#51 Novembro’19
www.eroski.es
CÍTRICOS
Chegan ás nosas tendas no seu mellor momento
Peixe de acuicultura
Con todo o sabor e as propiedades do salvaxe
Recollida de pedidos ‘online’
Sen agardas, sen colas e sen saír do coche
CONSUMO SOSTIBLE
Actuamos polo desperdicio cero Revista para socios con Tarxeta Ouro EROSKI club Unha ao mes por Tarxeta Ouro. Suxeito á dispoñibilidade en tenda.
EROSKI 51 SUCHARD.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
15:41
sumario novembro’2019
www.eroski.es
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
08 Consumo sostible
24 Cogomelos
20 Cítricos
30 Acuicultura
04 Neste número. 06 O último nas nosas tendas. 08 Comprometidos co consumo sostible. 20 Cítricos EROSKI Natur. 24 Os cogomelos silvestres chegan aos nosos supermercados e hipermercados. 30 Peixe de acuicultura: tan bo coma
42 Recollida de pedidos
o salvaxe. 36 Carnicería EROSKI.
36 Carnicería EROSKI
40 Os teus produtos favoritos: garavanzos EROSKI Seleqtia. 42 Servizo de recollida en tenda dos pedidos online. 44 Gama belle NATURAL: cun 98% de ingredientes naturais. 46 Viaxes: Cruceiros Pullmantur. 48 Plan familias 0·12. 50 As vantaxes de EROSKI club. 53 Vales aforro.
3
003 SUMARIO GAL.indd 3
17/10/19 19:22
neste número Unha revista para ti Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI club
C
omo socio de EROSKI club buscas os mellores prezos, promocións e vantaxes exclusivas e personalizadas. Por iso, axudámoste a aforrar máis e a coidar mellor da alimentación dos teus. Consideramos que é importante seres partícipe de todas as actividades e iniciativas que, mes a mes, lanzamos para ti. Velaquí o obxectivo desta revista, que poñemos á disposición do socio na súa versión dixital e que, dende este mes de novembro, como socio con Tarxeta Ouro EROSKI club che entregamos en man en papel. Neste número falámosche do noso compromiso a prol da sustentabilidade que, este mes, cobra especial protagonismo co noso novo colector de reciclaxe de cápsulas de café e mais coa campaña das Froitas feas. Explicámosche, ademais, as iniciativas e proxectos que levamos a cabo durante o ano para cumprirmos co noso compromiso. Tamén queremos aproveitar para che presentarmos o Plan Familias 0·12, dirixido a familias con nenos. Sabemos que ser pai ou nai éche unha aventura e por iso querémoste axudar con solucións axeitadas a cada etapa, con aforros e información do teu interese. E, coma sempre, atoparás os mellores produtos de tempada, as últimas novidades e lanzamentos, vales aforro, consellos nutricionais e, por suposto, receitas coas que triunfar na cociña.
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Difusión: Controlada por OJD
REALIZACIÓN EDICIÓN
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Imprenta: MCC Graphics. Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11. 20100 Errenteria (Gipuzkoa). Tel. +34 943 344 614
Depósito Legal: BI-222-2015 Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista EROSKI club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.
4
004 EDITORIAL GAL.indd 4
17/10/19 19:22
EROSKI 51 COOKIENSS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
16:10
o último Patacas fritas: un aperitivo que non falla Cada día atopamos máis opcións para petiscar, pero hai un snack co que sempre se acerta: as patacas fritas. Simples e deliciosas.
A
s patacas fritas son o aperitivo máis popular e un produto que non pode faltar nunca na despensa. As que atoparás en EROSKI están elaboradas unicamente con pataca, sal e aceite de xirasol 100%. Nin máis nin menos.
QUEIXO BATIDO EROSKI
Ao natural... Ou co que queiras
P
resentámosche o noso novo queixo batido EROSKI, con só un 3% de
NUTRI-SCORE
A B C D E
EROSKI ten opcións para todos. Se buscas algo diferente, pero co mesmo sabor de sempre, velaquí as novas patacas fritas EROSKI Receita da avoa. O seu proceso de fritura realízase amodo, devagariño, como noutrora o facían as
nosas avoas. O resultado é unha pataca de forma engurrada, cor dourada e moi crocante. Na súa elaboración só se utiliza pataca, aceite de xirasol e sal. A aqueles que buscan un corte diferente, que sirva como gornición,
como base doutros pratos ou para gozar directamente da bolsa, as nosas novas patacas palla fritas en tixola non os van defraudar. Pódense compartir alí onde vaias, coa familia, amigos... Sempre xeran sorrisos!
materia graxa. Pola súa suavidade e cremosidade é ideal para combinalo con todo tipo de froitas, cereais ou co que cada un prefira. O noso queixo batido elabórase en Francia, non contén azucres e a súa fórmula tamén é baixa
en graxa e sal, o que fai que presente unha boa
calidade nutricional e que sexa adecuado para consumir acotío no almorzo, como petisco, de a ssobremesa, etc. NUTRI-SCORE
A B C D E
6
06-07 LO ULTIMO GAL.indd 6
17/10/19 19:21
Novas cremas Tulipán Rama para cociñar e montar
T
ulipán sorpréndenos gratamente. Vén de lanzar as súas novas cremas Tulipán Rama para cociñar e para montar, cunha receita que aposta polo mellor sabor dun xeito moi saudable. Grazas á súa combinación de leite
MAIOR CURACIÓN, MAIOR CALIDADE O xamón curado é unha Especialidade Tradicional Garantida. Un recoñecemento que lles outorga a Unión Europea a aqueles alimentos que se distinguen pola súa calidade intrínseca e a súa elaboración tradicional. No caso do xamón, amais desta propiedade, a súa
e aceites vexetais, estas cremas son unha alternativa máis vexetal ás natas e achéganlles maior cremosidade ás receitas. Obtense tamén unha nata montada máis voluminosa e firme con só o 19% de materia graxa.
calidade asóciase cos meses de maduración: canto máis tempo, maior será. Podémolo comprobar en produtos como o noso novo taco de xamón curado reserva, cunha curación mínima de doce meses.
AUMENTA A VITALIDADE DA TÚA PEL A nova colección Pro Cellular de belle é un tratamento facial con células nai de kiwi, que axuda a aumentar a vitalidade celular, suaviza as engurras e restaura a hidratación e elasticidade da pel. Está composta por un rexenerador celular de noite, outro de día e un contorno de ollos. O rexenerador celular intensivo de noite é de textura fundente e de doada absorción. Contén ácido hialurónico e aceite de xoxoba e está formulado para reparar a pel proporcionando un aspecto máis san e luminoso. Pola súa banda, o rexenerador celular de día contén Phylderm vexetal, que estimula a renovación da pel, e ten factor de protección solar 15. O contorno de ollos reduce bolsas e olleiras e proporciona unha pel máis lisa, suave e luminosa. O seu aplicador roll-on masaxea e proporciona sensación de frescor.
NUTRI-SCORE
A B CD E
7
06-07 LO ULTIMO GAL.indd 7
17/10/19 19:21
este mes
Un compromiso de todos O estrago do medio natural é hoxe en día unha realidade. E unha das principais razóns deste problema son os modelos de produción e consumo dos países industrializados. Para reverter esta situación é preciso un cambio cara á sustentabilidade.
C
ando realizamos un consumo responsable tomamos decisións non só co obxectivo de cubrir as nosas necesidades, senón tamén intentando que o efecto no medio natural e na sociedade sexa positivo. Isto implica unha elección sopesada. Pero, para poder tomar ese tipo de decisións, os consumidores debemos contar con alternativas e información relativa aos impactos ambientais e sociais dos produtos. En liña co noso compromiso nº 5 de favorecer un consumo responsable, o nº 6 de ofrecer máis produtos locais e o nº 10 de facilitar unha vida máis saudable e sostible, en EROSKI traballamos a través de diferentes accións e proxectos para sermos máis respectuosos co medio natural en todas as etapas nas que estamos presentes: dende a produción dun alimento, o seu transporte e venda en tenda ata o uso no fogar e o final do seu ciclo vital.
A PRODUCIÓN Traballamos dende a orixe para que os nosos produtos sexan máis respectuosos co medio natural. • Os nosos frescos (froitas e hortalizas, peixe e carne EROSKI Natur) contan con certificacións como GLOBALG.A.P., MSC e Produción Integrada que garanten a súa produción sostible. • Estamos eliminando tratamentos funxicidas poscolleita nas nosas froitas.
A PRODUCIÓN
• Seguimos unha política de pesca que garante a comercialización de produtos procedentes só da pesca legal e con respecto aos tamaños mínimos. • Garantimos o benestar animal con certificacións no porco, polo e año EROSKI Natur e no peixe de crianza con selo GGN. Tamén traballamos por un uso responsable de antibióticos en animais e, para o 2024, o 100% dos nosos ovos procederán de galiñas criadas sen gaiolas. RECICLAXE E REUTILIZACIÓN
RECICLAXE E REUTILIZACIÓN • Utilizamos a loxística inversa para recoller os nosos residuos de cartón, plástico e orgánicos e reciclámolos. Potenciamos estes procesos dende as tendas ata as plataformas e empresas provedoras para unha correcta
reutilización e reciclaxe deses residuos. • Facilitamos a reciclaxe de residuos (pilas, luminarias, etc.), salientamos a iniciativa pioneira de reciclaxe de cápsulas de café e té, e informamos sobre a reciclaxe nos produtos de marca propia.
• Traballamos para minimizar os residuos derivados da nosa actividade con campañas de desperdicio 0, a promoción de artigos frescos próximos á súa data de caducidade e das froitas feas ou coa doazón de alimentos con fins solidarios.
NO FOGAR
8
008-009 CONSUMO SOSTENIBLE COMPROMISO EROSKI GAL.indd 8
18/10/19 12:55
Consumo sostible
‘LEAN&GREEN’: CARA A UNHA LOXÍSTICA SOSTIBLE
ALMACENAXE E DISTRIBUCIÓN
Obtivemos o premio ao proxecto Lean&Green, outorgado pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC). O obxectivo desta iniciativa é xerar unha rede de compañías líderes no campo da loxística sostible para incrementar a súa capacidade de aforro e reducir as emisións de CO2 polo menos o 20% en cinco anos. Este recoñecemento certifica que presentamos o plan de accións para conseguir a redución desa porcentaxe entre o 2015 e o 2020 e que lideraremos a plataforma Lean&Green xunto a outras 15 empresas do sector de consumo.
ALMACENAXE E DISTRIBUCIÓN • Melloramos a planificación da demanda de produtos das plataformas loxísticas e optimizamos o modelo de transporte de compra en orixe. • Temos plataformas máis sostibles para mellorar a eficiencia
enerxética e reducir o impacto ambiental e reducimos a cantidade de materiais de embalaxe. • Renovamos a frota con vehículos máis eficientes e ofrecemos formación en técnicas de condución ecolóxica.
A TENDA • Facilitamos a reutilización de bolsas e embalaxes. Para iso, ofrecemos unha bolsa de papel con selo FSC®, unha compostable e outra reutilizable, de plástico, 100% reciclable. Na sección de froitería dispoñemos dunha malla reutilizable para a compra por xunto e en carnicería e peixería permitimos o uso de envases reutilizables. • Renovamos e ampliamos a nosa rede de tendas con novos
sistemas e equipamentos eficientes de frío, climatización e iluminación. Con isto, a nosa pegada de carbono reduciuse máis dun 20% no 2018 respecto ao 2017. • Promovemos o consumo ecolóxico e vendemos nas nosas tendas máis de 1.100 produtos deste tipo. • Potenciamos a venda de produtos locais e temos unha ampla gama tanto de frescos coma de alimentación.
dende hai máis de 40 anos coa revista Consumer e consumer.es. • Máis de 1,5 millóns de nenos participaron no programa educativo da Escola de Alimentación (PEAHS), no que temos un módulo específico de
consumo responsable no que colaborou WWF. • Participamos en iniciativas como Reactivate+, de Global Action Plan, a Escola de Sustentabilidade de Artigas, Comunidade #PoloClima, etc.
A TENDA
NO FOGAR • Desenvolvemos campañas de sensibilización e contidos informativos para formar as persoas consumidoras. • Impulsamos a información de calidade sobre sustentabilidade
9
008-009 CONSUMO SOSTENIBLE COMPROMISO EROSKI GAL.indd 9
17/10/19 19:21
este mes
Bolsa de papel con selo FSC®
Alternativas para unha compra máis sostible Para reducir o impacto ambiental é preciso actuar en todas as etapas, dende a orixe ata o fogar. Dentro dese percorrido que fan os produtos que consomes acotío, o supermercado é un dos lugares onde se pode marcar a diferenza. En EROSKI traballamos para transformar as nosas tendas e posibilitar un consumo máis sostible e responsable co medio natural.
MALLAS REUTILIZABLES E FROITAS E HORTALIZAS POR XUNTO Recentemente, incorporamos unha bolsa de malla reutilizable como alternativa á de plástico dun só uso para a compra de froita e verdura
por xunto. Véndese nas seccións de froitería en packs de catro unidades (1,99 euros) e úsase igual ca a bolsa de plástico. Resiste entre catro e cinco quilos, é reutilizable nun mínimo de 20 ocasións e pódese lavar na lavadora. Ademais, na froitería aumentáronse as referencias por xunto (superan o 60%) e substituíronse algunhas bandexas de plástico por cartón con certificado FSC®.
TÁPER PARA A CARNICERÍA E PEIXERÍA Noutras seccións de produtos frescos tamén ofrecemos alternativas para evitar as bolsas e plásticos dun só uso. Nos mostradores de carnicería e peixería, por exemplo, é posible levar dende a casa envases reutilizables (como friameiras ou tápers) e pedirlles aos nosos profesionais que introduzan os alimentos neles.
10
010-011 COMPRA SOSTENIBLE GAL.indd 10
17/10/19 19:20
Compra sostible
ENVASES ECO E REDUCIÓN DE PLÁSTICOS Bolsa reutilizable de plástico 100% reciclable
Dende o comezo, en EROSKI traballamos para mellorarmos os nosos envases. No 2008 comezamos a incluír criterios ambientais no seu deseño. No 2019, realizáronse numerosas accións de ecodeseño. Substituímos envases de plástico por cartón con certificado FSC®
no albaricoque, pexego amarelo, cereixa, uvas e aguacate EROSKI Natur e mudouse o plástico por material reciclado nas bandexas de carne e peixe e nas botellas de zume Seleqtia, cun 30% de PET reciclado e selo FSC®. E imos continuar con este tipo de accións.
TÍCKET DIXITAL Recibir o tícket dixital na app de EROSKI club ou a través da nosa web reduce o consumo de papel e as emisións de CO2. Permíteche dispoñer decontado do detalle das túas compras e aforros, poderalo usar como xustificante de garantía e gañarás tempo ao pasares por caixa. Este servizo é activable e reversible.
MÁIS PRODUTOS LOCAIS O produto local é clave para a sustentabilidade e contribúe á economía, cultura e paisaxe do noso contorno. Os alimentos de máis preto teñen unha menor pegada de carbono, porque non percorren centos de quilómetros ata chegaren ao punto de venda. En EROSKI o compromiso por impulsar o produto
local levounos a traballar con milleiros de pequenos e medianos produtores e hoxe en día podemos encher a cesta con máis de 20.000 produtos locais, recollidos, pescados ou elaborados preto de nós. Traballamos con 2.493 pequenos produtores de Aragón, Baleares, Cantabria, A Rioxa, Navarra e País Vasco.
BOLSAS DA COMPRA REUTILIZABLES En EROSKI levamos anos a ofrecer alternativas ao plástico. No 2009 lanzamos a bolsa reutilizable de rafia fabricada con plástico reciclado. Isto supuxo que no primeiro ano o consumo de bolsas dun só uso se reducise en máis de 293 millóns. No 2013 chegou a bolsa solidaria. É de tea reutilizable e os beneficios da súa venda dedícanse a causas benéficas. A comezos do 2019 cambiamos as bolsas de plástico convencional
das nosas tendas por unha gama máis sostible. Introduciuse unha bolsa de papel co selo FSC ®, que é 100% reciclable; outra compostable, fabricada con materiais renovables de orixe vexetal e que se pode reutilizar como bolsa de lixo para a fracción orgánica, e tamén unha bolsa reutilizable de plástico, 100% reciclable, que ten como materia prima plástico reciclado polo menos nun 55%.
11
010-011 COMPRA SOSTENIBLE GAL.indd 11
17/10/19 19:20
este mes
Actuamos polo desperdicio cero A redución da dilapidación alimentaria é clave para asegurar a sustentabilidade do noso planeta. O desperdicio de alimentos pódese producir en todos os elos da cadea e xuntos podémoslle dar unha resposta a un problema que nos afecta a todos.
FROITAS FEAS: A ÚNICA DIFERENZA ESTARÁ NO TEU PETO O 40% da froita que se produce en Europa guíndase antes de chegar ás tendas só por ser fea, un estrago enorme sobre o que debemos tomar conciencia. Tal como recomenda a organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), os supermercados e mais os consumidores teñen un papel importante para mudar esta situación. Seguindo os nosos compromisos a prol dun consumo máis responsable e para che facilitar comer ben a bo prezo, ofrecémosche nas nosas tendas 15 froitas a un prezo inferior ao habitual. Non cumpren
cos estándares establecidos, pero contan coa mesma calidade no tocante a sabor e propiedades. Poderás comprobar que non hai diferenza.
ETIQUETA DE CONSUMO RÁPIDO: AFORRAR MENTRES SE ACTÚA CONTRA A DILAPIDACIÓN Outra das razóns que hai detrás do desperdicio alimentario é que moitos produtos se desbotan porque se atopan preto da súa data de caducidade. O medo a que non estean en bo estado ou a que non dea tempo a consumilos antes da data marcada tamén fai que se opte por outros.
Para evitar isto, en EROSKI ofrecémolos a un mellor prezo. Incorporamos unha etiqueta de consumo rápido que aplica un desconto do 15%. E se combinas dous ou máis produtos, redúcese un 30%.
12
012-013 CONSUMO SOSTENIBLE FRUTAS FEAS GAL.indd 12
17/10/19 19:20
Desperdicio cero
A FAVOR DA SOLIDARIEDADE En EROSKI levamos 22 anos xestionando alimentos de xeito responsable e solidario, en colaboración con organizacións sociais locais, como a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), Cáritas, Remar ou Reto. Doamos máis de 4.224 toneladas de alimentos destinados aos colectivos máis desfavorecidos durante o primeiro semestre do 2019 e, desta doazón, máis
de 3.782 toneladas foron entregadas por EROSKI dentro do programa Desperdicio cero. As doazóns consisten en produtos frescos e de alimentación que retiramos para cumprir o noso compromiso de frescura máxima ou simplemente porque o seu envase presenta unha pequena defi ciencia. Todos están sempre dentro da data de caducidade ou de consumo preferente e en perfecto estado, xa que desenvolvemos un protocolo de actuación que vela escrupulosamente pola seguridade alimentaria dos produtos doados. No caso dos frescos garante, por exemplo, o mantemento axeitado da cadea de frío tamén na entidade receptora, que debe asegurar que cumpre as mesmas garantías no seu transporte e instalacións.
José Manuel Pineda Presidente do Banco de Alimentos de Guipúscoa
“No 2018 recibimos e distribuímos 157.775 quilos de alimentos de EROSKI” As doazóns englóbanse dentro do desperdicio cero? Aínda que o Banco de Alimentos se coñece fundamentalmente pola entrega de comida aos máis necesitados, o noso obxectivo básico é a loita contra a dilapidación de alimentos e mais a participación na economía circular. Como traballades? Un dos nosos programas de obtención e distribución de alimentos é o chamado Último Minuto, un modelo de actuación que seguen outros Bancos de Alimentos e que reúne as nosas tres prioridades
básicas: reduce a dilapidación, favorece o medio natural e consegue que os alimentos recuperados cheguen a persoas con poucos recursos. En que se basea a colaboración con EROSKI? No 2009 púxose en marcha o programa Último Minuto con EROSKI e, actualmente, en Guipúscoa son xa 19 as tendas que doan alimentos todos os días e que nos abastecen de froitas, verduras, lácteos, repostería, etc. No 2018 recibimos e distribuímos deste xeito 157.775 quilos de alimentos de EROSKI.
13
012-013 CONSUMO SOSTENIBLE FRUTAS FEAS GAL.indd 13
17/10/19 19:20
este mes
Actuamos polo desperdicio cero
8
Todos podemos formar parte do cambio
trucos para evitar o desperdicio
Un 42 % dos desperdicios alimentarios xéranse nos fogares. Como usuarios finais dos alimentos, podemos contribuír a mudar os hábitos con estes sinxelos trucos.
1
Cómpre planificar o menú semanal e evitar a improvisación. Deberían estar presentes todos os grupos de alimentos e seguir no posible as directrices da dieta mediterránea.
2
Hai que calcular ben as cantidades. É importante cociñar só o necesario para completar o menú. Tamén se deben servir porcións axeitadas, xa que o que quede no prato é probable que acabe no lixo. Sempre é mellor repetir.
3
Convén facer unha compra responsable.
Hai que revisar a despensa e o frigorífico, confeccionar unha lista e mercar só o necesario. Tamén pensar nas cantidades que imos precisar de cada alimento, segundo o número de comidas previstas e comensais e mais as necesidades alimenticias especiais dalgún deles.
4
É importante conservar ben os alimentos e consultar a etiqueta e preguntarlle ao profesional se cómpre.
5
Apostar por produtos de tempada. Adoitan ser locais, polo que evitamos o traslado e empaquetado. Aínda que non hai que esquecer que os alimentos frescos son máis delicados á hora de conservar e hai que mercar só o imprescindible.
7
Mellor con imaxinación. Se non se nos ocorre que prato preparar con esa berenxena esquecida na neveira, na sección de receitas da web de EROSKI temos unha chea de ideas que poden servir de inspiración.
6
Organizar ben a neveira e mantela limpa. Isto axudará a que os alimentos que temos almacenados se conserven mellor. Se algún produto vai caducar, deberiámolo cociñar e conxelar.
8
As sobras pódense aproveitar para facer croquetas, quiches, etc. As froitas e hortalizas, para zumes, smothies, marmeladas ou caldos.
Ideas para evitar guindar alimentos
14
014 CONSUMO SOSTENIBLE DESPERDICIO CERO GAL.indd 14
17/10/19 19:19
este mes
Receptes que mai no fallen
Bater os ovos nun bol. Engadimos a nata, o leite, o sal, a pementa e a noz moscada e volvemos bater ata integrar.
Quiche de verduras 1 masa crebada (230 g) 1 porro ½ cabaciña 1 cenoria 100 g de espinacas 100 g de queixo de rulo de cabra 150 ml de leite 100 ml de nata líquida 3 ovos Sal Pementa Noz moscada Aceite
ELABORACIÓN. Refogar o porro nunha tixola ata que estea lixeiramente tenro, incorporar a cabaciña e a cenoria e continuar refogando. Reservar.
Estirar a masa no molde que vaiamos utilizar, picar cun garfo e cubrir con papel de enfornar. Engadir legumes a modo de peso e enfornar durante 10 minutos. Botar riba da base o porro, as espinacas, e a verdura refogada e incorporar o queixo de rulo de cabra. Cóbrese todo coa mestura de leite e ovo.
Racións: 4
Elaboración
Dificultade
40’ Enfornar durante 25 minutos. COMENTARIO DIETÉTICO A quiche é moi doada de facer e admite case calquera recheo, así que é unha receita perfecta para aproveitar sobras que nos foran quedando. Ademais, pódese tomar ben quente ou ben fría. Só a masa e os ingredientes necesarios para ligar o recheo (leite, nata, ovo) achegan boa parte das calorías e as graxas, aínda que dependerá do recheo que escollamos. Podemos alixeirala un pouco substituíndo a nata por leite evaporado ou leite.
NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
466
29,2G
13,1G
7,49G
1,25G
23%
42%
66%
8%
21%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
15
015 RECETA CONSUMO SOSTENIBLE QUICHE GAL.indd 15
17/10/19 19:16
este mes
Desperdicio cero
Para saber máis
Reciclamos as túas cápsulas de café As cápsulas de café conteñen aluminio, plástico e restos orgánicos, polo l que a súa reciclaxe é complicada. Para facela máis doada, en EROSKI estamos a instalar colectores nos que depositar este tipo de envases.
A
s cápsulas monodose de café revolucionaron o mercado, pero a súa composición –con aluminio, plástico e residuos orgánicos– complica a súa recollida e conseguinte reciclaxe. É moi común crer que se teñen que depositar no colector amarelo, pero a realidade é que hai que levalas a colectores específicos. Seguindo o noso compromiso a prol dun consumo responsable, á entrada dos nosos supermercados
e hipermercados colocaremos un colector de reciclaxe de cápsulas, co que nos convertemos no primeiro distribuidor en instalar estes puntos de recollida. Tamén nos adiantamos á normativa de comunidades autónomas como Baleares, que obrigará no 2021 a ter un sistema de reciclaxe para estes envases. A través desta iniciativa esperamos recuperar o 100 % das materias primas da cápsula, potenciando a economía circular. O café e
as cápsulas biodegradables converteranse en fertilizante e o plástico e o aluminio serán fundidos para xerar novos envases. Deseñamos un proceso de loxística inversa, que contempla a retirada das cápsulas recollidas en cada tenda no mesmo camión que trae os produtos a ese supermercado, o que reducirá a pegada de carbono. Os envases lévanse a unha planta loxística onde se almacenan para o seu tratamento e reciclaxe.
16
016 CONSUMO SOSTENIBLE CAPSULAS GAL.indd 16
17/10/19 19:16
este mes
Cafés Baqué aposta polo medio natural Comprometidos co medio natural, Cafés Baqué pon o seu gran de area coas súas cápsulas compostables que desaparecen en tres meses, a diferenza das de plástico ou aluminio, ás que lles leva séculos degradarse.
AO COLECTOR CASTAÑO As cápsulas compostables de Cafés Baqué pódense desbotar no colector castaño do lixo orgánico e desaparecen en tres meses. Os seus materiais son biodegradables e ademais compóstanse, é dicir, degrádanse en contacto co resto dos residuos orgánicos converténdose en compost ou abono.
MATERIAIS COMPOSTABLES Todos os materiais das cápsulas son compostables, tanto a propia cápsula como a tapa e as tintas utilizadas. Ademais, o seu deseño fai que o café se preserve como se o acabases de moer, sen necesidade ade de de utilizar envoltorios os os de plástico adicionais, evitando así a xeración de refugallos innecesarios. ari ar ari r os. os os
O CAFÉ DE SEMPRE A calidade e a sustentabilidade en Cafés Baqué van da man. Trátase do mesmo café de calidade que sempre caracterizou a Baqué, coa diferenza de que se están a utilizar materiais sostibles que coidan o noso planeta.
Podeste sumar ao movemento #ecofriendly e axudar a coidar o planeta. Se queres saber máis entra en www.capsulascompostables.es
PLÁSTICO E ALUMINIO, UN PROBLEMA PARA O MEDIO NATURAL O consumo de cápsulas está tan espallado que actualmente xa se consomen máis de 7.000 millóns en todo o mundo. Isto comporta que cada minuto se guinden 13.500 cápsulas ao lixo. Ata a data, os materiais máis utilizados para a súa produción foron o aluminio e o plástico, aos que lles leva séculos degradarse de xeito natural. Ademais, para reciclar correctamente as cápsulas de aluminio e plástico, cómpre guindalas en puntos específi cos de recollida, xa que a regulación non as considera un envase e non se poden depositar no colector amarelo.
17
017 PUBLIRREPORTAJE CAPSULAS CAFE GAL.indd 17
17/10/19 19:15
este mes
Moito máis ca un selo En EROSKI traballamos para ofrecer alternativas máis saudables e sostibles. Para iso, buscamos sempre produtos de calidade que sexan respectuosos co contorno. Dende hai anos, contamos con diversas certificacións, etiquetas e marcas que aseguran a orixe sostible. SELO AZUL MSC
GGN
FSC
O selo de Marine Stewardship Council (MSC) concédese aos produtos do mar procedentes de caladoiros sostibles. No 2017, fomos a primeira cadea de distribución polo miúdo que superou a auditoría de MSC, que acredita o caladoiro e mais as empresas implicadas no proceso de manipulación. No 2018, renovamos a certifi cación e incorporamos o selo ao peixe e marisco conxelado e ás conservas de peixe. Atoparalo no bonito do norte, anchoa do Cantábrico, bacallau Skrei EROSKI Natur, bacallau desalgado envasado ou pescada e bacallau conxelado.
É un selo para a pesca de crianza segundo a norma internacional GLOBALG.A.P. de acuicultura, que permite demostrar a inocuidade alimentaria e a sustentabilidade. Inclúe tamén o control do cumprimento dos dereitos dos traballadores. No 2018 fomos a primeira cadea de distribución en España que superou a auditoría, que acredita que as especies das nosas peixerías procedentes deste tipo de cría se produciron de xeito seguro e sostible. Todo o peixe de crianza EROSKI Natur (robaliza, salmón, dourada, rodaballo e corvina) está certifi cado por GGN.
O selo do Forest Stewardship Council (organización sen ánimo de lucro, dedicada a promover a xestión forestal responsable no mundo) certifica que a madeira utilizada para fabricar o produto provén de fragas xestionadas de maneira responsable. En EROSKI vendemos 53 artigos de papelería, mobiliario de xardín, artigos de limpeza e hixiene co selo FSC®. Tamén empregamos papel con esta certificación nas etiquetas de produtos de carnicería, nas bandexas dalgunhas froitas e hortalizas e nas nosas bolsas de papel, o que garante que proveñen de fontes responsables.
PEIXE A CANA
GLOBALG.A.P.
ECOCERT COSMOS NATURAL
Todo o noso bonito do o norte en conserva EROSKI, tanto en frasco coma en lata, procede exclusivamente da pesca con artes tradicionais a cana. Somos os primeiros en ofrecer toda a nosa gama de bonito en conserva pescado con este método tradicional, considerado como o máis respectuoso, selectivo e sostible, xa que evita as capturas accidentais doutras especies e non deteriora o fondo mariño.
É un conxunto de normas agrícolas recoñecidas internacionalmente e dedicadas ás boas prácticas de agricultura (G.A.P.). Para consumidores e distribuidores, este certifi cado signifi ca que os alimentos se produciron de xeito sostible e cumpren cos requisitos de seguridade alimentaria e benestar dos traballadores. Todas as nosas froitas EROSKI Natur proceden de agricultores certifi cados ao igual ca moitas das nosas hortalizas.
A gama belle NATURAL está composta por 22 produtos de beleza e hixiene e está certifi cada como cosmética natural seguindo o estándar COSMOS e homologada por ECOCERT. Regula dende a elaboración de cada ingrediente e a produción ata a embalaxe, etiquetaxe ou xestión ambiental. Nos nosos produtos certifi ca que están elaborados con, polo menos, o 98% de ingredientes naturais ou de orixe natural e un mínimo do 5% deles son de orixe ecolóxica.
18
018-019 CONSUMO SOSTENIBLE SELLOS GAL.indd 18
17/10/19 19:14
Consumo sostible
BENESTAR ANIMAL
AGRICULTURA ECOLÓXICA
Para identificar de xeito claro que un produto cumpre coa normativa de benestar animal unificamos todas as nosas certificacións no novo selo WelfairTM. Presentado polos institutos de investigación IRTA e NEIKER, avala que os animais viviron e se sacrificaron baixo condicións eticamente responsables de benestar, conforme aos protocolos establecidos polos proxectos Welfare Quality e AWIN (Animal Welfare Indicators).
A Eurofolla garante que a produción segue os criterios europeos de agricultura ecolóxica. É dicir, a prohibición de usar organismos modificados xeneticamente, limitación do uso de fertilizantes, herbicidas, pesticidas artificiais, antibióticos, etc. Atoparás este selo nos nosos produtos ecolóxicos, como o tomate, arroz e millo EROSKI e nos sales de Camargue Seleqtia.
19
018-019 CONSUMO SOSTENIBLE SELLOS GAL.indd 19
17/10/19 19:14
este mes
Cítricos de tempada
A froita que chega co frío Os cítricos son as froitas de inverno por excelencia. A partir de novembro, chegan ás froiterías dos nosos supermercados laranxas, mandarinas, limóns e pomelos de orixe nacional.
A
climatoloxía do Mediterráneo é perfecta para a produción de cítricos. Estas froitas conseguen un sabor característico por mor dun clima morno, sen apenas risco de xeadas, coas flutuacións ideais entre noite e día para alcanzar as horas de calor e frío que precisan e duns chans ricos en nutrientes naturais. Ademais, ao seren produtos de tempada e de orixe nacional, o seu impacto ambiental é menor, xa que se reduce o transporte e se favorece o desenvolvemento económico local. Tanto se buscas aforro como calidade, atoparás nas nosas froiterías cítricos de tempada ao mellor prezo. Ofrecemos as variedades de EROSKI e as de marcas máis coñecidas, como Torres, e tamén mandarinas sen sementes ou cítricos EROSKI Natur. Ademais, para che ofrecermos sempre un produto de tempada no seu mellor momento e por maior tempo, traballamos diferentes variedades dependendo da época do ano. Por exemplo, en outubro atoparás laranxas Navelina e arredor da primavera laranxas Valencia Late. Acadamos así un produto nacional de tempada co punto óptimo de maduración no tocante a tamaño e dozura. O mesmo acontece coas mandarinas, pomelos e limóns de tempada.
Seguindo o noso obxectivo de reducir o uso de plástico nas embalaxes, vendemos as laranxas de sobremesa, mandarinas e limóns EROSKI Natur por xunto.
20
020-021 ESTE MES CITRICOS GAL.indd 20
17/10/19 19:14
OS CÍTRICOS EROSKI NATUR Laranxas de zume: cun alto contido en zume e polpa doce, é a froita idónea para comezar o día polo seu agradable sabor, o seu poder refrescante e as súas valiosas propiedades nutritivas. Laranxas de sobremesa: con cuarteiróns de extraordinario sabor doce, ricos en vitaminas, pódense gozar en calquera momento do día ou poñer o punto final perfecto ás túas comidas. Mandarinas: cultiváronse en terras onde o saber facer dos seus produtores e mais un clima axeitado, propicia cítricos de excelente sabor e aroma. A isto únese que son ben boas de estonar, o que fai que sexan unha das froitas favoritas dos máis cativos. Limón: o seu refrescante e ácido sabor convérteo no aderezo ideal para os nosos pratos. Pomelo: cun equilibrado sabor entre acedo e amargo, é ideal para preparar zumes ata para os padais máis esixentes.
CÍTRICOS EROSKI NATUR: NATURALMENTE PROTEXIDOS En EROSKI queremos garantir que os cítricos Natur que chegan este mes ás nosas froiterías teñen o punto óptimo de sabor e dozura. Para iso, o proceso de maduración detense ao se retiraren da árbore. Por iso é tan importante mantelos máis tempo, co que se consegue que suba a cantidade de azucre. Pero, ademais, velamos porque estas froitas non só estean no seu momento óptimo, senón que teñan un menor impacto ambiental. Por iso, traballamos un modelo máis responsable co medio natural e eliminamos os tratamentos funxicidas poscolleita dos nosos cítricos EROSKI Natur. Para manter a calidade só se recobren con ceras naturais a base de aditivos alimentarios. Unhas ceras que son comestibles, polo que a pel dos nosos cítricos pódese aproveitar na cociña.
CULTIVO SOSTIBLE Os cítricos Natur están producidos de xeito máis sostible, co que se minimiza o impacto ambiental e se axuda ao desenvolvemento do contorno, como certifica a norma internacional GLOBALG.A.P. Isto tradúcese en diferentes técnicas de cultivo de menor impacto ambiental. Por exemplo, acólchase o chan baixo a árbore e redúcese a aparición de malas herbas, e mais permítese a presenza de herba entre as árbores, como refuxio de insectos e animais, inimigos naturais das pragas. Tamén se reducen os tratamentos na última fase de cultivo.
21
020-021 ESTE MES CITRICOS GAL.indd 21
17/10/19 19:14
este mes
0,93 € POR PORCIÓN
Receitas que nunca fallan
Taxín de polo, limón e olivas 1 polo pequeno (1,2-1,4 kg) 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra 3 cebolas vermellas 2 limóns (un para zume) 30 olivas negras 15 olivas verdes 250 ml de caldo de polo 3 dentes de allo 1 culleriña de pemento doce 1/2 culleriña de xenxibre relado 1/2 culleriña de comiño moído 1/4 culleriña de azafrán moído Sal e pementa Cubrir e deixar cociñar a lume medio durante 30 minutos, ata que o polo estea feito. ELABORACIÓN. Mesturar nun morteiro os allos, o sal, a pementa, o xenxibre, o pemento, o comiño e o azafrán. Machucar ata obter unha pasta e engadir os cachos de polo repartindo ben a pasta por todos os anacos. Cubrir e levar ao frigorífico durante unhas 3-4 horas. Poñer o taxín ou cazola ao lume cunha cullerada de aceite. Cando estea quente engadir os cachos de polo e marcar ata dourar. Engadir a cebola cortada en láminas, baixar o lume e deixar rustrir durante uns 10 minutos. Engadir as olivas e os toros de limón. Mesturar o caldo e o zume dun limón e regar a preparación.
Tips: pódese preparar nun taxín ou nunha cazola de ferro ou barro, pero cuberto coa tapa. Hai que ter coidado co sal que se lle engade á pasta inicial, xa que as olivas tamén achegan sal. Lavar moi ben os limóns xa que os utilizaremos con pel. COMENTARIO DIETÉTICO Polos ingredientes que contén, obtense un segundo prato saudable. Aínda que ten unha cantidade moderada de graxa, é sobre todo insaturada, cardiosaudable, procedente das olivas e do aceite de oliva virxe. O ingrediente principal é carne branca, que lle achega ao prato proteínas de alta calidade e algo de graxa.
Racións: 6
Dificultade
Elaboración
50’ NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
361
23,3G
5,12G
6,32G
1,39G
18%
33%
26%
7%
23%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
22
022 ESTE MES RECETA CITRICOS GAL.indd 22
17/10/19 19:13
EROSKI 51 GREFUSA MRCORN.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
16:13
este mes
Saber máis sobre os cogomelos
NÍSCARO
O tesouro de outono A tempada de cogomelos comeza ao remate do verán, cando se dan as condicións atmosféricas idóneas para a súa proliferación. Os máis deles aparecen daquela, pero a súa calidade aumenta no outono, cando se recollen e chegan ás nosas tendas.
A
carón dos champiñóns e cogomelos de cultivo, este mes comezan a aparecer outras variedades nas nosas tendas. Son os cogomelos silvestres, que só poderás atopar en outubro e novembro e que son os máis apreciados. Por exemplo, o cantarelo, un fungo cunha cor que vai do amarelo dourado ao castaño. Ten un aroma e sabor afroitado e é excelente para preparar guisos, estufados, e salsas. Tamén ofrecemos níscaros, un dos cogomelos máis buscados polo seu intenso sabor e aroma, que combina perfectamente en todo tipo de receitas. Outra das variedades que poderás gozar en EROSKI é o boletus ou andoa. Trátase dun fungo ideal para todo tipo de pratos, pero non é bo de atopar. Ten un sabor suave a froitos secos, como a abelá.
Este tipo de cogomelos recóllenos moitos afeccionados nas fragas e montes durante estas datas, mais cómpre lembrar que esta práctica implica risco de non se coñeceren ben. Por iso, en EROSKI traballamos con provedores que recollen os cogomelos e contan con expertos micolóxicos e departamentos de calidade que garanten a correcta selección e clasificación. Isto permitirache gozar das mellores variedades con total seguridade. Ademais, todos estes cogomelos silvestres chegan ás nosas tendas entre un e catro días despois de se recolleren, co que manteñen todo o seu frescor e sabor.
O RESTO DO ANO Durante todo o ano, en EROSKI podes atopar cogomelos de cultivo: ostra, cardo, xitake, champiñón branco e portobello. Proveñen da Rioxa, onde medran en covas naturais e noutras instalacións acondicionadas cunha temperatura e humidade específica e nas que se desenvolven nun período de entre cinco e seis meses. Así que se recollen chegan ás nosas tendas nun máximo de dous días.
24
024 SETAS GAL.indd 24
17/10/19 19:13
este mes
Receitas que nunca fallan
Risotto de cogomelos 400 g de cogomelos 320 g de arroz 2 ceboliñas 100 ml de viño branco (opcional) 1 litro de caldo de verduras ou auga quente 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra Sal Queixo parmesano relado 1 cullerada de manteiga
1,39 € POR PORCIÓN
ELABORACIÓN. Poñer unha pota baixa ao lume cunha cullerada de aceite de oliva virxe extra. Unha vez quente, engádese a ceboliña picada fina e deixamos que se vaia rustrindo. Cando estea transparente, engádense os cogomelos laminados e déixase refogar un par de minutos. Engadir o arroz e refogar durante un minuto remexendo ben. Agregar o viño branco e deixar que se evapore totalmente. Engadir o caldo quente, aos pouquiños, remexendo constantemente o arroz cunha culler de madeira. Non engadiremos máis caldo ata que o arroz non absorba o anterior. Poñer ao punto de sal, pero ter en conta que imos incorporar despois o queixo parmesano. Cando o arroz estea al dente, retirar do lume, engadir a manteiga e o parmesano relado e mesturar. Servir decontado. Tips: O caldo débese engadir sempre quente para que o arroz se cociñe no seu punto e a cantidade dependerá da que o tipo de arroz usado absorba ata se cociñar. Unha vez incorporado o arroz e o caldo, cómpre ilo remexendo de xeito constante. O arroz debe quedar preferiblemente al dente e servirse decontado. COMENTARIO DIETÉTICO Un primeiro prato bastante completo, que case serve como prato único. Se nos resultase pouco, o mellor sería completalo con verduras (en ensalada, á prancha, gaspacho...) ou engadíndolle verduras ao
propio risotto (cenoria, champiñóns...). Tamén podemos engadir algo de proteína saudable, como unhas gambas ou polo. Aspectos nutricionais. A achega de azucres non resulta prexudicial, xa que se trata de azucre naturalmente presente nas hortalizas que se consomen enteiras, con toda a fibra. Igualmente, a achega graxa procede en boa parte do queixo, e a graxa láctea demostrou que non ten o efecto prexudicial doutras graxas de baixa calidade. É un prato apto para lactovexetarianos. Trucos: É preferible usar arroz integral, xa que se aproveitan todas as partes do cereal, especialmente fibra e minerais, con todos os beneficios que iso supón. Tanto o caldo como o queixo achéganlle bastante cantidade de sal. Se se quere reducir, podemos usar caldo baixo en sal ou auga.
Racións: 4
Elaboración
Dificultade
25’ NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
543
13,7G
5,69G
9,71G
2,49G
27%
20%
28%
11%
41%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
25
025 ESTE MES RECETA SETAS GAL.indd 25
17/10/19 19:13
este mes
Caqui Persimon® Bouquet®, unha froita de outono ‘todoterreo’ O caqui é unha froita de orixe asiática. En países como España, India, Israel ou Brasil introduciuse como planta ornamental. Hoxe, é moi apreciada polo seu sabor doce.
MADURACIÓN A mediados dos anos 90, actualízase un antigo sistema de maduración do caqui consistente en privar a froita de osíxeno durante un espazo de tempo, co que se daba eliminado a astrinxencia do froito estando aínda duro, no seu punto xusto de madureza e con todo o seu sabor. O resultado é un caqui ‘Vermello Brillante’ moi saboroso, doce e cunha consistencia semellante á dun pexego. Este caqui bautízase co nome de Persimon® para facelo máis identificable nos mercados.
En EROSKI atoparás o caqui Persimon® no seu punto óptimo
NOVA VARIEDADE A mediados dos anos 70, labregos da bisbarra da Ribeira do Xúquer (Valencia) identificaron unha variedade autóctona de caqui que denominaron ‘Vermello Brillante’. Un froito que non se pode comer así que se colleita por mor da astrinxencia da súa polpa, que lle outorga unha textura áspera e un sabor amargo. Xa que logo, había que o deixar sobremadurar ata que a polpa adquirise a textura mol e xelatinosa do caqui clásico.
FONTE DE VITAMINAS O Persimon ® Bouquet ® ten vitaminas C e A. É unha froita moi doada de consumir, xa que non ten carabuña nin pebidas, e pódese comer con ou sen tona, coma se se tratase dunha mazá. A súa textura e consistencia tórnano un produto ideal, moi versátil na cociña e para tomar en calquera intre.
DENOMINACIÓN DE ORIXE Os froitos da variedade ‘Vermello Brillante’ están avalados pola Denominación de Orixe Caqui da Ribeira do Xúquer, unha certifi cación ofi cial que aparece correctamente selada e numerada en cada envase e que é garantía de calidade. Anecoop comercializa o caqui Persimon® con Denominación de Orixe Ribeira do Xúquer baixo a súa marca de prestixio Bouquet®, fi el ao seu compromiso de ofrecer só froita de calidade excepcional.
26
026 PUBLIRREPORTAJE CAQUIS GAL.indd 26
17/10/19 19:12
EROSKI 51 ACTIMEL.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
15:56
este mes
Receitas que nunca fallan
1,12 €
POR PORCIÓN
Cobbler de caqui 4 caquis Persimon 40 g de panela 30 g de fariña de millo (Maicena) Canela en po Para a masa de cobertura 100 g de fariña 1 sobre de lévedo 40 g de azucre Sal 50 g de manteiga 100 ml de nata líquida 50 g de améndoas laminadas Canela Xenxibre
ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 190 ºC. Pelar e cortar os caquis. Botalos nunha cunca grande xunto á panela, a canela en po e a fariña de millo. Remexer e deixar repousar mentres se prepara a masa.
Peneirar a fariña e o lévedo nunha cunca e engadir o azucre, a canela, o xenxibre e o sal. Incorporar a manteiga cortada en dados pequenos e amasar coa punta dos dedos ata obter unha mestura con textura areenta. Para rematar, engadir a nata líquida e mesturala ben ata formar unha masa. Distribúese a mestura de caqui nun molde apto para o forno, cóbrese coa masa e esparéxese cun pouco de azucre e as améndoas. Racións: 8 Enfornar durante 30 minutos ou ata que a masa estea dourada e a froita burbulle.
Dificultade
Truco Para mellorar o perfil nutricional desta sobremesa, podes substituír o azucre por plátano maduro ou dátiles hidratados batidos, usar fariña integral, aceite de oliva virxe en lugar da manteiga e/ou substituír a nata líquida por leite.
Elaboración
50’
COMENTARIO DIETÉTICO Este tipo de sobremesas resultan moi útiles para aproveitar froitas. Canto máis madura estea a froita, máis sabor doce terá, co que menos azucre necesitará a receita, que é do que adoitan pecar as sobremesas elaboradas.
NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
273
11,5G
14%
16%
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
4,69G 24,3G 0,16G 23%
27%
3%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
28
028 ESTE MES RECETA CAQUIS GAL.indd 28
17/10/19 19:09
EROSKI 51 NESTLE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
16:08
este mes
Acuicultura, unha opción segura e de calidade Ante a crecente demanda de produtos pesqueiros, a acuicultura é unha alternativa sostible e alcanzable coa que gozar de peixe de calidade todo o ano. Cumprindo o noso compromiso polo consumo responsable, EROSKI Natur ofréceche unha ampla oferta de peixes de acuicultura coa certificación internacional GGN.
T
an saboroso coma o salvaxe, o peixe de acuicultura mantén todas as súas propiedades. É alcanzable e seguro, grazas ás esixencias do selo GGN, que abranguen, entre outras, a análise do impacto ambiental, o control da alimentación e da calidade da auga ou a supervisión da trazabilidade do produto. Ademais, certifícase un consumo axeitado de penso, o que repercute nun mellor coidado do fondo mariño e no aproveitamento do recurso da pesca. Tamén se controlan o establecemento de medidas de
benestar animal ou as fugas nas granxas, limitando así a proliferación de especies invasoras. A acuicultura ten outras vantaxes. Unha delas é que se evita a estacionalidade do peixe e o seu prezo é, xeralmente, máis alcanzable. Outra é a súa trazabilidade, xa que, ao se tratar de peixes criados en espazos controlados, o seu seguimento é máis exhaustivo. Isto fai que, como demostraron numerosas investigacións científicas, estean libres de anisake. E tampouco hai que esquecer a súa contribución á sustentabilidade.
UN RECURSO CADA VEZ MAIS SOSTIBLE A pesca intensiva, a sobreexplotación dos caladoiros e o consumo excesivo reduciu os stocks pesqueiros. De aí a transcendencia de producir peixes de cultivo que garantan, de maneira efi ciente e sostible, recursos abondos para alimentar a poboación. No tocante á súa alimentación, cada especie medra a base de pensos creados especifi camente. Tamén a alimentación é cada vez máis sostible, xa que nos últimos anos se aumentou nos pensos a porcentaxe de ingredientes vexetais como cereais, millo ou soia, e reduciu a proporción de peixes salvaxes destinados á alimentación da acuicultura.
30
030-031 ACUICULTURA GAL.indd 30
17/10/19 19:09
DOURADA
CINCO PEIXES CON SELO GGN En EROSKI atoparás peixe de acuicultura, no mostrador e mais envasado, enteiro ou con diferentes cortes. Dourada. É un peixe branco e está considerado un dos máis exquisitos. Recomendado para preparacións culinarias sinxelas, de tipo grella, ao vapor ou ao forno. Case todos os países mediterráneos crían esta especie en acuicultura e xa ocupa case toda a oferta de dourada nas peixerías. Nas nosas tendas pódese adquirir dourada Natur no mostrador (pezas) e mais envasado (pezas e fi letes).
RODABALLO
Rodaballo. Outro peixe branco moi apreciado, que destaca pola súa textura, sabor e doada dixestión. Aínda que a mellor época do rodaballo se fixa nos meses máis cálidos, coa acuicultura súplese a estacionalidade e está dispoñible durante todo o ano. Corvina. A gran descoñecida das nosas mesas é ideal para sorprender cun prato diferente. É un peixe branco, que vive tanto en auga salgada como doce e é moi popular no sur por mor do seu alto valor gastronómico e a textura da súa carne. Atoparala nos nosos mostradores de peixería en pezas. Salmón. É unha das especies de peixe azul máis populares e a súa produción de acuicultura unha das máis espalladas. En Europa prodúcese en Escocia, Irlanda, Islandia, Illas Feroe (Dinamarca) e Noruega. En EROSKI ofrecémosche o salmón de crianza con catro tipos de cortes para que o poidas preparar decontado e con total comodidade. ROBALIZA
Para saber máis sobre acuicultura
Robaliza. Un peixe branco moi apreciado pola firmeza da súa carne e un sabor fino e delicado. Adáptase a case todas as técnicas culinarias e é perfecta para facela ao forno, á prancha ou á grella. En canto á acuicultura, case todos os países mediterráneos crían robaliza. Nós ofrecémola en mostrador (pezas) e mais envasada (pezas e filetes).
31
030-031 ACUICULTURA GAL.indd 31
17/10/19 19:09
este mes
2,84 € POR PORCIÓN
Robaliza con salsa de coco 500 g de robaliza 16 ameixas 1 pemento vermello e 1 pemento amarelo 140 g de chícharos 1 cebola 1 cenoria 1 vaso de caldo de verduras 1 vaso de bebida de coco Xenxibre fresco e coandro Pasta de curry 2 culleradas de aceite de oliva virxe 2 dentes de allo Pementa Sal Acompañamento: 140 g de arroz 1 lima
ELABORACIÓN. Botar nunha pota o aceite e agregar a pasta de curry. Saltear uns minutos ata que se liberen os aromas. Incorporar o allo e o xenxibre e cociñar ata que se comecen a dourar. Engadir o caldo de verduras e o leite de coco. Levar a ebulición. Engadir as verduras, o sal e a pementa e cociñar a lume lento ata que estean lixeiramente tenras. Engadir o peixe e cociñar. Despois, engadir as ameixas e cociñar ata que se abran. Para rematar, engadir o coandro picado. Cociñar o arroz seguindo as instrucións do paquete. Escorrer e mesturar coa reladura da lima. Servir o guiso de peixe acompañado do arroz.
Receitas que nunca fallan
COMENTARIO DIETÉTICO Esta receita conta con todos os grupos de alimentos necesarios para conformar un prato único completo: verdura, proteína saudable (peixe branco) e cereal. E co toque especial que lle dá o sabor da bebida de coco. Aspectos nutricionais. É un prato nutricionalmente moi equilibrado e este equilibrio obtense de alimentos saudables que non van achegar nutrientes prexudiciais e si outros compoñentes con acción beneficiosa, como os pigmentos das verduras. O único nutriente que aparece en laranxa no semáforo, as graxas saturadas, proveñen da bebida de coco, xa que as máis das súas graxas -sendo un alimento vexetal- son saturadas. Sabías que...? A robaliza salvaxe pode ser un peixe branco con baixo contido graxo ou ser semigraxo en función da época do ano. Isto notarase algo na súa textura e sabor, e variará a súa achega calorífica. En todo caso, trátase de graxas cardiosaudables (omega 3).
Racións: 4
Elaboración
Dificultade
60’ NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
487
20,2G
11,8G
9,09G
1,14G
24%
29%
59%
10%
19%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
32
032 ESTE MES RECETA LUBINA GAL.indd 32
17/10/19 19:08
EROSKI 51 COCIMAR.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
15:44
este mes
1,61 €
Receitas que nunca fallan
POR PORCIÓN
Corvina ao vermú 500 g de corvina EROSKI Natur 2 patacas 1 cebola 12 tomates cherry Un vaso de caldo de peixe Un vaso de vermú Aceite de oliva virxe Un limón Sal Romeu
ELABORACIÓN. Fritir as patacas en láminas xunto coa cebola en toros e reservar. Salgar a corvina, realizarlle uns cortes no lombo e introducir uns toros de limón. Colocar unha cama de patacas e cebola nunha fonte do forno, engadir os tomates en toros e colocar por riba a corvina. Engadir máis toros de limón e un pouco de romeu fresco por riba. Regar cun vaso de caldo de peixe e con outro de vermú.
principais son vexetais, o que achega vitaminas, minerais e fibra. O resto da graxa procede do aceite que absorben as patacas e a cebola ao fritilas, pero é unha graxa saudable.
Racions: 4
Elaboración
Dificultade
35’
Enfornar durante uns vinte minutos. Tips No canto de romeu pódese utilizar xarxa. Pódese cortar a corvina en supremas ou centros. Podemos presentar o prato levando a fonte directamente á mesa ou empratar a corvina nunha bandexa bonita. COMENTARIO DIETÉTICO A corvina é un peixe branco que ten un contido graxo baixo e é alto en proteínas de boa calidade. O resto de ingredientes
Trucos Cociñando as patacas e a cebola ao forno no canto de fritas pódese reducir a cantidade de aceite e, polo tanto, a carga calorífica. A corvina é un peixe branco moi apreciado en gastronomía. A súa carne é saborosa e substanciosa, admite múltiples preparacións e é tamén moi valorada para consumir en cru. Se se quere evitar a presenza de alcohol, pódese substituír o vermú por outro vaso de caldo de peixe. En contra do que se poida pensar, o cociñado non evapora o 100% do alcohol dunha bebida.
NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
SAL
407
15,9G
3,04G
11,4G
0,89G
20%
23%
15%
13%
15%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
34
034 ESTE MES RECETA ACUICULTURA GAL.indd 34
17/10/19 19:08
EROSKI 51 HOBEA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
16:17
este mes
O valor da proximidade Nas carnicerías de EROSKI ofrecémosche un trato próximo, a experiencia e o coñecemento dos nosos profesionais e mais unha ampla oferta de carnes de calidade ao mellor prezo. Nos nosos mostradores atoparás un servizo especializado, próximo e de confianza que che axudará a elixir ben.
VARIEDADE E CALIDADE
A
o igual ca na sección de carne envasada, nos nosos mostradores ofrecémosche unha gran variedade de carnes e de elaborados de carne. Atoparás produtos locais, con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e de orixes prestixiosas coas que che garantimos carne de calidade ao mellor prezo. Vacún. A aposta polo local ten que ir alén das palabras. Por iso, dependendo da rexión, ofrecemos carnes locais con Denominación de Orixe (DO) de Baleares, Cataluña, Galicia, Navarra e País Vasco. Traballamos tamén carne de becerro anello en varios cortes: fi letes de primeira, entrecosto, costeletas, etc. E completamos a oferta do mostrador de carnicería con especialidades prémium: angus e costeletas de vaca madurada. Año. Ofrecémosche añagoto e año de leite durante todo o ano e
ademais dispoñemos de diferentes años con IXP como o Ternasco de Aragón (dispoñible todo o ano), año leital local do País Vasco e Navarra (de novembro a abril) e año de Gales IXP (de xullo a xaneiro). Porco. Temos costeletas, lombo, costelas, etc. de porco Duroc EROSKI Natur certifi cado en Benestar Animal por AENOR. Elaborados e empanados. Atoparás tamén unha ampla variedade de produtos elaborados –moitos deles de orixe local–, como hamburguesas e salchichas de ave, porco, vacún, etc. A esta oferta hai que sumar tamén produtos empanados e variados de croquetas. Aves e coello. Nalgúns mostradores atoparás polo, que fileteamos e preparamos ao gusto, outras aves (perdiz e paspallás) e coello, que tamén preparamos a petición do cliente.
36
036-038 VITRINA CARNE GAL.indd 36
17/10/19 19:04
PROFESIONALIDADE E FORMACIÓN CONTINUA Mercar a carne nun mostrador con axuda dun carniceiro ofrece posibilidades engadidas. Os nosos profesionais están para te axudar e asistir no que precisas como cliente. Os nosos carniceiros son expertos, coñecen o produto e están para te axudar e aconsellar. Fórmanse na Escola de Frescos de Carnicería, tutelados por profesionais con longa experiencia, e posteriormente volven ás súas tendas. Ademais, reciben formación continua para mellorar os diferentes aspectos do seu traballo cotián. Ese coñecemento trasládase a unha mellor experiencia para ti como cliente. Se tes algunha dúbida ou queres saber máis, só tes que preguntar. Orientaranche sobre as carnes do mostrador, daranche consellos sobre como cociñar cada peza, etc. En EROSKI valoramos a transparencia e garantimos a trazabilidade do produto, dende a crianza e sacrifi cio do animal ata o envasado e venda da carne.
37
036-038 VITRINA CARNE GAL.indd 37
17/10/19 19:04
este mes
A nosa carniceira Inma Cubas (EROSKI Bilbondo)
“Querémosche ofrecer todos os servizos e posibilidades dun supermercado xunto coa experiencia e proximidade do mostrador” Cortamos a carne ao teu gusto, picámola no momento e envasámola ao baleiro. Se non dispós de tempo ou prefires non agardar, tamén facemos encargos. Só tes que pedilo. Que vantaxes ofrecen o envasado e os diferentes cortes? O envasado ao baleiro fai que a carne sexa menos fráxil, que ature desprazamentos máis longos, que non manche outros alimentos e que se conserve máis tempo sen perder as súas calidades. A posibilidade de pedir que che corten a carne permíteche aproveitar mellor a peza e aforrar traballo. Fileteamos ou partimos calquera tipo de carne e, en casos como o año, mesmo o preparamos por pezas enteiras, medios ou cuartos. Só tes que llo pedir ao carniceiro que, ademais, che aconsellará sobre a peza máis axeitada para cada preparación.
Unha das desvantaxes do mostrador é o tempo de agarda... Para aquel que queira un trato máis próximo ou un consello, no mostrador estamos a facilitar a compra e a reducir o tempo de agarda con diferentes servizos. Preparamos bandexas diarias para que poidas levar ao momento a mesma carne que atoparás no mostrador. Tamén está a opción das encargas. Como funcionan as encargas? Dispoñemos desta posibilidade durante todo o ano, na tenda ou chamando ao teléfono que atoparás no mostrador de carnicería. Podes pedir os produtos que haxa na tenda e mais os doutros supermercados. Ademais, estamos a probar maneiras de facer máis accesible este servizo como, por exemplo, a través de mensaxes de WhatsApp.
O obxectivo é facer máis rápido e accesible o mostrador? Querémosche ofrecer todos os servizos e posibilidades dun supermercado xunto coa experiencia e proximidade do mostrador. Por iso estamos a buscar novas maneiras de mellorar a túa experiencia. A formación dos carniceiros e as posibilidades que dan as novas tecnoloxías para facer encargas ou avisarte de que o pedido está listo son clave.
38
036-038 VITRINA CARNE GAL.indd 38
17/10/19 19:04
este mes
Taco de tenreira mariñada á cervexa 10 tortillas de trigo ou de millo pequenas 2 filetes de lombo de tenreira (400 g) 4 culleradas de salsa inglesa Worcestershire 4 dentes de allo picados moi finos 2 culleradas de ourego seco 1 cullerada de comiño moído 1 litro de cervexa 8 champiñóns portobello laminados Rúcula 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
2,35 € POR PORCIÓN
Para a crema de aguacate e mostaza: 1 aguacate maduro 1 cullerada de mostaza antiga 3 limas Para os tomates asados: 2 ramalletes de tomates cherry Un pouco de aceite de oliva virxe extra Sal e pementa acabada de moer e ourego seco
Receitas que nunca fallan
ELABORACIÓN. Poñemos os filetes estirados nun recipiente. Engadimos a salsa, o allo, o ourego e o comiño e cubrímolos coa cervexa. Tapámolos con filme e introducímolos no frigorífico non máis de 2 horas. A falta de 10 minutos, engadimos os champiñóns. Salpementamos os tomates e botámoslles un chisco de aceite e ourego. Enfornámolos uns 25 minutos, ata que se vexan coa pel aberta e lixeiramente engurrados. Reservámolos. Para o taco, esmagamos cun garfo a polpa do aguacate e mesturámola coa mostaza e mais o zume de 2 limas. Reservámolo.
Racións: 5
Dificultade
Quentamos as tortillas uns segundos por cada cara, sen aceite, e reservámolas á calor.
130’
Sacamos os filetes da mariñada e cortámolos en tiras grosas ou dados segundo o gusto. Cociñámolos á prancha cun fío de aceite.
NUTRI-SCORE
A B C D E
Escorremos os champiñóns e cociñámolos nunha tixola cun fío de aceite un minuto. Montamos o taco, poñendo na base o aguacate, un par de tiras de carne, os champiñóns, un par de tomates e rúcula. Nota: A crema de aguacate e os tomates achegan un punto substancioso cargado de sabor.
Elaboración
UNHA RACIÓN CONTÉN: COMENTARIO DIETÉTICO Poderíase considerar un prato único para unha cea, xa que inclúe todos os grupos de alimentos na proporción que debe ter unha comida equilibrada.
KCAL
GRAXA
397
15,9G
20%
23%
GRAXAS SATURADAS
AZUCRES
4,58G 10,7G 23%
12%
SAL
1,27G 21%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
39
039 ESTE MES RECETA CARNE GAL.indd 39
17/10/19 19:03
Os teus favoritos Os nosos clientes comentan cales son os seus produtos favoritos e como tirar deles o mellor partido na cociña. Grazas polas opinións e mais as boas ideas.
OS FAVORITOS DE CARMEN ISABA
Garavanzos EROSKI Seleqtia Os legumes son fundamentais nunha dieta equilibrada ao seren fonte de fibra, minerais, hidratos de carbono e proteínas vexetais. E na casa de Carmen Isaba, clienta de EROSKI dende hai anos, non faltan nunca os garavanzos da nosa marca Seleqtia. Polo seu sabor e textura, o cocido e mais o garavanzo castelán seco, son para ela os mellores que se poden atopar: “Teñen unha pel moi fina, case imperceptible, e un sabor moi agradable”. E son adecuados para todo tipo de receitas, xa que son moito máis brandos e suaves ca outros garavanzos e combinan á perfección con todo tipo de ingredientes. Ademais, para Carmen o garavanzo xa cocido de Seleqtia ten outra gran vantaxe: “Ao estar xa cociñado, sácache de calquera apuro”. Destaca que se desfán “como manteiga” e utilizalos é tan sinxelo como abrir o bote e lavalos. UN GRAN RECEITARIO Aínda que o habitual é comelos en potaxes e guisos, admiten múltiples presentacións. “Utilizo o garavanzo para case calquera cousa, como acompañamento, prato único ou como ingrediente doutras receitas...”. A Carmen gústalle combinalos con arroz, espinacas e ata con cabaza; e tamén se atreveu a preparar humus. Podes opinar sobre os nosos garavanzos Seleqtia na web supermercado.eroski.es. Así, axudas a outros consumidores a elixir. Porque, en EROSKI, as estrelas polas ti.
NUTRI-SCORE
A B C D E
os teus favoritos
Para saber máis
40
040-041 TUS FAVORITOS GAL.indd 40
17/10/19 19:02
1,70 € POR PORCIÓN
Garavanzos con espinacas e verduras 2 botes de garavanzos EROSKI Seleqtia 1 bolsa de espinacas frescas EROSKI 3-4 cenorias EROSKI Natur 3-4 porros 2 dentes de allo 2 tomates maduros 1 vaso de auga 2 culleradas de aceite Sal
ELABORACIÓN. Picamos todas as verduras e reservamos. Poñemos o aceite nunha pota e refogamos o porro, a cenoria e o allo entre 10 e 15 minutos. Engadimos os tomates e deixamos que se cociñen outros dez minutos máis. Incorporamos o vaso de auga ao rustrido de verduras e, así que comece a ferver,
engadimos as espinacas. Deixamos cocer a mestura outros cinco minutos. Agregamos os garavanzos, previamente lavados, e deixámolos cinco minutos máis para unificar os sabores. Poñémolos ao punto de sal. Deixamos que repouse na pota antes de servir. COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita moi saudable, sostible, rápida e moi doada de converter nun prato completo só engadindo outro alimento proteico saudable (ovo cocido, bacallau...) ou un cereal integral (arroz). Aspectos nutricionais. Como os grupos de alimentos que forman parte do prato son os legumes e as hortalizas, contén unha gran variedade e cantidade de nutrientes: proteína vexetal, hidratos de carbono, fibra, minerais e vitaminas. A achega graxa vén do aceite de oliva virxe, que suma graxa cardiosaudable. Ademais, tamén resulta unha receita con efecto saciante polo contido de fibra.
Racions: 4
Elaboración
Dificultade
45-50’
NUTRI-SCORE
A B C D E UNHA RACIÓN CONTÉN: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS
442
10,1G
1,37G
22%
15%
7%
AZUCRES
SAL
13,7G 0,58G 15%
10%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
41
040-041 TUS FAVORITOS GAL.indd 41
17/10/19 19:02
este mes
Servizo de recollida en tenda dos pedidos ‘online’ de alimentación
A túa compra sen colas e sen saír do coche Os ritmos de traballo actuais obrígannos a adaptar o noso horario continuamente, co que cobra maior importancia a posibilidade de podermos facer a compra á medida e ao momento. Por iso, en EROSKI apostamos polo servizo de recollida dos pedidos online nun amplo número de tendas. É gratuíto, sen ter que agardar e sen colas.
O
servizo de recollida en tenda das compras online permitirache facer o teu pedido en calquera intre e lugar a través do ordenador, tablet ou
móbil e recollelo o mesmo día. As compras realizadas no noso supermercado online pódense recoller nunhas horas, sen saír do coche, no punto sinalado en cada
tenda. Con este servizo avanzamos na nosa aposta por che darmos opcións flexibles e adaptadas ás túas necesidades á hora de facer a compra.
42
042-043 CLICK AND DRIVE GAL.indd 42
17/10/19 19:02
FAI A TÚA COMPRA DECONTADO DE XEITO SINXELO MERCAR ‘ONLINE’
1
Para utilizar o servizo cómpre acceder á web supermercado. eroski.es e seleccionar a opción de recollida en tenda. Contamos con máis de 20.000 referencias de alimentación e frescos e ofrecemos as
mesmas promocións ca nos supermercados e hipermercados EROSKI. Como salientaron os nosos clientes, na tenda virtual pódese elixir a máxima gama de produtos e realizar a compra de xeito rápido e áxil.
SELECCIONAR O HORARIO DE RECOLLIDA
2
Así que enchemos o carro virtual, só hai que elixir o punto de recollida e a franxa horaria na que queres pasar a recoller o pedido. O horario é ininterrompido, de 9 da
mañá a 10 da noite, de luns a venres, e os sábados pola mañá. Podes facer a compra ata con tres semanas de antelación e catro horas antes da data de entrega.
DIRIXIRSE AO PUNTO DE ENTREGA
3
Tras facermos o pedido e seleccionarmos o horario e a tenda, temos que nos dirixir ao punto de recollida habilitado no aparcamento do establecemento. Nos últimos anos, o noso servizo de recollida
da tenda virtual ampliouse e reforzouse e na actualidade contamos xa con dez puntos de recollida en coche no País Vasco, Navarra, Cataluña e Galicia. Ao longo deste ano esperamos novas aperturas en Galicia.
RECOLLER A COMPRA
4
Unha vez estacionado o vehículo no punto de recollida da tenda seleccionada, só hai que chamar polo interfono e identificarse.
Depositarán a nosa compra xa embolsada no maleteiro do coche sen necesidade de saír do vehículo, sen colas nin agardar e totalmente gratis.
CONTAMOS TAMÉN CON 31 PUNTOS DE RECOLLIDA A PÉ. Un servizo tamén gratuíto, pensado para un cliente máis urbano, a quen se lle ofrece a posibilidade de recoller na tenda as compras realizadas a través de Internet. Unha vez feito o pedido, pode estar listo en dúas horas na tenda EROSKI que desexemos, sen colas nin esperas, xa que se habilitou un espazo específico para a entrega, xa embolsada, das compras online.
Supermercados
A experiencia positiva dos nosos clientes quedou refl ectida pola distinción de ‘mellor supermercado online’ que acadamos por terceiro ano consecutivo. Este premio, outorgado polos clientes cos seus votos no maior certame de consumidores de España, ten en consideración o grao de satisfacción e valoración global do supermercado.
43
042-043 CLICK AND DRIVE GAL.indd 43
17/10/19 19:02
beleza
Plántalle cara ao frío A nosa pel reséntese coa chegada do frío. Notámola máis tirante, enxoita e, sobre todo, exposta e agredida polo aire xeado, as baixas temperaturas ou a calefacción. Para térmola sa, forte e bonita, nesta época debemos potenciar a función protectora e de defensa coa aplicación de produtos con ingredientes hidratantes, nutritivos ou reparadores. Dálle o mellor á túa pel utilizando a gama belle NATURAL, elaborada con ingredientes naturais.
C
ando queres coidar a túa pel de xeito natural e asemade respectar o medio natural é importante diferenciar a auténtica cosmética natural da que di selo. Os 22 produtos belle NATURAL están certificados como cosmético natural seguindo o estándar COSMOS e homologados polo organismo internacional ECOCERT. Esta norma regula dende a orixe e produción de cada ingrediente ata a etiquetaxe, os envases e a xestión ambiental. Todos os produtos fabrícanse con polo menos un 98% de ingredientes naturais ou de orixe natural e un mínimo do 5% deles son ecolóxicos, e ademais garántese a ausencia de compostos controvertidos. Elixir cosmética natural certifi cada tamén é apostar por un consumo máis responsable, xa que non permite procesos produtivos contaminantes e esixe reducir a embalaxe ao mínimo e mais contar cun plan de xestión ambiental e de reciclaxe de residuos nas plantas de fabricación. No caso da gama belle NATURAL, a estes requisitos súmase que os estoxos de cartón inclúen a certifi cación FSC, que garante a procedencia de fragas xestionadas de xeito ambiental, económica e socialmente responsable. Velaquí unha selección dos imprescindibles para coidares a túa pel este inverno.
CREMA DE MANS C Contén aceite de xirasol, C que é rico en ácidos graxos q insaturados e axuda a suavizar in e a fortalecer a pel. Tamén tten extracto de limón, con propiedades antioxidantes que p potencian a barreira natural p da pel, e ácido láctico, de d acción acondicionadora. Está a dermatoloxicamente testada. d
44 44
044-045 BELLEZA GAL.indd 44
17/10/19 19:01
Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle
SÉRUM FACIAL ANTIIDADE Contén extracto de algas, que combina unha acción protectora contra o avellentamento prematuro con propiedades nutritivas e hidratantes, que melloran a elasticidade da pel evitando a fl acidez. Ademais, está formulado con ácido hialurónico, excelente aliado para hidratar a pel, protexela dos radicais libres e favorecer a produción de coláxeno reducindo a aparición de engurras. Tamén contén escualano, de propiedades antioxidantes e magnífi ca acción emoliente non graxa. Completan a fórmula a raíz de konjac, que acondiciona e rexenera a pel, e a vitamina E, poderoso antioxidante, que potencia a barreira natural. Está dermatoloxicamente testado.
CONTORNO DE OLLOS ANTIIDADE
CREMA DE NOITE REAFIRMANTE Na súa composición atopamos extracto de xara, coñecido como remedio intensivo contra o avellentamento da pel, xa que neutraliza os radicais libres, mellora a súa elasticidade e favorece a rexeneración celular; ácido hialurónico, escualano e extracto de xiaogulan, que reforzan a estrutura da pel achegando firmeza e hidratación. Tamén extracto de bambú, que achega luminosidade e suavidade, e aceite de noz de macadamia, recoñecida polo seu alto contido en ácidos oleicos, linoleicos e esterois, que achega unha acción calmante e suavizante. Está dermatoloxicamente testada.
BÁLSAMO LABIAL Contén aceite de noz de macadamia, manteiga de karité, extracto de granada e aceite de améndoas doce. Está dermatoloxicamente testado.
A súa fórmula ten extracto de granada, e o seu alto contido en polifenois e antocianos favorece a loita contra o avellentamento. Ademais, está formulado con ácido hialurónico, aceite de améndoas doce, rico en ácidos graxos esenciais e vitamina E, de poderosa acción antioxidante, que potencia a barreira natural e suaviza a pel, e manteiga de karité, que prevén o avellentamento á vez que retén a humidade evitando a deshidratación. Está dermatoloxicamente e oftalmoloxicamente testado.
45
044-045 BELLEZA GAL.indd 45
18/10/19 12:56
viaxes
Embárcate no único cruceiro do mundo creado especialmente para ti
C
ando sobes a bordo dun cruceiro Pullmantur, o primeiro que recibes é un sorriso e un “hola”. E é que o idioma ofi cial a bordo desta navieira é o castelán, o que signifi ca que te poderás entender e tamén que compartimos o teu mesmo estilo de vida. Nos nosos cruceiros navegamos como só nós vivimos, con toda a intensidade, sen présas e cos cinco sentidos postos en saborear ao máximo cada momento das vacacións, tanto a bordo coma en terra. Hai diversión para todos os públicos e mais unha
ampla oferta gastronómica, servizo de animación e club infantil. SOMOS COMA TI O mellor de sermos coma ti é que temos os teus mesmos gustos, polo que nos podemos adiantar aos teus desexos e saber que unha sesta non se interrompe, que a paella é de mar ou de montaña, que ese hit che fará saír á pista ou que o teu fillo de 15 anos se divirte dun xeito moi diferente ao de 9. O MELLOR ‘TODO INCLUÍDO’ DO MAR Creamos un ‘Todo incluído’ pensado especialmente para ti, co que unicamente terás que relaxarte e
gozar do que máis che apeteza en calquera momento: bebidas ilimitadas, a mellor gastronomía, actividades, deporte, programa infantil, música e deportes... Non saberás o que é aburrirse! GASTRONOMÍA EXTRAORDINARIA Ao igual ca a ti, a nós tamén nos encanta sentar arredor dunha mesa cos nosos e deixarnos sorprender. Para que saborees a bordo os mellores pratos creamos Pullmantur Gastrolab, unha plataforma gastronómica, liderada polo chef Jordi Cruz, na que facemos do bo algo extraordinario.
SABÍAS QUE NUN CRUCEIRO PULLMANTUR...? Os horarios de comidas son similares aos de calquera día en España. O teatro, as clases de fitness e os espectáculos son en castelán. O afamado chef Jordi Cruz está á fronte da proposta gastronómica. As bebidas son ilimitadas e de primeiras marcas para que brindes por todo. Existe un programa infantil e outro moi diferente para adolescentes. E moitas máis cousas que descubrirás navegando con Pullmantur.
046-047 VIAJES GAL.indd 52
17/10/19 18:59
5 MARAVILLAS DO MEDITERRÁNEO Barcelona • Nápoles • Civitavecchia • Livorno • Villefranche • Marsella 8 días / 7 noites a bordo do Sovereign. Saída 11 de novembro 2019 dende
299
€
FIORDES DO NORTE Rostock • Gotemburgo • Bergen • Molde • Nordfjordeid • Alesund • Trondheim 8 días / 7 noites a bordo do Monarch. dende
899
€
ISLANDIA E ILLAS FEROE Reikiavik • Akureyri • Isafjordur • Thorshaven • Trondheim 8 días / 7 noites a bordo do Monarch. dende
1.199
€
046-047 VIAJES GAL.indd 53
17/10/19 18:59
plan familias
Plan familias 0·12 de EROSKI club
Ao teu carón en cada nova etapa
Ser nai ou pai é toda unha aventura e calquera apoio é importante. Dende EROSKI club querémoste botar unha man e, por iso, acompañámoste dende o embarazo ata que o teu bebé cumpra 12 anos achegándoche solucións axeitadas a cada momento. Axudámoste a aforrar e ofrecémosche información de interese co obxectivo de mellorar o día a día da túa familia.
O
Plan Familias 0·12 está dirixido a socios de EROSKI club con fi llos menores de 12 anos e combina aforro e contidos sobre nutrición, hixiene, puericultura e xestión de emocións. Se es socio, pódeste dar de alta a través da web do programa. Para iso, só precisas estar conectado ao teu usuario na páxina web de EROSKI, onde se recollen os teus datos persoais de xeito automático. Non hai que achegar ningún documento; só terás que engadir o nome e a data de nacemento de cada un dos nenos que queiras incorporar ao plan.
Saber máis sobre o Plan familias 0·12
Pódeste dar de alta na web do Plan Familias 0·12 www.eroski.es/familias012
48
048-049 PLAN FAMILIAS GAL.indd 48
17/10/19 18:57
ata os 3 anos
5%
de a aforro forro en cueiros e toalliñas
Para aforrar Este plan de EROSKI club ofréceche un n aforro permanente dun 5% en cueiros e toalliñas dende que te dás de alta e ata que os teus fillos cumpran tres anos. s. Tamén che ofrece vales aforro exclusivos, os, que se adaptan á idade dos teus pequenos, promocións especiais, etc.. Ademais, terás á túa disposición financiamento gratis ao 0% TAE para as túas compras de puericultura, alimentación infantil, informática, videoxogos, libros de texto, material e roupa escolar en hipermercados e supermercados EROSKI, e mais para as escapadas familiares en Viaxes EROSKI. Dispós de financiamento a 3, 10 e 12 meses, para compras de 90 €, 199 € e 249 € respectivamente, en supermercados e hipermercados EROSKI, e financiamento a 12 meses para compras superiores a 399 € en Viaxes EROSKI.
Para saber máis Na web do Plan familias 0·12 atoparás contidos do teu interese sobre coidado, alimentación e educación emocional, adaptados a cada etapa, dende o embarazo ata os 12 anos. Poderás resolver calquera dúbida nos consultorios nutricional pediátrico. Ademais, dispoñemos e pediát información adicional sobre de inform embarazo, maternidade e embaraz educación emocional nas seccións educac videoexercicios e guías. de video Os videoexercicios adaptados vid axudarante a tomar ao embarazo emba conciencia dos cambios que concien no teu corpo e a se producen produ prepararte para o momento do parto prepara As masaxes e os e a maternidade. mate exercicios con bebés permitiranche exercicio establecer unha mellor relación establec afectiva durante os primeiros anos de o desenvolvemento vida e estimular es do neno. físico e mental m No caso das guías de educación ca emocional, poñemos á túa emocion disposición unha selección de disposic publicacións onde poderás publicac coñecer, guiar e acompañar coñece os teus fillos na xestión das f A intelixencia súas emocións. em emocional é clave para traballar emocion as capacidades capa acidades cognitivas e para mellora a mellor ra dos resultados escolares, asegura e asegu ra o desenvolvemento integral do menor.
49
048-049 PLAN FAMILIAS GAL.indd 49
17/10/19 18:57
Celebramos 50 anos contigo EN NOVEMBRO, DESPEDIMOS O NOSO ANIVERSARIO EN EROSKI CLUB
Pechamos o 50 aniversario de EROSKI cun último sorteo e entregando o gran premio do ano! Todos os meses, EROSKI club celebrou o 50 aniversario de EROSKI con todos os seus socios sorteando diversos premios: dende 5.000 €, millóns de Puntos Travel Club, fantásticas viaxes e mesmo un Toyota C-HR híbrido. Ademais, este mes lanzamos unha nova vantaxe coa que os nosos socios poderán aforrar ata un 4% en Repsol ao utilizaren a súa tarxeta de crédito EROSKI club.
Consegue un premio de 500 € só para ti!
Xa entregamos o Toyota C-HR híbrido que sorteamos en xuño
Despedímonos do 50 aniversario realizando un último sorteo de 50 premios de 500 € (1). Dende EROSKI club repartimos 50 premios por cada un dos 50 anos cumpridos, así como polos 50 anos de confianza e complicidade que foron posibles grazas aos socios, os verdadeiros protagonistas das historias de EROSKI. Participar é moi sinxelo: éntrase automaticamente no sorteo só por facer unha compra de 20 € durante o mes de novembro en EROSKI. Se es un dos 50 gañadores ingresarémosche os 500 € na túa tarxeta EROSKI club para que os troques en EROSKI cando queiras. Poderalos utilizar para as compras do mes, para marchar de viaxe con EROSKI Viaxes...
Mirari foi a gañadora do sorteo do Toyota C-HR híbrido gratis durante tres anos en rénting que realizamos en xuño para celebrar o 50 aniversario de EROSKI. Entregámoslle o novo vehículo no Hipermercado de EROSKI en Bilbondo (Biscaia). Agora poderá gozar deste coche en rénting con todo incluído: seguro a todo risco sen franquía, mantemento do vehículo, l iimpostos, t cambio de pneumáticos... “Vaia agasallo! É un coche moi elegante e grande. A ver se a miña filla saca o carné de conducir e pode utilizalo tamén”, contábanos emocionada Mirari, socia de EROSKI club e cliente do supermercado EROSKI de Bermeo (Biscaia).
50
premios de 500€
(1)
Participas nos sorteos se realizas unha compra de 20 € ou máis en EROSKI en novembro do 2019 amosando a túa tarxeta EROSKI club. Consulta as bases legais en: www.eroski.es/aniversario-promocion-3/
50
050-051 VENTAJAS CLUB GAL.indd 50
18/10/19 12:56
Máis vantaxes por ser socio Apúntate e comeza a aforrar en carburante En novembro lanzamos unha nova vantaxe para os nosos socios de EROSKI club coa que poderás gozar de ata un 4% (2) ao pagar o carburante coa tarxeta de crédito EROSKI club nas estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor. • Se consumes entre 50 e 100 litros de carburante ao mes obterás un 2%. • Se superas os 100 litros de carburante ao mes, aforrarás un 3%. Ademais, poderás conseguir un 1% extra pagando coa túa tarxeta de crédito EROSKI club, aforrando así un 4%.
Aforra ata un
% Para conseguir o aforro, abonda con vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis. Se te queres apuntar podes chamar ao teléfono 944 943 444, ou facelo a través da web: www.eroski.es/promocion-carburante.
Aforro extra en máis de 80 marcas 3% Ata
8%
Ata
50%
Ata
5%
Dámosche ideas para deixar abraiada a túa xente. Aforra mercando en ToysRus, Zalando, Aliexpress, PlayStation Plus, IKEA, PortAventura… E en moitas máis! Atopa máis aforro a través do apartado de Máis Promocións da App EROSKI e en www.eroski.es. Seguro que atinas!
en Apúntate en 944 943 444 ou eroski.es/promocion-carburante
Axudámosche cun financiamento gratis 0% TAE
0% T.A.E
Ofrecémosche financiamento gratis sen xuros nin comisións para o que teñas pensado mercar en EROSKI coa tarxeta de crédito EROSKI club(3). O noso persoal indicarache todas as modalidades de pagamento dispoñibles e poderás pagar comodamente como prefiras. Sinxelo, rápido e sen papelames. Só tes que solicitalo ao paso por caixa.
(2)
Para conseguir o aforro cómpre vincular a túa tarxeta EROSKI club cunha tarxeta Repsol Máis e aboar o carburante coa tarxeta de crédito EROSKI club. Vantaxe exclusiva para repostaxes en Repsol, Campsa e Petronor. O ingreso sumarase a comezos do mes seguinte na tarxeta EROSKI club asociada. Consulta todas as condicións en www.eroskis.es/promocion-carburante. (3) Financiamento dende 3 meses para compras dende 90 €, suxeito á aprobación por Santander Consumer Finance, S.A. emisora da tarxeta.
51
050-051 VENTAJAS CLUB GAL.indd 51
17/10/19 18:56
EROSKI 51 FINISH.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
15:49
EROSKI 51 ACTIVIA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
15:54
EROSKI 51 LA VIEJA FABRICA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
17/10/19
15:46