Prezos que namoran, receitas e moitas ideas para aforrares na casa e no súper
UN OUTONO DE AFORRO
Bailamos?
Outubro é un mes de recollemento, de pratos de culler, de verduras e froitas con cores intensas, como a cabaza, as granadas ou as castañas. En EROSKI, lonxe de te convidarmos a colleres a mantiña e quedares no sofá, propoñémosche bailar. Si, oíches ben. A melodía que vai soar este outono é a duns prezos tan baixos que farán mover os teus pés eles sós. Unha boa subida de aforro que non queremos que perdas.
Convidámoste a encher a túa neveira e despensa sumando aforro. Os pasos son ben sinxelos. Planifica a túa compra, pásate ao Batch cooking, organiza a túa despensa,
EDITOR
EROSKI S. COOP.
REALIZACIÓN EDICIÓN
para a visita ao súper e activa eus cupóns personalizados e s ten en conta as nosas ofertas, sen IVE e vantaxes. Opta én por alimentos de tempada marca EROSKI: temos .000 para todas as esidades,comoosnosos
prepara a visita ao súper e activa os teus cupóns personalizados e mais ten en conta as nosas ofertas, días sen IVE e vantaxes. Opta tamén por alimentos de tempada e da marca EROSKI: temos máis de 5.000 produtos para todas as necesidades, como os nosos novos pratos preparados. Receitas de sempre elaboradas por fabricantes recoñecidos que non te van deixar indiferente. E de volta á casa, continúa co noso baile coas receitas de aproveitamento que che propoñemos e cunha serie de consellos para aforrares na túa cociña e na túa despensa. Todo, neste número!
Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Valentín Beato, 44. 28037 Madrid
Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
Dende o comezo, en EROSKI cremos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar unha boa alimentación e un consumo máis responsable. Así o recollemos nos 10 compromisos pola saúde e a sustentabilidade que nos marcan o camiño a seguir.
Implicarnos coa seguridade alimentaria
2 5 4
Atender as necesidades nutricionais específicas dos clientes
Promover unha alimentación equilibrada
Previr a obesidade infantil
Neste número
Favorecer o consumo responsable
Ofrecer máis produtos locais
Neste número
Facilitar comer ben a bo prezo
Coidarnos como traballadores
Actuar con claridade e transparencia
Neste número
Impulsar un estilo de vida máis saudable
7 10 5
o último
BACALLAU EROSKI NATUR MSCSi ao peixe sostible e saudable
Obacallau é rico en proteínas, vitaminas e minerais e ten un baixo contido graxo. Ofrece, ademais, unha gran versatilidade na cociña, con ducias de receitas deliciosas. Agora en EROSKI poderás gozar de cada bocado sabendo que consomes un produto de calidade, sostible e saudable.
O novo bacallau EROSKI NATUR está no seu punto de sal. Capturouse nas xélidas augas do Mar de Noruega e no Atlántico Nordés e fileteouse e conxelouse decontado para manter a súa calidade intacta ata chegar ao teu prato. Ademais, conta co selo azul de MSC, que garante que realizaches unha elección positiva en apoio de pesqueiras ben xestionadas e sostibles.
LAZOS E PALMEIRIÑAS EROSKI
MÁIS CROCANTES CA NUNCA
Crocantes e sen aceite de palma. Os novos lazos e palmeiriñas EROSKI elaboráronse con ingredientes coidadosamente seleccionados. Contan cun novo follado de gran calidade, que se elabora con longos repousos, o que permite acadar unha textura excepcional.
SALCHICHAS AO ESTILO ALEMÁN EROSKI VEGGIE
VEGANAS E COAS MESMAS PROTEÍNAS
A nova salchicha vegana estilo Bockwurst deixarate abraiado polo seu sabor e textura. Os seus ingredientes contan con certificado Vegan Label e os máis deles son ecolóxicos, o que lle achega non só maior calidade ao produto senón un plus de sustentabilidade ao consumidor. Alta en proteínas e fonte de fibra, poderalas cociñar ata na grella. Queda perfecta cun acompañamento de verduras de tempada.
NOVA PASTA CON COGOMELOS
Un prato sabedor e san en 11 minutos
Cando probes a pasta con cogomelos da nova gama de Trevijano non vas crer que non leva aditivos na súa composición. Todo o sabor débese ás mellores verduras e especias deshidratadas: cebola, champiñón, boletos, cabaza, alfábega, allo...
Cociña esta receita con leite, caldo de verduras ou auga e en só 11 minutos gozarás dun
CAIXIÑAS DE LARPEIRADAS
fala Trevijano para fala Vidal para
Un Samaín terrorificamente doce
Divertidas e rechamantes caixiñas cheas das larpeiradas máis terroríficas inspiradas na noite máis arrepiante do ano. Conteñen bolsiñas cunha variedade de larpeiradas sen glute. Son caramelos de goma con características e rechamantes formas relacionadas co Samaín: cabazas, morcegos, dentaduras, miolos, ósos e caveiras.
CABAZAS, CAVEIRAS OU VAMPIROS?
Os seus tres deseños diferentes de cabaza, caveira ou vampiro converterán a noite do 31 de outubro na máis divertida do ano para os máis cativos da casa.
fala Dove para
Dove apoia a beleza real
+ca un like +ca un corpo +ca unha rede social
Aexposición constante a imaxes pouco reais de beleza en plataformas dixitais está a xerar preocupantes problemas de saúde mental na xente nova.
Dende Dove axudan os mozos a fortalecer a súa autoestima e a aumentar a confianza neles mesmos co ‘Proxecto Autoestima’, que conta con recursos gratuítos dirixidos á xente nova, a pais e a profesores.
Ata o 31 de outubro, pola compra de dous produtos Dove, participas no sorteo de dúas entradas para o evento de ‘Mentes Expertas’ que elixas co teu relator favorito.
Promoción válida do 16/08 ao 31/10 pola compra de calquera produto Dove en establecementos adheridos. Para máis información consulta o material promocional e as bases legais en https://eresmas-dove.es
O teu tratamento para pelo crecho e ondulado
Lanzamos toda unha gama de produtos para a rutina e coidado dos cabelos crechos ou ondulados para tirar o máximo partido do teu pelo, xa que cobre todas as necesidades de hidratación e nutrición para uns rizos suaves e definidos.
A nova gama belle be curly foi formulada para coidar o cabelo rizado
Sen siliconas, sulfatos nin aceites minerais, coidará os teus rizos de xeito natural, evitando o encrespamento. Tolerancia testada baixo control dermatolóxico.
Fórmula profesional.
Con ingredientes naturais: manteiga de karité, proteínas de seda e extractos naturais.
SUBIDÓN DE AFORRO
Este outono sigue a sumar aforro. Unha boa subida que en EROSKI non queremos que perdas. Por iso, convidámoste a bailar mentres enches a túa neveira e a túa despensa con produtos aos mellores prezos, ofertas, vales de desconto e numerosas vantaxes á hora de faceres a compra.
Dende marzo xa dispós dunha cesta con todo o que cómpre para unha alimentación completa,
equilibrada e coa que podes aforrar. Ese primeiro paso foi o comezo dun baile que queremos que continúe.
Por iso, este mes atoparás produtos con baixadas de prezo que te namorarán, amais de ofertas en produtos locais, outras promocións e todas as vantaxes personalizadas por seres socio de EROSKI club. Mercar a prezos irresistibles é só unha ‘pata’ máis na nosa proposta para sumar aforro no teu fogar.
TMáis de 1.000 produtos do mercado
BAIXAMOS OS PREZOS*
Unha boa subida de aforro con baixadas de prezo en centos de produtos.
*Non válido en supermercados e hipermercados EROSKI de Galicia e León, nin en autoservizos Familia de Galicia, León e Palencia.
Vantaxes
VALES DESCONTO
Activa os teus vales e goza de ofertas personalizadas nos teus produtos favoritos.
Suma Suma Af rro l cal
AFORRA CON PRODUTOS LOCAIS
Descubre as máis de 5.700 ofertas en produtos locais. É bo que sexa de aquí!
4% MÁIS POR SERES OURO En todas as túas compras por só 4,99 euros ao mes.
4% Aforra o a
A CESTA QUE NAMORA
PMáis de 1.000 produtos cos que aforrarás tanto que acabarás namorado.
q morado.
DESCONTOS E OFERTAS
Este mes goza dos produtos 2 x 1 e de moitas ofertas máis.
PLAN
FAMILIAS 0·12
Devolvémosche o 2% en todo o que merques. Anímate, é gratis! DTO. 2%
Se es socio EROSKI, mira os teus aforros do mes
SABORES de outono
A horta do outono trae ás nosas tendas as cores ocres e avermelladas de marmelos, granadas, cabazas e castañas. Froitas e hortalizas perfectas para saborearmos esta estación nunha morea de receitas.
CARMEN CUÑAC
Responsable de froita no Equipo de transformacións da Rexión de Aragón
Ao traballares nunha sección tan estacional como a froitería, os meses van ligados á terra. Decátaste de que comezou o outono pola chegada de verduras e hortalizas con cores ocres e alaranxadas. As cabazas, cenorias, boniatos e castañas fan que apeteza meterse na cociña a preparar cremas e sopas. Tamén é o momento dunha das miñas froitas preferidas: as granadas, que atoparás nas nosas tendas coa marca EROSKI Natur, baixo a DOP Mollar de Elche. É un tempo doce, con marmelos, chirimoias e caquis. E aínda seguen a chegar os derradeiros pexegos, tomates, pementos, fi gos, cabaciñas, berenxenas... En defi nitiva, unha boa variedade de sabores e texturas para os teus pratos.
A lume LENTO
Ooutono é tempo de recollemento e dun estilo de cociña máis lento e suave. Estufados, guisos e elaboracións a lume manso. As recompensas pola paciencia son grandes: máis saúde, máis aforro e maior benestar. Saca a culler!
PRATO ÚNICO
Engádelle arroz integral a unha deliciosa sopa de brócoli e aposta polo amplo abano de potaxes da nosa gastronomía. Garavanzos con espinacas e bacallau, fabes asturianas, cocido montañés, lentellas á rioxana, patacas con carne... Todo un catálogo de receitas saudables, equilibradas e baratas que atoparás na nosa web: www.eroski.es/inspirate/recetas/
1 Sofrito conxelado
A base dun bo pucheiro sempre é un rustrido de verduras.
2 Tomate caseiro Incorpora nos teus guisos o noso tomate, elaborado con verduras da horta navarra.
PUCHEIROS
Co mellor da nosa horta
Se incorporas á túa dieta máis verduras e froitas comerás máis san. Elixe os produtos de tempada, que atoparás en EROSKI ao mellor prezo. Ademais, colleitáronse no seu punto óptimo de maduración e cultívanse preto de ti. E se o teu é o BIO ou as orixes máis selectas, tamén tes solucións nas nosas tendas.
Pataca EROSKI Natur
Cabaza EROSKI
Berenxena, brócoli e cabaciña EROSKI BIO
3 Caldo de polo Engade un plus de sabor cos nosos caldos de polo, carne,
receitas deseñadas por
Crema de baza e cogomelos de tempada
1 h4
• 800 g de cabaza
• 200 g de cogomelos de tempada
• 30 ml de AOVE
• 400 g de pataca
• 300 g de porro
• 300 g de cebola
• Sal e pementa
Para o acompañamento
• 250 g de cogomelos de tempada
• 150 ml de AOVE
• Sal e pementa
Pelar e cortar a cebola á xuliana. Limpar e torar o porro en rodas. Cortar a cabaza en dados e pelar e cortar a pataca tamén en dados. Limpar os cogomelos.
Poñer aceite de oliva nun cazo e subir o lume. Así que estea quente, engadir a cebola e o porro e remover.
Cociñar durante 10 minutos, ata que se comece a rustrir. Engadir os dados de cabaza e pataca e remover. Finalmente, engadir os cogomelos de tempada.
Agregar un chisco de sal e pementa e cubrir con auga. Subir o lume, e cando bote a ferver, baixalo e cocer todo durante 20 minutos a lume medio.
Triturar todos os ingredientes.
Para elaborar os cogomelos, dividirémolos en tres partes. Cunha mancheíña deles faremos láminas finas e fritímolas en aceite moi quente ata que se douren por completo. Sacámolos a un recipiente e secámolos cun papel secante para quitar o exceso de aceite.
1,64 €
POR RACIÓN
Saltear outra das partes cun pouco de aceite de oliva, sal e pementa. Cortar a terceira parte á xuliana fina.
Empratar a crema de cabaza e cogomelos e decorar o prato cos cogomelos en diferentes texturas.
QUE CHE ACHEGA?
Un prato de moi boa calidade nutricional no que predominan os hidratos de carbono e a fibra. Contén, en menor medida, graxa saudable e algo de proteína vexetal.
TIP SAUDABLE
Para aproveitares mellor o contido nutricional recoméndase triturar as verduras con batedor para non desbotar a fibra e usar a auga xusta para a cocción e que non queden minerais disoltos na auga sobrante.
Apta para dietas veganas.
este mes
As estrelas do PUCHEIRO LEGUMES
Son auténticas pílulas de nutrientes, as estrelas do pucheiro e da comida máis caseira. Cada cullerada de legumes contén proteínas de orixe vexetal, hidratos de carbono e fibra. E, pola súa versatilidade, amais de potaxes podes preparar unha morea de elaboracións como ensaladas, hamburguesas, salteados, croquetas,
tortillas, pasteis, cremas, wraps ou tostas. Pódese pedir máis?
Descubre en EROSKI unha ampla gama de opcións en función das túas necesidades. Pódelos cocer ou utilizar os nosos legumes en conserva. Combinados con cereais, como arroz ou pasta, acadarás un prato cun nivel proteico moi completo.
EROSKI BASIC Lentellas categoría extra Garavanzos cocidos categoría extra Garavanzos
EROSKI BIO
Garavanzos cocidos Lentellas cocidas Fabas vermellas cocidas
EROSKI SELEQTIA
Garavanzo castelán cocido
Lentella cocida Tierra de Campos IXP
Lentella Tierra de Campos IXP
POR XUNTO
A alternativa para unha compra máis sostible Reduce o uso de envases de plástico coa compra de produtos por xunto e leva xusto a cantidade que precisas. En EROSKI atoparás unha ampla gama, que inclúe legumes locais con selos de garantía de orixe e calidade. Búscaos na túa tenda máis próxima, na sección de froitas e hortalizas.
DÁLLE TEMPO AO BO PUCHEIRO
Antes de poñer en remollo, lava os legumes. Logo, mergúllaos en auga fría co triplo de líquido ca de legume.
Lentellas: 2-4 horas
Fabas: 4-8 horas
Garavanzos: 8 horas
QUECER E LISTO
Se non tes tempo e queres gozar dun delicioso prato de culler, en EROSKI atoparás receitas xa preparadas, listas para quecer e comer.
As lentellas e fabas póñense en auga fría e cómpre deixalas ferver a lume vivo ata que saia a escuma, que retiraremos. Os garavanzos sempre hai que cocelos en auga quente. Se botas o sal ao final, a pel estará máis tenra.
NA POTA
Lentellas: 60-75 minutos
Fabas: 60-90 minutos (brancas) e 60-120 minutos (vermellas)
Garavanzos: 60-120 minutos
NA POTA A PRESIÓN
Lentellas: 20-25 minutos
Fabas: 20-30 minutos (brancas) e 20-40 minutos (vermellas)
Garavanzos: 20 minutos
Versátiles, saudables e deliciosos
Hai poucos produtos que ofrezan tantas posibilidades como os legumes para triunfares na mesa e alimentares a túa familia con xeito. En ensalada, salteados, na súa versión tradicional de culler, en albóndegas, hummus, purés, tortillas e ata en pastas e pasteis. En EROSKI tes para elixir, coas mellores marcas e selos de calidade e orixe.
GVTARRA
Garavanzos dun calibre especial, de maior grosor (entre 10-12 mm), que destacan pola súa tenrura e sabor. Cócense en auga de baixa dureza ata acadaren o punto de tenrura que identifica o produto. Ideais para a elaboración de deliciosos guisos en calquera das súas manifestacións.
PEDRO LUIS
A coidadosa selección da materia prima, o esmero na súa elaboración e unha cocción en auga branda fan que estes legumes conserven todas as súas propiedades e o seu sabor natural. Durante toda a súa elaboración non se engade tipo ningún de aditivo nin de substancia artificial, o que fai que manteñan todas as súas calidades intactas.
LUENGO
LUE
Faba branca
Faba pinta
Bran recta se v faba tan t guis
Branca, brillante, alongada e recta. É a variedade que máis se ve decote ao se cociñaren fabas brancas. Tan suave e tan tenra que queda ideal en guisos e en ensaladas.
Lentella pardina
Chámase así por ser escura e de menor tamaño ca outras lentellas. Ten unha pel moi suave e non se desfai ao cociñala.
Faba branca cocida
Xa é posible gozar dun bo guiso ou dunha nutritiva ensalada a base de legumes aínda que se dispoña só duns minutos.
Polas súas ‘pintas’ coñecerédelas. Esta faba mediana, rosada e moteada vírase escura ao guisala. Ten un sabor característico e ao cocela mantense enteira, sen romper, facendo un caldo escuro e espeso.
Faba granxa cocida
Pódense consumir de mil xeitos.
Triunfan como primeiro prato ou como gornición e pódense preparar nun intre: abrir, aderezar e servir!
Garavanzo cocido
Teñen un lugar de honra na lista de alimentos prácticos. Son sans e saborosos, están cheos de fibra e de sabor e resólvenche un primeiro prato ou unha gornición nun momento.
Garavanzo pedrosillano
Pequeno e redondiño, ten unha pel fina que non se desprende ao cocer. Por iso, ten unha pinta incrible en calquera receita, quente ou fría.
no ten se Por ible ita, ría.
d
Faba vermella cocida
dina ser enor tras sfai ala mo bas sas
a , n ri e f da
De intensa cor, inconfundibles mesmo xa cocidas, estas fabas son tan ricas e vistosas que leva menos tempo preparalas ca decidirse por unha receita.
Lentella cocida
As mellores amigas dos padais finos e das axendas ocupadas: ricas e suaves, resolven en minutos un primeiro prato quente, unha ensalada ou unha gornición. Para térmolas sempre á man.
Garavanzo cocido baixo en sal
Unha descuberta para os que precisan unha dieta con menos sodio: prácticos, saborosos, nutritivos e, ademais, baixos en sal. E é que se poden preparar moi, moi rápido, para comer con toda tranquilidade.
este
mes
Fabas pintas con verduras especiadas
3 h (12 h de remollo) 4
• 400 g de fabas pintas
• 3 culleradas de AOVE
• 3 dentes de allo
• 1 folla de loureiro
• Auga fría
• 1 ceboliña
• 1 cenoria en rodas
• 4 tomates relados
• 1 pemento verde
• ¼ de culleriña de caiena moída
• 1 de culleriña de pemento doce
• 1 culleriña de comiño
• Perexil e coandro
• Sal
• Pementa negra fresca
Poñer as fabas en remollo durante unha noite en auga fría. Ao día seguinte, escorrelas e poñelas nunha pota cunha cullerada de AOVE e dous dentes de allo con pel, deixar sofritir un pouco e cubrir con auga fría.
Deixar cocer as fabas entre 2 e 2 horas e media, asustándoas -engadindo un pouco de auga fría na pota- tres veces cando comece o fervor.
Así que estean cocidas, separar por un lado as fabas e por outro o caldo. Reservar.
Nunha pota poñer dúas culleradas de AOVE e rustrir a ceboliña picada en brunoise, un dente de allo, a cenoria e o pemento verde en dados durante uns 5 minutos. Engadir o tomate relado e as especias e deixar cociñar outros 5 minutos.
Incorporar as fabas e 1 vaso do caldo de cocción e deixar cociñar entre 5 e 10 minutos a lume suave co tello posto para que os sabores se impregnen.
Esparexer o coandro e o perexil picado e servir.
TIP SAUDABLE
As especias teñen boas propiedades nutricionais, dan sabor e permiten diminuír o uso de sal.
NUTRI-SCORE
A B D E C
A
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
0,99 € POR RACIÓN
Polo con salsa de cervexa, mel e mostaza
30’ 4
• 400 g de coxas de polo
• 20 ml de AOVE
• 4 dentes de allo
• 5 chalotas
• 1 cervexa loura
• 2 culleradas de mel
• 1 culleriña de mostaza
• 30 ml de salsa de soia
• Auga
• 200 g de patacas de gornición
• 1 g de pementa
• Perexil fresco e limón
Dourar as coxas, primeiro pola parte da pel e despois polo outro lado, nunha pota cun pouco de aceite e reservar.
Nese mesmo aceite, refogar os allos enteiros e as chalotas peladas e cortadas pola metade ata torralas. Colocar de novo o polo na pota, esta vez coa pel cara a arriba. Engadir a cervexa e deixar reducir ata a metade.
Incorporar tamén o mel, a mostaza, a salsa de soia e a pementa. Remover ben e cubrir ata a metade cun pouco de auga. Ferver durante 10-15 minutos ou ata que o polo estea no seu punto.
Mentres, cociñar as patacas enteiras e limpas no microondas cubertas con filme durante 5 minutos á máxima potencia. Cando estean cociñadas, cortalas pola metade e engadilas ao guiso.
0,92 €
Acabar de cociñar o tempo restante e servir cunhas rodas de limón e perexil fresco picado.
SABÍAS QUE...?
Unha das diferenzas entre as carnes de ave e as vermellas é que as primeiras teñen, en xeral, menos graxas. Ademais, estas téñena máis localizada debaixo da pel, así que resulta doado quitala.
TIP SAUDABLE
Lembra que o alcohol non se evapora de todo ao se cociñar, así que, se a receita a van comer menores ou embarazadas, mellor usar cervexa sen alcohol.
UNHA RACIÓN CONTÉN:
Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
AFORRA coa marca EROSKI
Se queres aforrar nas túas compras no supermercado, proba as nosas marcas propias. Coñéceas e descubre cales son os produtos favoritos.
Aforra cos milleiros de produtos da marca EROSKI que vas atopar nas nosas tendas coa mellor relación calidade-prezo garantida. Temos unha
liña para cada unha das túas necesidades. Produtos ecolóxicos EROSKI BIO ou ECO; o mellor sabor gourmet, con EROSKI SELEQTIA; unha coidada selección de produtos frescos
máis responsables se compras EROSKI NATUR; belle para todas as túas necesidades de hixiene, coidado persoal e beleza e, por suposto, todas as solucións ao mellor prezo da marca EROSKI.
+ 2.490 PRODUTOS para todo o que precisas coa mellor relación calidade-prezo garantida. Tamén, produtos EROSKI VEGGIE e EROSKI Sen Glute.
Papel hixiénico suave dobre rolo Bebida de avea
Atún claro en aceite de oliva
TAMÉN...
EROSKISEN GLUTE
Pan de molde
+220 PRODUTOS esenciais da cesta da compra. Ofrecen o máximo aforro sen renunciarmos ao noso compromiso de calidade.
Tomate frito
Beicon cocido e afumado Galleta dourada redonda
VEGGIE
EROSKI VEGGIE
Risotto de espinacas e champiñóns
+ 455 PRODUTOS frescos seleccionados polo seu sabor e características organolépticas e mais pola súa orixe, variedade ou raza. Son produtos responsables co contorno, que garanten un proceso sostible dende a súa orixe ata a tenda.
Baguette Filete de peituga corte extrafino Plátano de Canarias
105 PRODUTOS que respectan o noso contorno, son naturais e sostibles. Prodúcense e fabrícanse baixo estritos controis que garanten a súa calidade, o respecto ao medio natural e o benestar animal, avalado por certificados recoñecidos e independentes. Galleta de espelta
Tomate frito
caseiro
Corn flakes
210 EXQUISITECES elaboradas con ingredientes de orixes recoñecidas, producidas seguindo métodos artesanais, receitas tradicionais ou de alta cociña. Avaladas polo Basque Culinary Center.
+ 400 PRODUTOS clinicamente testados e formulados baseándose nunha estrita política de calidade, que incorporan ingredientes punteiros seguindo as últimas tendencias coa mellor relación calidade-prezo. Máis de 80% dos produtos cosméticos belle e EROSKI son aptos para persoas veganas.
Vaselina labial con manteiga de karité Sérum con ácido hialurónico e vitamina C Xampú Ouro Máxico
este mes
Novos pratos EROSKI
ratosEROSKI
PREPARADOS, LISTOS, ÑAM!
Os novos pratos preparados EROSKI propóñenche sentar á mesa e gozar da comida de sempre. Receitas tradicionais, elaboradas con produtos de primeira calidade, e que terás listas entre só dous e catro minutos no microondas.
Para manteres unha dieta variada sen escusas, descubre a nosa nova liña de 13 receitas. Son pratos frescos, como feitos na casa, que se conservan refrixerados e que foron elaborados para EROSKI por dous líderes do mercado, Bo de debò e Casa Mas.
CROQUETAS CON XAMÓN
Recheas do mellor xamón ibérico son perfectas como tapa, entrante ou prato principal.
TALLARÍNS CARBONARA
Ao punto de cocción, acompáñanse cunha salsa carbonara elaborada con queixo parmesano Grana Padano e saboroso beicon curado.
MACARRÓNS BOLOÑESA
Pasta á que se engade un saboroso rustrido de tomate e carne. Unha receita que seguro que lles vai encantar aos cativos da casa.
LASAÑA DE CARNE
Rechea a base de asado de carne de becerro e porco, tomate, verduras frescas e especias. Está elaborada con placas de pasta da mellor calidade e recuberta de queixo emmental.
ALBÓNDEGAS GUISADAS
Acompañadas
dunha exquisita salsa concentrada e unha suave picada de améndoas, abelás, allo e perexil, estas albóndegas manteñen o seu sabor caseiro.
PASTEL DE ATÚN
Delicioso pastel frío recuberto de ovo duro relado. O entrante fresco perfecto para calquera época do ano.
PAELLA DE MARISCO
Elaborada con arroz bomba, mariscos e caldo de peixe. Para calquera comida do día.
LIBRIÑOS DE LOMBO RECHEOS DE XAMÓN E QUEIXO
Crocantes e saborosos están recheos de rico xamón e de cremoso queixo. Sempre apetecibles e bos de acompañar con pasta, ensalada ou verduras.
ENSALADA RUSA
Ensalada lixeira e suave, nada compacta, que foi elaborada de xeito tradicional. Perfecta como tapa acompañada con paus de pan.
este mes
Pisto manchego con ovo
30’ 4
• 1 cebola
• 1 pemento verde
• 1 pemento vermello
• 1 cabaciña
• 1 dente de allo
• 400 g de tomate triturado
• 2 culleradas de AOVE
• Sal e pementa fresca
• 4 ovos (opcional)
Cortar a cebola e os pementos en cadradiños pequenos irregulares e a cabaciña en anacos irregulares máis grosos. Picar tamén o allo.
Nunha tixola de fondo groso engadir 1-2 culleradas de AOVE e cociñar a cebola ata que estea transparente. Engadir o allo e os pementos e douralos.
Agregar a cabaciña e deixar cociñar a lume medio ata que amoleza. Engadir o tomate triturado e deixar cociñar ata que se evapore o líquido e o pisto adquira unha consistencia máis grosa. Poñer ao punto de sal.
De engadirmos ovo, cociñalo á prancha ou frito e poñelo no centro do prato de pisto.
QUE CHE ACHEGA?
É unha receita moi completa e de alta calidade nutricional. Achega algo de hidratos de carbono e fibra, amais da proteína e da graxa do ovo. Tamén, unha boa cantidade e variedade de vitaminas e minerais, como a vitamina C que conteñen os pementos, sobre todo o vermello.
Apta para dietas ovovexetarianas.
0,54 € POR RACIÓN
ublime, saudable e económico. Falamos do ovo, un dos alimentos máis nutritivos e versátiles da gastronomía. Esta fonte de proteína de alta calidade -que se atopa principalmente na clara- é, ademais, unha das máis económicas. Un só ovo achégache proteína e nutrientes tan esenciais como as vitaminas A, B, D e E, calcio, selenio e iodo. E todo iso por tan só uns 20 céntimos!
OS NÚMEROS E
LETRAS DO OVO
Indica o tipo de produción
3-Ovo convencional
2-Ovo libre de gaiola
1-Ovo campeiro
0-Ovo ecolóxico
Indica o país de orixe (ES-España)
Indica o código da provincia
Concello no que está a granxa
Número de identificación da granxa
TRUCO PARA a tortilla perfecta
Engádelle un chorriño de leite aos ovos unha vez batidos, sen escumar demasiado. Quenta a tixola a lume alto e agrega manteiga ou, no seu defecto, aceite de oliva. Así que colla calor, engade a mestura de ovo e leite, baixando a potencia do lume a media ou baixa intensidade. Calla a tortilla sen deixar de remover e enrólaa sobre si mesma.
COÑECES
A
MAIONESA DE OVO?
Un ingrediente único S
Con menos calorías e máis económica, nunca se corta e evita a salmonela.
INGREDIENTES:
2 ovos cocidos, 4 culleradas de aceite de oliva virxe extra, 2 culleradas de auga, 1 cullerada de vinagre e un chisco de sal. Bater e lista para degustar!
Só
76
calorías, igual ca unha peza de froita
SABOR responsable
Na túa tenda máis próxima atoparás ovos campeiros EROSKI Natur recollidos e envasados o mesmo día da súa posta por galiñas criadas en granxas, nas que se poden mover ceibas e saír ao exterior. Un método que ofrece ovos de gran calidade e que respecta o benestar das galiñas. Se o teu é o eco, busca o selo EROSKI Natur BIO.
Organiza e aforra
1
PLANIFICA O MENÚ SEMANAL
Toma como guía a pirámide nutricional e alterna alimentos de consumo cotián, semanal e ocasional. O noso Plan San, Sabedor e Barato ofrece menús preparados para dúas semanas con pratos con NutriScore A e B a só un euro por comida. Comeza a aforrar xa!
PÁSATE AO ‘BATCH COOKING’
Quéreste esquecer do “e logo hoxe... que comemos”? Pásate ao batch cooking! Este xeito de cociñar facilita a organización para teres listos os pratos de toda a semana.
Para creares estas receitas inclúe polo menos dous tipos de verduras, cereais e proteínas
Ten en conta:
Mantén na neveira o que se vaia consumir nos tres días seguintes; o resto, ao conxelador.
Conxela unha comida por recipiente para evitar desconxelar máis cantidade da necesaria. Lembra sacalo o día anterior e desconxelalo na neveira.
Cunha boa planificación é posible aforrar e levar unha alimentación rica e saudable para toda a familia.
ORGANIZA A TÚA DESPENSA
Os alimentos básicos, doados de conservar e rápidos de preparar sálvante nos días nos que non tes tempo. Mimando a despensa, as túas receitas, a túa alimentación e mais o teu peto sairán gañando.
Na cesta que namora Ten sempre á man:
Conservas de peixe, legumes e vexetais e que non che falten leite ou olivas.
Lentellas e olivas recheas de anchoa EROSKI basic e alcachofas e atún en aceite de oliva EROSKI
Verduras, hortalizas e peixe conxelado. Pescada conxelada EROSKI basic e minestra de verduras EROSKI
Prepara a túa visita AO SÚPER
Fai unha lista da compra cos produtos que precisas para elaborar o menú semanal de toda a familia. Aforrarás tempo e diñeiro e estragarás menos comida.
Na app de EROSKI tes a opción de crear listas da compra no teu móbil e, se queres, pódelas compartir con amigos e familiares. Agrega os teus produtos habituais, escanéaos coa cámara ou engádeos por voz.
Descubre o receitario con 20 propostas por menos de 1 € a ración.
RECEITAS sen refugallo
Aforrar tamén pasa por evitar guindar comida. Comeza cunha boa xestión da compra, organiza a túa neveira e a túa despensa e dálles unha segunda vida aos alimentos. Velaquí as claves para aproveitares as sobras doutros pratos con receitas ricas e sorprendentes.
CREMAS DE VERDURAS
Aproveita esas hortalizas que quedaron na neveira para faceres cremas e conxela para dispores delas en calquera momento. Proba a preparar unha deliciosa crema con cabaza, porros e unha pataca.
Tip: faina gourmet engadindo como gornición cogomelos e queixo manchego de ovella curado.
COMPOTAS E ‘SMOOTHIES’ Ideais para aproveitar mazás, peras ou calquera froita de carabuña moi madura.
CROQUETAS E ‘TOTS’
Mestura de cogomelos EROSKI e de queixo curado EROSKI Maestro
QUICHES E ‘CLAFOUTIS’
Son unha base deliciosa para aproveitar verduras, cogomelos, carne, froita, peixe, queixos ou froitos secos, entre outros.
Tip: utiliza como base masa crebada, que non incha como fai a de follado e fai que sexa perfecta para tortaletas, pasteis e quiches.
Admiten case calquera ingrediente ou sobras doutras receitas. Se queres aproveitar as verduras de maneira orixinal, proba os tots, que ao estaren enfornados en lugar de fritos, son máis saudables.
Na cesta que namora atoparás os imprescindibles para completares a túa pizza: Masa alongada, queixo mozzarella e tomate estilo caseiro EROSKI
PIZZAS
As pizzas permítenche combinar todo tipo de ingredientes que poidas ter na neveira ou despensa obtendo un resultado delicioso.
Tamén podes experimentar preparando unha orixinal base con coliflor.
A masa de pizza de bóla EROSKI, elaborada con masa nai, recibiu o premio ‘Salute to Excellence 2023’ de PLMA 2023 pola súa calidade e innovación.
Probáchela xa?
PANS E BISCOITOS
Eses plátanos que quedaron no froiteiro poden ser a base dun delicioso pan de plátano ou dun biscoito para tomar no almorzo ou a merenda.
Na cesta que namora
Tortilla de trigo EROSKI
TACOS E BURRITOS
Enche unha tortilla de millo ou de trigo con sobras de carne, peixe, froitas ou verduras. Se non tes tempo, a base poñémola nós.
E que che parece preparar un delicioso pastel de pan con canela e pel de laranxa?
Faino sen glute coa nosa fariña de millo sen glute
A VERSATILIDADE DO PAN SOBRANTE
Podes preparar un pastel de pan, unha sopa de allo, un salmorejo ou un gaspacho.
Consulta a guía en
este mes
UNHA RACIÓN CONTÉN: da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
0,86 € POR
Chips de pel de pataca con salsa de aguacate
• 225 g de peles de pataca
• 1 ½ culleradas de AOVE
• ½ cullerada de pemento doce
• ¼ de culleriña de ourego seco
• 2 culleriñas de cebola en po
• 1 culleriña de allo en po
• Sal groso
Para a salsa de aguacate picante
• 1 aguacate maduro
• ½ culleriña de caiena moída
• Zume de ½ limón
• 10 g de ceboliña fresca
• 1 culleriña de allo moído ou un allo prensado e 1 manchea de coandro fresco
• Sal e pementa negra fresca
• ¼ de cunca de auga
Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo.
Colocar as peles de pataca nun bol con auga fría durante 10 minutos.
Preparar o aliño mesturando AOVE, pemento, ourego, cebola e allo en po.
Escorrer e secar ben as peles de pataca, impregnalas co aliño e estendelas nunha bandexa de forno cuberta con papel sulfurizado.
Enfornar durante uns 20 minutos. Sacar, remover de xeito que queden ben estendidas e enfornar outros 5-10 minutos con aire para quedaren ben crocantes.
Preparar a salsa triturando todos os ingredientes no batedor ata acadar unha textura cremosa.
Depositar as peles nun recipiente. Esparexerlles sal groso e servilas acompañadas da salsa.
QUE CHE ACHEGA?
A pel contén máis fibra, minerais e proteína ca a carne da pataca.
TIPS SAUDABLES
Son a alternativa saudable ás patacas chips de bolsa.
As partes verdes da pataca conteñen solanina, un composto que pode resultar tóxico de se inxerir en exceso. En bebés e cativos este risco é maior.
TIPS para non guindar
NADA
Data de consumo preferente e caducidade non son o mesmo. Preferente indica que o produto é seguro, pero pode perder as súas condicións de textura, sabor ou aroma. Caducidade é cando deixa de ser seguro para a túa saúde.
Conxela. Corta froitas, verduras e os alimentos máis perecedoiros e introdúceos en bolsas ben pechadas no conxelador.
E ADEMÁIS…
Faite cun pack EROSKI da plataforma Too Good To Go. Inclúen varios produtos valorados en 12 euros por tan só 3,99 euros.
Opta por produtos próximos á súa data de caducidade ou consumo preferente, que atoparás na túa tenda con etiquetas de descontos.
Aproveita as campañas de froitas e hortalizas ‘feas’ -desbotadas pola súa estética e que están a menor prezo- cando as vexas na túa tenda habitual.
Unha temperatura para cada alimento. Dentro do frigorífico, na porta e bandexas máis altas, coloca os ovos, leite, manteiga, froitas e legumes frescos. Nas máis baixas e frías failles un oco ás carnes, peixes, chacinas, cremas, sobremesas lácteas, ensaladas envasadas e alimentos en proceso de desconxelación.
Sigue o método FIFO, First in, first out, da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN). Na neveira e na despensa coloca diante os alimentos que antes caducan para os consumires primeiro.
Etiqueta os teus tápers ou envases. Así saberás sempre que conteñen e a data na que gardaches o alimento.
EN EROSKI evitamos cada ano a perda de máis de 23.000 toneladas de alimentos. Delas, doamos anualmente máis de 3.600 toneladas de alimentos a persoas vulnerables e entregamos os que non son aptos para o consumo humano a refuxios e zoolóxicos ou para a produción de pensos para animais.
1,92€ POR RACIÓN
Costeleta de porco duroc con puré de castañas
1 h4
• 4 costeletas de porco duroc
• ½ cullerada de AOVE
• Sal e pementa negra moída
Puré de castañas
• 600 g de castañas
• 350 ml de leite
• 50 g de manteiga
• Sal
• Pementa negra moída
• 2 l de auga
Para preparar o puré, cocer as castañas coa súa pel e pelar.
Poñer nun cazo o leite, a manteiga e o sal e, ao se disolver a manteiga, engadir as castañas. Deixar cocer uns minutos e triturar.
Asar as costeletas de porco nunha tixola antiadherente cun fío de AOVE. Salpementar. Servir as costeletas xunto co puré de castañas.
QUE CHE ACHEGA?
A costeleta achega enerxía e proteína de boa calidade, pero tamén o dobre de graxas ca de proteínas, xa que é unha das partes máis graxas. A castaña é un froito seco peculiar. A diferenza doutros, case a metade do seu contido é auga e o resto é, sobre todo, hidrato de carbono, cun contido baixo en proteína e graxa.
TIP SAUDABLE
O seu contido en graxa fai que sexa unha receita para consumir con moderación.
0,75€
• 2 peras conferencia
• 1/2 de cuña de queixo de ovella
• 2 culleradas de mel
• Zume de 3 limóns e reladura de 1 limón
• 1 manchea de noces
• Tomiño limoeiro
Mesturamos o mel co zume de limón e a reladura e reservamos.
Lavamos a pera e facemos láminas moi finas cunha mandolina. Introducímolas na mestura anterior uns 10 minutos.
Cortamos media cuña de queixo en láminas moi finas coa mandolina e reservamos.
Esmagamos as noces ata obtermos unha area grosa.
Sobre unha táboa de cociña, colocamos unha base de area de noz e as láminas de pera e queixo de maneira alterna. Esparéxese máis area de noz, unhas pingas de mel e unhas follas de tomiño limoeiro fresco.
Para acompañar o prato, pódese servir a mariñada sobrante nun vasiño no centro.
QUE CHE ACHEGA?
Unha receita na que contrasta o doce da froita e o toque de mel co salgado e intensidade do queixo e as súas diferentes texturas.
Ao estar baseada en froita, lácteos e froitos secos resulta unha sobremesa ou petisco moi recomendable, xa que achega proteínas de calidade, graxas
saudables, azucres da froita e o mel e fibra. Destaca tamén a achega de calcio e fósforo. É unha receita apta para vexetarianos.
TRUCO
Pódese prescindir do mariñado, o que rebaixará a presenza de azucres libres do mel e o limón.
Carpaccio de pera mariñada e queixo con area de noces
Truco ou trato?
Divírtete
na casa e prepara unha noite de Samaín terrorífica e saudable.
‘Pancakes’ de cabaza
PARA O SAMAÍN
Na ‘Noite meiga’, ‘Samaín’, ‘Arimen Gaba’, ‘Halloween’ ou véspera de ‘Todos os Santos’, as máscaras, cabazas e doces son o tótem que se repite en todas as culturas. Para que esa noite sexa máxica e para que o pases ben coa familia coidando a súa saúde, opta por froitas e produtos saudables e ceiba a túa creatividade.
FAI ESTA RECEITA
UNHA ACHEGA DOCE Á FESTA
• Galletas de sementes EROSKI BIO
• Galletas de manteiga e con pebidas de chocolate EROSKI SELEQTIA
• ‘Muffins’ de chocolate EROSKI
• Cacahuetes con chocolate negro EROSKI.
• Bólas de cereais con chocolate EROSKI
TAMÉN
SEN GLUTE
‘Muffins’ de chocolate e ‘Cookies’ de tres chocolates.
Lembra consumir con moderación
EMPANADILLAS DE CABAZA
4 RACIÓNS / DIFICULTADE 1 / 45 MIN
Masa crebada ou de empanadillas
½ allo
½ cebola
200 g de cabaza
PASO 1
Prequentar o forno a 180 ºC. Cortar a cabaza e envolvela en papel aluminio. Enfornar durante 30 minutos.
PASO 3
50 g de queixo feta
5 g de curry
5 g de cúrcuma
1 ovo
10 ml de aceite
PASO 2
Mentres, picar moi finamente o allo e a cebola e rustrir cun chorriño de aceite a lume medio-baixo.
Engadir nunha cunca a cabaza asada, a cebola e o allo rustridos, o queixo feta e mais as especias. Remover ata que a cabaza perda a súa forma e se integre cos demais ingredientes.
PASO 4
Nunha bandexa de forno espallar a masa sobre papel vexetal e darlle a forma desexada, engadir a mestura e pechar coa axuda dun garfo.
PASO 5
Bater un ovo e, coa axuda dun pincel, pintar a parte superior das empanadillas. Para rematar, enfornar durante 15 minutos ou ata que se douren.
TIPS SAUDABLES
Compensa a masa das empanadillas con recheos máis saudables como, neste caso, a cabaza. Fainas no forno en lugar de fritas. Ao levar queixo e especias, que lle dan sabor, non é necesario engadir máis sal. UNHA
este mes
Cambio de estación A túa rutina en 4 pasos
No outono toca reparar os danos provocados polo sol e recuperar os niveis de hidratación da nosa pel. Propoñémosche unha rutina de coidado con produtos belle en catro sinxelos pasos: limpa, exfolia, rexenera e segue utilizando un fotoprotector.
1LIMPEZA SUAVE
Usa produtos que, amais de limparen con suavidade, che axuden a manter o nivel de hidratación e a respectar o pH da túa pel.
Todos os produtos están dermatoloxicamente testados
XEL LIMPADOR FACIAL
Elimina restos de maquillaxe e impurezas e deixa a pel hidratada, fresca e calmada grazas ao aloe vera, ao extracto de cogombro e á súa fórmula sen xabón. Contén un 95% de ingredientes de orixe natural.
Aptos para peles sensibles. Hipoalerxénicos
XEL DE BAÑO GLICERINA
Indicado para peles secas e deshidratadas e apto para as peles máis sensibles. A súa fórmula deixa a pel elástica e achega un extra de hidratación e nutrición.
EXFOLIACIÓN
Elimina células mortas para alisar, suavizar e achegarlle luminosidade á pel.
REXENERA A TÚA PEL E ALONGA O BRONCEADO
EXFOLIANTE FACIAL NOZ E CEDRO XAPONÉS
Purifica os poros e restaura a textura da pel para lograr unha cute renovada, máis homoxénea e luminosa.
+95% de ingredientes de orixe natural
XEL EXFOLIANTE CORPORAL
Formulado con po de casca de coco e de pedra pómez para eliminar células mortas e impurezas. Incorpora glicerina, aloe vera e provitamina B5, que axudan a hidratar, protexer e coidar a pel. A fórmula non contén partículas plásticas.
FOTOPROTECTOR
Aplica protector solar ou cremas con filtros todo o ano para previr o fotoavellentamento e protexer a pel.
CREMA PROTECTORA SOLAR
Certificada por Ecocert e co 98,8% de ingredientes de orixe natural. De textura lixeira, axuda a manter a pel hidratada, luminosa e protexida contra as manchas.
Para manter a túa pel da cara morena, hidrátaa. Por dentro: bebe auga e consume máis vexetais. Por fóra: engádelle un plus á túa rutina aplicando unha máscara facial e utiliza produtos reparadores e nutritivos, que potencien a luminosidade e estimulen a produción de coláxeno.
MÁSCARA FACIAL REPARADORA
Certificada por Ecocert e co 98,7% de ingredientes de orixe natural, como aceites de arroz e albaricoque e extracto de macela, que rexeneran, alivian e suavizan a pel proporcionándolle luminosidade.
BÁLSAMO REPARADOR UNIVERSAL
Nutre, alivia e rexenera zonas extrasecas e agretadas da pel e suaviza zonas rugosas. Apto para peles sensibles e para o seu uso en corpo, rostro e mans.
AMPOLAS FACIAIS VITAMINA C, BETAÍNA E NIACINAMIDA VITAL+ Fórmula
concentrada que combate manchas e o ton irregular e asemade potencia a luminosidade e axuda a controlar a produción de sebo.
solidariedade
Genís, de 5 anos, cumpre con Make-A-Wish o seu soño de se arrodear de superheroes coma el
Os teus céntimos solidarios axudan este mes os
Os teus s
MENORES CON CANCRO
En outubro colaboramos de xeito especial coas ONG que acompañan e fan felices os nenos enfermos de cancro durante todo o proceso da súa enfermidade. Os 10 ou 20 céntimos que doas ao pasares por caixa,
sumados á achega de EROSKI e á doutras persoas coma ti, axudan a sacarlles un sorriso e a continuar coa investigación para buscar unha cura para esta enfermidade, que se lles diagnostica a 1.500 menores cada ano en España.
A que proxectos irán as túas doazóns?
Xuntos axudaremos a financiar un proxecto que estuda como un virus é capaz de destruír células cancerosas e eliminar os tumores cerebrais pediátricos máis agresivos.
VÍSTETE DE ROSA
Axudaremos a facer realidade os soños dos menores enfermos.
Colaboraremos para que os menores con cancro e as súas familias teñan unha atención integral -psicolóxica, social, educativa e económica- no diagnóstico e durante as diferentes etapas da enfermidade.
Contribuiremos a organizar programas de lecer e obradoiros e a ofrecer apoio psicolóxico e de acompañamento a menores enfermos de cancro en Cantabria.
Financiamos a axuda personalizada a familias galegas vulnerables con menores que padecen enfermidades como o cancro infantil.
Ademais, en EROSKI sumámonos ao movemento rosa de loita contra o cancro de mama. O vindeiro 19 de outubro, Día Internacional da loita contra esta enfermidade, faite coa nosa camiseta solidaria por só 12 euros e colabora así coa Asociación Española Contra o Cancro*.
*Consulta no teu hipermercado máis próximo
cociñaar A fó l
A fórmula secreta para cociñar saboroso e saudable nuns minutos
Na era das axendas ocupadas, botar unhas horas cociñando a lume lento con ingredientes frescos parece un luxo relegado a uns poucos días ao ano. Así e todo, termos pouco tempo non reduce o noso interese por coidarmos a alimentación, nin as ganas de gozarmos da comida.
Por sorte, cada vez son máis as marcas conscientes diso e chegan aos nosos estantes produtos que nolo poñen ben doado. Os deshidratados de Trevijano son un bo exemplo. Coas súas sabedoras sopas, cuscús e risottos temos unha comida deliciosa, saudable e moi fácil de preparar sempre a punto na despensa.
DESHIDRATAR PARA CONSERVAR
O secado de alimentos é o método de conservación máis antigo que existe. Antes de as persoas descubriren a conserva ou o conxelado, xa utilizaban o vento e o sol para secaren froitas e verduras.
Coa aplicación de calor, elimínase a humidade dos alimentos; e sen humidade ‘paralízase’ a súa deterioración conservando durante moitos meses as súas propiedades nutricionais e o seu sabor.
Deste xeito podemos gozar dos alimentos de tempada en calquera época do ano, sen que cumpra frío nin aditivo ningún, e mais almacenalos e transportalos de xeito moito máis eficiente.
NOVAS RECEITAS DESHIDRATADAS
Altas en proteína
vexetal
Moi doadas de preparar Listas en 11 minutos
Sen aditivos nin sal engadido
Moi saborosas
Máis vantaxes por
EN OUTUBRO
Máis aforro en familia
Promocións e agasallos para todos os socios
Consigue un dos nosos 100 lotes de produtos ‘gourmet’
Este mes propoñémosche darte unha homenaxe cos produtos gastronómicos máis exquisitos do mercado. Telo ben doado, porque sorteamos 100 lotes gourmet entre todos os socios EROSKI club (1) .
Para participares, só tes que activar en outubro calquera vale aforro dispoñible na app ou en eroski.es. Os vales poderalos atopar no espazo “os meus vales aforro” da web ou da app.
De seres a persoa gañadora, chamarémoste e ingresarémosche 30 € na túa tarxeta EROSKI club para que poidas mercar o teu lote gourmet ou o que prefiras nas nosas tendas.
Ser dixital en EROSKI
TEN PREMIO
Este mes, se te fas dixital, levas un vale de 5 € (2) Non o deixes escapar!
Vale de 5€
Activa calquera vale aforro na app
seres socio
Pódese ser más KUKI?
Achégate á túa tenda EROSKI e poderás levar unha morea de agasallos dos personaxes Kukis, a familia máis brandiña, que non deixará indiferente a ninguén, sobre todo aos pequerrechos. Elixe entre os dous modelos de cuncas, libretas, chaveiros, peluxes extrasuaves e divertidos coxíns (1)
Colecciónaos todos e goza dos agasallos máis adorables, alegres e coloridos!
O TEU KUKI dende
599
ou un prezo especial puntos
Sorteo na ‘app’
GAÑA 100 PELUXES BIG KUKIS
E 50 PREMIOS DE 100 €
Queres máis? Accede á sección ‘’Descubre Xogando’’ na app e xoga cos KUKIS!
Fai parellas coa colección ‘KUKIS family’ e poderás entrar no sorteo de 100 peluxes Big KUKIS e de 50 premios de 100 € (2)
viaxes
Vive o deserto EN FAMILIA MARROCOS
Botamos a andar este outono cunha proposta para gozares cos cinco sentidos: o deserto de Erg Chebbi. Unha viaxe na que gozarás en familia da maxia, o silencio e a aventura que ofrece un dos moitos pequenos desertos que forman o grandioso Sáhara. Descubre este lugar de Marrocos con Icarión e acumula aforros na túa tarxeta EROSKI club!
Pecha os ollos. Imaxina poder gozar do silencio visual e sonoro do deserto subido ao alto dunha duna, rompelo aos mandos dun quad ou perdéndote no zoco dalgunha vila bérber. É a maxia do deserto, que te animamos a visitar xunto a Icárion para gozares en familia dunha viaxe inesquecible.
Dende Viaxes EROSKI propoñémosche vivir unha aventura familiar coa comodidade de chegar en voo directo dende Barcelona ou Madrid a Errachidía, o aeroporto situado nunha
das poucas poboacións que se atopan xusto ás portas do deserto.
RUTA DO RALLY PARÍS-DAKAR
Os afeccionados ao motor, ao ciclismo ou ao running non quererán perder o percorrido por algunha das pistas da ruta do popular Rally París-Dakar ou das famosas carreiras Titan Desert ou o Marathon des Sabres.
NOITE NA HAIMA
Déixate levar pola inmensidade do firmamento e pola beleza dun ceo estrelado. Será máxico!
AMENCERES IMBORRABLES
Un dos intres máis especiais é o amencer no deserto. Pola mañá, convidámoste a saír ben cedo da haima e a subir ao alto dunha duna para gozares do silencio e das cores avermelladas do amencer. Imaxes das que sacarás fotografías imborrables e que quedarán gravadas na túa retina para sempre.
VIAXAR E APRENDER EN FAMILIA
O deserto é o destino ideal para que adultos e nenos o pasen en grande e gocen da inmensidade das dunas avermelladas e mais da rica cultura beduína coa súa gastronomía, música, formas de vestir, de xogar e de divertirse.
ENCONTRO COS REIS MAGOS
Lembra meter na equipaxe a carta aos Reis Magos de Oriente cos teus desexos e peticións. No deserto nunca sabemos cando os imos poder atopar, pero temos ben claro que pasan por esta zona na súa viaxe cara a España de a cabalo dos seus camelos.
5%
na túa tarxeta EROSKI club(1)
(1) 5% de desconto para reservas do 1 ao 30 de setembro para viaxar ata o 31 de decembro. Aplicable nas nosas viaxes organizadas. Non aplica a taxas, gastos de xestión nin só voo.
CALDO ANETO DE POLO
ALÉN DO NATURAL
Para a elaboración deste caldo, Aneto selecciona o mellor polo de curral e as verduras máis frescas. Despois, todos os ingredientes lávanse coidadosamente e cócense a lume lento durante máis de tres horas.
Ademais, en Aneto están plenamente comprometidos co planeta e, por iso, o envase está fabricado nun 87% con materias de orixe vexetal, co que é todo un referente para o mundo do caldo líquido.
Por outra banda, este é o primeiro caldo en ambiente que logrou a certificación de benestar animal, o que demostra a ambición da marca pola calidade e pola orixe das materias primas.
É UN CALDO IDEAL PARA...
Calquera prato no que busques o sabor do “feito na casa”. É o caldo máis versátil da marca: o seu sabor a polo e verduras é a base de moreas de receitas de guisos, sopas, cremas, etc. Unha axuda para ter sempre á man.
Igual ca os outros caldos Aneto 100% Natural, esta receita cocíñase só con ingredientes frescos e naturais, sen deshidratados, sen concentrados e sen aromas engadidos, como o farías na casa. Ademais non contén glute nin trazas de ovo ou leite!
INGREDIENTES
1 l de caldo Aneto de polo
100% Natural
80 g de garavanzos cocidos e escorridos
1 pataca
ELABORACIÓN
1. Cortar a coliflor en ramalletes, desbotando as follas verdes, e estonar e cortar a pataca en dados.
2. Nunha pota botar a pataca e o Caldo Aneto de polo. Levar a ebulición durante 20 minutos ou ata que a pataca estea feita.
3. Mentres, saltear os garavanzos nunha tixola con aceite de oliva, incorporar o pemento e cociñar uns segundos máis, evitando que se queimen.
INGREDIENTES
1 coliflor mediana
1 culleriña de pemento 40 g de noces picadas
Aceite de oliva Sal
4. Engadir a coliflor ao caldo con pataca e ferver 10 minutos máis. Retirar do lume e triturar ata acadar unha crema homoxénea. Botarlle á crema os garavanzos e as noces. Bo proveito!
Consellos:
Podes utilizar faba branca no canto dos garavanzos ou calquera froito seco no canto das noces.
novas
TENDAS MÁIS VERDES
Certificado de eficiencia enerxética e deseño sostible para un supermercado de Vitoria
As nosas tendas avanzan cara a modelos máis sostibles. O supermercado Lakua-Arriaga, en Vitoria-Gasteiz, vén de recibir a certificación Leed Gold, un dos selos de calidade ambiental en edificios máis importantes do momento a nivel internacional.
O US Green Building Council valorou de xeito moi positivo que reduciramos o 50% o consumo de enerxía respecto a unha tenda estándar e que o 100% da enerxía que abastece o local sexa renovable. Ademais, tívose en conta a sustentabilidade nos materiais e recursos empregados na construción, a eficiencia do uso da auga e da enerxía e a calidade do ambiente interior.
“Este recoñecemento representa un avance no noso camiño cara a un novo modelo de sustentabilidade ambiental e
un fito importante na folla de ruta que estamos a seguir ata alcanzar a neutralidade en carbono”, sinala o director de Saúde e Sustentabilidade, Alejandro Martínez Berriochoa.
Esta tenda, inaugurada a finais do 2021, é o supermercado máis sostible de toda a nosa rede comercial e marca un novo modelo enerxético para as nosas instalacións. Este camiño cara a un futuro máis verde botou a andar hai máis dunha década coa apertura do primeiro supermercado cero emisións de CO2 en Oñati.
O obxectivo agora é espallar o modelo ecoefi ciente de Lakua-Arriaga ás novas aperturas que realicemos, “na medida na que os condicionantes físicos de cada establecemento o permitan”, sinala Martínez Berriochoa.
QUE FAI TAN ESPECIAL O SÚPER LAKUA-ARRIAGA?
100% enerxía renovable. Refrixerantes naturais. Mobiliario de frío cos últimos avances en I+D para reducir o esforzo enerxético e mellorar a sensación de confort nas instalacións.
Sistema de iluminación LED intelixente e autorregulado. Servizo de monitorización e control do frío.
Colectores específicos para pequenos aparellos electrónicos, lámpadas, pilas e cápsulas de café para promover a xestión circular dos residuos.
50% menos en gasto de enerxía ca unha tenda estándar.
OBXECTIVO EMISIÓNS CERO NO 2050
Dentro dos nosos ‘10 Compromisos en Saúde e Sustentabilidade’, en EROSKI propuxémonos alcanzar as cero emisións netas de gases de efecto invernadoiro no 2050. Así continuamos a avanzar na loita contra o cambio climático.