neste número
Bos hábitos dende a infancia
En EROSKI desenvolvemos numerosas accións e campañas para che facilitarmos esta tarefa. Obradoiros, cursos e recomendacións coas que queremos promover unha alimentación máis equilibrada e hábitos saudables dende a infancia.
O mellor exemplo diso é a nosa Escola de Alimentación, unha iniciativa que se leva a cabo nas escolas con estudantes de Primaria na que a través de clases teóricas e obradoiros prácticos se tratan temas como a alimentación equilibrada, os hábitos de vida saudables, os produtos locais, as dietas doutros lugares do mundo e a sustentabilidade do planeta.
Co curso xa encarreirado, en outubro é o tempo de reforzarmos os bos hábitos dos máis cativos. Coidar o que comen na casa é importante, porque unha dieta equilibrada é fundamental para o seu desenvolvemento e rendemento escolar. Pero aínda cómpre máis ensinarlles as claves para levaren unha vida máis activa e unha alimentación máis saudable.
Ademais, este mes tamén queremos que sigas a sumar momentos de tranquilidade no teu día a día, aforrando de moitos xeitos co noso ‘Suma Aforro’: produtos ao mellor prezo, promocións, ofertas e vantaxes por seres socio.
Neste número atoparás todo isto e moito máis -receitas, lanzamentos, consellos e vales aforro- para que non che falte de nada este outono.
EROSKI S.REALIZACIÓN
Difusión:
Itxaso Cuesta Responsable de EROSKI clubo último
Queremos que os nosos produtos faciliten o teu día a día e tamén que che axuden a aforrar. Presentámosche algunhas novidades das marcas EROSKI para as gozares en familia e para que lle dediques o teu tempo ao importante: a ti e mais a túa xente.
Saben A MAR
CHOCO AO ALLO
Un produto de mar co que poderás elaborar unha morea de pratos sen te complicares. O novo choco ao allo de EROSKI xa vén cocido, cortado e aliñado con aceite, allo e perexil. Pódese consumir frío e mais quente e o seu envase, apto para microondas, permíteche unha rápida elaboración.
Un prato cun alto contido en proteínas, baixo en calorías e sen glute, ideal para acompañar ensaladas, revoltos ou aperitivos.
AMEIXÓNS AO NATURAL
Son unha das delicias do mar máis apreciadas da nosa gastronomía pola súa versatilidade na cociña e o seu insuperable sabor. Os ameixóns son un tipo de ameixa carnosa, tamén coñecida como améndoa de mar, pola súa similitude en forma e o seu sabor, un pouco doce cun sutil amargor.
Aínda que existen numerosas receitas, un dos mellores xeitos de gozalos é como aperitivo ou en guisos, pastas e arroces.
O mellor café de Kenya na túa casa
Exquisito café 100% arábica, lavado e colleitado nas terras altas de Kenya. O clima morno e as chuvias estacionais combínanse para producir un café de sabor intenso e afroitado, con sabores cítricos. Un produto moi especial cunha procedencia que o converteu nun dos máis apreciados do mundo.
Deleita o teu padal coas novas cápsulas de café Kenya EROSKI SELEQTIA, que destacan polo seu excelente corpo e o seu recordo en boca complexo e persistente.
ZUME DE FROITAS E KALE
Unha combinación abraiante
Gozar do mellor zume na casa é moi doado co noso novo zume de froitas e col rizada (kale), que está elaborado con zume de mazás, piña, mango, maracuxá e kale.
Preséntase nunha botella de plástico máis respectuosa co medio natural, fabricada con material 100% reciclado e 100% reciclable.
Tómao ben fresquiño no almorzo, entre horas, acompañando a merenda ou en calquera momento. Sorprenderate.
IOGUR GREGO
NOVO SABOR A VAINILLA
Para a sobremesa ou para te dares un capricho. Se che gusta a vainilla e a cremosidade dos iogures gregos, a nosa nova variedade de grego con vainilla vaise tornar a túa opción favorita. Gózao a calquera hora.
Clásicos que nunca fallan
Bocadillos, petiscos ou ceas con amigos son momentos nos que non poden faltar os clásicos como o chourizo doce, picante, de Pamplona ou o salchichón.
Para esas ocasións, o friame en lascas EROSKI basic é a mellor opción ao mellor prezo. E agora conta cun envase máis sostible, fabricado con plástico 70% reciclado.
SOBREMESAS CASEIRAS
FÁCIL E RÁPIDO
Se a repostería é o teu e queres deixar a túa familia abraiada preparando algunhas sobremesas caseiras sen demasiadas complicacións, velaquí tres novidades para térelo máis doado. Os preparados para cremas de ovo e para callada EROSKI e o xarope de caramelo EROSKI permitiranche elaborar na casa deliciosas sobremesas de xeito fácil e rápido.
Un pan xusto co que hai que ter, nin máis nin menos
Como o fixemos sempre, e agora con nova imaxe.
fala Santiveri para
Sen aditivos nin lévedos, con fermento propio, longa fermentación e dobre enfornado.
FÁCIL DE DIXERIR
E QUE CHE SENTA BEN
Un pan torrado, 100% integral, procedente do gran do cereal completo, que che proporciona moitos nutrientes e toda a fibra.
O seu dobre enfornado fai a predixestión por ti, xa que rompe as cadeas de amidón facéndoas máis curtas.
Sen azucres engadidos, porque o noso pan elabórase mediante un proceso artesán tradicional. O sabor e textura de sempre.
Non engadimos graxas saturadas para que siga a ser cardiosaudable (ou bo para o teu corazón). Goza dun pan que sabe ben e que senta aínda mellor!
FÁCIL DE TOMAR
Sen aditivos nin lévedos que impulsen a fermentación. Non o precisamos. Conseguímolo cun fermento propio e cunha longa fermentación.
O dextrinado e a masa de longa fermentación son a clave para unhas torradas crocantes que non rompen! Ademais, mantéñense perfectas durante moito máis tempo.
FÁCIL DE COMBINAR
Es máis de doce ou de salgado?
Combina o teu Pan Dextrin cos teus ingredientes favoritos e tómao cando queiras: para comezares o día, para petiscares, para merendares ou para unha cea lixeira.
fala Pascual para
PASCUAL DINAMIC
O novo batido de proteínas
Cando non cómpre ser deportista de elite para tomar batido de proteínas
C hega o batido de proteínas Pascual Dinamic. A nova aposta coa que a compañía espera revolucionar o sector.
Sen azucres engadidos e con 25 gramos de proteína, que axudan ao mantemento muscular; e vitaminas B2, B3 e B6 e magnesio, que contribúen a diminuír o cansazo e a fatiga. Tamén inclúe zinc e calcio.
Quen di que non é para ti? #LiberaoTeuDeportista
Descubre a nosa pizza Finezza
Unha pizza diferente coa que sorprender nunha cea improvisada coa túa familia ou amigos. Preséntase nun formato novidoso, cunha masa exquisita e moi fi na, que vén dobrada e conta con ingredientes de calidade.
Entre os seus sabores, os máis tradicionais poden elixir Xamón e camembert e os máis atrevidos optar pola variedade de Melenzzana con berenxena.
a e t
As novas pizzas Finezza dobradas de EROSKI están listas para enfornar e son unha opción perfecta para compartir ou degustar no xantar, cea ou como petisco.
formato familiar
Para engadir en receitas de repostería, adozar o café, acompañar unha sobremesa... Se na casa sodes fans do leite condensado, velaquí o noso novo envase dun quilo, un tamaño perfecto para familias.
fala Leroux para
Chega a nova ACHICORIA BIO
Achicoria soluble Leroux Bio natural é un produto san e de doada preparación. De orixe 100% vexetal, sen cafeína e rica en fi bra, pódela combinar con leite ou coa bebida vexetal que máis che guste, tamén con auga fervida a xeito de infusión.
Con máis de 160 anos de experiencia na súa fabricación, Leroux presenta esta chicoria biolóxica, seleccionada nas mellores zonas de cultivo ofrecendo o sabor máis orixinal. Pódese ser máis bio?
PASTA DE ESPELTA INTEGRAL
Un prato diferente
Para as túas receitas máis saudables chega ás nosas tendas unha nova pasta 100% de espelta integral. Por mor da combinación da espelta e da súa forma de quenlla conséguese que as salsas e aderezos se integren mellor, o que potencia enormemente o seu sabor.
Esta pasta está elaborada en Italia, cos tradicionais moldes de bronce, e secada a baixa temperatura.
MÁIS PANS DE FERMENTO NAS NOSAS TENDAS
Nas nosas panaderías atoparás os mellores pans elaborados acotío con masa nai polos nosos panadeiros. As fogazas de millo, centeo e campestre elabóranse con longos repousos, nos que a fermentación xera un sabor e aroma únicos cos que gozar de todo o mellor dos pans artesáns.
FABIÑAS EN ACEITE DE OLIVA
UN TOQUE DIFERENTE
Se lles queres dar un toque gourmet aos teus pratos, nada mellor que engadir as novas fabiñas en aceite de oliva EROSKI SELEQTIA. Soas, cun pouco de xamón, ou combinadas
con carnes ou peixes, son unha opción perfecta para lles dar ese punto diferente ás túas receitas.
Estas fabiñas baby son moi tenras, xa que se colleitan cando son pequenas, polo que a súa pel é máis fi na e a súa textura máis suave. Ademais, o seu sabor reálzase co aceite de oliva.
Nova variedade e envases máis sostibles
En EROSKI ofrecémosche unha ampla variedade de conservas en vinagre tradicionais e olivas con e sen carabuña, con sabor a anchoa, picantes, etc. Unha gama á que acabamos de engadir a nova variedade de olivas verdes partidas con aliño chuchadedos.
Todas elas son unha opción ideal para un petisco entre horas ou para acompañar unha ensalada e agora atoparalas nas nosas tendas en novas terrinas ecodeseñadas cun 26% menos de plástico.
A copa de chocolate e nata EROSKI encantarache de principio a fin. A súa combinación de suave chocolate a carón da cremosidade da nata fan dela unha sobremesa deliciosa para te dares un capricho de cando en vez. Non contén glute e o seu envase é máis sostible, ao se fabricar cun 35% menos de plástico e cartón ca o anterior.
mes
AFORRA
NA TÚA CESTA DA COMPRA
Para que os teus cartos rendan máis e encher a neveira custe menos, en EROSKI podes aforrar de moitos xeitos cada día.
Suma Aforro na túa cesta cotiá
Cos máis de 800 produtos ‘ao mellor prezo’, que atoparás sinalizados nas nosas tendas, é ben doado alimentarse de maneira saudable e a bo prezo.
%
respecto a outras marcas
e
Para che axudarmos, preparamos unha lista da compra que contén todo o necesario para gozares de almorzos, xantares e ceas completas, sinxelas e baratas. Desde peixe, carne, froitas e hortalizas ata básicos da despensa, incluíndo tamén produtos de hixiene e limpeza. Atoparalos nas nosas tendas e no supermercado en liña, sinalizados con ‘o mellor prezo’ e poderás aforrar máis dun 35% respecto a outras marcas.
a,
Froita e verdura Almorzos e merendas Xantares e ceas Aseo e casa Plátanos Mazás Laranxas Cabaciña
Allos porros Leituga Tomates Feixóns verdes Cebolas Allos Patacas
Leite Iogur natural Galletas Bebidas multifroitas Pan de molde Café
Embutidos Peituga de pavo Queixo de Burgos Corn Flakes
Auga Barra de pan Aceite Ovos
Fariña Pasta
Tomate frito Lentellas Arroz Pescada Atún en aceite Polo Filetes de lombo
Papel hixiénico Pasta de dentes Xel
Lixivia Deterxente Lavalouzas
Limpador cociña e baño
Un aforro que se suma ás ofertas que atoparás nas nosas tendas en máis de 50.000 produtos con descontos 3x2, 2ª unidade ao 70%, etc.
Goza de descontos e ofertas exclusivas, como os 2×1, os días nos que che devolvemos o IVE en todas as compras, vales gasolina, etc.
2%
Suma Aforro se tes fillos pequenos Suma Aforro coa tarxeta Ouro EROSKI club
Apúntate ao Plan Familias 0·12. Devolverémosche o 2% de todo o que merques e obterás vantaxes cada mes. E se aínda son bebés, aforras un 5% en cueiros e toalliñas ata que cumpran 3 anos!
Suma Aforro fóra de EROSKI
Cando nos despedimos ata a seguinte compra, seguimos a sumar contigo, porque coa tarxeta de pagamento EROSKI Club devolvémosche o 1% de todas as túas compras en restaurantes, ximnasios, moda, cinema, etc.
Aforra o
4%
Aforra o 4% de todas as túas compras en EROSKI: en alimentación, electrodomésticos, óptica, gasolina, viaxes, etc. Compénsache con gastares tan só 30€ á semana. Ademais, podes probar a tarxeta gratis durante un mes sen compromiso de permanencia. Calcula canto poderías aforrar coa nosa calculadora en: www.eroski.es/tarjeta-oro-eroski-club/.
O teu aforro mes a mes
Na nosa app tes toda a información e detalle sobre os aforros conseguidos. Cando queiras, podes consultar todo o aforrado mes a mes, o conseguido por ofertas e promocións e mais o aforrado por prezos especiais e vales aforro personalizados.
Os teus aforros deste mes por seres socio EROSKI Club
Aforros conseguidos coas nosas ofertas e descontos de 3x2, 2ª unidade ao 70%, 2ª unidade ao 50%, etc.
Se non tes a app, non te preocupes, recibirás un resumo do teu aforro mensual nun tícket ao pasares por caixa
de aceite de
de
manchea de alfábega fresca
manchea de perexil fresco
1 culleriña de ourego
chisco de caiena moída
Sal e pementa fresca
ml de zume de limón
de iogur:
g de iogur
g de cogombro
dente de allo
Sal, pementa e caiena
5 ml de AOVE
Lavar e cortar as patacas en láminas finas ao ancho, sen chegar ata o final.
os allos, as herbas, o sal, a pementa e a caiena cun batedor ata obter unha pasta. Engadir o AOVE e mesturar ben. Untar as patacas coa
con salsa de iogur
pasta e enfornalas ata que estean douradas no forno prequentado a 200 ºC, con calor por riba e por baixo, durante uns 30-35 minutos.
Preparar a salsa de iogur relando o cogombro e mesturándoo cos máis dos ingredientes.
Servir as patacas acompañadas da salsa de iogur.
COMENTARIO DIETÉTICO
Este xeito de preparar as patacas asadas fai que se impregnen moito máis os sabores, amais de polas herbas e especias utilizadas porque, ao lles facer cortes e quedar laminadas como unha especie de acordeón, penetra moito máis o sabor e o aroma de sazonado.
Propiedades nutricionais. O 80% do contido da pataca é auga e o outro, fundamentalmente, hidratos de carbono. Contén algo
de fibra, pero pouca cantidade. Por iso, recoméndase
verduras, xa
regúlase
Chulas de
o forno a 190 ºC
o talo do brócoli e relalo ata acadar unhas faragullas. Triturar a metade das flores do brócoli.
Relar a pataca. Picar a pescada desconxelada e escorrida. Mesturar ambas as dúas co brócoli, o queixo, os ovos, o curry, o sal, a pementa e as herbas ata acadar unha masa.
Formar bólas ou croquetas duns 50 gramos escorrendo ben a auga. Colocalas nunha bandexa de forno cuberta con papel encerado e enfornar uns 25 minutos, deixando outros tres minutos con grill para se douraren.
Mesturar a maionesa e a salsa tártara. Servir as chulas acompañadas da salsa, con cuarteiróns de limón e herbas esparexidas.
COMENTARIO DIETÉTICO
Esta receita axuda a evitar o desperdicio, xa que aproveita ata o talo do brócoli. Se hai cativos na casa, poden participar remexendo e dándolles forma ás chulas.
Propiedades nutricionais. Os vexetais achegan fibra e hidratos de carbono, o peixe proteína de boa calidade e, como neste caso é branco, pouca graxa. O ovo e o queixo, amais de proteína, engádenlle algo de graxa ao prato.
Truco. A metade do total da graxa achégaa a maionesa, que ben se pode substituír por tomate ou salsa de iogur.
Coello en salsa agridoce
• 750 g de coello
• 8 ml de aceite de oliva
• Sal e pementa fresca Salsa agridoce
• 15 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
• 15 ml de aceite de sésamo
• 2 allos picados finos
• Xenxibre
• 30 ml de tomate concentrado
• 15 ml de vinagre de arroz
• 8 ml de salsa de soia
• 8 ml de mel
• 250 ml de auga
• 1 culleriña de Maizena Gornición
• 120 g de arroz integral
• Sésamo
• Ceboliña
ELABORACIÓN. Cocer o arroz en abundante auga segundo as instrucións do paquete. Partir o coello en anacos dun tamaño medio.
Salpementar o coello torado e sofritilo nunha tixola con media cullerada de aceite. Así que estea torrado por todos os lados, levalo 15 minutos ao forno prequentado a 195 ºC, con calor por riba e por baixo. Sacar e reservar.
Nun wok ou tixola engadir os aceites, o allo e o xenxibre picado fino. Deixar dourar e agregar o concentrado de tomate e o vinagre de arroz. Mesturar e engadir a salsa de soia, o mel e mais o vaso de auga coa Maizena disolta e deixar cociñar uns 10 minutos a lume medio forte.
Engadir o coello, remexer ben e deixar cociñar a lume medio outros 4-5 minutos.
Servir o coello co arroz cocido integral e esparexerlle por riba sésamo e ceboliña picada.
COMENTARIO DIETÉTICO
Unha receita para gozar da carne branca de coello nunha salsa agridoce que lle dá un toque especial e moi saboroso. Nesta ocasión acompáñase de arroz integral e pódese completar cunha porción de froita e verdura para ter un prato completo.
Propiedades nutricionais. As carnes brancas achegan proteína de alta calidade e algo de graxa, vitaminas do grupo B, potasio, fósforo e selenio. O coello ten algo menos de graxa ca o polo, aínda que dependerá do corte. Se engadimos unha porción de verduras e froita xunto ao arroz integral teremos o hidrato de carbono e a fibra que lle falta ao prato, amais de sumar vitaminas, minerais e fitoquímicos.
Mini ‘cheesecakes’ con kiwi
Para a base:
• 70 g de dátiles hidratados
• 170 g de améndoas
Para o cheesecake:
• 200 g de nata
• 4 follas de xelatina
• 150 g de queixo crema
• 20 g de mel
Para a cobertura de kiwi:
• 3 kiwis
• 6 follas de xelatina
ELABORACIÓN. Preparar a base triturando as améndoas xunto cos dátiles previamente hidratados. Reservar.
Hidratar as follas de xelatina en auga fría. Mentres, quentar 100 g de nata nun cazo ata que ferva. Así que chega ao punto de ebulición, apagar o lume, botar as follas de xelatina e diluír.
Botar nunha cunca e mesturar o queixo crema, a nata restante e o mel ata ter unha mestura homoxénea.
Cubrir catro aros metálicos con papel de enfornar e montar as tortas poñendo a base primeiro e despois o recheo de cheesecake. Arrefriar durante polo menos unha hora ou ata que a superficie estea sólida abondo.
Preparar a cobertura de kiwi hidratando as follas de xelatina e estonar, cortar e triturar os kiwis. Quentar a 60 ºC a lume medio (uns 2-3 minutos, se non se dispón de termómetro) e diluír a xelatina co lume apagado.
Botar o kiwi enriba da capa de queixo e arrefriar na neveira polo menos unha hora máis. Desenmoldar amodiño e servir.
COMENTARIO DIETÉTICO
A clásica torta de queixo sen forno cun toque diferente, aproveitando unha das froitas estrela da tempada, o kiwi.
Propiedades nutricionais. Unha receita alta en graxa. Aínda que a maioría son graxas saudables achega tamén ácidos graxos saturados e mais aumenta a carga calorífica. Contén boa cantidade de proteínas, fibra, calcio, fósforo, vitamina C e vitamina A.
...o 94% dos cereais
Kellogg's son fonte de fibra?
Kellogg's ten o compromiso de promover un maior consumo de fibra na poboación española, ao apoiar a educación sobre a importancia e os beneficios deste compoñente e ofrecer alimentos cun maior contido en fibra.
Un elemento fundamental nas dietas saudables sostibles é un maior predominio de alimentos 1de orixe vexetal , que destacan polo seu alto valor nutricional, ao seren fonte de micronutrientes, compostos bioactivos e fibra.
A fibra é un compoñente dietético con recoñecidos beneficios para a saúde . Estudos científicos2 recentes suxiren que unha dieta alta en fibra se asocia cunha microbiota máis equilibrada e diversa ,3 o que se considera beneficioso. A evidencia máis sólida apunta ao papel do farelo de trigo e a fibra de trigo integral como promotores da diversidade da microbiota intestinal, cun aumento de tan só 6 g ao día 4.
Descubre a última innovación
All-Bran® Natural, unhas crocantes almofadiñas de cereais, elaboradas cun só ingrediente: 100% trigo integral. Xa que logo, a fibra está presente de xeito natural no cereal, polo que é unha excelente opción para axudar a alcanzar unha inxestión axeitada.
fadiñas e: 100% resente a excelente stión axeitadda.
EDUCANDO EN HÁBITOS SAUDABLES
durante toda a infancia
Ensinar os nenos e nenas a levaren unha dieta equilibrada é clave para o seu desenvolvemento. En EROSKI promovemos a alimentación saudable a través de diferentes accións, como a Escola de Alimentación e o Programa Educativo PEAHS, que se amplía dos 3 aos 12 anos e que chega cargado de novidades.
Aobesidade gaña terreo, especialmente na etapa infantil. Así o constatan a Organización Mundial da Saúde (OMS) e diferentes informes científicos, como o Estudo Aladino, do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e mais o Estudo nutricional e de hábitos alimentarios da poboación española, promovido pola Fundación EROSKI.
Dende EROSKI previmos a obesidade infantil promovendo unha alimentación equilibrada e educando en hábitos de vida saudable. Dende o ano 2013, traballamos cos centros escolares o Programa Educativo en Alimentación e Hábitos Saudables (PEAHS) Enerxía para medrar.
DENDE OS 3 AOS 12 ANOS Este programa educativo é gratuíto e está destinado a escolares de
Educación Infantil e Primaria. O seu obxectivo é ensinarlles aos máis pequenos a importancia de levaren unha alimentación equilibrada, a
Máis de 1,5 millóns de escolares participaron no noso Programa Educativo en Alimentación e Hábitos Saudables e obxectivo é chegar a formar dous millóns de nenos e nenas e as súas familias para o 2025
Os materiais
Xogo interactivo
Amisión de Tix e Loy é un xogo online adaptado a cada ciclo da Educación Primaria. Anima o alumnado a coñecer as claves para coidar da súa saúde e do planeta superando divertidos retos.
Os alumnos pasarano moi ben aprendendo con distintos xogos de preguntas como A ruleta da alimentación ou O camiño saudable. Ata van aprender unha receita, mercar o necesario para a faceren e cociñar!
realización de actividade física e o coidado do medio natural.
Como non hai mellor lugar para aprender ca a familia e mais a escola, desenvolvemos materiais moi doados de utilizar, con xogos interactivos, vídeos e obradoiros, para que facelo xuntos resulte divertido. O contido está adaptado a distintas idades, con materiais pensados para alumnos de Infantil (de 3 a 6 anos) e de Primaria (de 6 a 8 anos e de 8 a 12 anos).
No programa trabállanse temas como a orixe dos alimentos, os grupos de alimentos e nutrientes, os produtos locais e de tempada, a sustentabilidade e as prácticas de consumo responsable, a etiquetaxe nutricional ou os hábitos saudables (actividade física, hixiene, hidratación).
Os nenos e nenas aprenden de maneira amena por mor dunha metodoloxía innovadora que combina a teoría con xogos, cómics e actividades que promoven a comunicación lingüística, estimulan as competencias sociais, cívicas e dixitais, a iniciativa e o espírito emprendedor dos pequenos.
De teres calquera dúbida, contáctanos. Estaremos encantados de atenderte. Correo electrónico: info@escueladealimentacion.es Teléfono: 664 613 353, de luns
venres, de 9:00 a 15:00.
ANIMA O TEU CENTRO ESCOLAR A PARTICIPAR!
educativo accede á nosa web.
apartado ‘Rexístrate’
INDICADOR DINÁMICO DAS TAXAS DE SOBREPESO E OBESIDADE INFANTIL
Unha ferramenta para UNHA INFANCIA MÁIS SAUDABLE
O sobrepeso infantil é un problema de saúde latente na nosa sociedade e o seu seguimento é clave para que nenos e nenas teñan un futuro máis saudable. Na Fundación EROSKI desenvolvemos o Indicador dinámico das taxas de sobrepeso e obesidade infantil, unha ferramenta fi able para os centros escolares e para a sociedade.
Adía de hoxe, o indicador máis recoñecido para avaliar o sobrepeso e a obesidade infantil é o Estudo Aladino, promovido polo Ministerio de Consumo (Axencia Española de Seguridade Alimentaria, AESAN), que se levou a cabo no 2011, 2013, 2015 e 2019. Pero non existe unha ferramenta que achegue datos a nivel de centros escolares, poboacións e CC.AA. que se mantivera no tempo e que permita facer un seguimento deste grave problema de saúde pública.
O Indicador dinámico das taxas de sobrepeso e obesidade infantil da Fundación EROSKI contará con medicións anuais sobre a mesma poboación, polo que axudará a coñecer de xeito máis axustado
o alcance do problema que supoñen o sobrepeso e a obesidade infantil e a posibilidade de determinar a efectividade das medidas que se puxeron en marcha e o camiño que convén seguir en diante.
1.815 ESCOLARES
DE 25 CENTROS
Na primeira edición do Indicador da Fundación EROSKI participaron 1.815 escolares de Primaria, de 6 a 11 anos, de 25 centros educativos situados en nove comunidades autónomas (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa, Aragón, Cataluña e Illas Baleares). Para realizar a avaliación,
os profesores mediron e pesaron os nenos e nenas seguindo a metodoloxía utilizada no Estudo Nutricional da Poboación Española, ENPE, promovido pola Fundación EROSKI no 2014-2015. O informe sinala unha taxa global de sobrepeso do 22,31% e unha taxa global de obesidade do 8,76%, con puntuacións en xeral lixeiramente máis altas nos nenos ca nas nenas.
Na segunda edición do indicador, que se levará a cabo no segundo semestre do 2022, preténdese estender o alcance a todas as CC.AA.
COMO FUNCIONA O INDICADOR?
Oindicador atópase integrado dentro do Programa Educativo da Fundación EROSKI para Escolares de Primaria, o que facilita a participación dos centros educativos.
Permítelles aos centros escolares tomar conciencia do problema e contar cunha ferramenta de seguimento para coñeceren a súa situación de partida e comprobar a efectividade das boas prácticas postas en marcha para mellorar os hábitos saudables dos seus alumnos.
1REALIZACIÓN DE MEDICIÓNS
A obtención de datos faise a partir de medicións de peso, altura e diámetro da cadeira dos escolares de Primaria, levadas a cabo polos seus profesores segundo unha metodoloxía estándar desenvolvida por expertos e utilizada para o Estudo ENPE no 2015.
2TOTAL PRIVACIDADE
As medicións son anónimas. Os profesores fánnolas chegar a través das fichas que poñemos á súa disposición na zona privada da web
da Escola de Alimentación: www. escueladealimentacion.es.
3ANÁLISE
A partir das medicións calculamos dous índices, ambos os dous utilizados en estudos poboacionais de recoñecido prestixio.
O primeiro é o Índice de Masa Corporal (IMC), o indicador máis comunmente utilizado para clasificar os individuos en catro categorías: baixo peso, peso normal, sobrepeso ou obesidade.
O segundo é o Índice de Cintura Talle (ICT), que achega información sobre o nivel de graxa acumulada no abdome. A obesidade a nivel abdominal é a máis relacionada con patoloxías cardiovasculares.
4
‘FEEDBACK’ AOS CENTROS
Cada centro recibe un informe cos resultados da análise das medicións do seu alumnado e unha comparativa cos máis dos centros participantes.
Ademais, engádense boas prácticas e recomendacións. Esta información pode axudar a
tomar conciencia da situación e a participar na posta en marcha de accións de mellora.
Queres saber máis sobre o indicador?
Os centros participantes recibirán información detallada para levaren a cabo as medicións ao alumnado. Trátase dun procedemento moi sinxelo e automatizado e conta co acompañamento da Fundación EROSKI en todo momento.
Eduardo Cifrián, responsable da Escola de Alimentación da Fundación EROSKI
este mes
Ñoquis de cabaza CON PESTO
6 PORCIÓNS / DIFICULTADE 1 / 40 MIN
PARA OS ÑOQUIS
500 g de cabaza
250 g de fariña
1 ovo
Sal e pementa negra
PARA O PESTO
40 g de alfábega
30 g de piñóns torrados
SABÍAS QUE?
Gnocchi (ñoquis) signifi ca bolos e responde á forma que se lle dá á pasta.
60 ml de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
40 g de queixo parmesano relado
Sal e pementa
PASO 1
Estonar, cortar e asar a cabaza no forno a 200 ºC. Así que arrefríe, triturala e mesturala coa fariña e mais o ovo ata obter unha masa homoxénea.
PASO 2
Esparexer a fariña na mesa e formar cilindros coa masa. Cortar os ñoquis e fervelos ata que floten.
PASO 3
Triturar todos os ingredientes do pesto xuntos ata obter unha salsa.
PASO 4
Servir os ñoquis co pesto e o queixo parmesano relado ao gusto.
COMENTARIO DIETÉTICO
ñoquis
unha pasta
fariña.
vaian
este mes
GERBLÉ BIO
Hamburguesa oriental
A base de cereais, 100% vexetal, bio e fonte de fibras.
Eco, lóxico
Eco no almorzo, no xantar e na cea. Eco na ducha e na limpeza. Eco decote e acotío. Máis de 2.000 produtos para faceres a túa compra eco completa.
Produtos refrixerados
Hamburguesa de queixo de cabra e mel
A base de cereais e bio.
Co auténtico sabor do queixo de cabra e coa dozura do mel.
Aceites e condimentosLegumes e sementes
VERITAS VERITAS
Aceite de coco virxe extra Aceite ecolóxico prensado en frío. Rico en graxas saudables. Ideal para cociñar.
Sementes de xirasol
Estas sementes ecolóxicas proporcionan unha grande achega enerxética e axudan a regular o colesterol.
EROSKI BIO
Tomate frito caseiro Elaborado en Navarra con aceite de oliva virxe extra e seguindo a receita tradicional.
Falafel
A base de tofu, 100% vexetal e bio. É fonte de proteínas e ten un alto contido en fibras.
a ló Ant
Quinoa real en gran De agricultura ecolóxica. Rica en proteínas, é ideal para ensaladas ou combinada con verduras.
Qi
Garavanzos Ecolóxicos e moi ricos en proteínas. Antes de cociñalos, ponos a remollo toda a noite.
Almorzos e merendas
BIO
Muesli
Receita a base de flocos de trigo, avea e trigo torrado con anaquiños de froitas e froitos secos (pasas, mazás, albaricoques, améndoas e abelás), de produción ecolóxica.
Marmelada de arando e frambuesa Elaborada respectando o medio natural, seguindo unha produción ecolóxica. Os arandos e frambuesas cultívanse con técnicas naturais e tradicionais e con fertilizantes orgánicos.
Chocolates
BIO
Chocolate negro 85%
Para os amantes do cacao puro. Toda a intensidade do mellor chocolate negro, coa garantía de que o cacao e o azucre proveñen da agricultura ecolóxica.
Bebida de avea con calcio Ecolóxica, sen conservantes nin saborizantes químicos. Tampouco contén azucres engadidos.
VERITAS
Flocos de 4 cereais integrais Enerxéticos, moi ricos en fibra e ecolóxicos. Ideais para favorecer o tránsito intestinal.
Flo F d int i En ric ec pa trá á
secos
EROSKI BIO
Mix Cru
Para petiscar, acompañar os teus pratos, utilizar en receitas ou preparar cremas, os froitos secos son unha opción saudable, ideal para toda a familia. Con todas as bondades dos froitos secos crus e o engadido de que proceden da agricultura ecolóxica.
Tortas de lentella vermella
• 150 g de lentellas vermellas
• Auga (entre 1 e 1 e ½ vasos)
• 45 g de fariña de garavanzo
• 1 culleriña de sal
• 2 dentes de allo
• 1 culleriña de comiño en po
• 1 culleriña de herbas provenzais
• ½ culleriña de lévedo
• Aceite de oliva virxe extra (AOVE)
Recheo:
• 250 g de champiñóns ou cogomelos
• 2 dentes de allo
• ½ ceboliña
• ½ culleriña de AOVE
• 40 g de crema de untar vegana
• 2 tomates
• 1 aguacate
• Sal e pementa
ELABORACIÓN. Poñer a remollo as lentellas a noite anterior.
Botar AOVE nunha tixola e saltear o allo e a ceboliña xunto cos champiñóns ou cogomelos cortados. Reservar.
Preparar as tortas triturando os ingredientes nun batedor de vaso procurando non botar toda a auga de vez, senón ila axustando ata acadar a textura dunha crema moi lixeira.
Engraxar unha tixola con polo menos 23 cm de base axudándonos dun papel de cociña impregnado en aceite. Así que estea quente, engadir un cullerón de masa e repartilo axiña por toda a superficie. Cando comecen a aparecer burbullas na superficie da masa, virar e cociñar un minuto. Sacar a un prato e reservar á calor.
Montar o wrap facendo un corte coma se fose o radio dunha circunferencia. Engadir unha cullerada do salteado, dobrar un cuarto da torta e untar o queixo crema vegano, dobrar outro cuarto e engadir o aguacate laminado e, por último, o tomate.
COMENTARIO DIETÉTICO
É recomendable consumir legumes de tres a cinco veces por semana, así que esta receita permítenos variar o seu consumo non só pola preparación como base das tortas senón pola infinidade de recheos que se nos poidan ocorrer.
Propiedades nutricionais. A clave deste prato estará no recheo. Neste caso é perfecto, ao ser a base de vexetais, que suman beneficios aos que achega o legume. Resulta unha receita moi completa, ao conter proteína, graxas saudables, hidratos, fibra e unha boa variedade e cantidade de vitaminas e minerais.
Sabías que? A lentella vermella non ten pel, o que a fai máis doada de dixerir, e que ao cociñar se desfai. Apta para dietas veganas.
Receitas que nunca fallan
beleza
Rituais de beleza para comezar o OUTONO
Esta
época do ano trae a canda si rutinas de beleza, saúde e estilo de vida propias. É o momento de recuperar bos hábitos e pautas saudables e tamén de rescatar hábitos de coidado e beleza que axuden a reparar a pel e mais o cabelo. Estes pódense presentar apagados, secos e febles por mor da acción do sol, da auga do mar, do cloro ou dun maior nivel de humidade e tamén pola tendencia a descoidarmos os nosos tratamentos cotiáns durante o verán.
EXTRA DE PROTECCIÓN, FORZA E NUTRICIÓN
REVLON
Magic Flash
Tratamento sen aclarado con 10 beneficios en 1, ideal para recuperares o teu cabelo logo do verán. Restaura e hidrata, acondiciona e desenreda, fortalece, controla o encrespado, protexe termicamente ata 180 ºC, achega brillo, axuda a previr as puntas abertas, protexe a cor, proporciona suavidade e mellora a manexabilidade. Apto para todo tipo de cabelo, pódese usar en cabelo húmido ou seco. Resultado instantáneo.
L’OREAL ELVIVE
Aceite extraordinario universal Este aceite consegue unha transformación inmediata para un pelo sublime, máis brillante e máis suave. Enriquecido con aceites de 6 flores preciosas, de textura lixeira e non graxa. Sen aclarado e apto para todo tipo de cabelos.
PANTENE PRO-V
Aceite con argán
Dálle ao teu cabelo unha nova vida con só unha pinga. O complexo de nutrientes Pro V con infusión de vitamina E unido ao aceite de argán nutren profundamente o cabelo, suavízano nun intre e realzan o seu brillo. Ten unha textura lixeira, non pegañenta, e non apelica.
GARNIER FRUCTIS
Xampú Adeus danos
Un xampú reparador, enriquecido con extracto de amla e keraphyll, que nutre, repara en profundidade e renova o pelo ata as puntas. Repara a superficie da fibra e enche as gretas causadas polas agresións externas.
Cabelo forte e san
Tras o verán, o normal é que o cabelo precise coidados para recuperar a súa forza, brillo e nutrición. Puntas abertas, aspecto áspero e quebradizo ou coiro cabeludo seco son problemas que adoitan xurdir na época estival e empeoran co outono. Utiliza un ritual capilar que proporcione forza, reparación e brillo para que o teu pelo recupere vitalidade e suavidade e engade un tratamento específico para un extra de coidado.
PREVIR A CAÍDA
PANTENE PRO-V
Xampú Crecemento con forza Combina o poder da ciencia Pro V coa biotina e o bambú. Axuda a reducir a caída do pelo debida á rotura. Sen aceites minerais e sen colorantes. O seu envase é 100% reciclable e contén un 25% de plástico reciclado.
RECUPERAR O CABELO DOS DANOS DO VERÁN
Máscara Adeus danos
Nutre, repara en profundidade e renova o pelo ata as puntas. Está máscara fortificante está enriquecida con extracto de amla e keraphyll.
SYOSS SALONPLEX
Xampú e acondicionador
A súa fórmula con flor de Sakura repara en profundidade o cabelo dende o seu interior e reduce significativamente a rotura do pelo, que loce san e forte como se viñese de saír do salón de peiteado.
GARNIER SKINACTIVE
Máscara Hydra Bomb Máscaras de tecido hidratante con ácido hialurónico para revitalizar a pel. Enriquecidas co equivalente a un frasco de sérum hidratante en cantidade.
R pRecupera a túa pel
A clave para alongar o teu bronceado está en manter a pel hidratada. Para iso, utiliza produtos con ingredientes reparadores e nutritivos, que potencien a luminosidade. Engádelle á túa rutina facial un plus aplicando unha máscara ou cápsulas concentradas. Amais de manter a túa pel hidratada, estarás a loitar contra o avellentamento prematuro.
OLAY
Collagen Peptide 24
Mellora a barreira hidratante da pel e consegue que estea forte e radiante en 14 días por mor da súa potente fórmula con péptidos de coláxeno que penetran ata 10 capas da superficie da pel para lograr unha pel máis suave e restaurada.
OLAY
Retinol 24
Esta crema de noite hidrata nun intre, suaviza e ilumina a pel e reduce as liñas de expresión en 14 noites. Ademais, grazas á súa fórmula innovadora, que inclúe niacinamida, consegue que espertes cunha pel radiante.
DIADERMINE
Cápsulas Flash Effect
Con Tecnoloxía LIFT+, estimulan a produción e reconstrúen a estrutura de coláxeno da pel. Resultados? Pel firme e lisa nun intre, redución dos signos de fatiga para un aspecto visiblemente revitalizado
tacto sedos
Segue utilizando un fotoprotector
Aínda que xa non te expoñas directamente ao sol, durante o outono o índice de radiación solar pode seguir a ser alto, polo que manter o uso dun protector solar é indispensable para previr o fotoavellentamento e acadar un ton regular.
BELLE&SUN
Fluído solar FPS 50 + Esta crema está especialmente indicada para a protección do rostro e do escote.
Pertence á liña Sensitive, é hipoalerxénica e non contén perfume.
Ao igual ca os outros produtos belle, as cremas solares están formuladas sen parabenos e dermatoloxicamente testadas
A gama de solares de uso facial de belle&SUN está especialmente formulada para a pel do rostro. Prevén a aparición de engurras e manchas e é oil free.
BB SUN
Crema con cor especialmente indicada para peles claras sensibles ao sol. Contén unha seleccionada asociación de pigmentos, que unifica o ton, esvae imperfeccións e aumenta a luminosidade, contribuíndo a neutralizar as olleiras e a disimular o arrubiamento das peles sensibles.
Xel transparente
FPS 50
A familia belle&SUN conta con diferentes texturas, coma este xel solar transparente de rápida absorción, que deixa na pel unha sensación aveludada.
Apoiamos as mulleres con cancro
Ocancro de mama é o tumor máis común entre as mulleres.
Cando se diagnostica e se menciona a palabra “cancro”, ninguén está preparado. Ao tratamento da enfermidade súmaselle o medo, o descoñecemento e as dúbidas. Por iso, apoiar as mulleres que o padecen e as súas familias facilitándolles a súa vida cotiá, ofrecéndolles recursos e orientación e impulsando a investigación, tamén é lidar contra o cancro.
Detéctanse uns 34.000 novos casos ao ano. Na actualidade, o índice de supervivencia aumentou considerablemente por mor dos avances médicos e científicos e pola maior concienciación da poboación
sobre a importancia da prevención e o diagnóstico precoz, pero aínda queda un longo camiño que percorrer e as mulleres con cancro e as súas familias precisan todo o apoio que lles poidamos dar.
A través de entidades como a Asociación Española contra o Cancro ou a Asociación Navarra de Cancro de Mama (SARAY) axudaremos as mulleres que padecen esta enfermidade colaborando con programas de apoio psicolóxico, terapéutico e con acceso a outros recursos.
Solidariedade Cancro de mama
Solidaridad Cáncer de mama
Agora podes axudar as mulleres con cancro colaborando con diversas asociacións con tan só doar uns céntimos ao pagares con tarxeta nas nosas tendas.
Máis vantaxes por
MÁIS AFORRO EN FAMILIA Promocións e agasallos para todos os socios
ser soc
Achégate á túa tenda EROSKI e poderás levar unha morea de agasallos de Marvel para gozares da volta ao cole, ao traballo ou o que ti prefi ras.
Dende tres modelos de cuncas coas que acompañar os teus almorzos ata unha gran variedade de produtos para
gozar aínda máis das túas comidas e merendas como botellas, friameiras, un set de froitas, etc. Ademais, poderás conseguir catro peluxes dos personaxes máis icónicos de Marvel en exclusiva para ti.
Só por seres socio EROSKI club, achégate ao teu centro máis próximo, onde poderás
atopar ata 11 agasallos diferentes. Escolle o que máis che guste e, ao pasares por caixa, identifícate como socio para o levares por só 599 Puntos Travel Club ou a un prezo especial cada unidade (1)
Colecciónaos todos e goza dun momento de película cos teus amigos de
Máis vantaxes por
Por seres do club, consegue gratis un produto EROSKI ECO-BIO
Este
mes, regalámosche un produto EROSKI
un produto EROSKI
ECO-BIO. Para conseguilo, activa o teu vale na app EROSKI. Se non a tes, descárgaa e obterás o teu agasallo ao instante!
. Para conseguilo, activa o teu vale EROSKI. Se non a tes, e agasallo ao instante!
ecibido o pasar SKI máis a recoller o teu BIO (1)
Unha vez recibido o vale, podes pasar polo teu EROSKI máis próximo a recoller o teu produto ECO-BIO teu E ROSKI. a non a tes, aa aquí
Activa o teu vale gratis na app EROSKI. Se aínda non a tes, descárgaa aquí
seres socio
Se es socio tes un regalo por 499 puntos
Escollemos
tres magníficos regalos sostibles do Catálogo Travel Club (1) , que contan cun aforro especial en puntos en exclusiva só para os socios EROSKI club. Podes levar o teu agasallo por só
499 puntos. Ademais, podes conseguir antes un dos regalos ao mercares os produtos sinalizados con Puntos Extra. Hai centos de produtos, que poderás atopar no teu folleto ou na tenda EROSKI.
O TEU AGASALLO por só puntos 499
Ademais, sorteamos 100 carros da compra
Este
mes sorteamos 100 carros de 100€. Non perdas a oportunidade de levares o teu!
COMO PODES PARTICIPAR?
PARTICIPA
Cada vez que merques 3 produtos
Hai máis de 800!
Xogando na app EROSKI
Ben doado! Participarás no sorteo por cada compra de tres produtos sinalizados como ‘Mellor Prezo’. Tamén podes participar a través do xogo da app EROSKI. Por cada 30€ de gasto poderás xogar e así obter unha participación (2)
Bolsa TuareyBolsa para alimentos Friameira Harxem Lévaos antes cos Puntos Extra en centos de produtos sinalizadosLANZAROTE Aforra e goza da illa diferente
A illa dos volcáns é un deses lugares que nos lembran que aínda é posible conducir sen atoamentos, fuxir do barullo e atopar espazos deliciosos onde non existen aglomeracións nin colas. E co reembolso do 5% da reserva, sumas euros na túa tarxeta para vindeiras compras.
Lanzarote sorprende polas súas paisaxes espectaculares, das que a máis característica é o contorno volcánico do Parque Nacional de Timanfaya, pura expresión do poder da natureza. Entre cráteres e campos de lava petrificada sentirédesvos coma auténticos astronautas.
Aos pés das Montañas de Fuego esténdese La Geria, unha paisaxe vitivinícola abraiante, onde os viñedos medran en buratos escavados na negra área volcánica. A zona é excelente para practicar sendeirismo, así que non esquezades meter na maleta uns tenis.
PRAIAS DE ENSOÑO E UNHA INXECCIÓN DE VITAMINA D
En Lanzarote agardan por nós praias de area branca, dourada e negra, pero tamén vilas mariñeiras e longos paseos a carón do océano. A temperatura media de 24 ºC garante un baño en calquera época do ano. Un solpor inesquecible nas calas de Papagayo, unha sesión de surf nas ondas de Famara ou un bautismo de mergullo en Puerto del Carmen son algunhas das propostas. Para unha desconexión total, nada mellor ca unha viaxe en barco á illa da Graciosa, un dos últimos lugares de Europa onde non existe o asfalto.
MERCADOS E FEIRAS PARA EXPLORAR
Gústache o produto local? Daquela encantaranche os mercados de Lanzarote. O máis famoso é o da Vila de Teguise, que ten lugar cada domingo. A antiga capital da illa, coas súas rúas empedradas e pazos coloniais, é, ademais, unha das vilas máis fermosas de España.
A singular beleza da paisaxe lanzaroteña sóuboa ver como ninguén o seu artista máis internacional, César Manrique. A súa obra mestra son se cadra os Jameos del Agua, un xardín de soño no interior dun antigo tubo volcánico. Pasear polas súas galerías é como viaxar ao interior da Terra.
A Casa-Museo do Campesiño, en San Bartolomé, foi a súa homenaxe ao esforzo dos homes e mulleres do campo, protagonistas
dunha rica tradición agrícola que regala saborosos alimentos e viños. Aquí podedes explorar esta gastronomía que sabe a mar e a terra mentres gozades da fermosa arquitectura tradicional de vilas brancas.
Tampouco perdades o Xardín de Cactos, en Guatiza, unha antiga canteira que Manrique converteu en fogar de case 5.000 cactos de todas as formas, tamaños e cores.
5
O PARAÍSO ESTÁ MOI PRETO
Con varios voos directos á semana dende a Península, será complicado atopar escusas para non ir a Lanzarote. Agora que vai chegando o frío, a quen non lle apetece volver gozar do sol e da praia?
APOIAMOS O PROXECTO
Intercambio de ARTES ESCÉNICAS no Camiño do Norte
Por segundo ano consecutivo, quixemos apoiar o proxecto de intercambio de artes escénicas Camiño Escena Norte 2022. Facémolo como patrocinador ofi cial para esta cuarta edición, reforzando así o noso compromiso cunha iniciativa que promove o intercambio cultural entre territorios.
Camiño Escena Norte (CEN) é un proxecto de intercambio cultural que toma o roteiro histórico dos Camiños de Santiago como referencia para unha intensa programación escénica.
Baixo o lema ‘Medran os sorrisos’, CEN 2022 contará ata o vindeiro 9 de outubro cunha programación especial na que van participar 15 compañías de teatro, danza e novo circo, que amosarán os seus espectáculos nas 38 sedes do proxecto. Ademais, esta cuarta edición
conta con importantes novidades. Entre elas, o récord de compañías participantes (un total de 15) no circuíto de representacións, no que destaca tamén a inclusión do territorio arabés (completando así a programación do País Vasco) e da Comunidade Foral de Navarra. Deste xeito, CEN amplía e espalla a súa presenza polo roteiro Xacobeo, que percorre o norte da Península Ibérica.
UNHA PROGRAMACIÓN VARIADA
Camiño Escena Norte é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco).
Estas uníronse na supraentidade Camiño Escena Norte AIE, creada especifi camente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto. O obxectivo é poñer en valor a diversidade cultural, lingüística e de formatos e linguaxes da produción escénica galega, asturiana, cántabra e vasca.