EROSKI_OCTUBRE_2018_GALLEGO

Page 1

www.eroski.es

#40

outubro’18

1 EURO

PEIXE DE ACUICULTURA EROSKI NATUR

Calidade todo o ano BELEZA Nova gama belle de cosmética natural

NA TENDA CONTIGO Troca os teus vales aforro e gaña un móbil Huawei Mate 10

PROTAGONISTAS Adeus ao aceite de palma na gama de pizzas frescas


EROSKI 40 ACTIVIA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/09/18

10:51


sumario www.eroski.es

outubro’2018

08 é tempo de... Peixes de acuicultura: certificados por Global GAP.

14 protagonistas EROSKI Proba o noso novo polo Natur, as pizzas frescas sen aceite de palma e a pera Conferencia con DOP Rincón de Soto EROSKI Natur.

20 o escaparate Novos peixes conxelados con etiqueta MSC.

26 na tenda contigo Recicla as túas cápsulas de café coa nosa iniciativa pioneira e troca os teus vales aforro para gañar un móbil Huawei Mate 10.

32 pola túa saúde

08

Menús de tempada: chega o momento de gozar de legumes, froitos do bosque e cogomelos.

38 enerxía para medrar Comeza o día cun almorzo orixinal e saudable.

42 beleza Nova gama de cosmética belle NATURAL e edición limitada de outono belle&MAKE-UP.

49 vales aforro EROSKI club Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro EROSKI club.

26

42

A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.

52 noticias corporativas O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.

3

003 SUMARIO GAL.indd 3

21/9/18 13:18


este mes... outubro’18

“Estreamos unha gama propia certificada de cosmética natural e somos o primeiro distribuidor en ofrecermos o selo Global GAP nas especies de acuicultura”

www.eroski.es

#40 outubro’18 1 EURO

Inclúe vales aforro Búscaos na páxina 49

PEIXE DE ACUICULTURA EROSKI NATUR

Calidade todo o ano

Itxaso Cuesta — Responsable EROSKI club

BELEZA Nova gama belle de cosmética natural

NA TENDA CONTIGO Troca os teus vales aforro e gaña un móbil Huawei Mate 10

PROTAGONISTAS Adeus ao aceite de palma na gama de pizzas frescas

001 PORTADA GAL.indd 1

Un mes ben cheo de novidades

E

n outubro, o outono está case no seu ecuador e os días son máis curtos. Pero para nós non é un mes que pase desapercibido. En belle estamos de estrea co lanzamento da nosa gama de cosmética natural, a primeira certifi cada como tal, na que todos os produtos teñen polo menos un 98% de ingredientes naturais ou de orixe natural. Non é o único no que somos pioneiros. Tamén nos convertemos no primeiro distribuidor que ofrecemos o selo Global GAP nas especies de acuicultura de Natur, o que acredita a súa produción de xeito seguro e sostible. Porque en EROSKI non só nos comprometemos a ofrecer produtos de calidade, tamén traballamos para que os nosos frescos sexan responsables co medio natural e para que fomenten o desenvolvemento económico das comunidades produtoras. Eses

obxectivos impulsan todos os frescos Natur: dende o peixe salvaxe e de crianza ás carnes, froitas e verduras. Ademais, dende agora, tamén poderás gozar da nosa gama de pizzas frescas sen aceite de palma. Un paso máis no compromiso para retirarmos todo o aceite de palma e de coco dos nosos produtos para o 2020. Outubro é tamén un mes ideal para lles dar continuidade ás rutinas saudables que comezamos en setembro. Aquí propoñémosvos alternativas para preparardes almorzos que vos gusten a todos e mais consellos para adoptardes unha dieta baseada en produtos de tempada.

21/9/18 13:18

Edición #40 outubro‘18

EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel. +34 946 211 211 REALIZACIÓN EDICIÓN LA FACTORÍA

Valentín Beato, 44 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104 Difusión controlada por OJD Publicidade Antonio García Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel. +34 943 344 614 Depósito Legal BI-222-2015

Mellor servizo de atención ao cliente por sexto ano consecutivo

Cumprimos 20 anos colaborando con Banco de alimentos

Eroski club

Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.

Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefi res, rexístrate en

www.eroski.es e descubre todas as vantaxes

4

004 EDITORIAL GAL.indd 4

21/9/18 13:21


EROSKI 40 HERO.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/09/18

13:27


PRÓBAOS

Legumes EROSKI Seleqtia, agora con IXP

A

orixe dos nosos legumes EROSKI Seleqtia está en La Bañeza, unha comarca de León na que son todo un sinal de identidade. Como exemplo da gran tradición da rexión e da calidade dos legumes da nosa gama, a faba branca cocida e crúa de ril e a faba pinta están agora certificadas coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Alubia de La Bañeza-León. Este selo de calidade está expedido polo Consello Regulador, que traballa na mellora e no rigoroso control das variedades de faba máis

tradicionais da provincia de León e do norte de Zamora: pinta, ril, canela e prancheta. ORIXE É IGUAL A CALIDADE A carón das variedades de faba con IXP destaca tamén a Lentella

de Terra de Campos. A excelencia deste legume foi recoñecida polo vínculo real entre a súa calidade e a súa orixe xeográfica. Cultívase nunha zona seleccionada da comarca, que se estende polas provincias de León, Palencia, Valladolid e Zamora.

6

006-007 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 6

21/9/18 13:23


para abrir boca

MÁIS PRODUTOS

Renovamos a gama de xampús belle sen siliconas

RECOMENDACIÓN

Allo morado EROSKI Natur: picor e aroma intenso

D

e forte aroma, o allo morado EROSKI Natur con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de Las Pedroñeras presenta un gusto picante e estimulante, o que se percibe de modo máis acentuado ao cortar cada dente. Amais do selo que certifica a súa IXP, poderalo recoñecer pola súa cabeza de tamaño medio, forma redonda e recuberta de peles brillantes de intensa cor violeta. Os nutricionistas recomendan tomar allo acotío e en cru nas

ensaladas, con pan torrado ou en salsas como o alioli. Alén do seu valor gastronómico, posúe outros beneficios: axuda a combater fungos e bacterias, é expectorante, desinfectante e desconxestionante, favorece a circulación e diminúe a presión sanguínea.

C

o lanzamento do xampú e acondicionador de Pomelo rosa, completamos a nosa gama capilar sen siliconas coa imaxe renovada doutros tres xampús pensados para cabelos naturais: Camomila e Mimosa (brillo e luminosidade), Romeu (purificante) ou Peonía (hipoalerxénico). Todos eles teñen suaves aromas, non conteñen siliconas nin parabenos e están dermatoloxicamente testados. Elixe o teu!

SUXESTIÓN

Celebra a 'Oktoberfest' na casa coas nosas salchichas A festa alemá por excelencia, a Oktoberfest, converteuse no festival de cervexa máis famoso do mundo. Amais disto, tamén é coñecida pola degustación de comida típica alemá. Coas nosas salchichas Bratwurst e Bockwurst de Seleqtia poderás gozar dun dos seus produtos mais coñecidos. En EROSKI poderalas mercar baixo o selo de calidade Seleqtia.

Están elaboradas en Alemaña e son estupendas para facer na tixola, á grella ou co churrasco. Ti decides.

7

006-007 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 7

21/9/18 13:23


é tempo de...

Peixe de acuicultura EROSKI Natur

Seguro e sostible Tan saboroso coma o salvaxe, o peixe de acuicultura das nosas peixerías mantén todas as súas propiedades, é barato e seguro. Ademais, este ano convertémonos na primeira cadea de distribución en España coa etiqueta GGN de acuicultura certificada, que acredita que as especies da nosa gama Natur se produciron de maneira respectuosa e garantida.

A

acuicultura é unha técnica que leva tempo instaurada e que, nos últimos anos, tomou relevancia como resposta á diminución do peixe salvaxe. É unha opción sostible e segura, que presume de calidade e dispoñibilidade todo o ano. Os peixes procedentes deste tipo de cría son igual de saudables ca os salvaxes e achegan nutrientes como proteínas, vitaminas e minerais.

CON TODAS AS GARANTÍAS Hoxe en día, a acuicultura segue a suscitar certas dúbidas. Sobre todo, relacionadas co sabor, textura, benestar animal e alimentación. Un estudo realizado pola Comisión Europea asegura que un 18% dos consumidores non dá distinguido un peixe salvaxe doutro acuícola. Así o confirman tamén expertos e consumidores. O certo é que o peixe de acuicultura pasa estritos controis que avalan a crianza e o transporte ata chegar ao consumidor. A alimentación tamén está moi vixiada. A normativa europea é das máis esixentes do mundo no tocante á composición de pensos. A acuicultura tamén ten vantaxes. Unha delas é que se evita a estacionalidade, permitindo consumir calquera especie durante todo o ano. Outra é a súa trazabilidade. Ao seren peixes

criados en espazos controlados, sabemos como se criaron e como se alimentaron. Isto fai que conteñan menos niveis de metais pesados e que, como demostraron numerosas investigacións científicas, estean libres de anisakis. ALIMENTACIÓN RESPONSABLE Ademais, cumprindo o noso compromiso cun modelo alimentario sostible, avanzamos para ofrecermos máis opcións para unha alimentación saudable e responsable. Nese sentido, somos a primeira empresa de distribución en España que supera a auditoría de cadea de custodia de acuicultura certificada coa etiqueta GGN, que acredita que as especies procedentes deste tipo de cría se produciron de maneira respectuosa e garantida. Así, a partir de agora atoparás nas nosas tendas peixes coa etiqueta internacional GGN. As esixencias deste selo abranguen, entre outras, a análise do impacto ambiental, o control da alimentación, a calidade da auga e o uso axeitado do caudal ou a trazabilidade. Ademais, tamén se certifica un consumo axeitado de penso, o que repercute nun maior coidado do fondo mariño e nun mellor aproveitamento do recurso da pesca; o control de fugas, limitando a proliferación de especies invasoras; o establecemento de medidas de

benestar animal e de sistemas de xestión de calidade, entre outros. Este selo súmase á etiqueta MSC para peixe salvaxe procedente de caladoiros sostibles. Con eles, consolidamos o noso liderado en produtos frescos e na comercialización de alimentos máis responsables, punto que se recolle nos nosos renovados compromisos pola saúde e a sostibilidade.

8

008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 8

21/9/18 13:24


CINCO PEIXES CON SELO GGN En EROSKI atoparás peixe de acuicultura no mostrador e mais envasado, enteiro ou con diferentes cortes. DOURADA. É un peixe branco ou semigraxo, de corpo ovalado, aplanado lateralmente. Considerado un dos máis exquisitos, recoméndase para preparacións culinarias sinxelas, como á grella, ao vapor ou ao forno. Case todos os países mediterráneos crían douradas en acuicultura e ocupan boa parte da oferta en peixerías. Achega graxas insaturadas e proteínas de gran calidade. Pola súa elevada cantidade de vitamina E, é beneficiosa para o sistema circulatorio. Podedes adquirir dourada Natur no mostrador por pezas ou ben envasada, en pezas ou filetes. ROBALIZA. Un peixe branco moi apreciado pola fi rmeza da súa carne e polo seu sabor fi no e

delicado. Adáptase a case todas as técnicas culinarias e, grazas ao seu sabor, é perfecta para facer ao forno, á prancha ou á grella. A súa crianza en acuicultura está espallada tamén a case todos os países mediterráneos. Este peixe contén proteínas de alto valor, vitaminas do grupo B e minerais, entre os que destaca o fósforo. A súa carne é rica en ácidos graxos omega 3. Ao igual ca a dourada, en EROSKI ofrecémola no mostrador por pezas ou envasada, en pezas ou fi letes. CORVINA. A gran descoñecida das nosas mesas, é ideal para sorprender cun prato diferente. É un peixe branco, que vive tanto na auga salgada coma na doce. Moi popular no sur polo seu alto

valor gastronómico e pola textura da súa carne, está considerado un manxar por mor do seu exquisito sabor, as súas propiedades e a súa versatilidade na cociña, xa que posúe unha carne de gran calidade. Pódese adaptar a diferentes tipos de cociñado cuns resultados excelentes. Tamén, é un peixe rico en ácidos graxos poliinsaturados e baixo en graxas. Atoparala nos nosos mostradores de peixería por pezas. RODABALLO. Outro peixe branco moi apreciado, que destaca pola textura e sabor da súa carne e pola súa doada dixestión. Ten gran valor nutricional, pola achega en vitamina B9 e potasio. Aínda que a mellor época para mercalo se fixa nos meses máis cálidos, coa acuicultura súplese a estacionalidade desta especie e pódese dispoñer deste peixe todo o ano. SALMÓN. É unha das especies máis populares no mundo e a súa produción de acuicultura, unha das máis espalladas. En Europa críase en Escocia, Irlanda, Islandia, nas Illas Feroe (Dinamarca) e en Noruega. Este peixe azul é rico en omega 3, polo que contribúe a diminuír os niveis de colesterol e triglicéridos plasmáticos. Ademais, é unha excelente fonte de proteínas de alto valor biolóxico. Tamén, achega magnesio e iodo, que axudan a regular o noso estado físico e psicolóxico. O mellor é consumilo fresco e en EROSKI atoparás salmón de acuicultura envasado. Tamén, é un dos peixes máis versátiles, xa que admite unha gran variedade de preparacións. Por iso, en EROSKI ofrecémosche o salmón de crianza con catro tipos de cortes, para o preparares ao teu xeito.

9

008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 9

21/9/18 13:24


é tempo de...

RODABALLO AO ‘CALDO CURTO’ CON RUSTRIDO DE PEMENTO DOCE

• Pemento doce • 20 ml de vinagre de sidra • Sal COMO SE ELABORA ● Limpamos o peixe,

4

media

cortámolo en catro porcións e salgámolo lixeiramente.

30-40’

incorporamos o rodaballo. Cocemos outros dez minutos.

no caldo cortadas en anacos pequenos.

● Escorremos os anacos de rodaballo do caldo e colocámolos sobre unha fonte quente. Para o rustrido, douramos os allos nunha tixola con aceite de oliva.

COMENTARIO DIETÉTICO

INGREDIENTES ● Partimos as cenorias e

• 800 g de rodaballo • 2 cebolas • 2 cenorias • 1 l de auga • Pementa negra • 3 cravos • Perexil • Unha folla de loureiro • 100 ml de viño branco • 2 dentes de allo • 80 ml de aceite de oliva

cortamos as cebolas pola metade, picando nelas os cravos. Nunha pota, poñemos a ferver a auga xunto coas verduras, a pementa machucada, o perexil, sal, o viño branco e o loureiro. ● Deixamos ferver durante dez

minutos, para que se forme o chamado ‘caldo curto’, e

● Retiramos a tixola do lume e, sen que arrefríe o rustrido, engadimos o pemento doce e mais o vinagre. Mesturamos ata acadarmos unha salsa ligada. ● Botamos a salsa quente sobre o rodaballo. Acompañámolo cunhas patacas cocidas e coas cenorias que empregamos

O rodaballo é un peixe semigraxo, moi apreciado polo seu sabor. Neste caso, acompáñase dalgunhas hortalizas (cenoria e cebola), que lle van proporcionar á receita vitaminas, minerais e substancias con acción antioxidante. Ademais, para que o prato adquira un sabor agradable e característico, engádense diferentes especias, polo que pode evitarse o sal, algo que benefi ciará a hipertensos e persoas con problemas de retención de líquidos.

RICO EN PROTEÍNAS E MINERAIS

3,50 €

O rodaballo é un peixe rico en proteínas de alto valor biolóxico. Ademais é fonte de minerais, como magnesio, sodio e fósforo.

por persoa

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

200

6g

1g

6,3g

SAL

1g

10%

9%

5%

7%

10%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

10

008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 10

21/9/18 13:24


es tiempo de...

MOITAS PROPIEDADES

1,71 €

O salmón é un peixe azul rico en graxas insaturadas, omega-3, recoñecidas como protectoras da saúde cardiovascular.

por persoa

Unha ración contén: KCAL

GRAXA

245 20g 12%

28%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

3g 17%

SAL

0,1g 0,5g 0%

8%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

SALMÓN CON AMEIXAS 4

media

30-60’

INGREDIENTES • 500 g de salmón en toros • 2 dentes de allo • 100 g de ameixas • 5 g de fariña • 50 ml de aceite de oliva virxe • Sal • Perexil

● Picamos os allos moi finos

e cociñámolos nunha cazola (preferiblemente de barro) posta ao lume cun pouco de aceite. ● Engadimos a fariña,

refogamos, e mollamos cun pouco de caldo das ameixas e cun pouco de auga. ● Ligamos a salsa e

esparexemos o perexil dando un fervor. Reservamos. ● Facemos o salmón á prancha

● Abrimos as ameixas ao vapor cun

volta e volta cun chisco de sal e introducímolo na salsa verde xunto coas ameixas. Dámoslle un fervor ao conxunto e poñémolo ao punto de sal.

pouco de auga e reservámolas. Coamos a auga da cocción.

● Deixamos repousar a cazola

COMO SE ELABORA

tapada fóra do lume uns cinco minutos antes de servir. COMENTARIO DIETÉTICO Receita saborosa que combina o sabor pronunciado do salmón co das ameixas. Ambos os dous van dotar a este prato dunha boa cantidade de proteínas de alta calidade (uns 27 gramos por porción). En canto á achega de vitaminas e minerais, hai que considerar que con esta receita cubrimos as nosas necesidades de vitamina D, que facilita a asimilación do calcio. Tamén achega boas cantidades de vitamina B12, do resto de vitaminas do grupo B,

ferro, potasio, fósforo, e selenio. A gornición ideal para acompañalo estaría composta por hortalizas: ensalada, algunhas verduras ao vapor, etc.

11

008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 11

21/9/18 13:24


é tempo de...

LOMBOS DE DOURADA CON VERDURAS EN PAPILLOTA 4

media

30-40’

INGREDIENTES

A PAPILLOTA É a técnica de cocción ao forno que mellor preserva o sabor e as propiedades dos alimentos, que se cocen no seu propio zume, sen perder líquido.

• 800 g de dourada • 175 g de espárragos trigueiros • 2 cabaciñas • 225 g de champiñóns • 50 g de espinacas • 80 ml de aceite de oliva • Pementa branca • Sal

2,35 € por persoa

COMO SE ELABORA ● Limpamos as douradas,

sacamos os lombos e salpementámolos. ● Lavamos e partimos en

bastóns os espárragos e as cabaciñas e cortamos en cuartos os champiñóns. ● Colocamos cada

lombo nun anaco de papel de aluminio co que formaremos un paquete. Repartimos as verduras sobre as douradas xunto con dúas culleradas de aceite por cada lombo. ● Pechamos os paquetes

deixando un pouco de aire dentro. Prequentamos o forno a 200 ºC e cociñamos durante 15 minutos ou ata que o papel se infle lixeiramente. Retiramos do papel de aluminio os lombos e as verduras e servimos. COMENTARIO DIETÉTICO A dourada é un peixe branco, fonte de omega 3. A gornición de verduras fai desta unha receita moi saudable, xa que ás proteínas de alta calidade e ás graxas cardiosaudables da dourada súmanse a fibra e as vitaminas e minerais que achegan as verduras.

Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

296

22g

3g

3g

0,4g

SAL

15%

31%

17%

3%

7%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

12

008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 12

21/9/18 13:24


EROSKI 40 CUCA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/09/18

10:54


Polo EROSKI Natur

Con todo o sabor Grazas a un sistema de cría diferenciado e a unha maior preocupación polo benestar animal, o novo polo certificado Natur destaca por presentar unha carne que mantén todas as propiedades de sabor, textura e cor. As súas características únicas confírenlle unha maior calidade e o sistema de cría garante a responsabilidade co contorno e co medio rural.

A

carne de polo é, sen dúbida ningunha, unha das estrelas da cociña. O éxito explícase polas bondades do alimento, que ten un sabor moi suave e admite todo tipo de preparacións

na cociña. Por iso, en EROSKI ofrecémosche un polo de maior calidade a un prezo competitivo. Por mor dun sistema de cría certificado baseado no benestar animal e nunha nutrición vexetal,

acadamos un mellor sabor, a tonalidade amarela da carne e unha textura mais firme. Todos os nosos novos polos certificados críanse en granxas familiares, o que fixa o emprego rural.

14

014-015 PROTA POLLO NATUR GAL.indd 14

21/9/18 13:25


protagonistas EROSKI

Este alimento é reflexo do traballo de EROSKI Natur para ser unha marca que potencia o produto local con frescos seleccionados polo seu sabor e producidos de xeito máis sostible, respectando o coidado dos animais. CALIDADES QUE O FAN ÚNICO Para obter unha carne de gran calidade e asemade velar polo benestar animal, o polo Natur baséase en catro principios do benestar animal: alimentación, aloxamento, saúde e comportamento. Apóstase por un coidado sistema de cría, no que se lles dá máis espazo e liberdade de movemento ás aves ca nas granxas convencionais. As instalacións nas que se crían os novos polos Natur están certificadas por Benestar Animal, teñen luz e ventilación natural. A iso cómpre engadir os elementos coñecidos como material de enriquecemento: a libre disposición de carbonato cálcico, silicato, cereais en gran, pacas de palla, perchas e baños de area ou terra vexetal. Son factores de cría que teñen o obxectivo de mellorar a vida cotiá do animal. Algúns contribúen a favorecer a función dixestiva, repercutindo positivamente no seu sistema inmune e, xa que logo, aumentando as defensas do animal; e outros, a unha expresión natural do comportamento no seu contorno e maior seguridade. Outra das características do novo polo Natur é a súa diferenza co convencional. Trátase dunha estirpe de crecemento lento, cun mínimo de 56 días. Todo isto, unido a unha alimentación 100% vexetal -consistente nun 65% de cereais e un 50% de millo- permite que a carne asimile todas as propiedades, acadando o sabor e cor característica.

produto da máxima calidade. Pero en EROSKI tamén queremos acreditar que todos os nosos polos se criaron en granxas que favorecen o benestar das aves. Os consumidores reclaman cada vez máis que as condicións de produción sexan as axeitadas, o que tamén é un requisito para que o produto sexa de maior calidade. Por iso, os animais críanse en granxas certificadas en Benestar Animal por Certicar. UN ALIMENTO SAN E VERSÁTIL O polo é carne branca, polo que é moi saudable. Achéganos proteínas, vitaminas -é fonte de vitamina B- e minerais. Ademais, o polo ten pouca graxa en xeral, un aspecto que depende directamente da alimentación do animal durante o seu crecemento. Por outra banda, a cantidade de graxa

varía segundo a parte da ave que se consume. Nas pezas máis magras, a porcentaxe é baixa e a maior parte está na pel. Esas características fan que o polo se poida consumir con maior regularidade ca outros tipos de carne. De feito, os expertos en nutrición recomendan facelo entre tres e catro veces por semana. Do polo aprovéitase case todo: ás, peituga, zancos... En EROSKI atoparás polos enteiros, en cachos, coxas e zancos, ás, peitugas, filetes e carcasas. As características diferenciais do novo polo Natur permitiranche atreverte con calquera elaboración: á brasa, guisado, á prancha, fritido ou ao forno, adáptase ben ás distintas técnicas culinarias. Serve de prato principal ou de acompañamento e admite o uso de herbas aromáticas para realzar o sabor.

NOVO POLO CERTIFICADO Son o sabor, a orixe e as características do animal as garantes de que este sexa un

15

014-015 PROTA POLLO NATUR GAL.indd 15

21/9/18 13:25


protagonistas EROSKI

Comprometidos coa alimentación saudable

As nosas pizzas frescas xa non teñen aceite de palma Conseguimos que as nosas pizzas frescas estean libres de aceite de palma. Un paso máis no noso compromiso para retirar este aceite e o de coco de todos os nosos produtos para o ano 2020.

O

aceite de palma (e tamén o de coco), é rico en graxa saturada. O seu uso xeneralizouse na industria alimentaria porque é un ingrediente moi apropiado para achegar gusto e textura que, ademais, permite unha mellor conservación. Adoita estar presente en produtos precociñados como as pizzas. Pero, en EROSKI xa non será así porque, seguindo o noso compromiso para mellorar a composición dos nosos produtos, eliminamos o aceite de palma da gama de pizzas frescas.

As nosas pizzas son unha das mellores alternativas para ceas, comidas ou petiscos. Unha solución doada de conservar e preparar nas ocasións en que non dispoñemos de moito tempo e unha opción socorrida e ideal para compartir. Ademais, están elaboradas con ingredientes de calidade e dispoñen dun prezo axustado a calquera peto. A eliminación do aceite de palma busca manter estas características á vez que ofrece unha opción moito máis saudable e tamén sostible.

EFECTOS NEGATIVOS O aceite de palma ten efectos negativos na saúde e mais no medio natural. Por iso, estamos a traballar na súa eliminación de todos os nosos produtos. Se comparamos o seu perfil nutricional co do aceite de oliva, descubrimos que mentres que este conta cun 16,3% de ácidos graxos saturados, no de palma é case o 50 % . Por iso, a OMS (Organización Mundial da Saúde) recomendou limitar a súa inxestión, xa que pode causar problemas vasculares e cardíacos. Ademais, o seu cultivo intensivo prexudica ao medio natural. A recolección do aceite de palma está a destruír os bosques de Malaisia e Indonesia, onde se concentra o 85% da produción.

16

016 PROTA - PIZZA SIN ACEITE DE PALMA GAL.indd 16

21/9/18 13:26


EROSKI 38 RED BULL.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/06/18

15:19


Pera Conferencia DOP Rincรณn de Soto

A froita do outono 18

018-019 PROTA PERA GAL.indd 18

21/9/18 13:27


protagonistas EROSKI

A pera é unha froita rica e refrescante apta para toda a familia. En EROSKI ofrecémosche a pera Conferencia con Denominación de Orixe Protexida Rincón de Soto EROSKI Natur, un produto de calidade que garante a súa orixe e sabor, respectando o medio natural.

A

chegada do outono bríndanos a oportunidade de gozar de froitas tan populares, saborosas e saudables como a pera, aromática, substanciosa e de gran sabor. En EROSKI sabemos do seu éxito entre os consumidores e, por iso, ofrecémosche a pera Conferencia con DOP Rincón de Soto EROSKI Natur. Unha variedade que non só destaca polo seu sabor, dozura e aroma, senón que, ademais, é máis grande e alongada e ten unha cor máis verdosa. A súa denominación garante a súa procedencia, situada nos fértiles vales rioxanos dos que toma o seu nome, e as súas características excepcionais. As particulares calidades das peras conferencia DOP Rincón de Soto EROSKI Natur son froito das terras nas que se cultivan, nas terrazas dos ríos Ebro, Cidacos, Alhama, Iregua e Najerilla. Son zonas chairas, con boa ventilación, profundas, húmidas e permeables sen presenza de cal ou silíceo. Alí son frecuentes as brétemas nas primeiras horas da mañá, o que favorece a aparición do russeting ou oxidación da pel, moi apreciada nesta froita. A súa polpa branca e fina, algo granulosa no corazón, faina fundente e substanciosa na madureza.

e fibra. Por todo iso, dá sensación de saciedade. A auga, ademais, agrega volume, pero non calorías, o que axuda a equilibrar o contido calorífico total. O consumo de alimentos como a pera, que teñen baixa densidade enerxética, pódenos axudar a manter o peso corporal, amais de complementar a nosa achega de líquidos. FRESCURA GARANTIDA Poderás identificar as peras Conferencia DOP Rincón de Soto EROSKI Natur na nosa sección de froitería polo selo correspondente á Denominación de Orixe, o que significa que todas proveñen dos fértiles vales rioxanos. Tamén as recoñecerás polo selo Natur, que garante que se recolleron no seu punto óptimo de maduración. As peras teñen a garantía de ser cultivadas minimizando o impacto ambiental e non foron sometidas a tratamentos tras a colleita.

CINCO AO DÍA As froitas e hortalizas achegan fibra e gran variedade de vitaminas e minerais, con diferentes propiedades beneficiosas sobre o organismo. Por iso, deben ser a base dunha alimentación saudable e recoméndase tomar, como mínimo, cinco porcións diarias, preferiblemente de tempada e orixe próxima. Froitas como a pera DOP Rincón de Soto EROSKI Natur deben ser a sobremesa de elección e tamén poden formar parte dos petiscos entre comidas. Enteira, en anacos, en macedonia, batida, en compota ou asada, con iogur, froitos secos... a pera admite numerosas preparacións. Tamén permite diferentes técnicas culinarias: pode servir de cobertura para unha torta, para realizar unha salsa de acompañamento ou para elaborar receitas como as tradicionais peras ao viño.

COMO BEBER UN VASO DE AUGA Ao igual ca na maioría das froitas, o principal compoñente da pera é a auga (contén un 87%). Tamén presenta frutosa (azucre naturalmente presente na froita)

19

018-019 PROTA PERA GAL.indd 19

21/9/18 13:27


Peixe conxelado con etiqueta MSC

Con todas as garantías 20

020-022 ESCAPARATE GAL.indd 20

21/9/18 13:27


o escaparate

En EROSKI seguimos a traballar para ampliarmos a nosa oferta de peixe con ecoetiqueta MSC, que certifica que foi capturado de xeito respectuoso co mar e co resto das especies. Queremos alcanzar os dous millóns de quilos no 2020 e, no camiño cara a ese obxectivo, engadimos catro novas variedades de pescada conxelada, as Divinas do mar e as Pratas de Aguinaga.

O

modo de vida actual tornou os alimentos conxelados en produtos moi populares entre os consumidores e, en particular, entre os que carecen de tempo abondo para faceren a compra acotío. No caso do peixe, polas circunstancias propias da súa captura e da súa estacionalidade, a conxelación é un dos métodos de conservación máis utilizados e o que menos altera as súas propiedades e o seu valor nutritivo.

VANTAXES DA ULTRACONXELACIÓN Unha das vantaxes deste tipo de peixes é o proceso de conxelado ao que se someten: a ultraconxelación. Trátase dunha conxelación case instantánea, que permite manter o sabor e textura do peixe á vez que evita a formación de cristais. O máis importante é saber que as calidades nutricionais son iguais ás dos frescos. É unha das claves que hai que ter en conta á hora de mercar. Grazas á conxelación, non só se dá mantido o valor nutricional do peixe, senón que se evita o crecemento e desenvolvemento de bacterias. Deste xeito, consérvase tanto o alto valor biolóxico das súas proteínas como a cantidade de ácidos graxos insaturados, entre eles o omega-3, as vitaminas e os minerais. Para lograr todas estas vantaxes, logo de mercar

o peixe conxelado, convén que non rompa a cadea de frío dende o establecemento ata o fogar. Por iso, é apropiado transportalo nunha bolsa térmica. O peixe conxelado ten unha maior vida útil, o que nos permitirá realizar a compra esporadicamente e non ter que planificar con moita antelación os menús. Ao mesmo tempo, ter peixe

no conxelador pode axudar a resolver algún imprevisto. Todo iso, sen esquecermos o aforro, xa que adoita ter prezos máis baixos. A GAMA MÁIS AMPLA, EN EROSKI Xa non hai escusas para non incorporar o peixe na túa dieta. Amais da nosa oferta de peixe fresco, en EROSKI ofrecemos unha ampla gama de produtos

QUE SIGNIFICA A ETIQUETA MSC? Todas as variedades novas de peixe conxelado que chegan ás nosas tendas teñen a ecoetiqueta azul de MSC. Esta certifi cación garante que o peixe e marisco que vendemos nos nosos establecementos procede de pesqueiras sostibles e que cada empresa da cadea de distribución pasou unha auditoría detallada de trazabilidade. A ecoetiqueta que levan estes novos produtos conxelados está recoñecida internacionalmente e é, ademais, consecuente coas recomendacións da FAO para pesqueiras ben xestionadas e sostibles. Entre outros, na etiqueta fi gura o código da cadea de custodia, que fai referencia ao fabricante do produto.

21

020-022 ESCAPARATE GAL.indd 21

21/9/18 13:27


o escaparate

conxelados con cortes e presentacións para todos os gustos. Isto permitirache preparar innumerables pratos e facer a alimentación máis variada, amais de ser unha boa solución para elaborar unha comida rápida. Ademais, o feito de que o peixe xa veña cortado en filetes, toros, lombos ou variñas e que apenas teña espiñas supón un valor engadido. E traballamos para que todos eles proveñan dunha pesca respectuosa co mar, o medio natural e o mantemento das demais especies. Por iso, agora presentámosvos estas novas variedades coa ecoetiqueta azul de MSC. Entre estes novos peixes conxelados destacamos a pescada. Amais de ser unha especie moi apreciada polo seu sabor e versatilidade na cociña, ten unhas características moi benefi ciosas para a saúde. Coa etiqueta MSC, ofrecémosche catro presentacións diferentes de pescada conxelada: fi letes con ou sen pel, toros e medallóns. Todas elas son produto de primeira calidade e seguiron un proceso de conxelación e preparación con todas as garantías. O baixo contido en graxa da pescada faina ideal para seguir

unha alimentación sa e equilibrada. Contén proteínas e vitaminas do grupo B, que son moi importantes para o correcto funcionamento do organismo. Todas estas vantaxes (sumadas á recomendación dos especialistas en nutrición para aumentarmos as inxestións semanais de peixe) fan da pescada un dos produtos máis sans e ricos das nosas mesas. Podes probar a cociñala cocida, rebozada con fariña e ovo, á prancha, guisada... Sempre está deliciosa! As Pratas de Aguinaga e as Divinas do mar emulan no seu aspecto e mais na súa textura ás angulas. Elabóranse a partir de surimi, unha pasta producida a partir dos lombos de peixe branco procedente dalgunhas das especies máis abundantes, que se emprega como materia prima para a fabricación de sucedáneos de peixe ou marisco, refrixerados e conxelados. Tanto as Pratas de Aguinaga como as Divinas do mar son alimentos interesantes polo seu sabor e cociñado fácil e non teñen demasiadas calorías nin graxas, aínda que ao introducilas no menú convén vixiar o contido fi nal de sal da preparación.

A DESCONXELACIÓN, MOMENTO CRÍTICO Ao preparar peixe conxelado, débese realizar unha correcta desconxelación. O ideal sería sacalo do conxelador unhas doce horas antes de consumilo e poñelo na parte baixa da neveira. Este é o modo idóneo e máis seguro, dende o punto de vista hixiénico, e o que menos afecta á consistencia, textura e sabor do alimento. Se imos xustos de tempo, é posible desconxelar o peixe no microondas a baixa potencia ou ao baño maría. Neste caso, somérxese en auga morna, ben protexido e envolvido con papel filme ou nun recipiente, de xeito que o alimento non entre en contacto directo coa auga. Se así fose, a desconxelación sería rápida pero afectaría de xeito negativo ao sabor e, unha vez cociñado, quedaría acuoso e moi brando. O conxelado mantén as mesmas calidades ca o fresco, apenas perde textura e sabor grazas ao proceso de ultraconxelación ao que se somete e é totalmente seguro, coa vantaxe engadida de que o poderás gardar na casa por máis tempo e adquirilo cando queiras e coa presentación que prefi ras.

22

020-022 ESCAPARATE GAL.indd 22

21/9/18 13:28


EROSKI 40 DANONE.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/09/18

10:58


EROSKI 40 DOBLE CLUB GALLEGO.indd 2

19/09/18 11:54


EROSKI 40 DOBLE CLUB GALLEGO.indd 3

19/09/18 11:54


na tenda contigo

Non perdas o novo número de ‘Consumer EROSKI’ A guía de compra máis completa sobre as galletas, a nova etiquetaxe dos combustibles e todo o que precisas saber sobre os cogomelos, o tesouro gastronómico do outono, está no número de outubro da revista Consumer EROSKI. Non quedes sen ela!

•I formación útil e práctica •In pa para o consumidor •C n deseño renovado e •Cu m máis moderno •C •Con máis e mellores c tidos con • •Co mesmo rigor, v veracidade e in independencia de sempre

POR SÓ

1€

26

Dende sempre e para sempre

Comprometidos coa saúde e a sostibilidade

026 EN LA TIENDA REVISTA CONSUMER GAL.indd 26

moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/

21/9/18 13:29


EROSKI 40 LINDOR.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/09/18

10:49


Coida o contorno e recicla as túas cápsulas de café O consumo de cápsulas monodose de café aumentou nos últimos anos. Mais a súa reciclaxe, por mor da súa composición -aluminio, plástico e restos orgánicos-, é moi complicada. Para lle facermos fronte a este problema, dende EROSKI lanzamos unha iniciativa pioneira de recollida.

A

s cápsulas monodose de café revolucionaron o mercado e crearon milleiros de adeptos. Por desgracia, un maior consumo signifi ca máis refugallos. Algo que, neste caso, carrexa varios problemas. Por unha banda, a composición das cápsulas -a partir

28

de plástico, aluminio ou materiais compostables- e a presenza de restos orgánicos complica a súa recollida e posterior reciclaxe. Este residuo non está considerado como envase e, xa que logo, non se pode depositar no colector amarelo. Por outra banda, nestes momentos hai

moi poucos puntos de recollida de cápsulas. Isto tradúcese en que en España só se reciclan o 20% destas. Seguindo o noso compromiso de facilitar un consumo responsable e respectuoso co medio natural, quixemos dar un paso adiante e poñer en marcha unha iniciativa

Dende sempre e para sempre

Comprometidos coa saúde e a sostibilidade

028-029 EN LA TIENDA - RECICLAR CAPSULAS CAFE GAL.indd 28

moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/

21/9/18 13:30


na tenda contigo

para afrontar este problema. Trátase dun proxecto piloto de reciclaxe de cápsulas de café que lanzamos a mediados de xullo en 15 tendas do País Vasco, Navarra e Baleares. Convertémonos así no primeiro distribuidor en España en instalar puntos de recollida propios de cápsulas de calquera material e marca. Para levarmos a cabo a recollida, colocamos nos nosos establecementos colectores específi cos propiamente identifi cados onde os clientes poden depositar as cápsulas de café usadas. ECONOMÍA CIRCULAR A través desta iniciativa, esperamos recuperar o 100% das materias primas da cápsula, potenciando a economía circular. Como exemplo, o café e as cápsulas biodegradables converteranse en compost para

028-029 EN LA TIENDA - RECICLAR CAPSULAS CAFE GAL.indd 29

fertilizar o substrato no que se cultivan cogomelos, fungos e outros vexetais, e o plástico e aluminio cos que se fabrican algúns dos envases reciclaranse e fundiranse para xerar outros novos. Ademais, deseñamos un proceso de loxística inversa que contempla o transporte das cápsulas recollidas en cada tenda no mesmo camión que distribúe os produtos a ese centro. Deste xeito, evítase a utilización dun segundo camión e redúcese a pegada de carbono. As cápsulas recollidas en cada establecemento envíanse á súa planta loxística, onde un xestor autorizado as retira para o seu tratamento e reciclado. Finalizado o proceso, emitirase un certificado mensual da xestión das cápsulas retiradas e recicladas, que incluirá un cálculo da súa pegada de carbono e as emisións evitadas grazas a el.

21/9/18 13:30


na tenda contigo

Aplicación EROSKI

Todas as vantaxes na palma da túa man Agora, só por trocares un vale aforro, poderás entrar no sorteo de tres móbiles Huawei Mate 10. Ademais, gozarás das vantaxes de ser socio EROSKI club en calquera lugar, beneficiaraste de promocións exclusivas e poderás aforrar máis de 20 euros ao mes nas tendas online das túas marcas favoritas.

M

ais de 250.000 usuarios gozan da aplicación gratuíta EROSKI nos seus móbiles, coa que acceden ás vantaxes de EROSKI club dun xeito máis cómodo e rápido. Está pensada para os socios e permite benefi ciarse de todas as promocións dun xeito máis sinxelo. Coa aplicación -para dispositivos iPhone e Android- non só economizarás na túa cesta da compra, tamén aforrarás tempo. Velaquí as vantaxes das que vas gozar. AS MIÑAS PROMOCIÓNS. Esquece o papel! Accede facilmente aos teus vales aforro e actívaos en calquera momento. A aplicación buscarache as ofertas que máis se adaptan a ti. Ademais, agora poderás gozar de máis promocións nas túas marcas

favoritas. Aforra mercando nas tendas online a través da aplicación: moda, restaurantes, ocio, tecnoloxía e moito máis, ao teu alcance. A MIÑA TARXETA DIXITAL. Poderaste identificar en calquera das nosas tendas sen necesidade de levar a túa tarxeta EROSKI club. A MIÑA LISTA DA COMPRA. Garda a túa lista da compra para tela á man e engade os produtos que vaias necesitando. A MIÑA TARXETA DE CRÉDITO. Grazas á aplicación, poderás pagar co móbil comodamente. O MEU SALDO. Consulta de xeito rápido e sinxelo o saldo dispoñible na túa tarxeta EROSKI club, en calquera momento e lugar. OS MEUS PUNTOS TRAVEL CLUB. Consulta o teu saldo e os movementos da túa tarxeta Travel Club.

AGORA, A TÚA Ú APLICACIÓN EROSKI TEN PREMIO SORTEAMOS 3 HUAWEI MATE 10 Este mes de outubro, troca polo menos un dos vales aforro que atoparás no apartado de As miñas promocións e entra no sorteo de tres móbiles Huawei Mate 10. Consulta as bases desta promoción en www.eroski.es/sorteo-apperoski/ e nas tendas EROSKI.

30

030 EN LA TIENDA - APP GAL.indd 30

21/9/18 13:30


EROSKI 40 AVENA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/09/18

13:25


por tu salud

Menús de tempada

Do garfo á culler En outono, a temperatura diminúe, comeza a facer frío e chega a hora de substituír ensaladas e gaspachos por pratos quentes, como sopas, guisos ou purés. É tamén unha boa época para reorganizarmos os hábitos alimentarios da familia.

C

oa chegada do frío, a horta énchese de novos produtos. Por iso, outubro é un mes ideal para deseñar un menú saudable e equilibrado, perfecto para deixar atrás os excesos do verán. O ideal é apostar por alimentos de tempada, posto que ofrecen unha boa relación calidadeprezo e contribúen a unha maior variedade na mesa. Mellor aínda se se escollen produtos de proximidade, que contribúen ao crecemento económico da zona. Hai que comezar a mellorar os nosos hábitos alimentarios

dende primeira hora da mañá. O importante é que a base do almorzo sexan froitas e vexetais, e a iso engadirlle algunha fonte proteica saudable, como os froitos secos ou os ovos, por exemplo. No tocante ao xantar e á cea, durante o outono comeza a época idónea para preparar caldos, guisos e purés. Hortalizas como as cabazas, coles, espinacas e acelgas, que destacan polo seu baixo contido calorífi co, son perfectas para elaborar menús saudables, equilibrados e orixinais. En EROSKI atoparás unha ampla variedade de

produtos frescos, ecolóxicos e no seu mellor momento de consumo para elaborares todo tipo de receitas aptas para combater as baixas temperaturas. VERSÁTILES E BEN BOS Pero os grandes protagonistas da cociña do outono son, sen dúbida ningunha, os legumes: feixóns secos, fabas, garavanzos ou lentellas. Son unha gran fonte de proteínas, hidratos de carbono complexos e fi bra, de xeito que resultan totalmente recomendables dentro do marco dunha dieta equilibrada.

32

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 32

21/9/18 13:57


pola túa saúde

Recoméndase comer legumes entre tres e cinco veces á semana. O importante nunha alimentación saudable é coidar o seu acompañamento, evitando os embutidos e carnes graxas e enriquecendo os guisos con verduras. SEGREDOS DA FRAGA As fragas transfórmanse no outono e, coa chegada de temperaturas máis frescas e de chuvias frecuentes, aparecen deliciosos manxares como os froitos do bosque (amoras, framboesas e arandos) e os cogomelos. Os primeiros son ricos en vitamina C e constitúen unha boa fonte de fi bra. Unha das súas principais características é a súa abundancia de pigmentos naturais de acción antioxidante. Pódense consumir ao natural, sós ou acompañados de xeado caseiro, iogur natural, queixo

fresco, etc. Tamén preparar con eles deliciosos e saudables sorbetes e confeituras. E son perfectos como gornición de carnes ou para enriquecer ensaladas. O outro tesouro que agachan as fragas no outono son os cogomelos, idóneos en calquera momento do día. Teñen un baixo contido calorífico e boas cantidades de vitaminas do grupo B, potasio e fósforo. Poden compoñer un prato por si mesmos, simplemente salteados con aceite de oliva virxe. Tamén se

poden tomar en ensalada ou como gornición doutras receitas. Hai que consumir aquelas variedades que se coñezan moi ben e desbotar o resto. En caso de dúbida, é interesante saber que algúns dos máis velenosos presentan volva, anel e láminas brancas, polo que é aconsellable non comer ningún que teña estas características. Para maior seguridade e comodidade, nos nosos supermercados atoparás os cogomelos limpos e cortados, listos para o seu consumo.

33

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 33

21/9/18 13:57


por tu salud

GARAVANZOS CON ESPINACAS E BACALLAU 4

media

40’

1,62

INGREDIENTES

BERENXENA RECHEA DE ATÚN 4

media

+60’

1,12

INGREDIENTES

● Nunha tixola, engadimos o resto do

aceite e sofritimos as verduras xunto coa carne das berenxenas, todo ben picado. Apartamos do lume, agregamos o atún escorrido e esmiuzado e mesturamos. Enchemos as berenxenas, botamos a salsa de tomate e esparexemos o queixo por riba. Asamos media hora no forno.

• 250 g de garavanzos • 160 g de espinacas • 250 g de bacallau desalgado • 2 ovos

• 2 dentes de allo • Loureiro • Pemento doce • 4 culleradas de aceite de oliva • Sal

COMO SE ELABORA ● Poñemos os garavanzos a remollo a

• 2 berenxenas • 4 culleradas de aceite de oliva • 1 cebola • 1 pemento vermello • 4 latas de atún claro en aceite de oliva

• 1 cenoria • 2 dentes de allo • 100 g de queixo relado • 100 g de salsa de tomate • Sal e pementa

COMENTARIO DIETÉTICO Receita composta maioritariamente por hortalizas na que a proteína saudable a achega o atún, e a graxa, o aceite e mais o queixo. Deberiamos completar o menú cun cereal integral (o pan, por exemplo) e cunha froita de tempada de sobremesa.

COMO SE ELABORA

Saúde e benestar

● Cocemos os ovos, partimos o bacallau

e lavamos e partimos as espinacas. Engadímolo todo aos garavanzos xunto co aceite e cociñamos 10 minutos a lume suave.

Unha ración contén:

● Prequentamos o forno a 200 ºC con calor

por riba e por baixo. Sacamos a carne das berenxenas e colocámolas sobre papel de forno. Engadimos media cullerada de aceite por riba e salpementamos. Asámolas uns 20 minutos.

noite anterior. Lavámolos, escorrémolos e botámolos na ola de presión xunto aos dentes de allo, sal, o loureiro e unha punta de pemento. Cubrimos de auga e cocemos uns 25 minutos.

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

KCAL

GRAXA

314

18g

6g

16%

26%

30%

Unha ración contén: SAL

9,9g 0,52g 11%

9%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

KCAL

402 20%

GRAXA

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

16g 2,4g 2,1g 0,22g 23%

12%

2%

4%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

Fundación EROSKI promove a Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE), un estudo sobre hábitos da poboación

34

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 34

21/9/18 13:57


publirreportaje

La producción ecológica, un valor añadido Apostar por el respeto a la naturaleza es un valor fundamental para Peregrín, que ofrece frutas y hortalizas cien por cien ecológicas.

D

esde que Peregrín comenzara con la distribución ha buscado la satisfacción y el compromiso con el cliente final. “Estamos seguros de que la distribución ecológica irá ganando peso en los lineales y queremos ofrecer al cliente un producto libre de componentes no naturales y, por supuesto, de calidad”, afirma Felipe Gómez, director de la compañía. Cuando hablamos de la producción ecológica no hablamos de una moda, sino de un hábito que ha llegado para quedarse. Por ello, Peregrín ya cuenta con una amplia gama de producto bío como ajo, lechuga, brócoli, pimiento, patata, pepino o calabacín.

Ante la situación actual del bío, y en previsión de un crecimiento progresivo del mismo, Peregrín trabaja en la ampliación de su gama ecológica, buscando, como siempre, la satisfacción del cliente final. TRABAJAMOS RESPETANDO EL MEDIOAMBIENTE Para esta empresa almeriense es importante la satisfacción del cliente, pero también el medioambiente. En cada uno de los procesos de producción de sus productos, Peregrín minimiza su impacto en el medio con proyectos como la utilización de palets retornables y la reducción de plásticos.

¿QUIERES SABER MÁS DE NOSOTROS? Te esperamos en: www.peregrin.es Y en nuestras redes sociales. Twitter: @PeregrinESP Facebook: @www.peregrin.es

35

EROSKI 40 PUBLIREPORTAJE PEREGRIN.indd 35

18/09/18 11:30


por tu salud

Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Permíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes, está identificado con cores.

MENOS AZUCRE

ALBÓNDEGAS LIBANESAS (DE POLO E PISTACHOS)

● Rebozamos as albóndegas en fariña e

Eliminamos máis de 467 toneladas de azucres dos nosos produtos.

fritímolas co aceite ben quente ata que queden douradas de xeito uniforme por todos lados.

MENOS SAL

● Sacamos da tixola a unha bandexa

4

media

20’

0,83

con papel absorbente.

INGREDIENTES

MENOS GRAXAS

COMENTARIO DIETÉTICO • 250 g de peituga de polo en aceite de oliva virxe • 50 g pan duro • 1 ovo • 50 g pistachos sen sal • Fariña de trigo Bio • Media cullerada

de canela moída • Unha cullerada de coandro moído • 5 culleradas de aceite de oliva virxe extra • Sal

Unha receita que, ao utilizar polo en conserva, nos permite aforrar tempo e enerxía na cociña. Ademais, como o líquido de cobertura ten sal, é posible que non sexa necesario engadilo. Para acompañalo, debemos sumar unha gornición vexetal e un prato de hortalizas como primeiro ou complemento.

Unha ración contén:

COMO SE ELABORA ● Trituramos o polo xunto co pan, os

pistachos pelados, o ovo, as especias e un chisco de sal e formamos as albóndegas do tamaño dunha pelota de golf.

Saúde e benestar

KCAL

GRAXA

318

21g

16%

30%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

3,4g 1,3g 0,24g 17%

Suprimimos máis de 93 toneladas de sal de produtos da marca EROSKI.

1%

4%

Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35% ao día. Por iso, eliminamos máis de 998 toneladas de graxa das nosas marcas.

SEN GRAXAS VEXETAIS PARCIALMENTE HIDROXENADAS Estas graxas soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

graxas

Desde 2013 xa eliminamos 467 toneladas de azucres, 998 de graxas e 93 de sal.

36

032-036 POR TU SALUD GAL.indd 36

21/9/18 13:57


publirreportaje

Frutas ecológicas de máxima calidad Desde el año 1998, la empresa Biosanz Organic está produciendo frutas de máxima calidad bajo el sistema de producción ecológica.

O

frecer al consumidor alimentos saludables y producidos con el mayor respeto y cuidado al medioambiente han sido los retos que nos hemos marcado en nuestra

empresa, en benefi cio de toda la sociedad para un presente y futuro. Nuestras frutas aportan al consumidor los parámetros de calidad que él está exigiendo –como el sabor–, y todas las

vitaminas y minerales que requiere una dieta sana y equilibrada. Nuestro objetivo es seguir creciendo aportando valores sociales y medioambientales a través de un modelo de alimentación más sostenible.

37

000 PUBLIREPORTAJE BIOSANZ.indd 37

21/09/18 11:07


energía para crecer

Comeza o día cun toque san e orixinal A miúdo, os almorzos infantís limítanse a alimentos como froita, lácteos e cereais. Para romper esa rutina, existen unha morea de produtos e combinacións que ofrecen a posibilidade de innovar cada mañá á vez que os máis pequenos gozan dunha comida atractiva e saudable.

H

ai moitas ideas erróneas sobre o almorzo. Non é necesario almorzar si ou si, non é a comida máis importante do día, non precisamos azucre para que o noso cerebro comece a funcionar e non existe un almorzo ideal. O importante é que é o que comemos e non o cando e o como.

Por iso, se os cativos teñen fame a primeira hora da mañá, a mellor opción será ofrecerlles sempre alternativas saudables e non seguir unha estrita dieta baseada en zumes, cereais azucrados e lácteos. Unhas torradas con aguacate, hummus acompañado con paíños de verduras, froita, froitos secos...

poden parecernos opcións pouco apropiadas para comezar o día, pero son a mellor alternativa se queremos facer o almorzo infantil atractivo, nutritivo e saudable. O primeiro que cómpre termos en conta é que os cereais non poden ser o alimento principal do almorzo. A base debe estar composta por froitas

38

038-041 ENERGIA PARA GAL.indd 38

21/9/18 13:58


enerxía para medrar

e vexetais. Tamén deberá conter algunha fonte proteica saudable -froitos secos, ovos, legumes, peixes, queixos ou aves- e cereais integrais. Uns ovos revoltos, por exemplo, son un xeito perfecto de comezar o día. Ademais, podémolos acompañar con outros produtos, como champiñóns ou xamón. O mesmo acontece coa tortilla, unha receita que, ademais, nos permitirá aforrar tempo, xa que se pode cociñar a noite anterior e conservar no frigorífico. Aínda que parezan pratos máis propios doutro momento do día, son os máis atinados. De feito, alimentos como o hummus consumíronse tradicionalmente no almorzo. Outra alternativa é aproveitar algún prato do día anterior que non acabaramos de consumir. Mentres sexan opcións saudables son tan válidas como calquera outro produto típico de almorzo. Todo iso permitiranos innovar e romper a rutina das mañás, á vez que animará os almorzos dos picariños. ALTERNATIVAS AO ‘DE SEMPRE’ Ás veces non é doado deixar de lado os produtos típicos do almorzo: cacao en po, torradas, cereais, zumes... Todos son sinxelos de preparar e gústanlles aos nenos, pero podemos ofrecer opcións moi semellantes que, ademais, son máis saudables. Só é cuestión de atreverse a ollar alén do zume, os cereais e as galletas. Dous dos alimentos estrela do almorzo son o cacao en po azucrado e a crema de cacao. Sabedores e doados de comer, non hai ninguén que se resista a eles. Así e todo, é unha mágoa pero non son tan

A saúde Tutúa salud para éo para nós nosotros primeiro es lo primero

saudables coma populares. A mellor opción é substituílos por outros menos procesados. O cacao en po azucrado débese cambiar por cacao puro e a crema de cacao por chocolate 80% derretido, crema de cacahuete 100%, crema de abelás ou améndoas 100% ou mesmo tahini. O zume é outro dos alimentos máis recorrentes no almorzo. Moitos cren que é unha boa opción para que os máis pequenos tomen froita, pero é mellor non o incluír. Os zumes son fonte de azucre libre e, aínda que algúns non teñan azucre engadido, quitóuselles a polpa, de xeito que tomalos non é equiparable a consumir unha peza de froita tal cal. Para almorzar, tamén podemos facer un batido de froitas e verduras (como o que che propoñemos nas nosas receitas), que conserva toda a fi bra. E, durante os meses fríos, pódese alternar o consumo de froita fresca con opcións cocidas, asadas ou en compota. E que dicir das galletas? Son un dos produtos por excelencia do almorzo, pero sempre é mellor que sexan caseiras, porque as procesadas non son nin de lonxe tan saudables. Se se quere comer de xeito ocasional algo doce, podemos elaborar na casa unha fornada de galletas sas. Para iso, sería positivo utilizar avea en lugar de fariña e mais engadir froita triturada para que substitúa o azucre. Coas torradas acontece o mesmo: hai que elixir ben con que as acompañamos. De entrada, o pan debe ser integral e a clave está en substituír as margarinas e manteigas por aceite de oliva ou hummus. Tamén se pode engadir aguacate,

tomate, queixo... Sempre produtos frescos e saudables, evitando os procesados. Se segues este sinxelo consello, atoparás infinidade de ingredientes cos que completar as túas torradas. Para rematar, están os cereais do almorzo. Normalmente, os máis consumidos adoitan ser azucrados ou chocolateados. Isto comporta que a primeira comida do día sexa pouco saudable. Alternativas: facer o noso propio muesli ao gusto mesturando diferentes cereais e sumando uvas pasas, anacos de plátano ou froitos vermellos. Se por costume e falta de tempo, preferimos cereais xa preparados, mellor que sexan integrais. Aínda que outra moi boa opción para comezar o día é almorzar arroz ou outros cereais en gran; por exemplo, un delicioso arroz con leite. Neste caso, poderíanse aproveitar mesmo sobras do día anterior. PREDICAR CO EXEMPLO Tan importante como lles ofrecer aos pequenos un almorzo saudable e nutritivo é dar exemplo. Ao almorzardes, debedes seguir as mesmas pautas ca os nenos. De nada serve obrigalos a tomar froita, cereais integrais ou queixo se vós optades por produtos de bolería. Comezar o día arredor da mesa en familia axudará a que todos poidades levar unha dieta máis saudable e a que ninguén se sinta obrigado a comer determinados alimentos. É importante tamén respectar os gustos infantís e deixar que eles elixan o que queren almorzar entre opcións saudables e, sobre todo, non os obrigar a comer.

73.819 niños han participado 460.401 nenos e 3.192 centros en el Programa Educativo educativos participaron no de la Escuela de Alimentación Programa Educativo da Escola de de la Fundación Alimentación da Eroski Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es

39

038-041 ENERGIA PARA GAL.indd 39

21/9/18 13:58


energía para crecer

0,66 € por persoa

BISCOITO DE CENORIA SEN AZUCRE 4

fácil

30’

COMENTARIO DIETÉTICO

● Mesturamos a fariña, o lévedo, a

Nesta receita, os dátiles utilízanse para adozar de xeito natural, o que nos permite prescindir do azucre. Así, aproveitamos o seu sabor doce e mais as súas propiedades nutricionais beneficiosas. Outra vantaxe deste biscoito é que, ao usar fariña integral e aceite de oliva virxe extra, melloramos a calidade nutricional da receita. A isto súmanse os beneficios e a dozura que achegan as cenorias.

canela e a noz moscada. Quitámoslles a carabuña aos dátiles e hidratámolos uns cinco minutos en auga quente. ● Lavamos e relamos as cenorias e

INGREDIENTES • 250 g fariña integral • 1 cullerada de lévedo • 1 cullerada de canela • Un chisco de noz moscada • 6 dátiles • 400 g de cenorias • Unha rama de vainilla • 3 ovos

COMO SE ELABORA

• 12 culleradas de aceite de oliva virxe extra • Marmelada de amorodo

triturámolas xunto aos dátiles e as sementes de vainilla. Mesturamos ben esta pasta cos ovos. Engadimos o aceite de oliva e volvemos bater. ● Para rematar, agregamos a mestura

de fariña e fermento.

Unha ración contén: ● Prequentamos o forno a 180 Cº e

enfornamos o biscoito uns 30 minutos. ● Deixámolo arrefriar sobre unha reixa e

aplicámoslle por riba unha capa fina de marmelada xusto antes de servilo.

KCAL

GRAXA

252

15g

14%

21%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

2,3g 6,5g 0,05g 12%

8%

1%

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

40

038-041 ENERGIA PARA GAL.indd 40

21/9/18 13:58


enerxía para medrar

BATIDO VERDE 4

vaso de batedor xunto co leite, que podemos substituír por auga ou por bebidas vexetais sen azucre. Batemos ben.

fácil

10’

● De nos quedar espeso, podémoslle

engadir un pouco máis de leite. INGREDIENTES COMENTARIO DIETÉTICO • 120 g de espinacas • 2 aguacates • 2 mazás

• 300 ml de leite enteiro

COMO SE ELABORA ● Lavamos, pelamos e picamos as froitas

e as hortalizas elixidas. Botámolas nun

Os batidos de froitas, hortalizas e lácteos naturais son moi versátiles polas moitas combinacións que se poden lograr á hora de preparalos. Este, amais de ser moi saudable, é doado de consumir por parte dos máis pequenos ao ser unha receita bebida, cremosa e cunha cor rechamante. Ten diversas

propiedades nutricionais beneficiosas, xa que se basea en froitas, hortalizas e lácteo natural. Destacan as proteínas de calidade, algo de vitamina A, o calcio e o fósforo do leite, a fibra e unha gran variedade de vitaminas e minerais. Neste caso concreto, achega vitamina A, E e C, ácido fólico e mais o potasio das espinacas; graxas cardiosaudables, vitaminas E e C e potasio do aguacate; e algo de vitamina A, calcio e o fósforo do leite. O azucre presente é a frutosa e, ademais, ao se tratar dun batido, aprovéitanse toda a fibra e os minerais.

1,30 € por persoa

Unha ración contén: KCAL

GRAXA

199

13g

11%

19%

GRAXAS SATURADAS AZUCRES

SAL

2,6g 15g 0,06 13%

18%

2%

da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos

41

038-041 ENERGIA PARA GAL.indd 41

21/9/18 13:58


belleza

Nova gama belle Natural

Naturalmente eficaz Lanzamos a primeira liña de cosmética natural certificada baixo a nosa marca belle Natural. Unha gama de produtos para a hixiene e beleza cotiá cun alto contido de activos de orixe natural, que coidan e respectan a saúde da túa pel e o medio.

C

ada vez sodes máis os que esixides produtos naturais que sexan eficaces, éticos e respectuosos coa saúde da pel e co medio. Esta tendencia trouxo como resposta un maior número de cosméticos definidos como naturais. Pero non todo o que se presenta como tal o é. É un fenómeno que se coñece popularmente como greenwashing. Algunhas marcas anuncian artigos deste tipo cando, en realidade, conteñen a mesma base química de sempre con algún engadido natural en ínfimas proporcións.

En EROSKI comprometémonos a ofrecer a máxima claridade e transparencia na información dos nosos produtos e a escoitar e responder ás vosas necesidades. Por iso, somos os primeiros en lanzar unha gama de marca propia de cosmética natural, na que Ecocert certificou que todos os produtos teñen polo menos un 98% de ingredientes naturais ou de orixe natural. Está composta por 16 produtos –que se ampliarán no futuro–, que cobren distintas necesidades básicas da rutina cotiá de hixiene

e beleza, dende xeles de ducha a sérum faciais, pasando pola crema de mans ou polo desodorizante. Entre os seus ingredientes, conteñen extractos vexetais e de algas, karité ou aceite de noz de macadamia. Estamos, xa que logo, ante a nosa propia gama de hixiene e beleza cun alto contido de principios activos naturais que, mantendo as esixencias de efi cacia, ofrece unha experiencia sensorial única. Ao eliminarmos os ingredientes químicos, como perfumes, colorantes sintéticos, parabenos e siliconas, ofrecemos unha gama

42

042-046 BELLEZA GAL.indd 42

21/9/18 14:00


beleza

de cosméticos alternativa máis respectuosa coa vosa saúde, que ademais cumpre co estándar COSMOS Natural, converténdonos así en pioneiros ao lanzar unha gama cosmética de marca propia que respecta estas altísimas esixencias. QUE CONVERTE UN COSMÉTICO EN NATURAL? Para que un cosmético sexa certificado como natural, todos os seus ingredientes deben estar dentro da listaxe de materias primas autorizadas por COSMOS e, na súa maioría, deben ser de orixe natural. É dicir, vexetais, animais, minerais ou mariños, con ou sen modificacións permitidas expresamente. Unicamente se acepta un máximo do 2% de fraccións sintéticas sen orixe natural. A regulación desta norma abrangue dende a elaboración de cada ingrediente e a produción do produto rematado ata a embalaxe, etiquetaxe ou xestión ambiental. Aínda que a certificación COSMOS Natural non o esixe, todos os produtos da gama belle Natural contan, ademais, cun mínimo dun 5% de ingredientes certificados como ecolóxicos. Mundialmente recoñecida, a certificación COSMOS promove produtos de agricultura ecolóxica e o respecto da biodiversidade. Apoia tamén o uso responsable dos recursos naturais e un procesamento e fabricación limpos e respectuosos coa saúde humana e co medio natural. Prohibe, ademais, que os cosméticos comercializados baixo os seus estándares conteñan nanopartículas, perfumes ou colorantes sintéticos, isotiazolinonas,

Saúde e benestar

parabenos ou aceites minerais derivados do petróleo, así como ingredientes de orixe animal, agás aqueles obtidos sen necesidade de sacrificio animal, como poden ser o leite, o mel ou o propóleo. Tampouco permite determinados procesos de fabricación e esixe técnicas de transformación non contaminantes e respectuosas coa saúde e co medio natural e sen probas en animais. As empresas fabricantes que queiran cumprir os requisitos de COSMOS deben garantir que os seus produtos reducen a embalaxe ao mínimo, asegurar o carácter biodegradable ou reciclable dos envases e contar cun plan de xestión ambiental e de reciclaxe de residuos en todas as súas plantas de fabricación.

SEN

parabenos

No caso da gama belle Natural, a estes requisitos sumámoslle que os seus estoxos de cartón inclúen a certificación FSC, que garante que o material provén de bosques xestionados de maneira ambiental, económica e socialmente responsable. O organismo certificador correspondente, neste caso Ecocert, realiza auditorías periódicas e exhaustivas para comprobar que todos os requisitos esixidos por COSMOS se cumpren. O obxectivo é garantir que haxa a mesma claridade, integridade e confianza dos consumidores en todos os países e mercados respecto aos produtos certificados. Se queres saber máis sobre a nosa gama belle Natural, consulta a web: www.eroski.es/bellenatural/.

Eliminamos os parabenos e o triclosán dos produtos de marca propia en cosmética e coidado persoal

43

042-046 BELLEZA GAL.indd 43

21/9/18 14:00


beleza

Edición limitada outono-inverno belle&MAKE-UP

Natureza salvaxe Artemisa, deusa grega da caza e protectora tamén da muller, serve de inspiración para a edición limitada belle&MAKE-UP desta tempada. Cunha feminidade mítica, é á súa vez amazona e cazadora, unha dobre faceta que crea unha paleta chea de contrastes.

C

colorete iluminador e un delineador de ollos biselado, testados dermatolóxica e oftalmoloxicamente e sen parabenos.

A COLECCIÓN ‘WILD NATURE’ A edición limitada outono-inverno deste ano está composta por dúas lacas de uñas, dúas barras de labios, un lapis cremoso multifunción, un

LACAS DE UÑAS Son 5-free, é dicir, exclúen na súa formulación os cinco ingredientes químicos habituais de perfi l toxicolóxico máis controvertido, e non conteñen parabenos. Por iso, permiten unha manicura delicada e sen riscos, máis respectuosa coa saúde e co contorno. Nesta colección mantemos a mesma formulación, acabado e pincel con dous tons novos en edición limitada inspirados en cores presentes na natureza: Gaia,

oa chegada do frío muda a paleta de cores. A colección belle&MAKE-UP, coa deusa da caza, as fragas e os animais como musa, presenta unha gama de tonalidades que evocan unha natureza salvaxe, intensa e poderosa. Unha xenuína combinación de cores outonais resplandecentes que atopan a súa inspiración no mundo agreste e natural: penedos e pedras, substanciosos froitos silvestres, a plumaxe das aves ou volcáns e desertos.

cunha cor de terra areenta, e Glory, imitando o ton vermello da grosella. BARRAS DE LABIOS ‘SOFT VELVET’ Unha das novidades exclusivas da colección Wild Nature é un labial de textura cremosa cun acabado de cor intensa e aveludada e cun delicado aroma a vainilla. Está dispoñible en dous tons e, nesta ocasión, apostamos por dous vermellos apaixonantes: un profundo vermello sangue (Garnet) e un ton alaranxado coma o sol do serán (Wild red ). Con vitamina E, ambos os dous labiais veñen en formato retráctil de doada aplicación e están dermatoloxicamente testados.

44

042-046 BELLEZA GAL.indd 44

21/9/18 14:00


Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle. Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/

LAPIS CREMOSO MULTIFUNCIÓN Como complemento ao delineador de ollos, un lapis cremoso que lle proporciona luz á pálpebra se se aplica unha pequena cantidade e se esvae. Pódese acadar un acabado máis dramático se o aplicamos en toda a pálpebra con xenerosidade e o esvaemos como un afumado. Este produto todoterreo pódese utilizar tamén para iluminar o rostro ou para lle achegar volume aos beizos. Sutil e favorecedor, o acabado metálico que confi re está cheo de luz grazas a un suave ton bronce. Cunha textura moi cremosa

e non pegañenta, vén nun formato de lapis que se pode afi ar cun afi alapis de boca ancha. A fórmula antiborranchos do lapis é resistente á auga e ten unha duración de oito horas, que che permitirá estar impecable todo o día. COLORETE ILUMINADOR Un po terracota zarrapicado de refl exos de lúa que lle dá dramatismo ao pómulo alto. O colorete Desert Moon dálles ás túas meixelas un brillo satinado e sutil cun ton terra infusionado cun brillo nacarado. A súa fórmula cremosa e suave ao tacto fóndese perfectamente coa

pel dándolle un acabado lixeiro. Pódese utilizar só ou combinándoo con outros coloretes para achegar luz e volume. DELINEADOR DE OLLOS BISELADO O delineador en ton Onyx conta cunha punta angular que permite distintos trazos, de máis finos a grosos, dun xeito sinxelo e intuitivo. Múltiples looks nun único produto! O aplicador suave de escuma do lapis deposita a cantidade xusta de produto dende o primeiro trazo. A súa fórmula proporciona, ademais, un acabado negro intenso de longa duración.

45

042-046 BELLEZA GAL.indd 45

21/9/18 14:01


beleza

DOUS LOOKS PARA TRIUNFAR Look #1 Edición limitada ‘Wild Nature’ Pel: Sobre unha pel limpa e hidratada, aplicar a base de maquillaxe e as correccións específi cas para cada tipo de

rostro. Iluminar as tempas e defi nir o contorno do beizo co pincel corrector iluminador de belle&MAKEUP. Fixar os pasos anteriores coa axuda do po compacto no ton axeitado ao da pel. O último paso da maquillaxe será aplicar o novo colorete iluminador 01 Desert nas fazulas e en dirección ascendente sobre o pómulo para controlar a cantidade de cor. Ollos: Aplica o novo lapis multifunción Mystic Light sobre todo na pálpebra móbil e fúndeo coa axuda das xemas dos dedos. O obxectivo é crear unha capa lixeira de nácara na pálpebra. Esvae ben os extremos da sombra para que non se vexan cortes. Coa axuda do novo delineador de ollos angular, delinea as pestanas superiores e inferiores agrandando o delineado no extremo exterior do ollo. Une ambas as dúas liñas en forma de uve ascendente

Look #2 Edición limitada ‘Wild Nature’ Pel: Sobre unha pel limpa e hidratada, aplicar a base de maquillaxe e as correccións específicas para cada tipo de

rostro. Iluminar as tempas e definir o contorno do beizo co pincel corrector iluminador de belle&MAKE-UP. Fixar os pasos anteriores coa axuda do po compacto no ton axeitado ao da pel. O último paso da maquillaxe será aplicar o novo colorete iluminador 01 Desert nas fazulas e en dirección ascendente sobre o pómulo para controlar a cantidade de cor. Pódese aplicar un pouco na fronte. Ollos: Aplica o novo lapis cremoso multifunción Mystic Light sobre todo na pálpebra móbil e esvae os extremos coma se se tratase dun afumado. O obxectivo é acadar un efecto cobreado natural pero non tan esvaído coma no look 1. Delinea as pestanas superiores e inferiores cun trazo lixeiro do novo delineador de ollos angular. No extremo exterior do ollo, amplía as liñas superior e inferior moi

de tal forma que o ollo adquira un efecto amendoado. Remata a maquillaxe de ollos rizando as pestanas co rizador de belle&MAKEUP e aplica unha máscara efecto pestanas extralongas. Beizos: Aplica a barra de labios Soft Velvet en todo o beizo axudándote do lapis de labios para ser máis precisa e delinear ben o contorno. Se xenerosa coa cantidade de produto para crear un labio intenso. Aplica un toque de lapis multifunción no centro do beizo para acadar un maior volume. Uñas: Remata esta maquillaxe cunhas uñas intensas que acompañen os movementos da man. O ton de laca de uñas Glory é un vermello escuro, moi acorde á cor dos labios. Para que quede perfecta, aplica unha capa de base coat, dúas de cor e un top coat protector por riba.

lixeiramente para crear un efecto de delineado exipcio de ‘cola de peixe’. Remata a maquillaxe de ollos rizando as pestanas e maquillándoas cunha capa de máscara de pestanas Extreme Curves en negro. Beizos: Aplica unha capa xenerosa de barra de labios Soft Velvet en ton Wild Red. Trátase dun vermello que tende a alaranxado e que complementa moi ben este look máis cálido. Aplica o labial con axuda do pincel de labios para que non saia do beizo e poidas controlar mellor o perfilado. Uñas: Acompaña esta maquillaxe cunhas uñas máis suaves en tons terra. O ton da laca de uñas Gaia é ideal para tal fin. Para que quede perfecta, aplica unha capa de base coat, dúas de cor e un top coat protector por riba.

46

042-046 BELLEZA GAL.indd 46

21/9/18 14:01


EROSKI 35 AFFINITY.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

15/03/18

11:59


EROSKI 40 PURINA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/18

11:40


EROSKI 40 LINDT.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

20/09/18

13:55


Máis de 500 referencias EROSKI Natur

Aumenta a oferta de frescos

F

ieis ao noso compromiso cunha alimentación e un consumo sostibles, aumentamos a oferta de produtos frescos Natur ata superar as 500 referencias en froitas, hortalizas, carne e peixe. Incorporáronse tamén novas categorías, como os ovos campeiros de galiñas criadas ceibas. Para medrar, seguimos a traballar con produtores locais e seleccionando as variedades, que avalan un sabor diferencial e unha produción sostible. Todas as froitas e verduras Natur proceden de produtores que contan coa certificación de sostibilidade Global

Colaboración con WWF

Compra a nosa bolsa solidaria

X

a podes adquirir nas nosas tendas a nova bolsa coa que axudarás na conservación do medio natural. Colaboraremos con WWF na preservación dos bosques e na recuperación dos ecosistemas degradados e destinaremos os beneficios da venda da bolsa solidaria a esta organización. A campaña, que se inclúe dentro do renovado

convenio entre ambas as dúas entidades e se enmarca nos nosos compromisos de saúde e sostibilidade, estenderase ata novembro. Esta bolsa reutilizable é de tea e é moi doada de encartar para podela transportar con facilidade.

GAP, que garante que os produtos se cultivaron de xeito máis sostible, minimizando o impacto ambiental e axudando ao desenvolvemento do contorno, apostando, sempre que é posible, por produtos locais. Por outra banda, o peixe Natur garante a súa orixe a través da certificación MSC. Recentemente, convertémonos no primeiro distribuidor en España (segundo a nivel internacional), en acadar a certificación Global GAP en acuicultura, que acredita que as especies procedentes deste tipo de cría se produciron de xeito seguro e sostible.

Custa un euro e os cartos recadados coa venda destinaranse a continuar co traballo realizado por WWF: recuperar as funcións das fragas para que volvan ofrecer recursos, auga e aire de calidade, protección fronte a inundacións e regular o clima; crear fragas autóctonas, de diferentes especies e idades, apostando pola biodiversidade e a variedade de hábitats; potenciar a diversidade nos usos das fragas como base da actividade económica en zonas rurais e xerar unha paisaxe diversa e rendible para resistir os impactos futuros.

52

052 NOTICIAS GAL.indd 52

21/9/18 14:03


EROSKI 40 COLON.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

21/09/18

13:21


EROSKI comprométese 1

2

3

4

Desde sempre e para sempre comprometidos coa seguridade alimentaria

Promovemos unha alimentación equilibrada

Previmos a obesidade infantil

Atendemos as necesidades nutricionais específicas

5

6

Favorecemos un consumo responsable e respectuoso co medio natural

6

En EROSKI facilitamos unha alimentación sostible, reducindo o impacto ambiental dos nosos procesos, tendas e produtos. Só no 2017, doámoslles máis de 4.700 toneladas de alimentos a 48 entidades sociais. Promovemos os produtos ecolóxicos e sostibles, a redución de aditivos artificiais e o benestar animal.

Ofrecemos máis produtos locais

7

8

9

10

Facilitamos comer ben a bo prezo

Actuamos dende a escoita, con claridade e transparencia

Coidámonos como traballadores

Impulsamos un estilo de vida máis saudable

o próximo mes... novembro’18

nueva imagen

É tempo de...

Na tenda contigo

Beleza

EROSKI Basic

Estrela solidaria

Cosmética natural

54

054 PROXIMO MES GAL.indd 54

21/9/18 14:05


EROSKI 40 CAPSA.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

18/09/18

11:32


EROSKI 39 HEINEKEN LADRÓN DE MANZANAS.ai

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

1

11/07/18

16:04


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.