez que a repara, alivia, protexe e hidrata. Ademais, desenvolveuse para minimizar o risco de alerxias. Non contén parabenos, colorantes, fenoxietanol nin alérxenos
etiquetables e tamén é apropiado para peles sensibles. Ao igual ca o resto dos produtos belle, está dermatoloxicamente testado. Este novo bálsamo multirreparador hipoalerxénico está formulado para nutrir e rexenerar zonas extrasecas e agretadas da pel e para suavizar as partes máis rugosas. A súa fórmula combina a acción emoliente e protectora da manteiga de karité e do aceite de améndoas doces coas propiedades calmantes, antiinfl amatorias e suavizantes da alantoína, o extracto de macela e o bisabolol. Tamén é un produto ideal para hidratar a pel tras a exposición solar ou despois da depilación, xa que
refresca e alivia, proporcionando unha sensación de benestar. Ademais, malia a ser unha crema, a súa textura lixeira fúndese coa pel, o que permite unha rápida absorción e unha sensación de confort instantánea.
46
042-046 BELLEZA GAL.indd 46
25/10/18 18:14
EROSKI 41 SANTAL.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
09/10/18
15:31
Non perdas o novo número de ‘Consumer EROSKI’ Todo o que debes saber sobre os legumes, un dos alimentos máis completos, sans e versátiles da nosa gastronomía, os mellores trucos para lle tirar partido ao peixe conxelado ou a nova moda de comer insectos son algúns dos temas salientados este mes na revista ‘Consumer EROSKI’. Xa á venda!
• Información útil e práctica para o consumidor • Cun deseño renovado e máis moderno • Con máis e mellores contidos • Co mesmo rigor, veracidade e independencia de sempre
POR SÓ
1€
26
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
048 EN LA TIENDA REVISTA CONSUMER GAL.indd 26
moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
25/10/18 18:17
EROSKI 41 FLOR ELIXIR.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
09/10/18
11:37
Gran Recollida
Axuda ao Banco de Alimentos
U
n ano máis, do 30 de novembro ao 1 de decembro, organizaremos nos nosos supermercados a Gran Recollida destinada aos Bancos de Alimentos. Como clientes, podedes mercar os produtos e doárllelos a estas entidades, que levarán voluntarios aos nosos centros para canalizar as entregas. Nesta campaña, organizada pola Federación
‘Froitas feas’
Que a aparencia non che engane
T
radicionalmente, as cadeas de distribución e mais os consumidores demandamos froitas e verduras cuns niveis de estandarización máximos no tocante ao sabor e á aparencia externa. A selección que implica satisfacer esta demanda deixa fóra da comercialización directa unha boa parte da produción. Trátase de produtos perfectamente aptos para o consumo, que achegan os mesmos nutrientes e vitaminas, pero non son perfectos.
En EROSKI seguimos a impulsar o seu consumo e, ao igual que fixemos outros anos, durante todo o mes de novembro comercializaremos esas froitas e hortalizas denominadas ‘feas’, que non corresponden aos estándares
Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), tamén podedes colaborar mercando vales que o Banco de Alimentos utilizará para obter os produtos que considere máis necesarios. Custarán cinco euros e poderanse adquirir tanto nas caixas como a través dos voluntarios. Se así o desexas, a doazón poderá ser por un importe maior ou menor.
de aparencia establecidos pero que contan coa mesma calidade no que atinxe ao seu sabor e propiedades nutricionais e organolépticas. Trátase de variedades de froitas e hortalizas clasificadas como de segunda categoría polo seu aspecto ou tamaño, que se lles ofrecerán aos consumidores con descontos de ata o 50% no prezo. Entre as froitas ‘feas’ incluídas na campaña deste ano destacan o limón, a mazá Golden, o caqui, a granada, o plátano, o mango, a laranxa e a mandarina. E entre as hortalizas, nas nosas tendas poderanse atopar cabaciña, leituga Iceberg, pemento, berenxena, tomate e pataca.
52
052 NOTICIAS GAL.indd 52
25/10/18 18:19
EROSKI 41 ASTURIANA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
23/10/18
12:35
EROSKI comprométese 1
2
3
4
Desde sempre e para sempre comprometidos coa seguridade alimentaria
Promovemos unha alimentación equilibrada
Previmos a obesidade infantil
Atendemos as necesidades nutricionais específicas
5
66
Favorecemos un consumo responsable e respectuoso co medio natural
Ofrecemos máis produtos locais
7
8
9
10
Facilitamos comer ben a bo prezo
Actuamos dende a escoita, con claridade e transparencia
Coidámonos como traballadores
Impulsamos un estilo de vida máis saudable
Contribuímos ao desenvolvemento do contorno social e económico das nosas tendas, ofrecendo máis de 20.000 produtos locais en colaboración con 2.000 pequenos produtores. Convencidos de que consumir produto do contorno máis próximo é bo para todos, en EROSKI levamos anos a traballar para che ofrecermos sempre o mellor da túa zona.
o vindeiro mes... decembro’18
É tempo de…
Protagonistas
O escaparate
Nadal
Mazá Golden EROSKI Natur
Flor de sal Seleqtia
54
054 PROXIMO MES GAL.indd 54
25/10/18 18:20
EROSKI 41 MANILA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/18
13:18
EROSKI 40 AVENA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
20/09/18
13:25