www.eroski.es
#39
setembro’18
1 EURO
CARNE DE VACÚN LOCAL EROSKI NATUR
Orixe, sabor e calidade NA TENDA CONTIGO Tarxeta Ouro EROSKI club: súmate ao aforro
ENERXÍA PARA MEDRAR A Escola de Alimentación regresa ás aulas
BELEZA Produtos belle para lucires un pelo bonito
EROSKI 39 HOCHLAND.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
18/07/18
12:17
sumario www.eroski.es
setembro’2018
08 é tempo de... Carnes de vacún local: sabor e calidade inigualables.
14 protagonistas EROSKI Produtos para todos: nova cuña de queixo sen lactosa EROSKI e plátano de Canarias Eroski Natur.
20 o escaparate Petisco san cos froitos secos crus da nosa marca propia, con tres novos produtos premiados pola súa excelencia.
28 aforra con EROSKI Celebramos a semana contra a dilapidación de alimentos.
34 na tenda contigo Tarxeta Ouro EROSKI club: descubre as súas vantaxes e comeza a aforrar.
36 pola túa saúde
08
Consellos para se recuperar dos excesos do verán.
40 enerxía para medrar Co novo curso, volve ás aulas a Escola de Alimentación da Fundación EROSKI.
44 beleza Coida o teu cabelo cos produtos belle.
49 vales aforro EROSKI club Axudámoste a aforrar cos nosos vales aforro EROSKI club.
14
44
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
52 noticias corporativas O noso día a día: estudos, novas e actos solidarios.
3
003 SUMARIO GAL.indd 3
30/07/18 12:05
este mes... setembro’18
“Comprometémonos a traballar cos nosos clientes para fomentar e implementar un consumo máis responsable” Itxaso Cuesta — Responsable EROSKI club
Sabor e responsabilidade
E
ste mes cúmprense tres anos da aprobación dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible da ONU e en EROSKI imos achegar o noso gran de area. Como distribuidora, comprometémonos a traballar cos nosos clientes para fomentar e implementar un consumo máis responsable. Na gama de frescos Eroski Natur comprometémonos coa sostibilidade. Son alimentos seleccionados polo seu sabor, producidos de xeito máis sostible, con certificacións que o avalan. Potenciamos, sempre que é posible, o produto local, reforzando a economía das zonas agrícolas e reducindo o camiño dende a explotación á tenda. Exemplo diso son as nosas carnes de vacún local Eroski Natur. Procedentes de becerros criados, producidos e vendidos máis preto, cos maiores estándares de calidade. Ou os plátanos de Canarias
Eroski Natur. Un produto único e de calidade que, grazas á súa orixe recoñecida, garante a singularidade de cada peza. 8.500 agricultores encárganse da súa produción de xeito artesanal. Pero vós tamén xogades un papel moi importante. Non só porque esixides produtos locais e de calidade que sexan respectuosos co contorno. Tamén porque está nas vosas mans reducir a cantidade de refugallo que producimos facendo unha compra máis acorde ás vosas necesidades e apostando por produtos de tempada. Un consumo responsable require de todos e en EROSKI queremos traballar contigo para facermos deste un planeta máis sostible.
Edición #39 setembro‘18
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n 48230 Elorrio (Bizkaia) Tel. +34 946 211 211 REALIZACIÓN EDICIÓN LA FACTORÍA
Valentín Beato, 44 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104 Difusión controlada por OJD Publicidade Antonio García Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta MCC Graphics Pol. Ind. Txirrita Maleo, Pab. 11 20100 Errenteria (Gipuzkoa) Tel. +34 943 344 614 Depósito Legal BI-222-2015
Mellor servizo de atención ao cliente por sexto ano consecutivo
Cumprimos 20 anos colaborando con Banco de alimentos
EROSKI club
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora. A revista Eroski club non se fai responsable das opinións dos seus colaboradores nin das mensaxes publicitarias de empresas públicas on privadas.
Descubre as vantaxes de ser socio Achégate a unha das nosas tendas e faite socio ou, se o prefi res, rexístrate en
www.eroski.es e descubre todas as vantaxes
4
004 EDITORIAL GAL.indd 4
30/07/18 12:08
EROSKI 39 MAY TE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
19/07/18
13:38
para abrir boca
CALDO SEN GLUTE
Dálles un toque de sabor ás túas paellas
O
PATACAS EROSKI NATUR
Perfectas para fritir
C
ocidas, asadas, guisadas, fritidas... En calquera das súas alternativas culinarias, as patacas constitúen un dos alimentos máis populares da nosa gastronomía. Presentes en numerosos pratos, son unha boa fonte de enerxía para afrontar a actividade cotiá. Tamén son sas, económicas e moi apetecibles. En setembro, nas nosas tendas podes atopar as patacas para fritir Eroski Natur, unha variedade tardía, que madura durante máis tempo e contén menos auga. Ademais, ao levaren o selo Natur, sabes que é un produto de calidade, que garante a súa orixe e sabor, respectando o medio natural. Ao igual ca o resto de produtos Natur, é unha variedade seleccionada que, antes de chegar aos nosos establecementos, se somete a unha valoración por parte do noso equipo de calidade. Deste xeito, aseguras a mellor compra.
XEL DE ACEITE
CEBOLIÑA EROSKI NATUR
Para peles secas e sensibles
Fresca, doce e tenra
O
A
xel belle para pel seca e sensible sen xabón respecta a pel de toda a familia e é adecuado ata para o coidado de nenos e bebés. Cun 10% de glicerina e aceite de améndoas, deixa a pel elástica e hidratada.
nova ceboliña doce Eroski Natur en feixe caracterízase por un sabor moi suave e unha textura tenra e crocante. É ideal para consumila en ensaladas, gaspachos, salmorejos, etc.
verán xa alá foi, pero non por iso temos que renunciar ao prato estrela da tempada estival. En EROSKI ofrecémosche un novo caldo para paellas sen glute, baixo en graxa e de baixo valor enerxético. Preséntase nun formato dun litro e está composto por un 97% de caldo de gambas e peixe. Este produto non só che ofrece unha solución rápida para preparares o prato máis típico de Valencia. Ao igual ca o resto de caldos líquidos EROSKI, incorpora o certificado ambiental FSC (Forest Stewardship Council), que asegura unha produción economicamente posible, socialmente xusta e ambientalmente correcta.
TOMATE EN CACHOS E ENTEIRO
O rei da salsa
A
salsa de tomate é unha das máis populares da nosa gastronomía. En EROSKI dámosche a opción de elaborala cos nosos tomates enteiros ou en cachos, procedentes da Ribeira do Ebro. A este produto de orixe eliminámoslle o sal engadido, para que goces dun tomate de calidade e gran sabor co punto xusto de sal. Poderalo aliñar ao teu xeito e darlles aos teus pratos un toque propio.
6
006 PARA ABRIR BOCA GAL.indd 6
30/07/18 12:09
EROSKI 39 DEPATATA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
11/07/18
15:59
é tempo de...
Carnes de vacún local
A orixe fainas únicas As carnes de vacún Eroski Natur son inigualables. Producidas en explotacións locais, destacan pola súa calidade, sabor e tenrura. Ademais, grazas á súa orixe, aseguramos a sostibilidade das rexións gandeiras e garantimos o futuro das súas aldeas e traballadores.
X
a sexa tenreira balear, navarra, galega, Provedella (Cataluña) ou Euskal Okela (País Vasco), en EROSKI atoparás sempre carnes de gran calidade procedentes de animais criados nun ámbito local. Entendemos que cómpre recuperar o sabor da carne sen esquecermos a sostibilidade do medio e das explotacións. Por iso, cando mercas vacún Eroski Natur, apostas polo sabor, pero tamén pola responsabilidade. CRIANZA TRADICIONAL Dende que en 1996 naceu Eroski Natur, fomos medrando para che ofrecermos os mellores produtos frescos, de orixes seleccionadas. Agora, ademais, querémolo facer de xeito máis responsable. Un exemplo son as carnes de vacún, produtos locais -con Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) ou selos de calidade- de gran sabor e responsables co contorno. Como explica Olaia Aurre, responsable de vacún local de EROSKI, cada tipo de carne ten características distintas, pero todas presentan un denominador común: “Algunhas zonas teñen razas autóctonas e outras, carnes amparadas por IXP, pero todas proceden de provedores locais e utilizáronse técnicas de cría tradicionais”. Deste xeito garántese, salienta Olaia, que o sabor é “único e de gran calidade”. Ademais, a carne dos becerros Natur madúrase un
mínimo de sete días, o que fai que teña un punto de tenrura óptimo. A nosa responsable precisa que o coidado diferencial que lles dan os gandeiros aos seus animais fai que esta carne sexa moi valorada. A IMPORTANCIA DO LOCAL O noso respaldo permítelles aos gandeiros manteren a súa forma de vida, o que xera riqueza. “Apostando polas carnes locais tamén impulsamos a economía do sector primario e tecemos redes locais”, explica Olaia. O beneficio destas carnes tamén está relacionado coa sostibilidade, xa que ao se vender no contorno no que se producen, redúcese a distancia que percorren e, polo tanto, a pegada de carbono. Ademais, “a nosa carne cumpre todos os requisitos no tocante a seguridade“, conclúe Olaia.
OLAIA AURRE RESPONSABLE DE COMPRAS DE VACÚN LOCAL EROSKI NATUR
8
008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 8
30/07/18 13:44
DE CADA REXIÓN
E
n EROSKI sabemos que a aposta polo local ten que ir alén das palabras. Por iso, ofrecemos carnes de vacún específi cas da rexión onde se sitúan os nosos establecementos. Somos os únicos distribuidores que asociamos a nosa marca ás zonas nas que estamos presentes, ofrecendo carnes con Denominación de Orixe e todas as garantías e certifi cacións procedentes de Baleares, Cataluña, Galicia,
Navarra e País Vasco. Carnes únicas, seleccionadas polo seu extraordinario sabor e tenrura. A carón dos produtores, os principais beneficiarios da nosa aposta polas carnes locais son os consumidores, porque aseguramos un alto nivel de calidade, prezos máis alcanzables e a tranquilidade de podermos identificar a orixe e a autenticidade do vacún. IXP TENREIRA GALEGA NATUR Destaca pola súa cor rosa clara ou vermella suave, graxa de cor branca nacarada, aspecto magro, textura suave e agradable sabor. A que ofrecemos en EROSKI procede exclusivamente de becerros nados, criados e sacrificados en Galicia, con menos de 10 meses. Son sempre de razas autóctonas ou dos seus cruzamentos e teñen que superar un rigoroso programa de control integral. Só comen pensos de orixe vexetal, pastos ou forraxes producidas na explotación e, ata os sete meses como mínimo, a base da súa alimentación é leite materno. Superan, ademais, un rigoroso control, que abrangue dende o seu nacemento ata o punto de venda. EUSKAL OKELA NATUR A carne procede de animais nados e criados en Euskadi. Os becerros contrólanse en todas as fases da súa vida e selecciónanse pola súa calidade. Eusko Label é a IXP que recoñece a carne seleccionada como produto de calidade diferenciada. HAZI, o organismo certificador de Euskal Okela, establece a selección de razas, alimentación, tratamento da carne, transformación e envasado. Os becerros están alimentados con forraxes naturais, complementadas
por pensos autorizados. Antes de comercializar a carne, HAZI audita e certifica que os establecementos son aptos para vendela. Ademais, controla a entrada e saída de toda a carne etiquetada como Eusko Label. IXP TENREIRA NAVARRA NATUR É unha carne con Denominación de Orixe Garantida e a máis dela procede da raza bovina Pirenaica. Os becerros aliméntanse con leite materno, como mínimo ata os catro meses. Despois, comen pasto, penso de millo, cebada, trigo, soia... A IXP leva un proceso de seguimento e controis periódicos, dende a explotación ata a chegada á carnicería. Tamén, certifica que a carne debe madurar un mínimo de sete días entre o matadoiro e o establecemento para que adquira as condicións óptimas de cor, sabor, aroma e tenrura. TENREIRA BALEAR NATUR Para garantir o gran sabor e tenrura, a carne de tenreira balear está certificada por Certicar. A que atoparedes nos nosos supermercados de Baleares procede de becerros de menos de 12 meses, nados, criados e sacrificados nas Illas. Conséguese así que o percorrido que fai o produto ata as tendas sexa mínimo. Ademais, certificamos que a alimentación é 100% de orixe vexetal. TENREIRA PROVEDELLA NATUR Esta carne está certificada por Certicar. Procede de animais criados en Cataluña e mantén o máximo estándar no tocante a sabor e textura por mor dos procesos de control e certificación aos que se somete o animal e a explotación. Verifícase que a alimentación é de orixe exclusivamente vexetal.
9
008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 9
30/07/18 12:10
é tempo de...
FILETE DE TENREIRA Á PRANCHA CON PIPERRADA
4
fácil
• 1 pemento verde • 60 g de salsa de tomate caseira • 100 ml de aceite de oliva • Sal COMO SE ELABORA
30-40’
de aceite e os allos fileteados.
● Servimos os fi letes de
tenreira acompañados da piperrada quente.
● Así que as verduras amolezan, engadimos seis culleradas de salsa de tomate caseira e poñémola ao punto de sal. Reservamos.
● En primeiro lugar,
INGREDIENTES • 400 g de filetes de tenreira • 1 cebola • 2 dentes de allo • 250 g de pementos vermellos do piquillo
elaboramos a piperrada. Para facelo, cortamos á xuliana (tiras finas) a cebola, o pemento verde e mais os pementos do piquillo. Sofriximos as verduras nunha tixola con catro culleradas
● Cociñamos os fi letes de tenreira sobre unha prancha ou tixola ben quente cunha cullerada de aceite. Dourámolos durante dous minutos por cada lado. Sazonamos con sal.
1,69 € por persoa
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
172
6,3g
2g
9%
9%
12%
SAL
5,4g 0,5g 6%
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
10
008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 10
30/07/18 13:44
es tiempo de...
TODO O SABOR Este guiso queda mellor se o deixamos repousar dun día para o outro. Quentámolo e podemos engadir algún elemento de gornición: patacas, cogomelos, verduras, etc.
2,07 €
Unha ración contén: KCAL
193 10%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
4,2g 1,7g 6%
9%
por persoa
SAL
8,1g
2g
9%
25%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
TENREIRA Á CAZOLA CON ALFÁBEGA, TOMIÑO E CENORIAS BABY
• Alfábega • Una rama de tomiño • Pementas variadas secas • 100 ml de aceite de oliva • Sal COMO SE ELABORA
4
fácil
+ 2h
INGREDIENTES • 400 g da folla branda do boi • 300 g de cenorias baby • 100 g de cebola • 2 porros (a parte branca) • 100 g de tomate • 100 ml de viño branco • 1 l de caldo de carne • 20 g de fariña • 1 culleriña de azucre
● Enfariñamos lixeiramente
a carne cortada en dados duns catro centímetros. Dourámolos nunha pota, con aceite ben quente. Ímolos facendo por quendas e retirándoos a un prato.
así que comece a coller cor, engadimos os porros cortados en toros fi nos.
Se non é así, podemos agregar máis caldo de carne ou auga.
● Refogamos, remexendo
● Tapamos ben a pota e
de vez en cando, durante tres ou catro minutos. Nese intre, engadimos o azucre, o tomate (pelado, sen pebidas e triturado), o viño branco e mais o caldo de carne. Salpementamos, remexemos ben e incorporamos as herbas aromáticas. Tapamos a pota e deixamos que chegue a ebulición.
deixamos cocer devagariño, durante dúas horas e media ou tres horas; en todo caso, ata que a carne estea ben tenriña.
● Engadimos un pouco
máis de aceite, baixamos o lume e sofriximos a cebola cortada á xuliana (tiras fi nas). Remexemos de vez en cando para que non se queime e,
● Cando comece a ferver,
● Así que a carne estea
case cociñada de todo, para termos a gornición, engadimos as cenorias baby peladas, de xeito que se cozan coa carne tan só durante dez minutos.
introducimos os dados de carne co zume que soltaran, de xeito que quede todo cuberto polo líquido.
11
008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 11
30/07/18 13:44
é tempo de...
CARPACCIO DE TENREIRA DO MEDITERRÁNEO 4
media
+ 2h
INGREDIENTES • 250 g de solombo de tenreira • 40 g de follas de eiruga e agróns • 50 g de laranxa • 10 g de sésamo torrado • 30 ml de aceite de oliva virxe extra • 1 lima • Sal
O carpaccio é unha receita de orixe italiana. É moi sabedor e doado de preparar: só se precisa unha carne de gran calidade e un bo aderezo
2,34 € por persoa
COMO SE ELABORA ● Cun coitelo ben afiado,
retiramos os restos de graxa e as partes duras do solombo. Envolvemos a carne en papel film, dándolle forma de caramelo, e facemos uns nós nos extremos. Introducimos o paquete no conxelador durante dúas horas para que endureza, pero sen que chegue a se conxelar. ● Cortamos a carne en fi letes
moi finos, case transparentes, cun coitelo xamoneiro ou cunha cortadora de friame. Se nos quedan un pouco grosos, colocamos cada filete entre dúas follas de papel film e mazámolos cunha maza de cociña suavemente ata aplanalos, para que queden finos. ● Colocamos os fi letes sobre
a fonte de presentación, xunto ás follas de eiruga e os agróns. Dispoñemos de maneira aleatoria o sésamo torrado e uns cachiños de laranxa ou froitas frescas, cortadas en cuartos e sen pebidas. Aliñamos con aceite de oliva virxe extra e poñemos ao punto de sal. Rematamos cunhas pingas de zume de lima e reladura de lima por riba.
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
160
11g
3g
8%
16%
12%
SAL
1,3g 0,4g 1%
7%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
12
008-012 ES TIEMPO DE GAL.indd 12
30/07/18 12:11
publirreportaje
ELPOZO, comprometido con la seguridad alimentaria y el bienestar animal Los alimentos que consumimos todos los días están sometidos a un estricto control por parte de las autoridades europeas y españolas y, gracias a esa vigilancia, podemos disfrutar de productos cada vez más seguros y de calidad.
E
L POZO ALIMENTACIÓN, con más de 64 años de historia, dedica gran parte de sus recursos a garantizar que los productos cárnicos que comercializa son de la máxima calidad y seguros para su consumo. Cuenta con un sistema productivo propio (CIP), que controla todas las fases de la cadena alimentaria: agricultura, ganadería, selección de materias primas, elaboración y servicio
PRODUCTOS MÁS SEGUROS, SALUDABLES Y DE MAYOR CALIDAD al cliente, lo que le permite asegurar la calidad de todos sus productos, más de 1.500 referencias cárnicas.
Este esfuerzo permanente por la innovación, la calidad y la seguridad alimentaria le ha llevado a consolidar, año tras año, su liderazgo en el sector. Los productos de ELPOZO están presentes en ocho de cada diez hogares españoles y la compañía exporta a más de 80 países en todo el mundo. El valor nutritivo, la seguridad de los alimentos y el bienestar animal son tres de los temas que más preocupan al consumidor sobre los sistemas de producción actuales y son, a su vez, aspectos completamente integrados en la estrategia empresarial de ELPOZO, que ha sabido establecer estándares cada vez más exigentes, por encima incluso de lo que marca la legislación. En la actualidad, la compañía está implantando el protocolo de ‘Bienestar Animal y Bioseguridad’ más ambicioso de España, que abarca las tres especies con las que trabaja la empresa: porcino, vacuno y ave. El desarrollo de este protocolo implica certificar y auditar en materia de bienestar animal a las más de 4.500 explotaciones ganaderas y 200 proveedores que colaboran con ELPOZO. El consumidor de hoy exige, no solo que la alimentación esté adaptada a sus necesidades, sino que el cuidado de los animales y sus instalaciones sea excelente. Para ELPOZO, cumplir con estas exigencias permite obtener un producto más seguro, saludable y de mayor calidad.
13
EROSKI 39 PUBLIREPORTAJE POZO.indd 13
20/07/18 13:31
protagonistas EROSKI
Queixo semicurado sen lactosa
Calidade con todas as garantías En EROSKI comprometémonos a que as persoas con necesidades específicas atopen alimentos axeitados. Por iso, á nosa gama de lácteos sen lactosa engadimos o primeiro produto fresco sen lactosa. Unha cuña de queixo semicurado, cun prezo axustado e as máximas garantías en canto a sabor e ingredientes.
A
limentarse en función das características de cada un é unha necesidade. E en EROSKI somos conscientes diso. Non queremos que nada vos impida gozar do mellor e, por iso, continuamos a ampliar a nosa oferta de produtos específicos.
No caso dos intolerantes á lactosa, hai anos comezamos a ofrecer este tipo de produtos. Esta gama non parou de medrar dende aquela. Agora, demos un paso máis: coa cuña de queixo semicurado sen lactosa EROSKI ofrecémosche o primeiro fresco
deste tipo. Un derivado lácteo que non ten nada que lle envexar a calquera outro queixo semicurado nin en sabor nin en textura. Ademais, analízase antes de chegar ao mercado para garantir que é un produto adecuado para intolerantes á lactosa.
14
014-016 PROTA QUESO SIN LACTOSA GAL.indd 14
30/07/18 12:12
EROSKI 39 Millรกn Vicente.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
18/07/18
13:33
protagonistas EROSKI
LEITES DE ORIXE A nosa variedade sen lactosa é un queixo que se elabora na provincia de León a partir dunha mestura de leites de vaca, ovella e cabra de orixe española, que lle confi ren un sabor único. É un produto de gran calidade que, grazas ao seu envasado, non perde nin un chisco de sabor e textura. Non só a fai única o sabor. A cuña de queixo semicurado EROSKI é tamén unha fonte de proteínas cun alto contido de calcio. Pero a súa característica nutricional máis salientable é que, ao non conter lactosa, é un produto axeitado para intolerantes. SEN LACTASE ENGADIDA Para retirarmos a lactosa non lle engadimos lactase á nosa cuña de queixo, senón que a sometemos a un tratamento conxunto de fabricación no que os fermentos e o proceso en si, a carón das condicións de maduración do queixo, fan que, sen necesidade do encima da lactase, obteñamos un produto apto para intolerantes á lactosa. O azucre do leite é a lactosa. E este é o compoñente que provoca que moitas persoas non poidan gozar, entre outros, de alimentos como o queixo. Ata hai pouco tempo, o tratamento da intolerancia á lactosa pasaba por seguir unha dieta que excluíse o alimento xerador dos síntomas, neste caso, o leite e os lácteos. Ao mesmo tempo, propoñíanse alternativas dietéticas co fin de non padecer ningunha carencia nutricional. Dende hai uns anos, EROSKI creou unha gama de lácteos cun contido reducido de lactosa ou sen lactosa para que as persoas afectadas non teñan que renunciar a estes alimentos. Todas as nosas propostas son examinadas para garantir a calidade do produto final, que evita os síntomas e molestias ocasionados. Habitualmente, o procedemento tecnolóxico para obter o produto consiste en engadir lactase, o
encima encargado da dixestión da lactosa no leite, ingrediente principal destes produtos. Un encima que o noso organismo produce de xeito natural e que é capaz de romper a lactosa nos seus dous azucres -glicosa e galactosa- facendo que o intestino xa a poida absorber sen carrexar problema ningún. Acontece que, ás veces, este encima é escaso no noso organismo, o que provoca a intolerancia á lactosa. Existen tamén casos de intolerancia á lactosa transitoria, causada fundamentalmente por trastornos dixestivos puntuais, como úlceras ou episodios de gastroenterite, onde a xeración de lactase da mucosa intestinal se ve minguada. En todos os casos, a lactosa fai imposible a inxestión de produtos lácteos, o que coñecemos como intolerancia á lactosa. Por iso en EROSKI puxemos todos os nosos esforzos en ofrecer unha ampla gama de produtos aptos para atender esas necesidades nutricionais específicas.
PARA A TÚA SEGURIDADE E TRANQUILIDADE Coa cuña de queixo semicurado sen lactosa, en EROSKI quixemos seguir aumentando a oferta de produtos para intolerantes. Para a túa seguridade e tranquilidade, amais dos controis que lles esiximos a todos os nosos produtos, analízanse cada un dos lotes de queixo semicurado sen lactosa elaborados deste xeito. Así, garantimos o cumprimento da especificación de que os produtos sen lactosa teñan menos dun 0,01% dese azucre. Isto fai que a cuña de queixo semicurado de EROSKI sexa adecuada para intolerantes á lactosa, pero non para aquelas persoas alérxicas á proteína do leite. Non hai que confundir a intolerancia coa alerxia. Esta dáse como unha reacción inmunitaria a unha proteína concreta chamada caseína e, por iso, os produtos sen lactosa non poden ser consumidos por alérxicos a esta proteína láctea.
16
014-016 PROTA QUESO SIN LACTOSA GAL.indd 16
30/07/18 12:12
EROSKI 38 PLATANO DE CANARIAS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
18/06/18
15:14
EROSKI Natur
Plátano de Canarias, único na súa especie O plátano ofrece un sabor único e unha grande achega nutricional. Coa marca EROSKI Natur, ofrecémosche unha das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) máis prestixiosas e recoñecidas: o plátano de Canarias. Un produto de calidade, nutritivo e saboroso, cunha orixe que garante a singularidade de cada peza.
H
ai plátanos e bananas... E logo está o plátano de Canarias, un produto moi prestixioso, procedente dunha orixe recoñecida. O plátano de Canarias IXP é un dos alimentos máis apreciados no noso país e é o único do mundo que acadou
o recoñecemento europeo como Indicación Xeográfi ca Protexida. Amparado pola IXP Plátano de Canarias, nos nosos establecementos atoparalo coa marca Eroski Natur. O selo IXP sitúao a un nivel superior de recoñecemento e protección e
posiciónao como unha froita de excelente calidade, garantindo, ademais, a singularidade e a orixe. O plátano é un alimento de moito valor nutricional que podemos tomar todo o ano. É unha froita perfecta para comer a calquera hora e tamén para convertela
18
018-019 PROTA PLATANOS GAL.indd 18
30/07/18 12:13
protagonistas EROSKI
en acompañante ou ingrediente principal de numerosos pratos. Por todo iso, é importante que os plátanos sexan de gran calidade que aseguren todo o seu sabor e valores nutricionais. En EROSKI témolo claro; por iso, atoparás nas nosas froiterías as mellores piñas de plátano de Canarias IXP Eroski Natur. RECOÑECEMENTO MUNDIAL A inscrición da IXP Plátano de Canarias no Rexistro de Denominacións de Orixe protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas da Unión Europea supuxo o recoñecemento mundial á calidade deste produto, cunha diferenciación que se debe ao medio xeográfico e ás prácticas tradicionais de cultivo. Os produtos con este selo destacan pola súa calidade e reputación, un especial bo facer no proceso de cultivo e unhas condicións climatolóxicas moi particulares que os fan únicos e diferentes. Os plátanos Eroski Natur están producidos de xeito máis sostible, minimizando o impacto ambiental e axudando ao desenvolvemento do contorno. Ao igual ca o resto de froitas Eroski Natur que vende EROSKI, cultívanos agricultores certificados por Global Gap, a norma internacional para a agricultura segura e sostible. O plátano de Canarias é da variedade Cavendish, do xénero Musa. Prodúcese no arquipélago, aproveitando as súas condicións climáticas: temperaturas suaves e precipitacións pouco abundantes, onde se combinan o clima subtropical e os ventos alisios. Por mor das bondades meteorolóxicas do lugar, dáse producido este produto único. En comparación con outras zonas plataneiras do globo, as explotacións canarias son de pequeno tamaño. Máis do 80% son inferiores a unha hectárea e están localizadas en zonas cunha orografía accidentada. Alí, 8.500 labregos encárganse da produción de xeito artesanal: outra
das razóns pola que este plátano é único. En EROSKI garantimos esa orixe e os medios de produción tradicionais. QUE O FAI DIFERENTE? Amais do anterior, a IXP concedéuselle a Plátano de Canarias debido a características do froito que o fan único. O seu sabor é doce e intenso, como resultado do seu alto contido en azucres e baixo de amidón. A súa textura -levemente resistente á mordida-, é suave e tersa á vez, substanciosa, compacta, pero mol. O seu intenso aroma, denominado ‘impacto plátano’, lembraranos que é unha froita de gran calidade e sabor. A súa aparencia tamén é moi característica: as súas pintiñas escuras son coñecidas e recoñecidas. Aparecen por mor da grande actividade dos encimas do plátano de Canarias que producen o apardazamento da pel. Características únicas, que atoparás en todos os plátanos da marca Natur, que ademais se seleccionan coidadosamente no seu punto óptimo de maduración, seguindo os estándares máis altos de esixencia e calidade. Todas estas calidades, tanto de calidade do produto como do control ao que se somete, son garantía extra de calidade e tornan esta froita nun alimento excelente, ideal para todos os públicos.
Por unha banda, está o seu sabor doce e intenso aroma, que fai do plátano un alimento atractivo e gustoso, que tanto grandes como pequenos poden gozar a calquera hora. ACHEGA NUTRICIONAL Por outra banda, o plátano de Canarias ten un alto valor nutricional. Cómpre salientar a achega de vitamina C que proporciona, que favorece o desenvolvemento dos ósos e da pel. É tamén unha gran fonte de potasio. Grazas a iso, é unha das froitas máis apropiadas para consumir antes, durante e despois da actividade física. A isto hai que engadir que o plátano é, ademais, fonte natural de fi bra, achega vitamina B6 -que contribúe ao correcto funcionamento do sistema inmunitario- e contén manganeso, que ten propiedades antioxidantes. Unha chea de achegas nutricionais que fan deste alimento unha froita clave para a nosa dieta. En resumo, o plátano de Canarias é unha froita rica, con alto valor nutricional, e boa de consumir para os adultos e mais para os máis cativos da casa. Ao natural, fritido, nun batido ou como ingrediente principal dunha torta tampouco hai receita que se lle resista.
19
018-019 PROTA PLATANOS GAL.indd 19
30/07/18 12:13
o escaparate
Gama EROSKI de froitos secos crus en terrina
O petisco máis san Cada vez son máis os que se decantan por incluíren na súa dieta froitos secos crus. Próximos aos produtos frescos, en EROSKI ofrecémosche unha ampla selección. Noces, anacardios, améndoas ou piñóns para gozar como aperitivo ou para usar como materia prima na elaboración de diferentes pratos: dende ensaladas ata tortas.
O
s froitos secos son un dos aperitivos que non poden faltar na despensa da casa. Están deliciosos, podémolos incluír en infi nidade de preparacións
culinarias e son ricos en fi bra, vitaminas, minerais, proteínas vexetais e graxas saudables. Saborosos e nutritivos, pódense gozar en calquera momento.
Dentro do amplo abano de froitos secos existentes podemos distinguir os froitos secos crus, máis próximos aos produtos frescos e con maiores beneficios ca os fritos. En EROSKI
20
020-022 ESCAPARATE FRUTOS SECOS GAL.indd 20
30/07/18 12:14
EROSKI 39 BORGES PIZARRO.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
18/07/18
13:39
o escaparate
temos unha grande oferta de crus en terrina, que inclúe diferentes tipos de noces, piñóns e améndoas. Agora lanzamos un mix que combina varios e engadimos o anacardio á nosa oferta. As variedades crúas son froitos secos que non sufriron procesado ningún; é dicir, recolléronse e, como moito, quitóuselles a casca ou pel. Xeralmente, os froitos secos máis comúns son os fritidos, que unha vez recollidos adoitan someterse a altas temperaturas. Os crus, pola contra, son como as froitas e verduras frescas, variedades cun mínimo de interferencia. Os que atoparás en EROSKI son froitos que, unha vez recollidos directamente da árbore, foron preparados para o seu transporte e comercialización, sen ningún outro proceso que afecte as súas características físicas e nutricionais. MOITAS POSIBILIDADES Son unha excelente opción para un petisco san ou como complemento en diversos pratos, como poden ser as ensaladas. Tamén poden servir como sobremesa ou acompañar receitas de verdura e carne, como o polo ou o año, xa que son moito máis ca un simple alimento para petiscar entre horas. As ensaladas con froitos secos son moi apetecibles e orixinais. Proba a elaborar unha de ollo de leituga con vinagreta de froitos secos. Tamén é atinado combinalos con escarola e laranxa ou con eiruga. Unha suxestión de sobremesa ou refrixerio moi saboroso e moi san é combinar algún froito seco cru con queixo mató e canela, iogur con caramelo ou mazás asadas. Non só iso, estes produtos convertéronse nun ingrediente fundamental para elaborar pratos veganos, como o queixo a partir de anacardios crus, ou as bases para tortas con améndoas crúas. Sabemos que cando te achegas aos nosos supermercados, decídeste polos froitos secos como unha opción sa, fresca e
de calidade e que recoñeces as variedades crúas como un produto máis próximo aos frescos. En EROSKI quixemos responder a esa crecente demanda ofrecendo unha gama de gran calidade, avalada por caducidades máis curtas ca as que teñen os froitos secos en bolsa e por un envase moito máis cualitativo, como é o terrina. E sempre tendo en mente que buscas un produto saboroso á vez que saudable.
ou ácido fólico, un composto moi benefi cioso para mulleres embarazadas, xa que, na súa xusta medida, é esencial para a correcta formación do sistema nervioso central do futuro bebé durante as primeiras semanas. Tamén, proporcionan unha boa dose de certos minerais, en particular, ferro, magnesio e calcio, esenciais para compensar o gran desgaste físico cando se practica deporte intenso.
O ‘SNACK’ SAUDABLE No eido académico non cabe discusión acerca dos beneficios dos froitos secos. Hai ducias de investigacións que xustifican que é aconsellable tomar unha manchea deles a miúdo. Unha dieta rica en alimentos de orixe vexetal reduce o risco de desenvolver diversas enfermidades crónicas e dexenerativas. O seu consumo aconséllase como método preventivo de saúde. Os froitos secos son, ademais, por detrás dos cereais integrais, os vexetais máis ricos en fibra. Entre outros benefi cios destaca a súa achega de vitamina B9
ENGORDAN OU NON? O consello de incrementar o consumo de froitos secos choca coa crenza popular daqueles que coidan que engordan. Unha idea que foi desmentida por numerosos estudos nutricionais, que observaron que, ao se aumentar o consumo de froitos secos, diminúe a ganancia de peso co paso dos anos. Se a todo iso sumamos o feito de que poden previr a aparición de enfermidades crónicas, non cabe dúbida de que calquera momento é bo para saborear unha manchea das nosas noces, améndoas, anacardios ou piñóns crus.
22
020-022 ESCAPARATE FRUTOS SECOS GAL.indd 22
30/07/18 12:14
EROSKI 39 BOULANGERE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
24/07/18
14:41
Premios ‘Salute to Excellence’
As nosas marcas, excelentes Un ano máis, os nosos produtos de marca propia volven destacar na feira profesional internacional O Mundo da Marca de Distribuidor, organizada pola Private Label Manufacturers Association (PLMA). Tres dos nosos produtos foron premiados pola súa excelencia.
P
ara nós, a marca propia representa o alto compromiso que temos convosco. Unha aposta pola calidade, o aforro, a saúde e o benestar dos nosos clientes que, novamente, foi recoñecida nun dos grandes eventos internacionais do sector de distribución. Os tres produtos EROSKI galardoados son: a crema de mans de absorción rápida belle (na categoría de accesorios para a saúde e a beleza), a Eau de parfum Nº3 Basilic & Agrumes belle (no mesmo apartado ca o anterior) e o viño de agulla rosado novo SadEyes (na categoría de champaña e viños escumosos). Eses premios recoñecen a nosa marca propia e amósannos o camiño a seguir. Un percorrido que non fixemos sós: este recoñecemento é tamén voso, porque estas marcas constrúense, medran e melloran coas opinións e suxestións dos nosos clientes. Os galardóns acadados polos nosos tres produtos non foron os primeiros. Só o ano pasado, conseguimos dez en categorías tan variadas como bebidas, perfumería, doces ou alimentación, con produtos como a pizza de verduras asadas, as tortas de quinoa ou a caixa de galletas variadas Seleqtia.
Os premios internacionais Salute to Excellence, da PLMA, distinguen os distribuidores polo miúdo pola innovación e a calidade na creación dos seus programas de marca. Este ano, competían máis de 430 produtos e 76 distribuidores polo miúdo de 26 países. EROSKI deuse upado no máis alto en tres das cinco categorías do certame: alimentación, bebidas, fogar, saúde e beleza. Os produtos foron avaliados por un xurado profesional, que valorou o seu sabor, aspecto, presentación e relación calidadeprezo. Os membros deste xurado selecciónanse en función da súa experiencia pasada e actual e divídense en grupos de seis a oito persoas por cada comité. Velaquí os nosos tres produtos premiados no certame. ROSADO DE AGULLA SADEYES: REFRESCANTE E DE GRAN VALOR O viño rosado de agulla nova SadEyes foi recoñecido como o de mellor valor por un xurado composto polos mellores profesionais do sector. Ao premio optaban 300 viños, de 39 distribuidores polo miúdo e 13 países, que foron avaliados por un
A transformación do perfume no coidado
xurado de mestres do viño, sumilleres, escritores e profesionais da industria. SadEyes é un viño de agulla gasificado, semiseco, que presenta unha atractiva cor rosa intensa, viva e brillante. É un caldo procedente da fermentación de mostos de diferentes variedades de uva, cunha burbulla que se desprende devagariño, formando na copa unha bonita coroa. No nariz, amosa aromas primarios e delicados, sobre todo matices a froitas vermellas, que se manifestan
24
024-025 ESCAPARATE PREMIOS.indd 24
30/07/18 12:15
o escaparate
Escumoso, fresco e vivo
Con manteiga de karité, extracto de caléndula e alantoína
con nitidez. Na boca é fresco, vivo e moi saboroso. Por iso, é un viño moi axeitado para os aperitivos e pratos lixeiros. Recomendamos servilo moi frío, entre 4 e 6 ºC. AROMACARE Nº3 MOITO MÁIS CA UN PERFUME Eau de parfum Nº3 Basilic & Agrumes foi recoñecido como o mellor perfume/fragrancia. Combina esencias cítricas cun chispeante acorde de ruibarbo, rosa e xeranio.
Ademais, os aceites esenciais de limón, bergamota, laranxa, litsea cubeba e pementa rosa presentes nesta fragrancia, xunto ao extracto de alfábega, axudan a manter afastados os mosquitos dun modo único e natural, sen pesticidas. O perfume Nº3 pertence á gama Aromacare que, non só coida a pel, senón que conta con tecnoloxía Neutrascent, que axuda a neutralizar os malos cheiros, hidrata e favorece a relaxación. Preséntase nun formato
de 50 ml, ideal para levar no neceser ou na maleta. Esa mesma gama ofrece outras dúas variedades: N º1 e Nº 2. A primeira combina delicadas notas florais -como xasmín, rosa e azar- cun fondo ambarado, con aceites esenciais de bergamota, mandarina, pementa, neroli e limón. A Nº 2 contén aceites esenciais de mandarina, bergamota e lavandiña. Este evocador perfume, ademais, favorece un sono reparador por mor do poder relaxante do extracto de lavanda e o aceite esencial de mandarina. As tres variantes conteñen aceites esenciais que as converten en produtos que van alén do simple cometido de perfumar. Dende tempos inmemoriais, estes aceites formaron parte de diferentes terapias grazas aos seus múltiples beneficios. Chineses, exipcios, hindús, gregos e romanos utilizáronos en cosmética, en perfumes, e mesmo con fins medicinais. Nós recuperamos esa idea nestas propostas de Aromacare. Ademais, como produtos multifunción, presentan cinco características: a identidade que lle confire o arrecendo do perfume; o benestar da aromacoloxía; o coidado e beneficios á beleza que ofrece a hidratación; as axudas á saúde dos aceites esenciais e, para rematar, a innovación que supón a súa multifuncionalidade. CREMA DE MANS: O MELLOR PARA A PEL A premiada crema de mans hidratante de absorción rápida de belle ten unha textura lixeira e sedosa. Contén ingredientes coñecidos polas súas excelentes propiedades rexeneradoras e hidratantes, como a manteiga de karité e o extracto de caléndula. Ademais, está enriquecida con alantoína, para unha acción suavizante e calmante. Atoparala nun práctico formato con dosifi cador para coidares as túas mans en calquera lugar e situación rápida e comodamente.
25
024-025 ESCAPARATE PREMIOS.indd 25
30/07/18 12:15
EROSKI 39 DOBLE CLUB GALICIA.indd 2
20/07/18 13:50
EROSKI 39 DOBLE CLUB GALICIA.indd 3
20/07/18 13:50
aforra con EROSKI
Comprometidos coa sostibilidade
Xuntos contra o desperdicio alimentario A redución do desperdicio alimentario é clave para asegurar a sostibilidade do planeta. Está presente en todos os elos da cadea e cómpre dármoslle unha resposta a un problema que nos afecta a todos. Como consumidores, podemos seguir uns sinxelos pasos. En EROSKI, ofrecemos produtos e servizos que che axudan a conseguilo.
A
finais do mes de setembro celebraremos a semana contra o desperdicio alimentario. Dende o principio, en EROSKI coidamos que a tenda é o lugar dende onde podemos impulsar non só unha boa alimentación,
senón tamén un consumo máis responsable. Para iso, como distribuidores, seguimos a participar en proxectos que teñen como obxectivo acabar co desperdicio. Cremos que podemos facer moito por reducilo e, por iso, só no 2017
doámoslles máis de 4.700 toneladas de alimentos a 48 entidades sociais. Trátase de produtos frescos e de alimentación que, estando en perfectas condicións de consumo, retiramos do nosos lineais para cumprirmos co noso compromiso
28
028-030 AHORRA CON GAL.indd 28
30/07/18 12:34
cos clientes de frescura máxima e aspecto do envase. Amais disto, promovemos os produtos ecolóxicos e os procedentes de procesos de produción máis sostibles. Pero, tamén, entre todas as persoas consumidoras podemos contribuír de xeito notable a ese cambio de hábitos, xa que un 42% dos desperdicios xéranse nos fogares. Xuntos temos, xa que logo, a capacidade e os recursos para acadarmos o obxectivo de desperdicio cero. Dende sempre e para sempre, en EROSKI estamos comprometidos coa sostibilidade. Por iso, ofrecemos estes consellos que nos poden axudar a reducir o desperdicio alimentario nos nosos fogares.
1
PLANIFICA O TEU MENÚ SEMANAL E EVITA A IMPROVISACIÓN A organización dun menú semanal que teña en conta as necesidades familiares e as existencias dispoñibles axudaranos a gozar dunha alimentación variada e equilibrada e a reducir a cantidade de alimentos desaproveitados. Debemos planificar, tendo en conta o que hai na despensa, un menú variado, moderado e equilibrado. Deben estar presentes todos os grupos de alimentos e seguir no posible as directrices da dieta mediterránea.
2
UNHA COMPRA RESPONSABLE Debemos revisar a despensa e o frigorífico, facer unha lista e mercar só o imprescindible. Pensemos na cantidade que imos precisar de cada alimento, segundo as comidas previstas, os comensais e as necesidades especiais dalgún deles. Os alimentos con vida útil longa, como os conxelados ou as conservas, son unha boa solución para imprevistos. Será de axuda anotar os produtos segundo os diferentes grupos –verduras, froitas, pratos elaborados, conxelados...–, co que aforraremos tempo ao buscalos na tenda. Outra opción para organizarmos a lista pode ser o lugar de
almacenamento: despensa, frigorífico ou conxelador, facilitando así seguir a orde axeitada á hora de facer a compra. A lista final deberá incluír todos os produtos que precisas e as súas cantidades.
3
VIXÍA O ORZAMENTO: GUINDAR COA COMIDA É GUINDAR COS CARTOS! Amais de elixir os alimentos baseándose na súa calidadeprezo, podes ter en conta o seu valor nutricional, social e ecolóxico. Todos os produtos EROSKI teñen a información que precisas como consumidor para coñecer o que mercas e o que comes. A nosa etiquetaxe é clara, sinxela e útil e está pensada para te axudar a levar unha alimentación máis equilibrada. Homoxeneizamos os deseños en todos os produtos de marca propia, para facelos sinxelos e doados de entender para os clientes.
4
CONSERVA AXEITADAMENTE OS ALIMENTOS Amais de elixir os alimentos baseándose na súa calidadeprezo, podes ter en conta o seu valor nutricional, social e ecolóxico. Todos os produtos EROSKI teñen a información que precisas como consumidor para coñecer o que mercas e o que comes. A nosa etiquetaxe é clara, sinxela e útil e está pensada para te axudar a levar unha alimentación máis equilibrada. Homoxeneizamos os deseños en todos os produtos de marca propia, para facelos sinxelos e doados de entender para os clientes.
5
AO MERCARES, FÍXATE BEN NAS DATAS Ao faceres a compra, tamén é importante vixiar a data de caducidade e a de consumo preferente dos produtos. A primeira indica o momento ata o cal o alimento se pode consumir de maneira segura. A segunda establece o momento ata o que o alimento conserva o gusto e a textura intacta,
pero o produto está en boas condicións para o seu consumo.
6
APOSTA POR PRODUTOS DE TEMPADA O truco é tan sinxelo como consumir o máis antigo primeiro. Por outro lado, é recomendable apostar por alimentos de tempada. Estes adoitan ser produtos locais, cun prezo máis razoable, xa que se evita o custo que supón o traslado e empaquetado. Non esquezas que os alimentos frescos son os máis delicados para a súa conservación, así que merca o imprescindible.
7
AXUSTA AS PORCIÓNS E COCIÑA SÓ O NECESARIO Amais de seguir as recomendacións previas, evitar o desperdicio alimentario pode chegar a ser tan sinxelo como calcular as cantidades exactas que imos precisar.
8
APROVEITA AS SOBRAS CON CREATIVIDADE Cociñar de máis non ten que supoñer desperdicio de comida, pois coas sobras é posible elaborar infinidade de pratos novos. Abonda gardar o que sobrou en friameiras e conxelalo para consumilo máis adiante. Tamén, pódeselles dar unha segunda vida a eses pratos e reutilizalos en interesantes e saborosas receitas, como as que che propoñemos deseguido. Os entrantes e mariscos –tras verificar que están en bo estado-, poden ser un acompañamento idóneo nunha ensalada lixeira de hortalizas frescas (como o agrón ou unhas leitugas variadas). Coas ensaladas, pouco se pode facer se están aliñadas, xa que perderían a súa textura e sabor orixinais. Se non o están, pódense utilizar para cociñar unha crema de verduras ou acompañala. Co peixe sobrante (xa sexa en salsa ou ao forno) hai varias opcións: elaborar a clásica sopa, preparar un recheo para pementos en salsa ou facer unhas croquetas, por exemplo. O mesmo acontece coa carne xa cociñada.
29
028-030 AHORRA CON GAL.indd 29
30/07/18 13:45
aforra con EROSKI
PEMENTOS RECHEOS DE QUINOA 4
media
30-40’
SOPA DE ARROZ CON PEIXE SAPO -5
4
INGREDIENTES
media
+ 60’
LASAÑA DE PATACA RECHEA DE REFOGADO DE VERDURAS
10-20
INGREDIENTES
• 4 pementos vermellos • 100 g de quinoa • 1 cabaciña • 50 g de cebola • 100 g de tomate • 50 g de pemento verde
• 2 dentes de allo • 20 ml de aceite de oliva • 40 g de queixo mozarela relado • Sal • Perexil
4
fácil
5-10
40-50’
INGREDIENTES
• 200 g de peixe sapo e 1 cabeza • 40 g de arroz • 1,25 l de auga • 100 g de gambas • 100 g de cenoria • 100 g de cebola
• 3 porros • 3 tomates • 100 ml de coñac • 60 ml de aceite de oliva • Sal • Perexil
• 300 g de patacas • 1 cebola • 1 cabaciña • 50 g de feixóns verdes • 100 g de queixo emmental
• 60 ml de aceite de oliva • 1 dente de allo • 250 g de salsa de tomate caseira • Sal
COMO SE ELABORA
COMO SE ELABORA
● Cocemos en auga fría a cabeza de
● Cortamos o allo en láminas e
e introducímolos 10 minutos no forno a 250 ºC con aceite e sal. Reservamos.
peixe sapo xunto coa parte verde do porro e o perexil. Deixámolo ferver durante unha hora, escoámolo e reservámolo.
● Pelamos os tomates e cortámolos en
● Picamos ben fi nas as verduras e
dados, e facemos o mesmo coa cabaciña –con pel–, coa cebola e mais o pemento. Fileteamos os allos. Refogamos a cebola en aceite quente, agregamos o resto das verduras e deixámolas cociñar 35 minutos. Poñémola ao punto de sal e reservámola.
rustrímolas nunha pota. Engadimos o tomate partido en cuarteiróns. Quitamos as cabezas das gambas e botamos as colas peladas na pota. Refogamos, flamexamos con coñac e mollamos cun litro de caldo. Deixamos cocer durante 10 minutos, trituramos e coamos. Agregamos o arroz e cociñamos 30 minutos a fervor suave.
dourámolo nunha tixola cun pouco de aceite. Agregamos a cebola á xuliana, a cabaciña en toros e os feixóns verdes en cachos. Tapamos e cociñamos a lume medio 20 minutos. Poñemos ao punto de sal e escorremos cun coador o zume da cocción. Reservamos.
COMO SE ELABORA ● Quitámoslles as pebidas aos pementos
● Lavamos a quinoa e cociñámola con
auga fervendo e sal durante 15 minutos. Escorrémola e mesturámola co pisto. Enchemos os pementos e esparexémoslles por riba o queixo. Introducímolos no forno a 180 ºC ata que estean gratinados. Servímolos quentes con perexil por riba.
● Poñemos ao punto de sal e servimos
cuns dados grandes de peixe sapo salteados nunha tixola cun pouco de aceite de oliva e perexil picado por riba.
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
178
7g
1,7g
9%
10%
8%
toros finos e fervémolas 5 minutos con auga e sal. ● Cun aro de empratar, imos alternando
capas de pataca e verduras. Engadimos por riba o queixo e introducímolo no forno a gratinar. ● Servimos sobre unha base de salsa de
tomate caseira quente.
Unha ración contén: SAL
8,1g 0,5g 9%
● Pelamos e cortamos as patacas en
9%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
KCAL
228 11%
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
1,2g 0,2g 2%
1%
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
KCAL
GRAXA
9g
1g
188
8g
4g
4,6g
1g
10%
10%
9%
12%
21%
5%
10%
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
SAL
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
30
028-030 AHORRA CON GAL.indd 30
30/07/18 12:34
EROSKI8 39 ISABEL.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
19/07/18
13:45
na tenda contigo
Non perdas o novo número de ‘Consumer EROSKI’ É boa a graxa para o organismo? Como superamos a costa de setembro? Que comen os nosos fillos no comedor escolar? Atoparás as respostas a estas e outras preguntas no número de setembro da revista Consumer EROSKI E só este mes, poderala mercar a metade de prezo!
Consumer Tu ‘Eroski Consumer’ de toda la vida se renueva,
LA REVISTA DE LOS CONSU MIDORE S RESPON
con otra imagen y más contenidos
SABLES
No te sobra GRASA
Juicio a los lípidos
SEPTIEMBRE 2018
POR SÓLO
1€
•C n deseño renovado e •Cu m máis moderno •C •Con máis e mellores c tidos con
FUNDAMENTAL PARA EL ORGANISMO, TAN IMPORTANTE ES LA QUE INGERIMOS COMO ALGUNAS QUE RECHAZAMOS.
POR QUÉ LOS BUEN OS ACEIT ES DE OLIVA RESULTAN MÁS AMAR GOS
Economía
•I formación útil e práctica •In pa para o consumidor
• •Co mesmo rigor, v veracidade e in independencia de sempre
SEPTIEMBRE YA NO CUESTA TANTO CLAVES PARA SUPERAR LA NUEVA TEMPORADA
RINC ÓN INFAN TIL
COMEDORES ESCOLARES: ¿SABES LO QUE DAN A TUS HIJOS?
27
Salud ocular
E este mes
POR SÓ
0,50 €
AÑOS... Y MIOPE (EL MÓVIL MULTIPLICA TUS DIOPTRÍAS)
32
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
032 EN LA TIENDA REVISTA CONSUMER GAL.indd 32
moito máis en eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
30/07/18 12:35
EROSKI 39 FINISH.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
11/07/18
16:02
na tenda contigo
Aforra nas túas compras coa tarxeta Ouro Xa son 100.000 os clientes de EROSKI que se benefician do aforro que ofrece a tarxeta Ouro EROSKI club e, desde aquí, querémoste animar a solicitala se aínda non a tes. A tarxeta Ouro é un programa de aforro pensado para todo tipo de clientes. Sexa como sexa a túa familia, grazas a ela poderás acumular un desconto do 4% en todas as compras que realices nos nosos establecementos. Unha promesa de aforro sinxela e perdurable no tempo.
F
ácil de utilizar, cun aforro que aumenta coas túas compras e válida en todos os nosos establecementos. Así é a nosa tarxeta Ouro EROSKI club. Unha proposta única á que calquera
socio cliente se pode adherir para gozar do desconto en todas as compras que realice nas nosas tendas. Por 4,99 euros ao mes, poderás aforrar un 4% en todas as túas compras e, a partir de 30 euros
de gasto semanal, xa recuperarías o importe da cota. Un programa de aforro do que xa se benefi cian 100.000 familias –desde que se lanzou o pasado mes de febreiro– e que só atoparás en EROSKI. Por exemplo, unha familia que gasta ao mes uns 300 euros en alimentación en EROSKI, máis 160 euros en gasolina e que este ano decidise facer unha escapada con Viaxes EROSKI pagando 400 euros, dará aforrado arredor de 170 euros ao ano grazas á tarxeta Ouro. Os cartos aforrados coas compras ingresaranse automaticamente na tarxeta moedeiro de cada cliente para que poida dispoñer deles cando queira. Ademais, os fogares que teñan un maior gasto poderanse adherir a un desconto superior, do 6%, a cambio dunha cota de 12,99 euros ao mes. SIMPLE, ESCALABLE E UNIVERSAL Elixas unha ou outra modalidade, a base do aforro coa tarxeta Ouro é sempre a mesma: canto maior é o gasto, máis medra o aforro xerado. E o máis importante: a nova tarxeta pódese utilizar en todos os nosos establecementos e para a adquisición de calquera produto.
34
034-035 EN LA TIENDA TARJETA ORO GAL.indd 34
30/07/18 12:36
es tiempo de...
Non só en alimentación, tamén poderás aforrar na compra de electrodomésticos, óptica, viaxes, gasolina, xoiería, compras online, etc. Amortizar a pequena cota mensual que custa a nosa tarxeta Ouro é moi fácil. Con só gastar máis de 30 euros á semana, xa sairás beneficiado. Ademais, conseguir a tarxeta Ouro é ben doado. Abonda con solicitala na túa tenda habitual ou a través da nosa páxina web: www. eroski.es/oro. Se aínda precisas pensalo, non te preocupes, porque o primeiro mes ofrecémoscha gratis, sen ningún compromiso
de permanencia e con todas as facilidades para te dares de baixa. Así terás a oportunidade de comprobar, sen custo ningún, os benefi cios que che ofrece a tarxeta Ouro ao mercares en EROSKI.
• Nas nosas tendas online, en alimentación, electrónica e electrodomésticos. • Viaxes EROSKI (desconto non acumulable a outras ofertas e promocións).
ONDE A PODES UTILIZAR A tarxeta Ouro de EROSKI club pódese utilizar nos seguintes establecementos: • Supermercados EROSKI center e EROSKI city. • Hipermercados EROSKI, incluíndo xoierías e ópticas. • Gasolineiras, incluíndo carrís automáticos Vía Express.
SEGUES CON DÚBIDAS? De teres dúbidas ou, simplemente, quereres saber máis sobre a nosa tarxeta Ouro EROSKI club, achégate a calquera das nosas tendas ou chama ao teléfono de EROSKI club: 944 943 444. Estaremos encantados de te atendermos e de resolver calquera cuestión que nos propoñas.
Dende sempre e para sempre
Comprometidos coa saúde e a sostibilidade
034-035 EN LA TIENDA TARJETA ORO GAL.indd 35
moito máis en 35 eroski.es/salud-y-sostenibilidad/
30/07/18 12:36
por tu salud
Pautas para se recuperar dos excesos do verán
Volta á rutina do mellor xeito posible Setembro é o mes do retorno: volta ao traballo, á escola e ao día a día. Déixanse atrás os excesos do verán e é hora de recuperar rutinas e comidas máis saudables baseadas en vexetais e peixes de tempada. Grazas á ampla oferta de produtos que ofrecemos en EROSKI, o regreso vaiche resultar máis doado.
S
etembro é un mes que nos custa a todos e cómpre facer o posible para que a transición sexa boa de levar. É importante recuperar as rutinas de alimentación e apostar por produtos de tempada. O positivo é que, seguindo estes consellos, a volta tamén serve para vos recuperar de excesos estivais e afrontar con enerxías renovadas o novo curso. En EROSKI, ademais, proporcionámosche todo o necesario para facer posible un cambio de hábitos alimenticios.
Dende produtos de tempada ata os que ofrece a nosa gama Sannia, pasando por unha ampla selección de alimentos e o programa personalizado Ekilibria, que che axuda a levar unha dieta equilibrada. PRODUTOS DE TEMPADA No verán apetecen menús máis lixeiros. Pero, durante os meses estivais, tamén estamos máis tempo fóra da casa, o que invita a darse licenzas á hora de comer. Por iso, en
setembro é importante escoller un menú composto por ingredientes que axuden o organismo a se recuperar dos excesos estivais. Para logralo, nutricionistas e expertos recomendan seguir as seguintes pautas. De base, cómpre apostar por alimentos de tempada e de orixe próxima, que gozan das mellores propiedades nutricionais e dun gran sabor. En EROSKI atoparás unha gran variedade de produtos frescos de tempada. Dese xeito, asegura
36
036-038 POR TU SALUD GAL.indd 36
30/07/18 12:37
pola túa saúde
que estean sempre no seu punto óptimo. Ademais, certificamos a súa trazabilidade para garantirmos non só a súa orixe, senón tamén que respectan o medio natural. En setembro, están no seu mellor momento as mazás, os pementos morróns, as cabaciñas, as berenxenas, as douradas e as troitas, entre outros. Alimentos que cumpren á perfección as características para elaborarmos un menú lixeiro e saudable. PRODUTOS DE ORIXE VEXETAL Amais de produtos de tempada, hai que apostar por alimentos de orixe vexetal como verduras, froitas, cereais integrais, legumes, froitos secos e aceite de oliva virxe. A fibra é clave na nosa elección, xa que produce un efecto de fartura e, polo tanto, axuda a reducir unha posible inxestión de alimentos menos saudables. Á parte da fibra presente en froitas e verduras, é aconsellable incluír produtos como as variedades integrais de pastas e arroces que atoparás en EROSKI. A esa base de alimentos de orixe vexetal pódenselle sumar ovos, lácteos e peixes para achegar beneficios nutricionais que formarán unha dieta saudable. Iso si, no caso dos lácteos deben ser sinxelos, é dicir, enteiros e naturais. Entre os peixes, os graxos (azuis) e semigraxos son os máis recomendables, xa que achegan graxas cardiosaudables como omega 3. Exemplos destes tipos de peixes de tempada son a troita Eroski Natur e os salmonetes, que ofrecen este mes os nosos establecementos. Aínda podes atopar tamén a xarda.
Saúde e benestar
Para completar o menú, a froita debe ser a sobremesa de elección e a auga, a bebida. A froita, igual ca o resto de produtos frescos, mellor de tempada. Este mes, unha das variedades destacadas é o plátano de Canarias Eroski Natur e o pexego amarelo Eroski Natur. Tamén atoparás froitos vermellos (ideais para ensaladas e sobremesas) e comeza a tempada da granada, da laranxa, das mandarinas e das uvas. Á hora de organizar o menú, recoméndase seguir a seguinte proporción: a metade das comidas debería estar composta por vexetais, froitas e hortalizas, un cuarto por cereais integrais como pasta, cuscús, quinoa ou arroz, e outro cuarto por proteínas -dende legumes a ovos, pasando polo peixe azul-. Todos eses produtos aseguran a presenza de todos os nutrientes que o teu corpo precisa, que achegan beneficios. PLANIFICAR COMIDAS E COMPRAS A volta á rutina non só significa recuperar un menú equilibrado. Outro dos problemas do verán é que tendemos a afastarnos dunha rutina estable de comidas. Planificar os menús resulta imprescindible para asegurar unha alimentación saudable. Débese organizar tamén a compra e a conservación de alimentos na casa. Podemos optar por facer tres ou cinco comidas ao día sempre que manteñamos o horario establecido. Os nenos tamén sofren os cambios e cústalles adaptarse aos ritmos ordenados das comidas, a pautas de alimentación máis equilibradas, sen tanta permisividade como a
que gozaron durante as vacacións. Setembro coincide tamén co comezo do curso escolar, de xeito que se ha de procurar ter planificada a semana de menús para así improvisar o menos posible. No caso dos nenos, convén que pasen polo menos entre unha e dúas horas dende a cea ata que se deitan, consello que tamén se pode trasladar aos adultos. ORGANIZACIÓN E CONSERVACIÓN Podemos preparar comidas con antelación, o que nos permitirá distribuír os tipos de pratos para acadarmos unha dieta completa e equilibrada. No frigorífico, as comidas preparadas hai que gardalas en recipientes pechados e pódense conservar en perfecto estado entre dous e catro días. Os guisos pódense conxelar e desconxelar xusto o día anterior. Iso axudará a non improvisar e a respectar sempre o equilibrio.
Fundación EROSKI promove a Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE), un estudo sobre hábitos da poboación
37
036-038 POR TU SALUD GAL.indd 37
30/07/18 12:37
por tutúa pola salud saúde
Todo o que as marcas EROSKI fan pola túa saúde SEMÁFORO NUTRICIONAL Permíteche descubrir a cantidade de calorías, azucres, graxas (saturadas e insaturadas) e sal que contén una ración. Ademais, para que saibas a primeira vista o que comes, está identificado con cores.
MENOS AZUCRE
ARROZ INTEGRAL CON REFOGADO DE PORROS, CABAZA E PEMENTOS VERMELLOS 4
fácil
40-50’
-5
sazonamos e agregamos o arroz e volvémolo refogar.
MENOS SAL
mentres remexemos. Poñemos ao punto de sal e deixamos cociñar uns 35 minutos.
MENOS GRAXAS
• 2 dentes de allo • 1 l de caldo de verduras • 20 ml de aceite de oliva virxe • Sal
cocción ca os arroces tradicionais, pero se o poñemos en remollo a noite anterior, como fariamos cun legume, poderémolo cociñar igual ca un arroz branco. ● Unha vez cociñado o arroz, servímolo
quente para evitarmos que se apelique.
● Botamos un chisco de aceite nunha
pota e poñemos a rustrir o porro, os dentes de allo, a cabaza, os pementos e a ceboliña picados en tiras grosas.
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
311
3,7g 0,6g 7,2g
16%
5%
3%
8%
Aínda que as graxas son imprescindibles para que o organismo obteña enerxía, non deben superar máis dun 35% ao día. Por iso, eliminamos máis de 998 toneladas de graxa das nosas marcas.
SEN GRAXAS VEXETAIS PARCIALMENTE HIDROXENADAS
Unha ración contén:
COMO SE ELABORA
Saúde e benestar
Suprimimos máis de 93 toneladas de sal de produtos da marca EROSKI.
● Engadimos o caldo aos pouquiños
● O arroz integral precisa máis tempo de
INGREDIENTES • 250 g de arroz integral • 1 ceboliña • 100 g de cabaza • 2 pementos vermellos • 1 porro
● Cando a verdura estea a medio facer,
Eliminamos máis de 467 toneladas de azucres dos nosos produtos.
SAL
1g 21%
Estas graxas soben o colesterol malo. Por iso, suprimímolas das nosas marcas.
da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto
graxas
Desde 2013 xa eliminamos 467 toneladas de azucres, 998 de graxas e 93 de sal.
38
036-038 POR TU SALUD GAL.indd 38
30/07/18 12:37
EROSKI 39 HOBEA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
11/07/18
16:10
energía para crecer
A materia máis apetecible Un ano máis, volve o programa educativo Enerxía para medrar da Fundación EROSKI. Despois dun curso no que superamos todas as cifras de participación, setembro chega cargado de novidades. Iso si, o noso obxectivo non cambia: fomentar hábitos alimentarios e estilos de vida saudables entre os pequenos.
C
o comezo do curso, chega de novo a Escola de Alimentación de EROSKI e o seu programa educativo. Apoiados nos excelentes resultados do curso anterior, queremos seguir espallando o exitoso programa dirixido a escolares. Durante o ano escolar 2017-2018, un total de 460.401 alumnos de 3.192 centros de Educación Primaria de toda España participaron na VI edición do Programa Educativo en Alimentación
A saúde Tutúa salud para éo para nós nosotros primeiro es lo primero
e Hábitos de Vida Saudables (PEAHS). Isto supuxo un incremento do 143% en número de participantes. Este ano queremos seguir medrando. E facémolo con varias novidades; entre elas, novos formatos de obradoiros do Chef da clase, cun novo vídeo, e o aumento do número de produtores locais de alimentos que toman parte na iniciativa. Ademais, incorporaremos un módulo de repaso que funcionará como complemento ao programa, para
insistir cada trimestre na alimentación e na importancia de seguir unha dieta saudable e equilibrada. Tamén, actualizaremos as actividades das unidades didácticas. A Escola de Alimentación EROSKI, amais de espertar nos cativos a curiosidade pola cociña e darlles a posibilidade de descubriren texturas, sabores e os procesos dos alimentos, promove hábitos de vida saudables entre os máis pequenos. Para iso, traballamos para cumprir
73.819 niños han participado 460.401 nenos e 3.192 centros en el Programa Educativo educativos participaron no de la Escuela de Alimentación Programa Educativo da Escola de de la Fundación Alimentación da Eroski Fundación Eroski www.escueladealimentacion.es
40
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 40
30/07/18 12:38
enerxía para medrar
10 obxectivos que coidamos fundamentais. Os participantes na nosa escola, amais de adquiriren estilos de vida saudables, serán conscientes dos beneficios destes valores. Coñecerán e comprenderán a pirámide nutricional para podérena integrar no seu día a día. Entender os grupos de alimentos permitiralles manter unha dieta equilibrada e darana feito saudable eles de seu. Aprenderán tamén a valorar os produtos locais e fomentaremos entre eles unha actitude sostible a través do consumo e a alimentación. Todo iso, mentres aprenden a cociñar e se divirten facéndoo. ACTIVIDADES E CLASES AO TEU GUSTO O programa é aberto e gratuíto e todos os centros que participen ofreceranlles un universo de oportunidades aos seus estudantes: dende contidos didácticos a actividades e obradoiros prácticos. Os cursos están dirixidos a estudantes de Educación Primaria, especialmente a 4º e 5º curso. Os programas son modulares e non cómpre levar unha orde específica ou completalos todos. Os materiais e vídeos dos diferentes obradoiros e actividades están colgados na web da Escola de Alimentación. Dese xeito hai máis flexibilidade para os centros escolares e ademais damos tamén a posibilidade de que os nenos poidan acceder aos materiais dende a casa. O obxectivo primordial da unidade didáctica é sensibilizar os escolares sobre a importancia de seguiren unha alimentación equilibrada e de levaren un estilo de vida saudable. A unidade está dividida en dez sesións que se imparten na aula. Todas elas teñen unha parte teórica e actividades en grupo. Tratan temas diversos, pero importantes: a etiquetaxe dos envases e o semáforo nutricional, a dieta mediterránea, a pirámide nutricional e os grupos de alimentos, os hábitos saudables e o coidado do corazón, entre outros. Amais da alimentación, incídese en materias que en EROSKI consideramos
esenciais e que convertemos en eixes da nosa marca, como a sostibilidade ou a produción local. A unidade didáctica foi elaborada xunto coa Fundación Española do Corazón, Unicef, WWF e o Basque Culinary Center e deseñouse para que se integre na área educacional de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural. Deste xeito, permite traballar en diferentes áreas do currículo (Lingua, Matemáticas e Educación Artística) e garante o tratamento e a inclusión de todas as competencias básicas. OBRADOIROS AO ALCANCE DE TODOS As actividades e sesións teóricas compleméntanse con tres obradoiros impartidos por expertos do sector da restauración e da alimentación. O primeiro ten como obxectivo aprender a facer unha compra equilibrada. Os alumnos participantes realizarán unha compra real, onde aprenderán fixándose na etiquetaxe nutricional e comparando alimentos en termos nutricionais para elaboraren un menú completo baseado na dieta mediterránea. Noutro dos obradoiros trabállase o coñecemento de produtos da terra locais. Os centros escolares participantes acoden ás instalacións dun produtor agroalimentario, de maneira que os estudantes teñen a posibilidade de veren in situ o proceso de produción dos produtos alimentarios. Grazas a iso, aprenden de onde proveñen os alimentos e como se elaboran antes de chegaren ás súas casas. Os participantes que
non teñan ocasión de se achegaren a algunha das instalacións poderán vivir a experiencia a través dos vídeos colgados na web. Ademais, en Internet abrirase a posibilidade de aprender de produtores da súa zona e doutras. Para rematar, o Chef da clase é un obradoiro onde todo o aprendido sobre produtos, dietas e menús se traslada aos lumes. Coa axuda e guía de profesionais do Basque Culinary Center, os estudantes cociñarán un menú equilibrado. Neste obradoiro elaborarán os tres pratos dun menú saudable: primeiro, segundo e sobremesa (ti pódelos probar seguindo as nosas receitas, nas que incluímos dous deles). Os pequenos encargaríanse de realizar a compra con anterioridade nos nosos supermercados. Igual ca co obradoiro de produtores locais, todas as sesións do Chef da clase colgaranse en Internet para que quen queira poida practicar na casa cos seus amigos ou coa familia. Grazas ás vídeoreceitas, os mais novos terán a oportunidade de se converteren en chefs por un día.
Que o teu centro participe na Escola de Alimentación é tan sinxelo como inscribirse na nosa páxina web www.escueladealimentacion.es ou chamar ao teléfono 946 072 821
41
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 41
30/07/18 12:38
energía para crecer
0,57 € por persoa
CHAMPIÑÓNS GUISADOS CON FLOR DE OVO 4
● Quitamos o talo dos champiñóns e
● Utilizamos unhas tesoiras para cortar o
limpámolos con auga fría. Secámolos e partímolos en seis anacos.
plástico por baixo do fío, con moito tino. Sacamos o ovo do plástico utilizando unha culler.
● Pelamos os allos e picámolos en
fácil
+60’
INGREDIENTES • 500 g de champiñóns enteiros • 4 ovos • 2 dentes de allo • 1/2 vaso de viño branco • Caldo de verduras
• 15 ml aceite de oliva virxe extra • Sal fino de Añana • Perexil fresco Para elaborar o caldo: • 3 porros • 2 cenorias
COMO SE ELABORA Elaboración do caldo de verduras: ● Limpamos os porros, pelamos as cenorias e quitámoslles as puntas. Cortamos as verduras en anacos e cocémolas con auga durante unha hora. Escoamos e reservamos o caldo.
láminas fi nas.
● Colocamos os champiñóns guisados
● Botamos un pouco de aceite de oliva
no prato e, por riba deles, o ovo. Rematamos cun pouco de perexil picado por riba.
nun cazo e refogamos os champiñóns. Agregamos o allo picado e deixamos que se cociñe. Incorporamos o viño branco e deixámolo reducir. ● Cubrimos co caldo e deixamos que
coza durante 30 minutos. ● Estendemos un pouco de papel
fi lme nunha cunca e humedecémolo lixeiramente con aceite. Colocamos o ovo cascado enriba, engadimos seis pingas de aceite de oliva e un pouco de sal. ● Pechamos o paquete cun fío e cocemos
o ovo en auga fervendo durante catro minutos e medio. Reservamos.
Unha ración contén: GRAXAS SATURADAS AZUCRES
KCAL
GRAXA
161
10g 2,4g 4,2g 0,18g
9%
14%
12%
5%
SAL
5%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
42
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 42
30/07/18 13:46
enerxía para medrar
MARMITAKO DE BONITO 4
fácil
COMO SE ELABORA
● Partimos o bonito en dados e salgámolo
● Picamos a cebola, o pemento e o allo
lixeiramente. Sacamos a pel do guiso e incorporamos o peixe xunto co perexil. Tapamos a pota e sacámola do lume.
en anacos moi pequenos e refogámolos nunha pota cun chisco de aceite.
15-20’
● Deixamos repousar 5 minutos para que
INGREDIENTES
● Cando se rustrira a verdura,
• 600 g de patacas • 300 g de bonito • 75 g de cebola • 2 pementos verdes • 2 dentes de allo
• 2 pementos chouriceiros • 10 ml de aceite de oliva • Perexil • Sal
engadimos as patacas cascadas e refogamos o conxunto.
o peixe colla a calor do guiso. Poñémolo ao punto de sal e servímolo.
● Engadimos a carne do pemento
chouriceiro. Cubrimos de auga o guiso e agregamos a pel do bonito. Deixamos cocer ata que as patacas estean tenriñas.
1,55 € por persoa
Unha ración contén: KCAL
GRAXA
GRAXAS SATURADAS AZUCRES
SAL
274 4,8g 1,2g 3,9g 0,1g 14%
7%
6%
4%
1%
da Inxestión de Referencia (IR) para un neno entre 5 e 10 anos
43
040-043 ENERGIA PARA GAL.indd 43
30/07/18 12:38
belleza
belle coida o teu cabelo
Beleza e saúde, da raíz ás puntas
Visita a nosa web para coñeceres todos os nosos produtos belle. Hai moitos máis en: www.eroski.es/ nuestras-marcas/belle/
A gama de tinguiduras belle dáche a posibilidade de elixires por ti mesma como te queres ver, sen gastares de máis e coa calidade dos mellores centros de salón de peiteado. Ademais, como a beleza tamén é saúde, en belle ofrecémosche tratamentos e produtos para que o teu cabelo, amais de bonito, luza san e forte.
T
endo os mellores produtos de coloración ao alcance da man, por que non aplicar unha tinguidura ti mesma? Coa ampla gama de coloración de belle tes 14 tons para poderes elixir a cor do teu pelo, amais de aforrares cartos en salóns de peiteado. Empodérate: escolle quen es e como che gustaría verte. As tinguiduras belle ofrécenche unha cor intensa, brillante e duradeira, cunha cobertura total de canas. Son moi boas de aplicar e teñen un cheiro agradable. O pack de coloración inclúe un tubo de crema colorante
protectora, emulsión reveladora e un par de luvas para a aplicación dos produtos. Ademais, recomendámosche utilizar unha cunca para mesturas e brocha para estender mellor o produto; unha toalla vella ou, de ser posible, unha capa de salón de peiteado, para evitar o contacto coa roupa; vaselina para aplicar con anterioridade nas zonas da cara que se poidan ver afectadas pola tinguidura, e un gorro de ducha. No pack de coloración incluímos, ademais, un reconstrutor capilar sen aclarado belle: trátase dun tratamento
concentrado que sela as fracturas da cutícula e que a protexe das agresións externas. É unha máscara que non require aclarado e que che permitirá recuperar todo o esplendor do teu cabelo tras a coloración. Logo de aplicala, notarás que o pelo queda máis suave e nutrido, xa que inclúe aceite de argán e higroplex. Coñecidos polo seu alto contido en ácidos graxos esenciais, rexeneran e nutren o cabelo seco e desvitalizado. Para aplicar a nosa tinguidura na casa e conseguir ese look que tanto desexas, é moi importante que sigas os pasos que se indican no folleto.
44
044-047 BELLEZA GAL.indd 44
30/07/18 12:41
beleza
A BELEZA TAMÉN É SAÚDE Para lucires un pelo bonito, é importante mantelo san e forte. As tinguiduras belle son da maior calidade pero, ao igual que acontece con outro tipo de tratamentos capilares como as descoloracións, os alisados definitivos, os ferros, os secadores de pelo, etc., xeran alteracións estruturais e poden facer que o cabelo se torne máis fráxil, menos resistente, sensible e quebradizo.
Por todo iso, en belle ofrecémosche unha completa oferta de produtos de coidado do cabelo, que inclúe tratamentos de reparación, e dúas gamas de xampús e acondicionadores. Unha delas serve para evitar roturas e fortalecer o cabelo. E a outra, para gañar volume e densidade. Todo, co obxectivo de coidar o teu pelo ao máximo e devolverlle a vitalidade perdida para que luza san e brillante. REPARACIÓN EN 60 SEGUNDOS O tratamento Concentrado Capilar belle axúdache a reparar os danos dun cabelo castigado deixándoo san e sedoso, mesmo despois da coloración. O efecto flash acádase por mor da combinación de ingredientes activos que actúan sobre a fibra capilar recuperando o seu aspecto san en poucos instantes. Con aceite de Abisinia, rico en ácidos graxos Omega 3 e 6, que achega un profundo grao de nutrición capilar ata nas puntas máis estragadas, e con acondicionadores sinérxicos que actúan decontado devolvéndolle ao cabelo o seu brillo, soltura e sedosidade e favorecendo o desenredado. Aplícao unha ou dúas veces por semana logo de lavares o pelo, de medios a puntas, masaxeando a fi bra capilar das partes máis estragadas e insistindo nas puntas. En tan só un minuto e tras o seu aclarado, poderás ver os resultados, que son extraordinarios. Para máis comodidade, o reparador de belle distribúese en catro tubos, que se pechan tras a aplicación. Así, podes gardar comodamente o que non utilices e levalo a calquera parte.
Saúde e benestar
SEN
parabenos
Eliminamos os parabenos e o triclosán dos produtos de marca propia en cosmética e coidado persoal
45
044-047 BELLEZA GAL.indd 45
30/07/18 12:42
beleza
ANTE A DEBILIDADE, FORZA E RESISTENCIA Un pelo estruturalmente feble non resiste un peiteado normal e córtase ou rompe. Tampouco amosa o comportamento dun cabelo san e flexible, con brillo, movemento e volume. Se xa na súa orixe era fráxil, será máis propenso á caída, polo que reverter este proceso é aínda máis importante. Se queres evitar a rotura do teu pelo e mantelo forte e cheo de vitalidade, proba a nova gama de belle Forza e Resistencia, composta por xampú e máscara sen aclarado.
O xampú axudarache a reestruturar o cabelo e mais a coidalo, fortalecéndoo da raíz ás puntas e aumentando a súa resistencia fronte ás agresións cotiás. A máscara é a primeira da gama belle que non precisa aclarado. Trátase dun produto co que conseguimos suavidade e nutrición no cabelo, mais tamén potenciamos os efectos desexados de forza e resistencia. Ademais, coa aplicación desta máscara, gañarás tempo, xa que non hai que agardar na ducha para o seu posterior aclarado. Á vez, é moi efectiva á hora de acadar un cabelo sedoso, nutrido e facilitar o peiteado e desenredado. Ambos os dous produtos teñen ginseng e arxinina que, grazas ás
súas propiedades fortalecedoras e elastizantes, permiten conseguir un pelo resistente e cheo de vitalidade. De entre os dous ingredientes, cómpre salientar a arxinina. Caracterízase por estimular o desenvolvemento e crecemento do cabelo, formando parte das proteínas (entre as que destaca a queratina). A arxinina é ideal para cabelos fráxiles ou moi danados: amais de ter excelentes propiedades para facilitar a nutrición, tamén destaca polas súas calidades reparadoras. Por iso, este tratamento é moi efi caz para aqueles cabelos que se amosan moi danados, demasiado fráxiles, propensos a romper ou castigados por tinguiduras e decolorantes. A fórmula dos xampús e acondicionadores Forza e Resistencia de belle complétase con follas de menta e romeu, de coñecidas propiedades antioxidantes e calmantes. MÁIS VOLUME E DENSIDADE PARA O TEU CABELO Sentes que o teu pelo non ten o volume desexado e nótalo prensado? O teu cabelo é fino, laso ou dá a sensación de pouco abundante? Velaquí preocupacións habituais ao falarmos de hixiene capilar. Amais da reparación e nutrición, a densidade e o volume son moi importantes á hora de termos un pelo san e cheo de vitalidade. Nós tamén pensamos niso e, aos nosos produtos de coidado e nutrición, engadimos os xampús, acondicionadores e sprays da gama específica Volume e Densidade. O teu aliado de beleza capilar para combater este problema é o novo ritual de belle composto por tres produtos formulados con activos tecnolóxicos como o styleze, que aumenta o volume que engrosa a fi bra capilar sen achegar peso; o Capauxein®, que impulsa a rexeneración do cabelo, e o extracto de bidueiro, de propiedades astrinxentes.
46
044-047 BELLEZA GAL.indd 46
30/07/18 12:42
produtos sen aclarado, como os que ofrecemos dentro da gama belle. Como complemento dos produtos anteriores ou simplemente como substitutivo, pódese aplicar o maximizador en spray Volume e Densidade. Este produto ten propiedades suavizantes.
O xampú Volume e Densidade fará que a túa melena pareza visiblemente máis densa, máis brillante e máis solta. Co acondicionador acadarás, ademais, un cabelo moito máis suave, brillante e bo de desenredar. Todo iso, grazas á nova fórmula, que achega un volume adicional conseguindo unha suavidade lixeira sen peso nin prensar o cabelo. Para completar o ritual, o maximizador Volume e Densidade en aerosol non precisa aclarado e proporciona un volume adicional dende a raíz. Sen deixar residuos, desenreda e acondiciona á vez que infunde un brillo
glamuroso, deixando o cabelo suave e lixeiramente perfumado. COMO APLICAR O RITUAL DE BELLE Para acadar un resultado perfecto co ritual Volume e Densidade, lava o teu cabelo cunha noz de xampú e, se cómpre, repite a aplicación. É recomendable masaxear o coiro cabeludo para eliminar a graxa. Despois, utiliza o acondicionador para un mellor desenredado, facéndoo sempre cunha suave masaxe e evitando o contacto co coiro cabeludo. Para obter un efecto de volume e densidade máximo é recomendable empregar
UNHA AXEITADA SELECCIÓN DE PRODUTOS Amais de utilizar a gama especifi ca de belle contra a rotura e debilidade do cabelo, é recomendable o uso de produtos axeitados ao tipo de pelo. Debemos elixir o xampú en función das necesidades do coiro cabeludo (seco, sensible, graxo, con caspa, etc.) e o acondicionador, baseándose no estado do cabelo (seco, tinguido, normal, etc.). Ao contrario da crenza popular de que lavar o cabelo acotío é prexudicial, está demostrado que a hixiene é fundamental para preservalo nun estado saudable. A falta de lavado permite os depósitos excesivos de sebo, lixo e restos de células mortas. O coiro cabeludo tamén é pel e, o feito de poder mantelo equilibrado, libre de impurezas, células mortas e afeccións, xerará un medio saudable para lucir un cabelo san e forte. A unha axeitada selección de produtos capilares hai que engadir uns sinxelos consellos. Se o cabelo é fráxil, hai que evitar o lavado con auga moi quente, manter o coiro cabeludo sempre en óptimas condicións e secar o pelo con naturalidade, sen esmagalo demasiado coa toalla. Por suposto, se o cabelo se atopa xa moi debilitado, cómpre evitar os tratamentos estéticos que propiciaron esa situación, como poden ser os ferros, descoloracións, tinguiduras... ou tamén o uso excesivo de brillantinas, lacas e aerosois. Lembra que EROSKI, amais de che ofrecer unha gama axeitada ás necesidades específicas de cada tipo de cabelo, conta con produtos de primeira calidade, cos que poderás presumir de pelo bonito, san e forte.
47
044-047 BELLEZA GAL.indd 47
30/07/18 12:43
EROSKI 39 DANONE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
24/07/18
14:44
EROSKI 39 HEINEKEN LADRÓN DE MANZANAS.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
11/07/18
16:04
Arantza Acha, directora de Unesco Etxea
“EROSKI ten grande impacto na sociedade como provedor e como axente social” Unesco Etxea e EROSKI asinaron, en abril, un convenio de colaboración para a difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible adoptados polas Nacións Unidas, que dará comezo este mes. Arantza Acha, directora de Unesco Etxea, explica en que consiste e cal é o valor deste acordo.
A
Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada en setembro do 2015 polos estados membros da ONU) componse de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que teñen como fin erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas. Unesco Etxea decidiu que debía traballar cada obxectivo con entidades referentes de cada sector, de xeito que cada unha sexa “dona e tractora” deste obxectivo nos seus espazos. No caso do obxectivo 12 -que trata o consumo sostible- Unesco Etxea decidiu apostar por EROSKI.
Por que apostar por EROSKI para levar a cabo o compromiso de consumo? Poderiamos optar por pequenos produtores locais, pero iso ía ter un impacto moi pequeno e nós queriamos a alguén que calquera cidadán puidese asimilar á produción e ao consumo. Somos coñecedores do compromiso social de EROSKI e da traxectoria que ten en promover produtos con perspectiva local, do enorme compromiso que ten co consumo asociado á saúde. En que consiste o acordo e cales son as liñas de traballo? EROSKI comprométese a colaborar con Unesco Etxea en difundir os
ODS e a formar parte desta alianza pola sostibilidade e o consumo responsable. Unesco Etxea, pola súa banda, comprométese a apoiar a EROSKI para incorporar os obxectivos de desenvolvemento sostible nos seus procesos internos. O modelo impulsado por EROSKI é boa base para comezar a traballar? Os ODS son complexos, ambiciosos e teñen as súas complicacións. Pero as políticas de EROSKI son unha moi boa base para avanzar. O compromiso co medio natural, coas persoas, coa igualdade de xénero e coa saúde e o benestar das persoas é unha base fundamental. Eses compromisos chegan alén dos establecementos comerciais? EROSKI, como provedor e como axente social, ten un impacto significativo na sociedade. Conta con ferramentas de comunicación como a revista Consumer EROSKI, e os mesmos espazos de venda son lugares apropiados para traballar estes obxectivos. Todo isto pódese levar ás aulas a través das actividades da Fundación EROSKI, como o programa educativo de hábitos saudables que impulsou nos centros escolares. Que pode achegar o modelo EROSKI á cadea de consumo? Como provedor, EROSKI pode utilizar as súas ferramentas de compra para promover que os seus provedores sexan cada vez máis sostibles. Pode axudar os clientes a mudaren os seus hábitos de consumo? Pode ampliar o abano de produtos sostibles para fomentalos entre os seus clientes e reforzar ese nicho. Se EROSKI se fai forte nestes obxectivos empurrará a outros a seguir o seu modelo. Os consumidores son a clave para acadar un consumo sostible. Como pode traballar EROSKI con eles? Integrando os ODS no seu modelo e influíndo na súa produción; e como altofalante, demostrándolles aos consumidores que ten produtos sostibles e abrindo as canles cos consumidores. Á fin e ó cabo este é un proceso moi participativo.
52
052 NOTICIAS GAL.indd 52
30/07/18 12:45
EROSKI 39 PURINA.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
18/07/18
12:09
EROSKI comprométese 1
2
3
4
Desde sempre e para sempre comprometidos coa seguridade alimentaria
Promovemos unha alimentación equilibrada
Previmos a obesidade infantil
Atendemos as necesidades nutricionais específicas
5
6
Favorecemos un consumo responsable e respectuoso co medio natural
Ofrecemos máis produtos locais
7
8
9
10
Facilitamos comer ben a bo prezo
Actuamos dende a escoita, con claridade e transparencia
Coidámonos como traballadores
Impulsamos un estilo de vida máis saudable
Queremos que as persoas con necesidades específicas atopen nas nosas tendas todo o necesario para a súa alimentación. Por iso, poñemos á súa disposición unha gama específica de máis de 2.500 produtos de marcas líderes e ofrecemos outros 550 produtos EROSKI garantidos sen glute e un 30% máis baratos ca os doutras marcas.
o próximo mes... outubro’18
É tempo de...
Protagonistas
Beleza
Acuicultura
Polo Eroski Natur
Xampú Extractos
54
054 PROXIMO MES GAL.indd 54
30/07/18 12:46
EROSKI 39 PASCUAL.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
18/07/18
12:03
EROSKI 39 MAY TE.ai
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
1
19/07/18
13:44